20230731

El tren de Rosalía. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

 

Parte dunha entrada da Galipedia relacionada co tren citado.

“EL TREN DE ROSALÍA”

(Xosé Carlos Rodríguez Rañón)

    Este é o título do ensaio publicado polo xornalista Tomás Cavanna Benet, no que se detalla e chegada do tren á Galiza en 1873 (hai 150 anos), concretamente da liña (duns 40 km) Carril-Santiago, para facer da ría de Arousa o porto de Compostela como o fora o de Noia na Idade Media. O libro comeza cunha ben acaída exhortación: “¡Lectores, al tren!”. Ilustrado con máis dun cento de imaxes, saíu do prelo baixo o selo da editorial Alvarellos e prologado polo premio nacional de narrativa Suso de Toro.

    Rosalía de Castro pasou os seus últimos anos na Casa da Matanza (desde a que vía a desembocadura do Sar no Ulla cara ao mar de Arousa) ás beiras das vías. Foi soterrada (como moito tempo despois Camilo José Cela nun día chuviñento no que acompañei o seu féretro) no cemiterio de Adina aos pés da colexiata de Iria Flavia, construída xusto a carón dos camiños de ferro. En tren sería trasladada pasados uns anos até Compostela de Santiago para repousar no Panteón de Galegos Ilustres.

    O madrileño Tomás Cavanna chegou á Galiza en 1993 requirido polo propio CJC para facerse cargo da súa fundación e do Museo Ferrocarrileiro (que tanto visitei cando vivía en Padrón) nas antigas Casas dos Coengos sitas tamén ao pé do ferrocarril, ese mesmo que dirixira o avó británico do Nobel.

20230730

Cara á Xira de Santa Cruz 2023

    Achegámonos ó primeiro domingo de agosto, é dicir, á Xira de Santa Cruz. Este ano o concello enviou unha nota de prensa e acompañou un bando curioso na forma, de impacto para a festa. Deixo ambas cousas en baixo:

O ALCALDE FAI UNHA CHAMADA AO RESPECTO CO ENTORNO

Xira de Santa Cruz


26/07/2023

As concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, amosan o apoio do Concello á nova edición da Xira de Santa Cruz, que terá lugar o vindeiro 6 de agosto. A festa, de interese turístico galego, está organizada pola asociación Amigos da Gaita.

Os actos dan comezo o sábado, día 5, ás 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e seguirá co pregón de Felipe Rea Otero e coas actuacións das escolas. O día grande será o domingo, xornada na que haberá diferentes actuacións musicais a partir das 12 horas como o grupo Donaire, no monte de Santa Cruz, e Recuncheiros e Axeiros no Cantón dos Moreno. Seguidamente, terá lugar a subida ao monte e o tradicional xantar.

Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, manifestou que "a Área de Cultura do Concello de Ribadeo convida a todo o mundo á edición número 72 da Xira de Santa Cruz e día da gaita galega. Acompañemos á asociación Amigos da Gaita no pregón o día 5, aplaudindo o traballo das diferentes seccións da escola e subamos ao monte o domingo 6 para desfrutar de música, amizades e natureza á sombra do monumento ao gaiteiro. Este ano os concertos da tardiña correrán a cargo dos grupos Tres Pesos e Aliboria. Alí vos esperamos a todos e todas".

A edil de Turismo, Marta Saiz, comentou que "o vindeiro día 6 como cada primeiro domingo de agosto celebrarase o principal romaxe da Xira de Santa Cruz. Trátase dunha festa de interese turístico e na que se homenaxea o día da gaita nun marco incomparable como é o monte de Santa Cruz, un fermoso mirador sobre a ría e sobre toda a comarca e onde unha extensa fraga abraza ese monumento gaiteiro, a día de hoxe único en toda Galicia". E engadiu: "agradecer á asociación Amigos da Gaita a súa organización e a continuidade desta romaxe ao longo dos anos. Desde o Concello de Ribadeo seguiremos apoiando e poñendo en valor as nosas festas, a nosa tradición e a nosa cultura".

A través dun Bando, o alcalde, Dani Vega, fai unha chamada aos asistentes para que sexan respectuosos con ese entorno natural, no que estará prohibido facer recintos pechados con plásticos agrícolas ou a instalación de mobiliario como sofás ou colchóns: "resultando todo isto unha mala imaxe para a festa, co serio agravante de que practicamente nada se recolle ao finalizar a romaría, parecendo aquilo un auténtico vertedoiro. Incumprir o anterior considerarase como disposición de residuos nun lugar non autorizado, coa consecuente posibilidade de incoación de expediente sancionador para os responsables".

No Bando sublíñase que "estará permitido reservar espazos da área recreativa dun xeito tradicional e respectuoso co entorno, como pode ser corda ou cinta plástica, dispoñer toldos ou parasoles para protexerse do sol ou da chuvia que nunca supoñan o illamento dun espazo, así como subir aqueles obxectos directamente relacionados coa festa, coa consecuente obriga de recoller todo ao abandonar o lugar. E por suposto, permítese gozar dunha romaría en familia e cos amigos e veciños, da música e baile tradicional galego, co fin de non perder a esencia da Festa da Xira de Santa Cruz".

A Xira foi presentada no Monte de Santa Cruz por Amigos da Gaita. Xunto a eles estiveron o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo.




20230729

Eleccións xerais 2023 en Vilalba. III.-Visión histórica

     Aínda non se coñecen os resultados definitivos das eleccións xerais de xullo de 2023, mais xa hai material para facer unha historia das eleccións xerais en Vilalba baixo a Constitución do 1978 e as eleccións previas, de 1977.

    Deixo en baixo dúas gráficas e unha táboa.

    A primeira gráfica representa o número de votos que tiveron nas sucesivas eleccións xerais (Congreso) os partidos que, en algún momento, sacaron máis de 150 votos. Están ordenados na columna pola primeira vez que se presentaron, e dentro delas, por número de votos obtidos nesas primeiras eleccións. Así, por exemplo, AP presentouse nas eleccións de 1977 o mesmo que UCD, pero obtivo (en Vilalba) máis votos, polo que na columna de formacións vai primeiro. E o PSOE vai máis arriba que en Marea por presentrse en 1977, e En Marea en 2016, aínda que tivera máis votos nesas súas primeiras eleccións que o PSOE nas do 1977. Asemade, En cada liña tento procurar a continuidade do partido. Así, a liña é a mesma para AP que para o PP, e inclúe a Federación AP ou á Coalición Popular, entendendo que é un mesmo grupo que cambia de nome no tempo (mesmo aínda que cambie de 'formato', como entre 'Coalición' e 'Partido'. Como última nota, para o caso de Sumar, aparece unha liña dende 0, xando nas eleccións pasadas non se presentou (no seu caso, sería Podemos,, pero coido que non é correcto o poñer unha liña contínua entre ambas) sinxelamente porque se só hai un punto (unhas eleccións), non sería visible na gráfica.


    A táboa a continuación son os datos usados para facer a gráfica (atención, os datos da súa primeira columna son os da última elección, e os da última columna, os datos de 1977). Premendo sobre ela, pode terse unha imaxe independente e ampliarse:

    A segunda gráfica é unha versión da primeira con escala logarítmica, para facer notar as variacións sufridas por todos os grupos, mesmo para cando sacaron moi poucos votos. 


    Ligazóns:

 

Segundo día das Xornadas de Historia local

    Onte tivo lugar o segundo día das Xornadas de historia local, con catro exposicións, de Ana Cabana, David Soto, Iván Rodríguez e Anxo Martíns, presentados por Farruco Graña como presidente da A.C. Francisco Lanza, organizadora das xornadas. Deixo en baixo a parte do cartel anunciador, varias fotos e o audio das intervencións.



Un momento da charla de Anxo Martins

Sobrepasando os límites planetarios (charla de Iván Rodríguez)

Momento da charla de I. Rodríguez

Vista do salón

Vista da mesa. Da nosa esquerda á nosa dereita, David Soto (2º intervinte), Ana Cabana (1ª intervinte), Iván Rodríguez (3º), Anxo Martíns (4º) e o introdutor, Farruco Graña.

Vista parcial da mesa

Momento da presentación de Farruco Graña

Vista parcial da mesa

Momento da presentación de Anxo Martíns

Vista parcial da mesa

Comezo do acto

Vista xeral

Intervención de Ana Cabana

--

Recuncho da lectura: O inimigo coñece o sistema


    Recuncho da lectura: O inimigo coñece o sistema

    O inimigo coñece o sistema. Marta Peirano, tradución de Antía Veres Gesto. Ágora K. ISBN 9788416721559, Pontevedra 2019.

    Collido da BPM El Viejo Pancho despois da recomendación da bibliotecaria, xa teño escrito sobre el que nótase que a autora coñece o sistema, e que é de xustiza agradecer a recomendación. É de xustiza porque o libro, ó meu ver, paga a pena. Nas súas 326 páxinas dá un repaso ó uso da informática para a manipulación da xente e aniquilación da liberdade individual. Dito así, soa abondo máis forte que o título, pero tamén hai que pensar que nos catro anos dende a súa publiccación (foi publicado tamén no 2019 na súa versión orixinal en castelán) as liñas fundamentais que trata o libro máis ben agraváronse a pesar de certa toma de conciencia.

    A lectura resulta amena e a cantidade de notas que acompañan ó texto permiten, se alguén o quere, continuar na profundización, a máis de facerse unha idea sostida máis 'en rede' mundial.

20230726

Xornadas de historia local. Xullo 2023

    Un momento para aprender do noso entorno: 


Nós, os cans de Pavlov

 Nós, os cans de Pavlov

    Nota previa: Hai máis dun século, Iván Pavlov fixo un célebre experimento con cans: asociando, un certo número de veces, un son de campá á presentación de carne a un can, remata adaptándose, co que a badalada (aínda sen presentación da comida) determina a salivación no can. Compórtase así a causa dun reflexo condicionado provocado artificialmente.

I. Pavlov (imaxe no D.P.)

    Tan superiores e tan normaliños. Non só nos consideramos 'máis' ca outros animais, senón tamén, moitas veces, entre nós hai quen se considera 'máis' (por exemplo, con máis dereitos). E iso que chega con dar unha pequena ollada arredor e facer que a cabeza traballe unha miga para borrar calquera superioridade. Poñamos por caso, superioridade en relación a un inmigrante ilegal subsahariano ou a un dos chamados menas (si, ese despectivo que só é o acróstico de menores non acompañados). Canta xente dos que os critican e desprezan tería aguantado a súa situación, primeiro na 'súa' terra e logo na 'nosa' terra na procura dun futuro non atopado? 'Súa' e 'nosa' como se a Terra fose diferente para uns e outros, por moito tamén que ás veces haxa xente que se empeñe en facer como se viviramos en mundos diferentes. Mentres, esa mesma xente -deixémonos de eufemismos: nós- desbloqueamos unha media de 150 veces o día o noso móbil 'intelixente'. 150 e aumentando, porque como o can de Pavlov téñennos afeitos a salivar, léase xerar ansiedade, na espera dunha recompensa ficticia en calquera rede social.

    Parece mentira. Tan superiores... como os cans. E iso, como moito, porque habería que meter na ecuación o que ao menos os cans non parecen sentirse superiores, co que non estarían enganándose a si mesmos, e polo tanto, terían unha avantaxe nesa comparación pola superioridade.

    Hai pouco recomendáronme o libro de Marta Peirano "O inimigo coñece o sistema", e, sen ir máis aló, pasando a vista por algunha das súas páxinas, chégase a máis de dúas conclusións. Máis de dúas porque ao menos as dúas primeiras son de caixón. A primeira, a autora coñece o sistema, e xusto despois, que hai que agradecer a quen o recomendou. As outras necesitarían máis tempo para analizalas, entre estímulo e estímulo, con ou sen recompensa efectiva como no caso dos cans de Pavlov, restando momentos de atención ós chíos do móbil ou ó último ocorrente vídeo da tendencia que sexa que esteamos a seguir.

