Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións

20241028

En educación ou en votación, crise pola 'métrica'?


 

En educación ou en votación, crise pola 'métrica'?

    Ata hai pouco non sabía da chamada 'Lei de Goodhart'. Esta 'lei social' ven dicir que cando o superar unha métrica [no sentido dun indicador clave do rendemento, é dicir, indicador dos logros acadados por unha persoa ou grupo en relación a uns obxectivos prefixados] se converte nun obxectivo, deixa de ser unha boa métrica para o que fose definida. Ven ó caso na educación, por exemplo. Se o obxectivo dun curso remata sendo a superación dunhas probas determinadas, o resultado desas probas non terá un significado en relación coa formación do alumnado que segue ese curso, senón só en relación á preparación para as propias probas. Un caso práctico do que remato de dicir sería a selectividade. Se no segundo curso do bacharelato unha materia adica o seu tempo de clase a que o alumnado sexa capaz de superar a proba de selectividade correspondente a esa materia, poderase lograr que unha alta porcentaxe de alumnado pase a proba ou que a súa nota media sexa alta. Mais nese caso, o converter o pasar a proba en finalidade, fai que non sexa apta para dicir se a alumna ou alumno está formado na materia da proba. Ou sexa, esas probas pasan a ser literalmente iso: probas que dan acceso á universidade. E nada máis. En educación hai máis casos que se poden comentar, como as probas PISA, que inicialmente virían medir o rendemento do ensino medio, ou os diversos rankings universitarios, que tamén de xeito inicial virían medir a 'bondade' dunha universidade en relación ó conxunto.

    O resume do anterior parágrafo pode ser que, se institucións e sociedade fan que o alumnado se obsesione coa 'nota', o obxectivo dos discentes deixará de ser maximizar a aprendizaxe para pasar a ser o maximizar a súa nota, sen importar que para iso teñan que botar man de copieteo ou outros métodos.

    A lei non é só de aplicación na educación. Nin moito menos. Pode ser unha porta de entrada ó rexeitamento da democracia sen outra alternativa: Se o resultado que queren os partidos é o maximizar o voto, dirixirán as súas accións a iso, e non a beneficiar á sociedade, á xente. De aí a diversos chanchullos hai un curto paso. E vense saltar as regras da democracia porque non se considera a uniformidade do voto ou mesmo o voto en si, que pasa a ser só un título para exercer o poder uns anos máis, independente do beneficio social dese poder. E pode ser por diversas circunstancias ou métodos, e non só polo uso partidario de sistemas electorais cunha lóxica como a distribución D'Hondt, os distritos electorais provinciais con diferente peso de cada voto ou as artimañas do 'Gerrymandering' nos EEUU para 'aproveitar os votos' dunha zona. Así, rematamos atopando que os votantes están (estamos) afondando no escepticismo sobre a saúde democrática dos estados, como ocorre nunha recente enquisa do N. Y. Times, que cuantifica na metade da poboación a que pensa que 'os políticos' (así, en xeral, sen facer distingos aínda que haxa diferencias) non fan un bo traballo representando a xente, e en tres de cada catro que pensan que é un desafío para a democracia.

    Así, segundo a 'lei de Goodhart', a solución para curar a democracia, 'o menos malo dos sistemas de goberno', pasaría por fiar máis fino nos sistemas electorais. Algo que, cos enormes intereses en xogo, non é doado.
--
Podcast realizado por IA a partir da entrada:

20241015

O galego exposto nos cemiterios

     A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición 'Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego'. Terá lugar na Oficina de Turismo de Ribadeo e no seu horario de apretura, dende o Sábado 19 de outubro ás 12 da mañá (acto de inauguración, con música e poesía) ate o domingo 3 de novembro.

    A exposición contempla fotografías de lápidas en galego nos cemiterios do concello de Ribadeo. Son arredor de 100 as lápidas que empregan o galego, moitas delas con epitafios de todo tipo, desde expresións de amor e lembranza a alusións ao carácter, profesión ou vocación. Naturalmente, non se poden recoller todas, amosando só as que se considerou que tiñan un epitafio diferente ou algunha característica especial.

   Na Agrupación Cultural Francisco Lanza considérase que a lingua dos mortos ten que ser a lingua do noso país, ou cando menos a que a xente que alí mora falaba na súa vida. A lingua é unha parte moi importante das persoas, consubstancial a elas, e tamén é un feito colectivo. Por iso, do mesmo xeito que se fai en vida, tamén é de uso para sinalar o feito final da morte.



20231116

No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo homenaxéase a Suso Peña

    No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo homenaxéase a Suso Peña cunha pequena exposición de composicións en torno á súa figura. Polo momento, só deixo a foto tomada hoxe mesmo cos cadros colgados, sen máis datos (que non teño aínda), sobre o que ou cando da homenaxe.



20231105

Noticias para rir

Lic. CC BY SA 3.0, collida de Kurosawa en https://it.wikipedia.org

Noticias para rir

    Comezo o xornal polas novas locais. Son aquelas nas que confío máis, entre outras cousas porque ó coñecer mellor o terreo, podo discernir tamén mellor a súa adecuación á realidade. Coido que é comprensible.

    En cambio, hai outras novas que as tomo como unha especie de adiviñanza do que está a pasar, noticias de oportunidade interesada, nesgada ou de ocultación doutros feitos, ou sinxelamente, como motivo de sorriso. Mesmo, ás veces, de gargallada. Calquera das opcións mencionadas é mellor que montar en cólera pola desinformación procurada de múltiples xeitos, abranguendo dende elaboradas mentiras a suaves nesgos, por suposto, pasando por informacións sen comprobar, ás que, polo mero feito de ser publicadas, se lles dá carta de veracidade.

    Esta mesma mañá que escribo, unha ollada a un xornal (da mesma cabeceira que outro que hai un par de días xa me tiña chamado poderosamente a atención), fixo que me dispuxera a gastar algo de tempo en comentar. Iso, aínda que non aportaran nada novo en relación ó que titulares semellantes me fixeron pensar outras veces. Só para desafogar. Aquí quedan.

    "Os relevos nas principais casas reais europeas realízanse sen grandes polémicas". A máis de ser notición de portada nun diario aparentemente xeralista, non semanario do corazón nin cousa polo estilo, a lección está clara: non imos ser nós menos, non? Lección aprendida?

     O anterior titular está conectado con outro de poucos días atrás: "Análise de xestos da Princesa e a Casa Real". Ou con esta outra do mesmo xornal e día: "A princesa xura a Constitución e cumpre 18 anos". Descarto o comentar a primeira destas dúas, sobre os supostos xestos familiares unha cerimonia pública, que como moito darían para cotilleos dunha revista do corazón antes de pasar a elucubrar sobre quen pode ser 'M. Rajoy'. Penso na segunda: tecnicamente, a princesa primeiro ten que cumprir os 18 anos, e logo, xurar. É dicir, a Constitución non a fai maior de idade por xurala. Pero que un titular calquera ou a súa falta de exactitude non nos estrague unha boa noticia, o primeiro é o primeiro.

    Antes de saír de España, outro titular que pode resultar algo máis controvertido: "A metade do Poder Xudicial considera que a amnistía é a abolición do estado de dereito". Creo lembrar, a conta disto, que segundo esa opinión, algún día deste século debeuse abolir dito estado máis de mil veces. Pero, volvendo ó titular, significaría que a metade dos xuíces de España consideran iso. Menos mal que en subtítulo aclara: "Oito vocais conservadores do Consello Xeral do Poder Xudicial (...)", que son algo menos que a metade dos xuíces españois. En realidade, tamén algo menos da metade dos 17 membros do consello. Asemade, ‘non sae’ na noticia que son un grupo de xuíces conservadores, axudados no seu nomeamento polas mesmas forzas políticas que están a loitar por terra, mar e aire contra esa mesma amnistía (non contra outras) ou mesmo contra conversas políticas con ‘esa xente’ a amnistiar. Tampouco se aclara como é que se manifesta unha oposición (política dun poder que non é lexislativo, teoricamente independentes ambos entre si) antes de coñecer a lei. [Nota posterior: Un par de días despois, sen publicar este texto, coa declaración aprobada polo CXPX e algún apuntamento máis, a realidade posterior evidentemente foi cambiando, pero non a manifestada daquela.]

    Como se di, nunha versión diferente de algo que citei antes, non deixes que a realidade te fastidie un bo titular...

    Sen saír da sección ‘España’ do mesmo exemplar do xornal, teriamos máis casos a citar. E na sección internacional, poderiamos atopar máis atención e credibilidade a un gran que poda ter Netanyahu que a morte dunha decena de palestinos, irrelevante ante os centenares de mortos diarios en Gaza. Pero coa desculpa de que isto se alonga moito, queda polo momento.

    Por certo, non estou moi seguro de que a raíz desta nota que estás a ler (permite que te fale de ti, ó fin levamos xa un rato xuntos) algunha intelixencia artificial colla as afirmacións dos titulares que usei e vexa nestas liñas, pola súa cita, outra confirmación máis do que din... c'est la vie!

20231101

SIMPLEMENTE Coruña. José María Rodríguez Díaz (2009)

     Un artigo no que José María se afasta da Mariña para dar outra perspectiva nun campo que controla. Claro, sen perder de vista algunha das súas críticas habituais.

Sábado, 05 de diciembre de 2009

SIMPLEMENTE Coruña

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 8:12

Coruña es un topónimo que está siendo vapuleado estos días por disputas tan estériles como inútiles, fruto de las pasiones políticas que todo lo utilizan para la consecución de sus fines. Ríos de tinta se han escrito y se seguirán escribiendo en el futuro sobre el tan discutido artículo que debe acompañar a este topónimo. Es difícil encontrar un elemento más simple y sencillo que suscitara tantas pasiones entre los que se dedican al mundo de la política de vía estrecha. Resulta sorprendente y hasta escandaloso que habiendo tantos apremiantes temas sociales y económicos esperando las aportaciones de los políticos, como la dependencia, el paro, el trabajo, la enseñanza, la corrupción y la seguridad entre otros, se entretengan discutiendo sobre el empleo del artículo “La” o “A” que debe acompañar a este topónimo, inclinándose por uno u otro, dependiendo del lado político en que se encuentren, olvidando los graves problemas reales que afectan a los ciudadanos. Sobre todo cuando, condicionados por sus pasiones políticas, se niegan a considerar la única solución racional y lógica que la filología y el sentido común aconsejan en este caso que es la de Coruña a secas.

La derivación de ‘Coruña’ del étimo ‘Clunia’, con el significado de ‘inundado’, es un hecho aceptado por la mayoría de los autores que se ocupan de su origen, que a su vez la hacen derivar de la raíz preeuropea ‘*klu’ ‘inundar’. Un topónimo que descansa sobre el principio de evidencia semántica y motivación objetiva, pues según constata la historia, en ese espacio comprendido entre la ensenada de Riazor y el puerto, que hoy ocupa la capital, se formaba una corriente de agua, sobre todo en mareas vivas o cuando había temporal, separando la isla de tierra firme e inundando esa zona. De los datos históricos se deduce que la primitiva Coruña era una isla y la corriente entre los dos mares era continua, hasta que desapareció rindiendo tributo al acelerado proceso de urbanización de la zona. El Diccionario Geográfico Universal de Antonio Montpalau, del año 1783, dice que “se entraba en la Ciudad o Plaza principal por puentes levadizos”. Testimonios, sin duda, de la antigua configuración de esta ciudad. La analogía entre esta ‘Coruña’ y la antigua ‘Clunia’ de los Arévacos, hoy ‘Coruña del Conde’, en Burgos, denominada ‘Colúnia’ por Ptolomeo, es un argumento concluyente sobre su origen. ‘Clunia’ es, pues, la versión romanizada sincopada de ‘Colunia’.

La actual forma ‘Coruña’ aparece ya en los documentos más antiguos, como el Códice Calixtino, bajo la forma de ‘Crunia’, por la elisión de la vocal pretónica -o-: “Crunia apud turrim de Faro” (año 1208) o Crunna en un documento de la Colección Diplomática del Archivo de la Catedral de Mondoñedo (año 1352) que contiene una carta del rey don Pedro Primero de Castela: “…et a Johan uesino de la Crunna…” y lo mismo en varios documentos del Tumbo de Caaveiro, después de haber sufrido la normal alternancia evolutiva de -l- en -r-, ‘Clunia’ > ‘Crunia’, igual que ‘ecclesia / iglesia’, y seguida después por la normal palatización de -ni- en -ñ-, llegando así a la forma ‘Cruña’, que sigue siendo aún la utilizada hoy por muchas personas y está presente, también, en canciones como ‘viva Lugo, viva Cruña, viva Ourense e Pontevedra’. Pero el tema de discusión no está en el topónimo, sino en el artículo “La” o “A” que le antecede que, tanto tiros como troyanos, con una ignorancia lamentable de los criterios filológicos o lingüísticos, pretenden colocarle delante al nombre apoyados únicamente en criterios y objetivos políticos. Un artículo que no forma parte del nombre, como se acaba de ver en los textos citados aquí y se puede comprobar en otros textos medievales más antiguos, latinos y romances, en los que aparece bajo las forma de ‘Colunia’, ‘Corunia’, ‘Crunia’, ‘Crunna’, ‘Cruna’ o ‘Cruña’, con la elisión de la vocal átona ínter consonántica -o-. Es sólo a partir del siglo XIII cuando empieza a aparecer en algunos textos tardíos como ‘La Coruña’ o ya más tarde ‘A Coruña’. El uso, pues, del artículo, tanto en gallego como en castellano, no tiene justificación alguna, por no formar parte del nombre, convirtiéndose así en redundante e incoherente. Y si el artículo no forma parte del nombre la guerra entre los políticos sobre la normalización de una y otra forma resulta absurda e inútil.

