20160430

Amadores da Música: ó traballo

Sábado 30 de abril. Asemblea de Amadores da Música, a sociedade xestora da Banda de Música de Ribadeo. Anunciado que se non había recambio na directiva, a sociedade desfaríase.
Hai recambio.
Un equipo encabezado por Chema Suarez, con ilusión consciente, fíxose cargo da dirección. Algún repite na directiva:
*Presidente:
Chema Suárez García
*Vicepresidente:
Diego Vizoso Castro
*Tesoureiro:
José Ángel Bolaño Penelo
*Secretario:
Javier Abellán Torralba
*Responsable de Material:
Alberte Chao Penabad
*Departamento técnico:
David Ballester Martínez
*Vocais:
Lucía Expósito Martínez
Laura Izquierdo Rodriguez
Alberto Clemente Avilés
Elisa Álvarez Amor
María Teresa Martínez Souto
Antonio Andina Penabad
A asemblea foi curta. Abondo para que a nova directiva contara co apoio dos 26 socios presentes (unha abstención).
O programa? Ideas claras. A primeira, evitar a disolución dunha sociedade puntal para o pobo. E, logo, ocuparse do remprazo dos músicos (este verán será o momento en que abondos músicos verán as súas últimas actuacións antes de marchar estudar fóra) e da súa ilusión. Ilusionalos, sabendo que ese é o activo principal da banda. Conseguir saídas, procurar un sistema de gratificación...
Queda traballo por diante, que afrontan sabendo que o hai e que tamén hai un capital de ilusión.
A falta dunha foto actual da plantilla da banda e/ou directiva, queda embaixo de novo unha foto xa coñecida dende hai 24 anos:
Coa ilusión do ano 1992

A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo

Corto e pego dende 'Física e Química en Ribadeo':
O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano e medio puxo en mans dun conxunto de dez especialistas para determinar o estado da divulgación da ciencia en Galicia. Ó longo das súas 385 páxinas vai desgranando a diversidade de ecosistemas polos que transcorre a divulgación científica na nosa terra. Descargable en pdf ou lido apartado por apartado, presenta -dun xeito rigoroso mais áxil- ata o máis pequeno dos camiños polo que se pode producir esa difusión, e tamén explora o impacto de cada un deses camiños na sociedade galega, poñéndoo en relación coas outras posibilidades e co que se pode vislumbrar fóra da nosa terra. Como se di no texto, é algo necesario para potenciar a toma de contacto da sociedade e a ciencia, e polo tanto para o desenvolvemento da propia ciencia en Galicia.
Nun informe de tanta extensión, hai moitas partes que gustaría destacar. Collerei só dúas: o impacto da publicación do informe nos medios e o apartado de feiras de ciencia.
Portada do informe
A primeira manifesta algo que circunvala ó informe e que só está en parte dentro. Os medios de difusión teñen apartado propio no informe. Mais o informe non parece ter un apartado propio nos medios. O Consello da Cultura Galega emitiu no seu momento varias notas de prensa e publicou na súa web vídeos da xornada de presentación, pois o acto en si foi acompañado de diversas charlas pola mañá e pola tarde, pequena pezas de difusión científica e dunha táboa redonda na que poidemos participar os asistentes. Sen entrar en máis detalles, coido que o Consello 'fixo o seu traballo', máis a difusión nos medios quedou abondo escasa; no mellor dos casos, difundindo algún detalle da xornada e dicindo que o motivo da mesma fora a difusión do informe. É dicir, quen esteña interesado, que o lea. Chega con facer unha procura do informe en internet e ver os resultados para comprender que a importancia do tema nos medios tradicionais foi furtada por outras novas doutro tipo.
O segundo cólloo por estar tanto eu como Ribadeo involucrados directamente nel. O apartado de feiras de ciencia. Nel, refírese en boa parte ós datos recollidos na wiki As Feiras de Ciencia na Galiza, publicación irmá tantas veces relacionada neste blog, e da unha importancia grande á feira de ciencia máis lonxeva da nosa terra, a Feira da Ciencia de Ribadeo, na que Mª Jesús Besteiro, dende o comezo, Teresa Díaz, en case todas as ocasións, e outra moita xente, participamos xunto con moreas de alumnos nas 22 edicións mantidas dende maio de 1995, primeiro no IES Porta da Auga e agora no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. A Feira da ciencia ten xa un longo recorrido neste blog, mais non deixa de ser moi ilustrativa a comparación con outras feiras de ciencia, de centros de ensino ou institucionais, que Silvia López Ben fai nese apartado do informe, e as conclusións que tira da súa exposición. Non furtarei a súa lectura no propio informe...

20160429

Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha

Onte, 28 de abril celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social de participación da Reserva da Biosfera "Eo, Oscos e Terras de Burón", con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a Da. X de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias e Galicia, a maioría dos alcaldes e representantes de sectores e movementos sociais. Como punto principal quedou constituído o Foro e presentouse o Plan de Xestión da Reserva que de seguido deberá ser sometido a un período de exposición e presentación de alegacións previo á sua aprobación definitiva. No apartado de Rogos e preguntas, a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo presentou duas propostas "in voce". A primeira propoñía que a Reserva se dirixise ao Ministerio de Fomento, Autoridade Portuaria e Concello de Ribadeo (que non enviou representación) para que quedase en suspenso o proxecto de construír un hotel na Illa pancha por ser contrario aos obxectivos e directrices da reserva, ademais de a Illa Pancha formar parte dunha zona "nucleo", onde se aconsella extremar as medidas de protección. A segunda propoñía a creación dun grupo de traballo para a recuperación da cultura do castiñeiro (plantación, enfermidades, enxerto, cultivo, variedades, etc) nos concellos incluídos na reserva. Non se tomou ningún acordo por non ser o intre acaído, pero as dúas propostas tiveron moi boa acollida e varias intervencións favorabeis sen nengunha en contra.
Plataforma pola defensa da Ría de Ribadeo

A economía (nova) de Ribadeo? de que falas?

Ribadeo está desindustrializado. Quen o industrializará? O industrializador que o industrialice bo industrializador será. Non é un bo trabalinguas, mais podería significar algo abondo consoante co que moita xente pensa. Chocaría isto coa deriva cara ós servizos que, sen ser planificada nin coordinada, ten tomado Ribadeo? Como polo momento non e previsible que ocorra, só é unha pregunta retórica...
Ribadeo non ten industria e xa non ten construción. Si ten servicios. Hostalería, si, pero tamén outros 'máis modernos', dende servicios no sector audiovisual a servizos de deseño, no sector da enxeñaría ou informática, traballo a distancia, organizador turístico, blogger... atomizados e invisibles, levados a cabo non tanto por sociedades como de xeito individual, non tanto en locais con rótulo anunciador para a xente que pasa pola rúa como noutros sen unha referencia local, pero visible telemáticamente na outra punta da Terra... Cantos? Máis dos que parece pola súa invisibilidade local e menos dos que podería de ser apoiados.
Aínda hai poucos anos, o 'plan E' de dinamización recibía por parte de Ribadeo peticións centradas en asfaltar e reasfaltar. E quedamos nunha esquina do territorio, ó tempo sen un sistema adecuado de comunicación viaria no que se poda prescindir do coche particular, con servizos de internet lentos, sen foros de intercambio operativos, viveiros de empresas ou coworking-espazos de traballo coooperativo. Mentres, por unha sinxela razón de desprazamento por estudos, a xente nova máis formada, que tería aí un nicho natural de traballo, desconecta de xeito doado de Ribadeo. E, se volve, moitas veces é por falta de competitividade propia nun mercado de emprego draconiano, de creación de antitraballo no que son 'carne de cañón'.
Cantón e Pazo de Ibáñez, pousados na terra.

A potenciación dunha nova economía non está na axenda, aínda que esta vaia xurdindo a pesar de todo. Supón algo máis que cursiños de informática para empresa ou conseguir subvención para facer carteis de actividades. 'Colaborar ou morrer', unha sentenza que é ó tempo unha nova vella, máxima a ter en conta dende que a humanidade é, non está de moda de xeito oficial. E debera. O resultado nótase no emprego ou nunha economía dependente cada vez máis dun sector que é potenciado en ausencia doutras posibilidades de apoio.

20160428

Reconfigurando Ribadeo

Todos lembramos, por aínda recente, os momentos nos que Santa Cruz ofrecía unha vista de máis de vinte grúas en funcionamento na zona de Ribadeo. Nalgún momento teño contado ata case trinta. Hoxe non é así, e a cousa redúcese a un par ou pouco máis. E houbo un desprazamento dos lugares afectados. Hoxe faise máis obra pequena que edificios novos, e restrutúranse comercios e zonas comerciais máis que realizarse obra nova. Haina, mais hai uns anos a obra da residencia habería quen non a consideraría por non ser edificios de vivendas, e a obra que está a comezar no que fora viveiro, que segue sendo ata o momento hiper chino e que será Mercadona, tampouco, por ser comercio. Mais é o que hai.
O cambio de fisiognomía de Ribadeo inclúe no centro do pobo un par de casas sen teito dende hai un mes, esperando a convertirse nun centro Dourado, promovido por Celso Dourado cunha idea de comercio cultural. E tamén inclúe couas menos visibles, como cambios de propiedade como o que hoxe airea a prensa: o centro comercial Eroski pasa a ser por completo titularidade de Vegalsa, que xa o compartía dende o seu inicio (e que segue a ser ó 50% propiedade de Eroski, segundo a súa web).
Os edificios, sen teito, parecen unha obra artístico-histórica
Ribadeo seguirase a reconfigurar, aínda que polo momento esa verba aínda siga a chamar a atención co seu significado actual, que ofrece unha visión tan diferente e moito máis calma do que significaba hai dez anos.
Zona do hiper chino, onde se instalará o futuro Mercadona

20160427

Pola illa Pancha, difundindo dúas cousas

Un breve post para difundir dúas cousas:
1. Un curto vídeo de Suso Fernández montado para celebrar 1 ano do grupo 'Por nuestro faro':
2. Un aviso que me chega por correo electrónico, co texto e imaxe que adxunto (a difusión non di máis, por exemplo, o autor/autora da paisaxe):

"Tamén o sábado se inaugura unha nova exposición na sala OMIC de Ribadeo. Seguimos apostando pola arte galega e local coa presentación dunha serie de cadros de diversos artistas lugueses. Esta mostra pictórica colectiva estará aberta ao público no horario habitual da sala e poderase visitar até o 15 de maio. A inauguración será o sábado 30 ás 17:00h"

Descomposición

A agregación da xente a movementos sociais constitúe un paso de composición social. A desagregación da xente dos movementos sociais constitúe un paso de descomposición social.
Quizais non está expresado dun xeito rigoroso, pero coido que si queda clara a idea básica.
E voltamos a Ribadeo. Hai tempo -uns vinte anos- teño entendido que figuraban nun listado de asociacións realizado para a Paco Lanza máis de cen. Non sei as que quedan agora funcionando, pero atreveríame a dicir que, aínda que dende aquela se crearon un bon carrado delas, as asociacións activas baixaron abondo. Mesmo no blog neste último medio ano teño dado nova de algunhas, como O Tesón -polo momento ata fin de ano se actividade social- ou o Formigueiro. Pasado pasado mañá, sábado, afronta unha unha máis a unha situación crítica. Trátase de Amadores da Música, con 28 anos ó lombo e unhas realizacións que están 'ó ouvido' tanto como á vista.
A primeira foto da banda, presentándose no 1992. Éramos máis novos, había xente que xa non está, e unha ilusión por riba de fronteiras.

Sábado, no salón de actos da casa do Mar, a partir das 20:30, unha nova proba do algodón para a sociedade ribadense. Sei que houbo algún movemento dende a anterior asemblea, tamén proposta para renovación da directiva, para que un grupo de persoas se faga cargo da dirección. O que non sei é se chegou a cristalizar (tamén houbo un tal movemento no caso de O Tesón e polo momento segue sen proposta definitiva). Outra sociedade que sería mágoa que se quedara ó garete, outra perda de conciencia social en Ribadeo.
É certo que hoxe hai outros xeitos de organización social que non teñen por que pasar por asociacións -aí está o 'grupo' "Por nuestro faro"  en defensa dunha illa Pancha común, sen ter unha estrutura asociativa e funcionando en defensa de intereses sociais comunais- pero non por elo deixa de ser unha desagregación social que deixen de existir asociacións como Amadores, ás que tanto individuos como o conxunto social temos que dar as grazas polo seu existir e actuar, con todas as luces e sombras que poidan ter tido ata o momento.
De pronto, sábado á noite saberemos algo máis. Esperemos non ter que quedarnos en Ribadeo coa historia da banda, ou da música, en troques de facer ambas cousas.

