20120629

En que quedamos? De luz, crise e taquígrafos

Os paxariños cantas nunha mañá con nubes sen frío nin calor. España xa ten rival nunha final de europa á que se aproximan os perdedores na economía, como naquel conto de 'agraciado en el juego, desgraciado en amores', contra unha Italia que derrotou claramente a Alemaña mentras Paña tivo que aquilatar penaltis contra Portugal. Coñecemos que no polígono industrial ribadense xa hai luz, e esperamos que, como se dicía antes, haxa tamén taquígrafos que, entre outras cousas, nos expliquen o tema da subestación elétrica se xa hai luz abonda para o polígono, e a outros niveis, parece estarse a reducir o consumo eléctrico, ou o retraso na concesión de luz.
Mentras, a nivel estatal, hai quen nos explica que a crise está a punto de finalizar para nós, pero non para os banqueiros. Alomenos iso debera deducirse das verbas do presidente da patronal bancaria, Miguel Marín (ver remarque na ligazón), cando anuncia que os soldos teñen que baixar durante 5 ou 10 anos para superar a crise. Coido que levan baixando alomenos 5 anos para a maioría da xente (un caso particular que coñezo moi ben: aprox. 25% reais do 2007 ata hoxe), mentras para algúns, como os mesmos banqueiros, non se aprecia unha diminución, cando por ser de maiores cantidade deberan ser os que baixaran máis tempo ...
Pero hai máis. Aí estáun grupiño gobernante dicindo que hai demasiados funcionarios, e reducíndoos dende educación a sanidade, pasando por prisións, e resulta que agora hai poucos funcionarios de prisións e por iso, 'para aforrar', 'contémplase' o emprego de axentes privados para 'certas funcións'. Ou sexa, cara ó sistema americano, demostrado máis caro e peor, pero iso si, privado, dando beneficio público a bolsillos particulares.
Mentras tanto, a raíz (parece ser) dun bloqueo de España en Italia en Bruxelas, o fondo de rescate convírtese en axuda direta á banca. De non haber letra pequena, é unha noticia que alivia a España. Unha gran noticia. Ocórreseme, de calquera xeito, que, por exemplo, se Bankia está xa nacionalizado (ou NGB), o estado é propietario, logo subsidiariamente seguirá a ser o estado quen corra co seguro de devolución e pago do correspondente préstamo, que por outra banda, haberá que devolver, a pesares do que dicía hai non moito o presidente de Bankia no sentido de que a intervención do estado faćiase en capital do banco e polo tanto non habería que devolvelo.
Así pois, en que quedamos?

20120628

O Tesón convoca asamblea. Actualización cunha petición para Gilberto

Xunto coa entrada anterior sobre a asamblea de O Tesón, unha nova: tratarase da petición do nome de Gilberto Suárez Méndez para unha rúa en Ribadeo.

1000 €, 300000 € e outras nimiedades

Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras:
1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata.
2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas.
Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por estudante. Ben, o anterior é redondeando, pois habería que descontar a porcentaxe das privadas, que non atopei no artigo nin procurei máis, pero que por lembranzas anteriores, debe andar algo superior ó 10%, o que levaría a cousa a unha suba media de taxas de algo máis de 1 100 € por cada estudante. Tendo en conta que a media de matrícula este ano foi algo inferior ós 1 000 €, para o próximo duplicarase (e algo máis).
A segunda cifra. Onte tiven un pequeno intercambio jocoso cun portugués a conta do fútbol. Dende o meu nulo coñecemento futbolero, lembrei que vira por algures que España levaba marcado abondos goles na eurocopa, o que me serviu para saír do paso folgadamente. A estas alturas xa podía ter un argumento máis contundente: no partido España-Portugal, ganou España. O que deixa a falta dun partido a prima. Neste caso non de risco, alomenos para os xogadores, senón de (creo lembrar) 300 000 € para cada un. Prima que pola rede se suxeriu que fora doada, xa que todos somos 'la roja', para o país. Moito me temo que non vai ser así, e que, conveniencia da prima ou non, eficacia ou non, etc, en caso de ganancia fronte a ¿Alemaña? a prima cotizará ó 1% ou semellante, primados os impostos só das primas a custo da matrícula de máis dun millar de estudantes universitarios.
Onte tamén foi noticia unha nova relacionada coa pasta: un desahucio en Oviedo, que estaba avisado polas redes sociais relaciondas co 15M na zona. Foi unha das minucias. Outra, que o Banco de España deu conta de que a contracción está acelerándose, algo polo demáis avisado para estas situacións e estratexias dende o coñecemento dos rescates condicionados do Banco Mundial de hai moitos anos xa. A outra que parece algo bondadosa e coido que non o é: Europa non será un 'acreedor preferente'. Iso significa que vai cobrar, pero que antes aínda quere que se pague a outros ...
Outros números aínda ocúltanse detrás do que se podería chamar argumentos pero non o son. Aí está a proposta de cambiar a lei do tabaco para favorecer ó macrocasino que a conta de prometer unha entrada importante de cartos ameaza con rematar de facer a España un país parello en comportamentos corruptos a ... á Cuba de Batista?.
Nimiedades que abocan a un cambio social acelerado, e se ben a dirección final está por determinar (tamén poideran ser direccións deiversas), fai emerxer novas iniciativas en tódolos campos, e a promesa de máis implicación da cidadanía na construcción dun futuro para todos.

20120627

27ºC

Boto unha ollada ó lateral e voxo a previsión do tempo para hoxe en Ribadeo: 27ºC de máxima. Pasaremos calor aínda que esteña oculto o Sol e poda chover.

PXOM de Ribadeo: ¡¡¿……?!!

