20060228

Parque, par(a)que?


É certo que o parque debe aproveitarse. Nembargantes, a foto de hoxe presetna medio parque ocupado, e o outro medio tamén o está, e non é unha excepción, pois multiplícanse as ocasións nas que o parque é ocupado por carpas, amosando máis que un aproveitamento, unha idea de que o parque en si non ten función. E si a ten. Calquera que viva en Ribadeo o sabe, non fai falta defendela. Nembargantes, a ocupación vai no mesmo sentido que vai uns meses, ata que foi parado 'dende arriba', se buscaba quitar máis espazo verde ó parque nunha reforma que a Deus grazas foi rexeitada.
Non creo, por outra banda, que o concello propoña os xardíns privados, como o que se ve na outra imaxe, tamén en Ribadeo, pequeno pero ben coidado e aproveitado.

Ben, hoxe toca desfile. O certo é que ata o momento o antroido funcionou: a comisión non sei se o fixo ben ou o a festa funciona soa, pero a caousa marcha. Mellor así.

--
Un artigo de Hernán, para non perder a costumbre.





Data: 17/11/90

Fonte: La Comarca del Eo

Título: A LÚA (Reticencias)

Autor: HERNAN NAVAL

Descrición: a sección reticencias era unha sección fixa na comarca e este artigo foi un dos primeiros en participar desta sección... ironía, alegorías, filosofía, políticas, poesía...que dicir. Entenderiano catro gatos e os que non o entenderan dirían ..es buen chico pero si se dedicara a dirigir la banda....neste artigo se define coma axitador cultural: creo que é a mellor definición que se pode dar da súa persona.

Comentarios:

A LÚA

HERNÁN NAVAL

A marxe as singularidades do debut da banda ribadense nos límites territoriais da trascendencia que non se bateran, temo que 1992 vaia ser, só, o ano da pompa e circunstancia recriadora da ignominia do V Centenario de que un indigno tocaio meu, remoto predecesor de Hormaechea, marchase de copas a México. A propósito xa campea, xunto á necedade, o provincianismo. ¿Por qué non lle disputar a Baiona a oriundez de Cristóbal Colón?

De se realizar a ideia que en virtude da miña condición de vicepresidente da Federación de Asociacións Culturais galegas (entidade fundada e presidida durante os seus primeiros pasos polo agora alcalde de Ribadeo) me transmitiu hai meses o presidente da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro”, de Mondoñedo, que pretende a organización polas asociacións da comarca dunhas Olimpiadas Populares da Mariña (bolos, chave, billarda...) paralelas ás de Barcelona, non confío en que estas gañasen caracteres máis grandes nas páxinas da historia que o mostacho de Maragall.

O que quero dicir é que no 92 vai ser farto difícil competir publicitariamente con “la Pinta, la Niña y la Santa María” e máis co Cobi de Mariscal, e que por iso ha pasar desapercibido, alomenos aquí, de non remediármolo os axitadores culturais, ao que xa apelo, o primeiro centenario do nascimento en Berlín do pensador Walter Benjamin. Porque do que había ser o preludio desa efeméride, o cincoenta cabodano do suicidio de Benjamin por sobre-dose de morfina nunha sórdida pensión de Port-Bou a noite dun 26 de setembro de 1940, asediado pola Gestapo e ao non obter refuxio das autoridades franquistas, acordáronse catro filósofos ociosos na Universidade de Barcelona. Na de Barcelona, precisamente.

Partícipe de heterodoxia lúcida da Escola de Frankfurt, e marxista: xudeu que hoxe avergoñaríase perante os adoquíns anagados de sangue palestina de Xerusalén.

Benjamin fascíname porque é xenial harmonizando poesía e filosofía: “Dos dous tiña que ser eu, á forza, o primeiro en ver o outro. Pois de terme rozado ela cunha faísca da súa ollada, eu tería voado polos aires como un depósito de municións (Einbahnstrasse). Alfaguara ven de re-editar a versión española de Berliner Kindheit um neunzehnhumdert (Infancia en Berlín hacia 1900), incursión auto-biográfica cuxa leitura agora, no intre da unificación, pode resultar un profiláctico exercicio de orgullo por pasaxes pretéritos perante o futuro incerto. O capítulo A lúa comeza así: ”A luz que flue da lúa non vai dirixida ao cenário da nosa existencia diurna”.

Diáfana a lúa na noite de Ribadeo desde hai un tempo. Moderando por un instante a persistente alegoría, diría que desde que hai máis de tres anos unha maioría dos eleitores decidiron con criterio benjaminiano... Mellor retorno o proceso metafórico, non digan: desde que unha maioría non suficiente decidiu que “a lúa tivera un xogo fácil con este existir” (Walter, dixit). Hoxe, un dedo limpio e forte aponta outra vez á lúa: o porto exterior, por exemplo. E como no proverbio chinés, o idiota olla o dedo...

Sería mester en meio ano folgar a precariedade, sobrar a escasez, facer absoluto do que agora é relativo... para mellor ver a lúa aínda, e para que nengunha desesperanza xurda en nós como a que xurdiu en Walter Benjamin polo fenecido Berlín da súa nenez: “Sen embargo, xa estaba desperto, cando tratei de entregarme a estas palabras. E só entón, o espanto, co que a lúa acababa de me cubrir, semellaba aniñar en min para sempre e sen esperanza. Pois a diferencia doutros, este despertar non fixou a súa meta no soño, senón que me descubriu que o governo da lúa, que experimentara sendo neno, agardaba até outro evo”.



Data: ?

Fonte: ?

Título: Palabras con Hernán

Autor: Luis Romay G. Arias

Descrición: lembranza de Hernán

Comentarios: tíveno traspapelado, e agora non sei de onde o saquei. Téñoo escaneado e é posible que algunha verba non se corresponda co orixinal. Asemade, aparece no escaneo ó final un '76' que intúo como número de páxina dalgunha publicación.


Palabras con Hernán
Recuerdo que era una tarde de frescura, con brisa suave, con un cielo completamente despejado. Un amigo tenía la pretensión de buscar música, de que unas manos inspiradas se acercaran a unos poemas que había logrado. De tal manera, que eligió a uno que gastaba sus esfuerzos, todos sus alientos, en Ribadeo.
Fuimos, pues, a buscarlo, salimos a su encuentro. Yo conservaba un ligero recuerdo, un inolvidable recuerdo, de haber entrado un día en la Casa del Mar. Fuera con motivo de un recado, algo insignificante. Una legión de atriles me salió al paso, me impresionó incluso. Al tender la vista hacia el lado, vi a un entusiasmado señor. Debía estar dando clase, pues había una partitura en su correspondiente atril. Al salir, me dijeron que era el director de la banda, a quien reconocí, por fotos en periódicos. Pues bien, a este señor, que libraba batallas con su batuta, era al que mi amigo quería ver, escuchar, entonarle un ruego, tocarle su fibra musical.
Sin duda, caer en la tentación es bocado que, a diario, se nos ofrece. Al oír que se trataba de una petición, sacó un rato para acompañarnos. Mi amigo le expresó su plan, se lo expuso con galanura galaica. Se trataba de que le creara una música, se trataba de darle vida a la solitaria letra.
Lo primero que me extrañó, es que el señor hablaba en gallego. Lógico, estaba en su tierra. Mi amigo sabía corresponderle. Como nunca lo practiqué, temía mediar, dármelas de gallegoparlante, y me circunscribí a oír aquel diálogo. Mi amigo fue listo, se plegó, rápido, al gallego. El señor estaba en su salsa, en su chica patria. Yo admiraba aquel estar, aquel ser gallego, aquel hablarlo, porque le brotaba del alma. Me di cuenta, también, de su amor a Galicia, de su adoración por lo gallego, del hórreo a la gaita, del cedazo a la cáscara. Se comprometió con su amigo. Le pidió un plazo, pues que estaba desbordado en trabajo. Se refirieron a temas lingüísticos, pasaron a temas políticos. En poco tiempo, hicieron un buen repaso.
-No te preocupes. No puede ser con la rapidez que quisiera, mas ya sé que me comprendes.
-Es que tengo un interés loco, chico.
Fuimos a tomar algo. Para mí, toda la conversación de ellos fue un cantar, pues el dulcísimo gallego es música en sí mismo. Estábamos frente a la puerta. En esto veo que se cuelga de una rama un jilguero, debía ser recién nacido. Tenía en las alas unas pinceladas amarillas. De repente, vino otro mayor, con una melodía en el pico. Era ridículo que yo no interviniera, por no dar a mis labios el poco gallego que sé, una cosa rara sentía, era un pudor lingual. Acababa nuestra estancia, me dirigí a él, pues quería saber su opinión, que ya sabía. Cortante, le expuse:
-A la hora de elegir, con qué nos quedamos, ¿con la música o con la palabra? -Con la música- me respondió. .
En esto, las cercanas campanas comenzaron de tal manera a sonar, que achicaron mis palabras. Qué sonoridad, qué entonación al divino despertar.
Cuando aquella balada se acabó, quise hacer un esfuerzo, valer mi teoría:
-Pero es que la palabra lo es todo... La palabra...
-La música, la música.
Vi una vocación encendida, un hombre enclaustrado en la noble piedra de Ribadeo, impartiendo deliciosas lecciones, arriesgados modales. Un hombre que sacrificaba las tardes azules a la música, excursiones a las campiñas y bosques, vistas al infinito mar.
¿Y ahora? Hernán, me dirijo a ti:
-Mándale a mi amigo tu composición, que te han de ayudar los ángeles. Mándasela envuelta en una ola, en el rumor de un rama, en el chorrear de una fuente, en el silencio de una estrella, que yo te doy mi oración, hecha palabra.
Luis Romay G.Arias

20060227

Revisando

Pois si, revisando vellos artigos atopeime con algúns que me deron que pensar, e ocorréuseme poñer algún nestas liñas.
1. De 'Moda retro', asinado por Maruja Torres: "Es la maledicencia navajera de los señoritos y sus conversos, rociada generosamente sobre las cabezas de quienes no se someten, (...). Insultos, acusaciones, listas negras" Coido que podo aplicarmo a mins mesmo e aquí, en Ribadeo. E a bó seguro que non estou só na lista da xente que se pode aplicar o conto. Nembargantes, referíase á política na época Aznar.
2. O Título, 'Con felicidad deliberada', asinado por Julián Marías, pode dar que pensar. O remate, "a Savater lo educó un pirata, Long John Silver" completa o pensamento. Este non o vou comentar máis, daría para longo.
3. 'Enigmas de un payés', de Javier Cercas, citando a F. Nietzsche en relación a Josep Pla: "Hablar mucho de uno mismo es la mejor manera de ocultarse". A aplicarse o conto, e pode que tamén vice versa, falar dos demáis sexa o mellor xeito de expoñerse á vista de todos. E se se mira a Comarca ou boa parte das novas locais, verase exemplos de aplicación do antedido en cantidades asombrosas ...
Bo comezo de semana.

20060226

2ª de hoxe: pregón antroido

Esqueceuseme por completo. aí vai o pregón do antroido lido por Rodil venres (tedes este e os outros anteriores en 'wikifontes':
Pregoeiro: Alfonso Rodil Veiga. Ribadeo, 24 de febreiro de 2006
Boas noites, señoras, señores, antroideiras, antroideiros, en fin, amigos todos do carnaval.
Quen lles está a falar, membro de comisións organizadoras destas festas durante cerca de dúas décadas, estaba non fai moitas datas discurrindo algún disfraz para istes días, cando miren por donde gracias as dotes persuasivas do noso alcalde Balbino e o gran amor que sinto por estos festexos, véxome obrigado a lucir o primeiro disfraz do antroido do 2006, subindo a este estrado e interpretando o personaxe de pregoeiro.
Para min, estas festas deberían ser declaradas como as festas da libertade, xa que son as que nos permiten romper con todos os moldes establecidos, con todalas reglas, eliminado prexuizos, tabúes, normas e tópicos. En clave de humor eu suxerería que estas festas fosen declaradas de interés nacional dedicando o martes de carnaval como "O día da clase política", clase esta, tan aficionada ao disfraz e ao transformismo por aquelo dos constantes cambios de discurso, de chaqueta e incluso de traxe completo, incluíndo claro está a roupa interior.
Os orixenes das festas do carnaval remontanse prácticamente ás orixes da humanidade. Tódolos historiadores e estudiosos neste tema coinciden en sinalar que estas festas xurdiron pola necesidade que tiñan os nosos antepasados en pedirlle ou agradecerlle ao Dios Sol e aos deuses da naturaleza que fixeran posible o renacer dos cultivos, cousa que viña sucedendo anualmente coincidindo coa chegada da primavera.
Con motivo deste ciclo anual, os druidas das tribus disfrazábanse utilizando caretas e peles das bestas, e danzaban pedindo ou agradecendo a xerminación das plantas e dos cultivos.
Se trasladamos estas danzas a Galicia podemos ver a similitude que teñen cos disfraces típicos destas datas en moitos lugares do sur de Galicia, e mais concretamente de Ourense, como son os de Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Verín ou Laza.
Durante o Imperio Romano e a romanización de prácticamente media Europa, estas festas fóronse adaptando as festas romanas. Os romanos adicaban festas ao Deus Baco e a Saturno, e estaban empapadas polo Espírito Sarcástico e o desorden civil.
Algúns historiadores din que a palabra carnaval deriva da latina Carrus-Navalis, xa que varias cidades do Imperio, entre elas a catalana de Reus, executaban con mascaradas e cun barco que iba subido nun carro, danzas subidas de tono e cancións satíricas e sarcásticas. Aínda hoxe en varias cidades sale ese carro naval arrastrado por cabalarías e tripulado por homes vestidos de mariñeiros que lanzan flores e doces aos espectadores. Pero o apoxeo do carnaval xurde co auxe do renacemento no seculo XVI, cando varias cidades italianas como Florencia,Venecia e Roma empezan a celebrar as festas do carnaval.
Segundo os estudosos, a palabra carnaval deriva da italiana Carnevale, que no latín quere decir carne-vale ou carne-valida, que se pode comer.
Estas festas teñen lugar nos días anteriores á celebración, por parte igrexa católica, da coresma, festividade que dura 40 días dende o mércores de cinza ata o domingo de Pascua e durante os que está prohibido comer calquera tipo de carne. Así xurden estas festas de exceso no comer e beber, e ao poder usar mascara ou disfraz, do exceso na desobediencia civil, a sátira e o sarcasmo. Ribadeo, dende tempos inmemoriables é unha vila culta e liberal, e esta calidade dos ribadenses soubo moi ben interpretala ese gran alcalde que foi e mellor persona que é Pancho Maseda, quen nos anos escuros e cando por orden gubernativa estaban prohibidas as máscaras en "Las fiestas de la primavera", Pancho, conocedor da idiosincrasia ribadense, e sabedor de que Ribadeo non lle iba a fallar, permitiu baixo a súa responsabilidade que as mascaritas ribadenses pudiesen levar a cara cuberta con disfraz.
No outro bando estaba o hermano Isidro, profesor meu durante dous anos no colexio menesiano. O hermano Tolera, como era conocido, persiguiu a capa y espada, todo o que cheirara a máscara ou a carnaval.
Se os nosos pais formaron parte da denominada xeneración da fame, e agora os nosos fillos forman a xeneración do derroche e abundancia, os nenos que nos criamos nos anos 60, formamos a xeneracion da necesidade.
Esa necesidade axilizou o noso inxenio ata o estremo que confeccionábamos os nosos propios xogos e xoguetes, e como non as nosas propias máscaras e antifaces.
Miña nai, Encarna do Telar, pode testificar como na trastienda da mercería que rexentaba na rúa Reinante, os nenos da praza e da regueiratiñamos unha especie de taller clandestino de caretas que fabricábamos aproveitando os cartós que separaban as medias de espuma, de cristal ou de puntinglés.
Eses cartós unha vez debidamente recortados, pintados e utilizando goma de cinturilla, convertíanse nas nosas caretas que se complementaban con todo tipo de toquillas, refaixos, camisas, pantalóns, e chaquetas, remendadas claro está, que atopábamos nos fallados e desváns ata convertirnos naquelas mascaritas que recorríamos as prazas e rúas dende Porcillán ata San lázaro e dende o Xardín ata o Alza disfrutando das antroidadas e facendo algunha que outra trasnada.
E despois, a disfrutar na pista RosaLar, nos bailes infantiles e xuveniles. ¡QUE TEMPOS! , que pena que esas mascaritas que o domingo de antroido abarrotaban as catro calles hoxe desapareceran.
Eran as épocas nas que as de Pio, as de Fariñas, Pili Real, Antoñita de Beremundo, Gloria de Lorenzo, e outras muitas lucían orixinais disfraces feitos por elas mesmas, daba gusto velas pavoneando polas rúas máis céntricas da vila.
Era tamen a época dos Ginzo, Gilberto, Teixeira, Bolita, Pepín Merdiña, Toto, e outros muitos que de forma humilde pero cordial e educada foron o preludio das actuais festas.
Así pasamos a 1982; era un venres de carnaval. Invitados por Beli da Aduana estábamos na guardería Pepin de Pérez, Roberto do Pipo e máis eu. Vendo aquelas criaturas tan ben disfrazadas, comentamos que porqué non organizábamos uns carnavales para o ano seguinte, e decir 1983.
Dito e feito, dous días despois, e dicir, o domingo, puxémonos á saída da misa de 12 entre a igrexa parroquial e foto Pérez e logramos convencer a 23 conveciños que nos constituímos en Comisión.
Ademáis de nosoutros tres, alí estaban entre outros; o patriarca do Antroido, Víctor da Morteira, Gilberto, Choli, Chus Rubio, Cristina, Beatriz Cora, Manoli e Asunción Torviso, Pablo Cociña, Magola Meira, Elisa Fariñas e Pepe Xuya. Xurdiron as charangas A Choca e Os Pintas, a recaudación ascendeu a preto de 740000 ptas, fixéronse 3 días de festas e sobraron cerca de 25000 para o ano seguinte.
A cousa resultou e así, pouco a pouco, foise a máis hasta alcanzar o climax antroideiro ca queima en 1988 dun antroido de 13,32 metros de altura que tivo como alma mater a Cienfuegos e a Choli. O boneco, que quedou inscrito no libro Guinness dos Records como o mas grande do mundo, foi queimado na Praza España en medio dunha gran avalancha de xente comparable soamente á que se congrega nas verbenas do 7 de setembro.
As festas foron a máis, as comisións forense renovando pero nos últimos dez anos eramos prácticamente os mesmos compoñentes, que nos levábamos como unha gran familia. Baixo a batuta de Luis Mourelle, formábamos unha verdadeira pina xunto con Rogelio "O Chiquito", Fernanda Bellón, Nuchi e o seu marido Luis, Celsa e o seu home Juan "O Valenciano", Casiano Pozas e Mari de Motorín , que en paz descansen. A lista de colaboradores e interminable, pero hai que destacar lamentando que alguén sempre quede no tinteiro, a Perpetua da Gallega, Mirta Posada, Ana Gil, Ramona da Corbella; Mari Carmen da Garabata; Minerva e Araceli de Vacas, Rosita Montero, Juanita de Paraje, Tita de Pío, Marisol do Mediante e dentro do sexo varonil a Juanjo e Luisín Mourelle, Quique Lenza, Salvador Iglesias, Pastrana, Fariñas, Vidal, Cima, Pancho dos Galos, Rubén Romero e máis o meu filio Pablo, o que nos di ás claras que o antroido Ribadense nunca vai desaparecer, xa que o porvir está máis que asegurado. Claro está que haberá que intentar involucrar sobre todo á xuventude, pois sempre traerán ideas novas e distintas formas de entender e organizar estas arraigadas festas.
Tampouco se pode concebir o carnaval de Ribadeo sen as charangas. Chegou a haber 7 a un tempo no concello: A Choca, Foliada, Aturuxo, Os Segadores, Os Rapaces de Rinlo, As Grobas de Vilaselán e Xente Nova, sen contar aquelas da década dos 80 como Os Pintiñas, Pena Furada, e Os Húmedos. Tamén hai que mencionar a eses grandes artistas do carnaval Ribadense como son Julio de Conde, Saribel de Torga ou Ernesto Cruzado.
Tamén quero rendir tributo a tres ribadenses de distinta época, pero que coincidía na gracia e o canto personal nestas festas do carnaval.
O primeiro é Recarei" O mexicano" que según ten contado Don Dioniso Gamallo, un sábado de carnaval medio agonizante, asomouse ao balcón de sua casa preguntandolle á xente que se atopaba na rúa -'¡Mascaritas! Me conocéis, soy recarei disfrazado de difunto'. Logo retirouse a súa habitación e despois de cumplir co seu último rito antroideiro desplomouse inerte na súa cama. O segundo é Antoñito "O Serranillo", ou a ironía personifcada. Asiduo disfraz dos antroidos ribadenses, recibiu sepultura un martes de carnaval fai agora 11 anos.
E por ultimo José Mari, que fai exactamente 15 días abandonou este mundo terrenal non sin antes vivir estas festas de forma intensa e ó seu xeito. A José Mari bastábanlle unhas gafas, nariz postizo e antifaz, para convertir este personaxe serie nun antroido que disfrutaba nestas datas de forma única.
E xa remato, espero que ademáis de disfrutar destas festas, que esta novel pero apaixoada comisión nos preparou, non se esquezan vostedes de rendirlle o culto ao porco, verdadeiro rei destas datas, dando boa conta culinaria do cocido carnavalesco, pois, como sentenciaba O Serranillo de forma perifrástica e sentenciosa " Desde la cabeza hasta el rabo todo ha de comerse en el paquidermo marrano".
Feliz Antroido. Moitas gracias pola vosa presencia e a paciencia de aguantarme e que o vocal maior desta comisión que é a metereolixia nos deixe a todos disfrutar un ano máis de estas grandes festas do carnaval.

Sobrevivindo


Parece que non só é Ribadeo en conxunto o que sobrevive. A foto da beira está amosando un novo Ribadeo que lle sae ó 'vello' coma un cancro, de xeito desordenado e asfixiando as funcións ata o momento existentes. Maila elo, Ribadeo segue, e non se sabe aínda que pobo lembrará a promoción que agora está a nacer.
O caso é que o título ven porque considero que eu tamén sobrevivo... as noites do sábado a domingo así penso: témoas. de feito, a imaxe ía ser un gráfico sonométrico correspondente ó ano 2005. Mellor non o poño aínda. xa sairá algo deso.
De calqeura xeito, fronte ó accidente de catro persoas onte en Foz, nun inconcebible accidente nouturno que lles costou a vida no centro urbano, ...
Noutra orde cousas, adega segue a combater pola vida: agora chama a outras asociacións á mobilización para frear as urbanizacións na costa. conseguirémolo? Sería desexable para todos.
--
Unha vella entrada (publicada o 20/6/96 en A Mariña / El Progreso ...):

A relatividade e outros contos.

Fai tempo xa que Colón descubriu "As Indias" e que por eso se lles chama indios ós aboríxenes americanos. O nome calou e aínda agora, có apoio das películas do oeste, e a pesares de chamárselle América ás novas terras descubertas, seguimos a entender que eles son os indios, de tal xeito que moitas veces hai que especificar que a quen nos referimos é ós indios da India.

Dende aquela época sábese, "a ciencia certa" por segunda vez na historia da humanidade, que a terra é redonda. A primeira vez que se soubo, ate se tentou de medir o seu tamaño, fíxose, se ben con moito erro1. Logo, avatares da historia, tívose que esperar á comprobación polos mariños para volver creer no tema, esta vez de xeito definitivo.

Cousas polo estilo pasan ás veces na ciencia, e amosan que o seu progreso ó longo da historia non é un camiño nada doado. Nada doado, pero con consecuencias de todo tipo para a nosa vida. ¿Quen se imaxina hoxe, no noso entorno, a vida sin que interveñan nela os diversos productos tecnolóxicos que nos rodean, aplicación de descubrimentos científicos, ou moitas das técnicas que empregamos nos traballo? Nembargantes, a ciencia é moitas veces non só incomprensible, senon tamén unha incomprendida. É dificil comprender moitos conceptos, principios, leis, que se manexan en ciencia. Pero tamén a ciencia non é comprendida, en conxunto e como actitude, cando moitas veces vívese de costas a ela, non só iñorándoa, senon tamén afastándose dela por moito que se utilicen os aparellos ou as ideas derivados do seu progreso.

¿A relatividade? ¿Que pensar cando a un lle preguntan pola relatividade? O primeiro, probablemente, que a que ven a pregunta. Despois, posiblemente pasarán pola cabeza outras cousas, como auto-preguntarse que será eso da relatividade, ou, alternativamente, pódese pensar/decirse para si mesmo que todo é relativo. E logo calar, conservando, por si acaso houbera perigo dun contaxio indefinido, unha certa separación coa persona que nos preguntou, bastando para elo moitas veces so a mirada.

A vida moderna impúlsanos cara a especialización, e a ciencia, ca que, ó cabo, estamos convivindo/manexando de xeito mecánico tódolos días, déixase para "os científicos". Falábamos antes da redondez da terra. Calquera que mire ó mar dende unha montaña saínte na costa pode intuir que a terra é redonda. Nembargantes, tiveron que pasar séculos dende os antigos exipcios ate Colón para que se aceptara2. Hoxe, no noso entorno, máis ou menos tense como unha cousa que non é necesario ensinar na escola, aínda que si se faiga: A redondez da terra entrou xa como unha cousa máis, un coñecemento, patrimonio da humanidade.

Agora temos outras ideas, outro tipo de ciencia que é máis ou menos, novidade no século. E pregúntome cánto tempo tardaremos en que esas xa non tan novas ideas da mecánica relativista, ou cuántica, por poñer dous exemplos, farán parte do patrimonio da humanidade no seu conxunto. Porque dun xeito ou outro, pasarán a selo, estou seguro. Mentras tanto, sinxelamente sería cousa de cambiar de actitude fronte as novidades e entender que a ciencia está ahí, nas cousas que manexamos, e polo tanto, ten un gran interés saber o como e o por que funcionan. Din os entendedores que todo se fai funcionar mellor, con máis aproveitamento, máis rápido, con menos fallos, ... se se comprende. O interés pola investigación, ese buscarlle os catro pés ó gato, da xente mui nova é algo que pouco a pouco estase a convertir nunha conquista do mundo en que vivimos. Nembargantes, e polo momento, para a maioría de nós chega unha certa idade en que se vai perdendo. Pode que sexa a mala educación recibida, pero en particular, penso que non é máis que a iñorancia fronte o descoñecido, o que non se anuncia na tele e ademais, require un esforzo para obter unha satisfación.

Postos a soñar, pode que cheguen os tempos nos que a ciencia nos veña dada como as novelas, e poderemos atoparnos con títulos como o deste escrito: A relatividade e outros contos.

20060224

Música (en Ribadeo) e Haiku (no blog)


Vai uns días un lector díxome que debía practicar o haiku. Tradúzoo ó meu xeito por 'maior brevidade'. Pode que teña razón. Por eso comecei vai tempo a separar o que é propio do día do que é de anos atrás. Ó mellor aínda así me quedo curto. Irei facendo.
A imaxe: decoración na escola de música. Onte houbo o concerto do entroido, coa xente disfrazada, pquenos pero tamén maiores, que sairá outro día... a carón das xornadas euroatlánticas, coa xente sen disfrazar, xa maior, e das que me perdín unha charla pola que tiña curiosidade, sobre o modelo de trasmisión cultural en Galiza e Irlanda.
Acuinor anuncia que continúa coa piscifactoría de Meirengos (antes dun fallo definitivo) e Adega, que recurre á UE. O pulso segue. Queres participar nel? Deixa un comentario con enderezo e tentarei de que participes.
A outro nivel, onte foi 23-F. Parece que xa non nos lembramos, pero os que o vivimos non o pasamos moi ben... e algúns tentamos non esquecelo sendo activistas pola democracia, aínda que nos lembremos do día cando xe é de noite.
--
Data: 21/9/96 Fonte: La Comarca del Eo
Título: POR DECRETO
Autor: Hernán Naval
Descrición: artigo escrito polo propio Hernán valorando o feito de que se lle obrigara a dirixir a escola por medio dun artificio legal cando uns meses antes dimitira como director do centro
Comentarios:
POR DECRETO
Hernán Naval
O mércores 11 de setembro, foime oficialmente notificado o Decreto que o Alcalde de Ribadeo, José Carlos Rodriguez Andina, ditou en vísperas da Patrona e, segundo os medios de comunicación, en vísperas da súa partida de vacacións. O Decreto do señor Alcalde de data 5 de setembro di, entre outras cousas, o seguinte:
Considerando que a Relación de Postos de Traballo –en vigor ao se aprobar o Presuposto Municipal deste ano- cataloga determinados postos como de libre adscripción polo Alcalde” e “Vista-las facultades de xefatura de persoal que atribue á Alcaldía o art. 21 g) da Lei 7/85, de 2 de Abril, resolvo: adscribir a don Hernán Naval Parapar” ao posto de “Director da Banda de música. Ten as funcións de dirección da Banda Municipal de Música, en virtude do convenio coa Asociación “Amadores da Música”, e funcións de dirección e docencia na Escola Municipal de Música”.
O xoves 12 de setembro, foime oficialmente entregado un requerimento asinado polo Alcalde accidental (o titular está de vacacións) que di textualmente o seguinte –sen mediar nengún tipo de encabezamento formal-: “Proceda a organizar o vindeiro curso 96-97 indicándome por escrito: grupos de alumnos (número e composición), horarios das distintas asignaturas e instrumentos, profesores especialistas necesarios, número de horas lectivas de cada asignatura e instrumento, agrupación posible de instrumentos para cada especialista, data de comezo de curso”. Este requerimento diríxese á miña persoa sinalándoa como Director da Escola Municipal de Música de Ribadeo.
Na tarde do xoves 11, varios medios de comunicación dirixironse a min para confirmar o recebemento do Decreto da Alcaldía: desde o Concello, interesadamente, fóra filtrado o dado.
Hai meses que a Alcaldía aprobou e asinou o calendario de vacacións do personal municipal: as miñas van do 15 de setembro ao 15 de outubro. José Carlos Rodriguez Andina, Alcalde de Ribadeo, non realizou nengunha manifestación pública verbo da miña dimisión como Director da Escola Municipal de Música desde que ésta lle foi presentada o 14 de xuño, hai exactamente tres meses menos un día, pero sí asegurou que a Escola continuaría funcionando e, últimamente, mesmo que o curso comezaría o 1 de outubro.
Repárese en todo canto levo dito nesta declaración e engádase e interrelaciónese estoutro dado: o Concello –non eu, que me consideraba dimitido- abriu o prazo de matrícula na Escola para o curso 96-97 o día 22 de agosto, sinalando a súa conclusión para o 4 de setembro, practicamente en período estival de vacacións. A difusión desta convocatoria limitouse a unha nota de prensa e á colocación dun pasquín na torre de publicidade institucional das Catro Calles.
E agora tirense conclusións. Sobretodo, á vista do número de matrículas rexistradas: unhas centocuarenta e cinco; delas, máis de cincuenta –as de membros da Banda Municipal- foron animadas directamente por min (nen neste sector se tiña un coñecimento consciente do prazo de matrícula). Está claro: o Concello, premeditadamente, procurou o descenso de matrícula, tal vez para obviar necesidades e esforzos. Que cada quen valore como quixer a estratéxia municipal; desde logo, non é a de quen aposta pola difusión cultural, a instrucción integral da cidadanía da xuventude para proxectos formativos e de sano esparcimento, etc.
Dimitín en xuño como Director da Escola Municipal de Música de Ribadeo por razóns que considero necesario lembrar, sequer sintéticamente. Nengunha das perentórias necesidades materiais solicitadas á Alcaldía en comenzando o pasado curso foi satisfeita. Nengunha. Os profesores colaboradores –o mesmo número que no curso 94-95, pésie a ter a Escola que atender no 95-96 a uns 175 alunos, trinta e cinco máis que no anterior- cobraron case sempre con inxustificabeis retrasos os seus emolumentos. Algúns destes profesores concluiron o curso por compromiso persoal conmigo. Cando en xaneiro deste ano solicitei formalmente da Alcaldía explicacións por todo o anterior, aldraxóuseme através dun escrito –oficial- que verá a luz no seu momento. En fin, por todo isto e por moito máis, apresentei educadamente a miña dimisión como Director do centro ao rematar o curso académico, considerando que non estaba depositada en min, en absoluto, a necesaria confianza por parte da Alcaldía para continuar ao fronte dun centro de ensino de titularidade municipal.
Éticamente non podía facer outra cousa.
Nen nas bases da convocatoria oficial para a provisión da praza de empregado municipal que gañei, nen no meu nomeamento nen na súa publicación no BOE, nen por suposto no meu contrato, nen no convenio coa Asociación “Amadores da Música” –promotora da Banda Municipal- nen en nengún outro documento se di que entre as miñas funcións estea a de dirixir a Escola Municipal de Música. Sempre pon o mesmo: Director da Banda Municipal e profesor do Conservatorio de Música ou centro homologábel que críe o Concello. Pero o Alcalde, tras calar todo o verán, bota man dun artificio legal para me obrigar a dirixir a Escola. Por Decreto. A través de requerimentos imperativos. Deixando a operación preparada antes de marchar de vacacións; apremiándome á organización dun curso académico que, segundo él, deberá comezar o 1 de outubro, cando sabe perfeitamente que eu comezo agora as miñas lexítimas vacacións. Así, cando o curso non dé comezado a andar e a situación se deteriore, a Escola perda un prestixio gañado a base de moito esforzo nos cursos anteriores, e a comunidade escolar manifeste o seu malestar, botarme a min a culpa.
En todo o verán non fixeron nada. Ou todo lles saiu mal. Ao mellor, até comprobaron que, por non atender necesidades mínimas o curso pasado, a Escola íalle costar ó Concello, en diante, o dobre ou o triple do que lle viña costando. E como non lles interesa o máis mínimo (non dá votos, é unha indesexábel heréncia recebida...), pois que a ature quen a criou e que morra con ela.
Síntome perseguido e ofendido. Houbo semanas no curso pasado que traballei perto de sesenta horas. Levo catro anos desfrutando de só quince días de vacacións ao ano, ás veces menos. Para que agora, os que non creen na Escola como centro público de ensino elemental da música, os que bramaron contra ela cando se puxo en marcha e teñen os fillos nas clases particulares, decreten que dirixa o que queren destruir. Sutilmente, pero destruir.
Non lles darei esa satisfación. Nen esa nen outra.
A primeiros de outubro, como en anos anteriores, estarei febrilmente organizando o curso. Porque mo ordenan.
Pero procurarei non defraudar a comunidade escolar, aos nenos e adultos matriculados, aos pais, porque eles si cren, coma min , na Escola como proxecto educativo.
Dirixirei a Escola pésie a que ésta non contará cos medios necesarios: das necesidades do curso pasado, o Goberno Municipal incluiu só algunhas no presuposto municipal...deste ano!.
Pero sáibase unha cousa. Considero que me asiste o direito legal a non dirixir a Escola se non quero porque o Concello a desprecia. Por iso anuncio que interporei recurso perante o Xulgado do Social de Lugo contra o decreto da Alcaldía. Se o gaño, eu non dirixirei a Escola Municipal de Música de Ribadeo pero, cun novo curso en marcha, a Escola seguerá viva polo momento.
O Decreto do Alcalde obrígame a dirixir a Escola.
Supoño de cando o asinou estaría pensando na frase que figuraba nos pórticos dos campos de concentración nazis: “O traballo faravos libres”.