20160426

Secuencia de encendido na illa Pancha

'Secuencia de encendido': Distinta significación en distintos contextos.
Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, unha pequena explicación dun vídeo que xa ten máis de cinco anos. Nel vense os tres primeiros faros de entrada na ría de Ribadeo: o da punta da Cruz, vermello, á dereita, o da illa Pancha, amarelo, no centro da imaxe, e o das Carrallas, verde, cara á esquerda da imaxe, tomados con tempo abondo para ver a súa cadencia.
Outro, en sentido menos literal, o encendido ou apagado dun hotel na illa, resulta máis difuso e moito menos claro. Para ilustrar isto, dous correos electrónicos enviados ó concello e un documento. O primeiro, onte mesmo:
"(...)
Me dirijo de nuevo a usted, en nombre de la plataforma "Por nuestro faro".
En primer lugar quisiera agradecerle las informaciones recibidas. No obstante, me pongo en contacto con usted para obtener ciertas precisiones. Aunque el otorgamiento de la concesión no sea competencia del Concello, éste debe tramitar el permiso de obras, y dichas obras deben tener como base el contrato de concesión.
Nosotros consideramos que la suspensión del expediente anterior conlleva la tramitación de un nuevo expediente, es decir, que el solicitante debe reiniciar los trámites de una nueva concesión al presentar dos nuevos proyectos de obra, puesto que éstos non encajarían en las condiciones del expediente inicial.
Entendemos que no se trata de dos proyectos de los cuales uno ya estaría aprobado, ya que el efecto sumatorio de ambos tiene un impacto muy superior al del proyecto inicial y debe ser tenido en cuenta como un nuevo proyecto que serviría de base a una nueva concesión. De no hacerse así, en un espacio tan reducido como es la isla podrían ir sumándose nuevos proyectos que tendría un impacto multiplicador sobre los efectos iniciales.
En consecuencia, ¿podría aclararnos si el Concello ha solicitado a Puertos nuevos informes sobre un nuevo contrato de concesión?
Por otro lado, quisiéramos saber cuáles son las pautas a seguir para acceder al expediente que se encuentra en el Concello de Ribadeo, en el departamento correspondiente : si disponemos de tiempo ilimitado para su consulta, si el acceso puede efectuarse de manera reiterada, y si existe un lugar en concreto para consultarlo. También quisiéramos saber a quién debemos dirigirnos para ello.
(...)"
E, para entrar máis en contexto, o anterior:"(...)
Le escribo como miembro del grupo "Por nuestro faro" para solicitar cierta información con respecto a la evolución del proceso de petición de licencia de obras por parte del concesionario, y que nos aclarase ciertas dudas. En efecto, en el contrato de concesión, redactado el 30 de junio de 2015, se estipula que "las obras se iniciarán en un plazo máximo de dos meses y se finalizarán en un plazo máximo de seis meses, ambos a contar desde el día siguiente a la fecha de notificación de la resolución de otorgamiento". Es decir, que han pasado más de 8 meses después de la fecha de otorgamiento, y a día de hoy el concesionario aún no dispone de licencia de obras. 
Por otro lado, la prensa ha informado, durante el mes de marzo, que el concesionario había retirado la solicitud de licencia de obra original en el Ayuntamiento de Ribadeo y presentado dos independientes con dos proyectos (uno de hotel y otro de bar-terraza). Sin embargo, en un correo que hemos recibido de Puertos de Ferrol-San Cibrao se cita textualmente : "las obras deberán llevarse a cabo conforme al proyecto básico presentado y que sirvió de base al otorgamiento y al proyecto constructivo que lo desarrolle en el detalle necesario para su ejecución" 
Por todo ello, y en vista de la falta de información oficial hecha pública, acogiéndonos a la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, quisiéramos saber : 
 - si, dado que el plazo para el inicio de las obras estipulado por contrato ha sido ampliamente superado, el concesionario debe retomar los trámites desde el principio, es decir, si necesitaría un nuevo contrato de concesión, y, si es así, en qué etapa del proceso se encuentra. 
- sabiendo que las obras deben llevarse a cabo basándose en el proyecto constructivo previo al otorgamiento de la concesión, cómo sería posible que según la prensa el concesionario haya solicitado del Concello de Ribadeo dos licencias de obra para dos proyectos independientes.
(...)"
E o documento, de onte tamén:
"
Documento que presenta a PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera OSCOS EO E TERRAS DE BURON para o seu debate urxente dado o risco inminente de deterioro dun dos espazos mais significativas da Ria de Ribadeo e da propia RESERVA.
Trátase do proxecto de construír un minihotel de dúas habitacións no edificio do antigo faro, máis unha cafetería fóra do mesmo, aparcadoiro para automóbiles, carteis de publicidade e de aviso de riscos, ampliación de pasamáns e estruturas de protección , sinalización, bandeiras, alumeado, etc. ó abeiro da proposta do Ministerio de Fomento, Jefatura de Puertos e Concello de Ribadeo.
Desde a plataforma Pola Defensa da Ría pensamos que a instalación dun minihotel e cafetería na Illa Pancha, mais os elementos de promoción e as condicions de seguridade previstas pola Autoridade Portuaria supoñen un impacto negativo moi considerable para o conxunto Illa-Faro que contradí algunhas de directrices e criterios do Plan de Xestión para o Desenvolvemento Sostible da Reserva, como imos resumir deseguido:
1.- No que atinxe ás estratexias transversais consideramos que a transformación que supón o proxecto é contraria á proposta de “Creación dunha marca de calidade…” que tería como primeiro obxectivo a conservación de espazos tan singulares como o afectado.
2.- Tamén choca abertamente ca redacción dun “Inventario e catalogación de elementos de interés natural e cultural”.
3.- No punto referente ao “Desenvolvemento dun turismo sostible” suliñamos os párrafos seguintes: Uno de los efectos esperados tras la designación de un lugar como Reserva de la Biosfera es la mejora de su imagen, a través de una mayor proyección exterior y difusión de sus valores. Esto tiene frecuentemente un efecto positivo en la afluencia de visitantes al lugar y en el desarrollo turístico del área. Esta circunstancia debe hacerse compatible con los objetivos de conservación de la Reserva, a la vez que el uso público y el turismo constituyen un potente elemento dinamizador de la misma.
Ordenación del uso público que dirija las actividades de recreo hacia zonas menos sensibles, a través de un plan de excelencia turística del territorio de la Reserva.
Mejora y desarrollo de la oferta turística, haciendo especial hincapié en el apoyo a las modalidades de turismo rural, la mejora de la calidad y la sostenibilidad de los alojamientos, y la potenciación del turismo cultural, gastronómico y de naturaleza.
Promoción de programas destinados a la desestacionalización de la actividad y a la creación de nuevas actividades de ocio, prestando especial atención a mercados de visitantes extra-regionales.
Faise patente que o proxecto que discutimos está inspirado nunha concepción utilitaria, depredadora, dificillmente sostible, marcadamente estacional, que afectará negativamente a imaxen exterior da reserva e á atracción de visitantes e é radicalmente contraria ao espíritu conservacionista e sostible dos párrafos anteriores.
Pola outra banda a zona afectada por este proxecto está incluida na Zona ZEPA da Ría de Ribadeo, Convenio Internacional de RAMSAR, Rede Natura 2000, con especial implicación na normativa galega asi como na lexislación e Catálago de paisaxes da Xunta de Galicia, actualmente en fase de tramitación.
Por todos este motivos que consideramos perfectamente fundamentados e tendo en conta que este proxecto está actualmente en fase de tramitación e no caso de comezar as obras o impacto sería dificilmente reversible propoñemos ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera que tome un acordo preventivo sobre este tema propoñendo ás autoridades implicadas (Ministerio de Fomento, Xefatura de Portos e Concello de Ribadeo) que suspendan definitivamente este proxecto por contravenir directamente varias das directrices desta reserva e particularmente por xenerar un impacto exterior altamente negativo para tódolos concellos e sectores implicados contribuindo a desvirtuar, degradar e empobrecer os obxectivos, esforzos e investimentos actuais e futuros para conquerir os beneficios previsiblemente derivados das actividades dos grupos de traballo da reserva.

Ado.: Evaristo Lombardero Rico
Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo
Ribadeo (Lugo), 25 de Abril de 2016
"
Este último documento foi remitido onte ao Director General de Recursos Naturales de Asturias (convoxcante do Foro para xoves desta semana). Hai xa novas de que o incluirán no orde do dia da xuntanza do xoves, en rogos e preguntas
Como vemos, neste caso o encendido é máis dubidoso, aínda que xa haxa abonda información dispoñible (e máis que sairá á luz) sinaturas...

20160425

25 de abril

    Sónache iso de '25 de abril'? Será quizáis pola 'Revolução dos Cravos'? Lembras algo a Zeca Afonso? a Spínola?
    Hai un par de anos, lembrábao no blog. Hai sete. Hai nove, tamén. E hai moitos máis, preto de dúas décadas, foi lembrada nunha actuación da Banda Municipal de Ribadeo na igrexa... Feliz día de revolución.

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.
(collida de http://www.zonalibre.org/blog/Carpanta/archives/034711.html)
25 de abril de 2016 en Ribadeo: ceos claros

20160423

ACISA ten oito asociados máis (máis ou menos)

Hai dous meses e medio, comentaba a convocatoria por parte de ACISA de subvencións a asociacións.
Hoxe a prensa especifica as subvencións:
- de 600 €:
Asociación Amigos de la Semana Santa
Cabalgata de reis
SD Ribadeo
Asociación deportiva veteranos Ribadeo FC
Ribadeo FC
- de 400 €
Ribadeo FS
- de 300 €
Heroican Race
Moto Club al corte
Total: 4 000 €, os presupostados.
Iso implica, pola segunda das bases do regulamento da subvención, que ditas entidades deben ser socias (estar asociadas previamente ou asociarse), co que ACISA ten oito socios máis (ou sexa, segundo a asociación, debera ter xa uns 160).
Como as cotas de ACISA parece que son a partir de 25 €/mes, a razón de 12 meses por ano, Heroican Race e Moto Club al corte quedarán 'a pre' se lles obrigan a facelo, co que o interese non debe ser económico, nin para a entidade concesionaria nin para as entidades agraciadas pola concesión.
A alternativa sería cumprir só de boquilla a propia convocatoria, e que polo tanto a subvención fora neta, non enchendo as cotas as arcas de ACISA, que se vería con propaganda e un maior número de socios nominais. Como o orzamento de ACISA só ven en 1/4 dos socios, aumentar un 5% os socios non é algo desprezable na 'potencia de petición' significaría, aínda que non se lles cobre, aumentar o presuposto un 15%! a conta de subvencións, claro), teriamos a 'cuadratura do círculo', apoiada polo punto oitavo da convocatoria da subvención, 'obrigas das entidades beneficiarias', que ó final especifica: "Una vez aprobada la solicitud se hará una fotografía con el presidente de A.C.I.S.A más la persona que represente a la asociación solicitante, además se solicita que entreguen una fotografía del evento."
Unha nota máis: as subvencións esperadas por oito novos socios, a tenor dos orzamentos presentados, serían 300 x 3 x 8 = 7200 €, que non aparecen nas contas anteriores e que poderían considerase como os 'beneficios' dunha 'inversión' de 1600 €.

Por certo, sei de algún socio que se deu de baixa. Visto o visto, contarán como baixas? E os que non pagan?

20160421

A autovía e Ribadeo, 16 anos atrás

Outros papeis máis. 16 anos atrás eran nova nos xornais, e fíxenme cuns planos. Os planos das posibilidades da autovía, das rutas que estaban naquel entón sendo estudadas especifican ó seu pé 'marzo de 2000'. Mirados dende hoxe, ofrecen esas posibilidades en retrospectiva. Unhas posibilidades que non contemplaban as glorietas de Vilaselán (folla 1, e en parcial, embaixo) ou que miraban a conexión coa estrada de circunvalación cou outros ollos ben diferentes: pasando pola actual rotonda dos Garitos/zona comercial (máis abaixo, folla 2). Ou tendo dúbidas aínda da alternativa para atravesar a rasa pola beira do mar un bo cacho ou meterse cara ás estribacións dos montes (terceira imaxe, tamén na folla 2)
Ó final, como sabemos, escolleron a 'alternativa 2', facendo o requiebro do camiño que aparece na parte dereita, case centrado. En planos sucesivos , outras posibilidades van aparecendo na lembranza.
Quedan os planos, e poderían quedar tamén outras facetas daqueles tempos, pero son abondo máis difíciles de poñer en papel que a reprodución duns planos. As loitas polo paso da autovía por Vilaselán ou outros lugares, o paso pola ría... quedarán impresas na cabeza dalgunha xente e sería cousa de que non se esqueceran. Esperemos que non o faigan.
Un aviso: son vinte megabytes, e tarda en descargar, motivo polo que o poño ó final, para ir vendo mentres a entrada... E lembrar asemade que se pode descargar ó ordenador, pero hai que asinar na aplicación.

20160419

ZEC ría de Ribadeo. Unha lembranza medioambiental 3






O documento pode atoparse no DOG de 31 de marzo de 2014, "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia."

ZEC As Catedrais. Unha lembranza medioambiental 2



O documento pode atoparse no DOG de 31 de marzo de 2014, "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia."

ZEPA ría de Ribadeo. Unha lembranza medioambiental 1

O documento pode atoparse no DOG de 31 de marzo de 2014, "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia."

O combate dos canapés

Primeiro,tres fotos antigas que recollín na rede:
Entrada de Ribadeo dende o que sería o centro dos canapés. Anos ?. Collida de http://centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros/webantiga/ha_ies.htm

O parque do Xardín, cos canapés. De http://ribadeo-eo.blogspot.com.es/2008/11/fotos-vellas-de-ribadeo-ii.html
Un pouco máis preto que a anterior, os canapés. Ligada en http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2011/07/30/21703124.html
Eso era o pasado. Agora, mira esta serie de fotos de onte mesmo:
Canapé sur por detrás

Fonte no canapé sur

Incompatibilidade e destrozo. O resto próximo é o resto, movido do sitio nun dos amaños, do círculo exterior.

Canapé norte
Os canapés dende o ceo. Imaxe do Sigpac, tomada en 2014. En tempos, completábase a circunferencia externa, excepto no camiño. En tempos, podería verse aí ós pícaros correr, saltar, xogar. As coordenadas do centro dos canapés corresponden, de xeito aproximado, a Latitude 43º 32' 15,82" N, Lonxitude 7º 3' 0,37" O
Dende o ceo vense ben, en círculo no que a parte central, por mor da circulación, pasou a ter unha importancia que menoscabou a propia estrutura. Nas fotos de a pé nótase o deterioro e o combate desigual entre unha árbore inopinadamente medrada ó pé do canapé sur, mentras o norte, o que dá á zona do parque infantil e escola de idiomas, está moito mellor conservado.
Pregúntome que facer. Deixar que a árbore remate a obra e tire con todo ou recuperar os canapés e desfacerse da árbore? A ben seguro que haberá opinións para todo, mais, despois de máis dun século (teño visto a trascrición dunha acta de 22 de abril de 1907 na que se trataba do amaño do xardín dos canapés, na entrada da poboación) e varios amaños (algún referido oralmente, e visible polas diferenzas na resquebraxada estrutura), coido que os canapés pagan a pena dunha discusión encarada ó seu amaño. [quizás poidera aproveitarse o amaño da beirarúa en Paco Lanza, preparándose como indica a foto final].
Copio un parágrafo dun pdf da oficina de turismo:
"O XARDÍN
Desde o século XIX, as crónicas dos visitantes de Ribadeo gaban os frondosos parques da vila. Un destes espazos de recreo era a Praza de España ou do Campo – no centro – e o outro o Xardín , que se construíu á beira da estrada de Mondoñedo. Este era un espazo arborado de grande extensión, con camiños para o paseo e bancos ( canapés ) para o descanso e o repouso. A construción da estación de ferrocarril e a ampliación da estrada minguaron considerablemente a súa extensión inicial."
A última obra na zona data de 2013; nela falouse dos canapés para referir o lugar, pero na realidade foi preparación do parque fóra precisamente do círculo dos canapés.
E ben? Deixarase morrer ós canapés?


20160418

Tiven hepatite

Daquela non sabía. Só que estiven, dicían, moi enfermo. Agora si, era hepatite 'da mala'. Hai moito tempo, de cativo. Estiven en cama cousa dun mes, e tardei en recuperarme. Lembro aquel tempo dun xeito raro...
Hoxe entérome de que o xefe de goberno galego está encausado pola hepatite. Non na cama, enfermo, senón nos xulgados, por considerar que a xente que necesitaba un fármaco da sanidade pública podía esperar porque era caro. 'Homicidio', esa é a acusación. Para el, e algúns máis da administración galega enfróntase á acusación de prevaricación.
A conta de que? A conta de seis mortos con condicións para recibir un tratamento que estaba aceptado pero que non quixeron dar porque custaba. A cousa, di o xornal 'eldiario.es', complícase. Por exemplo, un médico conseguiu o fármaco para un paciente facendo presión. Había que facela. Non debera ser necesario, pero érao. 'A cousa' día un diario en internet. Non a vin na Voz, tamén en internet. Nin no Progreso. A Voz si fala de que 'o fraude fiscal en España equivale ó gasto de toda a sanidade pública', algo que se sabe dende hai tempo. Quizais sen fraude fiscal, sen líos como os 'papeis de Panamá' (que non son fraude fiscal, ou mellor, que son fraude fiscal permitido e non conta, din) non habería este problema agora, nin as mortes antes.
Por certo, é cousa xa de xaneiro, e sae agora. Remataba de ver na rede un 'chiste': "Hoy no ha habido imputado del PP y se añadirá al bote de mañana". Non caiu esa breva de dilatar un día, non. E que sexa do PP non é só circunstancial, pero o sistema produce imputados abondo que non son do PP. Non tantos como do PP, pero tamén levan unha tempada mandando moito, moito...
Os recortes matan. Algúns crían que era só un dicir. Outros, que unha esaxeración. Outros aínda, que as mortes eran unha consecuencia indirecta. Pois resulta que son unha consecuencia directa.Hai partidas que non sufren eses recortes que matan. Din que o exército é unha delas.
Marcho a traballar. Hai que cambiar o país. E hai que cambiar o sistema.

20160417

Hai vinte anos, os nomes das rúas de Ribadeo

Coñeces os nomes das rúas de Ribadeo? Non se trata só de que asocies o nome cun determinado lugar, senón de que asocies o lugar co significado do nome...
Hai vinte anos, da man de Suso Fernández Acevedo, e coa colaboración doutros profesores, un grupo de alumnos do IB de Ribadeo colaborou para facer unha obra que deixa gravada unha parta da historia da vila a través das súas rúas.
Cambiaron algúns nomes, abríronse e nomeáronse novas rúas, pero a maioría e a maioría de significado segue a ser o mesmo, aínda que haxa máis nomes de mulleres integrados no rueiro (de 36 nomes considerados no 1996, só dous eran de mulleres: Rosalía de Castro e Concepción Arenal), agora teñan sido cambiadas placas por modelo Sargadelos con algunha explicación de quen era ou que era o que levaba o nome no seu momento.
No libro, cunha foto acompañando a cada nome a máis da explicación pertinente, representa tamén unha lembranza visual do Ribadeo de 1996.
Quizais algún día se faiga unha edición actualizada. Dispoñer de ambas sería unha ledicia. Á espera, tentarei sacar de cando en vez algunha 'actualización particular' no blog.
Portada da obra
 O interior:

Contraportada
E agora, a desfrutar desta obra 'reeditada'.

O día da República pode ser calquera

Onte á tarde, por casualidade, entereime de que estaba equivocado: si houbo celebración do 14 de abril, día da República, en Ribadeo, tamén este ano, coa tradicional cea. Entendo que como en anos anteriores no Costa Verde.
O que non houbo foi bandeira no concello, como amosa a foto tomada ese día. E non é que teña un especial apego pola bandeira da República (nin por outras) pero coido que no seu momento a República significou (como o podería significar agora) un paso adiante na historia de España. E por iso se debera celebrar. De feito, houbo concellos importantes que celebraron o día poñendo o símbolo republicano na súa fachada, como Valencia, Zaragoza ou Cádiz, aínda que nesta última vila (como testemuñou Ángel Alda nun par de fotos) non estivo exposta todo o día. Mesmo se deu o caso, en Zaragoza, de que o alcalde, abogado de profesión, contestou por escrito ó PP defendendo a legalidade da súa postura (ver en eldiario.es a nova "El alcalde de Zaragoza le explica al PP en una carta por qué la bandera republicana no es ilegal ")
As bandeiras no concello de Ribadeo na celebración da República
Ben, pasou o 14 de abril. Queda case un ano ata outro 14 de abril. Mentres, estamos nun réxime que nos obsequia con corrupción a doses diarias, agora que xa queda menos que roubar. É posible que a cousa continuara coa República, pero nestes momentos, coido que case calquera cambio sería ben recibido, esperando que os poderes deixaran de machacarnos: habería unha oportunidade no cambio.

20160416

Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno

'A Torre dos Moreno en Ribadeo, Lugo. Exemplo singular de casa indiana en Galicia', de Diego Rodríguez Paz, é unha publicación que corresponde ás actas dun congreso en Portugal ('Casa nóbre, un patrimonio para o futuro') que tivo lugar no outono de 2013, e que se involucra nunha descriciòn de diversas facetas do edificio insignia de Ribadeo. Hai que 'entrar' para poder ler ou baixar a contribución de Diego Rodríguez, mais coido que paga a pena. No momento da súa publicación non lembro que se tivera falado dela.
portada do libro de actas

25 anos de antroido ribadense

Unha publicación que tiña cargada hai xa tempo, con permiso de Gilberto e Pepe, pero borrouse.  Agora vai cargada de novo, 25 anos de antroido ribadense:

Un paso máis de achegamento ós veciños

sinatura do decreto

Xa hai un mes, unha nova do concello pasou desapercibida. Foi proposta na web do concello, mais non como nova, senón no apartado de trámites. Quizais este feito debeuse precisamente a que dende o mesmo concello non se lle deu importancia como para figurar no apartado de novas, mais é un paso fundamental para asumir -dunha vez- a administración a través de internet. Trátase da implantación do selo electrónico para a realización de trámites por internet, algo fundamental para equipararse ó rexistro do concello en oficinas. O documento leva como data 4/3, pero foi colgado o 9/3, cinco días despois.
Deixo a anotación do concello ó final. Nela pódese ver que a pesar dos cinco días de atraso en colgar o documento, aínda fala no futuro: 'facilitará'.

Trámites


Implantación Selo Electrónico de Organo

Implantación do Selo Electrónico de Organo

Primeiros paso da Sede Electrónica

O concello, en breve prazo, facilitará como primeiros pasos da sede electrónico do concello a posibilidade de solicitar certificados electrónicos relativos ao padrón de habitantes.

20160415

Es princesa, es rosa, es consumista, es nai.

Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun 'volvemos pronto' chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai 'cousas'), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada ó 'día da nai', cunha representación da nai (e das fillas!) moi clara: princesiñas de rosa e consumistas. O título da campaña xa o deixa moi claro, 'fashion nai', e o cartel, máis aínda:
toma de pantalla co modelo de cartel coa ligazón para participar no concurso.
Bonecas rosas, competindo por consumir fashion sendo animadas a golpe de subvención. A resposta na rede non se deixou esperar nun día no que se celebraba 'laretas de igualdade', no que participaban por exemplo, vídeos coma este:
Algo abondo diferente. Non, non resulta raro algún comentario como 'campaña ridícula: o nome, os corazonciños, a cor rosa, os tules das faldiñas, a nena vestida de maior, os lazos, o escote dos vestidos, a mamá maquillando a neniña...''a zorregarnos o sexismo polas orellas, a lembrarnos que as nais somos só imaxe, obxecto de consumo, superficiais'. Claro, os pais non saímos na campaña, é para nais; nós debemos ter asignado outro papel, como o de afirmar que a campaña queda moi bonita, coas mulleres no seu posto...
Ou sexa, unha campaña afondando diferencias que xa existen de antes, quizáis se podería dicir 'a favor da corrente' para vender máis.
Unha nota final para poñer un pouco de perspectiva a 'fashion nai'. Traduzo fashion da wikipedia en inglés: Unha corrente ou tendencia, en constante cambio, favorecida por razóns frívolas, en lugar de prácticas, lóxicas ou intelectuais.
---
Nota unha semana posterior: entérome de que a campaña fashion nai foi retirada. Unha semana despois dos comentarios, non fun requerido para retirar ningunha imaxe.

20160414

De economía

Hai mañás que un se levanta cansado, e a percepción do futuro inmediato, do que ten que e vai facer é diferente. Postos a facer o blog, neste caso, decántome por cousas máis facilonas. Esta mañá é unha delas.
Resulta que dende hai anos, sabemos que a economía, a nosa economía, vai mal. Tamén sabemos que a de outros vai ben, pero iso só é noticia nalgún xornal de cando en vez para animar. Hai tempo que un blog que seguía e me gustaba, de economía e feito en Ribadeo, Desmontando tópicos, publica de xeito tan esporádico que case pode dicirse que non o fai, por iso, cando esta mañá abrín o correo_e e me atopei cun post de economía con boa pinta, púxenme a ler.
O certo é que non di moito novo, pero dío xuntiño e ben explicado, polo que me animei a poñer a ligazón aquí e que vos desfrutedes lendo -pódese desfrutar hoxe en España cunha análise económica? Ou 'hai que ter ganas'?-
Aí vai, a herdanza de Rajoy, episodio enésimo (en realidade, XXIV).
Unha nota convinte: se consideras que 'ser de esquerdas' ou 'de dereitas' te habilita de xeito previo para esgrimir o artigo como arma ou denostalo como bazofia, coido que estás equivocado ou equivocada. Esquécete de prexuízos e intérnate na lectura con mente aberta, pensando na realidade e non nas novas de prensa que leas. Por certo, esta nota sirve tamén noutras ocasións, non só nesta. En realidade, en todas as ocasións.
Imaxe do blog citado.

20160413

A ADUANA VELLA DE RIBADEO. Artigo de Francisco José Campos Dorado

En Ribadeo hai varias casas blasonadas, esto é, con escudos de armas nalgunha das súas paredes cos blasóns da linaxe que pertenceron ó señor que as mandou construir. Unha delas é a chamada Aduana Vella sita no muelle de Porcillán. Este vetusto edificio, con dous amplos balcóns en voladizo sobre a fachada que resaltan o seu señorío, foi a casa de D. Carlos Miguel Acevedo Pardo e Taboada, Capitán de Granadeiros do Rexemento de Infantería de Milicias de Oviedo. D. Carlos era fillo de Dª María Josefa Pardo de Cela Ulloa e Taboada e de D. Gregorio Antonio de Acevedo Pardo Villamil e Montenegro, veciño de Castropol. Dª María Josefa foi veciña de San Miguel de Reinante, filla de D. Juan Pardo de Cela e Taboada de Aguiar, neta de D. Pedro Pardo de Aguiar e bisneta de D. Alvaro de Taboada e de Dª Violante de Andrade, que foron os que construiron en San Miguel de Reinante a Casa Torre de Pumarín entre os anos 1559 e 1561, donde se conservan magníficamente dous escudos de armas da súa linaxe, sobre a fachada deteriorada de tan insigne pazo.
A casa da Aduana Vella, na fachada do patio interior do servicio privado entrando pola rúa de Amando Pérez, ten un escudo de armas español de 1726, adornado con casco ou celada de cabaleiro fidalgo, mirando a destra, adornado cun penacho de cinco plumas e viseira baixada e protexida por cinco grilletas (barras verticais que forman unha rexilla). Polo exterior está rodeado de lambrequines sinxelos a modo de burletes que rematan na parte baixa cun sostén con figura de cara de anxo ou de tenante de pelo longo.
Está cuartelado en cruz ou dividido en catro cuarteis. No 1º cuartel: catro lises laterais e unha espada con cruceta e guarda, centrada en pao (vertical) coa punta mirando para enriba tocando unha quinta lis, e no medio da folla da espada, asemella ter unha pequena flor. Son as armas dos Miguel ou dos Miguez: en campo de azur (cor azul) unha espada de prata punta arriba, cargada dunha rosa do mesmo metal e acompañada de cinco lises de ouro en orla. (Blasóns de 1757 do Rei de Armas D. Sebastián del Castillo). O apelido Miguel usóuse como equivalente a Miguez, patronímico, ou apelido dun fillo provinte do nome do pai.
A Aduana vella, na primavera de 2005

