Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta peche mirasol. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta peche mirasol. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20100815

O centro da ría de Ribadeo

Dicir cal é o centro dunha ría non é doado. Non só porque pode haber diferentes criterios de definilo, que levan a puntos tamén diferentes, senón porque a marea fai que o centro se poda considerar variable, viaxeiro dentro dunha zona. Así, o 'centro' convírtese tanto nunha especie de elección persoal como nunha referencia. No meu caso, atoparíase máis ou menos centrado na imaxe, non lonxe de onde está marcada a cruz: xustifícoo en que a ría ten maís profundidade cara ó norte, máis lonxitude cara ó sur e un pouco ó oeste, e un gran brazo, a Lieira, cara ó leste, que compensaría esa pequena derivación oeste do fondo da ría. Ademáis, cadra entre os tres núcleos de poboación enfrontados dos catro que baña. Día 14 de agosto, a eso das dúas da tarde, hora legal: marea baixa grande, pero non especial, acompañada de presión alta, pero brisa compoñente sur, é dicir, compensando na práctica a influenza unha da outra. A cruz sinala na foto do sigpac un lugar onde comprobei que se podía estar de pé, sen mollarse. Está na liña entre a punta norte de Mirasol (a 300 m) e a de Castropol (a 450 m), fronte ás Figueiras xusto ó oeste de Gondán (1 km). Xa a foto indica abondo ben que aí hai un banco de area, pero que momento en que se tomou estaría mergullado. Pois ben, o 'centro', o corazón da ría, non sería ría, senón tesón. Entre algo antes das dúas e case as tres puiden comprobar varias cousas. Obsérvanse no fondo, perto da rada que forma o espolón dos Bloques co peirao de Mirasol, pero fora dela, colonias de algas ben asentadas, mentras a rada queda o ár, quitado un pequeno triángulo que limita ca punta do peirao. Nunca me costou tan pouco esforzo pasar a Castropol nadando. Na realidade, máis camiñando polos tesóns que flotando na auga. De feito, puiden medir que a lingua de area descoberta entre o tesón de Mirasol e o da Vilavella acadou máis de 50 m de ancho pola parte máis estreita. E que se podía pasar camiñando entre este último e as primeiras escaleiras dos bloques: do tesón na súa parte noroeste sae unha lingua de area que vai cara á punta do peirao, e que fronte ás escaleiras está xa prácticamente no chan da rada. Craro é que é preferible nadar un pouco ata a punta do espolón a enlamarse ó andar sobre o fondo . Sinxelamente, ese era onte o estado da ría. Entradas anteriores sobre o tema: Un recuncho da ría. A ría de Ribadeo, dende outro punto de vista. Asemade, facía moito tempo que non o lograba con tanta calma de barcos, fuxidos ó non poder calibrar os baixos que se podían atopar. -- Unha versión posterior:

A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema conversas e novas. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así.

Dicir cal é o centro dunha ría non é doado. Non só porque pode haber diferentes criterios de definilo, que levan a puntos tamén diferentes, senón porque a marea fai que o centro se poda considerar variable, viaxeiro dentro dunha zona. Así, o 'centro' convírtese tanto nunha especie de elección persoal como nunha referencia. No meu caso, atoparíase máis ou menos centrado entre Ribadeo e Castropol, un pouco cara ás Figueiras: xustifícoo en que a ría ten maís profundidade cara ó norte, máis lonxitude cara ó sur e un pouco ó oeste, e un gran brazo, a Lieira, cara ó leste, que compensaría esa pequena derivación oeste do fondo da ría. Ademáis, cadra entre os tres núcleos de poboación enfrontados dos catro que baña. Día 14 de agosto, a eso das dúas da tarde, hora legal: marea baixa grande, pero non especial, acompañada de presión alta, pero brisa compoñente sur, é dicir, compensando na práctica a influenza unha da outra. Busco un lugar aproximado ó centro (de volta á casa, comprobo no ordenador: está na liña entre a punta norte do peirao ribadense de Mirasol -300 m- e a de Castropol -450 m-, fronte ás Figueiras xusto ó oeste dos asteleiros Gondán -1 km-. E comprobo que se podía estar de pé, sen mollarse. Nas fotos aéreas indícase abondo ben que aí hai un banco de area, pero tómanse con ese punto mergullado. Pois ben, o 'centro', o corazón da ría, non sería ría, senón tesón. Entre algo antes das dúas e case as tres puiden comprobar varias cousas:

- A ría, como é sabido e como corresponde a calquera outra, tende a colmatarse, é dicir, a encher o seu fondo con aportes tanto terrestres como marinos, facendo que o calado diminúa e parezan bancos de area e humedais. O proceso, que tantas veces se nomea para facer os dragados periódicos e case contínuos, segue a avanzar e maniféstase en pequenas cousas, como na colonización por algas do baixío do fondo da enseada dos bloques. Obsérvanse xa no fondo, perto da rada que forma o espolón dos Bloques co peirao de Mirasol, pero fora dela, colonias de algas ben asentadas, mentras a rada queda o ár, quitado un pequeno triángulo que limita ca punta do peirao.

- Entre o pasado ano e iste, púidose observar que a colonización algal achegouse abondo máis á beira do peirao de Mirasol, aumentando no resto a potencia da lama que o ocupa. No tesón de Mirasol ocorre algo parello, pois se o pasado ano as colonias de algas eran minúsculas, este xa medraron e forman montículos más acusados, aínda que continúen a ser pequenas colonias. E nos fondos entre o tesón de Mirasol e da Vila vella, tamén se apreza o fondo con limo máis que con area que constituía ata agora o chan formado e a masa que quedaba debaixo. É dicir, na zona estanse dando dous fenómenos complementarios: o aumento de algas e de lama nos lugares libres destas. A lama deposítase nos fondos ó ter a auga pouco movemento relativo e ser incapaz de arrastras xa abondas partículas microscópicas, indicando un réxime de circulación de auga menor, como corresponde neste caso ó peche en marea baixa do paso da auga entre os tesóns da Vila vella e de Mirasol. O que á vez, manifesta a evidencia da continuación da colmatación da ría, a pesares dos dragados. As algas colonizan un 'chan fértil', subministrado pola lama: non hai algas en abundancia en fondos de area, que non é fértil. Mágoa que, ademáis de a lama non ter un aspecto limpo en xeral, na zona dos bloques de unha impresión peor ó verse de cando en vez algún resto no fondo; algo que por outra parte, está facendo da praia dos bloques (abondo concorrida dende a construcción das casas que a dominan) un solario máis que un lugar de baño

- Este ano tamén viuse un velero francés, que coido que non é o primeiro ano que recala fronte as primeiras escaleiras dos bloques, na continuación do canal do porto, tumbado totalmente ó desviarse un pouco da posición idónea e quedar en marea baixa sen auga. A escea non se repetiu, pois inmediatamente despois abandoou o lugar.

  • Son curiosos os remuiños e correntes na zona, en particular as diferencias baixada/subida na punta E do peirao de Mirasol e na punta do espolón dos Bloques. Asemade, é curioso que, comezando a subir a marea, perto da cara norleste do tesón de Mirasol, exista unha corrente en sentido contrario.

  • Nunca costou tan pouco esforzo pasar a Castropol nadando. Na realidade, máis camiñando polos tesóns que flotando na auga. De feito, puiden medir que a lingua de area descoberta entre o tesón de Mirasol e o da Vilavella acadou máis de 50 m de ancho pola parte máis estreita. E que se podía pasar camiñando entre este último e as primeiras escaleiras dos bloques: do tesón na súa parte noroeste sae unha lingua de area que vai cara á punta do peirao, e que fronte ás escaleiras está xa prácticamente no chan da rada. Craro é que é preferible nadar un pouco ata a punta do espolón a enlamarse ó andar sobre o fondo. Tamén, facía moito tempo que non o lograba con tanta calma de barcos, fuxidos ó non poder calibrar os baixos que se podían atopar.

Centrando noutro aspecto o tema, o pasado ano, unha vez reamtado o verán, amosaba fotos que indican que a ría non está tan a salvo da contaminación como poidera parecer, referidas á parte asturiana. Dende aquela, que eu saiba, non se produxeron melloras nese sentido, nin noutros aspecto relativos á conservación do esteiro. E iso, a pesares de que aprece que xa vai funcionando o mecanismo da Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón, que con nome tan complexo pode que se debera a el o retardo na súa posta en marcha. Reserva que algún carto vai dando para os concellos que a engloban, entre os que están os que molla a ría. No medio deste tempo si que apareceu a primeira parte dun estudo sobre as rías galegas que incluía a de Ribadeo (na parte galega, e pregúntome como se pode dividir un estudo ambiental dunha ría en conxunto), que, deixándoa ben parada en relación a outras, non a deixaba inmune.

Tampouco se fai un estudo serio, que eu saiba, sobre a dinámica na ría (está colgado o estudo de hidrodinámica da ría de Ribadeo de Silvia Piedracoba -1 e 2-), que estuda a fondo unha parte fundamental da ría, pero non saca conclusións prácticas, necesita un adiamento, evita zonas puntuais pero claves de fenómenos costeiros e ignora a zona máis interna, de pouca importancia en principio pero directora do que sucede máis cara á saída), que é necesario para coñecer actuacións en profundidade (aínda que se despois non se lles fai caso, como ocorreu coa praia dos Bloques e as recomendacións de Isidoro Asensio...).

En fin, mentras, a visita do presidente de Portos hai poucos días serviu para avivar o enfrontamento Xunta - Ministerio de Fomento (se se quere, PP-PSOE), ou por outra banda, Ribadeo-Castropol, ou mesmo deixar a evidencia dos desencontros internos e desplantes en Ribadeo, dentro do concello. Desta, o tema foi o novo dragado da ría (90 000 m3, din), coa obriga de botar a area moito máis lonxe que ata o momento (deceas de millas marinas para a area sacada na parte galega da ría, cando en marzo de 2004, referín en Ribadeando, o libro, que daquela a area do dragado da canle das Figueiras se botaba a uns 700 m da punta da Cruz). Moito cabería falar do tema da colmatación, que xurde de cando en vez nos papeis e sempre asociado a temas económicos 'urxentes', con grandes verbas, esquecendo o longamente pedido plan integral para a ría. Por poñer un exemplo, fálase agora de 90 000 metros cúbicos. Se se ten en conta que o frente externo do peirao de Mirasol ten 500 m, e a anchura da canle asignada é de 120 m, sae que o dragado poderá afectar á profundidade no seu entorno nuns 1,5 m de media. Sen afectar nese caso á canle de desprazamento para a saída da ría... que se estreitou e está a colmatar máis rápido polas mesmas obras realizadas por portos, dende o recheo dos oitenta ata o espigón con saída xusto fronte ó embarcadoiro de Porcillán, ambos con pedras vistas á ría en troques, como mal menor, de superficie lisa, para deixar circular mellor a auga.

20211006

O PECHE DO PORTO DE MIRASOL. José Mª Rodríguez Díaz (2007)

  Outro artigo collido do blog de José Mª, denunciando a perda de dereitos da xente nun tema de paso de comunitario a público e de aí a chiringuito privativo (que, neste caso, non privatizado como entidade, pero si como espazo a favor desa entidade sen control efectivo por parte da xente). Escrito por José Mª en galego.

Martes, 16 de enero de 2007

O PECHE DO PORTO DE MIRASOL

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 23:01

As sospeitas tórnanse realidade. O acceso ó porto de Mirasol de Ribadeo vai a ser pechado á libre circulación. Queda así privatizado. Son os efectos que impón a economía globalizada. Os intereses das multinacionais están por riba de todo. O sistema capitalista tenta acaparar todo para utilizalo no seu beneficio. As costumes e as tradicións dos pobos sucumben ante os intereses da globalización económica. Mesmo o socialismo prégase ós seus intereses, como está a pasar no caso de Ribadeo.

Deste xeito, a forma de vida das xentes desta vila xa non voltará a ser como era antes. Eses espacios, dos que Ribadeo disfrutou desde a noite dos tempos, están a serlle roubados. Os portos eran o seu corazón. Por eles entraban os seus alimentos e canalizaban o seu comercio. Paseando por eles os veciños da vila adicábanse a disfrutar das suas horas de vagar.

Hoxe tócalle o turno ó de Mirasol. Mañá será, tal vez, o de Porcillán. Ribadeo perde con eles a esencia da sua identidade.

¿Qué xestión fixeron as autoridades locais para tentar de conservar o patrimonio da vila que herdaron? Abandonaron os espacios públicos de Ribadeo en mans privadas. E mesmo parece que o fixeron con nocturnidade e aleivosía, mentras dicían que 'o porto non se pechará, nin agora nin no futuro'. ¿Qué pintan alí, xa que logo, as verxas e a caseta que están a pechar os seus accesos?

Contra o que prometera no seu programa, o alcalde empezou o seu mandato defendendo os recheos na Ría. Hoxe defende a privatización do porto. ¿Non se puido reservar, siquera, certos espacios para o lecer dos veciños e demáis cidadáns? ¿Ata onde pretende chegar co seu programa de expoliar os bens públicos do concello de Ribadeo? A sua rexeitable xestión non dá para máis. Non é coherente co que prometeu. Agora son os veciños os que teñen a sua palabra.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20100809

Un recuncho da ría

A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así.
O pasado ano, unha vez pasado o verán, amosaba fotos que indican que a ría non está tan a salvo da contaminación como poidera parecer. Dende aquela, que eu saiba, non se produxeron melloras nese sentido, nin noutros aspecto relativos á conservación do esteiro. E iso, a pesares de que aprece que xa vai funcionando o mecanismo da Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón, que con nome tan complexo pode que se debera a el o retardo na súa posta en marcha. Reserva que algún carto vai dando para os concellos que a engloban, entre os que están os que abrangue a ría. No medio si que apareceu a primeira parte dun estudo sobre as rías que incluía a de Ribadeo (na parte galega, e pregúntome como se pode dividir un estudo ambiental dunha ría en conxunto), que, deixándoa ben parada en relación a outras, non a deixaba inmune.
A ría, como é sabido e como corresponde a calquera outra, tende a colmatarse, é dicir, a encher o seu fondo con aportes tanto terrestres como marinos, facendo que o calado diminúa e parezan bancos de area e humedais. O proceso, que tantas veces se nomea para facer os dragados periódicos e case contínuos, segue a avanzar e maniféstase en pequenas cousas, como na colonización por algas de baixío do fondo da enseada dos bloques. Entre o pasado ano e iste, púidose observar que a colonización algal achegouse abondo máis á beira do peirao de Mirasol, aumentando no resto a potencia da lama que o ocupa. No tesón de Mirasol ocorre algo parello, pois se o pasado ano as colonias de algas eran minúsculas, este xa medraron aínda que continúen a ser pequenas. E nos fondos entre o tesón de Mirasol e da Vila vella, tamén se apreza o fondo con limo máis que con area que constituía ata agora o chan formado e a masa que quedaba debaixo. É dicir, na zona estanse dando dous fenómenos complementarios: o aumento de algas e de lama nos lugares libres destas. A lama deposítase nos fondos ó ter a auga pouco movemento relativo e ser incapaz de arrastras xa abondas partículas microscópicas, indicando un réxime de circulación de auga menor, como corresponde neste caso ó peche en marea baixa da circulación de auga entre os tesóns da Vila vella e de Mirasol. o que á vez, manifesta a evidencia da continuación da colmatación da ría, a pesares dos dragados. As algas colonizan un 'chan fértil', subministrado pola lama: non hai algas en abundancia en fondos de area, que non é fértil. Mágoa que, ademáis de a lama non ter un aspecto limpo en xeral, na zona dos bloques de unha impresión peor ó verse de cando en vez algún resto no fondo; algo que por outra parte, está facendo da praia dos bloques (abondo concorrida dende a construcción das casas que a dominan) un solario máis que un lugar de baño
Este ano tamén viuse un velero francés, que coido que non é o primeiro ano que recala fronte as primeiras escaleiras dos bloques, na continuación do canal do porto, tumbado totalmente ó desviarse un pouco da posición idónea e quedar en marea baixa sen auga. A escea non se repetiu, pois inmediatamente despois abandoou o lugar.
Dos remuiños e correntes na zona, en particular nas diferencias baixada/subida na punta E do peirao de Mirasol e na punta do espolón dos Bloques falaremos algún outro día con máis datos.

20091026

Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo


A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera momento. Que o impide? Pode que non sexa prático, non sei. A entrada principal non deixa ver se o é ou non, nin se ó ter dúas entradas abertas (a non ser que cerraran outra máis ó poñer a funcionar a verxa) compensa o aumento de persoal. En fin, temo que o descubramos algún día, igual que descubriremos algún día que o porto deixou de ser competitivo, e non porque se faga ou non unha nova macro nave anclada no leito da ría, senón por outras cousas como o mantemento dunha verxa que xa foi variada antes de ser usada.

Estaba o 'Frisian sky', non sei ben se ceo frisio ou frigio, como único visitante do porto.

E tamén unha das dúas pilas de sal que levan todo o ano adornando a explanada do último recheo, feito para 'ampliar o porto (a lembrar que reduxo a liña de atraque e a lama de auga dispoñible). A grúa do fondo fai que un se pregunte de novo sobre o motivo da nave que se queŕia facer.
E, en contraste con todo o anterior, o porto pesqueiro, despois de ser trasladado d ePorcillán a Mirasol e agora, á 'Dársena norte de Mirasol'. Os barcos son os que quedan, con dúas precisións: un barco repítese nas dúas fotos e outros teñen matrícula de fóra. O resto, o que máis que barcos sexan barcas, está máis á vista.
En ámbalas dúas fotos, como nunha do 'Frisian sky', deixei como fondo a grúa das Figueiras e o repetidor telefónico para contrastar.


20061229

Galiza 1 - Ecuador 1. (facendo país co fútbol). Pechando Mirasol (desfacendo país coa política)


Onte, unha delegación de ribadenses desprazámonos ata A Coruña para ver o segundo partido da selección galega na nova época. Nova época porque parece que o primeiro partido foi aló polo 1922, e houbo abondos ata o 1939. Pero o importante do partido non era o fútbol, con xogadas boas e malas, entradas máis que dubidosas, cansancio dos xogadores ou acertos e fallos do árbitro. O resultado tampouco importou moito. O caso era a acción para facer país. E aínda non dixerín todo o que notei para poñelo no blog, con cousas que me gustaron e outras que non, pero sobre todo cunha visión aprticular da promoción da idea de nazón. Que o campo estivera mediado motivou que o ambiente final tamén o estivera, pero chegou para facerme unha composición de lugar.
Hoxe hai outra animacón máis á ciencia no auditorio de Ribadeo, e pode estar moi ben. Pero de seguro non é comparable para moita xente con darse un paseo por Mirasol e observar os límites do porto, pois se onte saía o artigo meu na prensa dando nota da privatización de Mirasol, o exemplo da construción da fronteira sur, xa está abondo avanzado o límite norte, e é cousa de apresurarse se alguén quere dar unha volta polo peirao antes do peche definitivo.
Esta noite tamén hai diversión gratuíta na piscina, rematando ás 2:30. Está visto que a promoción da movida nouturna faise en frentes variados.

20081103

Noticia: chove

Unha revisión dos datos fáime reescribir de novo este artigo:
Calquera que baixe dende o concello a Mirasol verá que non pode pasar. Non se trata do peche do Porto de Mirasol, senón do desprendemento de terra que levou por diante parte dunha nave en Mirasol. O motivo? As choivas da fin de semana, o mesmo que o fin de semana pasada causaron tamén un desprendimento de parede e muro dunha casa. Novembro é en Ribadeo o mes máis chuvioso do ano, con cousa de 120mm caídos de media (120L/m2, dato de Díaz Fierros de 1971, citado nun traballo sobre a ría de Silvia Piedracoba Varela), e as precipitacións últimas rexistradas na Pedro Murias, Dia a día, foron:
01/10/08 0
02/10/08 1,4
03/10/08 3,7
04/10/08 0
05/10/08 0
06/10/08 0
07/10/08 6,6
08/10/08 0
09/10/08 0
10/10/08 0
11/10/08 0
12/10/08 0
13/10/08 0
14/10/08 0
15/10/08 0
16/10/08 2,6
17/10/08 1,4
18/10/08 0
19/10/08 0
20/10/08 0
21/10/08 42,7
22/10/08 3,2
23/10/08 0
24/10/08 0
25/10/08 0
26/10/08 0
27/10/08 23,4
28/10/08 11,4
29/10/08 9,7
30/10/08 13,2
31/10/08 20,5
01/11/08 50,9
02/11/08 21,6

É dicir, un total de 139,8mm en outubro (47 máis que a media) e 52,5 máis os dous días de novembro que levamos (abondo por riba da media, que de continuar deste xeito sairía para novembro de case 1100). Ou sexa, nada extraordinario, pero que pode producir sustos.
A apostillar que unha volta consultados os datos da Pedro Murias no que vai de século (2001-2007), sáeme a media de novembro en 119,29, prácticamente o mesmo dato que é citado de Díaz Fierros. En troques, a media dos meses de outubro, contando o do 2008, sae por riba dos 150, quedando o outubro 2008, con case 140, por baixo da media do século, que ten como dato curioso que o 2 de outubrode 2006 descargou un récord de 136,2mm.

20071002

Lagoas


A foto amosa un montón de papel cartón xunto a un contedor que non é de papel. Coido que xa comezou a recollida comercio a comercio do cartón, pero parece que aínda tardará en sutir efecto. algo parello pode dicirse da recollida de vidro, que diariamente se manifesta nas catro rúas por arrastre dun plástico con vidro ata un contedor de lixo verde.
Entre o contedor da foto e do 'vidro' rematan de instalar unha grúa. O paso na rúa vese ampliamente reducido, aínda que polo momento non sexa visible a que edificio vai alimentar, pois é das autoportantes, é dicir, o contrapeso está todo abaixo e xira coa grúa, ocupando máis espazo que unha de pé normal, a pesares de ser máis pequena.
E, no porto, esas barreiras que ó fin, despois de estar listas, tiveron a boa idea de non poñer en funcionamento (alomenos mentras non haxa alternativa viaria en Mirasol), comezan a estar deterioradas. Onte podía observarse na saída sur de Mirasol que varios tramos xa estaban recollidos a parte, e outro, sen recoller, pero algo esmendrellado. O certo é que sorrín ó velo, fíxome gracia a estupidez do tema e pensei de novo no debate que mantivemos onte en Onda Cero tres persoas sobre os Presopostos Xerais do Estado, no que voltei repetir algo que xa dixera no blog. É cousa de xestionar ben o pequeno (puxen o exemplo do Parque de Bombeiros de barreiros, pero podía ser tamén o peche do porto) para poder berrar con dereito e non laiar polo máis grande.

Á noite, algo que relaciono con Ribadeo: un barrio enteiro, 750 vivendas, realoxadas polo ruído do aeroporto madrileño. Non vou establecer comparación entre decibelios, 7 días sobre sete e día/noite (sinxelamente penso que deben estar con maiores problemas que aquí), pero pouco a pouco a xente en xeral (e non só os afectados) e os gobernantes en particular rematarán por comprender que o ruído non deixa vivir e tomarán medidas adecuadas en todos os lugares, Ribadeo incluído. Mentras, só queda loitar, aínda que moita xente en Ribadeo prefira sufrir pensando en que non fan caso e polo tanto non se pode facer nada.
A outra foto xa é algo vella, da semana pasada: unha testemuña do vandalismo no parque do mineral, cunha porción apreciable de valla de madeira arroxada á rúa.

20170317

Eloxio de... de?

'Eloxian o impacto económico dos dous portos en Ribadeo' era o título dunha nova de onte. Desas novas que era de onte, pero xa non de hoxe, de non ser polas circunstancias, que tenden a facer dela unha nova intemporal.
O primeiro, a foto. O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, está acompañado, a máis do presidente do club náutico, de tres persoas relacionadas co PP local e unha do equipo de goberno do concello. Xa case se esquece un de que existen outros dous partidos na corporación local, ou de cal é a relación de forzas dentro da mesma.

O presidente de portos, segundo o subtítulo da nova, di que o cierre de Porcillán e o dragado son necesarios e están a ser tramitados. O dragado... a colmatación da ría vese acelerada pola acción humana, pero non se pon coto (si conto) a esta, senón que se segue a paliar o dito incremento. Non parece que sexa unha opción demasiado intelixente, pero si é a que fai mover máis cartos, e mentras que o fluxo de cartos se manteña, sempre se pode aproveitar alguén. O cierre... aproveita, visita o porto... por se acaso. Que haxa impagos nos amarres non ten nada que ver con que se quera arañar á ría unhas poucas máis prazas, que a vaca hai que exprimila. E que a ría teña máis actividades, tampouco importa moito, cando se está a considerar a 'súa' actividade. Porque, como foi posto de desculpa por Portos para non acometer a obra hai cousa de dous anos, o problem son só os cartos. A ría está aí para actuar sobre ela e nada máis que para iso. Estudos de impacto ambiental? de correntes? de variacións de patróns de sedimentación coa obra? de nada. Pódense sacar algúns amarres máis, e se teñen que entrar a porto pola Veiga, pois fáiselles ir pola Veiga.
Polo interior da nova fálase do grande impacto de 40 000 € (referido ás embarcacións en tránsito, que aumentaron), e a iso debe ser debido o eloxio, a que aumentou. Algo máis de 400 000 €/ano é o que saca portos do porto deportivo, ó parecer (confiando nos datos recollidos a comezos de 2015). Do de Mirasol, levamos tempo tentando sabelo dende O Tesón, e o que nos chega son só contradicións de movementos e vaguedades. Sábese que o importe reduciuse e volveuse reducir coa redución de taxas a ENCE. Pero mentres se presume do impacto económico, non se dan datos nin para xustificar o eloxio; menos aínda para xustificar a maior ou menor atención, mantemento ou necesidade de peche do porto de Mirasol. Así, parece que neste caso as necesidades van parellas ós eloxios: necesidade de? eloxio de?
Mentres, a inexistencia dun plan integral para ría vese manifestada na falta de cohesión das actuacións que se pretenden sobre a ría.

20070107

Privatizator, barras sen estrelas en Ribadeo




Privatizator (ler 'privatizéitor'): Neoloxismo. Individuo ou entidade adicada á privatización. Traducible ó galego e ó castelán por 'privatizador/privatizadora'.
Como ilustración, as fotos acompañadas dunha cita, 'Os muros separan máis que protexen' (Thierry Paquot, 'Los muros del miedo', Le Monde Diplomatique, ed. española,) e dun post anterior, 'Privatizando Ribadeo'
Ó fin, os reis magos si que parece que trouxeron algo: as barras. Faltan as estrelas para unha célebre bandeira, pero o telescopio segue baixo chave municipal, incumprindo convenio, polo que de momento non haberá estrelas acompañando ás barras que xa están: peche sen posibilidade de acadar o ceo.
As fotos amosan a división que se está a levantar en Mirasol, dende dentro, e mirando Castropol entre barrotes.
Remato con outra cita do mesmo medio: 'a explotación non procede da presencia de capitalistas privados, senón en xeral da división (...) entre os que deciden todo e os que non fan máis que obedecer'. Esta cita merece unha entrada a parte, e espero que a teña, pero estamos en Reis... vai de agasallo para pensar, por exemplo a relación entre privatización e explotación, ou se realmente non é privatización o que se está a facer en Mirasol, ou o caso que se fai por parte do alcalde á Mesa de asociacións... (xa dixen que necesitaría outro post máis)

20051001

Visións de sábado

Un sábado de orballo e ás veces algo máis. Despois do día en que caeu a grúa en Vilaframil nas obras da autovía, ver en que se está a converter a ampliación-recheo da parte norte de Mirasol... deprime, ó ver que o empregan como repositorio de area tras botar terra e pedra apra facer unha base, tras reitrar 100m de peirao, en espera de botar a area onde lles caiba (e queran metela), porque a ría hai que dragala, que no están pola labor do porto esterior, porque as labores de draga e demáis dan cartos, e o exterior xa se fará máis adiante, que haberá que facelo (como sabe todo o mundo...). Parece unha alegoría a foto: nubarróns sobre Ribadeo e a ría.
Nubes máis baixas, néboa de lume, é o que teñen sobre L.A., por un incendio dunha fronte de 25km que ameaza zonas residenciais de alto custe. Os árabes estarán dicindo que é parte do castigo divino para os EUA... Aínda que máis achegados a nós, o exército vai gardar a fornteira para que non entres migrantes, si, deses que morren a tiros ó tentar de curzar a barreira do que consideran un paraíso para eles.
**
De http:agremon.pitas.com:

Monday, January 3, 2005 01:41 p.m.

Adiantamento contra recheo: Nadal en Ribadeo
Uns reis anticipados permitiron a apertura da travesía da Avenida de Galicia ó comezo dun mes no que as verbas trocáronse, unha vez máis, para tratar de que significaran outra cousa diferente da realidade. Abriuse a rúa cando os baixos do edificio causante do peche xa estaban construídos, e aínda segue invadida a calzada e a pasaxe veciña. Dun xeito máis patente se cabe, no cartel que apareceu en Mirasol para indicar obras, pódese ler “adiantamento do peirao” e non “recheo da ría”. Hai que comprender que o anterior recheo ten moi mala prensa, e non debido á paisaxe semi luar que alí se foi creando estes últimos tempos coa acumulación de montóns de terra, pedras e area, substitutiva do armacenamento dos barcos na invernada pasada. Postos na beiraría, as obras continúan en terra e no mar, co novo edificio de Porcillán levantando columnas e o dique seco a punto. Unha nota: o 31 de decembro había atracados 15 pesqueiros na rada, 7 na parte sur “recheable” e 8 na norte, que libra polo momento.
Mellor rir. Pode que por eso se realizara o taller de risoterapia como colofón das xornadas contra a violencia de xénero. Ou porque afortunadamente fora desarticulada a 'pasarela catro calles' en medio da choiva que a facía intransitable, evitando sorrisos malintencionados por caídas alleas.
Tamén distendido foi o mercado de Nadal... na ponte da Inmaculada Constitución e con éxito de asistencia.
Decembro deu a renovación das directivas das dúas asociacións máis numerosas de Ribadeo: Amadores da Música e Clube Náutico. No primeiro caso, só se presentaba unha directiva de continuidade, con membros novos incluídos, pero con base no antigo equipo. No Clube náutico eran dous grupos os que se enfrontaban, resultando electo o equipo que marca a continuidade só por 258 contra 250 votos.
Falando de agrupacións, parece que houbo que facer unha mesa conxunta para que a alcaldía levase a efecto a contestación nos plenos ás preguntas das asociacións, con regulamento xa aprobado en setembro. Unha boa noticia que representa aínda un débil balbuceo na participación veciñal.
Para remate do ano, Ribadeo mediático: unha gravación dunha curtametraxe, colofón do curso sobre cine que se mantivo na derradeira semana, fixo posible que os ribadenses aprenderan as técnicas básicas da arte. Con outras miras, está a punto de abrirse a nova rúa semi peonal en Reynante e a distancia aínda a apertura da nova casa da mocidade; a carreira de fin de ano puxo un toque deportivo á vila, con participación de moitos veciños, mentras a derradeira noticia en Ribadeo foi que o xulgado decidiu que o convenio dos empregados municipais era axustado a dereito.
As noticias de algo máis lonxe trouxeron os ecos da polémica do discurso do Rei mentras o plano Ibarreche segue adiante e no Parlamento vasco falla oportunamente o sistema de votación electrónico. No extranxeiro, Iraq faise intransitable sen importar: as eleccións faranse de calquera xeito para que sexa un governo iraquí quen asine contratos ás empresas norteamericanas e calquera governo posterior non poda alegar en contra que foron as autoridades de ocupación quen asinou a venda do país. A Constitución Europea espéranos á volta da esquina, pero polo momento é unha descoñecida, ó contrario e moito menos salientable que o maremoto que deixou a desolación no Índico, con máis de 150000 mortes.
Entre moitos bos desexos para o novo ano 2005, esperemos que se extenda entre os veciños a participación na defensa dos seus dereitos e dos de Ribadeo: a Deus rogando e co mazo dando.

20110803

Un porto cerrado / un porto aberto

Entrada correspondente á semana pasada, quedou sen subir por un erro
Un esceario, unha pequena expo de vehículos novos, un trailer-bar, e o paso cerrado
Un porto debe ser aberto. Iso penso. Un evento como a Transgascogne amosa como de aberto pode ser. Pero ó tempo, en Ribadeo vivimos dende hai anos nun temor de que os portos, tanto o deportivo como o comercial ou o pesqueiro, sexan pechados. Pechados para nós. Por iso, cando se pecha, aínda que sexa temporalmente (como na tarde de xoves), un peirao, aínda que sexa só ó tráfico rodado e non ós peóns, salta a alarma: será un paso previo? Tenderán a facerse máis numerosas as veces que se peche? Perderemos en Ribadeo a fachada á ría como pasou en Ferrol, por exemplo? De momento, aí está a verxa inútil de Mirasol.
A Transgascogne da colorido e recheo ó porto deportivo

Os mastros da Transgascogne evitan mesmo a mirada da grúa das Figueiras

20070112

Foros en Ribadeo


Onte daba nota da xuntanza de municipios da España Verde, excelencia turística e demáis en Ribadeo. É unha mágoa que Ribadeo sexa punto de xuntanza da xente de fora e non sexa capaz de selo da súa propia xente. poñamos, Mesa de asociacións de veciños e alcalde. Queda a cousa, despois de diversas diatribas na prensa, en ver a contestación que fará o titular no pleno á pregunta o Tesón de por que di que a Mesa de Asociacións quere ser un goberno paralelo. A estas alturas, é moi probable que tente pasarse a pregunta por certo sitio, como xa ven sendo case tradicional ó non haber posibilidade de réplica in situ. Esperemos quenon sexa así, e conteste á que deixou a medio contestar a volta pasada, a esta e a do peche de Mirasol (si, ese que segundo o alcalde non existe e que se pode ver en fotos)
En fin, onte, dándolle unha volta ó tema das discusions internas no PSOE de Ribadeo cheguei á concljusión de que o alcalde non debe ser tan malo a nivel partido: parece que Santiago non se querella contra el e el tampouco contra Santiago por dicir que se dixera todo o que sabía, o alcalde non estaría no PSOE. É algo raro que non o diga, non debe ser tanta cousa, ou estaría pro riba disciplina de partido/intereses particulares e por abaixo ben públio.
'De agasallo' unha lectura xa vella sobre os foros mundiales, de dous tipos ben diferentes, publicada en A Mariña xa vai tempo.

20080228

Apatía de Ribadeo


De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados na súa despedida un punto sobre o que di que O Tesón organizou unha manifestación: a consecución do Porto PIF para Ribadeo. Se se le a entrevista verase que a opinión é diferente non tanto na oportunidade do PIF (relacionado co peche de Mirasol en trámite dende hai tempo) como nas súas consecuencias; a manifestación foi contra o recheo, non contra o porto PIF. E o que el di que os políticos 'deron o seu brazo a torcer' eu interprétoo como traizón do alcalde ó pobo, encabezando unha manifestación para dous días despois cambiar de chaqueta (así, despois de dicir con arrogancia que 'o pobo xulgaría nas eleccións' porque aínda faltaba tempo, perdeu a alcaldía pasando a ser abondo menos votado).
O caso agora é que se vai, e revitalizou a ACIA deixándoa ademais con caixa a disposición, pero denunciando a apatía.
Algo que se manifesta de moitos xeitos: A outra nova hoxe é sobre a Torre dos Moreno: unha asociación con sé en Vigo, 'Amigos dos pazos', vai tentar de potenciar o seu amaño... un gran non fai celeiro, pero axuda ó compañeiro. Mentres, Ribadeo segue algo 'apático' sobre o tema (algo do que se falou nun dos últimos plenos)
A imaxe, unha foto do 'Porcillán expandido' que propiciou Cao, co tesón ó fondo, tomada a pasada semana.

20081227

O porto de Ribadeo, de novo

    O día 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade é abondo eficiente, pero iso non evita que poda saír algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltaría a tomar o tema máis adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalación de Mirasol despois, aquí vai o novo post. 
    Con anterioridade teño deixado moitas outras entradas, como iste ou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, ... e moitas máis (ver os arquivos de xuño, xullo, agosto, setembro, anteriores, ... destacando quizais en particular ista ou ista outra sobre mencións do tema na prensa). 
    Despois de todos eles, de cara ó pasado non teño moito máis que dicir. Sobra o que, como en xeral a quelquera que pense un pouco no futuro de Ribadeo, o porto ten importancia nese futuro, igual que a tivo no pasado. Sobra tamén o dicir que o porto non pode manterse no século XXI como a comezos do xéculo XX, pero tamén cabe dicir que houbo decisións de fóra de Ribadeo que tiveron abonda máis importancia que a manifestación, que se un barco de 120 m para xirar xa invade a zona que non é de portos (e queda encallado), algo falla xa na situación e/ou nos estatutos do porto tal como están an actualidade, que no balance de empregos está abondo obscuro que se se construíra unha gran nave a cousa fóra saír positiva, que o recheo anterior ou o anterior máis teñan servido para algo máis que para solo barato, ... e non se pode dicir que a causa da manifestación Gondán xa non finaliza os barcos aquí, porque non é isa a causa. Nin tampouco que o transporte de pasta de papel se vaia definitivamente para Xixón (ou non, que carga de papel noutros portos ten habido), pois xa teño comentado a táboa de tempos e non coincide con que a culpable sexa a manifestación.
    Ou sexa, aconsello mirar as entradas anteriores, ou en Technorati abaixo, ou en google, para discusións que xa se tiveron.
    Respecto a cousas novas do porto, aí están os derrumbes, a circunvalación e tamén sinxelamente o xeito de facer as cousas ou outras alternativas. O artigo de Pancho (o que reseño antes co nº 5) apunta algunha suxerencia, a parte do tema que se intentou soslaiar varias veces con éxito do porto exterior. En canto ós derrumbes, manifestan unha vez máis algo evidente: en xeral o porto fóise facendo sobre ideas puntuais de xeito rápido, necesitando dende hai tempo dun plan xeral estudado e consensuado. Algo que non se deu e no que se insistiu durante o proceso que tivo lugar contra a nave. Os derrumbes parece que costou pouco traballo evitalos no futuro. Pero sucederon. E que non costara moito non foi causa de que se tomaran as medidas oportunas para evitalos. A ver se aprendemos e aparece tomada en considerción a idea do plan para o porto, non para unha ampliación, recheo, circunvalación ou nave, senón para todo o porto.
    En canto á circunvalación, a auga case pasada, pouco hai que dicir. No parece que vaia quedar mal como vía, en canto a amplitude e prestacións de comunicación.
    Si que vai ser a confirmación dun pequeno muro fronte á ría, alonxándoa máis da xente de Ribadeo en canto se peche o porto. Costa traballo crer que ó final se vai cerrar, poñendo dúas persoas nos dous extremos onde están previstas as portas, despois de anular xa una recén feita, outra sinal máis de improvisación sobre a marcha.
    A conta dun estudo escolar sobre varios aspectos da ría, tiven información de que algunha vez se ten feito a medida 'oficial' das mareas. A falta de recibir máis información, e con isto remato por esta vez, coido que debera facerse xa de novo, e dun xeito máis amplo do que se ten feito, xunto coa actualización da sondaxe da ría. Facer estudos previos custa menos que meterse a obras e pode evitar algunha cousa que algunhas obras non fan máis que empeorar, e volvo a mencionar o que quedara varado o barco hai pouco tempo.

20090401

O Ribadeo natural

Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o transporte en bici. Non foi así, pero pode retomarse a idea e vir moi ben para o noso concello.
Onte tamén a prensa de conta dunha nota que apareceu no blog do concello sobre o aforro enerxético: O concello apagará (xa comezou a facelo) 1/3 das farolas que ten encendidas pola noite (entre 1 e media e 7 e media), coa salvedade da fin de semana. É obvio o aforro en cartos (que de feito preséntase como principal motivo, á par do enerxético), 9 000 €/ano, pero plantexa varias preguntas. Unha, que se diga que 'sin que eso poida baixar a calidade do servizo e sin que poida producir inseguridade cidadá'. Eso implicaría que durante moito tempo o concello estivo facendo o primo. E tamén, que contratou farolas de máis, co custo que representou de construcción. Por outra banda, ás sete e media, antes do cambio de hora, era de día. Aínda máis, se non vai haber merma de seguridade, por que se manteñen os fins de semana? Ou estamos a falar de novo dun lobby da hostalería nouturna e a potenciar outra vez máis ise tipo de diversión? O alcalde fala que non se restrinxirá a luz cando haxa 'momentos de demanda', co que novamente a poboación enteira estaría pagando ises 'momentos de demanda' a parte de cargar co ruído producido, e non ata o horario de peche dos locais senón máis aló, toda a noite. Por certo que tamén parece un pouco contraditorio que as noites de venres a sábado esteñan para iste efecto incluídas na fin de semana, pero no o esteñan para a polocía municipal.
De hostaleiros e medio natural vai outra nova xerada onte: a protesta pola instalación dunha pulpería no porto deportivo, mentras se ten cerrado o bar. Hai acusacións de competencia desleal, e é entón cando sae a relocer a carpa necesaria para dita competencia. Lembro que hai non moito unha 'carpa' permamente e de dimensións abondo maiores estivo a piques de instalarse en Ribadeo, en Mirasol, e o Tesón e cantos o apoiamos fomos polo contrario, acusados de opoñernos ó progreso. En canto ó bar do club, estáse a tramitar a licenza para a súa reforma. Dígoo porque o tema de facer as cousas de xeito legal non se estila moito, e parece que neste caso si se vai facer.
Nunha especie de contraataque, o clube náutico deféndese por outra beira: denunciando os verquidos á ría polo rexistro que afea a dársena de Porcillán. En consecuencia, o concello pónse mans á obra e envía a empresa de augas a ver que pasa. E pasa que esa baixante está sen condicións dende hai moito tempo e que haberá que amañala polo concello ou por quen sexa (iso dependerá dos cartos necesarios e os dispoñibles).
Unha última cousa: Non creo que fora a raíz da nota neste blog, pero por fin retiraron luns as banderolas que quedaban no parque, estando limpo por primeira vez dende abondo tempo (bo, limpo... queda un cartel o bras que deberan ter xa rematado hai moito)

20050928

Tempo de construcción


    Se onte comentaba o estado da edificación na zona, hoxe tócalle o turno á obra civil: os periódicos falan de rematar o tramo Barres-Ribadeo, Ponte dos Santos incluído, para 2009. Estame entrando o congojo no estómago porque parece que se van pasar unha boa tempada remozando a ponte, e polo tanto, é posible que intenten que nos quedemos sen paso para peóns, xa que imos a axeitarnos esa tempada...
    Chama a atención como suceden algunhas outras cousas: mañá é a vista en Lugo dun dos casos de acoso no Concello. Que sairá á vista? E hoxe tamén se pode ver a nova de que a Xunta reclama a recuperación natural dunha mina de pizarra... mentras que a de ouro prevista en Tapia está calada nos papeis, sen avanzar, pero non parece que retroceda tampouco. Seguro que cando se peche a piscifactoría de Rinlo/Meirengos tamén pedirán que recuperen a zona, supoñendo boas intencións, que Álvarez Cascos non teña a influencia actual, etc., porque é de supoñer que o pago de 1€ cada m2 non da para facer logo unha recuperación do espazo.
    Falando de follóns políticos, hoxe dimitiu o líder republicano do Congreso por asuntos de financiamento ilegal. O mesmo día que aumenta o follón por asignación a dedo de parte da reconstrucción de Nova Orleáns... como anda o mundo...
    ** Do antigo blog:
    O pasado venres día 15 de xullo tivo lugar a Asamblea xeral da Asocición de veciños O Tesón de Ribadeo.
    Seguindo a orde do día, leeuse e aprobouse a acta anterior e pasouse a dar un repaso ás actividades realizadas, estado de contas e informes da directiva. Así, deuse conta das actividades como a comida social ou a reunión sobre convenios urbanísticos que propiciou a asociación. Asemade, espúxose someramente a situación en outros temas reivindicativos como os ruídos, comparando a situación coa serie de reunións e acordos que está sucendendo agora en Viveiro, as labores de participación na Mesa de asociacións e seu desenvolvemento, que pouco a pouco vai aglutinando a un maior número de asociacións interesadas, o seguemento do tema das antenas, do que aínda estamos á espera de contestacón por aprte do Concello ou o tráfico, bandas rugosas e aparcamento, ó que se referiu a última das preguntas realizadas ó pleno. Asemade, deuse conta do seguemento que se está a realizar pola polisble instalación dunha mina en Salave que deixaría un oco de máis de 200m de profundidade e máis de medioquilómetro de radio, a parte da montaña de residuos correspondente e a contaminación ambiental correspondente que se estima chegaría a afectar a Ribadeo. Rematou esta intervención a relación da participación da Asociación en diversas instancias: na Asociación Ponte dos Santos, coa intervención na última asamblea, así como a recollida do testigo como coordinadores da mesa de asociacións correspondente a esta entidade, outras intervencións co Concello, dende as preguntas realizadas ó final dos plenos ata a participación futura no Consello Municipal da Muller, etc.
    Pasouse despois a facer varios comentarios por parte da directiva, como a aclaración sobre o mantemento da liña nin política nin sindical da asociación ou a non intervención en xeral en denuncia de temas puntuais relacionado co anterior. Despois anunciouse o cobro de cuotas. Ó final do punto, votouse a petición da directiva para realizar convocatorias públicas sobre temas que o requiran e o poder levantar causas xudiciais cando se considere pertinente. A votación, que foi aprobada cunha abstención, permite que a Asociación teña unha mobilidade que non podía ter ata o momento, tanto na convocatoria de accións para socios e alleos como para actuar xurídicamente, en particular sobre temas xa tratados ou que se xulgue necesiten unha resposta inmediata.
    Ó rematar a Asamblea xurdiu algún tema máis, que xa non foi contemplado para a acta pero que paga a pena citar, como o funcionamento do sistema de ambulancias dende a Mariña para tratamento oncolóxico para A Coruña ou a existencia continuada de troncos apilados en Mirasol con risco para os bañistas, con maioría de nenos, que están a nadar nas proximidades (praia dos Bloques)
    A asistencia resultou escasa, acusando o erro que se apreciaba na folla da convocatoria, na que se citaba para o día 15 nomeándoo como mércores.
Ribadeo, 16 de xullo de 2005.

20190501

Pensando no traballo no seu día: balsa de lodos de Alcoa

Hai un par de días, un amigo guioume polas beiras de Alcoa S. Cibrao a descubrir algúns lugares senlleiros. O, para min, máis significativo foi a balsa de lodos. Por varias razóns. A primeira, por tomar conciencia de que ó fin, 'iso' son residuos industriais tóxicos, en cantidades case inimaxinables. A segunda, por confrontar que se presentan algo así como un toma-daca a cambio de postos de traballo. Outra, por constatar como nestes momentos está claro un aumento de capacidade recente da balsa a base de aumentar a altura dos seus muros. E poderiamos continuar, pero non é necesario: xa abonda confusión levan consigo as razóns anteriores. Cada unha delas.
Aínda que non estiveramos nos arredores do un de maio, a 'festa do traballo', como se lle chama parece que para esquecer a súa orixe de loita e vidas perdidas, a confrontación postos de traballo-esixencia calqueira presentada como ineludible pola empresa correspondente, é un clásico. Sexa o eucalipto presentado como especie non invasora a cambio de postos de traballo (e cartos para as madereiras correspondentes), sexa, seguindo no mesmo sector, a prolongación da contaminación de ENCE en Pontevedra como 'mal menor' fronte ós postos de traballo que 'produce' (e os millóns de euros de ganancia da empresa), sexa no caso de Alcoa o rebaixe do prezo da electricidade, ou o desentenderse dos lodos acumulados na balsa, pois están en xogo postos de traballo (din que non é rentable senón...), sexa o que sexa, fronte a unha situación de oferta/demanda de traballo controlada polas empresas, os argumentos presentados pasan a ser o de menos.
No caso da balsa de lodos, a constatación de que o volume da balsa é limitado a pesar das ampliacións-parche feitas ou que se pretendan facer, implica unha consecuencia pra o traballo: de xeito independente a outras consideracións, como o prezo da enerxía, e a falta doutras alternativas na actualidade (como o uso dos lodos como materia prima noutros procesos), se non hai unha nova balsa de lodos, a empresa rematará en algo parello ó afogamento na súa propia merda. Vista a balsa, diría que un prazo de cinco anos só se conseguiría en base a incumprir máis medidas de seguridade na contención dos lodos. É dicir, isa sería duración da fábrica -con electricidade gratis-. Tomo nota de que máis importante que o prazo concreto de datos que poden ter un erro considerable, o número de anos, é o peche por unha limitación física, e de que nin estou a xulgar cousas como a toxicidade do material.
De calquera xeito, segue a estar claro que os postos de traballo serán empregados mentres dure a fábrica para obter vantaxes de todo tipo, mesmo nas contraprestacións da empresa a cambio do traballo, comezando polo soldo.
Si, e... alternativas? Evidente: as alternativas non saen da nada, e se son alternativas, son porque marcan diferencias claras co anterior. Véñenme a bote pronto dúas situacións que se poderían contrapoñer destes últimos anos. Unha a nivel estatal e outra lonxe, no estranxeiro. A primeira, o plan E, en plena crise do ladrillo, foi aproveitada polas institucións ás que ía dirixido, os concellos, para máis ladrillo, como o amaño de rúas. Algo que podía (ou non, segundo casos) ser necesario, pero que tiña como efecto inmediato o manter o sistema que contribuiu a crear a crise, basado na construcción (a máis de que nalgún caso, os cartos empregados na propaganda correspondente eran equiparables ós usados na mesma actuación prevista). A segunda, o paso de China de ser un país atrasado e agrícola a ser, nunha xeración, referencia mundial en comercio electrónico, telefonía móbil, superordenadores ou intelixencia artificial. É evidente que se seguiran facendo o mesmo, o cambio non tería tido lugar.
E ambos casos, dentro dun sistema, o capitalista, que está demostrado que está levando ó planeta e a nós a puntos límite en moitos campos, e que, como mínimo se non é substituído, terá que sufrir fortes cambios para poder sobrevivir. Pero eses cambios non van xurdir da nada: seremos nós quenes teremos que impulsalos como afectados. Mentres, en troques de seguir a defender cada un dos postos de traballo de xeito inmediato, afundíndonos máis nos brazos asfixiantes das condicións actuais, habería que poñer máis fincapé no conxunto, no reparto e nas condicións de vida de mañá e pasado mañá, que tamén van ser nosas.
Vista da balsa de lodos

Nota:
Datos (estimados) da balsa.
Medio millón de m2 de superficie.
Lonxitude da barreira principal: 900 m
Altura da barreira principal: 70 m
Volume ocupado na actualidade: 15 000 000  m3
Para facerse unha idea, unha cantidade cunha masa maior que toda a mercadoría embarcada en Mirasol en toda a súa historia.

20250201

Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas

Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas

    Hoxe hai catro anos do pasamento de José María Rodríguez Díaz (1). Unha das primeiras cousas que me propuxen a continuación está aínda sen facer na súa meirande parte. Trátase de xuntar as súas obras escritas. Como mínimo, de indexalas nalgún lugar.

   Coa publicación do libro na súa lembranza, "José María Rodríguez Díaz, In memoriam" no 2018, Jorge Sampedro fixo un listado de publicacións, que deixo a continuación. Co tempo, a cada unha irá engadíndoselle a ligazón correspondente dos documentos dos que vaia dispoñendo, achegándome así á idea inicial. A máis, engadiranse textos que non aparecen na relación e outros sobre José María, ambos ó final da entrada (1). A ter en conta que hai veces nas que o artigo ligado non coincide exactamente no título ou na data, pois moitos foron publicados en varios lugares con pequenas diferenzas, e con pequenas variación de data, aínda que aquí aparezan con unha determinada, que en caso de conflito, soe coincidir coa publicción na Comarca del Eo (posterior á publicación no blog de José María 'Vida socio-política en Ribadeo', de url http://cargadoiro.blogcindario.com polo que algunha vez me referirei a el como O Cargadoiro). Esa é a razón que fai que podan variar datos -título, data, ...- entre lugares diferentes. Variacións destas tamén fan posible que algún un artigo poda aparecer aquí ligado en dous lugares diferentes, cara a dúas versións con diferenzas mínimas, ou artigos diferentes con títulos iguais, como os adicados ós plenos municipais. Outra incidencia é a posibilidade dunha tradución. José María escribía en castelán, pero non sempre, e a máis, algunha vez teño feito algunha tradución do seu escrito, mesmo sendo recollido por min nos arredores da data de publicación, de xeito directo dende o seu blog. 

   O blog de José Mª non usaba imaxes. Se aparecen nalgún artigo, entón son engadidas por min. O mesmo pasa coas notas a pé de páxina que aparecen nalgunhas entradas.

   As entradas de José Mª no seu blog (máis de 400) en xeral están aquí sen retocar, aínda que algunha vez -raramente- se poida haber realizado algún retoque para incluír algunha letra que se bota en falta ou cousas semellantes. Por contra, consérvanse cousas como a apertura de interrogación. Debo aclarar que algúns caracteres poden ter diferido algo do orixinal usado por José María: a copia do blog foi feita a partir de copias artigo a artigo, cunha visualización que convertía por exemplo todos os acentos, ou as ñ, ou as aperturas de interrogantes ou admiracións, entre outros signos, de xeito indistinto, en peche de interrogacións (?), algo que vou desfacendo pouco a pouco ó ir publicando, e que trato de clarificar se podo por outras fontes, pero que considero inevitable que de cando en cando produza erros, aínda que como remato de dicir, ás veces poda evitalos nalgúns dos artigos, por exemplo recurrindo a internet archive.

   As datas que aparecen na primeira parte da relación son en xeral as referidas a unha edición en papel. Mais, ligadas aquí, soen apuntar a unha versión dixital que case seguro ten unha data lixeiramente anterior. E un mesmo artigo pode estar referido en dous lugares deste documento como 'en papel' e 'do blog', aínda que, salvo aclaracións posteriores, será duplicación innecesaria.

   Ás veces, nunha entrada aparece con dous títulos diferentes. Pola constitución do blog de José María (e en xeral dos blog, como ocorre en este mesmo que estás a ler), hai que facer notar que o título que aparece antes da entrada ponse aparte da mesma entrada, que pode estar titulada ou non. Se son son lixeiramente diferentes. Nese caso, procuro conservar ambos, aínda que o que aparece como título fóra do texto nesta republicación poidera ser -por diversas consideracións, ou por erro meu- o inferior nalgún caso, en troques do superior, o que José María puxera no seu día como título antes da entrada.

   Nestes momentos (maio de 2021), Vida socio-política en Ribadeo, o blog de José María, xa non existe, polo que as referencias que fun deixando ó longo de ribadeando, apuntando ó blog de José María, xa non funcionan. Deixarei algunha na entrada correspondente como testemuña. A falta de mantemento e o tempo pasado fixo que blogcindario, a web galega onde estaba aloxado o seu blog, o borrara. No seu momento copieino enteiro, o que estou usando como fonte principal para que vaian aparecendo aquí artigos seus, que serán na versión que existiu en internet no seu momento.

   Por último, aclarar que José Mª non incluía ligazóns nas súas entradas, nin dirixidas a outros lugares nin no interior dos seus artigos. Tampouco etiquetaba as entradas. En ambos casos, as que podan aparecer son obra miña, conectando o escrito de José Mª con outras entradas del, deste blog ou doutros lugares, que podan axudar ou poñer en contexto as súas verbas. Algo non exento de problemas, pois ás veces as ligazóns faise pola procura de palabras concretas dentro do blog, e, nese caso, en moitas ocasións, deixo a procura correspondente á palabra en galego en troques de en castelán, pensando en situar o contexto do xeito máis amplo e mellor posible. 

   De xeito alternativo, pódese ter un acceso parcial ó seu blog en https://web.archive.org/web/*/http://cargadoiro.blogcindario.com, así como algún artigo en Galicia Digital, https://www.galiciadigital.com/opinion/autor.514.php.

    Tentarei ir colgando ligazóns ós seus libros:

Estudio sobre toponimia de Ribadeo

--

   E, antes de comezar, dicir que ás veces poño comentarios para aclarar, pero iso non quere dicir que sempre estea de acordo co que di...

"

José María Rodríguez Díaz escribió, a lo largo de su vida, más de mil artículos de opinión (de contenido político, didácticos, de investigación, de denuncia etc.). En su mayor parte fueron publicados en los diarios El Progreso, A Mariña, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Galicia Digital, en el semanario La Comarca del Eo y en anuario Estudios Mindonienses. Sería, por ello, improcedente relacionar aquí ya no todo lo escrito, sino tan siquiera todo lo publicado. Así pues, haremos referencia únicamente a algunos de los aparecidos en la prensa a lo largo de los últimos años.


Estudios sobre topónimos. Étimos de Topónimos.


Covelas o Cubelas (08-12-2001)

Anzas o As Anzas (15-02-2003)

Cedofeita (29-03-2003)

Rinlo (26-04-2003)

Eo y Ove (10-05-2003)

Arante (31-05-2003)

Remourelle (14-06-2003)

Vilaframil (09-08-2003)

Estudios sobre topónimos (09-10-2003)

La Devesa (29-11-2003)

Vilaselán (13-12-2003)

Couxela (03-01-2004)

Dompiñor (28-02-2004)

Vilaosende (31-01-2004)

Folgosa (07-02-2004)

Piñeiro (22-01-2005)

Marbadás (30-07-2005)

Piñeira (20-08-2005)

Mondigo (29-10-2005)

El Topónimo Grobas (10-02-2007)

Caurel o Courel (17-11-2007)

Fontincovo (09-02-2008, versión do blog do día 4)

O Can (05-04-2008)

Val das Eguas (16-08-2008, en versión blog de 7 de agosto)

Covelas versus Cubelas (28-11-2009)

A Cambela (23-10-2010)

Arante (20-12-2010)

Atentados patrimoniales (23-06-2012)

Graves errores en la toponimia local (14-07-2012)


Sobre medio ambiente. Política y urbanismo. Construcción.


Destrucción de la Ria de Ribadeo (24-05-2003)

Ribadeo y su Ría (19-03-2005; hai un artigo do mesmo título no blog, pero publicado máis de tres anos despois)

Timeo Danaos et dona ferentes (11-02-2006)

El litoral amenazado (11-02-2006)

La construcción en la costa (29-07-2004)

El futuro de nuestra Ría (18-04-2006)

El Plan General de Urbanismo (13-05-2006)

Fugit irreparabile tempus (13-05-2006)

Está, pero muerto (03-06-2006)

Nubarrones en el horizonte (10-06-2006)

El futuro turístico de Ribadeo (20-05-2006)

El futuro de A Mariña (/01-07-2006)

Ribadeo, sus encantos y sus carencias (8-07-2006)

El hermanamiento con los bretones de Loctudy (07-10-2006)

¿Un atentado contra la Ría? (18-11-2006)

La protección del litoral (18-11-2006)

Humanizar Ribadeo (25-11-2006)

El ayer y el hoy de Ribadeo (16-12-2006)

Ribadeo ¿Villa o Ciudad? (30-06-2007)

Los pueblos ante la Reserva de la Biosfera (03-11-2007; no blog, 23 de outubro de 2007)

Requiem por la Ría de Ribadeo (15-03-2008, posteado no blog o 8 de marzo)

La Ría (21-06-2008, posteado no blog o 7 de xuño como 'La ría de Ribadeo')

Dos sensibilidades frente a la Ría (05-07-2008, versión de blog de 27 de xuño)

Vivir en Ribadeo (04-04-2009)

Y ahora la Atalaya (13-06-2009)

Fronteras frente al turismo (20-06-2009)

El PXOM frente a la nueva ley del suelo (22-08-2009)

Rinlo, una joya en peligro (24-10-2009)

El Gayás de Ribadeo (03-11-2010)


Sobre el nombre de la Ría de Ribadeo.


Escribió muchos artículos. Destacamos solo tres:


Siete razones para un nombre (22-01-2006)

Roma locuta, causa finita (05-04-2008, publicado no blog o 29 de marzo).

Siglos de convivencia en peligro (08-08-2009)


Sobre los Castros y sus tesoros.


Una visita al Castro de As Grobas (11-11-2006)

Amanecer para el Castro de As Grobas (23-12-2006)

Xunta y Concello rehabilitarán el Castro de As Grobas (23-12-2006)

Puesta en valor del Castro de As Grobas (13-01-2007)

La Diadema de Ribadeo (03-02-2007)

El Castro de As Cárcovas (02-02-2008)

Castro de Fornelos (17-04-2008, publicado no blog o 20 de abril de 2008 como 'El castro de Fornelo')

El Castro de Meirengos (03-05-2008)

El Castro de A Pumarega (10-05-2008)

Castro de A Torre (14-06-2008, publicado o 10 de xuño no blog como 'El castro de A Torre')

El futuro de los Castros (01-07-2008, versión blog 9 de xullo)

Castro de A Croa de Arante (05-07-2008)



Sobre localización de ríos y sus topónimos.


El Rio Sarnés (22-12-2007)

Rego de Mel (16-02-2008, publicado no blog o 9/2)

El busca del Rio Mera (21-06-2008)

El Rio Amalló (28-06-2008)


Sobre su parroquia de Vilaselán.


Escribió decenas de artículos. Entre ellos:


Amenazas sobre Vilaselán (08-02-2003)

Vilaselán, la joya de Ribadeo (10-06-2009)

Facendo historia (06-11-2010)

Los hidalgos de Vilaselán (18-12-2010)


Sobre diversas investigaciones.


El Monasterio de Esperautano: Un problema resuelto (29-10-2007)

Mailoc y Bretoña: La diócesis de los Bretones (I) 11-04-2009)

Mailoc y Bretoña: La diócesis de los Bretones (II) 18-04-2009)

Pelayo, el Obispo Santo de Ribadeo (06-06-2009)

La Colegiata de Ribadeo (04-07-2009)

Construcción de la nueva Colegiata (18-07-2009)

San Esteban de Pagá (01-08-2009)

San Esteban de Augas Santas (12-09-2009)

Antigüedad de San Esteban (03-10-2009)

Santo Estevo do Ermo desvela su historia en Barreiros (26-07-2014)

Serie sobre D. Secundino Martínez Mongenegro “O cura vello” (2016/2017)


Su lucha incansable por el bienestar de los ancianos y la Residencia: su gran logro.


El ocaso de la vida (19-03-2005)

Un geriátrico nuevo para Ribadeo (14-11-2009)

El futuro de la tercera edad (01-05-2010)

Stop al destierro de nuestros ancianos (26-02-1011)

Las promesas de los candidatos a la alcaldía de Ribadeo (05-03-2011)

Plataforma por una Residencia de Mayores (12-03-2011)

La nueva residencia, un clamor popular (02-04-2011)

Polémica sobre el centro de alzheimer de Ove (23-04-2011)

Aquí, como en Esparta (20-08-2011)

Manifestación en Ribadeo (14-04-2012)

¿A quién sirve el PP en Ribadeo? (24-12-2012)

Deshumanización social (07-07-2012)

Ellos al bollo y los viejos al gueto (25-06-2013)

A mentira como estratexia política do PP (03-01-2014)

La residencia de Ribadeo, objetivo cumplido (12-02-2014)

Comenzan a residencia de Ribadeo, despois de tres anos e medio de loita (23-06-2014)

O PP e o asilo de Ribadeo (19-10-2015)

Todos xuntos pola residencia de Ribadeo, polos nosos vellos (28-11-2015)

O mesmo que os cans (28-11-2015)

La pluma es la lengua del alma (26-12-2015)

Unha vellez en soidade (09-04-2016)


De denuncia.


Salvad la estación vieja (06-12-2003)

Las vidrieras del cementerio (29-01-2011)

Un expolio sin aclarar (26-03-2011)

Un asunto pendiente (13-08-2011)

Expolio sobre el patrimonio religioso de Cedofeita (06-03-2012)

Cedofeita llora en silencio el expolio de su templo (01-04-2012)

En la tardanza va el peligro (12-05-2012)

El perdón no puede reemplazar a la justicia (09-06-2012)

El patrimonio de las iglesias a propósito del Códice Calixtino (08-07-2012)

¿Qué ha sido de los objetos robados en las iglesias? (02-01-2013)

Atentados patrimoniales (23-06-2012)

Conflictos en el santuario de Nosa Señora de Conforto / Conflictos entre el clero y el pueblo en Conforto (28-09-2014)

Atentados institucionales contra el patrimonio (25-12-2014)


Sobre historia local.


Señalaremos algunos de los muchos trabajos que ha dejado.


Retazos de la historia de Ribadeo en el siglo XX (21-07-2012)

El Monasterio de Esperautano (la cristianización de la comarca del Eo en el siglo IX)

Templarios en A Vilavella (16-07-2016)


Sobre las asociaciones vecinales.


Una de sus grandes inquietudes. Fundó y presidió la asociación de vecinos de Vilaselán y la de O Tesón de Ribadeo


Importancia de las asociaciones de vecinos (06-01-2001)

La asociación de vecinos de Vilaselán (14-02-2004)

Asociaciones de vecinos (25-03-2006)

Participación ciudadana en Ribadeo (20-01-2007)

El alcalde y la mesa de asociaciones de Ribadeo (06-01-2007)

Las asociaciones y la vida política (26-07-2008)

Pasotismo e individualismo (07-02-2009)

Políticos y asociaciones (23-05-2009)


Reflejos de Ribadeo.


José María fue de facto el Cronista de la Villa y por ello dejó publicados innumerables artículos que reflejaron los acuerdos en los plenos municipales, que denunciaron corrupciones políticas y que formularon críticas constructivas. Relacionamos una ínfima parte.


Imaginaciones preelectorales (23-11-2002)

Soluciones políticas para los montes (22-03-2003)

Cualidades de un Alcalde (03-05-2003)

Llamada a la responsabilidad (12-06-2004)

La participación en la Administración Local (11-09-2004)

El pueblo recupera su libertad (07-08-2004)

La venganza del Marqués (02-10-2004)

El valor de las utopías (13-11-2004)

Ética y política (04-12-2004)

El abuso del poder (18-12-2004)

La participación ciudadana en el gobierno local (07-05-2005)

Los sueldos de los Alcaldes (11-02-2006)

El Pleno municipal (20-05-2006)

Gobernar de espaldas al pueblo (27-05-2006)

Alcalde por la gracia de Dios (15-07-2006)

Corrupción municipal (11-11-2006, en versión web de 3/11/2006)

Disparar con pólvora ajena (02-12-2006)

La amargura del despertar (13-01-2007, en versión web de 8/1/2007)

Nuestro contrato con el alcalde (27-01-2007)

Administración municipal honesta, austera y participativa (24-02-2007)

¿Qué hacer con el voto? (19-05-2007)

Tranquilidad en la villa (22-09-2007)

Volver a las andadas (27-10-2007)

Los políticos ante la Reserva de la Biosfera (03-11-2007)

Impunidad (19-01-2008)

Eppur si muove (01-03-2008, publicado no blog o 24 de febreiro)

Catarsis en el Partido Popular (17-04-2008, versión do blog de 14 de abril, Catarsis en el PP)

Vacaciones en Punta del Este (21-06-2008, versión do blog do 15 de xuño)

El ascensor, un desafortunado proyecto (18-10-2008)

El parque de indianos (08-11-2008)

Las piscifactorías, otra vez de actualidad (22-11-2008)

Un pleno para la crisis (28-11-2008)

Impuestos municipales (06-12-2008)

El Plan Sectorial del casco antiguo (10-01-2009. Publicado no blog o día 3, co título 'El plan sectorial de Ribadeo')

Sostenella y no enmendalla (28-02-2009)

Vandalismo institucional (27-06-2009)

La excesiva presión salarial asfixia al Ayuntamiento (10-10-2009)

El control del poder político (30-10-2009)

Vaya tropa (21-11-2009)

Administraciones locales en crisis (05-12-2009)

El comportamiento de los concejales en el pleno (20-03-2010)

Administraciones enfermas de obesidad (08-05-2010)

La suerte está echada (29-05-2010)

Hacer el ridículo (19-06-2010)

Movimientos extraños en el PSOE comarcal (31-07-2010)

La bolsa de los 68 000 euros y otros privilegios (14-08-2010)

Setembre est là, l’été s’en va (21-08-2010)

El nido del cuco (25-09-2010)

Empezar por casa (30-10-2010)

Política y demagogia, dos valores equivalentes (06-11-2010)

Reloj, no marques las horas (13-11-2010)

Los programas electorales de Ribadeo (11-12-2010)

Las pensiones y los políticos (22-01-2011)

Autoridades civiles en las procesiones (06-08-2011)

Negligencias urbanísticas (24-09-2011)

El pleno de los presupuestos (08-10-2011)

Grietas en el consistorio (15-10-2011)

Empieza la campaña electoral (22-10-2011)

El porqué de la crisis (31-03-2012)

La Xunta discrimina a Ribadeo (31-10-2014)

Remata Galicia no Masma? (12-05-2015)

A soldada dos alcaldes (25-07-2015)

O PP de Ribadeo non fai política (29-10-2015)

As mocións do pleno municipal (02-01-2016)


A su Mondoñedo querido.


Mondoñedo: pasado y futuro (15-2-2004)

Carta a los Reyes Magos (15-12-2006)

Mondoñedo, la ciudad de los valles (15-08-07)

Mondoñedo en el recuerdo (23-10-2014)

Cierre del bar Central de Mondoñedo (16-04-2015)

O Mondoñedo ilustrado (29-07-2015)

Erro na restauración da catedral de Mondoñedo (26-08-2015)

Mondoñedo e As San Lucas (15-10-2015)

El milagro de D. Enrique Cal Pardo (03-05-2016)


Sobre la playa de Las Catedrales y la Illa Pancha.


La playa de Las Catedrales ¿Una pesadilla? (23-07-2011)

Las Catedrales, destino universal (15-10-2012)

As Catedrais, o patrimonio natural máis importante de Ribadeo (01-07-2015)

A profanación da Illa Pancha (14-06-2016)


Todo lo que dejó escrito, publicado e inédito, deja constancia de su amor por el entorno en el que le tocó vivir y en especial por Mondoñedo y por su querido Ribadeo, que además lo vio nacer. El mejorar la vida de sus conciudadanos fue para él una inquietud vital y procuró hacerlo siempre dentro de la ética, la verdad y la honestidad que marcó su forma de ser. El haber liderado el movimiento que consiguió la Residencia para la tercera edad, representó para él, la mayor satisfacción de su vida. Su pueblo tiene con José María Rodríguez Díaz, una deuda perenne.

Jorge Sampedro Reimúndez

"

    Libro homenaxe, contendo, entre outras cousas, Don Secundino Martínez Montenegro (O Cura vello), e Semblanza de un guerrillero, José Luis Trigo Chao ('el Gaurdarríos')

    Obras non reseñadas arriba e publicadas no blog:

Deslinde del concejo de Ribadeo (traballo atopado por el)

Pro PP a Mariña remata no Masma

Esperautano y la cristianización de la Comarca del Eo

Novo pacto de estado pola residencia

Vaia espectáculo

El crepúsculo de Ribadeo

Atmósfera tensa en Ribadeo. Nubarrones en el horizonte

Indianos (10 de xullo de 2015) 

Evocación de tiempos pasados en Ribadeo (10 de setembro de 2014) 

Por que será? (3 de novembro de 2015)

O PP e a residencia de Ribadeo (18 de outubro de 2015)

A praia das Catedrais ou como destruír un monumento ()

O paso dun santo por Mondoñedo ()

Se queren algo, que se presenten ás eleccións (maio 2015)

Sospechosa dilación de una investigación (25 de abril de 2012)

A quien algo quiere, algo le cuesta ()

Na presentación dun libro de Pablo Mosquera (21 de maio de 2010)

El futuro de la Mariña Lucense (14 de xuño de 2006)

El nombre del auditorio municipal (9 de xuño de 2006)

Decepción (20 de xuño de 2006)

Consecuencias de gobernar sin programa (21 de xuño de 2006)

Pleno municipal del 10.07.06 (11 de xullo de 2006)

Desgoberno na xestión (18 de xullo de 2006)

Feísmo en Ribadeo (24 de xullo de 2006)

Pregón de la Jira de Santa Cruz (5 de agosto de 2006)

Una piscifactoría en Piñeira (21 de agosto de 2006)

El castro de 'As Grobas' (27 de agosto de 2006)

Rechazo de la Xunta al PXOM de Ribadeo (2 de setembro de 2006)

Está en venta el concejo de Ribadeo? (9 de setembro de 2006)

Pleno municipal (16 de setembro de 2006)

Era inevitable (21 de setembro de 2006)

Otra piscifactoría en Ribadeo (28 de setembro de 2006)

Mondoñedo. As San Lucas (13 de outubro de 2006)

Empieza la movida de los políticos (22 de outubro de 2006)

Talleres de risoterapia (30 de outubro de 2006)

Peligro para la fauna de la ría (29 de novembro de 2006)

El virus del crecimiento (2 de decembro de 2006)

Gobernar con el silencio del pueblo (15 de decembro de 2006)

Lo que perdió Ribadeo (16 de decembro de 2006)

Lo que el pueblo quiere saber (25 de decembro de 2006)

Rechazo del alcalde a la mesa de asociaciones (30 de decembro de 2006)

Gobernar improvisando en Ribadeo (31 de decembro de 2006)

Feliz 2007 (1 de xaneiro de 2007). (2)

La nueva clase política (1 de xaneiro de 2007)

Recuperar la ética en los concejos (5 de xaneiro de 2007)

Lo que el viento se llevó (15 de xaneiro de 2007)

O Peche do porto de Mirasol (16 de xaneiro de 2007)

Sólo un eslabón (20 de xaneiro de 2007)

Calentando motores (30 de xaneiro de 2007)

O labrego e a serpe (1 de febreiro de 2007)

El gallinero anda revuelto en Ribadeo (2 de febreiro de 2007)

Gobernar por el bien del pueblo (10 de febreiro de 2007)

El concejal disidente (14 de febreiro de 2007)

Incumplimiento de la 1ª propuesta del PSOE de las elecciones pasadas (17 de febreiro de 2007) 

Incumplimiento de la 2ª propuesta del PSOE de las elecciones pasadas (19 de febreiro de 2007)

Horizontes oscuros (24 de febreiro de 2007)

El silencio del pueblo (28 de febreiro de 2007)

Incumplimiento de la tercera propuesta electoral del PSOE de Ribadeo (3 de marzo de 2007)

Incumplimiento de la cuarta propuesta del PSOE de las elecciones pasadas (12 de marzo de 2007)

Deprimente espectáculo (13 de marzo de 2007)

Nefando adunterio (15 de marzo de 2007)

Incumplimiento de la 5ª propuesta del PSOE de las elecciones pasadas (17 de marzo de 2007)

Se acentúa la tensión en los plenos de Ribadeo (22 de marzo de 2007)

Una lección de pasotismo (22 de marzo de 2007)

Incumplimiento de la 6ª propuesta electoral del PSOE de las elecciones pasadas (24 de marzo de 2007)

Así es Mondoñedo (29 de marzo de 2007)

Cuatro opciones para Ribadeo (31 de marzo de 2007)

Cuando la vergüenza se pierde (3 de abril de 2007)

Incumplimiento de la 7ª propuesta electoral del PSOE de las elecciones pasadas (7 de abril de 2007)

La otra lectura del balance que hace el alcalde de Ribadeo (7 de abril de 2007) 

Mandar y gobernar (10 de abril de 2007)

Incumplimiento de la 8ª propuesta electoral del PSOE de las pasadas elecciones (15 de abril de 2007)

De trampas y tramposos (17 de abril de 2007)

Cada uno tiene lo que se merece (19 de abril de 2007)

Incumplimiento de la 9ª promesa electoral del PSOE de las elecciones pasadas (21 de abril de 2007)

Un suspenso morrocotudo (27 de abril de 2007)

Incumplimiento de la 10ª propuesta electoral del PSOE de las elecciones pasadas (27 de abril de 2007)

El final de una gran pesadilla (5 de maio de 2007)

Ribadeo, una olla a presión (13 de maio de 2007)

La participación del pueblo en la vida política (20 de maio de 2007, republicado o 10 de novembro con retoques de redacción)

¿Mandar o gobernar? (26 de maio de 2007)

Mondoñedo, la ciudad de los bellos paisajes (28 de maio de 2007)

Cambio de rumbo político en Ribadeo (30 de maio de 2007)

Ribadeo, ¿una villa o una ciudad? (6 de xuño de 2007)

En busca del tesoro del Marqués (9 de xuño de 2007)

Un alcalde en pecado original (9 de xuño de 2007)

Calla, pueblo, calla (16 de xuño de 2007. Nota: hai outro artigo co mesmo título o 16 de maio de 2008)

La política, ¿profesión o vocación? (25 de xuño de 2007)

El sueldo del alcalde de Ribadeo (30 de xuño de 2007) [Nota: é unha modificaicón do anterior]

Empiezan las discrepancias en el concejo de Ribadeo (30 de xuño de 2007) 

Un extraño convenio (12 de xullo de 2007)

Sin agua en el parque de Ribadeo (16 de xullo de 2007)

Un pleno muy flojo y descuidado (17 de xullo de 2007)

La playa de O Cargadoiro (21 de xullo de 2007)

¿El concejo en bancarrota? (29 de xullo de 2007)

Un burro en el parque de Ribadeo (4 de agosto de 2007)

Herencias políticas (16 de agosto de 2007; republicado o 2 de novembro)

Efemérides Ribadenses (29 de agosto de 2007)

Miscelánea ribadense (7 de setembro 2007)

Tranquilidad en la villa de Ribadeo (12 de setembro 2007)

La atalaya de Ribadeo (21 de setembro 2007)

Los cien días de gracia (24 setembro 2007)

Cien días después (27 de setembro 2007)

Puede que sea legal, pero no es ético (6 de outubro de 2007)

Degradación política (13 de outubro de 2007)

Volver a las andadas (20 de outubro de 2007)

Pleno Guinness (14 de novembro de 2007)

Amnistía general (17 de novembro de 2007)

Pasos elevados y bandas rugosas (8 de decembro de 2007)

Ambiente navideño (15 de decembro de 2007) 

Balance de fin de año (21 de decembro de 2007)

Pleno extraordinario: un partido de vuelta (29 de decembro de 2007)

Yacimientos arqueológicos en Ribadeo (3 de xaneiro de 2008)

Pasó la Navidad (6 de xaneiro de 2008)

O castro de As Cárcovas (8 de xaneiro de 2008)

Un pleno con estilo (16 de xaneiro de 2008)

Quo vadis, Ribadeo? (26 de xaneiro de 2008)

Los 400 euros de ZP (1 de febreiro de 2008)

Iglesia y estado (8 de febreiro de 2008) 

Pleno Municipal (9 de febreiro de 2008)

Una luz en el horizonte de Ribadeo (17 de febrero de 2008)

Conflicto de intereses (16 de xaneiro de 2009)

Corrupción y poder (29 de febreiro de 2008) 

Un pleno histórico para Ribadeo (11 de marzo de 2008)

El PGOM de Ribadeo (16 de marzo de 2008)

Iglesia y estado (4 de abril de 2008, reforma do de 8 de febreiro)

Don Santos y el Museo de Mondoñedo (10 de abril de 2008)

La paja en el ojo ajeno (19 de abril de 2008)

¡Increíble! (22 de abril de 2008)

Ribadeo va, al fin, por buen camino (25 de abril de 2008)

No todo el monte es orégano (2 de maio de 2008)

Atmósfera de crispación (10 de maio de 2008)

Calla, pueblo, calla (16 de maio de 2008. Nota: hai outro artigo co mesmo título o 16 de xuño de 2007)

Un pleno Guinness (20 de maio de 2008)

Comentarios de la calle (24 de maio de 2008)

Cuando la vergüenza se pierde (31 de maio de 2008)

En busca del río Mera (16 de xuño de 2008)

Mal uso del dinero público (21 de xuño de 2008)

Castro da Aira da Croa, en Arante (25 de xuño de 2008)

Un nuevo estilo de gobernar (12 de xullo de 2008)

Desprecio a los vecinos en los plenos (15 de xullo de 2008)

De aquellos polvos, estos lodos (20 de xullo de 2008)

Los coletazos de una pesadilla (26 de xullo de 2008)

Ribadeo y su ría (30 de xullo de 2008)

Cuidar los pequeños detalles (16 de agosto de 2008)

Ausencia temporal (28 de agosto de 2008)

Austeridad municipal (20 de setembro de 2008)

Cuando el pueblo habla (27 de setembro de 2008)

Como en San Antonio de Loureiro (3 de outubro de 2008)

El ascensor, un desafortunado proyecto (10 de outubro de 2008)

El orinal de King kong (18 de outubro de 2008)

Pleno extraordinario en Ribadeo (22 de outubro de 2008)

El parque de indianos (31 de outubro de 2008)

¿Quién tiene la culpa? (9 de novembro de 2008)

El nuevo plan acuícola (14 de novembro de 2008)

El pleno de los impuestos (21 de novembro de 2008)

Impuestos municipales (29 de novembro de 2008)

La página web del concejo de Ribadeo (7 de decembro de 2008)

Huelga de vendedores ambulantes (12 de decembro de 2008)

Feliz Navidad (17 de decembro de 2008)

Año nuevo, vida nueva (27 de decembro de 2008)

La solución de un conflicto (30 de decembro de 2008)

Bandas reductoras de velocidad (10 de xaneiro de 2009)

El pleno de la oposición (20 de xaneiro de 2009)

El uso de los espacios públicos (23 de xaneiro de 2009)

Superar el individualismo (31 de xaneiro de 2009)

Miscelánea de temas ribadenses (6 de febreiro de 2009)

Qué hacer el uno de marzo? (14 de febreiro de 2009)

Sostenella y no enmendalla (21 de febreiro de 2009)

Utilización abusiva del parque (28 de febreiro de 2009)

Ribadeo frente a la nueva situación poselectoral (7 de marzo de 2009)

El conflicto en el mercado de Ribadeo (14 de marzo de 2009)

Temas Ribadenses (21 de marzo de 2009)

Vivir en Ribadeo (28 de marzo de 2009)

Mailoc y Bretoña (6 de abril de 2009)

Excavaciones en el castro de as Grobas (11 de abril de 2009)

Transparencia en la gestión de gobierno (18 de abril de 2009)

Respuesta municipal a la crisis (25 de abril de 2009)

Mirar con los dos ojos (2 de maio de 2009)

Sigue el folclore (9 de maio de 2009)

Las asociaciones de vecinos y los políticos (15 de maio de 2009)

Un pleno distinto (20 de maio de 2009)

Pelayo, el Obispo Santo de Ribadeo (29 de maio de 2009)

La Atalaya ya es historia (5 de xuño de 2009)

Fronteras idiomáticas frente al turismo (12 de xuño de 2009)

Vandalismo institucional (20 de xuño de 2009)

La Colegiata de Ribadeo (24 de xuño de 2009)

Un barrendero para Ribadeo (2 de xullo de 2009)

Administrar en tiempos de crisis (10 de xullo de 2009)

El pleno de los presupuestos de Ribadeo (14 de xullo de 2009)

Construcción de la nueva colegiata de Ribadeo (16 de xullo de 2009)

Flecos del pleno anterior (21 de xullo de 2009)

San Esteban de Pagá (25 de xullo de 2009)

Rinlo, una joya en peligro (24 de agosto de  2009)

La subida de impuestos ue se avecina en el concejo de Ribadeo (28 de agosto de 2009)

San Esteban de Augas Santas (5 de setembro de 2009)

Las fiestas de Ribadeo (11 de setembro de 2009)

Administrar en tiempos de crisis (18 de setembro de 2009)

El último pleno de Ribadeo (22 de setembro de 2009)

Antigüedad de la ermita de San Esteban de Aguas Santas (25 de setembro de 2009)

La excesiva presión salarial asfixia al concejo de Ribadeo (2 de outubro de 2009)

El Gayás de Ribadeo (9 de outubro de 2009)

El poder y los partidos políticos (16 de outubro 2009)

El poder y los partidos políticos (II) (23 de outubro de 2009)

Actuaciones temerarias en Rinlo (30 de outubro de 2009)

Un geriátrico nuevo para Ribadeo (8 de novembro de 2009)

Pleno municipal en Ribadeo (10 de novembro de 2009)

¡Vaya tropa! (14 de novembro de 2009) 

Covelas versus Cubelas (21 de novembro de 2009)

Administraciones locales en crisis (27 de novembro de 2009)

Simplemente Coruña (5 de decembro de 2009) 

La decadencia de Ribadeo (11 de decembro de 2009)

Empieza la competición (19 de decembro de 2009)

Feliz Año Nuevo (26 de decembro de 2009)

Cuando algo va mal (31 de decembro de 2009)

La democracia no es esto (9 de xaneiro de 2010)

La degradación de la vida política (15 de xaneiro de 2010)

¡Ay, si las ranas voratan! (22 de xaneiro de 2010)

¿Y Ribadeo? (30 de xaneiro de 2010)

La continuidad del ISM en Ribadeo (5 de febreiro de 2010) 

El pueblo de Ribadeo y su concejo (12 de fereiro de 2010)

El sucio juego político (19 de febrero de 2010)

La gestión del concejo de Ribadeo ante la crisis (24 de febrero de 2010)

Asturias se enfrenta a Ribadeo (6 de marzo de 2010) 

¿Es esto una democracia? (13 de marzo de 2010) 

Los concejales del ayuntamiento de Ribadeo (17 de marzo de 2010) 

Otras curiosidades del pleno municipal de Ribadeo (24 de marzo de 2010) 

La democracia en España (2 de abril de 2010) 

Los peregrinos caminan a Compostela (9 de abril de 2010)

Laissez faire (15 de abril de 2010) 

El futuro de la tercera edad (23 de abril de 2010) 

Ribadeo, un concejo enfermo de obesidad (30 de abril de 2010) 

Todos queremos más (8 de maio de 2010) 

Pleno de mayo en Ribadeo (15 de maio de 2010) 

¿Nuevo escenario político en Ribadeo? (19 de maio de 2010) 

Alea jacta est! (22 de maio de 2010)

La gran mentira (28 de maio de 2010) 

Un museo para Ribadeo (4 de xuño de 2010) 

La venganza (11 de xuño de 2010) 

Lamentos tardíos (18 de xuño de 2010) 

El momento político actual en Ribadeo (26 de xuño de 2010) 

¡Y sigue el perrinche! (3 de xullo de 2010) 

El pregón del Carmen (17 de xullo de 2010) 

Movimientos extraños en el PSOE de la Mariña lucense (24 de xullo de 2010) 

Sin decisiones ante la crisis (31 de xullo de 2010) 

La bolsa de los 68 000 euros y otros privilegios (7 de agosto de 2010) 

'Septembre est lá, l'été s'en va' (agosto 2010) 

Los políticos y los ciudadanos (20 de agosto de 2010) 

Las espadas en alto (28 de agosto de 2010) 

¿Quousque tandem? (10 setembro 2010) 

Las garrapatas (1 de maio de 2012) 

Bellas e inolvidables estampas de los años cuarenta: evocación de tiempos pasados en Ribadeo (10 de setembro de 2014)

El nido del cuco (17 de setembro de 2010) 

Cosas de Ribadeo (24 de setembro de 2010)

El concejo de Ribadeo frente a la crisis (1 de outubro de 2010)

Pasos elevados ilegales (9 de outubro de 2010)

A Cambela (16 de outubro de 2010)

Empezar por casa (22 de outubro de 2010)

Política y demagogia (30 de outubro 2010)

Reloj, no marques las horas (5 de novembro de 2010)

Arante (12 de novembro de 2010)

El puente de Arante en el último pleno municipal (16 de novembro de 2010) 

¿Creen vds. en los Reyes Magos? (20 de novembro de 2010)

Mostrengos (27 de novembro de 2010)

Los programas electorales (4 de decembro de 2010) 

Los hidalgos de Vilaselán (10 de decembro de 2010)

Atentados contra el patrimonio en Ribadeo (16 de decembro de 2010)

Un pueblo deslumbrado por la democracia (26 de decembro de 2010)

Las pensiones y la clase política (16 de enero de 2011)

Las vidrieras del cementerio de Ribadeo (22 de enero de 2011)

Edelmiro Bascuas López, Doctor Honoris Causa (7 de febreiro de 2011)

Expolio del patrimonio religioso de Cedofeita (6 de marzo de 2012)

Si quieren algo, que se presenten a las elecciones (19 de maio de 2015)

Edelmiro Bascuas López, eminente investigador de hidronimia galega (9 de agosto de 2015)

--

1 Nota: esta entrada está publicada orixinariamente a 8 de maio de 2021 ás 18:30, momento ó que se refire o texto inicial, se ben foi variada repetidas veces para a súa actualización.↩

 2 Esta é unha entrada atípica no blog de José Mª que se conserva a modo de curiosidade.↩

--

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.