Amosando publicacións coa etiqueta Illa Pancha. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Illa Pancha. Amosar todas as publicacións

20250214

Por Nuestro Faro pide axuda ó Defensor del Pueblo

Por Nuestro Faro pide axuda ó Defensor del Pueblo

    En ausencia de resposta do alcalde de Ribadeo, que ten decidido sinxelamente non dar ningunha información nin emprender ningunha acción, a A VV Por Nuestro Faro mandou esta semana un correo á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC) para ter algunhas informacións básicas sobre o estado actual e o futuro próximo dun lugar tan emblemático como a illa Pancha. Comezamos lembrando á APFSC que, ó longo de todos estes anos, non paramos de denunciar que o conxunto do proxecto de apartamentos e cafetería que están funcionando na illa Pancha non ten estudio de impacto medioambiental, preceptivo por atoparse en zona protexida pola Rede Natura 2000.

    A irregularidade da situación foi ratificada por todos os informes do Defensor del Pueblo, dende 2017 -oito referidos ó proxecto de apartamentos no edificio do vello faro, e dous ó proxecto de cafetería- ate hoxe, e así llo lembramos á APFSC, ó tempo que lle temos transmitido o contido do último correo do Defensor con data del 13 de xuño de 2024. Dito correo notifica que a irregularidade tamén foi sido admitida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que «manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad», e comprométese a adoptar «las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.».

    Todo o anterior confirma que apartamentos e cafetería da illa Pancha están nunha situación manifestamente ilegal. Dado que o 30 de xuño finalizará o período de concesión de dez anos concedida á empresa EIROBRA para a explotación da illa Pancha, e que esta pode ser prorrogable por outros cinco anos, temos preguntado á APFSC se, a pesar desta situación irregular, a empresa promotora solicitou prórroga. E, en caso de que así sexa, se teñen esixido ou xa se fixo o estudo de impacto medioambiental preceptivo.

    Ó mesmo tempo, a A VV Por Nuestro Faro escribiu de novo ó Defensor del Pueblo para poñelo ó corrente da situación, xa que, como reza no documento de concesión, esta pode prolongarse de xeito inmediato por outros cinco anos só con que haxa acordo expreso de ambas partes (APFSC e concesionario), o que permitiría seguir cos incumprimentos xa detectados nos expedientes. Na nosa carta pedimos ó Defensor «la apertura de nuevo expediente, la exigencia de estudio de impacto ambiental para cualquier uso más allá del 30 de junio del presente año y actuación en consecuencia».

    Lamentamos que dez anos no teñan sido abondo para que as administracións implicadas fixeran respectar a lei, e que a día de hoxe aínda haxa que chamar a todas as portas -algunhas pechadas e ben trancadas- para protexer o patrimonio dos ribadenses.

    A VV Por Nuestro Faro

20250120

¿Que vai pasar coa illa Pancha?

A illa, nun plano de 1920

¿Que vai pasar coa illa Pancha?

    Se poidéramos resumir nunha frase o correo que a asociación Por Nuestro Faro ten remitido esta semana ó alcalde de Ribadeo, sería esta: «¿Que vai pasar coa illa Pancha?»

    Entramos nos últimos meses para que a concesión que pesa sobre a illa cumpra os dez anos marcados no contrato. Mais a posibilidade de que dita concesión sexa renovada por outros cinco anos, existe. Pero ninguén fala do tema, e a esta asociación cóstalle moito imaxinar que a día de hoxe ninguén teña idea do destino que lle espera a un lugar tan emblemático para os ribadenses.

    Por este motivo temos enviado esta semana pasada un novo correo ó alcalde de Ribadeo. A máis de pedirlle información ó respecto, lembrámoslle un punto sobre o que nunca se ten manifestado. Máis en concreto, mentamos a falta de estudo medioambiental -obrigatorio por lei- que debería avaluar os efectos dos negocios particulares que alí se desenvolven (cafetería e apartamentos turísticos) e o impacto da súa actividade, nunha zona pertenencente á Rede Natura 2000, e clasificada como LIC e ZEPA. De modo que fai dez anos que a illa Pancha atópase nunha situación completamente irregular sen que iso produza a máis mínima incomodidade no Concello, nin en tempos do alcalde Fernando Suárez (BNG) nin do actual, Daniel Vega (PP).

    Dende que Daniel Vega é alcalde de Ribadeo, a asociación Por Nuestro Faro ten recibido unha soa contestación ós correos enviados: o 4 de decembro de 2024 remitiusenos un escrito para decirnos que todo correo dirixido ó Concello fora e sería enviado directamente á Autoridade Portuaria.

    Lamentamos este xesto inútil por parte do Concello, pois coñecemos ben a dirección da Autoridade Portuaria, onde levamos dez anos escribindo directamente.

    O xesto de pasarlle a pelota a outra administración, é revelador do afán por parte do Concello de evitar o tema da illa Pancha, e da falta de interese por aportar información a este colectivo. Pero, aínda máis, expresa o rexeitamento a implicarse, ou ó menos a supervisar a protección dunha zona tan ribadense como calqueira outra.

    A asociación está ó corrente de que a renovación da concesión é competencia da Autoridade Portuaria, así como tamén sabemos que o Concello de Ribadeo e o seu goberno teñen a responsabilidade política de protexer a illa Pancha. E non só por ser parte do concello, senón polo seu valor patrimonial e natural, e por ser un símbolo indiscutible de Ribadeo.

A VV Por Nuestro Faro

20241116

Unha transición responsable para a illa Pancha. A VV Por Nuestro Faro


 Unha transición responsable para a illa Pancha

    Temos entrado xa no décimo e último ano de validez da concesión que permitiu a explotación privada da illa Pancha para montar un negocio hostaleiro. Dende esta perspectiva, e para asegurar unha transición dentro da legalidade, a asociación Por Nuestro Faro xa enviou correos a Puertos del Estado, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao e ó Concello de Ribadeo.

    O pasado mes de xuño, o Defensor del Pueblo comunicaba á asociación: «la Consejería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda ha remitido un informe en el que manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.». En consecuencia, daba por rematado o intercambio de correos con nós, «ello en la confianza en que la consejería adoptará las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.»

    Lembremos que a día de hoxe os proxectos de apartamentos turísticos e cafetería instalados na illa Pancha non teñen estudo de impacto ambiental, e polo tanto están funcionando de xeito totalmente irregular.

    En consecuencia, temos pedido a Puertos e Concello que a asociación Por Nuestro Faro sexa informada «das medidas adoptadas de cara a realizar o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental, ou, no seu caso, as que teñan proxectado realizar no lo sucesivo». De igual modo, e tendo en conta de que existe a posibilidade de que a concesión outorgada sobre a illa Pancha sexa prorrogada outros cinco anos, pedimos a estas institucións que, en caso de ser solicitada, «se abra un novo período de exposición pública ó que podan ter acceso todos os veciños de Ribadeo e persoas interesadas, coa debida publicidade [...]». Non hai que esquecer o obscurantismo informativo que levou á sinatura da concesión actualmente en vigor, así como á aprobación das licenzas de actividade e apertura dos negocios que alí funcionan.

    Por otra beira pedimos «que se admita a nosa Asociación POR NUESTRO FARO como parte interesada no expediente, polos antecedentes que figuran nos seus arquivos e por representar a parte da opinión pública». E, por último, «que se nos informe coa debida antelación de todos os trámites e actos administrativos que se produzan neste expediente no lo sucesivo».

    Asemade, témoslle lembrado ó alcalde de Ribadeo que a nosa queixa presentada no Concello o 29 de xullo segue a día de hoxe sen resposta. Ó mesmo tempo que reiteramos a esixencia legal do estudo de impacto ambiental antes de levar a cabo calquera actividade, xestión, ou trámite no terreo concesionado, pedímoslle transparencia e información sobre calquera iniciativa ou proxecto en relación coa illa Pancha do que teña coñecemento.

    Por Nuestro Faro parte da creencia de que Ribadeo ten dereito a participar dun xeito ou outro no destino dun ben común tan emblemático como o é o faro e o seu su entorno. E para que así sexa, os ribadenses deben ser informados do estado da illa Pancha e das iniciativas que se podan levar a cabo. Por outra beira, calquera proxecto que se plantexe na illa Pancha debe cumprir as leis galegas, nacionas e internacionas, e contar cos informes preceptivos.

    En consecuencia, esiximos ás instituciónes implicadas, unha vixiancia e supervisión da legalidade e da integridade dese espazo protexido, neste período de transición que pode ser decisivo no futuro da nosa illa.

A VV Por Nuestro Faro

20240820

O futuro próximo da Illa Pancha

Foto subida por Lamasuela a Wikimedia Commons. A illa no 2017. Lic. CC BY SA 4.0

O futuro próximo da Illa Pancha

    Neste mes de agosto todo o mundo fala de masificación: é un feito que se non se adoptan as medidas pertinentes para xestionar a riada de visitantes, Ribadeo corre risco de morrer de éxito como tantos outros lugares da costa mediterránea, idílicos hai décadas, hoxe arrasados por un turismo recibido sen un control específico.

    No marco desta evolución un tanto desatada da nosa comarca, convén lembrar que no tema da illa Pancha xa temos entrado no ano final da concesión asinada o 30 de xuño de 2015 que autorizou a súa explotación privada para montar dous apartamentos turísticos no antigo faro por un periodo de 10 anos, prorrogable outros cinco, e que este pode ser un punto de inflexión clave para preservar a nosa costa e patrimonio natural e cultural.

    A asociación «Por Nuestro Faro» naceu coa vocación de defender o que era un símbolo de Ribadeo na conciencia popular, e un enclave único, avalado concretamente pola Rede Natura 2000, declarado zona LIC (Lugar de importancia comunitaria) e ZEPA (zona de especial protección para aves), sen esquecer que o seu marco preservado e salvaxe ten feito que a súa imaxe se teña reproducido en infinidade de ocasións por fotógrafos, pintores, e artistas de todo tipo. A defensa que desenvolveu «Por Nuestro Faro» arrincou con motivo da decisión arbitraria de poñer unha illa cerrada e preservada a disposición dun particular para explotala: unha nova mentalidade mercantilista banalizaba sen complexos o respecto e a protección do patrimonio ó desacralizar un lugar «intocable» até entón.

    Pero á marxe do mito que cada quen vexa nese lugar, a realidade concreta é que aquel espacio público, que permanecía cerrado, dicían, por motivos de seguridade, nin foi vendido ó mellor postor, pois non houbo concurso público. E o pobo de Ribadeo decatouse polos xornais: o goberno español do PP déralle a volta á lei que prohibía explotar os faros, un mes despois a entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao presentaba a concesión asinada, e o entón alcalde de Ribadeo polo BNG, Fernando Suárez, congratulábase polo «premio» (sic). As palmadas mutuas das institucións propiciaron que o impensable se convirtira en banal e que «Por Nuestro Faro» se comezara a procurar o por que daquel volantazo no xeito de entender e xestionar a illa Pancha.

    Os que teñan seguido o tema lembrarán todos os esforzos deste colectivo para que a pouca información que se nos daba (a cuentagotas) saíra á luz. O Defensor del Pueblo nos seus 8 comunicados deu a razón á asociación, ante o oscurantismo e irregularidades do proceso, recomendando deter as obras e cerrar o negocio mentres non se presentase ó menos o preceptivo informe medioambiental. Mais nada en todos estes anos puido coa resistencia férrea das institucións, que permitiron que obras e local seguiran adiante, e que nas mesmas condicións, autorizaran a entrada de palas escavadoras para a instalación dunha cafetería coa súa terraza exterior con tarima e barandas e proteccións sobre varios niveis. A día de hoxe nin se sabe se existe un informe de viabilidade económica ou se xeneran algún beneficio esas dúas suites que se publicitaron como o negocio do sécuo, coa panacea dos postos de traballo que xeneraría e que ó final quedou en un.

    A asociación «Por Nuestro Faro» denunciou en múltiples ocasións todos os puntos escuros do proxecto, incluíndo a situación precaria da fosa séptica que quedou sen legalizar durante 9 anos, finalmente legalizada baseándose en documentos obsoletos. Pero as nosas alegacións non se tiveron en conta porque nada, repetimos, nada, ten podido impedir que o proxecto atado e ben atado por varias mans se desviara nin un ápice da traxectoria planificada. Ó contrario, serviu para que varios membros do colectivo e as súas familias foran ameazados e intimidados en plena rúa só polo feito de denuncialo, mesmo a empresa promotora levou a xuizo a un membro da asociación por ter mencionado a posibilidade de que houbera prevaricación, xuizo que a empresa perdeu.

    O periodo de concesión de 10 anos da illa Pancha chega ó seu fin dentro duns meses sen que o novo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, se teña manifestado ó respecto dende a súa toma de posesión hai un ano. E a posibilidade de prorrogalo por cinco anos existe. Por iso enviamos hai poucos días un correo á Xunta de Galicia, cuxa Consellería de Medio Ambiente, en resposta ó Defensor del Pueblo, comprometeuse a estudar os efectos de todo proxecto futuro sobre os espacios da Rede Natura 2000. Tamén escribimos ó Concello de Ribadeo, e esta semana farémolo á entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao.

    Dende «Por Nuestro Faro» denunciamos a normalización da explotación privada dun ben público, e o adoutrinamiento indirecto das nosas xente nova na idea de que todo pode mercarse e venderse. Esiximos o cumprimento da lei, e o respecto das figuras de protección que deberan preservar a illa Pancha, en concreto que se reclame o estudo de impacto medioambiental, e que se estude o expediente que permite que, a pesar de todas as irregularidades constatadas e as resolucións do Defensor del Pueblo, a explotación dese espacio siga desenvolvéndose imperturbable a día de hoxe. Pedimos que, en caso de que se solicite unha prolongación da concesión hoxe en vigor, se garanta o cumprimento dos puntos antes citados, e se manteña informado ó pobo de Ribadeo de todo trámite, solicitude ou autorización que teña que ver con este lugar emblemático, patrimonio natural e cultural de todos os ribadenses.

    Como asociación e como ribadenses, queremos desexar para a nosa illa Pancha un uso público que protexa a súa identidade, a súa esencia e o seu entorno, e un futuro en cuxa construción participemos todos.

Covadonga Suárez, A VV Por Nuestro Faro

20240401

Nota de prensa: Por Nuestro Faro recorre a resolución de Augas de Galicia

A illa, antes das obras da cafetería

Por Nuestro Faro recorre a resolución de Augas de Galicia

    Augas de Galicia comunicou á asociación Por Nuestro Faro a resolución na que se comunica a legalización da fosa séptica da Illa Pancha. Nove anos despois de poñerse en marcha o proxecto de hostalería-cafetería, Augas de Galicia autoriza a vertedura de augas residuais domésticas depuradas por infiltración ao terreo. Durante todos estes anos a fosa tivo que cumprir unha función e mesmo adaptarse aos paulatinos cambios e reformas da actividade empresarial alí presente, pero de todo isto non temos certeza xa que a regularización dende o punto de vista legal intervén case a finais do período de concesión.
    Augas de Galicia tampouco ten en conta as alegacións presentadas por esta asociación en 2023, a unha resolución que tamén presenta graves incongruencias. En consecuencia, a asociación Por Nuestro Faro recorreu a resolución alegando en primeiro lugar que "está apoiada en parte en documentos que non teñen validez na actualidade, ó ter cambiado as condicións que aparecen neles".
    Así mesmo, sorpréndenos que se cualifique de "irrelevante" o estudo realizado polo Valedor do Pobo, "a pesar de que nin o solicitante nin Augas de Galicia razoan en ningún momento dita irrelevancia. Nin que dicir ten que cando o Defensor del Pueblo fixo o trámite correspondente, razoou nos seus oito informes -dos que vdes. dispoñen- o porqué da súa relevancia, apoiándose en diversos feitos, como a afección a Rede Natura 2000 ou a falta de estudo de impacto ambiental. En base ás consideracións anteriores entendemos que todas as actuacións no proxecto de apartamentos e cafetería posteriores aos informes do Defensor del Pueblo deberan quedar en suspenso mentres non se realice o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, de acordo ca lexislación citada o os devanditos informes de unha autoridade oficial acreditada.»
    Por outra banda, resulta alarmante que, sabendo que o consumo mínimo en Ribadeo se establece en 20 m3/dous meses (120 m3/ano por unidade familiar), a autorización para o vertido de residuais de Augas de Galicia quedou establecida en 58,4 m3/ano para uns apartamentos con capacidade para 8 persoas. «Tamén está moito por baixo da cantidade de 0,25 m3/persoa e día, é dicir, 91,25 m3/ano por persoa que son os aceptados para o cálculo de dimensionado de instalacións industriais. Coas oito persoas potenciais sae un volume de vertidos a autorizar máis de 12 veces maior que os autorizados para a instalación que nos ocupa, o que é sinxelamente un fraude de lei”. Ademais, “en canto á compoñente autorizado para volume de residuais da cafetería, os 15 m3/ano son amplamente sobrepasados por calquera instalación dese tipo”.
    Por todos estes motivos, consideramos necesario revisar e variar a dita resolución.

20240324

Gardiáns do mar

     Onte en Ribadeo foi un día ocupado de actividades. Unha delas, a presentación de Os gardiáns do mar, que non chegou a encher, pero case, o local da Casa do Viejo Pancho.

    Interesantes historias contadas a través da vida dun antepasado de quen expoñia, o que foi o primeiro torreiro da illa Pancha. Deixo dous pequenos anacos de vídeo correspondentes a momentos nos que saíu a colación a illa:


 

20240215

Nota de prensa de 'Por Nuestro Faro' (20240214)

 


Nota de prensa de «Por Nuestro Faro»

    Hai dous meses, o contrabandista e narcotraficante Laureano Oubiña veu a Ribadeo presentar un libro. Non nos incumbe como asociación onde se atope esta persoa, os seus intereses profesionais actuais, nin onde pretenda vender os seus libros, mais no seu momento tomamos a decisión de protestar contra o uso da illa Pancha -unha vez máis- para fins particulares, para a autopromoción e por un beneficio económico individual. E aí é onde entra en xogo a nosa labor como asociación: preservar a illa Pancha como ben natural e patrimonial, e, en consecuencia, defendela ante o uso e interese particular.

    Nembargantes, queremos deixar constancia de que pensamos que o dereito á reinserción de individuos que teñen cumprido cadea e, polo tanto, pagado a súa débeda, exprésase a través do arrepentimento, a reparación -no posible-, e oi compromiso coa sociedade, e que iso entra en contradición co feito de maquillar un pasado delitivo, enmarcándoo na imaxe dun lugar idílico, símbolo de Ribadeo.

    A día de hoxe, dous meses despois, temos podido comprobar que á visita de Laureano Oubiña á illa Pancha seguiulle o silencio do Concello de Ribadeo e de toda a oposición. Non temos constancia de ningunha declaración emitida por algún representante local en todo este tempo, ó que lle chocara dita presencia na illa Pancha.

    Esta coincidencia institucional entre formacións políticas non nos colle por sorpresa, pois xa nos inicios da privatización da illa Pancha -concesión mediante, en 2015-, ó impulso do PP dende o goberno central de Madrid uniuse o xúbilo local do entón alcalde do BNG.

    Só podemos desexar que esta situación non se reproduza no futuro e que os nosos representantes velen pola integridade e a dignidade do noso patrimonio, que pertence ó pobo, sempre e a pesar de todo.

Asociación de veciños «Por Nuestro Faro»

20231213

Un narcotraficante na Illa Pancha. Nota de prensa de Por Nuestro Faro

Un narcotraficante na Illa Pancha

    Acabamos de saber que Laureano Oubiña vén promocionar o seu libro «Desmontando Fariña» a Ribadeo. Non é algo que se anunciara con gran alarde, tendo en conta que, neste preciso momento, ningún medio de gran audiencia ou difusión na Mariña difundiu a noticia. Que o contrabandista e narcotraficante Oubiña vaia vir a Ribadeo para presentar un libro de reparación de imaxe é un feito que nos deixa abraiados porque, segundo conta, elixiu Ribadeo para esa presentación “polos vínculos da comarca asturiano-galaica no seu pasado de contrabando". Que detalle. Sobre todo, que detalle para as nais e pais dos cativos que caeron na droga e desapareceron coma se nunca existisen, que Oubiña veña persoalmente a poñer os puntos sobre os i a Ribadeo. Porque, segundo afirma, pretende "desmantelar as falsidades difundidas [,,,] pola serie Fariña", e de paso poñer no seu lugar a produtores, directores, guionistas, cineastas, actores, etc., e chegar aos sumidoiros do estado. Mesmo ironiza: "O importante é o negocio, porque a verdade non interesa a ninguén". Dío unha alma pura e desinteresada.

    En fin, todo é tan grotesco, tan triste e tan infame como quitar as tumbas dicindo que as lápidas minten.

    De xeito independente da moral e do civismo, calquera ribadense tería dereito como cidadán a facerlle ao alcalde unhas preguntas directas. Por exemplo :

    • ¿Sabía vostede que Laureano Oubiña, o famoso contrabandista e narcotraficante, ía vir a Ribadeo para presentar un libro? É unha pregunta retórica, así que podemos pasar á seguinte:

    • Por que o Concello asume que un delincuente veña a Ribadeo a limpar a súa imaxe? E, máis concreto:

    • Por que o alcalde acepta que Laureano Oubiña use para tal operación un enclave único e un lugar emblemático para todos os ribadenses?

    Descoñecemos cales son as condicións, as negociacións e o contexto no que se levou a cabo a normalización de que un individuo destas características poida vir á Illa Pancha para facer os seus negocios particulares. Pero sabemos que todo é posible unha vez que se privatizan os bens públicos.

    Quizais o feito de que Nuñez Feijóo fixera un paseo en barco co compañeiro de contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado normalizou a iniciativa. Porén, pensamos que aquí se deu un paso máis cando o dominio público se utiliza para caprichos privados, e que este colegueo co lado escuro debería quedar no dominio privado.

    Noutras palabras: o feito de que a illa sexa obxecto dunha concesión non elimina de ningún xeito o carácter público dese espazo, e este feito atenta contra a dignidade dos ribadenses. En consecuencia, pedimos ao alcalde que aclare a súa postura, e que os partidos da oposición se pronuncien ao respecto.

    O prazo de concesión da Illa Pancha remata en 2025, e cremos que é un bo momento para que, sen ampliacións de ningún tipo, o espazo público deixe de ser un receptáculo de intereses privados de calquera índole. Máis aínda cando os devanditos intereses benefician aos inimigos do pobo.

Covadonga Suárez, presidenta da A.V. Por Nuestro Faro
Pazo Baión, emblemática posesión de L. Oubiña. Foto de Lameiro para Galipedia, no D.P.

 

20231212

Oubiña: secuela

Oubiña: secuela

    Non sei se será secuela no sentido literario, pero si o é no sentido real. Remato de ver que Oubiña (Laureano, o de Fariña) presentará o seu segundo libro na illa Pancha, Ribadeo.

    O dito parece claro, pero non o é tanto. Oubiña non é escritor. Non presenta unha novela, senón o seu segundo desagravio biográfico. Despois de Fariña e os xulgados, quédalle o nome; non sei se algo máis.

    O nome, digo. Non o bo nome (por iso, o desagravio). Debera quedar claro sen máis, pero por se acaso. Por se acaso, nun tempo no que aquel 'que falen de ti, aínda que sexa mal' parece un valor destacado entre os que hai que investir na bolsa.

    Lembras esas figuras que pululan pola tele por, algunha vez, nalgún lugar, poder ser asociadas a alguén con repercusión nalgún medio? A base de crear polémica e atacar con barullo gratuíto (é dicir, que non lles costa nada), a base de facer que os focos lles enfoquen, crean unha marca que lles renda en cartos, que é o seu interese. Se para iso teñen que mentir, prexudicar, acosar ou o que sexa, non importa: o fin xustifica os medios. E o fin téñeno claro: a renda.

    Alguén me comentaba que non comprendía que se presentara na illa e se vaia asinar e vender noutro lugar en Ribadeo, como contan no 'artigo periodístico'. Non sei. Ás veces, a mercadotecnia sorpréndeme, ou sinxelamente, non a entendo. Sei que non son o único ó que lle pasa. Non son o único en pensar en que para vender, débese estar convencido de ter un bo produto. Ou, se non, ofrecelo como unha alternativa barateira que poda compensar. Facelo doutro xeito, non creo que sexa vender, senón enganar, timar, estafar.

    Oubiña e Ribadeo. Oubiña, illa Pancha. Asociados. Illa, Ribadeo, Oubiña, disociados da fariña. Porque diso se trata, non? De que, se Ribadeo está disociado da droga, por que non el tamén, un home nunha furgoneta nun lugar turístico, presentando un libro?

20231203

Estaca de Bares e o seu Torreiro. Pablo Mosquera

Estaca de Bares e o seu Torreiro

Eugenio, nunha imaxe do seu blog.


Eugenio Linares Guallart. Asturgalaico. Funcionario e vixía. Navegador e explorador. Compositor e intérprete. Abducido polo mar e polo vento. Autor dunha obra precisa e necesaria para viaxeiros do norte.
"ESTACA: un paseo por sus piedras. Relatos y canciones." Unha descrición ó seu xeito dun lugar máxico ao norte do norte. Un punto crucial onde se cruzan os mares. Cheo de historias e historias. O FARO MÁIS Ó NORTE DA PENÍNSULA IBÉRICA. O límite máis próximo con Inglaterra mar por medio.
A obra literaria é un caderno para o viaxeiro. Ao estilo do que fixo don Jorgito El Inglés acompañado de Antonio da Traba no século XIX. Un compendio que describe orixes e presenzas. Paisaxe e paisanaxe. Testemuñas e connivencia. Feitos casuais e causais. De terra a mar ou de mar a terra como facían os mariñeiros de tan diversas orixes, ben de paso ou para quedarse nese lugar que vixía a Illa do Mosteiro que recibía décimos e primicias baleeiras.
E algo moi singular que fai do libro un instrumento indispensable. Cal é a orixe do topónimo que dá nome ao lugar? Eugenio mostra unha teoría baseada nos achados de pedra que observaban os navegantes cando se achegaban pola costa.
Hai moitos xeitos de gozar da soidade. Sen dúbida, O Torreiro de Bares fíxoo durante máis de catro décadas. Compartiuno cos seus fillos e os seus amigos, entre os que me atopo -irmáns aventados- pero é que os soñadores nunca están sós. Sempre teñen a nosa nai a mar e o noso pai o vento. E moito menos presenciar o maior espectáculo do mundo. Unha tormenta ao final da liña do cavo. Este personaxe non precisa que lle den un certificado de natureza como escritor. O mar, a súa contribución aos descubrimentos de tantos visitantes do mundo antigo, a Santa Compaña que celebra as vésperas na Igrexa Vella na fermosa praia da Concha unxironno cabaleiro gardián do Camelot Templario.
Curiosa mestura. Non só traballo descritivo. A creatividade de Eugenio permítelle unha serie de RELATOS onde a imaxinación recibiu as musas daqueles trasnos que habitan tal lugar -un día de vento- -A néboa- entre outros. E de "postre" esas cancións que o noso amigo toca á guitarra coa súa voz rouca. Quedo coma sempre con "La rumbita de la Estaca de Bares".
O día quince de decembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca do Barqueiro, gozaremos a modo tertuliano coa inspiración que nos produce o libro e que os amantes daquelas catedrais do mar que seguen a ser os faros, cos seus habitantes, merécennos.
Aproveitemos e é a intención de Os Aventados, con motivo deste traballo, reflexionar sobre o presente e o futuro dos faros, creando un foro que evite a explotación contra a natureza -caso da Illa Pancha-.

Pablo Mosquera

+
Sábado 9, 12:30, MUSEO PROVINCIAL DO MAR EN SAN CIBRAO.Presentación con Eugenio Linares Guallart, Pablo Mosquera (de Os Aventados) e Román Ventoso, varias décadas Farero en Punta Atalaya.

20231128

Por Nuestro Faro diríxese ó Concello para a tramitación BIC. Nota de prensa

 


Por Nuestro Faro diríxese ó Concello para a tramitación BIC

    A asociación de veciños «Por Nuestro Faro» ten amosado o seu interese nos últimos meses pola relevancia cultural e social de certos elementos presentes no edificio do vello faro de Illa Pancha. En efecto, a escaleira de caracol e o balcón circular da lanterna son pezas construídas nas Antigas Forxas Artesanais de Sargadelos, a finais do século XIX.

    Por esta razón, cremos que a súa contemplación e estudo non debera quedar restrinxido ós usuarios dos apartamentos turísticos, concedidos a unha empresa privada para a súa explotación particular. Este dereito dos veciños e visitantes foi eludido a través do procedimento que levou á privatización do faro e da Illa Pancha sen un estudo dos antecedentes históricos e culturais deste equipamento. Pensamos que ese dereito debe ser restituído para que quen desexe poda visitar estas pezas da arquitectura tradicional galega sen máis limitacións que as establecidas pola normativa vixente.

    Por ese motivo esta semana dirixímonos por escrito ó alcalde de Ribadeo, co que mantivemos unha entrevista persoal, e tratado este tema, o pasado 3 de agosto.

    Como lle lembramos no noso escrito, naquel encontro, hai 4 meses, transmitímoslle a idea de que «estas pezas arquitectónicas e o conxunto do que forman parte deberan ser declaradas BIC (Ben de Interese Cultural), tanto polo seu propio interese cultural, social, histórico e turístico como por cumprir de xeito claro cos criterios establecidos na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia para ser incluídas no Rexistro de Bens de Interese Cultural.»

    Ante o interese amosado polo señor alcalde neste punto, o escrito enviado conclúe : «En consecuencia, agradeceríamoslle nos informase se se teñen iniciado os trámites preceptivos para a devandita declaración como BIC por parte do Concello de Ribadeo e cal é no intre actual o estado do correspondente expediente.»

    A VV Por Nuestro Faro

20231102

A fosa sen legalizar na illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro

 


A fosa sen legalizar na illa Pancha

    A fosa séptica da Illa Pancha leva anos en situación irregular.

    Hai exactamente cinco anos e dous meses -en agosto de 2018- a asociación veciñal "Por Nuestro Faro" presentou alegacións a unha proposta de legalización da fosa de "Augas de Galicia", que aínda segue sen resolverse a día de hoxe. Lembremos que aquel proxecto de legalización inconcluso foi presentado despois de que o hotel xa estivese aberto ao público e se aprobaran todos os informes, autorizacións e licenzas pertinentes, sen ter en conta o funcionamento da citada fosa. E así ata hoxe.

    Hai uns días, e aínda que poida parecer unha broma, recibimos resposta de “Augas de Galicia” a aquelas vellas alegaciónss.

    Sabemos dende a actualidade que a sanidade da ría de Ribadeo non é unha cuestión de primeira orde para moitos responsables políticos, non importan os engadidos (escolleiras, peiraos, etc.) que se queiran sumar ao formigón xa presente por banda e banda asturgalaica, que leven por diante biodiversidade e traian areeiras. A Illa Pancha é outro exemplo: non serviron de nada as 8 declaracións escritas do Defensor del Pueblo (con copia no Concello de Ribadeo, no Porto de Ferrol-San Cibrao e na Xunta de Galicia) reclamando un estudo simplificado de impacto ambiental -esixido pola lei, pero nin así-. Se a lei e o Defensor non fan que se mova unha palla en ningunha oficina, é porque nas oficinas non queren que se mova, e esa vontade supera a de pertencer á Rede Natura 2000, ser unha zona de especial protección para aves (ZEPA) ou un lugar de importancia comunitaria (LIC): estes títulos non son os que moven montañas.

    Algo tan sinxelo como a eliminación de residuos, a hixiene básica en calquera país civilizado do século XXI, está no aire, por así dicilo. E máis de cinco anos despois de presentar as nosas alegacións, obtemos unha resposta que non só non ten en conta os aspectos xa mencionados senón que presenta un claro desaxuste coa situación actual da illa e coa actividade que nela se desenvolve.

    Dende a asociación “Por Nuestro Faro” remitimos a “Augas de Galicia” un novo escrito coas alegacións que responden ao correo electrónico recibido e que son, textualmente, as seguintes:

«1º. Consideramos que a demora de cinco anos en emitir este informe podería afectar aos contidos do mesmo. Descoñecemos os controis que se levan efectuado ao longo destes cinco anos das emisións emitidas polos apartamentos turísticos pero evidentemente existe unha contradicción manifesta entre esta demora tan excesiva e o suposto seguimento das devanditas instalacións.

2º. Dende agosto de 2021 está funcionando unha cafetería anexa aos devanditos apartamentos. Descoñecemos se as emisións de dita cafetería están conectadas a algún sistema de depuración ou mesmo se engaden ao verquido que se trata neste informe. No texto deste documento cítase varias veces a devandita cafetería como algo ´´ futurible ´´. Suliñamos tamén esta contradicción entre a realidade actual e un texto que semella redactado polo menos dous ou tres anos antes.

3º. No informe non se citan as condicións que afectan ao verquido por atoparse nun espazo incluído na Rede Natura 2000.

4º. Asemade non se toman en consideración os oito informes do Defensor del Pueblo, aludidos na nosa primeira alegación, nos que se manifesta claramente a ilegalidade de todas as instalacións por carecer o proxecto do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental dacordo ca normativa vixente para as zonas incluídas na Rede Natura 2000.

5º. Non consta que o cambio de ubicación da fosa fose avaliado, nen incluído no expediente, nen previsto nas avaliacións iniciais.

EN CONSECUENCIA PROPOÑEMOS QUE SE SUSPENDA A PROPOSTA ACTUAL E SE REDACTE UN NOVO INFORME TENDO EN CONTA OS INFORMES DO DEFENSOR DEL PUEBLO E A FALLA DE ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO, ASEMADE QUE SE INCLUAN OS VERQUIDOS DA CAFETERÍA, O CAMBIO DE LOCALIZACION DA FOSA, E OS IMPACTOS SOBRE A ZONA INCLUIDA NA REDE NATURA 2000.»

A VV Por Nuestro Faro

20230812

Unha vista da illa Pancha. Por Nuestro Faro


Unha vista da illa Pancha. Por Nuestro Faro

    Esta foto foi tomada onte. Está editada de tal xeito que parece unha postal antiga, un cadro, ou un espelismo. Mais existe aquí e agora. É a nosa illa Pancha e o noso faro, a pesar do tempo, das excavacións e modificacións impulsadas por unha empresa privada, e a pesar da neglixencia interesada das institucións.

    Días atrás temos asistido a un cambio de ciclo, no que, tras terse movido algunhas pezas, o noso compromiso segue intacto: o objectivo dunha illa Pancha pública e dos ribadenses dentro da legalidade. Esto implica  nun primeiro momento a verificación dun acceso libre regulamentado, pero tamén a vixiancia estreita da preservación dese espao esixindo o estudo de impacto medioambiental obrigado por lei e que ninguén, salvo esta asociación, ten reclamado.

    Nun horizonte non moi lonxe, entrevemos o uso e xestión públicos dese espazo que é de todos os ribadenses.

    O soño dunha illa Pancha libre, pública e protexida existe, e seguiremos loitando por el, dende Por Nuestro Faro, co voso apoio.

    Grazas, e adiante. Seguimos.

20230524

Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

 Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

A asociación Por Nuestro Faro contactou con Greenpeace para pedirlle que interveña na situación irregular da illa Pancha.

Lembremos que Ecoloxistas en Acción xa ten dado en 2022 a bandeira negra á illa Pancha pola carencia de garantías de protección medioambientais, no marco dun proceso irregular, pero neste caso temos decidido ir máis aló e, tras varios contactos telefónicos, temos enviado un escrito a Greenpeace para expoñer a situación.

No texto de dito escrito falámoslles das irregularidades e ocultismo na tramitación dos expedientes a partir do mesmo momento no que se produce a adxudicación dese espazo de forma directa sen concurso público, pero centrándonos sobre todo en «la falta de Estudio de Impacto Ambiental del proyecto que estaba ubicado en la Ría de Ribadeo, incluída en Red Natura 2000 por su declaración como zona ZEPA (art 7.2 de la ley 21/2013 de 9 de diciembre)». Na nosa comunicación explicamos as autorizacións sucesivas (licenzas de obra, de apertura, etc. …) expedidas polo Concello de Ribadeo ós proxectos alí autorizados sen ter esigido en ningún momento o estudo de impacto medioambiental obrigatorio por lei.

Para argumentar a nosa petición, apoiámonos nos informes do Defensor del Pueblo emitidos en 16/02/2017 e 10/02/2023 con motivo das nosas queixas, e que foron remitidos no seu momento por «la Oficina del Defensor al Ayuntamiento de Ribadeo y a la Autoridad Portuaria sin que estos organismos adoptasen ningún tipo de medidas para que se realizase la evaluación de impacto preceptiva».

«En resumen, nuestra comunicación con Geenpeace pretende resaltar el incumplimiento flagrante y sostenido por parte del Ayuntamiento de Ribadeo y la Autoridad Portuaria de la norma española y europea que exige estudios de impacto para realizar determinados proyectos en zonas afectadas por la Red Natura 2000, como es este caso.» 

Ante o inmovilismo persistente de ditas administracións, a nosa petición central a Greenpeace é que estuden o caso para denuncialas ante a Comisión Europea «por su incumplimiento sistemático de las normas mencionadas».

Por Nuestro Faro segurá informando ó pobo de Ribadeo da evolución da nosa petición e das nosas comunicacións con Greenpeace.


AVV Por Nuestro Faro


20230511

ILLA PANCHA BIC E OUTROS OBXECTIVOS. AVV Por Nuestro Faro

Foto de Suso Fernández

ILLA PANCHA BIC E OUTROS OBXECTIVOS

    O pasado 3 de xaneiro solicitamos ó Concello de Ribadeo que comezara a tramitación para que o faro de Ribadeo sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en base á súa escaleira de caracol e balcón circular da lanterna, pezas feitas nas Antigas Forxas Artesanais de Sargadelos, a finais do século XIX.

    Uns días despois desta petición, o alcalde poñíase á entrada da illa e arrincaba a porta. Sabemos que este xesto non respondía ó noso requerimento de forma directa, pero marcaba as prioridades efectistas do momento, despois de tantos anos pedíndolle que abrira aquela porta sen éxito.

    De feito, tres meses despois seguimos sen resposta á nosa petición de BIC pero séguese a falar da porta. E en exclusiva.

    En consecuencia, esta semana a asociación «Por Nuestro Faro» dirixiuse á Xunta de Galicia para pedir a axuda que o Concello nin considera. A relevancia social e cultural dos elementos históricos presentes no antigo faro é evidente, e cremos que o seu estudo e contemplación no deberan reducirse ós clientes dos apartamentos turísticos. Cualquera persoa interesada debe poder visitar esas pezas da arquitectura tradicional gallega sen máis limitación que a establecida pola normativa vixente.

    Agardamos que a Xunta dé comezo á tramitación e lamentamos que o Concello de Ribadeo no teña estudado estes elementos antes de aprobar a privatización dese espazo, nin teña aproveitado a ocasión de rectificar cando llo pedimos hai uns meses, acordándolles o interere que merecen, como elementos artísticos e históricos do patrimonio ribadense.

    A pesar disto, queremos declarar sinceramente que nos aleda que o alcalde de Ribadeo, ó fin comprendera (e así temos podido lelo na prensa e na páxina web do Concello) que «manda na totalidade do concello. E como mandamos, temos a obriga e a responsabilidade de cumprir e facer cumprir as leis», que é algo que esta asociación leva pedíndolle dende hai 8 anos.

    Aproveitando estas declaracións, queremos lembrarlle que existen outras irregularidades no relativo á xestión do faro e do seu entorno e a tramitación dos proxectos que alí se desenvolven, que conviría comezar a resolver unha vez que a simboloxía publicitaria da porta quede amortizada. Por exemplo, e xa que o Concello deu difusión á obtención de bandeiras azuis nas praias de Ribadeo, queremos subraiar que ten pendente a bandeira negra outorgada por «Ecoloxistas en Acción» á illa Pancha, como consecuencia da falta de estudo de impacto medioambiental preceptivo, carencia que tamén ten sinaldo en varias ocasións o Defensor del Pueblo. Así, para ir comezando.

AVV Por Nuestro Faro

20230505

Sobre a porta da illa Pancha

    Coido que tras ter publicado onte mesmo sobre a illa Pancha o escrito de Covadonga Suárez 'Por nuestro faro e os espontáneos', para alguén puido significar unha pequena sorpresa atoparse hoxe nun xornal a noticia titulada "La «guerra» por la puerta de la isla del faro hotel de Ribadeo va más allá de los juzgados", co subtítulo "Tras desmontarla y guardarla el alcalde de Ribadeo para garantizar el libre acceso al islote, la Autoridad Portuaria Ferrol-San Cibrao ya ha contratado otra y su montaje, en el plazo de un mes, por 13 000 euros". Pouco despois, aparecía unha nota de prensa do concello que transcribo, tentando seguir a historia da illa Pancha en todas as súas facetas:


BARCIA RECLAMA DE NOVO O ARRANXO DO VIEIRO DE ACCESO

Porta da Illa Pancha

05/05/2023


 

O alcalde, Fernando Suárez, advirte que desde o Concello non se darán permisos que non cumpran coas leis e que limiten os accesos públicos a espazos públicos. Deste xeito se referiu ás intencións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao de repoñer a porta de acceso á Illa Pancha.

O rexedor declarou: "ese presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, nomeado a dedo pola Xunta de Galicia, mandará nos terreos da Illa Pancha, pero o alcalde, nomeado democraticamente polos veciños e polas veciñas de Ribadeo, manda na totalidade do concello. E como mandamos, temos a obriga e a responsabilidade de cumprir e facer cumprir as leis".

Suárez Barcia dixo: "eu desde logo, atendendo sempre ao asesoramento xurídico, sei cales son as leis, polo que no meu día a día tento ser moi pulcro no cumprimento delas a través das nosas resolucións e neste caso, aínda por riba, cando están avaladas por numerosos pronunciamentos xudiciais de varios Tribunais".

O alcalde subliñou: "así que, polo tanto, un aviso: en Ribadeo non sei vai facer nada que non conte cos permisos, licencias e autorizacións pertinentes. E desde o Concello, ningún permiso se dará que non cumpra coas leis e que limite accesos públicos a espazos públicos".

Fernando Suárez volveu reclamar o arranxo do acceso á Illa Pancha, competencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao: "entrementres, por favor, que esa xentiña da Autoridade Portuaria se poñan a tapar as fochancas do vieiro de acceso á illa, que é da súa responsabilidade, e está que dá noxo".

    ... continuará.

20230504

Por Nuestro Faro e os espontáneos. Covadonga Suárez, presidenta da AVV Por Nuestro Faro

Por Nuestro Faro e os espontáneos

    Por Nuestro Faro cumpre esta semana 8 anos de existencia, tantos como o uso e explotación exclusivas da illa Pancha. Foi este quizás o proceso de privatización máis opaco da historia recente de Ribadeo, en canto á tramitación do proxecto e á difusión da información.

    Desde a nosa asociación temos a impresión de ter exercido noso traballo sempre a contracorrente desas institucións que nos debían transparencia pero que actuaban seguindo patróns propios, sen dar contas de nada, moi lonxe do talante democrático e participativo que se esperaba ante a xestión dun patrimonio común tan emblemático como a illa Pancha.

    Pero non só tivemos que loitar cada miguiña de información conseguida de Portos ou do Concello de Ribadeo, recorrendo mesmo á Valedora do Pobo para que intervise ante o silencio consistorial, senón porque as institucións teñen movido montañas dende o seu poder para levar a cabo a privatización do espazo natural máis representativo e preservado de Ribadeo. E a calquera prezo.

    Todo comezou en 2015 co levantamento da lei que prohibía o uso hostaleiro dos faros, por parte do goberno de Rajoy, en Madrid. En aquel entón o único proxecto que tería en conta para instalar un hotel no faro da illa Pancha de Ribadeo xa estaba preparado de antemano e só faltaba esperar a que Madrid cambiase as leis. E así foi, a concesión deuse de inmediato baixo o manto da Autoridad Portuaria e o aplauso público do alcalde de Ribadeo. A nosa asociación viu que era tan doado lanzar o patrimonio ás mans privadas como cerralo ó público dando a mínima información. As montañas institucionais seguiron movéndose ata desdobrar o proxecto inicial en hotel e cafetería esquivando así o estudo preceptivo de impacto medioambiental que se exigía ao conxunto do proxecto: coa excusa de que o hotel non incluía ningunha obra exterior os apartamentos podían ir funcionando ata a aprobación (no concello e a porta cerrada) da licenza de actividade da cafetería. De nada serviron as leis españolas e europeas destinadas a protexer unha zona que pertence á Red Natura 2000, ou os informes obtidos do Defensor del Pueblo declarando a falta de estudo de impacto medioambiental. Aquí a complicidade Puertos-Concello ó servizo desa privatización foi máis forte que a nosa alegación, que, coas leis na man e o apoio do Defensor del Pueblo, foi calificada de incongruente por parte do Concello de Ribadeo.

    Por outro lado, a illa estivo cerrada durante 7 anos. Por iso na asociación nos quedamos tan estrañados cando vimos rotar a relación Puertos-Concello e o alcalde decidiu levarse por delante a porta que ignorara voluntariamente todo aquel tempo, así como tantos dos nosos escritos reclamando a súa apertura. Pero tampouco hubo resposta a moitos outros: sin ir máis lonxe, o último, de xaneiro de 2023, pedíndolle ao señor alcalde que comezase as xestións para que o faro sexa declarado BIC en base aos seus forxados de Sargadelos. Parece que a propiedade privada non se toca.

    Pero volvendo ao tema do acceso, onde estaban Portos e Concello cando denunciamos ante a fiscalía en xuño de 2019 que a porta da illa estaba pechada, a pesar de que a licenza que o mesmo alcalde outorgara en decembro de 2017 esixía o acceso. libre? Aínda que a fiscalía nos deu a razón, a porta seguiu pechada. Tamén neste último ano recorremos ao grupo parlamentario do BNG para pedir en Ribadeo o mesmo apoio que daban á Illa da Creba, para que fose público e de libre acceso.

    Aledámonos de que Portos dixera o verán pasado que a porta da illa permanecerá aberta durante o día. A súa espontaneidade despois de 7 anos resulta refrescante. Así como o alcalde, que no último ano se puxo a vixiar o acceso cunha vehemencia inusitada.

    Non sabemos que aire removemos ou cuál foi a nota que soou de pronto, pero todo o que queda por saber e por facer (fosa séptica sen legalizar, estudo de impacto medioambiental inexistente, etc.) lévanos a seguir adiante, por ética e por coherencia, co mesmo empeño que todos estes anos.

    Non nos engañemos, ninguén é un virtuoso por tocar unha tecla nun piano un día, despois de 7 anos. Se acaso, un espontáneo. Por iso, queremos dar as grazas aos que nos acompañaron e nos acompañan nesta loita de fondo pola protección real do noso patrimonio e contra o que segue sendo a privatización da nosa terra. Aínda que non teña porta.

Covadonga Suárez, presidenta da AVV Por Nuestro Faro

20230321

Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro: sentencia absolutoria fronte a denuncia de Eirobra

A illa Pancha, a vista de satélite

AVV Por Nuestro Faro

Nota de prensa 20230321

    Dende a AA VV POR NUESTRO FARO damos conta da sentencia absolutoria dictada pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, a vinte de febrero de 2023, a favor do noso compañeiro Evaristo Lombardero Rico, denunciado por Eirobra SL, que o acusaba de inxurias e calumnias, como se viu, sen fundamento nen proba de nengunha clase.

    Os antecentes son os seguintes:

1º A mediados de 2017 a empresa concesionaria do proxecto turístico do Faro da Illa Pancha presentou unha querella xudicial no Xulgado de Mondoñedo acusando a Evaristo Lombardero de un delicto de inxurias e calumnias contra a misma por declaracions realizadas a diferentes medios de comunicación.

2º O xuicio oral tivo lugar o día 5 de febreiro de 2021 no Xulgado nº 1 do Penal de Lugo resolvendo a absolución do acusado pola falta de consistencia das acusacións.

3º Esta sentencia foi recurrida pola empresa concesionaria diante da Audiencia Provincial que na data devandita ratificou a sentencia absolutoria do Xuzgado do Penal.
    Pola nosa banda procede lembrar que en ningún momento do proceso iniciado a mediados de 2015 ca concesión do faro da Illa Pancha para fins turísticos nos temos referido á empresa concesionaria, nen tan sequera a título de insinuación ou comentario algún sobre as súas actitividades. Os nosos escritos e declaracións sempre foron dirixidos ós responsables administrativos e políticos das xestions iniciadas pola Autoridade Portuaria e seguidas polo concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, e sempre seguindo as normas básicas de educación e respeto ás persoas. E eso pese a recibir numerosas faltas de respeto, tanto a nivel persoal como nos medios sociais e nos medios de comunicacion, a nós e ás nosas familias, e ser obxecto de actitudes despectivas que nunca quixemos respostar. Como temos reiterado en numerosas ocasións, o obxectivo inicial, que sigue sendo o principal do noso colectivo, é loitar contra a privatización da Illa Pancha por entender que se trata dun espazo singular e identitario de Ribadeo e que debera ser de uso público en todos os sentidos. Nesta proposta a personalización da empresa concesionaria carece de interese e non merece máis comentarios, sen deixar de suliñar a falla de consistencia da querella.

    Ao marxe do caso concreto actual, quixéramos poñer no centro do debate, mais unha vez, o dereito dos veciños a participar e opinar sobre as decisión políticas dos gobernos e a recibir unha información coherente e unas respostas concretas ás suas demandas sen ter que soportar deseguido desprezos, insultos e negativas diante de calquer iniciativa que non encaixe nos intereses económicos ou políticos das minorías dominantes. O caso da Illa Pancha é un exemplo paradigmático de este tipo de situacións pero non nada novo nen excepcional, do que se poden poñer outros moitos exemplos do nivel local ó internacional. Actitudes reaccionarias a calquer avance científico e cultural que non case cos seus intereses, supoñen un pesado lastre para avanzar no desenvolvemento económico e social da comunidade en conxunto, e polo tanto contribúen a agravar os problemas e carencias da sociedade actual.

    Remataremos lembrando que a negativa a recoñecer e entender os informes do Defensor del Pueblo por parte do Concello de Ribadeo e da Autoridade Portuaria é un exemplo mais das políticas negacionistas e favoritistas que fan do proxecto da Illa Pancha un modelo de actuación inaceptable, por incumplir sistematicamente as esixencias da lexislación medioambiental española e europea en zonas afectadas pola Rede Natura 2000, como é o caso da Ría de Ribadeo.

20230307

Nota de prensa: Por Nuestro Faro pide ó alcalde que aplique a lei

 

A illa Pancha, a vista de satélite

Por Nuestro Faro pide Ó alcalde que aplique a leI

Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as resolucións concluíntes de esa institución.

A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.

 O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :


« Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao expediente.

O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que multiplicaría os impactos do proxecto inicial.

Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art. 7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro. »

Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de Ribadeo, que “os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva; e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no outorgamento de licenzas como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a lexislación urbanística”.

O Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio».

Agora Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de Impacto que esixe a lexislación devandita.

En consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei, rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos apartamentos e da cafetería da Illa Pancha. »


A VV Por Nuestro Faro

20230304

Chiando dende a illa Pancha. Contribución para o número de marzo de Chío

    Este mes de marzo comezo a colaboarción coa revista electrónica mensual lucense Chío. Esta é a miña primeira contribución:

Chío na Pancha

Para unha publicación periódica con cabeceira editada nunha capital de provincia, é case normal definirse como capitalina, é dicir, sobreponderar o contido e referencias á vila capital aínda que a publicación en si non estea deseñada para ser ‘da’ capital. No caso de Lugo, que agrupa na capital máis dunha cuarta parte da poboación total provincial, non se chega ós extremos de Madrid, pero sobrepasa ó doutras provincias como Asturias (que case se pode dicir que ten unha ‘capital distribuída’.

Enfocando dende outro punto, hoxe a provincia de Lugo é case o cosido doutras dúas anteriores. No 1833, unha reorganización estatal levou por diante a provincia de Mondoñedo, que correspondería coa actual Mariña (se queres, o conxunto das tres ‘Mariñas’ que se pretenderon como comarcas administrativas), cunha superficie semellante á de Biscaia. Con esa entidade e a eliminación de Mondoñedo como capital, caeron máis cousas. Podemos facernos unha idea cun par de datos, dende o feito que no 1833 a poboación da cidade de Mondoñedo era só lixeiramente menor que a da súa actual capital provincial (que dende aquela multiplicou por vinte os seus habitantes fronte ó estancamento e mesmo retroceso mindoniense) a que o proxecto dun ferrocarril pola costa tardara cousa dun século en materializarse, aínda cunha liña de ‘vía estreita’ (traducible por ‘de segunda categoría’).

O extremo norte da actual provincia de Lugo, dise, limita con Inglaterra mar por medio. E na punta que marca o extremo oriental dese límite, atópase unha icona do concello de Ribadeo: a illa Pancha.

No cambio de mentalidade co tempo, a illa pasou de ser un lugar inhóspito ó idóneo para plataforma de sinais marítimas, para construír un faro. Foi erixido hai 150 anos. Un lugar dende onde chiar non fronte a un Lugo / capital /centro, senón sinxelamente un lugar diferente para chiar.

Claro que, para comprender os chíos, mellor ter algo de contexto, que na distante Lugo pode non terse. Diso vai este artigo.

O faro da illa Pancha comezou a levantarse no 1859, cambiando con ilo a natureza da illa, e máis aínda a raíz da construción dunha ponte ó ano seguinte. Faro e ponte sufriron diversas reformas ó longo do tempo, e en 1983 fíxose un novo faro, quedando sen uso como tal o vello edificio que albergara a antiga luminaria e servira como casa do fareiro, misión coa que seguiu tempo despois da entrada en funcionamento do novo faro. Así, a Pancha, a súa visión, o seu significado e a súa simboloxía cambiou pouco a pouco. E segue a cambiar: Pasa dos dez anos que un chiringuito, Puertos del Estado, decidiu poñer en marcha a iniciativa ‘Faros de España’. É dicir, a privatización dos faros, substituídos con avantaxe polos novos sistema GPS. E vai camiño dos dez anos que, nesa liña, fixo concesión de parte da illa a unha empresa privada.

 

A cousa non remata aquí, e o xa dito é necesario amplialo, pero por iso mesmo esta parte da historia provincial e das xentes que habitamos necesita de máis espacio para ilustrar, clarificar e animar a quer (-nos, tamén).

Así que, seguirei a chiar.

 

Antonio Gregorio Montes