O 2º cuartel mostra unha árbore cun can atado. Son as armas dos Acevedo que se representan en campo de ouro un acivro de sinople (cor verde), cun lebrel branco amarrado.
O 3º cuartel está cortado ou dividido en dous por unha liña horizontal. Na parte alta ten unha águia bicéfala, posiblemente as armas dos Zigarán, que constan no lema da bordura do escudo, e na parte baixa dúas aves con longos pescozos enroscados, que é un moble ou figura sin recoñecer nos blasóns e linaxes de Galiza, nin nas figuras da heráldica española consultadas.
O 4º cuartel mostra cinco corvos pousados, postos dous enriba, un central e dous en baixo. Aínda que falta un sexto corvo, son armas dos Cuervo, dos Miguel Vigil de Asturias e dos Arango que derivan da linaxe dos Cuervo que tiveron o señorío no valle de Arango do concello asturiano de Pravia: en campo de prata, seis corvos de sable (cor negro) postos de dous en dous.
Esta casa blasonada da Aduana Vella vai cumprir 300 anos de historia, a contar a partires da data do propio escudo, e é outra das casas semiabandonadas do Ribadeo Antigo. Os seus muros gárdan caladiñamente os anos de esplendor de D.Carlos, pero tamén os seus muros saben da amargura e da ruína material a que o levaban os inacabables e longuísimos preitos das partixas da herdanza de sua nai, litigados entre 1743 e 1759 contra dos seus irmás: D.Gaspar e Dª Cathalina de Acevedo Pardo e Taboada, veciños por aquel entonces de Castropol.
O edificio é coñecido como a Aduana Vella, pois foi adicado a Aduana a partires do ano 1800 cando se construe un embarcadoiro e a rampa en Porcillán o final da rúa Ares -Ares ou das Angustias, hoxe Antonio Otero-. Os ámplios baixos da casa servían de almacéns e alfolís, esto é, de pósito ou celeiro e de almacén de sal. Polos anos 1920 e nos anos trinta da República estivo adicada a Escola de Nenos e Nenas, ata o comenzo da Guerra Civil, onde impartían clase D. José Novo e Dª Concepción López González, que foron apartados do ensino durante a contienda. Logo, a Escola Pública pasou a primeiros dos anos corenta para detrás da actual Casa do Concello, cando o alcalde de Ribadeo D. José María Castelao, comprou a Casa de Raimundo Ibañez que daquela acababa de ser a sede do antigo Banco de Casas. A Aduana Vella é un emblema dos trescentos últimos anos da Historia de Ribadeo, e é unha pena que non teña ningunha utilidade na actualidade. Menos mal que a alguén se lle ocorreu “maquillala” repintándolle as fachadas e amañándolle as fiestras para que “aparente” bonita e non caia nun montón. Triste destino para algo tan belo, pero é o que hai, e non é o único.
Nota a posteriori: O 3º cuartel cortado, son armas dos ZURBANO. Toponímico vasco, procedente do concello de Arrazua de Vitoria, provincia de Álava: “escudo cortado: 1º en campo de prata, un aguia bicéfala de sable; 2º en campo de azur, dous cisnes parados e afrontados de prata, cos colos entrelazados”.

Unha folga? Así, sen máis?

Atopo no correo a relación de estudantes en folga hoxe e mañá no IES de Ribadeo. Os pequenos tiveron que traer asinado da casa un papel polos pais, os grandes poden decidilo por eles, no caso dos de idade media (sempre falando de ensino secundario) os pais son avisados da folga. En calquera caso, terán falta, quedarán sen explicacións, mais non se exames. As normas son as normas...
Pero o anterior é só unha posta en contexto. O que me chamou a atención é a participación avisada na folga, do orde do 90% do alumnado. Logo, sempre haberá variacións, pero é o que hai. E o que hai parece ser un acordo cunha folga como poucas veces antes fora visto.
E o motivo? Ah, si, esquecíaseme! E non debera!
É en defensa do ensino público. De algo a disposición de todos para o futuro dos nosos fillos e tamén noso. De algo que ven sendo atacado mediante o ninguneo, a falta de interese político, os cambios continuos de plans que marean ó profesorado e presentan ó alumnado ante unha situación irracional, a falta de medios, a desconsideración...
A folga, apoiada mesmo por ANPAs, inclúe tamén reivindicacións concretas, como se ve no cartaz: Non á Lomce (lei que ten partes boas, pero que en conxunto representa outro cambio precipitado sen consenso nin oportunidadesde éxito, voltando á confesionalidade do ensino), non ó 3+2 (no ensino universitario, unha volta de porca á privatización) ou as reválidas no ensino medio, un procedemento que, entre outras cousas, mete a empresas privadas a supervisar o ensino público...
Marcho ao traballo. A folga non foi convocada entre o profesorado.

20160412

Yanis, tes que comprendelo

Nun dos descansos, un ministro intentou tranquilizarme coas seguintes palabras: "Yanis, tes que comprender que ningún país pode ser soberano na actualidade. De xeito especial, se se trata dun pequeno e en bancarrota, como o teu".
O anterior saqueino do adianto editorial do libro de Yanis Varoufakis 'E os débiles sofren o que deben'. Non é que me impactara porque diga algo novo, senón sinxelamente pola naturalidade con que o tomei no seu momento. Con débedas, pequeno,igual a asoballado, escravo. E, un pouqiño máis aló, se iso lle pasa a entidades que aínda que pequenas, seguen sendo grandes a escala humana, botemos contas para as persoas, eses seres singulares que somos, que, a máis do poder dos cartos estamos subyugados por un poder estrutural, político, imposto de fóra ou (hai tempo e noutras circunstancias) autoimposto, que rematamos a ver como estranxeiro.
E temos que comprendelo, segundo parece. Se un ministro de economía ao mando duns cantos millóns de persoas ten que comprendelo, imaxinémonos nós  a necesidade de comprensión.
O problema non é comprendelo, aínda que poda resultar costa arriba o asumir esa comprensión. Non, o problema é a actuación despois de comprendelo...
Yanis Varoufakis. Foto: Jörg Rüger. Lic. Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported

20160411

Coñeces EDES?