    Cada quen pode converterse, e estar a gusto séndoo, nun can de Pavlov. Moitas veces, a grande maioría, sen ser conscientes desa dependencia dos estímulos que nos levan a consumir máis, sexa azucre para o corpo ou gasolina para o auto, ou a votar contra o que beneficia á maioría. Iso, por moito que a se a maioría sae beneficiada, a sociedade e nós -'o votante'- saímos beneficiados, aínda tendo en fronte aparentes prexuízos, case sempre materiais, que son os máis doados de representar e de aplicar o condicionamento correspondente, porque nos levan a crer que os 'seus' intereses son os 'nosos' (e que por iso mesmo, estamos 'coa maioría' e por riba dos demais).

     Os cans ('de Pavlov' ou non) non se sabe a consciencia que teñen da situación, pero recoñecen ó seu amo. No caso dos humanos o condicionamento está a facerse de tal xeito que descoñecemos quen son os amos, ou ben non os identificamos con esas persoas que teñen capacidade de selo e a quen seguimos. Mesmo, ás veces, hai quen se ven a máis e se sinte como amo, como instigador deses cambios que lograba Pavlov, como xefe. Aínda que siga a ser, máis aínda ca outros, na súa inconsciencia, un can de Pavlov, condicionado por un Pavlov que non é capaz de recoñecer.

Eleccións xerais 2023 en Ribadeo. III.-Visión histórica

    A falta de poder recompilar aínda datos sobre algúns aspectos das votacións do 23 de xullo, deixo unha gráfica que representa na liña de tempo da democracia actual os votos ós partidos nas eleccións xerais en Ribadeo. É dicir, dende 1977. A lembrar que os resultados definitivos non se darán ata dentro duns días, e mesmo o voto por correo aínda está sen recontar, e pode levar a algún cambio no Congreso.

      Outras eleccións:

Sobre calquera elección

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023

Eleccións autonómicas 2020

Eleccións autonómicas 2016

Eleccións autonómicas 2012

Eleccións xerais 2023

Eleccións xerais 2019

Eleccións xerais 2016

Eleccións xerais 2015

Eleccións xerais 2011

Eleccións europeas 2009

20230725

Foi a pesca e non a industria . Pablo Mosquera Mata

Foi a pesca e non a industria 

Non vale facerse trampas no solitario.

Non paga a pena crer que unha industria é eterna.

Non vale volver as costas ao mar e mentres tolerar a contaminación por verteduras industriais, non vale escoitar a uns sindicalistas ignorantes e desprezar aos auténticos fillos da mar.

Non paga a pena manifestar preocupación coas alteracións climáticas relacionadas coa actividade industrial e os seus derivados, mentres se contempla como se destrúe o patrimonio ecolóxico marítimo.

Non vale tapar as vergonzas e o medo dunha comunidade que vive e morre polos efectos dunha factoría que verte produtos altamente tóxicos.

Non vale, cando se produza, mesarse os cabelos e procurar culpables, cando a balsa dos lodos vermellos por efecto de sobrecarga e choivas torrenciais se converta nesa catástrofe anunciada polas informes de Ecoloxistas sen Fronteiras. O norte de Galicia sempre mirou ao mar.

As súas actividades económicas sempre estiveron directa ou indirectamente relacionadas co mar.

O turismo que foi substituíndo ao veraneante veu buscando a mar, o seu clima e a súa contorna paisaxística.

A pesca deunos de comer e fíxonos mellorar a calidade de vida nas nosas tradicionais parroquias.

O mar achegounos a outros pobos e á súa cultura.

Desde o mundo antigo a mar foi despensa e autoestrada, nicho de riqueza e traballo, fonte de cultura e creatividade artística.

A nosa decadencia é directamente proporcional á substitución dun mar de cultura por esa pleitesía á industria da bauxita convertida en alumina e aluminio.

Os mariñeiros de Burela dedicáronlle a primeira costeira ao bonito no verán de 1924.

Os barcos boniteiros foran construídos nos portos veciños de San Cibrao e Foz.

Na pesca ao curricán ou cacea non se emprega ningún tipo de redes, senón que se recorre ao típico anzol, para esta modalidade os barcos dispoñen de viveiros (tanques) nos que conservan vivo o cebo empregado nas capturas, que é normalmente chicharrillo, parrocha, bocarte ou paparda, capturados á súa vez cunha rede de cerco.

