20130630

Encontro de bandas en Ribadeo

Onte foi a primeira parte do encontro entre as bandas de Ribadeo e de Mondoñedo. Nun Hernán Naval a media entrada, 40 músicos de ambas formacións compartiron directores e foron aplaudidos de xeito que houbo unha obra extra e un bis.
Deixo embaixo o programa e sete gravacións:









Actividade da fin de semana: aeromodelismo

Está a xente de Al Corte organizando esta fin de semana (28/29/30 de xuño) o encontro moteiro. Tamén, no aeródromo de Vilaframil, medio centear de aeromodelos, avións, veleiros, helicópteros, multicópteros, ... fan demostracións sábado e domingo ante un público na maioría dos propios afeizoados, nun ambiente festeiro de encontro, o que evita formalidades de permisos, premios, organización diferenciada de seguridade, etc. Eo aeródromo de Vilaframil é un lugar ideal para este tipo de encontros anuais organizados polo club de aeromodelismo Nordés de Ribadeo. Un par de exemplos en vídeo e algunha foto:



Aeromodelo aparcado es espera de ser voado.

Levando o avión da cola.

Arrastre para veleiros e hexacóptero.

Vista parcial dun dos 'hangares'.

Veleiro (e outros ó fondo)

20130629

Nota de prensa da AVV O Tesón sobre o nome da ría de Ribadeo


AVV O Tesón
20130629
Nota de prensa


Dende a directiva da AVV O Tesón queremos facer unha reflexión con calma e perspectiva sobre os movementos que teñen tido lugar a pasada semana en relación ó nome da ría.
En primeiro lugar, dende a asociación, quedamos desconcertados coas primeiras novas que falaban en termos absolutos de que un partido, o PSOE, presentara unha iniciativa para o cambio de nome da ría de Ribadeo. Nela, aceptando o nome histórico a reganadentes, o importante era sinxelamente a vontade do cambio de nome, e non a súa xustificación.
Despois de facernos unha idea da situación, puxémonos en contacto co PSOE local que veu a asegurarnos no que xa críamos: o que resultou ser oficialmente unha proposición non de lei sobre o selo conmemorativo onde unha aprezación sobre o mesmo daba pé a potenciar o cambio de nome foi impulsado de xeito unilateral por tres diputados asturianos do grupo socialista no Congreso. Cando contactamos co representante local da agrupación, xa se puxera en marcha a resposta, tanto a nivel de difusión da postura da agrupación local nos medios como en relación ós mecanismos internos do partido.
Así foi como o mesmo 26 de xuño, un escrito de José Blanco á portavoz socialista no Congreso derivou na retirada da proposición.
Dende a directiva da asociación, recollemos o sentir que nos fixeron chegar diversos asociados, agradecendo á agrupación local do PSOE a sua rápida e eficaz resposta para evitar unha polémica sobre un tema xa resolto pola Comisión Especializada de Nomes Xeográficos do Consello Superior Xeográfico (como di o escrito citado), ó tempo que estimamos que se poden sacar varias conclusións de todo este asunto. A primeira, que un pobo unido no consenso pode conseguir cousas ó tempo que a xente que ocupa postos de responsabilidade se sinte máis apoiada: saben que teñen o pobo detrás.
Ribadeo, a 29 de xuño

20130628

O pleno, un paso máis cara á residencia de anciáns, é hoxe

Esteñas ou non de acordo cos terreos que se pretende asignar á residencia de anciáns por parte do concello, é un paso para poder ofertar chan: a aprobación hoxe en pleno dunha modificación do xa vetusto Plan urbanístico anterior e vixente, xa que o novo prevése que vaia aínda para rato.
O dito, un paso máis cara á residencia de anciáns en Ribadeo, que con dificultades, vai facendo camiño ó andar.

Asamblea da Asociación Puente de los Santos 2013

Onte xoves 27 de xuño tivo lugar a Asamblea anual da Asociación Puente de los Santos. Como cada vez vai menos xente, houbo dificultade de quorum que se solucionou ó final, comezando máis ou menos en tempo, contra o que pasara a última asamblea (2012). Algo que foi lembrado porque nesa última vez fixen que constara en acta a queixa, e nesta como xa digo, comezouse máis ou menos en tempo.
A actividade referida para o último período foi de xeito exclusivo o proxecto piloto das fincas de frotos silvestres, en Arnao - Castropol e no Fielato - Ribadeo. Na primeira, de propiedade pública (municipal) preparada para Arándanos e a segunda, 1 ha alugada á Cooperativa Os Irmandiños, para grosella e algo de mora e frambuesa.
A finca de Castropol en Arnao; a balsa está excluída, na parte dereita.
A titularidade do proxecto Un puente a tu salud 2.0 corresponde á propia Asociación, que está levando por tanto as tarefas que corresponden ó emprendedor dunha empresa. Na finca de Castropol o que se fixo foi o acondicionamento dunha última parcela, de 2ha, estando o resto (case outras dez, incluíndo a balsa) xa listo. Mentras, na do Fielato, alugada dende o 1 de xullo de 2012 ata o 31 de decembro de 2016 (con posibilidade de próroga ata dous anos despois) aínda se está en preparación. O mal tempo ten retrasado as labores de prantación ata o outono, que non é a mellor época, pero dado que as plantas veñen xa cun certo tamaño e enraizamento, non se prevén dificultades. De novo, son moitas as cousas da memoria que non tiven tempo para ver e detallar aquí e que foron resumidas na asamblea, entre as que están por exemplo a adicación de dous peóns ás labores das fincas ou a realización de xuntanzas periódicas coa empresa que leva a parte técnica (e parece ser que no seu momento, se chega, comercial).
Nas contas, detallouse que debido á diferenza de superficie, o 10% que ten que poñer a asociación está repartido no 83,34% de Castropol e o resto de Ribadeo. A verdade, crin en principio que a porcentaxe se debía a territorio municipal, pero decateime e logo comprobei en internet, que se trataba de terreo das fincas respectivas. Así, dese 10% de orzamento para 2013, 25 928,76 €, corresponderían 21 616 a Castropol. Nas contas habería que entrar en máis detalle dos diversos apartados, como a participación dos concellos no pago dos xuros ó recibir as subvencións despois de gastados os cartos, pero quedará así polo momento.
O proxecto piloto ten anualidades de 15N a 15N, mentras que as contas presentáronse por anualidades, o que fai que a imputación de custes varie algo de xeito interanual. Por certo, o proxecto remata este ano, co que de novo a Asociación queda un pouco a velas vir cara ó futuro.
En Rogos e preguntas saiu o tema da participación das diversas entidades a máis dos concellos, a conta das contas, é dicir, a proposta de que cada entidade puxera de xeito proporcional ó poder de voto unha parte proporcional do orzamento, procurando así unha unha maior implicación na vida social ó ter cartos 'invertidos'. A cousa, proposta por min, quedou así, sen máis, despois dunha serie de intervencións, nas que se destacaron temas como que en plena crise se ás entidades se lles pide cartos, por poucos que sexan, se botarían atrás e o que se pretende é precisamente a participación, ou o feito curioso de que mentras houbo cartos da UE, houbo xente interesada e case peleandose por entrar na diretiva, mentras que cando se acabaron, desapareceron non só da directiva, senón da asociación. O caso é que os asistentes á xuntanza, que rematou ás 8 de cuarto, poidéronse sentar na mesa de plenos e sobraron sitios. Por certo, non había mulleres. De calquera xeito, os alcaldes, que ostentan o 50% do voto entrambos, tomaron o compromiso de reunir ás diferentes 'mesas' representadas na directiva para a renovación de cargos e mobilización do apoio social.
Nota: A estrutura de representación vai a traverso de mesas sectoriais, cada unha cunha asignación de porcentaxe de voto, que se reparte entre as entidades que a constitúen. Por exemplo a mesa de asociacións culturais coido lembrar que ten un 5% de representación, que se traduce nun representante na directiva e unha porcentaxe de voto de cada asociación dentro da 'mesa'.
E ben, que vai pasar despois de que remate este ano o proxecto piloto? E despois de que se reintegre a finca ós Irmandiños?

20130627

RÍA DE RIBADEO. USOS E COSTUMES DO MAR.- Pancho Campos Dorado

Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xuño actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jesús Alonso: “No nos callarán, hoy y siempre ... “Ría del Eo”. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor histórico do que fala. O nome da ría foi sempre Ría de Ribadeo, e nunca Ría do Eo pois este é un término marítimo absurdo. Pero vamos por partes.
1) Decirlle a D. Jesús que: “galegos e asturianos primos irmáns”, é un dito popular que non quere decir que uns son primos e outros irmáns, quere decir que somos “primos carnais” ou sexa, fillos de irmáns. Pero vostede sírvese do dito, para facerse a “víctima”, como si fora “un primo”. Seu problema, pois a parte que me corresponde coa miña familia de sangre asturiana, seguireina querendo igual e tratando como tal, de familia.
2) O Marquesado da Ría de Ribadeo (BOE núm. 151 Martes 25 junio 2002) parece ser que molestou a algúns “terráqueos” da orilla esquerda da Ría de Ribadeo, que non entenden a tradición mariñeira da Ría de Ribadeo, pois todas e cada unha das cartas de navegación habidas e por haber son da Ria de Ribadeo desde 1776; 1787; 1788 e posteriores ata nosos días para entrar os barcos no único porto comercial da zona conocido en todo o mundo, gracias os mariñeiros, como Porto de Ribadeo.
Non sei si ten vostede algunha das cartas que utilizaban “en 1800 los barcos que navegaban por el estuario que conforma la ria del Eo hasta llegar a la parroquia de Abres, en el Concejo de Vegadeo...”. A ría de Abres é do Concello de Trabada e seguro que non ten ningunha carta de 1800 coa denominación da Ría del Eo, pois daquela non se publicaban chorradas. Pero eu sí, lle podo enseñar varias cartas náuticas de 1787 e tódalas posteriores ata os nosos días da Ría de Ribadeo. Por outro lado decirlle que o Concejo de Vegadeo, en 1800 era a Veiga de Ribadeo. O seu relato non ten linea sin pecado, e non debe esquecerse de contar verdades, pois está poñendo algo por escrito, e non tergiverse noticias que non coñece, pois senon vamos pensar que é un simple “coleccionista de estampitas” das que se pavonea, pero que nada ten que ver a súa afición co rigor da filatélica, e sí máis ben, coas aficións dos nenos a coleccionar cromos.
3) O Ministerio de Fomento en 13 de Marzo de 2008, edita un informe sobre a decisión da Comisión Especializada de Nombres Geográficos del Consejo Superior Geográfico, sobre o topónimo da Ría de Ribadeo, no que dice: “que sostiene con contundencia que el único nombre que debe otorgarse a la citada ría es el de Ría de Ribadeo...”. Entérese D. Jesús, chamarlle Ria do Eo, vai en contra da normativa democrática actual, e por suposto da historia antigua e moderna da Ría de Ribadeo.
4) Hai sentencias dictadas donde a Ría de Ribadeo foi xurisdicción do Principado de Asturias. Efectivamente, por poucos anos, pero non volva a tergiversar, a denominación da Ría de Ribadeo, que dependía do Ministerio da Guerra ou de Marina, e non da xudicatura civil ou eclesiástica que iban conxuntas por aquel entonces, e quenes facían o reparto xurisdicional eran, xeralmente, os bispos de Mondoñedo e de Oviedo. Debido a esto, ata fai sesenta anos, a xurisdición de Mondoñedo chegaba a Navia, pois desde ó 20 de dicembro de 1369 o Condado de Ribadeo chegaba e chega o río Frejulfe. Pero en tódalas épocas se coceron fabas de usurpación, e este afán de apropio da Historia do Reino de Galicia non se empezou ontes. Pero esto queda para outro relato, que eiquí non cabe.
5) O selo do “Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo” é unha preciosidade de fotografía e o díptico unha excelente pintura. Seguro que dentro duns anos valerá unha fortuna. Parece ser que o PSOE (A Mariña de El Progreso, 25-Xuño) non lle gusta a foto e quer debatir na Comisión de Hacienda e Administracións Públicas que o retiren, así como tamén, cambiar a denominación da Ría de Ribadeo, por que “Ría del Eo se ajusta más a derecho” ¿o dereito de quén? ¿que lle parecería o PSOE si o presidente de Chile cambiara o nome do Estreito de Magallanes, pois é unha reliquia marítima da antiguedade, e que a día de hoxe non é relevante, e debera de cambiar o nome por algo máis “axustado o Dereiro Chileno actual”. Igualmente podería pensar o Presidente de Panamá coas cidades de Colón e de Balboa... e unhas decenas de exemplos máis, que son gloria e dereito da Marina Española e non das Comisións de “Ferias, Fiestas y Mercados” o que nos teñen acostumbrados estes “cambistas”. Persoalmente non me gusta a denominación do selo, pois para min debera de ser “A Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo”, todo no idioma galego, pois pertence tanto a orilla de Ribadeo, como a outra orilla de Reboredo ata o río Frexulfe as “Terras de Ribadeo”. Pero en aras do bilingüismo e da fraternidade de ámbalas dúas orillas da que D.Jesús, fala pero non practica, pode estar ben así.
6) Por outra banda, os señores que montaron o tinglado do espacio protexido da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón, “esqueceron” o nome da Ría de Ribadeo, foco principal de outra usurpación toponímica do Reino de Galiza, que seguramente se non se remedia se levará a cabo antes de acabar o século XXI, co beneplácito das autoridades galegas de turno, tanto locales, da Xunta en Santiago como do Goberno de Lugo.
Fixéronse xuntanzas e actos cos alcaldes de Ribadeo e esto é para min o máis triste de recoñocer. Deixáronse levar, como si non acontecera nada, e é de vital transcendencia o defenderse do capricho duns poucos... Primerio D. Carlos Andina, coa inauguración da Reserva da Biosfera é en Santa Cruz de “La Casa de la Ría” a secas sin engadir “de Ribadeo”, a “Casa de la Ría del Encuentro”, ¿de qué encontro? Trouxeron o Sr. Touriño e o Concelleiro de Cultura da Xunta a inugurar a cabana miradoiro da fauna da ría. Logo tocoulle a D. Fernando Barcia, co libriño editado pola “Asociación del Puente de los Santos” en versión galega: “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e en castelán: “La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas”. ¿A que xogan vostedes os nosos representantes civiles? ¿como é posible que fondos públicos que veñen da UNESCO (Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) para programas destinados a promover os valores culturales dos pobos sexan empleados para a usurpación toponímica de Galiza? (véxase “Burónlandia” 01-Outubro-2011 é Burónlandia II, 12-Novembro-2011 artigos en “La Comarca del Eo”)
Agora, a estes señores da Reserva da Biosfera xa lles parece que teñen a plaza de Ribadeo gañada, e o mércores 15 de Maio 2013, tiveron xuntanza no Concello de Trabada e o 31 de Maio no Concello de Ribadeo. Naquela houbo nota de prensa, e nesta non, ¿que foi o que se acordou nestas xuntanzas? ¿ó pobo de Ribadeo non chegou todavía a Ley de Transparencia, Sr. Barcia? ¿que teñen que ocultar que os veciños de Ribadeo non debemos saber, ata que este todo atado e ben atado? ¿será aquelo de que a Reserva da Biosfera é asturiana, como nos decía por carta a AVV “O Tesón”, D. Jesús Valderrábano Luque en Decembro 2012, desde INDUROT a Universidade de Oviedo en Mieres, e que lle contestamos en carta privada daquela maneira...?
Por último decirlle, D. Jesús Alonso Penelas, que sinto non estar dacordo en casi nadiña do que dice e recoméndolle que compre e lea a edición tetra-língüe das “Cartas da Ría de Ribadeo” que vamos a editar nos próximos días a AVV “O Tesón” de Ribadeo, un claro exemplo dun retazo da nosa historia compartida en ámbalas duas orillas e aprenda a toponímia de tódolos rincóns da Ría de Ribadeo, e por certo, párese un intre a ler tamén, como realizaba un barco a maniobra de entrada na Ría de Ribadeo, desde o mar e navegando a vela para fondear en Porcillán ou a volta de Cabanela. Unha verdadeira delicia para descubrir rincóns que á xente intelixente, que lle gusta o mar e os seus enraizados Usos e Costumes, lle encantará.

20130626

Polémicas (rematadas) reacendidas, Barreiros e Ribadeo-ría

A Xunta de Galicia recibe un varapao da Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que lle nega a regularización dos edificios de Barreiros. É a última das polémicas que se reacende. Esta volta, por unha xustiza que se ten tornado aleatoria, en función de intereses e control en moitas ocasións, mentras noutras, as menos en casos nos que intervén a política ou as finanzas, fai honra ó seu nome. Unha xustiza á que só lle teñén confianza quenes cren controlala. Unha xustiza que non fai mella no alcalde de Barreiros, que dice estar seguro polas edificacións xa construídas, visto que os edificios perpetrados que logo son derribados son unha gota no oceano.
Foto cara á ponte dende o faro vello da Illa Pancha, a semana pasada.

A nivel Ribadeo, antonte saltou por enésima volta a polémica do nome da ría, da ría de Ribadeo. As diversas novas (1, 2, 3, 4, ...) parece que son todas máis ou menos repetición dunha mesma nota de prensa que trata ó partido PSOE como un monolito que non é, presentando unha iniciativa no congreso con expresións como 'para más agravio, se hace uso del nombre de la Ría de Ribadeo', ó tempo que pide un axuste ó dereito poñéndolle o nome de ría do (río) Eo e lembrando que en Castropol se puxeron todos os partidos de acordo para pedir un cambio de nome da ría.
O certo é que, á espera da confirmación por parte dalgún representante do PSOE local, diría que non se enterou disto ata que o viu impreso, pero a estas horas en internet tampouco vexo ningún posicionamento en contra da posición, nin do PSOE local nin doutro partido. Xa veremos o que da de si.
Mentras, a lembrar unha nova de hai xa doce anos, na que o PSOE abogaba polo nome de ría de Ribadeo, en contra da actitude pasota da Xunta naquel momento.
Actualización 1:
No xornal de hoxe no papel,
Escaneada por Capón López Pérez
 Actualización 2:
O selo, escaneado por min (aquí, como saiu hai un mes), a tamaño máis ou menos real. A dicir que, en contra do dito polos seus detractores, Castropol vese, se ben a medida que se alonxa un punto da foto, hai unha cobertura de vapor como moitas veces se da na ría, e ó quedar máis lonxe Castropol que Ribadeo, pois vese peor. Por certo, que aínda está dispoñible na oficina de correos, como puiden comprobar esta mesma mañá.
Actualización 3:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/260621-jose-blanco-critica-partido-reabra-debate-nombre-ria-ribadeo ... onde se especifica que o PSOE renuncia a debatir a iniciativa no Congreso é dicir, por ista, tema zanxado.
Actualización 4, xa xoves 28, e última (de xurdiren máis, será en entrada diferente:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/27/ria-ribadeo-enfrenta-diputados-psoe/0003_201306G27P14991.htm

20130625

ELLOS AL BOLLO Y … ¡LOS VIEJOS AL GUETO!

José Mª. Rodríguez, Portavoz de la Plataforma pro Residencia de Ancianos de las Asociaciones de Vecinos de Ribadeo
  La progresiva decadencia demográfica de Galicia y el envejecimiento de su población no solo provocan la magnitud del problema actual, sino que presagian el negro futuro que le espera a la gente mayor de esta Comunidad. Concentrarla en macrogeriátricos es la solución que el PP pretende dar a este grave problema desde la Xunta. Aquella tan cacareada promesa de “acercar los servicios a los ciudadanos”, que utilizaron como pretexto para justificar la implantación del ruinoso Estado de las Autonomías, es ahora conjugada en pasiva con su nueva política de “acercar los ciudadanos a los servicios”. Porque esta es la solución que la Xunta está ofreciendo hoy a este grave problema. Condenar a los ancianos a acabar su vida, concentrados en lejanas residencias, alejados de su entorno familiar y vecinal, sin importarles el sufrimiento y la pena con que vivirán sus últimos días y el perjuicio económico que esta separación implica para ellos y para sus familiares. Pero esto es lo que se impone cuando el dinero público es consumido sin escrúpulos por una clase política que, enchufada en las instituciones superfluas de la sobredimensionada estructura actual del Estado, devora insaciable la mayor parte de los impuestos de los contribuyentes. Ellos al bollo y… ¡los viejos al gueto!
  Porque, ¿qué otra cosa pretende, sino, el PP con su política de apoyo y respaldo a las grandes residencias, como la que presta al proyecto de ese nuevo Gaiás que es el macrogeriátrico que una empresa privada pretende construir en los montes de Guitiriz? ¿Qué otros intereses le mueven a colaborar con ese gran proyecto privado en un lugar tan aislado y difícilmente asumible para la capacidad económica de la mayoría de las familias gallegas, mientras niega su ayuda a la creación de pequeñas residencias públicas en las poblaciones? ¿O no es eso, acaso, lo que está haciendo Beatriz Mato desde su Consellería, con su negativa a participar en la construcción de una residencia para Ribadeo, tan apremiantemente demandada por este Concejo? Concentrar los ancianos en un monte aislado, alejado de la población de origen de los acogidos y de sus familiares y vecinos, es elegir la solución de aquellos famosos guetos, de infausto recuerdo, en los que otras culturas de triste memoria confinaban a ciertos colectivos que consideraban indeseables. Una solución inhumana, rechazada por los sociólogos que recomiendan la construcción de residencias pequeñas, integradas en la sociedad a la que pertenecen los acogidos. ¿Pero, qué se puede esperar de una Conselleira para la que su promesa de reanudar el diálogo con la comisión de este Concejo en esta primavera no fue más que un “flactus vocis”?
  Y, salvando la favorable adhesión del señor Valín Valdés, portavoz municipal del PP, a las reclamaciones de una residencia para Ribadeo, ¿cuál ha sido la actitud del Presidente de la Agrupación del PP de este Concejo ante las clamorosas demandas del pueblo, proclamadas por sus Asociaciones de Vecinos? La respuesta del Presidente local del PP, “et cum illo quibusdam aliis ejusdem furfuris”, afectados de tortícolis de tanto mirar hacia Santiago, no ha sido otra que una acerba crítica en los medios de comunicación contra la pasada manifestación pro residencia y demás actuaciones llevadas a cabo por las plataformas reivindicativas, vecinales y municipales, de este Concejo. Temeroso de que otros partidos se coloquen los laureles del éxito en la próxima contienda electoral ha optado por una cobarde y servil sumisión a la postura negativa de sus dirigentes políticos, no dudando en sacrificar los intereses de los vecinos de Ribadeo a su personal interés político. Eso es, al menos, lo que el presidente del PP de Ribadeo manifiesta con su aplauso a las actitudes de la Conselleira de Benestar, empeñada en condenar a los ancianos del Concejo de Ribadeo a pasar sus últimos días, generalmente contra su voluntad, en residencias tan alejadas como Vigo, Chantada, Quiroga, etc., sin importarle ni el sufrimiento, ni el coste económico que esa lejanía supone para ellos y sus familiares. Un trato bien distinto al que, con su política de acercamiento, están dispensando a los mismísimos presos de ETA. Pero frente a esta negativa sensibilidad del PP, y a su pesar, tanto las Asociaciones de Vecinos de Ribadeo, como los portavoces de los partidos políticos de este Concejo y todos apoyados en este esfuerzo por la Diputación Provincial, continuarán sin descanso su lucha hasta la consecución de la meta propuesta. Un objetivo urgente para esta villa y que los ribadenses ansían ver pronto hecho realidad.

Palabra de ministro

E Wert falou. O 6,5 como nota mínima para pobres. Os ricos poden pasar sen nota, é intrascendente: Sempre haberá quen lles venda un tituliño se quixeran. Os pobres, con menos de 6,5 deberan estar noutra cousa. Non especifica na súa sabiduría Wert, sabendo que cada un é diferente e polo tanto as respostas poderían ser múltiples, como o paro, ou a procura de emprego, por poñer dous exemplos doados. Ah, que o señor Wert dicía 'estudando outra cousa'! Quizáis fóra simplesmente unha indicación de outro oficio na fp para non atopar logo emprego en troques de outra carreira universitaria... os designios de Wert son tan intelixentes que se escapan. Por iso non comprendemos que quen sexa pobre por herdanza (lembremos, son os pais que son pobres os que traen ó mundo nenos e nenas pobres) necesite ser máis intelixente, esforzarse máis na vida, para ter menos, comezando pormenos posibilidades. Que é iso da igualdade? Por que cremos entón que o goberno está suprimindo as axudas á igualdade?
Quizais haxa outra explicación, a que da a viñeta de Fontdevila:

20130624

Nota de prensa da xuntanza da Mesa de Asociacións mantida o 21 ás 21.


Nota de prensa
Mesa de asociacións do concello de Ribadeo
20130621
Representantes de varias entidades reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
-En primeiro lugar, como introducción ós puntos a tratar, pasouse revista ó feito na xuntanza anterior.
-Pasouse logo á participación das asociacións na xestión da Reserva da Biosfera, onde se analizou diversa documentación e se viu que na actualidade a Reserva da Biosfera está na fase de alegacións ó plan por parte dos concellos integrantes, algo que se podía facer extensivo a todo o mundo, asociacións incluídas, tendo en conta que xa na xuntanza anterior saíra á palestra o aínda inexistente plan de ordeación de recursos naturais da ría (PORNA). Acordouse pedir ó alcalde os datos da normativa de participación.
-En relación á adhesión ó escrito da plataforma da área sanitaria da Mariña, acordouse a adhesión. En relación ó tema sanitario, falouse tamén do Centro de Saúde de Ribadeo, no que hai oito prazas de medicina xeral e 4 de urxencias. Non obstante,hai un médico de medicina xeral de baixa sen substituír hai un ano, co correspondente reparto de pacientes entre os outros e lento trasvase de cartillas a outros médicos, o que indica un desdeixamento da praza e unha posible supresión no futuro, na liña de deterioramento da sanidade pública. Quedouse en facer un escrito denunciando o feito e apoiando a que o servizo prestado en Ribadeo sexan as oito prazas acordadas.
-En relación ó nome da ría, a AVV O Tesón manifestou estar a facer unha publicación que espera ter lista este verán.
-Pasouse logo á participación cidadá, onde se acordou retomar o tema, tomando como punto de partida a documentación xa xerada pola mesa hai varios anos, de cara a unha nova proposta na próxima xuntanza, que será celebrada a comezos do outono.
Xa fóra da orde do día, falouse do pouco uso que está a ter a ordeanza de medio ambiente e das consecuencias dalgunha política seguida no concello e relaciondaco anterior, como o pacto de boa vontade para os depósitos previos ós permisos, e a obtención de permisos, para a saca de madeira, que a pesares das dificultades para a obtención de datos en relación a outros concellos, sábese que non funciona.

20130621

Adeus ó "Dura lex, sed lex"

Deixo a ligazón á última viñeta de Manel Fontdevila na que un operario está a levarse un carteliño ben feito coa lenda "Dura lex, sed lex", mentras baixo da estatua representado a xustiza equilibrada un pudente e un togado escriben de xeito chapuceiro, aínda que tentando poñer tento, 'to er mundo e güeno'.
Cabe lembrar que a lenda retirada tradúcese como que a lei pode ser dura, pero é a lei. A morea de casos nos que xente con poder parece escaquearse das consecuencias de exercelo a conta dos demais, de moitos xeitos diferentes, xunto co entorpecemento ó acceso ó exercico da lei poñendo un raseiro de entrada cada vez máis elevado, e á falta de transparencia institucional/dificultade para ver que fai o poder e, de xeito asimétrico, a total transparecia do cidadán común, xustifican ó meu ver a viñeta de Manel.
Hoxe mesmo levanteime coa idea de reseñar no blog unha nova marca hispánica: o aumento de millonarios (coido que un 5%, en plena recesión e diminución da renta per cápita, co que ó resto nos toca aínda máis diminución, claro) en España, pero atopei que dito aumento é unha consecuencia, e polo tanto, debe darse prioridade ás causas que son capaces de producilo, entre outras consecuencias. E a percibida asimetría legal é unha delas.

20130620

Residencia de anciáns

Poucas novidades. Ise é o resumo depois dunha nova xuntanza. Case conta máis o detalle, como o título de 'residencia de maiores' como máis político que 'de anciáns' na nota do concello, que a novidade do chamamento á orde que fai a comisión e o alcalde como presidente, á Consellería por incumprir unha volta máis a súa palabra dada. Ou as diferentes versións en dixital ou en papel da nota do concello dadas polos diferentes medios (Crónica 3, Cope, e polo momento, o resto en papel)
á xuntanza asistiu mesmo o Vicepresidente da Deputación e deuse como nova que no pouco que queda do mes haberá un pleno para recalificar terreos no que se deixará explícito o terreo das casas dos profesroes para a posibilidade de construcción dunha residencia. Xa hai terreo con autorización (e máis esperando dunha reforma no PXOM ou o convenio para cambio de propiedade, se fora o caso)
En canto ós cartos, a Deputación comprométese, o concello tamén, e reclaman a participación da Xunta, que polo momento só ofertou un convenio dalgunha prazas cando estivera feita. E aínda que considerando o longo prazo coido cabería valorar cal das opcións poidera ser máis ventaxosa, na actualidade, a necesidade marca a preferenza.
A cousa segue. E non só porque vaian seguir as xuntanzas, a presión da comisión, os veciós presionando ... senón tamén porque o concello xa comezou a mover papeis e cálculos, estimando o custe en algo máis de dous millóns de euros, para o que á forza se tiveron que facer algúns planos e asemae, asumir o concello unha parte de gasto (como xa se tiña falado con anterioridade), xunto con Deputación, xa apalabrado, e Xunta, a quen se lle volta pedir.
Coido que a etiqueta 'residencia' no blog servirá para facer un seguemento máis detallado a quen queira ...

20130619

Paro en Ribadeo (ou noutra vila)

A semana pasada un amigo púxome nas mans unha interesante ligazón. A partires dela, por exemplo, cheguei a 'desemprego en calquera cidade', e probei con Ribadeo. O resultado:
O caso é que levando o rato a calquera punto das gráficas da os parados nese momento (trimestral); así, o paro total en Ribadeo resulta, unha vez elaborada a táboa:


Datos que por certo no SEPE, de onde foron obtidos, son difíciles de recoller a non ser que se teña automatizado o proceso como o ten Germe, plataforma que o que fai é tentar ofertar datos que as administracións retorcen para dalos atopado os cidadáns.
Os datos do paro son abondo autoexplicativos como para máis comentario ...


20130618

UTILIZACION DE HERBICIDA TOTAL SISTEMICO POR PARTE DO MINISTERIO DE FOMENTO, TANTO NAS ESTRADAS NACIONAIS COMO NAS AUTOVIAS

Artigo de José Ángel Salvatierra Rico

Desde hai aproximadamente dous anos, o Ministerio de Fomento, no que compete a provincia de Lugo, está aplicando herbicida total nas cunetas, arcéns e taludes das estradas da súa competencia, e da autovia do Cantábrico dende Ribadeo dirección Baamonde. Non o está a facer polo momento, na autovia A Coruña - Lugo, mais tamén o fixo nas estradas N- 634 e N-642.
Este tipo de desbroce químico, pola información que recollín en internet, estáse a facer noutras partes de España, en Andalucía por parte da Conselleria de Obras e tamén na Comunidade de Castela a Mancha. Nesta última mesmo nas estradas das Deputacións. Desgraciadamente parece que a fumigación de cunetas con herbicida non é exclusiva de Galicia, aínda que aquí, eso si, sempre copiámolo peor. Coa diferenza agravante que aquí chove máis que en calqueira outro sitio de España, e así pois a posibilidade de contaminación por arrastres de augas a regatos e mananciais é maior.
Esta forma de limpar de maleza as estradas (eu diria que de ensuxar) tan só se ve en España. Eu, que levo percorrendo distintos países de Europa nos últimos vinte anos, non vin o mesmo polo mundo adiante. Fai un mes que percorrín Portugal de norte a sur, e viceversa, con rota distinta, e non atopei estradas fumigadas. Se a disculpa é a crise para aforrar, Portugal esta peor ca nós, económicamente me refiro, e non fan esto.
Ó secar a maleza co herbicida, as cunetas e arcéns convertense nunha gran “mecha” permanente todo o verán ó longo das estradas para a propagación do lume. Aquí se produce unha contradición máis entre as distintas Administracións, pois a mesma Conselleria de Medio Rural na Lei de montes de 23 de xullo do 2012, recolle a obrigatoriedade de gardar distancias de plantación, dende o límite do dominio público das distintas vias, como autoestradas, autovías, corredores, estradas convencionais, pistas forestais, etc, con distancias que van dos 2 ós 6 m dependendo da especie de árbore do que se trate. Todo elo para evitar a facilidade de propagar os incendios e ó mesmo tempo propiciar que as vías fagan de cortafogos. Pois xa vemos a coherencia dos nosos responsables políticos. No papel do BOE ou no DOGA se recolle, e logo na realidade de cada dia, esto non fuciona. Que di a Conselleria do Medioambiente? Nada. Véndennos Reservas da Biosfera, Redes Natura, ZEPAs, LICs etc, etc. e logo envenenan o medio, cando verdadeiramente non é necesario, a parte de provocar un gran impacto ambiental. Non teñen a máis minima sensibilidade, nin gusto pola paisaxe. Ata esto nos quitan, que é do pouco que a natureza en Galicia nos da gratis, pero entre todos empeñámonos en destruir. Ecoloxistas en Acción de Andalucia ten denunciado estas fumigacións diante da Conselleria de Medio Ambiente, pois estánse a facer fumigacións con herbicida ata en pistas de Parques Naturais. Esto xa é o máximo. Hai que facer algo.
Respecto o Concello de Ribadeo, está permitindo que -na estrada do monte e algunhas outras tamén- se aplique este tipo de herbicida dende fai abondos anos, por parte dos titulares das distintas fincas, tanto en cunetas como en taludes. Eu xa lle comunicara esto a concelleiro de medio Ambiente no seu dia, pero a cousa non se detén, se non que vai a máis.

In Ribadeo, magazin alimentar românesc

'Abre unha tenda rumana de alimentación en Ribadeo a principios de xullo. Esperamosvos!'. 
Iso (máis ou menos) é o que di o cartel que vin onte por Ribadeo, co fondo da bandeira de Romanía. As fotos son de preto da estación de autobuses.
Polo que parece, e por se alguén non se decatou, a emigración xa está aquí, por máis que algunhas veces non se vexa, oculta no anonimato ou no interese por pasar desapercibida, ou mesmo non interese vela ou non se conciba como pode haber emigración cara un lugar co número de parados que existe por aquí.
Ata agora abrían tendas os chinos, as maiores de Ribadeo, pero parece que outros colectivos se animan a facerse un oco na actividade económica autónoma de Ribadeo. Quizáis sería cousa de lembrar que en certo xeito, Ibáñez era inmigrante dos Oscos, ou que a poboación que sae na procura da vida fóra do seu entorno ten un estímulo vital medio que é superior ó que ten a xente que se queda á procura da supervivencia facendo 'o de sempre'.

20130617

gaivotas en terra ...

Mariñeiro na taberna.
Iso di o refrán. As fotos da temperie destes últimos días amosan algo así como a parte práctica do refrán.
As tres primeiras son tres momentos de evaporación, con néboas, despois de chover sobre terra á que lle deu o Sol un anaco, un momento, en diferentes lugares e días, todos no mes.


 A seguinte, un momento de paz temporal a traverso dunha estrutura dun cartel 'momentáneamente' sen función no forte de S. Damián.
 E a última, onte mesmo pola tarde, confirmando o dito: 5 gaivotas sobre o fondo do ceo (ver foto seguinte e ampliar se é preciso ...)
A temperie segue a ser cando menos, peculiar.

20130613

Porque aquí no va a la cárcel ni dios

Ó final da proposta B de selectividade en Galicia para lingua castelá é nidio e cortante. O texto, de Manuel de Castro, Crónicas de la emigración, 21/1/2013, adaptado, faría pensar ós alumnos que 'Spain is different': amosaba a confesión de Lance Amstrong e contrapoñíaa ó que sucede en España. No deporte, si, pero sobre todo, en políticos e financieiros.
Hai unha cousa coa que non concordo: en base a que 'o fai todo o mundo', debido a que 'todo o mundo' enfróntase ás probas en contra do seu comportamento cun sorriso e mantendo a mentira, en base a que 'todo o mundo'  público e cheo de lixo, nas últimas décadas ocultou a súa cara e esquivou pedir perdón, en base a iso, afirma o autor que fan ben os que así actúan. É un xeito de aplicar aquilo de 'en terra dos lobos hai que ouvear como todos' co que non podo concordar. Se non defendemos facer o ben, remataremos sinxelamente 'facendo ben' e de paso, cargándonos a ética e o futuro.
Quizais non sexan bos tempos para a denuncia, de tan afeitos que estamos á corrupción. Quizais a fartura de denunciar mentras se ve que aumentan os motivos para facelo e as denuncias non teñen consecuencias produza un perigoso fastío. Si, o quizais só vela un pouco o feito real destas cousas, o fastío, que se está a dar. Pero o quizais deixa un resquicio á esperanza. Un resquicio que hai que aproveitar. E loitar. Quizais hoxe dende a minoría e mesmo a marxinación do sistema. Hoxe. Se queremos un futuro hai que comezar a construílo. Hoxe.

20130611

Q. É cu?

O concello remata de recibir a Q de  calidade turística. Mellor dito, as Q, e a bandeira verde, ademáis.
Por queixas que se oen de cando en vez, parece que deberan recibir o cu.
A realidade, nin tanto, nin tan pouco, pero mentras que se quere facer visible o que interesa a cada quen e ocultar ou sinxelamente, ningunear, o que non interesa dende unha visión particular, pois así andaremos.
O certo é que a recepción de galardóns sempre supón un recoñecemento, aínda que nalgún caso (coido que non neste) poda parecer máis recoñecemento de amizades ou contratos, e debera dar un impulso positivo ó mesmo proceso ó que se recoñecen os méritos. Polas verbas dos políticos implicados, pódese esperar que sexa algo así. E polas verbas e escritos ods outros?
Ben, coido que a estas alturas débese aclarar de que non se trata de ir detrás de quen ten o poder para dicir a todo que si como xeito de facer país, senón das críticas construtivas e o traballo conxunto para que todos sintamos esa construción do Ribadeo que queremos. Algo que por certo, está aínda por se definir.

Estafa autorizada? Xa non é nova!

Xa non sorprenden novas como a que remato de ler en Galicia Confidencial: Nova "quita" do 13% ás preferentes de Novagalicia. Nin tampouco que un deputado cobre por dous sitios diferentes o aluguer dun piso de luxo en Madrid, ou que alguén que apenas sabe ler deba entender o galimatías das preferentes, mentras un político non deba saber que hai que declarar pŕestamos de deceas de miles de euros, ou as mentiras tras mentiras de goberno e cia, ou a traición dalgúns sindicatos (mellor dito, da súa cúpula), ou mesmo as continuamente ben traídas viñetas de Fontdevilla ...
Así pois, necesitamos voltar a ter capacidade de asombro, e con ela, de reacción. E con ela, de rexeración social, de ilusión, ... Claro que antes quizáis debamos comprender que ante feitos dos que agora se chaman 'fortes', a reacción tamén terá que chamarse 'forte', ser consecuente.
O verán ten, co seu aumento de luz, un efecto moitas veces (non sempre) atemperante, reconstituínte, que fai que cadaquén se reconcilie en certo xeito consigo mesmo, se recompoña. Cousa de aproveitar para sobrepasar unha crise que nos ten sobrepasados, que agora vai por diante de nós e parece que non a poderemos alcanzar, a pesares dos 'brotes verdes' anunciados (aínda que agora non os chamen así, que esa expresión xa se fixo acreedora de mala prensa).
Por iso é mala a nova de que os meteorólogos franceses anuncian un verán frío, frío, e non hai quen os desminta nin os apoie: déixanos sós do mesmo xeito que déixannos sós a nós, unha volta que nos quitan todo e nolo voltan quitar: deste xeito, non deixan nin a esperanza de que remate o desespero. E mentras os grandes titulares acaparan a atención, cousas máis pequeniñas son tratadas con certa displicencia: son pequeniñas, sen importancia, din, cando todos sabemos que as pequenas cousas son a sal da vida e a base das maiores.
Si, hai moitas cousas que cambiar, tamén én nós, seguramente. E para cambialas, hai que comezar ... A iso imos.

Pintores lucenses III - Nove artistas representativos

Un novo traballo de Celia Castro, Pintores lucenses III - Nove artistas representativos, referindo diversos autores, incluído Suso Peña ...

20130610

Bandeed, con empresario ribadense, promovendo un concerto de Zahara en Ribadeo


A info, en http://www.bandeed.com/concierto/zahara. O concerto, en Ribadeo, cine teatro, o 17/8 ás 19:30. A pantalla de anuncio do concerto de Zahara:
O sistema, Crowfounding. E, collendo xa as entradas, prezo antebaixado.

Sobre un indicador económico

Hai uns días, o venres, vin na Voz de Galicia unha táboa que me chamou a atención. Estaba asociada á nova 'o ritmo de creación de empresas repunta en toda España' (táboa non reproducida en internet). Con algo máis de tempo, fun ampliar a información ó INE e completala coa poboación correspondente e cunhas sinxelas contas e gráficos. O resultado está embaixo.
A primeira gráfica corresponde ó número total de sociedades mercantís ('empresas') creadas no mes de abril, tamizadas polo número de habitantes de cada entidade. Independentemente de que debido á escaseza de creación, os números podan resultar en algunha comunidade abondo aleatorios, e facilitar o titular tipo 'España vai ben' facendo caso omiso doutros factores, a gráfica representa a actividade en relación ó número de habitantes (nº en relación a 1 millón de habitantes), dando unha idea da potencia económica de cada zona e as diferenzas entre zonas. Dentro de Galicia, a beira atlántica segue sendo máis dinámica económicamente que o interior. E en España, as zonas tradicionais seguen sendo as máis puxantes, encabezadas por Madrid, pero con algunha sorpresa, como o terceiro posto en creación de mepresas que corresponde a Andalucía ou o modesto lugar do País Vasco. O conxunto de Galicia ocupa un lugar medio, pero máis ben cara enrriba na liga interrexional, aínda que o balance xeral polo número total de empresas faga dicir ó xornal que que a creación de empresas en Galicia é algo menor que o peso que lle corresponde en relación ó peso económico. Isa é a visión xeral se nos dixamos guiar só polas empresas creadas. Pero tamén hai que ter conta as empresas disoltas, e aí, dentro de Galicia, vemos como o balance total de empresas constituídas menos empresas disoltas se inclina a favor de A Coruña máis que o aparente de Pontevedra, e Ourense supera a Lugo. A nivel estatal, Baleares achégase á primacía madrileña, Cataluña avanza postos, e Galicia tamén os perde.
 A segunda gráfica amosa o cociente entre o número de sociedades creadas e disoltas. En tódalas entidades provinciais ou autonómicas a ratio é maior que 1, pero nelas Lugo case lle disputa a Ceuta o posto inferior. A nivel estatal, destaca Murcia dun xeito sorprendente alomenos para min, quedando Cataluña, comunidade Valenciana e Castilla-La Mancha agrupadiñas a continuación na creación neta relativa de empresas.
 A continuación, a táboa que soporta os datos.
En conxunto, e de xeito illado, os números non poden indicar o medre na creación, pero isa análise necesita de máis datos e atéñome polo momento ó que indica o xornal. Consideraría, iso sí, unha boa noticia sinxelamente que a ratio empresas creadas/empresas disoltas sexa maior que 1, cousa que sucede. E como se traduce isa boa nova cara á xente? ...

20130609

2013 en Ribadeo, campeón!

Copio aquí máis ou menos o que xa puxen en fqRibadeo.
2013 está feito un campeón. Con datos da estación meteorolóxica Pedro Murias, e aínda que queda moito ano, a maioría, polo momento manténse destacado nos dous indicadores máis considerados de temperie. O primeiro, a temperatura, ven dada na liña 'gorda' da gráfica de embaixo, e vemos que dende que infrapasou ó 2009, segue aumentando día tras día a diferenza, que xa chega a tres décimas de grao. A estas altura do ano, o 2007 levaba unha media de temperatura de dous graos superior, aínda que logo chegou ó fin de ano case empatado co 2009, mercede a moi baixas temperaturas en novembro e decembro. Neste 2013, tendo baixas temperaturas en xeral, o mes que marcou a tendencia foi maio, e xuño polo momento acompáñao.

En canto á chuvia ... Onte chegouse a un total acumulado no ano de 815,2 L/m2. A táboa e gráfica inferiores amosan que así sobrepasouse xa a chuvia caída outro ano máis, ista volta, 2001, co que xa leva caído máis chuvia que en todo 2004 (o máis seco do século), ou 2011, ou 2012 ou 2001.
 En canto á distribución da chuvia, o mes máis chuvioso foi xaneiro, que bateu de longo ós xaneiros do século. Febreiro só chega ó segundo posto na clasificación secular provisional, pois é superado polo febreiro de 2006. Marzo volta a encaramarse ó podio, e maio, aínda que ista volta, pola mínima. así, só quedaría abril como un mes 'normaliño' para a chuvia.

20130607

Natureza de retorno en Ribadeo

Fagamos un descanso. Un home desaparecido, a probable (e para min cando menos curiosa) supresión de horarios no FEVE ou a última entrada de onte sobre o nome da ría de Ribadeo deixan paso por un intre neste post á natureza. Unha natureza que retorna a nós de xeito recurrente aínda que a nivel global se vexa cada vez con menos forza.
As dúas primeiras fotos son da colección de xardíns colgantes. A primeira, preto da autovía, nunha casa abandoada, con blasón que presta adorno ó xardín acubillado nunha beira da fiestra.
A outra, na r/ Bispo Sarmiento, case xa rúa da muralla, cun tellado florecente que da gusto velo se se fai caso omiso da casa que o acubilla.
A terceira tamén é representativa dun avance da natureza. Hai trinta anos a zona de masa verde que se ve despois do oco correspondía a un vertedoiro fumeante que recibía ó visitante do faro tanto como ós barcos que se aproximaban á ría. Despois dunha rexeneración sen axuda, seguen existindo restos, pero hai que ir na súa procura para que unha persoa non especializada poda decatarse de que aí houbo un vertedoiro do lixo de toda a poboación.
O que queda é un vídeo. Corresponde ó xardín, a charca que resulta da fonte adorno do que se quixo xardín de indianos. Aí aparecen primeiro ras, logo peixes, en harmonía e convivencia nun espazo pequeno e abandoado boa parte do tempo. Mesmo diríase que ambos chegaron aí de xeito espontáneo ...


20130606

A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico

O mércores 15 de Maio celebrouse en Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo tanto descoñecemos quen estivo na xuntanza, cal foi a orde do día, os acordos se os houbo, etc.


Na xuntanza de Trabada un dos obxectivos prantexados é aprobar o documento básico da Reserva das Biosfera.
Pois ben, se non se cambiou a redacción do documento inicial, neste figura 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría del Eo o de Ribadeo.
Como xa empeza a saberse, pesie aos reiterados esforzos por ocultalo, o día 12 de Marzo de 2008 a Comisión de Nombres Geográficos do Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “… no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erroneo…”.
Este acordo foi rexeitado por unanimidade polo Parlamento asturiano tras unha moción de Izquierda Unida, pero curiosamente non foi recurrido en via administrativa e tampouco foi recollido nen publicitado polo concello de Ribadeo. Despois saeu o libriño, editado pola Asociaciación Puente de los Santos, en versión galega e castelá baixo os tiduos “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas” redactado no outono do 2008 e repartido polo Sr. Alcalde de Ribadeo aos colexios, foto na porta do concello incluida, o día 18,05,09. O devadito libriño utiliza, na edición castelá, a formula Ría del Eo e na edición galega a fórmula Ría do Eo ou de Ribadeo en aberta contradiccón co acordo da GENC. Xa teño publicado que centos ou miles de escolantes e profesores terán ocasión de aprender ao longo de moitos anos que esta ría ten dous nomes, gracias a colaboura inapreciable do Sr Alcalde de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia.
Recentemente o concello de Ribadeo ven de aprobar unha rua co nome de Ría de Ribadeo, mesmo hai poucos días ven de aprobarse por unanimidade una moción sobre o nome legal da ría e mais sobre o uso preceptivo dos toponímicos oficiais por toda a administración pública española.
Efectivamente o art 19-2 do RD. 1545/07 que regula o Sistema Cartográfico Nacional di textualmente: “… Salvaguardando los intereses y necesidades de la Defensa nacional, la Cartografía Oficial Registrada será de uso obligatorio para todas las administraciones públicas…”. Enténdese que se refire a actos e documentos de carácter oficial, o que tamén está perfectamente definido na Lei 7/1986 de Ordenación da Cartografía.
Dito o anterior volvemos ao comezo. A documentación básica da Reserva da Biosfera utiliza 18 veces a expresión Ría del Eo e unha vez a expresión Ria del Eo o de Ribadeo. Suponse que o Sr. Alcalde de Ribadeo será a persoa mais indicada para lembrarlle aos membros da xestora que os documentos da Reserva están obrigados a utilizar os topónimos legais e neste caso o da Ria de Ribadeo. Para ésto non fai falla provocar polémicas, nen aspaventos dos que xa estamos ben sobrados, abonda con poñer a cada un no seu sitio.

Despertando a sociedade, onte en Ribadeo

Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova):
"
Plataforma Sanidade A Mariña

Ribadeo, un pobo esperto, sensibilizado cos recortes na sanidade pública en xeral e o progresivo desmantelamento da sanidade pública na Mariña en particular.

Un pobo preocupado e informado é máis difícil de manipular e de manter na inacción e ao longo da mañá de hoxe así o demostrou coas súas mostras de apoio, as súas firmas, as súas preguntas, preocupacións e algunhas achegas económicas para poder continuar desenvolvendo o labor de denuncia que esta plataforma leva realizando dende hai 3 anos e que o goberno do PP quere acalar mediante sancións económicas, represión e persecución cara a aquelas voces que queren informar e concienciar sobre as nefastas políticas sanitarias deste goberno neoliberal e as súas consecuencias para a cidadanía da Mariña.

Grazas Ribadeo! Vémonos nos mercados e nas rúas por e para a defensa da sanidade pública xa que non nos van calar!

"
Supoño que as fotos sairán hoxe na edición impresa dos xornais; a estas horas non veo en internet máis que a que deixou o alcalde en Fb con cola ante a mesa cos papeis, e a deste artigo de crónica3. (correspondente á nota de prensa enviada, e que recibín tamén eu e reproduzo embaixo). Polo que di o alcalde, a recollida de sinaturas foi un éxito:
"
Hoxe no mercado, coa Plataforma en defensa da sanidade pública, recollendo sinaturas de apoio a esta reivindicación. Estou abraiado polas ringleiras de xente agardando para asinar o manifesto de apoio e contribuir economicamente a axudar a pagar a multa q lles impuxo a delegación do goberno pola manifestación en Burela hai varias semanas. Multan por defender a sanidade pública e a dignidade. Pois aquí vese a resposta do pobo!
"

 A segunda convocatoria chegoume tamén por internet/Fb, pero non a vin nos xornais, e se sae algo neles algo sobre que pasou, calculo que pouco será. Foi reducida en asistencia, en lugar cerrado (que non pechado, tanto pola asistencia libre como pola porta aberta). Aí vai:
" 
Esta tarde, a las 19 hrs., en el Lavadero de Ribadeo charla-debate sobre propuestas de acción de la clase trabajadora desde la base, sin comités de empresa, sin elecciones sindicales ni sindicatos subvencionados por el estado. Hay otras formas de organizarse sin intermediarios.
"
A esta si que puiden e quixen ir. Aínda que polo visto, fun cunha idea equivocada, xa que se trataba de impulsar para formar o sindicato CNT en Ribadeo. Non sei se a cousa irá adiante, depois de que algunha ribadense se puxera en contacto con eles e viñeran ó que resultou ser unha charla presentación do sindicato abondo ilustrativa. Non sei o que dará de si, pero ogallá dé abondo.
En fin, dúas convocatorias que mobilizan un povo que coido que cada vez está máis sensibilizado e comprometido, aínda que entendo que o nivel de compromiso é aínda abondo baixo.

20130605

Anacos escollidos de 'Sobre a moral e o mercado', de Gabriel Jackson

Recollido de El País, 13/07/2008 ... algo xa vello ...
'O mercado, se non se regula, é completamente amoral'
'O mercado non se preocupa polo destino dos individuos, salvo nas súas fucnións de traballadores e consumidores'
'Un xeito frecuente d enon cumprir as normas existentes era encher as comisións supervisoras de conservadores que non crían na lexitimidade das normas'
Toda prosperidade e xustiza social no mundo depende, á hora da verdade, da honestidade e transparencia das actividades económicas. É cuestión de leis e moral. Ten que haber leis que protexan ós que non son especialistas, os qu enon son ricos e os profesionais das finanzas que queren actuar con decencia e necesitan ter a seguridade de que os seus competidores van aterse a unhas normas xustas e claras'

Política e paro

As dúas p, que non PP, tiveron efecto en Ribadeo.
A primeira, coa presentación da agrupación de Anova en Ribadeo, con Jorge Díaz Freije e Xavier Chao Lolo como cabezas visibles polo momento. Jorge provén da estrutura do PSOE, rastreable de xeito doado na rede, mentras Xavier que eu saiba non estivo integrado en estrutura política algunha, pero ten un longo rastro de activismo como pode verseno seu paso por a Plataforma de defensa da ría de Ribadeo ou aquí.
O outro,o paro, viu da man da comparación do paro comarcal, provincial, galego e estatal.
a gráfica a continuación está realizada apresa e correndo con datos do xornal sobre o paro na Mariña. A primeir adas gráficas da unha perspectiva máis fiel, pero a de embaixo dáa máis resaltada.
 Entrambas e a táboa, o único que se deduce é que este maio (un mes que estacionalmente é favorable) foi mellor que o pasado, e que na zona levamos tres meses de decrecemento do paro. De aí a dicir que a cousa vai ben, coido que hai un bó treito, tanto polos números en absoluto como polas condicións de traballo.

20130604

20130603

Non é ouro todo o que reloce

-->
... tampouco temos que facer relocer todo ouro.
Dende hai moito tempo, a humanidade procura o ouro máis como símbolo de poder que como outra cousa: o seu uso industrial é moderno e limitado, e o seu emprego para a estética foi o que determinou a súa importancia como símbolo de poder.
Ben, se hoxe en día os avances diversos permiten diversificar a estética, o ouro non é nin moito menos, insubstituíble. O que fai que o seu valor non śo se manteña, senón que se incremente, é o seu significado como símbolo de poder, no que constitúe unha burbulla que non se pode pinchar porque é inmaterial, básase no intramado ideal que foi construíndo recíprocamente a sociedade nas nosas mentes e as nosas mentes na sociedade. Para desinchar a burbulla, o que se necesita é un cambio de mentalidade...
E, chegados aquí, temos o proxecto de Corcoesto, que provocou manifestacións no primeiro fin de semana de xuño en Galicia, e os traballos que van poñer en marcha a que será a mina de ouro de Tapia. Centrémonos nun. Por proximidade, Tapia.
Farán a posta en marcha os tapiegos? Non! Os asturianos? Non! Quen o fará, pois? Os canadianos! !? Ben, na realidade, non 'os canadianos', senón unha empresa radicada no Canadá, propietaria doutra que para facela máis confiable incorpora no seu nome a verba 'Astur': Asturgold.
O proxecto leva pasado diversas reviravoltas e cambios de empresa, sempre de matriz extranxeira. Tivo sempre fronte a el un grupo importante da sociedade de Tapia e da comarca, e a favor, o que poderiamos chamar a élite asturiana e, doutra beira do edificio social, xente que mendiga por un posto de traballo e que é prometida pola élite. Coñeces o dito de 'prometer e prometer ata meter, e despois de metido, esquecer o prometido'? Emprégao neste proxecto asemade ...
Como proxecto, primeiro ía ser a ceo aberto e logrou pararse entre outras cousas porque o prezo do ouro tivo un momento de pequena baixa. Agora, trátase dunha mina de galería cun acceso de ... case 3 km de longo. Dos residuos e balsas de contención sábense menos datos, pero mirando noutras minas, como por exemplo na que hai en Asturias mesmo, en Belmonte de Miranda (imaxe), podemos facernos unha idea do tamaño destes restos.

Restos que quedan 'per saecula saeculorum' emponzoñando a terra e a auga con cousas como o ciaunuro (prohibido en varios países). Si, o cianuro, ese veleno que é capaz de matar a unha persoa cun pouco de polviño. Ou o arsénico, afamado veleno tamén: segundo a wikipedia, “O arsénico e os seus compostos son extremadamente tóxicos, especialmente o arsénico inorgánico.”
O movemento de terras, co cambio de tipo de explotación, tampouco se evita: non só pola galería, que a base de non menos de 3 m de ancho x 3 m de alto x 3 km de longo vai supoñer unha montañiña de cascotes, senón porque a minería do ouro está baseada no movemento de terras, e por cada gramo de outro estaba previsto remover cousa de unha tonelada de terra ... Queda máis bonita a zona coa galería, pero só iso. A montaña de escombros medrará igual.
Ben, din que se van producir beneficios. Cartos. E non me vou meter con que si, vanse producir, en particular na propiedade e direción da empresa, e que terá algúns operarios (os que máis cobren, de novo, de fóra), porque aí comezamos a entrar nun xogo de poder e miseria ... a menos que confrontemos eses supostos beneficios co perxuízo ó medio ambiente e o cuantifiquemos. Entón, as contas xa non saen. E tanto non saen canto que se trata de nin facelas. Resúmense cun 'vai quedar todo ben' ou 'o sistema é seguro'. E punto. É certo que o ouro sube de prezo (ás veces, baixa), pero éo máis que o medio ambiente cada vez está máis caro, porque cada vez o estamos facendo sufrir máis, esgotando os recursos, renovables ou non (os renovables, impedindo moitas veces a súa reprodución), e porque despois das promesas, chegan os incumprimentos, aínda relativamente pequenos (trátase de disculpalos como 'descuido', 'males menores', 'custes derivados', ...) mentres está comprometido o rendemento, descontrolados unha volta a mina deixa de producir.
E así chegamos ó final, non esquecendo o xogo de poder. Un xogo que xa se levou por diante un alcalde, que se viu como cambiou cun cambio de goberno, que é capaz de ter recursos para inundar con propaganda unha zona abondo ampla, en dúas comunidades autónomas, que ten medios para formar un grupo de presión nas instancias decisorias, que é opaco no que quere e en cambio inunda de información tendenciosa, que ... Un xogo que pretende bondades no lobo de carapuchiña vermella e que fai caso omiso de que temos unha Terra, que herdamos dos nosos pais e debéramos deixar en bo estado ós nosos fillos.
Actualización: O 20130714, a revista de El País di que en Tapia esperaríanse 4 g de ouro por cada tm, e que o túnel sería de 25 m de diámetro, isto é, unha cantidade de terra removida para facelo unhas 14 veces maior.