O título corresponde ó encabezado dun artigo sobre o PXOM feito por Rocío Botana, despois das correspondentes alegacións ó Plan Xeral de Ordenamento Municipal, artigo que sairá próximamente en diversos medios. Corresponde á alegación dun polígono urbanístico no centro do pobo, no que se variaron a edificabilidade e a súa distribución, quedando beneficiada unha zona destinada a altos edificios e en propiedade dunha inmobiliaria, en detrimento construtivo doutra dividida en parcelas distribuídas en mans de diversos propietarios individuais.
Corto e pego abaixo a versión definitiva:
"Se preguntarán ustedes el porque de este título tan extraño, tan falto de significado y al mismo tiempo lleno de múltiples sentidos, según se mire. Pues ahí va la explicación: Mientras anotaba ideas para escribir este artículo, me venían constantemente a la cabeza tantos títulos distintos que me resultaba imposible decidirme por uno.
Por eso les voy a detallar los más importantes de los que barajé para que puedan elegir el que mas les guste.
Título número 1: “PXOM de Ribadeo: Como siempre los ricos ganan… y los pobres...” A lo largo de estos dos meses de exposición pública he mirado, remirado y estudiado el Plan todo lo que he podido y desde distintos puntos de vista. Dados mis limitadísimos conocimientos sobre urbanismo he procurado utilizar sobre todo el sentido común y la lógica, ya que quiero creer que estas dos herramientas (a pesar de lo que a veces pueda parecer) todavía están en vigor a la hora de dirigir el comportamiento de los humanos.
Cuanto más lo miraba, más patente se hacía en mi mente la idea de que éste es un Plan “hecho a medida” (tan a medida como los trajes de Camps) de cuatro constructoras y cuatro peces gordos, los cuales, como suele suceder en estos casos, arriman todo lo que pueden el ascua a su sardina e intentan obtener el máximo beneficio a costa de quien sea, que por lo general, suele ser el más débil. Concretando un poco, el sentido común me basta para entender que si a un polígono se le quita la mitad de la edificabilidad y en cambio se le mantienen el 80% del suelo de cesión y cargas, el valor de esos terrenos para sus propietarios se reduce drásticamente.
Título número 2: “PXOM de Ribadeo: ¡Que verguenza!”
La verdad es que, cuando intercambiaba impresiones con los vecinos, la palabra verguenza era la que con más frecuencia aparecía en las conversaciones. Otra de las palabras que con mucha frecuencia aparecía era error (“me dijeron que había un error”).
Reconozco que es muy difícil contentar a todo el mundo cuando se proyecta algo tan complejo como esto. También que es imposible evitar que se deslice más de un error; pero cuando el número de equivocaciones por kilómetro cuadrado empieza a ser muy alto, “nosotros, los mal pensantes”, no podemos evitar sospechar que algo raro se oculta detrás de tantas irregularidades y cambios sin explicación aparente.
Otras veces me llegaba alguna información que desconocía, ataba cabos y pensaba: “Claro, ahora lo entiendo”.
Título número 3: “PXOM de Ribadeo… ¿De quién? ¿De Ribadeo?”
¿De quien es el pueblo? ¿De los vecinos que vivimos y trabajamos aquí o de unas constructoras advenedizas que esperan hacer su Agosto a base de firmar convenios de dudosa legalidad, si no a corto plazo, sí a medio o largo plazo?
¿De quien es el Plan? ¿De los ciudadanos de Ribadeo o de los especuladores?
Creo que si hay algo que no debemos dejar que la crisis nos robe (ni ésta ni ninguna) es la voluntad de hacer las cosas bien. Deberíamos pensar bien lo que queremos para nuestro pueblo: Si queremos evitar que Ribadeo se siga hundiendo en el caos urbanístico como hasta ahora; Si pretendemos evitar que se convierta en un ejemplo internacional de cómo “no” se deben hacer las cosas.
Bien, escojan el título que prefieran.
En cuanto a mí, hay algo que tengo muy, muy claro: No imagino tarea más importante ni más digna que defender lo que es mío. Por eso me niego a tener que regalar al especulador de turno aquello que a mis padres les costó toda una vida de esfuerzo y honrado trabajo conseguir. Sentiría que estoy traicionando su memoria si lo hiciera. Es posible que en este pueblo alguien se acuerde aún de mi padre. Todo el que lo conoció sabía que sólo lo podía encontrar en su modesta tienda, trabajando desde la mañana a la noche, (atendiendo a sus clientes, a veces hasta bien entrada la noche), nunca en bares ni cafeterías. Para quienes no lo conocieron les diré que fue una buena, buenísima persona que vivió los horrores de la Guerra Civil, las penalidades de la Posguerra y que murió pocos meses después de jubilarse. (ni siquiera pudo disfrutar de su jubilación, tan merecida).
Por eso, “Aviso a navegantes”: ¡Pienso defender lo que ellos me dejaron con uñas y dientes!; ¡Mientras me queden fuerzas!; ¡Hasta el final!!!
No olviden que “los pobres somos legión”. Y ahora con la crisis cada vez somos más. Y unidos, aún más fuertes. Y cada vez tenemos menos que perder.
Me gustaría terminar citando unos versos de una vieja canción de Joan Manuel Serrat, se trata de un alegato en defensa de la naturaleza pero me da la sensación (no sé por qué) de que muy bien se podría aplicar a esta situación. En ella un hijo pregunta: “Padre, que le han hecho al bosque que ya no es el bosque (…), Padre, que le han hecho al río que ya no es el río…” Y al final: “Padre, ¡deje usted de llorar, que nos han declarado la guerra!”.
"

20120626

O Tesón convoca Asamblea

A AVV O Tesón convoca para este fin de semana unha asamblea de socios. A convocatoria, distribuíndose, di:
"Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo, o domingo 1 de xullo ás 12:00 en segunda convocatoria (ás 11:30 en primeira convocatoria, que non se fará por falta de quorum)
Os puntos previstos na orde do día son:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
3.Presentación de orzamento e programa de actividades
4.Rogos e preguntas
Dentro do programa de actividades acordarase a xa tradicional viaxe societaria.
En Ribadeo, a 14 de xuño de 2012"
Dende logo, temas a tratar como propostas para o futuro non han faltar. Outra cousa é mans para poñerse a eles.

20120625

Arredor da ría de Ribadeo

Onte, tarde de domingo, para desfrutar, a ría á beira, calma -alomenos a relativa que se pode atopar no verán-, bó tempo, e nas mans, un libro que merquei por novo e atópome que ten 13 anos. Sabía que o contido os tiña, pero non o esperaba da edición: os 'discursos de Estocolmo' de José Saramago.
Cargo os sons anteriores, tomados na beira asturiana da ría, e atópome con que me di que 'podo cargar a letra agora, se quero'. Collo un parágrafo do curto libro, unha volta pasado ó galego dende o portugués (no que recomendo que se lea; se se sabe en castelán e en galego, non ha dificultade que sobrepase o atractivo do escrito orixinal. Aquí póñoo en galego por mor da présa e non cometer máis erros dos que xa vos teño afeitos ó escribir):
'Viñeron despois os homes e mulleres do Alentexo, aquel amesma irmandade de condenados da terra á que pertenceran o meu avó Xerónimo e a miña avoa Xosefa,campesiños rudo obrigados a alugar a forza dos brzos a troco dun salario e de condicións de traballo que só merecerían o nome de infames, cbrando por menos que nada a vida á que os seres cultos e civilizados que nos prezamos de ser apreciamos chamar, segundo as ocasións, preciosa, sagrada ou sublime. Xente popular que coñecín, enganada por unha Igrexa tan cómplice como beneficiaria do poder do Estado e dos terratenentes latifundistas, xente permanentemente vixiada pola policía, xente, tantas e tantas veces, vítima inocente das arbitrariedades dunha xustiza falsa.'
E claro, despois, falta unha visual:
A mesma foto que carguei para ilustrar a entrada do Forte de San Damián na Galipedia (a mellorar aínda, para o que convido a quen queira)