O diñeiro que se gaña na actualidade un mariñeiro na costeira -de 8000 a 12 000 euros- é un estímulo, aínda que non se manexan as cifras de outrora, cando con dúas mareas un mariñeiro facía unha casa.

A campaña do bonito marcha a un bo ritmo nos portos vascos.

Esta madrugada chegaron unhas 625 toneladas de peixe.

Concretamente, descargáronse unhas 300 toneladas en Getaria, 250 en Hondarribia, 40 en Ondarroa e 35 en Bermeo.

En palabras dos pescadores, este ano hai moito bonito e está bastante preto da costa.

Polo tanto, a pesca foi boa para todos os barcos da cornixa cantábrica.

De feito, en Cantabria contabilizaron máis de 200 toneladas e en Asturias outras 100 toneladas.

Non obstante, a cantidade de produto adoita afectar ao prezo deste.

Hoxe o quilo de bonito pagouse en lonxa a unha media de 2,80 euros, un 30 % máis barato que o ano pasado. Así, en 1986, a lonxa de San Cibrao, facturou máis de 126 millóns de pesetas, dos que case 70 corresponderon ao bonito.

En 1987, foron máis de 57 millóns, dos que 57 corresponderon á costeira do bonito.

En 1988, foron case 178 os millóns, dos que 62, proporcionounos o bonito.

E este verán que vai pasar?

O que pasa dende hai anos.

Custa traballo acordarse que aínda existe un Pósito de pescadores en San Ciprián que dá asento a unha Confraría.

¿A que se dedican?

¿Algunha vez dixeron algo sobre a contaminación do mar polas verteduras que solta ALCOA?.

Pablo Mosquera Mata

O día da Patria

    A celebración do día da patria galega é diversa. Este ano collo un post de Suso Fernández para diseminar esa diversidade, identificándome ó tempo con ela:

Se buscas a Galicia
En ti tes que atopala

Eleccións xerais 2023 en Vilalba. II.- Por parroquias

     Deixo en baixo o desglose de votos (non conto os 37 votos adicados en total a PACMA, PUM+J, FO, PCTG, e Recortes Cero porque case non se ven) por partidos e seccións electorais. Detallo en baixo, coa axuda dun mapa do concello e unha relación, o que abrangue cada sección censal, para pode facer a interpretación dos gráficos. Esta entrada correspondería, para o caso das municipais de 2023 en Vilalba coa entrada Resultados electorais municipais Vilalba 2023 (IV).

    O primeiro gráfico corresponde a que se votou en cada sección censal. Cada columna é unha sección onde está representada a porcentaxe de voto a cada partido.

    Vese claro que o PP ten máis apoio nas zonas rurais, ao contrario que BNG e Sumar, mentres o PSOE é máis estable entre unhas e outras zonas, o que se ve quizáis mellor no gráfico de abaixo.
 
    O segundo gráfico corresponde á porcentaxe de voto a cada partido por sección censal. Cada columna representa a un partido. 

    Despois das porcentaxes, o número absoluto de votos para os cinco partidos, primeiro por seccións censais e logo, dentro de cada partido.

    E a táboa correspondente ás gráficas anteriores:

    ara a interpretación, hai que ter en conta as correspondencias: 

Sección censal e extensión aprox. 
01-001 Pobo (Avda. Terra Chá-Campo da Ponte) 
01-002 Pobo (Conde Pallares-Pravia-río) 
01-006 Pobo (Terra Cha-Conde pallares [sen Guadalupe]) 
01-007 Pobo (Campo da Ponte-Plácido Peña) Pobo 
01-003 Boizán, Mourence, Sancovade 
01-004 Lanzós, Goiriz 
02-001 Alba, Belesar, Insua, Ladra, Soaxe, Torre 
02-002 Nete, Noche, Oleiros, Xoibán 
03-001 Corvelle, Gondaísque, Samarugo, Santaballa, S. Simón, Vilapedre 
03-002 Codesido, Distriz, Tardade 
04-001 Árbol, Carballido 
04-002 Rioaveso, Román
      Outras eleccións:

Eleccións xerais 2023 en Ribadeo. II.- Por parroquias/Congreso

     Deixo en baixo o desglose de votos (non conto os 13 votos adicados en total a PUM+J. FO, PCTG, e Recortes Cero porque case non se ven) por partidos e seccións electorais. Detallo en baixo, usando un mapa do concello e un esquema da vila, o que abrangue cada sección censal, para pode facer a interpretación dos gráficos. Esta entrada correspondería, para o caso das municipais de 2023 coa entrada Resultados electorais municipais Ribadeo 2023 (III).

    O primeiro gráfico correponde a onde se votou  a cada partido (por sección censal). En cada columna están acumulados os votos dos partidos, distribuídos por seccións.

    O segundo gráfico corresponde ós votos de cada sección censal, amontoados por partidos.
    O Terceiro, a táboa de datos das gráficas anteriores
    Hai veces que se entende mellor ou que da información que se valora máis se os gráficos se fan de xeito porcentual. Por iso deixo os gráficos anteriores een forma de porcentaxes (a porcentaxe de votos que sacou cada partido nunha sección censal e a porcentaxe coa que contribueu cada sección censal ós votos de cada partido):
    Vese que,aínda ganando en todas as seccións, o PP sobre todo arrasou nas seccións 5 e 6, as menos urbanas, mentres PSOE ten relativamente menos votos no rural e o BNG é o máis regular en votos das formación 'grandes' a través das diversas seccións.
    E, para a interpretación, hai que ter en conta as correspondencias: 
01-006 Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, Santalla de Vilaousende (sur do concello)
01-005 A Devesa, Rinlo, Vilaframil (norleste do concello)
01-004 Ove, Vilaselán (arredor da vila)
    Mentres as tres primeiras seccións corresponden á vila:
01-001, de xeito aproximado, zona sur, votación en Of. Turismo
01-002, zona vella ata S. Lázaro e Rosalía, votación en Cine Teatro

Día Nacional de Galicia

    Por se hai que lembrar a orixe, nome, adicación e quen o puxo en marcha:


 

20230724

Eleccións xerais 2023 en Ribadeo. I.- Se Ribadeo fose España/Congreso

    Á mañá seguinte das eleccións xerais de 2023 xa hai datos para facer algunhas gráficas. Como por exemplo, o que pasaría no Congreso se os datos de Ribadeo fosen os únicos que contaran en España, circunscrición única. E velaeiquí o que pasaría.

    Primeiro, o número de votos obtidos:

    O que dá unha gráfica como a seguinte [Nota previa: a ter en conta que as cores dos gráficos non corresponden ás cores que usan como identificativos os partidos]:

    Tendo en conta a distribución da lei D'Hondt que rixe o sistema electoral e que para ter representación hai que acadar o 3 % do voto emitido (polo que quedarían fóra do reparto PACMA e seguintes), o número de congresistas quedaría:

    E, dun xeito gráfico:

        Outras eleccións:

Sobre calquera elección

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023


Eleccións autonómicas 2016

Eleccións xerais 2023

Eleccións xerais 2019
Eleccións xerais 2016
Eleccións xerais 2015
Eleccións xerais 2011

Eleccións europeas 2009

Eleccións xerais 2023 en Vilalba. I.-Se Vilalba fose España

    Á mañá seguinte das eleccións xerais de 2023 xa hai datos para facer algunhas gráficas. Como por exemplo, o que pasaría no Congreso se os datos de Vilalba fosen os únicos que contaran en España, circunscrición única. E velaeiquí o que pasaría.

    Primeiro, o número de votos obtidos:


  
O que dá unha gráfica como a seguinte [Nota previa: a ter en conta que as cores dos gráficos non corresponden ás cores que usan como identificativos os partidos]:

    Tendo en conta a distribución da lei D'Hondt que rixe o sistema electoral e que para ter representación hai que acadar o 3 % do voto emitido (polo que quedarían fóra do reparto FO e seguintes), o número de congresistas quedaría:

    E, dun xeito gráfico:

    ... Seguirá.