20210731

Nova marca do blog

Toma de pantalla de hoxe a mediodía. Os datos do mes acumúlanse coa etiqueta do primeiro día do mesmo.

   Aínda non rematou o mes de xullo, pero o número de visitas ó blog volve a estar nun máximo mensual: máis de 54 000 visualizacións no que levamos de xullo. Se contamos 31 días, aínda non transcorridos, dan a case 1750 diarias, un tráfico considerable de ben máis dunha cada minuto.

   Ben mirado, non tanto para máis de 6500 entradas realizadas dende o 11 de agosto de 2005. (antes tiña outro blog, que durou algo máis dun ano plenamente activo e xa non está consultable)

   Claro que eso non se logra nin sen traballo nin sen xente que o lea, que compartides o logro comigo. Por iso non espero a ter unha marca ó fin do día, senón que queda como un paso máis deste blog que xa vai tendo unha idade pero que polo momento seguirá adiante.

Coronavirus en Vilalba, sábado 20210731


    Por fin unha baixada. 61 casos, cunha incidencia de 433 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, sábado 20210731: sen cambio

   Hoxe o SERGAS non informa de cambio en relación a onte. As mesmas cifras. Ao menos, non sube...

Anteriores.

20210730

Coronavirus en Vilalba, venres 20210730

 

   O aumento aínda non se detén. 66 casos, cunah incidencia a 14 días de 469 por 100 000 habitantes.

Coronavirus en Ribadeo, venres 20210730



   84 casos, unha rebaixa importante en relación a onte. 840 de incidencia a 14 días por 100 000 habitantes.

Anteriores.

20210729

20210728

Defendéndonos

   Estamos á defensiva. Iso, por se non te decataras. Sexan as pensións ou as condicións de emprego, a educación ou a sanidade, dereitos e servizos viven unha mingua da que nós, como suxeitos que os usamos, somos sufridores e tamén responsables. Sufridores porque sufrimos unha peor educación sanidade, condicións de emprego ou de xubilación... E tamén responsables porque nós somos a sociedade que está a manter a quenes teñen o poder, sexa político, social ou financieiro. Si, tamén financieiro, porque é cos nosos cartos cos que se está a enriquecer e manter o seu poder eses poderosos que provocan os recortes dicindo que é demasiado gasto... demasiada cara.

   E chega un novo episodio. O Sábado (7 agosto), concentración polas pensións. Pero mañá, xoves, en Ribadeo, isto:


    Algún día, se seguimos empregando términos bélicos como do de defensa, pasaremos á ofensiva.

La Madre que nos parió. Fotos. Exposición de Nacho Samper y Nacho Carballo


Comunicado de Prensa

La exposición “LA MADRE QUE NOS PARIÓ” es una iniciativa de la ONG SER MADRE SER MUJER que recoge el trabajo de sus fundadoras, Nerea Roldán, Ana Ramos y Raquel Pérez, que desde hace más de seis años, junto al equipo de la ONG, consiguen que mujeres y niñas de Senegal reduzcan riesgos obstétricos y ginecológicos, haciendo frente así a la precariedad sanitaria del país africano.

La exposición, a través de las fotografías de Nacho Samper y Nacho Carballo, testimonia no solo la situación de las mujeres en Senegal sino también la labor cotidiana de la ONG en su lucha para reducir la mortalidad materna y neonatal frecuente en el país.

La ONG SER MADRE SER MUJER dedica su labor a aumentar la calidad de vida de las mujeres y niñas con un enfoque prioritario en la prevención y en la formación universitaria de personal sanitario local a través de técnicas innovadoras. Tiene por objetivo, además, la educación sexual y reproductiva de las niñas y mujeres, como parte integrante de sus derechos, en escuelas, maternidades y hospitales.

Más de 15 maternidades han introducido ya los métodos de trabajo de la ONG, unas 2000 mujeres han sido atendidas con sus programas de salud en la región de Thiès y Casamance y más de 100 de matronas serán formadas en el próximo año universitario 2021-2022.

SER MADRE SER MUJER es la única ONG en el mundo que realiza un tratamiento integral de todas las disfunciones pélvico-genitales sean provocadas por mutilación genital, complicaciones en el parto, violación, abuso sexual, cirugía, o cualquier otra causa y realiza tanto tratamientos de reeducación uro-ginecológica como cirugía reparadora.

La rehabilitación y acondicionamiento de instalaciones para el parto y el reforzamiento de los sistemas de urgencia en Senegal es, asimismo, parte esencial del trabajo de la ONG. Gracias a este trabajo y con fondos de la ONG se ha rehabilitado la maternidad de Keur Moussa para atender 50 partos al mes de mujeres de la región. Un logro sin igual en una región tan difícil. La ONG, que continuará su trabajo en Senegal, ha iniciado ya su extensión a otros países como Togo y Gambia con la contribución de la Fundación Jesús Serra (Grupo Catalana Occidente), y muy pronto se lanzará al mismo cometido en Cabo Verde. En todos estos países las necesidades sanitarias y de formación son ingentes.

La exposición , que ha podido verse en Madrid, Málaga y Estepona quedó suspendida en Valladolid y Zaragoza a causa de la pandemia pero tiene prevista su itinerancia hacia otras localidades no solo españolas. Está dirigida al público en general y quiere mostrar desde una perspectiva de género e infantil la situación de la mujer en Senegal, las secuelas ginecológicas que conlleva la precariedad sanitaria, y las secuelas psíquicas y físicas que acarrean prácticas tan aberrantes como la mutilación genital femenina.

Con la colaboración del Concello de Ribadeo podrán verse en la exposición más de 60 fotografías que quieren despertar conciencias y devolver un soplo de esperanza a quienes confían en un mundo más justo y solidario.

La exposición podrá visitarse en el FORTE DE SAN DAMIAN, RIBADEO, desde el día 4 al 29 de agosto en horario de 12 a 14h y de 17 a 21 horas.

www.sermadresermujer.org

Coronavirus en Vilalba, mércores 20210828



 

   A progresión segue sendo case linear, con atenuación do aumento que esperemos que siga. 63 casos, incidencia de 447 por cada 100 000 habitatantes ós 14 días.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, mércores 20210728



 

    Segue o avance: 95 casos hoxe. Incidencia a 14 días, 959 por cada 100 000 habitantes. Sen comentarios.

   Anteriores da serie.

20210727

28 de xullo de 2021? Pleno

   Hai uns poucos días, xurdeu a nova: convocárase un pleno para retirarlle a Franco o título que ostenta sobre Ribadeo: alcalde honorífico. Agora traio o documento de proposta da alcaldía para a retirada. Non podo traer a convocatoria do pleno, que non foi colgada nin na páxina do concello nin na sede electrónica, tendo que deixar a nota de prensa máis abaixo para ter unha idea dos temas a tratar nese pleno, que inclúe máis que a retirada da alcaldía honoraria.

   O que si, un comentario: a cousa estaba prevista, como foi dito na presentación de 'Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo', de Xosé Isido Fernández, polo alcalde ó comentar á súa vez o caso indicado da concesión retirada ata o momento. que indica o libro citado. Agora quedaría a retirada do concello da Ofrenda aos Remedios...



DARÁ COMEZO ÁS OITO DA TARDE


Pleno ordinario o 28

23/07/2021

O Concello de Ribadeo aprobará, no pleno ordinario do vindeiro 28 de xullo, os festivos locais para 2022, que serán o 16 de agosto e o 8 de setembro. Ademais nesta sesión preséntase a aprobación un suplemento de crédito para adquirir un novo vehículo para a Policía Local e para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario con Acisa. O equipo de goberno tamén leva a este pleno a proposta de retirarlle a Francisco Franco o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo, dado pola Corporación no ano 1939.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que "neste pleno ordinario de xullo, que imos celebrar a semana que ven, contemplamos varios asuntos. O primeiro deles é a declaración dos festivos locais para o ano 2022 que, como sempre, se establecen para o día de San Roque, o 16 de agosto, e para o día 8 de setembro, que é o día da patroa. Ademais, outro punto que imos levar, é un suplemento de crédito para habilitar fondos para un novo vehículo para a Policía Local, pois o todoterreo do que dispoñían non deu máis de si e xa tivo que ser enviado ao desgüace. Este suplemento de crédito queremos utilizalo tamén para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario coa asociación de comerciantes de Ribadeo para a promoción de accións relativas a potenciar á imaxe de Ribadeo como un lugar de encontro e de compras, como un lugar atractivo para vivir, para estar, etc…".

O rexedor sinalou que "hai tamén unha proposta para a modificación do plan estratéxico de subvencións, concretamente no aspecto deportivo, pois houbo uns excedentes que non foron entregados a varias asociacións deportivas ben porque non xustificaron a subvención concedida nun caso totalmente e noutros parcialmente, polo que ese diñeiro sobrante queremos complementárllelo a aquelas outras que neste ano si fixeron máis actividades das que inicialmente tiñan comprometidas".

Suárez Barcia engadiu que "tamén queremos levar a pleno unha proposta de retirarlle ao ditador Francisco Franco Bahamonde o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo dado pola corporación no ano 1939. Logo da recente publicación dun libro, nestas últimas semanas, de sucesos en varios concellos da Mariña, desde o punto de vista histórico, tivemos coñecemento a través desta publicación de que as actas do Concello recollían este acordo e efectivamente así o comprobamos. De aí que, en aplicación da vixente lei 52/2007 de memoria histórica, que di que as administracións públicas tomarán as medidas oportunas para a retirada, entre outras cousas, de mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar, da guerra civil e da represión da ditadura. Evidentemente, o nomeamento de alcalde honorífico é unha exaltación á figura do ditador que compre ser retirada".

O pleno ordinario dará comezo ás 20:00 horas do vindeiro mércores, 28 de xullo.

Os santuarios marianos da Nª Sª das Virtudes e de Vilaselán


   Remato de atoparme cun libriño (21 páxinas) de José Manuel Blanco Prado que dá conta de dous santuarios marianos en Ribadeo, o das Virtudes, na Ponte de Arante, e o de Vilaselán. Un pdf descargable e de lectura doada.

   Por certo, aparece citado na bibliografía 'As Festas Populares no Entorno Ribadense', que no seu día promovín. Non aparecen polo contrario (e coido que é unha mágoa), nin o material da Galipedia nin os traballos de Emilio Piñeiroa.

   Os santuarios marianos da Nª Sª das Virtudes e de Vilaselán

Coronavirus en Vilalba, martes 20210727



 

    Polo momento non se nota que suba máis lento: 62 casos. 440 cada 100 000 habitantes. Grazas ás vacinas, que se non...


Anteriores desta serie.

Coronavirus en Ribadeo, martes 20210727


   Por fin parece que a curva está a deixar de subir. despois das pcr. 90 casos, só 1 máis ca onte, incidencia a 14 días de 900 por cada 100 000 habitantes.

20210726

¿EN DÓNDE ESTÁ EL CASTRO DE AS GROBAS? José Mª Rodríguez Díaz, 2006

   Seguindo coa publicación dos artigos do extinto blog de José Mª, hoxe vai esta entrada, publicada por primeira vez no seu blog O Cargadoiro o 20 de novembro de 2006.  

Lunes, 20 de noviembre de 2006

¿EN DÓNDE ESTÁ EL CASTRO DE AS GROBAS?

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 9:59

Mucha gente me para estos días en la calle para preguntarme en dónde está el castro de As Grobas. Me sorprende que, aún hoy, mucha gente que vive en Ribadeo lo ignore, a pesar de estar tan cerca de nuestra villa. Pero me demuestra, al mismo tiempo, la inquietud que se ha despertado en la gente por conocer esa joya de la cultura castreña. Un interés que despertó, incluso, en algún centro educativo la decisión de visitarlo con los alumnos, para lo cual me requirieron para que les sirviera de guía en la excursión cultural.

Una breve descripción del camino a seguir desde la villa bastará para que los que ignoran su ubicación puedan acercarse hasta el castro. Se toma la carretera que por Vilaselán conduce hacia el faro. Antes de llegar a la antigua Renosa, hoy Aeromar, se toma, girando hacia la izquierda, la carretera asfaltada que, bordeando la costa, va hacia Piñeira. Después de, aproximadamente, un kilómetro, y a la derecha, en dirección a la mar, hay un pequeño sendero que conduce hasta el castro. Ya en el castro, algunos senderos, hechos por los pescadores, permiten recorrer algunos espacios y ver sus fosos y muros. Naturalmente, el castro yace enterrado, esperando tiempos mejores.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Unha viaxe (fotográfica) no tempo (de Ribadeo)

   Un motivo máis para pasar pola biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo, a exposición fotográfica 'Viaxe no tempo' (abaixo, fotos ampliables), realizado polas beneficiarias do programa para as persoas mozas 'Vencellos da Memoria'. A máis das fotos da exposición, máis abaixo deixo escaneadas as postais que fixeron para coller na mesma exposición.























 

 

Coronavirus en Vilalba, luns 20210726



    Segue a subir. Onte, 53, e hoxe, 58, con incidencia de hoxe de 412 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Non é unha suba tan pronunciada como en febreiro, pero manténse xa unha decea de días...

   Anteriores desta serie.

 

Progresión do coronavirus en Ribadeo, luns 20210726



 

   Estamos en tres veces máis casos que en febreiro e seguimos subindo! 89 casos, 890 por cada 100 000 habitantes. Ata onde estamos dispostos a chegar?

   Anteriores.