20061119

Manuel Rivas, as Pontes, medio ambiente...

Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: 'Si son mafias, a súa primeira consigna é sempre que a mafia non existe'. Eso aparece no semanal. No diario aparece a planta de Endesa en As Pontes como a maior contaminante de Europa. E lembro que o é dende hai décadas. E quedo ledo pola nova: non polo que significa, senón porque se lembre e a ver se algún día deixa de ser a campeona. E lembro un amigo que leva dicíndoo tanto tempo case como o que leva tendo uso de razón. E outro que participou na construcción da cheminea, colgado no andamio, e hoxe pode facer algo polo medio ambiente. A eles tamén lles chegará esta entrada.

Ningún comentario: