20201231

Nota de prensa con ledicia: vacina

   Hoxe mesmo, esta mañá, teño publicado o artigo "As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores". Con ledicia entérome dunha nova nota de prensa hoxe, que en nada varía ó publicado no artigo pero que cáusame ledicia ó tempo que vai na liña da esperanza: hoxe foi comezada a vacinación en Ribadeo, no centro de persoas maiores José Mª Rodríguez Díaz.

   Deixo a nota do concello coa noticia a continuación:

Foto vacina

BARCIA AGARDA QUE 2021 SEXA MELLOR QUE O ANO QUE REMATA

Vacina na residencia

31/12/2020

A vacina foi subministrada hoxe no centro de atención a persoas maiores de Ribadeo, xa que cumpría os criterios sanitarios de aplicación. O alcalde, Fernando Suárez, agradece o traballo do persoal das dúas residencias, así como o dos profesionais da sanidade e dos servizos sociais.

O rexedor dixo: "pois con moito sentimento agridoce despedimos este ano, que como din os vellos, vaia o demo con el!. No Hospital-Asilo entrou o bicho hai uns días e aínda con todo o esforzo que todas as partes están facendo, todos temos o corazón encollido agardando que todo remate o mellor posible".

Suárez Barcia sinalou que "por outra banda, hoxe na outra residencia que temos, estivéronse poñendo as vacinas, xa que se cumprían os criterios sanitarios de aplicación".

O alcalde engadiu: "remato estas verbas, lembrándome de todos e cada un dos usuarios e usuarias de ambas as dúas residencias, das súas direccións, do seu persoal, así como de todos os profesionais da sanidade e dos servizos sociais (do Concello, da Deputación, da Xunta e do Estado) polo voso labor. Graciñas de corazón polo voso traballo. Moito ánimo para todas e todos neste momento tan incerto. Sen dúbida que o ano que vén ten que ser mellor".

As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores

   Aló polo 2007 poñíase en marcha de xeito experimental un mecanismo que se normalizou a partir do 2009. A publicación polo concello das súas propias notas de prensa. En realidade, a edición e publicaciń na web do concello foron contratadas cunha empresa, non sendo raro ver a noticia publicada nalgún medio antes que na propia web do concello. De igual xeito, as fotos adxuntas ás notas na páxina web teñen unha calidade abondo máis baixa que as que se envían ós medios. Iso fai que, cando se sinala algunha das notas aquí -e faise con frecuencia- as fotos deban ser complementadas por outras ilustracioóns se se quere unha certa calidade e é posible conseguilas: a definición que se usa de medios non parece incluír este blog. Polo demais, a comparación das notas de prensa e as novas publicadas admite diferenzas que moitas veces non pasan de ser cosméticas. Outra cousa son as novas conseguidas polos periodistas, que, ó non saír nas notas, non teñen esa referencia para comparar e seguen liñas que non teñen por que coincidir coas marcadas polo concello como sucede cando a noticia é o trasvase unha nota de prensa ó papel ou ás ondas.

   O caso é que as notas producidas polo concello (notas de prensa do concello de Ribadeo, sección 'novas' na web do concello) son máis ben notas de prensa do equipo de goberno, o que, falto de importancia nunhas, é manifesto nalgunhas outras. E que serven para marcar o rumbo da actualidade (ao menos, mediática, mais dunha amplitude moit máis xeral dun xeito máis tenue), como diversos estudos teñen analizado noutros lugares.

   O recorrido das notas de prensa foi aumentando co tempo. Nestes momentos, a falta dun día para rematar o ano 2020, levo contabilizadas 3611 notas de prensa emitidas polo sistema actual dende 2007, 335 delas este ano. Ano tras ano, pasado o 'período de proba' inicial, manifesta unha tendencia ó aumento lixeiro da frecuencia de emisión, como amosan os dous gráficos seguintes:

A curva tende a torcerse lixeiramente cara arriba


A gráfica indica a tendencia ó aumento do número de notas anuais: 7 notas máis cada ano.

   Claro que, ó anterior, hai que sobrepoñerlle que no mandato anterior houbo un número superior de concelleiros, e de concelleiros do equipo de goberno, explicando en parte ese aumento dos anos 2016 a 2019. En parte, pois vemos que o ano actual, aínda que baixou algo en relación ó anterior, segue estando en produción de notas por riba dos outros.

   A tendencia á alza pode observarse doutros xeitos. Por exemplo, o número de días do ano que se necesitou para pasar las 50 notas, e onde se apreza de xeito doado unha diminución:

   En canto á evolución dentro do ano, non hai moitas diferenzas dun ano a outro, se ben cabería axustar que, de non ser pola diminución de ritmo durante o confinamento, este ano volveríase marcar un novo fito no número de notas, polo que se apreza entre os días 100 e 140, aproximadamente:

Evolución do número de notas ó longo de cada ano. 2020 en verde escuro groso.
 
   En resume, durante 2020 o concello produxo 9 notas de prensa cada 10 días, incluídos fins de semana e festas, cunha tendencia a aumentar o número.


20201229

Progresión do coronavirus en Ribadeo

   Nunha semana, o alcalde leva difundido tres notas de prensa sobre o coronavirus en Ribadeo. En concreto, sobre o brote que afecta ó hospital asilo (non á nova residencia de maiores). Aínda que sobre a orixe circula un rumor insistente, non está recollido nelas, polo que queda como iso, como rumor.

Coa liña de tendencia engadida.

   Á espera de máis novas (é de supoñer que mañá día 30 apareza outra), deixo as novas que recollo na web do concello por orde cronolóxica, tal cal. É dicir, recollendo única e exclusivamente a versión do concello (mesmo sen corrixir posibles erratas):

1.-

Foto Hospital Asilo

POLO MEMENTO QUEDAN SUSPENDIDAS AS VISITAS AO CENTRO

Hospital Asilo de Ribadeo

23/12/2020

Tres residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo, deron positivo por covid-19, segundo informou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza nas distintas residencias e centros de maiores. Estas tres persoas atópanse con sintomatoloxía leve e foron trasladadas a unha residencia médica que a Consellería de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela.

O rexedor contou que "tivemos no día de hoxe coñecemento verbal por parte dos responsables do Hospital da Costa de Burela, que dentro dos cribados periódicos que o Servizo Galego de Saúde está facer nas distintas residencias e centros de maiores, producíronse tres positivos de persoas residentes no Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo".

Suárez Barcia dixo que "estas tres persoas, segundo nos indican os responsables da Consellaría de Sanidade, atópanse cunha sintomatoloxía leve e xa foron trasladadas a unha residencia médica que a Consellería de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela. Por outra banda, infórmasenos de que a totalidade de traballadoras e traballadores do centro están sendo chamados para facer unha nova proba de diagnóstico para estar completamente seguros da situación á que nos temos que enfrontar".

O alcalde subliñou que "entrementres, por parte da dirección do Hospital Asilo xa se activaron de xeito inmediato os plans de continxencia e protocolos previamente establecidos para este tipo de situacións coa fin de controlar esta situación para que non vaia a máis. O funcionamento desta residencia en toda a xestión desta pandemia estivo sendo impecable tanto pola dirección como pola do persoal traballador, usuarios e familiares destes. Sempre se cumpriron todos os estándares fixados polas autoridades Sanitarias competentes, así como tamén neste Centro se foron implementando desde o inicio da crise sanitaria todas as melloras posibles de limpeza e desinfección". 

Fernando Suárez engadiu que "tamén se foi, e se é moi estrito, cos contactos dos residentes cos familiares ou achegados e todos estes posibles contactos nas visitas se fan cumprindo os mais estritos protocolos. E igualmente, o persoal traballador estivo cumprindo cos protocolos establecidos para a correcta actuación. Con todo, e a partires deste mesmo momento, e en tanto a situación non sexa normalizada, suspéndense as visitas aos usuarios e  usuarias do Hospital Asilo por parte de familiares".

Para o alcalde ribadense "débese ser consciente de que nesta situación de crise sanitaria por mor do Covid19 non existe risco cero, aínda que o centro está preparado para afrontar esta situación, tanto a nivel de persoal como de medios".

O rexedor engadiu que "ofrecemos toda a transparencia coa información que poidamos saber por nós mesmos ou pola información que as autoridades sanitarias autonómicas nos vaian dando nas vindeiras horas, ao tempo que queremos pedir cautela en comentarios ou rumoroloxía, a fin de evitar situacións de confusión ou malos entendidos. Todo parece indicar que a esta emerxencia sanitaria que dura mais de nove meses, estase traballando arreo con todos os medios e por todas as administracións e nos vindeiros días, previsiblemente na semana que vén,  as vacinas chegarán, empezando precisamente por estes centros residenciais como é o caso do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo".

2.-

Foto hospital asilo

ESTA MAÑÁ FOI REALIZADO UN NOVO CRIBADO NO CENTRO

Novos positivos no hospital asilo

26/12/2020

Rexistrados tres novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo. Trátase de dúas usuarias e unha relixiosa. Todas presentan sintomatoloxía leve, segundo o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor explicou que "tivemos coñecemento de que ás tres persoas que deron positivas como contaxiadas de Covid19 temos que engadir tres persoas máis nestas últimas horas. Neste caso, dúas usuarias e unha relixiosa. Unha delas foi traslada onte á residencia médica que a Consellaría de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela. Outra presentou síntomas hoxe á mañá e foi trasladada ao Hospital da Costa para analizar o seu estado. En canto á relixiosa, está mantendo o confinamento total preceptivo para estes casos". 

Suárez Barcia dixo: "cabe destacar que a totalidade das seis persoas positivas, as tres do primeiro día e estas tres últimas, atópanse polo momento con sintomatoloxías leves".

O alcalde contou que "segundo nos manifestan os responsables do Hospital da Costa de Burela, na mañá de hoxe procedeuse a facer un novo cribado xeral para determinar se pode haber algún contaxio máis ou se pola contra a situación permanece estable. Agardan ter os resultados en breve".

Fernando Suárez indicou que "desde o Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro, mantéñense os protocolos e plans de continxencia establecidos para estas situacións e con limpezas e precaucións reforzadas para tentar controlar a situación. Reitérase que nesta crise sanitaria por mor da pandemia que estamos a vivir non existe risco cero, aínda que o centro está preparado para afrontar esta situación, tanto a nivel de persoal como de medios".

O rexedor ribadense engadiu que "manteremos informada á cidadanía a medida que vaiamos tendo información, ben sabida por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías e situacións de confusión ou malentendidos".

3.-

Foto alcalde Ribadeo

OS USUARIOS PRESENTAN SINTOMATOLOXÍA LEVE

Situación no Hospital Asilo

28/12/2020

Confirmados 8 novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. En total son 14 as persoas afectadas polo gromo detectado a pasada semana, 13 usuarios que foron trasladados á residencia do Cegadi en Santiago e unha relixiosa que segue en estrito confinamento en Ribadeo.

O rexedor contou que "este sábado pasado, despois de detectarse novos casos de positivos en Covid19, as autoridades sanitarias fixeron un novo cribado xeral. Os resultados recibidos indican que hai 8 novos casos de positivos confirmados. Trátase de persoas residentes. En canto aos do persoal traballador, todos eles deron negativo. Polo tanto, e aplicando o criterio dos días anteriores, a totalidade dos residentes diagnosticados como positivos xa foron trasladados á Residencia do Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) que a Xunta de Galicia ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela, onde tamén se encontran as persoas que xa deron positivo nos días anteriores, facendo un total de 13 persoas alí desprazadas. A esta cifra débeselle sumar a da relixiosa que se mantén en estrito confinamento".

Suárez Barcia dixo: "segundo nos confirman nas últimas horas os responsables do Cegadi, todas as persoas manteñen uns niveis leves de sintomatoloxía. Esta residencia habilitada posúe as características de residencia de maiores co engadido de que dispón de funcionalidades hospitalarias, que o resto de residencias non teñen. Estas mesmas autoridades, tanto as sanitarias do Hospital da Costa como as de Política Social do Cegadi, indican que esta situación actual deriva dunha previa que vai desencadeando un gromo, por canto unha grande parte dos afectados son compañeiros de cuarto de persoas previamente contaxiadas".

O alcalde seguiu a relatar que "tamén nos indican os responsables sanitarios do Hospital da Costa que de cara a mediados de semana farase un novo cribado xeral para comprobar se o gromo se estabiliza ou se pola contra hai novos contaxiados, sen prexuízo de que se poidan realizar novos test de antíxenos de xeito inmediato se algún outro residente mostra síntomas de contaxio antes dese cribado".

Fernando Suárez fixo unha valoración positiva das medidas adoptadas: "valórase polo tanto como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da  dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se valora moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Centro Galego de Desenvolvemento Integral por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de usuarios, que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente suman 24 persoas".

O rexedor engadiu: "como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que en poucos días estaremos no pico de madurez deste gromo que se iniciou a principios da semana pasada. Farémolo a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".

RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS. Pancho Campos Dorado

 RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS

   Que imaxe podemos facernos dun período tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que está cheo de tantas incertezas? É un exercicio arriscado facer un relato verosímil sobre a poboación prehistórica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboación da que non hai nada escrito, da que non hai historia local algunha. Pero merece a pena intentalo.
   De principio podemos dicir e aseverar sen dúbida de equivocarnos que a Ría de Ribadeo é un punto estratéxico e primordial na rede comercial marítima europea de tódolos tempos antigos e dos alto e baixo medievais, debido a súa condición xeo-estratéxica no litoral Atlántico por ser porto seguro unha vez alcanzado, onde a vida dos navegantes e dos barcos está sempre a salvo da ameaza das condicións adversas do mar e onde se pode reparar o casco, aprontar os aparellos, facer augada e meter provisión de alimentos.
   A ausencia dunha específica documentación escrita non fai fácil identificar que clase de estrutura social, política ou económica tería aquela sociedade; que técnicas agrícolas e gandeiras, ou que medios de pesca e marisqueo terían para a súa subsistencia. Mais esta condición de sociedade ágrafa non nos arreda das nosas intencións de escribir sobre o noso pasado antiguísimo, pois hai factores relevantes innegables como son os achádegos 'antediluvianos' de Louselas, a toponimia do entorno e a documentación parahistórica doutros poboamentos veciños que sí escribiron a súa historia sobre condicións iguais que as dos nosos antepasados. Isto anímanos a facer un relato intuitivo que nos permite albiscar unha cronoloxía aceptable para encanar o noso estudo que non por ser impreciso será menos certo. E canto máis atrás tratemos de remontarnos no tempo, maior diverxencia haberá nas datas que poidamos propoñer hoxe, pero que se poderán axustar a medida que se vaian facendo descubrimentos que se teñen que facer máis tarde ou máis cedo.
   Desde cando hai unha poboación galaico-atlántica permanente nestas terras? Hai restos arqueolóxicos líticos moi abundantes de fabricación de útiles con diversos tipos de retoque en choppers, fendedores, raedeiras, raspadores, cuitelos de dorso natural, perforadores, bifaces, etc. que pertencen a unha poboación antiguísima nas beiras do actual Ribadeo, o xacemento de Louselas do Paleolítico Inferior datado en catrocentos oitenta mil anos de antigüidade o acredita. Pero sábese de certo que o nivel do mar fai cento vinte mil anos (período interglacial Eemiense) subiu por encima do nivel actual e cubriu por completo o xacemento de Louselas polo que aquela primitiva xente tivo que trasladarse ás ladeiras e cimas das montañas, a lugares máis altos. O nivel do mar volveu a ir baixando en períodos graduais de miles de anos e chegou ao seu nivel máis baixo, 120 metros por debaixo do nivel actual, fai vinte mil anos, cuxo nivel se mantivo case oito mil anos, ou sexa até fai doce mil anos, último período glacial, en que volveu a subir até alcanzar o nivel actual en pouco menos de dez mil anos. 
    Nestes períodos de tan baixo nivel do mar as covas no acantilado das ribeiras da Ría de Ribadeo que son en abrigo rochoso o aire libre con forma de viseira, actualmente practicamente enterradas, poden ser vestixio das covas onde vivían aquelas poboacións do epipaleolítico e do neolítico até fai uns case catro mil anos. Non temos probas de canta poboación puidese haber nin de canto tempo estiveron vivindo en ditas covas, pero sí de que por alí estiveron e que para algo as usaron de modo permanente ou estacional por largas tempadas, polos restos líticos que quedaron de lascas de cuarcita. Pero como dixo o arqueólogo británico Mortimer Wheeler, “pode que o arqueólogo atope o tonel, pero de Dióxenes non queda nin rastro”.
   Por tanto, segundo nós o entendemos, houbo poboación sedentaria nas Terras de Ribadeo moi anteriormente ao que puidésemos pensar cando a Idade do Bronce Final (séculos VII-VI a.C.) lle deixa paso a “cultura castrexa” tan evidente nos asentamentos castrexos da Idade do Ferro, que no concello do Ribadeo actual, coñecemos o emprazamento de nove: As Grobas (Vilaselán); Fornelos (Piñeira); Meirengos e os Castros (A Devesa); A Coroa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As Cárcobas (Ove), pero incluso é posible que haxa máis xacementos e todos eles esquecidos pola Administración da Xunta de Galiza.
   Aquí polo que nos atinxe, atopámonos na obriga de facer un inciso. No ano 2003 o Ministerio de Medio Ambiente de España a través do Servizo de Costas e en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio de Galiza, ía facer un investimento de tres millóns de euros, para recuperar o Castro de As Grobas, e así o anunciaba aquel alcalde de Ribadeo en La Voz de Galicia 18/02/2003. Todo quedou en nada. Logo no ano 2009 (La Voz de Galicia 22/04/2009) fíxose, por fin, unha intervención arqueolóxica pola “incrible cifra” de trinta mil euros (durou un mes) quedando evidencia de que era un castro anterior a romanización con ocupación dilatada no tempo. Vamos, fíxose un “incrible estudo” sobre o castro, miráronse apenas 50 metros cadrados dun poboado de 35000 metros cadrados, ou sexa, quedou o asunto coma sempre na total indiferenza e desidia a que nos teñen acostumados desde a Xunta de Galicia, e todo canto dixeron e fixeron non serviu absolutamente para nada. O prestixioso arqueólogo Emilio Ramil que dirixiu a escavación, con moi bo criterio facía fincapé en que o poboado tiña importancia e aconsellaba seguir adiante na escavación para poñelo en valor. Alí se presentou o delegado provincial de Cultura “en funcións” e o Xefe de Costas, José Manuel Esteban quen foi “avalar a actuación na sede do Ministerio de Medio Ambiente de Madrid”. Ou sexa, non se fixo absolutamente nada.
   En fin, sigamos coa nosa pseudohistoria, pois pola súa natureza especulativa do momento presente, permanecerá no terreo da hipóteses. Pero por que se producen neste recuncho da Galiza tales xacementos tan temperáns?. Posiblemente porque os cambios climáticos da última glaciación non afectaron moito a esta zona e as condicións de subsistencia non foron destruídas. O clima permitía o crecemento de froitos silvestres e facilitou a agricultura de secan, na magnifica terra que pisamos, e mantiña unha poboación estable, non sabemos de cantos individuos pero posiblemente algúns centos diseminados en pequenas comunidades próximas, como evidencian os xacementos castrexos, que se alimentaban grazas á recolección de froitos e a domesticación de animais como ovellas, cabras, vacas e porcos, algúns cabalos e burros, e de plantas como o trigo, cebada e algunhas leguminosas, ademais pescaban e mariscaban como evidencian os concheiros existentes en varios castros.
   Facer un panorama de como era e como vivía aquela sociedade anterior a castrexa con tan poucos restos arqueolóxicos que se atoparon nas escasísimas catas non é posible sen entrar de cheo no terreo do hipotético. Os restos das escavacións procuran evidencias, pero aínda así, o estudo da prehistoria ademais dun estudo sistemático dos vestixios atopados polo arqueólogo e unha labor de pescudas e criterios imaxinativos, polo que explicaba Sir Mortimer.
   As poboacións dos castros datan dos séculos IV-III a.C. mais temos evidencia dunha poboación estable e xa moi civilizada, que nos revela o xacemento do henge de A Roda de Santiago de Reinante, datado en 1700 anos a.C. que pode chegar a 2000 anos a.C. (II milenio a.C.) segundo datación con 14C. Ou sexa o xacemento data da transición final do Neolítico-Calcolítico (metalurxia do cobre) e da idade de bronce Proto-Atlántico da Galiza (1800-1700/1200-1100 a.C.) que corresponde coa cultura Argárica, varios séculos antes das invasións celtas. A Roda é un magnífico templo-calendario de un valor prehistórico e turístico incalculable. Un recinto cerimonial que nos marca efemérides astronómicas como son os solsticios. Estes templos eran lugares de poder político e relixioso que non existirían senón houbese unha poboación estable próxima. Polo que moitos castros cremos foron feitos en poboados xa existentes pero que estarían feitos con materiais perecedoiros e non de pedra como se ven actualmente os seus restos. 
   Por outra banda, despois ou durante a época final dos castros, aparece na toponimia de Ribadeo un nome que albisca ser histórico, Porcillán. Un barrio de pescadores na alta Idade Media, mais o seu étimo latino Porto Iulanus ou Julianus provén da época romana. Segundo Dion Casio, no ano 62 a.C. unha escuadra romana dirixida por Xulio César, chega ao lugar de Brigantium ou Brigantum (A Coruña). Con cargo de Pretor ven a Gallaecia no ano 59 a.C. época en que as vías marítimas eran moi importantes, tal que así, que no século II d.C. os romanos levantan a Torre de Hércules, o que demostra a importancia comercial daquel tráfico marítimo. Roma tiña portos estratéxicos ao longo das costas polas que navegaba tanto para abastecer as súas forzas militares, como para procurarse minerais de ouro, estaño e ferro que había por esta bisbarra. Tamén desta zona seguirían importando os romanos, como fixeron anteriormente os fenicios de Tiro, os caracoliños de mar chamados murex (purpura haemastoma) dos que se extraía a cor púrpura coa que tinguían as capas os emperadores e persoeiros da máis alta nobreza romana. 
   Despois do século I d.C. non volvemos a ter noticias destas poboacións até atoparnos co Diploma do rei don Silo do 23 de agosto de 775 de onde o noso inesquecible veciño, experto lingüista e latinista José María Rodríguez Díaz, deduce e fixa con certeza que o Mosteiro de Esperautano está na planicie de A Graña, concretamente entre os ríos Mera, hoxe desaparecido e o Alesancia (hoxe o río Grande) do que se deriva o actual topónimo de As Anzas. E si había un mosteiro de tal renome no século VIII tiña que haber un poder político e relixioso na zona con bastante anterioridade.
   A partir daqueles séculos VIII e IX podemos extrapolar que a poboación das Terras de Ribadeo xa tiñan certa relevancia dentro do territorio do Reino de Galiza. E nos séculos X, XI, XII e XIII está consolidada a poboación do propio Ribadeo sen ningunha dúbida, tal que así, que a primeiros dos século XIII comeza a construción da Igrexa-Catedral de Ribadeo que terminou sendo Colexiata, polo que si Ribadeo a primeiros do século XIII tiña entidade como para ser sé episcopal, quer dicir que xa viña de vello o seu renome e categoría. Perder aquela sé episcopal Ribadeo, foi perder o ser unha gran cidade pero... 
   Aquí rematamos o noso relato de Ribadeo na Noite dos Tempos, pois xa chegamos a súa Historia con maiúscula, á historia da anarquía feudal até o século XI, dos cabaleiros dotados de aptitudes físicas e de medios financeiros para selo e a súa relación cos señores, cimentada na fidelidade persoal e no reparto de prebendas que acabou por crear clientelas excluíntes pois cada guerreiro obedecía a un señor o que provocaba inseguridade civil e os campesiños cada vez máis empobrecidos quedaron atados ás terras propiedade dos señores. A autoridade real pasou a ser autoridade das decenas de señores (clérigos e nobres) que tiñan en propiedade as terras, aqueles señores que se enredaron en conflitos e guerras privadas entre uns e outros, os bárbaros non viñan do exterior, xurdían no seno da cristiandade esixindo a sangre dos “campesiños servos”. Estaba cristalizando o feudalismo, o nacemento das Ordes Militares de Cabalería, dalgunha das cales se fixo mención nos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo. Pero iso é xa Historia escrita.
Zona de cata no Castro de As Grobas do ano 2009


20201228

Ladan

   Non soa mal... 'Ladan'. Por se alguén non se decatou, 'Nadal' ó revés. Un nome novo, algo así como dicir 'prepárate e date a volta' ante unha festa tradicional. Tampouco me soa mal a idea de dar a volta a esta festa. Non se trataría dun anti-Nadal, senón doutra cousa. A ver se aclaro a idea.

   Que vos parecería comezar o ano no Nadal? Refírome a preparármonos para dar a volta e volver a través do 2020. Ou cres que o 2021 vai ser mellor?  Pois estou por dicir que non alucines, que o 2020 tampouco tiña mala pinta...

   Virus na primavera. Virus no outono. Segunda onda. Terceira onda, din xa algúns. Máis cansazo. Histérese, poderíase dicir: Fenómeno polo cal o estado dun material non depende só da forza que actúa sobre el senón tamén dos estados anteriores o que se manifesta polo retardo do efecto con relación á súa causa, segundo a RAG. Si, a xente estamos cansos de máximos repetidos dos contaxios, de medidas que van e veñen, de incerteza, e respondemos peor. E no outono caía a luz.

   Chegou o solsticio de inverno. Agora a renacer a luminosidade, aínda que baixen as temperaturas ata febreiro. Coa luminosidade retómase a esperanza: é un mecanismo ó que respondemos os humanos. Esperanza, un termo que en tempos 'nadocoronavirus' pode ser equívoco. Esperanza: chegou a vacina... pero non se sabe moi ben, pode transmitirse o virus igual, non está claro o tempo de protección, segue a haber mutacións... Esperanza, pero non se pode baixar a garda, mentres a economía tradicional afunde e tampouco está claro que para solucionar o afundimento o sistema vaia adaptarse moito, por máis que sexa evidente que o que funcionou foi 'outra economía' de solidariedade, resistencia, coidados...

   De calquera xeito, hei de confesalo: a idea Ladan chegou a raíz de que todo o mundo dixera que este ía ser un Nadal atípico. Nadal atípico? Que é o 'típico' nunha celebración que non ten tanto que ver coas que lembro de pícaro -tamén algo evidente para quen teña unha certa idade-. Este ano dábase por descontado un cambio imposto máis que a continuidade desa evolución que se ven dando. Quizais unha miguiña de 're-volución', pero por suposto ninguén -ou case ninguén- contaba cunha involución. E pode que sexa isto último o que tivo máis importancia: máis que revolucionar a celebración, volveuse a vista atrás, recollendo algo dun sentido perdido ante un mercado que se adaptou, pero non de xeito total.

   Somos animais de costumes, pero paga a pena intentalo, o ser feliz sen que as costumes constrúan unha cárcere ó noso arredor, si. Como calquera día da nosa vida. Iso pode significar un pouco de 'involución', mais sobre todo debera ser mostra de sabiduría, un moito herdada, pero outro moito anovada para adaptarse a uns tempos que necesitan diso, de adaptación.

   Feliz 'día', de calquera xeito. Mais, como esta verbas chegarán despois do 25D, quizais para rematar debera preguntar: (tiveches) Feliz Ladan?

20201227

Aínda non rematou o concerto

   Póñome a escribir entre dúas obras. Paro: comeza o Danubio Azul.

   Concerto Covid no Hernán Naval a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Case hora e media de transmisión que queda en https://www.facebook.com/287827837895905/videos/1480789548788259, onde algo máis de media centea de telespectadores a están a seguir, a máis dos presentes no reducido aforo do auditorio. Actuación repetida, en dous días, como estaba anunciada, que pode verse en Facebook cando se queira.

   Non digo máis. Unha actuación emotiva como esta paga a pena aforrar comentarios e desfrutar o máis en directo posible. E o concerto, 'aínda non rematou', segue vivo en internet...

O Nadal dicíase espiritual

Logo vaticano
 

   O Nadal dicíase espiritual, 'antes' de ser primeiro cooptado polo comercial e logo, abducido pola súa parafernalia. Por iso mirei con curiosidade un artigo que chegou a min precisamente o día de Nadal, sobre un tema lateral co relixioso, 'La fraternidad de Francisco'. Trátase de comentar algún aspecto da última encíclica papal, a 'Fratelli tutti' ('Irmáns todos'), que vai para tres meses de idade cando esto escribo.

   Antes de voltar ó artigo citado, copio aquí o final da encíclica: "Dado en Asís, junto a la tumba de san Francisco, el 3 de octubre del año 2020, víspera de la Fiesta del “Poverello”, octavo de mi Pontificado." É dicir, doado, como ideas libres, de xeito libre. Evocando a un santo con aureola, con gancho, mesmo entre os non crentes, pola súa adicación ós pobres, como dicindo, 'aproveitando a súa doctrina e ós seus pés', ó mesmo tempo que festexando as súas ensinanzas: xunto ó cadaleito e na véspera da súa festa. E, ó tempo, remarcando na data que é Francisco, o Papa, o que colleu o nome do santo, quen fala, no oitavo ano do seu mandato. Podemos estar máis ou menos de acordo co que di, pero temos que estar tamén conscientes de quen o di, polo tanto, da estrutura da que emana o altofalante que emprega...

  O subtítulo do artigo deixa clara algunha cousa: a encíclica é unha crítica sen paliativos ó capitalismo neoliberal e ó nacionalismo xenófobo. Tanto que indica, 'Podemos seguir considerando á extrema dereita española como cristiana?' e responde no mesmo parágrafo: 'non e mil veces non'.

   Case comeza o artigo cunha cita da encíclica: "O mercado só non resolve todo, aínda que outra vez nos queran facer crer este dogma de fe neoliberal." E segue.

