20220227

De Ninguén a Don: compañeiros de viaxe, ecoloxistas e outras composturas

De Ninguén a Don: compañeiros de viaxe, ecoloxistas e outras composturas

    A guerra sempre é mala, mais se a hai é porque hai quen a considera un mal menor.

    Na escola estudei Dniéper, Dniéster e Don como os ríos que corrían cara ó mar Negro no que daquela non sabía territorio Ucraíno. Mais Don, ten abondo máis significados que o nome do río. De habilidade a concesión, pasando polo tratamento de respecto, sexa de xeito debido / ganado ou indebido / roubado, herdado, semellado por impostura ou outras posibilidades. E, en moitos tratamentos administrativos, emprégase o título de 'Don' (ou dona) por defecto para calquera persoa. Pode que por iso, para aproveitar o que se interpreta como contraste, haxa quen use a expresión 'Don Ninguén' para remarcar que hai persoas que non se teñen que considerar por moito que poñan algún tipo de Don diante, ou sinxelamente, que poden non considerarse. Entendámonos: non é que non se consideren persoas, é 'como se non se considerasen'.

    Hoxe están literalmente de moda as novas sobre a guerra de Ucraína. Que si Putin, a OTAN, incumprimento de tratados, imperialismo, fascismo, a economía... Cinguíndonos a Rusia e Ucraína, rondan os douscentos millóns de persoas. Pregúntome cantas delas estaban hai, poñamos, un mes, traballando para que houbese guerra. E se precisamente son elas as máis prexudicadas pola guerra. Claro, unha vez comezada a guerra, xa non é tan doado a todos eses millóns saír dela, deixala atrás, ou á beira, zafarse como se nada: o normal é que quen queira facelo sexa considerado como traidor a quen, quen tén agarrado o mango, di que son 'os seus'.

    E iso ocorre en tódolos campos, con moitas guerras que parecen máis incruentas, ben porque non se ven as mortes ou a dor tan cerca no tempo ou no espazo, ou nas noticias.

    De aí que me considere un Ninguén, sen nin tan só o don diante. Iso si, un Ninguén como moitos outros millóns de ninguén. Mesmo os Don son tamén Ninguén, forman parte desa constelación de ninguén que somos as persoas no mundo. Do mesmo xeito, todos somos Don, pois a todos se nos debe respecto. Pero, para non caer na tentación de crer que ese respecto é un privilexio, ou de usalo como arma, o ser ninguén Ninguén, está ben. Un ninguén máis.

    Ser persoa (coma ti) implica ter moitos compañeiros de viaxe neste mundo, queridos ou non, de ideas parellas ou opostas, pero compañeiros na sociedade. Aí está o intríngulis de quen cre que quere cousas diferentes ás que ti: o facerte crer que estás illado, que non tes contigo máis que a algún despistado e a quen por unha ou outra razón, é difícil que te diga ‘non’. Porque illado es tan pouca cousa que non es ninguén. Mais, Ninguén, pensa que si hai xente coma ti, aínda que non os vexas ou non os identifiques. En relación a unhas cousas, serán uns. Respecto a outras, outros.

    Quen vai parar o quecemento global ou a contaminación? Os ecoloxistas? Necesarios, si, pero sós, non. Os Don? Cos seus intereses inmediatos, non. Entre todos pode ser posible. Isto é, todos os ninguén, coas contradicións que arrastramos entre nós e internas a cada un, conscientes de que tamén temos intereses inmediatos, árbores que non nos deixan ver o bosque. E sabendo que ó final, tamén os Don son ninguén, tamén con moitas contradicións e poucas solucións a estas alturas. Iso, ou non se fará. Igual que para a paz somos necesarios todos, pero para a guerra, chegado un punto, fan falta poucos. Se houbera dúbidas, aí están os ‘botóns nucleares’.

    A sociedade leva poñendo regras dende que existe. Esas regras son cada vez máis complicadas. E non deberan, porque complican a vida. Pero se hai unha carreira cara á complicación, ó menos en parte é porque tamén se procuran cada vez xeitos máis artellados de saltar o espírito co que se constrúen. E iso non soe poder facelo un ninguén dentro deste sistema. Un sistema, como moitos outros posibles, inestable de por si, aínda que capaz de reproducirse se ten recursos. Se os ten.

    Aprecio a moitos Don. Pero non por iso deixo de saber que non deixan de ser, tamén, ninguén. Por sorte para todos. Por sorte para a humanidade.

Ninguén, un ninguén.

Coronavirus en Vilalba, domingo 20220227

    159 casos, segue a baixa. Incidencia de 1129 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)
 

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20220227

    59 casos. Incidencia de 590 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Melloramos.

Anteriores (e posteriores, se hai)


20220225

En resposta ó mal uso dos recursos. O caso dos eólicos

    Chegoume onte, antes de que esta mesma mañá vira a nova de que a central hidroeléctrica proposta no río Ouro non conta co visto bó da o organismo das cuncas de Galicia-Costa.:

En nome da Plataforma Eólicos na Mariña, así non, enviamos nota de prensa e material complementario relacionado coa campaña estatal que as 3 plataformas veciñáis da Reserva da Biosfera "Río Eo, Oscos e Terras de Burón" estamos apoiando, e onde solicitamos a adhesión á mesma aos Órganos Xestores da Reserva e aos 14 Concellos que a compoñen. Na campaña búscase unha moratoria dos proxectos enerxéticos en todas as reservas da biosfera de España.

Plataforma Eólicos Na Mariña, Así Non.

https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon 

    A documentación que ía anexa era:

Tres plataformas veciñais da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras do Burón” piden a unha moratoria dos proxectos eólicos na Reserva
A potencial implantación de 307 novos aeroxeneradores na Reserva da Biosfera “Rio Eo, Oscos e Terras de Burón” (42 complexos eólicos), que se sumarían aos 326 xa existentes (12 complexos eólicos), coloca en alto risco a declaración de Reserva da Biosfera debido á degradación ambiental causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión eólica.
Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non, solicitaron esta semana aos xestores da Reserva da Biosfera "Río Eo, Oscos e Terras de Burón" e aos 14 concellos que a configuran a adhesión á campaña organizada pola “Alianza Enerxía e Territorio” (ALIENTE) que busca solicitar ao Comité Español do Programa Man and Biosphere (MaB) - que xestiona as Reservas da Biosfera a nivel estatal - unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera, ate que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España” que o propio Comité Español do Programa MaB, acordou encargar ao Consello Científico de dito Programa.
A campaña conta xa coa adhesión de 21 Reservas da Biosfera e case 260 colectivos, entre eles algún órgano xestor (como os casos das Reservas da Biosfera de Allariz e da Sierra de las Nieves); e na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” xa ten máis de 70 apoios.
Estas plataformas solicitaron tamén unha reunión cos xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e coa Asociación InterEo, que aglutina aos 14 concellos da Reserva, para discutir a problemática eólica e o posicionamento ante a mesma. 

Máis información da campaña en: 
https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera 

Ver en anexo a carta modelo enviada aos Concellos e Xestores da Reserva.

    Mapa: 

    E documento para enviar:
    
 
 

 

Coronavirus en Vilalba, venres 20220225

    170 casos, descenso importante, e é previsible que toda a próxima semana vaia descendendo. Hoxe, incidencia a 14 días, 1207 por cada 100 000 habitantes.

Anteriores (e posterioress, se hai)


Coronavirus en Ribadeo, venres 20220225

    71 casos. A previsión é que a próxima semana baixe rápido. Incidencia hoxe: 710 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)


20220224

Fincas a subasta en Ribadeo

    Apareceu no BOE de onte, por se interesa:





Coronavirus en Ribadeo, xoves 20220224

    81 casos, incidencia de 810 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)


Coronavirus en Vilalba, xoves 20220224

    190 casos, incidencia de 1350 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)
 

Acta do pleno ordinario 2022-0001, de 28 de xaneiro, e actas finais de 2021

    Xa teño comentado no blog sobre este pleno na entrada 'Residencia, normalidade, memoria' sobre o compromiso adquiirido e non cumprido das normas da Residencia de Maiores. Agora deixo a ligazón á acta, que se refire ó tema de xeito curto nas súas páxinas 13 e 14, acompañado das correspondentes ós dous últimos plenos de 2021.  

ACTA DO PLENO 2022-0001 [Acta Pleno Ordinario 28.01.2022]

ACTA DO PLENO 2021-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 16 DE DECEMBRO DE 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0012 [ACTA PLENO ORDINARIO 30.11.2021]

    --

    Entradas sobre actas e plenos.

20220223

20220222

Maragatos en Ribadeo?

Maragatos en Ribadeo?

Maragato, pato,
unha zoca i un zapato.
Maragato, pato,
fillo dunha cincha,
cando o galo canta,
o maragato rincha.
(Ditos recollidos de 'Falan os de Ribadeo')

    Si, maragatos en Ribadeo. Din as indicacións de sistemas modernos que Ribadeo atópase a unhas 44 horas, 200 km, andando, da capital de concello maragato máis próximo, Brazuelo. Non é moito se consideramos que os maragatos tiñan fama de comerciantes que levaban produtos dun a outro lugar, e que ruta máis ou menos inversa facían de xeito anual aqueles que nomeaba Rosalía e que 'cando van, van como rosas, cando vén, vén como negros'. A lomos de animais ou en carros dos que os maragatos eran os arrieiros, veñen a significar seis ou sete longas xornadas de viaxe, se nos fiamos do que parece era normal na época, uns 30 km diarios no transporte de sal e outras moitas mercadorías. E se a maragatería era un centro de dispersión comercial guiada polas súas xentes, Ribadeo era o porto do Cantábrico por excelencia xa no século XVIII, onde as facilidades do transporte por terra tardaron en chegar, aínda coa ilusión do ferrocarril entre Ribadeo e o Bierzo truncada a partir da Pontenova dende hai máis dun século. Existen en Ribadeo as rúas de Vilaoudriz, moderna, pero adicada á outra punta do vello ferrocarril mineiro, unha realidade que dinamizou a cunca baixa do Eo, e de Vilafranca, antiga, pero adicada a unha ilusión: o entronque co ferrocarril á meseta, que nunca chegou e que sería o recambio dos arrieiros maragatos. Os maragatos forxaron a súa lenda neses tempos nos que se comezou a poder viaxar entre a meseta e Galicia con lentitude, pero cunha certa seguridade, e aqueles outros nos que a rapidez mecánica arrombou o poder animal no transporte nesas rutas. E tamén pola súa labor nos comezos desa nova época.

    Cando penso en 'maragatos', ás veces vén á miña cabeza a verba 'inmigrantes'. Cousas da historia, viñeron doutra terra, no seu momento, pero a integración, que en xeral comezou antes de establecerse aquí coas sucesivas viaxes realizadas, continuou, e xeracións despois, fai que hoxe, na zona de Ribadeo, non teña ningún sentido xuntar ambos conceptos, a pesar de seguir usando a cualificación toponímica de 'maragato' como recoñecemento dalgún ancestro nado aproximadamente na Maragatería.

    Os primeiros maragatos que se me veñen á cabeza son a familia Nistal, chegados da zona de San Justo de la Vega. Está ligada coa Empresa Ribadeo de autobuses, no que parece unha continuación lóxica do traballo familiar, e un Nistal é referido por Chemi Lombardero entre os maiores contribuíntes para elección de compromisarios do Senado xa no 1907, indicando en ambos casos unha saudable economía. Mais o mesmo apelido, a poucos quilómetros, en San Miguel de Reinante, atópase ligado a unha taberna e ultramarinos, do mesmo xeito que en Ribadeo tampouco se quedou estático en torno ó transporte, senón que diversifican a súa actividade no mundo do comercio ou a hostalería. Nada moi diferente do que pasou noutros lugares con outros maragatos. Iso si, se a xente que en España leva o apelido Nistal achégase en España as 3000 persoas segundo o INE, e unha cuarta parte está na provincia de León, á que pertence a comarca da Maragatería; en Lugo non chegan ós 50, o 1,5 %, pero de eles, case a metade está relacionada con Ribadeo.

    En 1930 constituíase a empresa Ribadeo de autobuses. Os donos? Tres familias de orixe maragato, os Freire e dúas ramas dos Nistal. Non hai xente de certa idade que non teña coñecido e viaxado coa coñecida en Ribadeo como 'A Empresa' ou coas siglas 'ERSA'. Empresa que aglutinou os transportes previos dos que dispoñían os seus donos e acadou gran pulo no transporte galego. Estableceu entre outras unha liña entre A Coruña e Xixón, colaborando con Automóbiles de Luarca, a actual ALSA, encargándose unha da parte galega e outra da parte asturiana, con trasbordo en Ribadeo. A empresa, segundo Martín Fernández Vizoso, era a principal fonte de emprego en Ribadeo a mediados do século pasado, mais a súa decadencia levouna a ser mercada por Industrial Auto, S.A. (IASA) e desapareceu como nome comercial a finais do século pasado.

    Os maragatos aparecen aquí e aló na zona de Ribadeo. Ás diversas ramas da familia Nistal engádense outros apelidos. Pódese descubrir, por exemplo, na colección de fotos 'Ribadeo na Memoria' a foto coa que ilustro este texto, anónima e de data indeterminada, que amosa a familia diante da Casa Maragato, na parroquia de Covelas, acompañada dunha lenda lembrando a orixe e o carácter comercial dos maragatos. Ou nas citas relacionadas con Jesusa Puentes, dos Maragatos de San Miguel, e dona de Don Ramoncito, parella ineludible da vida daquel entorno a mediados do século XX. Ou Alfredo do Maragato, con casa grande en Abelleira, San Pedro de Benquerencia, a comezos do século pasado.

    En Ribadeo hai un vello caserón almeado, o chamado 'cuartel vello', casa-torre con máis de tres séculos feita polos Sierra Pambley, descendentes fidalgos con orixe na beira da Maragatería, e que foron mecenas nesta terra adicando anos despois a casa a escola, a Obra Pía Sierra Pambley (1713), segundo relata Francisco Lanza no seu 'Ribadeo Antiguo'. Ós seus pés, como nos fai chegar Pancho Campos nun dos seus escritos, unha horta de hoxe con columnas de antano conta a súa historia como corte que servía para os bois dos maragatos chegados a Ribadeo. Os maragatos hai moito tempo que chegaron a Ribadeo.

-

En Maragatos de Lugo.org

Coronavirus en Ribadeo, martes 20220222

     Segue a baixar. 88 casos, incidencia de 880 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)
 

Coronavirus en Vilalba, martes 20220222 (e comparación co ano pasado)

    195 caso, por fin baixa dos douscentos, aínda que o ano pasado por estas datas estivar a cous abond mellor, como se ve na gráfica de abaixo de todo. Incidencia de 1385 por cada 100 000 habitantes a 14 días.


    A gráfica destas datas do ano pasado:

Anteriores (e posteriores, se hai)

20220221

20220220

Entre Don Benito e Villanueva non hai nada

    20 de febreiro de 2022. Hoxe é o referendo sobre a unión de Don Benito (DB) e Villanueva de la Serena (VS), no corazón de Estremadura. Dous pobos con 450 e 175 km2, 35 000 e 27 0000 habitantes, que queren unir os seus destinos como único concello. Din que ten avantaxes. 

    Dous pobos con núcleos urbáns distantes catro km. E eu penso en Galicia, en casos como Alfoz (77 km2 e 1600 habitantes) e o Valadouro (110 km2 e 1900 habitantes), con capitalidades, A Seara e Ferreira, afastadas menos de 4 km entre si, coa poboación máis dispersa, con máis dificultades para ofertar servizos, cunha fronteira mutua relativamente abondo maior... e sen plans á vista para aproveitar sinerxias.

    Non sei se o referendo estremeño chegará a bo fin, pero o mero feito de que o haxa leva a pensar que hai oportunidades, máis aló das querencias. E iso visto dende o territorio minifundista galego (minifundio en terras particulares, pero tamén en pagos públicos), xa é algo.

    Hai pouco tempo que me chegou a información de que un concello, tamén estremeño, ten case a mesma extensión que a provincia de Gupúscoa. Trátase de Cáceres, 1750 km2 por 1997 km2 de Guipúscoa. Pero nese caso, a poboación tamén é abondo diferente, estando a provincia vasca oito veces máis poboada que o concello estremeño. É dicir, non son casos comparables o de DB-VS e Alfoz-O Valadouro con Cáceres (concello) e Guipúscoa.

    E hai xa máis dunha década que tivo certo pulo na administración o impulso á unión de concellos. Aquelo pasou a mellor vida, pois a cantidade de intereses disgregados ó longo da xeografía parece unha tarefa titánica para o tirar adiante a nivel estatal. Mais daquela o interese das institucións chegou a pedir estudos do que pasaba noutros lares, como Dinamarca, unha nación con cincuenta concellos e, ó que parece, abondo máis funcionalidade que por aquí. Claro que ó ser lugares diferentes, non só inflúe que o resto das administracións sexan tamén diferentes na súa estrutura e funcionamento, senón o tamaño do estado ou a mentalidade que se foi marcando na historia do pobo.

    E hai máis cousas. Os servizos de proximidade non teñen a mesma perspectiva nunha unión de máis de 50 000 persoas concentradas en núcleos urbanos e 600 km2, como é o caso de DB-VS que noutra con 15 veces menos habitantes dispersos e un terzo de extensión (Alfoz-O Valadouro). Quizáis sexa máis semellante co caso da Mariña Oriental, catro concellos cun total de 16 000 habitantes e menos de 400 km2, aínda que cun núcleo principal de poboación, Ribadeo, con case a metade dos habitantes do conxunto...

    Si, hai moitas cousas a considerar nunha unión de concellos. O que non parece de recibo é que, tal como están os servizos públicos en Galicia -por centrarnos máis 'no noso'- non se vaia comezando a facer esas consideracións e cando menos, a mancomunar máis servizos.

Coronavirus en Vilalba, domingo 20220220

    217 casos, incidencia de 1541 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Segue a baixar.

Anteriores (e posteriores, se hai)


Coronavirus en Ribadeo, domingo 20220220

    105 casos, incidencia de 1050 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)


20220219

O banquete de Conxo (e a árbore)

    Estes días (todo febreiro) está someténdose a votación a elección da árbore europea do ano. Por España está seleccionado o Carballo do bosque do banquete de Conxo, como ganadora a nivel estatal. Nestes momentos, vai segunda na clasificación, con 105 789 votos, despois do Carballo Dunin, polaco el, con 120 353 votos. Os outros clasificados van moi por detrás (ningún chega ós 50 000 votos nestes momentos).

    Resulta que a competición organizada por treeoftheyear.org ven a ser algo así como un intento de dar pulo á conservación da natureza por exaltación de árbores que consideramos como 'nosos'. Algo ben diferente de competicións tipo da que ganaron as Tanxugueiras, pero que non deixa de ser iso, unha competición 'nacionalista'. Para mitigalo, hai que elixir non un, senón dúas árbores, o que ten dado lugar a difusión nas redes sociais de avisos de que se vote a árbore de Conxo e outra que teña pouca puntuación, para que o voto non vaia a outra árbore que teña posibilidades de ganar. Así pois, resulta que un bo fin remata nuns medios nos que se trata de 'uns contra os outros', aínda que polo camiño se espalle historia, beleza e consideración pola natureza.

    Imos agora polo banquete de Conxo. Coido evidente que, se non fora polo banquete, a árbore estaría fóra da competición, e non só porque polo sistema esixe que haxa 'algo máis' ca natureza para competir, senón porque carballos equiparables hai máis dun en Galicia. O caso é que o Banquete de Conxo coido que hoxe non é demasiado coñecido nin en Galicia, e a competición pode darlle un novo pulo ó seu espallamento e ás ideas que abanderou. Como descrición do banquete, collo un parágrafo do artigo sobre O Banquete de Conxo da Galipedia:

"Coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral (a sublevación de militares galegos contra o ditador Narváez que acabou co fusilamento de todos eles), os organizadores do banquete buscaban promover unha xuntanza interclasista na que estivesen presentes estudantes e artesáns. O acto suscitou o enfado dos sectores máis poderosos da Compostela da época. Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes (de clases podentes, a maioría) e artesáns compartiron pan e mesa."

    E agora, 'por que non votar?' pode ser unha pregunta a contrastar a 'por que votar?'. Ti mesma (ou mesmo).

    A información dada polo concurso sobre o carballo (en castelán) é:

Carballo do Bosque do Banquete de Conxo 

Especie: Roble (Quercus robur L.) 

Idade: 250 anos 

Rexión: Santiago de Compostela, A Coruña, España 

A árbore da Liberdade

Este histórico carballo naceu coa ilustración. Foi testemuña no 1856 do Banquete Democrático de Conxo, acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade. Foi defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica pioneira en España. E o bosque que o acolle, ó pé do Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un cofre botánico, aberto ó público no 2018 (cunha gran festa popular) tras permanecer inaccesible durante máis dun século. 

Nomeado por: Concello de Santiago de Compostela 

Organizador nacional do concurso: Bosques Sin Fronteras 

GPS: N 42 51.67, W 8 33.143

Coronavirus en Vilalba, sábado 20220219

    222 casos, nova baixada. Incidencia de 1577 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores e seguintes (se hai)


Coronavirus en Ribadeo, sábado 20220219

    104 casos, de novo. Incidencia de 1040 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores e seguintes (se hai)

20220218

A vella bota

A vella bota

    Unha vella canción á que lle tiña aprecio en tempos novos e da que xa non lembro ben, referíase á súa volta ó aprecio sentido por unha vella bota, compañeira de camiñatas de descuberta de montañas e vales, de natureza pero tamén da 'natureza interna', propia. Lembranzas íntimas proxectadas de xeitos diferentes no tempo mercede a un instrumento duradeiro, que se humaniza ó collerlle cariño co paso dos anos.

    Coñezo alguén que, abondas décadas despois, usa as botas da mili. Do 'Servizo militar', para quen non vivira aqueles tempos. Unhas que teño son anteriores á miña mili, cando xa tiñan feito quilómetros polo monte, e lembro que o servizo militar suprimiuse en España co cambio de século.

    En troques, lembro outras que literalmente desfixéronseme camiñando, sen vir a conto. Por sorte, estaba a menos de un quilómetro do destino, que se chega a ser no medio da travesía, non ía pasalo moi ben. Resulta que cando fun queixarme viñeron a dicirme que era máis ou menos normal. Mesmo, que me daban outras pero só porque esa vez a desfeita chegra antes que 'a normalidade'.

    Un útil, as botas, e experiencias 'de uso' totalmente diferentes, que dan lugar a relacións persoa-aparello tamén moi diferentes.

    Hoxe hai aparellos que desaparecen nas súas funcións, que están feitos para deixar de ser usados en pouco tempo. A esa característica puxéronlle un nome: obsolescencia programada. A consecuencia, un panorama de dependencia de produtos novos que veñan suplir os vellos, que hai que tirar. Máis cartos para as empresas (o que se procura), máis recursos necesitados, máis necesidade de esforzo para poder vivir, e medre continuo da burbulla de uso e abusoi do planeta. Unha burbulla que está a piques de estoupar.

    Téñennos falado da imaxe de burbullas para moitas cousas. Poñamos, a burbulla inmobiliaria. Pero a imaxe conduce en todo caso ó estoupido: son inestables. Así pasou na burbulla inmobiliaria, que arrastrou á economía. Agora, a burbulla de sobreuso da Terra está a piques de estoupar. Sexa polo clima, a falta de recursos ou a perda de biodiversidade, tres dos varios vectores da burbulla que poderiamos chamar capitalista a falta de nome mellor, e que son cada vez máis inmanexables, vemos que está a piques de estalar. E, desta, os danos que estende a burbulla ó estalar e salpican outros campos, está claro que é o que van salpicar, entre outras cousas: á humanidade, a nós. A todos, mesmo ós magnates que esquivarán -xa o fan- as primeiras salpicaduras cos seus cartos, pero que máis adiante non lles servirán máis que para abano fronte as altas temperaturas. E iso, se están en billetes, que en formato dixital é posible que os cartos sufran algún tipo de 'evaporación na nube' e sinxelamente, desaparezan.

    Confío no traballo, na ciencia e na tecnoloxía, pero de aí a pensar que o mundo vai seguir coa mesma estrutura destrutiva que ata o de agora, só sería posible coa previsión de que vou durar pouco e non ver máis aló desa data. A humanidade chegou ata aquí construíndo redes de moitos tipos, e cada vez temos máis necesidade diso, da construción de redes transparentes para a nosa comprensión, colaborativas para o noso apoio, humanas para seguir sendo nós, para evitar o máis posible ser como os peixes enredados nunha rede que non é súa e que os leva fóra do seu medio ata morrer. Sen defensa. Sen poder escapar.

Coronavirus en Vilalba, venres 20220218

    244 casos, incidencia de 1733 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Nova baixada.

Anteriores (e posteriores, se hai)


Coronavirus en Ribadeo, venres 20220218

    109 casos, incidencia de 1090 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Pequena subida, de novo.

Anteriores (e posteriores, se hai)


20220217

Coronavirus en Vilalba, xoves 20220217

    252 casos, incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes, 1790.

Anteriores (e posteriores, se hai)


Coronavirus en Ribadeo, xoves 20220217

    104 casos, incidencia de 1040 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores (e posteriores, se hai)


DIA DOS HUMEDAIS EN RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico

DIA DOS HUMEDAIS EN RIBADEO

    O pasado día 2 de febrero celebrouse a 52 edición do día Mundíal dos Humedais, que a nivel local repetiu a liturxia tradicional ca consabida observación de aves. Un lixeiro contraste con edicións anteriores marcouno o mínimo protagonismo das autoridades municipais, que nesta ocasión prescindiron de pousar con tan fotoxénico recurso. Polo demais os discursos festivos deron a consabida imaxe parcial, chamemoslle edénica ou preciosista da Ría de Ribadeo que non existe mais que nos relatorios académicos ou nos anaqueles das bibliotecas, pero non garda a mínima relación ca realidade. Como en anos anteriores, so se asiste á contemplación pasiva das aves pero non existen verquidos, nin recheos, nin proxectos de mais recheos, nin cambios nas correntes, nin na sedimentación, nin nos fondos dos tesóns e das canles, nin houbo obras nin pontes nin portos, nin ferragachos, nin centos de esperpénticos vehículos, nin autovías, nin ampliacións ilegais sen Estudos de Impacto, nin outras ampliacións que incumpliron flagrantemente o Estudo de Impacto, nin están prácticamente extinguida ducias de especies animais etc. etc. Pero non hai que preocuparse porque a ría está protexida polo Convenio Ramsar, a Rede Natura 2000, a Reserva da Biosfera, etc. etc. Como ten declarado repetidamente o Sr. Alcalde Ribadeo, por poñer un exemplo, no caso dos apartamentos e cafetería da Illa Pancha solicitáronse todos os informes sectoriais preceptivos e todos foron favorabeis, aínda que despois saíra o Defensor del Pueblo en plan incordiante para documentar a ilegalidade do proxecto, da súa tramitación e do incumprimento de normativa vixente na Rede Natura 2000. En fin, a lei existe pero non se cumpre e a ría está protexida, pero só no papel.

    Cecais vaia a pena lembrar que a visión fotoxénica da Ría de Ribadeo ten un precedente políticamente significativo no libro editado no 2009 conxuntamente polos concellos de Castropol e Ribadeo co título “A RIA DE RIBADEO. Natureza entre dúas augas” en versión galega e “LA RIA DEL EO. Naturaleza entre dos aguas” en versión castelá. Este libriño, editado con todo luxo en papel couché ten máis de 260 páxinas e 400 fotografías da mellor calidade, pero a lectura do seu texto dá unha versión de “copia e pega” tomada de outros tempos que garda moi escasa relación ca realidade actual e a do ano da sua edición, como dixemos o 2009. O libriño en cuestión non menciona ou só fai algunha alusión de pasada aos enormes cambios na sedimentación, cas modificacións de canles, perdas de calado e crecemento dos tesón; na bioloxía, ca práctica desaparición de diferentes variedades de peixes, moluscos, crustáceos ou algas ou a aparición de especies alóctonas colonizadoras, todas elas precedidas por obras e actividades humanas que tampouco se expoñen no documento. Convén suliñar que o libro en cuestión iba destindo aos colexios e no caso concreto de Ribadeo foi entregado polo Sr. Alcalde o día 19 de maio de 2009 aos directores dos mesmos nas escaleiras do concello, foto incluída.

    Asi pois debemos denunciar, máis unha vez, que con estes agasallos do día dos humedias, no caso concreto de Ribadeo, estase engañando aos escolantes, estáselles dando una versión deformada e manipulada da realidade actual da ría, estase agochando todo o proceso de deterioro e degradación e o seu verdadeiro estado actual e a omisión sistemática das normas de protección e concretamente da redacción dun Plan de Protección que xa esixía hai máis de 30 anos a lei 4/89 de Conservacion dos Espazos Naturais e da Fauna e Flora Silvestre. En fin, remataremos suliñando que todo esto non sucede por casualidade. Os intereses económicos, personais e políticos de particulares prevalecen sobre o interese xeral de conservación da natureza e dos recursos que poderían beneficiar a centos ou miles de persoas e determindas festas e celebracións cumpren a función social de embelecer a realidade para que todo siga igual.

Evaristo Lombardero Rico

20220216

PLENO GUINESS. José María Rodríguez Díaz (2007)

    A análise dun pleno que foi atípico en varios sentidos; algúns, para aquel momento, outros, en xeral.

Miércoles, 14 de noviembre de 2007

PLENO GUINESS

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 8:58

Un pleno, extraordinario por su duración, que merece figurar en libro Guiness de la historia de Ribadeo: cuatro horas de duración. Extraordinario, también, por la ausencia de crispación a la que tan habituados nos tenía el gobierno anterior. Una atmósfera de diálogo y entendimiento entre todos los ediles del pleno, fruto del talante del alcalde, a la que no estábamos acostumbrados.

Fue escasa la presencia de público asistente a pesar del interés de los puntos a tratar en el pleno. Algo que no me extraña si tenemos en cuenta las deficiencias de audición que se producen, debido a la desconsideración de los ediles con el público asistente. Unos hablan para el cuello de su camisa, algunos lo hacen con el micrófono cerrado y los demás lo mantienen lo suficientemente alejado para que el público no se entere de lo que dicen.

Intentar reflejar aquí todo lo tratado y acordado durante esas cuatro horas de duración excedería la extensión de este breve comentario. Trataré únicamente de destacar algunos puntos de mayor interés para el lector.

Uno de los puntos más relevantes que se trataron fueron los presupuestos, que se aprobaron con solo los cuatro votos del BNG y la abstención de los nueve ediles restantes. Un presupuesto para el año actual, ya casi finalizado, que más parece una liquidación de ejercicio que un presupuesto. Un presupuesto que supera al anterior del 2006 en un 7,84 %, y que alcanza la cifra de cerca de nueve millones euros. ¿En qué se gastaron? ¿Qué inversiones se hicieron?

Seguidamente se aprobó un reconocimiento extra judicial de crédito para poder hacer frente a facturas atrasadas pendientes de pago desde el año 2005.

Se trató, a continuación, el punto sobre la Modificación de las Ordenanzas Fiscales y Precios públicos. En un intento de sanear a costa del pueblo la maltrecha economía del concejo se carga, una vez más, la solución de este problema sobre los hombros de los contribuyentes. Estos habrán, pues, de hacer frente a las cada vez más elevadas deudas del concejo con una subida del IPC en los impuestos, y aún más en algunos casos, como en el recibo del agua que subirá un 5,15 %, el de las Escuelas Deportivas, que sube un 25 % o el de la recogida de basura que alcanzará un 10 %. Y en esa misma línea siguen empeñados en crear nuevos impuestos para cargar sobre los hombros de los contribuyentes el maltrecho estado de la tesorería municipal. Sólo en un caso no pudo sacar adelante el alcalde su propuesta de aplicar a las plusvalías de las ventas de inmuebles urbanos un nuevo impuesto del 3%. ¿Cuándo pensarán en sanear el concejo apretándose ellos mismos el cinturón? ¿Sabe el pueblo que hay funcionarios que perciben una escandalosa nómina de casi setenta y siete mil euros? Una situación, pues, a la que no es ajena la enorme partida dedicada a gastos de personal que alcanza casi el 50 % del presupuesto, pero de lo que nadie quiso hablar en el pleno. No dudaron, sin embargo, los ediles en aprobar sin excepción una dotación económica para los grupos políticos municipales, algo que nunca antes existió y que suena a compra de voluntades como hiciera hace tiempo el alcalde anterior con el convenio de funcionarios.

Una bien elaborada moción presentada por UPRI hizo que la propuesta de la mesa sobre el punto de recogida de embases y adjudicación del Punto Limpio fuese aparcada para ser estudiada en mejor ocasión por la graves irregularidades que contenía el estudio.

Llegados ya al turno de Ruegos y Preguntas, tanto el alcalde como los delegados aludidos fueron dando respuesta de forma pausada a las muchas preguntas de UPRI y del PP. Únicamente se produjo un fuerte rifi-rafe, rayano en lo personal, entre el Sr. Rivas, portavoz del UPRI y el concejal de medio ambiente, Sr. Cupeiro, por causa del tratamiento del antiguo vertedero municipal. Fue esta la única nota discordante del pleno.

Invita, asimismo, el PP al equipo de gobierno a actuar sobre la mejora integral del entorno del Colegio de la Sagrada Familia y la Estación Vieja del Ferrocarril.

Seguidamente, y para finalizar, da respuesta el alcalde a las preguntas formuladas por la asociación de vecinos O TESON. Entre ellas cabe destacar, por su importancia, la voluntad manifestada por el alcalde de elaborar un Reglamento de Participación Ciudadana para regular y canalizar la participación del pueblo en la vida política del concejo.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Nota: O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (... e fin)     

Coronavirus en Vilalba, mércores 20220216

    264 casos, incidencia de 1875 casos por cada 100 000 habitantes ós 14 días. segue a baixar.

Anteriores (e posteriores, se hai)
 

Coronavirus en Ribadeo, mércores 20220216

    110 casos, incidencia de 1100 cpor cada 100 000 habitantes a 14 días. segue a baixar.

Anteriores (e posteriores, se hai)


20220214

O CARNEIRO ALADO DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

O CARNEIRO ALADO DE RIBADEO
Pancho Campos Dorado


    Fai anos que se sabe do Carneiro alado de Ribadeo, unha xoia da ourivería de filigrana exquisita emulando escamas semicirculares, unha peza 50 gramos de ouro puro de 6,5 cm de altura x 6,4 cm de longo x 2 cm de ancho. Entrou a formar parte das obras de arte máis relevantes do Museo Provincial de Lugo en abril de 1976, cando se adquiriu da colección privada de Álvaro Gil Varela.
    Segundo di Benigno Lazare nun artigo (La Voz de Galicia, 6 xaneiro 2007) parece que a peza foi inscrita como do arte prerromano, e que fora descuberta nun dragado que se fixo na Ría de Ribadeo no ano 1945. Neste artigo tamén expresa que “están sen realizar probas científicas que permitan datala con exactitude e apenas se coñece nada da súa procedencia polo que se pode seguir considerando unha peza enigmática”. 






    Porén, segundo parecer do arqueólogo Felipe Arias Vilas (Lugo, 5 xullo 1949) puxo en solfa a suposta localización na Ría de Ribadeo, pois explica que no ano 1945 non houbo ningún dragado e por outra parte, o estado de conservación tampouco parece corresponderse co que debería de ter unha peza metálica en contacto coa auga mariña durante séculos.(La Voz de Galicia, 6 xaneiro 2007)
Na Wikipedia aparece Felipe Arias como un señor licenciado en Filosofía e Letras (sección Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos, profesor, escritor e arqueólogo. Foi Director Xeral do Patrimonio Cultural na Xunta de Galicia e membro das comisións técnicas do Consello Internacional de Museos ata 2009 cando foi elixido Alberto Nuñez Feijoo como presidente. Ten varias obras de carácter histórico publicadas entre as que se atopan A Romanización de Galicia (1992); Castro de Viladonga (1985); Museo do Castro de Viladonga (1996) entre outras; para máis información ver en gl.wikipedia.org Felipe Arias Vilas.
A opinión, por tanto, de Felipe Arias debera ser considerada de peso, segundo o seu curriculum. Poren, cando di que “o carneiro alado de Ribadeo non se puido atopar na Ría de Ribadeo porque no ano 1945 non se dragou a ría”, non é argumento como para negarlle a procedencia a dita xoia de ser de Ribadeo. Efectivamente, fun comprobar tal evento á Biblioteca Municipal de Ribadeo e nin nas incompletas coleccións de Las Riberas del Eo nin de La Comarca do ano 1945 aparece noticia dun dragado da Ría de Ribadeo, nin sequera parcial. Habería que comprobar os arquivos da Axudantía de Mariña de Ribadeo, pero hoxe está desaparecida.
    A segunda afirmación “o estado de conservación tampouco parece corresponderse co que debería de ter unha peza metálica en contacto co a auga mariña durante séculos” e por tanto, “non se atopou somerxido na Ría de Ribadeo”. Esta afirmación carece de base, posto que a xoia puido estar perfectamente conservada metida nunha pota ou en calquera peza de barro cocido ou de cerámica cerrada hermeticamente, tal e como aparecen ánforas cheas de viño de épocas remotas.
Por tanto, ambas afirmacións, que parecen concluíntes, en contra da denominación da magnífica peza do “Carneiro alado de Ribadeo”, poden ser rebatidas, por ser simples suposicións, que como con todo o que se investiga sen documentación escrita que a apoie, encerra incerteza. Pero parece que calquera evento ou cousa que se denomine “de Ribadeo”, e que teñan grande interese histórico ten unha maldición en contra que trata de borralo do mapa. Véxase, como exemplo, o paradoiro da Diadema de Ribadeo (O Ribadeo que non coñecemos, Ribadeoando, 04/01/2022, La Comarca del Eo, 08-01-2022).
    Volvendo o tema. Quen dixo que o Carneiro Alado se atopara mergullado na Ría de Ribadeo? Quen rexistrou por primeira vez tal achado con ese nome?. Foi o filántropo galego Alvaro Gil Varela? De onde o sacou? Sabemos que D. Alvaro foi un galeguista republicano que gardou e coleccionou moitas pezas de incalculable valor atopadas en xacementos arqueolóxicos da Galiza, entre elas o torques de ouro de Burela valorado en centos de millóns de pesetas e hoxe de varios millóns de euros, o Carneiro alado de Ribadeo, brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradición celta. Todas elas pezas esenciais para coñecer algo máis da Historia da Galiza. Pero que cousa máis rara, da a casualidade que o único que se pon en solfa de toda a colección é o nome do Carneiro Alado de Ribadeo. Por qué?
Son moi poucas as pezas que se achan polo mundo arqueolóxico, que sexan feitas no mesmo sitio en que foron atopadas. Xeralmente son pezas que aparecen en sitios onde foron ofrendadas ás divindades, aos enterramentos, foron tesouros escondidos por mil motivos diferentes, son restos que quedan nos campos de batalla, pezas perdidas en tempos de guerra, en emigracións, pezas escondidas de roubos... Por tanto nós tamén temos a nosa propia teoría de onde pode proceder o Carneiro Alado de Ribadeo.
Revisando a técnica da filigrana en grans ou gotas, lévanos a ourivería máis antiga da historia, lévanos a Damasco, o ano 2500 a.C. dous arames retorcidos facendo un cordón co que se vai moldeando o debuxo básico. Non, o carneiro non parece ser da ourivería de Damasco, pero cabe que sexa unha peza das xoias do “tesouro do rei Creso” último monarca do Reino de Lidia entre os anos 560 e 546 a.C.
Lidia foi un reino o Oeste de Frigia na Anatolia, na actual Turquía occidental. O tesouro de Creso estaba formado por un total de 432 pezas e foi roubado, parte das súas pezas subtraídas ilegalmente para outros países e Turquía está recuperando parte daquela marabillosa colección.
Nas fotografías que mostramos, ó lado do Carneiro alado de Ribadeo, vense dúas pezas de ouro dese tesouro de Creso, e o emblema da bandeira do Imperio Aqueménida (550-330 a.C.). Si nos fixamos nas formas das ás, son practicamente iguais en todos estes animais, tanto no cabalo alado e nos dous carneiros do brazalete, como na aguia alada aqueménida, e todos son do século VI a.C. Exactamente igual que Antonio Blanco Freijeiro e Juan Maluquer de Motes pensaban cando dixeron que o Carneiro Alado de Ribadeo databa de entre o ano 525 e 475 a.C. Idade que nós consideramos como a máis acertada, polo que temos á vista, pois non hai máis información que a que nos pode dar a estrutura e vista da peza.
Pero como sempre ocorre cos achádegos nomeados de Ribadeo chegan os “historiadores” e o Carneiro é “mesmamente xemelgo” da Cabra Ibérica da colección da Fundación Abegg de Suíza, e os estudos levados a cabo nos anos 90, “amosan con claridade” que o carneiro data dos séculos XI-XIII ou incluso posteriores. Iso mesmo, con cátedra!
    Menos mal que foi declarado en 2015, ben de interese Cultural da Xunta de Galicia e que segue a estar exposto no Museo de Lugo. E que siga aí por moitos anos máis, pois escóitanse voces que din que foi comprado en Madrid...
Sería bo que puidéramos escoitar a voz da persoa que nomeou a xoia como Carneiro de Ribadeo, e saber o por qué o levou a facelo así, pois non podemos descartar que a denominación actual puidera estar agochando unha peza roubada por un coleccionista. Mentres que non ocorra un milagre que nos revele desde o “Máis Alá” tal evento, esa xoia, marabilla da ourivería, esperemos que siga nomeándose tal cal, o Carneiro alado de Ribadeo, ou pasaranos como coa denominación da Ría de Ribadeo, que aparecerá un señor de Murcia como Lorenzo García Asensio director do Instituto Xeográfico Nacional, que lle veña a poñer un nome, “alternativo”? Pero todo se andará, pois a Invasión Asturiana á Historia, ao territorio do Reino de Galiza, aos achádegos e incluso a toponimia de Ribadeo, aínda non se acabou con aquelas todas falcatruadas que por suposto seguiremos relatando, pois non vexo ningún movemento oficial da Xunta, da Diputación de Lugo, do Concello de Ribadeo, nada absolutamente nada sobre a salvagarda do noso patrimonio. Bueno, están a “calafatear” a capela de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, xa fun por alí tres veces e de momento están recebando paredes, tiraron a nefasta obra da escaleira exterior, están refacendo a armazón e o tellado pero de restaurar AS PINTURAS, NADA absolutamente NADA, iso si, picaron os cales interiores adxacentes as pinturas votivas. Xa veremos. Así vai indo a historia.

LOS POLÍTICOS ANTE LA RESERVA DE LA BIOSFERA. José María Rodríguez Díaz (2007)

    Unha peza a lembrar de José María, de actualidade dende que foi escrita ata hoxe mesmo. O escarnio sifrido pola ría, materializado nunha xuntanza de políticos na que xa quedou patente a intención de esquecemento da ría de Ribadeo e do seu nome

Martes, 23 de octubre de 2007

LOS POLÍTICOS ANTE LA RESERVA DE LA BIOSFERA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 16:53

RESPUESTA POLÍTICA A LA RESERVA DE LA BIOSFERA

Desde mi humilde estudio, en donde hago esta reflexión, contemplo a través de la ventana esta maravilla de la naturaleza que es la ría de Ribadeo. Fuente de inspiración en mis momentos de vagar y remanso de paz y tranquilidad en el que me refugio para escapar de las tormentas que, a veces, alteran la tranquilidad de la vida.

Desde este rincón de intimidad vienen a mi memoria pensamientos y reflexiones sobre las últimas noticias y acontecimientos que se ciernen sobre el futuro de nuestra ría. El río Eo, los Oscos y las Tierras de Burón acaban de ser declaradas por la UNESCO reserva de la biosfera, ignorando extrañamente en la mencionada declaración el principal elemento a proteger: la Ría de Ribadeo. Sobre ella se tiende, como un negro manto, un silencio cómplice para ocultar su nombre.

Los mandatarios de las dos autonomías que comparten esta declaración se dieron cita, sin embargo, para celebrar sobre sus aguas, con una gran fiesta, tan importante acontecimiento. Una perfecta escenificación del evento, con toda la parafernalia y liturgia que el hecho requiere y de la que los políticos viven. En los grandilocuentes y brillantes discursos que pronunciaron los dos presidentes evitaron citar el nombre por el que desde siempre esta ría fue conocida: Ría de Ribadeo. Lo tenían perfectamente pactado. Para ellos sólo sería 'la Ría'.

Y mientras la comedia se iba desarrollando con los discursos y demás parafernalias propias de un acto de propaganda en el que el incensario tiene un especial protagonismo y en los que se hacían promesas de protección del medio ambiente y del hábitat de esta comarca y de su ría, a escasos metros de distancia de ellos proseguían las obras del reforzamiento de los pilares del Puente de los Santos, contra la expresa prohibición del Ministerio de Medio Ambiente, vulnerando así el estudio de impacto ambiental. Y mientras se continuaba con estos actos de hipocresía política, el punto negro de chatarra y escombro en que se ha convertido lo que fue la antigua factoría lechera de Kraft, en Reme, hoy en manos de Reny Picot, seguía recibiendo camiones de chatarra procedente de Asturias. Y mientras los dos mandatarios brindaban alzando sus copas desde sus embarcaciones en el medio de la ría por la declaración de la Biosfera del Eo, los saneamientos de las villas situadas en su ribera seguían vertiendo impunemente sus fétidas aguas en ella.

Estamos ante una escenografía llena de hipocresía, incluidos abrazos y todo en el centro de la ría, que en algunos provoca risa y en los más pena. Con estos hechos se evidencia la fractura que existe entre la clase política, que va a lo suyo, y la sociedad que la soporta. Los comentarios salidos del pueblo sobre esta celebración, tanto en los medios radiofónicos como periodísticos, no han podido ser más elocuentes. Ha sido calificada desde carnavalada organizada a situación patética, pasando por parafernalia propagandística, burla y tomadura de pelo. En todo caso, un acto de hipocresía por parte de ambos gobernantes que pretendían así rentabilizar ante el pueblo sus posiciones políticas a costa del territorio, pero con una marcada connotación de condescendencia de la Xunta ante sus correligionarios asturianos.

Porque, ¿Cuáles han sido los frutos conseguidos después de tantas reuniones celebradas entre ambas autonomías desde hace ya tiempo? ¿Qué objetivos se han marcado y cuales se han visto cumplidos? El deterioro del territorio sigue su curso sin que nadie le ponga freno. Porque los valores que hasta nosotros llegaron y que han motivado este reconocimiento se deben, más bien, al ancestral estancamiento evolutivo en que se halla sumida esta comarca. Por eso hoy, con estos demoledores precedentes de inactividad por parte de las administraciones nadie cree en la eficacia de esta declaración de la UNESCO. Es por eso que no le falta razón al portavoz de la Plataforma de la Defensa de la Ría de Ribadeo cuando califica esta declaración de 'burla, tomadura de pelo y parafernalia publicitaria'.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Coronavirus en Vilalba, luns 20220214

    291 casos, incidencia de 2097 por cada 100 000 habitantes. Segue a baixar a bo ritmo.

Anteriores (e posteriores, se hai)

Coronavirus en Ribadeo, luns 20220214

    118 casos, segue a baixar. Incidencia de 1180 por cada 100 000 habitantes. Deixo abaixo a gráfica, na que parece que nestes últimos tempos, quen se encargue dos datos de Ribadeo, recólleos cada dous días na folla de cálculo correspondente, de escalonados que están.

Anteriores (e posteriores, se hai)

20220212

Evolución. Positiva?

Evolución. Positiva?

    A primeira vez que lembro ter entrado nunha ‘entidade bancaria’, a caixa de aforros, o máis sofisticado que lembro eran tres aparellos, un de cada: unha máquina de escribir (exclusivamente mecánica, claro), unha sumadora (idem) e un teléfono. Non estou seguro de se escribían a pluma ou a bolígrafo, aínda que creo que a boliña dos Bic aínda non vira aqueles locais.

    Case vinte anos despois, era un privilexiado aprendendo a programar un ordenador que aínda estaba nunha sala á que non tiña acceso calquera (eu tampouco). Tanto, que o programiña pasaba antes por unha picadora (á que tampouco tiña acceso) da que saían as fichas perforadas para meter logo á lectora do ordenador.

    Outros vinte anos máis tarde, cunha páxina web e ás portas de ter tamén blog, eu xa era vello nunha internet que comezaba a saber a web 2.0 e a popularizarse en sucesivas vagas.

    E aínda vinte anos máis tarde, hoxe, coido que podo dicir que seguín progresando polo mesmo camiño. Sen ser un especialista, deféndome nese mundiño das aplicacións ou apps.

    Todo o anterior non quere dicir que non teña nunca problemas para relacionarme de xeito telemático coa administración, ou que prefira facer algunhas xestións na oficina bancaria antes que andar tentando no móbil ou no caixeiro. Ou sexa, que non me sinta desprazado pola falta de atención bancaria ou burocrática en xeral. E iso, repito, despois de ter unha traxectoria abondo amigable en relación con esas tecnoloxías.

    Ven o anterior a dicir que o mundo progresa que é unha barbaridade, usando unha expresión doutro tempo. Ou a evidenciar que o consumo de recursos incrementouse de xeito desmesurado en moito menos que un século, o que explica algúns problemas actuais. Pero tamén que ese progreso pode deixar (e de feito deixa) a moita xente non só incómoda, senón tamén incapaz e desprotexida no día a día. Unha percepción que teñen ata os máis picariños, como pode comprobar calquera avó ou aboa. E que se me revelou como un flash vai camiño tamén dos vinte anos o día que uns rapaciños de 1º ESO (11 anos) comentaron entre eles dun xeito despistado se eu sabería algo de informática, chegando á conclusión de que non, porque era vello. Aínda que, claro está, tiña case vinte anos menos ca hoxe.

    Pois isa realidade, a barreira tecnolóxica derivada de que hai máis cousas que atender na vida que a tecnoloxía, e máis necesarias para a vida, parece ser transparente para quen manexa os nosos cartos sen darnos explicación algunha nin de por que nos cobran cando nos obrigan a que llos deixemos manexar. Tamén é transparente para quen, nunha administración, decide sobre papeis dos demais sen ter que procurar ningún en webs ás que non é doado acceder e menos aínda atopar o necesario. Polo menos, parece que o da accesibilidade non debe estar entre os criterios que debe cumprir a aplicación informática correspondente, e quen non saiba usala, que aprenda, descargando o ‘peso da culpa’ nos usuarios, que se teñen que adaptar ós múltiples cambios decididos e impostos de xeito unilateral dende as entidades ou institucións.

    Un último exemplo para rematar. Unha parella nova, os dous traballando no campo da informática con experiencia de anos, ambos castelán falantes, procuran a cita para un trámite administrativo para un deles nunha gran cidade. Resultado: un mes ata que unha boa mañá, ambos, nos seus respectivos ordenadores, e pulsando f5 para refrescar a pantalla, deron conseguido facelo despois dun bo tempo... Neste caso non era analfabetismo dixital, e o de menos era a dificultade de acceso por deseño, senón sinxelamente, o mal funcionamento do sistema administrativo. Casualidade dun caso particular? A acumulación de casualidades é o que dá lugar ó dito ‘de casualidades está o mundo cheo’...