20061130

A sociedade da información en Ribadeo, 2ª parte


A casualidade fixo que onte me tropezara con dúas mostras, unha por parte de cada un dos 'grandes partidos' teóricamente en contra do outro) que van no sentido de aproveitar a informática con fins eleitorais. É dicir, non exactamente no bó sentido que propuña para Ribadeo, senón máis ben en sentido contrario. Nun dos exemplos, ábrese un blog para recadar cartos para Esperanza Aguirre a raíz dunhas declaracións súas onde maís ou menos dicía que lle costaba chegar a fin de mes (parece que gana un 8000 mensuais). No segundo, chegoume unha presentación na que emprega os argumentos de cesión de impostos a Cataluña para tentar de facer boicot ós cataláns. Ámbolosdous son enxeñosos, e a base que empregan coido que é verídica. O que se constrúe encima é propaganda á contra, destrutiva, non construtiva... como preferir, prefiro construír, aínda que sexa en boa parte a base de aproveitar cousas previas que sairían en parte destruídas. Non poño ligazóns para ver os exemplos, pero se alguén quere velos, pásolle ligazón e presentación.
Onte confirmoume José Mª Rodríguez que a foto da p. 61 do libro de Suso Peña corresponde a unha árbore nas Aceas que fai de sitio de acollida para aves, que tentamos fotografar e así o fixemos, pero nesta época non van: é a árbore que aparece na imaxe como máis saínte sobre as Aceas, fotografada dende a zona do muo cara á ría. Esperemos que non perigue polo tema no candeleiro estes días do paseo ata as Aceas, algo que veu sumarse ó que corresponde ó castro das Grobas.
De repaso do ano pasado por estas datas, 'de novo en agosto'. Tamén pode vers, do ano pasado, de hoxe e de moitos anos atrás, posteada por Mariano Grueiro unha foto atemporal.

20061129

A sociedade da información en Ribadeo


Din os expertos que en España estamos retrasados nesto da sociedade da información. Despois de facer onte un repaso de novas en relación a Ribadeo noutros blog, ocórreseme que un síntoma dese retraso é que ata agora non aparecera ningún blog de partido de cara ás próximas municipais. Nas presidenciais dos EEUU xa tiveron repercusión non nas últimas, senón nas anteriores, e incrementous de xeito natural nas últimas. Por eso, como medio de información, non viría mal que os partidos comezaran a tomar en consideración o uso do blog. a un blog dun partido coido que non lle sería dificultoso (sen facer trampas na contabilidade como fai algún por aí) acadar unha taxa diaria de visitas maior ca que ten este blog, e que coa redifusión boca a boca pode chegar ben ata unha cantidade de xente superior á necesaria para obter un postos no pleno. Pode argumentarse ademáis aquelo de 'quen da primeiro, da duas voltas'. E cónstame que polo menos nalgún partido teñen xente para facelo.
Outra cousa sería a calidade dos blog correspondentes. Está claro que cando falo de que os partidos poden ter blogs, tamén é posible que os usen para atacar ó contrario en troques de aportar o seu, por exemplo, e eso sería unha continuación perversa da política actual por outros medios, cando o convinte, baixo o meu punto de vista, sería unha política máis aberta, comunicativa e que contara cos veciños, pois para algo se poden deixar comentarios (moderados ou non) nos blog: para aportar novas ideas. E está claro ademáis que o seu uso tamén ten algo de pescadilla que se morde a cola: mentras non se comezan a usar nun sentido, non teñn usuarios, que ademáis provocan un mior uso nese mesmo sentido...
Non sei se deixei claras as ideas que quería, pero en fin, o tempo dirá, e si teño claro que a medio plazo aparecerán blogs de contido estritamente ou maioritariamente político.
A foto, as aceas con marea mediaada. Unha foto parella descubrina onte no libro de Suso Peña.

20061128

Na lembranza de Hernán


Recuperando cousas sobre Hernán, a letura dun post de Mariano lembroume un artigo me que saiu no libro das festas do 2001. Escaneeino (pp.11,13,15 e 17) e aqui vai, á falta de pasar ó Arquivo Dixital Hernán Naval. A lembrar, coma sempre, que clicando na imaxe consíguese vela soa e logo, de máis tamaño. E outra cousa neste cuarto post de hoxe: os erros de imprenta saen tamén no escaneado: así saiu o artigo, igual que outros no mesmo libro das festas 2001


Repasando os blog ribadenses (...e hoxe van 3)

Un resumo para a xente sen tempo:
O seu título podería ser 'xogando coas vontades e os cartos dos demáis'.
Neste caso, 'o significado do humano'
O primeiro aviso sobre o tema do paseo costeiro que aogra a plataforma remata de lanzar á palestra
Máis sobre o castro das Grobas, que non deixa de estar no candeleiro
No blog de Mariano hai moitas cousas, moitos datos, referidos a Galicia enteira e a novas construccións dialécticas e de deseño
A coordinadora da defensa do litoral ten varias cousas a ler sobre o tema. Podes comezar por aquí
Cambiando de tema, un cartel adicado a Hernán Naval en terras 'lonxanas'
Outra entrada que pode sorprender dun blog onde se pode atopar de todo (no bó sentido)
Hai máis, (ver por exemplo para cousas relacionadas con tecnoloxía)pero centrados en Ribadeo, non tantos.

Un pequeno aviso sobre educación

Reproduzo no blog FQ en Ribadeo unha carta pequena sobre educación e televisión, para quen esteña interesado.

Perspectivas (electorais en Ribadeo, por exemplo)


A seis meses das leccións, se me piden facer un pouco de prospectiva, téñoo claro: 4,4,4 e 1. O un, para o independente. Os outros 4, repartidos por orde de votos, para PP, BNG e PSOE: o PP segue a perder votos, unha volta perdido o 'efecto poder', mentres vexo ó PSOE sen creto para capitalizar o mesmo efecto e cunha visible división entre cabeza de candidatura e o resto. Por outra parte, estranaríame un pacto en tre PP e PSOE, mentras que calquera dos outros (PP-BNG e BNG-PSOE) é posible. De calquera xeito, de aquí a medio ano...
Algo afectarán no anterior tamén as cuestións ambientais (lembro que o alcalde leva/non leva o tema de medio ambiente dende hai tempo), e xa non só é O Tesón quen ten dúbida sobre o paseo ata as aceas, pois xa se sumou, con nota de prensa, a Plataforma, e pide o estudo ambiental e di que pode haber cuestións obscuras qeu o alcalde debe aclarar. A cousa é: unha aclaración por parte da alcaldía? que teña sorte, pois xa o di hoxe o alcalde: 'É imposible xestionar máis e mellor que este goberno municipal'. Díxoo el e chega. A imposibilidade de superar a deus ex-alcalde. 'É palpable a recuperación do orgullo de ser de Ribadeo e de vivir en Ribadeo'. Estou tan orgulloso de vivir en ribadeo como de ser cidadán do mundo: entre todos imos tirando adiante, pero estou tan orgulloso (+/-) da labor de Balbino como da de Bush, e potenciaron tanto o meu orgullo unha como a outra.
Por algo será que Fernando Suárez fala de que o PXOM parouno o sentidiño común.
A foto ... unha mostra de que aínda se pode ver Castropol. E, hai un ano, lembraba un artigo de agosto.