20120622

Os días comezan a minguar

Non se nota, pero así é. Entre onte e hoxe xa foi unha miguiña máis curta a noite. Pouco a pouco, sen decatarnos ata calquera sabe cándo, o fenómeno iráse manifestando cada vez máis e con máis variación. É un fenómeno anual, cíclico, e iso líbranos da noite perpetua no futuro.
En troques, hai outras moitas cosas que poden facerse máis ou menos cíclicas, pero que non o son per se. Un par de exemplos: as crises económicas e as novas.
En canto ás crises económicas, din as teorías ó uso ata hai relativamente ben pouco que son ('eran') cíclicas, pero sen precisar unha exactitude de tempo de intervalo entre elas nin de duración, nin de profundidade. A realidade convirte este tempo cíclico nunha abstracción para tentar funcionar, nada máis que unha referencia.
En canto ás novas, a cuestión tampouco é que sexan ou non cíclicas na súa cantidade, senón a cuestión estatística que fai parecer nalgúns momentos unha acumulación de novas e noutros unha seca, ou as dúas cousas ó tempo, segundo valoracións. Hoxe é un día para ribadeo que se pode incluír neste último comentario: o festival de fin de curso da EMMeD, as actividades a nivel de rúa que se van organizar pola 'noite aberta' (son unhas cantas), ó que hai que incluír a nova do novo libro do grupo de letura, o curso de verán sobre Arte e Patrimonio da USC, o temático de Educación infantil, o prazo das actividades para pícaros no verán, etc. E, non obstante, as novas de hoxe para Ribadeo voltan estar fóra. Por exemplo, que o Bispado parece que comeza a moverse, denunciando medio ano longo despois a substracción de pezas de diversas igrexas da zona. Ou que o alcalde de Ribadeo abordará en Bruselas a situación da praia das Catedrais.

20120621

Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo (FIMCR)

Aproveito a lembranza da última entrada de Ángel de Olavide para dar nota do festival de música clásica deste ano:

VII FIMCR (2012)


PROGRAMACIÓN

CONCIERTO I — Domingo 12 de agosto de 2012 a las 21:30 horas
“Tempestuoso, apasionado, revolucionario, lírico…”
Leopoldo Erice (piano)
Beethoven: Sonata Op. 31 nº 2 en Re menor, "Tempestad" — Brahms: Piezas para piano Op. 118 — Schönberg: Seis pequeñas piezas para piano Op. 19 —Schubert: Cuatro impromptus D. 899

CONCIERTO II — Lunes 13 de agosto de 2012 a las 21:30 horas
“El canto y el teatro: una mirada al mundo desde España”
Ángel Rodríguez Rivero (tenor) y Juan Antonio Álvarez Parejo (piano)
Canciones, arias de ópera y zarzuela de Mozart, Monteverdi, Purcell, Rossini, Verdi, Granados, Moreno-Torroba y otros compositores.

CONCIERTO III — Martes 14 de agosto de 2012 a las 21:30 horas
“¿Es una escultura? ¿Es un instrumento? ¡Es el Cristal!”
Michel Deneuve (cristal)
Obras de Bach, Satie, Mozart, Deneuve y otros compositores.

CONCIERTO IV — Miércoles 15 de agosto de 2012 a las 21:30 horas
“Compositores emigrantes”
Marianna Prjevalskaia (piano)
Scarlatti: Tres sonatas para piano — Chopin: Vals Op.34 nº 1 en La bemol Mayor, Impromptu op. 29 en La bemol Mayor, Balada Op. 23 en Sol menor — Schumann: Novelletten Op.21 nº 2 y nº 4 — Rachmaninov: Variaciones sobre un tema de Corelli Op. 42

CONCIERTO V — Jueves 16 de agosto de 2012 a las 21:30 horas
“La poesía hecha música”
Meghan Tarkington (soprano) y Leopoldo Erice (piano)
Obras de Händel, Schubert, Hahn, García-Abril, Mompou, Toldrá, Obradors y Strauss.


LUGAR
Todos los conciertos se celebrarán en el Auditorio Municipal de Ribadeo


VENTA Y PRECIO DE LAS ENTRADAS
Las entradas estarán a la venta en la taquilla del Auditorio Municipal de Ribadeo los días de los eventos de 12:00 a 13:00 horas y de 20:00 a 21:30 horas.
Precio: 10 Euros
Precio abono para los cinco conciertos: 45 Euros


NOTA
Todos los artistas, fechas, horas y programas están sujetos a modificación.  Estos posibles cambios se publicarán en esta página web tan pronto como sucedan. 

Finanzas públicas: para aforrar en Ribadeo

Remato de ver unha nova sobre un 'pequeno' aforro nunha cidade. Trátase de Múnich, que aforra uns 4 M€/ano ó mudar ó software libre. En Ribadeo hai tempo que se lle ten proposto ó concello que faga a muda, tendo o aforro como unha das cousas a contemplar. Parece que é moi complicado o que nunha cidade se ten feito pouco a pouco. Claro que é unha cidade alemana, agora tan de referencia por estes lares, e entre outras cousas, alí dan emprego a traballadores na propia comunidade para postos que poden aportar valor no presente e futuro, mentras que aquí fálase de ir cubrindo postos teñan ou non rendemento. Vénme á cabeza o emprego dos cartos do 'Plan E', a parte de para carteis anunciadores dos mesmos; en Ribadeo, para asfaltado e ... e nada máis. É dicir mantemento de infrastruturas que non se é capaz de manter, despois dunha época de bonanza onde o que se procuraba era construír sen ver se se podían ou non manter, e que xeraron ... o que xeraron. E a mentalidade seguiu sendo parella, e coido que segue.
Mentras, a nivel estatal, este ano non haberá debate sobre o estado da nación. Ou sexa, entre recortar gastos, que o debate costa moito, e o 'para que, se estamos feitos uns zorros?' A ficción democrática cada vez importa menos.

20120620

O que pasou onte en Mondoñedo

Onte foi a vista oral do xuizo iniciado á petición miña contra Balbino Pérez Vacas por prevaricación. O xuízo trasladous ás dependencias xudiciais de Mondoñedo ó estar citadas 12 persoas para declarar, sendo levado por un dos xulgados de Lugo. Pouco que dicir: declaramos 11 persoas e unha máis non acudiu. A falta de escoitar a declaración do propio acusado, sin sorpresas (alomenos para min) nunhas intervencións que duraron dende preto das 11 da mañá ata pasadas a unha. Queda agora visto para sentenza despois dos alegatos finais dos avogados, e da intervención minimalista da fiscal. Coido que a sentenza debera estar clara, pero a xuíza decidirá nun caso que diríase que ven ó loro da situación actual de España e as súas causas: negación de información sobre expedientes que deberan ter sido abertos e que tras requerimento xudicial dende o mesmo concello din que desapareceron do mapa, causando un perxuízo mentras a nivel político facíase que se facía nun principio, e logo nin eso, con trasfondo de presión de intereses para que nada cambiara. Un xuízo que representa un paso máis cara á obriga da asunción da responsabilidade do tema do ruído en Ribadeo.
A senteza, probablemente o mes próximo.

20120619

Baile de cifras

Días movidos istos nos que se produce un contínuo baile de cifras. Sube a bolsa (máis ben lento) e baixa (dunha tacada, preto de 3%). Intradía, a prima 'de risco' sube 40 puntos e volta baixar algo menos da metade, ó son dos intereses da débeda. Mesmo o límite de velocidade, despois de ser baixado a 110 km/h nas autovías e autopistas, logo foi baixado por 6 meses, volto a recuperar o máximo e agora fálase de subilo (nas autovías) e baixalo (nas estradas nacionais) de xeito simultáneo ... Claro que o goberno parece ser capaz de controlar a última cifra como lle pete (especifico 'parece') mentras as outras campan enriba ou abaixo diríase que de xeito independente total dos desexos e actividades do executivo. Especifiquei o de 'parece' para a velocidade límite porque diríase que ante o cobro nas autovías, e a diminución xeral da circulación que se ten observado, a baixa e suba simultánea de velocidades límite permitiría máis ventaxas a quen pagara, estimulando a recadación da nova taxa.
En Ribadeo as únicas cifras que dan para manexar son as das datas de concesión de permisos para a queima en San Xoán e San Pedro, ata o 21 as primeiras ou o 27 as segundas. Ir máis aló dada a situación actual do concello, pedindo manexo de cifras económicas, é algo arriscado a pesares de que hai concellos que estan abondo peor non tan lonxe.
Outra cifra que da bandazos, pero só para atenuar ou acentuar o seu aumento, é a do paro. É de esperar que agora, no verán, volte a haber contratacións, pero xa non é seguro, como en outros tempos, que o paro diminúa nestes meses, aínda que tradicionalmente o fixo así.
Onte había partido da copa de Europa no que xogaba España. As rúas de Ribadeo estaban desertas de coches e viandantes mentras o partido estaba en marcha. Mais os locales nos que se vían os partidos sen ir máis lonxe o ano pasado, estaban vacíos ou case. Só un pequeno puñado rexistraba unha entrada mediana. Claro que non era a final, senón un partido de clasificación no que os xogadores contemplaban lonxe a prima (non de risco, senón compensatoria polos seus esforzos). Aínda así ...

20120618

Respiro aliviado, Syriza no ha ganado!

A práctica toalidade de medios informativos que chegan a Ribadeo fánno en castelán. O titular debe tomarse entón como un ripio nunha traslación doutro (titular e posible ripio) correspondente a un medio ficticio falando sobre as eleccións gregas. Como complemento, dúas ligazóns a un par de blogs -non ficticios- con entradas relacionada. Un, sobre o programa do que se deu en chamar 'partido de esquerda radical grega', Syriza. O outro, sobre a percepción de democracia mediatizada en relación coas eleccións gregas.
Ó resultado da para pensar moito, se se quere facer. Comezando pola perda de votos dos partidos tradicionais xa nas pasadas eleccións lexislativas gregas, o martilleo de novas para dirixir o voto, escorrentándoo de certas liñas políticas xa que non se podía facer plausiblemente carretándoo para as outras, furtando o debate sobre o secuestro da vontade popular dende a imposición da UE-FMI-BCE ou mesmo o considerar todo xa atado e ben atado cando se falan de porcentaxes -datos de El País- de menos do 30% da dereita 'tradicional' Nueva Democracia (129 escanos, ó coller os 50 + de 'prima' ó partido máis votado, algo moi 'democrático'); de case o 27% de Syriza (71); algo máis do 12% do Pasok (33); 7% Gregos Independentes (20); 7% Aurora Dorada (18); 6% Esquerda Democrática (17), onde as vellas forzas políticas 'máis centradas' terían que pactar para facerse cunha cómoda maioría (a maioría está en 151 escanos).
Quedan fóra case de escea a vitoria sobrada de maioría dos socialistas franceses nas lexislativas do seu país (unhas 5 veces máis poboación e 10 producción), ou as presidenciacias exipcias, con máis poboación aínda, pero con menor porducción que Francia, que culminan polo momento un proceso que se deu en chamar revolucionario e no que o candidato relixioso mellor posicionado foi o que chegou á meta aproveitando unha revolución da que o motivo non foi a relixión.
Tamén queda fóra de escea polo momento, e de xeito sorprendente, que o parlamento grego, isto é, dun país coa quinta parte da poboación que España, teña 300 representantes, abondo máis per cápita que por estes lares (non tanto se se suman os autonómicos ó Congreso e Senado).
Tampouco se di moito de que Merkel lles pase a man polo lombo ós gregos despois das eleccións dicindo algo así como que se lles pode dulcificar algo o próximo futuro -pero sen arriscar nada concreto-.
En fin, unhas eleccións máis. E quede aí o conto.

20120616

Da cidade da xustiza á cidade xusta

No fin de semana, de xeito máis repousado, sobresaen máis algunhas novas chamativas ou de máis calado ou duración.
Así, destaca que a inmobibliaria do Banco Santander venda pisos en Barreiros de 19 900 € a 31 500 (de pouco máis de 3 a pouco máis de 5 millóns de pesetas). É certo que parecen ser pequenos, pero levantou en armas ós construtores ... ó tempo que amosa outro aspecto da crise e sobre todo, fai máis visible o que representou a orxía construtora de hai uns anos.
E manténse que o Porta da Auga (o CIFP, o único dos dous institutos Porta da auga que sobrevivirá despois da unificación IES Porta da Auga-Gamallo Fierros, para dar lugar ó IES de Ribadeo) incrementará dous novos ciclos formativos, Atención a persoas en situación de dependencia e Xestión administrativa a distancia para adultos, dentro dunha restruturación xeral que abrangue o cambio de denominación (e polo tanto, de programa) doutro ciclo da rama de construcción. O que nos leva a outro momento non tan loxano (25 anos) no que, coa rama Sanitaria, Ribadeo chegou a recibir petición de prazas dende a Rioja...
E, coas novas correspondentes á longa duración, segue a habelas sobre o tema da ditribución xudicial. En Ribadeo, xa sabemos que só O Tesón se move para tentar recuperar o xulgado, pero noutros lugares non é así, e están facendo actividades e movementos diversos para tentar que non se lles escape a xustiza das mans. Por exemplo, Mondoñedo estase a mover implicando a toda a sociedade dende o mesmo concello, e xerou onte mesmo a nova "Mondoñedo presentó el estudio para ser «Cidade da Xustiza»". Hai persoas en Ribadeo que creemos que Ribadeo sería a cidade xusta para, dentro desa reunificación de partidos e redistribución de xulgados, dispor de unha sá no pobo que achegara a xustiza a Ribadeo, pasando quizáis a ser unha cidade máis xusta ... Como o alcalde e concelleiros non se manifestaron sobre o tema, non sabemos se en realidade apoian a sinatura de 31 de decembro de 2010 pedindo o retorno do xulgado ou só foi para saír na foto .

20120615

Xornal dixital Porta Norte

Onte asistín a unha pequena xuntanza. Tivera orixe en internet días antes, artellando unha idea cun pequeno desenrolo pero posibilidades de gran potencial: a creación dun xornal dixital en Ribadedo.
Asistín máis que participei. Fago a distinción porque o mesmo que había máis xente na lista da que participou ó final, o compromiso dos que alí estabamos marcou unha diferenza que me deixou nun segundo plano.
Tivo orixe en internet? As ideas teñen orixe nas testas, non en internet. Pero internet pode ser o medio tanto de que as testas cheguen a ter algunhas ideas como para o seu posterior desenvolvemento. Fai falta moito tempo para desenvoltar unha idea? Depende, pero en colaboración a cousa pode desenvoltarse máis rápido. É máis, quen da acubillo ás ideas, polo desenvolvemento colaborativo pode pasar nun tempo máis curto de ser un inexperto nun grupo heteroxéneo a ser experto dentro dun equipo de expertos. E algo así se lle pode augurar á iniciativa que agora comento, que hai un par de días non tiña máis que unha idea medio borrosa de obxectivo, algúns bocetos de logotipo e varios posbiles nomes. Hoxe os obxectivos están claros, o que non quere dicir que non podan sufrir mutación posterior. O nome está no título deste post e o logotipo foi elexido. Pero tamén a perioricidade, semanal, o esbozo da difusión na rede e fóra dela, as seccións e a súa definición, os encargados das mesmas seccións, os contactos primeiros para botar a andar, o formato, ...
Pequeno desenrolo, gran potencial ... o potencial está sempre aí, pero se non se chega a un desenvolvemento adecuado a tempo, o mesmo potencial pode ser adxudicado a outros desenrolos. Aquí, o de 'pequeno' era antes da xuntanza de onte. Coido que alí púxose pé noutro escalón, achegando posibilidades a potencial. Quizáis deba aclarar dúas cousas. A primeira, que a mesma mañá contactaron comigo outras xentes para tentar (elas) facer unha web cunha idea ata certo punto parecida, máis precisa pero máis reducida, o que da idea de que 'nicho' para estas cousas háino e a xente estáse a decatar. A segunda, que aínda que na actualidade existe un medio semanal en papel, a Comarca, que se a idea en internet funciona se vai a ver afectado, o novo medio non pode verse como competencia directa do anterior, senón máis ben indirecta, ó corresponder a soportes diferentes, obxectivos entendo que diversos ou posibilidades futuras tamén sen relación.
Ben, polo momento, aínda queda algún recorrido temporal ata que a idea se poña en marcha. Non moito, a dinamicidade da xente nova que está detrás así o augura.

20120614

O Guadiana do arte

Despois das varias veces que José Mª Rodríguez leva mantido no candeleiro o tema (por exemplo, aquí, aquí ou aquí), hoxe por fin aparece nos xornais que se está a recuperar algunha das pezas de arte retiradas das igrexas os dous anos pasados, período que coincide co da estancia na zona dunha persoa que ten marchado con polémica e actitudes non moi construtivas. É de supoñer que nos próximos días se irá coñecendo algo máis, pois as pezas aínda desaparecidas así o xustifican.
Máis: recollendo outro artigo de José Mª.

20120613

Corte na A8

Grazas a Moisés Gómez, remato de recibir agora mesmo unha foto sobre o corte dos mineiros asturianos na A8 en Tapia:
Unha protesta máis que se achega a Ribadeo. Os tempos que corren non deixan lugar para non comezar a patalear.
E máis, queima de rodas e un camión atravesado:






... e finalización despois de 2h 5min, ás 11.36 sentido Santander ...

Calma

Mañá de sol, pían os paxaros na calma matutina. Os xornais non traen novas de parques queimados e as cinzas do último xa están retiradas. O rebumbio de alegacións ó PXOM alónxase despois da campaña, esperando a renovación total do documento e a súa pronta aprobación ó mesmo tempo. Novas iniciativas como o café de idiomas brindan a oportunidade dun Ribadeo máis dinámico aínda que o dinamismo poda quedarse en potencialidade. Achégase a tempada estival e Ribadeo está preparado ... Hoxe pode ser un bo día, di unha canción.
Pero Ribadeo, por bonita e idílica que queramos pintar a situación, cara a galería ou crendo totalmente as bondades, está inmerso no mundo. Nun mundo do que se fala de novas cotas de primas de risco, as mesmas que entraron no panorama de novas hai ben pouco tempo. De empobrecemento e enganos, ambos do pobo, e enrequecemento e ocultacións, por parte do poder, que se segue acumulando a base do resto. De xuventude sen futuro á que se lle di que a culpa téñenna os pais por gastar de máis e o estado por ser moi xeneroso cos cidadáns, esquecendo a defraudación fiscal de quen tentou a eses pais dicíndolles que podían gastar de máis porque estaban en jauja e a corrupción de quen desviaba cartos e máis cartos do público ó privado dun xeito acelerado ...
Hoxe tamén pode ser un mal día. De feito, se sinxelamente esperamos a ver, case seguro que o será.

