20080831

Construír futuro, un artigo de Pancho Campos na Comarca desta fin de semana

    Deixo aquí un artigo dun amigo, na liña de oposición á construcción da nave en Ribadeo:
Construir futuro
Pancho Campos
Fai meses que estamos escoitando as moi diversas opinións sobre as consecuencias destructivas que para a Ría de Ribadeo sería a construcción da nave-garaxe que ENCE pretende facer como terminal de carga para a pasta de papel.
A este respecto, a maioría dos vecinos de Ribadeo e moitos dos pobos limítrofes a Ría, nos pronunciamos en contra de dita obra, considerando incluso unha vileza administrativa a simple proposición de obra para tamaño monstro arquitectónico no belísimo e incomparable ámbito natural en que se designa.
Pois ben. Agora leemos nos medios de comunicación o contrato ENCE-FEVE para o traslado da carga para o porto de Aviles, pois aínda que algúns din textualmente que sería para Xixón, paréceme estraño preten­der instalar unha vía de FEVE desde a praza dos Mártires o Musel. De todas formas sacar 500.000 Tm/ano de pasta de papel en un tren de vía estreita, non vai ser ningunha bro­ma, pois equivale a sacar 500.000 Tm/365 días = 1370 Tm diarias, e supoñendo 40 Tm para este tipo de vagóns-plataforma, son 35 vagóns diarios o qué equivale a un convoi de case 500 m. de largo. En Estados Unidos é fácil de levar a cabo co ancho de vía dos trens e coa orografía llana do terreo que te­ñen, eu alí teño visto trens de 12 e 14.000 Tm de varios kilómetros de largo con catro e seis locomotoras, na época de recollei­ta do trigo e do millo, e nos transportes de mineral e carbón. Aquí dubido moito que se
poida facer tamaño transporte coa cantida-de de curvas que ten o trazado da vía e a inseguridade de tracción de dito convoi en vía estreita, como é o caso. Pero ese non é noso problema, así que xa o solucionarán os "despertos" na materia.
Tamén se oe, que podemos perder postos de traballo no porto de Ribadeo senón se fai dita nave. Este comentario é realmente malvado, inxusto e malévolo. Vexamos. Recordando un pouco a historia da miña propia familia co Porto de Ribadeo, podo dicir que meu avó Pancho por liña paterna, cando a primeiros dos anos 1930 volta por segunda vez de Cuba, emprégase na colla, na que ten a desgracia de accidentarse o caer entre un barco de carga no que traballaba e o muelle, o que o leva a morte os seis meses como consecuencia do aplastamento que recibiu. Pois ben. Na colla había de 24 a 28 persoas ou o equivalente a dúas mans de traballo de doce ou de catorce homes, para facer a car­ga e descarga dos barcos mercantes, e aten­der do seu amarre. Nos barcos de pesca, estaban enrolados máis de medio cento de homes. Por outra banda, meu pai Pancho e seus irmáns, quedan orfos e pequeños can­do o óbito de meu avó ocorre, e miña avoa Pepa e eles, deféndense como poden para sobrevivir as penurias da Guerra Civil. Meu pai vai a Escola da Granxa pola maná, co para él o millor mestre e inolvidable Genaro. Pola tarde aprende o oficio de mecánico no taller de Larravide, e logo, xa maior de idade, pasa a traballar nos talleres do muelle por mais de 30 anos, con Jesús e con Seivane e Barcia, os Carrelos; mais tarde iría para a fábrica de Alginatos da Vilavella, onde por desgracia morreu tamén novo.
Cando traballaba meu pai no muelle de Figueirúa, polos anos 50, 60 e 70, eu mesmo recordó no ano setenta e tres, Seivane e Barcia tina mais de trinta empregados: mecá­nicos, soldadores, montadores, etc. propios e de subcontratas, pois facían para os bar­cos de arrastre de casco de madeira, todo o puente de aluminio e aceiro, así como, toda a instalación eléctrica, fabricación e montaxe de tanques, motores, servo motor do timón, alineación do eixe de cola e propulsor principal, montaxe aparatos de navegación diversos,.etc. etc. Nos talleres limítrofes, aserradeiros, fábrica de xeo e barcos de pesca de altura e baixura, podía haber outro cente­nar de homes. Pola outra banda, Asteleiros Gondán estaba construíndo 1 barco ramplero por mes, con unha plantilla de persoal moi grande.
Con todo esto quero dicir que se perde-ron moitos empregos no Porto de Ribadeo, e si se fixera o que vimos dicindo desde fai meses, os que nos manifestamos en contra da "nave-garaxe", esto é, montar unha grúa pórtico para carga de contenedores, eso si sería dinamizar a actividade do porto e tra­ballar en serio por un futuro mellor. Nos, non estamos en contra de activar o porto, e crear mais postos de traballo, senón que o que non queremos e seguir vendo a destrucción da Ría de Ribadeo, sen siquiera levantar a voz e gritar con todas as forzas, NON MAIS BAR­BARIDADES NA RÍA (léase escolleras ¿para qué?; pilastras do ponte ¿non hai outros tipos de construcción de pontes?; recheos ¿non hai explanadas naturais mellor feitas a todo o largo da ría sen tocar o seu álveo?)
Os vecinos de Ribadeo, polos anos sesen­ta e setenta, víamos medrar a actividade do porto de tal forma, que estudiamos e conse­guimos o título, dezaoito capitáns e xefes da Marina Mercante por aquetas datas. Algúns incluso pensábamos en navegar uns anos e volver para traballar no noso porto, cousa que nunca ocorreu, precisamente pola desi­dia das autoridades competentes que nunca emendaron as barbaridades que se facían e se humillaron para sobrevivir e defender prebendas complementarias en aras de que "creaban emprego" e non era cuestión de ir en contra das obras, o que eu traduzo por que "creaban cazo" e naide está en contra do seu propio peto.
Para terminar, se ENCE-FEVE fixeron un contrato, claro está que se van a gastar millos de euros dos fondos públicos, supo­nemos que a Administración do Tesouro Público agora considera o proxecto elixido mais "rentable" que o do Porto de Ribadeo, pois montar a grúa pórtico aquí, custará uns dez millos de euros, mentres que tender e poner a funcionar unha vía férrea, e montar a grúa pórtico de descarga de trenes tipo Porto de Amberes, en Aviles ou en Xixón, tanto me ten, pode saír por centos de millós de euros, a diferencia de capitales e clara, pero ... quizáis algún "defensor do cazo" nos siga achacando e dando a tabarra os manifestan­tes, culpándonos da pérdida de empregos o non deixar montar aquí tamaño enxendro de nave.
Ría sí, nave non.

20080830

Banda sonora de 'os mortos van á presa'

O outro día quedoume por pór a ligazón: http://www.losmuertos.es/descargas/mp3/banda.MP3. O que se escoita nese punto é o tema principal da peli. Eso e outras cousas son accesibles no blog.

O antroido do futuro

Na procura dalgún escrito vello, e como un a parte das outras entradas, aquí queda o pregón do antroido 97, leído por min o pasado día 7 de febreiro de 1997 na sá de festas Rosa-Lar de Ribadeo... ¡boa lectura!

"O antroido do futuro"

Boas tardes.
"Actuar é un luxo que permite mostra-los sentimentos que de outro
xeito daría vergoña ensinar". É unha cita de Robert de Niro, que debe saber
abondo do tema, tomada dunha entrevista de "El Semanal" de 24 de novembro
do pasado ano 1996. A traducción ó noso caso podería ser: O disfraz de
antroido permite facer moitas cousas que en outro caso serían vistas con moi
malos ollos (aínda así o son moitas veces). Dito esto, ¡pechade a porta!. Que
ninguén escape.
"O bo, se é breve, dúas veces bo", en pluma de Baltasar Gracián. Do
que non é tan bo, non dí nada. Polo tanto, temede o peor, porque xa non me
vexo constreñido pola sentencia.
Parece que este ano son eu o pregoeiro do antroido. Por eso aquí
estou, disfrazado de entendido na materia, e tomando as medidas oportunas.
Estou sen toga nin birrete: todo disfraz ten os seus límites, e un deles púxeno
aí. Disfrazarme con roupa non me gusta especialmente, pero actuar xa é outra
cousa. E actuar é un xeito de disfrazarse. Dende logo, hai outros. Por exemplo,
¿alguén se lembra do antroido que viveu o Inspector Lupa?. Ese sí que foi un
bo disfraz, tanto cando andaba vendo os disfraces como cando non o facía.
Aínda non sei quen foi, e non me parece que o saiba moita xente.
Xa metidos en materia, ¿por que me elixiron para o pregón?.
É unha pregunta que me fixen. Tiña o dilema de contestarme a min
mesmo de varias formas. Unha resposta sería: "porque és un paiaso" (podería
engadrille despois, por exemplo, "pailán", e así queda mellor: "porque és un
paiaso, pailán"). Por contra, tamen podía contestarme: "porque és serio" (neste
caso, engadiría algo así como "home": "porque és serio, home").
Elixín o último, gustóume máis. Por eso mesmo me permito facer un
comentario como este aquí, diante de tanta xente. Eu considérome serio, e o
antroido é para que os serios, as persoas que non se permiten o saírse do seu
papel, podan rirse e oficiar doutra cousa, poñerse unha máscara. Eso me
moveu a aceptar.
Así, o que me quedaba era disfrazarme. ¿De que?. Pois de
prospector. Non de prospector en busca de petróleo, que por esta terra non
parece ter moito futuro, se non precisamente de analista de futuro. Do futuro do
antroido, claro. Eso é algo así como ser adiviño, pero con outro nome tentando
coller categoría.
O seguinte foi o preguntarme, ¿por onde pode comezar?. Polo
momento, e para mín, o antroido estivo a punto de ser por primeira vez
entroido: descubrín que a palabra que usaba, antroido, non viña nos
diccionarios. Así, estiven por deixar de empregala para ocasións serias, coma
esta. Nembargantes, entroido nunca a usei, carnaval decidín fai algún tempo
deixalo para a meseta, lugares lonxanos ou festas con outro significado, e
antroxu, Nalón arriba, cáeme moito máis lonxe. Por eso decidín deixar as
cousas como estaban: antroido, para os amigos.
Son serio, xa o dixen antes. Así lle dicía tamén ó protagonista maior,
o piloto, ó Pequeno Príncipe. Como o Principiño non calaba con esas lerias, e
quería saber, continuar vendo mundo, ir ó seu antoxo, a súa vitalidade conduxo
a unha obra literaria para todo tempo e idade. ¿Por que?. Porque a todos nos fai
falla evadirnos. E iso é o antroido. Evasión. A grande evasión. Ademais, como
na película os prisioneiros do campo de concentración son ó fin tristemente
cazados, e así remata a súa ilusión de liberdade, os antroidos tamén acaban a
tiro fixo. Vóltase á liberdade condicionada. Condicionada pola nosa historia,
os nosos coñecidos, compromisos, ... en definitiva, por nós mesmos.
Centrémonos na prospectiva do futuro do antroido: aí van algunhas
reflexións.
Un. Hoxe en día tómase como unha festa, e parece que non decae a
pesar de que a vida é, cada vez máis, carnaval. Quen non o crea así, que lea os
periódicos, vexa a tele ou fale cos amigos, aínda que sexa de fútbol. En todos
os rincóns hai carnaval. Nembargantes, ese carnaval pretende ser serio, non é o
noso estilo de antroido. Aínda así, é previsible que siga a extenderse
contrastando coas ideas do antroido que por aquí se levan.
Dous. En Venecia teñen o seu carnaval de luxo, onde todos queren
ser Dogos de seu (non cans, entendámonos, senón mandamaises). Por Río o
carnaval é movemento e lucimento da vitalidade (e doutras cousas tamén
vitais). Aquí o antroido é máis unha evasión adoitando outro rol e
ocultándonos como pícaros para facer trastadas e figurar como reis, por unhas
horas, do noso destino. Nembargantes, a idade, a era de inocencia, está a pasar
rápidamente. É unha incógnita se o noso antroido vai resistir esa falta de
inocencia que se está a incrementar aló onde un vaia. Moitas cousas van ter
que cambiar para poder superala. Nembargantes, feitos como que hoxe
estemos aquí fan manter a esperanza de que esta evasión pode seguir facendo
os seus efectos benéficos e festeiros por moito tempo.
Tres. Non hai tanto o antroido estaba, empero, cáseque "morto por
orde superior". Esa orde non puido con el e aquí estamos de novo. ¿Pode darse
novamente no futuro o caso dunha prohibición directa ou indirecta?. Non
estamos exentos dela, pero sería en balde, como o foi a pasada vez: a festa
continuaría, aínda que pode que desvirtuado un pouco o seu espírito pola
prohibición, ó estilo da "lei seca". Eso mesmo fará cuidarse ós mandamaises
de tentar algo parello, aínda que aproveitando as máscaras se produzan
algunhas mascaradas que infrinxan as normas do antroido, que tamén as hai.
Catro. Se miramos ós carnavales de Venecia, Río, Tenerife, ...,
mesmo os entroidos de Laza, podemos ver que todos van cara á grandiosidade,
cada un no seu modelo, cada un á súa velocidade. Ó mesmo tempo, seguen a
ser unha actuación. Nembargantes, a grandiosidade esixe uns xeitos e un
dirixismo que impide manter o sentido do noso antroido. Para vencer outros
medios vistosos de diversión e/ou enaxenación, que eso é tamen ó antroido, e
facelo ademais dun xeito inocuo, necesítase cada vez un espectáculo maior. É
inevitable, tal como eu o vexo. O antroido terá que ir cambiando para combatir
este efecto ou aliarse con el. A alianza significa máis cartos e unha certa
profesionalización, ó estilo deses outros lugares.
Cinco. Téntase conservar o de cada un, neste caso o noso antroido,
pero a profusión de medios que nos poñen en contacto con outros lugares van
pouco a pouco influenciando esta festa. Non é problema, porque hai carnavales
de todo tipo, polo tanto as influencias serán variadas. Esto, esperando que ós
americanos do norte non se lles ocurra a idea de facer un novo carnaval,
porque se non, Holliwood rematará non só co noso estilo de facelo, senon
tamén por facernos creer que se fixo sempre ó seu xeito. Esperemos asemade
que manteñan a data do seu Halloween ben alonxada da nosa celebración, so
pena de perder un combate do mesmo xeito que os Reis o están a perdendo
fronte ó Santa Claus.., e eso que son tres contra un.
As conclusións anteriores, se ben son as máis xerais, non son as
únicas.
Por exemplo, visto que non podemos igualar os disfraces sen roupa
que fan as ledicias dos e das turistas en Río, e tamén dos propios cariocas, é
previsible que nos busquemos e atopemos novos medios de calefacción para
que as máscaras con pouca roupa non sufran os rigores invernais.
Nacerán novas máscaras. É un fenómeno que xa se ven estilando
dende tempo hai, e que está lonxe de esgotarse: na variación está o gusto,
como dí unha frase que máis dun e unha coñecerán e practicarán có gusto
anunciado.
A electrónica escalará postos nas preferencias dos antroidos. O
mesmo que se vai metendo en casas ou bancos, non poderia facer unha
excepción con este fenómeno social. Xa vimos algúns artiluxios desa especie
outros anos, como luces ben amañadas e sincronizadas, pero é posible que non
sexa nada comparado ó que se aviciña.
Son previsibles outras incorporacións no desenvolvemento destos
días. O antroido permite o anonimato social, e ven potenciado por el. Hoxe en
día estánse a extender novas formas de comunicación que outorgan a
posibilidade do anonimato. Tendo conta destas dúas premisas, pódese concluir
que é probable que se incorporen novas formas de antroido, por exemplo, "a
distancia", do mesmo xeito que o 28 de decembro é algo extendido usar o
teléfono para gastar bromas, mentras que no século pasado, antes de facer das
súas o señor Bell, evidentemente non se podía.
Podemos observar tamén que as carrozas motorizáronse. É
previsible, co uso dun parque móbil máis extenso e variado, que esta tendencia
continúe, incorporándose á mesma aínda os disfraces individuais.
Un dos festexos precursores do carnaval era unha especie de circo
naval fai vinte séculos, como din algúns estudiosos do tema. Do carnaval, si.
Do noso antroido, dubídoo. Nembargantes, cara ó futuro, todo é que ó club
náutico lle de por ahí, e entón o noso antroido podería ser precursor de esa
proxección naval futura. É posible, e coa motorización e en xeral a
instrumentación actuais, máis fácil que noutros tempos. Habería que
preguntarlle á directiva do club se está pola labor.
O antroido é educativo. Seguirase a usar nos centros chamados
educativos para facer algunha que outra trastada, ó tempo ou a parte da propia
educación. É posible ademáis, dentro da política ministerial, a súa inclusión
como liña transversal no currículum escolar.
Falemos de cartos. Estamos a vivir tempos de privatización. Se se
pensa en privatizar a xestión de hospitais públicos, por exemplo, ¿por que non
o antroido?. Nese caso, ¿que se preparen as comisións a non recibir
subvencións?. O antroido, teña ou non subvencións, sempre foi público e
sempre foi privado. Sempre necesitou dun espíritu social para levalo a cabo,
pero sempre foron os particulares as máscaras. Pola privatización, poderá
cambiar algo o modo de financiamento, pero nada máis.
En canto ós premios... é bonito e atraínte para o turismo que os
disfraces sexan traballados, pero por ese lado é difícil competir con outros
carnavales. Nembargantes, a competencia é a competencia, e as leis do
mercado inflúen en moitos campos. Pode que o factor máis influínte no futuro
desenvolvemento dos premios sexa externo ó propio antroido: máis que a
privatización, a marcha da economía en xeral.
En relación a outro aspecto, fai pouco leín que "os carnavales caen
baixos este ano". Espero que non caian baixo máis que polo número que ten
asignado o día no que comezan, pois non é esa a tendencia aquí en Ribadeo.
Hai que lembrar, sobre esto das datas, que xa se produxeron algunha vez
noutra temporada: os chamados "carnavales de verán", e a eses si que lles
chamo carnavales. ¿Lémbrádesvos do que xa dixen sobre a economía do
antroido e as influencias externas sobre o noso?. É posible que esas festas
carnavalescas se incrementen, pero non penso que se lles deba chamar
antroido. Serán carnaval. ¿A influencia sobre o propio antroido?. Polo
momento, está a salvo, porque son influenciadas por el e non ó revés. Perante
cánto tempo, eso xa é máis dificil o dicilo e dependerá de moitos factores.
Pola sequedade da boca ven outra vez ós meus labios o dito de
Gracián: "o bo, se é breve...". Por aí, pola sequedade, penso que é cousa de ir
rematando. Queda para outra o tratar de imaxinar o futuro do antroido en
relación a outras moitas facetas. Como exemplo delas sirven a música ou o
sexo.
En fin, isto é a prospectiva: analizar tendencias para vislumbrar o
futuro. Eu, de calquera xeito, non me fiaría moito dunha prospectiva do futuro
do antroido feita por un disfrazado.
Aínda así, costoume facela. E teño que dicilo, porque é tamén unha
metáfora do antroido. Nestas datas, hai moito detrás: ilusión, traballo,
imaxinación, persoas... é algo matinado para vivir uns días máxicos antes que
chegue o momento de quitarse a máscara.
Ben, penso que os obxectivos das cousas débense definir ó principio.
Nembargantes, acordei definilo ó final, tras ve-las caras dos que me escoitan
hoxe: O obxectivo era sacar á luz o espírito do antroido. Espero haber axudado
a facelo, e con eso remato esta pequena perorata. Meu disfraz xa non vale, este
pequeno antroido xa se foi. Agora comeza o antroido de todos. O futuro que
mencionei xa chega. Vivámolo.
Antonio Gregorio Montes
Ribadeo, febreiro de 1997.

Confusións


Á espera de recibir as próximas notas de prensa do concello, miro a prensa con certo escepticismo. O primeiro co que me atopo é a nova de que a xente que non recolla os excrementos dos seus cans será multada. Se non lembro mal, coido que non é á primeira (e pode que nin a segunda) vez que se di o mesmo. Acompañando a nova, aparece -de novo- o rogo de botar o lixo en bolsas cerradas, e un lembra aquelo que escribiu respecto a outra cousa: 'Cando a lei non se cumpre' (publicado na Mariña o 14 de novembro de 1996). Por certo, atópome con que está unha referencia na rede, pero non atopo o propio artigo, que xuraría que coloquei; terei que voltar facelo.
A outra confusión ofrécea o plan acuícola da Xunta. Resulta que permiten dúas piscifactorías no termo municipal de Ribadeo, que corresponderían á solicitada por Pescanova no seu momento á beira do Castro das Grobas-Punta do Corvo, duns 250000m2, e outro o correspondente a Foxo Longo (Meirengos, pero dito Rinlo, de 240000m2), que correspondería á que deixou a lágoa Cascos, e que agora tería que retirarse. Pois ben, a prensa volta falar de 80 postos de traballo para a factoría de Pescanova, cando na de Acuinor (Cascos) falábase xa por parte da empresa de abondos menos. O caso é que anos despois de comezado o tema, a Xunta, coa oposición aireada do BNG, da para adiante ó plan, e permite as dúas... con cortapisas, pois non se poderá invadir a zona de rede natura (o que o faría inviable de por si, pero minorizando a rede....) co que Acuinor tería que retranquear e segundo o que di o representante da empresa, tería que facelo 400m, apartándose da costa en terreos que neste momento non ten, encarecendo o proxecto,... co que prefire pedir indemnización á Xunta a seguir adiante. Se mal non lembro, a situación é case exactamente a contraria que a que tiña ó principio, cando se lle facilitou pola Xunta a posta en marcha e a adquisición de terreos.
A foto, outra pequena confusión nunha paraxe bonita: a entrada á via de servizo do porto de Mirasol, con dous carteis chantados no medio, un dunha entidade oficial e outro dunha empresa privada, ós que non vexo sentido alí. Se se quitan os carteis, seguirá a ser bonita.

20080829

Escapes

A prensa ás veces non trae nas súas novas determinadas cousas. Está comprobado e dito por moitos estudosos do tema, a parte de ser evidente en pequenas comunidades como Ribadeo, que os medios de comunicación tan pronto magnifican determinadas actividades ou sucesos como minimizan ou sinxelamente ningunean outros aínda máis importantes. Onte entereime na rúa que o mércores 27 tivera lugar a primeira voda gai en Ribadeo. Non é para tirar foguetes, pero as primeiras veces soen considerarse novas. Asemade, segundo parece o mesmo día, na rúa Ramón González houbo un cheire a gas que chegou a preocupar a algún veciño. Posiblemente unha limpeza dun depósito ou cousa polo estilo que non chegou a máis. Onte tamén, a última hora, apareceu a auga clorada. Cousas equivalentes, outras veces foron tema de prensa, pero polo que sexa (por exemplo, por falta de coñecemento do suceso), esta volta non se viron na prensa.
O que si se viu foi a nova do pleno reproducida en tódolos medios. Cando me chegou (tarde) o comunicado de prensa do concello, púxeno no blog correspondente, que non ten opinións, senón só comunicados, e tentei facerme unha idea entre os medios de comunicación e algún comentario. Foi entón cando me decatei da semellanza do que se podía por exemplo ler nos xornais e a nota de prensa 'en bruto' do concello.
É evidente que a cantiade de literatura que se produce a diaro sobre Ribadeo nos medios leva (alomenos debera levar) moito tempo escribila, e as plantillas dos medios de comunicación están en chasis por diminución de persoal conectada co aumento de rendibilidade económica. Co que a proliferación de blogs (ver o lateral) e unha auténtica ameaza para a prensa en canto Ribadeo esteña conectado, é dicir, en cantgo se considere internet de uso e non só de disfrute (é dicir, se pase de maioría de aplicacións para xogos, chat e descargas a procura de información, formación e utilidade xeral).
Mentras, de calquera xeito, sempre se pode ler entre liñas a prensa para tentar chegar un pouco máis aló na noticia, tentar sacar consecuencias de que as campañas antitabaco sexan rendibles (nova de onte da prensa, que viña a dicir que por cada euro usado en prevención a sociedade aforraba 50) ou as multas de tráfico un aspecto recaudatorio máis do estado (nova desta semana, 1 euro de inversión en prevención por cada 10 euros recaudados) ... Por certo, tamén pode chamar a atención os diferentes razoamentos tio usados en diferentes noticias segundo as fontes: na nova da rendibilidade da campaña de tabaco, se non fora pola victoria neste caso da sensibilidade médico-social, a nova podería ser máis ben deste xeito: "a inversión de 1€ en prevención antitabaco impide un movemento económico de 50€, mermando o PIB da economía española e empobrecendo á sociedade nesa medida". Parece mentira, pero hai moitas noticias que son interpretadas dese tenor. E así poderemos interpretar mellor frases de Noam Chomsky, tomadas dun artigo/entrevista de Cuadernos de Pedagogía xa vello (nº 364), nas que di cousas como que unha grande parte da economía adícase a crear consumidores (e polo tanto a suposta riqueza que crea ese movemento é absurda dende o punto de vista da mellora da vida, sendo non obnstante a base da industria da publicidade), ou que as cuestións fundamentais seguen ocultas ó longo dunha campaña eleitoral porque non saen na prensa e polo tano, escamotéase o debate sobre elas, quedando a campaña reducida á elección entre aspectos irrelevantes de programas semellantes.
Saúdos.

20080828

Denominación de orixe





Enterámonos de que a faba de Lourenzá ten denominación de orixe protexida. E penso en Augas Santas/As Catedrais despois de ver atosigados dous aparcadoiros e proxectarse ampliación de prazas... Os orzamentos de Ribadeo foron aprobados en pleno antonte (abstención de PSOE e UPRi) e coido que non incluirían ningunha aprtida para algo equivalente a unha 'denominación de orixe' de Augas Santas. Claro que o que fai falta aí non é tanto cartos como ideas para facer unha promoción que rinda dividendos e non estrague o lugar, algo case contrario ó que é na actualidade. Dicíame un veraneante hai non moito tempo que era inconcebible que alí, por exemplo, non houbera unha caseta de atención turística. No momento non me lembrei, pero despois viume á cabeza que falouse de facer un centro de interpretación da costa alí, despois xa de ter abandoado o centro de interpretación da ría de Ribadeo que existe en Santa Cruz (que por certo, segue a deteriorarse sen aproveitar). Podería aportar algunha diea mías, como o rexerar os aparcadoiros actuais e construir un máis alonxado co centro de interpretación e oficina turística, así como servicios hostaleiros e un mini bus lanzadeira dende Ribadeo (que por certo, ó mellor podería aproveitarse para dar servizo ós veciños da rota Ribadeo-Rinlo-Devesa, a zona máis poboada do municipio). Desenvoltando a idea, coido que beneficiaríase tanto a zona que se quere manter e aproveitar como Ribadeo e os seus veciños.
Voltando ó pleno dos presupostos, despois de dúas comisións informativas previas, foron aprobados por BNG e PP, absténdose UPRi e PSOE. Foron incorporadas diversas variacións, en particular do PP,o que deu motivo para que o PSOE criticara de novo o que cualificou de 'goberno bipartito'. UPRi denunciou que as súas dúas propostas aprobadas (1/5 do total) fórono por coincidir coas do PP, ó tempo que lembra o informe de intervención coa advertencia de que é posible que a recaudación non chegue para o gasto. Así, pois, hai diverxencia de opinións, pois mentras a oposición abstencionista criticou xa no seu momento a cerrazón do grupo de goberno, iste, por boca do concelleiro de facenda, volta a dicir que se lle deu participación a tódoos grupos, engadido que este presuposto (é o do presente ano, 2008, e estamos a finais de agosto) posibilita que non se perdan subvencións para diversas realizacións, ademáis de asumir (segundo o alcalde) remantentes negativos duns 110Mpts e malas contabilidades da anterior etapade mandato na alcaldía. O resultado: 9,9M€, dos que 9,3M€ son para gastos e o resto para o remanente negativo do ano 2006, incluíndo 1,8m€ para inversión e un destino do orden do 40% para persoal. Pódese comparar co orzamento anterior (ano 2007) (e outros puntos do mesmo pleno, en diversas entradas).
Para rematar, onte tamén houbo concerto, 'Si suoni la tromba' ('así soa a trompeta'), na igrexa (a banda non, pero isto si), seguido por perto de 100 persoas, utilizando o órgano para a 'tocata' de Sweelinck, con ruido de fondo (non forte, é certo) de a música das atraccións da feira. Un concerto non habitual en Ribadeo, con calidade seguida quizáis por máis veraneantes que locais.

20080827

Cada vez existe máis conciencia de que no século XXI hai que ir más aló do lamento ante os abusos dende o sillón da nosa casa

"Cada vez existe más conciencia de que en el siglo XXI hay que ir más allá del lamento ante los abusos desde el sillón de nuestra casa", dice Fernando Moner, vicepresidente de la Confederación Española de Consumidores y Usuarios. Tomado de El País... outro xeito de dicir que está extendéndose a consciencia de que hai que participar socialmente.

Pequenas cousas



Un fallo na lembranza fai que do pleno dos orzamentos de onte só poda dicir que continuaba ás 21:30 en marcha, o que, apra ser un pleno extraordinario de curto recorrido, indica que non foi sinxelo, como por outra banda era de esperar. Como os medios ós que teño acceso a estas horas non me din tampouco nada novo, pois esperaremos un pouco máis a ver que pasou ó final.
Mentras, deixo o díptico de pequenas cousas (mellor dito, de 'o pracer das pequenas cousas'), obra teatral á que cheguei tarde igual que a metade da xente que alí había por mor de que no folleto trimestral estaba posta ás 21 e no aviso via correo electrónico (do que deixei copia) ás 21:30. En fin, 11 actores cun públido dunhs catro persoas por actor interpretando unha obra feita de pequenos anacos ('pequenas cousas') que amosaban o que inflúen as pequenas cousas na nosa relación cois demáis e polo tanto, na nosa vida. Ó carón, do díptico ampliable se se preme co rato sobre el, e no que se pode ver non só a sinopse, senón tamén outras pequenas cousas, como que a compañía figure como eescola de afeizoados, o patrocinio (por certo, comín no escaneo un carácter e é o IV encontro e non o V), que se puxeran abaixo os dípticos correspondentes as actuacións de Sarria e Samos, etc.
Pequena cousa é tamén as vías peonís que están a deixar nos laterais da Ponte dos Santos. Aparentementente, as bicis van telo difícil para pasar. Claro que, dende o coche é difícil precisar a anchura exacta, e estou desexando equivocarme no que remato de dicir.
E, afeitos ós altos prezos de vivenda (a crise polo momento non os fixo baixar tanto), tamén é das 'pequenas cousas' xa non o anuncio, senón o comezo de construcción das novas vivendas sociais.
Para rematar a entrada, lémbrome doutra 'pequena cousa' na que me fixei a comezos de mes en Couto de Arriba (Castro de Rei), unha casa á esquerda camiño de Lugo. alí estaban, a media tarde dun día luminoso pero non agobiante de agosto, diante da casa e polo tanto, diante da estrada, dous cativiños no banco de pedra adosado á construcción. A súa diversión non era ver pasar ós coches, nin falar, nin ler, nin pelexarse, nin... era xogar. Cada un coa súa maquiniña, absortos do outro, dos coches, do mundo. Pensei que diferencia co mundo e cos xeitos de cando eu era pequeno, e sígome a lembrar da súa imaxe as veces que pasei por alí dende entón, compadecéndome unha e outra vez de dous nenos que xa non saben disfrutar do mundo real. Aínda que tamén me pregunto se non serei eu quen non comprende o que é mundo real hoxe: na mesma viaxe, nun centro comercial de Lugo puiden observar que o que a vez pasada que alí estivera era un quiosco/revistería, pasou a ser un lugar de venda de xogos para máquinas diversas.

20080826

E máis unha terceira: Límites

Resulta que ía para o libro das festas, pero o libro está editado e esto non está incluído...

Límites


Cales son os límites de Ribadeo? Calquera foráneo que mire un mapa poderá dicilo: nomeándoos polo que hai máis aló, Ribadeo limita con Barreiros e con Trabada. Para moita xente, abondará con eses límites. Iso non obsta para que, a pouco que se colla un mapa máis amplo, por exemplo, poda (e podamos) ver que limita con Asturias. Distinguindo, co concello de A Veiga. Chegamos así a un primeiro 'Asturias (o máis aló) existe!' que pode ser administrativo ou con outro sentido, pero non deixa de ser certo, e ser un límite, Eo polo medio. Especifico o de Eo polo medio: nos casos dos límites internos a Galicia, os ríos ou promontorios que nos separan son máis tenues, menos separadores que o gran río.
Claro que, quedándonos con eses límites, teriamos unha grande falla: a ría de Ribadeo desaparecería do mapa. Así, pois, sigamos incorporando beiras, limitando: Ribadeo limita con Castropol. Si, os setecentos metros que separan os peiraos das dúas capitais de concello son de ría, a ría de Ribadeo. Pero Ribadeo non limita coa ría: limita con Castropol na ría. É algo que debe quedar claro, pois a ría é compartida e non propiedade de Ribadeo, aínda que non me quede claro de todo o vencellamento continuado dese espazo de xeito a partir da célebre desputa entre Bispos por terra e muller. Así pois, unha volta claro que a ría é de todos e polo tanto, non é fronteira (*), senón en todo caso, posibilidade de unión por medio da comunicación que resulta de surcala, continúo.
Indo máis aló, profundizando nos límites, ó norte do concello diriamos que Ribadeo limita co Mar Cantábrico. Se nos lembramos do nome dunhas célebres xornadas (alomenos entre nós), 'Mar por medio', os que vivimos por esta banda sabemos que o mar non limita, a pesares dos cantís que fan de contención da auga (ou da terra), e que dende o mar poden ser vistos como un auténtico muro, unha fronteira. Pero xa hai tempo que os mariños da terra e os comerciantes capitaneados polo Marqués de Sargadelos nos ensinaron que eso do límite mariño é algo difuso. Podemos dicir con máis xeito que Ribadeo limita con co sur de Inglaterra, ou coa Bretaña, por exemplo. Está claro que, mar por medio, Ribadeo limita con calquera outra costa de mar aberto: é o límite máis amplo dos enunciados, e non o digo polos recortes, entrantes e saíntes, furnas e covas, que forma o litoral, senón porque xeracións anteriores de ribadenses fixeron posible a comunicacion a traverso do mar e puxeron os límites de Ribadeo mais aló, moito máis aló dos cantís de Augasantas.

Pero estes novos límites, extensos, lévannos a pensar un pouco máis aló, a outros, e desta volta, descoñecidos ou desconsiderados: o primeiro, cara abaixo: pouco sabemos deses límites, que nos describen os xeólogos e que podemos ollar nas canteiras da Devesa ou nas covas do litoral. En calquera caso, non considerados, non citados como límites, esquecidos como tales. O segundo, cara arriba, o ceo infinito aberto á comunicación e á imaxinación. Lugar surcado ata hai moi pouco só por poetas, novelistas, pintores, ... que fai limitar Ribadeo coas estrelas. Este é o límite máis incógnito e ó tempo, sempre o máis achegado. Un límite que non pecha, senón que se deixa aberto. Un límite que fai de fronteira e, ó tempo, que nos permite albiscar máis aló, ó infinito. O único límite de verdade que debe ter Ribadeo, ou, ó menos, os ribadenses.

Antonio Gregorio Montes

(*) Sobre fronteiras, que poden ser moi diferentes a límites, un traballo de hai uns anos de Suso Fernández Acevedo, titúlase así.

"Eu veraneo en Ribadeo"


De pasada deixo nunha segunda de hoxe varias actividades para estes días (e despois veñen as festas), e decátome de que pode que o que lle faga falla a Ribadeo para 'lanzarse' no tema do turismo sexa un lema adecuado. Así, en galego, que sona ben e en verso, deixo a miña aportación: 'Eu veraneo en Ribadeo', cousa que por outra parte, fago dende hai 26 anos.
E como imaxe, a dunha casa recén remozada á beira da antiga cárcere. Unha renovación que parece ben feita a primeira vista, e que necesitan outras moitas casas de Ribadeo. A comparar coa súa imaxe de hai uns anos, en 'Ribadeo falls'

E agora, as actividades:
Primeiro, dende a páxina http://atletismoribadeo.com/, o mesmo que en carteis ó ancho de Ribadeo, unha cita atlética, a I Carreira de Sta. Cruz, o día 6 de setembro. Por certo, na súa páxina pódese atopar outras citas deportivas.
Bolos nas parroquias. O cartel non di así, pero ó longo de setembro, eso é o que haberá despois do éxito do clube de bolos no campionato rexional. É curioso ver no cartel o anuncio dos torneos, comezando todos por 'I', para indicar a súa primeira edición. O nome do clube, Ribatra. A destacar que foi no outono/inverno de 2005 cando este deporte colleu anzas.

Citas

ARTES NO CAMIÑO
TEATRO
O PRACER DAS PEQUENAS COUSAS
Unha produción propia con actores non profesionais dirixidos por María Vázquez.
No auditorio hoxe martes ás 21.30 horas. Entrada de balde. Patrocina Xacobeo
www.artesnocamiño.com

ARTES NO CAMIÑO
MÚSICA
SI SUONI LA TROMBA
Obras de Purcell, Scarlatti, Sweelinck, Torelli, Haendel e Vitali.
A cargo de CLARINO CONSORT, con M. del Mar Fernández Doval, soprano.
Igrexa de Sta. María do Campo mañá mércores ás 21.00 horas. Entrada de balde. Patrocina Xacobeo

NSAIO NO CAMIÑO
O VENRES 29 ÁS DEZ DA NOITE NO APARCAMENTO DA RÚA ROSALÍA DE CASTRO AS CONSELLARÍAS DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA, VICEPRESIDENCIA E CULTURA E DEPORTE PATROCINAN
SKANDALOGZ
SÍNEFRES
ROBERTO SOBRADO
BOIKOT
EN CONCERTO

ARTES NO CAMIÑO
MÚSICA
DELICIAS ESPAÑOLAS a cargo de CAMERATA DEL PRADO. Dir. Tomás Garrido. Obras de Monasterio, Chapí, Lerma, Adalid e Echeverría.
O sábado ás 21.00 horas no auditorio Hernán Naval. Entrada de balde. Patrocina Xacobeo.

Cun sol que presaxia un día de praia,

    Unha pregunta que estivo na mente dalgúns antes da manifestación: cal é o mellor tempo para manifestarse? Coido que a resposta noné sinxela. Para que asista moita xente, posiblemente sexa un tempo con nubes sen chegar a chover, se é verán, e despexado se é inverno. Para que sexa máis efectiva, é dicir, para que se note máis, pode que o tempo teña menos importancia que as outras novas do día, pois unha manifestación vive moito a expensas do que digan os medios de comunicación dela. 
    Ven a cousa a conto de que Portos de Galicia aínda non dixo nada sobre o tema da nave dende a manifestación. Haberá que esperar a comezos de setembro. E enviar as sinaturas, que está sen facer. A foto, dunha serpe de auga, presente nos nosos campos. Inofensiva. Aínda que por ter xeito de serpe a moita xente lle de medo.

20080825

Novidades na blogosfera ribadense

Dende esta páxina debemos dar a novidade de dous blog en Ribadeo, ambos en wordpress e de autores incógnitos polo momento.
Un xa leva un mes camiñando (e foi referido nunha entrada anterior), http://ribadeo.wordpress.com/, aínda que parece que foi a semana pasada cando se lanzou de xeito definitivo. Parece que será adicado ás novas do día.
O outro é máis novo, de onte, e comeza cunha declaración de intencións: iniciativa ribadense. Á vista da declaración, o seu obxectivo parece ser canalizar enerxías de xente nova.
Ambos poden aportar moito á blogosfera ribadense. Saúdos.

Novidades na blogosfera ribadense.- copia do blog de O Tesón

Dende esta páxina debemos dar a novidade de dous blog en Ribadeo, ambos en wordpress e de autores incógnitos polo momento.
Un xa leva un mes camiñando, http://ribadeo.wordpress.com/, aínda que parece que foi a semana pasada cando se lanzou de xeito definitivo. Parece que será adicado ás novas do día.
O outro é máis novo, de onte, e comeza cunha declaración de intencións: iniciativa ribadense. Á vista da declaración, o seu obxectivo parece ser canalizar enerxías de xente nova.
Ambos poden aportar moito á blogosfera ribadense. Saúdos.

Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.

Onte


Onte foi un domingo de agosto con variedade. Non só polas olimpiadas ou o fútbol (o torneo local xa fora sábado), senón pola cantidade de actuacións e convocatorias ó longo da xeografía. Tamén foi día musical en Ribadeo. Certo, como moitos outros. Tirri tarra foi o que, coa polifónica de fondo (que por certo quedaba demasiado tapada) actuou núltimo lugar. Antes debeu haber actuación en Cabanela e tamén actuación de ribadenses en Baamonde, onde 46 efectivos da banda (máis o director) deron un concerto con Sangre de artista, Invicta, Festa Paesana, Medley boleros e Ponteareas, dentro dun festival de bandas pouco concurrido. Así, perdéronse por exemplo unha bonita audición dos boleros. Por certo, coido que xa se pode escoitar a banda na peli 'os mortos van ás présas'.
Para un domingo despois dun accidente na Ponte dos Santos (do que me entero por unha nota de Marsop referíndose a Porta norte), non está mal.

20080824

Dúas horas dunha persoa con nome raro


Esta noite en Pequín eran as 7:30 da mañá mentras aquí estabamos nas 1:30, en pleno jolgorio nouturno na rúa e locais. Alí, unha centena de homes preparábanse para dar unha mostra de voluntade ó correr o máis rápido posible 42.196m, a maratón, mentras aquí unha boa porcentaxe da xuventude comezaba xa a atiborrarse de alcool. A tele comezara a conexión coa tristemente célebre Praza de Tiannamen uns minutos antes, para dar a partida puntual e disciplinada, ó que parece ser o estilo chino. Ós comentaristas déulles tempo de repetir varias veces os nomes dos tres españois participantes, Julio Rey, José Ríos e Chema Martínez, así como que se esperaban altas temperaturas (non pasara unha hora eran xa de 28ºC) e que o plusmarquista mundial, Haile Gebraselasie, non participaba por decisión propia ante a contaminación da capital china. O certo é que o percorrido, boa parte del por parques ou zonas axardinadas, non parecía estar demasiado contaminado a esas horas.
Unha maratón olímpica alónxase abondo (alomenos nos primeiros quilómetros) doutras de tipo populoso como pode ser a de Nova Iorque, con cen veces máis participantes.
Así ós 3 minutos xa se observaban na pantalla dous corredores craramente rezagados do resto. Ó seguinte, tiñamos na imaxe outro andando, posiblemente o primeiro dos lesionados. Ós 7, había craramente un grupo perseguidor desgaxado. Ós 10, os comentaristas daban nota de Julio Rey no grupo duns 30 na cabeza; non falaban nada nembargantes de José Mª Martínez, tamén nese grupo de alta velocidade que estaba a progresar pola Cidade Prohibida.
20 minutos e un atleta negro, africano de Kenia, Wanjiru, da o primeiro dos seus tiróns, facendo que se vexa unha longa liña de corredores. Wanjiru? Iso dixo o comentarista ata o final, pero na pantalla apareceu reiteradamente o apelido Wansiru, comentando que estes atletas de nomes raros cambian de apelidos, segue a chamalo igual en troques do que aparece escrito: Samuel Kamau Wansiru.
Chocoume nunha competición deste estilo un xesto de camaradería. O avituallamento que pasan ós 22minutos deixa ver como os dous kenianos en cabeza, tendo que coller líquido da mesma mesa, se pasan dun ó outro unha botella, colaborando normalmente.
Os 10.000m son pasados en 29:25 por Chema Martínez en primeiro lugar do grupo de cabeza, oito corredores que pasaran antes os 5.000 en 14:33 (é dicir, segundo 5.000 en 14:52) A partires de aquí, xa so se comenta dos outros dous españois para tentar de ver o retraso que acumulan cada 5km. Así, despois de falar o comezo sobre todo de Julio Rey, mesmo na chegada, ó estar entrevistando a chema Martínez, nin deixaron tempo para ver o estado en que chegaba ou o tempo de retraso sobre o primeiro (por outros datos propios, sobre un 11minutos despois).
Minuto 34: 7 en cabeza, todos africanos. E coido que todos co símbolo de Nike visible...
Minuto 37: Chema re-contacta co grupo entre a música china soando polos altavoces da praza de Tiannamen e o punchi punchi entre o boureo da rúa.
Minuto 40: As cámaras enfocan ó grupo onde vai Julio Rey e noto a disciplina dos policías chinos, firmes fronte a beirarúa, sen xirar a vista ó paso dos atletas. Lembro por exemplo a carreira na Olimpíada de L.A. (por certo, marca olímpica do portugués Carlos Lópes con 2:09:21 ata hoxe) cuns policías abondo máis relaxados.
Os 15km pásanse en 44:36 polo grupo de cabeza (+5.000 en 15:11); J. Rey desconta 26s máis.
a música segue a soar (no belo recorrido, de aires chinos; na rúa, o de todos coñecido)
Minuto 53: grupo de 5 en cabeza, 2 kenianos (Wansiru e Lel), un marroquino (Gharib), Un etípoe (Merga) e un eritreo, Kifle. O maratón segue a verse chan (de feito, a altura do recorrido ía de +40m ós +53, só 13 m de diferencia en máis de 40km.
20km. 59:10 (+5.000 en 14:34), atravesando Chema 1.15 despois e Rey 1:36. A media maratón pásase en 1:02:34, e os dous españois vese que acumulan desventaxa xa de xeito craro: +1:21 e +1:52.
25km. 1:13:58 (+5000 en 14:48) para o grupo de cabeza, estando o 6º clasificado xa a 1/4 de minuto e Chema Martínez a 2:38 (13º) e Julio Rey 20º a 3:43.
Wansiru segue pegando cando lle parece ataques para tentar despegar a Gharib; nunha destas (1:28) queanse na cabeza Merga e Wansiru e os outros vánse retrasando, a excepción de Gharib, que reengancha algo máis adiante.
30km: 1:29:14 (+5.000 en 15:18). Se ben o comezo da carreira os cámaras daban importancia a tódolos grupos, cada vez se decantan máis pola cabeza, que xa só abandoan esporádicamente. Chema, 14º, pasa a 3:24, Rey, 39º, a 8:35 e Ríos, na última referencia que da o locutor (o seu tempo por pantalla coido que non saiu nunca), 71º, a máis de 13 minutos.
1.44:37 é a marca de paso dos 35km (+5.000 en 15:24). O 4º xa vai retrasado case minuto e medio, e Chema, 15º cun retraso de 5:13. Segue Gharib á cola dos outros dous, pero segue.
1:49:30, Wansiru ataca de novo, e esta volta quen se queda é Merga. Gharib vése algo desprazado e a distancia vai aumentando, pero parece craro o destino final: 1º Wansiru, 2º Gharib, 3º Merga. 2 minutos despois, Gharib está a 15m mentras Merga vai xa a case 100. Aínda 2minutos despois, Wansiru está distanciado 50m, e un despois, alóngase achegándose ós 100m.
40km: 1h59m54s por Wansiru. Gharib pasa a 18s e Merga a 1:57. O cabeza de carreira fixo nos 5.000m anteriores 15m40s. Pouco despois, entrada no estadio (novo, imponente, flamante, bonito estadio nacional) do atleta de 21 anos, cun ritmo e estilo que parece que comezara a correr agora mesmo. 2:06:32. Nova marca olímpica. Ó atravesar a meta, persínase e xunta as mans como agradecemento ou pregaria. Despois, arrodíllase e repite antes de cubrirse coa bandeira. Gharib chega 44s despois. E dramáticamente, despois de entrar no estadio 3º cus 25 m de separación, sen forzas, Merga deixa o 3º posto a Kebele, que chega cunha diferencia de 3:28, relegando a Merga, da mesma nacionalidade, que despois de ser adiantado afúndese totalmente ó 4º posto con 3:49 respecto a Wansiru, e chega a meta andando: está a piques de perder un posto máis, pois Lel (+3:52) pisoulle os talóns. 5º é un suízo, Rothlin, do que pouco se soubo en toda a proba, pero chegou só con 4:03 de retraso.
Os españois? Chema, 2:14:00, 16º, comenta a súa carreira e quédome cun retazo: nos avituallamentos xa vía que se lle ían e aproveitaba a súa maior habilidade para reintegrarse ó grupo. É dicir, dende abondo antes de que fora definitivamente separado da cabeza de carreira, a carreira xa se lle fora da súa propia cabeza. Pero seguiu aí.
Na rúa (Ribadeo, case as 4 da mañá) están de celebración. Pero non polos xogos, senón de despedidas de solteiro ou sinxela celebración de celebración. Aquí, a superación máis ben parece destinada ó Guinnes alcohólico que a calquera superación persoal en positivo.
Por certo, onte no El País, unha nova sobre o abandono do tema do ruído por parte dos concellos. Se queren exemplos, Ribadeo da abondos (un? estivemos sen sonómetro case catro meses, ou sen case, que non sei exactamente o día de envío e o día de chegada, e se faltou algún día, non chegou a unha semana).

20080823

E chegou a fin de semana

Deixo unha ligazón: http://antoniomasipeuropa.blogspot.com/2008/08/castropol-cernuda-el-sur.html para ver outro blog máis onde se fala, na última entrada, da nave de Mirasol. coido que aínda dará que falar a nave.
E paso a outras cousas: a imaxe escaneada do disco para aparcar na zona do mercado e o flleto informativo e de inscrición da marcha cicloturista desta fin de semana. E, para completar, recomendo mirar as notas de prensa de onte e hoxe do concello, despois de ver o enviado pola lista de correo de cultura esta semana:




** axenda da fin de semana **
SINIESTRO TOTAL
CORNELIUS
THE HOMENS
PITO DE PIKASSO
en concerto
Venres 22 ás 22.00 horas
no aparcamento da rúa Rosalía de Castro
Patrocina S.A de Xestión do Plan Xacobeo
Consellaría de Innovación e Industria

BEETLE JUDGE
En concerto
No parque San Francisco o sábado 23 ás 20.30 horas.

ARTES EN DANZA
O resultado dun proxecto dirixido polo equipo docente do grupo Experimenta Danza.
No anfiteatro de Cabanela, o domingo ás 19.30 horas.
Patrocina S.A de Xestión do Plan Xacobeo
Consellaría de Innovación e Industria

Grupo sinfónico TIRRI TARRA
+
CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO
Un espectáculo emocionante o domingo ás 22.30 horas na praza do Cantón.
Patrocinan Caixanova e Concellaría de Cultura de Ribadeo.
Unha nota: deixei os patrocinadores: así é como recibín a información.

20080822

A manifestación, dende dentro

    Recomendo botarlle unha ollada a 'Masa e poder', de Elias Canetti (en castelán hay edicións diversas, mesmo dentro das obras completas; aquí, un comentario abondo crítico co libro) para ter unha comprensión un pouco máis meditada que a miña sobre o que significa unha masa de xente, neste caso, aplicado a unha manifestación. Dende dentro, coido que pode observarse dous conxuntos de cousas diferentes. 
    Un primeiro sería o relacionado coa organización. 'Punteado' das necesidades, distribución das tarefas, tempo límite para facer determinadas cousas, realización de cartelería, procura de apoios económicos, procura de apoios loxísticos, procura de apoios morais e participativo/presenciais, relacións coa prensa (radio, tv, ...), procura da infrastrutura necesaria, petición de permiso para realizar a manifestación, acordos de mínimos entre partes encontradas, resposabilidades de cada persoa do conxunto, etc. É dicir, un mirar introspectivo dentro da organización. E require organización, sobre todo, porque hai si, unha organización en frente coa que un se topa unha vez que decide moverse en temas dicersos, por exemplo, de interese económico. É dicir, detrás dunha manifestación hai algo máis que unha ideas, hai unha determinación de expandila, universalizala. 
    E isa é a segunda parte. Cando se organiza unha manifestación deste tipo, parece que en frente non hai nada senón un poder establecido cunha idea que hai que cambiar. Non obstante, sinxelamente por ser poder establecido (sexa político, económico ou do tipo que sexa), a manifestación atópase cunhas ideas en contra, previas (se non, non sería necesario facela) que levan por elo unha certa ventaxa e que se consideran por parte da poboación como verdades incontrovertidas aínda que non o sexan. Istas 'verdades' non teñen por que ser defendidas de xeito explícito pola xente que as mantén: aí están as entidades por detrás para deixalas caer e que se espallen; as verbas dun mandatario son recollidas e reproducidas unha e mil veces, de xeito que rematan por ser consideradas verdade sen proba, mantidas en abstracto, e o mandatario ou empresario de alto copete, pasa a ser o ostentador da verdade ó que hai que desmontar. É dicir, lóitase así contra un posto e o que significa (o poder que da,mesmo en cousas que non teñen que ver co seu cargo) e contra o que se podería chamar a súa excrecencia, o 'produto' que adquire vida propia. 
    Hai que advertir que non son 'filosofías', senón sinxelas constatacións, ó mellor non moi ben exresadas. O caso é que esas ideas 'verdadeirizadas' crean unha especie de masa no sentido de Canetti, masa que se autocrece e que para facer recuar no seu tamaño resulta difícil se non se lle opón outra masa. É no enfrontamento entre ambas no que se pode lograr o desfacer a masa crítica dunha delas. De aí que as manifestacións con pouca xente sexan contraproducentes, e que se necesiten manifestacións multitudinarias para amosar que a maioría non está de acordo coa idea previa, coa idea do 'poder'. 
    Ben, pero non estabamos en que a grande maioría do pobo se opón á nave? Estimo que si, pero na realidade a grande maioría non fala de xeito audible, por medo a uns ou a outros (por moito que as 'forzas opositoras', precisamente por selo non teñan gran ostentacion de poder); e mentras non sexa un falar audible, é relativamente doado para quen ten o poder da comunicación o instrumentalas dalgún xeito. Aí está que a prensa recollera no seu momento manifestacións individuais en apoio á nave, sen disimular siquera que ditos apoios viñan de xente que ten intereses direitos (por exemplo, como empregados dunha determinada entidade) no tema. 
    Mentras, víume á cabeza unha serie de citas que tiña anotadas. Deixo a continuación algunha tomada dun artigo de Eduardo Galeano, Collar de historias, publicado en Le Monde Diplomatique en agosto de 2008 (citando verbas de Domitila Barrios): 
    'Nuestro enemigo principal no es el imperialismo, ni la burguesía, ni la burocracia. Nuestro enemigo principal es el miedo, y lo llevamos adentro' 'Juntarnos (...) para defender el valor de nuestros derechos. Bien juntos están, aunque de vez en cuando simulen riñas y disputas, los pocos (...) ricos que ejercen la arrogancia sobre todos los demás'. 
    'Al que no sabe, cualquiera lo engaña, y al que no tiene, cualquier lo compra'.

20080821

Galicia son os carballos. Reflexións mínimas ó pe do camiño

Despois dunha longa camiñata polo interior de Galicia, cheguei á conclusión de que o que define Galicia son os carballos. Indo por eses camiños abondo descoidados,moitas veces inutilizados por falta de xente que ó transitar os manteña limpos e listos para o seu uso (Galiza estase a despoboar, por se hai alguén que non o saiba). Camiños que as silveiras tentan invadir acompañadas dos toxos ou ben sendo os fentos os que pretenden impoñerse, e nos que se ven pequenos carballos e tamén castañeiros; pequenos, pero decididos a medrar no medio deses camiños semiabandoados.
Os carballos non falan. A xente, si. En castelán. Saúdo en galego, boas tardes! Resposta en castelán, buenas tardes! E iso, sexa o turista accidental emigrado en Madrid, o seu pai labrego ou a súa irmá, vivindo nun pobo veciño. É certo que xa case é unha frase feita esa contestación, pero non deixa de ser constatada a cada paso.
As casas de aldea xa non son de aldea: están na aldea.. Nótase unha maior capacidade de mercar respecto a hai anos, pero tamén desaparece a capacidade de estar inmersos no entorno en troques de rodeados por el. O de 'vivamos como galegos' do anuncio de Gadis tivo un éxito identitario, pero aproveitando unha semellanza: vivamos 'como se fósemos' galegos, algo que, en certo xeito, xa 'non somos'.

Empañando o ceo

Aínda que onte houbo algunha que outra nova por aquí, en particular de salvamento nas praias, a nova que acompañou a toda España o 40 cabodano da invasión de Checoslovaquia polas tropas do Pacto de Varsovia prodúxose lonxe, pero non en Pequín, senón en Barajas. Un avión, un accidente, 150 mortos. E iso que o comandante do vóo retrocedeu ó aparcamento e fixo revisar os sistemas porque notou algo raro. De pronto, tódalas cadeas de tele e radio se puxeron sobre o tema (mesmo con contradiccións: no esquema dunha cadea o avión saía pola dereita da pista, noutra pola esquerda), incrementado o número demortos a cada parte. Parece que o grave non foi o que se estrelara, poir levantou ata só uns trinta metros, senón que ó caer partiuse en dous e as lapas fixeron pasto do aparello. Nada máis. Morte.

20080820

Diversas novas e un comentario




    Mentras Adeac retirou de xeito temporal a bandeira azul do porto deportivo de Ribadeo a raíz dun acto vandálico (case sempre, nalgún momento, os feitos dependen non das cousas, senón das persoas) e a prensa que eu saiba non volveu dar noticia da súa reposición, mentras a travesía de Augas Santas a Ribadeo en canoa cada ano vai collendo máis protagonismo, mentras novas exposicións diversas fan perder a conta da cantidade delas que hai cada ano en Ribadeo, mentras estamos á espera de Siniestro Total (nunha serie de actos que poderiamos titular como 'e máis música!'), mentras se prepara un novo torneo de fútbol, mentras Ribadeo vai esquecéndose da manifestación con outros temas como os orzamentos (ver a nota de prensa do concello sobre os orzamentos ou a nova da Voz), podemos observar como espectadores un episodio más da guerra polo transporte de Ence. Dende o principio, postulouse Avilés para facer o embarque. O convenio Ence/Feve para que fora Xixón o porto elixido non sentou nada ben, e comezou a polémica. Hoxe a prensa aporta algún dato máis (na realidade, nada novo) que ven ben como lembranza. En resume:
    a) Ence anda en tratos con todos (Xixón, Avilés, Portos de Galicia)
    b) Portos segue polo momento coa tramitación da nave en Ribadeo.
    c) Váise construír unha navede carga/descarga en Xixón para a pasta de papel
    d) Non hai novas sobre o lugar de descarga para a madeira.
    c) Despois de tantas idas e voltas, marear a perdiz, a nivel de decisións finais de Ence, estamos como ó principio: a empresa, como empresa, cala e fai importándolle só os seus intereses, facendo un tipo de política que busca o máximo beneficio.
    Así, mentras, podemos preguntármonos sobre a influencia da manifestación do día 10. Á beira, as fotos actuais da 'lágoa Cascos', restos dunha instalación que recibiu unha pequena manifestación a favor en Rinlo (non tan pequena a escala rinlega) e actos diversos en contra. Cabe lembralo para, de xeito conxunto, lembrar que a súa tramitación pasou pola aprobación da Xunta, por vericuetos da xustiza, de novo pla normativa da xunta, etc, para chegar a un abandono dun terreo que estaba protexido de antemán. A terceira das fotos é unha instalación abandoada, a cetárea maior das que había en Rinlo (a da Punta Corveira), na que se pode xulgar as posibilidades para a súa recuperación como museo (os barracóns á súa beira están en condicións), e que, pode por non moverse moito a xente (por non movérmonos moito), segue en estado de abandono.
    Ben, o dito, a influencia da manifestación do día 10? Dado o xeito como fan as cousas as empresas (e portos de Galicia), dado que xa tiñan que levar en tratos Ence e Feve moito tempo, dada a nova do trato Ence/Feve, dado que Portos mentras non diga 'non', é que segue adiante como tiña previsto, coido que de pronto a maior influencia que tivo a manifestación foi a concienciación da xente no sentido de que a ría é de todos e debe ser coidada tamén para o futuro porque está no noso interese, mentras que as decisións empresariais e relacionadas deben tomarse con moita previsión porque responden a intereses alleos. Por suposto poden tomarse outras consecuencias en conta (e tentarei seguir facéndoo), como que o tema da protesta non seguiu derroteiros ó son dos políticos (a nova da prensa de hoxe volta a insistir no tema de que non asistiu o alcalde a pesares da toma de postura previa), pero o resultado final esta volta aínda está por ver. E é que facer unha manifestación, aínda con éxito, no da seguridade: aí está por exemplo, a outro nivel, a lembranza das manifestacións contra a guerra de Iraq, e España enviou soldados... con cousa do 90% da poboación en contra, segundo dicían as estatísticas. Polo tanto, debemos lembrar de novo o vello dito 'A Deus rogando e co mazo dando'. Non só con presión, senón con política. O malo é a capacidade de facer política da xente do pobo é abondo limitada. De feito, queren limitala a elixir, cada catro anos, entre opcións semellantes (lembra o da proposta das ternas franquistas para ocupar determinados cargos: se non lembro mal, Franco propoñía tres nomes e as Cortes votaban un)

20080819

Un resumo das sinaturas


    Unha vez ratificadas as sinaturas, obtéñense os seguintes datos estatísticos:
    Recollidas en xullo: 36 follas, 436 sinaturas válidas
    Recollidas o día da manifestación: 26 follas, 330 sinaturas válidas
    Total: 62 follas, 766 sinaturas.
    Desglose por localidades:
    164 de fóra da ría (incluídas Meirengos/Ribadeo, Tapia, Barreiros, Madrid ou Pamplona)
    106 de Castropol (Figueiras, Barres, pero non As Campas, por exemplo) e A Veiga (14%)
    496 de Ribadeo, incluídas Vilaselán e Ove (65%)
    De parroquias beireñas da ría: 602 (79%)
    Como comentario, destacar que só o feito de poñer unha mesa máis grande (xunto con algunha folla recobrada ese día despois de ser pasada en Castropol) fixo posible que o día da manifestación se recolleran sinaturas a razón de máis de 5 por minuto.
    É evidente que a recollida de sinaturas pode mellorarse grandemente, quedando un grande número por recoller. Hai que contabilizar que en total a mesa de recollida de sinaturas estivo pouco máis de 3 horas en dous días diferentes. De calquera xeito, tanto o apoio como a concienciación (ver imaxe e ler o texto) aí quedan.

Apoios extra despois da manifestación

    O certo é que o apartado de apoios, despois de telos recibido antes da manifestación, considerábao case pechado. Despois de ver no 'El País' do domingo "Los municipios atacan el plan de puertos deportivos", e na Voz de onte "Ventanas rotas" (aínda que a teoría pode atoparse en moitos lugares), vexo que a Portos lle están a crecer os ananos, como se di por aquí. É dicir, podemos ter participado nun 'efecto avalancha' en contra das decisións de Portos de Galicia que pode facilitar as cousas en contra da construcción da nave no porto de Mirasol. Non hai tanto que cambiou o Presidente de Portos, e podemos estar na antesá doutro cambio semellante. En calquera caso, temos idea polo que sucedeu en Ribadeo dos apoios que ten Portos dentro da estrutura de portos deportivos, e esta oposición é a considerar como un apoio lateral, pero apoio, á manifestación. 
    Certamente, a organización da manifestación tentou (tentamos) a procura de apoios, e así enviáronse invitación para a participación de moitas asociacións, e de xeito aberto, para que fora redifundida. Non obstante, a xente desmotívase con facilidade, e a nova da prensa de días anteriores do acordo entre Ence e Feve foi considerado por moitos como razón para non participar ó considerar que xa non hai dende entón perigo de construcción. As novas de prensa, segundo quen sexa a orixe, poden ter un valor ou outro, unha ou outra influencia, e neste caso, foi unha clara desmotivación. Algo que, doutro xeito, xa se deixara sentir na recollida de sinaturas, o vir xente que mesmo non asinaba por ter por seguro que non se ía construír, o mesmo que ter vido xente que non asinaba por ter seguro que non ía servir para nada por ter tomada xa a decisión de construírse. 
    E é que as novas, na cabeza dos periodistas e nas redaccións, parece que teñen un sentido diferente que no común dos mortais. Por exemplo, cada nova parece necesitar unha cabeza sobresaínte para manterse. Como, se non, pode explicarse que a estrela principal da nova da manifestación en diferentes medios sexa o presidente de Greenpeace, que acudiu de casualidade (atopábase próximo) a dar o seu apoio? Evidentemente, mesmo Adega pode celarse del, xa que ten participado abondo máis (sen ser das asociacións convocantes) e en varios medios quedou só en segundo lugar da nova. 
    Tampouco extrana que os periodistas andiveran á caza de políticos participantes, cando entre as asociacións que foron convocadas non había ningunha organización política, e xa houbo con anterioridade declaracións dos partidos apoiando e a portavocía do alcalde no pleno de maio representando a tódalas forzas municipais. Así, non pode extrañar despois que xurdan 'cousas raras' na análise de resultados (que queda para outra entrada)... 
    Noutra orde de cousas, calquera que se de unha volta estes días polo Xardín de Sela verá que o chamado 'Xardín de Indianos' vai rematándose a paso lento. O resultado a min non me gusta moito, a verdade, como xa deixei de manifesto nalgunha entrada anterior. O campiño que había coido que necesitaba poucos retoques para actualizarse, e así, dubido que non volte a polémica sobre os plans iniciais e o resultado final, con acusacións mutuas de incumprimento de planos e planos defectuosos... sen que dende a cidadanía se poda ter unha visión clara, despois de enterarse pola prensa de calquera dos puntos do proceso, sen ver planos, etc. É dicir, sen a transparencia que moitos creemos debida. Claro que neste mesmo blog teño falado do exiguo número de persoas que se presentaron na dación de contas do alcalde, o que limita as posibildiades de reclamación.

20080818

Unha imaxe, mil palabras



    Seguindo co post de onte, en Foto Miguel vénse tamén estes días fotos aéreas de Ribadeo, da ría e entre elas, unha da ría de Navia. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras (lévase discutido abondo dese tema, pero non é agora o momento), e ver as rías comparadas en foto, á beira unha da outra, é máis impactante que polo sigpac (imaxes á beira das rías de Ribadeo e Navia tomadas á mesma escala, pero recomendo ver alí, no escaparate do comercio a contraposición das rías) ou google earth. Onte a min levoume a cavilar que quizais sería cousa de reclamar, mesmo antes do plan de ordenación para a ría, esbozar a ría que queremos. Levo (levamos uns cantos) anos pedindo que se estableza un obxectivo para Ribadeo (ver 'O Ribadeo que queremos') sen conseguir que se nos faga caso, co resultado de que xa veremos se aínda agora se aproba o PXOM. O caso é que se non hai unha definición previa do 'modelo de ría' que se quere, se non nos poñemos antes de acordo niso, logo virán as presións dunha e outra beira (xeográficas, políticas, económicas) para cada cousa concreta. Por iso non sería mala idea abrir un movemento para ver 'a ría que queremos'.
    Hoxe fun ata Castropol comezando a subir a marea. Sen barca, iso supón unhas cantas brazadas, tentando aproveitar os tesóns, as correntes, ... para gastar a menor enerxía posible. Pero pode facerse sen estar moi en forma, e de paso, pode pensarse na cantidade de area que hai na ría, ou utilizar os sensores da pel e a vista para ver a calidade da auga, a súa turbidez en diferente lugares e horarios, as correntes, o seu sentido, a súa velocidade, o seu arrastre de area, os tesóns, a influencia das mareas, a contaminación (os eczemas que saen na pel), o uso da ría, as motos a velocidade, a actividade do porto, o impacto na paisaxe, os metros que hai que cruzar de menos por o avance da costa polas obras de portos, ... é dicir, da tempo para pensar sobre o terreo (mellor, sobre a auga) en torno da ría dende múltiples aspectos, incluíndo os temporais pasado e futuro. E sobre a manifestación e a nave e os seus efectos (da nave e da mani). Mesmo tamén sobre os veraneantes na ría: á ida, unha soa persoa tomando o sol nos bloques; á volta, dúas 'nativas' bañándose e catro rapaces e rapazas 'veraneantes' na herba. Está visto que pouco a pouco os veraneantes collen costumes antes reservadas ós ribadenses, como o pasarse polos bloques, que en canto a praia non ten moito que facer en relación coas da liña de costa, se non é pola súa proximidade. O que dicía onte, en democracia é lóxico o xogo de dereito/deber, e unha volta que pouco a pouco se integra a xente, non só é lóxico, senón que se ve como unha necesidade o exercicio dos dereitos asociado ó cumprimento das obrigas. Os 'forasteiros' en moitos casos están pasando de 'guiris' e 'clientes' a cidadáns, ó igual que ten sucedido ó longo da historia en toda mistura de pobos. Cos seus rexeitamentos, dos que da sobrada conta a historia, e coas súas avantaxes e inconvintes.
    Estou saíndo da consideración ría/manifestación, pero coido convinte afondar un pouco: Galicia estase a despoboar de nativos. Calcúlase que para os anos 20 a poboación nativa terá diminuído en medio millón de persoas. Sexan madrileños ou dominicanos, de xeito legal ou ilegal, seguirá a vir xente de fóra: necesitarémolos (e mal se non veñen, será que a cousa aquí tampouco vai moi ben). Cada vez serán máis. Ide pensando nas relacións no futuro. E non valen as descualificacións: lembro que hai non demasiado, con 25 anos en Ribadeo, tildouseme de recén chegado. Sono en relación con algunha xente, pero, pódese aplicar o cualificativo? En relación á sociedade ribadense, dubídoo. Levo máis tempo en Ribadeo que ao menos 1/3 da poboación (diría que 1/2 da actual) e a miña labor pensando e traballando en Ribadeo tamen supera unha boa porcentaxe da poboación actual.
    Din que non se é de onde se nace, senón de onde se pace. É un xeito de expresión co que non estou totalmente de acordo, pero que é indicativo. Ése de onde se veranea con asiduidade e se ten posesións e se trata de ir a actos culturais e sociais, e se trata de integrase un? Si/non, ata que punto?
Empecei co tema da manifestación. Continuarei.

20080817

Visitando Ribadeo en fotos

    Remato de pasar por Foto Miguel. As fotos expostas alí lembráronme unha vez máis que teño unha serie de artigos prometidos no blog, e a iso vou. 
    O primeiro, unha precisión sobre números. Durante a marcha da manifestación, alguén (expectador) dixo algo así como 'bo, van tres'. Despois, un comentario que non publicarei asignaba 4 ós participantes da manifestación. Mentras estiven mantendo a pancarta nas escaleiras do concello deume tempo de facer un cálculo que estimo abondo preciso. O múmero ó que cheguei andivo preto das 500 persoas. É dicir, parello ó que dixo a prensa. Valla aclarar que non había as cincocentas persoas cando se saiu de San Roque; sendo máis dificultoso de calcular, estimo a cifra alí nunhas cen menos. Iso da un erro ó das '4 persoas' equivalente ó que tería quen dixera que na manifestación houbo máis de 60.000 persoas: un factor de erro de 125. Sexamos serios. A manifestación, sen ser anonadante, tivo unha resposta respetable, e máis coñecendo a respsota a outras peticións de participación popular en Ribadeo. 
    E de resposta veciñal ou de achegados vai a segunda parte: a conta dunha pancarta da coordinadora de veraneantes e residentes temporais, hai quen pretentede descalificar a asistencia á manifestación. Pois dúas cousas: as fotos que aparecen en Miguel testemuñan que máis ben eran excepción as xentes de fóra de Ribadeo, e non ó revés. Unha volta aclarado o tema, hai que preguntar: é que alguén cree que os veraneantes van vir e deixarse apsar polo forro os seus dereitos? Voltemos de novo e seamos serios: non é o primeiro altercado entre veraneantes e locais por exemplo no supermercado. Haberá nalgúns temas disparidade de opinións e a maioría das veces, acordo. Pero cada vez máis, canto máis integrados esteñan, os veraneantes quererán exercer os seus dereitos. E téñenos. Deixémonos pois de milongas con que eran veraneantes ou locais. Os veraneantes, se veñen para quedarse (é dicir, non de hotel senón con sitio propio onde habitar) van a exercer cada vez máis os seus dereitos. E teño entendido que por exemplo na costa mediterránea as asociacións de maiores extranxeiros forman un auténtico grupo de presión. Polo tanto, non creo que sexa cousa de que xente que non participa ou que procura que os demáis non participen tenten de desprestixiar unha manifestación con eses argumentos. Como anotación á marxe, sería cousa de repensar a participación de 'locais' nas asociacións de veciños, que non están logrando atraer unha cantidade de xente importante polo momento. Como contraste, a porcentaxe de veraneantes participantes na manifestación, si que se fixo notar: está claro que saben e poden organizarse. Benvidos, e esperemos aprender do bo que teñan e rexeitar o que non sexa tan bo. E non vice versa.

20080815

En relación ás autocaravanas en Augas Santas / Catedrais

O concello remata de pasar hai pouco unha nota de prensa sobre a multa de autocaravanas que aparquen en Augas Santas ... esta mañá, ás 10 contei de paso ó lonxe ata 10, e coido que había alomenos outras tantas. Xuntaríanse entre 9 da mañá e 10? dubídoo. E iso que, segundo os xornais de hoxe, o desdobre da ponte dos Santos concluirá en dúas semanas, e polo tanto é de supoñer que aumentará o tráfico. Se calquera xeito en relación a esto último, hai que aclarar que mesmo onte xoves á noite estaban traballando, e o que concluirá en dúas emanas non implica en absluto apertura dos novos carrís da ponte, senón que estará listo para comezar a fase seguinte de amño. É dicir, a finalización das obras, para o outono/inverno...

Recollendo a edición

A partires de agora irei de novo recollendo a edición de entradas, pouco a pouco e vendo algún tema atrasado, como o da manifestación. Pero ise é un tema longo, non para agora mesmo.
Hoxe, en troques, vexo nun mesmo xornal que Mahía restrutura a débeda para asegura a súa actividade inmobiliaria, o que fai despois de pedir varios millóns de euros ó concello polo tema do Costal. E tamén, que Ribadeo multa a cinco empresas con 1M€, algo xa vello que é recollido non na sección da Mariña, senón na parte xeral adicada a Galicia. Coincidencia do recordatorio? Non o sei...

20080811

Revisitando a manifestación

    Ría si, nave non. Despois de realizada, unha manifestación en Ribadeo da para pensar moito nela. En Ribadeo hai unha manifestación como moito ó ano (no que vai da década, coido que van tres), co que cada unha marca unha especie de punto crítico que debera analizarse con certa profundidade. E iso pretendo en base a varias entradas.
    Hoxe, tras avisar sobre o desenvolvemento da temática da manifestación, só deixo unhas cantas ligazóns. 
    A primeira, xa vista no blog, ás fotos.
La Voz de Galicia ... e o previo, no periódico do domngo.
... O progreso de onte (p.5), que o de hoxe será posto en internet mañá.
El País, hoxe.
A información previa de Adega.
En Asturias verde.
Na Cope, previos 1, 2.
La Voz de Asturias de hoxe.
Radiotelevisión del Principado de Asturias, onte.
La nueva España, hoxe.
No Faro de Vigo, un artigo xa vello, pero que se me escapara de referenciar.
El Comercio, hoxe.
Europa Press
Galicia Hoxe/El Correo Gallego, previo.

20080810

Xa foi a manifestación ría si, nave non

    Coido que as fotos poden falar por si soas. Adxunto o enderezo das fotos da manifestación de hoxe mesmo, domingo 10 de agosto en Ribadeo. De calquera xeito, xa hai na rede outras opinións: http://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00228-tres-cuartos-de-hora-de-manifestacion-de-la-plaza-de-s-roque-al-ayuntamiento.html
    Só unha cousa máis: grazas a quenes a fixeron posible, dende organizadores a participantes, pasando tamén por patrocinadores.
...
    O volante da manifestación.

20080809

Apoios para a manifestación

    De novo a salto de mata, unha lembranza para a mani de mañá. Agora é o BNG o que anima (despois do apoio previo), e despois do apoio do PSOE, e de asociacións como a Atalaia ou os Verdes de Asturias.

20080807

Só unha minientrada...

... para lembrar que sigo aquí, aínda que esta tempada non publique. Para quen tamén esteña por aquí, vémonos domingo na manifestación Ría si, nave non.

20080805

Preparando a manifestación: Ría si, nave non



    A salto de mata, con poucas edicións esta tempada, deixo unha entrada gráfica: un dos carteis de propaganda da manifestación, feito por ClipGraf en base a un xa vello debuxo de Suso Peña realizado para o caso do recheo dos anos 90, xunto coa foto da camiseta correspondente serigrafiada (10€ camiseta, serigrafía de agasallo para a manifestación) e un pequeno comentario.
    O caso é que Ence asinou, parece ser, un convenio con feve para sacar a mercadoría por Xixón. É un episodio máis que como mínimo a) non asegura que a nave non se constrúa (de feito, Portos polo momento non dixo absolutamente nada do tema, que eu saiba) e b) manifesta que o porfiar por construír a nave en base a Ence non tiña sentido (un acordo deste tipo non se prepara nuna hora). Sen considerar outras cousas como política, etc.
Polo tanto, a visto coma sempre dende un punto da vista de conservación da ría e non de oposición á nave, que non é máis que un episodio concreto desa loita por conservala, a manifestación terá lugar o domingo 10 ás 12 da mañá, saíndo de S. Roque.