É posible que amoita xente da que se poña a ler isto non coñeza EDES, a fundación EDES. Por iso, o cartel a continuación pode soar a algo frívolo. Se así fora, frívolo, non creo que o puxera a non ser para denostalo.
Por partes:
é o próximo sábado. É unha cea. É na Veiga, no recinto Ferial.
Si, pero por que, para que?
Promovida pola Fundación EDES, é un dos medios que ten para recaudar fondos para as súas actividades e difundir a súa labor. Esta cea baile vai pola XII edición celebrando o apoio e solidariedade dos veciños. Veciños, porque a súa sé está no cabillón, ao pé da Roda, en Tapia. Apoio necesario para complementar subvencións e ingresos diversos e poder desenvolver as actividades de formación, participación, conciliación e emprego que desenvolven.
A festa, a súa celebración, é xa unha forte axuda: colaboran nela máis de 140 entidades da comarca (que subministran dende a comida ata a música), que se suman ós máis de 1500 comensais que se esperan, un ano máis.
12 € para maiores de 12 anos, con entradas en diversos lugares...
E, se queres saber algo máis de EDES e a súa labor, entra na súa páxina web, ou, na mesma cea, no stand informativo, e así xa non  tes que entrar na web!

Revolución global. Pequena reflexión.

Cinco anos, máis ou menos, é o tempo que comezamos a ser conscientes por estes lares do que levabamos vendo dende comezos de século: nun lugar primeiro, logo noutro, noutro... se van producindo e reproducindo protestas con formas cada vez máis recoñecibles e familiares, que en xeral non teñen por que chegar a causar o que antes serían revolucións políticas (aínda que en bo número de casos si o teñen feito). Mais o seu número segue a aumentar, e a referencia dunhas a outras, a identificación dos participantes dunhas cos das outras ó ancho do globo, fai que se vexa como un movemento global. Algo que si está a revolucionar pensamentos e ideosincrasias na xente, algo que está a propiciar, dun xeito lento, mais diría que seguro un cambio socioeconómico de grande magnitude que, dun xeito ou outro, rematará asemade cun cambio político. Coordinado a nivel global, sen coordinación dirixida, en certo xeito ácrata, en certo xeito, tecnolóxico.
Hai unha opción alternativa que hai que recoñecer que se está a impoñer en sentido contrario nas estruturas de funcionamento de todo o mundo. alternativa tanto de pensamento como económica e estratéxica, un fascismo de novo cruño, totalitario no control de mentes e movementos a través do control absoluto da economía.
Xogan a favor da revolución o medio ambiente ou o límite dos recursos. E a favor da opresión os poderes actuais na procura dun statu quo máis e máis favorable a si mesmos.
A confrontación entre ambos grupos non é nova, pero estase a recrudecer por diversos factores, dende as oportunidades que a tecnoloxía ofrece tanto ó control como á distribución de poder, ás constricións que o noso medio impón a un medrar incontrolado no uso de recursos de todo tipo, co pensamento no mantemento dos uns e no aproveitamento dos outros.
Non estou dicindo nada novo, e si simplificando abondo. Mais coido que co exposto xa cheguei onde quería, a ter unha introdución para poder facer dúas preguntas:
1.De que lado crees que estás? Corresponden os teus actos ó teu pensamento?
2.A loita prodúcese a moi grande escala, máis ten efectos a pequena escala (algo relacionado con aquelo de 'pensa globalmente, actúa localmente', aínda que por ben outros derroteiros). Que confrotnacións podes ver ti en Ribadeo, no teu entorno, que correspondan a esta dinámica de revolución-fascismo?
A Terra vista dende o Apolo XVII, imaxe icónica do noso mundo.

20160409

Nota de prensa: XUNTANZA DA PLATAFORMA PRO RESIDENCIA DE RIBADEO


Hai case dous anos, o día 24 de xuño de 2014, colocábase a primeira pedra da nova residencia. Dous anos nos que o novo edificio foi tomando forma e aspecto, tanto no seu exterior como no seu interior. Neste tempo as obras foron visitadas en repetidas ocasións pola Comisión Municipal, formada polas forzas políticas locais e os representantes veciñais. Ata agora todo se desenvolveu segundo o previsto polos técnicos e a plena satisfacción de todos, tanto no cumprimento dos prazos establecidos como na mesma execución das obras.
A construción achégase, por fin, ó seu fin. Una vez superada esta etapa dará comezo un novo capítulo, o do seu equipamento. Unha nova fase na que a Comisión Municipal, presidida polo alcalde, está disposta a continuar cos seus esforzos e o seu traballo ata culminar tódolos pasos necesarios ata a súa posta en funcionamento.
Pra reflexionar sobre o percorrido deste proceso, o seu pasado, presente e futuro, e en cumprimento do mandato veciñal que ten asumido, o derradeiro venres día 8 de abril, xuntouse outra outra vez a Comisión pro Residencia, representativa dos veciños deste concello. Analizada a traxectoria seguida ata agora, a súa valoración foi positiva. Polo que desexa manifestar o seu agradecemento ó alcalde e ás forzas políticas locais que souberon compartir todos xuntos os seus esforzos e colaboración pra levar ata o final as súas promesas iniciais de impulsar esta aspiración veciñal, renunciando ás súas prioridades individuais e partidarias, e loitando todos xuntos na consecución deste nobre e necesario obxectivo.
Unicamente lamenta a actitude negativa mantida pola Xunta de Galicia e polo PP local que, desertando este partido político da postura inicial mantida polo anterior portavoz do partido, o Sr. Valín, rompeu os seus lazos coa Comisión municipal e, polo tanto, o seu apoio a este proxecto común.
Esta Plataforma veciñal acordou manifestar, unha vez mais e en nome dos veciños deste concello, o seu gradecemento á Deputación Provincial pola achega dos 500.000 euros que acaba de aprobar nos seus ornamentos pra a nosa residencia. Unha cantidade que culmina o custo total da súa construción.
Acordou, de igual xeito, seguir apuntalando ó alcalde e á Comisión Municipal coas súas propostas, cos seus esforzos e axuda ata a culminación e posta en marcha da residencia, e ata poder acertar na elección da mellor forma posible de xestión.
Manifestou o seu unánime parecer de adicar tan só a xardín todo o espazo exterior da edificación adicada a residencia, sen outras edificacións ou alpendres que alteren a tranquilidade dos futuros usuarios da residencia. Unha opinión, sen embargo, que deixa ó bo criterio e decisión do alcalde.
E, finalmente, ratificouse, unha vez mais, na súa aspiración de que a residencia sexa pública e local, e a súa xestión accesible economicamente e axeitada pra tódolos veciños deste concello e comarca.