   A encíclica é abondo curta. Podes ler o artigo, 'La fraternidad de Francisco', aínda máis curto, procurándoo en eldiario.es ou a encíclica, máis longa pero sen filtrar por comentarios alleos, que aínda con boa intención, parten dunha idea dun terceiro. Claro que ás veces, tamén nos artigos hai comentarios -e dan pé a comentarios doutra xente- que amplían a visión... e máis nestas datas espirituais.


20201224

Unha curiosidade: unha 'irredutible aldea gala' en Galicia

   Sabíalo? Eu sabía hai tempo do tema, pero non de que fora tan chamativo. Por medio de Daniel Díaz Grandío remato de enterarme abondo máis dun xeito gráfico.

   A cousa é que o Club Liceo, de A Coruña, Hóckey a patíns, este ano, unha vez máis, segue en primeira división. E, unha vez máis, de 16 clubes, 15 son cataláns. E, de novo o primeiro clasificado na liga é o Liceo... de novo por que o seu historial parece que o fai o clube con relativamente máis galardóns de calqueira dos deportes federados: "historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 40 títulos (18 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). "

   A 'estrutura' da liga fai que recorra tantos km como os seis clubes seguintes xuntos, entre outras cousas. O mapa de Daniel reflicte este feito: cada círculo ten un tamaño proporcional á distancia recorrida.

Por se alguén quere saber máis...

Nadal 2020 en Ribadeo: Beléns (1)

   O Belén da orde terceira é un clásico. Non sei en que ano comezou a súa andaina, pero o seu tamaño fíxoo o maior de Ribadeo durante anos, e o primeiro en incorporar algúns elementos tecnolóxicos. O día noite, ou o anxo que aparece pola noite son algunhas das peculiaridades. Como non sei todas as persoas que participan nel, quedarán para outro momento.

Está na igrexa da Venerable Orde Terceira de San Francisco (VOT).

20201221

Tradición baseada en bos desexos...


 E, en anos malos, aínda máis necesaria.

Hoxe, todo o día: efemérides. Inverno, Estatuto.

 

   Hoxe, as 15:59 UTC (é dicir, ás cinco menos 1 minuto de horario legal peninsular en España) prodúcese o paso astronómico do outono ó inverno, o solsticio de inverno. Algo natural e insoslaiable. Un feito non que non intervimos nós. Pero as efemérides son sobre todo feitos nos que si intervimos. E hoxe, todo o día, celébrase a aprobación en refrendo do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 hai 40 anos. Por certo, é curiosa a 'nosa intervención' (si, daquela xa podía votar). Dise de 1981 porque parece que o pobo só contaba -ou lle deixaban e deixan contar- nunha parte do proceso, e foi en 1981 cando foi asinado polo rei agora autoexilado, e polo tanto, cando conta a data.

   Non son as únicas efemérides de hoxe. A máis de celbrarse Santa Aldara en Celanova e a festa do capón en Vilalba, se consultas a Galipedia podes ver, entre outras, que tal dfía coma hoxe:

   Podemos encher os días de lembranzas do pasado. Mais pode que sexa máis proveitoso enchelos de esperanzas de futuro, ou, ao menos, dunha composición de ambos. ti, que opinas?

20201220

Observatorio? Futuro?

O observatorio de aves, tal como estaba ata o de agora,nunha imaxe de Google Street View.
 

   Onte pasei por alí. Ó ir co meu propio motor humano e non co mecánico de explosión, foime doado o parar, ver e aprezar. Chocoume e fíxeno. Non sabía nada, quizais foi iso o que aumentou a miña curiosidade. Hoxe xa vin a nota de prensa do concello e unha pequena nota no xornal: o observatorio de aves á beira da ría foi desmontado, servindo para facer o chan horizontal nunha área un pouco maior do que xa tiña, e as pedras grandes, para limitar o terreo. 

   Pregúntome como será a protección para evitar que a nova estrutura se convirta de novo nun mexadoiro. Pero, mentres, benvido sexa se logra atraer a atención por un lugar que a merece, como excelente atalaia para observar as aves que pululan pola ría de Ribadeo.

   Asemade, en lugar non lonxe deste, tamén observei que a antiga vía do ferrocarril desbrozouse nun pequeno tramo. Aínda que a nota de prensa non diga nada sobre o particular, espero que sexa o comezo dunha acción para recuperar outro tramo para o seu uso para camiñantes e ciclistas.

   Por certo, o muro pintado que aparece á esquerda da foto, coido que foi abondo anterior a os 'hai 20 anos' que di o alcalde, pero polo momento non teño información que poda presentar como confirmación.

   Deixo en baixo a situación (case no centro da imaxe de OpenStreetMap, xusto no cartel N-642, ó norte de Reme), un par de fotos tomadas onte, e despois, a nota do concello.


 



 

--

Nota de prensa do concello:


BARCIA, DÍAZ E MUNDIÑA VISITARON A VELLA INSTALACIÓN

Miradoiro de aves

19/12/2020

O Concello iniciou a recuperación ambiental do miradoiro de aves sobre a ría, que está situado en Reme na parroquia de Ove. O alcalde, Fernando Suárez, indicou que ten case 20 anos e que se foi deteriorando co paso do tempo. O investimento ascende a 24 200 euros.

O rexedor dixo que "nos últimos anos o Concello leva promovido unha serie de actuacións destinadas á recuperación ambiental e posta en valor da Ría de Ribadeo. Actualmente, como socios do proxecto Life Fluvial, onde temos a sorte de traballar con entidades da talla das Universidades de Oviedo, Santiago de Compostela e Lisboa, entre outras, estamos a continuar coa substitución de especies invasoras como o eucalipto por outras autóctonas, propias do noso hábitat, na marxe galega da Ría de Ribadeo".


Suárez Barcia subliñou que "neste compromiso que seguimos coa protección do medio ambiente e dos espazos aturais, onte comezamos as obras dun proxecto un pouco máis modesto, pero non menos necesario. Estes traballos consisten na recuperación ambiental do miradoiro de aves situado sobre a Ría de Ribadeo en Reme, na parroquia de Ove. Esta infraestrutura, que conta con case 20 anos, foise deteriorando co paso do tempo, ademais de presentar evidentes signos de vandalismo".

O alcalde ribadense explicou que "a actuación en si consiste no desmonte do actual observatorio e do monólito situado ao seu carón, para posteriormente situar un novo observatorio, aberto á estrada nacional N-642 co fin de tentar evitar os danos vandálicos que presenta o equipamento actual. Por outra banda, eliminaranse 3 pés de eucalipto co fin de mellorar a observación da Ría dende este miradoiro, ademais de eliminar os lixos e vertidos difusos que se encontran polo entorno. Por último, instalaranse elementos de control tanto para os vehículos como para as persoas, para limitar o espazo que podan chegar a ocupar, ademais dun panel informativo acerca das normas de comportamento que se deben gardar neste espazo".

Fernando Suárez manifestou: "compre destacar que a actual infraestrutura fóra executada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero á hora de querer acometer esta actuación encontrámonos con que o terreo sobre o que se sitúa era de titularidade privada, polo que nun primeiro momento tivemos que levar a cabo unha labor de investigación co fin de dar cos actuais propietarios, os cales, finalmente nos cederon os terreos ao Concello, algo indispensable para poder executar estes traballos".

O rexedor engadiu que "o presuposto dos traballos a realizar é de 24 200 euros, dos que nos subvencionan 20 000, en dúas anualidades A axuda é da Rede Natura, da dirección xeral de Patrimonio Natural da Conselleria de Medio ambiente".

O vello miradoiro no que se está actuar foi visitado nas últimas horas polo alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, Jorge Díaz e Jesús Mundiña.

20201218

EL MEJOR AMIGO DEL HOMBRE ES EL TURRÓN. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

 

Escaparate del Horno La Santiaguesa. Madrid.

EL MEJOR AMIGO DEL HOMBRE ES EL TURRÓN


   18 de diciembre 2020

   Condensación. Es el fenómeno de conversión del vapor en agua. Los que usamos gafas en estos tiempos de mascarillas ya estamos acostumbrados. Primero la mirada se te empaña y poco a poco el vaho se establece como una humedad densa en los cristales otorgando a tu mirada una calidad acuosa, lacrimosa, a veces opaca.

   Vemos el mundo desde el fondo de una piscina. A veces prefieres quitarte las gafas y caminar inseguro, medio ciego, como Rompetechos. Otras te paras y procedes a limpiar los lentes con parsimonia, como si tuvieses todo el tiempo del mundo. Mal hecho. El frío y la humedad quedan instalados como cera Alex en los cristales y el vidrio alcanza una condición óptica de espejo antiguo. La mirada se vuelve mineral, los objetos pierden volumen y la realidad física parece congelada.

   Creo que es una de las mejores metáforas para explicar lo que estamos viviendo. Mucho mejor que cualquier pesadilla de nocturno asalto. La vida está condensada. La visión humedecida y plana. Y nuestros sentimientos congelados en una mueca de dolor desprovista de rasgos humanos, como de marioneta.

   Dicen que ya queda poco. Pero mientras llega el momento de poner el cartel de the end la dispersión mental, la sensación de caos y de miedo se apropia de nuestros corazones.

   Coletazos. Latigazos finales. Estampidas de ruido y furia. O desamparo. Esa es nuestra vida justo en el momento de las fiestas de invierno, de la Navidad. El mundo se divide entre iconoclastas del festejo y adoradores del mito cristiano. Y así no hay forma. Si fuera por los epidemiólogos, todos en casa. Si fuera por los doctrinarios, de marcha por belenes y misas del gallo sin solución de continuidad.

   Yo me voy a limitar, a falta de sueños que relatar, a recuperar la dulzura del mundo y recitar la salmodia, los conjuros de la navidad laica y popular.

   Aquí los tienes como promesas, como compensaciones, como encuentros de paz.

Mantecados,
mazapanes,
turrón de Jijona,
polvorones,
peladillas,
alfajores,
roscos de vino,
guirlache,
turrón de Cádiz,
hojaldres,
cordiales,
flores,
panecillos de Belén,
cortadillos,
paparajotes,
sultanas,
orejones,
pasas,
tortas,
yemas de almendra,
piñonadas,
perrunillas,
zurracapote,
dátiles,
mazapán,
pastelillos de calabaza,
marquesitas,
anguilas,  
pastissets de moniato,
almendras garrapiñadas,
rollets de ví,
orejas de fraile,
zayuelos,
pan de higos,
albocabes,
pasteles de yema,
amarguillos,
cocadas,
pestiños,
miguelitos,  
piononos de Santa Fé,
suspiros,
lagrimillas,
bienmesabes,  
bizcochos borrachos de Guadalajara,
neulas,
cascajos,
bartolillos,
limonadas,
respirillos,
bolas de coco,
melindres,
librillos,
buñuelos de castaña,
casadielles,
frutas escarchadas,
barquillos,
piruletas del niño Jesús,
castañas confitadas,
pasteles de gloria,
hojuelas,
intxaursalsa,
panellets,
ensaimadas del cura…

Posdata:

Una. Ya tenemos ley de eutanasia. Ya no hace falta morir rabiando.

Dos. Que tengan ustedes unas felices fiestas y un próspero año nuevo. Me despido con amor hasta el próximo año si Dios quiere.

Besos y fuerza para todas.

Ángel

20201217

Unha proposta: un proxecto de recuperación

No día no que os xulgados botaron atrás o ERE de Alcoa, algo que bota unha debil luz sobre os traballadores, chégame por outra beira a proposta que difundo. É anterior á consulta do Proxecto de Impulso Demográfico de Galicia -unha acción que poidera chegar a ser moi importante para todos nós- e foi difundida polo blog de Gamela, de onde reproduzo o seguinte:


Proxecto de Recuperación Galicia 2020 - 2030

 1. Reconstruir tódalas aldeas e lugares con criterios de sostibilidade medioambiental (arquitectura e paisaxe)

2. Repoboar as vivendas baleiras no rural e nas pequenas vilas con inmigrantes por un período de DEZ anos.

3. Dixitalizar tódolos servizos básicos dos Concellos:
    - lixo (reciclaxe, compostaxe)
    - auga (consumo e depuración)
    - luz e gas (fotovoltaica, eólica, hidráulica, mareomotriz, aproveitamento de xurros)
    - democracia (Plenos via streaming con posibilidade de participación por chat)

4. Ampliar a fibra óptica a tódolos Concellos de Galicia (concurso competitivo entre empresas solventes)

5. Seguir subvencionando o transporte interurbano e mellorar frecuencias e servizos (app en tempo real das liñas de bus)

6. Facilitar a apertura de negocios en vilas e aldeas (restauración, panadería e pastelería) con reducción de taxas.

7. Escolas de intercambio cultural de experiencias entre Concellos, aldeas e lugares
    - Obtención do título homologado de Animador Socio Cultural para a Reconstrucción e a Resiliencia.
    - Favorecer a aprendizaxe de idiomas a nivel básico (comunicación) con viaxes aos países de orixe dos inmigrantes.

8. Ante estas vantaxes competitivas Galicia será un destino preferente para vivir e incrementar a natalidade.

9. Ao cabo dos DEZ anos: avaliación externa e pública do Proxecto Galicia (auditoria contable, productividade dos responsables, problemas xerados pola iniciativa, propostas de mellora, eliminación e ampliación de accións)

10. O prazo de execución de calquera acción concreta non pode exceder os DOUS ANOS dende o inicio do Proxecto.

Unha VIDA DIGNA como base dun futuro sustentable para Galicia no Mundo !

A calquera que analice de vagar o Proxecto non terá dúbidas das sinerxias positivas de cara á internacionalización da nosa economía e recursos naturais, así como o enriquecemento da bagaxe cultural do noso pobo de cara ao século XXI.

Abrindo as portas de Galicia á VIDA, todos gañamos VIDA !

--

Adxunto asemade un comentario do mesmo post, respostas ó meu 'Paréceme un documento introdutorio moi bó. Só o poñelo en marcha como fonte de discusión dá ideas e move os marcos cara a mellor.':

Logo de ver o Mecanismo para Recuperación e Resiliencia (MRR) entendo que este borrador cabe nos estándares europeos, o malo será que algún político en activo o tome en consideración... Saúde 

Figuras de Nadal de madeira no Espín

Polo El Progreso entérome de que un amigo ten representado un novidoso ambiente de Nadal no Espín, Vilaselán. Achégome ata alí e vexo o que deixo en foto e vídeo:

 








20201216

Máis aló da liberdade de expresión

Cita de Noam Chomsky: 'Se non cremos na liberdade de expresión para a xente que desprezamos, non cremos en absoluto nela.'
 

   Hoxe foi presentada unha ferramenta de apoio á liberdade de expresión. LibEx, realizada polo Grupo de Traballo sobre a liberdade de expresión. É curioso, 'só' é unha páxina web con referencias xurídicas para axudar no momento no que alguén se ve atacado así, de xeito xurídico, por ter usado a liberdade de expresión.

   A cousa é a súa necesidade: coincide xusto despois do ditame do Tribunal Constitucional que apoia ó Tribunal Superior de Xustiza nunha sentenza na que se condena por queimar a bandeira. A de España, claro. Faigo esta aclaración porque xa saíu hoxe en eldiario.es unha viñeta de Bernardo Vergara na que aparecen dous togados queimando unha pseudobandeira do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos onde un dos togados aclara: 'Pero no cualquier bandera, ¿eh?'

   E é que ás veces (en España, nin unha nin dúas) úsase dunha xustiza da que se domina o poder de aplicación, para máis aló da sentenza, a intimidación doutras persoas ou entidades que poden ser molestas por ser libres, de xeito independente de que haxa ou non un abuso da liberdade.

   Nota curiosa: nos EEUU, onde as bandeiras ondean ata nos inodoros, pódese queimar unha bandeira e a lei -aplicada- compŕendeo e autorízao. Aquí debe ser por seren as bandeiras máis escasas e confrontadas ás autonómicas, que hai que resgardalas abondo mellor que as persoas -nalgúns casos, claro- e a nivel da liberdade dos eméritos para facer da nosa capa o seu saio. Evidentemente, a xustiza non se imparte a gusto de todos. Sirvan como exemplo o algunhas viñetas para facer rir -sobre o rei- que serviron para facer chorar -a quen se riu con elas-.

20201215

Nota de prensa de 'Por Nuestro Faro'

 

Por Nuestro Faro

Nota de prensa.

Ribadeo, 20201214



Dende “Por Nuestro Faro”, en defensa dunha illa Pancha de todos e para todos, a semana pasada enviamos un escrito ó sr. Alcalde de Ribadeo volvendo a poñer claro algúns dos múltiples puntos que consideramos están a ser, como mínimo, alegais. e pedindo información sobre o seu tratamento. Enviamos o corpo do texto enviado, resaltando algún dos puntos:

Como vostede debe coñecer, no mes de maio de 2020 a Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo aprobou a concesión de licenza de obra para o proxecto de ‘REFORMA DOS GARAXES ANEXOS AO FARO DE ILLA PANCHA PARA DESTINALOS A CAFETERÍA’.

Posteriormente, tras comprobar que o proxecto desta nova obra non estaba incluído no proxecto inicial que deu lugar a concesión para uso turístico do antigo faro, o colectivo ‘POR NUESTRO FARO’ presentou unha alegación ao abeiro dos seis informes do Defensor del Pueblo emitidos entre o 17 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018.

Como Ve. debe saber, os informes do Defensor del Pueblo poñían especial fincapé, entre outros puntos críticos co proxecto, na carencia de Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o artigo 7.2 da lei de Avaliación Ambiental (21/2013 de 9.XII). Aínda máis, nos dous últimos informes o Defensor daba conta da aceptación por parte da Autoridade Portuaria da recomendación para que se realizase E. I. A. Simplificado, pero este non chegou a realizarse. Sin embargo, a Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo desestimou a nosa alegación afirmando que no expediente actual non procedía entrar a valorar os devanditos informes do Defensor.

Insistimos en que as obras actuais non estaban previstas en ningún momento, nin en ningún proxecto dos que deron pe á concesión inicial, polo tanto non foron avaliadas en ningún momento por ningún dos organismos participantes neste expediente, dependentes maiormente da Xunta de Galicia.

Chegados ao intre actual, atopámonos con que na Illa Pancha están actuando dúas palas mecánicas, e non das máis pequenas, se ben non podemos afirmar que sexa por mor da obra da cafetería no garaxe devandito ou por outras actividades que descoñecemos. Se así fose trataríase de un novo proxecto que tampouco foi publicitado nen avaliado. En todo caso, queremos suliñarlle que na consulta que fixemos ao expediente da nova cafetería, no mes de xuño de 2020, non atopamos ningunha referencia ás actividades das devanditas palas.

Pola outra banda cómpre suliñar que o acceso libre á illa, que esixía a concesión de licencia de actividade dos apartamentos de data 1/12/2017 segue sen aplicarse (como tamén Ve debera saber), polo tanto as escavacións que poderían efectuar as devanditas palas non son visíbeis senón a moita distancia.

Por todo o anterior agradeceríamos que nos informe se as devanditas palas mecánicas están actuando por mor da obra de reforma do garaxe para cafetería e en que consistiría esa actuación, habida conta de que resulta un pouco estraño que a simple reforma de un local para cafetería precise unha nova escavación no terreo da illa. Polo demais, insistimos en que esa actividade nunca foi avaliada por autoridade algunha con competencia en Medio Ambiente.”

20201214

Auga

 

   Chove? Non, hoxe non parece que vaia ser o caso en Ribadeo. Pero a auga sempre é noticia: necesitámola. E por esa necesidade humana, a rabia fronte á privatización.

   Hai moita diferencia entre regulación e privatización. Como ben moitas veces escaso (mesmo na nosa terra dos mil ríos), regular o seu uso non é ter mala visión, e dende hai moito tempo diversas sociedades organizáronse para ter acceso á auga e compatibilizalo co seu uso en diversas necesidades. Co aumento do consumo e a diminución da súa dispoñibilidade, ben polo cambio climático (ese que foi negado moitas veces), ben polo esgotamento dos acuíferos por sobreconsumo, ben por contaminación, o problema do regulamento incrementa a súa dificultade: sempre é máis doado repartir a abundancia que a escaseza. Que en zonas como Los Ángeles vaian na procura de auga a 500 km de distancia, comprando dereitos de auga a poboacións lonxe das súas rúas, que comercializadoras de auga envasada detraian recursos secando fontes de aprovisionamento de poboacións (noticia tamén nos EEUU), que a auga remate contaminada por produtos químicos e os veciños non podan beber auga da billa (si, tamén nos EEUU, a meca da liberdade dos cartos) ou que sexa por culpa da procura de petróleo (pois si, tamén nos EEUU, esa inmensa fonte de noticias que empregan para regarnos, pero asemade en sitios como Ecuador) foron avisos de que o nivel de apropiación privada -expropiación do común- da auga estaba subindo. Ata a semana pasada, na que a noticia foi 'a auga comeza a cotizar na bolsa de Nova York'.

   A cousa é máis complexa que o que parece a raíz do titular citado, pero a idea está aí: a auga convertida en ben de mercado, por obra e gracia do ditado mercantil. A máis da pregunta entre retranqueira e retórica de 'que vai ser o próximo? O aire?', xa contestada pola existencia dos dereitos de emisión de CO2, coido que deberamos ir vendo algo máis aló. Para prepararnos, como cando dicimos 'cando vexas as barbas do teu veciño cortar, pon as túas a remollar', ou proposto como tema de supervivencia, a difusión a nivel mundial da noticia da privatización da auga -repito, aínda que non sexa exactamente así- apoiada polas típicas chamadas a explicacións á mellor distribución e uso dentro do sistema capitalista, debe poñer os pelos de punta a quen non aspire a controlar o sistema (léase, a quen non sexa como Nestlé ou Agbar).

   De pronto, venme á cabeza un pequeno conto que lin hai moito tempo sobre un mercado da auga, 'O mercado. Parábola do depósito da auga' de Edward Bellamy (Pode atoparse na rede de xeito libre en moitos lugares, e coido que paga a pena o procuralo, como aquí: https://arranbages.files.wordpress.com/2013/11/el-mercado.pdf). En resume, expón unha trama: créase unha dependencia fortuíta que se converte en escravitude, o que fai necesaria unha loita para albiscar un novo futuro. Hoxe por hoxe, tal parece que sexamos caracteres do conto.

20201213

A temperie ribadense: un avance

   Quedan aínda 17 días para rematar o ano, mais raro sería que 2020 non volvera a batir unha marca de temperatura media dende que hai rexistros. De feito, a gráfica leva case todo o ano por riba das dos outros anos. Preséntase baixo estas liñas a evolución da temperatura media ó longo de cada ano deste século en Ribadeo, destacando en trazo máis groso a de 2020, e vese que dende mediados de febreiro (sobre o día 45 do ano), a temperatura media es te ano foi sempre superior á do resto dos anos (a excepción duns días en abril). O tramo final desta liña é unha recta horizontal, esperando as temperaturas que se podan medir nos últimos días do ano, que é moi posible que remate cunha media de 14,9 ºC, día e noite, verán e inverno.



20201212

Tempos provisionais, solucións provisionais

   Onte sorprendinme ó saír coa instalación dunha carpa fronte ó centro de saúde de Ribadeo. Logo vin a nota de prensa do concello, (a que deixo abaixo), e felicitei (daquela de xeito mental, agora por escrito) ó concello por unha idea que coido que entra de cheo na provisionalidade do momento actual. Que non é o mellor? Por suposto, non é nin unha sá de espera, pero é algo para agora e que ven a paliar unha necesidade xa, a das persoas que tiñan que esperar baixo o clima invernal diante do centro de saúde.

É COSTEADA POLO CONCELLO DE RIBADEO

Instalada a carpa

11/12/2020

O Concello de Ribadeo deixará hoxe instalada definitivamente a carpa diante do centro de saúde. Alí poderán resgardarse do frío e da choiva as persoas que acudan a facer analíticas a primeira hora da mañá e aquelas outras que teñan que realizar os test de antíxenos.

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que "ao longo desta tarde vai quedar definitivamente instalada esta carpa que o Concello de Ribadeo montou diante das inmediacións do centro de saúde, na rúa Reinante, despois de que a Xunta finalmente dixo que non ía pagala, pero que tampouco se opoñía a que o Concello a instalase".

O rexedor subliñou que "nosoutros quixemos facer isto para mellorar esta situación e facer algo máis humana a espera da xente que ten que, en horarios matinais, a primeira hora os luns, os mércores e os venres, facer extraccións de sangue para analíticas, etc…, e que está nunha situación á intemperie, que non é agradable para ninguén, e tampouco polo tanto para a xente maior. Tamén vai quedar instalada para outras probas que se teñen que facer a partir de agora no centro de saúde, como son os controis dos test de antíxenos, polos que os facultativos e o persoal médico estaban especialmente preocupados porque isto vai ser para a xente que poida ter síntomas evidentes de coronavirus e que é necesario que non entren no centro de saúde para facer unha proba deste tipo".

Suárez Barcia engadiu que "a carpa se está instalando por unha empresa profesional, dedicada a este ámbito e en estrita coordinación co persoal do centro de saúde que son os coñecedores das necesidades que hai que adoptar e de que maneira hai que instalala para garantir os aspectos de circulación do aire e que en ningún caso se produza ningún contaxio porque a xente estea nese entorno do centro de saúde. Agora, polo tanto, queda montada deste xeito, pero quedamos desde logo abertos a calquera mellora que nos vindeiros días nos poidan requirir desde o persoal do centro de saúde de Ribadeo".

20201211

SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020). Por Evaristo Lombardero Rico

SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020)

    Xabier Pérez Davila (Bueu, 1957) é un economista, residente en Vigo, que ven de publicar, baixo este tiduo, un traballo de máis de cincocentas páxinas, que vai ser referente obrigado nos próximos anos, sobre a necesaria transición ao socialismo e a madureza deste proceso en Europa.

    A tese central deste autor resúmese na idea de que a concentración do capital en poucas corporacións transnacionais e a planificación, tamén centralizada por medio dos modernos algoritmos informáticos, facilitan a socialización, por vía democrática, deste conxunto de superestruturas. A mercantilización neoliberal que colleu pulo tralo golpe de estado que derrocou a Salvador Allende e a desintegración da URSS está conducindo ao mundo as crises económicas encadeadas, ao esgotamento dos recursos primarios, ao deterioro ambiental irreversibel e a unha sobreexplotación das clases traballadoras que elimina, na práctica, todas as conquistas do movemento obreiro plasmadas no dereito laboral, derrogándoo de feito.

   Pola outra banda a tradición democrática europea, a formación científico-técnica dos traballadores e o esgotamento dos paradigmas tecnodesenrolistas que mantiñan a utopía do desenvolvemento contino baixo o sistema ultraliberal conducen inexorablemente á concienciazon social que non é mais que a toma de contacto ca realidade cotián en tódolos paises europeos. En contra das teorías que apuntan á desaparición das clases sociais, os números contantes e sonantes que analiza o autor revelan que a asalarización masiva das últimas décadas supera amplamente a tódalas fases anteriores do desenvolvemento industrial. Que agora se presenta baixo formatos diferentes no que atinxe aos modelos de estrutura empresarial pero cos mesmos ou peores resultados no que atinxe ao rendemento do traballo para as clases dependentes e ao incremento da apropiación da mais-valía para as elites dominantes. Elo unido a que a financiarizazón da economía non só non aporta valor engadido, senón que, pola contra, produce un efecto bumerán que transmite as suas crises aos sectores industriais, agrícolas, comerciais, etc, que son os verdadeiramente productivos de riqueza. Como di na contraportada: “O capital móstrase incapaz de reconducir a crise ecolóxica e frear o aumento da temperatura global, poñendo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada”.

    Debe suliñarse tamén que o traballo de Pérez Davila encádrase no eido da investigación socioecómica e análise de datos cuantitativos perfectamente identificabeis por medio de mais de cincocentas citas bibliográficas, que supera amplamente o modelo de ensaio de opinión aos que nos teñen afeitos distintos autores nos últimos anos. Realmente trátase de unha aportación verdadeiramente novidosa que enriquece a bibliografía disponible, atreveríame a dicir a nivel mundial. Aplica a teoría marxiana do valor ás modernas estruturas do sistema neoliberal, pero fuxe de calquer doctrinarismo ou tentación panfletaria. De redacción sinxela e directa, faise de lectura doada e accesible a un nivel básico de formación. Mesmo diría que moitas persoas con ideas políticas discrepantes, pero con sensibilidade social poderían disfrutar da sua lectura e seguramente compartir unha gran parte dos contidos.

    En resumen, as propostas do autor recollen as principais demandas que foron abrollando nos últimos decenios. Unha sociedade onde os dereitos políticos e económicos das grandes maiorías prevalezan sobre a cobiza do capital transnacional, onde a crise enerxética e medioambiental e o quecemento global sexan superadas pola planificación basada en estructuras democráticas e nos coñecementos científicos, onde o modelo patriaracal pase definitivamente aos libros de historia e onde a especie humana enfronte un futuro de paz, xustiza e democracia para o desenvolvemento progresivo das suas capacidades.

    Para rematar quixera suliñar a sensación persoal de que o traballo de Xabier Pérez ten a dupla virtualidade de promover o debate e concitar o consenso. Lonxe de presentarse como un protocolo de actuacións recomendabeis, aporta unha serie de materiais, análises e documentos que convocan ao continuar no estudo e traballo colectivo para acadar non a solución utópica revolucionaria, senón as alternativas prácticas e realistas a crise global onde poden ter acollida todos e todas as que queiran participar.

    E non o menos importante: escrito para o mundo en lingua galega e dende Galicia.

Evaristo Lombardero Rico.

Ribadeo, 9 de decembro de 2020. 

Nota: esta entrada foi posta de novo en estado de borrador o 12 de decembro de 2020.