20111130

Un documento para lembrar (se queres), para unirte (se queres), para pensar (se te decides), para ...

A acta da última asamblea indignada, en Ribadeo, aquí.

Desta vai?

Hai xa tempo que o alcalde ven espallando a súa idea de que Ribadeo sexa unha pequena vila. A conta diso, non é a primeira volta que sae no blog, nin tampouco a primeira que reflexo a miña idea de que a cantidade de veciños non é tan importante como a calidade de vida.
O caso é que despois de catro anos de dicir que Ribadeo pasaba de 10 000 habitantes e non verse refrendada tal afirmación polas estatísticas oficiais, parece que desta poidera ir, despois de que o INE certifique que o concello pasa lixeiramente desa cifra (1023 habitantes) cando o padrón xa a ten superada hai algún tempo (10 266).
Chama a atención a discrepancia de cifras oficiais en perto de 250 persoas, cantidade avultada que representa un 2,5% sobre o total, e que parece un pouco difícil de explicar, pero o caso é que agora xa ambas cantidades superan o límite, co que é previsible que o concello poda optar a un nivel de percepción de cartos lixeiramente maior, a parte de aumentar en catro o número de concelleiros.
Respecto a isto último, con 17 concelleiros,as últimas municipais quedarían como expresa a seguinte táboa:
É dicir, cada grupo tería un concelleiro máis, co que o BNG perdería a maioría absoluta. Algo que sempre debera terse en conta polos políticos, non como prevención para interferir, senón nos seus propios cálculos.
O alcalde fala de crecemento sistemático, e si parece que a xente que ven inmigrada a Ribadeo non se marcha en cantidades importantes coa crise económica, á que se xunta unha crise de natalidade da xente afincada hai tempo e que daría por terra cos incrementos de poboación.
6 286 dos empadroados viven na vila, o que supón o 66,7%, isto é máis de 2/3 da poboación, marcando un deterioro poboacional das parroquias, que se despoboan nunha sangría cara a vila e a falta dun reposto xeracional ou inmigración, ámbalas dúas cousas das que se beneficia en maior medida a vila.
De calquera xeito, exercicios numéricos a parte, os problemas que sofre Ribadeo (ou as solucións das que pode desfrutar) seguen sendo máis ou menos os mesmos, pois, por exemplo, non significa un maior número de xente máis cantidade de xente maior nun futuro? e non significa iso que a medra a necesidade dunha residencia de anciáns?

20111129

A crise perfecta

Que mellor crise que a que se prepara para que se autoalimente?
Onte saía na prensa que se está comezando a aplicar nas causas recentes o fin lexislado da xustiza universal. Os preciosos cartos dos españoles xa non poderán servir para investigar crimes que non incumban direitamente a españois. Ó resto, que o zurzan (xa nos zurcirán despois a nós).
É sinxelamente un episodio máis, polo momento o último, da descomposición que estamos a sofrer nesta crise perfecta, onde se vai lexislando e actuando para que cada vez a crise adquira unha maior entidade. O penúltimo, o aplicar o indulto a un financieiro tramposo, só fixo manifestar políticamente as querencias dun goberno en retirada que xa non teme ás urnas.
Ámbolosdous son feitos non económicos de primeiras, pero encaixan na mesma crise xeralizada na que a autoalimentación ven de que unha parte da sociedade con mando, se come de xeito apresurado ás outras, impedindo así calquera recuperación do corpo enteiro.

20111128

Unha semana e un día

Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras centrais cáenselle a cachos. é que esta semana a bolsa pegou un baixon e a prima de risco tampouco secomportou correspondendo a uns mercados calmados. É certo que mesmo Alemania tivo un pequeno traspé coa débeda, pero cousas semellantes a nivel internacional veñen pasando dende hai tempo, e as consecuencias vanse acumulando. Pero que xusto despois dun cambio nas urnas caia a bolsa como no caso español da semana pasada, non ten comparación na zona euro nestas circunstancias. Preguntábase onte Ignacio Ramonet que pasaría cando os axustes de cavalo non rematen coa crise. E mentras, ese 'que pasará' colleranos máis pobres e indefensos, con máis desigualdade.
Cadeiras vacías en Lugo, días atrás (foto de G.Gómez). Para reflexionar sobre a crise.

20111126

Xa hai columnas novas no cantón

A foto corresponde a varios días atrás, á substitución das columnas do edificio dos Moreno. Un paso máis cara á súa conservación, importante, pero non definitivo, pois o interior segue a deteriorarse, a parte do que se pode observar nas fachadas.
Poden observarse as novas columnas entre os apoios mantidos para a súa substitución.

20111125

Ribadeo, fóra

Esta semana un grupo de alumnos do IES Porta da Agua estará expoñendo traballos realizados por eles na edición 2011 da Galiciencia, en Ourense.
Os alumnos son Andrez Vilar, María Pernas, Alexandra Martínez, Pablo Ramos e David Portillo, acompañados polo profesor Antonio Gregorio. O IES ten participado nas catro edicións anteriores de esta feira exposición científica con diversos grupos de alumnos e traballos que antes ou despois foron asemade expostos noutros lugares, comezando pola feira de ciencia do centro.
Na imaxe, un momento da explicación dun dos proxectos a un visitante.
Noutros medios: Voz de Galicia

20111123

?

   Non comprendo moi ben. Unha agresión, conmoción en Ribadeo e novas de prensa acaparando titulares e... o primeiro que aparecen, a pesares das marcas da agredida, e o cuestionarse de se a versión dada é real ou está mentindo, antes de comezar a investigación. Coido que se hai razóns para dudar, deberan expoñerse, e se non, ter unha única hipótese de traballo a demostrar, dando por válida a única versión ata que se aclaren os feitos e se demostre. Hai algo máis?

20111122

SPQR

Senatus populusque romanus, o Senado e o pobo de Roma. Se non lembro mal, era isa a lenda que levaban os estandartes das lexións romanas, en representación dunha comunión entre pobo e representantes na loita contra o exterior.
No caso español, o Senado é, cando menos, algo diferente. E non porque nas últimas eleccións sexa os senadores do PP os que conseguiran os 2/3 dos nomeamentos, facilitados polo agrupamento de candidatos por partido e nomeamentos nominales, senón polas funcións e os nomeamentos a dedo. 51 senadores son postos a dedo polas autonomías, o que fai 1/5 da cámara e inclina o poder do pobo cara onde marcan os extrapopulares, representantes elixidos por representantes, destilando en teoría maioría de maioría. E o Senado fai de 'cámara alta', pretendendo ser unha 'cámara das rexións' e non chegando a ningunha das dúas, polo que se pide hai tempo a súa eliminación. Non lembro ben agora como localizar un vídeo que vin hai pouco no que un senador (do BNG, por certo) pedía a disolución do senado por inoperante.
Despois diso, que importan neste caso os números? ... pois mentras que esteña funcionando aínda que sexa a baixo ritmo, importan porque toma decisións que nos afectan a todos, por moito qu enon sexa representativo ou que sinxelamente, 'non sirva'.

20111121

Datos de Ribadeo, Lugo, Galicia, España, algunha pregunta e algunha cousa máis.

Estamos no día despois. Abaixo deixo os resultados electorias de Ribadeo, Lugo, Galicia e España, tomados da páxina oficial. Para os datos comarcais, aquí.
Coido que é para pensar a comparación dos resultados en escanos cos ofrecidos aquí, que resultarían dunha proporcionalidade non guiada polo método d'Hondt. Algo que debería terse presente á hora tanto de valorar as eleccións como de procurar un cambio na normativa legal sobre elas.
Sobre o Senado non poño nada agora. Moito se leva falado da súa importancia ou falta dela e da conveniencia da súa eliminación. E as cifras, 136-48-outros, falan abondo. Queda para outra entrada.
Collendo a primeira táboa, de Ribadeo, atopamos que o PSOE do descalabro a nivel estatal (en Ribadeo perde 2/5 respecto ás anteriores xerais), o que se ten pedido refundar dende xa antes das eleccións, resulta que acada perto de dobre número de votos que nas eleccións locais. E en Ribadeo non se refundou...
Tamén observamos que o BNG perde case 2/3 dos votos en relación ás municipais debido ó efecto estatal, pero mellora resultados e é un dos lugares de Galicia no que ten mellores cifras, conforme coas municipais. Aínda así, non aproveita a caída de votos do PSOE.
A nivel provincial, o PSOE perde moito, pero aínda así, non tanto relativamente como a nivel estatal. É dicir, poderíase dicir que Blanco segue tendo uso do efecto cacique, pois como teño dito é iso o que potenciaba o seu lema aquí, máis, a nivel Galicia, a perda de porcentaxe de votos é semellante... Abrangue o efecto a toda Galicia ou non existe tal e hai que procurar o resultado noutro lugar?
Do arrase do PP, xa esperado, pouco que dicir. En canto ó BNG, sabíase da extrema dificultade de sacar un deputado e iso inflúe en que a porcentaxe sexa menor que a nivel Galicia. O 'voto útil' propiciado por d'Hondt.
A nivel Galicia, despois dos 2/3 de nomeamentos a mans do PP, a nova é que o BNG mantén os dous deputados, pero sofre asemade unha pequena baixa no número de votos, non recollendo nada do descalabro do PSOE.
A nivel estatal, o PP ten un colchón de 20 deputados  mentres que non chega ó 45% dos votos emitidos. Aumenta a abstención, pero sobre todo (aínda que represente menos en número), aumentan os votos nulos e os votos en branco, conforme o desencanto da xente e a petición de diversas plataforma arredor do 15M.
Aumenta IU, pero non o que perdeu PSOE, que se dispersa e vai tamén a parar de xeito preferente a UPyD, que a unha certa distancia da porcentaxe de votos de IU, pero sobre todo, de actas de deputado, convírtese na cuarta forza máis votada.
Do resto, a comparación debe facerse coa proporcionalidade para observar un camiño.
Sobre o futuro? Rajoy aínda non fixo declaración máis de que non prometera nada ... a nós. Nos papeis están as promesas variadas en función do tempo, e todos temos algunha idea de por onde veñen os tiros.
[Por certo, algo a lembrar: para ver ampliada a táboa de abaixo, premer co botón dereito para abrilo só, e logo ampliar tamén co rato]

20111120

Primeiros datos electorais: o PP a 1 da maioría absoluta

http://www.generales2011.mir.es/99CG/DCG99999TO_L1.htm
En Ribadeo, polo momento:
PP 288 52,74%
PSdeG-PSOE 151 27,65%
BNG 52 9,52%
EU-V 30 5,49%
UPyD 15 2,74%
PACMA 2 0,36%
UCE 1 0,18%
C.XXI 0 0,00%
Máis? Un forte aumento da abstención, duplicación de porcentaxe de votos nulos e aumento forte de votos en branco.

... e pleno ordinario anunciado en Ribadeo

Contra o que sucede moitas veces, hoxe, día de eleccións, pódese ver na web do concello a convocatoria do pleno ordinario para mañá ás oito da tarde:
"O luns, 21 de novembro, ás 20 horas haberá pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Na orde do día figuran os seguintes puntos: proposta de modificación do réxime de sesións do Pleno; petición de reversión de finca O Semilleiro á Comunidade de Montes de Ove, e adopción de acordos procedentes; convenio de colaboración co Rexistro da Propiedade de Ribadeo para a xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana; designación de representante municipal na Escola Oficial de Idiomas; modificación de estatutos da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense; proposta para dotación de servizos de saneamento en Dompiñor-Piñeira; proposta de denominación de rúas no polígono industrial de Ribadeo; expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos número 2011/02; modificación vocais na Mesa do Comercio Local; recurso contencioso administrativo contra a resolución da Consellería de Traballo e Benestar de 18 de outubro de 2011 sobre cofinanciamento da prestación de servizos sociais (prestación básica servizo de axuda no fogar); control de órganos da Corporación; dación de conta de decretos da Alcaldía; rogos e preguntas; e mocións do BNG sobre plan concertado de servizos sociais e do BNG sobre violencia de xénero"

20111119

Tarde

Publico tarde, despois de perderme a xuntanza do 15M hoxe en Ribadeo e ver de pasada que os xornais recollen hoxe de xeito maioritario que o bondadoso BCE nos librou unha vez máis do precipicio económico. Só deixo un motivo máis de 'reflexión' nun día como hoxe: Como ganar medio millón de votos dun plumazo.

20111118

Pedindo o voto: último día

É curioso. As manobras electorais están desenvolvendo novos xeitos continuamente. E as meteduras de pata, en consecuencia, tamén se fan máis frecuentes: Ten sentido que a Xunta, despois de anos de protestas, pregunte a Burela se dispón de terreos para a ampliación do hospital da costa precisamente esta semana? Por outra parte, traduzo ó meu xeito o resume dunha nova no Times ("Markets fail to see funny side as fear of bailout stalks embattled nation"): "Os mercados non poden ver o lado divertido e o medo ó rescate golpea á nación.
Os mercados financeiros volveron as súas armas sobre a España onte, tras o home que se espera para ser o seu próximo primeiro ministro non precisar como planea curar a súa economía doente. Mariano Rajoy, líder do Partido Popular de centro-dereita, asustou os mercados, cando declarou en ton de broma ..."
Segundo parece, as bromas xa non serven máis que para que se rían os máis próximos no mítin, pero poden ser perxudiciais de aí en diante.
En Ribadeo? O mítin do PSOE, no mesmo lugar que o PP e o BNG, levou un número de xente semellante, quizáis algo inferior, ó dos outros 'grandes', como se pode ver na foto en papel na nova, e a pesares do título que asigna a Blanco máis de 200 persoas no seu mítin (non do PSOE, seu).
E nas redes sociais? Pois nelas por exemplo pode chegarse ó 'corruptódromo', ou ao 'índice nolesvotes', que tende ó BNG e a IU, como pode verse na seguinte imaxe tomada a modo de resume do 'índice':
Partidos que como é lóxico nestas datas, loitan entre eles polos votos, lembrando esta mesma semana na prensa os de IU ó BNG que se pode defender a Galicia sen ser nacionalista.
Ocórreseme pedir o non voto, aínda que non teña claro que tipo de non voto é o máis convinte, dende o non depositar o voto ata o facer voto nulo (como a proposta 'rompetuvoto' -aquí, en twitter-, que propón coller media papeleta do PP e outra media do PSOE e metelas nun sobre), pasando polo voto en branco...
Por certo, mañá ás 5 da tarde, no parque de Ribadeo terá lugar unha xuntanza de indignados. Alí ó mellor se pode sacar algunha idea sobre o voto de pasado mañá ou o non voto ...

20111117

A sociedade do coñecemento: sobre o coñecer para poder opinar e dicidir

Onte, X. Álvarez Corbacho ofrecía no xornal un artigo no que expoñía un feito que se ven producindo longo tempo: a transferencia de cartos entre empresas e administración é favorable ás empresas. É un pouco farragoso non a base de números, que non ten, senón a base de enumeracións administrativas e legais, pero o resultado si o deixa claro.
En Ribadeo o pasado pleno introdúxose a aprobación primeira da normativa que inclúe a ocupación de espazos públicos. Dita normativa inclúe diferentes cousas, dende limitacións no uso de espazos ata prezos. E foi neste último apartado, non nos anteriores, onde xurdiu a polémica, protestando pola suba fundamental da ocupación do espazo público. A conta diso, ocorréuseme botar algunha conta. Collamos unha mesa, cunha ocupación de 4 m², o que representa 2 x 2, unha amplitude considerable, superior á media que se pode observar noutros lugares. De estar todo o ano en terraza, podemos supoñer que entre finais de maio e as festas, 100 días, polo baixo, ten unha rotación diaria media de máis de catro pases, cunha ocupación media de 2,5 persoas (xusto a media entre 1 e 4). Isto fai mil consumicións só nesa época. Cunha sobrecarga de 0,3 € por consumición por estar en terraza, fai unha caixa extra por ese motivo ó longo do período indicado de 300 €. Compárese esa cantiade, botada polo baixo (outra cousa é a xestión de cada local e o aproveitamento que faga do espazo) coa taxa municipal, unha orde de magnitude inferior, e verase que o concello está facendo posible unha ganancia para o local abondo superior ó que ten que pagar de taxas.

20111116

Xestionar a merma

Comida para musulmáns.
Foto tomada en Ribadeo.
O despoboamento da Mariña, e en xeral de toda Galicia, é un feito. Algo que se ve ó tempo mitigado e pronunciado por dous factores. O primeiro, o cambio de peso relativo do rural fronte ó urbano, que acrecenta os problemas nunhas zonas mentras os mitiga noutras, e o segundo, un aporte inmigratorio destes anos pasados que está demostrado ser de fluxo e refluxo ó tempo que enfronta á sociedade a outro tipo de problemas.
Estatística tras estatística, vése corroborada a tendencia. Hoxe a Voz de Galicia faise eco dela dando os números de votantes mariñáns: 62.244 maiores de 18 anos, un 2,47% menos que en 2004. No extranxeiro viven outros 7.966, é dicir, 70.210 entrambos, un 1,02% menos que nas anteriores, aumentando a un 11,34% os que viven fóra, dende o 9,18% de 2008 e o 8,59% do 2004.
a nivel mundial, fálase da necesidade do decrecemento para poder soportasr a presión humana sobre o medio ambiente. Aquí debéramos estar preparados para poder dar leccións sobre o tema. A experiencia na xestión do decrecemento ímola ter queiramos ou non, sexa sustentable ou non. Que sexa boa ou mala, iso xa é outro cantar.

Despoboamento? Non, coidado da carteira dos cidadáns coa entrada en vigor da ORA.

20111115

Comparando

En Ribadeo levamos xa mítins de dous dos tres 'grandes partidos' a nivel local. A finais da semana pasada foi o BNG, e onte, o PP. Ambos no cine teatro. Pregúntome se por ser máis central que o auditorio (ó que algunha xente maior di que lle custa baixar) ou por ser máis pequeno e recollido. Quédome con esto último: en ámbolosdous casos, unhas 170 persoas (algunha, repe) non daban enchido totalmente o local. Supoñendo que o PSOE teña tamén o seu acto, e cunha representación semellante (o que non é seguro nestes tempos), chegaría o total de xente que asistiu ós mítins esta volta en Ribadeo a unhas 500 persoas, menos do 10% do electorado. Despois de que a confrontación televisiva dos dous líderes maioritarios fora a menos seguida en moito tempo, facendo gala a xente de non tela visto, e que o enfrontamento tamén televisivo a cinco (con dous secundarios para os grandes e máis ou menos primarios para IU, CiU e PNV) fora aínda abondo menos contemplado, é previsible que estas eleccións sexan as menos concorridas porcentualmente de toda a democracia española. Algo que ó tempo, favorece ó PP (unha volta ganada a pulso polo PSOE a inhibición do seu electorado) e incrementa a cantidade de xente que non cree no sistema e pide unha renovación sistémica, non só da cabeza visible. Parecerálle raro a alguén, despois de ver como os intereses económicos cambian cúpulas de goberno sen mediar eleccións? (algo que parece unha moda dos tempos)
A primeira nave construída no polígono de Ribadeo

Dúas naves en construcción no polígono, esta semana.

Posta de Sol por tras do chao do Comado (vista dende Piñeira)

20111114

Lendo as noticias

Lendo os xornais lembro que onte tíñame posto unha cita á que non puiden acudir: a actividade que o Grupo de Acción Costeira A Mariña Ortegal impulsou, unha xornada de turismo mariñeiro de man de Celia Pacio, patroa maior, que a bó seguro estivo moi ben. Mágoa.
Á súa beira, atópome un anuncio electoral que non é a primeira vez que aparece querendo chamar a atención: un persoeiro da política nacional que se presenta por Lugo dicindo que o seu compromiso é Lugo. E quédome pensando se a proposta, en troques de provocar o clientelismo como único enganche, non debera ser impulsar o futuro con ilusión (non de ilusos, senón de potenciación do que cada un pode dar de si). Será que eu teño as ideas trasnoitadas ...

20111113

Unha pequena crónica sobre a presentación do libro 'Vou canso de todo menos da música', de Hernán Naval

Público antes de comezar
Os tres intervintes na presentación: M. Luz Álvarez, Suso López e Antonio Veiga
Onte sábado tivo lugar a presentación do libro que recolle unha escolma de artigos de Hernán Naval. O propio libro estrá máis pronto que tarde en internet, pero mentras, queda abaixo a voz e unha ligazón externa aos mp3 das charlas da presentación, á que acodiron á Casa do Mar (sé da banda de música de Ribadeo e asemade da escola de música, ambas dirixidas primeiramente por Hernán). Á presentación acudiron unhas oitenta persoas. A presentación foi comezada polas verbas de M. Luz Álvarez Lastra, seguidas da letura dunha mensaxe de Antonio Díaz para a ocasión por Suso López, que logo continuou coas súas propias palabras. Rematou Antonio Veiga. Ligazón externa: http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Sobre+Hern%C3%A1n+Naval

20111112

En torno a Hernán

Hai xa uns días deixei a invitación para a presentación do libro de Hernán.Hoxe, día da presentación, só algunha ligazón con ese motivo:
Lembranza na Voz de hoxe.
Verbas de Miguel Sande, na Voz de hoxe.
Entrevista a Suso López, principal armadanzas da idea. (inclúe con defecto de edición un pequeno artigo de Antonio Veiga)
A nova, no El Progreso.

20111111

Foise

   Cando algún antepasado vivo morre, un vaise achegando á liña de fin...

   As esquelas son xa vellas, a lembranza, non.

   Antonio Montes Vázquez, Q.E.P.D.


Propaganda electoral

Remato de recibir onte a primeira remesa de propaganda electoral: sobre de PP e BNG para toda a familia. Máis invitación ao mítin do BNG que terá lugar hoxe, con carteliño e foto do grupo municipal incluída. Non boto contas da cantidade de papel malgastado ou cartos de custe. Desto último circularán por aí os datos, do primeiro poderían circular tamén, aínda que non o farán.
Mentras, os xornais, en cascada, van dando algunhas novas a nivel estatal e supraestatal. Aí está o dato de que o fraude fiscal en Cataluña representa sis veces os recortes feitos na comunidade (http://www.setmanaridirecta.info/noticia/silenci-aqui-es-defrauda-16000-milions-deuros-anuals , a traverso de http://im-pulso.blogspot.com/2011/11/el-fraude-fiscal-en-catalunya.html ), e craro, non son en xeral 'as familias' as que defraudan. Nin quenes defraudan parecen ser perseguidos como é debido, dada a magnitude do fraude. E, ademáis, a nivel estatal, os números, se ben son relativamente menores, non deixan de ser do mesmo orde...
A nivel local, despois da suba de diversos conceptos (boa parte daqueles polo sque cobra o concello) do pleno extraordinario do mércores, a unha hora tamén extraordinaria, xa está en marcha o cobro por aparcamento na zona do mercado. En resumo, o custe será:
1/2 h: 0,20 €; 1 h: 0,40 €; 1 h 1/4: 0,60 €; 1 h 1/2: 0,80 €; 2 h: 1 €
O funcionamento, de 9 a 2 e de 4 a 9, diario excepto festivos e mércores pola mañá.
Sanción: 24 €
Por outra banda, un novo regulamento de portos fai que o practicar esquí acuático (por exemplo) na zona galega da ría á altura de Mirasol sexa ilegal.
Mentras, hoxe seguro que chega máis propaganda...

20111110

20111109 pleno

A unha hora atípica, as seis da tarde, foi convocado un pleno extraordinario onte, para tratar en xeral de subas de taxas e impostos. Durou ata preto das nove, e puiden asistir á última parte, pero a grande maioría déixoa reseñada por unha reseña feita por José Mª Rodríguez, a continuación, e a prensa de hoxe (a estas horas, na rede, só a Voz). Foi un pleno que chegou a ter segundo me dixeron, máis de 15 asistentes, pero que ó final quedou con 4.
As subas aprobáronse, como era de supoñer, pero con diversas 'xeometrías de voto', e básicamente cos votos do BNG en solitario. Cando non hai cartos, hai que procuralos, e pedir non é cousa que sexa bocado de bo gusto.
Como mostra do sucedido, un botón, o último punto da orde do día, que correspondía á aprobación definitiva das contas de 2010. Era si ou non, e as contas están aí (mesmo interviu a interventora para dicir máis ou menos iso en resume) pero aínda deu lugar a discusión, maiormente sobre a eficacia recadatoria do concello. Entendo que o que non se aproxime ó 100% é criticable, e así se desenvoltou a cousa, a pesares de ser aumentada a eficacia estes últimos anos. En canto ó equilibrio presupostario, parece que antes de depurar incobrables, o equilibrio era positivo, mentras que despois da depuración, queda a pre. Mais iso non importou nunha votación na que, como soe ocorrer, o voto xa estaba decidido, quedando 7 a favor, 1 en contra (PSOE) e 4 abstencións (faltaba un representante do PP)
-
A QUIEN ALGO QUIERE ALGO LE CUESTA
José Mª Rodríguez Díaz
El pasado día 9 de noviembre tuvo lugar en Ribadeo el Pleno Municipal sobre la subida de impuestos y tasas. La mayoría absoluta con que la ciudadanía ribadense dotó al gobierno local resta emoción ahora a los acontecimientos plenarios ya que, al igual que en las novelas de Agatha Christie, siempre se conoce el final. Unas más que otras, y con pequeñas excepciones en materia social, en este Pleno todas las Ordenanzas Municipales quedan modificadas al alza con la aprobación del BNG en mayoría y el voto en contra o la abstención de los restantes grupos de la oposición que pidieron una mayor contención en los gastos superfluos en vez de subir los impuestos. Un jarro que agua fría sobre las cabezas de aquellos contribuyentes de este concejo que, afectados en sus economías por la profunda incidencia de la crisis económica que padecemos, esperarían otra respuesta más solidaria de su gobierno local que evitara agravar su empobrecida situación económica. Pero, la cruda realidad se impone. Mientras otras administraciones tratan de reducir gastos para bajar los impuestos, el concejo de Ribadeo, insensible a la realidad de la crisis que nos afecta, sigue con su tradicional dinámica de aumentar los gastos y subir los impuestos, como si nada pasara.
La realidad y la lógica de la situación se han impuesto. Para no subir los impuestos habría que reducir los gastos, es decir, renunciar a muchos servicios, muchos de ellos de lujo y otros que no le son propios, de que se ha dotado el concejo en estos últimos tiempos. Pretender seguir con el mismo nivel de servicios que en aquellos pasados tiempos de las vacas gordas y sostener este costoso estado de bienestar sin trasladar sus costes a los contribuyentes sin subir los impuestos, es imposible. Son las consecuencias de aquellos tiempos pasado en los que rebosaba la abundancia y en los que algún alcalde famoso presumía en los Plenos diciendo “¿será por dinero?”. Pero, ¡hay!, aquellos tiempos ya no se corresponden con la triste situación económica que nos toca vivir en la etapa actual.
Pero parece, no obstante, que a los ciudadanos de este concejo y a su gobierno les pasa lo mismo que a Zapatero: niegan la realidad de la crisis. Resistiéndose a aceptar la triste realidad actual, los ciudadanos siguen demandando cada vez más y mejores servicios, mientras el gobierno local, en una permanente huída hacia adelante, sigue agravando el presupuesto municipal con la contratación de más personal, más y mejores ofertas de servicios superfluos, y otras temerarias actuaciones que conllevan gastos enormes e innecesarios.
Pues bien, ante esta situación tan incongruente, al gobierno de Ribadeo no le queda más remedio que subir los impuestos. Y a los contribuyentes no les queda más solución que pagarlos, pues, como dice el adagio “a quien algo quiere, algo le cuesta”.
Por otra parte, lágrimas de cocodrilo no valen. El pueblo no tiene derecho a quejarse. Más bien al contrario, los nuevos impuestos deben ser aplaudidos, pues esta subida no es otra cosa más que la expresión de la voluntad mayoritaria de los vecinos de este concejo que han elegido a este gobierno para administrar nuestras vidas y haciendas. Y si el pueblo quiso un gobierno que mantuviera y aún aumentara estos servicios y esta desproporcionada administración, hay que pagarlos con la subida de los impuestos, pues la voluntad del gobierno es la voluntad del pueblo.
Ignoro a dónde nos conducirá esta optimista visión de la vida. La realidad económica que se vive y que se proyecta hacia el futuro no parece prometedora. Ante esta triste situación la reacción normal parece que debería haber sido optar por una reducción drástica de los gastos en vez de aumentar los ingresos mediante los impuestos a los vecinos. ¿Hasta cuándo podrá aguantar la sociedad esta presión impositiva? Ya lo advertía Cervantes cuando le hacía decir a Sancho “nadie tienda más la pierna de cuanto fuere larga la sábana”.
Renuncio, por lo extenso y complejo de su enumeración, a detallar las distintas Ordenanzas afectadas por este incremento impositivo. Ya se enterarán Vds. por sus efectos en sus bolsillos. En general, los servicios más básicos quedan afectados por la aplicación de la subida del IPC acumulado que, como se hizo en un gobierno anterior dirigido por un alcalde “de cuyo nombre no quiero acordarme”, lo tomarán del período que más ventajoso parezca a los intereses del gobierno local y que asciende a un 3,9 por ciento. Otras subidas, con las que estoy más de acuerdo por afectar a ciertos sectores de alto nivel económico o por ser servicios de lujo, soportan subidas de dimensiones extraordinarias. Entre estas últimas se cuentan las que afectan a las terrazas del sector de la hostelería; a los cajeros de los bancos que tratarán de compensar aumentando sus comisiones bancarias a los clientes; y a la Escuela de Música que grava de forma importante las matrículas de los alumnos.

20111109

Un vídeo

é certo, as xornadas preelectorais inflúen. Por exemplo, no blog, estánnme facendo prestar máis atención a temas xerais que particulares de Ribadeo, os que se ven submetidos, como na realidade, a máis constriccións.
Neste caso, o causante é un vídeo. En inglés, con subtítulos en castelán, 4 minutos 3/4, resulta curioso por estes pagos. Xulgade:

A cousa é que o que di non é novo, nin alí, os EEUU, nin aquí. Pero non sae pola tele, seguro que se mantivo ausente do chamado 'debate electoral', e quen pode poñerlle freo legalmente non llo pon.
Unha cousa máis: os datos 'en bruto' da última enquisa do CIS, isa que, entre outras moitas cousas, dalle a maioría absoluta ó PP, en ausencia de posibilidades de escano de protesta. Habemos seguir falando dalgún detalle dela.

20111108

Lo que se pierde en unas elecciones, puede recuperarse en otras

Esa era a idea de Azaña, e segundo di el, repetida moitas veces (Causas de la guerra de España, -na versión de Público, 2011, na p.73-). E hoxe, no post debate, cabe lembralo, ó tempo que se lembra que hai unha elección cada catro anos, que se tenta reducir a un único momento e dúas posibilidades que tenden a parecerse con matices, ... mentras a vida segue, hai pleno mañá en Ribadeo (segundo di a prensa, que na web parece que xa non se avisa de novo, revisarase as taxas da escola de música e a ordenanza e taxas sobre terrazas -incluídos bocois-), as pezas atopadas na ría o mes pasado -que din abondantes e representativas- marcharán fóra, mesmo para informar, mentras o atopado nas Grobas hai xa anos segue no limbo, teremos de agora en diante en teoría máis información da zona por ampliación do suplemento da Mariña da Voz ós luns -a tódolos días da semana-, ou, a nivel España, tamén a Voz proclama públicamente que 'Sen Gürtel non hai Campeón' para indicar que cada partido ten as súas cousas que ocultar, e para que non llas destapen os outros, 'colabora' ocultado á súa vez as dos outros ... Coido que mentras non consideremos as eleccións como un día máis de participación, non elixiremos; elixirán por nós.

20111107

Cousas de hoxe

Comeza unha nova semana na que tentan convencernos de que hoxe, precisamente hoxe, luns, vexamos unha confrontación entre os dous candidatos (so os demáis non contarían) á presidencia do goberno de España. Os outros partidos e candidatos, subíndose polas paredes, incluíndo o presunto merlo branco de Equo, que nas enquisas do CIS case non sae.
Aquí, as cousas van por outros camiños. Agora, de novo porque non é a primeira vez, descobren restos valiosos na ría, e levaránnos fóra para expor, declarando que próximamente haberá unha presentación oficial do recollido. E vénme á cabeza xa hai máis de dous anos, cando unhas catas no castro das Grobas produxeron 300 restos arqueolóxicos, segundo se declarou, e fomos avisados de que 'nuns meses' se daría a coñecer o informe. Daríase a coñecer, pero levo tentando enterarme do informe longo tempo hai, e polo momento, nin rastro... [para memoria sobre o castro, unha pequena escolma no blog: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, ...]
Mentras, outros actos culturais se desenvolven a menor escala en Ribadeo. Por exemplo, obras de teatro, como Atra bile, de Laura Ripoll, con cinco actores e actrices, dirixida por Etelvino Vázquez, representada onte no Hernán Naval. Unha comedia negra que tenta representar o submundo de intrigas nun ambiente cerrado que se identifica co popular galego.
Imaxe de promoción de Atra bile
Ou a presentación do libro 'vivencias desde la discapacidad', de Irene Piñeiro, cunha Casa das Letras a tope nunha presentación emotiva. Para quen non a coñeza, unha persoa que se define así na súa recén creada páxina de facebook:
"Irene Piñeiro
Nació en la Costa Lucense. Sufrió una lesión cerebral al mismo instante de nacer. Publicó artículos en diversos medios de comunicación. Participa en encuentros socioculturales y en colectivos de la discapacidad."
Pero, se consultamos as novas (as que trae) nos xornais, é posible que nos atopemos con algo 'de outro tempo' políticamente falando: un anuncio dun ministro que anuncia que ten un gran compromiso por Lugo, en plan clientelismo decimonónico, esquecendo a igualdade de representación a escala estatal. Poñerán o mesmo anuncio, poñamos, en Madrid? Non creo ... e se o puxeran, cal sería o 'compromiso maior'?

20111105

Un aviso sobre os indignados

Polo blog de E. Dans entérome do documental sobre o movemento 15M. Deixo a primeira parte embaixo (o resto, pódense ligar en youtube abrindo o documental na fiestra 'youtube' embaixo á dereita)

Valoracións

Onte mesmo recibín un correo amigo que me informaba de que, consultando en internet, vira que unha páxina adicada a esas cousas establecera o valor de ribadeando en 1 500 $. Picoume a curiosidad, e vía buscador, atopei varias páxinas de consulta. Os resultados foron do máis diverso (nunca demasiado grande o valor, comezando en 0) nos poucos que mirei.
E foi ó parar cando pensei no que pode significar unha valoración noutro campo, como o da débeda ou o político, dous das estrelas destes tempos, nos que se cumpre mellor o dito de que o valor o asigna o mercado (e quen o controla). Un sábado gris, chuvioso en Ribadeo, ó comezo do final dunha cousa que se chama campaña electoral pero non se sabe moi ben se é de promoción de "Ariel lava máis branco" no medio de algo que chaman crise pero que está a facer máis ricos a algúns, é o que da.

20111104

Eleccións? Si, pero a vida segue

Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó día:
O ramal de FEVE que ía levar a pasta de Ence a Xixón retrásase un ano máis. As primeiras novas situaban a súa finalización o pasado ano, pero despois de varias rectificacións, parece que a última data sitúao a comezos de 2013. Mentras, o tráfico seguirá por Ribadeo na súa totalidade. E o mantemento da ría, segue como está, con movemento relativamente pequenos aquí e aló, dos que o último é onde se vai depositar a area que se saque do dragado.
Coto, valorando a presentación dun ERE. O dedo acusador apunta a débedas dos concellos, que non especifica cales son.
E o problema do ruído aínda non se solventou en Ribadeo, como apunta unha resolución aparecida onte no DOG.
As eleccións? O sistema non parece asegurar que amañen moito. E aínda que hai que encher espazo e ocuparán tempo nos medios, moito, o desencanto nótase. As alternativas? Tentan presentarse, pero a ilusión parece cousa de contos de fadas, non da realidade.

20111103

Debe ser a política ...

Papandreu, o grego, arma un pifostio chamando a un referendo sobre a 'axuda' da UE; recibe ameazas diversas, todo o mundo se posiciona ... e non ben dous días despois, a oposición di que acepta a axuda tal cual, e Papandreu esquece o referendo. O pobo? que importa!

20111102

Un anaquiño da historia da música en Ribadeo


(collido a partir dunha entrada en facebook de Cherry Guelin e o comentario de Zora Gabbara en youtube)
Video-clip orixinal da canción de BEETLE JUDGE "Black art" gravado nas escolas de imaxen e sondo de A Coruña no ano 1998 e producido e realizado por "Altun tun producciones". A canción pertence ó primeiro album da banda titulado "sons of the acid machine" que foi sacado ó mercado ese mesmo ano pola discográfica asturiana "Norte y Sur records".

O camiño que non tomamos

Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País "Islandia, el camino que no tomamos", do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de que as cousas cambien para mellor, senón de que cambie o sistema; de que nós, cidadáns, logremos facer presión para cambiar o sistema. Un sistema que cada vez nos repele máis, como lembra hoxe mesmo a bitácora de Im-pulso a conto da reforma sobre a lei de enxuizamento, que impide na práctica ós cidadáns de a pé a recurrir ó supremo. Pero sistema nunha sociedade na que estamos metidos sen solución de segregación non é descartable sen máis, sen reposto. E son situacións anómalas dentro dese mesmo sistema as que fan vislumbrar algunha posibilidade, aínda que sigan a ser 'dentro' do mesmo sistema. O que non ten moito sentido é que, como subtitulo hoxe Público, "La quiebra griega podría llevarse por delante a bancos de todo el mundo", a conta de que (e é o título), "Consultar al pueblo desquicia a los mercados"