Na foto, a imaxe dunha boa nova: madeira almacenada en Mirasol (podería almacenarse así se se tivera construído a macronave proxectada?) á noitiña para o seu traslado, que lembra que hai ben pouco deuse a nova de que o tráfico de Ence en Mirasol medrara outro 15% no comezo deste ano. (outra cousa é o uso de Mirasol para almacenamento, do que se podería falar con algo máis detalle)


20120612

Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga

A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo:

Resolución Claustro de Profesores/as
A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o 6 de xuño de 2012, aprobou con 20 votos a favor, O en contra e 5 abstencións, a seguinte resolución:
Asdo,: Moptserrat Villar Riveira

A Educación é un dereito, un dereito de todas e todos, que os gobernos teñen a abriga de garantir ñas mellores condicións posíbeis. So a través do ensino público se poden minorar as diferenzas saciáis e se poden formar as xeradóns do futuro nos valores da liberdade, da ¡gualdade, dos dereitos humanos e da democracia. O ensino non é unha mercadería. Nunca pode ser medido con criterios de rendibilidade económica. A súa oferta e calidade debe estar garantida para todas e para todos, independentemente da procedencia socioeconómica ou xeográfica de cadaquén, aplicando as medidas compensatorias necesarias para garantir a igualdade de oportunidades. Por ¡so mesmo, nun momento de crise económica é cando compre fortalecer os servizos públicos e manter as dotacións necesarias para que non perdón calidade e para que o conxunto da cidadanía, esa que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.
Mais iso non é o que sucede hoxe. O actual gobernó galega veu aplicando sucesivos recortes ao ensino público e reduciu en 425 millóns os orzamentos en relación aos do ano 2009, o que provocou a perda de máis de 2000 docentes e a conseguinte falta de dotación necesaria para facer fronte á atención á diversidade, ao reforzó educativo e as necesidades educativas especiáis, é dicir, a todas as necesidades que ten o sistema educativo galega. Xunto a isto, a Administración galega eliminou a gratuidade dos libros de texto e non cobre as baixas do profesorado inferiores a quince días. Gastáronse millóns de euros en tirar con libros por estaren en galega e en facer propaganda da eliminación da gratuidade dos libros, mentres se mantiñan e se incrementaban as axudas aos centros privados concertados, mesmo cando segregan o alumnado por sexo.
A sociedade galega non merece que o ensino, medio onde deben medrar e formarse as xeradóns do futuro, sexa tido en tan pouca consideración polo gobernó galega. Co pretexto da crise, golpéase, de maneira grave, o ensino público, pondo en cuestión o dereito á educación da das clases populares. Por iso, pedímoslle que rectifique e que, como primeira medida, se posidone en contra dos recortes que agora nos quere aplicar o gobernó do Estado.
As medidas que se proponen buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.
Os recortes propostos, de levárense a cabo, superan:
Incrementar as ratios a 30 alumnos/as en Infantil e Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato. Esta medida provocará a masificación das aulas, impedirá unha atención personalizado do alumnado e atender as necesidades educativas específicas, e suporá menor calidade do ensino e maior fracaso escolar.
Impar unha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado de 25 horas en Primaria e 20 en Secundaría. Isto traducirase, entre outras consecuencias, en que o profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, completar horario neutros centros, incrementando as itinerancias, e dificultará a realización doutras funcións necesarias para o funcionamento do centro e para a mellara da calidade do ensino. Non substituir o profesorado de baixa. Será un prexuízo para o centro e para o alumnado que as baixas non se cubran até que pasen catorce días (dez días lectivos). Os centros verán alterado o seu plan de traballo cada vez que se produza unha baixa e o alumnado terá que ser atendido por profesorado de diferentes especialidades á do substituido/a, conculcando o dereito á educación do propio alumnado.
Eliminar o requisito de ofertar dúos modalidades de bacharelato. Isto ten graves consecuencias na formación do alumando que deberá desprazarse cando non conté na súa localidade coa modalidade de bacharelato que quere cursar. Esta medida afasta os servizos dos ámbitos non urbanos, detraendo aínda máis poboación ao rural, e reduce o acceso ao ensino superior, pois non todo o alumnado estará en condicións de custearse os desprazamentos, o que incrementará o abandono escolar e dificultará que cursen os estudos desexados.
Adiar a implantación de ciclos de formación profesional. O atraso da posta en marcha destes ciclos prexudica gravemente as persoas que, precisamente nun momento de crise económica, buscan unha mellar e máis actualizada formación, entre e/os moitas persoas paradas.
Incrementar as taxas universitarias. Trátase dunha suba desorbitada, que pode superar o 50% e que se fixará en función do cusió dos titulacións. Isto achegará o prezo das matrículas ao que hai ñas universidades privadas e impedirá que as universidades públicas continúen a cumprir o papel de inclusión e igualdade social.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeita estes recortes, denuncia que con e/es se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 profesores/as.
Por todo isto, esiximos que o gobernó galego actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negué, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas coñudas no RD Leí 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.

Era un parque infantil

Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira e máis ó chan almofado para que os nenos non se manquen.
Facía dano o parque? O día anterior pasara cabo del dando unha volta, e non parecía que os cativos alí divertíndose fixeran dano tampouco.
Xa non. Xa non está. Onte retiraron os restos pouco despois de facer a foto. Queda só a marca do chan  queimado e da herba afectada tamén por ter riba dela un corpo queimándose.
Rememoro o cargadoiro destruído non seus apliques. Alí segue sen amañar. Mesmo coa varanda en condicións perigosas. Son dous casos diferentes, pero en ambos o resultado é un destrozo gratuíto. Algo que significa que a sociedade en conxunto non vai na mesma dirección. Podería ser bo non ir na mesma dirección se fora discutindo, razonando, facéndoo de xeito colaborativo para crear unha diversidade. De xeito destrutivo, non, non é bo...
Por certo, tamén voltou haber queima de contedores. Como xa case 'estamos afeitos', non é tanta novidade ...

20120611

Gilberto

   Escribir unha necrolóxica non é algo que me guste facer. Mais cando se escrebe é porque se cree que a persoa meréceo. Gilberto, Gilberto Suárez Méndez, meréceo.
    Quizáis alguén das novas xeracións non coñeza aínda a Gilberto, pero é difícil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O antroido (carnavales, dicía el) asóciase con el e con outra persoa que nos deixou hai pouco tempo, Pepe, José Antonio González Iglesias, o mesmo que as festas, durante moitos anos, e como núcleo dun grupo de xente que pouco a pouco se ía renovando. Escritor na Comarca, as súas notas tentaban dar información evitando aristas que poideran rasgar a comunicación. Activista, fundou e dirixiu a asociación de veciños O Tesón. E xunto coa súa actividade nos xornais, participou en libros, sendo, xunto con Pepe, o artellador do libro dos carnavales de Ribadeo. Representante de Follas Novas na súa xira arxentina, tamén foi o impulsor do retorno dos restos dos irmáns Moreno a Ribadeo. E poderiamos seguir, como coa súa participación fundamental para a creación de O Tesón.
    Non se trata de facer unha biografía, que dun xeito ou outro xa as ten, ata onte, incompletas. Tampouco dunha elexía coa consideración de que como xa pasou, foi bo. Ou escapar de diferenzas nalgún tema, que as tivemos. Sinxelamente Gilberto respondía a 'por Ribadeo, o que faga falta'. E iso guiaba a súa actuación. Non dende o 31 de xullo do 1936 no que naceu, pero alomenos, dende que nos coñecimos. Ata onte.
    Algunhas referencias na web:

20120609

Día D - 2ª parte

A CIG e a ELA denuncia a Aznar, Zapatero e Rajoy polo saqueo de España.

Día D

Hoxe é o noso particular día D. O día fixado para o rescate financieiro, segundo filtracións. Filtracións, como non, interesadas, que meten máis presión no cotarro. Un día 'perfecto': en fin de semana, co comezo do campionato europeo de fútbol, a unha semana das novas eleccións gregas, ... Ben, as novas que se presentan a primeira horiña parecen descartar unha petición de intervención hoxe mesmo, pero virtualmente xa está o país intervido: ata as bolsas descontan xa a intervención, Italia treme polo contaxio ó tempo que respira aliviada por non ser aínda o seu turno, os xornais despezan o efecto que vai ter para o euro, ... e aquí xa temos descontado a perda de poder de decisión. Na realidade, respecto desto último, a maioría do pobo marcamos o 15M do ano pasado como o día no que xa sabiamos isto. Sen detalles, pero sabido. E cabe lembrar que aínda que a Rajoy se lle teña chamado 'El breve' dende antes da elección, e confirmado agora, a visión do que estaba a pasar é xa da época socialista. Nin me molesto en poñer ligazóns: colle calquera medio, calquera vale para ver a situación, aínda que a interpretación poda variar (e moito)
Os cambios que nos esperan non sei cales vai ser (si sei, igual que todos, a dirección xeral que van tomar), pero está claro quevan rematar de configurar un mundo diferente ó de hai poucos anos. Un paso da política á mala política (antecedendo o calificativo) e en certo xeito, a desaparición da política, e conxuntamente, do político ó mal político e ó substituto do político.
E o pobo? fomos algures cidadáns? ou foi un paso de cidadán a simple pobo rexido e deste a individuos illados? Dun xeito ou outro, o día D tamén é noso, e non só polas consecuencias económicas, porque non só haberá consecuencias económicas.
Chove en Ribadeo ... mesmo por riba das bandeiras azuis.

20120608

Sons da ría

Unha foto da ría de Ribadeo onte, co arco da vella querendo medrar sobre a Ponte dos Santos, e un minuto de gravación de sons na zona do cargadoiro: aire e paxaros.

Corrupción (e van ...)

Onte nos xornais viña unha nova que xa non é inquietante por coñecida: en europa están preocupados pola corrupción, na que se levan a palma precisamente os PIGS (é dicir, nós, máis Portugal, Italia e Grecia). Hoxe, que NovaGalicia (por que seguirá levando o nome de Galicia como insignia cando xa non é galega nin edificante para Galicia?) e CatalunyaCaixa necesitan entre as dúas 9 000 000 000 €. Apostíllase que se trata de inxección de cartos que fará o estado, non de perdas a asumir, pois non se sabe que vai ser delas (é dicir, . aflorar como perdas máis adiante ...). Claro que a operación vai contemplada dentro da nova (outra vez, xa non tan nova por estar afeitos a cousas destas) de que o sector bancario necesita 40 000 000 000 € (ou sexa, 6 663 860 000 000 pts) 'ou cousa polo estilo'.
A culpa lévaa o ladrillo, que debe ser a parte material do furado, pero segue sen falarse da culpa en canto a persoas que tomaron decisións, alimentaron a queima de cartos ou se beneficiaron direitamente de tantos ceros con algún número diante.
En Ribadeo, entre nubes sae un sol que ilumina o día ...

20120607

Só un par de ligazóns

Unha, a wiki sobre o movemento 15M.
A outra, http://www.eldiario.es/zonacritica/wp-content/uploads/2012/06/precipicio.jpg (lic. cc-sa, de Bernardo Vergara), a correspondente a unha viñeta dentro de 'eldiario', un sitio que está producindo moito material bo sobre a crise.

Para levar ben a vida hai que rir

O consello dunha redeira de Corme leva ó substancial da vida, que non é a risa, senón a felicidade. Pero resulta que se sabe dende hai tempo que se non son o mesmo, que non o son, si teñen algunha relación. Por iso hai que tomarse a vida con perspectiva, non a cegas, seguindo un camiño, non indo para calquera sitio sen preocuparse do destino, ... tendo en conta oo que sapunta nos comezos das coplas de Jorge Manrique á morte do seu pai. Hoxe, hai un cachiño, chovía e estaba obscuro. Agora clarexou. Segue húmido e con nubes, voltará a chover, pero é de esperar que aquí sigamos cando suceda, e cando volte a clarexar e saír o sol ... Quizáis aquí, para facelo máis almibarado, caería mellor un arco da vella, pero na procura doutra cousa, cheguei a 'Save the beach'. Tarda abondo en cargar e pode gustar ou non gustar, pero esta homenaxe ós voluntarios do Prestige non deixa de ser un apunte na dirección dun arco da vella de matriz humana saíndo da terra, 'coa que está caendo'.

20120606

Manifestación polo ensino

A manifestación tivo lugar hoxe en Ribadeo, con xeitos de enterro, transcorrendo dende o IES Porta da Auga, pola Avda. de Galicia, ata o Insalud, para logo retornar polo mercado e s. Roque ó punto de partida. Embaixo, uns vídeos e fotos:







 Coido que a manifestación non necesita moita explicación para quen teña un mínimo de contacto co que está a suceder en España hoxe. Pero, por se acaso hai algunha dúbida, un anuncio de emprego que rematan de pasarme pode resultar bo complemento de comprensión (non hai moitos exemplos de emprego hoxe...)

Difusión (dunhas e outras novas) ...

Difundir as actividades que hai en Ribadeo non é doado: o doado é que se escape algunha. Despois do concerto de percusión do Pera e a homenaxe a Baixeras, esta semana hai/houbo un encerro (luns), unha manifestación (hoxe ás 11:30), unha charla de explicación de política do goberno do estado (onte), camiñata da terceira idade (este domingo), presentación do primeiro libro de Sergio Irigoyen (sábado na Casa das Letras ás 20:00), representación de Citizen a cargo de Chévere (domingo ás 20:30 no Hernán Naval), xuntanza do club de letura (mañá ás 20:30 na Casa das Letras), charla sobre pesticidas e saúde o venres na Casa do Mar (a lembrar a actual crise do fluxenoxurón/Cascade), ... mentras remata a atención ó pxom (hoxe mesmo, alomenos en teoría). Ah!, e aínda que non sexa en Ribadeo, coido que hai unha copa a nivel europa que comeza venres!
Moita actividade prevista. Pásase pola cabeza (aínda que sei que non é así) se non será, a pesares das accións de protesta, para esquecer a situación diaria, como cando se vai ó cine/se ven películas ó esquecerse da situación. Queda o consolo que ese ir ó cine para esquecer foi a orixe de Bollywood, unha industria que hoxe factura tanto como Hollywood ...
Por certo, hoxe comezou nubrado, e coas novas económicas facendo saltar chispas no extranxeiro mentras que aquí a base das malas novas dosificadas (non só os venres que anunciou Rajoy) a xente parece estar medio anestesiada, aínda con Bankia, Dívar ou o paro rampante. Quizáis conviña lembrar que onte, con magnífico comezo de día en Ribadeo, acabou chovendo e xerando as novas que hoxe saen nos xornais... De calquera xeito, comece como comece o día, non quita que se vexa con aprensión e que sexa difícil loitar contra ela, sendo por contra máis necesaria a loita que noutros momentos máis tranquilos.

20120605

Unha tarde para desfrutar


Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, ...
A vida continúa, e sabemos que non vai ser o segundo sen algo do primeiro, pero hai que loitar para que nun futuro próximo todas esas cousas que nos teñen atenazados non sexan máis que unha anécdota. Entre todos. A sociedade, que somos nós.
Actualización: Vaites! e resulta que hoxe é o día mundial do medio ambiente!

20120604

E por eso protestan? Que se veñan a Ribadeo e nos ensinen

Unha nova nos xornais: falando das prebendas dos membros do Poder Xudicial, "en torno a 6.000 netos al mes", posto como moito.
Hai un lustro, posteaba neste mesmo blog: "un soldo medio mensual para o Secretario, quen máis debe cobrar no concello, superior ós 6000€ (é dicir, máis de 1.000.000 de pts), dietas a parte". Claro que cabería axustar máis a comparación, pero 5 anos son 5 anos...
Temas relacionados, entre outro moitos:posibles:
Liberados: unha comparación entre Ribadeo e España
E por datas semllantes, escribía "Sen cidadáns na rúa non hai revolución. Con eles pódese cambiar o curso da historia", ou "O estado non debe ser feudo dos que gañan"...

Unha convocatoria formativa

A semana pasada apareceron polo pobo os carteis. Sabía que se estaba xestando, pero non o resultado definitivo. Sabía que a estrutura política e económica está empurrando a convocatorias como ista, pero non sabía a ónde chegaría nin cándo chegaría a resposta. Xa houbo protestas, e hoxe, en Ribadeo, prantéxase nestes termos:
"Pola presente I de Bacharelato do IES Porta da Auga convoca a todo aquel que queira participar nunha xornada de protesta que consistirá nun peche no dito centro con propostas para pasar unha tarde lúdica e reflexiva.
Con este peche queremos dar a entender que as folgas e protestas polos recortes non concernen só aos profesores ou aos equipos directivos xa que nos influen a todos. Por eso, como alumnos, propoñemos unha movilización dos estudantes ribadenses e da poboación en xeral baseado nun peche o día luns 4 de xuño de 2012 a partir das 14:30 ata as 18:30 aproximadamente. 
(Posto que o peche comeza á hora do xantar sería recomendable que cadaquén trouxera consigo comida e bebida para pasa-la tarde.) 
Outra proposta é a de facer unha marcha co tema “ A morte do ensino público” ata o Centro de Saúde de Ribadeo o día mércores 6 de xuño a partir das 12:00. Os carteis e pancartas elaboraranse o lúns 4 de xuño durante a xornada de peche.
(Debido a temática da marcha prégase aos asistentes acudir vestidos de negro simulando o loito. E é necesario asinar os xustificantes dos alumnos menores de idade para poder levar a cabo a saída do centro.)
Agardámosvos. 
Alumnado de I de Bacharelato do IES Porta da Auga."
Relacionado: entrevista a unha alumna.

20120603

Contraste entre titulares para un domingo

Quen se achegue hoxe na rede ós titulares da Voz na Mariña pode atoparse, seguido un do outro, estes dous: Viveiro prevé ingresar 24.000 euros por las terrazas de los bares e Los 4 senadores de Lugo cobran al año más de 316.000 euros.
Contrasta que cada senador, de media, gane case catro veces o que pagan o conxunto dos hostaleiros dun lugar turístico como Viveiro polas terrazas? Non é pouco? Con esa cantidade mínima, para que se vai a suprimir o Senado? Se non paga a pena! Alomenos, hai algún político aparcado e pode facer menos dano!

20120601

Hipnotismo de masas

As imaxes psicodélicas da televisión levan a un mundo de desprendemento da propia conciencia onde a realidade queda como un case invisible trazo tenue ... Parece que vai comezar algún campionato de fútbol.
Nota: a distinguir entre ver fútbol, gostar do fútbol, xogar ó fútbol, desfrutar co fútbol, vivir o futbol, vivir do fútbol, vivir co fútbol, ... etc

Edificio internacional en Ribadeo

En Ribadeo estáse a construír un edificio internacional. Foi decidido aquí e cousas como os ladrillos son asemade nacionais. A maquinaria de elevación que se está a empregar estes días é francesa, pero xa a teño visto doutroas orixes. Boa parte dos traballadores son portugueses (non inmigrantes), ó igual que unha empresa que parece ser a subcontrata principal, pero diría que tamén hai algún inmigrante sudamericano. Os cartos en comezo foron españoles, pero coa situación actual haberá que pagar intereses a Alemaña ... Así pois, é ou non internacional o novo (remprazo doutro vello) pavillón polideportivo que se está a facer en Ribadeo?
Visión, onte, do polideportivo de remprazo ribadense, o edificio internacional.