Si el artículo formase parte del topónimo, ¿qué pasaría al colocarle un epíteto delante del nombre? Si el artículo formase parte del nombre el epíteto tendría que ir colocado lógicamente antes del artículo y no entre el artículo y el nombre, resultando así expresiones tan ridículas como “la hermosa La Coruña”, en vez de “la hermosa Coruña” o “aquela A Coruña que tanto me namoraba”, en vez de “aquela Coruña que tanto me namoraba”. Y lo mismo ocurre cuando al nombre le preceden dos artículos, como “vou a A Coruña andando” en vez de “vou a Coruña andando” o “recuerdo la La Coruña que tanto me gustaba” en vez de “recuerdo la Coruña que tanto me gustaba”. En todo caso, de usarse algún artículo, debería ser el que corresponde a la lengua que se utilice en cada momento, pues no parece correcto decir o escribir, como se ve muchas veces obligados por el respeto a la forma oficial, “La Colegiata de A Coruña”, en vez de “La Colegiata de La Coruña” o “A praia de La Coruña” en vez de “A praia de A Coruña”.

Y si el artículo no forma parte del nombre su comportamiento en los aspectos morfológicos, sintácticos y fonéticos ha de ser como el de cualquier artículo, con un funcionamiento independiente del nombre al que acompaña. Y si eso es así, debería ser, en todo caso, el de la lengua que se emplea y en minúscula en el lenguaje escrito. De tal forma que no resultaría correcto decir o escribir, por ejemplo, “El puerto de A Coruña” o “O peirao de La Coruña”, sino “El puerto de la Coruña” o “O peirao da Coruña”. Aunque la forma más acertada sería, sin duda, sin el artículo, como “El puerto de Coruña” o “O peirao de Coruña”.

Por otra parte, la función del artículo es la de convertir al sustantivo común en propio para individualizarlo y distinguirlo de los demás; cuando decimos “la amiga viene mañana” el artículo está individualizando a una amiga determinada. Algo cuyo empleo no se justifica ni explica con un nombre propio que ya viene determinado por su propia naturaleza individual. Y si bien es cierto que existen nombre propios con artículo ello se debe a otras razones, como pueden ser las etimológicas, los falsos cortes, las pleonásticas, etc. Algo que no se da en el caso de ‘Coruña’.

A la vista de todo lo anterior parece lógico exigir a nuestros políticos que elijan “Coruña” como forma oficial, sin artículo, sobre todo cuando sabemos que el artículo no forma parte etimológica del topónimo ni pretende individualizarlo de otro sustantivo común. Sin duda que esta sería la decisión más acertada y se habrían ahorrado esta eterna disputa entre los políticos y el desgaste de energías que ello supone, dedicando su tiempo y atención a otros temas más importantes y de candente actualidad que en estos momentos acosan gravemente a la sociedad.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

 

20230701

Recuncho da lectura: O señor Ibrahim e as flores do Corán


   
Recuncho da lectura: O señor Ibrahim e as flores do Corán

    O señor Ibrahim e as flores do Corán. Eric-Emmanuel Schmitt, tradución de Emma Lázare Rodríguez. Factoría K narrativa. ISBN 9788416721795, Pontevedra 2021.

    Collido da BPM El Viejo Pancho, esta novela curta e de doada lectura é unha fresca sorpresa ó tempo que un tratado de vida. En certo xeito, lembroume ó pequeno príncipe de St. Exupéry. É de lectura intemporal, dende moi cedo en idade ata calquera momento, ata sempre. O que é a historia pódese ver referida en síntese en moitos lugares na rede...

    Desta volta, si atopei tratada a versión galega en Goodreads.

20230619

Celebración do 50 aniversario do CEIP Gregorio Sanz

    O que hoxe é CEIP Gregorio Sanz cumpre 50 anos. Indo por alí ou sinxelamente accedendo á web do centro, pódese aprezar e saber moitas cousas deste piar educativo de Ribadeo.

    Está de medio século. Por iso hoxe, 19 de xuño de 2023, tivo lugar un acto no auditorio Hernán Naval en conmemoración. Adxunto as tres primeiras intervencións, que corresponderon ó novo alcalde e exalumno, Daniel Vega, ó primeiro e por moitos anos director, Antonio Martínez, e á actual directora, Lourdes Marqués, que foron presentadas por Carmen Cruzado. Quedaban as intervencións do Conselleiro e o Presidente da Xunta, así como da Coral Polifónica de Ribadeo. 

    Unha nota: non entendo como, nun acto así, o auditorio estaba cunha entrada que non chegaba nin de longo á metade do aforo. E iso, a pesares do tirón da representación institucional.


20230609

Curiosidade mortal


    Recollo do navegador unha pestana que tiña hai tempo aberta. Trátase de https://www.nber.org/system/files/working_papers/w30512/w30512.pdf , un estudo sobre a diferenza de mortandade entre votantes dos partidos Demócrata e Republicano nos EEUU en tempo de pandemia coronavirus. Resumindo: os republicanos, que ó longo de 2021 vacináronse case un 10 % menos ca os demócratas, sufriron un exceso de mortes de cousa dun 10  % superior. O contraste está en que, antes da vainación, as porcentaxes de mortandade eran semellantes...

    Para máis detalles, directamente ó estudo.

20230513

Ter pobres non sae a conto

Ter pobres non sae a conto

    Non, non sae a conto.

    'Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]' é unha coñecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo como que sen os demais non somos nós, en moi diferentes versións, intensidades e aplicacións, mentres a segunda é escatimada como accesoria. Mais, sexa cal sexa o uso que se faga da parte coñecida, esa segunda que puxen entre corchetes remacha que as circunstancias son esenciais para nós, que non é só que sexan algo que temos asociado, senón que dependemos delas.

    Non fai falta un pensamento filosófico profundo ou enrevesado para comprender que as circunstancias da vida nos afectan. E entre esas circunstancias, están os demais, coas súas propias circunstancias. Os seres humanos comprendemos isto dende moitos moitos milenios atrás, o que fixo posible a sociedade, co desenvolvemento da empatía e os mecanismos de relación. Coa chegada de sociedades máis e máis complexas, e a formación de subgrupos no seu interior, parte do mantemento mutuo, base das relacións humanas, foise institucionalizado e esvaecéndose a súa sinal no radar persoal de cada un, esquecendo cousas como que somos iguais aínda que sexamos diferentes, e viceversa. Así, hoxe, deberes e culpas distribúense institucionalmente, rematando nun 'ninguén' no que non estariamos cando nos afecta negativamente ('ninguén' é culpable e se fai cargo da corrupción, 'ninguén' ten por que axudar a manter a vila limpa) ou nun 'todos' inclusivo tamén de nós cando podemos aproveitarnos (todos temos tantos dereitos como quen máis).

    Así, as circunstancias poden variar moito dunha a outra persoa. Circunstancias que como na lotería da vida, poden, por exemplo, levarte á pobreza ou facilitarte a riqueza. 

    Os bancos sempre son rescatados,aínda que ti sexas desafiuzado, Sempre hai cartos para guerra aínda que a falta de educación fomente a inseguridade e condene á sociedade a un endurecemento da loita dos seus membros pola vida. A igrexa quéixase de recibir poucos cartos mentres nos hospitais hai curas e faltan médicos. Circunstancias que, como apuntaba Ortega, se non as salvamos, non nos salvamos. Circunstancias que veñen debuxadas por prioridades. Nós, a nós mesmos, sempre nos consideramos prioritarios. Mais, cabe pensar, e se a prioridade non es ti?

    Ven o título a conto dun estudo onde se amosa que a pobreza custa millóns á sociedade en conxunto, e polo tanto custa riqueza a cada un, mesmos á xente rica. En España, cada ano, a pobreza infantil custaría á sociedade uns 63 000 millóns de euros. Non é nada novo: xa hai un par de decenios que Amartya Sen obtivo o Nobel de economía por amosar, tamén décadas antes, o mellor funcionamento económico das sociedades máis igualitarias, nas que o valor persoal está potenciado e potencia o conxunto dun xeito máis eficiente.

    Estamos en eleccións. O ben común necesita políticas eficientes. Eficiencia que non vai da man da desigualdade, nin do 'sálvese quen poda', senón ó revés, da igualdade e do botar unha man polos máis. Dino os filósofos, e tamén os economistas. Traballaremos para que o pensen os políticos e obren en consecuencia?

20230103

Apunte de matemáticas, segunda parte

    Antes do Nadal blogueei unha entrada titulada 'Apunte de matemáticas', sobre as contas das Panchas. Onte o concello sacou unha nota de prensa na que se dan entre outras as seguintes cifras:

2822 operacións de compra

936 persoas mercaron panchas

200 000 panchas vendidas

50 000 € de subvención

35 000 € de gastos varios

232 000 € de cifra de negocio xenerado de xeito directo

    Do que, á súa vez, podemos obter:

- a grande maioría de operacións con panchas só implicaron panchas, non euros adicionais.

- cada persoa mercou de media case 215 €

- cada persoa realizou algo máis de tres operacións de media

- como mínimo, cousa do 91 % dos ribadenses non compraron panchas

- cada euro transferido ó negocio privado costou 1,7 € ó erario municipal

- coñécense as cifras aportadas, pero segue descoñecéndose o retorno efectivo para Ribadeo ou para o comercio, non habendo previsto un estudo nese sentido.

20221223

Apunte de matemáticas


     Remato de ver a nota de prensa do concello de Ribadeo titulada 'Esgotadas as panchas'. O seu subtítulo é 'A cuarta edición da moeda local, a Pancha, está tocando á súa fin coa adquisición das 200 000 panchas que se puxeron en circulación o pasado 1 de outubro. Dende o inicio da campaña leváronse a cabo máis de 3300 operacións coa moeda local, cun aforro de máis do 33% en cada unha delas.'

    Quizais deformación profesional, pero o subtítulo convidoume a escribir unhas liñas sobre esta chamada moeda local (pouco que ver cunha moeda local, entendo) da que teño tratado unhas cantas veces no blog en relación a diferentes particularidades súas ou que se lle atribuíron.

    O caso é que o esgotamento produciuse nesta campaña sobre 200 000 panchas vendidas. Isto é, en consonancia coas notas de prensa difundidas anos anteriores, tamén neste hai cousas a 'aclarar'. A primeira, da que xa falei, tradúcese en que o 'aforro' de 50 000 € dos clientes tradúcese nun gasto do concello de 85 000 €, desglosados en 50 000 € de subvención e 35 000 de funcionamento da campaña (que non podo detallar porque non teño datos, pero que incluirá o mantemento da app, a propaganda, etc.). Isto é, 8,5 € por ribadense de calquera idade e condición para beneficio dun máximo de 5000 persoas (5000 paquetes), que en realidade son abondas menos, pois cada persoa pode adquirir varios paquetes, e de pensar en usalos, o lóxico é tender ó máximo de 'aforro'.

    No subtítulo fálase de máis dun 33 % de aforro. Se se consultan notas de anos anteriores, verase que para condicións semellantes o mesmo concello dicía que o aforro é dun 25 %. De onde sae pois ese 'máis de 33 %'? Para comezar, algo que soa a chiste. Con ese 'máis do 33 %' estánse a referir ó 33,333333... %, é dicir, a 1/3, un 0,333333... % máis do 33 %, que sae de pagar 30 € por 40 panchas, que non son convertibles en €, pero que para este caso, a nota de prensa identifica como tales. O 33 % de 30 € son 9,90 €, e ese 'máis do' son eses 10 céntimos ata chegar ás 40 P: 40 = 30 + 9,90 + ,10. Agora ben, volvendo ó 33 %, nunha compra de 120 € que se pague con 120 P, o 'aforro' son 30 €, o dito 25 %, non 33 %, pois esas 120 P costaron 90 €. Aínda por riba, eses 30 € hai que incluílos na declaración da renda, como se comentou moito na primavera, co que haberá de deducirlles os impostos relativos, que dificilmente baixarán, no mellor dos casos, de 5 €. É dicir, o 'aforro' quédase en 25 € no mellor dos casos, algo máis do 20 % (que segue a ser un 'aforro' considerable)

    Estou entrecomillando 'aforro'. Se o fago é porque é un aforro para xente moi especifica e non para todos. No mellor dos casos, unha porcentaxe pequena de ribadenses entre eles. Para o resto, só é un incremento de gasto. Logo, por que se fai?

    Por que se fai o que, o dicir que é aforro ou a campaña das panchas? Vou cntrarme na campaña das panchas. Que eu saiba, non hai ningún estudo de incidencia comercial. Dise que estimula o comercio, e nese sentido, creo que algunha mercadoría si se tería descartado, pero unha porcentaxe moi baixa. A máis, dise que esa estimulación afecta á hostalería, porque atrae a xente a Ribadeo. Entendo que a afección é irrelevante. Dise que o volume de negocio triplica o volume das panchas postas en circulación, e iso é sinxelamente un erro de contas, confundindo os cartos postos para a campaña co nḿero de panchas, e o gasto real máximo efectuado coas panchas cun 'volume de negocio' propoporcional segundo unha regla de tres sen sentido.

    Iso si, de novo a campaña volveu ser un éxito: gastouse toda a subvención.

Nota a 3 de xaneiro de 2023 (que poño tamén como entrada solta en Apunte de matemáticas. Segunda parte):

Onte o concello sacou unha nota de prensa na que se dan entre outras as seguintes cifras:

2822 operacións de compra

936 persoas mercaron panchas

200 000 panchas vendidas

50 000 € de subvención

35 000 € de gastos varios

232 000 € de cifra de negocio xenerado de xeito directo

Do que, á súa vez, podemos obter:

- a grande maioría de operacións con panchas só implicaron panchas, non euros adicionais.

- cada persoa mercou de media case 215 €

- cada persoa realizou algo máis de tres opercións de media

- como mínimo, o 91 % dos ribadenses non compraron panchas

- cada euro transferido ó negocio privado costou 1,7 € ó erario municipal

- coñécense as cifras aportadas, pero segue descoñecéndose o retorno efectivo para Ribadeo ou para o comercio, non habendo previsto un estudo nese sentido.

20221022

Suárez Couto, de novo en Ribadeo

     A Asociación A Concordia presentará o próximo sábado 29 ás 6 da tarde no Hotel O Cabazo un libro sobre a obra de Amando Suárez Couto. Velaeiquí a información:

    Segundo a nota de prensa da Asociación A Concordia, o 'Catálogo' e un traballo de estudo e mostra dos debuxos e gravados menos coñecidos do autor. O libro é unha edición venal (non comercial), feita pensando nos socios, nas bibliotecas e entidades de ensino, pero a asociación fai un chamamento a toda persoa interesada:


20220418

Un de cada catro, día especial

    72 días de 274. Máis dun de cada catro. Eses son os días de horario especial, ampliado polo concello, para os locais nocturnos de ACISA. A resolución refírese dende o 8 de abril, día no que foi asinada, ata reis do 2023. E comeza a funcionar esa mesma noite do día 8, a pesar de que unha nota ó final aclara que se pode interpor recurso, etc, durante un mes (prazo mínimo, para facelo diante do concello), podéndose alongar todo o procemdemento ata máis aló de oito meses. É dicir, na práctica, comeza de xeito inmediato (o día 8 foi venres) e podes protestar, pero poden alongar o procedemento ata o remate das datas de validez da resolución.

    A ampliación permitida é de dúas horas sobre o horario habitual, que significa que no verán haberá establecementos que podan cerrar despois do amencer.

    O documento non contempla máis que a comunicación a ACISA, citada como a 'entidade solicitante' (e interesada), sen citar no texto condicións de funcionamento, vixiancia ou outras posibilidades. E, polo visto hoxe, luns despois da primeira semana de funcionamento, a limpeza de madrugada con auga non será máis que despois de cada período, incluídos mexadoiros tradicionais á beira de rúas transitadas ou entradas a garaxes usadas do mesmo xeito.


    ... Esperemos melloras que permitan manter unha calidade de vida da veciñanza e eviten a xentrificación que paga a xente indefensa ante os abusos de quen maximia ganancias a costa deles.
 


20220411

Charla sobre datos abertos

    Adxunto deixo anuncio dunha charla no CEMIT sobre datos abertos:


PARA ASISTIR É PRECISO INSCRIBIRSE

Charla na Aula CeMIT o 21 de abril

11/04/2022

O vindeiro 21 de abril a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha charla sobre os datos abertos da administración.

Desde a Aula CeMIT comentan que "con frecuencia escoitamos falar da transparencia da administración, os datos abertos e a participación cidadá. Falarase sobre qué implica este concepto, qué datos se recollen, cémo podemos consultalos e cómo podemos participar".

Deste xeito seguirá a serie de seminarios que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT.

A charla sobre os datos abertos da administración será o 21 de Abril de 10:30 a 11:30 horas. O prazo de inscrición comeza hoxe, 11 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas nos teléfonos 982 12 98 89 ou 982 12 07 32 e tamén a través do correo electrónico da Aula CeMIT.

20211007

Martes 5 de outubro tocou pleno en Ribadeo

   O pasado día 2 de outubro unha nota da alcaldía dabe a nova da convocatoria dun pleno para martes 5. Non aparecía a orde do día, nin nas novas nin na sede electrónica, o outro lugar onde pode aparecer (na última tempada, con máis probabilidade). O que si, case seguro que por algures no taboeiro e anuncios do concello, entre os papeis detrás ou diante do vidro da vitrina, estará unha copia da convocatoria. A falta de consultala e de asistir ó pleno, deixo as notas de prensa (despois) e algún comentario (antes).

    O primeiro, foi un pleno ordinario. Creo lembrar que hai tempo se estableceu que habería un cada dous meses. Tería tocado en setembro, pero estimo que está dentro do prazo imestral aínda que non sexa o acostumado o facelo a comezos de outubro. Na nota a posteriori, vemos que tamén houbo un pleno extraordinario a petición do PP.

   Vaise pedir o 'Plan Rexurbe'. É dicir, subvencións da Xunta. Se se mira na ligazón que puxen verase que é unha ampliación do programa que xa hai nalgunhas vilas. Descoñezo se a petición vai xa acompañada de actuacións concretas (como as anunciadas de Cabanela ou na Virxe do Camiño) ou non. Relacionado, tamén se tratou da ampliación (en tempo de disposición) do ARI para poder dispoñer dos cartos non gastados aínda. Administración con administración.

   Aínda que pareza fóra de tempo a petición do mantemento da ESA (ESO de adultos) no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo (cousa que non aparece na súa web, a pesar do cartelón da entrada ó patio do IES), non o é. A Xunta dixo de suprimila, ó final non se suprime pero queda tocada, e trátase de que non perigue a súa continuidade no tempo futuro, o que, pese ó mantemento desas ensinanzas en Ribadeo polo momento, sería o paso seguinte de continuar as condicións actuais. Administración contra administración.

   E tamén, da votación dunha moción, coordinada cos outros concellos mariñáns, en pro do mantemento de Vestas en Viveiro. Administración con empregados do sector privado.

   No pleno ordinario, unanimidade nas votacións. De calquera xeito, a segunda nota está redactada de xeito que podamos seguir escoitando dalgún tema varias veces aínda, a máis da nota de convocatoria e a nota de resume que deixo abaixo.

   Na nota de prensa de onte, a segunda, en relación a Vestas (mala entrada que na súa web xeral non teñan cabida nin o castelán nin o galego, e si outras linguas como o polaco), pídesea actuación, dentro do sistema, doutras administracións, pero queda fóra do alcance a petición de cambio de sistema. Máis aínda, deste xeito, está a usarse e fortalecer o mesmo sistema xeral que se trataría de atacar por nefasto. É comprensible, pero igualmente é previsible a resposta se non hai cartos de todos polo medio. 'O de sempre', vaia.

   Unha moción rexeitada do PP en contra da lei estatal que entre outras cousas apoia o equilibrio ecolóxico do lobo foi rexeitada (o comentario sobre ela na nota de prensa coido que pode obviarse) e unha do BNG para a supresión e non implantación de novas peaxes en vías de comunicación foi aprobada.

   Do pleno extraordinario, pouco que dicir, como se desprende da propaganda na nota de prensa. Apostaría que houbo moitas palabras e poucos datos válidos e estruturados, máis aló de apoiar a unha ou outra postura sobre as subvencións da Xunta, por quen foron 'conseguidas', agravios comparativos reais ou ficticios, etc.

Nota de prensa do día 2:


 

TAMÉN SE VERÁ UNHA PROPOSTA RELACIONADA COS ARIS

Pleno, o martes

02/10/2021

A solicitude de incorporación do conxunto histórico de Ribadeo ao Plan Rexurbe, a esixencia á Consellería de Educación para que manteña os módulos que viña ofertando de ensinanzas de Educación Secundaria para adultos no IES Dionisio Gamallo ou o apoio do Concello de Ribadeo ao cadro de persoal de Vestas son algúns dos asuntos do pleno ordinario convocado para o vindeiro martes, 5 de outubro, ás 20 horas, segundo informou o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor explicou que "convocamos un pleno ordinario para a semana que vén onde trataremos temas interesantes, coma sempre. Solicitaremos formalmente á Xunta a incorporación do conxunto histórico de Ribadeo no chamado Plan Rexurbe. Esta figura xurídica parécenos moi interesante para o noso casco vello agora que vimos de aprobar o Plan Especial de Protección hai poucos meses. Con este Plan Rexurbe contamos que poida haber máis e mellores axudas á rehabilitación de edificios. Ademais, plantéxanse ámbitos de acción conxunta entre a Xunta e o Concello para impulsar a reforma e rehabilitación de espazos que levan moito tempo degradados, como o barrio de Cabanela, ou tamén actuacións en zonas verdes da Virxe do Camiño e a capela anexa, na estrada do faro ou mesmo actuacións en edificios públicos coma o xulgado de paz vello, o Cine Teatro ou o forte de San Damián".

Fernando Suárez seguiu a relatar que "igualmente levaremos unha proposta de nova convocatoria de axudas dos vixentes convenios das Areas de Rehabilitación dos núcleos tradicionais de Ribadeo e Rinlo, xa que a día de hoxe aínda non están comprometidos todos os fondos públicos dispoñibles, polo que é unha mágoa que se poidan perder. De aí que queiramos abrir unha nova convocatoria coa condición de que as obras deben estar totalmente rematadas en abril de 2023".

O alcalde sinalou que "tamén propoñerémoslle ao Pleno que se dirixa á Consellaría de Educación da Xunta para que recúe na súa pretensión de eliminar a oferta de ensinanzas de Educación Secundaria para persoas adultas que se veñen impartindo desde hai moitos anos no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Parece que a presión social e máis a do mundo educativo está facendo que a Xunta dea marcha atrás, pero esta non quere ofertar os dous módulos que se viñan ofertando, o cal é un despropósito".

E engadiu: "e como non, neste Pleno tamén falaremos e apoiaremos ao cadro de persoal da empresa Vestas de Viveiro, ao igual que o resto de Concellos desta bisbarra, xusto cando están neste momento crítico de ameaza de peche. Todas as institucións debemos conxurarnos para que este capitalismo depredador no que vivimos non permita falcatruadas coma esta: nun momento que se queren inzar os montes de muíños, resulta que unha empresa punteira quere pechar a produción de máquinas aquí na Mariña. Ribadeo é dos Concellos que mais lonxe queda de Viveiro, pero estamos moi preto del na loita pola xustiza, polo traballo e pola dignidade".

Nota de prensa do día 6:


 

EN RINLO CREARASE UN APARCAMENTO PÚBLICO

Plenos de onte

06/10/2021

O Concello acordou no pleno ordinario celebrado onte solicitarlle á Xunta a incorporación do conxunto histórico de Ribadeo ao plan Rexurbe e que non suprima nin total nin parcialmente os ensinos secundarios de adultos na vila. Ademais foi aprobada unha moción de apoio aos traballadores de Vestas.

O alcalde, Fernando Suárez, contou que "foron interesantes os plenos que celebramos onte á tardiña. No tocante ao pleno ordinario, dicir que saíron adiante a práctica totalidade, por unanimidade ademais, asuntos tan importantes como a voltiña que lle queremos dar, aínda máis, ao casco vello de Ribadeo. Agora solicitarémoslle á Xunta a incorporación do conxunto histórico ao plan Rexurbe, no que pretendemos facer aínda máis actuacións en puntos degradados e que precisan non só unha acción dos particulares propietarios senón das administracións como pode ser a Xunta máis o Concello. Tamén abriremos un novo prazo para pedir axudas para a rehabilitación dos cascos vellos de Ribadeo e de Rinlo, e seguindo en Rinlo aprobamos tamén iniciar os trámites de expropiación dun terreo que xa se contemplaba no vixente plan xeral de urbanismo para ser convertido en aparcamento público".

O rexedor dixo que "tamén neste pleno ordinario acordamos demandarlle á Xunta de Galicia para que non suprima nin total nin parcialmente as ensinanzas secundarias de adultos en Ribadeo, aínda que a Consellería de Educación sabemos que recuou na súa intención inicial, agora segue apostando por ir afogándoas pouco a pouco. Quero dicir con isto que o que pretende é deixar de ofertar o módulo 3, equivalente a terceiro da ESO, e só ofertar o módulo 4. Evidentemente non hai que ser moi espabilado para ver que se non hai módulo 3 pois non haberá moitos alumnos proximamente no módulo 4, e de aí que a petición da Corporación é que non continúen nesta liña sixilosa de ir eliminando servizos coa burda escusa de que non hai demanda. As estatísticas dos últimos anos están aí, se ben ao principio dos cursos académicos non hai moita xente, a medida que o curso avanza máis persoas se van incorporando, e desde logo temos que dar educación tamén ás persoas que deciden retomar os estudos aínda que sexa de adultos".

Suárez Barcia manifestou que "ademais neste pleno, aprobamos a moción de apoio aos traballadores de Vestas en Viveiro con chamada de atención aos gobernos da Xunta e máis do Estado para que se apliquen a fondo nas súas competencias, para evitar que empresas que dan beneficios en sectores punteiros poidan alegremente pechar e deixar a centos de familias tiradas. Entendo que debemos regular e atemperar este capitalismo sen rostro, salvaxe e depredador que se está erixindo como única vía. Xustamente a día de hoxe cando a nosa sociedade está a piques de cambiar o modelo enerxético, o modelo de produción e xusto agora cando se queren inzar de eólicos os nosos montes, o mar, etc…, non podemos consentir estas paradoxas que estamos a vivir". 

Mocións: lobos e peaxes futuras
O alcalde engadiu: "finalmente, tratamos unha moción do PP sobre o lobo onde lles fomos explicando o demagóxico da súa posición, pois entendendo desde logo que a orde ministerial que hai pouco se aprobou non vai crear un problema que xa existe en Galicia desde hai anos e que o único que pretende o PP é canalizar as queixas dos gandeiros para tapar as vergoñas políticas da Xunta e da súa falta de actuación, de financiamento de programas, etc… ao longo destes anos de goberno do señor Feijoo. Tamén aprobamos unha moción do BNG para demandar do Estado que non estamos dispostos a que se establezan peaxes futuras polas autovías xa existentes como polas longamente demandadas e nunca construídas como pode ser unha que nos cadra moi preto que é a de Barreiros-San Cibrao. Parece ser que esta é unha proposta que o goberno actual do Estado lle comunicou á Unión Europea, pero tristemente tamén estaba na axenda política do goberno do señor Rajoy aínda que non lle deu tempo a implementala. No apartado de rogos e preguntas fomos, como sempre, respondendo a todas as preguntas e aceptando os rogos construtivos e rexeitando os demagóxicos e oportunistas que tamén houbo, como sempre".

Pleno extraordinario
Fernando Suárez explicou que "tamén houbo este pleno extraordinario que quixo convocar o grupo do PP para, outra vez máis, destacar a súa condición de enredante político e de tentar desviar a atención da súa falta de compromiso naquelas actuacións e inversións ambiciosas e importantes nas que si se debería comprometer e convencer aos seus compis da Xunta de Galicia para que mirasen algo máis por Ribadeo, máis aló das caxigaliñas, das camisolas, dos nikis e das medallas ás que tristemente xa estamos afeitos a ver". 

O rexedor relatou que "neste pleno que foi só declarativo de intencionalidade política, que non resolutiva de ningún acordo, onde o voceiro do PP nos acusou de sectarismo, faise boa aquela máxima castelá de Dime de qué presumes e te diré de qué careces. Se a Xunta de Galicia lle quere ben a Ribadeo e, polo tanto, quere investir aquí ten dúas vías, como en calquera outro Concello do país, ben a través das subvencións que convoca e ás que os Concellos nos podemos acoller, ou ben coa sinatura de convenios extraordinarios". 

O alcalde lembrou que "no tocante á primeira posibilidade dicir que si o fixemos, exactamente para pedir axuda para arranxar as escolas de Covelas de Rinlo, foi hai un ano e a resposta que tivemos foi que fósemos enfiar agullas por aí adiante, como se di vulgarmente. O que fixemos posteriormente, despois desta negativa da Xunta, no caso de Covelas foi consignar o seu amaño nos orzamentos que aprobamos a principios deste ano, e no caso da escola de Rinlo pedimos, antes do verán, un convenio extraordinario coa Deputación de Lugo, que xustamente nos foi concedido hai semanas e aínda o asinamos antonte. En canto a segunda posibilidade de que a Xunta nos financie a través de convenios extraordinarios pois man aberta, pero non para dar labazadas como moitas veces eles fan connosco senón para sumar, para acordar e para investir en Ribadeo, pero iso lamentablemente faise pouco ou nada. Aí o tivemos na residencia nova, acabámolo de sufrir agora na rúa da Estación onde, despois de asegurárnolo, acabaron por non poñer un peso, etc… Oxalá cambien, están a tempo de facelo, porque temos ademais moitos máis proxectos que desenvolver". 

Para Fernando Suárez "desde logo, querer como fixo o PP, alentando a membros secundarios de determinadas asociacións de veciños con intereses directos, con intereses reais para executar esas obras en edificios públicos municipais, lévanos a tempos escuros e indesexados nos que nós non imos entrar. Porque as asociacións de veciños tiveron, teñen e terán todo o dereito do mundo de usar as escolas e os teleclubs públicos municipais, agora ben, a responsabilidade, a custodia e a capacidade de actuación correspóndelle ao Concello e, por extensión, ao goberno municipal que, por certo, é un goberno democraticamente elixido por todos os veciños e todas as veciñas de todo Ribadeo".

 

20210929

Cegueira íntima, xuíz cego


   Un xuíz non ve delito en captar na rúa imaxes íntimas de mulleres para subilas a páxinas porno... Ese é o titular, e os titulares poden ser enganosos. E no corpo da noticia? Pois, en resume, nun corpo de texto que coido máis acaído que o titular por algún detalle, o argumento é que as imaxes collidas na rúa, en zona pública, non atentarían contra a intimidade.

   Se eu tentara poñer na miña ventá unha cámara para ver quen fai o cafre de noite na rúa, remataría denunciado por toma de imaxes en vía pública sen consentemento. Outra é que o baixo do edificio esté vixiado por cinco cámaras á rúa, instaladas a instancias dunha entidade con poder económico e nula responsabilidade na toma de imaxes, pois está amparada pola lei para evitarlle preuízos que aínda non foron causados. Iso, aínda que eu non poidera instalar unha soa despois de anos de sufrimento de prexuízos. Seguindo por esta liña, lévanos directamente á valía das leis e á inundación de cámaras na nosa vida. Pero deixemos o que sería unha longa discusión e volvamos ó comezo.

   É un xuíz quen decide. Non hai delito. As imaxes son íntimas (de mulleres mexando, tomadas sen elas ser conscientes da captura do momento, cunha cámara disposta de tal xeito para verlles -segundo parece- ben entre as pernas). As imaxes foron subidas a páxinas porno.

   Antes de continuar, axusto un par de cousas. Unha, non son xuíz, nin estudei dereito, logo o que comentarei a continuación é algo así como o que se podería comentar nun bar, coa diferenza de que é impreso e quizáis algo máis meditado, aínda que só sexa polo tempo que leva escribilo e repasalo. Outra, que a miña sensibilidade, educación, sociedade na que vivo... é dicir, a base da que parto, seguro que son diferentes das de miles de millóns de persoas. Vale, agora xa podo seguir.

   O xuíz debe aplicar a lei, e é segundo a súa interpretación da lei, que decide que é unha cousa que poidera ser normal no sentido de conforme á normativa aínda que non sexa o máis frecuente ou habitual (ver dicionario da RAG). Ben, isto último coido que sería unha anormalidade, precisamente o tomar a lei sen relacionala coas persoas, coa sociedade, o tomala en abstracto.

   Non hai -collo de novo o dicionario da RAG- quebrantamento da lei. Cabe dicir que a lei non ten por que ser xusta. Xustiza na primeira acepción do dicionario, 'Respecto e recoñecemento dos dereitos e do mérito dunha persoa', tendo en conta que 'todos somos iguais diante da lei', e polo tanto, todos temos os mesmos dereitos. Millor paso por aquí rápido...

   As imaxes son íntimas. Hai moito tempo que a construción da intimidade sábese cultural, é dicir, varía dun lugar e tempo a outro, e o que se chama 'partes íntimas', tamén. É dicir, é algo relativo. Pero na nosa sociedade, coido que é admitido con abonda amplitude que os órganos xenitais visibles son partes íntimas, na quinta acepción do dicionario: 'Que pertence a un individuo en particular e que, xeralmente, permanece oculto aos demais'. Esa parte da definición, 'que, xeralmente, permanece oculto aos demais' coido que debería ser fundamental para o caso.

   Ás imaxes dáselles difusión nun lugar onde o contexto e uso son ben diferentes do que tiña a vítima no momento no que foi capturada cada imaxe: dun alivio fisiolóxico a unha páxina porno. A máis, nunha sociedade capitalista, coido que habería que contar con que as páxinas porno sacan beneficio, e anda que non se leva dado voltas con eso dos dereitos de autor roubados!

   Coido que os xuíces poden ser cegos, non só en sentido literal, senón tamén e sobre todo no figurado. Cunha cegueira, esta si, íntima. No primeiro sentido do dicionario da RAG.

20210823

Auga para todos?

Contaminación no río Suarón, na Veiga.

 Auga para todos?

   'Auga para todos' é o titulo dun libro de divulgación de Francisco Díaz-Fierros Viqueira publicado hai catro anos. Ou sexa, pouco despois de que o presidente de Nestlé non tivera reparos en dicir publicamente que pola auga había que pagarlle a quen a tivera, que de ben común, nada: ben propio, apropiado. E catro anos antes de que en Galicia se fixera patente o baleirado dos encoros para producir de xeito barato unha enerxía eléctrica que se vende cara, con beneficios que deixan tamén cara de lelo a quen vive con miramentos de esguello o fin de mes.

   Neste verán - crucemos os dedos, que aínda non rematou - a traída de augas a Ribadeo non sufriu ningunha avaría importante pese á súa vellez e ás reclamacións que periodicamente se fan para a súa renovación.

   Co anterior, temos xa varias das bases que se deben considerar ó falar dun xeito máis ou menos serio sobre a auga. Por unha banda, o coñecemento do seu ciclo, os usos, cantidades, distribución ou posibilidades; é dicir, a súa consideración como recurso escaso que é necesario estudar. Por outra, a posibilidade de apropiación en exclusiva da auga; non en van foi o ben escollido por Edward Bellamy para a súa obriña 'O Mercado', como alegoría e como unha posibilidade real. E máis, as guerras que xorden de intereses contrapostos como entre auga para beber, para regar, para producir enerxía ou outros usos posibles; guerras feitas con tanques como en oriente medio ou con cartos como en California, pero guerras auténticas. E aínda a consideración e necesidade das redes de aproveitamento, o seu deseño, a súa conservación... para poder asegurar o seu subministro mesmo en lugares tan pouco sospeitosos de escaseza de auga como é Galicia.

   Volvendo ó título, Se a auga nos é necesaria a todos, deberamos ter auga para todos. Esa é a idea de base para facer un estudo sobre ela, e de aí o título escollido por Díaz-Fierros para un libriño moi interesante e ameno. Non vale que alguén se apropie da auga e deixe ós outros morrer de sede. É un ben común, e hai que distribuíla como tal. Procurando solucións en común, e fuxindo do 'teño unha solución, por que non se implanta?', cando a realidade é que ten un interese e unha solución só para o seu interese, á súa medida.

   En Galicia non estamos moi afeitos - fóra do 'se chove, que chova', episodios de seca que noutros lugares tomarían a risa ou rogativas aparte - a tratar sobre a auga. Eu aínda lembro ter ido á fonte na procura de caldeiros con auga, algo que na nosa terra, e salvo casos puntuais mesmo con avaría de por medio, está esquecido aínda en aldeas sen conexión coa rede pública: de xeito individual ou colectivo dun grupo de veciños, soe estar arranxado o problema dende hai tempo. Mais a abundancia de auga é enganosa: non é o mesmo que haxa auga a que a podamos aproveitar para o que queremos. E episodios como o baleirado dos encoros lémbrannos que máis aló de casos puntuais de escaseza, a auga na nosa terra segue a ser un ben a administrar, aínda que non sexa tan escasa como noutros lugares da nosa Terra. E que máis aló de novas e mellores infraestruturas, o bo aproveitamento, a eliminación de contaminación, o rexir o seu uso... son tamén materias pendentes por estes lares.

20210728

Defendéndonos

   Estamos á defensiva. Iso, por se non te decataras. Sexan as pensións ou as condicións de emprego, a educación ou a sanidade, dereitos e servizos viven unha mingua da que nós, como suxeitos que os usamos, somos sufridores e tamén responsables. Sufridores porque sufrimos unha peor educación sanidade, condicións de emprego ou de xubilación... E tamén responsables porque nós somos a sociedade que está a manter a quenes teñen o poder, sexa político, social ou financieiro. Si, tamén financieiro, porque é cos nosos cartos cos que se está a enriquecer e manter o seu poder eses poderosos que provocan os recortes dicindo que é demasiado gasto... demasiada cara.

   E chega un novo episodio. O Sábado (7 agosto), concentración polas pensións. Pero mañá, xoves, en Ribadeo, isto:


    Algún día, se seguimos empregando términos bélicos como do de defensa, pasaremos á ofensiva.

20210712

Colaboracións público-privado fronte a público-comunitario

   Madrid e a súa vacinación no Corte Inglés volve a presentarme unha vez máis a chamada 'colaboración público-privada', vista ó noso arredor, en hospitais, autoestradas... e en calquera outro lugar onde se poda sacar lucro con servizos, lucro privado a conta do público, da xestión do comunitario. Coido que esa é a cuestión dunha expresión que considero un eufemismo: o lucro. Se non fose polo lucro, as 'colaboracións público-privadas' respondería a outra idea, darían outra visión, tería outro desenvolvemento, como colaboración. Ou sexa, non habería tal 'colaboración' entrecomiñada e como substitución de contrato mercantil ou semellante, senón sinxelamente colaboración, sen comiñas, e por moito que o Corte Inglés pareza un ánima caritativa poñendo vacinas. Despois de ter preferencia na vacinación do seu persoal, servindo de propaganda gratuíta e ademais atraendo xente ó lugar do negocio. E despois de torpedear a sanidade como servizo público dende dentro. E todo, propiciado pola política ao mando e presentando a desfeita como algo que debemos agradecer á empresa privada nun acordo como din os americanos win-win, entre vencedores, no que todo o mundo gana: a xente pode vacinarse antes e os dependentes da empresa, aínda antes: Que pode estar mal?.

   Por outra banda, non se fala máis que raramente dunha colaboración sen a que a estrutura pública veríase fortemente afectada, colaboración que ademais leva tempo sendo repelida de diversos xeitos por moitas institucións que ven a xestión comunitaria como un 'coto privado' das institucións chamadas públicas por depender da estrutura política, é dicir, que substitúen a idea de xestión co común por xestión das autochamadas institucións públicas. Tal parece ás veces que o comunitario fose un anatema fóra da propaganda que se poda facer á súa costa, e o público algo que non é de ninguén e do que hai que fuxir unha vez trasladadas as súas funcións ó ámbito privado, da sanidade ó exército, da educación á burocracia. A través de chiringuitos esperando o día de poder allear mesmo ese poder incontrolado e opaco e facer máis privada a sociedade. Non unha sociedade calquera, non, senón A Sociedade. Esa sociedade que deixou o comunitario, bens e servizos, en mans de xestores, confiando neles para unha xestión que agora deciden subcontratar, quedándose e aumentando os beneficios do seu posto e diminuíndo o poder e a riqueza da comunidade en conxunto, nun traspaso do que é de todos ó que é só dun puñado. É dicir, para privar a sociedade da súa esencia para conseguir o obxectivo de privatizala.

   Metaforicamente pódese falar de que se se chega ate a pechar con chave legal mesmo o Sol. Así se poden interpretar as trabas a dispor de enerxía solar de xeito autónomo nas casas: quérese o tellado como lugar de produción para o exterior a custe cero para a rede, mentres os prezos da electricidade subministradas por ela medran sen moito control, comezando dende o pago sinxelamente por dispor de electricidade, independentemente de canto se consuma, a máis do propio consumo. E non só en España. Aínda hoxe remato de ler un titular que apunta á preferencia de Biden de aumentar o número e potencia das liñas eléctricas 'para transportar electricidade dende as granxas solares e parques de aeroxeradores', primando iso, as compañías privadas de xeración, sobre a posibilidade de aproveitamento do Sol de xeito directo por parte da comunidade.

   Por certo, que é a escravitude se non o alleamento de posesións e actos, pasando a ser privativos da persoa ou entidade escravista? Nese proceso de alleamento anda a nosa sociedade...


20210618

Mañá, presentación de APAGA sobre 'Ahead Step'

    Mañá, a Asociación de Profesores Técnicos e de Ensino Secundario de Automoción de Galicia (APAGA) invita á presentación en Ribadeo dos resultados do proxecto Europeo de formación 'Un paso adiante', desenvolto apoiado en socios comunitarios de seis países diferentes. Deixo abaixo a invitación de APAGA.