Collo a ligazón dende o blog da coral polifónica:
20110228
O aumento do consumo en Ribadeo
Unha alegoría fotográfica do consumo acelerado da nosa civilización, no noso concello: os depósitos que se poden ver nas fotos, en Noceda, non necesitan de explicación complementaria. Foron construídos para alimentar á mesma poboación, dun xeito sucesivo, en catro fases. A necesidade de auga, sinxelamente, considerouse que aumentou. O feísmo é patente, pero non se trata diso neste caso, senón do aumento do consumo e das necesidades e circunstancias que levaron a ó incremento sucesivo da capacidade de subministro.
Hai algún tempo falei da 'obsolescencia programada', e onte veume a lembranza das fotos tomadas de xeito recente ó ver unha carta na prensa facéndose eco dun tema curioso: os anuncios e ánimos para que reciclemos as novas lámpadas de baixo consumo por seren perigosas para o ambiente e pola necesidade de recuperación de materiais. Isto, cando dende hai moito se coñece o xeito de fabricar lámpadas de duración ilimitada e foron precisamente as empresas fabricantes as que fixeron un pacto para que non se fabricaran e así maximizar ganancias en contra da outra opción: diminuír o impacto sobre o planeta e a necesidade de traballo, liberando á xente máis tempo. Claro que a segunda opción necesita un cambio da estrutura económica que se mira como lonxano dende hai tempo pola xente que controla a propia estrutura e que vería decaer o seu poder no cambio necesario, que daría lugar a unha nova estrutura e que podería montarse de xeito bo para o planeta e beneficioso para todos.
A terceira foto foi tomada esta fin de semana no parque do cargadoiro, e non se trata de falar sobre a valla totalmente caída e podre nos cementos, senón do punto central que se pode observar na magnífica vista que dende alí se ten do fondo da ría de Ribadeo. Neste caso, por cousas do sol que iluminaba a zona da Veiga, aparece destacada a estrutura que se montou alí dun asteleiro deportivo (a entrada referida na cita anterior e outras relacionadas: 1, 2) Que o impacto non ten que ver co consumo? Direitamente co consumo e a estrutura económica que sustenta o seu incremento.
Etiquetas:
economía,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Medio
20110226
Comeza o entroido: unha invitación
Etiquetas:
sociedade
20110224
Preparando unha residencia de anciáns
Preparando a primeira xuntanza da comisión en pro da residencia de maiores, atópome cos útimos datos do ine (http://www.ine.es), e sen contar os 1 100 ribadenses residentes no extranxeiro, fabrico unha táboa e unha gráfica, que poño a continuación...
A táboa correspondente:
Ambos sexos Varóns Mulleres
Total... 9,988...4,752...5,236
0-4...... 422...222...200
5-9...... 394...196...198
10-14.... 347...174...173
15-19.... 343...168...175
20-24.... 446...242...204
25-29.... 640...311...329
30-34.... 786...384...402
35-39.... 816...406...410
40-44.... 761...371...390
45-49.... 775...394...381
50-54.... 718...370...348
55-59.... 588...288...300
60-64.... 552...273...279
65-69.... 549...232...317
70-74.... 496...209...287
75-79.... 540...224...316
80-84... 432...171...261
85 e +... 383...117...266
Na gráfica xa se observa que non é unha pirámide, típica dunha poboación nova, senón engrosada na zona media de idade, e con máis vellos que xente nova, o que explica a cifra de 8219 electores de cara ás próximas eleccións, moi avultada en relación ó total. Entre as persoas maiores, destaca a lonxevidade feminina, que se anota diferencias cuantitativas importantes a partires dos datos de 65-70 anos, mentras que en idades anteriores a cousa está máis ou menos equilibrada. Voltando ó tema da residencia, atopámonos con que no último censo, con datos que corresponden a finais do ano pasado, hai 815 persoas con 80 ou máis anos, correspondendo ó 8,2% da poboación, que serían grosso modo os e as candidatas á residencia. Pero, aínda supoñendo a desaparición total dese colectivo en 10 anos, o grupo de idade seguinte correspondente a un intervalo de dez anos (que polo tanto, terán máis de 80 no 2021), está formado por 1036 persoas, o 10,4% do censo actual e unha cantidade que representa un aumento do 27% sobre os '80 e +' actuais. De igual xeito, correndo outros 10 anos máis, atopámonos cun colectivo de 1101 persoas, un 35% máis que na actualidade.
Na realidade, Ribadeo necesita non unha, senón varias residencias... pero vaiamos paso a paso: primeiro, unha.
Un artigo sobre o tema: Stop al destierro de nuestros ancianos.

Fin dun problema?
En todo caso, quere ser o inicio do fin: comezan as obras na Ponte de Arante, segundo informa o concello. A cousa veu por unha riada, que coido que ten que ver algo coa lei de augas, aínda que se entenda outra cousa: unha lei que foi aprobada polo Parlamento galego hai pouco e que agora o PP difunde en Ribadeo, o domingo, 27/02/2011 ás 13:00 no Círculo Habanero de A Devesa, luns ás 21:00 na Escola de Couxela, ás 22:00 na Escola de Cedofeita e martes ás 20:30 no Salón de actos da Casa do Mar. Será a lei de augas asemade o comezo do fin dun problema?
Addenda: Charla sobre a lei de augas, dende outro punto de vista, o do Sindicato Labrego.

20110223
23-F
Escapábaseme. O pensamento de que podería facer e a sensación de estar a algo máis de 200 km da fronteira. Que ter feito de seren as cousas lixeiramente diferentes o 23-F?
Hoxe temos a mirada dirixida a Libia, cun ditador masacrando ó seu pobo e vémolo como algo lonxano, a pesares de todos os males da nosa chamada democracia.

Subindo e baixando
Hai algún tempo puxéronse 'pasos elevados' no paseo Castelao, na beiraría. Naquel tempo, aínda concebía os 'pasos elevados' como pontes sobre a rúa ou estrada para facilitar o paso dos peóns sen dificultar a circulación rodada. Dende aquela, en Ribadeo e outros lugares, houbo que 'cambiar o chip'; os pasos elevados son agora sinónimo de elevacións da estrada uns cantos centímetros a modo de cinturóns sucesivos, para evitar a velocidade excesiva dos coches.
Onte fixeron varios máis en Ribadeo, no tramo Avda. de Asturias / Avda. de Galicia, que acompañan ó xa feito no Parador e ás obras da travesía que inclúe a rotonda do xardín.
Cando se fixeron os primeiros en Ribadeo quedou claro que era para evitar as carreiras que daquela se estaban a celebrar á beira da ría. E tamén quedou claro que non cumprían a regulamentación . Posteriormente aumentouse outro paso, sen suprimir ningún dos anteriores, á saída do mamotreto do ascensor á atalaia, quedando a unha distancia mínima dun anterior. Sen medir, a ollo, diría que os recén feitos teñen algo máis de adaptación á normativa, sen chegar a acatala: costa de inclinación excesiva ou, se se quere, curta de máis.
Pero a cousa coido que non está na adaptación estricta á normativa, senón en que os pasos elevados son unha medida que para evitar o mal dalguén perxudica a todo o tráfico rodado.
Póñense pasos elevados, pero a posibilidade de carril bici parece adiada, a pesares de ser unha reforma como a actual o momento idóneo, e ser un factor máis educativo, disuasorio do uso e maluso dos vehículos a motor.
O certo é que a proliferación de pasos elevados por todos os rincóns representa un deses misterios achacables, coido, máis á imitación que á reflexión. En canto ó xeito de construcción, á non adaptación á normativa, iso é menos comprensible.

20110222
Participa, coño! (II)
-- enviado ós medios para a súa publicación --
-- 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte --
Coido que antes de comezar a expoñer algúns cambios desexables no regulamento de participación cidadá aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, senón isto sería demasiado longo), é cousa de ter unha visión xeral do documento.
Saltemos cuestións menores, como os diversos formatos do texto, indicativos dun 'corta e pega' sen posterior revisión de lugares asemade diferentes. O inicio da proposta aprobada consiste nunha relación de contido:
Exposición de motivos
Titulo 1.-Información municipal
Titulo 2.-Das Entidades cidadas e do Rexistro municipal de asociacións.
Titulo 3.-Dos Consellos de participación cidadá
Titulo 4.-Dos Consellos Sectoriais ou de Area.
Titulo 5.-Da iniciativa cidadá
Titulo 6.-Da consulta popular.
Titulo 7.-Da participación nos organos de goberno municipal
Titulo 8.-Da audiencia pública
Titulo 9.-Da declaración de utilidade pública das entidades e asociacións .
Titulo 10.-Da Comisión Especial de suxerencias e reclamacións.
Disposición adicional
Disposición transitoria
Disposición derrogatoria
Disposición final
As disposicións ó final do documento son de método, aínda que unha, a transitoria, deixa precisamente un punto fundamental á disposición posterior da alcaldía: o procedemento de designación dos representantes veciñais.
En canto ó que é unha introducción, a exposición de motivos desenvolta ó longo de varias páxinas, a parte de engrosar o tamaño e a farragosidade dun texto de por si enrevesado e pesado, parece estar de máis se o que se pretende é que funcione e non o explicar que bonito é. De calquera xeito, non deixa de ser unha irrelevante exposición de bos desexos.
Do título primeiro, sobre a información municipal (que no texto aparece de xeito diferente ó índice, como 'disposicións xerais e información municipal'), destacar que inclúe os obxectivos que se prevén para o regulamento. Entre eles, o facer efectivos os dereitos dos veciños segundo a lei reguladora do réxime local, promulgada hai só 25 anos, levando pois os dereitos dos ribadenses 25 anos aprazados. Asemade tamén recolle como obxectivo a información sobre temas diversos, solicitadas polo 50% das asociacións inscritas no rexistro municipal. Non sei cántas asociacións ten inscritas nestes momentos o rexistro, pero apostaría a que son abondas, e tamén a que máis dunha xa non funciona.
Tamén recolle este título os dereitos formulados por leis superiores. Así, por exemplo, todo cidadán ten o dereito de esixir responsabilidades da Corporación Local. E establece o prazo de resposta (en forma de acta) do concello se unha proposta chega a ser tratada nun órgano colexiado: 30 días (enténdese a partires de que foi tratado)
Aínda máis: establece o dereito que temos, tódolos cidadáns, de identificar ás autoridades e ó persoal ó servicio das corporacións locais que teñan baixo a súa responsabilidade a tramitación dos procedementos.
No seu artigo 7, en troques, aparece algo que non se entende moi ben. Despois de establecer que os plenos son públicos (enténdese que só para a asistencia de público, non para a participación), con facilidades para asistencia e información, dalle un acceso preferente a eles ós medios de comunicación social. A preparación dos plenos (comisións informativas e de goberno) non é pública, aínda que 'poderán' ser públicas outras sesións.
No título segundo establécese que o concello subvencionará as asociacións, así como que lles facilitará locais, ou os dereitos das asociacións, que xa veñen rexidos por outras leis superiores e ós que non parece engadírselles ningún novo, senón máis ben restrínselles obrigando á inscrición no rexistro municipal para exercelos.
O título terceiro é ilustrativo do conxunto da estrutura de participación, na que se contemplan básicamente dúas figuras: o Consello de Relacións Veciñais e o Consello Económico e Social.
En canto ó Consello de Relacións Veciñais, de estar constituído a día de hoxe, estaría formado por 8 representantes dos partidos políticos, o secretario, unha representante do único consello sectorial establecido e … seis representantes veciñais! Iso si, estes últimos, rotatorios. Visto o anterior, coido que folga dicir que o seu funcionamento está totalmente subrogado ás instancias políticas, tendo como funcións facer propostas, emitir informes, e presentar iniciativas e suxerencias.
Outra cousa é o CES, onde non participan as asociacións veciñais. Neste caso, van por diante as funcións e logo a súa constitución. Constitución que non sabería dicir agora mesmo como sería: se ben pode haber maioría de políticos, non pon límite á participación de entidades empresariais e só limita os sindicatos ós 'máis representativos', sen indicar número ou outro criterio. En canto ás funcións, está tanto o elaborar informes, de oficio ou a instancias do concello como o ser informado, e coñecer as medidas de planificación, así como servir de canle de participación e diálogo, e por suposto propor, non só solucións, senón criterios de actuación. E emitir un informe anual.

O Tesón,
participación,
política,
sociedade
20110220
Buques que estaban o domingo 20 de febreiro de 2011 en Ribadeo
Datos de dous buques que estaban o domingo 20 de febreiro de 2011 en Ribadeo:
Vangsnes
Tipo de Barco: Buques de carga
IMO-Número: 8513326
Bandeira: Saint Kitts and Nevis
MMSI-Número: 341794000 Long: 82.0m
Indicativo. : V4BX2 Ancho: 11.0m
O nome vénlle dunha pequena vila en Sognefjord, Noruega.
Coimbra
Tipo de Barco: Buques de carga
IMO-Número: 9137296
Bandeira: Chipre
MMSI-Número: 209214000 Longo: 82.0m
Indicativo. : C4HU2 Ancho: 11.0m
O nome, da cidade de Coimbra
Datos recollidos de http://www.vesseltracker.com

economía
Ligazón a un artigo de prensa sobre o ruído
Foi citado nos comentarios de "como tentar dar volta a unha nova": http://elprogreso.galiciae.com/nova/77131.html
Etiquetas:
ruído
20110219
Participa, coño!
-enviado para a súa publicación en diversos medios-
Participa, coño!
Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para a cidadanía, mesmo máis fundamental que o estado de contas do concello, algo dunha relevancia que está fóra de toda dúbida. E isto é así porque se non hai participación, se os cidadáns estamos á marxe, limitados a votar cada certo tempo por unhas listas cerradas que non confeccionamos, entón non hai democracia e tampouco importará o que pase coas contas municipais, pois sinxelamente non será cousa nosa. A participación non se pode impor dende arriba, e en cambio, si que se pode tentar desincentivala -algo que está a suceder-.
1.Introducción
Din que estamos en democracia, no goberno do pobo, un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de xeito directo ou indirecto. Si? O caso é que se non se participa, non se pode exercer a propia soberanía, o propio poder, o goberno. E isa participación está baixando dende hai tempo, como pode verse a pouco que se mire, non só na porcentaxe de participación eleitoral, senón tamén no interese polos asuntos públicos fóra das charlas do café ou o que non vai ó bolsillo.
Visto doutro xeito, calquera que tente seguir a vida municipal téno difícil se non é a traverso da imaxe nos medios dos enfrontamentos dos políticos nos diferentes temas. Se se quere enterar de algo do que pasa no concello de primeira man, lévao cru. Unha mostra? Mesmo o acceso ó texto do Regulamento de Réxime Orgánico de Participación Cidada do Concello de Ribadeo, aprobado inicialmente no pleno de xaneiro, ata agora non está dispoñible en internet, nin foi anunciada polo concello a publicación da súa aprobación inicial no BOP (de día 1 de febreiro) e polo tanto comezo do período de alegacións ... e iso despois de que o único punto no que tivo participación a cidadanía dun xeito directo fóra precisamente o da publicitación de acordos, normativas e demáis en internet (diso falarase máis adiante).
2.Unha historia ata o 2010
Aló hai vinte anos, cando aínda coleaba o impulso da democratización en España despois de anos de ditatura, houbo unha aprobación inicial, por parte da corporación municipal de Ribadeo, dun estatuto de participación cidadá. A cousa quedou aí, de cara á galería, xa que non houbo unha aprobación definitiva nin intento dela.
Os anos pasaron, e novas leis e normativas de rango superior fixeron xa imposible a aprobación definitiva.
Así chegamos ó anterior mandato municipal, no que a avv O Tesón deu un tímido paso pedindo o desenvolvemento da normativa de orde superior para aproveitar posibilidade de ter unha mínima participación nos plenos. Outorgouse unha pequena compensación, de xeito que no Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004 aprobouse un regulamento para permitir a contestación de preguntas formuladas polas asociacións, 'despois' dos plenos.
Dende aquela, na case totalidade dos plenos ordinarios houbo preguntas, contestadas sen ningún tipo de levantamento de acta oficial, sen posibilidade de reprantexamento, explicación da propia pregunta ou detalles, ... e con respostas ás veces adiadas, ás veces sen efectividade. Se ben tamén as houbo que foron contestadas de xeito adecuado, a canle aberta no 2004 pronto se manifestou totalmente insuficiente.
E volta a comezar. No seo na Mesa de Asociacións veciñais plantexouse non só a petición dun regulamento de participación, senón que, en vista do pouco entusiasmo dos munícipes, estudouse e presentouse un borrador de regulamento. Tempo despois de ter desesperado unha resposta, recibiuse nunha xuntanza co alcalde un novo texto de borrador para que se estudara. Do antigo, nada.
Estudouse, viuse que estaba feito de anacos doutros regulamentos, con diferentes formatos, e que deixaba diversas cousas mal conectadas, ou sen canles efectivas, ou sen posibilidades de desenvolvemento. Por iso, en setembro pasado, despois de varias xuntanzas da Mesa de Asociacións, foi remitida ó concello unha nova versión cun escrito de acompañamento no que se dicía claramente que aínda cos cambios propostos, o documento era farragoso, pero tentábase variar o menos posible na procura dun entendemento, e pedíase unha xuntanza co alcalde para facer as aclaracións pertinentes.
A xuntanza non chegou.
3.O 2011 xa é historia.
No Pleno de 17 de xaneiro fíxose a aprobación inicial do regulamento orgánico. Aprobación unánime, despois de pasar pola comisión previa. Comisión que deixou pasar cousas como un 'Santiago' onde tiña que poñer 'Ribadeo'. Aprobación que contou con detalles como un comentario de que se as asociacións de veciños -e O Tesón máis en concreto- querían participar, que se presentaran ás eleccións; algo que deixa ás claras a idea de participación cidadá que teñen algúns políticos.
Sería lóxico supoñer, despois da unanimidade na votación, que a versión se manifeste como definitiva próximamente, aínda que haxa alegacións (... tamén pode ocorrer que haxa cambios de voto como ten pasado outras veces). Fóra das propias alegacións que se fagan, pouco queda por explicar. Quizáis unha precisión: a letra aprobada non implica que se teña en consideración despois, como xa ten ocorrido tantas veces, deixando cousas aprobadas en letra morta. Aprobar é doado, e máis se hai un consenso de atribución ó tema de pouca ou nula importancia.

Sobre a Torre dos Moreno
Sae hoxe na prensa a nova da venda doutro 10% ... a cousa anímase. Despois da nova da venda do 50%, deixo de pronto só a referencia, o comentario virá despois.
20110218
Nota de prensa
Despois de ter visto na prensa algunha información que non sei de onde saiu, ó poder facelo, onte emitín unha nota de prensa:
A raíz das dilixencias previas abertas na causa da denuncia presentada contra D. Balbino Pérez Vacas, sendo imputado posteriormente tamén D. Manuel José María Díaz Sánchez, téñense producido diversos rumores e noticias, mesmo últimamente, en relación co caso. Ata o momento, estimando que un caso no xulgado debe ser respetado en silencio durante a investigación pertinente, nin din nin respondín información algunha. Non obstante, dada a finalización do período de instrucción en Mondoñedo e o paso do caso á Audiencia Provincial de Lugo, ábrese unha nova etapa no procedimento que me permite expoñer de xeito claro a actualidade do mesmo, máis aló de informacións de terceiros ou comentarios dunha ou outra tendencia.
É evidente que o xuízo non finalizou, e que polo tanto, non cabe falar de culpables, que os implicados poden presentar recursos, etc. Tampouco a miña pretensión neste momento vai máis aló que deixar clara a situación. Para elo, limitareime a usar como ilustrativas as seguintes frases, extraídas do último auto realizado en Mondoñedo:
“En el presente caso, por parte de los implicados, esto es, el Alcalde y el Secretario del ayuntamiento de Ribadeo, existía la obligación de actuar, (…) a partir de ese momento no se realizó ninguna actuación tendente a dar una respuesta adecuada al denunciante. Por tanto, concurren los elementos del tipo del Artículo 404 del Código Penal (…) inactividad en el ejercicio de sus funciones que supone una resolución arbitraria, y contraria a derecho por existir la obligación de actuar, existiendo 13 deunucias a las cuales no se dio trámite por parte de los implicados, tanto por parte del Alcalde encargado de la resolución de dichos expedientes como por la del Secretario del Ayuntamiento quien tampoco ejerció sus funciones (…) correspondería al secretario del Ayuntamiento informar de la necesidad de tramitar dichos expedientes, máxime cuando por el alcalde y funcionarios que declararon judicialmente manifestaron que correspondía la iniciación y tramitación de los expedientes al Secretario.
(…) Se estima que concurren indicios de criminalidad en los imputados, y por ello procede ordenar la continuación del procedimiento (…)
Por todo ello, no ha lugar a estimar el recurso (…)
Notifíquese esta resolución a las partes y al ministerio fiscal haciéndoles saber que contra la misma cabe recurso de apelación ante la Audiencia Provincial (...)”.
Coido que, polo momento, está claro o que hai.

20110216
Como tentar dar a volta a unha nova
Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso, a baixada de xente debida á crise e o ver de xeito práctico o bo froito que está a dar outro tipo de local de hostalería do mesmo grupo estimo que foron os dous puntais básicos para o cambio.
O anterior non quita que, nunha liña que ven sendo común dende hai algún tempo, se me apunte como causante do peche. Algo que resulta raro pois que eu saiba nin unha soa das medicións sonométricas que lle afectaban foi considerada como motivo dunha sanción, quedando, as que foron tramitadas, nunha petición de que vixiaran o tema sonoro. Outra cousa é que non tivera sanción algunha, pois sei que alomenos tivo unha (din a reseña dun pleno onde se preguntaba por unha sanción de 200 € ó local, e asemade por dúas a outro do mesmo grupo, ignoro a causa de ambas, se foi por portas abertas, horario ou outras)
Naturalmente, unha acusación así, aínda que non trate nada ilegal nin máis aló da procura dun mínimo de calidade de vida, non podía vir soa, había que instrumentala, polo que se convoca un botellón. Pregúntome se será para amolar á xente dos locais que aínda seguen a traballar, potenciando agora 'a oposición' (eu nunca vin o botellón como oposición ós locais de copas, pero sei dos argumentos que teñen saído máis dunha vez nos medios). En calquera caso, parece que resulto útil como o que se soe chamar 'chivo expiatorio', aínda que a reforma poida ser para mellorar o rendemento pecuniario dun local. Sinxelamente, segue a serie de ataques ós que xa me teño referido algunha vez, e mesmo teñen saído nos comentarios. Deixo unha cita de algo que lin onte mesmo: '(...) o cometido dos cidadáns libres é examinar os feitos para desenmascarar as mentiras' [Amin Maalouf, en 'El desjuste del mundo'
Agradezo dende aquí á xente que me avisou do tema e á que me amosou a súa solidaridade.
--Anexo: Vexo hoxe no El Progreso que se lle confirmou, por parte da Xunta, unha multa de 300 € a un pub de Antonio Otero, como reincidente dunha infracción de superación de horario.

Conciencia cidadá
A traverso de Im-pulso entérome da 'revolución estilo Islandés'. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os erros colectivos. Por certo, a lembar por estes lares, que a educación tamén inclúe o ensino da ética.
20110215
Participa, coño!
-- 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte --
Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para a cidadanía, mesmo máis fundamental que o estado de contas do concello, algo dunha relevancia que está fóra de toda dúbida. E isto é así porque se non hai participación, se os cidadáns estamos á marxe, limitados a votar cada certo tempo por unhas listas cerradas que non confeccionamos, entón non hai democracia e tampouco importará o que pase coas contas municipais, pois sinxelamente non será cousa nosa. A participación non se pode impor dende arriba, e en cambio, si que se pode tentar desincentivala -algo que está a suceder-.
1.Introdución
Din que estamos en democracia, no goberno do pobo, un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de xeito directo ou indirecto. Si? O caso é que se non se participa, non se pode exercer a propia soberanía, o propio poder, o goberno. E isa participación está baixando dende hai tempo, como pode verse a pouco que se mire, non só na porcentaxe de participación eleitoral, senón tamén no interese polos asuntos públicos fóra das charlas do café ou o que non vai ó bolsillo.
Visto doutro xeito, calquera que tente seguir a vida municipal téno difícil se non é a traverso da imaxe nos medios dos enfrontamentos dos políticos nos diferentes temas. Se se quere enterar de algo do que pasa no concello de primeira man, lévao cru. Unha mostra? Mesmo o acceso ó texto do Regulamento de Réxime Orgánico de Participación Cidada do Concello de Ribadeo, aprobado inicialmente no pleno de xaneiro, ata agora non está dispoñible en internet, nin foi anunciada polo concello a publicación da súa aprobación inicial no BOP (de día 1 de febreiro) e polo tanto comezo do período de alegacións ... e iso despois de que o único punto no que tivo participación a cidadanía dun xeito directo fóra precisamente o da publicitación de acordos, normativas e demáis en internet (diso falarase máis adiante).
2.Unha historia ata o 2010
Aló hai vinte anos, cando aínda coleaba o impulso da democratización en España despois de anos de ditatura, houbo unha aprobación inicial, por parte da corporación municipal de Ribadeo, dun estatuto de participación cidadá. A cousa quedou aí, de cara á galería, xa que non houbo unha aprobación definitiva nin intento dela.
Os anos pasaron, e novas leis e normativas de rango superior fixeron xa imposible a aprobación definitiva.
Así chegamos ó anterior mandato municipal, no que a avv O Tesón deu un tímido paso pedindo o desenvolvemento da normativa de orde superior para aproveitar posibilidade de ter unha mínima participación nos plenos. Outorgouse unha pequena compensación, de xeito que no Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004 aprobouse un regulamento para permitir a contestación de preguntas formuladas polas asociacións, 'despois' dos plenos.
Dende aquela, na case totalidade dos plenos ordinarios houbo preguntas, contestadas sen ningún tipo de levantamento de acta oficial, sen posibilidade de reprantexamento, explicación da propia pregunta ou detalles, ... e con respostas ás veces adiadas, ás veces sen efectividade. Se ben tamén as houbo que foron contestadas de xeito adecuado, a canle aberta no 2004 pronto se manifestou totalmente insuficiente.
E volta a comezar. No seo na Mesa de Asociacións veciñais plantexouse non só a petición dun regulamento de participación, senón que, en vista do pouco entusiasmo dos munícipes, estudouse e presentouse un borrador de regulamento. Tempo despois de ter desesperado unha resposta, recibiuse nunha xuntanza co alcalde un novo texto de borrador para que se estudara. Do antigo, nada.
Estudouse, viuse que estaba feito de anacos doutros regulamentos, con diferentes formatos, e que deixaba diversas cousas mal conectadas, ou sen canles efectivas, ou sen posibilidades de desenvolvemento. Por iso, en setembro pasado, despois de varias xuntanzas da Mesa de Asociacións, foi remitida ó concello unha nova versión cun escrito de acompañamento no que se dicía claramente que aínda cos cambios propostos, o documento era farragoso, pero tentábase variar o menos posible na procura dun entendemento, e pedíase unha xuntanza co alcalde para facer as aclaracións pertinentes.
A xuntanza non chegou.
3.O 2011 xa é historia.
No Pleno de 17 de xaneiro fíxose a aprobación inicial do regulamento orgánico. Aprobación unánime, despois de pasar pola comisión previa. Comisión que deixou pasar cousas como un 'Santiago' onde tiña que poñer 'Ribadeo'. Aprobación que contou con detalles como un comentario de que se as asociacións de veciños -e O Tesón máis en concreto- querían participar, que se presentaran ás eleccións; algo que deixa ás claras a idea de participación cidadá que teñen algúns políticos.
Sería lóxico supoñer, despois da unanimidade na votación, que a versión se manifeste como definitiva próximamente, aínda que haxa alegacións (... tamén pode ocorrer que haxa cambios de voto como ten pasado outras veces). Fóra das propias alegacións que se fagan, pouco queda por explicar. Quizáis unha precisión: a letra aprobada non implica que se teña en consideración despois, como xa ten ocorrido tantas veces, deixando cousas aprobadas en letra morta. Aprobar é doado, e máis se hai un consenso de atribución ó tema de pouca ou nula importancia.
Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para a cidadanía, mesmo máis fundamental que o estado de contas do concello, algo dunha relevancia que está fóra de toda dúbida. E isto é así porque se non hai participación, se os cidadáns estamos á marxe, limitados a votar cada certo tempo por unhas listas cerradas que non confeccionamos, entón non hai democracia e tampouco importará o que pase coas contas municipais, pois sinxelamente non será cousa nosa. A participación non se pode impor dende arriba, e en cambio, si que se pode tentar desincentivala -algo que está a suceder-.
1.Introdución
Din que estamos en democracia, no goberno do pobo, un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de xeito directo ou indirecto. Si? O caso é que se non se participa, non se pode exercer a propia soberanía, o propio poder, o goberno. E isa participación está baixando dende hai tempo, como pode verse a pouco que se mire, non só na porcentaxe de participación eleitoral, senón tamén no interese polos asuntos públicos fóra das charlas do café ou o que non vai ó bolsillo.
Visto doutro xeito, calquera que tente seguir a vida municipal téno difícil se non é a traverso da imaxe nos medios dos enfrontamentos dos políticos nos diferentes temas. Se se quere enterar de algo do que pasa no concello de primeira man, lévao cru. Unha mostra? Mesmo o acceso ó texto do Regulamento de Réxime Orgánico de Participación Cidada do Concello de Ribadeo, aprobado inicialmente no pleno de xaneiro, ata agora non está dispoñible en internet, nin foi anunciada polo concello a publicación da súa aprobación inicial no BOP (de día 1 de febreiro) e polo tanto comezo do período de alegacións ... e iso despois de que o único punto no que tivo participación a cidadanía dun xeito directo fóra precisamente o da publicitación de acordos, normativas e demáis en internet (diso falarase máis adiante).
2.Unha historia ata o 2010
Aló hai vinte anos, cando aínda coleaba o impulso da democratización en España despois de anos de ditatura, houbo unha aprobación inicial, por parte da corporación municipal de Ribadeo, dun estatuto de participación cidadá. A cousa quedou aí, de cara á galería, xa que non houbo unha aprobación definitiva nin intento dela.
Os anos pasaron, e novas leis e normativas de rango superior fixeron xa imposible a aprobación definitiva.
Así chegamos ó anterior mandato municipal, no que a avv O Tesón deu un tímido paso pedindo o desenvolvemento da normativa de orde superior para aproveitar posibilidade de ter unha mínima participación nos plenos. Outorgouse unha pequena compensación, de xeito que no Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004 aprobouse un regulamento para permitir a contestación de preguntas formuladas polas asociacións, 'despois' dos plenos.
Dende aquela, na case totalidade dos plenos ordinarios houbo preguntas, contestadas sen ningún tipo de levantamento de acta oficial, sen posibilidade de reprantexamento, explicación da propia pregunta ou detalles, ... e con respostas ás veces adiadas, ás veces sen efectividade. Se ben tamén as houbo que foron contestadas de xeito adecuado, a canle aberta no 2004 pronto se manifestou totalmente insuficiente.
E volta a comezar. No seo na Mesa de Asociacións veciñais plantexouse non só a petición dun regulamento de participación, senón que, en vista do pouco entusiasmo dos munícipes, estudouse e presentouse un borrador de regulamento. Tempo despois de ter desesperado unha resposta, recibiuse nunha xuntanza co alcalde un novo texto de borrador para que se estudara. Do antigo, nada.
Estudouse, viuse que estaba feito de anacos doutros regulamentos, con diferentes formatos, e que deixaba diversas cousas mal conectadas, ou sen canles efectivas, ou sen posibilidades de desenvolvemento. Por iso, en setembro pasado, despois de varias xuntanzas da Mesa de Asociacións, foi remitida ó concello unha nova versión cun escrito de acompañamento no que se dicía claramente que aínda cos cambios propostos, o documento era farragoso, pero tentábase variar o menos posible na procura dun entendemento, e pedíase unha xuntanza co alcalde para facer as aclaracións pertinentes.
A xuntanza non chegou.
3.O 2011 xa é historia.
No Pleno de 17 de xaneiro fíxose a aprobación inicial do regulamento orgánico. Aprobación unánime, despois de pasar pola comisión previa. Comisión que deixou pasar cousas como un 'Santiago' onde tiña que poñer 'Ribadeo'. Aprobación que contou con detalles como un comentario de que se as asociacións de veciños -e O Tesón máis en concreto- querían participar, que se presentaran ás eleccións; algo que deixa ás claras a idea de participación cidadá que teñen algúns políticos.
Sería lóxico supoñer, despois da unanimidade na votación, que a versión se manifeste como definitiva próximamente, aínda que haxa alegacións (... tamén pode ocorrer que haxa cambios de voto como ten pasado outras veces). Fóra das propias alegacións que se fagan, pouco queda por explicar. Quizáis unha precisión: a letra aprobada non implica que se teña en consideración despois, como xa ten ocorrido tantas veces, deixando cousas aprobadas en letra morta. Aprobar é doado, e máis se hai un consenso de atribución ó tema de pouca ou nula importancia.
Etiquetas:
O Tesón,
participación,
política,
sociedade
O apuntalamento da Torre dos Moreno
Xa está aquí. Os piares que soportaban, agretados, unha carga de vinte toneladas, xa están respaldados por unha columnata de puntais. Agora, din, queda a parte posterior.
A aparencia da Torre, enrexada, é a dun enfermo na uvi, e ó tempo, á espera da operación a vida ou morte. Un enfermo ó que se lle diagnosticou o mal hai 25 anos, por José Calavera (aquí, unha reseña da súa obra) e ó que dende aquela se lle foi complementando o diagnóstico, entre J. Calavera e Ernesto Cruzado, vello coñecido do blog.
A nota de prensa do Concello. Comentario na Voz.
20110214
Ocultacións
Dende hai tempo sabemos que a tele non é imparcial. Sabemos que en xeral os medios sofren diversas presións e que non é doado que algunhas novas cheguen ó público. A entrada de hoxe non é mais que unha mostra: algo que non sairá na televisión, e que se verá na prensa de diversos xeitos, como se pode observar comparando o comentario do discurso de Álex de la Iglesia no El País ('se muestra conciliador') co correspondente en Público ('internet es la salvación de nuestro cine')
Abaixo, un vídeo co abucheo que acompañou á ministra Sinde á chegada á Gala dos goya, celebrada onte, coas máscaras de 'V de Vendetta' que foron adoitadas para o caso.
Ah! por se acaso fai falta unha aclaración: no fondo, o modelo de internet: libre vs dependente, aberto vs cerrado, de peaxe ou de imposto, ...
-- Un engadido posterior, do blog de Enrique Dans.

cultura,
economía,
tecnoloxía
20110210
Visto no BOP
Despois do último pleno, quedeime a esperar o comezo da tempada de alegacións do regulamento de participación cidadá. Nada saiu ata hoxe do tema ... nos medios locais. Si que saiu, xa o día 1 de febreiro, no BOP de Lugo, p.24, a nota correspondente:
"Anuncio
En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, modificada pola Lei 11/1999, faise público que o Concello Pleno en sesión celebrada o 17 de xaneiro de 2011 prestou aprobación inicial ao Regulamento de Réxime Orgánico de Participación Cidada do Concello de Ribadeo.
De conformidade co indicado sometese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P. de Lugo. Durante dito período as persoas interesadas poderán examinalo nas Oficinas da Secretaría Municipal e presentar, no seu caso, as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas. De non se presentar reclamacións ou alegacións ao mesmo entenderanse automáticamente aprobado de xeito definitivo.
Ribadeo, 19 de xaneiro de 2011.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA
O SECRETARIO XERAL, MANUEL J. DIAZ SÁNCHEZ."
Dáse a circunstancias que na mesma páxina, anteriores e seguintes, hai outras cousas relacionadas co mesmo pleno (polo que é bo tomar nota do boletín):
* EXP. PUBL. APROB. DEF. MODIF. ORD. DE AXUDA NO FOGAR (PAG. 23, R. 0333)
* APROB. INICIAL REGUL. PARTICIPACIÓN CIDADÁ (PAG. 24, R. 0334)
* APROB. INICIAL PROX. EDUC. E REG. DE R. INTERNO PARA E. M. DE MÚSICA E DANZA (PAG. 24, R. 0335)
* EXP. PÚBLICA EXP. DESAFECTACIÓN PARCELA (PAG. 24, R. 0336)
* EXP. PÚBLICA C.URBANÍSTICO CON EMPR. CONIPROMA … (PAG. 25, R. 0337)
* EXP. PÚBLICA CONV. URBAN. CON CONIPROMA E PROM. JULIO Y ANSELMO (PAG. 25, R. 0338)
Voltando ó tema, resulta que se ve o aviso de que está xa en periodo de alegacións, pero ... polo momento hai que ir ó concello velo. Resulta que a única cousa que se lle aceptou á proposta da Mesa de asociacións foi precisamente relativa ó anuncio na web... e no pleno quedou a desastrosa redacción (falando en termos de escritura, non xa de gusto social ou político) anterior, desformatada e á que, no mesmo pleno, é dicir, despois de pasar por comisión, aínda se lle axustou que había que cambiar un 'Santiago' por un 'Ribadeo'.
Respecto das moitas moidificacións que coido que o texto inicialmente aprobado debera ter, esperarei ás alegacións de O Tesón para facer un comentario sobre o tema.

Cambio de táctica? Parece que mellora en calquera caso.
Roubos diversos fixeron que, tras unha xuntanza de urxencia da Xunta de Seguridade hai xa algún tempo, aparecera pola zona un helicóptero da Guardia Civil cunha potente luz que, o primeiro día de actuación, estivo usando ata ben tarde. Dende aquela, ten recorrido o ceo ribadense de xeito que o pode ter ben coñecido, e deu lugar a comentarios diversos, moitos deles interpretables como 'matar moscas a cañonazos' ou 'gato con guantes (caros) non caza ratos', xunto con outros que lamentaban a falta dunha acción máis directa ou sinxelamente asignaban o uso dun aparello tal a persecucións policiais peliculeras. Hoxe aparece na prensa a existencia dunha patrulla de cinco axentes de paisano, que cos pés no chan, é de esperar teña un rendemento mellor que o helicóptero, ou ó menos que o complemente dun xeito decisivo.
En canto ós ladróns, comentouse no seu momento que poderian ser unha banda de extranxeiros, rumanos, que actuaría tendo a base noutro lugar. Cando se collan, que é de supoñer que chegará, saberase máis do tema.
Mentras, parece que a ola de roubos atenuou algo, e que, a pesares deles, a zona non sobrepasa grandemente a media do país. Aínda que si o fai en relación á media que se viña tendo na zona, polo que respecta a roubos abondo máis tranquila que outros lugares. Claro que a xente perxudicada terá unha visión máis negativa.
En canto a psicoloxía da xente, de nós, en relación á 'ola de roubos', tamén poderían sacarse consecuencias. Ti, que opinas?

20110209
Un emblema vendido, un emblema mercado
Hai pouco tempo que se viñan rumiando medidas para evitar a caída da Torre dos Moreno. Na fin de semana houbo unha sorpresa: o cambio de titularidade do 50% da propiedade da Torre. A cousa entendo que pasou de:
21% pertencente ó Concello
15% á familia Vigil de Quiñones Parga
10% á familia Sevilla (entendo que é así por informacións que me chegaron, se ben a prensa fai recaer esta porcentaxe a herdeiros arxentinos e non puiden testar cal é a opción válida)
35% ás familias Quintana Calamita e Basanta
19% a herdeiros na Arxentina
a:
21% pertencente ó Concello
50% a Paisajes de Asturias
10% á familia Sevilla
19% a herdeiros na Arxentina.
A cousa pode ser boa ou mala de cara á conservación do edificio. En principio, enténdese que se unha empresa o merca, é para darlle aire, para aproveitalo, o que implicaría un coidado e polo tanto os preceptivos amaños e reformas para que non só non se caia, senón que se poda aproveitar como residencia ou servizos. Non obstante, non só queda o impedimento do 29% alleo ó trato e ó concello, senón que a prensa faise eco de que a empresa asturiana xa ten outro edificio en Ribadeo, a Casa dos Perecitos, sinalada na toma do sigpac (ver foto ampliada) cunha cruz, na r/ Viejo Pancho, na praciña entre as 'Catro calles' e o Hotel Rolle (r/ Ing. Schulz, que presenta unha fachada uniforme debido á tea de cobertura de obra que tiña cando se tomou a foto). A casa está literalmente sen balcóns ou teito, esperando dende que o concello tomou a decisión de evitar que houbera un accidente. É evidente que non está sendo aproveitada; máis ben parece que está 'á espera' dunha rendibilidade especulativa. Espero que non sexa así, pero é a impresión que da. Mal andariamos se coa Torre se segue o mesmo camiño.
E é que o tema da venda da Torre parece ter algo de falta de diplomacia: di o alcalde que se enterou pola prensa, mentres o representante de Cultura - Xunta en Lugo anunciou a operación, despois de estar ambos os dous no allo da conservación da Torre, para a que se decidiu (concello) un apuntalamento que aínda non se levou a cabo por falta de cartos (30 000 €). Vistas así as cousas, o tema parécese a unha especie de 'OPA hostil' na que alguén alleo en principio, a empresa 'Paisajes de Asturias' se fai cunha parte decisiva dun inmoble para especular. Entendo (non é o que di o ordenamento xurídico que puiden consultar) que os copropietarios dun inmoble deberan ter dereito de tanteo, co que o concello teríao, e aínda que non teña a capacidade económica para afrontalo, tería ese primeiro aviso da posibilidade de exercelo. Polo tanto, a cousa iría máis aló das malas relacións entre alcalde e anteriores propietarios.
Vista a nota de prensa do concello, non parece confirmarse o dereito de tanteo, pero si a necesidade dunha cautela por falta de información e declaración de intencións.
-- Actualización, un día despois:
Unha nota de prensa do concello indica que os compradores parecen colaborar: ogallá sexa así, o que non invalida os comentarios xa feitos.
-- -- Actualización posterior:
A familia Sevilla vendeu a súa parte a Paisajes de Asturias. A parte do concello tamén perece destinada á venda.

arquitectura,
torre dos Moreno
20110208
En cambios
Segundo parece, a Torre dos Moreno está a comezos de grandes cambios, coa venda dunha parte significativa en poder dos descendentes dos irmáns Moreno a unha empresa. O blog, tamén está en cambios por unha tempada...
Etiquetas:
arquitectura
Unha nota estelar
O pasado fin de semana, un grupo de 30 alumnos do IES Porta da Auga, coa materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, e eu, subimos á Casa da ría de Ribadeo, en Santa Cruz, para realizar unha exploración do ceo nouturno.
Fixemos un repaso das características principais dos telescopios existentes na cúpula e dos rudimentos de orientación no ceo nouturno.
Despois de ver a constelación de Leo sobre Castropol, cara o Norte aprenderon a distinguir a Osa Maior, e dela, saltar á estrela Polar e atopar Cassiopea. A partir desta constelación, e pola Via Láctea, pasamos ó grupo principal de estrelas do noso sur celeste invernal, o hexágono de inverno, centrado en Betelgeuse, na constelación de Orión. Como punto de referencia, Sirio, a estrela máis brilante da noite, e aliñada coas Tres Marías, foron quen de atopar Aldebarán en Tauro e o grupo das Pléiades, empregado como calibrador de agudeza visual. Despois repasaron outras estrelas da zona: Capella no Cocheiro, Castor e Polux en Xéminis, Proción no Can Menor e Rigel en Orión, así como a nebulosa desta última constelación. Igualmente, descubriron a mitoloxía que
involucra ás constelacións de Orión, Tauro e os Cans Maior e Menor.
A visita rematou pasada a medianoite.

astronomía,
educación
20110204
A río revolto
... ganancia de pescadores.
O refrán hai que interpretalo, para ver o que significa 'río', 'revolto' e 'pescadores' en cada caso. O da 'ganancia' pode estar máis claro en xeral que os outros conceptos, unha vez identificados.
Resulta que en Ribadeo, hoxe, a nova que me chama a atención é a que inclúe a voz sobre a Torre dos Moreno. Todos sabemos que a Torre necesita coidado urxente. José Calavera e a empresa Intemac lévano advertindo longo tempo en informes diversos, e calquera pode ver o deterioro de toda a fachada e lembrar os traballos xa realizados hai tempo no seu interior, para amarrar as columnas. Hai unhas semanas comezouse un apuntalamento de urxencia. Mesmo se cortou a rúa. E, de novo, comezou a polémica. Coidado co que se fai á torre... coidado con invadir unha propiedade privada ... non houbo un aumento de propiedade do concello, está todo parado (... e abondo máis que se podería poñer) ... de quen é a culpa? A día de hoxe, si, o que se ía a facer non se continuou: a Torre está parada.
Chamarse á culpa non é doado, non. Resulta máis difícil o escabullirse da culpa que botan enrriba os demáis, pero botándoa os uns ós outros, non se nota tanto. Por iso coido que ninguén a nivel concello di que ten unha parte de culpa, e todos a botan ós demáis. Pero iso non resolve nada. Só enturbia o río, neste caso, a vida municipal e as accións que se poden tomar para solventar o tema. E os pescadores? Quizáis serían quenes están enturbiando o río para coller ós outros como peixes. A ganancia ven dada segundo os peixes... E a Torre? Ela vai a parte. Identificada como fonte do problema, ten sorte de non ser unha persoa: ó ir vella, non se podería defender moi ben por sí soa e a parte do descoido no seu mantemento, ía levar tortas ata no carné.
Como colofón, é curioso que ás veces o tema da Torre pase por tirar para adiante e outras por conciliar. Cuestión de técnica (política).

sociedade,
torre dos Moreno
20110203
Só unha cita
de Gandhi; téñoa apuntada hai tempo para un día como hoxe, coido que tirada do video 'La obsolescencia programada': "O mundo é abondo grande para satisfacer as necesidades de todos, pero sempre será abondo pequeno para satisfacer a avaricia dalgúns". Pois iso.
20110202
A lama pégase
Agora que está de moda noticieira que varios países do norte de África tenten rebelarse contra gobernantes corruptos, que non deixa de estalo as manobras que fan políticos en activo en España para non só esquivar o cárcere, senón ganar votos a conta da śua popularidade co tema, que se ve que non é patrimonio un só grupo político, senón que está amplamente extendido, etc, coido que é cousa tamén de pensar na substitución das redes clientelares e fraternais que fan posible o mantemento e mesmo o fortalecemento da gobernanza corrupta, alimentada de diversos xeitos.
Evidentemente, quen está no poder, ten resortes de poder. E úsaos. E tenta mantelos posteriormente. De tal xeito que é difícil substituílo, aínda que se queira. Son redes extensas que fan que sexa difícil non voltar caer noutro lugar delas. Temos o exemplo de Túnez, que obrigou a marchar ó ditador '1', pero que non foi quen de facer unha substitución da camarilla, pois segue a encabezar o país xente relacionada con ela e con el. Teñen a rede. Coñecen os fíos. teñen os medios. E mentras que a xente que obrigou ó ditador a saír do país está durmindo na rúa frente ó pazo para tentar facer presión, son xente doutros pazos os que substitúen as cadeiras vacías. E en fronte, a ameaza constante do caos por falta precisamente dun sistema que permita vertebrar as protestas e o descontento fora das redes, máis ben teas de araña, que atrapan a quen tenta pasar a traverso delas sen decatarse nin de que existen.
Aí está Exipto, onde onte mesmo a nova principal na prensa, tras o peche de internet, era que os exilados estaban a voltar para tentar facerse cargo de encabezar a oposición. Que non había líderes entre a xente que se está a mobilizar, para encabezala. E os 'líderes' no extranxeiro seguen a considerarse como tal ó teren disposición das redes e os medios...
As transicións máis suaves, por outra banda, manifestan exactamente o mesmo problema. Aí está o mesmo exemplo hispano, onde os primeiros momentos da transición tiveron que ser a ritmo suave para non remover moito as augas, non fora a ser que as forzas fácticas e non fácticas ruxiran de novo. O resultado, que considero que non foi malo de todo, é que seguimos en transición, non só cara a democracia, senón cara a transparencia, mantidos por redes de poder semellantes ás que había naqueles comezos; con caras novas, pero tamén vellas caras. E pedindo que a transición se complete dunha vez ... algo que non parece posible ó estar a sociedade impregnada das taras anteriores e mentras se ve que máis ben está sucendendo unha regresión que a continuación da transición.
A foto, unha zona de Ribadeo emblemática, a media luz. Non o que se entende por media luz distribuída, xeral, senón cunha separación fundamental entre a luminosa parte superior e a sombra que cobre a parte baixa, onde está a xente. O momento, un acto que congregou abondo público, a carreira de fin de ano, na que se observa o patrocinio, dun xeito ou outro, a aportación de cartos, da Coca-Cola.

20110201
Que non se esqueza: é unha riqueza
A ría de Ribadeo é fonte de paz, é asemade lugar que facilita o comercio. É un atractivo turístico. É moitas cousas. Entre elas, un lugar de paso de aves e invernada. Hai dúas semanas unha pequena nova daba fe da contabilidade de aves na ría de Ribadeo, feita polo goberno do Principado de Asturias no fin de semana do 15/16 de xaneiro. A nova, tal como a vin, carecía de datos para saber detalles, como se por exemplo a contabilidade se reduxo ó territorio baixo administración asturiana (o que considero máis probable) ou abrangueu o conxunto da ría, pero de calquera xeito, coido que ten un atractivo contable:
total Individuos: 3 123
total Especies: 43
As especies máis numerosas [nome en galego / nome en castelán (nome científico)] contabilizadas son:
Asubiador / Silbón Europeo (Anas penelope): 619
Lavanco / Ánade Azulón (Anas platyrhynchos): 438
Pato Rabilongo / Ánade Rabudo (Anas acuta): 247
Cerceta Común (anas crecca):189
O que aquí aparece como apunte illado o blog de Enrique Sampedro cólleo como algo de estudo continuado: ten diversas entradas sobre o tema das aves na ría, incluíndo en decembro diferentes listados de especies avistadas, ou o día de reis, se se quere seguir máis polo miúdo.
Unha referencia a hai vinte anos, segundo un traballo escolar (o que atopei en internet daquela época, aínda que non sexa moi fiable de por si e careza de fontes):
Especie e cantidade avistada segundo o ano (1987 / 1988 / 1989)
Corvo mariño: 22 / 7 / 20
Garza real: 26 / 21 / 22
Lavanco real: 260 / 625 / 752
Pato careto: 489 / 350 / 860
Pato asubión: 4000 / 1584 / 2045
Focha: 322 / 209 / 200
Mazarico: 181 / 63 / 169
Un estudo máis recente e máis fiable (Invernada de aves acuática en Galicia 2001, censo da Sociedade Galega de Historia Natural) di: "A Ría de Ribadeo foi a sexta localidade por número de aves (1858, o 4,14 % do total, excluídas as gaivotas máis comúns) e por ser a principal zona de invernada para 4 das 23 especies que se censaron nela: Anas strepera, Anas acuta, Aythya marila e Recurvirostra avosetta."
As fotos, unha do fondo da ría de Ribadeo, dende os bloques, e outra dun lugar atractivo para as aves, a enseada da Liñeira, vista dende o periao de Porcillán. Como sempre, ampliables.
Etiquetas:
Enrique Sampedro,
Fotos ría de Ribadeo,
Medio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)