20061127

Mandoume un amigo

este enderezo. gracias... e gracias a Deus!

"Expertos galegos e lusos falarán do tirón turístico da arqueoloxía"


É unha nova do paquete, de aquí á beria, da capital de provincia que corresponde a Ribadeo. E aquí andamos ás voltas co castro das Grobas... que se unhas horas dunha das brigadas de limpeza van ser adicadas a limpalo de maleza... Pero que atrasadiños estamos! Deixa que se entere o alcalde e/ou o dinamizador turístico, e xa estará amañado. Non si? Desta esperemos que o do castro saia adiante.
Mentres que por aquí á beira se fan 'críticas ó uso político do urbanismo' por parte da Xunta, na prensa a nivel nacional onte aparecían os comentarios (por parte dun alto cargo do ministerio) da Xunta como exemplo a seguir no tema dos 500m (que comezou en Cataluña, polo que parece) a impoñer na beira litoral sen construción, e tamén un artigo no que a falta de mellor palabro admitido para o mal do tempo capitalista, indutor e corruptor de políticos e empresarios, con grande incidencia no mundo do urbanismo / construción, propón unha vella palabra: chamádeo 'cobiza'. Para pensar este luns.
Hai un ano publiquei no blog 'Achégase o Nadal', pero este ano non hai neve aínda nas montañas. e tamén, 'quen manda aquí? (en resposta a unha acusación), continuación que xa avisei o outro día dunha polémica co alcalde.

20061126

As nosas citas de cada día, dánolas hoxe...

Parafraseando 'o noso pan de cada día, ...', ás veces parece tan necesario para a persoa atoparse con novas ideas (ou vellas ideas expresadas dun novo xeito) como comer. Aí van algunhas que me atopei hoxe, a persoa citada e a entrevista ou artigo:
"Eu vexo que a tentación da política non é tanto mentir canto aburrir, ata que se produce o desinterese" Amelia Valcárcel, unha 'filósofa en combate'. Parece algo do que tenta pasar en Ribadeo a pouco que se despiste a xente, e aquí é doado ese despiste.
"En democracia o poder político é relativo. Ten uns límites e só se volta ilimitado cando a propia sociedade réndese e entrégase." "... pois non temos comunicacións. As que concetan a outros puntos da península e Europa fóronnos negadas polos sucesivos gobernos dende os anos 80 e seguimos a esperalas, '...' Nin siquiera é nosa a a única arteria que une as cidades da fachada atlántica, privatizada dun xeito indefendible, pagámola moi cara. Parece que teñamos algún pecado orixinal os galegos e que merezamos pagalo. O noso pecado, a submisión, sen dúbida" Suso de Toro, "A perna trabada, o brazo atado". A primeira parte e o último parágrafo ten xa saído no blog dalgún xeito. A segunda parte, comparala coa seguinte, aparecida cunha spoucas páxinas de diferencia:
"Galicia deixa de ser periférica. agora ten unha magnífica infraestrutura portuaria, unha rede viaria moderna, e só o atraso do ferrocarril" José Luis Méndez (Dir. Xeral Caixa Galicia)

Confusión en Ribadeo



E moita. E non se trata da confusión, noitre tras noite, que produce a música alta xa cando te deitas e despertar ás tantas da noite sabendo incumprimentos varios nos locais que coproducen a movida (no meu caso). Non, refírome a cousas como os cartos. Coinciden hoxe en titulares que a variante oeste leva un ano de retraso (pode que o que lle prometeron ó alcalde ó virar a chaqueta co tema do recheo en Mirasol) polo momento, mentras se prometen novos prazos, con que se consigan millóns de euros en Madrid para un ascensor que parece ser algo así como a panacea para que a xente non baixe en coche ó peirao, abusando da locomoción a combustión interna... eso sí, despois de construír o correspondente aparcamento nun recheo que no seu día foi protestado. E é que, despois de séculos, o proxecto do ascensor ven solucionar unha molestia, a de baixar ó peirao a pé. A min ségueme a mosquear que o subvencione Medio Ambiente.
Logo hai outras cousas que parecen para despistar. A medalla á coral vése deslucida en medio desta maraña, na que por exemplo, critícase o apoio do alcalde ós 500m cos mesmos argumentos que empreguei eu: é unha nova virachaqueta tras defender vinte urbanizacións, ou Fernando Suárez se defende de queixa veciñais alegando que está detrás o PP e coido que esquecendo a pregunta de se son ou non lexítimas, ou aprovéitase o fin do Leader para dicir que se fixeron moitas cousas e obviando un estudo do seu rendemento, os problemas ou a posibilidade de continuidade. Esquécese así tamén que unha proposta miña ó alcalde correspondente por aló finais dos anos 80 deixouse no esquecemento e hoxe Viveiro e Foz teñen aulas universitarias (o que en principio merma a posibilidade de que Ribadeo as teña en breve), mentras en Ribadeo estamos atendendo á construcción dun ascensor para fomentar o colesterol en turistas e veciños.
As fotos, a previa dunha mellora que se pretende facer na Avda. de Galicia, que comprende o poñer 'decente' algo que foi deixado dun xeito 'indecente' como se pode ver. O outro, a casa do óptico co azul que loce esta tempada, e que será sempre un referente de Ribadeo e da arquitectura indiana na zona.

20061125

A río revolto...


De novo, un destes días de novas densas, aínda que nos titulares non o parezan. Resulta que un estudo de industria afirma que a comarca ten como punto débil a presión urbanística. Evidentemente, non é titular, xa o sabemos case todos,excepto algún alcalde, outros alcaldes que unhas veces din unha cousa e outras outra, e algúns outros con intereses diversos no tema. Afirma asemade que Ribadeo debe apostar polo golf, os picadeiros e as casas de indianos. O golf, porque aquí (aínda) hai auga, aínda que a súa calidade non se cuide moito. E porque non se comezou co tema. Habería que discutir máis, pero o certo é que como non comezamos co dos campos de golf, ter algún é lóxico apoialo. Respecto dos picadeiros de cabalos, aínda teño na cabeza que algún que pediu cartos ó Leader para implantarse, coido que anos despois está parado porque os cartos non chegaron (o motivo?). E en canto ás casas de indianos, a cousa leva tempo comentándose, pero a este paso aínda vai pasar como co polígono industrial: farase, pero non se sabe cando se rematará.
E seguimos: medalla para a coral polifónica de Ribadeo, a primeira que concede o concello, nun pleno extraordinario do que me entero a auga pasada pola prensa. Pois paréceme ben, pero coido que se podería facer mellor coa participación cidadá por varias razóns, o mesmo que piden veciños de Couxela (onte dicía a radio 60, hoxe a prensa 70) que asinaron unha carta contra o talante antidemocrático do BNG porque lles vai facer melloras, pero polo que parece, sen contar con eles. Conste que non protestan polas melloras, senón pola versión moderna daqueles ditos tan Luis XIV de Francia, 'O estado, son eu' e 'todo para o pobo (pero sen o pobo)'. Non coñezo o tema que expoñen os de Couxela, pero parece certo que o talante dos tres partidos que están agora mesmo no consistorio vai por aí. Do bloque, a segunda nova que teño en pouco tempo (a outra, do mesmo estilo no mesmo mercado ribadense). Do PSOE, aí están as actuacións, e por se fora pouco, aquelo de 'eu fago o que me sae dos collóns'. E do PP, despois de oito anos, pasa a oposición e no último pleno ó que fun, comenta dun xeito para min incomprensible e gratuíto máis ben contra os veciños por propoñer nomes para rúas en Ribadeo e Rinlo, en troques de aproveitar para enviar o tiro contra o goberno por teren os veciños máis iniciativa, que lle tería saído gratis.
A foto, dun recuncho bonito de Ribadeo, na rúa Villafranca del Bierzo (chamada así de cando se pretendía que o ferrocarril mineiro chegara ata aló, hai un século), nun lateral da Farmacia de Cid.
Hai un ano, tamén se achegaba o nadal a Ribadeo. Non sei se estaría a carpa a medio montar como o está este ano (só a estrutura, pero xa pisando por riba dos xardíns do parque), nunha zona que pronto sufrirá (ou desfrutará, non podo xulgar porque non coñezo moito o proxecto) unha remodelación.

20061124

Ollando para Burela


A nova de que en Burela está a constituírse unha asociación de pubs non causa sorpresa. Aquí xa funcionan a través da ACIA, se ben non é o mesmo. Tampouco é sorprendendente que queiran promocionar a noite: a extensión do negocio é algo que todo colectivo empresarial quere, buscando maximizar a ganancia. Cáusame algo máis de sorpresa que se poña como condición alguén na porta para vixiar os vasos que entran e saen: aínda que non saíu na prensa (que eu saiba), en Ribadeo tamén houbo 'portas' nalgúns locais, con función mixta ás veces, de vixiancia outras (non me costa que fóra só para vixiar o tema dos vasos, que tamén foron controlados nalgún local algún tempo). Non me causa sorpresa pois porque os haxa, senón porque sexa obrigado (eso dí o xornal) para estar na asociación e pola definición expresa de función de contról de vasos, que non entendín moi ben. Sobre os ruídos, non di nada. en troques, si aparece o de 'contar no concello'. Aquí non lles fai falta: xa contan, como se pode ver en moitas declaracións e, sobre todo, actuacións.
Asi, de novo, parece que os empresarios se adianten ó concello, esta volta fóra de Ribadeo. Para mín a cousa está en saber se o fan dun xeito natural (son os que están máis no allo) ou se adiantan sinxelamente porque o concello dun xeito ou outro pasa do tema (estilo Ribadeo). Os resultados poden ser moi diferentes porque será diferente a orientación: a diferenza básica entre crear negocio coas menos complicacións posibles ou procurar insertar un negocio de xeito que creza harmónicamente na sociedade.
Hai un ano, falaba da capela da Virxen do Camiño, no xardín, da súa necesidade de pintura e da posibilidade do seu suo turístico. Polo momento, a cousa segue peor.

20061123

Pero bueno...! ou virando chaquetas en Ribadeo


Agora resulta que a costa en Ribadeo xa está protexida (o sr. alcalde dixit), cando, por poñr un exemplo, anda con dúas piscifactorías a voltas, e non na zona dos 500m que pensan permitir (ó que parece, se non é un dos 'globos sonda' que a política nacional consagrou no mandato pasado) senón na actual moito máis reducida. Xa non se sabe se o que dí é ter cara, ter espalda, un erro de percepción ou sinxelamente que un non sabe en que mundo vive.
E seguen as novas de Ribadeo: Fomento (o ministerio) vai reparar a carretera do monte que antes fastidiou coa obra da circunvalación. Se é unha nova, é porque polo que parece, en Ribadeo cousas así non son comúns. Senón, non sería nova.
Unha viaxe do alcalde a Madrid: o do ascensor da atalaia, con ampliacións de mellora diversa, como unha oficina de turismo á beira do mar (suponse que non lle afectan ó 500m, polo menos ó alcalde) fai que o orzamento se dispare por riba dos 2M€. De aí que teña dito nos plenos "será por dinero!". Evidentemente, non o considera moito.
Unha boa nova: parece que xa se pode convocar a licitación das obras do polígono... non é sen tempo, pero Balbino dixo que estaría xa feito este ano, e deso, nada.
... E dando un repaso ás novas de hoxe, que son moitas: algo máis que fume? pouco máis. Revisa e dimo...
A foto, da fábrica de xeo coa antiga torre do curatel detrás: o mazacote novo deixando reducido á mínimo espazo ó vello torreón. Algún día usarase para algo a fábrica (por exemplo, museo industrial) ou se derribará?
Hai un ano, tres entradas: un capricho, unha pregunta sobre bandas rugosas e Quen manda aquí?, artigo que tras aparecer en La Comarca provocou que Balbino contestara no mesmo semanario con outro no que me chama algo así como doce veces mentiroso, dende o título á última frase... e que provocou secuelas miñas e del, ata que el calou. Claro que eu non podo demostrar que recibiu o célebre fax, do que me enterei por ADEGA e a quen logo, pedíndolle demostración, ma deu incompleta. Todo hai que dicilo. Pero a ver como se di.

20061122

Cuarta de hoxe: outro cartel de música en Ribadeo



... e comentario parello. Os datos están no mesmo díptico. O que non quita que volte en outro momento sobre o tema con mais tempo.

Un díptico que non puxen



Atopi este díptico da pasada fin de semana, do concerto 'máis perto de ti' polas parroquias de Ribadeo, neste caso en Arante (a hora foi ás 9 pasadas, non como aparecá nos anuncios) Xa é tarde para un comentario (pode que Fuji, por exemplo, o faga), polo que vai así, o díptico nú. Por certo, lembro que para velo mellor, pulsar sobre el, e logo, cando esteña soa a imaxe na pantalla, voltar pulsar...

Competencias do concello


Remato de ver que en Burela o alcalde terá unha xuntanza cos locais da movida nouturna, entre outras cousas, polos horarios. Resulta que en Ribadeo o concello rexeita que ese tema sexa cousa súa e por eso non o trata. Asemade, a Guardia Civil non intervén de xeito sistemático ata ben despois da hora na que teñen que deixar de ter música, e a normativa incúmprese, segue a incumprirse. Ribadeo, territoro sen lei, que dirían no lonxano (en espazo, pero tamén en tempo) oeste. Para reflexionar e filosofar, pois está visto que no concello tampouco se fai eso (senón actuaría doutro xeito, neste tema e noutros moitos).
Para desviar a atención, a foto dunha porta coñecida en Ribadeo, a que dá ó patín e á casa da cultura, a que limita cunha casa da xuventude que é de supoñer que se inaugurará nas eleccións despois de anos construída, pero que aprece plácida de non ser o do golpe de estado que ten escrito á beira...

As manchas do litoral galego corresponden ao 'Prestige' (traducido co 'opentrad e logo corrixido)

Sacado de yahoo!, traducido con opentrad, catro anos despois, ... e ningunha sorpresa (sen corrixir a traducción):

As manchas do litoral galego corresponden ao 'Prestige'

MADRID (Reuters) - O Instituto Español de Oceanografía, dependente do Goberno, confirmou o martes que as manchas de fuel detectadas nas últimas semanas no litoral galego corresponden ao 'Prestige', o carguero afundido en 2002 a uns 200 quilómetros de Galicia.

Logo dun mes de estudo na zona por parte de distintos organismos, o Instituto confirmou o dato e dixo que intensificará a vixilancia e seguimiento na zona do hundimiento.

"As manchas e irisaciones
de fuel que se viñeron detectando na zona onde está afundido o Prestige proceden do pecio, pero os científicos estiman que non terán consecuencias para o ecosistema mariño pola súa escasa dimensión e a lejanía da costa", dixo o comunicado.

Trala extracción do 95 por cento do fuel que contiña o buque en 2004, quedaron na popa 700 toneladas que non puideron ser extraídas por dificultades técnicas.

Os restos do 'Prestige', cuxo hundimiento orixinou unha das peores catástrofes ecolóxicas en España ao anegar de combustible a costa atlántica e cantábrica, atópanse a case 4.000 metros de profundidade.

20061121

Construcción: cita contra a política e cita contra os convenios en Ribadeo... e xa van catro entrada hoxe

"El feísmo urbanístico no lo hacen los constructores, sino quienes legislan", verbas que hoxe un periódico lle atribúe a Xesús Irigoyen e que me costa creer que o dixera. É o presidente dos construtores en Ribadeo e a idea que teño del é que unha persoa dialogante e con ideas de fiar. Por eso, dicir que son os lexisladores os que fan o feísmo paréceme algo impropio del; que me costa traballo creelo, vamos. Algo que me fai lembrar un longo artigo aparecido nun xornal (El País, sección Domingo, p.2) o 29 de outubro, no que, entre outros opinantes e temas, o catedrático de política Manuel Villoria afirmaba que os convenios urbanísticos son nun niño de corrupción. No PXOM de Ribadeo ían propostos nada máis que 20. Non sei se voltarán, porque como non se sabe nada e o alcalde pode ser impredicible... voltarán?

O sentido de humanizar Ribadeo e o castro das Grobas

Remato de ler un post que da outro sentido á palabra humanizar, un sentido máis humano do que se está a empregar en Ribadeo co tema das obras. E outro que fala de novo do camiño ó castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo, que non está de máis o saber para non esquecer a existencia dunha base histórica, cultural e posiblemente tamén turística (non agora) do noso pobo ribadense.

A segunda de hoxe, 'a segunda na fronte' ...

Remato de comprobar que a entrada anterior estaba ben e decateime de algo que non puxen o outro día: na foto que aparece na entrada do camiño en Ribadeo pódese apreciar que non só se está a abrir un garaxe no muro, senón que pola parte de abaixo, de xeito recente, tirouse máis muro...

Carezo de obxectividade para con Bush. Todas e cada unha das súas políticas dánme medo

A cita é de Al Gore, 'o home que poido ser presidente dos EEUU' e que era e segue a ser, cada vez máis, un cruzado do medio ambiente. Cambia o nome (mesmo sen cambialo...) e case podo subscribir algo polo estilo.
Unha entrevista que lle fixeron nun xornal xa vello (do día 5) fíxome pensar na especialización dos países como trampa, a modo das 'repúblicas bananeras'. Somos unha 'república construtora'?

20061120

Catro palabras en tono distendido entre dous días de traballo: Corolario de Antonio ó Principio de Peter

"Para chegar ó máis alto hai que partir de algún lugar por riba do propio nivel de incompetencia". e doado deducilo do chamado Principio de Peter, que saíu á luz xa hai uns vinte anos, que di máis ou menos: "Toda persoa sube dentro das organizacións ata o seu nivel de incompetencia".
dedúcese que se chegas ó alto é que non te atopaches o teu nivel de incompetencia, logo a) ou non o tes, e serías perfecto, ou b) xa o deixaches atrás cando te incorporaches á organización.
Un comentario máis: organización pode sr igual á empresa, pero tamén asociación ou estrutura política. Corolario: como os que teñen unha herdanza previa (chámese nome, capital, familia, etc) non soen comezar pola base, son os que chegan á cima...
Non é para tomar en serio, pero é para pensar.

20061119

Manuel Rivas, as Pontes, medio ambiente...

Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: 'Si son mafias, a súa primeira consigna é sempre que a mafia non existe'. Eso aparece no semanal. No diario aparece a planta de Endesa en As Pontes como a maior contaminante de Europa. E lembro que o é dende hai décadas. E quedo ledo pola nova: non polo que significa, senón porque se lembre e a ver se algún día deixa de ser a campeona. E lembro un amigo que leva dicíndoo tanto tempo case como o que leva tendo uso de razón. E outro que participou na construcción da cheminea, colgado no andamio, e hoxe pode facer algo polo medio ambiente. A eles tamén lles chegará esta entrada.

Un novo camiño que pasa tamén por Ribadeo



Non me refiro á autovía: parece que agora o camiño de Santiago pasa pola rúa San Miguel, polo menos a efectos de subvencións. De cando o fixen a pé lembro cousas que chocan, pois voltouse un camiño moi acomodaticio. e non hai vez que saque o tema que un amigo me diga que lembra cando chegou a Melide e viu postes indicadores nunca postos e que deberían indicar que o camiño norte se xunta co francés despois desa vila, pero que o comercio tivo influenciza abondo como para variar uns cantos quilómetros o trazado. En fin, subvencións para rehabilitar fachadas no camiño norte. Ó dicilo agora decátome: só fachada.
Onte tivo lugar unha reunión da mesa de asociacións. De aquí a un mes falaremos máis dunha volta do tema. Polo momento, só dar novas de que a mesa de asociacións, xuntanza de asociacións veciñais de Ribadeo que ven existindo dende hai dous anos, segue viva tentanto que os cidadáns de Ribadeo sexan ouvidos nos sitios que se decide alomenos ó mesmo nivel que a xente que pola súa influencia ou cartos pode ter algún tipo de 'acceso direito'.
As fotos, de onte, a auga saltando sobre unha rocha cara ó faro e unha fachada no muro que se vería dende a rúa afectada polas subvencións do camiño e que foi a que o alcalde, aló a comezos de ano declarou que recuperaría o seu muro (ver esta entrada en Ribadeo, ribadeando).

20061118

Visións dun mundo mellor co fondo do Ribadeo actual






Collo un retazo pequeno dun correo electrónico que me chegou onte: "Só
son alguén que quere axudar a que o mundo (Galicia) sexa
un pouco mellor se iso é posible :-)". Corresponde a alguén con que teño trato dende hai máis de ous anos e que me te amosado que é boa persoa. Sei del polos seus actos, pero non teño idea do seu nome, profesión, idade ,sexo, ... e lembreime de aquelo (coido que aparece como citado na biblia por Xesús, pero ben podería ser orixinado cando a reforma luterana) que di 'polas súas obras os coñeceredes'. Mirando ás fotos, podería pensarse que os ribadenses somos bós (... como se nós foramos os autores da ría de ribadeo) ou bós peixes (as fotos da ría...), pero de tódolos xeitos, pode caber a esperanza que que o mundo pode ir ben.
Un comentario tecnolóxico para un sorriso irónico: no SIMO presentouse o novo windows, que estará por aquí a comezos de ano. Pois se se quer acceder direitamente dende unha máquina que o teña instalado a un sitio web da competencia de Microsoft, como Apple, aparece por defecto unha lenda: 'este sitio ten contido non apto para menores'. Cada volta son máis partidario, con máis razóns, do software libre e colaborativo.
Esquecíaseme. As fotos, todas de hoxe, por orde, a Punta da Cruz, na beira oriental da ría de Ribadeo; luz da mañá sobre os tellados da zona do patín; a ría co porto deportivo de Ribadeo, Castropol e a Liñeira; oleaxe na illa Pancha, beira occidental da ría de Ribadeo no encontro co Cantábrico, e luces e sombras sobre a ría.

20061117

O día despois




Aí van o par de fotos do día despois: a novo edificio xa 'cáseque' listo e habitable; se non habitable, co volume final. e o comezo das obras de humanización no mercado, dende dous puntos de vista parellos, un deles sen as luces do camión...
Hai novidades nos blog de ribadeo. Aquí tedes algunha (hai máis no mesmo blog). Aquí, unha curta. E aquí, unha lembranza de que aínda que o medio ambiente non vaia ben en Ribadeo, hai sitios onde vai peor (o que non é un consolo). Por último, por aquí un pequeno batiburrillo ...
Esta semana non me sinto mois inspirado, despois do luns no pleno. Por certo, ... como xa está entregado, aí vai, asinado por min como secretario de O Tesón e asinante das preguntas anteriores, feitas ó pleno:
1.As abreviaturas P.A. ó cabo da miña sinatura no documento de preguntas, citadas por vde. no pleno como 'por autorización', corresponden a 'por ausencia', xa que ditas preguntas son aprobadas pola directiva e asinadas polo presidente só en razón de representación.
2.En relación á aclaración solicitada sobre a substitución de muralla por muro fino, remítome á noticia primeira que tiven do tema, unhas declaracións súas que pode atopar, con foto incluída, por exemplo en:
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4558074&lnk=RIBADEO,MURALLA,2006,120
declaracións que non se corresponden coa situación actual da obra executada, como pode Vde. verificar, persoalmente, visitando o lugar.
3.Engado que a petición de información sobre a primeira das obras citadas ven dada polo evidente retraso de execución de sentencia, que quedou explicado pero non xustificado, mentras que na segunda, o estado actual do edificio citado fai dudar fortemente da parada real das obras, pois moita xente afirma que as obras continuaron a facerse no piso ilegal, a pesar de estar detida, e se revisa Vde. o Libro de Entradas pode atopar informes da policía de conforme no seu momento se seguiu traballando no derradeiro piso do inmoble.
4.En canto á segunda das preguntas, só foi contestada na parte de responsabilidade, pero non no tocante ó resto do solicitado.

20061116

O ruído do exterior como pretexto para pasar do de Ribadeo



Mentras en Ribadeo o pleno do luns segue a dar titulares, atopámonos conque o alcalde celebrou un pleno sorpresa a continuación do primeiro o mesmo luns, sen público e coa finalidade de adquirir os terreos de ERSA para un aparcamento a baixo prezo, recalificalos e construír, despois de procurar os correspondentes permisos en Santiago. Algo así como a mafia da construcción no mesmo concello. De calquera xeito, paŕeceme peor que o pelotazo urbanístico o que se diga que o pleno xa rematou e se pida ós concelleiros que queden mentres a xente que está de espectadora abandoa a sala. Eso xa non é secretismo, é ocultación intencionada. Por outra beira, xa non me causa sorpresa despois de ver as actuacións do alcalde no concello.
De calquera xeito, o título vai por outo sitio. En Vigo, unha persoa maior (setenta anos), hastiada da movida e os efectos sobre o seu negocio e sobre si mesma, tirou á rúa unha bombona de butano. Non pasou nada, pero lóxiamente, armouse, e agora está a ser o xuízo. Normal que haxa xuízo: non se pode permitir. Pero comprensible que a tirara: o dano da movida é difícil comprender dende fóra, cando non se sufre. E mentras vai a xuízo, a movida seguiu e produxo hai pouco un morto.
As fotos, dun edificio que está a comezar no xardín. Un día destes estará rematado. E da biblioteca pública da Veiga polo interior, un edificio que a min sempre me chamou a atención e que abrangue asemade o auditorio. Unha escaleira de caracol illada no centro e algo móbil da acceso a un primeiro piso con pasillo en galería interna, e de aí, por escaleiras normais a un segundo piso coa zona central de viro (polo que se camiña) e ó terceiro piso, un baixocuberta que se ve na imaxe.

20061115

Titulares sobre Ribadeo

Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema:
"Vacas pide ayuda al juez para derribar el exceso de altura de un edificio". Elocuente, cando foi o xuiz quen llo remitiu a el.
"Dudas sobre el cumplimiento del decreto que obliga a restituir una parte del viejo murallón". O mesmo, cando dixo no pleno que lle aclararan de que se trataba (ver dúas entradas antes e tamén esta nova). Completa o titular cun primeiro párrafo que coincide na redacción da miña nota cara ó alcalde para 'aclaración': "A finales de febrero Pérez Vacas firmó un decreto ordenando la restitución, de forma inmediata y con el mismo material, del exceso del murallón del casco viejo derribado al hacer un garaje"
"El alcalde dice que la obra de Coto en A Lodeira sigue paralizada por el Concello" é o titular, ó que se axusta despois: "Una de las claves de este asunto podría estar en que las obras sólo se habrían detenido en la tercera planta, la ilegal, mientras prosiguen en las otras dos." É dicir, de paralización, nada.
Tamén aparece un tema que non puxen en relación ó pleno: a autovía e a circunvalación van ben. a circunvalación rematará antes de fin de ano. A autovía, no tramo de Ribadeo a Barreiros, en marzo. Cun pequeno axuste: semana arriba, semana abaixo.
Non me lembro ben se se escribía Pinocho ou Pinocchio, estou en dúbida mesmo de se existiu un conto con tal nome que poda ser aplicable a este caso. Ogallá non sexa aplicable, aínda que as sinais parecen evidentes.
Por certo, hoxe é o último mércores nun tempo no que se fai o mercado coa distribución de postos normal en Ribadeo. Dous meses é a previsión.
Un titular alleo a Ribadeo especifica que "El paro amenaza a los investigadores que han cumplido el plan contra la 'fuga de cerebros'". Cando se cumple cos plans, pasan estas cousas. Se non se cumprira, é posible que outro galo cantara: experiencia collida en Ribadeo, aplicable a unha nova a nivel nacional.

20061114

Ribadeo, de obras

Xa comezan. De novo en obras, esta volta, para humanizar a rúa Doutor Moreda (rúa leste do mercado), con desprazamento de postos do mercado mercolediano. Haberá que sacar unhas fotos para comparar: testemuña viva polo momento.
... despois das dúas entradas de onte, unha coa carga dun pleno, hoxe, unha curta.

20061113

Retazos dun pleno no Concello de Ribadeo (2ª de hoxe)

O normal é que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns aínda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiación de terreos para facer un paseo marítimo e recuperación dunha acea e un muíño de regato en Zona de especial Proteccón de Aves (supoño que máis adiante no tempo falaremos algo do tema). Pero o que deu máis de si esta volta foron as preguntas do apartado de rogos e preguntas. A prosa do alcalde deu para moito cubrindo unha falta de datos que en retospectiva aprece alarmante. E que deu lugar para que a oposición o acusara de xeito repetido de que o papel de contestación estaba confeccionado por un asesor do alcalde. Quen? Parece que a oposición o tiña moi craro, e se é certo, algo tan longo como foi, falando sen dicir nada (ou moi pouco), en galego, co estilo que tiña, coido que non o fan moitos asesores do alcalde.
Algúns puntos entre a maraña duns 70 minutos que se deu son:
A urbanización do alcalde (enténdase, na que está a vivir) está con luz de obra.
O concello só puxo 1800€ dos máis de 20000€ que costou o festival de música clásica do verán. O 85% púxoo unha caixa de aforros.
Hai un retraso de 3 anos na remisión de docmentación sobre a xestión do punto inerte ó concello, que lla pediu á empresa hai vinte días e que espera tela para o próximo pleno (a pregunta pola dita docuemtnación estaba feita a comezos de setembro)
Cita, coido que literal, dunhas verbas do alcalde:"Aquí todos, incluído el PP, tienen a su disposición toda la documentación que quieran". Neste punto, lembrei que entre outras, ese mesmo alcalde non me facilita información pedida xa por cuarta volta (sempre a petición da mesma documentación, ó longo de 9 meses)
En canto á contestación das preguntas do Tesón,
pouco que dicir: ó non poder responder a asociación 'in situ', a resposta do alcalde pode ser moi vaga. Comezar dicindo que substituiu un 'por ausencia' da sinatura por 'por autorización', confundindo a ausencia do presidente da asociación (e sinatura miña por dito motivo) con a concesión de autorización (que non facía falta por ser as preguntas acordo da directiva de O Tesón). En relación á primeira pregunta, o edificio para derribo está en trámite (un ano despois) de entrada para facer o plan de derribo. O segundo, entendo que está aprado (non é o que me di xente que está a ver a cousa), o terceiro, do muro, que non sabe cal é (cando foi el mesmo o que daba a nova no periódico pola que me enterei eu do tema), e do resto, que cumpre non sei cantas leis e normas que citou (sen dar ningún dato).
En canto ó tema da piscifactoría, todo competencia da Xunta, excepto a licencia de obra, que corresponde ó concello... unha contestación completa.

Denuncias medioambientais en Ribadeo




Hai, partindo de Santa Cruz, dúas rutas para recorrer a pé. A pequena, duns centos de metros, era de iniciación, a segunda, era un auténtico paseo. Ambas, eran.
Se alguén quere practicalas, os camiños están, e están ben, pero... collamos a maior para unhas pinceladas.
1.Sae de xunta á casa da ría de Ribadeo. O cartel está medio tumbado. A casa funciona cando funciona, a última volta, sen seguridade de horario a pesares que a persoa que estaba alí fixo un esforzo por ter unha nova exposición. A cúpula, tras tardar dous anos en amañarse, non está en disposición de uso: a xente que a levaba non ten a chave porque a cambiaron cando cambiou o equipo de goberno tras as últimas eleccións e aínda pedíndoa por escrito (hai un convenio que corresonde ó tema) non se lle deu. Pode que sexa porque eu participo nesa xente. Mentras, o telescopio vai para tres anos sen usar.
2.En Santa cruz a limpeza volta a non ser demasiado boa, pero se nos alonxamos un pouco pola ruta, entón a cousa empeora.
3.As sinais que quedan son difíciles de ver, e para eso, a maioría xa non existen.
4.No cruce uns cen ou douscentos metros abaixo das fontes do lobo hai uns cantos camións de escombros, como se pode observar na foto, con parte do camiño pisado con eles.
5.O pararaios (madereira de Santa Cruz) ten pinta de radiactivo, co redondeliño arriba, deses que a prensa traía que a guardia civil retirara 162 na provincia... Coido que non son perigosos a pesar de todo; menos mal.
A parte deso, a marabillosa paisaxe da nosa Terra aparece ás beiras, con boas vistas, sen xente (non estar anunciado é neste caso unha boa cousa para o que o usa)... escoitei a un coñecido dicir 'que boa terra e que carallo de xente!'. Quen é o encargado no concello do tema de medio ambiente?

20061112

Ribadeo, ribadeando: entrada 500

Unha pequena retrospectiva para esta entrada 500 do blog de Ribadeo
Hai máis de 10 anos, comecei con este sitio web, que ten novas de Ribadeo, da banda, e tamén sobre artigos publicados na época (non todos).
Tamén comecei nos blog con esta páxina.
Outro blog, esta volta, en relación ós proxectos europeos do IES.
Física e Química en Ribadeo vai tamén polo tema do ensino, con post colgados estes días sobre e-learning, por exemplo.
Tamén hai outras páxinas de novas, como http://ribadeo.webcindario.com/, onde poño cousas que non caben aquí, como novas sobre O Tesón, o Arquivo Dixital Hernán Naval, piscifactorías, ...
E tamén hai no camiño outros blog, como este. Non está todo posto, pero de calquera xeito, só un sitio nos que colaborei pode competir en horas adicadas con estes cincocentos post (a excepción pode que do meu primeiro sitio web, moitas voltas variado na aprendizaxe): a Galipedia.
Mágoa que resulte que este post está feito ás tantas dunha madrugada do domingo. Eso fastidia a celebración, por conta dun goberno municipal que pese a ser condenado non move un dedo para que a xente poida durmir. Durmirá tranquilo o alcalde? Supoño que si: estas cousas serán menores.

20061111

Contrastes na prensa de hoxe (3ª)

"A enerxía máis limpa é a que non se consume (e a que menos costa)". No novo 'periódico económico de Galicia', Nova+, ano 1, nº1, novembro 2006, en castelán (igual que o resto, exceptuados anuncios institucionais e entrevista a político), e como lema dun anuncio de Unión Fenosa... sinxelamente, chócame. Bo anuncio.
Galicia vai estrear vóos a Zaragoza... será para ver o 'Toxo' máis que para ir á expo mundial de Zaragoza?
No novo rotativo tamén aparecen mapas mundiais coas diferentes pescadorías, o mellor do mensual ó meu punto de vista.
E, na voz, aparece como tema do día o cambio meteorolóxico, no que a parte das enfermidades dos pequenos debidas á contaminación que están sendo nova estes días, aparece un mapa que explica que toda Galicia terá un clima mediterráneo (subidas de temperaturas medias superiores a 1,5ºC en calquera caso) exceptuando A Mariña. Para preocuparse polo futuro, que xa está aquí e non facemos moito por varialo, ó que se ve.

Unha cita, referida á actual corporación de Ribadeo




Sería de citar máis aprte do artigo que hoxe trae a Comarca, asinado por Víctor Moro e titulado 'Contumacia', no que novamente sae á palestra o nome da Ría de Ribadeo. Como é longo, e ademáis non pedín permiso para a súa reprodución (no é o primeiro de Víctor Moro no que penso nunha reprodución), quédome cunha cita, a referida no título, que traducida, di: "Unha corporación que non defenda o seu patrimonio histórico non é digna da confianza cidadán"
Nas fotos, o novo faro da ría de Ribadeo, nas Carrallas, e as dúas puntas da ría no seu encontro do Mar Cantábrico: A illa Pancha na marxe oeste e a Punta da Cruz na marxe leste.

Cinco fotos a unha autoestrada (en Ribadeo)






Despois das de onte, que poden servir como fondo de pantalla, as de hoxe non creo que moita xente as quixera poñer como tal. Tres corresponden á Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo. Nunha vese a estructura central, tal como está agora e deixará de estalo cando comecen as obras nese tramo (retrasadas por unha vairación no sistema de construción, ó que parece). As outras dúas corresponden a unha zona coa obra básica xa feita, no paso da estrada do faro por baixo da futura autoestrada. Nunha delas pódese observar a única árbore que quedou en pé despois do accidente que largou un remolque da ponte abaixo.
En canto ás outras dúas, están sacadas dende a zona da granxa de Eijo, ou mellor, dende o vello sitio por onde o trazado da estrada entre o colexio das monxas e Vilaselán pasaba polo que logo foi estrada nacional. Unha, orientada cara ó oeste, indica como van as obras cara ó cruce por riba da vía do ferrocarril; a outra, cara ó leste, da conta das desviacións actuais da estrada nacional polas obras da autoestrada.

20061110

Un aviso pequeno: un post en FQ Ribadeo sobre aprendizaxe por medios electrónicos (3ª de hoxe)

Pódese ver aquí o post "Consideracións sobre a migración á aprendizaxe-e". O anterior, "Galipedia na aula" e o anterior máis, "Didactical History of a Science Fair", por exemplo, tamén o están.

Un apunte sobre unha nova de hoxe no 'El País' sobre o tema do Prestige (2ª de hoxe)

Pódese ver enteiro aquí, pero aí vai un parágrafo traducido coa axuda do open trad:
"Científicos galegos levantaron a alfombra en dúas das praias máis afectadas pola marea negra do Prestige e, catro anos despois, atoparon fuel enterrado a un metro de profundidade. Co chapapote aínda escondido e os arenales de novo contaminados por lodos procedentes dos montes queimados, unha revista científica (Marine Pollution Bulletin) publicou as primeiras investigacións sobre a catástrofe. Revelan que, transcorrido un ano, a calidade do auga estaba xa nun "estado similar" ao de antes, o cal, segundo os seus autores, non rebaixa a gravidade do dano. O vindeiro luns cúmprese o cuarto aniversario do naufragio."
A lectura pode ser ilustrativa apra quen esquecer a traxedia. Está visto que a natureza non a esquece tan cedo, aínda que o nunca máis se traspapele.

Fondos de pantalla da ría de Ribadeo




Si, mellor poñer como fondos de pantalla o título; ó fin, as fotos están aí, a un formato maior que o que soo poñer. Porque parece que o obscurantismo dos concellos non é só en Ribadeo. Aí está o caso de Barreiros, sen publicar as actas das Comisións de goberno dende hai sete meses. De calquera xeito, coido que non é bó seguir o malo dos demais, senón o bó, e loitar polo mellor... e tentando esa idea está publicado o post anterior coas preguntas do Tesón ó próximo pleno, ó día seguinte de que o candidato anterior do PP á alcaldía sexa o candidato seguinte do PP á alcaldía mentres en Ribadeo se anuncian 4000 € da Deputación para fogos artificiais.
Alternativamente á nova dos fogos artificiais, a prensa ofrece outra para Ribadeo: un libro sobre a vida de Pedro Murias, unha persoa que fixo cartos fóra e os gastou en parte facendo boas cousas aquí, en troques de ganalos aquí de mala maneira e gastalos fora. E non ofrece a nova de que onte o Consello Municipal da Muller se reuniu (pero ofreceráa) e deu conta de cursos e actividades feitas e por facer, e pediu colaboración para levalas adiante de xeito que rendiran a quen poda aprovaitalas, porque o certo é que moitas veces as actividades prográmasnse e logo non vai ningué a elas mentras que ese mesmo ninguén se queixa de falta de.
As fotos? un tema menos inconvinte, obtidas onte a medio día sobre unha brumosa ría. A hora de toma está adiantada una: foron tomadas a eso das dúas e media.

20061109

Nota de prensa da Asociación de Veciños de O Tesón (2ª de hoxe)

Reproduzo a nota de Prensa de O Tesón:

Conforme o ven facendo de xeito normal, a Asociación de Veciños O Tesón ten remitido ó Concello dúas preguntas para seren contestadas no pleno municipal correspondente a este mes.
Deitas preguntas pódenas facer as asociacións de veciños en virtude do acordado polo Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004, desenvolvendo as posibilidades que ofrece a lei. As condicións de presentación de ditas preguntas inclúen o seren formuladas o xoves anterior, o seren contestadas ó finalizar o pleno, o abranguer un máximo de dúas preguntas por asociación e o poder cortar as respostas ós dez minutos en total. Ditas condicións, totalmente restritivas, poden ser ampliadas a tenor da lei correspondente.
As preguntas este mes son formuladas ó Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Ribadeo, e son:
1.Ante o estado de diversas obras en Ribadeo (por exemplo, e en orden temporal, a situación de derribo por mandato xudicial da parte alta dun edificio sen levar a cabo, o incumprimento dunha detención de obra na Lodeira ou a apertura dunha porta e garaxe correspondente na muralla coa substitución da mesma por muro fino), solicitamos coñecer as actuación levadas a cabo por parte do concello en relación ás infraccións urbanísticas no último ano, e en concreto, en relación ós casos citados.
2.Ante as novas na prensa en relación a unha licenza de obra á empresa Insuíña para a construción dunha piscifactoría en Piñeira nas inmediacións do castro das Grobas, solicitamos coñecer as actuacións do concello en relación a dita piscifactoría, e en particular, a delimitación de responsabilidades entre concello e outras administracións sobre dita instalación, se se ten en conta a incidencia que esta obra pode representar para a conservación e o futuro do castro ou se no proxecto básico constan os informes de Medio Ambiente e Patrimonio.
En ambos casos consideramos que poderían engadirse preguntas suplementarias, como as alturas pertinentes á rúa Calvo Sotelo (a raíz do edificio aínda non rematado na cabeceira de dita rúa) ou o estado actual da documentación da piscifactoría de Meirengos (da que non se teñen comunicacións públicas dende hai tempo).

Tres imaxes e un contraste: agora en Ribadeo



En poucos metros pódese ver un Ribadeo diferente. Depende da zona, orientación da mirada e interpretación do que se ve. Collamos unha zona: o xardín. Unha orientación: sur. A interpretación, vós mesmos...
Dúas fan parexa: dúa vías, unha cortada dende hai case dous anos (coido que xa os cumpre, pero non estou seguro) e outra e obra continuada e cortes de circulación e demais dende unha época parella. Á súa beira, unha madeira branca, pórtico de capela que non ollou pintura dende que a capela foi restaurada a cargo (dalgún xeito) de calvo Sotelo, hai... 18 anos? a lembrar que a pasarela do cargadeiro está peor con menos anos de descoido, pero máis achegada ó mar. O contraste, unha curiosidade: parece que para ter o título de mantible para o parque (neste caso, o parque sería o de indianos), hai que recortar as palmeiras, e a moda neso debe ser 'de cabeza ronda', como se pode contemplar na foto.
Nun Ribadeo que traballa pola igualdade (de xénero, como aparece estes días no periódico), outros departamentos do concello poden traballar pola igualdade (de ocupación da rúa) ou de trato en xeral ós cidadáns, o día despois de que dimitira Rumsfeld, que moita xente creía que era o alter ego de Bush, ou o seguinte de ser anunciada a 'estación marítima rías altas' para Ribadeo (poderei nadar na ría e cruzar ó Tesón o próximo ano ou a parte de ser perigoso como xa teño comentado, estará tamén prohibido?)