20110204

A río revolto

... ganancia de pescadores.
O refrán hai que interpretalo, para ver o que significa 'río', 'revolto' e 'pescadores' en cada caso. O da 'ganancia' pode estar máis claro en xeral que os outros conceptos, unha vez identificados.
Resulta que en Ribadeo, hoxe, a nova que me chama a atención é a que inclúe a voz sobre a Torre dos Moreno. Todos sabemos que a Torre necesita coidado urxente. José Calavera e a empresa Intemac lévano advertindo longo tempo en informes diversos, e calquera pode ver o deterioro de toda a fachada e lembrar os traballos xa realizados hai tempo no seu interior, para amarrar as columnas. Hai unhas semanas comezouse un apuntalamento de urxencia. Mesmo se cortou a rúa. E, de novo, comezou a polémica. Coidado co que se fai á torre... coidado con invadir unha propiedade privada ... non houbo un aumento de propiedade do concello, está todo parado (... e abondo máis que se podería poñer) ... de quen é a culpa? A día de hoxe, si, o que se ía a facer non se continuou: a Torre está parada.
Chamarse á culpa non é doado, non. Resulta máis difícil o escabullirse da culpa que botan enrriba os demáis, pero botándoa os uns ós outros, non se nota tanto. Por iso coido que ninguén a nivel concello di que ten unha parte de culpa, e todos a botan ós demáis. Pero iso non resolve nada. Só enturbia o río, neste caso, a vida municipal e as accións que se poden tomar para solventar o tema. E os pescadores? Quizáis serían quenes están enturbiando o río para coller ós outros como peixes. A ganancia ven dada segundo os peixes... E a Torre? Ela vai a parte. Identificada como fonte do problema, ten sorte de non ser unha persoa: ó ir vella, non se podería defender moi ben por sí soa e a parte do descoido no seu mantemento, ía levar tortas ata no carné.
Como colofón, é curioso que ás veces o tema da Torre pase por tirar para adiante e outras por conciliar. Cuestión de técnica (política).

Ningún comentario: