20210831

Escrito ó concello sobre actividade non reseñada na Illa Pancha. Nota de prensa A.V. Por Nuestro Faro

Escrito ó concello sobre actividade non reseñada na Illa Pancha

    Como temos informado, os ribadenses tiveron constancia da apertura dunha cafetería con terraza entarimada na Illa Pancha pola presencia dalgunhas fotos nas redes sociais e rumoroloxía variada. O negocio puxose en marcha dun día para outro sen ningún tipo de publicidade previa -algo ó que non nos ten afeitos en absoluto o programa «Faros de España»-, e en ausencia total de aclaracións/información por parte do Concello de Ribadeo. En base a isto, e no marco do inicio dunha nova actividade con modificacións importantes no terreno da illa, témonos dirixido ó Concello de Ribadeo para pedirlle información sobre dita actividade, con horarios privados asimilados automáticamente a unha apertura restrinxida da illa, un ben público. Os puntos sobre os que se ten pedida información son, textualmente, os seguintes:

«1º. Se a nova cafetería e terrazas posta en marcha na Illa Pancha conta ca pertinente licenza de actividade.

2º. Se na devandita licenza están especificadas as condicións de acceso libre para os veciños de Ribadeo e visitantes.

3º. Se o Concello de Ribadeo ten coñecemento do horario anunciado en redes sociais e este horario foi autorizado.

4º. Se as condicións de acceso concordan co previsto na Lei de Costas con respecto ao uso público da zona de transito de seis metros da beira do mar, sen que a devandita lei e o Regulamento que a desenvolve sinalen ningunha limitación horaria na devandita franxa de seis metros.

5º. Se as obras realizadas, escaleiras, varandas, terrazas, etc. se axustan ao proxecto presentado pola empresa concesionaria.

6º. Se a nova actividade non engade novos riscos de afección ambiental ao proxecto anterior que confirman os seis informes do Defensor del Pueblo emitidos entre o 16 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018, nos que se facía fincapé na obrigatoriedade de avaliar, non so as obras interiores do edificio do faro, como argumentaba a Autoridade Portuaria, senón toda as actividades posteriores, incluíndo a presencia humana, os automóbiles, a eliminación de residuais, os animais de compañía, etc.

7º. Se hai unha solución satisfactoria ao problema do verquido de residuais, agora notablemente incrementados, tendo en conta que o proxecto de nova fosa séptica, sometido a exposición pública en agosto de 2018 segue sen resolución a día de hoxe, segundo informes de Augas de Galicia.

8º. Se as alteracións da paisaxe provocadas pola nova actividade foron avaliadas e autorizadas por Paisaxes de Galicia de acordo ca lexislación vixente.»

    Un correo semellante foi sido enviado á entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao, omitindo os puntos que teñen que ver directamente co Concello de Ribadeo. De seguido procederemos a contactar con Costas, Paisaxes de Galicia e o Defensor del Pueblo para obter información sobre os cambios operados na illa -que van moito máis aló dunha inofensiva man de pintura na fachada do antigo faro-, e sobre a decisión de orixe descoñecido que delimita horarios e periodos de apertura de Illa Pancha.

Asociación «Por Nuestro Faro»

En lembranza do San Ramón. Vilalba, 2021

   Hoxe é día de San Ramón. Sendo a festa de Vilalba, é doado lembrar o desexo de felicitar ós Ramón e Ramona coñecidos. Aínda que este día de 2021 siga a ser diferente en Vilalba non no sentido de festa, senón de nostalxia doutras festas, de antes da pandemia.

   Aínda así, Vilalba está de festa. Faise o que se pode... e quedan aquí algunas fotos e vídeos para a lembranza deste San Ramón 2021 en Vilalba.








Coronavirus en Ribadeo, martes 20210831: 21


   Segue á baixa. Hoxe, 21.

   Anteriores desta serie.

Coronavirus en Vilalba, martes de San Ramón 2021: máis casos...


   Si, como para augar a festa. 45 casos, incidencia de 320 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

20210830

Coronavirus en Vilalba, luns 20210830


   Na véspera de San Ramón, dous menos ca onte: 40, cunha incidencia a 14 días de 284 cada 100 000 habitantes.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, luns 20210830: 24 casos



   Un caso rexistrado máis ca onte leva o número a 24. Incidencia, 240 casos ós 14 días por cada 100 000 habitantes. A vagada actual non só foi abondo máis impactante en Ribadeo que a de comezos de ano, senón que tamén leva camiño de ser máis dilatada no tempo.

   Anteriores da serie.

20210829

Coronavirus en Vilalba, domingo 20210829: 42 casos



   42 casos, 1 máis ca onte. Incidencia de 298 por cada 100 000 habitantes a 14 días. A piques de sobrepasar de novo da incidencia de 300..

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20210829: 23 casos



    De novo,rebaixa: 23 casos.

   Anteriores desta serie.

Ribadeo tamén é mundo, e o que fagamos en Ribadeo facémolo no mundo...

Aínda con críticas que se lle poden facer (duración das series, única estación, elección de comezo e final) a gráfica amosa un incremento de temperaturas e maior frecuencia extremos.
 
Ribadeo tamén é mundo, e o que fagamos en Ribadeo facémolo no mundo...

   Unha das dificultades que ás veces, mesmo de xeito imperceptible, temos na narrativa da evolución actual do mundo (por exemplo das crises mundiais) é o ver os feitos como 'do resto do mundo', non 'nosos': somos incapaces de concebir que esa totalidade nos abrangue tamén a nós. Por iso necesitamos subxectivalos na nosa proximidade para facelos nosos, manexables (e imaxinables) no noso entorno. Non sempre é doado, e non sería a primeira vez que unha tendencia local parece contradicir a tendencia que nos avisan como global. Pode darse o caso durante un tempo nalgúns lugares, antes de que remate afectándolles a tendencia global. De aí a importancia de resaltar as tendencias con sentido (neste tempos podemos dicir 'con sentidiño' en troques de 'con precaución' ou semellante)  e con explicación abondosa para que sexa comprendida non como invalidación da tendencia xeral, senón como algo particular e pasaxeiro.
 
  Hai xa tres anos (o 20 de agosto de 2018) que Greta Thunberg comezou as 'folgas escolares polo clima'. Dende aquela, e cada vez máis, escolares de todo o mundo lembran os venres de cada semana que estamos provocando unha catástrofe climática, e que, en troques de procurar solucións, estamos a dilatar a toma de decisións e actuacións cruciais por intereses que algúns chaman económicos pero que estimo máis conveniente etiquetalos como gananciais, é dicir, de lucro de determinadas entidades e persoas que as controlan. O último informe do IPCC, déixao claro: soan tódalas alarmas de que nos estamos a cargar este mundo no aspecto climático, ó que habería que sumarlle outros aspectos necesarios para a vida no planeta como a perda de biodiversidade.
 
   Nestes días de agosto, a cornixa cantábrica sepárase da temperie ibérica para formar outro conxunto climático que atrae xente pola suavidade do clima e a rabia doutra xente (ás veces, da mesma!) pola necesidade de nubes para facer posible esa suavidade.     Recollendo unha vez máis o dito 'pensa de xeito global, actúa de xeito local' que leva a un maior rendemento das nosas accións individuais, que é o que significa iso do quecemento global?, en que se traduce para Galicia ou para un dos nosos pobos, poñamos Ribadeo?

   En Ribadeo, a tendencia no que levamos de século (de setembro de 2001 a agosto de 2021), vese que, tanto das temperaturas máximas rexistradas no mes como das mínimas, é a aumentar. E aínda máis: dentro da pouca significación estatística que ten unha única estación meteorolóxica nunha serie aínda que sexa de 20 anos como é o caso, podemos fixarnos en que as temperaturas máximas aumentan máis que as temperaturas mínimas. A tendencia indica que as máximas aumentaron 1,8 ºC de media, mentres as mínimas só o fixeron 1,3 ºC, en consonancia co aumento observado de fenómenos extremos a nivel mundial. Iso é unha manifestación local dun fenómeno global: o aumento das temperaturas e dos extremos climáticos. Si, o clima tamén está a cambiar no teu pobo.

20210827

Coronavirus en Ribadeo, venres 20210827: segue a baixa lenta.


   27 casos, dous menos ca onte, levan a mirar con algo máis de optimismo cara unha baixada definitiva. Só un pouco máis nunha situación que todo o mundo sabe que se pode torcer en calquera momento.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Vilalba, venres 20210827: segue a suba acelerada

 


    37 casos, cun debuxo da curva claramente cara arriba indica que a situación non vai ben.

   Anteriores desta serie.

SAÚDO DA A V POR NUESTRO FARO AO DEPUTADO DO BNG D. NÉSTOR REGO. Nota de prensa.

 

Da web do Congreso dos Deputados, hoxe.

SAÚDO DA A V POR NUESTRO FARO AO DEPUTADO DO BNG D. NÉSTOR REGO

Nota de prensa 20210827

No día de hoxe, 25 de agosto, tivemos coñecemento polos medios de comunicación da presentación dunha pregunta no Parlamento Español sobre a protección ambiental da Ría de Ribadeo. A pregunta foi presentada polo deputado do BNG D. Néstor Rego Candamil. Desexamos saudar ao Sr. Deputado por esta iniciativa que pode ser un paso para conquerir unha norma de protección específica para a Ría de Ribadeo, á que ten dereito dende o día 23 de Novembro de 1988, ao ser declarada Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e máis tarde polas normas ambientais do Convenio RAMSAR e da Rede Natura 2000, establecidas nas directivas da Union Europea e trasladadas á lexislación do Estado Español. Xa temos denunciado en numerosas ocasións o feito de que ningún grupo político a nivel estatal ou autonómico, nin ningún alcalde de Ribadeo, nin dos concellos limítrofes propuxo este tipo de propostas ou iniciativas ao longo dos 32 anos transcurridos, pero con esta iniciativa pode abrirse un novo tempo que dea paso a establecer unha norma efectiva da protección da ría.

Según a páxina web do Congreso de Deputados, a proposición foi rexistrada o día 29.7.21 e cualificada o 25.8.21 e segundo nos comunican os informantes será publicada íntegramente a semana próxima.

A intención do noso colectivo e estudar polo miudo a proposta de D. Néstor Rego e solicitarlle unha entrevista para comentar os diferentes aspectos implicados neste proceso e como punto prioritario o respecto pola normativa que afecta a Rede Natura 2000 e o incumprimento pola Autoridade Portuaria e polo concello de Ribadeo da lexislación vixente sobre Avaliación de Impacto no proxecto de Apartamentos Turísticos e Cafetería na Illa Pancha. Como xa saben os lectores estas deficiencias na tramitación do proxecto devandito foron denunciadas polo Defensor del Pueblo en seis informes, entre o 16 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018, sen que a Autoridade Portuaria e o Concello de Ribadeo os tomasen en consideración

Como é sabido, o proceso de redacción debate e aprobación de calquera norma de protección ambiental é longo e complexo, e aínda podería retrasarse varios anos. Pola nosa banda entendemos que despois desta iniciativa, o primeiro paso para ir facendo camiño, sería esixir o cumprimento da lexislación vixente polas administracions implicadas e concretamente prantexar a realización do Estudo de Impacto no caso da Illa Pancha.

20210826

Acta do pleno extraordinario urxente de 13 de agosto de 2021 do concello de Ribadeo

ACTA DO PLENO 2021-0009 [ACTA SESION EXTRAORINARIA URXENTE. 13.08.2021]

--

Anteriores:

31 de maio, 17 de xuño e 28 de xullo de 2021: https://www.ribadeando.com/2021/08/actas-dos-plenos-6-7-e-8-de-2021-315.html

2 o 13 de maio de 2021: https://www.ribadeando.com/2021/05/actas-dos-plenos-do-conello-de-13-de.html

Primeiro trimestre de 2021: https://www.ribadeando.com/2021/05/acto-do-pleno-do-concello-de-29-de.html

Outras actas; Actas dos plenos

Máis en plenos.

 

Coronavirus en Vilalba, xoves 20210826: acelerando a suba


   31 casos, de novo acelerando a suba. Isto non vai ben. 220 de incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes.

   Anteriores desta serie.

Coronavirus en Ribadeo, xoves 20210826: segue a contagotas



   29. Iso é menos ca onte. Un menos... A incidencia, 290 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Xusto por baio desa liña que comenta hoxe o xornal que tamén baixou España.

   Anteriores desta serie.

20210825

Médico veterano ante pandemia de manual. Pablo Mosquera

   Nota: coido que tería que discutir con Pablo abondas das afirmacións que fai no texto. É normal que haxa discrepancias e non especifico a miña opinión antes dos textos. Mais esta vez, son numerosas e quería deixar constancia delas, por máis que o artigo difira de como foi entregado só polo seu versionado ó galego. Por certo, poderá compararse coa versión castelá ó ser publicado en Galicia Dixital.

Médico veterano ante pandemia de manual. Pablo Mosquera

Cando era estudante de medicina na Facultade da Complutense madrileña, o profesor Piédrola ensinounos como se comportan as pandemias e como son as cadeas epidemiolóxicas de todas as enfermidades infecto contaxiosas. Máis tarde, como profesor Asociado por oposición, de Saúde Pública, na Universidade Pública Vasca, fun eu quen ensinaba ao alumnado o que antecede. Durante máis de corenta anos tiven ocasión de enfrontarme con esas enfermidades infecciosas, e como a ciencia médica íaas dominando, ata o punto de lograr a declaración de enfermidade erradicada nalgún caso. Por iso, neste 2021 atópome ante dúas circunstancias que me sorprenderon: unha pandemia por un virus. Un estraño manexo do manual para romper a cadea epidemiológica tal como me ensinaron e ensinei.

Sábese quen é o axente causal. Como se transmite. Quen son suxeitos sans susceptibles. O curso da infección e as súas complicaciones clínicas. Como se diagnostica. A relación entre espazo, densidade de poboación, medio aéreo onde se comparte. Vacinación. Mutacións do virus. Pero tamén hai algunhas incógnitas por publicitar: tempo de incubación segundo a cepa mutante; tempo de duración dos anticorpos producidos polas vacinas; posibilidade de estar vacinado e seguir sendo vehículo de transmisión do virus; complicacións da infección.

E o máis impactante como enfermidade social. Sostenibilidade do espazo económico-laboral coas medidas de illamento para enfermos, infectados e susceptibles de infección. Engado, que por razóns que se escapan á comprensión científica, as medidas que se tomaron: cando, como, onde, e baixo o auspicio de que realidade xurídica, estiveron pragadas de vaivéns, incertezas e graves erros. Unha vez máis. A política invadiu o espazo da ciencia. Os mandarines estorbaron aos expertos. A política non foi a arte de gobernar que significa identificar demandas e atopar para aplicar solucións. O baixo nivel dos dirixentes cobrouse vítimas.

Tarde se quixo atender a chamada da OMS. Había que celebrar determinadas efemérides aínda que iso supuxese o desprezo á declaración de pandemia. O 8-M de marzo 2020, pasará á historia de España como unha data nefasta. Pero non menos que aquelas imaxes televisadas. Os sanitarios aplaudidos pero sen os equipos de protección individual fronte á enfermidade, o que ocasionou inxentes vítimas profesionais. As residencias de anciáns mostrando a súa cara máis cruel e miserable: auténticos almacéns de xente usada, que serven para aliviar conciencias familiares e establecer un gran negocio a costa da senectude dependente. A aparente autoridade dunhas comparecencias uniformadas que daban dicterios para un estado de excepción sen atreverse a tal xestión parlamentaria. Un Parlamento Nacional disposto a usar mortos e "feridos" como arma arreboladiza para lapidar ao Goberno, cando o preciso era un gran acordo de Estado.

Declarouse que todo cidadán "pillado" fóra da orde establecida, fóra acusado formalmente pola autoridade uniformada de resistencia e desacato á autoridade, case como en estado de sitio. Menos mal que o poder xudicial non fora subsumido polo sanchismo e garantiu a lei, os seus límites e en consecuencia os dereitos da cidadanía fronte á tempestade de movementos que a partitocracia atrevidamente ignorante e prepotente usou para facer que facían, cando non tiñan nin pajolera idea do que estaba sucedendo e de como aqueles recortes en sanidade-atención socio sanitaria eran un buraco polo que caían seres humanos cara á enfermidade e a morte.

Pasaron os meses, as estacións do ano, as festas de gardar sen festa. As vítimas da pandemia podemos situalas en tres cohortes poblacionais. Mortos e feridos graves que fixeron plétora nos centros de asistencia sanitaria. Pequenos emprendedores e traballadores que pasaron de vivir toureando uns ingresos a caer no pozo da pobreza. Xentes das máis diversas profesións, actividades, puntos do mapa, que sentiron a angustia -medo ao descoñecido- ao ver o desconcerto que só era realmente dramático cando os informativos daban o "parte de guerra contra o virus". Así estabamos cando apareceu a vacina. Entramos nunha nova fase pandémica. A industria farmacéutica ou o que sexa, emprendeu unha regata de traineras para ser os ganadores da bandeira. O primeiro que lograse colocar a vacuna no mercado tiña asegurado o maior dos negocios. Non importaban os pasos obrigados polos científicos a fin de garantir o produto. Non importaba que a poboación potencialmente receptora quedase eficazmente protexida co menor custo de efectos secundarios posibles. Non importaba que ao ser pandemia, as doses debían ser dispoñibles e sostenibles para todo o orbe, non só para os países do norte -Mario Benedetti-, Só importaba facer diñeiro coa angustia e desesperación da poboación susceptible de caer infectada. E entramos nunha nova dimensión. A denominada loxística da vacinación, por idades e con vacinas das que se comezaron a publicitar efectos secundarios moi graves, que nunca saberemos si os fixo pública a batalla entre industrias do produto ou foron realidade consecuencia do pouco rigor utilizado para a saída ao espazo sanitario dun produto feito apresuradamente a costa de eliminar fases previstas como necesarias para garantir a seguridade.

Tamén o Goberno decidiu que se equivocara. Máis ben que se estaba expoñendo demasiado. E así, da noite para a mañá sinalaron ás Comunidades Autónomas como axentes suficientes e máximos responsables das medidas para enfrontar a enfermidade. Mentres o sanchismo apuntábase os éxitos e beneficiábase do cambio naqueles temibles "homes de negro" que impoñían obxectivos económicos, fiscais e controis para a débeda. ¡Albricias!. Termináronse os controis do gasto. Xa non era cuestión de orzamentos. Liberdade para usar os fondos económicos sen mirar como impactaban no endebedamiento -¡manda narices, por encima do 120% do PIB!- Deixar a España na ruína só será un problema para os españois e para os próximos gobernos que deban enfrontar o caos económico -a única fórmula está en ser capaces de atopar a pedra que converta o granito en ouro-.

Cinco ondadas por mutacións do axente causal. Pero a propaganda oficial parece que o ten previsto para evitar o pánico. Facer do verán un canto á liberdade perdida. Volver ao negocio do lecer vacacional. Sinalar aos mozos e a súa inmadurez como causantes da quinta ondada. Seguir vacinando e presumindo de tal. Restar dramatismo ás horripilantes cifras de mortos diarios. Evitar que os científicos publiquen traballos socio sanitarios sobre a pandemia. Dar exemplo de "dominio" da situación, e xa que logo, ata o Goberno co seu Presidente á cabeza, están de vacacións. Usar a traxedia de Afganistán como cortina de fume fronte á pandemia. Presumir do cambio que han ter as cifras en macroeconomía grazas ao veraneo. Non pensar no outono..

Coronavirus en Vilalba,mércores 20210825: e máis un!


    27 casos, incidencia de 192 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Un máis ca onte, dous máis que antonte...

   Anteriores desta serie.

Coronavirus en Ribadeo, mércores 20210825: baixa a 30


   30 casos, incidencia de 300 cada 100 000 habitantes a 14 días. Segue a baixar máis ou menos, pero lento, demasiado lento...

   Anteriores desta serie.

20210823

Auga para todos?

Contaminación no río Suarón, na Veiga.

 Auga para todos?

   'Auga para todos' é o titulo dun libro de divulgación de Francisco Díaz-Fierros Viqueira publicado hai catro anos. Ou sexa, pouco despois de que o presidente de Nestlé non tivera reparos en dicir publicamente que pola auga había que pagarlle a quen a tivera, que de ben común, nada: ben propio, apropiado. E catro anos antes de que en Galicia se fixera patente o baleirado dos encoros para producir de xeito barato unha enerxía eléctrica que se vende cara, con beneficios que deixan tamén cara de lelo a quen vive con miramentos de esguello o fin de mes.

   Neste verán - crucemos os dedos, que aínda non rematou - a traída de augas a Ribadeo non sufriu ningunha avaría importante pese á súa vellez e ás reclamacións que periodicamente se fan para a súa renovación.

   Co anterior, temos xa varias das bases que se deben considerar ó falar dun xeito máis ou menos serio sobre a auga. Por unha banda, o coñecemento do seu ciclo, os usos, cantidades, distribución ou posibilidades; é dicir, a súa consideración como recurso escaso que é necesario estudar. Por outra, a posibilidade de apropiación en exclusiva da auga; non en van foi o ben escollido por Edward Bellamy para a súa obriña 'O Mercado', como alegoría e como unha posibilidade real. E máis, as guerras que xorden de intereses contrapostos como entre auga para beber, para regar, para producir enerxía ou outros usos posibles; guerras feitas con tanques como en oriente medio ou con cartos como en California, pero guerras auténticas. E aínda a consideración e necesidade das redes de aproveitamento, o seu deseño, a súa conservación... para poder asegurar o seu subministro mesmo en lugares tan pouco sospeitosos de escaseza de auga como é Galicia.

   Volvendo ó título, Se a auga nos é necesaria a todos, deberamos ter auga para todos. Esa é a idea de base para facer un estudo sobre ela, e de aí o título escollido por Díaz-Fierros para un libriño moi interesante e ameno. Non vale que alguén se apropie da auga e deixe ós outros morrer de sede. É un ben común, e hai que distribuíla como tal. Procurando solucións en común, e fuxindo do 'teño unha solución, por que non se implanta?', cando a realidade é que ten un interese e unha solución só para o seu interese, á súa medida.

   En Galicia non estamos moi afeitos - fóra do 'se chove, que chova', episodios de seca que noutros lugares tomarían a risa ou rogativas aparte - a tratar sobre a auga. Eu aínda lembro ter ido á fonte na procura de caldeiros con auga, algo que na nosa terra, e salvo casos puntuais mesmo con avaría de por medio, está esquecido aínda en aldeas sen conexión coa rede pública: de xeito individual ou colectivo dun grupo de veciños, soe estar arranxado o problema dende hai tempo. Mais a abundancia de auga é enganosa: non é o mesmo que haxa auga a que a podamos aproveitar para o que queremos. E episodios como o baleirado dos encoros lémbrannos que máis aló de casos puntuais de escaseza, a auga na nosa terra segue a ser un ben a administrar, aínda que non sexa tan escasa como noutros lugares da nosa Terra. E que máis aló de novas e mellores infraestruturas, o bo aproveitamento, a eliminación de contaminación, o rexir o seu uso... son tamén materias pendentes por estes lares.

Coronavirus en Vilalba, luns 20210823


   De novo, baixada. 25 casos, cunha incidencia de 178 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, Luns 20210823: un máis



   Un máis ca onte, de 34 a 35 hoxe. Incidencia de 350 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

APERTURA PARCIAL DA ILLA PANCHA. Nota de prensa A V Por Nuestro Faro

Illa Pancha no 2017. Collido de es.wikipedia.org, lic. CC BY-SA 4.0 realizada por Amasuela - Luis Lafuente - Jorge Rebollo.

APERTURA PARCIAL DA ILLA PANCHA

    Hai poucos días tivemos coñecemento da apertura parcial da Illa Pancha, dentro de un horario restrinxido, trala posta en marcha da nova terraza da cafetería cuxas obras foron aprobadas polo concello de Ribadeo en maio de 2020. As noticias, polo medio devandito son confusas e incompletas pero o que chama a atención nunha primeira impresión é o silencio do Sr. Alcalde, tendo en conta que a licenza de actividade dos apartamentos, aprobada o 1 de decembro de 2017 xa esixía a apertura ao público da porta de acceso. Tratándose, como se trataba, do incumprimento dunha disposición municipal, co impedimento sistemático do acceso para a veciñanza a un espazo de uso público, segundo a Lei de Costas, que menos que o concello informase aos veciños da nova situación e das condicións da mesma.

    Pola nosa banda debemos suliñar que os artigos 27 e 31 da lei de Costas de 1988, non derogados nen reformados posteriormente, deixan meridianamente claros os dereitos dos veciños a “(…) pasear, estar, bañarse, navegar, embarcar y desembarcar, pescar (…)” na zona de tránsito de 6 metros da beira do mar, sen ningún tipo de restricións agás as que se se podan establecer regulamentariamente en casos específicos, pero nunca en función de intereses particulares. Véxase o seguinte informe dun especialista:

¿Qué es la servidumbre de tránsito?

La servidumbre de tránsito es una franja de 6 metros de anchura medidos desde la línea interior de la ribera del mar que forma parte de la servidumbre de protección, si bien en la misma las limitaciones son más estrictas.

En esta zona no está autorizada la construcción de ninguna instalación, y deberá dejarse permanente expedita para el uso público peatonal y para los vehículos de vigilancia y salvamento.

Esta materia se regula en el Título II de la Ley de Costas y Título II del Reglamento General de Costas

    Polo tanto a nova situación é como se os concesionarios de locais e naves no porto de Porcillán pechasen a circulación peonil e rodada ás horas que a eles lles resultasen convenientes e o concello non tivese nada que dicir.

    Pola outra banda a posta en marcha dunha nova actividade ven a referendar as denuncias do Defensor del Pueblo pola falla de Estudo de Impacto Ambiental - como mínimo simplificado - nunha zona protexida pola Rede Natura 2000. Neste senso lembraremos que o primeiro informe do Defensor, de 16 de febreiro de 2017, ratificado cinco veces ata o 10 de outubro de 2018, xa deixaba rotundamente claro que a avaliación ambiental non podía referirse unicamente ás “obras de reforma del antiguo edificio del faro”, como pretendía a Autoridade Portuaria, senón ao conxunto de actividades previstas no proxecto. Lembraremos tamén que a Asociación Veciñal “Por Nuestro Faro” presentou unha alegación á concesión da licenza concedida polo concello de Ribadeo para as obras da nova cafetería, alegando precisamente que non se tivera realizado ningunha avalación destas actividades pero o concello respostou que xa non era momento de realizar a devandita avaliación, dando a entender que eso era auga pasada.

    En consecuencia o noso colectivo -agora Asociación veciñal- dirixirase de novo ao Defensor del Pueblo, á Consellería de Medio Ambiente (Paisaxes Catalogados de Galicia) e á Dirección General de Costas e presentará un novo escrito ao Concello de Ribadeo e mais á Autoridade Portuaria para clarexar os seguintes puntos:

1º Se a nova actividade iniciada na Illa Pancha ten licencia de apertura e se se axusta ás condicións do proxecto e da concesión, habida conta de que semellan cambios substanciais na illa (entarimado, barandillas, mamparas, mesas en distintos niveis, escaleiras, novos materiais, modificación na nivelación do terreo, etc).

2º Se o Concello e a A. Portuaria teñen coñecemento e foron autorizados os horarios de apertura.

3º Se estes horarios concordan cas previsións dos artigos 27 e 31 da Lei de Costas, que esixen o acceso libre na zona de tránsito de seis metros sen limitación horaria.

4º Se a nova actividade esixe ou non a avaliación medioambiental simplificada que denunciaba o Defensor del Pueblo de acordo co artigo 7 de Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental.

5º Se as alteracións da paisaxe introducidas pola nova actividade son concordantes ca cualificación de Paisaxe Catalogado na que está incluída a Illa Pancha.

    Agardaremos respostas e daremos conta dos resultados.

ASOCIACION VECIÑAL “POR NUESTRO FARO”

20210822

VERANO DEL 21. Ángel Alda

Espléndida foto original de Nacho Samper del doble faro de la Isla Pancha que da entrada a la ría de Ribadeo. Todo un resumen del paisaje y del clima del Cantábrico.

VERANO DEL 21

Dicen que llegó el verano. Son solo rumores que propagan los voluntariosos amantes boreales de estas costas cantábricas que lindan con Inglaterra mar mediante. Es cierto que desde hace algunas lunas reina el viento nordés pero las nieblas matutinas de duración imprevisible y las que llegan al ocaso para facilitar las actividades fotográficas de los amantes del atardecer nos tienen sometidos a un tiempo atmosférico al que difícilmente podemos adjudicar en puridad el nombre de verano o de cualquiera de sus sinónimos como estío o la calor.

Situación benéfica para los peregrinos del Camino que este año son legión por estas latitudes. Apenas ha llovido y deambular a 18/20 grados de temperatura es un placer de dioses. Placer negado a los viajantes por las tierras del camino francés que este verano han debido pasar las de Caín. Nada que extrañar por eso que los científicos anticipen que en el futuro la única región confortable de España desde el punto de vista climático será la cornisa cantábrica desde la que escribo esta crónica. Tampoco es sorprendente que esta temporada mi casa de Ribadeo se haya convertido en un refugio climático para todo tipo de familiares, amigos y demás gorrones, perdón, gorriones.

Las higueras, árbol que rinde culto al verano, ya han despertado y trabajan los olores con precaria intensidad pero dignamente. Y la temperatura del agua de mar ya está cercana a los veinte grados que para estas alturas ya es batir el récord, aunque dicen los entendidos que con el nordés habrá un intercambio de fluidos fríos y cálidos que llevarán la temperatura a los dieciocho, tal como si hubiesen puesto a remojar unos cuantos icebergs entre Estaca de Bares y Cabo Peñas. A veces cuando veo navegar de pie, montados en sus tablas, a los surfistas amantes de esa especialidad de la pala polinesia, me pregunto si no lo harán encima de una placa de hielo.

Los gallos del convento de las clarisas cantan a rebato a cualquier hora y los hermosos mizifús de la bajada de Mirasol se van atreviendo a asomar los bigotes por la calzada una vez que el tráfico rodado se encalma al caer de la noche. Hablando de clarisas, siguen con su obrador de repostería pero han concedido la venta a la Casa das Letras. Hemos perdido la magia del torno. En Galicia se pierden de año en año un par de mitos y alguna que otra leyenda. Las cosas de la modernidad. Menos mal que contamos con la obra de Cunqueiro para rescatar las viejas leyendas y unas cuantas más de rebote creativo.

No ha sido fácil soportar este mes de agosto el desfile masivo de turistas de paso por el pueblo a la busca de espacio para aparcar sus cada año más amplios vehículos. O sortear las esquinas repletas de bullicioso público consumiendo empanadas y helados. O competir con los mismos para ocupar mesa en terrazas o tabernas. Mesas muy restringidas para cumplir las ordenanzas del gobierno de Santiago del señor Feijoo, nunca se donde poner el acento. La hostelería ha estado, y está todavía, revolucionada y en combate con la autoridad competente. Pero, en confianza, las empanadas de Torviso, el pulpo del Villaronta y los pescados salvajes y postres de Casa Vicente siguen en estupendo estado de revista. Yo creo que los diferentes circuitos de veraneantes han sabido gestionar con alegría sus conflictos crecientes. La gente tiene ganas de moverse. Incluso los pacíficos y tradicionalistas residentes temporales han podido mantener sus manías favoritas. El golf de Tapia, el descubrimiento de nuevas rutas ciclistas o la mejor forma de sustituir el ya despreciado arroz con bogavante.

Hemos tenido un público muy especial y que en el futuro para lo bueno y para lo malo determinarán el paisaje humano de los veranos cantábricos: los caravanistas. No sé qué pensarán ustedes pero empiezo a tener serías dudas sobre la bondad de este sistema de transporte y vivienda. Tantas como sobre la bondad del modelo turístico de las costas del norte. Las Rías Baixas por el extremo sur, Llanes por el centro y Hondarribia en la punta oriental ya parecen sucursales del mediterráneo. Ribadeo, Viveiro, Candás, Gijón, San Vicente de la Barquera y muchas otras villas están a punto de entrar en esa categoría superior, uniéndose al pelotón de las grandes ciudades como Coruña, Gijón, Santander o San Sebastián que figuran en una especie de liga exclusiva desde tiempos inmemoriales. Quedan en la reserva la Costa da Morte, algunas comarcas de las Rías Altas, el Occidente asturiano y pare usted de contar. Alguien debería pensarlo bien y encontrar las fórmulas para acomodar el turismo a las necesidades y potenciales de unos pueblos envejecidos y exhaustos con escasa capacidad de volcar su vida al comercio y la industria del turismo. Y un urbanismo pendiente de dar salida a la recuperación de sus cascos históricos o resolver los daños de la era del feísmo y la sobreexplotación inmobiliaria antes que a intentar generar nuevas ciudades para el turismo de temporada. No es por señalar pero pasear por algunas áreas gallegas llenas de proyectos turísticos abandonados sigue siendo un espectáculo deprimente. Organizaciones locales pequeñas y con escaso poder, enfrentadas, además de a estos retos históricos demográficos y de desarrollo, a nuevas realidades como la pretensión de convertir sus cumbres en parques eólicos gigantescos sin recibir la compensación adecuada y sin conocer derivadas negativas de ese monocultivo. O a presiones para instalar industrias no queridas cerca de las grandes ciudades. Nuevos problemas, tanto como nuevas oportunidades.

Por no hablar de otros elementos como la ignorancia de tantos dizque turistas que se enfadan porque los gallegos hablan en gallego. Resulta que vienen entusiasmados a conocer riquezas naturales como la famosa playa de las catedrales o monumentos humanos como la catedral de Mondoñedo y no son capaces de valorar la importancia de un idioma en el que se escribieron las Cantigas del rey Alfonso o los Cantares de Rosalía. No somos conscientes muchas veces del choque cultural que representa el fenómeno turístico de masas. Hablamos mucho de innovación, de factores económicos o de infraestructuras pero muy poco de los factores culturales. Llevo años observando el fenómeno de la existencia de un doble circuito cultural, una doble oferta institucional en los pueblos turísticos de Galicia. Uno hacia los públicos turísticos y otro hacia el personal local. Me parece un derroche de recursos cuando no una segregación intencionada.

Cada verano tiene sus afanes culturales y literarios. Cuando más echamos de menos el piano de Leopoldo Erice nos llega el milagro de haber podido disfrutar de un prodigioso concierto de Javier Perianes gracias a la esforzada y meritoria organización del Festival Bal y Gay.

Y así, llegamos a la vuelta del camino. A disfrutar de unas semanas finales sin el agobio de las masas turísticas.

Con su permiso.

Ángel Alda.

Coronavirus en Vilalba, domingo 2021'822


    De novo, un pequeno retroceso: aumenta un caso, ata os 28 a 14 días...

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20210822


    33 casos: segue a baixar.

   Anteriores da serie.

20210821

Coronavirus en Vilalba, sábado 20210821: baixa significativa



    27 casos, incidencia de 192 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Unha baixada de sete casos confirma a tendencia xa adiantada pola incidencia a 7 días (que non publico). Esperemos que sexa o camiño do final.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, sábado 20210821: baixa lenta


   36 casos, dous menos ca onte. Incidencia de 360 cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

20210820

Coronavirus en Vilalba, 20210820: segue á baixa


   Tres menos, ata os 34, con incidencia de 241 ós 14 días cada 100 000 habitantes.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, venres 20210820: tres menos


   Hoxe un xornal trastocou os números, por desgraza, pois asignaba a Ribaeo abondos menos casos dos que ten. Segundo o Sergas, hoxe hai 38 casos, incidencia a 14 dias de 380 por cada 100 000 habitantes. E aí estamos: baixando, pero lento.

   Anteriores da serie.

20210819

Dos plátanos ás estrelas. Observación astronómica o venres 20 de agosto en Ribadeo

   Despois do artigo 'Ribadeo e o cultivo de plátanos', contestando unhas verbas do alcalde nas que relacionaba as dificultades da astronomía en Ribadeo/observatorio de Santa Cruz co cultivo de plátanos no concello, ata por catro veces (convocatoria, lembranza, aprazamento e data definitiva) polo de agora o concello de Ribadeo sacou notas de prensa sobre o 'Programa camiño de estrelas' para ter unha charla sobre astronomía e unha observación astronómica no parque do centro do pobo.

   Pensando que Ribadeo si é lugar para a astronomía, deixo a continuaciń a nota de prensa última (pensada para animar á xente, pois aínda hai prazas)


NO TEATRO HABERÁ UNHA CHARLA ÁS 21:30 HORAS


Mañá, cita cos astros


19/08/2021


Mañá, venres, terá lugar finalmente a observación astronómica programada en Ribadeo.


