20210430

Progreso e pobreza. Pablo Mosquera

 

Progreso e pobreza

   Hai polo menos dúas cuestións sobre as que non se arroxa toda a luz precisa para concienciar o exercicio da solidariedade na sociedade civil, ou quizá por motivos perversos evitando que desde a sociedade civil se inste aos poderes públicos para que traten a pobreza como a primeira e máis grave enfermidade social instalada no noso mundo.

   Vivir en Europa nunca foi patente de corso fronte aos catro xinetes do apocalipse. A medida que nos fixemos máis civilizados e urbanizados, a pobreza era unha lacra de fracaso a ocultar. E así me vou a referir a documentos que coa desculpa de combater a denominada mendicidad, trataban de encubrir unha pobreza miserablemente vergonzante que amosaba o fracaso do sistema e as desigualdades instaladas na sociedade.

    Con data 19 de xuño de 1912, recíbese en e desde todas as provincias españolas o disposto por S.M. o Rei para a represión da mendicidad. "Que os esmoleiros ambulantes que imploran a caridade nas poboacións, estradas e camiños sexan detidos polos Axentes da Autoridade e albergados nos Centros benéficos correspondentes". "Que se consideren caducadas desde esta data todas as autorizacións concedidas aos pobres para implorar a caridade pública". Son algunhas das doce disposicións de obrigado cumprimento.

    Isto que parece afastado- máis de cen anos- volve estar presente, e así cito textualmente: a crise triplica os atendidos polos bancos de alimentos". O exposto ademais de sobrecogernos, sinala os motivos polos que determinadas superficies da alimentación, solicitan o 0.2% do valor na compra para atender tales bancos. Pero o máis difícil de aceptar é "moitas persoas nunca antes acudiran". Desde Cáritas advirten que tal situación tan só acaba de empezar, ou que mentres as cifras de contagios e mortes pola pandemia van en descenso grazas a medidas como a vacunación, a crise social e económica avanza. 

   España, cun 20,7% de persoas en risco de pobreza, sitúase como o quinto país europeo con máis pobreza e o terceiro a continuación de Rumanía e Bulgaria en pobreza entre os menores de 16 anos.

    Como se pode compaxinar o concepto de progreso coa existencia de 9,6 millóns de pobres? Que falla no modelo económico e laboral desta España?. Sen dúbida a precariedade, as desigualdades e os nichos de emprego tan dependentes do turismo, en consumo interno e a movilidad entre territorios, que han ter que pecharse perimetralmente polas cifras de morbilidad e mortalidad pandémica. Incluso nosa Galicia mostra esa desigualdade de case 6 .000 euros anuais entre "podentes e pobres" 

   Pero o que máis me preocupa. Progreso é progresar. Que os nosos fillos vivan mellor que a nosa xeración. Que todos podamos acceder aos bens, servizos, equipamientos e renda para evitar caer na "mendicidad vergonzante". Non é máis progresista o que milita na esquerda. É máis progresista o que loita e crea fontes de riqueza para que todos caibamos na dignidade cidadá.

20210429

A residencia, de xeito extemporáneo

   29 de abril de 2021. Teñen pasado xa moitas cousas dende que se inaugurou a residencia de maiores de Ribadeo promovida por José Mª Rodríguez coa Plataforma pro residencia. Dende o meu punto de vista, pode que a máis destacable foi o surfear por riba da pandemia con notable éxito. Non total, porque cónstame que as medidas de confinamento dos residentes foron duras para eles, afectáronlles. Pero iso non é algo que se poda achacar a non ter cumprido o concello a palabra dada por boca do alcalde en pleno de revisar as normativas, ou por ter personal contratado por entidades externas á Deputación e ó Concello, nin tampouco por ter cambiado -sen explicación de motivo- a entidade á que lle foi concedida de primeiras a xestión diaria da residencia. Cousas todas elas que por outra banda necesitarían máis luz e transparencia na xestión, participación cidadá e en particular dos achegados dos residentes, e compromiso dos dous socios, Deputación e Concello, características estas que esperemos que se logren a medio prazo

   Hoxe, despois de todas as loitas -tamén políticas- que costou levala adiante, sae de novo a colación a residencia. Esta vez, por unha cita parlamentaria de Feijóo en resposta a Ana Pontón (non sei a que veu a conto mentar a residencia de Ribadeo), a quen responde á súa vez o alcalde de Ribadeo coa carta que deixo en baixo. Deixo a ligazón correspondente para que quen queira mire un pouco máis, aínda que faría falta completalo co intercambio entre Ana Pontón e Feijoo para ter unha visión abondo ampla (o que se pode facer seguindo a prensa, cunha sinxela procura no buscador: Ana Pontón Feijoo Residencia Ribadeo 2021). Pero se cada vez me gustan menos as liortas políticas, en casos coma este, con servicios sociais implicado e administracións que dconveñen parte dos servicios a entidades alleas, gústanme menos.




A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO. Evaristo Lombardero

A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO

    Anque xa temos tratado este tema anteriormente, ímolo poñer ao día polas circunstancias que todos coñecemos. Trátase de citar algún exemplo sobre a colaboura do concello de Ribadeo para extender a denominación “Ría del Eo” dende 2008.

    Véxamos en primeiro lugar o libriño “Ría del Eo. Naturaleza entre dos aguas” en versión castelá e “Ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas” en versión galega. Este libro foi editado en maio de 2009, ou sexa un ano e dous meses despois de que a Comisión Especializada de Nomes Xeográficos acordase que o nome Ría de Ribadeo era o único oficial e Ría del Eo era un topónimo erróneo de recente creación. Suliñar que este acordo non foi recurrido polo Principado de Asturias e pasou a ser de obrigado cumplimento polas administracións públicas do estado español.

    O devandito libriño foi promovido pola Asociación Puente de los Santos e o CEDER Oscos-Eo, polo tanto financiado con fondos públicos, sendo os principais dirixentes os alcaldes de Ribadeo, D. Fernando Suárez e o de Castropol D. José Angel Pérez.

    O principal obxectivo do traballo era a sua difusión entre os colexios da bisbarra, mesmo da banda de Asturias que na de Galicia e como dixemos ao comezo, unha edición fíxose na lengua castelá e outra na lengua galega. Como se pode comprender na lengua castelá aparece sempre a denominación “Ría del Eo” pero na edición galega aparecen as duas denominacións, xa dende a cuarta liña da Introducción (pax. 11) onde se deixa moi claro que as duas denominacións son igualmente válidas.

    Pediremos disculpas ao lector por relembrar que este libriño saeu do prelo 14 meses despois do devandito acordo da Cominión de Nomes Xeográficos, de onde se desprende que incumpliu flagrantemente aquela disposición.

    Prosigamos: O día 18 de Maio do 2009, a media mañán, nas escaleiras do concello de Ribadeo, o Sr. Alcalde presentaba este libriño aos medios de comunicación e informaba da entrega de 900 exemplares nos colexios. No Pleno Municipal da mesma tarde o concelleiro do PSOE D. Balbino Pérez Vacas preguntaba ao Sr. Alcalde se había duas edicións de este libro, unha na que poñía “Ría del Eo” e outra “Ría de Ribadeo”. Nas páxinas 34 e 35 da correspondente acta están as reviravoltas que deu o Sr. Suárez antes de recoñecer que había duas edicións (castelá é galega) despois de que o Sr. Pérez Vacas llo preguntase cinco veces. Ainda ben o Sr. Alcalde puxo a disculpa de que el non podía decidir o que se facía no concello de Castropol cos seus cartos, tratando de dar a impresión de que el non tivera nada que ver con aquela decisión conxunta dos organisnmos devanditos.

    O que ainda non podía saber o Sr. Pérez Vacas a aquelas horas da tardiña era que na edición galega tamén figuraba, como díxemos, na cuarta liña da introducción a declaración rotunda de que a ría tiña dous nomes, en aberta contradicción ca norma toponímica preceptiva nos documentos oficiais en todo o estado español.

    Pero a cousa non remata aquí. Como antes dixemos, e así consta nas suas páxinas, aqueles libriños estaban destinados ao colexios. Eso significa que nos 12 anos trancurridos ate hoxe e nos que veñan detrás, centos de nenos e nenas e tamén centos de profesores e profesoras, tanto nos concellos galegos como nos asturianos, terán ao seu dispor un libro de unha calidade editorial insuperable, con centos de fotografías de tódolos elementos naturais da ría e onde aprenderán “para sempre e dende a escola” que esta ría ten dous nomes equivalentes e ademais que foi promovido polos concellos de Castropol e Ribadeo, de mutuo acordo e consenso, sen problemas de ningunha clase. E o mesmo que nos colexios, estará nas bibliotecas públicas ao dispor de veciños, vistantes, estudosos, turistas etc. etc. Discúlpeme de novo o lector por suliñar a inestimable colaboura do Sr. Alcalde de Ribadeo para o mantemento da campaña política, mediatíca e colonizadora que agora se volve a poñer de actualidade.

    Por non extendernos excesivamente comentaremos brevemente os documentos da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos e Terras de Burón, onde aparece 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría del Eo o de Ribadeo. Lembraremos que foi aprobada definitivamente en 2013, cando o Sr. Fernando Suárez xa levaba seis anos como alcalde de Ribadeo e polo tanto formando parte dos órganos directivos da devandita Reserva.

    En fin, para rematar suliñar que no medio e medio da escollera, leva varios anos un cartel que anuncia o “Rio Eo”, pero so ten metro e medio de alto por un metro de ancho. Como o feito que se repite anos tras ano, das exposicións de cadros, fotografías, carteis etc. en locais do concello de Ribadeo, promovidas e financiadas con fondos públicos onde aparece unha e outra vez a denominación ilegal “Ría del Eo” (para uso polas administracións públicas do estado español).

    Evaristo Lombardero Rico

Ribadeo, 28 de abril de 2021 

A serie: 

PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO.

A RIA DE RIBADEO vs Ría del Eo nas políticas do Principado de Asturias (II)

A RÍA DEL EO NA POLÍTICA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (I).

A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO.

 

20210428

A pandemia e...


   A pandemia ten relación co noso xeito de vivir. En tódolos aspectos, estamos a cambiar. Usos sociais ou xeito de gastar, e mesmo xeito no que perfilamos as nosas ideas en relación a outros temas, como o medio ambiente ou o cambio climático. Por suposto, non en todos igual: os cambios nunha persoa poden ser mesmo opostos ós producidos noutra, froito de diferentes experiencias, se ben os cambios soen ser semellantes para un conxunto social, froito de experiencias semellates. De calquera xeito, ás veces sorprendémonos a nós mesmos percibindo cambios non pensados, ou, polo contrario, continuando con vellas costumes que fan frotne ás ideas que se fixeron de veracidade patente durante a pandemia.

   As mostras do que digo están por calquera lugar. Hoxe atopeime con este informe: durante a pandemia diminuiu o ruído ambiente en Galicia. Unha boa nova que indicaría un medio máis humanizado. Será persistente ou non? Iso xa é outra cuestión. Mentres, aquí queda o informe "RUÍDO AMBIENTAL 2020".

20210427

LEMBRANZA A EMILIO PIÑEROA LOZANO. Pancho Campos Dorado

LEMBRANZA A EMILIO PIÑEROA LOZANO

 Pancho Campos Dorado

   Quero mandar desde estas liñas un grande e sentido pésame a túa muller Isabel, os teus fillos Rodrigo e Cristina e a toda a túa familia. Non sabes ben o que te vou a botar de menos, o que vou botar en falta a túa presenza os teus coñecementos da Historia con maiúscula.

   Mandabámonos washap todas as semanas para saber de ti desde decembro en que me contaches na habitación daquel hospital da Coruña o que che pasara na túa operación de vesícula. Pasouche ós 68 anos o que a meu pai ós 58 anos, un médico que pide desculpas porque isto pode pasar cada 10 mil casos, e precisamente vosoutros fóstedes ese paciente 10 mil.

    Así é a vida. A familia pérdete e chora, e nós, os teus amigos, tamén choramos por ti, anque de pouco serve.

    Emilio era un profesor de Historia, xubilado fai nada, que estaba empeñado en loitar incansablemente polo patrimonio histórico de Ribadeo, Celeiro, Barreiros, e polo patrimonio de toda a Mariña en xeral. Estudaba e buscaba información documentada debaixo de montóns de papeis e pergamiños antigos de todo tipo, escrituras notariais, foros, testamentos, arrendamentos de terras de carácter privado, no Arquivo da Catedral e no Diocesano de Mondoñedo, revisaba os libros de bautismos, casados e defuncións das igrexas da comarca, as actas dos concellos, particularmente no de Ribadeo, e mergullábase durante horas en bibliotecas privadas e públicas para sacar información fidedigna de calquera tema que considerara interesante para publicar nos seus libros e artigos de prensa. Así, todos eles, son un legado de exquisita fonte documental.

    Estaba acabando de rematar un magnífico estudo sobre os mortos nos enfrontamentos dos veciños contra as tropas napoleónicas, o pé da Igrexa de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante. Buscou todos e cada un dos nomes propios daquela inxusta masacre. Estaba entusiasmado por poñer unha placa conmemorativa nun dos frontes desta Igrexa das Virtudes e un pebeteiro que sería prendido cunha chama en memoria dos heroes das vilas e tamén dos mortos franceses o día da celebración da Festa das Cruces (In Memorian...La Comarca del Eo 02-agosto-2020). Traballo que non puido culminar debido o coronavirus. Estaba encantado de ensinar ao mundo a Fervenza de Lexoso, un paraxe incomparable de augas fluviais no entorno dun bosque digno dun conto de fadas. Que tranquilidade se respira alí. Aquel día que mo ensinaches quedei impresionado. Pero non che bastou con ensinarme todo aquelo, fomos ver a senda do Encanto, ver as súas pegadas na pena. Ti eras o mellor guía turístico que se podía atopar na zona, concienciudo profesor que coñecía cada pedra, un experto na súa historia e na que cada palabra túa era unha ensinanza a ter en conta.

    Nós, aquel día acabamos a ruta na derruída igrexa-fortaleza do Bo Xesús de Ove, e desde aquel outeiro, recordo que nos entristecemos o contemplar a Ría de Ribadeo en baixamar e dábanos pena ver tanta beleza en mans de tanta desidia da administración pública.

    Repítoche Emilio, voute botar moito de menos, levabámonos moi ben e o teu último washap do día 17 deste mes de abril dicíasme “vou algo mellor pero moi lento”, logo xa non houbo máis réplica e tiven un mal presentimento.

    Esperaba por ti, para seguir cos traballos de investigación, como aquel que fixemos do henge de A Roda de Reinante (La Comarca del Eo, 10 de marzo de 2020), metíchesme a febre de seguir estudando Historia e documentar sempre cada peza, cada vestixio, cada evidencia.

    Estou seguro que como bo profesor, seguirás explorando todos os recunchos dese sitio para onde te fuches, nese inmenso mundo das estrelas. Espero que unha noite en que mire ó ceo, te decates de que estou mirando e fagas un pequeno pestanexo para indicarme onde estás. Adeus meu amigo, sempre terás un lugar na miña memoria e creo que na de todos os que te coñeciamos. Amén.

Emilio

   Sorprendeume outro amigo esta mañá cunha mensaxe sinxela: morreu Emilio. Non fixo falta que enunciara o nome completo, Emilio Piñeiroa Lozano, nin un cualificativo usado ás veces con outra xente, 'o de historia'. Sabíamos que sufrira no outono e dende o outono agora. Mais, tamén críamos que ía superando unha serie de tropezos na súa recuperación. Ó final, houbo algún co que que non deu feito e marchou. 

   Xubilado non hai tantos anos, os seus 68 eran xoviais, tal como representaba a súa vida ós nosos ollos. Pacífica vida de familia e adicación ó mundo da historia próxima, da nosa historia por terras de Barreiros e Ribadeo. Unha historia que contribuiu a facer máis próxima e máis nosa. Todos os que o coñecimos lembramos a súa intervención en favor e difusión do conxunto da capela da Virxen das Virtudes da Ponte de Arante, entre outras de menos difusión, dende o círculo lítico da Roda á capelas do camiño de Santiago na zona, pasando polas pegadas á beira do río Grande nas Anzas ou os muíños de vento de Ribadeo. Pero máis lembramos a súa charla -ás veces imparable- sorrinte e vital, arrastrando non, senón levando da man e animado ó interlocutor polos camiños da historia ou outros que viñeran ó caso. Con mente aberta e elevándose ó vóo dun xeito que tamén levaba ós máis a elevarse e observar a amplitude contemplada a través da súa ampla visión.

   Como non fun alumno seu, deixo esta faceta para o final. Non porque sexa menos importante -mentres estivo en activo como mestre máis ben era a que destacaba- senón porque foi a que quizáis prolongue máis adiante a súa vida no devir dos demáis. Desas persoas que aprenderon a querelo ó tempo que aprendían co seu querer. 

   Un amigo bó e xeneroso que se foi.

  

Quen son

 Antonio Gregorio Montes, quen levo este blog e autor de máis de nove de cada dez artigos na historia do blog.

Deixo a continuación unha biografía que na actualidade se pode ver en 'galegos' (en Galicia Dixital, lugar por certo onde me publican artigos na sección de opinión e tamén teño algún libro):

"

Casado no ano 1982 con Gregoria Gómez Alonso, pai de 4 fillos. Matrícula de honra en COU, rematou Ciencias Físicas (rama Fundamental) en 1979 Universidade de Valladolid. Profesor de Formación Profesional (Física e Química) con oposición en 1980, posteriormente obtén a condición de catedrático. Dedicado ó ensino antes xa de rematar a carreira na Aula María de Molina (centro de axuda de adultos), comeza a dar clases no actual IES Delicias de Valladolid. Destinado a Ribadeo, impartiu clases desde o ano 1982 no actual IES Porta da Auga, onde ocupou diversos postos directivos e logo, no actual IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ata a súa xubilación.

En diversas ocasións tivo ó seu cargo cursos de formación do profesorado, tanto de informática como de didáctica, así como unha disciplina do CAP varios cursos en Santiago e en Lugo. Tamén mantivo xunto con outros compañeiros da Mariña un grupo de traballo sobre didáctica. Pertenceu ó grupo de traballo de Física para as probas de acceso á Universidade – LOXSE. Dende a súa formación ata a xubilación.

Xunto con outros compañeiros, creou en 1995 a Feira da Ciencia e Tecnoloxía, de celebración anual en Ribadeo, manténdoa durante 25 edicións.

Foi acredor dun dos premios de innovación educativa 2001 e do premio da AGC 1998 para artigos na prensa escrita polo artigo ‘Marcas’. Codirixiu o traballo tamén premiado ’Reconocérmonos como consumidores: os hábitos de consumo e ocio entre a xente nova nas portas do século XXI’ (premiado en 2003).

No campo social, foi membro da xestora e posteriormente presidente do Club de Xadrez Alfonso X el Sabio de Ribadeo. Tamén participou na xestora e directiva da Asociación Amigos da Música, titular da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, da que foi catro anos presidente. É directivo da AVV de Ribadeo O Tesón, da que foi impulsor. Así mesmo, colabora con outros grupos e asociacións.

Ten publicados diversos artigos só ou en colaboración poñendo en relación física e ensino en revistas relacionadas con esta temática, como Cuadernos de Pedagogía, Ciencias, Revista de Enseñanza, Revista de Enseñanza de las Ciencias, Abeiro, Revista de Enciga ou Concepción Arenal. Tamén participou e participa con artigos na prensa en papel e dixital, primeiro sobre ciencia e logo sobre diversos temas. Títulos como ‘Ramón y Cajal, visión de la investigación por un Científico’, no diario El Norte de Castilla, ou a serie sobre os eclipses publicada en A Mariña / El Progreso, son continuados na actualidade por artigos en La Comarca del Eo, Galicia Digital, Praza.gal ou Crónica3.

Colabora coa Galipedia dende o seu nacemento en 2003.

Ten publicado ou colaborado en diversos libros. Entre eles:

Banda Municipal de Ribadeo 5 (aavv, 1997).

Orientacións á física de 2º de bacharelato (aavv, 2001).

As festas populares no entorno ribadense (aavv, 2001).

Ribadeando 2004.

SFTE... e máis. Notas e suxerencias sobre un Proxecto Escolar Europeo (con Gérard Traineau, 2005).

Ribadeo no tempo, a través das imaxes (aavv, 2006).

Dalla didattica alla e-didactics. Paradigmi, modelli e tecnichi dell’e-learning (en italiano, aavv, 2007. Versión inglesa en formato dixital, ‘From didactics to e-didactics. E-Learning paradigms, models and technics’).

Investigación facendo e difundindo (aavv 2012).

Física (comezo de libro colaborativo, libre, en internet, 2016).

José María Rodríguez Díaz, In Memoriam (aavv, 2018).

A temperie ribadense no 2020 (e un complemento) (2021).

Tamén mantén os blog 'Ribadeando', 'Tentando Educar' e 'Física e Química en Ribadeo', así como a wiki 'As feiras de ciencia na Galiza', entre outras incursións independentes no mundo dixital.

Participou como clarinete durante varios anos no cadro de persoal da banda municipal de Ribadeo.

"

20210426

23, 25, 27... e outros días

   Os números, a máis do seu significado de cantidade ou orde, poden admitir máis significados simbólicos. O de data é un dos posibles, e, dentro da data, a simboloxía da lembranza. No mes de abril os símbolos multiplícanse. Collamos o día 27. Para moita xente non terá un significado especial. Para min si é moi particular: representa a data na que nacín hai xa moito tempo. 

   O 25? Tamén é moi particular para min por outra razón, mais ten un significado que celebra a lembranza de todo un pobo, o pobo portugués, coa vista posta na súa revolución. Pacífica, simbolizada polo caravel, mais emerxendo na memoria como un forte símbolo polo que antes de conseguilo houbo que (houberon de) traballar e sufrir. Agora mirámolo como unha data festiva, con máis ou menos simpatía, pero o símbolo está aí, con vida propia, xa independente dos seus factores, dos que o fixeron posible, moitos xa mortos e esquecidos, e mesmo de cada un de nós que estamos a contemplalo, aínda que cada un inflúa na súa interpretación e memoria nun conxunto social que o incorporou na súa traxectoria compartida.

   O 23 é unha conmemoración doutro tipo. Si, é social tamén, cun forte significado, mais doutro tipo. Aínda que o seu recoñecemento sexa meirande a nivel mundial que o 25, foi un acordo de oficina  que o mesmo podía terse tomado en favor do, poñamos, 1 de febreiro. A cabalo entre simbólico e comercial, representa unha data que moita xente ancora na súa vida para mercar e ler algún libro. A nivel particular meu, non me representa nada especial, pero é un día polo que me gusta pasar.

   E hai moitos máis. En canto a representación de data, todos os días significan algo. Non fai falta que sexan impares consecutivos, nin que encaixen de xeito natural. Explícome. Probemos a montar unha pequena película, é dicir, unha historia. O de menos, neste caso, é que corresponda coa realidade. Non estamos nos tempos da fake news? Esta historia non ten nin o interese de amosarse como tal, senón como historia ficción, aínda que 'ben puidera ter moito de realidade'. Así queda, coma unha homenaxe arredor do día do libro... e doutros. Collamos o 6. O 6 de abril. Celébrase o Estatuto de Autonomía de Galicia: 6 de abril de 1981. Que é o que se celebra del? Foi o día no que a Súa Maxestade Juan Carlos I de España (e máis títulos) plasmou a súa sinatura xunto á do Presidente do Goberno Español daquela, Leopoldo Calvo Sotelo, nuns papeis que levaban escrito o documento. E así, celébrase o 6. Pero... non foi publicada ata o 28 de abril, no BOE 101 de 1981. É dicir, ata o daquela, non foi nin papel mollado. E xa temos outra data con tanta posibilidade de celebración coma o 6 de abril, o 28. Como o BOE non é ningún borbón nin presidente de nada, a pesar de ser a data efectiva de posta en marcha, queda fóra das celebracións. Pero é que hai outra data, aínda no 1980, que non se debe escapar. A celebración, e aprobación polo pobo, do referendo que dá nacemento ó estatuto. Foi o 21 de decembro de 1980, sen BOE nin borbón. Con baixa participación, si, pero a raíz do traballo de formiga de moita xente que sería unha idiotez cuantificar en número, porque o traballo pode ser de diferentes intensidades, e e diferentes momentos no tempo, herdar o feito polos demais, o Estatuto de 36... Volvendo ó tema, que data se celebra?

   Seguiremos a celebrar unha data, pero o pobo, soberan, -soberano?- fíxoo posible noutra, tan a celebrar como aquela, pero que se conmemora doutro xeito, aparte, e a aplicación real foi a partir doutra terceira, que non lembro ter escoitado celebrar nunca. Seguiremos. Isto das datas de celebración ven ben como lembranza, pero a base diso, de lembrar o feito, remátase por esquecer os antefeitos, o traballo e ideas que levaron a que o feito fora posible. É dicir, remátase por esquecer a base, o importante, o que é necesario para manter vivo ese feito que celebramos e temos. Moitos outros días dos que non escoitamos falar, que non quedaron nin para a lembranza, pero que fan posible que lembremos.

20210424

Consolidando o cambio

   Despois de dous meses, unha vez consolidado o cambio de cara do blog, deixo a imaxe anterior, realizada por min (xusta en baixo), e pasa á cabeceira a nova imaxe, a actual (na cabeceira e abaixo), obra de Sonja Hammerer:





20210423

CONFINADO Y VACUNADO. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

Haciendo cola para la vacuna

CONFINADO Y VACUNADO

    23 de abril de 2021. Día del Libro

    Pues resulta que ya me han puesto la vacuna. La primera toma. Más o menos en el tiempo y forma que se viene anunciando desde hace meses. Y casualmente en el mismo día han anunciado el confinamiento del barrio donde vivo. Una de cal y otra de arena. La historia parece que necesita sus dosis de simetría y se complace en estos bucles mágicos, estas coincidencias paradójicas. Espero que con el segundo pinchazo coincida también el tiempo del final del confinamiento, por lo menos el de mi barrio.

    No pude inmortalizar con un selfie el momento decisivo de la administración del suero salvador, lo más parecido a un acto religioso, a una moderna comunión civil. Prohibieron recientemente las fotografías. Me dijo la enfermera que la gente estaba más atenta al flash que al pinchazo. Me había preparado con mi mejor camiseta de combate a favor de la sanidad pública pero no pudo ser. Para el segundo convocaré a la prensa amiga a ver si con ellos presente rigen las prohibiciones o tienen licencia especial.

    He tardado tres días en saber los límites del encierro barrial dado el perímetro artificioso de lo que llaman Zona Básica de Salud, el territorio que cubre la atención del centro sanitario de referencia. Nada que ver con los límites naturales de una comarca como nos pasó cuando al llegar en Junio pasado a Ribadeo la frontera era tan sencilla de definir como distinguir las aguas de la Ría y el paso del puente de los Santos. El dibujo de la ZBS de Eloy Gonzalo, en confianza Cascorro, se parece más a una mariposa jorobada que a cualquier forma geométrica. He comprobado que puedo caminar mis cuatro o cinco kilómetros reglamentarios siguiendo estrictamente el contorno de la zona pero aún así no estoy seguro. No se si voy a poder cumplir la norma debidamente. En realidad debo ser el único ciudadano preocupado por ello.

    Hablando de vacunas copio el titular de una noticia; 'Los países ricos han vacunado a una de cada cuatro personas y los pobres a una de cada 500". Vamos bien. Creo que no cabe más brutalidad que los hechos. En un mundo global no acaban las pandemias hasta que no acaban todos los focos. Parece que para el verano los mayores de 50 estaremos vacunados. Y si no se cruza por medio un virus mutante debidamente protegidos. Al resto del mundo que le den.

    Creía que esto de la vacuna me iba a poner a cien como a esos seres señores y señoras cuyos bailes post pinchazo inmortalizan en el TikTok sus nietos descojonados de la risa. Por lo menos emocionalmente. Pues no. Tengo una sensación rara. Como cuando estás en una fila de rancho militar esperando con tu plato de aluminio a que te sirvan y no llegas nunca a saber qué comida ponen. Sabes que llegas a tiempo pues estás de los primeros pero eso no es suficiente consuelo ni seguridad. Puede acabarse el perolo o pueden tocar zafarrancho de combate.

    Creo que podremos alternar, ligar y más actos impuros e incluso algunos afirman que hasta salir a la calle sin mascarillas. Pero la mala leche de la pandemia representada por lo privado, el hogar, la pantalla del vídeo y la del teléfono seguro que querrá prolongar su dominio. Mientras no estemos vacunados todos no habrá cambios sustanciales en el mundo. La vacuna solo inicia una transición hacia el mundo de antes. Y no sabemos hasta qué punto el mundo de antes es recuperable. A lo mejor la nueva normalidad nos gusta menos de lo que pensamos.

    El coronavirus ha venido a alterar dramáticamente nuestro mundo. A introducir el miedo en el interior de la familia, en el trabajo, en las relaciones sociales. A cambiar, no sabemos si definitivamente, las reglas de juego de la política. Brutalmente las sociedades viven en la duda de enfrentar la libertad al logro de la salud pública. Allí donde las sociedades desestructuradas socialmente, pongamos Brasil, están ofreciendo un espectáculo lamentable de abandono y egoísmo o las propias del primer mundo un constante dudar y experimentar distintas formas de enfrentar al monstruo, resulta que las únicas que han logrado éxitos y librar la batalla de la supervivencia al unísono de la economía y de la salud han sido las sociedades autoritarias del este. Esto dibuja un escenario que impone respeto.

    Las izquierdas hablan del futuro. Dicen que quieren construir la utopía. Una felicidad de contornos angélicos, de foto con nubecitas. La derecha mientras tanto celebra el presente, la vida tal como es, el gozo posible. Desde ambos lados de la trinchera se nos escamotea el dolor. Unos porque lo legitiman como tributo al futuro, al bien común, a la sociedad. Otros porque lo camuflan con la fiesta y el carpe diem.

    Y en esa batalla estamos. Un campo de juego que no coincide con la búsqueda de la felicidad. Un pleito estéril para la gran masa de nuestros contemporáneos que bastante tienen con la lucha por el pan de cada día. La derecha no ofrece siquiera linimento para aliviar la desgracia de sobrevivir. Se limita a ofrecerte calles llenas de terrazas desde las que contemplar las luces del carnaval y la música de las chirigotas o en el mejor de los casos una colección de libros de autoayuda para superar el dolor de vivir. La izquierda lo fía todo a un futuro escatológico, a libros de caballerías o a la ética de la liberación.

    Mientras llega el primero y el segundo pinchazo para todos y para cada uno les pido que se cuiden. Y les informo que este boletín deja de ser semanal para pasar a ser lo que mis neuronas me dicten.

    Besos para todas

    Ángel

 

    Posdata

    No les quiero abrumar con los acontecimientos madrileños. A los de aquí porque ya tenemos la desgracia de padecerlos y a los de afuera porque están ya hasta los mismísimos de nuestras aventuras. Ejercer de madrileño en estos tiempos es posiblemente una de las cosas más difíciles de asumir. Pero a los que nos toca vivir en este guión de dibujos animados la cosa se nos está haciendo cuesta arriba. Prometo no aburrirles con este medio hecho tedio electoralista. Pero aprovecho para mandar un mensaje a mis paisanos pidiendo su espabilamiento:

    Desencantados, asaltacielos, puros, honestos, agotados, libertarios, frustrados, cabreados, racionales, disgustados y otras especies de madrileños agitados por el esfuerzo político de aguantar lo que hay que aguantar en medio de esta campaña electoral. Tenéis razón. El voto no vale para nada. Pero el día 4 de mayo VOTA.

    Aunque solo sea para compartir la derrota que tan poco te gusta o la victoria que no te ilusiona. Por solidaridad con los que vamos a perder o a ganar. Los funerales y los triunfos siempre con música y muchedumbres. Son más llevaderos.

    Hacedme el favor.

RÍA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

 

RÍA DE RIBADEO

Pancho Campos Dorado

    Filibusteros é a palabra que emprega o dicionario para referirse ás pragas infecciosas dos piratas do Caribe, xente putrefacta empeñada en apropiarse do alleo por vía marítima. Esas cuadrillas de individuos que turran, turran e turran unha e outra vez empeñados en apropiarse do alleo, e non cabe dúbida de que o que buscan os patrioteiros do Principado de Asturias é o botín arqueolóxico subacuático que hai por miles de pezas no fondo da Ría de Ribadeo. O nome da ría claro que importa, pois perdida a identidade toponímica do lugar pasa de ser do Reino de Galicia, a ser un topónimo inventado e compartido co Principado, ente xurídico que se dedica a expandir o seu territorio desde fai séculos a costa dos territorios galegos, e para iso vai inventando cousas. Tal exemplo témolo en aquel Afonso I “o Católico”, ou sexa, lacaio da igrexa católica, xenro de Don Pelaio pois estaba casado coa súa filla Ermesinda, e que un día pola maña deulle a turrada, e proclámase primeiro rei de Asturias, cando Asturias sempre foi unha provincia da Gallaecia e nunca un reino documentado como tal, por máis que aos “españolistos” facedores de historietas o escriban en libros, libretos e na Internet. O seu sucesor Fruela I (757-768) era tan sumamente malvado que o asasinaron, iso si deulle tempo de fundar Oviedo.

    Ribadeo é un porto estratéxico do Cantábrico desde a época comercial celta-grega de máis de dous mil anos de antigüidade. Todos eses vestixios históricos patrimoniais están enterrados no fondo da Ría de Ribadeo. A súa localización tan estratéxica no Camiño de Santiago e no comercio marítimo do Atlántico, vírona no século XII tanto os bispos de Oviedo e de Mondoñedo, como o rei Alfonso VII “o Emperador” (rei 1126-1157, fillo de D.ª Urraca e coroado rei de Gallaecia en Santiago por Xelmírez en 1111 e como emperador en León en 1135) e amplía a súa xurisdición real en detrimento dos intereses bispais de abadengo.

    Nestes intres do s. XII, o bispado de Mondoñedo perde contra do bispado ovetense a xurisdición do territorio de Reboredo que se converterá no concello de Castropol, punta de lanza do convento ovetense e máis tarde do Principado de Asturias, contra os intereses da Galiza e de Ribadeo ata os nosos días (por algo seguimos sen Xulgado de 1ª estancia e de outros organismos oficiais).

    No século XIII Ribadeo é sé episcopal con Igrexa Catedral-Colexiata e chega a ser o Porto comercial máis importante do Cantábrico como consecuencia tamén do seu rango de Vila e do privilexio de Carta Puebla con dereito a celebrar mercado, que lle concedera Fernando II (rei 1157-1188 da Galiza, de León e doce anos tamén de Toledo, durante a minoría de Afonso VIII, o das Navas de Tolosa). Ribadeo no século XIII é bocado territorial moi apetecible para moitos intereses, cuxo valor chega aos nosos días, e se no século XII tivo o bispado de Oviedo o atranco dos interese do rei e non consegue facerse coas Terras de Ribadeo e de Miranda, volven a turrar e turrar unha e outra vez, sempre que atopan unha debilidade no goberno do Reino de Galicia. Hai varios preitos anuais desde primeiros do século XVI contra os intereses do comercio do sal que chega ao porto de Navia e cuxas alcabalas cobraba o Conde de Ribadeo.

    Turrar, turrar, turrar esa é a cuestión, ata que fan a falcatruada no século XVI, cando chega a ser VI Conde Ribadeo e II Conde de Salinas de Añana (Álava), Diego Gómez de Sarmiento e Villandrando, un personaxe que vende ao Principado de Asturias en 1551 en Medina del Campo (vamos, ao lado de Ribadeo!) as Terras de Ribadeo e as súas servidumes intre Eo-Navia por 8500 ducados. Esas terras eran do Reino de Galiza e non eran propiedade do conde, pero por aquelas datas o menosprezo sementado polos reis católicos cara a Galiza, que había que queimala e arrasala como fora, matar, aforcar e despanzurrar antes de morrer a todo individuo con asomo de fidalguía galega, era un momento moi axeitado para os intereses do Principado, que facía un século que existía e tiña gañas de chegar canto antes co territorio á Coruña (na Internet, mapas de Asturias cos marxes territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, hai uns cantos exemplos). Así se escribe a historia confeccionada da Hispania-españolista.

    A estratexia secular dos gobernos de Asturias por conseguir gobernar o Porto de Ribadeo nunca se perdeu, e volven turrar no ano 1958, aproveitando a ditadura franquista, xa que Franco estaba casado cunha asturiana e éralles fácil chegar a el, pois na “Corte de Oviedo” non o podían ver e parece ser que el quería granxearse o seu favor. Pois ben, neste ano 1958 a administración franquista fixo a delimitación interprovincial que lle deu a gana, trasladando a “liña de marcos” da ribeira asturiana ata o medio da Ría de Ribadeo, pasando polo arte de “birlibirloque” miles de hectáreas da provincia de Lugo, para a provincia de Oviedo, cando a marcación da Ría de Ribadeo foi sempre en ambas ribeiras do territorio do Reino de Galiza. Pero non cabe dúbida de que aqueles do goberno da provincia de Oviedo, foron falcatrueiros listos, e aqueles gobernadores da provincia de Lugo non movían un dedo por nada que puidese desacomodalos do posto onde tan ben vivían. Aquela trapallada franquista quedou tapada para os ribadenses, que non se decataron de nada, pois aquel agosto de 1958 foron inaugurados por Franco o Parador de Turismo e o Instituto Laboral “Carlos María Rodríguez de Valcarcel”, ambos establecementos moi desexados por todos os veciños de Ribadeo.

    Outra sibilina turrada, e non cabe dúbida que de “xente lista” que está a todo o que se menea, foi a denominación no ano 2011 do espazo da Biosfera “Oscos, Rio Eo e Terras de Burón” onde toda a toponimia das Terras de Ribadeo e de Miranda se asolagou dun plumazo. Que pasaba en Ribadeo no ano 2011? Había eleccións municipais. Levaban gobernando en coalición PSOE e BNG (2007-2011) e aquel ano gañou o BNG por maioría absoluta (2011-2015). Que lles pasou a estes dous partidos para permitir isto? Sinto moitísimo dicilo pero comentáronme que “non pensaban que tivera importancia pois non se nomeaba tampouco a Asturias”. Eu escribín denunciando esta barbaridade toponímica en dous artigos sobre a “Buronlandia” que se acababa de crear (tamén en La Comarca del Eo 1-outubro-2011 e 2-novembro-2011), pero igual deu, non entenderon o que leron, si é que os leron.

    Agora volve o goberno do Principado de Asturias a turrar co nome da Ría de Ribadeo, con saña por sacar un bo bocado, coma sempre. Por que agora?. Sen lugar a dúbida porque quere ter o control dos pécios e dos restos arqueolóxicos da Ría de Ribadeo para encher as vitrinas dos seus museos ata rebousar. Agora van a chegar fondos europeos para a recuperación económica de España, na inxente cantidade de diñeiro de 140 mil millóns de euros que serán repartidos entre as comunidades. Veredes como aparecerá a beata santurrona con pantalóns, que nos loubará o ben que o fai o PP no goberno da Xunta de Galiza e cuxo modelo debería ser extrapolable ao resto do Estado, pois hai que ver o ben reparte migallas de calderilla por Ribadeo.

    Seguro que sabe traballar mellor a cuestión monetaria o Principado que a Xunta, só hai que ver o impulso que lle deu aos Oscos, a Taramundi, etc. pero na Ría de Ribadeo non podemos deixarnos cabalgar por tamaños veciños que nos tocaron en sorte, pois o que cabalga ten dominio da cabalgadura, tena amestrada, domada, sometida, e non é o caso cos veciños de Ribadeo. Asturias aliouse con León, Castela ou Santander para destripar e esquecerse da Gallaecia ou Reino de Galiza de onde eran provincias e condados. Chegaran farfallando a onde queiran chegar, pero neste lado da Ría de Ribadeo nin somos primos nin irmáns deles, somos ribadenses, algo xenuíno que só se atopa na boa xente.

    O Porto de Ribadeo é nestes momentos gracias a “benevolencia” (ou incompetencia?) da Xunta de Galiza, o porto occidental de Asturias por excelencia. De aquí saen case 500 mil Tm. ó ano de pasta de papel cuxa papeleira da postos de traballo ós asturianos. Todos os montes da nosa comarca galega plantan eucaliptos para esa papeleira asturiana que tamén establece os prezos de compra, cuxo monto da escasamente para repoboar a maioría das pequenas fincas que están plantadas. Os camións que traen a pasta ó muelle de Ribadeo son de compañías asturianas conducidos por asturianos. Do porto de Ribadeo viven escasamente unha ducia de persoas galegas a día de hoxe, cando antes vivían máis da metade das familias da poboación de Ribadeo. A Capitanía Marítima estivo comandada desde a década de 1980 ata fai un ano, por un mariño mercante asturiano, incluso o Práctico do Porto de Ribadeo é asturiano. A Xunta reparte prebendas para que sigan vindo cargar a Ribadeo a pasta da empresa privada ENCE, e rebáixalles as taxas do porto para que estean contentos, en vez de sacar avante as infraestruturas necesarias para que o porto sexa rendible. Levantar ou peraltar a táboa da Ponte dos Santos ata os 45 ou 50 metros cunha ponte colgante ou atirantada pois hai que tirar as pilastras centrais que estorban ao tráfico e a manobra polo canal, dragar a ría ata os sete ou dez metros de calado cribando a area para salvar as pezas arqueolóxicas que aparecerán por centos ou miles a esa profundidade, desescombrar a obra incivil que desde 1980 os “enxeñeiros” de Camiños, Canales e Portos de mentalidade obtusa e faltos de toda práctica competente, foron incorporando a ría e transformaron un porto comercial nunha marisma para cullaretos de ras. Hai que limpar todo o escombro desa escollera e levar por diante todos os diques do porto deportivo e situalo na Vilavella para deixar diáfano o canal para o tráfico marítimo. Para que queremos os ribadenses nestas condicións o noso porto? Que se vaian, que carguen a pasta no porto “del Navia”, no de Castropol, no de Figueiras, no da Veiga, que a leven en trens ou en tractores a cargar a Avilés, ó Musel de Xixón. Non nos están ameazando constantemente con esa verborrea vergoñenta?. Pois que se vaian dunha puta vez da Ría de Ribadeo que con ese mediocre comercio marítimo teñen ós da Xunta de Obras de Portos da Galiza obnubilados e pasmados. En Portos de Galiza teñen que poñerse a traballar por Ribadeo e deixarse de alugar ao mellor postor o Faro da Illa Pancha ou deixar de percibir dereitos de amarre que autofinanciarían o dragado da ría e a súa rehabilitación. Que se poñan a traballar como fixeron os vascos na Ría de Bilbao que transformaron aquela porcallada de ría en un magnífico centro turístico de proxección internacional. Vaian por alí e aprendan algo ¡¡Viva Galiza Nación!! Érguete que te tan pisando!!

20210422

NOVIDADES SOBRE O ACCESO PÚBLICO A ILLA PANCHA. Nota de prensa Por Nuestro Faro

Aspecto actual do acceso á illa Pancha

NOVIDADES SOBRE O ACCESO PÚBLICO A ILLA PANCHA

Por Nuestro Faro

    Como xa temos informado ata a saciedade, o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de actividade para os apartamentos turísticos da illa Pancha o día 1 de decembro de 2017, despois de que a inspección técnica comprobase que naquela data, ás dúas da tarde a porta de acceso á Illa Pancha estaba aberta “de par en par”.

    Tamén temos publicado repetidamente que unha das condicións que poñía o concello era que o acceso público á toda a illa estivese garantido para os ribadenses e visitantes.

    Asemade lembraremos que nin a porta, nin a a ponte, nin os accesos aos apartamentos entraban dentro da concesión aprobada pola Autoridade Portuaria o día 30 de Xuño de 2015. A devandita concesión só incluía uns cincocentos metros cadrados a carón do antigo faro e pequenas parcelas colindantes. Ou sexa, non incluía os 4300 metros cadrados con vexetación da illa.

    Mesmo temos reproducido a publicidade da empresa concesionaria que anunciaba “toda la isla a disposición exclusiva” ou “una isla con acceso restringido”.

    Seguindo cos feitos comprobados, en xaneiro de 2019, despois de seis meses dándonos voltas no concello e tras recorrer á lei de Transparencia diante da Valedora de Pobo Galego, que obrigou ao concello a facilitarnos o acceso a esa documentación, puidemos consultar a parte do expediente que se refería á concesión da licenza de apertura e por primeira vez comprobamos, negro sobre branco, que unha condición básica para conceder esa licenza era que a porta estivese aberta ao público. Xa pasara mais de un ano, o concello tiña agochada esa información e a porta seguía pechada.

    Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o Sr. Alcalde non respondeu.

    O día 24 de xuño de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos mais significativos que avaliaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta seguía pechada.

    E houbo que agardar ao 3 de outubro de 2019, ou sexa 21 meses, para que o concello de Ribadeo notificase por escrito á empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao público a porta de acceso á Illa Pancha. En todo ese tempo o concello non moveu peza para defender os dereitos lexítimos dos veciños e estivo dando largas e apoiando o interese particular dunha empresa privada. E non só iso, ocultouse a información e todo seguiría no segredo dos papeis se non fose polas denuncias do noso colectivo. Folga suliñar que en abril de 2021, tres anos e catro meses despois de conceder a licenza a porta segue pechada.

    O motivo desta longa introdución é que nas últimas horas tivemos acceso a unha nova documentación, que non podemos publicar integramente por condicionantes legais, na que se constata que o concello está obrigado a tomar medidas eficaces para garantir aos veciños o libre exercicio do seu dereito a facer uso dos terreos non concesionados da Illa Pancha. Neste novo expediente, que por certo obra en poder do concello sen que o teña comunicado á opinión pública, aparece ¡19 veces!, negro sobre branco que a lexislación vixente esixe que o vecindario teña acceso libre a un espazo público e nós engadimos que o concello de Ribadeo non fai nada para beneficio e aproveitamento privado. En concreto trátase de un proceso xudicial, no que o noso grupo non tivo unha participación directa e do que non podemos dar mais datos polas limitacións anteditas, pero debemos informar de que temos o texto íntegro do mesmo, que solicitamos ao Xulgado nº 2 do Contencioso Administrativo de Lugo e recibimos no día de antonte e que confirma plenamente que a porta da Illa Pancha debe estar aberta ao público sin ningún tipo de restricións. Entendemos que o concello de Ribadeo ten a responsabilidade institucional e democrática de dar conta aos veciños de esta información por tratarse dun asunto público de interese xeral. E non se trata de compensar senón de cumprir a lei diante da veciñanza.

COLECTIVO POR NUESTRO FARO

Ribadeo 22 de Abril de 2021

Ribadeo natural: panorámica da ría dende Santa Cruz

 

   Non son moi partidario das composicións panorámicas, pero esta mañá, dende Santa Cruz, a ría estaba chamativa. Deixo a composición de arriba e un vídeo.


--

Outros de "Ribadeo natural"

20210421

Informando

 

   Só unha lembranza sobre o punto de información que o concello puxo hai uns anos na entrada ó parque, preto de Casa Arango agora en obras. Así era como rulaba onte, nun ciclo completo:

 


20210420

Se queres ser cidadán, paga por unha conta no banco.

Europersoa escrava

Se queres ser cidadán, paga por unha conta no banco

   Ata o de agora, chegaba con nacer nun lugar para ser cidadán del, ou, alternativamente, nacer de determinados pais para ter a mesma cidadanía que eles. Ata o de agora. E é que está a cambiar a cousa. E non estou nin sequera a falar da compra de cidadanía por inversión de unha determinada cantidade, que coido que a última vez que vin algo do tema, era unha inversión inmobiliaria de medio millón de euros, pero dá igual se a cifra é dobre ou metade. Estamos nun tempo de cambio onde levando por diante a revolución dixital como bandeira, unha determinada dixitalización, non a única posible, está a levarnos por diante a nós. Hai múltiples indicios e non tan só indicios nese sentido, mais pode que o máis alucinante -podes atopar outro adxectivo se che peta- sexa o aproveitamento dobre da dixitalización. 

   Explícome. Hoxe, vas a un banco e literalmente non te queren alí. Demasiado custe para as arcas bancarias, segundo parece. Queren os teus cartos, claro, ou mellor aínda, que consumas 'produtos' bancarios, sexan tarxetas ou préstamos, de xeito que te podan cobrar a máis de polo mantemento da conta, polo produto en cuestión. Pero é que actúan como se xa consideraran os cartos coma seus antes de que entres pola porta...

   Entón, vas e pensas cousas referidas ó banco e ás contas que poidas ter nel como 'non me fan falta', ou 'podo prescindir deles' e semellantes. Pero resulta que estás trabucado. Se non usas os seus produtos, entón cóbranche máis por manter unha conta. E se anulas as contas bancarias? Pois entón non podes nin pagar impostos nin recibir subvencións, aínda descontando que podas cobrar en man o salario correspondente e outra morea de cusas. Non é xa só que te podas sentir marxinado, senón que ou pagas ou te expulsan do sistema. Ou sexa, teñen os teus cartos secuestrados para sacarlle réditos: os inconvenientes, para ti, chega con que lle pagues as cotas que che pidan.

   Chegados a este punto, lembro unha vella coña que circulaba hai tempo e que vexo en parte materializada no que expoño. A cousa ía máis ou menos así, nunha conversa entre un labrego e un entendido no tema:

- E logo, cal é a diferencia entre o comunismo e o capitalismo?

- Pois... ti tes unha vaquiña que coidas, alimentas e che dá leite, non?

- Teño.

- Pois os comunistas quítanche a vaquiña.

- Ai, non! E os capitalistas?

- Os capitalistas déixanche a vaquiña para que manteñas.

- Ah! Ben.

- ... logo quítanche o leite.

   E mentres, entéraste pola prensa de que hai países que queren desfacerse dos cartos en papel: máis negocio para os bancos, máis posibilidade de control para o estado ou quen o controle. E lembras que os bancos públicos, é dicir, con vocación de servizo como obxectivo, desapareceron salvo para actuar como reguladores e imprimir moeda... aínda que sexa virtual!

   Nota final: outro día podemos falar dun tema lateral neste caso e central na economía actual, o que é o que son os cartos.

20210419

2021 Xacobeo. Pablo Mosquera

2021 Xacobeo

    Témonos esquecido. A pandemia ten a culpa. Malia a cada vez maior "carga" de medios informativos. O vello e inmortal Camiño desde Europa cara á Cidade Santa de Occidente, non se publicita, non merece a atención dos poderes públicos e privados. É coma se tocase substituílo polos esperpénticos realities nos que se entretén ao persoal inmobilizado nos sofás. Lograron cifras de consumo televisivo que varreu á cultura, témome, definitivamente. Pobre país e pobres xentes!.

    Polo menos onte e hoxe congratúlome. O Concello de Cervo aposta de xeito decidido por loitar contra o que en linguaxe moderna chaman feísmo. Unha Illa cun Castro Celta afectado por dous moles autorizadas e se Prisciliano nos axuda, demolidas mellor pronto que tarde. Unha urbanización no alto daquela "Galiñeira", hoxe Galdín, que ameazaba con impedir, definitivamente, a fermosa perspectiva dun porto case máxico, ao aproximarse desde Río Cobo á ría-porto das Reais Fábricas de Sargadelos e os seus orgullosos asteleiros. Ata poida que poidamos celebralo como cando se logrou recuperar A Praza dos Campos, hoxe santo e aceno de San Ciprián, que non San Cibrao. Coa oposición de quen querían substituír o colexio por un edificio, entre outras razóns por ignorar a historia do porto de abaixo.

    Pero a noticia que hoxe me inspira está co achado en O Vicedo desa lápida que insiste probatoriamente do paso pola costa ao norte do norte, do Camiño a Compostela, con cabaleiros da Orde Relixiosa Militar do século XII que protexía aos peregrinos. Para os que o presbítero Andrés Varela fundou, do seu patrimonio, o Hospital con capela de San Andrés, nas Figueiras alá polo século XVII. Sobre o que se pronuncia a Xunta Provincial da Beneficencia de Lugo en escrito do 14 decembro 1899, que traslada, o devandito polo Ministro da Gobernación con data 6 do mesmo mes, ao resolver o expediente que instruíu a referida Xunta e dando lugar a unha Real Orde que recolle os antecedentes fundacionais, e que esgotados os bens da herdanza fundacional para o seu mantemento e outras obras sociais, comunica ao descendiente Andrés Losada de Lorenzana, ao Concello de Cervo e Pedro Paz ou os seus herdeiros que será a Xunta antes dita quen se faga cargo do referido hospital. En decembro de 1908, o Gobernador Civil da Provincia de Lugo, diríxese por carta ao Alcalde de Cervo, Ramón Cociña Domínguez, para comunicarlle que téndose creado o 9 de novembro baixo a súa presidencia a Comisión encargada en promover e fomentar a Exposición Rexional Galega con motivo do Ano Santo Compostelán, faga xestións para solicitar "canto haxa de antigo como recordo glorioso do pasado".

    Curiosamente, ese mesmo ano de 1908, a Sociedade "O Sitio" de Bilbao -onde pronunciei dúas conferencias na miña estancia e como Parlamentario Vasco- a través do Goberno Civil de Lugo fai chegar ao Concello de Cervo, os actos solidarios que organiza como consecuencia da galerna do 12 de xullo no Cantábrico, solicitando unha lista nominal dos náufragos dos Concellos Cantábricos galegos, e así facer chegar ás súas familias as axudas logradas por tal Sociedade Cultural.

    Non está de máis, con noticias desta natureza, recordar este Xacobeo afectado pola pandemia; pero tanto ou máis importantes que a "anguria" en determinados sectores, para a recuperación de festas e concertos multitudinarios. Amén.

Pablo Mosquera

20210418

Solucións urxentes para tempos urxentes?

   Remato de ver o vídeo da ONU con ese título, sen o interrogante (https://www.youtube.com/watch?v=xVWHuJOmaEk). Vícheo? Se non foi así, aquí en baixo o tes.

   O caso é que sempre tiven a idea de que as solucións urxentes -é dicir, as dadas con urxencia- só poden ser provisionais, ata ter unha visión xeral abondo como para aquilatar solucións definitivas, que poden ser as provisionais máis perfiladas. E tempos urxentes pódese dicir que son todos. E cada vez máis, a medida que pasa a vida. Evidentemente, non nos podemos encher de anguria por iso, pois non sería bó para as decisións, para as solucións, pero quen estaría contra o solucionar os problemas -os problemas dos tempos- xa?

   Os tempos poden ser urxentes, mais as solucións non deben selo, a conta que crear máis problemas que necesiten novas solucións.

   En fin, aqui queda o vídeo, en certo xeito, necesario, nestes definidos como tempos urxentes. Mais, no sentido no que remato de indicar, sería bó un pouco de reflexión persoal antes de encaralo: para ti os tempos pódense cualificar como urxentes? Si? Non? Por que? Cres que as solucións deben ser urxentes no sentido de inmediatez temporal do paquete de solucións, que hai que poñer tódalas solucións en marcha dunha tacada? Pódese facer? E urxentes no sentido de que hai que comezar xa, aínda que se saiba da súa provisionalidade? Urxentes para ti ou para a sociedade da que formas parte?

 



20210417

Ría de Ribadeo. A nota de prensa do concello

    Despois de comprobar que nestes momentos e dende onte non se pode acceder ós documentos anexos á nota de prensa do concello do 15 de abril, déixoa a continuación e engado os documentos que me pasaron do concello.

"


LEVA O NOME DA POBOACIÓN HISTÓRICA MÁIS IMPORTANTE

Ría de Ribadeo

15/04/2021

O Concello ven de dirixir escritos ao Instituto Geográfico Nacional, á Consellería de Cultura, á Real Academia Galega e á Subdelegación do Goberno en Lugo para coñecer as pretensións do Principado de Asturias co topónimo oficial da Ría de Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que "a ría de Ribadeo é un ben común de asturianos e galegos, que debe unirnos en lugar de afastarnos".

Suárez Barcia dixo que "sen ter coñecemento directo neste asunto, e tomando con cautela todo o expresado por parte da prensa, remitimos solicitudes ao Instituto Geográfico Nacional co fin de coñecer as pretensións exactas do Principado de Asturias nesta cuestión así como o fundamento no que as basea. Tamén diriximos escritos á Consellería de Cultura, á Real Academia Galega e á subdelegada do Goberno en Lugo".

O alcalde de Ribadeo sinalou que "non entendemos a necesidade de reabrir este debate nestes momentos, máis cando o Instituto Geográfico Nacional xa o deixou moi claro no seu informe do ano 2008. É dicir, a ría de Ribadeo é un ben común, tanto de asturianos como de galegos, non é máis dunha beira que da outra, e debe unirnos en lugar de afastarnos, pero vémonos na obriga de defender novamente a oficialidade do topónimo da Ría de Ribadeo como único válido por todas as razóns que a historia desde séculos atrás avalan e que todas as rías en Galicia, en Asturias e no Cantábrico levan o nome da poboación histórica máis importante".

Fernando Suárez manifestou que "non é ría do Verdugo senón ría de Vigo, non é ría do Landro senón ría de Viveiro, non é ría del Navia senón ría de Navia e non é ría del Sella senón ría de Ribadesella. Polo tanto, non é ría del Eo senón ría de Ribadeo".

O rexedor considera que "quen está a promover de novo este enfrontamento interesado debera promover máis a resolución dos problemas que hoxe ten a ría, como os altos niveis de coliformes provocados pola falta de saneamento integral especialmente pola banda asturiana".

"

Documentos:

Solicitude presentada ante a Subdelegacion do Goberno (pdf, 1,04 mb)





(as copias das imaxes 3 e 4 anteriores repítense nos documentos seguintes, pero non se volven reproducir aquí)

Solicitude presentada ante a RAG (pdf, 1,05 mb)




Solicitude presentada ante a Conselleria de Educacion e Cultura (pdf, 1,05 mb)




 


Solicitude presentada ante Politica Linguistica (pdf, 1,05 mb)




Solicitude presentada ante o IGN (pdf, 978,39 kb)




SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO . Evaristo Lombardero

 

A ría, no OpenStreetMap

SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO

    Estes dias estase falando outra vez do nome da Ria de Ribadeo. Estou agardando recibir o informe que a D.G. de Política LLingüistica do Principado de Asturias remitiu á DG do Instituto Geográfico Nacional para coñecer exactamente a sua proposta e cecais escribir algo.

    Namentras quixera lembrar que a Ría de Ribadeo debera contar con un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais se se cumplise a Ley 4/89 de "Protección de los Espacios Naturales y de la Fauna y Flora Silvestre" e a declaración de Zona ZEPA o 23 de Novembro do mesmo ano. A Lei 4/89 foi derogada posteriormente, pero hai outras normas que esixen un Plan de Protección da Ría de Ribadeo, mesmo a nivel europeo e que siguen sen cumplirse como son os mínims requisitos que se estableceron para a Rede Natura 2000 e como é ben sabido, no caso da Illa Pancha o Concello de Ribadeo autorizou uns apartamentos e unha cafetería sen que se fixese o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o art 7.2 da Lei 21/2013 de Evaluación Ambiental. Tamén é amplamente coñecido que o Defensor del Pueblo emitiu seis informes esixindo o devandito Estudo Simplificado que o concello de Ribadeo non quixo aceptar.

    Na historia da protección da Ría de Ribadeo poderíamos suliñar que nos 31 anos trascurridos dende que a lei esixe que debe dispoñer de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais o PSOE gobernou en Asturias durante 26, o PP 4 e Foro 1. En Galicia gobernou o PP durante 24 anos e o PSOE en duas coalicións os sete restantes. No concello de Ribadeo o goberno foi do BNG uns 20 anos, oito do PP e catro da coalición PSOE-BNG. Ao longo de estes anos, nengún dos gobernos devanditos nen dos partidos da oposición prantexou o cumprimento da obriga legal de iniciar o estudo de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e polo tanto a ría segue sofrindo un deterioro ambiental progresivo e vanse perdendo oportunidades, en primeiro lugar de conquerir o coñecemento imprescindible para correxir as eivas detectables e en segundo lugar para aplicar normas eficaces na mesma dirección. Tampouco nos concellos de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres e Trabada, pesie ao enorme despoboamento e decrecemento que veñen sofrindo nestes 30 aos ten xurdido nengunha voz, nen nos gobernos nen nas oposición que quixese levar a protección da ría a algún pleno e de aquí á respectiva comunidade autónoma e ao gobernó central.

    Compre lembrar que un PORNA non é un so unha disculpa para contar os páxaros e pasar o tempo como siguen pensando algúns. O PORNA é un traballo de longo percorrido para estudar todolos factores que inciden nun espazo como é a Ría de Ribadeo, incluíndo os elementos biolóxicos, a sedimentación, as correntes, a contaminación, o impacto das obras, os verquidos etc. Finalmente o PORNA é, ou pode ser, un recurso chave para coñecer porqué se acabaron os longueirós, os berberechos, as anguias, as lampreas etc. e polo tanto un medio de desenvolvemento económico e recuperación de recursos propios e naturais que sigue estando ahí e non somos quen de aproveitar porque botamos o tempo facéndonos fotitas asubiándolle ao nordés.

    Pero tamén podemos seguir así, tan contentos de ternos coñecido.

    Evaristo Lombardero Rico

    Abril 2021

Quen é quen no IESCHA

   O pasado xoves 25 de marzo tiveron lugar na Casa da Cultura de Vilalba as asembleas ordinaria e extraordinaria do Instituto de Estudos Chairegos, marcando unha certa volta a normalidade do funcionamento social nesta época de pandemia. Un dos puntos que se tratou foi a renovación da directiva.

   O IEsCha en desenvolvendo unha actividade importante para toda a Terra Cha, recuperando e creando cultura,polo que creo que é mportante saber quen son os veciños e veciñas que o levan adiante, coñecelos e poder aproveitar (nos e se) mutuamente dunha entidade que nestes momentos non ten par en moitos lugares da nosa xeografía. Así deixo algunha liña biográfica algún dos compoñentes, centrándome nos últimos da lista, os que non teñen participado en directivas anteriores do IESCHA, máis novo e menos coñecidos.

   A directiva actual está composta por:

   PRESIDENTA

- Mª Luisa Barreiro Mejuto

Foi directora da escola de educación infantil. Renova no cargo. 

   VICEPRESIDENTA

- Sabela Figueira Tenreiro 

Profesora do IES Basanta Silva, ten publicado, entre abondas outras obras, 'Os espazos da memoria'. Participou na anterior directiva.

   SECRETARIO

- Arturo Gómez Mato 

Mestre do CEIP Insua Bermúdez, cantor na polifónica, maquetista da asociación... Participou na anterior directiva.

   VICESECRETARIO

- Xosé M. Felpeto Enríquez 

Profesor en diversos centros, niveis e materias, ten sido asemade vicedirector e director. Con anterioridade, foi presidente do IESCHA. Escritor, ten varios galardóns literarios. Ver a súa biografía en 'Galegos'. Participou na anterior directiva.

   TESOUREIRO

- Constantino Alvite Muinelo 

Participu na anterior directiva. Director do CEIP Antonio Insua Bermúdez

   VOGAIS

- Manuel Castro Santamariña 

Profesor no CEIP Mato Vizoso, ten sido presidente do IESCHA, participando na anterior directiva. No 2013 publicou 'Cancioneiro das Terras de Aranga'. Ver a súa biografía en 'Galegos'.

- Manuel Roca Cendán 

Catedrático de ensino medio, impartindo tamén docencia na universidade, é especialista en Lois Peña Novo, tendo publicado 'Pensamento político e económico de Lois Peña Novo' e coeditando as súas obras completas. Participou na anterior directiva. Ver a súa biografía en 'Galegos'.

- Jesús Trastoy Saavedra 

Artista, pintor. Participou na anterior directiva.

- Alfonso Baamonde Fernández 

Empresario. Participou na anterior directiva.

- José Gómez de Bernardo 

Escultor, 'Pepón Canteiro'. Ten traballado na catedral de Santiago e creado multitude de esculturas, parte delas para o entorno de Vilalba.

- Rebeca Leal Eimil 

Ten participado en publicacións colectivas con estudos como 'El origen anatolio del dios Apolo' ou 'Estrategias de expresión de la modalidad en la Bhagavad-Gita. Estudio comparativo'. Este curso é xefa de estudos nun centro educativo de Santiago, no que leva impartindo clase varios anos.

- Iria Currás Gato

Lic. en Historia da Arte, ten publicado 'Representaciones de las identidades trans en el cine español de la Transición' e seguido un Master en Teoría e crítica da Cultura e outro en Xestión da documentación.

20210416

HOY PUEDE SER UN GRAN DÍA. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

La belleza de la primavera no nos la puede quitar nadie.

   HOY PUEDE SER UN GRAN DÍA

    16 de abril de 2021

    Descartadas, es una forma simplificada de hablar, por agotamiento histórico, las grandes ideologías liberadoras del siglo XX, especialmente el socialismo y el anticolonialismo, nos hemos quedado en pleno siglo XXI con dos corrientes principales de la gran política: el populismo, en sus distintas versiones, que apuesta por la construcción de nuevas mayorías más allá de las clases sociales y el liberalismo de vía estrecha que solo pretende mantener el equilibrio de lo que ya existe y el orden predeterminado de las cosas, si acaso con mayor o menor oferta de cambios o de adaptaciones en virtud de cada coyuntura.

Para ello ambas fuerzas nos quieren someter a la creencia mágica de que la política puede conseguir cualquier cosa o en sentido contrario que nada se puede cambiar. Ambas estrategias conducen a lo mismo: la desvinculación de la política, la desaparición de la política como ejercicio democrático de solución de crisis o de impulso transformador.

    Entre Trump, último mago de la ideología del todo puede ser alterado si el pueblo me sigue, y los políticos pesimistas que se limitan a controlar el orden público como última y única razón del poder, de esa estirpe hay varios en el mundo aunque el más llamativo es el presidente de Filipinas, hay un gradiente de posibilidades enormes representadas por la creciente fuerza e influencia del marketing político y electoral potenciado por la inteligencia artificial, el Big Data y las redes sociales virtuales. Otra cosa es la capacidad de esas fórmulas de presentación y de discurso de atraer a los ciudadanos y convertirlos en votantes disciplinados. Trump ha sido el caso más formidable de ejercicio radical de la magia populista. Sus seguidores, hasta el mismo momento de la derrota, parecen haber sido abducidos por un clima de fervor que la humanidad no recordaba desde tiempos medievales. Una parte de la ciudadanía necesita establecer asideros, puntos de referencia, que les otorguen la seguridad que no encuentran en una sociedad en crisis. El liderazgo se entiende religiosamente.

    Mientras tanto las preocupaciones de los ciudadanos van por el lado particular de cada cual, los debates políticos se nutren de enfrentamientos muchas veces gratuitos y extemporáneos. Por eso nacen constantemente pleitos y conflictos con una carga de agresividad brutal que tensionan incluso el orden constitucional. Lo hemos visto de una manera clarísima en los últimos compases del gobierno Trump. Se ha estado a punto de forzar enfrentamientos civiles armados y rupturas de la paz civil. Afortunadamente las bases de una larga tradición democrática de poderes y contrapoderes y la fuerza de una opinión pública sana han conseguido evitar lo peor. Pero nos ha quedado a muchos la idea de que en algún momento el estallido está servido. Bien por ruptura del orden constitucional interior o bien por la emergencia de crisis excepcionales de naturaleza internacional, ecológicas o sanitarias.

    Las agendas de los grandes partidos se separan del "metro cuadrado de la vida ciudadana" como el politólogo español Antonio Gutiérrez-Rubí ha definido con exactitud. Pocos son los que apuestan por incluir la oferta y la acción política en ese metro cuadrado de la ciudadanía aunque hay fuerzas que se empiezan a plantear crear nuevas fórmulas políticas en el marco de lo que algunos teóricos llaman la biopolítica. De ahí el crecimiento de las apuestas ecologistas, de las candidaturas ciudadanas, de las ofertas hiperlocales. Mientras llega el momento nos tocará asistir al espectáculo de broncas diarias sin sentido, al invento de confrontaciones artificiales o a la introducción en la agenda de los medios de comunicación de debates estériles. Las famosas batallas culturales. Ya que no podemos alterar el curso de las cosas importantes limitémonos a cambiar aspectos folklóricos, a inventar debates absurdos. El caso más llamativo es el eslogan de moda de la derecha madrileña: comunismo o libertad. Pero hay muchos más que en asociación con dinámicas de comunicación fraudulentas consiguen crear una atmósfera de enfrentamiento civil y de caos en la convivencia.

    No sabemos en qué medida la epidemia del coronavirus puede alterar la mecánica de fuerzas en la que estamos instalados. El caso de la señora Merkel es muy preocupante. De ser reconocida como una líder capaz de crear consenso social y político a convertirse en un peso muerto por su incapacidad de generar unidad en el esquema federal alemán de gobierno de la crisis de la pandemia.

    Es posible que asistamos a un fortalecimiento del poder de los estados y de la coordinación multilateral entre ellos. Pero también cabe lo primero sin lo segundo y lo que nos traiga este mundo post pandemia sea una nueva era de competitividad y enfrentamiento internacional. La ciencia, el método científico, es usufructuado por los poderes políticos y así es imposible que la gente pueda discriminar qué peso tiene la evidencia científica en la determinación de esta o aquella política. Lo estamos viendo en el baile constante de paradas y arrancadas de los planes de vacunación. En la determinación de las políticas económicas o sociales, etc. Para cada propuesta en positivo siempre nace una contrapropuesta en clave "me opongo". El todo vale se ha instalado en la gestión política cotidiana. En el fondo el "todo vale" es el reconocimiento de las incapacidades del sistema. Es la respuesta histórica a una civilización que tanto ha confiado en la técnica y en el gobierno de los técnicos, en la tecnocracia.

    En España todo esto se plasma de una manera específica, aunque no vayamos a creer que con mayor virulencia que en otros países. Viviendo desde dentro nuestra propia pesadilla tenemos tendencia a pensar que aquí lo llevamos peor. Pero no es cierto. Nos gusta mucho a los españoles machacar siempre sobre nuestros demonios familiares. La supuesta brutalidad política, la tradicional desidia o estulticia de nuestros gobernantes, el conocido sesgo político de nuestros periodistas y tantas otras exageraciones.

    Las cifras sanitarias acumuladas de casi todos los países de nuestra órbita cultural o política se van pareciendo unas a otras. La desgracia económica tiene más que ver con la existencia previa de fortalezas o debilidades características de cada país. Y el ánimo de las poblaciones pues lo mismo. Estamos cansados en todas partes y pasamos del miedo a la euforia a través de todos los estados intermedios habituales. Saldremos de esta y nos meteremos en otras.

    Hay que seguir con el mejor ánimo. Cada semana serán más los vacunados. Se irán abriendo nuevas esperanzas. En algún momento te tocará recibir el pinchazo salvador.

    Hoy puede ser un gran día.

    Besos para todas.

    Ángel