20151130
Voltemos á realidade
Outro plano sería máis lonxe, a nivel estatal. Tamén relacionado verticalmente, estaría sobre todo determinado de xeito inmediato polo nivel de estado. Postos así, salteime o nivel provincial ou autonómico? Ben, tratando de categorizar, poderíamos chegar a eses niveis, pero considéroos secundarios na organización política, económica e mesmo social actuais.
O terceiro nivel sería o internacional, non considerando o nivel de estrutura UE (e menos aínda outros conxuntos como OCDE ou OTAN) máis que como secundario, a pesares da súa influencia cada vez maior en diversos planos transversais a esa realidade en capas da que trato.
A realidade humana, máis aló dos nosos límites inmediatos de familia e amigos, pode deifinirse a eses niveis de (auto)consciencia. E a eses niveis intenta ser manipulada.
A nivel internacional, París marcou un intento de definición de ben e mal, de visión de conxunto para ataque e defensa, de dirección de culpabilidade. As primeiras medidas do presidente francés, seguindo os pasos de, por exemplo, o estadounidense cando as torres xemelgas, implican unha cerrazón incomprensible en primeiro lugar contra o seu propio pobo. Os terroristas así, xa conseguiron o seu obxectivo: axudar ás 'forzas do mal' en Francia, Europa e o mundo enteiro, cerrando as sociedades nun movemento que os propios dirixentes asumen como deber de guías nacional-político-sociais.
Onte varios miles de persoas se reuniron en París. Non era propiamente unha manifestación, era unha xuntanza; era pacífica pero de arriba sabían que esas persoas non ían aproveitar o Black friday, senón que se vise que non queremos (inclúome) cambios no clima. É dicir, facer ver que a xente temos poder.
Pero a lei xa estaba promulgada. E para evitar atentados, a lei promulgada non tenta desenvolver as persoas, senón cousas como prohibir que se reúnan a non ser que sexa para gastar ou aplaudir ó führer correspondente. O resultado, case trescentas persoas arrestadas. Ademáis, a visión chega a nós, a mil quilómetros de distancia, algo distorsionada. Se nón, mira embaixo o conxunto de twits consecutivos que me atopei esta mañá ó pretender darlle unha ollada ás novas: prensa 'de aquí' cun cotilleo, o perseguido wikileaks con novas sobre o espiamento (que non expiación) dos activistas en prol do clima, e o uso contra eles das leis de emerxencia en Francia. Logo, unha nova deportiva 'internacional' no xornal madrileño, de novo,outra ligazón sobre as leis antiterroristas aplicada ás persoas que queren que o clima siga a permitirnos vivir, outro cotilleo do xornal español e unha promoción de vendas. Xa non hai Daesh/Isis, pero hai as súas consecuencias. En Francia, porque en España preferimos o resultado dos Seahawks (por certo, iso é baloncesto, béisbol ou que? Teremos que afacernos como co imposto Black friday?) e centrarnos en cousas bonitas de cara ás eleccións.
20151129
Catastreando por Ribadeo e España enteira
Pouco a pouco foi sabéndose a cuestión: non era un imposto reclamado por non telo feito con anterioridade, nin un novo imposto, senón algo imposto para poder variar o imposto asociado ó valor catastral dos inmobles. Está claro? Non é un imposto, senón algo que nos é imposto.
Teñen saído nos medios diversos artigos relacionados con Ribadeo sobre o tema. O PP, Fernando Suárez como alcalde ou Rodrigo Díaz Coto foron algúns dos intervintes. Como resume rápido, o PP tentaba aclarar varios puntos para dicir que a culpa é do alcalde por pedir a revisión. O alcalde fai diversas consideracións e indica que iso dos 60 € lineais para toda revisión é unha desigualdade (pero non pode negar que a revisión ten unha orixe e que moi posiblemente, implicará un aumento no pago do IBI). Rodrigo Díaz Coto faise eco de diversas cousas tratadas nunha xuntanza mantida por iniciativa de Atalaia cos partidos políticos (BNG non asistiu), facendo fincapé en que os 60 € son un extra.
Plano do PXOM correspondente á vila, accesible en http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario.php?idconcello=27051 |
E a iso vou. É evidente que os impostos están aí para recadar cartos para cousas comúns. É evidente que se alguén tenta evitar pagalos, incumprindo a colaboración social debida, a sociedade debe tentar evitar esa falta de colaboración, mesmo con castigos (multas). E, nese sentido, se se detecta que o catastro 'está mal', debe facerse unha revisión para que 'esteña ben'. Pero antes non se cobraban os 60 €. A que veñen pois? Quizáis alguen máis relacionado co tema o poda poñer de xeito moito mellor definido, pero coido que a idea é abondo sinxela: algo que o facía un organismo público con funcionarios pagados por todos, agora está en mans privadas en base a un acordo político de privatización de servizo. E a empresa privada cobra eses 60 € por facer a revisión, sexa cal sexa, considerando que ten que actuar non de xeito proporcional ó valor, senón por actuación, por entidade catastral. A que se adican agora as persoas que había para estes menesteres? Nin idea.
Na actualidade xa hai propostas de baixadas de impostos se gana algún determinado partido as eleccións. Como os servizos dispoñemos deles, se non se manteñen con impostos, serán delegados e mantidos por empresas con ánimo de lucro, logo, en principio, e a igualdade de eficacia, máis caros.
Máis claro? Auga. Sen privatizar, que hai empresas (de xeito salientable, Nestlé) que quere enturbiar o tema para quedarse cun beneficio por cada vaso que bebamos.
20151127
Antonte houbo unha manifestación. Sen imaxe
Moitas fotos inundaron as redes. Eu non tiña ningunha. Non fun. Cousa de traballo.
Pola tarde, vin o concello cos sus balcóns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se vía ben o que tapaban as letras por riba da violencia. Tomei unha foto. Non saiu. Faría algo mal. Que? Teño que preguntarmo ou tentar amañalo?
Non sei se hoxe segue aínda adornado o pazo de Ibáñez. Comprobareino, e se segue, farei de novo a foto. En lembranza.
Pasou o día, pasou a romería, din. Queda a testemuña de Mª Teresa González Piñeiroa co seu premio no concurso de cartas 'dillo a quen maltrata'. Saíu no Faro de Vigo como premiado. Non debo poñer a ligazón no blog: cousas das novas regras de internet. Queda aquí:
"Benquerida Liberdade:
Escríboche porque hoxe estamos de aniversario. Lembras? Comezamos a relación aquela fría tarde do mes de xaneiro. Había tempo que me botaras o ollo pero eu, aterecida pola friaxe dun amor ciumento e posesivo que me roubara o ser, nin sequera reparara en ti. Que cega estaba! Como puiden malgastar tanto tempo da miña efímera vida?
O meu espírito intrépido de cativa alegre, soñadora e valente sucumbiu aos encantos dos príncipes ensoñados, eses que rescatan princesas sumisas. A Pipi destemida despertou unha boa mañá transformada nunha abnegada Brancaneves que traballaba arreo para satisfacer os agradecidos estómagos de sete varóns protagonistas dun conto patriarcal.
Nacín con madeira de líder, nacín arelando voar. Medrei correndo aventuras enriba da miña prezada bicicleta, esa que "nunca se estropea, Orbea". Xoguei, xoguei ata doérenme as pernas. Inventei futuros imposibles. Negociei presentes conflitivos, eses que xorden un día calquera no patio do colexio porque eu era a capitá do equipo de brilé e a delegada da clase.
Esa paixón entregada que me fixo querer tolamente todo o que facía e crer firmemente en todo canto lía contaminou paseniñamente o meu porvir. O status quo non se cuestiona, o "sempre se fixo" é a lei. Eses contos da Carapuchiña enganada polo lobo, da nai cabuxa que marcha ao mercado e deixa os cabuxiños desatendidos, da Cincenta vítima dunha perversa madrastra? foron un veleno solapado. Eses contos mataron a miña Pipi.
Coa primavera hormonal agromaron os meus desexos. Quería ser maior, quería ser muller para amar e cantaba esas cancións románticas de "sen ti non son ninguén", esas baladas de "es miña e só miña". E busquei, busquei e busquei e fun quen de atopar "a miña media laranxa". A Pipi xa marchara. A bicicleta pinchou.
Malvivín anos de inconsciencia. Loitei á miña maneira coa vida cotiá. Protexín coma fera leoa resignada as miñas fillas das gadoupas verbais do seu pai. Xoguei o papel de muller perfecta, de esposa sumisa e de persoa feliz. Escollera eu esta vida? Non, non porque ti, Liberdade, non chegaras a entrar no meu pensamento. Matárante os contos, matárante as cancións, matárate a relixión, matárate o patriarcado!
A min non me espertou un bico. A min espertoume unha labazada e dúas e tres. A min espertoume o medo desas noites de insomnio. A min espertoume a imaxe deturpada que o espello me devolveu unha mañá. A min espertáronme as palabras das miñas fillas: "Cando medre quero ser coma ti!".
Marchei. Lisquei. Sen nada, pero con toda a dignidade. Sangroume o corazón de tanta dor pero camiñei firme cara ao final dese túnel alienante. Impulseime co alento das fillas, coa súas miradas de orgullo, co seu agradecemento diario. Grazas a elas te coñecín, Liberdade.
Esta relación que agora temos perdurará para sempre porque ti es o meu máis prezado tesouro inmaterial. Por ti decido o que quero ser, quen quero ser, con quen quero estar e que quero facer.
Sen ti si que non son nada. "
E, despois de ler, volvo a pensar. Bonitas verbas, ogallá non tiveran motivación e por ese motivo quedaran sen escribir.
Pasou a manifestación, suprímese a pancarta e a seguir. A seguir? Pasou o día, pasou a romería? Ou a seguir loitando? Ti elixes. As rúas estan vacías, xa non tes que facerte ver na manifestación, nin tomar fotos e publicalas na rede. Xa es ti, sen máis. Xa podes ser como queres ser. Ás veces, ser non é tan doado. Volve ler benquerida liberdade. Ti elixes.
20151126
Residencia: co informe de secretaría pásase páxina
Outra cousa é que a menos de un mes haxa eleccións e conveña saír nos papeis e armar confusión sobre o tema. Aí está a prevista interpelación hoxe de Balseiro no Parlamento Galego, onde é probable que a verdade se retorza polos intereses anteditos. Neste sentido, estimo que non estaría mal que se colgara en internet os dous documentos referidos, informe e glosa documental, que é unha historia da xestión realizada ata o momento: polas súas características de termos xurídicos e tamaño, quizáis pouca xente leería nin unha parte considerable, pero sería un feito estimable en canto a transparencia se refire, aínda que estimo fai falta un cambio de mentalidade para levar transparencia a documentos entre administracións, algo que por outra parte, é necesario.
Deixo ademais outra visión, a de José Mª Rodríguez. Ambas son complementarias.
NOVO PACTO DE ESTADO POLA RESIDENCIA
Fugit irreparabile tempus. Foxe o irreparable tempo!. Pasaron xa máis de catro anos. A voz do pobo de Ribadeo era unánime: “necesitamos unha residencia”. Pero converter en realidade o seu desexo estaba en mans dos políticos. E o pobo convocou os seus políticos. Convocounos a un pacto. Un por un. Estás disposto a loitar co pobo por unha residencia para o pobo, antepoñendo esta necesidade a lóita partidista? A nobreza dos nosos representantes impúxose. E a resposta foi inmediata, clara, sincera e unánime: Si! E os políticos deron un paso adiante. Aparcaron todo protagonismo partidista. Foi así como naceu aquel Pacto de Estado en Ribadeo. Loitar todos xuntos por este obxectivo.
Pro, e os cartos? En mans dos políticos. E empezaron as reunións, os estudos, os contactos. Convencer ás administracións. E así se empezou a andar un difícil camiño. Todos xuntos. Os seus froitos: Unha residencia na rúa Paco Lanza.
Pro houbo eleccións locais. Chegou xente nova. E o Pacto tambaleouse. Días de divagaciones, acusacións, desconcertos e enredos. Empezou lóita partidista. O futuro da residencia corre perigo. E, mentres tanto, os nosos anciáns seguen condenados ó desterro. A voz dos veciños segue clamando. Hai que retomar o diálogo e o consenso. Dar prioridade a esta grave carencia dos nosos anciáns. Apelar á nobreza dos sentimentos. Retomar o Pacto de Estado de Ribadeo. Primeiro a residencia. A política partidista despois. Esta é a voz dos veciños e a petición dos anciáns.
Parece que xa se aclaran as cousas. Atísbanse solucións. O Pacto pódese e débese restablecer. As augas poden volver á súa canle. Todos xuntos pola residencia. O pobo míranos. Piden que os nosos anciáns regresen do seu exilio forzoso. Que morran xunto ós seus. Que este soño convértase por fin en realidade. Chegou a hora volver a dar cada quen un paso ó fronte. Logo xogaremos á política. E a quen Deus lla dea, San Pedro lla bendiga. Pro primeiro os nosos vellos.
José Mª Rodríguez Díaz
Nota de prensa da alcaldía:
"Residencia de maiores
25/11/2015
Suárez Barcia contou que "onte celebramos unha xuntanza da comisión
pro residencia, que está conformada por representantes de todos os
grupos políticos da Corporación Municipal así como tamén os
representantes das asociacións de veciños. Quixen convocar esta reunión
da comisión para darlles a todos os representantes un tomo con toda a
tramitación dos tres anos de traballo para que este soño colectivo se
estea tornando en realidade, dado que algúns dos actuais representantes
dos grupos da Corporación non formaban parte da anterior; polo tanto
igual tiñan información polos seus compañeiros pero igual non dispoñían
de toda a información documental. Démoslles a todos un tomo completo,
con toda a tramitación mantida tanto coa Deputación Provincial de Lugo
como coa Xunta de Galicia. E ao mesmo tempo tamén lles demos a todos un
prolixo informe da Secretaría Municipal, onde se clarifica e onde se pon
negro sobre branco toda a situación legal tanto da construción da
residencia como no relativo ao tema das posibles subvencións tanto da
Xunta de Galicia como da real da Deputación de Lugo a día de hoxe".
O
alcalde subliñou: "no que ten que ver coas conclusións deste informe de
Secretaría, din que en primeiro lugar o Concello de Ribadeo conta con
todas as autorizacións pertinentes para a execución e a construción,
segundo a autorización da Consellería de Traballo de febreiro do ano
2014. Tamén di que no tocante á achega do informe de viabilidade da
residencia, do que tanto se ten falado ultimamente, o Concello de
Ribadeo xa aportou dito informe o 2 de maio de 2014; polo tanto, a xuízo
do técnico, enténdese cumprido este requisito, que si efectivamente no
momento en que rematen as obras a propia Xunta dispón na súa
autorización do ano 2014 que se deberá emitir un novo informe, pero
sempre que rematen as obras. E, como di o secretario, non ten sentido
emitir tres veces o mesmo informe de viabilidade e non duplicidade. Polo
tanto non se pode facer unha vez para a firma do convenio, outra para a
posta en funcionamento e unha terceira para prestar o servizo".
E
engadiu: "di ademais, no tocante á xestión, que unha vez rematada a
construción haberá que estar ao disposto na lexislación nese momento,
sendo aventurado pronunciarse ao respecto por parte do secretario debido
á normativa cambiante nestes últimos meses e tendo en conta que o 1 de
xaneiro de 2016 entrará en vigor o disposto na disposición transitoria
da lei 27/2013, que di que os servizos sociais pasan a ser competencia
das comunidades autónomas. E que logo finalmente en todo caso desde o
ano 2014, di o técnico municipal, temos recibido un borrador de convenio
para asinalo por parte da Xunta de Galicia, ao que no seu momento se
fixeron suxestións e cambios, porque un convenio é un acordo entre dúas
partes e non é un trágala, por suposto, e desde aquela, desde agosto de
2014, estamos esperando a que se nos conteste".
Suárez Barcia
indicou hoxe que "en definitiva, o que pretendemos o goberno municipal e
entendo que todos os grupos, e o oxalá poida referirme a todos outra
vez e confío en que así sexa, estamos traballando, e espero dicilo no
nome de todos, para unificar esforzos para rematar a residencia máis aló
dos avatares políticos e dos rifirrafes que ás veces aparecen nos
medios de comunicación. Pretendemos chegar a bo porto para que a
residencia se remate, como así vai ser, e para que se poña en
funcionamento, como así vai ser. Pero ademais, sé e posible e é
recomendable e san, que o resto de administracións con competencias na
materia que aínda non puxeron no seu grao de area o poidan poñer. E é
polo que confiamos en que a Xunta de Galicia nestes vindeiros días se
decida a mover ficha. Esperámolo e desexámolo polo ben non do goberno
municipal senón dos veciños e veciñas, que é o que estivemos facendo
sempre entre todos nesta comisión".
"
20151125
Na procura de información
Hai xa máis de tres semanas que deixei, en nome de O Tesón como entidade pero en función do acordado no grupo de defensa da illa Pancha, o seguinte escrito no concello:
20151124
En lembranza dun oco (e outro)
No comezo da Avda. de Galicia, unha obra estase a comer un solar valado dende hai tempo cunha pequena franxa que chega ata o mercado. aí había algunha construción, terra abandoada, algunha árbore (máis ben arbusto) e mesmo unha planta invasora, o 'plumeiro da Pampa'.
Era un lugar diferente no centro da vila, que podería ter sido un lugasr de esparcemento pero que estaba destinado a construír. Algunhas fotos de lembranza:
Vista dende a pequena fronte que da a r/Reinante, fronte ó mercado.
Vista parcial dende Avda. de Asturias
Vista parcial cara a r/Reinante.
O lateral do oco, a comezos de mes.
Como complemento, a imaxe actual dun adecentamento recente, próximo a obra anterior, na esquina Deputación e Recarey:
E como estaba antes, mesmo con cruz na habitación e repisa funcional:
20151123
Ribadeo e racionalización do transporte
Ah! que non hai... Si podes volver, por Foz, o que alonga a viaxe ata máis de hora e media, como nos tempos nos que a estrada da Xesta non estaba ninmarcada con líneas...
Por certo, a web está en galego, como podes comprobar: http://arriva.es/index.php?option=com_buscalineas&view=resultados&Itemid=86&pOrigen=494&pDestino=551&fecha=24/11/2015&lang=gl Non deixa de resultar un galego un pouco curioso.
Pero tes outra oportunidade, porque por Ribadeo e Vilalba pasan tamén autobuses da empresa ALSA. Imos aló.
Aquí tes o enderezo. Tenta procurar un servizo entre Ribadeo e Vilalba. Verás que non existe. E logo? Pois polos termos da concesión (concesións que se facían en época de Franco e que a transición conservou con outras moitas cousas), o servizo Ribadeo-Vilalba está asignado a outra empresa. de calquera xeito, ó mellor nos permiten facer trampa, vir dende Vilalba cobrándonos o billete ata Navia e baixarnos na parada de Ribadeo, que si que para... Probemos:
Pero... un momento! Se resulta máis barato e máis rápido ir de Vilalba a Navia ou viceversa que de Vilalba a Ribadeo!
Coido que xa teño repasado o tema das concexións internas para transportes dentro do concello. Vexamos que nos di na web de Eocar:
1 servizo ó día. E pola tarde? Ou subir pola mañá para baixar a mediodía?
Temos tamén, servido por Arriva, o aservizo pola moito máis poboada bisbarra costeira:
Nótase a diferencia, verdade? diría que os servizos hai que agradecerllos ó hospital da costa, ese que pouco a pouco vai perdendo autonomía e servizos (a pesar de que algún poda aumentar). Por certo, neste tramo compite con Feve:
O mesmo que antes, agora hai que deberlle o tema ó hospital. Neste caso, atopámonos ademais cun detalle: o custe do tren é a tarifa mínima, se non, sería máis barato que o bus... e máis rápido.
Poderiamos seguir, vendo que o tempo que se tarde en ou dende Oviedo no baixou moito dende hai 50 anos, pero iso queda para outro día. Por hoxe os datos dan que pensar. Por exemplo: Como combater o cambio climático usando o coche particular. Ou como moverse sen carnet de conducir. Ou Por que combaten as empresas a entidades como Blablacar.
20151122
5 meses e 15 días despois
Despois aínda, se ten presentado o escrito de 3 de novembro que se pode ver aquí, pedindo a información que no foi subministrada.
Toda unha historia que vou recollendo no blog, e que, a nivel administrativo do concello de Ribadeo, resúmese en que das solicitudes que se fan no escrito que reseño embaixo, non foi satisfeita ningunha (só de xeito parcial, a primeira parte do primeiro punto, facendo referencia a que o concello ten pedidio informes a varias institucións últimamente, datas nas que fixo ademáis unha inspección na illa).
De novo, a resposta clara que se estima que debera dar unha corporación local brila pola súa ausencia. Como foi o informe do concello? Inhíbese (sen dicilo) o alcalde de expor a súa posición, como se lle pide? É que é descabellada unha consulta popular? Iso, en referencia a fai cinco meses e medio. Haberá que esperar outros cinco meses para que non se responda tampouco á petición de 3 de novembro? Séguese a política de feitos consumados, o de 'ti vai facendo', o de 'todo para o pobo, pero sen o pobo', ou que?
Unha falta de resposta máis. Continuará. E pode que medre.
20151120
O mesmo que os cans, artigo de José Mª Rodríguez
Sospeito que debe de haber eleccións próximamente porque as hostes do PP, o mesmiño cos cans, puxéronse todas en pé de guerra contra os promotores da nova residencia de Ribadeo. Empezaron os cans de palleiro do PP de Ribadeo, seguidos logo polos ladridos do gran mastín provincial, o Sr. Balseiro. E, pra rematar a sinfonía canina, úneselles agora ó presidente de Novas Xeracións do PP de Lugo, o “alevín” Daniel Vega. Sae a ouvear contra o alcalde o os demais promotores da residencia. A imaxe, xa rematada e esbelta, do edificio da nova residencia puxo nerviosos ós peperos, que non resisten a afronta que pra eles representa haber estado contra dos intereses do pobo de Ribadeo.
As súas armas, as de sempre. A mentira. Acusar ó alcalde de non facer o seu traballo coa residencia. Pra que é o edificio levantado da rúa Paco Lanza, Sr. Vega?
Afirma o Sr. Vega que a Xunta non só non pon obstáculos, senón que cre na necesidade dunha residencia pra maiores no noso concello. Alégrame coñecer o cambio de actitude da Xunta. Pena non sabelo antes, pois, houbéramos aforrado moito traballo. Pro tanto eu como todos os membros da Comisión pro Residencia somos testemuñas vivas da postura de rexeitamento á residencia que mantiña a Conselleira de Benestar cando se lle expuxo en Santiago esta urxente necesidade. E si Vde. non o cre, non ten mais ca preguntarlle ó Sr. Valín, representante da aquel PP local que hoxe non hai.
De onde saca Vde., Sr. Vega, que o alcalde pretende privatizar a residencia? Quen lle contou esa troula? Quen leva a batuta, pregunto, das privatizacións dos servizos públicos en Galicia e aínda en España? O PSOE, o BNG ou o PP?
Pensa Vde. que a xente vai crer as súas malévolas invencións de que as prazas da residencia están destinadas ás rendas máis altas? Pro, de verdade, están tan nervisosos e carentes de argumentos pra imponer á xente as súas mentiras difamadoras?
Pode Vde. explicarlles ós ribadenses pra quen serían as 40 prazas concertadas que Vde. pide? Prós veciños de Ribadeo ou pra toda Galicia? Agardo a súa resposta.
Acusa este “alevín” do PP ó alcalde e á Comisión de rexeitar que a residencia fose pra todos, e querela so para uns privilexiados. Pódese ter tanta cara para contar tamañas mentiras e quedarse tan fresco? Pro non se quedaron aquí as súas mentiras, senón que fixou o prezo dás prazas futuras: 1.400 euros, nada menos. E avala esa mentira, disque con datos “constatables”. Pode amosalos, Sr. Vega?
Pro hai un punto ó final do seu panfleto no que coincido con Vde. e aplaudo o seu arrepentido cambio de postura. “Si á residencia con maiúsculas, - di - si á residencia para todos os nosos maiores e si á residencia para Ribadeo”. Menos mal que nisto, si, estamos de acordo, aínda que Vdes. nada fixesen pola residencia, salvo poñer trancas nas rodas.
Pro si Vde. pensa, Sr. Vega, que o mellor camiño pra conseguir algo pro pobo é o engano e a mentira, alá Vde. O noso camiño foi outro: o do consenso e o da concordia entre todos. Antepoñer os intereses do pobo ós interes dos partidos. Un xesto de grandeza por parte dos outros portavoces que Vde., no seu servilismo ó partido, non poderá entender.
E si as miñas “homilías” lle fan tanto dano, Sr. Vega, non veña escoitalas a esta igrexa, que eu non o invitei. Porque estas “homilías” so están dirixidas “ás persoas de boa vontade”."
Aspecto da zona no Google street view xusto ó comezo da preparación para a residencia |
20151117
O XACEMENTO DE LOUSELAS DE RIBADEO, Artigo de Pancho Campos
Biface. Didier Descouens, CCby-sa 3.0 |
20151115
Atentados
"
A conto dos sucesos de París estase a falar sobre atentados. Mellor, sobre 'este' atentado. Non se fala de causas, nin se pon en comparación número de mortos cos mortos na guerra actual en oriente medio, nin moito menos se fala de solucións. O que se fala é de contraataque cara ó exterior e agresión preventiva cara ó interior.
Chama a atención que na propia definición de atentado se inclúa ataque, autoridade, país, e, só por último, persoa. Si, é unha definición, é aceptada, é así, e listo. Polo tanto, quen se centre na definición, está 'xustificado'.
Neste punto, fai falta dicir que lamento as vítimas? Coido que está de máis, mais, por se alguén está apuntando a que non o faigo e xustifico: Por suposto que lamento o atentado. Está claro?
Ben, despois do anterior, tiven que esperar a enterarme do atentado en París para descubrir un atentado que, comparando as cidades, foi tan grave alomenos. Sucedeu en Beirut poucos días antes, cidade que neste ano leva uns cantos. Tamén, grazas ó atentado de París sae a relocer polos resquicios informativos a commenoración da matanza do Salvador, hai 23 anos. E segue sen saír que cada día morren no mundo máis de 1/4 de millón de persoas, boa parte delas ben de fame mentres se tiran toneladas de alimentos, ben de enfermidades perfectamente curables cos medios de hoxe en día, ben doutras que sinxelamente non se investigan porque non se consideran rentables polas empresas farmacéuticas ó darse en países pobres, ben de xeito brutal no que os medios occidentais consideran guerras (pero que son financiadas en parte por capitais e países occidentais, que tamén subministran armas) ou tamén terrorismo (nese caso, os malos 'non son dos nosos') ou sinxela violencia (xenérica, pero tamén machista -non sei en cantas mulleres asasinadas vai o contador este ano-)
Funme polas ramas? Estamos no aquí e agora! Si, quizais debera insistir en que esas persoas asasinas son inhumanas. Máis ben cabería dicir que porque somos humanos ocorren estas cousas. Tanto a xeneración de causas, nas que estamos metidos, como na execución dos efectos. Coido que non me sería difícil imaxinar situacións nas que mataría. E faríao porque son humano.
Claro, coido non o faría por motivos relixiosos, e se alguén o fai, seguramente caerei na tentación (palabra de orixe relixiosa, creo) de sinalalo como inhumano.
Desconcerta a irracionalidade: mataron inocentes, dicimos. Coido que dende o seu punto de vista, o que fixeron é ruido social para tentar cambiar a sociedade. Unha sociedade con valores diferentes ós seus aínda que en teoría vivan inmersos nela (os matarifes eran europeos, non?). Coido que quizáis sen propoñérseo, os dirixentes europeos que discursearon sobre unha resposta unificada, nese punto, o da unión social, deron no cravo. A súa idea de como empregar esa unión social, coido que xa se aparta da liña do discurso que manteño aquí.
E uno o anterior co comezo do artigo: resulta que se ataca a un país, a un conxunto de países con certa homoxeneidade, países que manteñen unha liña de ataque para a dominación doutro grupo. Quizáis, primeiro a traverso de empresas, despois como instrumento de empresa. Países estruturados cun certo tipo de sociedade, de autoridade, uns e outros, os atacantes e os atacados. E xa me perdo, entre atacantes e atacados, querer cambiar a sociedade dende o poder ou con poder...
Si, xa sei, podería aclarar un pouco o tema, afondar no dos ataques a persoas e os ataques a sociedades, relacións causa (que se non profundizamos, vemos como primeira) - efecto (que é unha nova causa) - efecto... ou na contraposición dos xustos valores da nosa sociedade con... ou outros moitos temas relacionados, entre eles, como non, a educación.
Quizáis deberamos mirar con máis frecuencia imaxes como a do Apolo XVII, que nos encapsula en comunidade nun único mundo...
Por certo, pensaches como traballar para erradicar as causas da violencia?
Vaia espectáculo. Artigo de José Mª Rodríguez Díaz
Os faros, a nosa cultura, as nosas cousas, nós.
A primeira, un artigo que ten aparecido xa nos xornais:
"
A segunda, unha convocatoria:
"
Pois iso. Organización non para defender algo noso, senón para defender o de todos, o común.
--
Nota posterior: a xuntanza convocada na segunda nota foi anulada.
Illa Pancha. Captura en http://www.bing.com/maps/ |
20151114
Glaucoma PPolítico
"
RESIDENCIA DE RIBADEO
Glaucoma PPolítico
(Ceguera silenciosa)
Estamos viendo como en los últimos días aumenta el rifirrafe y la discrepancia entre el Partido Popular por un lado y el resto de fuerzas políticas y sociales locales por otro a cuento de la Residencia de Mayores de Ribadeo.
Desde la Ejecutiva de C´s Ciudadanos Ribadeo queremos expresar nuestra opinión sobre este tema, ya que consideramos que nos estamos jugando algo demasiado importante para nuestros vecinos que nunca se debería convertir en el “Sainete” en el que se está convirtiendo.
Por arte de magia, el PP de Ribadeo cambia de opinión y de repente se aparta de la comisión pro residencia, insisten en que ellos si defienden la Residencia de Mayores pero se van y miran para otro lado (a sus jefes de partido que es a quién sirven), abandonan a todos los ciudadanos del Concello incumpliendo claramente con la obligación de defender los intereses vecinales. Aparece en escena el secretario del Partido Popular de Lugo y Diputado Sr Balseiro que a modo de justiciero viene a esta Villa a dictar sentencia en contra del Pueblo Ribadense negando como si de él fuese la capacidad toda inversión de la Xunta para la Residencia, alzándose como portavoz y protagonista de algo que ni el mismo se lo cree ya que para eso está el Sr José Manuel Rey Varela Conselleiro de política Social que de momento nada dijo, ¿Dónde estuvo el Sr. Balseiro durante los últimos tres años y porqué no se expresó así de contundente en el mandato pasado cuando los anteriores representantes locales del PP sí apoyaban la Residencia?, lo bueno de todo esto es que ya queda menos para las próximas elecciones Autonómicas, posiblemente el mosaico político Gallego cambie a mejor y alguno tendrá que preparar las maletas para irse y dejar de vivir del Sistema.
Desde Ciudadanos C´s consideramos que es lamentable todo esto, vemos que puede peligrar un proyecto de interés para todos, se está degradando cada día más la relación entre Xunta-Concello y no se está haciendo lo suficiente para evitarlo. Ya lo decía Descartes “No hay nada repartido de modo más equitativo que la razón: todo el mundo está convencido de tener suficiente”, por ello creemos firmemente que la única manera de aunar y coordinar intereses es la negociación, el diálogo con mayúsculas. No consideremos traición o debilidad el ceder todos un poco, y si el problema es un informe de viabilidad en el que tanto insiste el PP pues pedimos al Sr Alcalde (que por cierto, en este caso sigue al pie de la letra los consejos de los técnicos Municipales - aunque no siempre es así), haga el dichoso informe, lo envíe y a esperar la respuesta.
Nuestros vecinos están necesitados de que los políticos estemos a la altura necesaria para evitar un estrepitoso fracaso y pedimos a todos un esfuerzo para sacar adelante este proyecto tan importante. Compartimos la idea de que sea una Residencia Municipal ya que es por lo que se luchó desde un principio. Exigimos que tanto Xunta-PP como Alcalde-BNG defiendan únicamente los intereses de los Ciudadanos aparcando las diferencias partidistas para que no se haga realidad el viejo refrán de “Unos por otros la casa por barrer”.
Agrupación Ciudadanos C´s Ribadeo.
"
20151111
Mañá xoves, pleno
Non deixa de ser novidade tampouco a hora: ás oito e media da noite téñense celebrado poucos plenos, que tradicionamente son ás oito.
Certamente este pleno ten novidades. Por fin parece que se vai impulsar a sede electrónica en https://ribadeo.sedeelectronica.gal (o de https, é dicir, con sitio seguro, é de supoñer, aínda que non aparece así na nota de prensa). Non era sen hora, despois dun abandono da web só rachado por algún que outro aviso e as 'omnipresentes' novas da alcaldía/grupo de goberno (que non do concello).
O perfil do contratante debera implicar tamén unha mellora substancial para a transparencia do concello, ó dar aire ós procedementos de contratación da entidade. Aquí, dado que mal que ben, segundo palabras do alcalde, xa se usaba o perfil do contratante da Xunta, hai que expresar máis reservas, pois a tentación da opacidade está sempre presente, e os mecanismos administrativos ás veces parece que se fixeran para incumprilos ou non usalos.
O tema seguinte a tratar de seguro levará á sala algúns espectadores que non soen estar presentes. A ocupación das terrazas foi tratada no blog en diversas ocasións dende o xa o ano 2007 (1, 2, 3, 4, 5, ... n), mesmo a raíz de actuacións de O Tesón. Hai unha ordenanza, pero... parece que as contas de ocupación non saen, poderíamos dicir que pola picaresca dos locais tendendo a maximizar a concesión realizada. Sobrepasamentos semellantes de ordenanzas hai máis, pero quizáis este é dos que ven recibindo máis atención. Tamén se vai afrontar o aspecto das terrazas, o que se supón implicará unha mellora estética, en particular do verán ribadense.
A convocatoria descoñece o texto da moción do PP en favor da unión de España , "para a defensa do Estado de dereito e da Cohesion de España", pero non sería raro que houbera algún tipo de discusión sobre un tema que máis que legalidade estimo que debera implicar fortalecemento de relacións.
A outra moción, do PSOE sobre a sanidade universal, non creo que teña probelmas de ningún tipo, aínda que tamén supoño que o PP tentará a discusión para a defensa da postura do goberno central.
Así pois, máis, mañá á noite. Anímaste?
Embaixo, a nota de prensa do concello:
"
Pleno, este xoves
10/11/2015Outro dos asuntos que se abordará na sesión plenaria deste xoves é a creación do perfil do contratante: "tamén queremos crear un novo perfil do contratante; é dicir que o Concello de Ribadeo como órgano de contratación quere asegurar a transparencia e o acceso público na súa actividade contractual dun xeito claro para o cidadán, de tal maneira que neste perfil do contratante municipal debe constar a información de anuncios de licitación de obras ou servizos, de composición das mesas de contratación, de adxudicacións, de procedementos de adxudicación anulados, así como calquera outro tipo de información xeral sobre a actividade contractual do Concello que se considere pertinente. Nos últimos tempos xa había un perfil do contratante pero era prestado, da Xunta de Galicia, e é necesario que Ribadeo teña o seu propio", seguiu a relatar Suárez Barcia.
O alcalde de Ribadeo indicou que "tamén levamos para a aprobación inicial unha modificación da ordenanza reguladora da taxa de ocupación de terreos de uso público con elementos de finalidade lucrativa. É o que ten que ver coas terrazas. É unha ordenanza que nos últimos anos sufriu algúns cambios para adaptala e agora é necesario darlle unha volta a maiores, porque desde o goberno municipal e entendo que desde toda a Corporación pretendemos que haxa dinamismo, que haxa movemento económico a través do sector da hostalería, coas terrazas, e queremos favorecelo. Pero a mesmo tempo desde o Concello temos que garantir que eses dereitos non choquen coa libre circulación dos viandantes e dos peóns, que moitas veces practicamente parece que teñen que pedir permiso para pasar pola vía pública". Fernando Suárez engadiu: "e iso é algo ao que quixemos darlle unha voltiña na redacción da ordenanza, para o que tomamos como modelo exemplos de ordenanzas de cidades, como Lugo, Santiago, Xixón ou Avilés, e quixemos engadir algúns articulados no sentido de non limitar pero ao mesmo tempo indicarlle ao hostaleiro interesado que queira solicitar unha ocupación de vía pública que determine como se vai utilizar dentro dese espazo: cantas mesas e cadeiras se van poñer e como vai ser a forma. Porque moitas veces pídense uns determinados metros cadrados e ao final aí acábanse metendo un gran número de mesas e cadeiras e despois os clientes acaban ciscándoas por toda a vía pública. E iso non pode ser".
O rexedor ribadense considera que "hai algunhas circunstancias que fan necesario revisar, non para subir a taxa, nin moito menos, porque non se vai tocar o aspecto económico, senón para regular e ordenar para que sexa compatible o uso por parte dos clientes das terrazas dos bares, pero tamén a utilización da vía pública por parte dos viandantes. E tamén ten algunha modificación de cara a que as novas autorizacións terán que poñer uns elementos cunha certa estética, bastante homoxénea, non se van utilizar as mesas ou as cadeiras de propaganda de casas comerciais senón que, seguindo a estela de moitos outros concellos con cascos históricos e que queren ter a súa vila o máis bonita posible, teñan unha determinada estética. Ao mesmo tempo para aqueles que xa teñen autorizado e que igual fixeron un investimento dáse un período de carencia de 5 anos sen que se lles esixa que cambien o seu mobiliario para adaptalo con estas tonalidades e formas de madeira adecuadas para o caso de Ribadeo".
"
20151110
Ribadeo na Galipedia
A Galipedia, como todas as wikipedias, está en permanente construción, polo que mañá a información pode ser abonda máis que a que poda referir hoxe aquí, polo que esta entrada só pode ser unha breve indicación a onde atopar as cousas. A máis da propia entrada de Ribadeo, hai entradas para cada Parroquia e para moitos dos lugares dentro delas.
A ligazón correspondente a monumentos e lugares de interese segue a medrar, igual que a relación de persoeiros nados en Ribadeo (42 a día de hoxe). Claro, vai máis lenta a construción da lista de alcaldes... As imaxes van pouquiño a pouco, pero xa hai varias deceas correspondentes a un reparto sobre a xeografía ribadense, sen incluír as encadradas en parroquias.
Oito entradas (aínda que en xeral, curtas) sobre a prensa publicada en Ribadeo tampouco é pouco.
Un pouco máis desordenadas están outras páxinas, como a correspondente ó Partido Xudicial de Ribadeo, Cocos, Clube de piragüismo, ou eleccións municipais en Ribadeo.
En construción, si, pero con moita información xa na actualidade. Un conxunto de páxinas sobre Ribadeo superior a calquera outro sobre o tema, coido.
Reprodución que se pode atopar en 'entroido de Ribadeo' na Galipedia |