Este que vén é un fin de semana longo. Venerar ós mortos amplia este fin de semana post DANA que deixa ben máis de media centea debido á variación climática. E, se ben é certo que é menos da cantidade de xente que morre a diario en España, tamén o é que a cantidade de xente que morre na Gaza ou no Líbano a raíz da guerra de exterminio. Cando menos, por iso ten sentido o seguir a celebrar a concentración semanal pola paz, todos os domingos en Ribadeo (12:30, Cantón) como volve lembrarnos o cartel de Suso que deixo en baixo.
Tamén en Ribadeo, este sábado 2 de novembro, ás 12:00 nas escaleiras do concello, terá lugar a concentración mensual dos primeiros sábados de mes que manteñen convocada os pensionistas, invitando a calquera a xuntarse na defensa do sistema público e igualitario de servizos, non só de pensións.
Onte foi a inauguración da nova exposición de pirogravados de Antonio Martínez ('Pimpelo'), neste caso, adicada a vistas diversas de Ribadeo. 46 pirogravados expostos na Vella Oficina de Turismo, realizados con medidas de encadre normalizadas dunhas vistas que nos son comúns.
En xeral, non teñen cor, pero hai algún que si. Preguntado ó respecto, o autor indicou que consideraba que algún necesitaba a cor, por ser visto con normalidade así; e doutro xeito, perdían vitalidade en relación ó real. Para entendérmonos, están nesa situación o pirogravado dos Cocos ou o da figura do Marqués de Sargadelos.
Outra figura a cor é a do escudo de Ribadeo. Cunha característica: feita antes da aprobación do novo escudo, cunha estrela que terá oito puntas (outro día podemos falar diso, da estrela e das puntas), a reprodución pirogravada está feita coa tradicional ata o de agora estrela de cinco puntas, como aparece en baixo na imaxe correspondente.
Os gravados foron realizados entre o pasado ano e o presente, e cada un supuxo non menos de vinte horas de execución, de duración abondo variable segundo diversos factores.
A inauguración congregou numeroso público, parte do cual aparecemos agrupados en torno ó autor na foto tomada por Marta Saiz. Nas fotos aparece tamén a ferramenta principal usada no traballo.
Así se titula (escrito separado) o documental recén estreado sobre a vida de Christopher Reeve, o actor que primeiro interpretou na grande pantalla a este superheroe, nado como banda deseñada en 1938. O seu punto de inflexión produciuse en 1995 cando unha caída de cabalo o deixou tetrapléxico. Estivo a un só centímetro ou de conservar a mobilidade ou da morte. O que é ter mala sorte! Cousas do azar, aprendera a cabalgar na rodaxe dunha adaptación televisiva de Anna Karenina e no seu último filme antes da caída interpretara a un policía paralítico. Pola contra, o seu estado físico non lle impediu dirixir dúas longametraxes. Finou en 2004, pouco meses antes de que o fixera a súa segunda esposa de cancro.
A súa filla Alexandra lembra (xunto con amigos da profesión como Robin Williams, Glen Close ou Susan Sarandon) a dura vida privada e profesional do seu pai, marcada polo divorcio dos seus proxenitores cando el era un rapaz e, xa de adulto, pola separación da súa primeira dona.
Antes da fama, interpretaba pequenas obras teatrais en Broadway. Crítico con certa superficialidade do mundo do cinema, dicía que “a fama era un tren que pasaba unha soa vez na vida, mais por enriba dun” e que Hollywood padecía de “seculite”, o andazo das secuelas. Activista ecoloxista e dos dereitos humanos, creou unha fundación adicada tamén ao coidado de doentes no seu mesmo estado.
En educación ou en votación, crise pola 'métrica'?
Ata hai pouco non sabía da chamada 'Lei de Goodhart'. Esta 'lei social' ven dicir que cando o superar unha métrica [no sentido dun indicador clave do rendemento, é dicir, indicador dos logros acadados por unha persoa ou grupo en relación a uns obxectivos prefixados] se converte nun obxectivo, deixa de ser unha boa métrica para o que fose definida. Ven ó caso na educación, por exemplo. Se o obxectivo dun curso remata sendo a superación dunhas probas determinadas, o resultado desas probas non terá un significado en relación coa formación do alumnado que segue ese curso, senón só en relación á preparación para as propias probas. Un caso práctico do que remato de dicir sería a selectividade. Se no segundo curso do bacharelato unha materia adica o seu tempo de clase a que o alumnado sexa capaz de superar a proba de selectividade correspondente a esa materia, poderase lograr que unha alta porcentaxe de alumnado pase a proba ou que a súa nota media sexa alta. Mais nese caso, o converter o pasar a proba en finalidade, fai que non sexa apta para dicir se a alumna ou alumno está formado na materia da proba. Ou sexa, esas probas pasan a ser literalmente iso: probas que dan acceso á universidade. E nada máis. En educación hai máis casos que se poden comentar, como as probas PISA, que inicialmente virían medir o rendemento do ensino medio, ou os diversos rankings universitarios, que tamén de xeito inicial virían medir a 'bondade' dunha universidade en relación ó conxunto.
O resume do anterior parágrafo pode ser que, se institucións e sociedade fan que o alumnado
se obsesione coa 'nota', o obxectivo dos discentes deixará de ser maximizar a aprendizaxe para pasar a ser o maximizar a súa nota, sen importar que para iso teñan que botar man de copieteo ou outros métodos.
A lei non é só de aplicación na educación. Nin moito menos. Pode ser unha porta de entrada ó rexeitamento da democracia sen outra alternativa: Se o resultado que queren os partidos é o maximizar o voto, dirixirán as súas accións a iso, e non a beneficiar á sociedade, á xente. De aí a diversos chanchullos hai un curto paso. E vense saltar as regras da democracia porque non se considera a uniformidade do voto ou mesmo o voto en si, que pasa a ser só un título para exercer o poder uns anos máis, independente do beneficio social dese poder. E pode ser por diversas circunstancias ou métodos, e non só polo uso partidario de sistemas electorais cunha lóxica como a distribución D'Hondt, os distritos electorais provinciais con diferente peso de cada voto ou as artimañas do 'Gerrymandering' nos EEUU para 'aproveitar os votos' dunha zona. Así, rematamos atopando que os votantes están (estamos) afondando no escepticismo sobre a saúde democrática dos estados, como ocorre nunha recente enquisa do N. Y. Times, que cuantifica na metade da poboación a que pensa que 'os políticos' (así, en xeral, sen facer distingos aínda que haxa diferencias) non fan un bo traballo representando a xente, e en tres de cada catro que pensan que é un desafío para a democracia.
Así, segundo a 'lei de Goodhart', a solución para curar a democracia, 'o menos malo dos sistemas de goberno', pasaría por fiar máis fino nos sistemas electorais. Algo que, cos enormes intereses en xogo, non é doado.
Hoxe fixen un novo podcast como presentación de Ribadeando. Cabe dicir que foi un experimento (polo momento, debo tomalo como unha experiencia máis) do uso de outra ferramenta de IA, o NotebookLM de Google, que permite facer un podcast en base a documentos que se lle suban á plataforma. A única opción que ten hoxe por hoxe é o inglés norteamericano, co que as dúas voces xeradas, unha de muller e outre de home, falan do blog en inglés. Déixoo aquí só a modo de curiosidade, aínda que tentarei integrar este tipo de podcasts no blog cara ó futuro, na presunción de que se ben aínda está só en inglés, chegará un momento no que tamén integre o galego, digamos que un pouco ó rebufo do que se lles pode escoitar ás voces é un 'fantástico blog' que tenta potenciar esta fermosa lingua que é o galego (algo diso tamén din). Polo de agora, queda esta peza falando de xeito xeral...
Un apunte rápido para lembrar que mañá volve ser domingo. Isto é, ás 12:30, nas escaleiras do concello de Ribadeo, reunirémonos para lembar que a paz hai que construíla, lembrala, coidala... e facer pola súa existencia.
Hai uns días, a través dunha noticia, cheguei ó 'Indicador multidimensional de calidade de vida', IMCV, construído polo Instituo Nacional de Estatística, INE. Nada moi diferente en datos do que podamos atopar noutros lugares. Mais neste caso, engádese unha curiosidade , o poder construír o noso propio índice, ponderando ó noso xeito os nove factores dos que dispón, ou mesmo, podemos quedarnso cun só. Deixo abaixo un exemplo, considerando só, e ao mesmo nivel, educación e sanidade, que podemos comparar co proposto polo INE (e que está sinalado polos puntos vermellos), pero podes experimentar calquera outra combinación.
