20060831
Terceiro e último: en Ribadeo cada un paga o seu e o síndrome de Dionisio
Dúas novas obras (públicas) en Ribadeo
Máis historias, de Ribadeo ó Universo
Algunhas cidades anunciábanse (aínda se anuncian) con cousas como 'ver Madrid e morrer' ou 'de Barcelona ó ceo'. Con Ribadeo pode pasar o mesmo, pero cada vez máis polo que se lee nos periódicos e menos pola realidade.
O certo é que non sei por ónde comezar polo 'traballo' que teño acumulado. Por calquera sitio: onte, na procura de datos meteorolóxicos antigos da 'Pedro Murias', atópome con eles espallados de xeito salteado en diversas Comarcas entre o 53 e 57, non antes e pode que si algún despois, pero tamén me atopo con cousas como que na 'Riberas del Eo', o 6/1/1934 aparece o nome da ría non como ría de Ribadeo... claro, non é a única volta, e así é de esperar que a polémica rexurda de xeito periódico, e cada volta con menos pulo para Ribadeo, pois ó cabo, o río segue a estar presente e da as curiosidades xa sabidas de procura en internet, que agora mesmo arroxan o balance (en Google):
1)Ría + Ribadeo: 174.000 (as dúas verbas illadas nun documento)
2)"Ría de Ribadeo": 11.900 (o conxunto das tres verbas nesa orde)
3)Ría + Eo: 361.000
4)"Ría del Eo":17.800
5)"Ría do Eo": 1.260
... hai outras combinacións curiosas, como cando se pon ria (sen acento), pero está claro que mentras máis 'finos' somos na procura, mellor se atopa a ría de Ribadeo, e é que Ribadeo asociado en escritos con ría, ten moitas máis posibilidades que Ría de Ribadeo, e o mesmo sucede con 'Eo'. Esta mesma entrada contará varias voltas máis se se fai a procura dun xeito que se se fai de outro, e mentras que non contará máis que 1 volta se se procura do xeito 4 ou 5, se se fai do 3 contará un número de veces semellante a se se fai do 2, tendo como campeón indiscutible de veces de referencia a procura tipo 1, polas que sae no escrito a verba 'ría' e tamén 'Ribadeo'. Quen quera facer a proba, que deixe indexar o Google (que deixe pasar varios días) e que probe co título e as combinacións...
Ben, o caso é que a ría, fronte a Reme, na lama, está vendo aparecer cada volta máis verdín en maré baixa, nun proceso natural acelerado, co que ó cabo dunha década por alí teremos xa plantas extremófilas fixando o terreo e preparando as marismas. A marea baixa deixa ver tamén o perfil dos meandros ó sur da Veiga, moito máis acusado á forma típica de curvas de río no seu treito baixo que á de perfil de ría (é dicir, debuxo de arriba fronte a debuxo de abaixo) o que significa menos volume de auga e que a influencia mareal é abondo menor do que eu creía e o trafego de auga por marea, tamén (ver no debuxo a zona entre mareas con menor volume arriba), e a resistencia ó avance da auga, maior, co que o arrastre é menor e a colmatación cara ó fondo da ría, máis rápida... indicando un crecemento dos tesóns maior.
O da ría entronca coa exposición que xente reacionada coa Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo organiza entre fin de mes e o día 10 na Casa da Cultura (planta alta da biblioteca) expoñendo cartas marinas, planos e documentos sobre a ría. a xente que se achegue, ademáis, terá o alicerce de ver a casa da xuventude aparentemente lista dende hai tempo e sen inaugurar posiblemente esperando as eleccións e cortando ás á xente nova de Ribadeo que podería aproveitala...
Outra exposición corresponde ó cartel, bonito e que deixei de ilustración da entrada de hoxe, para animar o 'de Ribadeo ó Universo'.
Pois en Ribadeo, mentres segue a relación acoso - cinismo na prensa, e se fan roldas de prensa en relación cun dos abondantes xuízos que merodean polo concello, segue a ser nova o rexeitamento do PXOM na Xunta. As reaccións, pintorescas. O alcalde, nun xornal, sae dicindo en titulares que o grave é o retraso en dar o informe, e noutro que non hai máis que o rexeitamento das urbanizacións. Se non fora o alcalde de Ribadeo, seguramente aconsellarían algo como que o vira un psicólogo, pois non é iso o que se deduce do documento de referencia (reseñado na entrada "O tratado non é Europa") nin das alegacións, sen contar con outras variacións que van ter que facer de xeito posterior. É dicir, van ter que redactar de novo o PXOM, e pregúntome cánto costará. Pero tampouco os outros partidos se libran. O Bloque está contento co rexeitamento das urbanizacións porque di que avala as súas teses, pero non logrou que fora sen elas. E o PP tan pronto critica o das urbanizacións como di que que vai facer a xente que ten apalabradas as fincas, e promete máis comentarios para seguir co tema en plena campaña pro municipais 07.
Ben, a consecuencia da procura dunha ruta de sendeirismo, decátome que Ribadeo, a pesares dos esforzos de Teresa Díaz, non ten unha soa ruta catalogada, e eso cando hai uns días se pretendía (teóricamente, porque non o creo) nunha xuntanza a nivel comarcal, voltar ó tren Ribadeo - Vilaoudriz como tren turístico, por riba xa da recuperación dos tramos que se poda da vía como iniciativa turística de camiños para camiñatas na natureza. Adeus plan de rutas turísticas a pé, en aras dun novo fume que se disipará pouco a pouco se non o está xa.
Para rir un pouco con cousas de fóra de Ribadeo, collo hoxe dúas novas científicas referidas pola prensa dun xeito dubidoso:
Unha, que a capa de ozono comezou a crecer, segundo un estudio da NASA e a Universidade de Xeorxia (EEUU). Se non lembro mal, o outro inverno foi o que a descoberta da capa de ozono na Antártida bateu récord de extensión... outra cousa moi diferente é que, pola tendencia, se esto segue así, o que comezou a verse desbaratar nos anos oitenta poda voltar á normalidade sobre o 2050, algo que non é novo que se diga, se ben agora parece que se fai con máis precisión. Por outra parte, éste é un tema netamente estatístico, co que, sensu stricto, habería que falar de outro xeito ó dar a nova...
A outra, que se ve unha supernova (unha estrela moi masiva estalando, vaia) por primeira vez en 'tempo real'... a 440 millóns de anos luz de distancia, o que significa que as imaxes se ven diferidas 'só' 440 millóns de anos... o que non deixa de ser un real tempo. Como se ve, coas novas na ciencia hai que ter aínda máis coidado que coas da política.
20060830
Ribadeo, historia e historias
Pode que esa sexa unha das causas da proliferación dende que comezou o século de libros sobre Ribadeo e a súa historia (incluíndo o de 'Ribadeando', historia recente). Nese sentido, onte escribiuse un capítulo máis coa presentación de 'tras sus huellas', despois de haber publicado o autor, Manuel Díaz Aledo, 'entre tus calles'. Tras a presentación do autor por Roberto Rodríguez, tomou este a palabra e deixou claro que o pasado era un libro da súa historia en Ribadeo e o actual, unha biografía novelada a base de hemeroteca dun parente seu. O certo é que retazos da historia que foi desganando deixaron en min certa gana de lectura do Ribadeo en castelán, se ben entre outras cousas, a segunda razón do corte do libro no ano 36 deixoume cun pensamento fixo. Dicía que había unha primeira razón para o remate do libro nese ano: a morte o seu tío, o personaxe principal. Pero engadiu que esa época enconáronse os sentimentos en Ribadeo que que non ía el a meterse no tema. Coa primeira explicación para min abondaría, pero o meterse na segunda implicou un recoñecemento de que a memoria quere esquecer cousas que xa están a rememorarse e que se ve que costa facerse con elas. En fin, hai xente que está a favor do exercicio de memoria e hai xente que está en contra. O tema da que pensar, por exemplo de por que non se escribe historia actual de Ribadeo: pode que en parte porque non ten o poso abondo, pero tamén en parte por medo, por quedar ben con todo o mundo (tamén o autor se referiu de xeito indirecto a este tema de que se escribía sobre aqueles anos ía quedar mal con xente), é dicir, por un espírito moi humano que está a flor de pel en Ribadeo. Tamén dixo que antes, 'Las Riberas del Eo' tiña un apartado de cousas da rúa, que agora botaba de menos na Comarca: estiven a piques de lle dicir que esas cousas, transformadas, agora aparecían nos múltiples blog de Ribadeo.
Esa era a historia. E aí as historias, que irán tecendo a historia pouco a pouco: onte chamei para tentar conseguir os planos da ponte, da que aínda agora non sei se admitirá peóns, bicicletas, ... en Castropol nin sabían en principio se tiñan os planos, e por fin, na demarcación de estradas en A Coruña dixéronme que tiña que esperar a que alguén viñera de vacacións. De xeito diferente foi o tema dunha consulta sobre o Castro das Grobas en relación coa piscifactoría (por certo, aquí tedes un artigo que saíu onte na prensa sobre o mesmo tema, posteado dous días antes), pois por terceira ou cuarta vez non din collido ós arqueólogos da Xunta, que en Lugo non estaban, senón nunha escavación (xa me dixeran que tiña que chamar antes), co cal non me puiden enterar polo momento do status do castro a invadir parcialmente pola piscifactoría. Dúas historias ribadenses de actualidade ás que lle custa saír 'do armario'. Hai outra. Antonte, por fin, fixen a travesía bloques-Figueiras-bloques, cun trazado un pouco diferente ó especificado nunha entrada anterior sobre a travesía da ría de Ribadeo, e puiden comprobar que a distancia a nadar, aproveitando a marea, non chega en total ós 500m (ida), pois o tesón de Castropol está avanzando cunha lingua (que pode chegar a independizarse ou seguir unida ó mesmo tesón) que permite ir andando ata pouco máis de 50 m da Berlinga das Figueiras. É dicir, un novo tesón na ría que reforza o que dicía sobre o cruce da ría de Ribadeo outro día antes: o avance dos tesóns, visible dende a costa e a pesares do repetido rañar no fondo para baixar area. En fin, tres cousas do día a día de Ribadeo que non soen ser nova por eso precisamente, porque son do día a día e diso, en Ribadeo, fálase nos cafés daquel xeito.
20060829
De cines e fume
Que Ribadeo é unha vila de cine téntao amosar o Concello en Fitur, por exemplo, ou o festival On/Off, ais o que se ve día a día é precisamente a falta de coidado do cine teatro, un edificio que represetna a historia do século pasado en Ribadeo tan ben como calquera outro aínda que non chegue á maxestuosidade da Torre dos Moreno. Teño entendido que pretenden amañalo, pero non sei moi ben cómo nin cándo. Mentras, unhas fotos amosan o estado actual, illa urbana equivalente a un escollo que molesta e non aproveita. bo, aproveita para poñer propaganda; diversa na súa fachada principal, institucional (a célebre 'sinaléctica') na beira de Rosalía. Nembargantes, é un edificio moi usable para cousas diversas aínda no estgado no que está. A curta realizada sobre en On/Off deste ano coido que se quedou demasiado curta sobre a historia e dende logo, sobre as posibilidades. Unha lembranza só sobre o edificio: é dunha asociación privada, non do concello.
En fin, cando me enterei de que querían facer algo del foi xa hai o ano pasado, pero as cousas deo pazo van daquel xeito, e aínda esta semana pasada me falaron de tentar de mover o tema (alguén que non sabía nada del), e as cousas municipais se se deixan corren o perigo de converterse en fume.
Fume que se está a preparar para o segundo asalto legal o día 1 de setembro, no que os locais de 100m2 terán que estar divididos se queren albergar fumadores. Coido que en Ribadeo, como se ven comentando noutros sitios, falta a división a dous días do tema. Meterán multa ou pasará, o de 'laissez faire' por desidia ou amizade?
Teño tomadas fotos da actualidade do terreo da nova piscifactoría, pero hoxe xa van abondas.
--
Posteado hai un ano no blog de Ribadeo.
20060828
Amarela Augas Santas
Augas Santas, coñecida hoxe polo de As Catedrais, máis parece hoxe algo como 'augas do inferno' ou, na versión moderna, 'rañaceos'.
Facendo o que me dixo un visitante do blog, un 'fotoblog', comento as fotos:
A primeira saiu con moita luz, e parece unha especie de visión, pero o contexto, obtido no alto do cantil, vai no sentido que dou na primeira frase e non no de lugar proteixo, por exemplo.
A segunda é unha foto dun lugar que se di protexido, zona LIC, e unha costa con protección de 200m e esas cousas.
A terceira, o coidado da bandeira amarela non se nota moito na foto, pero estaba nun tris de soltarse toda do amarre, e a vista con prortección tenta dar unha mirada de turista: lugar protexido para turistas. De feito, a dicir verdade, xusto cando me ía, era remprazada por outra que estaba menos marela pero enteira.
A última, o clamor do ceo ó ver unha zona de 'augas santas' convertida en 'catedral' de peregrinación... :-)
20060827
Astronomía fóra de Ribadeo (se fora gastronomía...)
E eso levoume a dúas nova astronómicas que se comentan estes días no mundo, pero que por aquí por Ribadeo non aparecen. A primeira, a desclasificación como planeta de Plutón. Sinxelamente, cambiou un pouco o criterio polo descubrimento de novos corpos semellantes a el que polo tanto, non encadran na imaxe típica do resto dos planetas. E é que Plutón foi clasificado como planeta un pouco para que non quedara só nunha categoría a parte, pois é a) abondo máis pequeno que calquera outro planeta b) cun satélite, Caronte, que é único no sistema solar porque é pouco menor que a metade do 'planeta' c) ten unha órbita cunha excentricidade moito maior que calquera outro dos planetas, de xeito que aprte do seu 'ano' está máis achegado ó Sol que Neptuno, etc.
A terceira cousa é que dende hai 3 anos, no que Venus por estas datas estivo máis próximo á Terra en moito tempo, repítese o tema de anunciar vía correo electrónico (nun típico 'hoax' ou anuncio mentireiro) o mesmo tema para o ano en curso. Total, nada.
O único, aínda a ollo nú, se hai un día (unha noite) despexado, mira arriba un cacho nun lugar onde non haxa luz achegada. Canto máis mires, gustaráte máis. E deixarás de cavilar en cousas máis terreas por ese cacho. Paga a pena, e queda un máis despexado apra pensar despois nesas cosuas máis terreas e máis do momento.
20060826
Poesía no Mondigo. Unha entrada diferente
A luz entra entre a bruma, deixando ver o recorte nídio das montañas saíntes cor gris máis obscuro entre a mañá descoberta pola néboa.
As Anzas, nebulosa. A ría, distiguible pola cor de contraste, gris bruma por riba de azul grisáceo.
As grorias, descendendo do ceo sobre parte do val do río Grande fánme pensar nunha verba, poesía.
Pouco a pouco, a luz descobre tamén o verde dos montes máis achegados e a bruma cobre máis e máis a ría...
Os cans, cada vez máis lonxe, seguen acompañando ós paxaros anunciando vida. Ea lgunha mosca.
As árbores que non deixan ver o baixo, despéxanse arriba.
No cumio, cinco picos metálicos cara ó ceo, apuntando a algún avión que lle fai compaña ás nubes e ó vento.
A raqueta que debuxa o alto do Noceda, como un libro de xeografía aberto dándolle a man a outro de xeoloxía.
E o mar, indefinido ó fondo, de cores variadas, e, ó tempo, sempre gris azulado, prata, azul, branco das rompentes ... e libre.
Nubes que se desparraman pasando o cordal lontano. Achegado, Penalonga, o Chao do Comado e as vacas muxindo no seu prado.
Burela, a última mancha gris, a Rapadoira anunciando Foz, Reinante, coa beira branca, contrastan cun tamén brancuzco terreo lunático entre Pena do Corvo e Rinlo.
Pequeno dende arriba, o humano fai notar a súa man. A Ponte sobresae onde non se ve a ría. A autovía en obras, o máis patente de Ribadeo.
Máis aló, a saída da ría de Ribadeo nótase como brazo do Mar Cantábrico. Castropol, límite da Liñeira, As Figueiras, sobresaen pola dereita.
Tapia intúese, non se ve, e confúndese o seu pensar cos muxidos da beira oposta mentras as nubes seguen a derramarse polo cordal traseiro.
De capota, o ceo, teito informe de nubes.
Ó baixar, tres moras saben a groria ó corpo esperando o almorzo. Decátome: no alto non se oen os paxaros.
De aí, un paso a pensar no lume. Ou como se vería o Mondigo cuberto de árbores caducos. Mellor esa imaxe.
20060825
Ría de Ribadeo 04/10/94 Galicia, Asturias 1,740 ha 43º30’N 007º01’W
Sen máis comentarios esta segunda de hoxe.
PXOM de Ribadeo
Quen abaixo asina, D. Antonio Gregorio Montes, Secretario da asociación de Veciños 'O Tesón' de Ribadeo, en representación da mesma, segundo o acordado en reunión mantida o 25 de abril, presenta as seguintes
ALEGACIÓNS ó PXOM.
Tendo en conta a documentación presentada como avance do PXOM, o acordo entre o Concello e diversos grupos empresariais para establecer varios convenios urbanísticos, as actuacións en pro da difusión do PXOM e ditos convenios, a legalidade vixente e o parecer da directiva da AVV, expoñemos:
1.Que o actual documento que se presenta como PXOM ten notorias deficiencias en canto que non establece un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello nin para as entidades de poboación por separado. Asemade, non contempla tampouco criterios ou obxectivos que poideran favorecer a construcción futura de dito modelo, e deixa por tanto as accións planificadas no mesmo como feitos illados dentro do conxunto, tendo en común pouco máis que o estar recollidos nun mesmo documento,
2.Que presenta tamén deficiencias no detalle miúdo. A este respecto pódense citar a modo de exemplo (e por suposto non de xeito exhaustivo):
2.1.a falta ou o trazado erróneo de camiños, como entre O Somo e a Cabana, en Cubelas,
2.2.o trazado do Camiño de Santiago, que non se axusta ó recoñecido en moitos puntos, resultando arbitrario,
2.3.non están recollidas a modificacións xa habidas na ría, como o novo recheo da dársena N de Mirasol,
2.4.diversos erros ben ortográficos, ben de nomenclatura ('O Kostal') ou semellantes,
entre outros moitos que poñen en evidencia a falta de cuidado na realización do documento,
3.Que o PXOM non considera diversa normativa municipal. O anterior pasa por exemplo co RAMINP, que é ignorado citando só normas máis xerais, e aínda é contradito xunto con algunhas destas en aspectos concretos como no art. 153 (p.130, normas de protección ambiental, que tamén contradí outras normas de maior rango en Galicia),
4.Que polo contrario, a redacción actual do PXOM presentado integra dentro da súa literatura unha maioría de temas de lexislación ou definición por normas de rango superior, e polo tanto, substraíbles a citas e anexos. O anterior produce confusión ás persoas que acceden o Plan, soslaiando os temas que son diferenciais, específicos ou susceptibles de variación por non ser de obrigación legal de cumprimento do Plan ribadense. Dificúltase así porlo tanto a comprensión xeral do mesmo e fórzase á persoa interesada a encararse só coas particularidades ou intereses particulares en contra da visión de Ribadeo como comunidade; esto vese incrementado por outros detalles que inducen a confusión (así, a presentación de documentos consecutivos relativos a zonas anexas e aínda solapadas mantendo diferente escala de presentación; vg., fichas 31 e 32)
5.Que consideramos que os convenios urbanísticos tal como foron acordados non favorecen un crecemento harmónico de Ribadeo nin dos seus núcleos rurais. O anterior, a máis de axustarse na práctica ó límite inferior en canto a favorecer ás institucións públicas e ós seus administrados (axustándose aínda en ocasións a lexislación que deixa de ter vixencia no período actual), ademáis de ter unha ubicación inadecuada nalgúns casos e tamén a máis de incidir en contra dos criterios manifestados con anterioridade pola Xunta de Galicia na análise do Plan,
6.Que en particular en 'O Costal' o convenio impide tratar a área da ría como é debido ambientalmente, e como é convinte para o seu aproveitamento sostible en óptimas condicións económicas, é dicir, limitando ó futuro Ribadeo nos dous aspectos de calidade de vida e estructura económica,
7.Que ditos convenios favorecen a segunda vivenda de persoas alleas a Ribadeo, a quenes os afincados deberemos subvencionar as infraestructuras a máis de soportar o aumento de custes das primeiras residencias (tanto en compra como en mantemento) sen unha contraprestación clara en canto a crecemento comercial ou noutros sentidos. E, polo tanto tamén neste aspecto, e unha vez excluídos os posibles beneficiarios direitos pola venda de terreos, perxudicial económicamente para Ribadeo,
8.Que a oferta de solo para construcción neses polígonos, guiándonos pola resposta previamente dada pola Consellería e pola lóxica de crecemento posible de Ribadeo, influirá na falta de solo para a primeira vivenda dos xa afincados e dos que poden representar o crecemento futuro do censo ribadense,
9.Que nos convenios que trata de recoller o plan hai asemade pequenos erros en cantidade, que se suman ós referidos antes do PXOM,
10.Que o plan só se tratou de consensuar con empresarios, e esto en plena polémica e demostración de que alcaldía e empresarios forzaron e desvirtuaron no mellor dos casos o plan anterior, e non con veciños, que só tiveron oportunidade de enterarse das circunstancias e condicións neste mesmo mes. Hai que referir que tanto o sentido común tanto como unha adecuada xestión municipal esixiría un tempo abondo maior e unha difusión do plan e contrastación de pareceres abondo máis amplas das que se están a dar.
11.Que a mesma alcaldía refusou a participación en actividades onde se pretendía realizar unha crítica constructiva dos convenios, deixando en calquera caso a técnicos a posible explicación de convenios e PXOM, pero non a discusión sobre a finalidade, obxectivos, criterios ou implicacións sociais dos mesmos ou do Plan, que queda orfo neste sentido,
12.Que se botan en falta estudos de acompañamento ou laterais como un necesario informe independente sobre a sociodemografía no futuro próximo de Ribadeo, previo a un tratamento serio dos aspectos urbanísticos.
Facendo unha recensión dos puntos anteriores, podemos considerar que hai entre eles tres tipos. No primeiro grupo, as alegacións que implicarían só unha revisión pormenorizada do articulado e planos. O segundo grupo, constituído por aquelas outras que implican unha variación de aspectos parciais do plan. O terceiro por fin, por aquelas que fan necesario unha nova redacción do plan. En función destos grupos citados, pedimos unha nova redacción do plan que deseñe un futuro razoado para Ribadeo, contemplando tamén a nivel particular un conxunto de actuacións cohesionado nas diversas zonas adicadas á construcción e realizado cun cuidado que elimine boa parte deses detalles, erros ou omisións que fan en conxunto inválido o plan para o futuro ribadense.
En Ribadeo, a 28 de abril de 2005.
O tratado non é Europa
No seu momento apuntei na primeira páxina do libriño do tratado para unha constitución europea a frase que encabeza a entrada de hoxe. Certamente, para comezar, chamábanno constitución pero era un tratado, e que non representaba Europa, alomenos ós seus cidadáns, quedou claro, aínda que non es España. A cousa ven a conto de que a pesares de todo, o tratado tiña cousas positivas, e a lexislación (Europea, pero tamén Española, Galega ou Ribadense) tenta protexer, e, salvo inxustizas patentes, hai que traballar para respectala. Evidentemente, toda norma terá furados, pois os hmanos non somos perfectos, e hai voltaas que parece que protexe a quen non o necesita contra quen si lle fai falta. Pero, postos a defender dereitos, hai raios de esperanza con certa frecuencia. Así o PXOM en relación coa Xunta (ver o informe aquí) ven poñer as cosuas algo máis claras, botando para atrás o groso da construcción prevista, pedindo máis zonas verdes e dando un tirón de orellas no sentido de que non tenten meter gato por lebre. É evidente que esto non soluciona todos os problemas, e sería longo de tratar aquí, pero procurando a defensa das normas de convivencia, ás veces, cúmprense. E cada vez que se cumpren é algo que ganamos todos, aínda os que en principio se sinten perxudicados.
Algo a considerar tamén é a indicación de que hai normas xerais que son mínimos, non de cumprimento a rajatabla, e polo tanto no desenvolvemento, os concellos ou que sexa debe afinar máis, xa sexan os metros de servidume costeira, a separación de locais de copas ou a cesión de terreo opúblico en urbanizacións.
Claro que a parte do mundo dos papeis no que tanto nos xogamos, tamén hai despois as cousas máis pequenas, como que dúas rapazas teñas as súas diferencias e tenten solventalas fastidiando o coche da outra, como aparece hoxe no periódico. A sociedade hai que construíla de riba abaixo tanto como de baixo arriba, pouco a pouco, con tesón e sen defalecer, e aínda así, tendo conta que sempre van saír cousiñas ou cousazas que den ó traste coa perfección. E os alcaldes, ou o xefe de goberno, ou un multmillonario, non son máis que persoas normais cunhas circunstancias particulares: de aí que tamén teñan os naturais vicios (e virtudes) humanos e non se poda abandoar a xestión ó seu imperio se non é matizadamente, cun seguimento e interese contínuo dos asuntos por aprte de todos, na medida das posibilidades, aínda que non sexan moitas.
--
Hai un ano comentaba algo que pensei titular 'la subasta de Ribadeo'...
20060824
Traduce, que algo queda (2ª de hoxe)
Música, educación (segue...)
20060823
Música, educación, transgresión ... e Ribadeo, claro
A actuación da Orquestra de Cámara Bach da Gewandhaus (literalmente, casa de vestimenta) de Leipzig fíxome pensar na relación que poño no título. A actuación, presenciada por un auditorio no que quedaban poucos sitios libres, foi aplaudida (ó meu xuízo, con xustiza), en particular, a frauta na Suite nº 2 para frauta e orquestra en Sim BWV 1067 de J.S.Bach, que tivo que saír dúas veces. A orquestra naceu na Alemaña Oriental, froito da educación no sistema comunista. O sistema, como é sabido, caeu por moitas razóns, pero coido non foi a educación unha delas, pois nos países da outra beira do 'telón de aceiro' a educación era moi boa (tiven ocasión de comprobar algo do tema), pero paréceme que lle faltaba un compoñente alomenos: a liberdade e a súa asociada, a iniciativa... que está relacionada coa trasgresión das normas, que fai por outra banda que éstas evolucionen. Penso que teño loitado moito contra as transgresións de varios tipos, pero coido que sempre deixei algo de espazo para algo deso, de trasgresión, pois coido que (por exemplo) como profesor, tócame facer algo de 'sparring' dos alumnos, e a trasgresión implica algo de cumprimento da elasticidade humana dos límites...
De calquera xeito hai variacións nas transgresións, e o que aparece na foto non é exactamente das permisibles: o lixo cheo a medio día, con cartón no lixo xeral, fóra do sitio para depositar o refugallo, que está cheo ... en fin, son moitas transgresións nunha, e algunha de institucións, non direitamente de persoas; coido que ás institucións, creadas precisamente para aplicar a non-trasgresión, non se lle debe permitir.
--
Hai un ano, a entrada non era, non houbo. E hai dous, tampouco, aínda que arredor destes días, hai dous anos.... Seguiremos en Ribadeando, o blog de Ribadeo :-)
Piscifactoría en Ribadeo
Os planos, a pesar de que poden ser aumentados premendo co rato sobre eles, non saen moi claros, pero si se pode observar tanto a delimitación marítimo terrestre como a servidume de paso (6m) como a servidume de protección (100m). A superficie da parcela, 265247m2, está segundo os planos, ocupada en 125247m2, dos que 51932 son para auga de engorde e 7628 para alevíns, pensando nunha produción total de 2,561Mkg/ano.
Aparecen nos planos as naves de alevíns (cadrados pequenos), o acceso (con instalación de portería e control), unha sala de elaboración (máis ó NO), o edificio principal (ó N do anterior), os silos de alimentación automática, o depósito de gasoil, o de auga doce, osíxeno, os grupos electróxenos, o pozo de captación (ó que chega ó tubo longo, con auga limpa), a osixenación, servizos e filtración (de onde sae o tubo curto, a leste do de captación, aproveitando as correntes que levarán o refugallo cara á ría de Ribadeo. Por hoxe non comentarei moito: aí están os papeis para quen os queira ler. Nembargantes, algunha pincelada: a)as instalacións métense na zona da castro. b) só hai filtración como tratamento de refugallos. c) a saída de residuais é curta, mentres a de auga entrante é longa. d) considerando os terreos ocupados e o desnivel de excavación que aparecen nos planos, saen da orde de 2.500.000m3 de terreo que se extraerá, isto é, unha montaña que se ben ocultará ás instalacións se se mira de lonxe, onde se vai botar?
--
Hai un ano poñía unha entrada sobre Rinlo.
20060822
Non odies ós medios, convírtete nun deles.
Agora volvo sobre o lema a raíz das dúas nova que hoxe lle adica un periódico a Ribadeo e á súa importancia relativa. Resulta que hai algún tempo un amigo díxome que nova non era cando o can mordía ó neno, senón cando o neno trababa ó can; eu sigo sin entendelo ben, pois coido que o primeiro é unha nova porque se sae do común sen chegar ó extraordinario, mentras o segundo, que chega ó extraordinario, coido que non é unha nova, é unha curiosidade. Con este preámbulo sobre a miña opinión, ó mellor non estrana que me chame a atención que a nova principal dunha sección de A Mariña sexa que Ribadeo abre unha semana adicada á música, danza e habaneiras, mentras se deixa cunha importancia menor que Ribadeo apsará a ter unha cuadrilla voluntaria para vixiancia de montes. A primeira 'nova' coido que se resume perfectamente no título. A segunda requeriría máis datos, contabilizando que se trata de voluntarios, que van exercer en Ribadeo, que os hai de outros concellos de A Mariña, que ... en fin, o mesmo tenente de alcalde di que aínda quedan cabos soltos, e supóñoo consciente de que sendo voluntarios, depende da administración que se sintan a gusto para poder seguir cumprindo coa labor, cousa non doada baixo ó meu parecer.
Compréndese agora a nova referencia a Indymedia?
As fotos, para comentar o exceso de velocidade na ría de Ribadeo (a moto por diante de San Román) e un paso baixo a ponte.
--
Hai un ano comentaba o conflicto en Rinlo. A cousa segue dando de si co beneplácito do alcalde, aínda que esta tempada está parada. agora o problema parece trasladarse á pena do Corvo, despois da parada alí.
20060821
Xesús voltou de vacacións
Foi unha idea que se me ocorreu hai uns 15 días: Xesús Deus debía estar de vacacións. A terra queimábase e parecía o inferno. Logo foron parando os incendios, e choveu. Xesús voltou de vacacións...
A ría de Ribadeo, polo contrario, xa as vai necesitando despois da sobreutilización do verán. Ben, é evidente que en relación con outros lugares, a ría non está sobreocupada, pero en relación ó que era, sen ir máis lonxe este inverno, houbo un trauma de uso. Aquí van fotos para lembrar unha ría e relación arredor dela: unha posta de sol sobre a verquente galega, xusto ó norte da Ponte dos Santos, o tesón da Berlinga, flanqueado por Castropol á súa dereita e As Figueiras á esquerda, un derrube sen amañar dende hai oito meses, unha antena de telefonía cun cartel abaixo que pon 'sen permiso municipal' xusto por riba da praia de San Román, e un rastro de avión surcando o ceo xusto por riba da ría, cara ó norte...
--
Hai un ano, reseñaba que en Ribadeo había menos cantón. Hoxe a entrada podería ser algo parello con 'menos peonil', pola que en lugares hai doble ancho de mesas que de paso... hai cousas que costa cambiar.
20060820
Desequilibrio de xénero, desequilibrio político
Pois a ver...
Resulta que na China rural asóciaciase aínda hoxe o nacemento dun varón co seguro de coidados para a vellez dos pais, mentras que o nacemento dunha nena é unha desgraza, debido a que a tradicióbn marca que ó casarse, as mulleres vaian á casa do marido e 'ingresen no escalafón máis baixo do traballo doméstico' ás ordes da xefa ata a súa morte, a nai do marido. Naturalmente, cabería poñer moitas aclaracións, pero o fundamental é eso.
Co advenimento de métodos de diganóstico do sexo no embarazo, ademáis da política de fillo único na China dende hai xa tempo, as familias temen quedarse sen mantemento no futuro por ter unha filla, co que comezou o infanticidio feminino de moitos xeitos, e así hoxe nacen ata 5 rapaces por cada 4 rapazas, segundo as zonas do país. Un fenómeno que leva consecuencias case inmediatas a que por exemplo, as casa de acollida infantil daquel país sexan na práctica só de acollida de nenas ou que de todos os nenos chinos adoitados en España, todas sexan nenas.
Pero, cara ó futuro, os chinos non van ter mulleres abondas para un equilibrio desexable. Resultado: xa hai alarmistas que din que se raptarán rapazas chinas en Espña para reenvialas aló, está previsto un aumento da prostitución forzada naquél país, etc, a aprte da descompensación propia no funcionamento do corpo social que implica a ausencia de mulleres. Tamén, aínda que se esteña tentando de favorecer a 'produción de mulleres', como seguirán sendo menos, terán menor peso político a raíz do principio de 'unha persoa, un voto', e polo tanto, de xeito direito, o feito de seren masacradas terá como efecto un menor poder de decisión no futuro e a maior posibilidade do seu asoballamento.
E pasamos a Ribadeo... estánse a construír máis e máis edificios en calquera circunstancia, co que cada vez haberá máis xente interesada en non poñer trabas a unha construción sen senso.
Estáse a poñer cada vez máis locais nouturnos sen condicións, co que cada vez haberá máis presión para que non se metan con eles.
Hai cada vez máis inmobiliarias con liquidez, polo que cada vez interesará menos poñer prezos baixos á vivenda porque poden aguantar e se se vende máis caro, máis comisión.
... Como no caso dos chinos (das chinas), habería que axustar e precisar, pero nos exemplos anteriores e noutros máis vése claramente o cumprimento dun vello principio, contrastado na tendencia á reproducción social das mesmas pautas e vicios sociais aínda mesmo cunha lóxica autodestructiva e sempre que non se lle trate de poñer algún tipo de lóxica positiva, con intensificación das características.
En fin, para seguir pensando en solucións e que a cousa non siga.
--
O ano pasado tal día como hoxe en Ribadeo
20060819
In / out (en Foz, Ribadeo ou calquera outra parte)
As tres imaxes de hoxe van de dentro a fóra: un ordenador tuneado, o aspecto xeral da party de Foz e unha imaxe tomada do exterior ó que se asoman de cando en vez os de dentro...
1. Algo que non se fixo polo momento en Ribadeo aínda que sei que se tivo pensado facer.
2. A diferencia entre o 'mundo interno' e o 'mundo externo', para pensar en dúas cousas: as diferencias e as conexións, ambas necesarias para que o mundo progrese dun xeito equilibrado e sen rechinar...
3. Sempre hai un grao de aceptación maior ou menor por unha ou outra opción disponible. Cal elixes? Por que? Naturalmente, o caso das fotos é algo que se plantexa moi pouca xente, pero hai mogollón de casos na vida de cada quen.
4. A foto do ordenador tuneado fai pensar en graos: nunha party como a de Foz (das ben pequenas, das que están nacendo) xa se poden distinguir moitos graos de implicación e de ideas, dende a xente que vai a 'baixar cousas de internet' ós que van xogar, hai graos e graos, ou os que van amosar o seu ordenador, do que están orgullosos/as (as mulleres pouco a pouco van meténdose en todos os mundos)...
5. A foto do exterior a min dame calma, pero tamén o interor pode causar outras sensacións benéficas / aproveitables... é dicir, todo ten unha cara positiva, e se se lle atopa, a vida pode enfocarse mellor, aínda dende as posicións aparentemente máis descarnadas.
En fin, máis consideracións se poden facer, dese feito e de calquera outro, como a recuperación da terra queimada (prevista para un mínimo de 5 anos, en boas circunstancias) ou a instalación dunha piscifactoría en Ribadeo (si, a nova, a da filial de Pescanova, da que teño ganas de botarlle unha ollada cando poda ós plans que teño entendido non son moi aló no coidado do medio ambiente, por exemplo)
20060818
Unha nota, un libro e dúas citas
Vaiamos pola nota. Xa vin hai algún tempo un problema en relación á versión definitiva dos post: a referencia vía RSS ou outras en web que referencian Ribadeando collen só a primeira versión, e non a actualizan despois, alomenos ata abondo tempo despois. Eso implica que cando un post queda a medias por un rato, o que pasa con frecuencia, ou queda con montón de erros por corrixir (o que pasa máis aínda), etc, nesas outras web queda referenciado só a versión incorrecta. Moralexa: Se alguén quere ver a versión correcta de cada post, ten que ir ó mesmo blog Ribadeando, e non quedarse na versión referida por RSS...
O libro. foi presentado o libro de poemas 'La tierra vertical', de Aurora García Rivas, como é habitual, na Casa das Letras. gústame a poesía, pero non leela unha tras outra, tras outra... e como tras unha breve introdución comezou a lectura, en breve tempo saín do local. O que escoitei, ben.
Unha cita: 'se non se acugularan riquezas, o pobo non imitaría aos ladróns' (Tao Te King, Lao Tse, versión de Xosé Lois García, Editorial Toxosoutos, Noia 2006). a súa aplicación é moi amplia, pero estamos nun blog que trata de xeito preferente sobre Ribadeo. Pode ter aplicación por exemplo, no auxe da construcción e as tropelías atribuídas? Ou na proliferación de locais de copas e ruído sen moito control? Non sei, cada un pode aplicalo en moitos sitios diferentes.
Outra cita (en realidade, dobre): 'Non á globalización sen representación' / 'pódense reafirmar os principios democráticos abstractos, mentras refórzase a policía e planéase traladar decisións ó espazo dos "fluxos inmateriais". Ou ben pode repensarse a democracia, construíndo sobre o que conseguimos na historia, no novo contexto da globalización'. Ambas son citas de Manuel Castells nun artigo de 2001 no 'El País. A primeira é o lema da macromanifestacón de Seattle que deu pé ó nacemento mediático dos movementos anti globalización capitalista, que non coñecía e paréceme realmente definitorio. A segunda parte corresponde a unha reflexión de Castells, que con verbas un pouco complicadas para Ribadeo (ó fin, está aplicada á mundialización) ven a dicir doutro xeito aquelo de 'se non exerces os teus dereitos democráticos, rematarás por perdelos' que xa teño reflexado nalgún artigo anterior no blog.
En fin, con Ribadeo ó fondo, ou coa ría de Ribadeo, da que hoxe acompaño as fotos da zona onde pode considerarse que é o límite da ría antes de ser só río, en Abres. Está a marea viva e ben chea, e nótase.
Gustavo Adolfo en Ribadeo
Outra nova presentación de libro, esta vez, dos estudos de Dionisio Gamallo sobre Bécquer, e, de novo, en castelán. Aínda me lembro como a presentación anterior, do libro sobre Suso Peña, no que Roberto Rodríguez dixo algo así como 'perdón' (con outras palabras) por referirse á ría como 'ría de Ribadeo'. E é que as veces, os detalles son chocantes e péganse á memoria sen poder desterralos.
Bo, pois ó que íamos: Gustavo Adolfo fixo que o polígrafo local, Dionisio Gamallo, fora cualificado esta volta como estudoso becqueriano. O certo é que a presentación a cargo do autor (participou antes Cortezón) Jesús Rubio deixoume as ganas de ler o que Dionisio escribiu sobre Gustavo Adolfo, comentado por Jesús. O caso é que na biografía subtitulada 'varón de Porcillán', escrita por Cortezón sobre Gamallo, non vexo moito rastro da dedicación de Dionisio a Bécquer. O certo é que só lle din unha miradiña. Haberá que mirar máis en profundidade... é dicir, plantéxaseme a pregunta de cánta xente lee os libros que se escriben sobre os ribadenses (incluído 'recuerdos de infancia', coido que se titula). Ó mellor, é máis xente da que a min me parece, porque a pesares de que o salón da presentación estaba cheo, sigo tendo a impresión de que a porcentaxe de xente que os lee é baixa.
Por certo, ó cargar a imaxe do faro, lémbrome de que dúas persoas dixéronme que o que puxen onte no blog, a foto do botellón, non era tal, senón un rito satánico...
20060817
Polémicas post vacacionais en Ribadeo: que estructura ten Ribadeo?
Mentras, as dúas fotos de hoxe ilustran dúas curiosidades ribadenses destes días, o que parece una imaxe de fenómeno eólico nun deserto, e corresponde ós efectos das obras da autovía, e o que aprece unha especie de ofrenda, seguramente os restos dun botellón nas pistas preto do faro... ambos, sen comentarios. Ambas, feitas onte.
20060816
Arquivo Dixital Hernán Naval
A vantaxe de ser 'galego de pura cepa'
Foi algo que se me pasou pola cabeza. Se así critican por defender os meus dereitos, que sería se non fóra galego? Porque é evidente que dentro das categorías, ahi un máis, que sería o ser de Ribadeo con ancestros certificados, e un menos, que viría dado por ser de fóra de Galicia (... tamén teño notado clases nesa categoría, pero soen ser con menores diferencias). O de ser emigrante ten o seu aquél de loita pola aceptación onde se vive e de diferencia coa xente e sociedade xa establecida previamente. Aí están os inmigrantes de novo cruño, extranxeiros e extranxeiras que en certo xeito, son invisibles fóra do traballo, e nembargantes...
Xa teño falado algunha volta do tema da inmigración/emigración, pero cada vez vexo máis claro como a sociedade, é dicir, as persoas constituíntes da sociedade en cuestón e as relacións que establecen entre elas, neste caso, os ribadenses 'de pura cepa' e as súas relacións, ou, nunha segunda capa, os galegos de pura cepa e as súas relacións, que naturalmente inclúen ó primeiro grupo no seu interior, vánse constituíndo en esferas de trato e de pertenencia, como nunha tribo con características por unha beira, modernas, e por outra, totalmente ancestrais.
En fin, a esperas de profundizar noutro momento (agora voume), aí quedan as fotos, unha dun edificio que se ten dito que non garda a liña, e aparentemente segue día a día (ou cada dous días, vaia) adiante; un cacho de muralla que xa non é de muralla nin por idade, nin por apariencia, sin por grosor, ... e que se non lembro mal (hai tanta tropelía que non me estranaría) o alcalde dixo que ía obrigar a reconstruíla; e, a terceira foto, en estilo 'las verdes praderas' (película española de grata lembranza), unha vista da ría de Ribadeo pola noite, con calma de fondo aínda que esteña pasando o que sexa na vila. (lembro que premendo dúas voltas no rato aparece a imaxe soa e máis visible)
20060815
Liberados: unha comparación entre Ribadeo e España
Logo penso: claro, son institucións diferentes... e é a única atenuante que se me ocorre, aínda que supoño que haxa máis. Logo, paso a 'pero, ten que ter este tipo de organziación o concello? e de aí, a outras cousas que están a suceder en Ribadeo, a parte dos dous 'liberados'
20060814
Algo rápido
Título: ¡Cambien el himno gallego!
Cita 1: ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente?
Cita 2: ¿Qué din os chaleciños adousadiños nas Mariñas D'Ouro urbanizadiñas?
... non sigo. Abonda.
Choverá mércores?
Por esta zona, polo momento, librámonos dos incendios. Esperemos que esto siga así pola nosa beira.E tentemos poñer o nos grao de area para construír: hai moitos xeitos de facelo e cada un debe mirar o mellor xeito de aportalo.
Do blog de Ribadeo, hai un ano, ... e outra.
20060813
Negocios, conversación, política e dereitos en Ribadeo (2ª de hoxe)
Despois dun ano de blog, coido que a primeira entrada debera ser algo como esto. Desexabable que mellor escrito, máis profundo, ... pero poñendo o dedo na consideración da actitude xusta na dirección social, na vixiancia das reglas, no emprendimento de derroteiros... e é que como cidadán, incúmbeme (ver a explicación frontal do blog: Ribadeo e as miñas cousas).
Mentras, outras cousas de hoxe a considerar; no blog xa foi tratado hai algún tempo o tema da política urbanística, por varias voltas, por exemplo, aquí.
Cabodano do blog de Ribadeo
Tal día como onte, hai un ano, comezou a funcionar o blog... A primeira nova / post feita (a excepción da nova de inicio) foi hoxe hai un ano. Así pois, unha pequena auto-homenaxe por ter feito o primeiro ciclo arredor do Sol...
Pensei en facer algo así como unha declaración de principios, pero tanto antes como agora, coido máis válido o escribir día a día os feitos máis que as palabras. Espero seguir así. Co apoio de que le, que coido que vou ganando pouco a pouco, como a estatística que amoso fai creer.
20060812
Flan Alicia chega a Ribadeo
Sendo un pocuo socarrón, vou facer unha entrada de conto.
E conto que, na serra de Meira, vindo cara a Ribadeo, á man esquerda, hai un cartel ó que lle quería sacar algunha foto dende hai tempo. Hoxe fíxeno, e o que se ve a carón é o resultado. da que pensar... o cartel, por atrás suxeito con paos, cousa que só se ve despois de ver o que primeiro foi Plan Galicia, trasposto como Plan Alicia, para rematar como Flan Alicia, algo así como unha visión de Alicia no país das maravillas de algo que se dixo que era un plan e que parece rematou sendo un flan. Vindo para Ribadeo, pode ben causar impresión, ben resultar algo así como unha vacuna... :-)
Mágoa que a vacuna non poda cos incendios...
20060811
Unha presentación para Suso Peña en Ribadeo
Jesús Peña Rego foi acreedor dunha presentación dun libro feito coa escolma dos seu traballo. O título, 'La mirada mágica', pretende ser unha traducción do que significaba o esprito interpretativo de Suso. foi na espazo que ten 'a caso do libro', que resultou moi insuficiente, pois tivéronse que voltar atrás moitas persoas, e moitas outrads mantivéronse como poideron á beira da parede ou nas escaleiras. Chamoume a atención a chea de autores de libros presentes, entre os que se atopaban, a máis de Cortezón, que participou na presentación, Amadeo Arango, Carlos Cid, Chemi Lombardero, Primi Nécega, Francisco Díaz -Fierros, Gonzalo Moure, ... e de seguro que se escapa algún (por certo, a orde non ten nada que ver coa importancia ou número de obras publicadas). Entereime de que Dionisio Gamallo e Suárez Couto foran profesores del; do resto do que se falou, xa dun ou outro xeito tiña idea.
A presentación foi completada por Roberto Rodríguez, despois de comezar o director de Gráficas Lar de Viveiro, empresa coa que mantivo longa relación Suso.
Recollo aquí unha das ideas de Suso para Ribadeo, citada na presentación: un mapa cerámico do concello, a poñer na antiestética fachada cara a rosalía de castro no seu comezao. coido que non estaría nada mal. En fin, as fotos, dos tres presentadores, unha vista do salón antes de que se rematara de encher, un momento da presetnación e o ceo fóra, ó saír, que se me presentou como unha imaxe de Suso, ó meu estilo: nuves encaixoadas pasando libres sobre as nosas cabezas, ocupando o ceo dun xeito inverosímil. En fin, cousas que lle dan a un, algo posiblemente sen moita relación, como que os dous pequenos familiares de Suso que había no salón tiveran que ser desaloxados por mor dos choros.
Camiño de Ribadeo
Pola estrada camiño de Ribadeo estes días pódense ver cousas curiosas. O tráfego que soporta a N634 en espera da autovía xa non sorprende. Pero si que haxa retencións para entrar e saír de ribadeo, máis que as típicas, por poñerse a facer obras na entrada en pleno agosto. E antes de chegar ó núcleo urbano, abondo antes, un hórreo foi cambiado de sitio por mor das obras da autovía. Quédome pensando... vaia propaganda positiva... significará que farán o paso de peatóns e de bicis e de tractores na ponte unha vez rematadas as obras na autovía?
Se se ven por mar, pódense atopar vistas como a da foto, co tesón das Figueiras pegado á area / lama da Liñeira, e eso a pesar de que nas Figueiras, dentro dun rato, váise botar o barco máis pesado dos que leva parido o estaleiro, e antes houbo que dragar.
Se se ven dando unha voltiña por Vilaselán, atopámonos outra vista: o rego de Vilaselán, seco, como aparece na outra foto. Pero eso, despois de pasar por Meirengos, onde non hai 'erica vagans' nin piscifactoría, senón a paisaxe luar que se ve na foto e a estrada asfaltada foi substituída polo que se ve na outra foto, unha especie de camiño de vacas... (estiven a punto de poñer Vacas, pero non)
Claro que, ó chegar a Ribadeo, segundo por onde se entre, pódese atopar a banda ensaiando dun xeito harmónico e disfrutar e atemperar un pouco, que para algo se está no verán.
20060810
Por fin! (2ª hoxe)
Novas non faltan, pero...
Normativa básica
Coido que, independentemente das particularidades do caso, hai un camiño a seguir moi diferente: comeza intentando solucionalo un, vai poñendo os medios, e logo vai procurando axuda, e así sucesivamente. En fin, pareceume interesante facer unha breve referencia, para amosar a mentalidade que non se debe ter, e que é ampliamente maioritaria en Ribadeo para asuntos relacionados en sentido amplo, 'coa autoridade'.
Mentras, unha editorial de Le Monde: "Les Espagnols construisent au détriment de l'environnement" (Os españois contrúen en detrimento do entorno). Falarán de Ribadeo?
20060809
Ribadeo, perdiches o norte?
Copio para facer un cotexo co anterior uns titulares de hoxe (na Voz) "Aunque la superficie total sí incluye parte del LIC de As Catedrais, las obras no lo tocarán"; "El estudio de impacto se expone en Celeiro y Santiago, pero no en el consistorio local" E non se trata xa de dicir que hai embotellamentos en Ribadeo por culpa das obras (que os hai), porque tamén os hai sen elas (aínda que menores...)
En fin, onte foron moitas entradas, a de hoxe vai tarde e pequeniña; ó fin é o cabo, xa é algo que teño repetido.