20240829

En vacacións, calquera lugar é bo para desexar a paz

    Si, en vacacións ou non calquera lugar é bo para procurar a paz. Fronte á ría, como na cartel montaxe feito por Suso é unha opción. O domingo ás 12:30 no Cantón, outra.

    Deixo a continuación unhas cantas fotos, tamén de Suso, da concentración do domingo pasado, 25 de agosto. Esta vez non teño gravación, aínda que tamén se informou, se opinou, se falou...





20240828

Un cambio na tarifa de subministro / consumo de auga


Un cambio na tarifa de subministro / consumo de auga

    Coido que nos traspasos de bens entre persoas e entidades, cada unha das partes que intervén considera unha visión diferente da outra. Ese é o caso, en particular, do subministro de auga, un ben que representa un punto esencial na supervivencia de cada un de nós.

    Lembro, de pequeno, ter ido á fonte por auga para a casa. Vexo agora esa fonte abandonada, e máis que pena ou nostalxia dáme que pensar. Non lembro que daquela se considerara que o concello entregara, doara ou agasallara a auga á xente; pode que pola miña idade non tivera conciencia desas cousas e si existira un sentimento parello. O caso é que hoxe hai 'auga corrente' nos fogares, pagase polo subministro e si hai unha mentalidade de trato co concello ou compañía concesionaria da xestión, de 'transacción económica'. Ó haber unha factura con importe variable segundo consumo, considérase iso, unha 'compra', variando o concepto de dereito sobre a auga, un ben sen o que non podemos vivir. Levando isto máis aló, mentres en zonas do planeta a xente segue ter que ir a por auga lonxe e polos seus propios medios, noutros tense dado a concesión de auga a empresas privadas, privando dese recurso básico á poboación do lugar, ben para dedicala a outros quefaceres, ben para embotellala e obter beneficio.

    Hoxe e en Ribadeo, o mesmo que en moitos outros lugares de Galicia, a moi grande maioría do subministro está mediatizado polo concello, que delega a súa xestión nunha empresa privada. Por suposto, o levar anos concedida a xestión fai enfocar a visión da auga cara ó privado e o comercio/empresa, por moito que se siga a considerar 'servizo' e sexa unha necesidade. Visión e relación ca auga que se matiza coa estrutura da factura, aínda que conste que unha porcentaxe apreciable de xente non sabería dar un mínimo detalle dela. E visión e relación que se pode contribuír a cambiar variando esa estrutura da factura, mesmo deixando á beira outras consideracións.

    Así, podemos ver que en Ribadeo, a factura dun fogar inclúe un mínimo de 20 m3 bimestrais (isto último, aproximado), 330 L/día, que se cobran consúmanse ou non, sexa unha soa persoa na vivenda para o seu consumo ou cinco, e que o prezo a que se cobra o litro (ou o metro cúbico) é o mesmo sexa corresponda a ese consumo mínimo ou sexa de 'consumo extra'. É dicir, non se produce, a través da factura, un chamamento ó aforro, á apreciación ou á equidade, senón máis ben a un consumo linear, tirando máis ben para arriba. É de supoñer que o ‘consumo mínimo’ cobrado, máis que para forzar ese mínimo consumo sen coidado, estea pensado, igual que no caso da electricidade (outro día podemos falar dese consumo), cara ó mantemento da ‘conexión coa rede de subministro público’. Estimo que o propio sería que esa conexión, como dereito universal, estivera ligada a impostos, que houbera un mínimo gratuíto por persoa e logo un aumento do custe por litro en función do consumo, sendo máis cara a unidade de auga a maior consumo por persoa. Hoxe sería meter uns cálculos no ordenador en lugar de outros, se ben o levar as contas de persoas por casa a estes efectos, sería unha novidade que, a máis, podería considerar por exemplo primeira ou segunda residencia e evidentemente levaría a outros cambios de visión. Tamén é evidente que o que aquí indico non é unha proposta detallada, senón só iso, unha indicación dun camiño que estimo axeitado cara ó futuro. Camiño con máis trabas das que indico mais ó que, cos medios actuais, non entendo por que non nos imos aproximando se queremos aproveitar a auga e distribuíla dun xeito máis humano. Claro, estou vendo as cousas non dende o concello ou unha concesionaria...

    Por certo que a factura ‘da auga’ inclúe asociada e dependente a do lixo, parte á que se lle poden aplicar consideracións semellantes cun resultado que podería axudar á diminución do lixo producido.

20240827

Un moderno Ribadeo Antigo

     A A.C. Francisco Lanza presenta a edición facsímile do Ribadeo Antigo. Aquí a nota de prensa e o cartel:



PRESENTACIÓN DA EDICIÓN FACSÍMILE DO “RIBADEO ANTIGUO” DE FRANCISCO LANZA.

SOBRE O AUTOR:

(tomado da Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Lanza)

Francisco Lanza (26-3-1892; Ove, Ribadeo/14-1-1951; Buenos Aires) foi un xornalista e escritor galego de conviccións republicanas e galeguista. Cursou os seus estudos en Ribadeo. Colaborou con Celestino Pérez Andrade e Camilo Cancio Quindós en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (aínda hoxe en circulación), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade.

En 1927 comezou a súa relación co Seminario de Estudos Galegos, no que entrou en 1929 co seu traballo 'Ribadeo bajo el señorío de sus condes', formando parte das seccións de xeografía e de historia. Colaborou na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo. Tamén colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).

En 1931 emigrou a Buenos Aires, incorporouse á comisión de prensa de Galicia e traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Entre outras obras, durante a súa estancia na Arxentina, traballou como tradutor (José Maria Eça de Queirós, Immanuel Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. Álvarez.

Á súa morte foi soterrado no cemiterio de La Chacarita. A Agrupación Cultural Francisco Lanza fundouse en Ribadeo ós vinte anos do seu pasamento. Unha das rúas ribadenses leva o seu nome.

Obra

• Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973 e logo polo concello de Ribadeo en 1999).

• Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974, o Día das Letras Galegas). Recolle tres traballos, o primeiro, que dá nome o volume, foi publicado na revista Nós en 1932. O segundo, 'O ensino en Ribadeo dende o século XVI ó XIX' tamén foi publicado en Nós en 1932. O terceiro, 'Ribadeo, baixo o señorío dos seus condes' publicárase no segundo volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos en 1929. A súa edición de 1974 foi prologada por Eduardo Gutiérrez Fernández.

• Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).

SOBRE A EDICIÓN FACSÍMILE:

A idea de editar unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”, de Francisco Lanza, partiu dunha proposta da Agrupación Cultural Francisco Lanza, despois de termos escoitado en moitas ocasións as suxestións feitas por parte das librarías ribadenses (transmisoras das peticións das e dos lectores). Cremos que as novas xeracións, e calquera persoa que se estableza en Ribadeo, ou sinta curiosidade pola súa historia, ben merece poder facerse cun exemplar de tan significativo texto para a historia de Ribadeo.

A diferencia deste proxecto con respecto á última edición consiste en manter a esencia daquela impresión do ano 33, impresión e maquetación feita nos talleres da imprenta Mercurio, cun traballo tipográfico digno de amosar, e acompañado dos grabados de Amando Suarez Couto. A edicion facsímile é a que nos permite garantir esa fidelidade. Para manter a esencia da vella publicación escollemos unha gama de papel Arena Rough Ivory (a non ser as achegas iniciais para conmemorarmos esta nova edición). O libro foi entapado en formato rústico.

CHAMAMENTO ÁS NOVAS XERACIÓNS E ÁS XENTES QUE AMAN A HISTORIA LOCAL:

Agardamos que xente nova poida atopar neste texto (en capítulos breves e de lectura doada) un feixe inmenso de historias coas que aprender do noso pasado, pero tamén coas que botar a voar a imaxinación para encheren de contido os seus murais, as súas composicións musicais, as súas curtametraxes, vídeo-xogos...

Tamén agardamos que todas aquelas persoas que pouco a pouco van desenvolvendo o seu proxecto vital en Ribadeo e na contorna poidan atopar nestas páxinas un referente que lles permita comprender un pouco máis de onde vimos para así podermos reflexionar máis a fondo cara a onde queremos camiñar.

PALABRAS DE PABLO PÉREZ FERNÁNDEZ, DE LAR LIBROS:

“Desde libros LAR, a editorial que nace en Gráficas LAR, lanzámonos á aventura de reeditar o “Ribadeo antiguo”, de Francisco Lanza, despois de propoñérnolo a Agrupación Cultural ribadense que leva o seu nome. Esta imprenta viveirense leva máis de 40 anos no mundo das artes gráficas. O seu vínculo coas letras ribadenses, coas da Mariña en xeral, está máis que constatado. Daniel Cortezón ou Suso Peña son dous bos exemplos. Toca agora poñer en valor a figura de Francisco Lanza e o seu “Ribadeo antiguo”. Agardamos que con esta reedición se vexa satisfeita a demanda de novos exemplares que as librerías ribadenses notan desde hai anos.”

PALABRAS DO DEPUTADO PROVINCIAL DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ.

“Convidamos a asistir este xoves á presentación do libro "Ribadeo Antigo", unha reedición que recupera a publicación orixinal, dos anos 30, e que nos achega aos case oito séculos de historia de Ribadeo a través dos ollos do seu autor, Francisco Lanza.

Desde a Vicepresidencia da Deputación estamos moi satisfeitos de contribuír, a través do Servizo de Publicacións, a rescatar esta versión primixenia e valorizar a figura de Francisco Lanza”.

20240825

Recuncho da lectura: Auga para todos

 


Recuncho da lectura: Auga para todos

     Auga para todos. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. ISBN 9788416954506. Biblioteca de divulgación. Serie científica. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela 2017. 183 px.

    Queres saber da auga? Pois aquí tes un libriño que te facilita as cousas nunha ampla gama de coñecemento e perspectiva sobre a auga. Moi recomendable e didáctico, fai fincapé en feitos e datos para coñecemento e en coñecemento para medre persoal do lector. Postos a procurar chatas, únicamente diría que os datos numéricos ás veces poden inducir a erro de se se refiren a cantidades absolutas ou en función do tempo, tendo que fixarse algo máis nalgún parágrafo para ir máis aló do libro. Pero non vexo que iso de afinar o pensamento sexa malo. Coido que en diante non o citarei só unha vez, senón abondas máis.

20240823

ARANTE. José María Rodríguez Díaz (2010)

    José María bríndanos aquí un novo topónimo con luxo de detalles, analizando de novo unh vella interpretación súa e, agora, endendo a descartala.

Viernes, 12 de noviembre de 2010

ARANTE

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 17:19

En mi Estudio sobre la Toponimia de Ribadeo, publicado en el año 2007, en el que, entre otros, trataba sobre el étimo del topánimo Arante, nombre de una antigua e importante parroquia del concejo de Ribadeo, me inclinaba por la tesis de su derivación de la raíz hidronímica indoeuropea *ar 'fluir, correr', raíz que, unida a la desinencia -ante, formaría el topánimo Arante, nombre del río que cruza el valle en donde se asienta este pueblo y del que tomaría su nombre. Una raíz que da origen a numerosos topánimos relacionados con el agua, como las playas de Arnela, Arnau o el río Suarna, afluente del Navia.

Pero, ¿cómo explicar entonces la forma Alanti que le da el documento más antiguo de que tenemos noticia, transmitido por el P. Flórez en el volumen XVIII de su obra España Sagrada? Un documento del año 935 en el que aparece atestiguado como Ecclesia sancti Petri de Alanti.

Una sosegada lectura del famoso documento de donación del rey don Silo, del año 775, conocido por el nombre de Diploma del rey don Silo, por el que dona una propiedad a unos presbíteros, llamados Pedro, Avito, Valentino y los conversos Alanti y Lubino, para edificar allí una casa de oración o monasterio, parece sugerir que el topánimo Alanti, citado en el documento del P. Flórez, pudiera responder al nombre de este monje como fundador de esta iglesia, en cuyo caso estaríamos ante un antropánimo (nombre de persona) en vez de un hidrónimo (nombre relacionado con una corriente de agua).

Así dice el texto del documento de don Silo: 'Silo macnum adque preclarum est Macnum locum habitacionis propter mercedem anime mee facere donationem ad fratres et seruos Dei: Petri presuiteri, Alanti conuersi, Lubini conuersi, Auiti presbitiri, Ualentini presbiteri uel aliorum fratrum qui in ipso loco sunt, uel quen Deus ibi adduxserit, quia nobis pedes obsculauerunt ipsi serui Dei, ut darem eis locum orationis in cellario nostro qui est inter Iube et Masoma, inter ribulum Alesancia et Mera, locum que dicitur Lucis, determinatum'. Traducido: 'Grande y preclaro es hacer donación, para remedio de mi alma, de un lugar para que en el hagan su vivienda los hermanos y siervos de Dios Pedro, presbítero, Alanti, converso, Lubino, converso, Avito, presbítero, Valentino, presbítero, así como los demás hermanos que residen en la misma localidad o a quienes Dios condujera hasta allí porque esos siervos de Dios nos besaron los pies, para concederles un oratorio en nuestro celario, que está situado entre el Eo y el Masma, entre los ríos Alesancia y el Mera, un lugar llamado Lucis'.

Una serena lectura de los topónimos usados en el anterior documento, que aquí por brevedad omitimos, sitúa el citado monasterio en la parroquia de Ove, en el lugar de A Graña. Desaparecido con el paso del tiempo el monasterio, su propiedad pasó por varias manos. Después de pertenecer primero a la sede de León y después al monasterio de Lorenzana por donación del rey don Ordoño, pasó finalmente al dominio del monasterio de los cistercienses de Meira, que convirtieron estas tierras en una granja agrícola, de donde le viene el nombre actual de A Graña, dedicada fundamentalmente al cultivo de la vid, como aún nos recuerda el actual topánimo de Rego da Viña.

De documentos posteriores, tanto del Tumbo de la Catedral de Mondoñedo como del monasterio de Lourenzá y de las iglesias por ellos fundadas, se deduce que la actividad pastoral de estos monjes fue muy intensa en esta comarca. En su labor evangelizadora se dedicaron a fundar otros pequeños monasterios, como el de Santa María en As Anzas, el de Santa Eulalia de Ermolfi en A Devesa o el de Cedofeita, así como a levantar otras iglesias para atender las necesidades de los nuevos conversos, como las de San Esteban do Ermo, Vilaselán o San Pedro de Arante.

De esta actividad fundadora habla un documento del Tumbo de Lourenzá que recoge el apeo y relación de las propiedades que el Conde Santo donó al monasterio de Lourenzá: 'In ripa d`Euue, sancto Martino de Asperantani, cum omnes suas ecclesias et criacionibus qui ibidem testati sunt'. 'En Ribadeo, San Martín de Esperautano, con todas sus iglesias y propiedades que le pertenecen'. De la frase 'con todas sus iglesias' cabe deducir que los monjes, además del monasterio, se dedicaron a construir otras iglesias en esta comarca como centros de culto de las comunidades que iban surgiendo a través de su acción pastoral.

Si en el año 775 había, pues, entre otros, un monje llamado Alanti, dedicado a fundar iglesias por este entorno y si en un documento del año 935 aparece citada esta iglesia de Arante como 'Ecclesia sancti Pedri de Alanti', 'Iglesia de San Pedro de Alanti', cabe suponer que el topánimo Alanti responde a la forma genitiva - que es el caso latino indicador de posesión o pertenencia - del nombre celta galo Alantius, con su final en -i como corresponde a este caso que, como se sabe, era la forma utilizada para designar nombres de lugares, como Fradimiri (Vila)framil, Adosindi (Vila)usende, Pinioli (Dom)piñor o Selani (Vila)selán.

La dificultad estriba en explicar el paso de la -l- intervocálica de Alanti a la -r- de Arante. Pues aunque es muy frecuente la conversión de la -l- en -r- en la formación del romance, como blanco > branco, clavo > cravo, Ables (así atestiguado en documentos antiguos) > Abres, plegaria > pregaria o ecclesia > igrexa; y si bien es verdad que en gallego la -l- intervocálica habitualmente se pierde, no se puede excluir que su conversión en -r- se extienda también en algunos casos a la -l- entre vocales, como en calamelus > caramelo en gallego y caramillo en castellano. Por otra parte la evolución de la -i final de Alanti en -e para formar Arante corresponde a un fenómeno normal de relajación fonética de la vocal átona final, como Rosendo > Rosede o milagro > milagre.

¿En cuál de estas dos formas, Alanti o Arante está, pues, el origen del topánimo Arante? ?En la raíz indoeuropea *ar- o en el antropánimo Alanti? Ante los hechos ahora conocidos de las actividades fundacionales de estos monjes por esta comarca, uno de los cuales aparece con el nombre de Alanti en el año 775, y la aparición del documento citado por el P. Flórez, del año 935, con el mismo nombre, cuando sólo habían pasado 160 años, hace sospechar muy fundadamente que se trate, no de un hidránimo, sino de un antropánimo - hoy en desuso - derivado del nombre del fundador de esa iglesia, que más tarde evolucionaría a Arante, forma actual de este topánimo.

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20240821

Ribadeo rebosa actividade

    Unha semana máis, Ribadeo rebosa actividade. Unha mostra é a cartelería que se adxunta.









Formas. Arrecian os ataques

Formas. Arrecian os ataques

    O contido é todo, pero ese todo depende das formas. Por exemplo, a aceptación do 'todo', sexa o que sexa. Ou a súa interpretación, tan variable tantas veces.

    Atopei hai uns días nun xornal "Arrecian los ataques del lobo. El depredador mató (...)" como título dunha nova. No texto especificábase que a morte fora dunha ovella esa semana, e cinco a anterior, a quince quilómetros de distancia en liña recta. Sen dúbida, abondo para o gandeiro que sufriu o ataque, aínda non tendo novas semellantes de semanas anteriores (tampouco as houbo despois). Mais, lendo o titular parece como se fora urxente unha mobilización con reparto de armas ós veciños e organización de batidas (defensa/ataque) contra os cánidos sublevados contra os humanos, contra nós. Caza no noso completo dereito, atacados polas sen dereitos bestas salvaxes. E, por moi corporativistas que sexamos, a pouco que reflexionemos, podemos ver que algo falla, que as bases de razoamento, sentimento e actuación deberan ser outras.

    Non, non me poño a defender o lobo expoñéndome ó ataque dos lobos humanos, pero tampouco 'por ser nós quen somos' considero que teñamos o dereito de aniquilación de animais en competencia connosco. Animais que levan milenios retrocedendo diante do noso avance, cada vez máis rápido, na destrución do seu xeito de vida. e que se se recuperan é sinxelamente polo noso abandono de grandes áreas e o cambio no noso xeito de vivir por intereses que nada teñen que ver con eles. É a evolución e as súas consecuencias, si, pero a estas alturas, podendo nós exercer un certo control sobre a evolución, estamos de feito a levalo a cabo mesmo no noso propio prexuízo a medio prazo. Mais é difícil atopar novas con titulares como este outro, “El ganadero Javier Arroyo valora que el cánido salvaje controle los ecosistemas”. Pero existen. E ese ‘valora’ refírese a que valora de xeito positivo.

    Iso si: pode ser complicado falar, e poñerse de acordo con outra xente, sobre este tema ó igual que sobre outros. Aí están as guerras para demostralo, aínda que soen ser máis por intereses particulares 'absolutos' dun puñado de xente con poder que por falta de xeitos de diálogo da xente común. Pero cos animais non sabemos falar, aínda que podamos facer tentativas, moitas veces con éxito, para comprendelos e que nos comprendan. Mais, que se pode esperar de nós, dez meses despois do comezo do inconcluso xenocidio gazatí e con xente que usa a xeración de odio como arma?

    Os lobos teñen mala fama xa de antigo. "Homo homini lupus", o home é lobo para o home, dicía Plauto de xeito pexorativo para o lobo uns douscentos anos antes de Cristo. Visto o visto, se hoxe non se di por contra ‘o lobo é home para o lobo’ non é porque, ao menos entre eles, parece que se comporten mellor que nós entre nós, senón porque nos cremos mellores... porque si.

20240820

Queremos un domingo en paz

     Hai alguén que non quera ter o domingo en paz? Ó longo do mundo, moita xente quéreo con máis intensidade, aqueles ue están inmersos nunha guerra. Para apoiar o seu querer, de novo xuntarémonos o domingo ás 12:30 no Cantón dos Moreno de Ribadeo. Apoias a paz?


O futuro próximo da Illa Pancha

Foto subida por Lamasuela a Wikimedia Commons. A illa no 2017. Lic. CC BY SA 4.0

O futuro próximo da Illa Pancha

    Neste mes de agosto todo o mundo fala de masificación: é un feito que se non se adoptan as medidas pertinentes para xestionar a riada de visitantes, Ribadeo corre risco de morrer de éxito como tantos outros lugares da costa mediterránea, idílicos hai décadas, hoxe arrasados por un turismo recibido sen un control específico.

    No marco desta evolución un tanto desatada da nosa comarca, convén lembrar que no tema da illa Pancha xa temos entrado no ano final da concesión asinada o 30 de xuño de 2015 que autorizou a súa explotación privada para montar dous apartamentos turísticos no antigo faro por un periodo de 10 anos, prorrogable outros cinco, e que este pode ser un punto de inflexión clave para preservar a nosa costa e patrimonio natural e cultural.

    A asociación «Por Nuestro Faro» naceu coa vocación de defender o que era un símbolo de Ribadeo na conciencia popular, e un enclave único, avalado concretamente pola Rede Natura 2000, declarado zona LIC (Lugar de importancia comunitaria) e ZEPA (zona de especial protección para aves), sen esquecer que o seu marco preservado e salvaxe ten feito que a súa imaxe se teña reproducido en infinidade de ocasións por fotógrafos, pintores, e artistas de todo tipo. A defensa que desenvolveu «Por Nuestro Faro» arrincou con motivo da decisión arbitraria de poñer unha illa cerrada e preservada a disposición dun particular para explotala: unha nova mentalidade mercantilista banalizaba sen complexos o respecto e a protección do patrimonio ó desacralizar un lugar «intocable» até entón.

    Pero á marxe do mito que cada quen vexa nese lugar, a realidade concreta é que aquel espacio público, que permanecía cerrado, dicían, por motivos de seguridade, nin foi vendido ó mellor postor, pois non houbo concurso público. E o pobo de Ribadeo decatouse polos xornais: o goberno español do PP déralle a volta á lei que prohibía explotar os faros, un mes despois a entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao presentaba a concesión asinada, e o entón alcalde de Ribadeo polo BNG, Fernando Suárez, congratulábase polo «premio» (sic). As palmadas mutuas das institucións propiciaron que o impensable se convirtira en banal e que «Por Nuestro Faro» se comezara a procurar o por que daquel volantazo no xeito de entender e xestionar a illa Pancha.

    Os que teñan seguido o tema lembrarán todos os esforzos deste colectivo para que a pouca información que se nos daba (a cuentagotas) saíra á luz. O Defensor del Pueblo nos seus 8 comunicados deu a razón á asociación, ante o oscurantismo e irregularidades do proceso, recomendando deter as obras e cerrar o negocio mentres non se presentase ó menos o preceptivo informe medioambiental. Mais nada en todos estes anos puido coa resistencia férrea das institucións, que permitiron que obras e local seguiran adiante, e que nas mesmas condicións, autorizaran a entrada de palas escavadoras para a instalación dunha cafetería coa súa terraza exterior con tarima e barandas e proteccións sobre varios niveis. A día de hoxe nin se sabe se existe un informe de viabilidade económica ou se xeneran algún beneficio esas dúas suites que se publicitaron como o negocio do sécuo, coa panacea dos postos de traballo que xeneraría e que ó final quedou en un.