20060223

Chegou un amigo


    Hoxe para min a nova importante é que chegou un amigo. Ademáis, as novas da prensa, que o Concello renuncia á remodelación da parte central do parque, que os veciños de Ove gañaron un pleito ou que se van a remodelar con cartos relacionados co camiño Norte as r/ Deputación e S. Lázaro, foron as dúas primeiras xa dadas neste blog, e a última, actuacións nunhas rúas que realmente lles facía falta e non se comprende como non se actuou antes. Polo tanto, nada novo baixo o ceo.
    Si pido hoxe ISBN e Dep. Legal para un pequeno libriño cun CD sobre as casas caíntes, unha vez revisado. E sigo co da Feira da Ciencia, este ano na primeira semana de abril, 4 a 7, etc. é dicir, con proxectos persoais, que inclúen o facer un comentario da sentencia dos ruídos unha vez sexa explicada e firme.
--
    Un vello artigo, publicado o 12/6/96 en A Mariña /El Progreso:
    ¿Que vas facer con este papel?

    Imaxino que pasarás un rato leéndoo e logo o destinarás á basura, onde o máis probable e que quede por moito tempo. As cousas son así, e o periódico é efímero. Se pensamos na cantidade de basura que producimos e a comparamos, por exemplo, co noso propio peso, veremos que producimos e que levamos producido en xeral moita máis basura que o que somos na actualidade. Compréndese facil o problema das basuras: Non hai sitio para elas.
    A realidade pode verse nembargantes como moito máis complexa. Noutros tempos non se producían basuras en grandes cantidades. Hoxe estamos nunha época na que a producción de bens materiais se acrecentou moito, pero tamén, ano a a no, a cantidade de basura. Aínda é grande a porcentaxe de personas que lembra, por exemplo, o comprar o azucre a granel. O prestixio do envase, e a posibilidade dunha ganancia maior fixeron que eso xa non se vexa.        Por suposto, houbo outras causas como os alegatos á hixiene/sanidade, pero creo que non había moita mortandade por inxerir azucre en mal estado. Así as cousas, ¿cántos anos fai que non ves ofrecido azucre dese xeito?.
    Por unha banda, fóronse impoñendo os envases, ate chegar ás veces a situacións esperpénticas, como a do perfume nun frasco pequeno, metido nunha bolsa de diseño, envasado nunha caixa, envolta en papel de regalo, metida nunha bolsa para transportalo. Pola outra, o afastamento dun modo de vida achegado á natureza fai que cada vez podamos aproveitar menos cousas. É dicir, aumentamos o problema e diminuímos a posibilidade de solución. Con elo xurde unha dificultade engadida cara á búsqueda de solucións: o aproveitamento dos nosos propios residuos cada vez se vai máis da nosa esfera personal para pasar a ser de solución comunitaria e allea (léase "societaria" ou, tamén, "empresarial").E iste comentario é a nivel privado, familiar, sen metérmonos no mundo da empresa, onde se consideran outros aspectos en diferente grao, como a primacía do compoñente económico.
Nestas estamos, tratando de solucionar o problema con regulacións diversas que normalmente non son mui ben acatadas, ou son "puenteadas" de diversos xeitos polas empresas. No caso dos particulares altérnanse momentos de acatamento pleno con outros de auto-disculpa plena. Aplicando o principio de "a grandes problemas, grandes remedios", trátanse de buscar solucións globais, como no caso de Galicia. Chócame, dende o meu punto de vista de inexperto en basuras e/ou merda que se busque unha solución na que a base é incinerar para producir enerxía, e ademais dun xeito centralizado, a través dunha empresa participada por unha eléctrica.
    ¿Por que? Queimar destrúe recursos que costou aproveitar, centralizar implica transportar e algo patrocinado (=> subvencionado) por unha institución pública váise a destinar para ... ¿solucionar un problema?
    Pode que sexa algo lonxe da realidade pensar nesas obxeccións, ou noutras como a contaminación na mesma Cerceda (por certo, ¿cándo parará de "chover das Pontes" esa auga que deixa queimadas as plantas?). Eu mesmo penso que hai que deixar como boa a solución que os técnicos den por mellor. Pero hai veces que non me fío moito do resultado, como cando hai mezcla de política e economía. Ollo. Non estou a dicir que cheire mal esa unión, pero as cousas, claras, e, polo momento, eu non as vexo así. Ademais, cando o problema é complexo, como no tema das basuras, técnicamente pode haber ideas contrapostas nas que prime unha ou outra característica do proxecto, estando unhas e outras ben fundamentadas pero suplindo xubxectivamente lagoas no coñecemento profundo, científico do tema. Evidentemente, isto embrolla máis as cousas e as afasta da comprensión/decisión popular. Así, a xente non contamos con máis apoios nos que fundar a nosa decisión de rexetar ou apoiar o proxecto que os que dan os sentimentos ou, en todo caso de xeito posterior, o olfato, dando lugar a demagoxias de todo tipo, a máis do debate serio e consciente.
    Mentras, ¿hai unha campaña seria para reducir o problema, para reducir a cantidade de basura?. Non a vexo. Eso me fai dudar aínda un pouquiño máis da liña que se pretende seguir para buscar unha solución.

20060222

Bombeiros voluntaros


Ontes, á noite, comezou a entrar un cheire na casa e a oírense voces na rúa. Resulrta que estaban dous contedores amenzados polo lume. Só a intervención de xente do bar de enfrente evitou que se consumara a queima, como puiden observar cando din mirado pola fiestra. Por eso, unha homenaxe ós 'bombeiros voluntarios', que, ó estilo das agrupacións de bombeiros portuguesas, libraron a situación. O escudo (aquí o de Casa Maseda) representa rasgos de xente noble en Ribadeo.

Volvendo a hoxe, as novas non son mellores que as de onte: o PSOE e PP engarzados outra vez en liortas, neste caso a nivle comarcal, pola instrumentalización da visita de Touriño. Menos mal que o antroido vai camiño de saír adiante e liberar as novas por us días: onte dous voluntarios estaban coas bandeiras no cine teatro. é dicir, de cando en vez, benvidos os 'panem e circenses'.

Fóra da política, estánse a facer probas na Ponte dos Santos para a resistencia das pilastras para o desdoblamento. ... Sigo sen coñecer o plan. Non xulgo mentras... limítome a fotografiarme diante da ponte tal cual...


Ontes houbo outra vez tormenta. Lembro o que puxen o outro día respecto do cambio climático. Un gran non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro.










--
Continuando o que comecei en decembro, de Hernán Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 4-5-6/11/1994

Fonte: Actas Congreso de Bandas de Música Populares de Galiza (ponencia)

Título: A BANDA DE MÚSICA COMO REALIDADE PLURIDIMENSIONAL

Autor: Antonio Díaz Amor

Descrición: texto da ponencia do congreso que xunto con todos os demais se publicaron nun libriño, manifestando unha visión social das bandas.

Comentarios:

A BANDA DE MÚSICA COMO REALIDADE PLURIDIMENSIONAL

Antonio Díaz Amor

O título da miña ponencia remite solapadamente á obra de Marcuse e á crítica que éste fai do home unidimensional e da alienación que leva aparellada. Quero aclarar que só intenta ser unha breve reflexión sobre as Bandas de música nunha dimensión actual e que considero pluridimensional. Gostaríame que despois da miña breve aportación a este Congreso quedase aberta unha porta para o debate e a reflexión colectiva.

Para o desenrolo da ponencia parto da necesidade instrumental de analizar o significado da Banda de Música nun universo multidimensional onde dito significado participa de varios sistemas interrelacionados:

Nun primeiro intre pártese dun proxecto individual; Aquí a palabra “individuo” tómase non como singularización de intencións nunha soa persoa, senón coma especificación dun proxecto orixinario o cal o intenta levar a cabo unha coordinadora plural, en canto a compoñentes, pero unidireccional no senso de que a Banda de Música nace cun propósito específico que é, neste primeiro nivel de significación, o estrictamente musical.

Pártese da presentación da idea orixinaria, en singular, de facer unha agrupación musical popular (popular nun doble senso: por unha banda aberta a todos os estratos do pobo, por outra recuperar a cultura-musical-popular-bandística) onde convivan, nun principio, madeiras, metais e percusións.

O segundo nivel de significación ven dado polo darse conta de que existe neste proxecto inicial un sisitema supraindividual de ideas, valores e obxectivos dos que a Banda participa. A dimensión deste segundo discurso-significado fúndese co proxecto inicial-individual. Xa non é exclusivamente facer música, senón ¿qué música facer?, ¿en que tipo de organización-participación se vai incluir a Banda?, etc.; todo un conxunto de factores e interrogantes que conviven coa idea inicial.

Deixar a unha beira este sistema supraindividual de ideas, valores e obxectivos sería tanto como alienar á Banda nun contido estrictamente musical no que os músicos chegasen a dominar mínimamente, e en algúns casos nin esto, os instrumentos e lanzarse a tocar, mal ou ben, pasodobles, polkas e marchas militares a vella usanza, desfilar en pasarrúas e procesións, concerto o día da festa maior,... e pouco máis. Sería alienarse nun pasado, non ter ilusións nin perspectivas de futuro, deixar que a deriva marcase o ritmo vital da agrupación.

Necesítanse un conxunto de intencións abertas de saber qué é o que se quere facer; non estancarse no “ser” senón analizar o “deber ser”. A autocrítica neste segundo estadio debe estar presente en todos os niveis de matizacións, desde o estrictamente musical, até o económico ou o social.

Xa no terceiro nivel de significación a Banda de música participa dunha sociedade particular que en si mesma integra diferentes e incluso conflictivos proxectos individuais. Claramente o papel a desenrolar por esta vai ser moi distinto para diferentes persoas.

Está moi claro que iste grado de extensión do sistema social de significación varía moito en diferentes estadios históricos, e tamén depende do nivel cultural da sociedade á que se pode circunscribir a agrupación. Intentar que na actualidade a Banda de música cumpla o mesmo significado social que o que tiña a principios de século sería unha auténtica aberración cronolóxica.

Desde istos tres niveis de significación que están intrinsecamente relacionados o que intento dicir é que o sentido actual da Banda de música ten que basearse non só na dimensión única, exclusivamente musical, e cuasi alienante de ensaio máis concerto, senón que se debe asentar nun novo paradigma como é o pluridimensional.

Pódese dicir claramente que o proxecto inicial, o primeiro nivel de significado, está claramente definido: a Banda de Música ten que facer música.

Fai anos as Bandas tiñan unha doble misión: por unha parte dar o concerto dos domingos, logo da misa, por outra a de tocar m´suica de baile. Aínda así tiñan un reprtorio que podemos considerar “complexo” pois mixturaba pasodobles, plkas e intermedios de zarzuela con obras un pouco menos coñecidas que xeralmente eran composicións orixinais dos seus directores ou transcripcións doutras pezas.

Na actualidade o de amenizar o paseo dominical post-liturxia xa non se da; a música de ambente de cafeterías e terrazas veu suplir aquela costume.

Por outra parte, a música de baile nestos tempos está monopolizada polos combos eléctricos de pachanga e a música grabada nos locais nocturnos.

Entón, a nova Banda de Música ten que moverse nun novo paradigma que, seguindo asentándose na música como catalizador, a faga pensar en outras dimensións.

Moitas agrupacións musicais na actualidade seguen movéndose exclusivamente no binomio de ensaio máis concerto, alienándose unidimensionalmente no tocar o que se chama “música popular” en tocar “os tres pes”: Procesións, Pasarrúas e Pasodobles; se nos ancoramos só neste tipo de música estaremos convertindo ás nosas agrupacións en meros transmisores de “tempos perdidos”. A banda de música ten que abrirse a novas dimensións musicais, aproveitar todas as posibilidades, as potencialidades que nos ofrece a contemporaneidade. Hai que explorar e explotar as capacidades musicais de cada compoñente.

Se partimos de que o músico pode sentirse alienado, deixar a súa individualidade para sentirse exclusivamente un membro máis do grupo, para adicarse a tocar “os tres pes”, a miña idea é de que o jazz serviría como compensador da alienación grupal, reivindicando o diferencia individual. O jazz serviría para aumentar as dimensións musicais da propria banda ao mesmo tempo que lles daría posibilidades aos compoñentes de amosar as súas capacidades individuais. Sería participar nun todo global e grupal, ao mesmo tempo que se exploran as posibilidades individuais dentro do conxunto.

Para isto debemos partir da importancia que teñen as Escolas de Música como formadores de músicos para as Bandas. Si limitamos o papel de ditas escolas só á formación estrictamente bandística-popular estaremos limitando a formación dos nosos educandos, alienándolos nunha mínima formación instrumental como elementos apersonalizados; daríamoslle toda e caseque única importancia ao todo, esquecéndonos da importancia do individuo como elemento esencial da Banda. A Escola de Música ten que ser un taller de música, onde, a partir dunha formación musical inicial básica, se experimente con novos ritmos e armonías, se enseñe aos educandos a explorar as posibilidades dos instrumentos, non só a que sexan capaces de tocar catro notas para que, despois, sumadas ao resto, a banda sone medianamente ben para adicarse a facer procesións, pasarruas e pasodobles.

A dimensión didáctica dentro das Bandas de Música consideroa fundamental, e neste didactismo penso que a música de jazz ten moita razón de ser. Non quero que consideren que a miña intenci´no é trocar a Banda de Música por unha Big.-Band de jazz. Non. É intentar aproveitar as características peculiares deste tipo de música. Como son o manexo do instrumento e a importancia da improvisación individual en consoancia co conxunto, para compensar a alineación grupal e reivindicar a diferencia individual, para aproveitalo para o Todo que é a Banda de música. A formación jazzística daríalle unha nova dimensión á Banda recuperando a individualidade.

Non vaian pensar que estou primando en demasía a dimensión individual. Son consciente de que o verdadeiramente importante é a dimensión colectiva onde a Banda funcione como un Todo armónico. A Banda é unha agrupación de músicos, con diferencias individuais, que se reunen cun propósito común que é o de tocar m´suica, e divertirse facéndoo; neste intre a dialéctica banda/individuo sería dinámica positivamente.

Desde esta dimensión colectiva-grupal tamén se deben aproveitar as características proprias do grupo:

  • Se falaba antes do jazz como elemento contra-alienante, non é menos importante o facerlles ver aos músicos que están formando parte dun todo e deben traballar en equipo. Este traballar en equipo cumple a doble misión de, por unha beira, darse conta da importancia do individuo-instrumento (eu formo parte da Banda, pero a banda “necesítame”, e aquí o concepto de “necesidade” está tomado no senso de colaboración), e por outra a importancia de cumplir unhas regras preestablecidas para non caer na anarquía.

  • E importante observar tamén que nese equipo que é a Banda de Música dase unha característica que considero moi importante como é a interrelación entre diferentes xeracións. E esta dimensión hai que aproveitala. Non quero que se entenda que só os máis novos poden aprender nesta interrelación. A vellez como única pousada de sabiduría estaba ben que o dixera a Celestina. Na actualidade, nesta sociedade tecnocrática que diría Habermas, sería un absurdo pensar niso. Nas sociedades tradicionais, nas que a experiencia era o único vehículo de acceso á formación-información, eran os vellos os que máis sabiduría puseian, e os novos aprendían dos seus mayores. Non fai falla ser moi avispado para decatarse de que motos rapaces e rapaza novos saben máis que os seus avós.

Aproveitemos esta interrelación xeracional para aprender pluridimensionalmente, para aprender non só de música, senón de todo, para aprender a convivir: que o músico non chegue, toque e se vaia, que convivan pareceres, reflexións e críticas, que a música sexa unha excusa para a convivencia xeracional.

Desde este segundo nivel de significación a Banda convirtese non só nun proxecto musical popular, senón nun grupo heteroxéneo no que a individualidade e a colaboración conviven dialéctica e armoniosamente, aproveitando as características proprias de calquer grupo con as singularidades musicais. O individuo non se sinte alienado nunha perda de persoalidade decantándose da importancia que ten para o grupo, ao mesmo tempo que asume as responsabilidades como elemento configurador dun “TODO” do que forma parte.

A Banda de música asume así un papel que partindo dos vellos modelos non se ancora neles, senón que busca novas dimensións; dimensións que parten de innovacións musicais: seguiranse tocando pasodobles populares, polkas e marchas militares (porque recuperar a historia musical tamén é unha dimensión das Bandas), pero ábrese a visión á música clásica, ás bandas sonoras de películas, á música étnica, ao jazz e mesmo ao pop e ao rock; conviven sons populares con melodías modernas, Rogelio Groba con Duke Ellington, John Williams cos Beatles.

A dimensión musical non só se amplía con a incorporación de novos sons, senón que tamén a concreción material destas novas partituras leva aparellada a incorporación de novas familias de instrumentos e a posible conversión en Banda orquestra.

O interrogante de incluir seccións de corda nas Bandas populares non deber estar mediatizada polo pensar que este conxunto de instrumentos non é factible de utilizar nos concertos en exteriores. A estreitez mental de pensar que a Banda de música é unha agrupación para tocar ao aire libre levaría á conclusión lóxica de que sí; pero hai que pensar que procesións e pasarrúas poden estar moi ben, pero tamén os concertos en interior, onde a calidade sonora é moito máis relevante.

Desde o terceiro sistema de significación a Banda de Música participa dunha sociedade particular na que se asenta. Esa sociedade é a que ten que pular pola concreción da Banda. Pensar na autosuficiencia económica da agrupación é algo un tanto peregrino e perigoso; podemos pensar en certa autosuficiencia musical, pero os gastos de instrumental, educadores, etc. Fan necesario un apoio institucional e social indispensable. Con istas axudas consíguese non só a supervivencia e manteñimento da agrupación, senón a complicidade do sistema social: a Banda é de todos e non exclusiva duns poucos.

Ver a Banda de Música como realidade pluridimensional non é máis que un decatarse da importancia que pode ter esta para axudarlle ao individuo a sair dunha posible dimensión única e alienante, facerlle sentirse partícipe do grupo e facerlle ver que non é un mero elemento máis, senón un elemento importante que o grupo necesita.


Por outra parte non debemos deixar que a Banda de música só represente unha dimensión estrictamente musical á vella usanza (De pasarruas, procesións e pasodobles, “os tres pes”); a Banda cumple unha dimensión pluridimensional como grupo social que é, onde prevalece a convivencia, o interese e a finalidade musical entre os seus membros.

Así pois, a Banda de Música aséntase nunhas coordenadas pluridimensionais nas que o individuo e o grupo conviven armoniosamente, nas que a alineación estrictamente “popular” deixa paso a un desenrolo total da agrupación á búsqueda de novos horizontes musicais, de novas instrumentacións, de sacarlle partido á convivencia. A socialización grupal por unha parte e a música como elemento catalizador da catarsis, como dixera Aristóteles, axudan a conseguilo. A cultura musical convirtese en cultura vital para o pleno desenrolo do individuo.

20060221

De risa (x 2)


1.De risa que despois de dicirllo o alcalde, xusto despois, o Presi de Galiza vaia e diga tres veces seguidas (como cando S. Pedro cando negou a Xesús) o de 'ría do Eo'.
2.De risa por non chorar que ese feito, con toda a significación simbólica que ten, se convertira en acto estrela do paso do Presi por Ribadeo para explicar ós alcaldes a xuntanza do outro día con Areces, o asturiano.
Título da foto: "...e con Castropol ó fondo..."
Da marexada entre presi e alcaldes, pouco se soubo, pero haber, hóuboa. Na prensa, o más que se fala é de 'enfrontamento insólito'
Fálase de que para este ano sairá un plan conxunto de xestión da ría, e tamén se anunciou a senda verde do ferrocarril (coido que po renésima volta, pero as outras n-1 correspondía ó PP). Estaremos vixiantes. E faremos o que poidamos.
En vieveiro seguen os meus pasos: "As 2.30 da madrugada, no segundo piso, na mediana deu 36 decibelios" e levarán ó Concello ó xulgado. A ver se a cousa se xeraliza, tamén en Ribadeo. Por eso de que 'a unión fai a forza' de de que fai falta poñerlle forza para que a cousa cambie, porque esta xente ó mando non está pla labor.
E de volta a Ribadeo, parece que da xestión do centro de día se vai a ocupar a Xunta. Por fin! Mira que non leva tempo O Tesón detrás de como se xestiona ese centro e o asilo... esperemos que sexa para ben, que coido que falta fai.
--
E un artigo meu do 21/02/97...

Gaia

Sóname ben. Ademais, a parte de ser unha especie de acrónimo dos membros da miña familia, leva consigo na actualidade un significado, unha idea, que comparto. Gaia ven do grego, da mesma palabra usada para designa- la terra, encarnada na deusa Gea. No mesmo acervo teñen a súa base palabras como xeografía, por exemplo. Nembargantes, fai uns trinta anos, James Lovelock, científico británico, asignoulle outro significado para desenvolver unha idea súa, como símbolo dela. Gaia representaría así a terra considerada como ser vivo.

Ben, é unha hipótese como outra calquera; de feito, a súa primeira expresión foi esa, a "hipótese Gaia". Hoxe está aceptada por todos lados nun ou outro sentido relacionado co pensamento de Lovelock. Hai quen a usa como mera hipótese de traballo, é dicir, para ver "que pasaría se as cousas foran así", e hai quen toma a toda a terra no sentido literal das palabras, como un ser vivo.

Require un certo exercicio poñerse a pensar na terra en conxunto como algo que evoluciona de xeito semellante a como o fai unha mosca ou como o facemos nós. Nembargantes, a terra que pisamos é algo cambiante, como un ser vivo. Evoluciona. Ten unhas partes relacionadas con outras, e aínda se relaciona en varios sentidos co resto do universo. Crece: cada día caen á terra moitas toneladas de pó que recolle no seu camiñar polo espacio. E poderiamos continuar con similitudes.

Sempre haberá puristas que digan, por exemplo, que a terra non se reproduce. Ou que non ten sentimentos. E que polo tanto, Gaia non deixa de ser unha metáfora.

Sobre a reproducción, non hai moito que obxetar a favor de Gaia, no sentido tradicional dos termos. A formación de planetas é algo complicado que non segue leis similares ás da reproducción á que estamos axeitados. Pero os planetas nacen: están ahí. E as estrelas morren de diversos xeitos, entre eles, podendo dar lugar á formación de novos sistemas estelares e planetas. En canto ós sentimentos, é algo descuidado na investigación. Os sentimentos foron tema de poesía e prosa. Pero este século comézase a estudiarlos, despois de falar deles toda a historia de humanidade; e non só de falar, senon tamén de xirar arredor deles. De feito, hai quen lles asigna sentimentos ós animais (bastante común) e ás plantas (máis raro). Está comprobado que estos seres, tratados con cariño resisten mellor, crecen máis, florecen máis bonitas, etc. Ate a materia inanimada ás veces parece ter algunha especie de lembranza que podería dar pé a adoitar xuizos ou decisións. En relación con isto, nalgunha novela de ciencia-ficción de Asimov* xa se fai unha composición de como resultaría un planeta vivo, pensante e sentinte en conxunto, actuando nel cada un dos seres vivos ("vivos" ao sentido tradicional), dun xeito coordinado e libre ó tempo, en conxunto coa materia "inanimada" (tamén no sentido tradicional).

Aínda tomando a Gaia non como unha realidade, senon como unha hipótese de traballo, rinde beneficios. Danos a imaxe de cómo son, cómo se poden entender, as relacións de todo tipo no noso medio ambiente. Relacións non só ecolóxicas, senon tamén de sentimentos. Devólvenos, entre outras cousas, aquel sentido de humanidade como formada por individuos, pero ó tempo, irmáns metidos nunha mesma empresa común. E tamén, sentido de cuidado da natureza e amizade con ela que xa atopamos no cristianismo, por exemplo, en San Francisco.

________________________________

* Para quen lle guste a ciencia ficción, "Los límites de la Fundación", editada en castelán, ofrece unha vívida imaxe dun planeta de estilo antropomorfo.

20060220

Chove a cántaros


Cando non se sabe de que falar, é ben sabido, fálase do tempo. É dicir, de banalidades. Pois ben, levamos unha fin de semana fastidiada a base de choiva forte e vento, e tormentas, o que se repite esta mañá. Os campos están anegados, pero facía falta a choiva despois do que din é un comezo de inverno moi seco. E certamente, ata comezar febreiro, érao. Chámame a atención que as tormentas, aínda que non moi fortes, (aparato sonoro forte, poucos raios, número moderado de lóstregos, granizo, varias veces sen luz) xa levan catro días. Eso significa que hai enerxía para elas, e no inverno, con pouco sol, non é o tempo propicio. É algo así como o 'noso Katrina', unha sinal máis de que o tempo está a cambiar: son os primeiros avisos. Despois de todo, falar do tempo ás veces non é tan banal.
E é que o tempo, pero tamén 'os tempos', cambian. A foto de hoxe é fea, pero indica un oco máis a desaparecer da rúa en pouco tempo máis. De aí a foto, tomada dende peonil á Calvo Sotelo, para ter unha visión diferente da de dentro duns meses, cando esteña tapado. Só eso, unha testemuña máis.
E hoxe ven Touriño, e din que os alcalde da oposición política na Xunta téñenlle preparadas preguntas sobre normativa urbanística e carreteras. E o resto, non lle irán preguntar nada? Quedei un pouco pensativo cando a outra semana se desenvolveu o encontro 'galaicoastur' (en realidade, dos presidentes...) en Santiago, e non por aquí, e agora ven dar información, pero parece que non a consultar. Ben, pode que sexan cousas miñas, pero o estilo de goberno que se leva non vai moito conmigo: a tódolos niveis parece que se practica o vello dito do Rei Sol francés 'todo para o pobo pero sen o pobo'. Amartya Sen, Premio Nobel de Economía no 99, ven dicir na súa teoría algo así como que se queremos que a economía sirva ó pobo, a sociedade ten que servilo primeiro. Eningué o desmentiu, que eu saiba, pero as súas teorías simplesmente rodéanse: é máis sinxelo. Dende a daptación de Yahoo, Google e of course Microsoft á censura china, vexo máis evidente ese rodeo a nivel mundial, que se manifesta entre outras cousas, na censura, no rodeo da democracia nos EEUU ou en España, no maior desnivel entre países (pero sobre todo persoas) ricos e pobres, etc. Alternativamente, estoume convertindo eu mesmo nun pouco máis ácrata, no sentido de que o poder ou é colaborativo ou non debe ser, porque non é poder das persoas, senón das cousas: cartos, influenzas, ... e pretendo seguir a ser persoa, non cousa.
--
... un artigo meu do 4/10/96. A ter en conta que en 10 anos cámbiase, e os artigos van sen re-adaptar...

O esencial é invisible ós ollos

Flor III. Así se titula o 1º premio do certame fotográfico medio ambiente 96 organizado polo ateneo ferrolán. A fotografía é sinxela: a central térmica das Pontes iluminada de noite, con tres das catro torres de refrixeración xerando vapor de auga, que forma unha nube e non permite ver a cheminea na súa parte superior. Antoine de Saint-Exupéry fíxolle dicir á súa creación, o Pequeno Príncipe, que a esencia das cousas non é visible. En flor III maniféstase unha invisibilidade parella: A contaminación que aparece visible non é nada comparada coa que está producíndose ahí mesmo e non se ve, oculta por ela.

Nas Pontes, a condensación de auga nas torres de refrixeración é moita, xera un desequilibrio no medio, e iso é unha contaminación. Pero afecta a unha pequena zona que de por si xa era húmida. É un desequilibrio menor. En cambio, pola alta cheminea (cando se fixo, a máis alta de Europa), saen día a día moitas toneladas de gases perxudiciais. Non só se produce o resultado típico da combustión "limpa", o dióxido de carbono, que parece ser o maior causante do efecto invernadoiro, senon tamén gases con azufre, por exemplo. Estes últimos, xunto coa auga que hai no aire, forman un dos ácidos de mellor reputación como tal: o ácido sulfúrico. Ó caer á terra cando chove, podemos ver como queima as plantas. E iste efecto faise sentir moito máis lonxe que as néboas producidas polas torres de refrixeración. Está claro que as néboas que se sufren na Mariña non teñen a súa orixe en As Pontes, pero sabemos cando chove con vento daquela zoa con só mirar algunhas árbores. Nós e ate os ingleses, que presionaron para conseguir modificacións na chimenea.

A central térmica ten un sistema de depuración de residuos, e tamén un sistema de seguemento de varios tipos de contaminación. E segue a contaminar. Agora hai que traer carbón do estranxeiro, máis enerxético, barato e menos contaminante, ... para o que hai que queimar gas-oil., non tendo xa en conta outras cousas relacionadas coa economía.

O caso é que a electricidade producida fáinos a vida máis facil. Ainda que sempre haberá quen diga que non, que con todos estos "modernismos" o que estamos a facer é complicarnos a existencia, o certo é que hoxe por hoxe é imposible deixar de usalos. Deste xeito a humanidade enteira vese abocada a consumir os recursos do planeta e usalos para producir un desequilibrio cada vez meirande. Aumentan as manchas de petróleo nos océanos, os vertedeiros e as catástrofes como Bens, Chernóbil ou Mar Exeo, para poder transportar, manter a casa limpa, aforrar algún carto, usar cada vez máis enerxía máis barata ou ... ¿que máis da?. Para todo se pode atopar un motivo, e convintemente aleccionado, sempre se atopará quen o defenda.

Para tratar de reequilibrar a situación, a mellor campaña pode que sexa o ordenar o que coidamos sobre o equilibrio natural e tratar de actuar conforme a unha sentencia: "Pensa globalmente, actúa localmente". Cada vez que un se pon a meditar sobre ela, atópalle unha nova aplicación, dende a ecoloxía á corrupción, pasando pola educación ou a paz. E, ¿neste caso concreto?. Todos podemos poñer o noso grao de area, non só esixindo de gobernos e empresas o control ecolóxico, senon mellor aínda axudando a producir menos contaminación. Dende apagar esa bombilla cando saímos da habitación , ou o televisor que non estamos a ver nin escoitar realmente, ate plantearse a utilidade real de moito alumado público que pasa a noite sen iluminar a ninguén e que pedimos que se poña, quizáis para protexernos. Pode que nos dous primeiros exemplos logremos un pequeno aforro de cartos e tamén que as bombillas ou televisor duren máis. No último, o aforro pódese empregar precisamente en preveer para que non teñamos que protexernos tanto e o mundo sexa un pouco máis agradable. Novamente, manter o equilibrio. É cousa de pensalo.

20060219

Domingo alucinante

Non se me ocorre outra introducción a estas horas. Por primeira vez decátome de que podo acceder a un periódico xa e atópome que o PP teme que a liña de protección da costa chegue ós 500m. Será que despois de estar en vela varias horas a miña capacidade de xuizo xa non é a mesma (aínda que non sexa recoñecido dano físico por ruído). Ó mellor ó levantarme mañá xulgo a nova de outro xeito; polo momento, non me atrevo a profundizar e paso a un artigo de Hernán antes de deitarme. 

Unha nota: detectei un erro de visualización no post de onte. Corrixido. -- 

Continuando o que comecei en decembro, de Hernán Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 1992

Fonte: Km0

Título: Sinal de modernidade

Autor: Hernán Naval

Descrición: Artigo para a revista do Instituto de Bacharelato „F. Rodríguez de Valcárcel“ no que trata de marcar distancias coas bandas antigas.

Comentarios:

SINAL DE MODERNIDADE

HERNÁN NAVAL

Identificadas coa troula festiva, as Bandas populares sofren aínda un algo hoxe o aponte dun damóclito índice: dianas e alboradas entre nove e doce, procesión á unha, sesión vermouth (antes pezas da misa) ás dúas, concerto (?) ás sete, verbena de dez da noite a tres da madrugada...A soplar!

Vivin desde o atril, infante, xornadas de estío e hastío así. Facíamos cinco horas de autocar. Antes de arrincar co pasa-rúas ou pasa-corredoiras almorzábamos... viño! Tocábamos meio paso-dobre á porta de cada notable local de cuantiosa aportación monetaria á festa. Unha vez, a carón de Vigo, a santa siu tan correndo da capela que a seguemos, en “procesión”, ao paso da marcha militar El turuta. Na provincia de Pontevedra acostumaban a nos grabar os bailabeis do meiodia para poñelos pola megafonía, cal fío musical, durante as primeiras horas da tarde: nunha ocasión, entre-sesteando, escoitamos polos embudos aqueles a voz rexistrada do noso director no meio dun cha-cha-chá, quen amolado pola observación do aperitivo dun clarinetista a piques de se aderir á caña, bramaba: “Tira el chicle, coño!”. Xantabamos con viño. Largábamos unhas galegadas antes de cear con viño. Na verbena quen non durmíamos contra o atril, pasábamos a coitelo a Machín, a Lecuona, ao autor (cuxo nome non lembro neste preciso instante, e non podo demorar a entrega do artigo, senón os bacheleres pasaríanme a coitelo a min) do bolero Piensa en mí, que agora canta a paisana Luz Casal, pero non tocábamos Piensa en mí, que era moderno daquela e que o é agora, e nós, ai, diós! Éramos antigos.

Acabouse. En Ribadeo, corenta e un vimos de facer unha Banda moderna. Somos tan finos que non habemos tocar antes da hora do Ángelus; menos andando; en inverno, a cuberto. Pasamos o que se pode da música funcional e da incidental protocolaria. Se algún día cadrase termos que tocar nun acto de inauguración dun pantano, haberia que atreverse –sentados, of course- con Pompa e circunstancia, de Elgar. Góstanos os paso-dobres, pero máis aínda Wagner; tocamos Airiños, aires! Porque é noso e fermoso, aínda que preferimos o jazz ás muiñeiras. En fin, procuramos a versatilidade contemporánea do vento cando aínda moitos coidan que unha Banda é unha pachanga.

O que aconteceu o outro día en Lugo é produto da anormalidade (ollo!, non dixen sub-normalidade) dun país asinfónico. A excelente Banda Municipal da cidade ofreceu un concerto dominical no Círculo das Artes perante meia dúcia de persoas. A Municipal de Lugo é unha Banda de prestixio, pero hoxe as autoridades non a prestixian. A heroicidade auto-dignificante de se iren tocar ao Círculo fuxindo do frío de xaneiro na Praza de España pagárona tocando para o mármore. Deben insistir, sen embargo. Os músicos das Bandas non teñen por que conxelarse (conxélase Perales, gañando máis, sabendo menos?), nen por que abrir bóchegas en pes e beizos tocando pasa-corredoiras ou pasa-rúas interminabeis. Ser moderno é ser digno e que te escoiten, todos sentados. Ser moderno é tocar Wagner e non popurrís tabernarios, Bernstein e non El gato montés. Ser moderno é tocar na Banda de Ribadeo, donde, por riba, pasámolo bárbaro. Sen viño? Piensa en mí.

Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):  

Hernán Naval, escritos e prensa VII

Hernán Naval, escritos e prensa VI  

Hernán Naval, escritos e prensa V  

Hernán Naval, escritos e prensa IV  

Hernán Naval, escritos e prensa III  

Hernán Naval, escritos e prensa II  

Hernán Naval, escritos e prensa I

Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses

 

20060218

Hoxe toca aviso en ribadeando (e máis cousas)


Notei onte que ó acceder ó blog ábrense ventanas. Recomendo entón usar Mozilla firefox, descargable aquí, e configuralo para que non permita abrir fiestras emerxentes. É un consello... :-)
E falando de tecnoloxía, parece que o PP usou a miña idea de 'denuncia fotográfica' para o vertedorio, e fixéronlle caso. O dito: a idea tivo repercusión.
Por outra parte, o que non tivo repercusión é que tras outro xuizo máis, Adega non consegue parar a obra da piscifactoría. E é que un concello en fronte é moito...
Ben, coido que os comuneros de Ove tamén ganaron na instancia provincial en relación co conflicto que manteñen sobre unhas terras (uns montes) coa madereira que está en Sta. Cruz. Coido que nn é mala nova para o cidadanía en xonxunto.
Saíu xa vai varios días Komikea, cómic dos alumnos de 4º de ESO do concello pensado en ir contra as drogas. Leíno e gustoume. A súa eficacia, pouco a pouco.
Tamén leín, con moitos días de retraso, un artigo de Xerardo Estévez, arquitecto que foi asemade alcalde de santiago, sobre a construción en galiza. O seu título, 'Tierra prometida, tierra quemada', é abondo ilustrativo. Coido que lle vou pasar unha copia a varias persoas no concello, por se non o leeron. (O artigo sae el El País do 5 de febreiro, acompañado de outro con datos como que o 34% do primeiro km de costa mediterránea está ocupado por urbanizacións)
A foto? Pois collendo pedras no Cantón. Pódese ver como no dintel superior do balcón do segundo piso, por exemplo, faltan trozos, e como un operario municipal os está retirando da rede... alomenos non caen sobre os pícaros que aínda non foron botados do Cantón porque aínda on hai mesas nin nada deso. Mais, ata cándo seguirá a cousa así? Non creo que se lle escape á xente que a Torre dos Moreno é un dos principais activos turísticos de Ribadeo.

Nembargantes, as 'obras de humanización' de Ribadeo seguen, como se pode ver na foto da rua Pasarón y Lastra. De calqeura xeito, coido (alomenos polos berros de tan só dúas persoas ás 4:20 da mañá) que o que máis presa por humanizarse corre non son as rúas, senón as persoas. E sobre eso non se está a facer moito, ó meu ver.
Ben, o blog vai días que xa pasou das 4000 visitas, e segue aumentando o número medio de visitas diarias, nestes momentos de 21,39 (coa media das últimas 4 semanas de 32,14).
--
Un artigo meu publicado en A Mariña de El Progreso o 22/5/96, onde se poderá contrastar o avance da tecnoloxía e rede internet dende aquela a hoxe:

Estamos na periferia.
Moitas veces digo que Ribadeo é o cú do mundo. É un dito cariñoso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coruña e Oviedo, o que dificulta a relación con ese sitio onde hoxe se atopa cáseque de todo que é a cidade. O certo é que a mellora da rede vial fai que estas cidades esteñan moito máis achegadas á nosa vila (en tempo) que fai uns anos.
Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situación relativa está a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a técnica permite unha mellor e maior conexión coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atopámonos agora conque para unha conexión mediante as novas tecnoloxías informáticas (a "rede" informática que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser máis rentable conectar poñamos por caso, A Coruña con Toquio que Ribadeo con A Coruña. ¿Sorprendidos?. Pois sí. Explícome: como o enganche entre dous ordenadores fáise pola liña telefónica e a través de conexións especiais (os chamados "nodos" da rede), un ordenador da Coruña, para poñerse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.
Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo á Coruña establécese a conexión mediante a liña telefónica, sin mediación de nodos. O caso é que hai que pagar, no primeiro caso, só unha chamada urbana máis o abono de conexión ó servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo máis gravoso. É o mesmo caso que as chamadas ó viciño ou as chamadas ó parende de América, só que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade "con nodo" está tan preto en custe de chamada como o "viciño", mentras que para nós, os "viciños" seguen a ser os de toda a vida.
Polo que parece aínda ha pasar tempo ate que alguén nos poña achegado un nodo de conexión á rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso supón. A Telefónica xa está suavizando dende algún tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente máis as chamadas urbanas. Pode que cando vía ordenador se solucione o tema, entón o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera ás antípodas. Claro que esto non nos servirá entón de moito.
Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona ¡gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compañía ós axustes telefónicos da dita Cía. Telefónica.
¿Que non somos o cú do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea ... ¿Ou que é iso de estar vivindo "no campo" e querer disfrutar das ventaxas da cidade?

20060217

Nostalxia e futuro: sempre en Ribadeo















Non é melancolía, é circunstancia. Se se miran hoxe as dúas ilustracións do post, verase a complementareidade, e poderase xulgar a oportunidade. Unha delas, a pomba de voluntarios, e un xeito no que Suso Peña tratou de agradecer ós voluntarios do Prestige. Está feita no 2002, en decembro, de aclárase no correo de envío que é libre, nas súas verbas, "...así que (sin modificacións nin uso lucrativo), pódese distribuir ou reproducir por calquer medio." Chegou ontes ás miñas mans despois de pedirlla a Carlos Álvarez Lebredo, que a citou na charla que deu sobre Suso.
A outra foto e dun arco da vella sobre a zona dos institutos en Ribadeo: Unha lembranza pasaxeira que din de paz entre ceo e terra, e, ó tempo, unha obra de arte que capturei como puiden e aproveito para poñer como contraprestación abondo menor á obra de Suso.
Hoxe, na Voz de Galicia, sae un escrito sobre Suso, de agradecemento, e outro no que aparezo nomeado eu sen estar feito por min, senón por Carlos Cid 'Urbanismo e política en Ribadeo'. Recomendo unha ollada a ambos.
Por outra banda, o meu traballo de base fotográfica 'Ribadeo falls' parece que entrou con bó pé na vida da vila. Xa chegou a abondos lugares e parece que ten unha certa repercusión práctica.
Ata aquí, o de nostalxia. Sobre o futuro, clauera que vexa hoxe a prensa pode estar algo máis pesimista que ontes, a menos que se pense en trermos de loita por dereitos e se esteña disposto a loitar. Títulos:
- O Alcaraván III, barco de aduanas, só está operativo 15 días ó mes. Ou sexa, 15 días de entrada libre de droga na zona? Esperemos que non sexa así.
- Este ano non se mellorará o vial Reme-Vilamar. A vez pasada houbo manifestacións para lograr unha mellora...
- Este ano non haberá queima do antroido. Home, non é que nos faiga falta, pero...
- Detidas tres moulleres por roubos diversos.
- O célebre e tan traído porto de Ribadeo pecha ós mercantes polo temporal. Eso, despois de ocupar cada vez máis ría e de anunciar ontes un estudo algo que teño xa visto e rexistrado en fotos: que a area na ría é imparable. Coido que o que é imparable é o porto exterior, por moito que se empeñen.
Menos mal que tamén se convoca un concurso de ideas para mellorar a parte dos soportais da Avda. de Galiza.
Como esta segunda parte parece unha revista de prensa, paso agora á 'terceira'
--


Data: 03/07/93

Fonte: La Comarca del Eo

Título: Il cimento dell'armonía e del'inventione

Autor: Hernán Naval

Descrición: Unha resposta a un artigo anterior, de protesta polo esprito manifestado polo director para a banda.

Comentarios:


IL CIMENTO DELL´ARMONÍA E DELL´INVENTIONE”

HERNÁN NAVAL


António... Vivaldi, ademáis de compositor e violinista, era crego e pelirroxo; os seus biógrafos contan unha anédota para-histórica: Estando a dicer misa, véulle a inspiración (divina, supoñemos) e abandoou o oficio relixioso antes de rematar para ir traballar nunha partitura. O autor do máis estremecedor Glória quizais xamáis composto, ten un tocaio in-apelidado en Ribadeo para quen unha priorización da música como feito criativo e cultural sobre o seu uso incidental como fetiche, como a presuntamente protagonizada hai case tres séculos polo mestre do Barroco musical italiano, puidera constituir pedra de escándalo e excusa para outra andanada anónima (ou semi-anónima) na Comarca. A inquiridora carta de don António, publicada neste semanario o 26 de Xuño baixo o título “¿Para qué sirve la Banda de Música?”, hai tempo que estaba anunciada e instigada; alégrome de que ao cabo se publicase algo: así podemos reiterar por escrito cal é o expediente en curso da Banda Municipal de Ribadeo sen que pareza unha proclama gratuita ou a resposta pública ao incesante exercício do músculo viperino por parte dalgúns e dalgunhas a quen, como pesa de xinásio, o mesmo lles val unha escollera, unha mini-falda ou o soldo de 350.000 pesetas do Director da Banda..


Antes de nada, gracias a don Antonio por me recoñecer profisionalidade, pero debo confesar que non teño puñeteira idea do que é “el doblaje y redoblaje del tambor”. Falarei, entón de cuestións menos intelectuais.


Académia popular de música...

Comecei a impartir leicións coleitivas de Solfexo e individuais e de conxunto de distintos instrumentos de vento-madeira, vento-metal e percusión, na Academia de Música “Carlos Cid” de Ribadeo, no mes de Outubro de 1989. Desde entón até hoxe, máis de duascentas persoas (nomeadamente, rapaces e rapazas) teñen seguido con diferente adicación algunha destas ensinanzas. Este curso, coa entrada en vigor da LOXSE en materia musical impartiuse tamén canto coral. Perto de cincuenta alunos dalgún destes grupos teñen concorrido a exames libres ou oficiais de Conservatorios galegos con rotundo éxito académico; algúns mesmo están a piques de obter a diplomatura elemental dalgún instrumento, o que conleva o dominio do Solfexo a nivel medio ou superior. Hai quen xa pensa na futura profisionalización. Esta mesma semana comezaron na Academia clases de introdución á Harmonía para os máis avantaxados compoñentes da Banda Municipal. Tamén, clases de Solfexo inicial para novos alunos; desta volta eliminouse a condición de térense cumprido os oito anos de idade para poder asistir as clases, ficando como condición única a perténcia da familia á Asociación “Amadores da Música”, promotora da Academia, por dúas mil pesetas... ao ano! E quince educandos comezaron a se instruir no manexo de instrumentos musicais para posteriores ampliacións da prantiña da Banda. Porque a Academia e, compre reiteralo, a canteira permanente da Banda Municipal de Ribadeo.


...e moderna banda...

Poderíase ensaiar unha estimación aproximada do número de persoas que teñen escoitado á Banda de Música de Ribadeo, en concerto, dende a súa presentación ao público o 25 de Xaneiro de 1992. Poderíase, daríamos cunha estatística coma outra calquera. Non é o intre. Foi moitísima xente, óbvio é. Mais da que algúns pensan. Porque, aparte dos concertos en Ribadeo -dos que algo diremos tamén- sempre máis publicitábeis, a banda xa tocou, a un ano de vida, perante o público de A Ponte de Arante, da Devesa (coa Igrexa abarrotada) e de Cubelas. Calquer domingo encherá, sen dúbida, a Igrexa Parroquial de Santalla de Vilaosende. A mesma compostura da que fai gala o público vilego fronte a un concerto, constátase nos povoadores do campo, co mérito engadido de que éstes, por razóns sócio-económicas que non é necesario precisar, non desfrutan da virtualidade do acceso a actos culturais en vivo coa mesma cotidianeidade que os ribadenses urbanos. Velaquí un factor de utilidade da Banda Municipal de Ribadeo na que poucos reparan.


Desde o referido 25 de Xaneiro do ano pasado a hoxe, a Banda Municipal de Ribadeo ten tocado na vila, se o arquivo de programas non falla, unha dúcia de veces, sempre sen cobrar entrada, na Igrexa, no Parque, no Teatro e na Capela da Venerábel Orde Terceira. Non van na conta os concertos semi-restrinxidos ao público común oferecidos na Capela do Convento de Santa Clara, no Hospital, para os habitantes das dúas institucións, e nos Coléxios Público e “Sagrado Corazón”, concertos didácticos para contribuir á formación integral dos escolares. Tampouco contamos a grabación dunha hora para a RTG, que supuxo un sábado inteiro de traballo e intensos ensaios prévios, e que foi emitida pola emisora autonómica o 18 de Abril. Por todas estas actuacións, os compoñentes da Banda, músicos afeizoados que consideran que a humilde formación musical que receben é para así mostrala, non teñen recebido remuneración algunha, pero sabemos que lembran con agarimo as formidabeis merendas coas que foron agasallados polas irmáns clarisas e polas rexidoras do hospital municipal. Do conxunto dos concertos públicos citados, quero facer mención especial de un, sen cair en sobérbia algunha. É o especial de música relixiosa celebrado na Capela da VOT o xoves 8 de Abril, co gallo da Semana Santa. Das sete obras programadas –algunhas de longa duración, outras divididas en vários movimentos, seis eran estrea por esta Banda. O Prelúdio Coral de Willy Hautvast é de consideráble dificultade técnica, pero menos que a Música Fúnebre Masónica de Mozart. De Wolfang Amadeus Mozart, digo, igoal que o motete Ave verum corpus que non se trata dun schotis cupleteiro. Para tocarmos o Stabat Mater de Pergolesi e o Panis angelicus de César Franck os solistas de metais houberon deixar na casa nervos e temores. O concerto fora preparado en pouco máis dun mes, pois até Febreiro estivéramos traballando, desde o Nadal (non houbo vacacións) no concerto de aniversario, tamén cun cincoenta por cento de programa a estrear. Un e outro concertos forman parte da programación da Banda para 1993 que os sócios coñecen desde primeiros de ano pois envióuselles postalmente. De tal programación son tamén o concerto do Día das Letras (cun recital poético paralelo a cárrego do Grupo de Teatro da Agrupación “Francisco Lanza”: imaxine o leitor o laborioso proceso de coordinación), os concertos didácticos, o de paso-dobres que daremos dentro de poucas semanas, o das xornadas culturais “Mar por Medio” con máis estreas de obras inglesas), o da Patroa, o de música de cámara para Santa Cecilia (o ano pasado quixéramolo dar conxuntamente coa Polifónica, pero para nós si houbo excusas) e o de valses e opereta que ofreceremos en fin de ano. Non debería ser necesario aclarar que a preparación de cada un destes concertos por músicos xóvenes, afeizoados, cangados de obrigas e outras ocupacións (estudos, traballo, etc...), require unha constante e sacrificada programación de ensaios case diarios, pero parece que hai quen pensa que con soprar un pouco abonda.


... de concertos

Ou sexa, modéstia aparte, que a Banda Municipal de Ribadeo quer ser unha Banda de Concertos. Unha moderna Banda de Concertos. Non sabemos de Banda algunha, popular e afeizoada, que teña asumido unha programación a un ano como a nosa: concertos de xénero, concertos didácticos, estreas de obras de nova música para Banda, ensaio de novas experiencias multimédia (primeiro, o acompañamento do recital poético; algún día, a ópera que paseniñamente estamos a conceber). Por isto todo, desde un princípio, as nosas intervencións incidentais (desfiles procesionais, por exemplo) limitaronse a moi circunstanciais ocasións, como a procesión civil do dia da Patroa ou a celebración oficial do día de Santiago, Dia da Patria Galega.


A asunción, preparación e mantenimento dunha programación de concertos anual e estábel como a aludida, como a da Banda Municipal de Ribadeo, como a nosa, como a de todos vostés, non é facilmente compatíbel cunha constante presencia da Banda nas procesions relixiosas. Se reparando nos nosos concertos, gratuitos, populares, concebidos como servício cultural público e non como instrumento funcional ou económico, algúns (¿cantos?) aínda preguntan “¿Para que sirve la Banda de Música?”, haberá que chegar a unha transacción, a un acordo a dúas bandas, igrexa-banda. Non sei se “Semana Santa y, sobre todo el Corpus” ou viceversa ou o Primeiro (domingo) de Maio. Cimentemos a harmonía, como propuña António, pero o signore Antonio Vivaldi, non o in-apelidado Antonio de Ribadeo.


O de Tapia, un embarque... A vontade do Director, posta en dúbida, “Il cimento dell´ armonía...” Don Antonio: A Banda seguerá fundamentalmente a dar concertos na Igrexa (se nos deixan), no quiosco (si, nos deixan) e no auditório da Coruña, en Agosto, con grupos de prestixio internacional... Se non lle chega pode marchar de sócio; iso non vai cercenar a Banda.