Onte tivo lugar en Ribadeo unha das múltiples recollidas de sinaturas que se están a levar a cabo por toda Galicia para salvar un dos piares informativos que temos. Aquel que noutros tempos fixo brilar o Xabarín e con el, a esperanza. O mesmo medio que leva secuestrado xa tempo, en situación irregular de mando e coa manipulación como bandeira. 35 asociacións fixeron de promotoras e a iniciativa lexislativa popular botou a andar. Que eu saiba, polo momento non ten páxina propia para levar a cabo recollida de sinaturas de xeito telemático, polo que, se queres unirte, terás que asinar en papel, nun dos pregos de recollida de sinaturas que -supoño- pronto se distribuirán por toda Gaicia, a máis das mesas de recollida como a de onte de Ribadeo.
A falta doutro sistema, deixo en baixo o folleto explicativo en dous formatos para facilirtar a súa lectura en diferentes aparellos e a súa descarga.
Un equipo do Instituto de Salud
Carlos III (ISCIII) publicou dous novos estudos sobre a influencia
da contaminación atmosférica e o efecto das ondas de calor na
aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades e no aumento
derivado de certos ingresos hospitalarios. As investigacións,
lideradas dende a Unidade de Cambio Climático, Saúde e Medio Ambiente
Urbano da Escuela Nacional de Sanidad (ENS) do ISCIII, que codirixen os investigadores Julio Díaz e Cristina Linares, publicáronse na
revista Science of the Total Environment.
A contaminación, en especial a do aire, provoca cada ano non menos
de 60 000 ingresos nos hospitais españois, en moitos casos de
pacientes con patoloxías e cadros clínicos de gravidade. É a alerta
que esta semana lanzou ós responsables sanitarios nacionais e
autonómicos Julio Díaz, un dos maiores expertos españois e internacionais nos danos
ocasionados á saúde polos tóxicos ambientais. Este científico
usou unha das sesións do congreso que celebra a Sociedad
Española de Calidade Asistencial (SECA) para avisar ós responsables
políticos de que non lle están a prestar nin abonda atención nin os
medios adecuados á enorme ameaza para a saúde que é a
contaminación.
Dr. Cristóbal Belda Iniesta. Director do Instituto de Saúde Carlos III
(ISCIII):
"La biomonitorización humana (BMH) como herramienta para
determinar la exposición a sustancias químicas y sus consecuencias sobre
la salud, tanto en entornos experimentales como de vigilancia activa,
es una prioridad científica del ISCIII, especialmente representada en
términos experimentales y tecnológicos por el Centro Nacional de Sanidad
Ambiental, que como centro de investigación del ISCIII, reúne las
condiciones científicas y tecnológicas más adecuadas para determinar la
exposición a sustancias químicas en el individuo, de forma integrada y,
sobre todo, con una perspectiva estatal. Realización de estudios de vigilancia como instrumento clave para
generar información sobre niveles de exposición y como herramienta para
la toma de decisiones. La publicación de este estudio de exposición a
sustancias químicas en población adulta española y agradecemos al ISCIII
sus esfuerzos para ponerlo a disposición del público. El estudio
constituye, sin duda, uno de los estudios más completos realizados en
nuestro país de interpretación de concentración en la población española
de sustancias químicas de extenso uso que se añaden a una amplia
variedad de productos de consumo (plásticos, espumas, construcción,
equipamientos electrónicos, ropa, muebles) y con presencia en alimentos.
La integración de los condicionantes ambientales es clave en la
definición de políticas públicas y en la toma de decisiones en
diferentes sectores, destacando el de la Salud. Entendemos que la
vigilancia en humanos de los impactos de la exposición a dichas
sustancias constituye una herramienta necesaria para habilitar la
adopción de medidas de gestión del riesgo de exposición de la población
general a las sustancias químicas."
Participaron na nosa provincia de Lugo: Jesús Núñez Calvo, Gelasio
Rodríguez Rodríguez, Ignacio José Cacharrón Prieto. Laboratorio:
Laboratorios BIOMIG: Ester Varela e Miguel González.
A Xunta comproba se Alcoa amplou sen autorización a balsa de lodos.
O Goberno autonómico fixo unha inspección e solicitou documentación á multinacional ó respeto.
Todo o que antecede é información actualizada relativa á relación
de vertidos industriais de ALCOA e risco para a saúde na poboación
da área sobre a que inflúe o proceso industrial contaminante da
factoría aluminera.
Ate o de agora decanteime polo risco físico e químico que comporta a BALSA CON LODOS VERMELLOS e esa información que traduce que puidéronse ampliar as súas capacidades para dar acubillo a lodos sen permiso oficial da
XUNTA DE GALICIA; a constante reivindicación para que se amplíe a antedita
"bomba fisicoquímica", a clandestina e nouturna evacuación de lodos
a outros vertedoiros. Sobre o particular o comité de empresa ni n
está nin se lle espera, mesmo pode chegar a colisionar cos
movementos ecoloxistas que sinalan o que está a pasar.
É verdade que o Instituto Carlos III realiza estudos sobre a
contaminación atmosférica e dispón do mapa de tal estado por
comunidades e vertidos como son FLÚOR e CADMIO, sen dúbida os máis
perigosos no caso ALCOA.
É verdade que os últimos tempos, teño podido comprobar, o mesmo que outros
compañeiros na zona de Morás-Lago, vertidos ás mareas, mesmo coa recén presenza de técnico na praia da Caosa, que
representando á Xunta, tomaba mostras da augua mariña en pleno
vertido. É verdade que volvemos á típica situación laboral e sindical.
Contencioso entre representantes dos traballadores que temen estar
sendo enganados pola patronal e poderes públicos ós que resulta
"gratuíto" opinar sobre las ventajas que ten calquera operación
financieira que se faga con ALCOA e GARANTE A SÚA CONTINUIDADE. Por certo,
moi ocurrentes, os que pediron unha xuntanza co Presidente do
Goberno para tratar do problema... supoño que o ilustre patricio faralles caso e entre a súa axenda plena de envites xudiciais fará un espazo
a esta cuestión sita nun lugar ó norte do norte que limita con
Inglaterra mar por medio. Amén.
Como é preciso facer algo máis que protestar por este conduto, sigoa propor.
1. Instar á Valedora do Pobo de Galicia a visitarnos e sobre o terreo
comprobar e escoitar o que pasa en materia de contaminación.
2. Crear foros para publicitar o que pasa e como se denuncia por
parte das agrupacións ou asociacións ecoloxistas a vulneración do
DEREITO CIDADÁN
3. Crear ambiente dende as comunidades educativas para que cada cidadán sexa un axente medio ambiental.
4. Pedir a presencia de expertos do Instituto Carlos III para que veñan a un foro de información e debate sobre a situación e riscos
obxectivos na comarca.
Como foi anunciado, o sábado á tardiña foi presentado o libro 'Galicia y la Masonería en el siglo XIX'. Deixo unha foto do salón antes do comezo do acto, o resume e o vídeo do mesmo (falta un pouco do final), así como a ligazón á web do libro e ós datos do autor:
Vista do salón de alcaldes antes de comezar o acto.
La masonería contemplada y analizada por medio de la escrutadora y
objetiva mirada de un investigador ajeno completamente a ella, como es
el caso del profesor Valín, resulta algo así como una curiosa y,
paradójicamente, atractiva forma de sociabilidad pluridimensional ―como,
en realidad, lo ha sido, siempre, para mucha gente y a lo largo de los
tres últimos siglos―, dado que encierra en sí misma toda una serie de
categorías que la pueden definir, de una manera sencilla, como una
optimista asociación, con una originaria e infantilmente cándida pulsión
fraternalista cien por cien masculina, de profundamente
comprometida y juramentada carga mutual, de reglamentada práctica de
democracia interna, con una declarada ambición por ser pedagógica, familiar,
tolerante, socialmente cohesionadora y en cuestiones de religión
sincréticamente deísta y con un teórico corpus discursivo entre
filosófico y cosmogónico explicado por medio de la gradual aprehensión
de una suerte de gnóstico conocimiento que va a utilizar, con el fin
entre otros de unir para siempre a sus miembros entre sí, los típicos
ritos de paso, por medio de secretas, psicodramáticas e íntimas
ceremonias preñadas de alegorías y crípticos símbolos, y que llega a
interiorizarse en la vida del iniciado, acompañándolo y socializándolo a
lo largo de toda su existencia como una suerte de reconfortante,
protectora y civilizadora “religión de sustitución”. Puede
decirse que esta discreta sociedad fue la primera religión secular o
moderna de la historia, adelantándose e influyendo en otras tan
conocidas como el liberalismo, el anarquismo y el socialismo, porque,
desde su nacimiento en 1717, puede entenderse como la legítima hija
primogénita del fenómeno ideológico conocido por “El Siglo de las
Luces”. Representando desde entonces para la historia de la humanidad el
papel de ser un importante fenómeno social “interclasista” con la
utópica pretensión, claramente política, de mejorar progresivamente al
mundo por medio de su pacífico, reformista, complaciente y
místico apostolado; actuando como una especie de transgresora, elitista y
reservada “colmena” internacional de cosmopolitas y cultos influencers
creadores de un determinado y subversivo estado de opinión,
desenvolviéndose, de una forma demoledoramente desestabilizadora para el
rígido sistema del Antiguo Régimen, entre aquellas primitivas, aunque
nada reducidas, redes sociales de la “elegante” gente formada, curiosa,
abierta y, por ello, heterodoxa en cuestiones de índole política,
filosófica y, obviamente, religiosa.
Con Galicia y la masonería en el siglo XIX, tanto el lector
aficionado por estos “escondidos”, esotéricos y atractivos temas como el
investigador académicamente profesional se van a encontrar,
sorprendentemente, con un ameno libro de fácil lectura que les
desvelará, además de cómo se desenvolvió y, en realidad, se desenvuelve
la intrahistoria de esta “silenciosa” y oculta sociabilidad, todo un
conjunto de trascendentales precedentes históricos de capital y profunda
importancia para la historia universal y, obviamente, para la nacional,
partiendo, desconcertadamente, del ejemplo ofrecido por un país
geográfico tan esquinado como poco extenso como es Galicia. Todo un
elocuente acervo de demostrativos precedentes indicadores universales de
amplísima trascendencia como, por ejemplo: la utilización política y
revolucionaria, demostrada por primera vez, documentalmente, en la
historiografía universal, de dos logias, curiosamente gallegas, al
“trabajar” estas como auténticos “partidos de vanguardia” conspirando y
haciendo triunfar, gracias a su bien llevado complot clandestino, la
insurrección armada de 1820 contra el cruel régimen de Fernando VII,
ofreciéndole entonces al mundo un paradigma de cómo llevar a cabo,
victoriosamente, una nueva técnica de golpe de Estado para subvertir
aquel estatus internacional salido del Congreso de Viena en 1814; la
internacionalmente adelantada experiencia de feminismo masónico llevada a
cabo por una logia ubicada en pleno y retrasado medio rural gallego que
se adelantó en varios años al hiramismo feminista universal de la
conocida Orden Masónica Mixta Internacional-Le Droit Humain fundada en
París en 1893; cómo desarrolló el masonismo gallego una directa,
incansable e implacable lucha laicista contra la dogmática, omnímoda y
excluyente cerrazón política y religiosa llevada a cabo por el
influyente poder de la Iglesia católica; cómo se incardinó esta sociedad
secreta en la conspiración del movimiento revolucionario federal
español con el arquetípico ejemplo de la insurrección armada de Ferrol
de octubre de 1872; cómo la masonería formó, por medio de su pedagógica
enseñanza integral, a las primeras bases del importante movimiento
obrero marxista de Galicia y, obviamente de España; y todo un larguísimo
etcétera de reveladoras consecuencias culturales, identitarias y
políticas.
Onte sábado tivo lugar a presentación da exposición "Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego". Emotivo, sentido, o público enchía a oficina de turismo para ollar esta exposición construída da man da Asociación Cultural Francisco Lanza. Despois da nota de prensa e dúas das fotos distribuídas pola A.C. Francisco Lanza, deixo fotos e vídeos de Mati, que non exclúen, por suposto, a visita á exposición, posible ata o día 3 de novembro.
Nun acto ben emotivo inauguramos hoxe a exposición fotográfica "Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego: memoria viva, galego vivo".
Moitas grazas a todas as amigas e amigos da nosa lingua por lle axudar na pescuda necesaria para identificar as familias das persoas lembradas nos nosos cemiterios con epitafios e referencias na nosa lingua.
Moitas grazas ás persoas que se achegaron esta mañá á Sala de Exposicións da Oficina de Turismo para lembrarmos entre todos e todas nós os nosos seres queridos que viven por sempre na nosa memoria... E que mantiveron viva a nosa lingua no seu día a día...
Ás persoas que agora as lembramos debemos ter presente, en momentos tan especiais, que se as tratamos en galego, tamén debemos lembralas en galego. Ogallá as funerarias vaian consolidando o hábito de ofrecer en galego os servizos funerarios.
Está exposición pódese ver desde este sábado 19 de outubro até o domingo 3 de novembro na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo en horario de apertura de ditas instalacións.
Adxunto nota de prensa do grupo municipal do BNG en Ribadeo. Trata sobre a ocultación de información, un fenómeno que dun tempo a esta parte produce acusacioóns contínuas entre partidos a diferentes niveis, se ben o certo é que en Ribadeo levábamos uns cantos anos sen moitas queixas que trascenderan nese sentido. Que quede claro a quen lea que é unha nota de prensa, non unha redacción do blog.
O BNG de
Ribadeo presentou esta mañá de venres un recurso de reposición no Concello
ante a ocultación reiterada de información por parte do goberno
municipal.
Que
ten que ocultar o goberno do PP para impedir o acceso a información
sobre o gasto do ano 2024? Está tan descontrolado?
Desde
o BNG de Ribadeo animamos á veciñanza a solicitar información
sobre este e outros asuntos no Concello.
Presentamos
este recurso de reposición ante o Concello e, se a situación
persiste, acudiremos á Valedora do Pobo e a xurisdición
contencioso-administrativa.
Na
mañá deste venres, o grupo municipal do BNG de Ribadeo co seu
voceiro, Pablo Vizoso á cabeza, presentou no concello un recurso de
reposición para que se recoñeza o acceso á información solicitada
sobre a conta de gasto do ano 2024 e se recoñeza, tamén, a
vulneración dos dereitos fundamentais que sufriu o concelleiro.
O
voceiro Pablo Vizoso declarou: “Esta semana o goberno municipal
pasou outra liña vermella e volveu denegar o acceso a información
sobre a conta de gasto do ano 2024. É a segunda vez, en pouco máis
de quince días, que o goberno municipal nos denega este acceso. Isto
non fai máis que aumentar o noso temor a atoparnos cun gasto
descontrolado como vimos denunciando nos último tempos. Non ten
sentido que nos deneguen esta información a non ser que teñan algo
que ocultar. Teñen algo que ocultar desde o goberno? Esa é a
pregunta que lle lanzamos ao goberno do PP e a propia sociedade
ribadense, á que animamos desde aquí a que acuda ao consistorio a
pedir tamén información sobre esta conta de gasto e outros
asuntos.”
Para
rematar, Vizoso engadiu: “Por toda esta ocultación de información
de xeito reiterado, hoxe presentamos ante o Concello este recurso de
reposición e anunciamos que acudiremos nos próximos días á
Valedora do Pobo e incluso a xurisdición contencioso-administrativa,
se esta situación persiste, para garantir o libre acceso a
información. Mal camiño tomaron desde o goberno municipal cando
pretenden ocultarnos información de xeito sistemático; algo moi
grave deben tratar de tapar.”
A nosa Valibria é inmortal aínda que ás veces está durmida. As súas rúas son unha sinfonía de edificios fortes ou templos que lembran a súa condición de capital ata 1833. As súas elegantes chemineas ou aqueles patios de entrada a casas fortes amosan un patrimonio histórico-artístico. Segue a ser a sede episcopal da Diócese Britoniense Dumiense. Un tratado de lendas. Unha reflexión para a lúa chea destes días de outubro en plena Feira das San Lucas. Cada vez que vou á miña capital -porque non me sinto lugués e si mindoniense- sempre visito o fermoso cemiterio vello para ir ás tumbas de Leiras Pulpeiro, do mestre Veiga, de Lence Santar, do Pallarego e sobre todo para ler un poema de Antón Noriega Varela á humilde morada de Álvaro Cunqueiro. É o Camelot do Reino da Choiva. A Santa Compaña de Merlín e familia. O descanso de Simbad. O espectáculo, só para almas sensibles, desas follas ocres que se desprenden na Alameda dos Remedios, e baixando pola rúa Obispo Sarmiento, á altura do pectoral de Ánimas, diante da confitería Val de Brea, polo son da Ronda e a Paula transfórmanse en finas láminas de ouro, que chegan ata a Catedral da Asunción e están bañadas na Fonte Vella. Dende o maxestoso edificio de Santa Catalina ata o barrio dos Muiños. Mirando aquela ponte onde o bispo Fadrique de Guzmán fixo o imposible para impedir que o seguro conduto real chegase a tempo de perdoar ao Mariscal e ao seu fillo, para converter o seu sangue en semente doutra lenda. A que, entre outras, comentamos na Taberna O Valeco. Nestes días e durante séculos coñeceranse e saudaranse feirais multirraciais e habitantes de parroquias ou lugares da nosa Galicia Cantábrica. Será fermoso ver cabalgar as nobres bestas cara ao seu descanso preto do espazo que contén o Plateresco do antigo hospital de peregrinos, os palcos para orquestras cuxo son se controla mediante mando a distancia e, por suposto, a sala dese polbo cuxo cheiro uns días gañará a partida ao do incenso. Oferta de artesáns. Madeira, vimbio, ferramentas agrícolas, roupa e vinilos vellos. Pero tamén pan, castañas, doces galegos, e sobre todo adoro a esa Raíña Xenebra das empanadas -Millo e xouba- para rematar cunha boa augardente onde mollar un anaco da torta cuxa fisiognomía é un recordo para o rosetón da Catedral con cabelo de anxo napolitano. Como cada outubro rompeuse o silencio. Mesmo amigos que foron seminaristas no pasado poden lembrar os seus paseos co breviario. Tamén podo ter un abrazo fraternal con antigos alumnos de Don Francisco. Podo sorprenderme coa alegría de recoñecer a Carlos Nuevo, Sito Otero Regal, Vicente Miguez, Chis Canoura, Eugenio Linares, Lino Rico, Jose Louzao, Marucho, Paco Grela... Sei que eles senten o mesmo ca min. Lembrar aos ausentes como o noso inesquecible Arcadio Mon. Sexamos felices por exercer a nosa cidadanía mindoniense, ou emocionármonos cando escoitamos as gaitas interpretar a Marcha do Antigo Reino.
Cosmetique de l'ennemi. Amélie Nothomb.
ISBN 9782253155034. Ed. Albin Michel. Livre de poche. Sant Andreu de la Barca 2011. 123
px. (fr.)
O exótico argumento vai abríndose camiño pouco a pouco dun xeito basto, informe e inconformista, que chega a golpear o entendemento e o gusto. Un comezo apelmazante vai deixando paso a un horizonte máis estreito pero tamén máis profundo que permite amainar o desacougamento na lectura. Mais, non é prato do meu gusto, a pesar de xiros e explosións de significado que vai deixando caer e que o fan máis dixerible.
Adxunto os datos da presentación dun novo libro, non na biblioteca, senón no salón dos alcaldes.
COMUNICADO DE PRENSA
PRESENTACIÓN ESTE SÁBADO NO PAZO MUNICIPAL DE RIBADEO DO LIBRO DO PROFESOR ALBERTO VALÍN: “GALICIA Y LA MASONERÍA EN EL SIGLO XIX”.
Este sábado 19 de setembro ás 19:00 horas no Salón dos Alcaldes do Pazo do Concello de Ribadeo, Alberto Valín, profesor da Universidade de Vigo, presentará coa compaña de coñecidos mariñáns, o exalcalde e cronista oficial de Ribadeo Eduardo. Gutiérrez Fernández, o xornalista Martín Fernández Vizoso, a historiadora e doutora en Historia da Arte Celia Castro Fernandez, e o editor de EOditorial Publicaciones Antonio Andina Penabad, o libro titulado Galicia e a masonería no século XIX.Conspiración liberal, laicismo, galeguismo rexionalista e protofeminismo.
Obra que, entre outras moitas cousas relevantes para a historia de España, así como para a de Galicia, representa un excelente exemplo de como foi a historia da masonería española desde os seus inicios ata a crise colonial de 1898. O descubrimento máis relevante desta obra foi a nova técnica de golpe de estado liberal que, en febreiro de 1820, e empregando a loxia masónica coruñesa como célula revolucionaria conspiradora, integrada por tres soldados da Mariña (dous de Viveiro, e outro de Ribadeo e, por certo , con familia con residencia este último no antigo pazo que hoxe serve de pazo municipal e onde se presentará este libro), dous asturianos e dous coruñeses, estes masóns conseguiron, coa revolución que provocaron, outorgar á historia de España a chegada do Trienio Constitucional (1820-1823), copiando esta nova técnica de golpe de estado do resto das burguesías subversivas de Europa e América do Sur.Despois deste acontecemento, este libro fálanos, por exemplo, das loitas laicistas, tanto no ámbito escolar como no ámbito político, levadas a cabo polos masóns galegos, a participación dentro da masonería dos primeiros masóns galegos como Losada Astray, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Moreno Barcia, etc.Ademais de amosar un exemplo ata agora descoñecido da masonería rural e a masonería galega tamén sendo a primeira, a nivel universal, en levar a cabo o feminismo masónico igualitario.
Captura de pantalla do sistema de recollida de voces do Proxecto Nós. Lic. CC BY SA 3.0 de Mozilla Foundation
Nós e ti
Non, o título non trata da antiga revista Nós, nin tampouco (aínda que algo si) do nós como conxunto galego, senón dun proxecto de promoción da intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, conxunto entre a Universidade de Compostela a través do CITIUS e a Xunta de Galicia co ILG, usando o sistema e repositorio commonvoice da Mozilla Foundation (os mantedores do navegador Firefox, entre outros programas libres de uso común).
O proxecto Nós remata de pasar por Ribadeo recollendo voces. Sons necesarios para que a IA fale galego, poda traducir, ler un texto ou escribir a ditado. Na rede pódese procurar unha morea de información sobre o que están a facer, dende o que é o proxecto (https://huggingface.co/proxectonos) ó repositorio de voces galegas recollidas ata o momento (https://commonvoice.mozilla.org/gl/datasets), pasando polos aínda nacentes programas experimentais de tradución (https://tradutor.nos.gal/traducir/index), recoñecemento da fala (https://asr.nos.gal/), sintetizador de voz (https://tts.nos.gal/) ou o sistema de recollida de voces (https://commonvoice.mozilla.org/gl/speak ou en https://doagalego.nos.gal/). Sistema este último no que te podes rexistrar e gravar dende unhas poucas frases a horas de lectura, e que se se usara abondo, evitaría ter que facer encontros como o mantido en Ribadeo para potenciar a necesaria recollida de voces.
Entendo que o proxecto solapa nalgures con outros existentes no país, como no caso da tradución co tradutor apertium (https://beta.apertium.org/index.glg.html#?dir=glg-eng&q=vuelapluma) que en Galicia levaba a Universidade de Vigo. Solapa a conto do xurdimento da IA, á que se lle supón que mellorará todos estes tipos de programas, unha vez feita a colleita de inxentes cantidades de datos diversos. De aí o novo proxecto e o paso da xente do Proxecto Nós por Ribadeo e outros lugares.
O proxecto é de beneficio xeral. Xa, dende agora mesmo, calquera pode usar libremente os datos que se van almacenando na Fundación Mozilla, e esa apertura e liberdade, na estela do software libre, está demostrado que é un puntal máis non só para o seu rendemento actual ou próximo, senón tamén para o seu medre futuro. Claro que que un proxecto sexa de software libre e con apoio institucional non implica que sempre vaia funcionar ben; esperemos que desta volta siga a liña maioritaria de proxectos deste tipo e produza bos rendementos sociais e económicos.
De xeito independente ó anterior, por outra banda, o incluír a propia voz nun proxecto común, a máis da creación e participación comunitaria, ten sempre algo de particular, de proxección propia cara ó futuro. Anímaste a participar?
De novo chega o domingo, de novo, un chamamento á concentración pola paz nas escaleiras do concello de Ribadeo. De novo, unha edición que pasará nuns días, en espera da próxima. Parece cansino, éo, mais, en espera da paz, continuará. O non ter a paz é máis cansino... e outras cousas.
A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición 'Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego'. Terá lugar na Oficina de Turismo de Ribadeo e no seu horario de apretura, dende o Sábado 19 de outubro ás 12 da mañá (acto de inauguración, con música e poesía) ate o domingo 3 de novembro.
A exposición contempla fotografías de lápidas en galego nos cemiterios do
concello de Ribadeo. Son arredor de 100 as lápidas que
empregan o galego, moitas delas con epitafios de todo tipo, desde
expresións de amor e lembranza a alusións ao carácter, profesión ou
vocación. Naturalmente, non se poden recoller todas, amosando só as que se considerou que tiñan un epitafio diferente ou algunha característica
especial.
Na Agrupación Cultural Francisco Lanza considérase que a
lingua dos mortos ten que ser a lingua do noso país, ou cando menos a
que a xente que alí mora falaba na súa vida. A lingua é unha parte
moi importante das persoas, consubstancial a elas, e tamén é un feito
colectivo. Por iso, do mesmo xeito que se fai en vida, tamén é de uso para sinalar o feito final da morte.
Deixo fotos tomadas por Mati e por min, dous audios, o primiero con as intervencións máis institucionais, e o segundo coas relacionadas coas familias, e un vídeo, da entrada dun dos restos no salón. Engado, ó final, o escaneado da tarxeta co QR que conduce ás fichas da ARMH de ambos, e remato co QR do recorrido das pedras da memoria de Ribadeo.