    A asociación «Por Nuestro Faro» denunciou en múltiples ocasións todos os puntos escuros do proxecto, incluíndo a situación precaria da fosa séptica que quedou sen legalizar durante 9 anos, finalmente legalizada baseándose en documentos obsoletos. Pero as nosas alegacións non se tiveron en conta porque nada, repetimos, nada, ten podido impedir que o proxecto atado e ben atado por varias mans se desviara nin un ápice da traxectoria planificada. Ó contrario, serviu para que varios membros do colectivo e as súas familias foran ameazados e intimidados en plena rúa só polo feito de denuncialo, mesmo a empresa promotora levou a xuizo a un membro da asociación por ter mencionado a posibilidade de que houbera prevaricación, xuizo que a empresa perdeu.

    O periodo de concesión de 10 anos da illa Pancha chega ó seu fin dentro duns meses sen que o novo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, se teña manifestado ó respecto dende a súa toma de posesión hai un ano. E a posibilidade de prorrogalo por cinco anos existe. Por iso enviamos hai poucos días un correo á Xunta de Galicia, cuxa Consellería de Medio Ambiente, en resposta ó Defensor del Pueblo, comprometeuse a estudar os efectos de todo proxecto futuro sobre os espacios da Rede Natura 2000. Tamén escribimos ó Concello de Ribadeo, e esta semana farémolo á entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao.

    Dende «Por Nuestro Faro» denunciamos a normalización da explotación privada dun ben público, e o adoutrinamiento indirecto das nosas xente nova na idea de que todo pode mercarse e venderse. Esiximos o cumprimento da lei, e o respecto das figuras de protección que deberan preservar a illa Pancha, en concreto que se reclame o estudo de impacto medioambiental, e que se estude o expediente que permite que, a pesar de todas as irregularidades constatadas e as resolucións do Defensor del Pueblo, a explotación dese espacio siga desenvolvéndose imperturbable a día de hoxe. Pedimos que, en caso de que se solicite unha prolongación da concesión hoxe en vigor, se garanta o cumprimento dos puntos antes citados, e se manteña informado ó pobo de Ribadeo de todo trámite, solicitude ou autorización que teña que ver con este lugar emblemático, patrimonio natural e cultural de todos os ribadenses.

    Como asociación e como ribadenses, queremos desexar para a nosa illa Pancha un uso público que protexa a súa identidade, a súa esencia e o seu entorno, e un futuro en cuxa construción participemos todos.

Covadonga Suárez, A VV Por Nuestro Faro

20240818

Hoxe, pola paz

    Hoxe, domingo 18 de agosto de 2024, 12:30 horas, Cantón dos Moreno, Ribadeo, trinta persoas nos congregamos pola paz, incluídos forasteiros e ocasionais, que hoxe os había. Fotos de Suso dan testemuña, e o audio do final lembra algo do que alí se dixo (neste caso, verbas de Jesús Irigoyen e José Ángel Salvatierra, que seguiron ás de Nana, as miñas -das que deixo unha referencia- e de Evaristo Lombardero)





    As miñas verbas foron máis ou menos as seguintes:
    "Hai poucos días atopei un vídeo de só dez segundos no que aparece Noam Chomsky falando e dando unha explicación de como é posible que pase o que está a pasar en Palestina, pero tamén noutros lugares. Di Chomsky:
    'Parte da traxedia dos palestinos é que esencialmente non teñen apoio internacional. por unha boa razón: non teñen riqueza, non teñen poder, así que non teñen dereitos.'
    A raíz diso, estimo que as preguntas non son onde imos así, ou que é o que está a pasar, senón como deixamos que eles leven o timón ou por que o levan así."
    A gravación:

20240817

Unha exposición que xa pasou: El Viejo Pancho

    Houbo este verán unha exposición na nova Oficina de Turismo de Ribadeo como complemento ós actos de homenaxe ó Viejo Pancho. Aínda que non é o mesmo, podes vela aquí, a continuación:














Recuncho da lectura: Cara y cruz de la electrónica

 


Recuncho da lectura: Cara y cruz de la electrónica

     Cara y cruz de la electrónica. Julián Marías. ISBN 8423916561. Editorial Espasa Calpe. Colección Austral. Madrid 1985. 103 px. (cast)

    Certamente, non hai libro imprescindible. Mais, se consideramos que hai xa corenta anos da publicación desta obriña curta (cen páxinas de letra grande en formato pequeno) e que as circunstancias sociais dende aquela cambiaron en grande parte debido á tecnoloxía derivada da electrónica, este seria un candidato forte a tal mérito para calquera persoa interesada na sociedade ou na ciencia e tecnoloxía actuais.
    Houbo quen me preguntou de que parte da electrónica trataba. Escrito por un filósofo, trata sobre o impacto social, cultural, humano ou persoal dunha tecnoloxía que non deixou de desenvolverse e de aumentar a súa importancia en calquera deses campos dende que foi escrito. Algo, por certo, predito polo autor.
    Ou sexa, moi recomendable. Outra cousa é a súa accsibiidade actual: aínda que lido agora, ten moitos anos xa na miña biblioteca.

20240816

Un 18 de agosto, pola paz

     Un domingo máis, concentración pola paz en Ribadeo. Deixo o cartel de Suso chamando a concentración, así como unha foto súa do domingo pasado e un dos textos do último domingo de xullo, lido por Jesús Irigoyen.


