20071114

Pleno ó 13 (IV)

    Coa madrugada dun día máis, e despois de 3 entradas anteriores no blog, os periódicos xa comezan a falar do pleno do luns 12 a auga pasada, engadindo as acusacións e peticións de onte, que despois dos desencontros na sesión inclúen a dimisión do concellal de Medio Ambiente e a sensación do alcalde de que é a petición do pago por recibir un baño a UPRi no último punto da orde do día (ó que non asistín)
    Mentras, outras novas se abren paso, como de novo o parque de bombeiros, do aumento de prazas na Gardería ribadense ou que as estacións de servizo de Ribadeo, aínda coa suba, seguen sendo das relativamente baratas. O da escasez de carburante é de supoñer que se convertirá tamén nun asunto local coa aumento dos prezos, pero xa veremos.
    Indo para atrás no transcurso do pleno, o punto oitavo consistía na petición (ou re-petición por defectos anteriores) de cesión de viarios a Fomento: Avda. Galicia-Voar, Parador-Rotonda da Vilavella, Rotonda Vilaselán-Voar e antiga estrada da N664 na Rochela. Foi aprobado por unanimidade.
    No 7º, houbo unha sorpresa pola miña parte polo contido: tratábase doutra cousa votada por unanimidade: o asignar a cada grupo político e cada concelleiro electo unha cantidade de 500€/ano. Non é moito, pero pasou dun xeito tal que dende o público parecía que estiveran falando chino ou sinxelamente, para que non nos enteráramos. Coido que habería que discutir non cousas como a contía, senón a xustificación. E xa digo, pode que non me enterara, pero por moi xustificados que esteñan, non foron xustificados no pleno.
    O 6º foi a votación dun imposto sobre plusvalías en transmisións de inmuebles e terras, que incluída unha exencción a partir dos 20 anos de posesión. Foi o único punto rexeitado, pois votou toda a oposición en contra. Eu estaría en contra en canto a tal imposto, pero coido que xa comentei no blog en días anteriores que podía ser algo que freara a compra-venda con incremento de prezo. Faouse no pleno sobre a progresividade ou non do imposto, sobre a súa popularidade en concellos veciños, ... pero do que coido que se trataba na votación era a popularidade dun novo imposto entre os veciños, e así saiu a cousa, aínda co'rematará impoñéndose' final do alcalde.
    Deixo o pleno na metade, pois hoxe hai máis cousas. Por exemplo, unha pequena feira de ciencia no IES Porta da Auga esta tarde e mañá.

--

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (... e fin)

 

Ningún comentario: