20091231
Sobre a San Silvestre 2009
Unha foto da chegada dun grupo cara ó final e os planos dos dous recorridos, dos maiores (ver post anterior sobre a San Silvestre; o recorrido variou algo) e dos pequenos. A San Silvestre de hoxe foi con diferencia a máis numerosa ata o momento, duplicando o número da edición pasada.
Agasallo para o novo ano
20091230
De novo, a San Silvestre
Fonte 240
S. Francisco 452
Mercado 513
Mercado 640
Xardín 1098
Rosalía de Castro 1610
Rosalía de Castro 2128
Auxiliar autovía 2331
Auxiliar autovía 2401
Desviación 2478
Desviación 2585
Desviación 2771
Estrada faro 2957
Residencia 3066
Baixo ponte 3309
Capela S. Miguel 3452
Calvo Sotelo 3636
Calvo Sotelo 3739
R. S. Miguel 3789
Costa de Conchita 3940
Fonte vella 4049
Viejo Pancho 4119
Catro calles 4147
Amando Pérez 4309
Mercado 4420
Villafranca 4548
Catro calles 4710
Pza. España 4779
Cantón 4806
Meta Concello 4874
20091229
Primi
Hai xa tempo, no ano 2007, con motivo do Día das Letras Galegas, deixei escrito noutro lugar “Día no que por outra parte, a súa adicatoria a María Mariño me leva a lembrar unha escritora ribadense viva en lingua castelá na súa meirande parte e á que coido que se lle podería dar mais estima da que lle concede, Primi Nécega. Non me vou poñer a ponderar agora a súa obra, pero chámame a atención que os seus contos, precisamente, non chamen máis a atención. E xa digo, salvando as distancias que as circunstancias impoñen, a figura dunha lémbrame a da outra.”
Por eso foi unha ledicia ter a nova de que lle fora concedido o premio 'Iniciativas 21', neste caso con M. Carmen Rodríguez Cancelo e outras mulleres que foron recoñecidas en toda Galicia. O acto de entrega tivo lugar o pasado 20 de decembro no Teatro Colón da Coruña, rendindo homenaxe a “21 mulleres que se teñen esforzado por superar as dificultades e os atrancos da vida cotiá”, sendo citada “Primitiva Nécega. Escritora”. A lembrar que os premios Mulleres 21, tal como aparece na web da Fundación, están adicados “a mulleres excepcionais, como tamén o é a súa cotidianeidade, sen a que o progreso de Galicia non sería posible.” É dicir, a mulleres de excepción que non se prodigan socialmente, senón que fan unha labor calada, do día a día.
Tempo antes aínda do 2007, nunha introducción á primeira edición de 'Despertar', o seu libro de poesías, tentaba facer unha aproximación non á súa vida, senón ó que é Primitiva Nécega Gallo, 'Primi' para os que a coñecemos. Algo que alomenos para min non é doado porque vai máis aló dunha biografía. Tamén na páxina da 'Galipedia' (“http://gl.wikipedia.org/wiki/Primi_Nécega”) pódese rastrexar algo da súa vida e obra, pero coido que é na 'Comarca del Eo' onde se pode seguir a súa traxectoria semana a semana, pois poucas falta á cita cos lectores ofrecéndonos sobre todo os contos e historias que crea. Tamén sei que en internet pouco a pouco vai dispoñendo dalgún escrito seu para quen quera acceder a eles fóra dos cauces habituais do papel, e así aproximarse á figura de Primi. É o mellor xeito de achegarse a un aspecto dela, o de escritora.
... Aspecto que non é o único. Poderían dicirse moitas cousas desta muller que ten o seu traballo diario, escribindo, totalmente integrado na súa vida. Pero coa cotidianeidade citada en 'Iniciativas 21', sei que Primi non vai difundindo as súas andanzas (non falaremos logo dos pregóns, ou da curta , ...) e por eso remato este pequeno recoñecemento, non sen antes abrir o campo a outras facetas desta muller que naceu en Foz pero da que con todo o seu significado pode dicirse que é de Ribadeo. Ben, a cousa é que quedou oculto nos avatares do premio o colofón que ela mesmo escribiu como final da súa escolma biografica: 'a miña mellor obra son os meus fillos'. As cousas, claras: non lle fan falta recoñecementos, no que máis lle importa xa os ten, e nos escritos, consígueos semana a semana. Pero coido que un premio como o que recibiu hai poucos días tamén o tiña merecido.
Os 10 000
Ribadeo quédase á porta dos 10 000 habitantes este ano, como estaba previsto, e a pesares dun aumento de poboación recente de case o 2%. A análise máis detallada sobre a evolución do censo fíxena xa hai uns meses, e xa tiña outras anteriores (1, 2, ...) . O caso é que polo momento, non terá máis concellais no concello, o que implica que os razonamentos electorais non cambiarán en canto a proxeccións. Pero tamén que non entrará dentro das cotas presupostarias correspondentes ós municipios de máis de 10 000 habitantes, co que o recibido per cápita non se incrementará no esperado se pasara dos 10 000, e polo tanto, non hai tampouco respiro para as contas municipais. É dicir, continúa a 'volta á casa' nas contas do concello, no medio dunha travesía difícil, ó 'estilo Anábase'. Faría falla en todo caso, precisar ata que punto hai a dificultade da volta e a semellanza das condicións que especifiquei antes.
En canto á provincia, forma parte dos 7 concellos (só 7) que están entre os 5 000 e os 10 000 habitantes, que entre todos teñen unha poboación pouco maior que a metade da capital provincial.
Coido de todos os xeitos que o debate pola cantidade está ocultando outras cousas, que non por menos sabidas ou sospeitadas deixan de ser máis relevantes para a textura da poboación. A gráfica á beira, construída a partires de datos do INE, amósao á claras. A pesares da acollida de inmigrantes estes derradeiros anos, que incrementa en particular a poboación en idade de traballo, a coñecida como 'pirámide poboacional' no caso de Ribadeo máis ben se parece a un bocoi que tan só no último quinquenio vai tomando algo de pé e voltando a superar a poboación de "<5" á ">85". Por certo, que se non me equivoco, aínda se nota a baixada de nacementos / emigración despois da guerra ...
Cando a industria domina a cultura, o resultado é puro consumo
20091228
Algo que non aparecerá na Comarca: "Escribe en galego: leeranche máis"
Pero voltemos ó artigo citado para comentar só algunhas das frases e ver así de aprofondar nelas e no imperialismo galegofalante que hai que aproveitar neste sétimo século triunfal da cruzada galeguista dende o grande impulsor do galego, Alfonso X.
Pregúntase o autor, referíndose ás eleccións autonómicas últimas, que cando se dará conta o sector defensor do galego de que o pobo galego optou polo bilingüismo. É tan evidente que o que exista o galego creba o bilingüismo, como que os valencianos votaron pola corrupción. Barra libre para o galego, o idioma máis forte!
Tamén se pregunta polo negocio a conta do galego. Tendo en conta que o galego ten un negocio asociado abondo máis de 20 veces superior ó asociado español (por poñer un límite mínimo e en España, por non falar doutros países), non me estrana que se pregunte polo tema. E poderiamos ir por barrios, e distinguir a abrumadora maioría de libros editados en galego fronte ós impresos en castelán, en Galicia e fora dela, ás múltiples televisións en galego, mesmo ó idioma usado nas cancións... Aí están as estatísticas, como a que saíu na prensa o día 18 (título: “La edición de libros en gallego aumentó casi un 25% en el 2008”): no 2008 foron editados 2 482 libros en galego, como se pode ver, a parte do león dos 104 233 editados en toda España. Ademáis, os libros editados en Galicia son na súa maioría en galego, quizáis porque aquí non hai casas editoriais de distribución nacional. A medra de títulos tamén foi forte, un 25%, non importando que o ano anterior houbera unha baixada. Tamén está clara a importancia oficial na publicación, o pulo dado polo imperialismo político filogaleguista: A grande maioría dos libros, 199, dos case 2 500, foron de edición pública. Ademáis, o pulo galeguista está craro nas tiradas: só unha media de 2 960 exemplares nas edicións en castelán por 1 398 de media das edicións en galego. Asemade, os datos corroboran a importancia das novas tecnoloxías: no caso do libro, xa hai en galego ata o asombroso número de 123 títulos editados sen papel.
Na prensa, na que como é referido no artigo o castelán está a piques de desaparecer, case todo está dito en galego: 0 día 18 de outubro, dous días despois da manifestación de Santiago a favor do Galego as forzas galeguistas tiveron que forzar á prensa a que baixara os niveles de novas dadas en galego, para que non se dubidara de que a manifestación tiña un sentido e así seguir exercendo presión a favor do galego. Ise día, debido ós efetos anteditos, puiden constatar que a porcentaxe de galego no diario de maior tirada autonómica baixou ata un 1,25% do espazo. O que hai que facer para disimular!. Por certo, que ise esforzo de disimulo chega ata hoxe: vale con mirar o lugar onde está publicado iste artigo e comparar galego e castelán para ver oque as forzas galeguistan teñen que facer para cubrir o seu imperialismo.
En internet, a supremacía do galego é inenarrable. Vése por exemplo, na Wikipedia, donde mesmo sen impulso público, as forzas imperialistas galegas lograron ter na actualidade, cun traballo do que dou fe, un total de case 53 000 artigos, por só 532 000 na edición castelá, abondo máis completos. É evidente que, tanto en Galicia como fóra dela, úsase máis a versión galega desta 'enciclopedia universal' que a versión española. E, no conxunto de páxinas accesibles por internet, as porcentaxes dispáranse moito máis.
Tamén é certo, como se di no artigo, que o ensino está tomado polo galego. Só hai que irse á Coruña e comprobar que tamén alí, lugar de vivenda da oitava parte da poboación galega, despois de deixar de chamarse 'La Coruña', os textos e a fala castelá están ausentes das aulas. E mesmo se pode comprobar que xa non é tan difícil atopar libros de texto en galego para calquera materia e nivel como antes.
Tamén na xudicatura o castelán está a piques de ser desterrado. Véxase se non a cantidade de casos que se seguen en galego. Unha vez máis, a punto de triunfar. Que o Tribunal Supremo (non o TSXG) teña que avalar que os nenos en Galicia non podan escolarizarse exclusivamente en castelán non deixa de ser unha manobra de distracción para esconder que a escolarización é completamente en galego. E que un xuíz aló por Madrid lle quite a tutela a unha nai galega en razón de que a vástago sería escolarizada en galego, unha lingua coa que non se vai a ningunha parte, é unha intoxicación mediática que serve para enfervorizar as masas de apoio, o lobby galegofalante en Madrid.
Aínda máis, mesmo o autor do artigo citado foi ganado no seu momento polo imperialismo galego para ser galegofalante, aínda que non totalmente: na escrita, segue a ser castelánescribinte. Mesmo a min, de pequeno, obrigáronme a falar o galego nas clases, denigrando o castelán e presentándome tódolos libros na nosa lingua imperial, o mesmo que ós meus compañeiros de promoción.
Pide que Feijoo bote fora o decreto do galego da época Fraga. Non, que non o bote, que ameazaría a supremacía lingüistica, cultural, mediática, económica, galega e galeguista e o progreso porcentual en todos os campos nestes anos de vixencia da lexislación.
Por certo, a min non me fai falta ser galeguista nin pedir a independencia; recollendo as verbas de Rosa Díez a pasada semana, e aplicándoas, eu xa son galego. E, visto a cantidade de procesos por corrupción aquí e no resto de España, non vexo grandes ventaxas práticas de pedir a independencia dun lugar cun PIB, renta per cápita, etc, abondo por baixo da media nacional, aínda que iso non quere dicir, por exemplo, que apoie que as finanzas galegas teñan os centros de decisión fóra da comunidade, o mesmo que pasou co sector leiteiro...
Despois de ver nunha nova (en castelán, por certo) unha bandeira no 20-N coa lenda 'vencimos e venceremos', coido que debo axustar algunha nota:
Nota 1. A típica nota de 'calquera parecido coa realidade é casualidade', pero os datos están aí para ser comprobados.
Nota 2. Como non pretendo vencer senón só informar, tampouco pretendo iniciar unha guerra de contestacións. Por min, isto queda aquí.
Nota 3. Naturalmente, non tratei todos os puntos do artigo citado. Iso pode dar lugar a charlas, que con José Luis danse preferentemente en galego.
Os Santos Inocentes
Os Santos Inocentes pagaron o pato do nacemento de Xesús, di a crónica. Xesús naceu xa perseguido, e, a modo de señuelos para despistar os misiles disparados contra un avión, tentaron despistar, e conseguírono parece, do nacemento de Xesús. A cambio, as súas vidas. E agora, en lembranza, fánse as inocentadas.
Por iso das inocentadas, algún ano xa teño sacado algún comentario que me teñen feito no blog. Este ano, non. Onte, houbo un incendio nun piso de Ribadeo; por afectar a unha persoa coñecida (que agora está no hospital debido ós gases do incendio) prestei algo máis de atención, e puiden ver que alomenos algún dos comentarios feitos non corresponden á realidade, crucificando á persoa antes de que a realidade saia á luz. Por eso a reportaxe fotográfica de ir ver a súa casa ó lonxe.
A primeira, a do incendio, na que se ve a importancia que tivo e que foi unha sorte que fora collido a tempo polo Grumir, pois podía ter ido adiante todo o edificio.
A segunda e terceira, dende a mesma rúa Transversal, dous indentados na rúa ded iferente aspecto, cun resalte que lembra ás inocentadas. Un, reconducindo dunha anchura a outra o asfaltado, fai torcer a beirarúa. A outra sinxelamente métese na beirarúa polas dúas bandas, achegando terreo ó valado. A axustar que ambos valados son moi recentes, e entendo que provisionais tanto pola construcción como polo que representan de collerlle espazo á rúa. Un deles (o segundo), ten unha razón de ser na súa provisionalidade, un pequeno terraplén á súa beira, e o outro, o muro que limita o terreo contiguo e que se pode observar na foto na parte inferior esquerda.
As outras dúas fotos non corresponden xa á mesma rúa. Unha é unha visión máis do resultado da fin de semana, que tamén lembra ó esprito das inocentadas sen selo, e á que habería que engadir tantas outras cousas (como un regueiro de terra resultado de arrastrar o abeto decorativo dun comercio en Rosalía de Castro, por dar outro exemplo). a final, unha das tres cámaras que vixían o novo local de venda automática en Ribadeo. Eu cría que as cámaras estaba prohibidas para observar os viandantes, e só se poñían por vixiancia adminstrativa (tráfico ou seguridade cidadá dos corpos do estado ou das administracións), pero non, parece que non é así e tamén en Ribadeo nos achegamos á descrición do Gran Irmán, despois de nonseicantas tempadas en antena.
Inocentada? Non, en tódolos casos, os inocentes somos nós, pero no sentido antigo.
Puntuación do blog
Blog del Dia
(Non fiarse de que a clasificación sexa 'Buen blog', pois 57,4% significa abondas cousas mal... haberá que repetir dentro duns meses)
20091227
Non é opinión, é ... constatación?
A frase anterior, sacada dun artigo do último número de Le Monde Diplomatique en español, está dirixida á actuación fronte a crise mundial, é dicir, é moi xeral. Pero o caso é que a niveis máis pequenos, as problemáticas amontóanse, e da pé a a pensar de xeito relativamente semellante.
Como curiosidade ou referencia, tómese como se queira, no blog 'Vida Socio-política de Ribadeo' a última entrada aplica algo con abonda semellanza a Ribadeo.
Un artigo sobre sanidade: ¿Que pasa na sanidade pública da Mariña?
Desde o día oito de Outubro do 2009, constituíuse unha Plataforma Cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte da provincia de Lugo, esto é, da Área da Mariña en defensa do Hospital da Costa de Burela. Dita Plataforma confórmase con todo tipo de asociacións e organizacións veciñais, culturais, deportivas, etc., así como, alcaldías, partidos políticos e organizacións sindicais da Mariña que quixeron integrarse. Quedou, por tanto, constituída unha Plataforma, moi sólida nos seus principios. Na segunda reunión noméanse a uns membros portavoces, para que vaian explicando polos Concellos da Mariña, o por qué das inquedancias que levantou a Administración Sanitaria da Xunta de Galiza, debido a comentarios que alguns dos seus membros fixeron nos medios de comunicación.
O día 14 de Outubro mándanse cartas o Ilmo. Sr. Presidente da Xunta, a Consellería de Sanidade e o Xerente do SERGAS, para que envíen por escrito o que de viva voz se dixo nos medios, xa que a preocupación da Plataforma era e é, o cambio da Xerencia Económica de Burela para Lugo, creándo unha Xerencia Única para toda a provincia. Esto, que é o cabalo de batalla da Plataforma, creemos que é totalmente nefasto para o Hospital da Costa, e polo tanto para todos os cidadáns mariñanos que nos beneficiamos dos servizos de un bon hospital en Burela.
Pois ben. A Conselleira de Sanidade, Sra. Dª Pilar Farjas Abadía, envía un escrito a Plataforma Área Sanitaria Norte con fecha de 16-novembro-2009, en constestación a carta remitida pola Plataforma, na que dice: “o noso proxecto non inclúe a modificación do mapa sanitario... que o Hospital de Burela non só será a referencia sanitaria da Mariña, senón que se reforzará tanto en servizos como en especialización e autonomía, para ser un hospital mellor e máis completo do que é hoxe. Investimos nel porque cremos no hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido Popular quen o creou e será un goberno do Partido Popular quen potencie o hospital de Burela”.
Aquí hai que aclarar que en 1986 cando se inaugura o Hospital, non poido o PP crear nada, pois non existía, así que esta última parte, sobra, e si unha carta oficial ten párrafos falsos e está redactada coa máis pura demagoxia política, calquera representación cidadana xa ten bastante para sospeitar de todo o seu contido. Pois a Plataforma Área Sanitaria Norte non ten carácter político, e sempre o deixamos moi claro os membros que a representamos, pois cremos que tanto enferman os cidadáns de esquerdas, de dereitas, do centro ou os que lles importa un pimento o cor da política. Esto é unha cuestión cidadana, unha cuestión de usuários, e non de reivindicacións laborales que teñen outros cáuces e métodos de protesta.
Cando nos dicen que nas reformas “non se inclúe a modificación do mapa sanitario”, creémolo a “pie juntillas” pois este concepto territorial que afecta a catorce Concellos da Área Sanitaria de Burela, sabemos que de ningunha maneira se pode mover, pois aínda contratando a tódalas paleadoras das empresas de autopistas para aterrar a Mariña para Lugo, non creo que sexan capaces de facelo en este século. Pero a influencia do Hospital da Costa de Burela, sí pode cambiar si se lle saca a Xerencia Propia por unha Xerencia Única centralizada en Lugo.
Vexamos. Cando nos dicen: “queremos que tódolos galegos, vivan onde vivan, teñan uns servizos sanitarios de calidade, accesibles e que melloren día a día”, aquí na Mariña xa temos todo esto de calidade e accesible, polo que non hai nada de novo, e a Conselleira só lle pedímos que cumpla coa coletilla final “que melloren día a día”, o que dudamos moitísimo, xa que non responde as preguntas da Plataforma e de diversos colectivos, de si se vai manter ou non a Xerencia de Burela, pois centralizala en Lugo, será nefasto para o bon funcionamento do Hospital da Costa de Burela, pois a toma de decisións e os recursos materiais e humanos, serán cambiados a favor das prioridades de Lugo coa Xestión central.
¿Por qué pensamos esto?. Pois ben. Están para abrir en Lugo un hospital novo que según nos dicen, vai a ser un hospital dos millores de Europa (o cal non poñemos en duda), e que contará con unha dotación de varios centos de profesionais especializados, os cuales a día de hoxe non existen ou non están libres e disponibles en toda Galiza, polo que se recurrirá a acadalos dos hospitales orbitales, como é Burela ou Monforte. E cando leven a un profesional de Burela, para traballar en Lugo, os cidadáns da Mariña, teremos que trasladarnos a Lugo, ¿en que especialidades?... a día de hoxe non se sabe... pero sin duda na que faga falta en Lugo, e esto sí será en detrimento para o poder adquisitivo do cidadán da Mariña, que perderá os dereitos que ten desde fai pouco máis de 20 anos, e que a Plataforma tampouco quere perdelos en aras de non se sabe ben que “aforro do erario público”.
Como exemplos da nosa inquedancia, podemos citar:
1) Fai pouco trasladóuse de Monforte por uns días un anestesista para Lugo, con todo o seu equipo de anestesia, esto é botellas, monitores, etc. Esto, parecerá unha tontería, pero é simple e llanamente, un ataque na línea de flotación do traballo en quirófanos, pois ¿qué nos importa que teñamos o millor ciruxano no quirófano, sinón ten as condicións e ferramentas esenciales para traballar? E concadenado a esto... si o ciruxano non pode traballar en Monforte ou en Burela...¿que fai aquí? haberá que levalo a donde poida traballar... si non hai ciruxanos... ¿para que queremos quirófanos?.... etc. etc.
2) En Burela hai catro quirofanos grandes e dous pequenos... e por razós completamente alleas o sentir de esta Plataforma Cidadá, non están a traballar polas tardes, e esto crea listas de espera cada vez máis longas, non só na gran ciruxía, senón tamen na ciruxía de ambulatorio.
3) As listas de espera en Burela, desde o cambio de Goberno na Xunta, multiplicáronse sabe Deus por canto, máis de dez veces según expertos profesionais do asunto. Esto trae unha masificación na espera tan sumamente grande, que despois de levar un tempo, si a un paciente lle propoñen solucionar a súa doenza en un hospital privado ou concertado, a xente xeralmente acepta, aínda que gaste tódolos seus aforros, e é desviada de forma alarmante, do Público para o Privado ¡e a esto, desde logo, non se lle pode chamar: magnífica xestión, como nos pretenden dar a entender para o aforro dos bienes do erario público... nin do cidadán galego, esto é simplemente, que por parte da Xunta apostan por un cambio de rumbo hacia a privatización da Sanidade Pública. ¡E non fai falta ser moi listo para ver esto!
4) O Deputado D. José Manuel Balseiro, mándonos carta certificada que recibimos con fecha de 10-novembro-2009 a AVV O Tesón de Ribadeo (supoño que o igual que a tódalas AAVV que se solidarizaron coa Plataforma), na que nos dice que: “a Consellería de Sanidade confirma non xa o mantemento da área sanitaria da Mariña lucense, senón tamén que o Hospital da Costa seguirá a ser referencia sanitaria da nosa comarca. No mesmo escrito (reférese o escrito adxunto da resposta Nº9315 do Parlamento de Galicia, 2-nov-2009) os novos responsables da Xunta asumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario de Burela, tanto en servizos como en especialización e autonomía”... e remata decíndonos: “Desexo saiba comprender o importante que dar a coñecer neses actos informativos (os da Plataforma Sanitaria) a posición oficial da Xunta a este respecto”.
Nos apartados 2)e 3) queda claro o “reforzo de servizos e a autonomía” que se está levando a cabo no Hospital de Burela. Por outra banda, calquera que entre nas páxinas do Hospital de Burela, pode ver a nova denominación: “Xunta de Galicia Consellería de Sanidade Servicio Galego de Saude – Hospital Comarcal da Costa”. ¿Saben na Consellería que o Hospital da Costa e da Mariña, e non Comarcal? ¿como se pode decir que: “asumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario” e a continuación ignoran que a Mariña está composta por tres comarcas, Occidental, Central e Oriental, e que de un só plumazo o Hospital lle reduciron a categoría a terceria-ava expresión? ¿ou será que por estas “nimias” sutilezas Administrativas os compoñentes da Plataforma nos alporizamos sen motivo?
Resumindo. Dámonos conta de que desde a Plataforma, de momento, non chegamos a nosa cidadanía mariñana, para comunicarlles en vivo e en directo os nosos temores fundamentados do que está a ocurrir. A cantidade de xente que acudíu as nosas charlas foi moi pequena, incluso escasísima para o que se está a xugar, pois nós só pretendemos dar a coñecer que 72.000 cartillas de Seguro dos mariñanos, son un bocado moi apetecible, para moita xente, sociedades, entidades, etc. que pretende repartir tarta tan esquisita, para bienes espúreos que nada teñen que ver con noso bienestar mariñano. Pero aquel que espere que se lle van a solucionar os problemas sen arrimar o hombro, en este caso está equivocado. O apoio cidadan mariñano é imprescindible para seguir mantendo, polo menos o que xa temos, sen perder nin un milímetro do gañado. Creo que para nós era imprescincible que estas inquedanzas, quedaran por escrito nos medios de comunicación, pois cando a cidadanía empece a lamentarse... con aquelo de que “eu non sabía...”, “o cabo non me dixo...” como decíamos na “mili”... ¡será tarde...! e os lamentos haberá que levalos a Lugo.... Agora empeza o Nadal, Fin de Ano, Reis...así que, Boas e Sanas Festas, vos desexamos a todos... pero recordar tamén, que logo será Carnaval...
20091226
Segue o Nadal
Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas
"A crise alimentaria podería evitarse mediante outros modelos de sociedade". "A fame non é unha calamidade natural (...). En esencia, é o froito de opcións políticas inadecuadas". Son outras citas, debidas a Stéphanie Parmentier no mesmo exemplar e unhas cantas páxinas despois, a primeira delas citando a Olivier De Schutter.
Coido que si, que temos que reaprender que podemos cambiar as cousas...
Un artigo contestación a "Por que a voltas co galego"
--
1º / Preguntabas, a través do titulo do teu artigo ¿Por qué a voltas co galego? Contestación: - Un amigo teu e compañeiro de partido, neste semanario, sempre está con temas sobre o galego “arrimando a ascua á súa sardiña”. Algún dereito teremos a dicir os que non opinamos como el. Non crees? Ou só podedes opinar os do Bloque?
2º/ Mira Pancho, (con papeis, cousa que moitos non poden) conseguiría demostrarche que proveño dunha familia radicada nesta vila desde antes do ano 1700. Se polo feito de defender eu o bilingüismo, consideras que a miña opinión faime menos galego que ti, estás moi, pero que moi equivocado. Iso é a gran equivocación dos do BNG, crédesvos mas papistas que o papa e así vanvos os resultados.
3º / Non sei como les ou interpretas os artigos. En ningún momento impuxen ou insinuei o que cada un ten que falar. Sodes vós, unha minoría (16% do electorado) os que intentades impor á maioría algo que esta rexeita. A proba?: O programa do P.P. optaba polo bilingüismo e a sociedade galega maioritariamente apoiouno, e iso parece que non o rematáchedes de dixerir. O galego, impóndelo os do BNG arrinconando ou eliminando o Español. Non hai máis que ver os panfletos que do Concello de Ribadeo anuncian algún evento. Como poderás comprobar están só en galego. O mesmo ocorre cos indicadores no núcleo urbano. Non é isto unha descortesía cara aos forasteiros que residen na nosa vila ou que veñen a coñecela? Non estamos en España?...Claro que, a vós ese nome pouco ou nada vos importa. No tocante ó querer optar por un traballo na Administración Pública, penso de distinto xeito ca ti. Estamos en España, polo tanto, igual dereito tería a optar a un posto de traballo un madrileño, andaluz etc., independentemente que soubese ou non falar galego, tendo en conta que a lingua común para todos os españois é o castelán. Pero iso aos nacionalistas “atragántasevos”. É o colmo da estupidez que nunha rexión “española”, Galicia, se puntúe máis un curso de galego que o bo currículo da persoa que vai a opositar.
4º/ Si, si, xa sei o que foi “Nunca mais”. Un movemento, utilizado politicamente polo BNG, que supostamente pretendía desacreditar a xestión do Goberno do P.P. Tamén a mesma plataforma, mobilizou á xente en contra da guerra de Iraq. Onde están agora, os desa mesma plataforma, con outra guerra, a de Afganistán, e 88 españois mortos en combate? Demasiada hipocrisía, amigo Campos. Quizais o Sr. Zapatero ordenou aos deputados do BNG manter o pico cerrado sobre esta guerra a cambio de certas prebendas.
4º / Interpretas todo como che dá a gana. Cando falo de estrepitoso fracaso refírome ás eleccións autonómicas, e non á manifestación. A ver se interpretamos ben, para evitar o equivocarte.
A que ti defines como mini-manifestación a favor do bilingüismo é preciso matizar que chovía a cántaros e non por iso a xente se cortou. Algúns borregos, que non vacas, intentaron boicoteala, sabes demasiado ben a que tribo pertencían os borregos. Insultos ós manifestantes, pedradas, agresións, dous policías feridos por defender a liberdade a manifestarse das persoas alí concentradas…!! Dez foron os “demócratas nacionalistas” detidos. Demócratas, verdade?
4º / Os comerciantes rotulan como lles sae… Ninguén lles ten que impor nada. O seu nome porano en castelán, galego ou inglés etc. dependendo de como se chamen ou como lles guste!! Pero sodes tan demócratas que pretendiades por pelotas “obrigar” a rotular en galego.
5º / Nova equivocación túa ao afirmar que digo: “O castelán está arrinconado en Galicia”. Mentira!! Eu dixen (repasa o meu artigo) “Que a intención do BNG cando pisou moqueta vermella era impor o galego no ensino e deixar arrinconado ao castelán, algo que sigo mantendo e que cambia bastante da interpretación que fas sobre o meu escrito.
Cando falo ou digo que o castelán desapareceu dalgúns sitios refírome ás administracións públicas ou os “medios de comunicación públicos galegos” Todo o mundo pódeo constatar, é evidente. Ti fas mención do privado, a empresa privada, que, afortunadamente ata agora, pode elixir a lingua que lle dá a gana.
6º / Repróchasme e insinúas a miña falta de espírito democrático, por dicir: “Aos nacionalistas canto mas se lles dá mas queren” ¿É que os franceses son antidemócratas por non permitir que nos colexios se estude a lingua bretona ou a vasca? ¿É que eu son antidemócrata por pensar diferente a como o fas ti? O cancro do país son as autonomías amigo meu… e serán a súa ruína, pero isto sería outro tema.
7º/ Falas de dereitos, algo que está moi de moda en todas as bocas, pero moitos son os que se esquecen de que “para esixir dereitos hai que cumprir cuns deberes”. O axioma “Sen deberes non hai dereitos” é mais sinxelo que todo o rollo que longas, pois enrredádesvos cos dereitos. Para os nacionalistas todos son dereitos, pero os deberes nunca os mencionades.
Mentres non vos despoxedes dese radicalismo sectario, nesta terra galega, pouco ou nada ides facer.
8º / Tedes todo o dereito a observar favor da independencia, faltaría máis! Pero esqueces algo (e aí radica a grandeza da democracia) a maioría do pobo galego está en contra. A proba?: só contades co apoio ás vosas teses do 16% do pobo galego, no 2005 tiñades o 19%. Como ves baixou o termómetro, baixou a febre nacionalista… e seguirá baixando, pois está abondo claro que Galicia non é nacionalista. Somos españois, aínda que respecto ao que pensa coma ti.
Eu, Pancho, estou moi ben onde estou, en España, e ninguén, por iso písame a conciencia. Galego si! Pero ante todo e por riba de todo español!.
9º / Dis que es socio da Mesa pola Normalización Lingüística. Paréceme moi ben. Pero cando dis a continuación: Será porque son demasiado galego?. A iso téñoche que responder. Non!!! Élo porque te cres máis galego que os que non pensamos coma ti. Pero non es nin máis nin menos galego que eu, a pesar das diferenzas en opinións que temos. O crerse estar por riba da opinión dos demais, aproveitando a lingua como bandeira, é o voso erro, e así vos luce o pelo en todas as eleccións autonómicas.
10º / Mentes, e non me gusta a palabra, cando dis que o P.P. xa perdeu unhas eleccións, lémbrote que no 2005 o P.P. obtivo 37 deputados, o PSOE 25 e o BNG 13. Outra cousa é que a unión, nada ética aínda que legal, do PSOE e BNG evitase gobernar ao partido mas votado, con gran diferenza respecto aos demais … Pero así vos foi a posteriori.
Si Pancho, si que falo galego e ti sábelo moi ben, pois cando nos atopamos sempre o falamos, pero é o galego de San Miguel, dos campos de Folgosa, ou de Ribadeo. É o galego que sempre falamos. O noso. Non esoutro galego “inventado” e sacado sabe Deus de onde, que será o causante de arrinconar e esquecer o galego que de sempre falamos durante xeracións.
11 / Dis que somos un pobo que podemos desaparecer. Imaxínome que te referirás á lingua, ao idioma. Pero mira Pancho, os sentimentalismos hai que deixalos a unha beira. As linguas, incluídos os pobos, pásalles como a todo: “Nacen, viven e morren”. Lei de vida. A historia está aí para lembrárnolo.
Jose Luis Garcia de Presno
20091224
Bo Nadal
Bo Nadal, Merry Christmas, Frohe Weihnachten, Joyeux Noël, Buon Natale, Feliz Navidad ... a todo o mundo |
20091223
Agasallos culturais
Hoxe recibín un par de agasallos culturais. O primeiro, particular, un libro sobre o Castro de Zoñán, que despois de follear fíxome pensar nun futuro libro semellante para o Castro das Grobas.
O segundo, público, o concerto do Coro Xoven da OSG, que rematou co público en pé, obra de agasallo e bis.
O vídeo, 'pouco logrado', correspondente a 'Verbum caro factum est' (obra anónima), ó fondo, acompañado doutro dunha actuación na Coruña e outro máis que corresponde á orquestra (descarregable da páxina da OSG):
Cousas do comercio e a industria
En certa forma no extremo oposto, pois está terminando a súa andadura, os últimos restos de 'La Innovación' están de resaldo, podendo observar, por exemplo, pantalóns marcados a 60 ou 90 € agora ofertados por 2€ pola mesma empresa. Unha xeración (máis ben dúas) de ribadenses e lugareños de moitos quilómetros a unha e outra beira da ría tivéronna de tenda de referencia para roupa. Xa non.
Sobre ruído? non, sobre botellón.
O primeiro é unha viñeta de Mauro Entrialgo, xa vella (2002), na que se fai unha crítica da persecución do botellón con datos que non son totalmente aplicables aquí (fala de cerrar os bares ás 2:30, por exemplo), pero que, na liña do blog, serve para pensar sobre o tema.
Outro, unha entrada de blog que trata tamén sobre o botellón, pero da que considero que o principal está no video, (con afirmacións cuestionables, pero un detalle na exposición e na pantalla a considerar, e que é o que segue) e nos comentarios, que son 'uns cantos':
E é que como xa dixen algunha vez (ver 'o botellón non ten quen o defenda'', artigo de hai meses), o que se ataca é o botellón, pero non se enfronta o consumo organizado económicamente, a eliminación das causas ou a mitigación das consecuencias.
Música hoxe
ás 20.00 horas.
CONCERTO DO CORO XOVE DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Celebración do 25º aniversario de Mari Carmen Rodríguez Cancelo como directora da Coral Polifónica de Ribadeo
Organiza: Coral Polifónica de Ribadeo
Colaboran: Parroquia de Ribadeo, Caixa Galicia e Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo.
O acto, do que se sabe hai polo menos unha semana (ver no blog) foi anunciado onte por un coche con altavoz, nun novo incumprimento polo concelo das súas propias normas. E mentras os villancicos soaron ata case as 11 da noite (iso si, mas baixos que o ano pasado), AC/DC é acusado de contaminación acústica e de por en perigo unha rara especie avícola en Austria.
20091222
Vaidades na fogueira (artigo de Rodrigo Pérez Coto)
Como todas as persoas, teñen as súas preferencias, valores, ideas, gostos, isto indudablemente plasmase, implícitamente, nas súas decisións, nos seus autos, por iso penso que é un erro dar tanto poder a uns persoeiros que despois de aprobar uns estudos poden pasar a decidir frívolamente sobre a vida da xente. A estes semi-deuses deberían facerlles probas psicológicas, facerlles examen exhaustivos para saber se adolecen de prepotencia, de algún tipo de fobia, racismo, odio cara algún grupo social, político ou relixoso… Iso sería o mínimo para alguén que aglutina tanto poder.
Ás persoas deberían xulgarnos persoas, non deuses descafeinados; digoo porque estou a prol dos xurados populares, creo eu mais xustas as súas decisións que a de unha soa persoa… porque xa se sabe que uns están máis sometidos a tentacións que outros. Todos os días vemos que se emiten ordes de deshaucio sen nengún tipo de miramentos, só pola maldita especulación dos matavellas, vemos erros escandalosos de encarcelamento de xente inocente ou sen probas suficientes ou outros que tras violar ou matar sempre utilizan algunha argallada para escapar das febles gadoupas da xustiza, axudados por outros parásitos que viven nestra trama, sambesugas que chupan o sangue ata que tes que vender a túa propia alma para satisfacer os seus emolumentos. ¿Cómo se pode permitir a estes outros voitres do sistema marcar unhas tarifas totalmente desorbitadas que nada teñen que ver coa vida e posibilidades da maioría de nós? Eu penso que como son parte do xogo do poder queren vivir nun estatus superior e que os mortais creamos que son fillos dos deuses, queren ser reconocidos como xente importante, que fan cousas importantes, os ideais xa non existen; mentres nós andamos a mirar como desfacernos deses problemas que tanto nos inquedan e preocupan, eles, nas súas pequenas ratoeiras, cheas de queixo e vaidades, contan o tempo para levarse outro botín. Xa se sabe, a xustiza non ten corazón.
Copenhague, non. Ribadeo, si
20091221
Incompatibilidade
20091220
Comentario a unha nova
1.Os horarios seguen sen seguirse de xeito adecuado, polo que mentras tanto, o aumentalos é algo relativo, correspondendo dito aumento alomenos en parte a legalizar unha situación de facto que non se quere variar.
2.Segundo a regulamentación vixente, os alcaldes non teñen poder de por si sós para facer dito aumento horario. Se se fai, será a Delegación Provincial (1 hora) ou direitamente dende Santiago. Os alcaldes ou as corporacións poderán propor ou tramitar propostas, pero decidir ... (outra cousa é que se piden o aumento de horario a concesión poda ser pouco menos que automática)
3.O ano pasado foi pedido, pola federación lucense de hostalería e direitamente a Santiago, un aumento de horario para o Nadal, e foi concedido, pero o asunto foi levado de tal xeito que os veciños non nos enteramos ata ben despois de ver que as nosas protestas non eran atendidas. Este ano polo menos enterámonos pola prensa. Grazas pola parte que lle toca a La Voz.
4.No aumento do fin de ano pasado resulta que só os establecementos federados tiveron esa prerogativa, xeito non moi sotil de aumentar o número de afiliados que deixa as claras os intereses particulares e as diferenzas mesmo dentro do sector, que aumenta a confusión sobre os propios horarios e que pon de manifesto o aleatorio da decisión.
5.En Ribadeo, segundo se pon en boca do alcalde, aumentaron as denuncias. Supoño que iso significa algo como que se lle está dando un premio xeralizado ós locais, cando algúns locais non deben merecelo. Así pois, os locais son iguais, fagan o que fagan? Se se tratan igual, cada vez considerarán menos o facer as cousas ben.
Hai algunhas cousas máis que cabería matizar sobre do artigo, pero chegados ata aquí, o que quería era incidir no tratamento e non noutras cousas como a economía dos locais, da que tamén se fala no artigo comentado.
Primi Nécega e o premio iniciativas 21
20091219
Procuras en Ribadeando
Remato de poñerlle unha nova posibilidade ó blog: as procuras internas (en realidade, en ribadeando, publicado en Ribadeo, feiras de ciencia na Galiza, ...).
Está no lateral dereito, xusto antes da predicción meteorolóxica, como indica a imaxe.
O manexo orzamentario dos veciños
Retorno ás novas do día 9 de decembro, e atópome que tiña sinalada e sen cubrir unha con título "Inversións por decreto veciñal". Así solto, o título non di moito, pois parece un novo rifirafe entre veciños e concello para forzar unha determinada inversión. Na realidade trátase dunha experiencia ferrolá de orzamento participativo, na que hai que recalcar que é só unha experiencia para dispor dunha parte pequena do orzamento municipal, 350 000 € en 60 000 000 €, pero tamén que dita experiencia non é unha consulta, senón un manexo real da decisión de intersión.
Sabía dalgún pobo pequeno por Andalucía que o facía (coido que Jun), aproveitando ademáis as novas tecnoloxías (algo que en Ferrol non se usa para o tema), e tamén cidades grandes no extranxeiro (Porto Alegre), pero en ningún caso en vilas achegadas.
A Ribadeo tamén chegará, o caso é cando.
A imaxe, unha porta ribadense (r/Antonio Otero), que serve como alegoría: o muro da participación sempre ten unha porta, e pode abrirse en calquera momento...
Música e Amadores da Música
Deixo á beira o díptico do festival de Nadal da EMMeD de Ribadeo, que tivo lugar onte, decorada cun debuxo de Marta Portela Besteiro. Asemade, unha folla con panxoliñas que interpretaron os profesores.
E, abaixo, a convocatoria da Asamblea 2009 da Asoc. de Amadores da Música, a titular da banda municipal,e a asociación que leva o nome que en portugués se lle asigna ós afeizoados: 'amadores'. Un detalle que fixo que Hernán Naval cambiara de opinión respecto ó nome da asociación, que en principio non lle gustaba por parecer de estilo cursi.
20091218
Actividades do fin de semana, de todo o Nadal e un recoñecemento
Con estes premios, a Fundación quere recoñecer o traballo e a traxectoria vital de 21 mulleres galegas, pertencentes a sectores diversos da sociedade, que dalgún xeito desempeñan ou desempeñaron un labor importante para a sociedade.
O acto de entrega dos devanditos premios terá lugar o próximo domingo, 20 de decembro, ás 12 horas no Teatro Colón Caixa Galicia de A Coruña.
Tódolos coralistas nos felicitamos por este recoñecemento e amosámoslle, á nosa directora, o noso agarimo."
... e eu únome á felicitación.
-
*VENRES 18, 20.00 HORAS, NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO
*MÉRCORES 23,
ás 20.00 horas.
CONCERTO DO CORO XOVE DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Celebración do 25º aniversario de Mari Carmen Rodríguez Cancelo como directora da Coral Polifónica de Ribadeo
Organiza: Coral Polifónica de Ribadeo
Colaboran: Parroquia de Ribadeo, Caixa Galicia e Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo
17.30 HORAS
NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
CARAMUXO TEATRO presenta OS BOLECHAS
*SÁBADO 26,
IGREXA PARROQUIAL
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
*SÁBADO 26,
de andar pola Casa.
Arte contemporánea ( videocreación e ilustración sobre todo), un sopro de aire con propostas moi diversas de seis mozos e mozas estudantes da Escola de Belas Artes de Pontevedra (Patricia Gómez, Miguel Ángel Rocha, Diego Puentes, José Ignacio Reboreda, Óliver Requeijo e Roi Veiga)
forte San Damián do 26 ao 30 de decembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
*LUNS 28 17.30 HORAS
NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
MANOLO PANFORRETEIRO presenta A ÁRBORE DAS TRES TORONXAS. A partir da base deste conto popular galego búscanse sonoridades diferentes.
As composicións de Vadim Yukhnevich e Manolo Panforreteiro fan da viaxe desta historia un achegamento á música contemporánea. Guitarra, acordeón, violín, ocarina, carillón, xilófono, low whistle e outros instrumentos non convencionais forman a materia tímbrica deste espectáculo.
*MARTES 29 17.30 horas no auditorio
MANOLO PANFORRETEIRO agora con O DESERTO DE RUB AL KHALI
espectáculo de narración e música, no que a nosa música tradicional con arranxos novos e propios ten un especial protagonismo
*MÉRCORES 30 17.30 H NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
SARABELA TEATRO
presenta
CÓSIMA
*Mércores 30 CAPELA DA ORDE TERCEIRA 20.30 HORAS
MÚSICA DE CÁMARA co grupo ARCO VENTO
*3 de xaneiro 20.00 horas auditorio hernán naval
Concerto de ano novo da BMMR
aquí como en viena
*4 de xaneiro
MEMORIA DO MAR
A terceira das exposicións que trae a Ribadeo o Museo do Mar de Galicia vai estar na OMIC do 4 ao 17 de xaneiro.
*día 5 de xaneiro
CABALGATA DOS REIS MAGOS
**tódolos os espectáculos son de balde
A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo deséxavos o mellor para o ano novo.
Transparencia
Din que Suecia foi a pioneira en ter unha lei de acceso / dereito á información pública en Europa, no 1776. En España, Galicia é pioneira, cunha lei de 2006, pero resulta que non contempla dita lei ningún órgano de seguemento ou apelación, o que a convirte se non en papel mollado, si en papel mollable por quen se manexe nos vericuetos convintes.
En canto a España en conxunto, segundo parece imos camiño de que nos tomen menos o pelo. O título e subtítulo dun artigo no diario 'Público' desta fin de semana iluminan as cousas: "Unha lei asegurará ó ciudadán o control da xestión pública". "A norma de acceso a datos oficiais prohibirá negar información e eliminará o silencio administrativo". É de supor que enmendarán o erro da lei galega e farán posible un seguemento.
Máis traballo para a administración? Non, máis craridade para os administrados. E parece que dese xeito lógrase reducir boa parte das mafias arredor da política e a administración. De calquera xeito, estou seguro que a lei non fai milagres.
En que se diferencia?
Despois de ter tomado e non publicado moitas fotos con certo parecido coa de hoxe, unha adiviña: en que se parece (e en que se diferencia) esta foto con outra que se poda tomar en boa parte das rúas de Ribadeo?
A resposta, nos comentarios.
20091217
Amar en tempos revoltos
O alcalde pide ós traballadores do concello que só fagan unha pausa na súa xornada laboral, segundo está estipulado legalmente. É posible que dentro da casa do concello sexa considerada unha medida de forza, pero na rúa tamén o é que sexa unha medida popular, cando non debera ter consideración nin de unha nin de outra, senón de achegarse ó pactado de antemán, ó servizo público e á eficiencia. Moito se leva falado, e moito máis se podería dicir sobre o funcionariado, a súa verquente de seguridade, que debera levar aparellado servizo, e doutras ventaxas e desventaxas que leva, pode levar ou pode atribuírse como asociadas, e non vou incidir aquí, nun comentario breve, sobre as mesmas. Pero a parte de lembrar que non todo o mundo no concello é funcionario, tamén hai que lembrar que o funcionariado non é máis que un tipo de relación laboral.
Na mesma nova de prensa aparece a dificultade de reparto dunha bolsa anual de 68 000 € entre os traballadores do concello, que ten outro cariz, pois mentras que simplificando o tema da xornada pódese supor que ten dúas partes implicadas, o que podemos chamar 'patronal' e 'obreiros', neste outro punto os intereses están divididos, mesmo atomizados, co que era antes patronal' actuando agora de 'xuíz', e o que eran 'obreiros', como partes enfrontadas.
A foto, coido que consoante co título e co tema primeiro, unha vaca en actitude protectora fronte ó seu becerro, que se acurruca ós seus pés nun día de frio. Protección para que medre e se desenvolva, non sobreprotección que lle permita desentenderse dese propio desenvolvemento.
20091216
Copiar non é malo
Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a idea.
--
Isto é un “proxecto” do noso (meu e de QuestionCopyright.org) primeiro Meme minucioso. Un proxecto porque a pista audio é un tema alleo, e estamos impacientes de escoitar o que podedes facer os músicos co tema. Tamén un proxecto porque necesitamos facer unha páxina máis imaxinativa e informativa que este mero post! ¿Pero para que sirve Internet, se non para fixar e facer rezumar o traballo creativo por calquera sitio?
Hai algúns cretos en branco na parte de “arranxado e rexistrado por” e no de “deseño e son.” Calesqueira músicos interesados/deseñador san poden re-lanzar o tema coas súas propias pistas e créditos apropiados. Engadide e quitade os cretos segundo sexa necesario (pero non quiten os meus!). Se vos non engadides efectos sonoros, cortade a tarxeta do “deseño de son”; se queredes acreditar voces adicionais, engadide unha tarxeta para elas. Usei as fontes Gill Sans e Gill Sans Ultra Bold. Asegurádevos de gardar os símbolos de CC-BY-SA en todos os créditos - vos lanzaredes as vosas modificacións baixo a mesma licenza.
Aquí está a letra:
A copia non é roubo.
O roubo dunha cousa deixa a un con menos
A copia fai máis cousas;
Para iso se copia.
A copia non é roubo.
Se copio o voso vos tamén o tedes
Un para min e un para vos
Eso é o que a copia pode facer
Se roubo a túa bicicleta
Ti terás que coller o autobús,
Pero se só a copio
¡Hai unha para cada un de nos!
Facer máis dunha cousa,
A iso lle chamamos “copiado”
Compartir ideas con todos
É polo que copiar
é
¡DIVERTIDO!
Esta pista vai a 90 (ou 180) golpes por minuto. A animación vai a 24 imaxes por segundo, cun golpe cada 8 imaxes.
Que neve ... !
Hoxe, mércores, suspendéronse as clases en toda Galicia polo mal tempo. Si parece que no interior de Galicia a cousa pode ser peor, pero aquí estamos polo día rondando, pero sen chegar ós 0ºC nun día con frío pero polo demáis, apetecible. Pregúntome como fan logo nos países nórdicos con esto da neve e as clases. Polo momento, de cara a fin de trimestre dentro de catro días lectivos máis, coido que aparte da perda de horas, rompe o ritmo para os días que quedan. Por certo, o correo recibido polos docentes daba como fonte de información a previsión da axencia española de meteoroloxía. A predicción está na imaxe. A de meteogalicia, que xa saben os comerciantes que se soe achegar máis, non a din conseguido pola web.
E nun día con frío, calorciño para o corpo: abre en Ribadeo unha tenda de produtos eróticos, segundo parece a primeira na Mariña. Unha opción máis de agasallo de Nadal que é nova o mesmo día que o é o reparto das árbores de Nadal polo concello. Árbores de ida e volta, pois serán recollidos depois de Reis e entendo que reprantados.
20091215
Distinguindo en torno á Atalaia
Estiven mirando a nova polo miúdo e non aparece a citación de quen opina que revalorizará unha zona do casco vello. Non me extrana.
Despois de tempo xa de oposición a un ascensor pola AVV O Tesón, e de seguir a construírse, coido que o mínimo é facer unha matización: pode que as obras de mellora emprendidas para a comunicación de diversas zonas (Cabanela, Atalaia, Porcillán, Trinidade) sexan benvidas e que o orzamento correspondente vaia asociado ó ascensor. A benvida de accesos é unha opinión discutible respecto á primeira parte, e máis despois de implicar a conservación da capela, e no que atinxe á segunda, o orzamento conxunto, pode considerarse un xeito de facer as cousas. Pero o que non pode considerarse nin respecto a opinión nin ó xeito de facer as cousas é a indivisibilidade de ambas obras, misturando ascensor e mellora de accesos á Atalaia como se foran unha.
Chamar ó ascensor de panorámico, cando está rodeado dunha mole de formigón e precisamente fastidia boa parte da vista do mirador, dicir que salva un desnivel de máis de 40 m cando só é unha opción para a metade, ou non falar do seu mantemento (parece mesmo que non vai dispor de control de acceso, segundo a mesma nova), son enganos para, como se dicía antes, facer comulgar con rodas de muíño. Pode haber mesmo a quen lle guste a estrutura (coido que é abonda xente máis a que opina o contrario), pois pode considerarse 'cuestión de gustos', pero non pode haber quen opine que o mirador da Atalaia queda cercenado, pois non é cuestión de opinión, é un feito. O mesmo se pode aplicar a outras destas opinións e feitos, que non son comparables.
Supoño que porque non houbo oposición abonda (a pesar de ser maioritaria) o proxecto seguiu adiante e o ascensor agora está construído. Pero que esteña construído non o fai bo.