Para o pasado 13 de agosto estaba prevista unha observación astronómica en Ribadeo, que debido á mala previsión meteorolóxica para aquela noite quedou aprazada para o 25 de agosto. Desde a Concellaría de Medio Ambiente sinalan que "os pronósticos que manexamos para esa noite non son bos e entón decidiamos adiantar esta actividade para a xornada de mañá, venres".


Haberá, tal e como estaba previsto inicialmente, unha charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España. Desde Medio Ambiente engaden que "se alguén mais se quere anotar aínda está tempo porque hai algún oco libre". Deben facelo na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo no teléfono 982 120 701).


Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.

Coronavirus en Vilalba, xoves 20210819: baixa



   37 afectados (14 días), e 263 de incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, xoves 20210819:segue a baixada lenta



   41 afectados, 410 de incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes.

   Anteriores da serie.

20210818

Actas dos plenos 6, 7 e 8 de 2021 (31/5, 17/6 e 28/7)

   As últimas actas de plenos do concello de Ribadeo colgadas nas web asociadas ó concello son:

ACTA DO PLENO 2021-0008 [ACTA PLENO ORDINARIO.28.07.2021. POR VIDEOCONFERENCIA]

ACTA DO PLENO 2021-0007 [ACTA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE 17 XUÑO 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0006 [ACTA SESION ORDINARIA 31 MAIO 2021]

--

Anteriores:

2 o 13 de maio: https://www.ribadeando.com/2021/05/actas-dos-plenos-do-conello-de-13-de.html

Primeiro trimestre de 2021: https://www.ribadeando.com/2021/05/acto-do-pleno-do-concello-de-29-de.html

Outras actas; Actas dos plenos

Máis en plenos.

En consideración do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

   Fágome eco dun correo electrónico dos Amigos do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía que coido merece difusión.


O Organismo Autónomo Local "Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba" (MUPAV) nos seus trinta anos de existencia converteuse nun referente para a museoloxía e para a investigación arqueolóxica na Península Ibérica. A pesar dos precarios medios que sufriu dende a súa fundación, ven desenvolvendo unha importante tarefa de custodia, investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico.

Nos últimos anos a súa situación económica empeorou, xa que o orzamento aprobado pola institución da que depende (Concello de Vilalba, Lugo) non é suficiente para sufragar os gastos correntes, asumindo a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba os gastos relativos ás actividades de extensión cultural.

O incumprimento por parte do Concello de Vilalba das súas obrigas de conservar e manter os locais públicos ocupados polo MUPAV, agravado por unha serie de desgrazas (incendio, inundación e goteiras), está comezando a provocar efectos prexudiciais sobre o patrimonio histórico e bibliográfico custodiado polo MUPAV. Efectos que a Inspección de Traballo requiriu a súa corrección para que o persoal poida desempeñar as súas funcións de acordo coa lexislación laboral vixente.

Por todo isto, a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba solicita o apoio a este movemento cívico, así como a adhesión ao presente manifesto e a súa difusión, agradecendo de antemán a axuda e colaboración prestada.

 

 

MANIFESTO.

1.- A firme e ineludible necesidade de expor publicamente esta situación no maior número de lugares, ocasións e formas posibles.

2.-A convicción de que o MUPAV ofrece un servizo público irrenunciable para unha sociedade culturalmente desenvolvida e constitúe un elemento clave para o desenvolvemento social, cultural e turístico do seu entorno xeográfico.

3.- A necesidade de dotar ao MUPAV de recursos suficientes para que poida continuar coa súa misión, reforzando a entidade na fórmula administrativa que mellor se adapte ao pleno desenvolvemento dos seus obxectivos.

4.- A intención de trasladar, ás distintas administracións, organizacións e instancias europeas segundo corresponda, o risco que supón para a conservación do patrimonio histórico a falta de mantemento do edificio MUPAV.

5.- Avaliar os recursos legais pertinentes, sempre que non se produza a reversión da situación e non se establezan as medidas necesarias para a conservación do patrimonio histórico.

 


 

Para adherirse ao presente manifesto pode encher e enviar este formulario por correo electrónico a amigos@museovilalba.org, tamén pode envialo por correo (AMUPAV, Dr. Domingo Goas, 2, 27800 Vilalba, Lugo) ou entregalo no Museo sede.

 

Os datos recollidos gardaranse nun ficheiro de tratamento mixto pertencente á Asociación de Amigos do Museo de Vilalba. Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, eliminación e portabilidade dos datos e oposición e limitación ao seu tratamento ante a entidade responsable (amigos@museovilalba.org).

--

Nota: A pesar do que di , non traía ningún formulario, polo que quen queira debe poñerse en contacto directo mediante o correo.

Nota2: xa está dispoñible o formulario. Déixoo a continuación para quen queira imprimilo ou sinxelamente copiar os datos que piden e envialo:



Coronavirus en Vilalba, mércores 20210818. Pero vai baixar?


   42 casos, só un menos que hai tres días... A incidencia, de 298 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días, segue alta, claro.

Coronavirus en Ribadeo, mércores 20210818. Baixa 5


   43 casos, incidencia de 430 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Unha baixa de cinco que esperemos que, esta vez si,sexa o comezo dunha baixada importante.

   Anteriores da serie.