Donde lo dejamos el último día:

ESTO NO ES UNA GUERRA, ES UN GENOCIDIO

CARTA A NETANYAHU

Netanyahu, eres un asesino, un canalla y un cobarde. Tu y el sequito de hienas y bestias que junto a ti forman el ataque terrible y trágico sobre el pueblo palestino, sois unos genocidas desalmados y enemigos del género humano

Yo soy un hombre “masa” (valga la expresión) y te escribo no solo para decirte, que al igual que el resto de la inmensa mayoría de los 7.000 millones de habitantes del planeta estoy/estamos en contra del ataque genocida y bárbaro al que estas sometiendo al sufrido y heroico pueblo palestino, que resiste como puede tu locura, tú de sinrazón, la muerte de sus miembros y la destrucción de sus escuelas, hospitales y edificios, en defensa de las conquistas de los malditos colonos que alimentan no solo tus arcas millonarias, sino también la de tus aliados, los poderosos judíos yanquis, ingleses, etc.,

Yo también junto a otros me decanto por mirarte a la cara y llamarte terrorista a ti y a los otros. Venga valiente denúnciame a mí y a todos los que así pensamos y decimos; piénsate tú y los otros en convencerme aunque sea a tiros a mí y a todos, igual que hacéis en Palestina, no creáis que nos sorprendería, vuestra demencia sabemos todos y yo que no tiene límites.

Vale, Netanyahu, eres historia pasaras a los libros de historia como aquel desalmado, cobarde y asesino que, a base de bombas, trato de hacer desaparecer un pueblo, no lo consiguió, pero genero el mayor dolor, sangre y desolación que recuerda la raza humana. Estas Netanyahu en el podio de los mayores asesinos de la historia. El género humano te odiará eternamente. Maldito seas. Cabrón/canalla

Nada más por hoy, solo recordarte que al igual que otros, te llamo yo también terrorista, ilegal, violento y que eres cuanto menos un ASEISNO socio de OTROS ASESINOS.

Tarde o pronto el Tribunal Internacional de la Haya, te juzgara y te condenara, tal como ahora hacemos nosotros y yo.

En todo caso, debes saber que hagas lo que hagas. DESDE EL RIO HASTA EL MAR PALESTINA………. VENCERA

PALESTINA VENCERA

VIVA EL SAHARA LIBRE.

Jesús Irigoyen



20240814

Recuncho da lectura: El Informe



Recuncho da lectura: El informe

     El informe. Remedios Zafra. ISBN 9788433924261. Editorial Anagrama S.A. Barcelona 2024. 199 px. (cast)

    Ó longo do libro notei a repetición do recurso á palabra 'inefable'. a mesma autora o remarca ó final do libro, e recólloo aquí para defenderme contra unha ausencia de imaxinación (miña) para describir un libro con tema e estilo ós que non estou afeito.
    Nun primeiro momento imaxineime o libro como un desparrame de palabras sobre o papel, onde a idea inicial tópase polo camiño cn outras que cruzan e parten cara outros lugares, levando o rumbo ás veces ben lonxe do que parecía ser a finalidade. Ago que fai que o seguinte tramo de libro comece nun camiño intermedio, ou sinxelamente achegado para rematar noutro lugar, lonxe do pensado mais con pintas de adecuado.
    E, no medio, verdades coma puños.

20240812

Nativo (= que pertence ó lugar)

Nativo (= que pertence ó lugar)

    Mirando o dicionario, di que nativo é quen nace no lugar, pero tamén quen se fai nel pola circunstancia que sexa, ou, en xeral, quen pertence a el. Aínda máis, contando con que ese facerse é debido á vontade de quen se fai.

    Nativo ése, pero tamén se consolida máis por enfrontamento ó foráneo, sexa visitante, turista, veraneante, alleo... Aínda que cada un deses cualificativos teña matices diversos, que os diferencian entre si a pesar das cousas que podan aglutinalos. E aínda que eses cualificativos determinen clases que se solapan entre si. Ó fin, son máis determinantes en xeral as diferencias dese conxunto cos 'nativos'.

    O nativo pertence (pertencemos) ó lugar máis que o lugar lle (nos) pertence, o que pode ser certo ou non en sentido de propiedade capitalista, e aínda que o sexa no sentido de estar imbricado en nós, determinando nosos sentimentos, guiando nosos pensamentos. Ou é que pensa e sobre todo, sente, o mesmo sobre a illa Pancha ou a Torre dos Moreno un nativo que un forasteiro?

    Unha nota: non é o mesmo nativo que local. Por exemplo, o local pode coñecer un lugar, mentres que o nativo aporta o sentimento de pertenza.

    Outra nota: hai nativos que non o aparentan. Son nativos de nacemento, pero non pertencen ó lugar, teñen sido contaxiados de xeito que as cousas 'de aquí' lles parecen alleas no mesmo sentido que se pasaran oito pobos máis aló, a menos que os toquen directamente. Naceron, pero se teñen comunidade aquí é só para sacar beneficio particular, non cun sentimento de beneficio común. Son un grupo que cada vez aumenta máis, e que se deixa ver máis (e os efectos que leva consigo esa visión) a medida que van ocorrendo fenómenos como a xentrificación das vilas ou a destrución da costa. Un fenómeno que vai cambiando a mentalidade xeral. Ou, non cambiou a idea xeral da sociedade sobre un símbolo ribadense como a Torre dos Moreno dende que o capital privado foi tomando a iniciativa e a propiedade? Non cambiou a visión sobre un emblema como a illa Pancha dende que foi permitida a privatización de parte dela e o funcionamento duns apartamentos e cafetería?

    A invasión forasteira no verán supón un cambio pola ocupación do lugar, que varía en si, no uso, nas oportunidades para quen é veciño todo o ano (os ocasionais non teñen nin referencia para valorar os cambios) en troques de usuario pasaxeiro. Un cambio que pon patente a diferencia entre nativos e visitantes. Para os nativos, o común, o comunitario, é tamén propio, e débeselle coidado. Se se privatiza, alléase e pasa a ser algo totalmente diferente.

    Nativo implica comunidade. En pensamento e cohesión. Con diferencias, si, diferencias enriquecedoras e conflitos ineludibles, no pensamento como na cohesión. Pero con sentimento superior e consciente dunha unión, ás veces querida, ás veces só debida.

    Se o propósito é a ganancia e o 'éxito', canta máis rivalidade e 'un mesmo', mellor. Nese caso, pode non serse visitante, mais como apuntei antes xa non se é nativo porque se considera un por riba 'desas cousas' locais, que, por contra, son os fundamento das más xerais, nunha sociedade máis extensa.

    Un lugar de vida chamado 'casa' pode selo para os veciños, pero dificilmente no mesmo sentido para os turistas. Ou sinxelamente, para os non locais.

20240810

Puntos de WiFi libres na Mariña

     Patrocinados pola UE, ó logo do territerio controlado por países integrados na Unión e achegados, existen multitude de puntos de acceso libre á internet mediante WiFi. En https://wifi4eu.ec.europa.eu/#/list-accesspoints?lang=es tes a posibilidade de localizalos. Por desgraza, a súa distribución é moi desigual, e mesmo os puntos de 'alta concentración' na Mariña, como Foz, quedan ben por tras doutras zonas como os países Baixos.

    Na imaxe, unha captura de pantalla cos puntos relacionados coa Casa de Cultura de Foz:


20240808

O domingo, pola paz, e o xenocidio na wikipedia

    Deixo en baixo de novo o cartel de Suso que anuncia a concentración pola paz en Ribadeo, como todos os domingos, ás 12:30 no Cantón. E tamén recollo que o artigo Xenocidio de Gaza na Wikipedia en Ingles acada, tristemente polo que iso significa, máis de 1100 contribucións nestes momentos, sendo visitado por máis de 2000 persoas cada día e tendo unha extensión dun pequeno libro. Aínda non ten tradución ó galego, a Galipedia necesita xente, pero teráa. De pronto, está a facerse a versión en castelán.





20240807

MANIFESTO PLAN DE ACCIÓN POLA DEMOCRACIA

MANIFESTO PLAN DE ACCIÓN POLA DEMOCRACIA

    Hai xa case un mes (o 17 de xulo) que se presentou no Congreso o Plan de acción pola democracia. Dende aquela, salvo ó dia seguinte no que a bote pronto a prensa cuasi monopolista botou lume coa acusación de ir en contra da liberdade de prensa (é dicir, traducindo: de ir contra o poder que controla a prensa), a discusión sobre o tema decaeu rapidamente nun marco de enfrontamento entre goberno e oposición e outros poderes no medio do control do poder xudicial ou da gobernabilidade de Cataluña.

    Por iso traio aquí, despois duns cantos días gardado o enderezo no ordenador, o manifesto sobre dito plan de acción, presentado de xeito case simultáneo por diversas organizacións sociais, entre as que está Xnet, pola que accedín a el.

    A ligazón é https://xnet.maadix.org/nextcloud/index.php/s/JTdwGcpDX3z5PEs. Deixo a ligazón porque aínda que ten letra grande, portada e contraportada, non deixan de ser doce páxinas, abondo para un artigo pequeno, ás que habería que engadir no seu caso os comentarios pertinentes (aínda que polo xeral eu non comente directamente os documentos que ligo). Un manifesto con propostas abondo concretas coas que, salvo intereses de poder, estimo que é difícil non estar de acordo. Outra cousa é a dificutade de plamar nun documento definitivo as propostas feitas...

20240806

Propostas en Ribadeo

    Seguimos en agosto en Ribadeo. A máis de mar, Sol, ou natureza, hai propostas culturais de diverso tipo. Aquí quedan algunhas: