En torno á ría hai conflitos. Ás veces, pequenos, dos que non nos enteramos; máis probable aínda se se producen á outra beira. Quedei sorprendido hai pouco por un que non sospeitaba.
A foto corresponde ó peirao de Castropol. Nel aparece unha inscrición xa medio borrada: 'escollera no'. Non sabía a que se refería. Unha escollera en Castropol?
Preguntei a un remeiro e aclaroumo de xeito rápido: Na construción da rampa de baixada, nova, que se ve na imaxe, os remeiros non vían a necesidade de poñer pedras de protección -a escollera- que ademáis lles impiden abarloar e baixar dun xeito máis doado. Loitaron, e polo que se ve, perderon. As causas, quizáis que comezaron demasiado tarde, cando se enteraron, ou quizáis intereses económicos en botar unhas pedras nunha zona aparentemente calma e onde non parece que fagan grande labor, cando no muro pegao non hai tal.
Sexa como sexa, a escollera está feita ... e pouca xente o sabe, nin pola ría (unha pequena cousa en comparación con outras que se levaban feito) nin pola loita (quizáis tamén menor) nin moito menos polas causas.
20130731
Escollera no
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
Medio
20130730
Santa Cruz, romería e preparación
A próxima 'finde' celébrase a romería de Santa Cruz. No pobo trascendeu o aviso de que se quería unha festa a antiga usanza, aínda que quizáis non fora ise o sentido do aviso da directiva da Sociedade de Amigos da Gaita, organizadora do evento. O caso é que o aviso foi collido nun sentido negativo, de imposición e falta de liberdade, e unha vez que a percepción dun grupo queda establecida de xeito longamente maioritario, é difícil de cambiar, aínda que isa percepción non corresponda coa realidade. Unha volta vistas as declaracións da presidenta da asociación, diría que se pretende unha 'volta ás orixes', sen máis complicacións, pero esas orixes están xa tan difusas entre o que non era orixinario que ... posiblemente o que se logre sexa completar o salto da festa no monte á troula no pobo. Xa tan lonxe como no 2006 deixei unha entrada na que viña a coller as verbas do pregoeiro para cambiar a orde de importancia entre diversión e convivencia na xira, ou hai un par de anos deixaba patente que a festa se trasladara en boa parte ó pobo, como corroboeri (eu e moita máis xente) outras veces. Cambio que levou tamén á separación da xira do día do Enma Cuervo.
De calquera xeito, esta entrada, máis que recalcar unha confrontación no pobo a conta dunha festa que aínda non se fixo este ano,ou a comparación con anos anteriores, o que pretendía era deixar constancia que a poucos días da festa, Santa Cruz non está preparado: o lixo e o abandono da vexetación eran patentes onte pola tarde, en contraste coas vistas sempre fermosas, e coa limpeza rápida que se ten practicado outros anos.

20130729
Oitenta mortos despois
Máis de cen horas despois, multidude de verbas en papel, no ár, en formato dixital, ...
Oitenta mortos (nestes momentos, coido que 79) son moitos mortos. Un morto é xa moito morto para os seus. Oitenta son oitenta historias diferentes de un morto diferente. En Galicia morren, de media, unhas oitenta persoas diarias: a morte-traxedia en perspectiva. Os mortos de tráfico en España ó ano, superan esa cifra. Non é doado poñer en perspectiva a morte: os números, de non tomalos con coidado, deshumanizan algo do máis humano, pois aféctanos a todos.
Se poñer a morte en perspectiva é difícil sen desvirtuar a súa esencia de humanidade, o comezar a xerar portadas e novas incesantes sobre un accidente como o de Santiago tamén desvirtúa con facilidade un feito tráxico para convertelo en algo diferente, banal e mundano, pero non tan humano ó seren metidos intereses de diferente tipo. Por exemplo: despois de ver ó paso as obras do AVE perto de Santiago, sabía de sobra que de AVE, nada, e así o asegurei. Por eso quedei sorprendido cando nas novas aseguraron que a liña era de AVE, e que fora inaugurada hai un par de anos. Logo viñeron as rebaixas: a liña non era en realidade de AVE (asegurado polos mesmos que a venderon como de AVE fetén), o que me lembrou aquela diferenza que houbo que patentar no seu momento entre 'alta velocidade' (é dicir, AVE, 'alta velocidade española') e 'velocidade alta', para dicir que era o mesmo o que non era o mesmo. Pouco despois, chego ó intríngulis: resulta que entre outros estase a optar por un contrato ferroviario en Brasil que inclúe nas súas bases que quenes se presenten ó mesmo non poder ter sufrido ningún accidente grave nas súas liñas de AVE ... acabáramos! Vamos, que cada morto pode significar preto de 500 M€ para un consorcio no que está incluída RENFE. Algo máis do que recibirá cada familia afectada.
As verquentes do tratamento da nova poden dar xiros curiosos. Como o da portada de El Periódico de Cataluña titulando en galego nunha frase curta de comprensión doada, mentras La Voz de Galicia o facía en castelán (por certo, que os mortos eran persoas, pero no tratamento figuran como galegos -aínda que algún non o sexa-). Ou como a cobertura dos medios 'rápidos', de novo con diferenza evidente entre internet e radio, por unha beira, e televisión, pola outra (coa excepción, segundo parece, da Galega). Ou como os xuizos sumarísimos en quente. Por certo, que isto coido que pode relacionarse cos avatares do maquinista, cazado no facebook a 200 por hora ... o ano pasado e en tramos nos que si podía e debía ir a isa velocidade.
O maquinista trae a colación a culpa. A viñeta que circula na rede é abondo clara como para engadir máis (aínda agora, que o maquinista está en liberdade con cargos):
Culpa que por certo se ve manipulada de diversas maneiras, segundo as visións ou intereses de cada quen, en favor ou en contra o maquinista, ou a tecnoloxía, ou a inversión que non se fixo, ou a que se fixo e non s epuxo en marcha. A culpa? Cadaquén tenta sacala de enrriba, polo que parece, a excepción dun maquinista errático en declaracións en estado de choque de diversa intensidade. coido que, cun sistema de seguridade como o que venderon que ía ter, o maquinista pode ter culpa, pero estar disculpado legalmente. En fin, cos intereses que hai por medio, a verdade pódese vestir de seda e parecer mentira.
Hoxe serán os actos de celebración fúnebre, na catedral de Santiago, con visita de políticos e supoño que de riguroso cor obscuro. Nas primeiras horas, os políticos tamén fallaron ás súas propias normas (que conste que coido que os políticos deberan aparecer menos por todos os recunchos para non solucionar nada e que lles fagan a foto) pero unha volta recompostos, alí estarán.
Outra compoñente, a cidadanía, estaba alí. Como afectada directa engrosando os mortos. Indirecta nos familiares. Circunstancial nos veciños de Angrois que saltaron axudar no momento inmediato ...
Filosofar, teorizar, comentar sobre a morte con nomes e apelidos non é doado. E senon se fai con nomes e apelidos, queda o número ou a carnaza, o etéreo ou o material. E por aí, non sigo.

sociedade
20130725
20130724
Unha comparación que afecta a Ribadeo: meteoroloxía
Antonte a predición televisiva do tempo na zona daba choiva (para onte) e choiva (para os próximos días). Onte foi o mellor día de Sol en Ribadeo no que vai de ano. Evidentemente, non acertaron. Coido que cando se fai unha predicción cabe ese risco. Pero cando as predicións se alongan ata unha semana enteira, fallar estrepitosamente o primeiro día, non se entende. E nunha sociedade como a aque vivimos, ise fallo ten un custe.
Dende hai algún tempo veño observando de xeito esporádico a predición das dúas axencias públicas sobre o tempo na zona, e en xeral teñen un acordo grande, pero hai días nos que difiren moito.
Embaixo deixo o recorte de dúas tomas de pantalla, correspondentes á predición de Meteogalicia e a Axencia española de meteoroloxía (Aemet) para os próximos días. Para comparar. Neste caso as predicións van abondo parellas, aínda observando casos como unha diferenza de 5ºC de máxima para o sábado (20ºC e 25ºC), ou as figuras que ilustran o estado do ceo ese mesmo día, por exemplo.
O caso é que co curso, se segue existindo Meteogalicia (unha das cousas que se quere levar por diante o 'manexo da crise'), comezaremos unha comparación de predicións. Vaia por diante que teño a percepción de que Meteogalicia é máis exacta na zona que Aemet; saberemos se corresponde á realidade.

Mariña,
Medio,
Meteoroloxía
20130723
A presentación do cartaz Ría de Ribadeo
Onte foi a presentación, no local de asociacións da rua dos Fornos, do cartaz 'ría de Ribadeo', a última (polo momento) publicación da AVV O Tesón. Deixo a ligazón ó ficheiro de presentación que colguei en internet. Falamos Pancho Campos, que fixo un repaso de feitos históricos e actuais en relación á ría, e eu, que pedín un paréntese de lembranza nos datos recibidos de Pancho e tentei de amosar sentimentos en relación á ría e o por que da publicación. Por un 'fallo técnico' non tivemos proxector de diapositivas, co que a presentación preparada quedou só como un mero apoio. De calquera xeito, coido que é doado de ver como foi este segundo apartado pola copia da pequena presentación informática que remato de colgar en internet.
Vista parcial nun momento da presentación |
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
O Tesón
20130721
Sobre o futuro da banda de música municipal de Ribadeo
A xuntanza extraordinaria de Amadores da Música de onte comezou como estaba previsto: en segunda convocatoria, e cunha representación total rondando o 4%. Como unha típica sociedade ribadense, nista, que en tempos foi a maior asociación ribadense (segue entre as grandes) parece que os asociados pagan, no seu caso benefícianse, e esquécense de que as cousas necesitan algo máis que cartos para teren vida.
Ben, o punto único prantexado xa o deixei posto nunha entrada, 'Asamblea de Amadores da Música con punto único', e diversa documentación na entrada anterior, 'unha entrada para hoxe: Amadores e o Concello'. Antes de comezar, podíase xa observar que, quitando a directiva actual, a maioría da xente presente levaba más de vinte anos asociada de xeito activo a Amadores, en concreto, na banda dos anos 90.
A cousa comezou coa exposición dunha carta enviada por Amadores ó Concello e a resposta do alcalde á mesma (que será exposta), ambas en relación á eliminación do posto de director de banda e escola na RPT do concello. Daí, a directiva prantexou que consideraban un incumprimento do convenio por parte do concello, e que querían opinións.
Do resto de hora e media de asamblea non hai acta precisa: as intervencións erráticas duns e outros (entre eles, eu) propiciaron que houbera que poñer orde, do que se encargou o secretario, que entón non tomou as notas para confecionala. Daí que esta que pretendo pequena nota sexa unha primeira referenza, a posta non moi precisa, que haberá que contrastar con outros asistentes para obter a fiabilidade adecuada.
As primeiras intervencións centrámolas Evaristo Lombardero e eu. Evaristo quería preguntar por algúns puntos que non comprendía da exposición da directiva, e eu fixen un percorrido histórico de cousas relacionadas. Facer unha exposición en detalle das múltiples intervencións cadra fóra das miñas posibilidades de tempo e memoria a máis da xa dita intención, polo que tentarie reflectir tendencias. Boa parte do tempo consumiuse en aclaracións sobre o proceso de mantemento dunha persoa como figura de director da banda, pasando do contemplado no convenio, un director para banda e escola, ó actual profesor con cinco horas extra semanais adicadas á banda. O proceso de cambio entre directores e as circunstancias ó longo do século coido que quedou exposto na práctica totalidade, pero exposto dun xeito abondo confuso como para que quen estivera moi despistado no comezo non dera collido subtís cambios producidos coas variacións prácticas.
Quedou claro que o convenio de hai vinte anos co concello era auga mollada en realidade dende hai tempo: o convenio recolle a figura de director de escola e banda, sen efecto real dende hai anos, así como a gratuidade (rota hai aínda máis tempo) da matrícula dos músicos na escola.
Quedou claro que a situación é delicada: no programa da actual directiva estaba a recuperación desa figura única para tentar de reconverter a escola en colaboradora inmediata da banda, e ista en saída práctica daquela, como un apoio para lograr que a banda medrara en calidade e aceptación popular, facilitando o funcionamento. Asemade, quedou claro que os tempos cambiaron e hoxe hai moitos grupos que ofrecen posibilidade de práctica musical fóra da banda, nados a partires desta ou direitamente a partires da escola. Asemade, quedou patente a conciencia de que aínda que siga sendo representativa da querencia popular, o apoio non deixa ter sufrido mermas (como manifesta mesmo a caída de socios, aínda que sexa pola crise)
Quedoume claro -e neste momento debo especificar 'a min'- que a lembranza da historia de Amadores e da banda estaba abondo limitada en xeral, con lagoas ou mesmo erros, facilitando (ou sendo facilitados por) diferentes puntos de vista e ideas preconcebidas que non son doadas de corrixir.
Ó final, aínda con diferenzas de partida, os presentes estivemos de acordo que había que manifestar ó concello que a situación actual non era o tratado no convenio, e, á vista do método de resposta da carta do alcalde (entre outras cousas, non respondía ó por que non se informara a Amadores no cambio na RPT, daba como excusa ó cambio os cartos, sen establecer unha priorización inmediata, e ofertaba unha negociación se Amadores quere facerse cargo da dirección da banda -unha vez devaluada a 5 horas semanais dun profesor-), tamén a consideración xeral do concello respecto á banda. Unha situación que se complica ademáis porque o concello mantén subvención da banda fóra do convenio, por máis que nos últimos anos ista se teña devaluado, e pola percepción dalgunha xente de que o concello querería evitar problemas desfacéndose de todo contacto con Amadores que non sexa a traverso de subvencións -algo que ven apoiado por situacións anteriores-.
Así pois, haberá que enviar un escrito de queixa ó concello, dar a nova de xeito público para informar á sociedade ribadense, e tentar facer o mesmo en xeral cos asociados, para que comprendan a situación e axuden coa colaboración que a asociación necesita, que pasa por esa primeira información básica dos que moitos carecen.
En fin, poderiase dicir moito máis despois de hora e media. Eu saín coa mesma postura coa que entrei: coido que a ratificación das variacións na RPT non afectan gran cousa ó funcionamento actual da banda, pero a variación efectiva das condicións do convenio necesita unha chamada de atención que debera ser feita hai moito tempo xa, aínda que sexa mellor tarde ca nunca.
De calquera xeito, e vista na carta do alcalde a parte de oferta de negociación en caso de disconformidade de Amadores, fixen fincapé en que os que estabamos na xuntanza estiveramos de acordo, en que estiveramos seguros de poder afrontar unha ruptura co concello (cousa que entendo como posible se se quere ter forza de negociación, e na que había xente que discrepaba comigo) e en tentar de procurar alternativas (o que é doado de dicir e máis complicado de facer).
En fin, lembrar que isto é 'primeira referenza, a posta non moi precisa' ... Se alguén quere aportar máis información, a porta está aberta: é un tipo de colaboración, e colaboración é o que se pide.

20130720
Unha entrada para hoxe: Amadores e o Concello
Hoxe é a Asamblea de Amadores da Música co punto único. Buceei nas actas do concello para ver as relacións últimas Concello/Amadores (algo non sinxelo hoxe, coa web do concello desconfigurada) e atopei (atención, están desordeados en datas por colateralidade):
1.No ficheiro 23concello_ribadeo_laborais_2004_2006.pdf
"Convenio colectivo de traballo para o persoal laboral do Concello de Ribadeo
(Anos 2004-2006)"
"Descrición de postos de traballo:"
"* Pendente modificación posto director banda e RPT."
"0601.-Director da Escola Municipal de Música. Ten as funcións de dirección e xestión da Escola Municipal de Música, con funcións de colaboración musical e docencia da mesma; e en virtude do convenio coa Asociación Amadores da Música no seu caso, funcións de colaboración musical e de docencia coa banda dependente da asociación; sendo o contido do seu posto de traballo a dirección, xestión e docencia na Escola Municipal de Música, e outros traballos análogos no ámbito da docencia musical que lle sexan encomendados pola alcaldía ou concellería-delegada.
As características que configuran o posto son as seguintes:
a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23.
b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 529,09 A."
2.No ficheiro 1363597837Pleno_Extraordinario_29_01_2013.pdf
"2013.01.04.- PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN/SUPRESIÓN DE POSTOS
NA RPT MUNICIPAL.-
Por Secretaría dase lectura ao ditame da Comision Informativa que se
transcribe:
“Obran no expediente as propostas de modificación e supresión de postos da
Relación de Postos de Traballo municipal.
O Sr.Alcalde explica que se trata da supresión do posto de director da Escola Municipal de música así como da modificación de postos de profesores da mesma Escola co engadido de funcións de xefatura de estudios e de dirección da Banda Municipal en colaboración coa Asociación Amadores da Música, logrando así a adaptaicón á realidade actual de funcionamento da Escola Municipal que se ven desenvolvendo dende hai xa unhos anos en que no existe director.
Por outra banda continúa o Alcalde informando que tamén se propón a supresión de dous postos de operario, un vacante e outro cuxo titular que o ocupa actualmente está a piques de xubilarse así como un posto de Auxiliar de Axuda no fogar no que xubilará a persoa que o ven ocupando ao longo deste ano 2013.
Delibérase entre os membros da Comisión sobre diferentes aspectos, tramitación, entrada en vigor destas modificacións, aforro económico que se obtén con estas medidas, etc.e por parte do Sr.Valín Valdés do Grupo Municipal Popular, manifestase que o seu Grupo se reserva para o Pleno. En igual sentido o Concelleiro de UPRI, do Grupo Mixto, Sr.Reymondez Gancedo.
Sometido a votación, por catro votos a favor (dos membros do Grupo Municipal do BNG) e tres abstencións (dos membros do Grupo Popular e do Concelleiro de UPRI, do Grupo Mixto) a Comisión Informativa acorda ditaminar favorablemente as propostas de referencia nos propios termos das mesmas.”
Comeza a quenda de intervencións o Sr. Gutiérrez Fernández, concelleiro do PSdG-PSOE no Grupo Mixto, que alude á modificación da RPT que afecta á Escola de Música e non quere ser sospeitoso de atacar á escola de música, xa que se creou na súa lexislatura. Cre que a proposta é bastante clara porque especifica a diferenza entre os gastos e os ingresos que é relevante, aínda que sabe que se subiron as taxas. Cre que hai unha casuística especial que el non coñece, polo que non vai entrar a discutir ese aspecto. Considera que está ben adaptar o organigrama á realidade, que se fagan axustes etc. pero pensa que se debera incluír ese posto de director, que pode asumir calquera dos profesores da escola de música que sexa elixido, para que funcione coma un centro de segundo ensino. Respecto ao capítulo de operarios, considera que está ben axustar á realidade os equipos pero é unha pena que non se faga o mesmo coa amortización dalgunha outra praza, á que xa fixeron alusión anteriormente. Manifesta a súa intención de absterse neste punto da orde do día.
Continúa intervindo o Sr. Reymóndez Gancedo, concelleiro de UPRI no Grupo Mixto, que manifesta que entende que esta proposta se presenta como unha cuestión de criterios económicos, xa que se aforrarán 22.000€. Non sabe se isto se traslada ao orzamento. Respecto ao tema da praza do director da escola de música, non quere ser mal pensado, pero cre que o feito de que un centro de docencia de música non teña director ou que o director sexa nomeado a dedo polo Alcalde ou pola concelleira delegada, favorece a desaparición da independencia, autonomía e liberdade á hora de facer xestión da docencia en si, xa que pode aparecer certo cautivismo político. Pensa que, se houbera un director, habería unha autonomía e liberdade á hora de xestionar a propia escola de música, polo tanto manifesta que vai votar en contra, xa que considera que a escola de música tiña que ser dirixida polos profesionais que se dedican á docencia, e nunca polos políticos, porque se abre unha porta a unha interferencia política. Respecto ás prazas de medio ambiente, parécelle ben xa que van na liña de aforro e axuste que formulou o concello.
O Sr. Alcalde advírtelle que os dous puntos forman parte dunha única proposta, polo que o voto ten que ser o mesmo.
Nese caso, o Sr. Reymóndez Gancedo anuncia que votará que non.
Continúa a quenda de intervencións a Sra. González Loredo, concelleira do grupo municipal do PP, que non quere entrar na valoración interna de quen debe asumir a dirección, xa que o ve dende o punto de vista obxectivo e pensa que, no que ten que ver co tema de persoal, hai que racionalizar moito. Advirte que falará da escola de música máis tarde, pero cre que o que prima é a racionalidade, polo que todo o que vaia nesa liña vai contar co seu apoio. Cre que o esforzo está ben, e na escola de música incluso hai que facer máis esforzo. Anuncia que van apoiar esta proposta.
O Sr. Castro Reigosa, concelleiro delegado de Facenda, matiza respecto ao orzamento de 2013 que veñen contempladas as prazas, xa que lle afectarían ao orzamento do 2014, cando se aprobe a modificación da RPT.
O Sr. Alcalde explica que é un punto con varias propostas de modificación ou supresión de prazas. Reitera que posto que o custo da escola de música é enorme en comparación cos ingresos, acurtaron ese desfase coa subida das taxas o ano pasado. Ocórreselle outra maneira, que é adaptar o organigrama á realidade, xa que dende hai tres anos non ten un director propiamente dito, pero hai funcións de dirección, xa que hai un profesor que está como de director acumulado e xestiona a escola, e outro que xestiona a banda. Informa que o convenio que o concello ten con Amadores da Música non se incumpre, porque o concello segue poñendo a unha persoa para a dirección da Banda e outra que leva a dirección da Escola. A suma dos complementos que se lles pagan a esas dúas persoas equivale ao 50% do que custaría ter cuberta a praza de director da Escola de Música, polo tanto é ese o único argumento que os está levando a darlle este tratamento.
Explica que son 22.000€ de aforro coas outras prazas, que se van liberar, xa que están consignados e non se poden mover, pero tampouco se usan. Cre que se trata en total de 105.000€ de aforro coa supresión da praza de director da Escola de Música e a amortización de prazas de persoas de medio ambiente que se xubilan. Explica que é unha escola de música con 300 alumnos, con un déficit importante, e polo que poida vir no futuro inmediato e polo que se aveciña, teñen que ir equilibrando. Rexeita que prevaleza a cuestión política, xa que a escola de música conta con profesores, bos ou malos, mellores ou peores. Refírese a que o director da banda de música está asignado porque a directiva da Asociación de Amadores da Música, no seu momento, indicou que lle parecía que dentro dos profesores, ese era o perfil adecuado, sen prexuízo de que agora sexan esas persoas e despois se decida facer unha candidatura ou un proxecto educativo e que unha persoa se presente para directora. Informa que é unha cuestión temporal e, cando non o sexa, seguirá sendo profesor da súa especialidade, esperando que sempre haxa un número de alumnos adecuado, para non ter que baixar as horas do profesorado. Polo tanto trátase de adaptar á realidade xurídica o que está na realidade e unhas prazas vacantes que non se prevé cubrir. É consciente de que con menos persoal non se desbloquean as cousas, pero reforzaron de maneira importante a limpeza durante unha época do ano, pero ao longo do ano hai menos persoal, xa que os Plans de Cooperación e axudas externas non existen. Informa que van reforzar de cara á temporada primavera-verán, pero o persoal humano é moi inferior ao que había.
A Corporación, en votación ordinaria, por 11 votos a favor (dos concelleiros do grupo municipal do BNG e do PP), 1 voto en contra (do concelleiro de UPRI no Grupo Mixto) e 1 abstención (do concelleiro do PSdG-PSOE no Grupo Mixto), acorda:
PRIMEIRO. Aprobar inicialmente a modificación da Relación de Postos de
Traballo deste Concello, segundo as propostas formuladas, do seguinte xeito:
1º.-Amortizar o posto de traballo nº 0601 que fgura na RPT municipal coa seguinte descrición:
0601.- Director da Escola Municipal de Música.- Ten as funcións de dirección e xestión da Escola Municipal de Música, con funcións de colaboración musical e docencia da mesma; e en virtude do convenio coa Asociación "Amadores da Música" no seu caso, funcións de colaboración musical e de docencia coa Banda dependente da Asociación; sendo o contido do seu posto de traballo a dirección, xestión e docencia na Escola Municipal de Música, e outros traballos análogos no ámbito da docencia musical que lle sexan encomendados pola Alcaldía ou Concellería-Delegada. Calquera outra función propia do seu cargo ou categoría.
2º.- Modificar o posto cód. 602 “ Profesores da Escola Municipal de Música”, da RPT municipal (persoal laboral fixo) que quedaría coa seguinte redacción:
0602.- Profesores da Escola Municipal de Música.-
1* Non teñen CE porque a súa estructura actual de nómina é outra.
Correspóndenlle as funcións propias na súa categoría profesional no ámbito da Escola Municipal de Música concretamente a impartición durante o curso das clases pertinentes na disciplina ou especialidade correspondente á praza á que se opta, e no seu caso a impartición doutras materiais musicais complementarias, suplencia de baixas, asi como o desenvolvemento das labores inherentes ao posto relativas á xestión e colaboración administrativa e demais traballos materiais necesarios conforme ás directrices que se fixen ao longo do período lectivo pola Dirección da Escola e Concellaría-Delegada correspondente.
2* Asemade, un dos postos de profesor, con independencia da impartición durante o curso das clases da súa disciplina ou especialidade levará aparelladas as funcións de Xefatura de Estudios da Escola municipal coa correspondente retribución no seu Complemento salarial por estas funcións.
Igualmente un dos postos de profesor, con independencia da impartición durante o curso das clases da súa disciplina ou especialidade na Escola Municipal, levará aparelladas, de acordo coa directiva da Asociación Amadores da Música, as labores de dirección da Banda Municipal dependente de dita Asociación, aplicándose a correspondente retribución no seu complemento salarial por estas funcións.
3º.- A modificación do posto cód. 161 “ Profesores da Escola de Música”, da RPT municipal (persoal laboral temporal), que quedaría coa seguinte redacción:
1* Un dos postos de profesor, con independencia da impartición durante o curso das clases da súa disciplina ou especialidade levará aparelladas as funcións de Xefatura de Estudios da Escola municipal coa correspondente retribución no seu Complemento salarial por estas funcións.

4.- A amortización dos seguintes postos de traballo:(...)
SEGUNDO. Expoñer ao público a mencionada modificación da Relación de
postos de traballo (RPT) durante o prazo de trinta días hábiles a contar dende o
seguinte ao de publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo, durante os cales os interesados poderán examinala e
presentar reclamacións ante o Pleno. A Relación de Postos de Traballo
considerarase definitivamente aprobada durante o citado prazo non se
presentaran reclamacións; en caso contrario,o Pleno disporá do prazo dun mes
para resolvelas.
TERCEIRO. Unha vez aprobada definitivamente a modificación, a Relación de
Postos de Traballo publicarase íntegramente no Boletín Oficial da Provincia de
Lugo e remitirase unha copia da mesma á Administración do Estado e ao
órgano competente da Comunidade Autónoma."
3.No ficheiro 12766795682010_02_pleno_15_03_2010_Ordinario.pdf (posto aquí por colateralidade)
"2010/11/21.- ROGOS E PREGUNTAS.
ROGOS E PREGUNTAS PENDENTES DA SESION ANTERIOR
O Sr. Alcalde pregunta se había algunha pendente da sesión anterior.
O Sr. Rivas Alvarez dille que si.
A Sra. Álvarez Lastra , Concelleira Delegada de Cultura , di que tiña unha pendente relativa ao inventario de instrumentos da Escola de Música, polo menos o que a ela lle atiña, e trae algo que está aportado no expediente de Secretaría. É un inventario donde consta a relación, o elemento, a marca, o coste, o estado, a data de alta e a procedencia dos instrumentos que había na Escola de Música. Di que hai datas incluso desde o ano 2000, ou 1999, 2007,etc., quere dicir con isto, que estaba en vigor, faise constancia de donde
proceden os instrumentos, cales pertenecen a doadores, cales a escola e cales a particulares. Isto era o que existía e o que estaba alí, e a raíz de todo o expediente, ademais ela misma xunto cos profesores que estiveron traballando este verán, fixeron unha actualización de todo isto que tamén obra no expediente con data de xullo, non sabe se o 6 de xullo a presentaron , con todo isto que había e se fixo firme o que estaba, o que non estaba, que é de xullo e non sabe concretamente a data.
No seguinte, desde o 8 de outubro do 2009 a persoa que estaba de Director,D. David Ballester volveu a revisar todo isto e volveu a mirar que instrumentos había, cales non había, e se efectivamente estaba todo controlado e en orden. A maiores de todo isto, desde o ano 2005, todo o profesorado que imparte clases na Escola Municipal de Ribadeo ten un listado de instrumentos que teñen , cada alumno na súa materia, e dicir, os que son propiedade do profesor e os alumnos que asisten a súa materia, e o número de serie e o instrumento que teñen eses alumnos. Isto desde o ano 2005. Tamén aparece Amadores da Música que é o que ten máis propiedade de instrumentos , cun papel de rexistro donde se fai unha especie de contrato de cesión as persoas que tocan eses instrumentos, donde se fai referencia a persoa que leva os instrumentos , e aos pais como persoas responsables dese instrumento, e donde se pon de manifesto tamén que se se daña por un importe superior os 200 € terá que repoñer o instrumento que se cede, tanto de Amadores da Música que son os que teñen o groso de instrumentos que hai na Casa do Mar como os alumnos da Escola, porque dos instrumentos que hai deles , mentras que os alumnos proban se son capaces de traballar cun instrumento ou non, por un período de polo menos un ano, se lle cede ese instrumento da Escola antes de que o compren.
Di que toda esta documentación está no expediente que está en Secretaría a excepción deste documento e do actualizado no 8 de outubro de 2009 , e que está na Escola de Música.
O Sr. Rivas Alvarez di que non contestou a súa pregunta, que eles tiñan preguntado se había un libro inventario, non unhos listados, que se refería a un libro, que poña “libro-inventario” que se vai reenchendo e dando de alta e dando de baixa cando corresponde.
A Sra. Álvarez Lastra di que naquelo está cando están dados de alta, cando de baixa, ten o que falta e o que non falta, etc.
O Sr. Rivas Alvarez, di que ela está falando dun listado e que él preguntou se había un libro.
A Sra. Álvarez Lastra dille o Sr. Rivas que rize o rizo o que queira, que o listado dos rexistros de instrumentos que hai na Escola de Música está aquí, que ten as datas de alta, e que rizen o que queiran e que non digan nos medios que non está o tema da Escola de Música, non é outro, que está todo moi controlado e que saque o que queira, que o listado está aquí, as datas de cando se trouxeron está aquí e todos os instrumentos están datados desde o ano 1999, na época de Hernán Naval, actualizados, coas altas e baixas, e iso é o que hai.
A Sra. Concelleira Delegada manifesta o seu enfado respecto ao asunto.
O Sr. Rivas Alvarez di que non fai falta dar golpes na mesa, nin alporizarse, di que él preguntou se había un libro de rexistro.
A Sra. Alvarez Lastra di que lle chame libro ou que lle chame o que queira, que o libro de rexistro está eiquí ( sinalando a documentación que obra no seu poder).
O Sr. Alcalde dille ao Sr.Rivas Alvarez, que a contestación está efectuada."
"Rogos e Preguntas do Sr.Reymondez Gancedo.-
O Sr. Reymondez Gancedo, de UPRI, manifesta que non acaba de entender a postura adoptada pola Sra.Concelleira respecto a unha deliberación que mantivo anteriormente co Sr.Rivas Alvarez acerca do inventario ou libro inventario da Escola municipal de música, respostando a Sra.Concelleira que como non lle vai doer, o que se lle dixo, e que non hai tal descontrol e se se detectou foi porque se fixo un traballo exemplar , e que iso é o que se fai realmente na Escola municipal de música e reitera que non hai descontrol algún e o que existiu foi por neglixencia dunha persoa , e que eles están ao “pe do canon” e que hai 300 alumnos, proseguindo a deliberación entre ambos sobre o funcionamento do referido servicio, e manifestandose pola Sra.Concelleira , que non está disposta a aceptar que houbese descontrol e que hai un expediente aberto, e que pola súa parte vai presentar todolos papeis.
O Sr.Reymondez Gancedo lle dí que a responsabilidade é súa , respostando a Sra.Concelleira que a documentación está aportada ao expediente e que lles reitera que se reuniron cos pais e explicaron a situación e lles indica que se poden reunir eles para coñecer a situación real.
O Sr.Rivas Alvarez, pola súa parte, en relación a intervención da Sra.Concelleira lle pide que non diga iso de que están mentindo , que eles se reuniron con Amadores da Música, e procede a explicar o que é un libro rexistro de Inventario nun Centro Educativo.
A Sra.Concelleira remata a deliberación sinalando que o tempo vai poñer a cada un no seu sitio."

banda,
Música,
orzamentos
20130719
Sanidade na Mariña: triunfalismo e verbas
Adxunto o comunicado da Plaforma de Defensa da Sanidade Pública na Mariña despois de que o hospital de Burela liberara unha nota autoaclamatoria pola diminución de tempos de espera. Entendo que a nota embaixo non ataca o que coido é en parte unha enxeñaría de números para que as cifras cadren mellor, en razón de que en moitos (senón en todos) se practica ese método, e polo tanto, na comparación entre uns e outros, ou no tempo para un mesmo establecemento, a cousa non importa. Pero, a calidade mellorou?
-
A
PLATAFORMA PÍDELLE AO XERENTE EXECUTIVO DO HOSPITAL DA COSTA MENOS
TRIUFALISMO EN RELACIÓN ÁS LISTAS DE AGARDA DO CENTRO MARIÑAO QUE
SEGUE NOS PRIMEIROS POSTOS DO SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICO GALEGO
O
HOSPITAL DA COSTA OCUPA O TERCEIRO POSTO NAS LISTAS DE AGARDA
CIRÚRXICAS E O CUARTO EN PRIMEIRAS CONSULTAS SUPERADO UNICAMENTE
POLOS GRANDES HOSPITAIS PÚBLICOS DA COMUNIDADE
O PECHE
DE CAMAS E A FALTA DE SUSBSTITUCIÓN DO PERSOAL PROVOCARÁ UN NOVO
INCREMENTO DAS CIFRAS A PARTIR DO MES DE SETEMBRO E DENDE A
PLATAFORMA ALERTAN DA ELIMINACIÓN DUNHA PRAZA MÉDICA EN XOVE
A Mariña,
18 de xullo de 2013. A Plataforma na Defensa
da Sanidade Pública da Mariña valorou a publicación por parte do
SERGAS dos datos oficiais de listas de agarda no Hospital da Costa e
confirmou que aínda habendo unha leve rebaixa nos tempos de agarda
tanto en cirurxía como en primeiras consultas esta é relativa tendo
en conta que o centro hospitalario mariñao segue nos postos de
cabeza do sistema de saúde público galego ocupando o terceiro posto
en cirurxía e o cuarto en primeiras consultas con mais tempo de
espera para atención. Neste sentido rebaixan o triufalismo do
xerente executivo do Hospital da Costa a quen lle pediron moderación
nas análises xa que esta pírrica mellora non vai ter continuidade
no futuro coa ausencia de substitucións de persoal e o peche de
camas polas políticas de recorte aplicadas polo goberno galego.
A
PLATAFORMA PIDE AO XERENTE EXECUTIVO DE BURELA MENOS TRIUNFALISMO EN
CANTO ÁS LISTAS DE AGARDA.
A Plataforma
na Defensa da Sanidade Pública da Mariña rebaixou hoxe as
valoracións triunfalistas do xerente executivo do Hospital da Costa
a quen lle pediu moderación nas súas análises dos datos oficiais
do SERGAS sobre listas de agarda no Hospital da Costa. Argumentan que
o Hospital da Costa segue sendo o terceiro hospital da rede pública
galega en listas de agarda cirúrxicas, só superado polo CHUVI e o
CHUAC e con só 1,7 días menos que a media da comunidade. Na mesma
liña en primeiras consultas os datos oficiais sitúan o hospital
mariñao no cuarto posto do sistema con so 0,8 días menos da media e
superado unicamente polo CHUVI, o CHUAC e o Arquitecto Marcide de
Ferrol.
OS
RECORTES ORZAMENTARIOS TEÑEN CONSECUENCIAS QUE SE VERÁN UN ANO MAIS
NOS DATOS DE SETEMBRO.
Dende a
Plataforma acusan ao xerente de obviar a constante derivación de
pacientes da Mariña a outros centros, algo que sen dúbida ten
efectos maquilladores da realidade do funcionamento do centro
hospitalario mariñao e causa molestias constantes á poboación da
Mariña e a saturación do HULA como vimos nestes días. Igualmente
alertan da ausencia de substitucións de persoal e o peche de camas
durante a tempada de verán a pesar do incremento de poboación da
comarca nesta época do ano, é palpábel a rebaixa de actividade no
Hospital da Costa estes días e isto terá consecuencias nos datos
oficiais de agarda que como tódolos anos terá incrementos notábeis
no mes de setembro.
O SERGAS
PREPARA A ELIMINACIÓN DUNHA PRAZA DE FACULTATIVO EN XOVE POR
XUBILACIÓN DO ACTUAL TITULAR.
Dende a
Plataforma alertaron das intencións do SERGAS eliminar unha das tres
prazas médicas do centro de saúde de Xove por xubilación do seu
titular aplicando o mesmo criterio que e Cervo sobre rateos en
relación ao número de pacientes. A Plataforma ao igual que en Cervo
manifesta a súa desconformidade con esta decisión, da que xa
alertaron en días pasado e que empeza a ter visos de realidade.
Advirten de que con medidas como esta baseadas nos recortes
orzamentarios da Xunta en sanidade ademais de deteriorar a calidade
asistencial de nos centros mais próximos á poboación provocan o
colapso da atención especializada. Xove ten na actualidade un censo
de 3.512 persoas e conta con tres facultativos, se sesta decisión é
definitiva quedaría con dous facultativos.
Plataforma
na Defensa da Sanidade Pública da Mariña
Etiquetas:
sanidade
20130718
Os irmandiños e outras cooperativas máis abertas
Os irmandiños poden referirse a un movemento social antigo, unha fraternidade política 'nova' ou ... unha sociedade cooperativa ribadense (web da tenda por estar 'en obras' a portada).
Ista SCG (Soc. Coop. Galega) está ubicada en A Devesa, aínda que ten un centro de alimentación de vacuno (cavi, centro de alimentación de vacuno irmandiños) en Vilamartín (Barreiros). aínda que a descrición no sitio de entrada actual é pequena, naceu dunha agrupación gandeira e hoxe está diversificada cara a alimentación, subministros ós gandeiros e subministro xeral. Participou xa nalgún concurso eólico (non lle seguín a pista) a reamta de aparecer nos xornoais que este ano facturarán máis de 35 M€. 85 postos de traballo directos certifican a poxuanza da entidade, unha cooperativa dun certo estilo que marca as posibilidades da acción común cando a xente nos asociamos e remamos xuntos nunha dirección.
En Ribadeo xa deixei escrito noutro lugar que está nacendo outro movemento cooperativo de base, ben diferente pero que estimo de futuro tamén prometedor ó seu estilo, o 'Formigueiro Ribadeo. Cooperación e solidaridade'. Unha organización que está a invitar a quenqueira a pasar a tarde do venres xuntos na súa sé, traballando algo e desfrutando despois, con incorporación a gusto do/da participante. Evidentemente, algo diferente ós Irmandiños. Copio o que hoxe mesmo ten aparecido no seu muro de facebook:
Despois
da asamblea pasada seguimos traballando , e aquí vos vai a invitación a
que participedes nesta xornada que será mañá venres 19/7/2013.
Xornada
En fin, un mundo novo que está a nacer pouco a pouco diante dos nosos fuciños e no que ás veces, mesmo participamos, quizáis como adianto ó que no futuro pode ser algo máis normal que o que é agora.

Tiñamos pensado facer proxeccións de documentais e/ou películas con un
coloquio a posteriori. Os traballos na horta agora son moitos durante
todo o verán. Polo que pensamos mixturar e unha vez a semana, os venres a
tarde organizar quedadas nas que fagamos traballos urxentes na horta e
despois compartamos unha merenda cea con productos da horta e logo o
visionado dun audiovisual nos xardíns da casa do bispo.
Asi que vos animo a que mañá nos xuntemos e formiguear ( sachar,sudar,
sorrir, asemblear,saborear os productos da nosa terra.... ).
Dicir que cadaquen se pode unir a xornada no momento en que lle apereza ou teña disponibilidade.
Estaría ben saber os que imos a ser para organizar o da merendola , no
formigueiro temos patacas novas para unha tortilla e para ensalada, ,
organizarnos para levar se me ocurre (pan, ovos,...)...
Mañá
podemos facer unha posta en común e entre todas mirar como organizar as
próximas xornadas... esto foi algo asi moi rápido...
-
Xornada
de
“portas abertas”
no formigueiro
VENRES 19 /7/2013:
•
*17,00-19,00H. Traballos urxentes na horta
*19,00-21,00H. Cea compartida con productos da horta
*21,00H.Proxección documental FOOD INC nos xardíns do formigueiro
En fin, un mundo novo que está a nacer pouco a pouco diante dos nosos fuciños e no que ás veces, mesmo participamos, quizáis como adianto ó que no futuro pode ser algo máis normal que o que é agora.
20130717
A exposición do PXOM
Só unha nota curta para dicir que o PXOM xa está exposto na páxina do concello: http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web102&lg=gal
Etiquetas:
sociedade
20130715
Unha nota de prensa de O Tesón: presentación dun cartaz con planos da ría de Ribadeo
AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ribadeo, 20130714
A
AVV O Tesón ten rematada xa unha nova actividade cultural. O próximo
luns 22 de xullo, ás 20:00 no Local de Asociacións do Lavadoiro
da Rúa dos Fornos de Ribadeo será presentado o documento 'Ria de
Ribadeo'.
Cada
unidade de 'Ría de Ribadeo' consiste nun cartaz coa reprodución de
10 cartas e planos da ría, xunto cunha introdución e dous
documentos anexos.
As
cartas levan datas dende mediados do século XIX (cando comeza a
maior expansión da actividade portuaria de Ribadeo) en diante, ata a
construción do ferrocarril de Vilaoudriz. Son reproducidas en formato
A3 en papel nobre, levando por tras unha trascrición (completa ou
parcial, segundo o caso) dos datos que aparecen como definitorios da
carta. Mesmo nun caso aparece transcrita unha relación das
indicacións de 150 puntos marcados na carta que, por seren con letra
antiga, non son doados de interpretar.
Xunto
coas cartas, preséntase un texto introdutorio en formato A4 e
reproducido castelán, francés e inglés, a máis de en galego.
Acompaña a este texto a reprodución de dous documentos máis: o
“Informe sobre la decisión adoptada por la Comisión Especializada
de Nombres Geográficos, del Consejo Superior Geográfico, con
relación al topónimo 'Ría de Ribadeo'”, e máis o texto
no BOE do R.D. 591/2002, polo que se concede o título de 'Marqués
de la ría de Ribadeo' a Calvo-Sotelo.
A
tirada é de 250 exemplares. As unidades distribuiranse a 10 € para
os socios na mesma presentación, e a partir do luns, calquera poderá
recollelas nas librerías a cambio de 15 €.
Notas:
Un dos mapas reproducidos, de 1787 |
Etiquetas:
ferrocarril,
Fotos ría de Ribadeo,
O Tesón
A corrupción, as touradas e a pregaria
A este paso, imos pedir cada mañá a nosa ración de novas de corrupción: xa estamos enganchados a elas, e se nos faltan, sufriremos un baixón. Algo así como o que tentaba reproducir o conto castizo relatado como 'A dónde vas? A los toros! De donde vienes? De los toros ...': xaleando á ida, pasotas de fastío á volta. Ou como na pregaria: 'a corrupción nosa de cada día, dánola hoxe ...'
Coido que os políticos son conscientes ata a médula deste detalle, e por iso dannos cada día a nosa ración a mar de contentos para que nos desfoguemos, equezamos a gobernanza e a política pase a ser un circo do que nos desinteresemos aínda máis. Para que esteñamos animados co circo, pero eles tranquilos porque o retorno será asemade pasota e esquecido en boa parte, abarrotadas as nosas cabezas de tres traxes ou uns cantos millóns de euros, barreira que oculta o que favoreceron ou os dereitos que nos roubaron a conta.
Hoxe, din, Bárcenas quere implicar a Rajoy. Non están xa ata as cexas ambos? E non nos seguen a quitar dereitos? (si, tamén Bárcenas, administrando as novas de corrupción ó seu proveito en troques de telas soltado hai tempo como manda a ética e o noso dereito a saber) Unha volta máis, queren que sigamos un culebrón e nos desentendamos das consecuencias da política e da nosa falta de participación.

20130714
Asamblea de Amadores da Música. Punto único
Amadores da Música remata de dar unha sorpresa a quen máis, quen menos, tódolos socios. Está convocada unha xuntanza para o sábado día 20 de xullo ás 20:30 (pois, como é tradicional, non haberá quorum na primeira convocatoria) cun único punto na orde do día:
1.- Supresión do posto de Director da Escola e Banda Municipal de Ribadeo
Estou á espera de enterarme máis do tema, pero a cousa ten que ver coa aprobación do RPT (relación de postos de traballo do concello de Ribadeo; aprobación provisional, pleno de 10 de xullo de 2012; definitiva, 30 de novembro de 2012), que, no referente á escola de música, deixaba o persoal:
É dicir, sen posto denominado como de direción da escola. E, no convenio, se mal non lembro, aparece que o posto de director da escola de música leva aparellado o posto de director da banda.
Polo momento, eu diría que nada cambiou, perodespois dun cambio de denominación (e non sei se de nivel ou outro) a fin dun curso e antes do comezo doutro, é posible que a direción de Amadores teña máis información ou sinxelamente, temor de que o cambio de denominación na Relación de Postos de Traballo implique unha variación efectiva do servizo.
Actualización: colgo con posterioridade outra entrada sobre Amadores e o Concello, sobre o mesmo tema.

Música
20130713
Un paso máis do PXOM
Onte celebrouse un pleno no concello de Ribadeo. Houbo dación de contas e rogos e preguntas, pero o punto básico foi a aprobación do PXOM, que se fixo coa excepción de dúas abstencións, a do edil do PSOE e dunha do PP, despois de que este grupo dera liberdade de voto, o mesmo que na aprobación de convenios da semana pasada.
Na sá, menos xente da que esperaba, 10 persoas, despois de 560 alegacións das que a grande maioría da xente non sabe se foron estimadas ou non.
Como foi algo que se nomeou por diversos intervintes en varias formas (e non sempre cos mesmos números), deixo primeiro os números de alegacións tal e como os entendín:
Alegacións estimadas: 270 (48%)
A. desestimadas: 158 (28%)
A. parcialmente estimadas: 132 (24%)
Total: 560
Polo que parece, o único grupo do pleno que presentou alegacións foi o PSOE, que viu estimadas dúas, rexeitadas dúas e con estimación parcial unha. O seu voceiro estimou unha decisión desafortunada a anulación do plan anterior, co que se retrocedu a un plan do ano 1977, e atribúelle a patrimonio un rigor dubidoso no seu informe, citando un caso particuar: a petición de BIC para as Fadegas, cando no mesmo informe deixa o sitio totalmente indefinido.
O voceiro de UPRi pediu atención cos informes que aconsellan unha subida de impostos, non para telos en conta, senón precisamente para facer caso omiso desa parte. Así, con moitos reparos, anunciou o seu si.
No PP, seguindo a tónico do pleno anterior, a votación foi tres positivos e unha abstención, co que houbo que xustificar a escisión e ó tempo, pedir de novo a posibilidade de intervención do voto diferenciado para a súa explicación. Explicou o voceiro que o informe da intervención era para ter en conta, pero nada máis, que houbo colaboración, participación e consenso nun plan que pode mellorarse, pero Ribadeo non pode estar máis tempo sen plan. O voto particular estimou que Ribadeo é moita máis xente que os catro da comisión, que si estiveron moi ben informados, botándose en falta xuntanzas abertas e en xeral, a participación activa dos ribadenses. O luns poñeranse as alegacións na web, pero xa é tarde. O plan é necesario, pero non se pode vivir de costas ós veciños.
O alcalde, na súa intervención lembrou que a anulación do plan anterior foi xudicial, e que na realización do plan que se presentaba hobo sentidiño, e 17 informes sectoriais nos que se tentou de axustar á lei nos puntos que podían resultar dubidosos. Foi adiante o que se dixo por todos,e se vai adiante na Xunta, será mérito de todos. Axustou ademáis que a información dada en tempo e forma foi 'magnífica' (sic)
Como comentario persoal, sinxelamente dicir que o luns comezaremos a saber das súas bondades, que aínda non coñecemos máis que por anuncios que foron variados ata 400 veces. E queda o trámite de Santiago.
-
Actualización o 15/7/2013: A media tarde aínda non está colgado o PXOM, como se anunciou no pleno. Máis tarde (domingo) os medios anunciaron que se colgaría para mércores.Razón hai para pensar que como mínimo, para xoves ...

arquitectura
20130712
800 €
Chegamos a venres. Hai algún tempo que os venres eran temidos polos novos recortes que se anunciaban. Xa non: a amputación chega a dormecer.
Esta mañá levanteime lembrando algo que lin aló por ... abril? e fun na procura do dato: a factura por intereses da débeda pública (noutra entrada anterior falei en relación á débeda global) está contemplada nos orzamentos do estado para 2013 con 38 600 000 000 €. A cousa é que en España andamos polos 48 000 000 de persoas. Se facemos a división deses números redondos ... 804€/persoa-ano.
É certo que meu coche é abondo económico, pero, para facerse unha idea, con 804€ coido que podería ir ata Moscú e dar a volta e aínda me sobrarían cartos para contribuír a comidas ou hoteles. Se lle sumo as cantidades correspondentes ós membros todos da familia, o extremo oriente está ó alcance da miña man.
Pero non, quedarán nos presupostos e levaráos ... quen os leve.

economía
20130711
Sobre un comentario sobre a temperie
Atardecer dende a zona da illa Pancha |
Hoxe amence coas rúas molladas e a vista pecha, e lémbrome dun comentenario que oín onte de pasada a unha muller falando por un móbil. Ó chegar á casa, mirei a temperatura, 19 ºC, como antes me fixara na visión, cousa de 1 km, con néboa suave, igual que o vento, asemade unha brisa suave. Ben, como digo, a muller estaba a falar por teléfono, e a presentación foi: 'oye, mira, que estamos en Ribadeo, pero que está superdesagradable'.
Evidentemente, a muller e eu non tiñamos a mesma percepción. Eu vía un día tristón pero polo demáis, abondo máis agradable que os 35 ºC ou 40 ºC doutros lugares, mentras ela o vía 'superdesagradable'. Quedoume a tentanción de preguntarlle se o que pasaba era que non quería que o seu interlocutor ou interlocutora viñera darse un garbeo por Ribadeo a sacarse o suor contínuo co que naquel momento me imaxinei que estaría nunha temperie 'superagradable'.
Si, xa sei que non leva feito moito sol neste verán, que para velo de contínuo hai que achegarse á Garganta ou á Xesta, aínda que abondo máis preto se poda desfrutar del tempo abondo. Xa sei que a auga está fría este verán. Sei que tanta néboa non é boa ... Sei que un día que saín papei unha sueira e estaba desexando voltar a un clima suave (o coche ía cheo e coincidíamos todos) que temos que vender non só como noso, senón como contraposición ós extremos doutros lugares. E si, gústame algún día tomar o Sol. E si, a boa parte da xente que coñezo e coa que teño comentado o tema, coincide comigo en que este ano no noso microclima temos unha temperie mala, que sería mellor un pouco máis de Sol, pero que nos gusta esta temperie abondo máis ca outras.
Nubes altas sobre Ribadeo |
Etiquetas:
Meteoroloxía,
sociedade
20130710
Onte a auga estaba fría
Flores subindo Santa Cruz |
Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a toalla ademáis, podía protexerte do fresco reinante. O terreo a herba estaba abondo ocupado. A xente estaba calma: lía, conversaba, miraba a Castropol entre a néboa, sinxelamnete desfrutaba: a temperatura permitíao, e non foi ata xa tarde que se deixou sentir que a néboa mollaba.
O concello argallou unha barandilla no centro das primeiras escaleiras, e ata parece que foron limpas en parte. A herba medra máis, a medida que se vai asentando pouco a pouco un substrato sobre a area de base que deu pé á 'praia'. Mesmo, en marea alta, non se notaba un chisco do fango que fai de chan na bañeira. Iso si, na zona da ducha, as pedras de contención están un chisco máis desordeadas que no resto, quizáis polas filtracións de auga e o arrastre de area debido ó correr do desaugue das duchas. As árbores van medrando pouco a pouco, aínda que onte non fixeran falla para protexerse. Mesmo a néboa fixo posible que a superficie da auga estivera tranquila, sen motos acuáticas, motoras rápidas, esquí e demais, só de xeito moi espaciado unha motora levantaba ondas que ó chegar ás escaleiras mollaban á xente ou enturbiaban a quen quería alonxarse da orela nadando.
Voltando á auga, quizáis o sentila fría fóra a falta de costume polos poucos baños deste verán: os pícaros desfrutaban dela unha e outra vez.
Á ida, ou de volta, podíanse ver as ringleiras de madeira en Mirasol, amontoada esta tempada en cantidades variables, pero en calquera caso, que constitúen unha marca para o peirao.
Madeira en Mirasol. Vista parcial nun momento de Sol. |
Etiquetas:
fotos,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
sociedade
20130709
A residencia, con máis ánimo, máis perto do final
Collo a nota do concello e comento:
Suárez Barcia lembrou que "despois de bastante tempo de ter pedido audiencia coa conselleira e despois de terlle enviado varios escritos finalmente, aínda que bastante tarde, nos recibía esta mañá e foi alí, en Santiago, onde lle explicamos todos os deberes aos que nos comprometemos na anterior xuntanza. Pola nosa parte cumprimos amplamente xa que contamos co compromiso verbal da Deputación de Lugo en colaborar co financiamento importante para construír esta residencia e temos os terreos necesarios para poder levantar esta infraestrutura nas antigas vivendas dos profesores. De feito no último pleno celebrado no Concello eliminamos todos os posibles obstáculos que puidese haber neste sentido".
O alcalde ribadense indicou que "a conselleira Beatriz Mato volvía insistir no encontro desta mañá en que a Xunta só se podía comprometer a financiar o concerto dunha serie de prazas. É algo que non nos parece axeitado porque o concerto de prazas non lle da prioridade aos veciños e veciñas de Ribadeo. E poño como exemplo o caso de Viveiro, onde hai unha residencia pública que ten 150 prazas, pero para os de Viveiro só están ocupadas 10 a día de hoxe".
Para Fernando Suárez Barcia "sería terrible que quen as competencias en materia de benestar social, que é a Xunta, non puxera nada e se quedara parapetado nun concerto posible de prazas, deixando que o Concello se busque a vida para construír unha residencia que está cifrada nuns 2,3 millóns de euros. Foi nese momento cando nos pediu algo máis de prazo, pero o máximo que podemos asumir é o día 9 de setembro. Xa pechamos ese encontro que será ás 12 da mañá para que a Xunta nos dea finalmente unha resposta, si a ten, de poñer diñeiro enriba da mesa e corresponsabilizarse da construción da residencia e non deixar sos á Deputación e ao Concello, porque puidera ser inviable que entre estas dúas administracións se puidese levar adiante esa infraestrutura".
O rexedor de Ribadeo explicou que "aceptamos esa data, pero con condicións: primeiro, desde o Concello seguiremos a nosa folla de ruta no sentido de que xa estamos a redactar o proxecto, que precisará de autorización autonómica con independencia de si a Xunta pon ou non diñeiro, pero si que o ten que autorizar. Seguiremos traballando, nos vindeiros días rematarase a redacción dese proxecto e enviarase á Xunta para solicitar a autorización correspondente. E en segundo lugar, traballaremos para materializar coa Deputación de Lugo os compromisos económicos e forzar tamén para a Xunta para que, chegado o 9 de setembro, non lle quede máis remedio que poñer cartos enriba da mesa". E engadiu que "agora argumentan que neste 2013 non teñen diñeiro, pero lembreilles en nome da Corporación aquel principio de que si se quere pódese, e si queren colaborar con Ribadeo o que teñen que facer é un convenio plurianual que garanta desde o 2013 o apoio a esta demanda lexítima. Se non teñen moito diñeiro para este ano que poñan pouco e que poñan a diferenza no 2014, pero non queremos dilación e non queremos que este xaque desta partida de xadrez no que nos atopamos se converta nun xaque mate. Cremos que é de recibo que a Xunta se comprometa con Ribadeo ao igual que o está a facer con outros concellos da Mariña".
É dicir, con ou sen Xunta, a residencia está máis perto. Evidentemente, colaborando a Xunta, lograrase antes e poderiase comezar este mesmo ano, aínda que fóra a paso lento para coller velocidaded a construción o pŕoximo. Se non colabora, a unión amosada pola sociedade en Ribadeo fará complicado que a conselleira e outros representantes da Xunta se acheguen a Ribadeo, pero non botará embaixo totalmente o proxecto. A dilación ó día 9 de setembro implica o paso do verán e evitar, por exemplo, unha nova manifestación festiva, pero ó tempo, implica unha procura de xeito de colaboración por parte da Xunta para non defraudar a Ribadeo.
DEPUTACIÓN E CONCELLO, DISPOSTOS A COLABORAR
Xuntanza con Beatriz Mato
08/07/2013
A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo
volverá reunirse coa conselleira de Traballo e Benestar o vindeiro 9 de
setembro. Ese día coñecerase o grao de implicación da Xunta neste
proxecto, segundo relataba este mediodía o alcalde, Fernando Suárez
Barcia. Ata hoxe o goberno autonómico só falou da posibilidade da
concertación de prazas para un número de usuarios, algo que non lle
serve á comisión porque non lle dará prioridade aos veciños e ás veciñas
de Ribadeo.
Despois de saír do encontro celebrado en Santiago esta mañá, o
rexedor quixo "dar conta con absoluta transparencia precisamente para
que sexan os veciños e as veciñas deste concello as testemuñas desta
circunstancia, deste proxecto no que estamos a traballar desde o
Concello con moito esforzo para ter unha nova residencia para os nosos
maiores en Ribadeo". Suárez Barcia lembrou que "despois de bastante tempo de ter pedido audiencia coa conselleira e despois de terlle enviado varios escritos finalmente, aínda que bastante tarde, nos recibía esta mañá e foi alí, en Santiago, onde lle explicamos todos os deberes aos que nos comprometemos na anterior xuntanza. Pola nosa parte cumprimos amplamente xa que contamos co compromiso verbal da Deputación de Lugo en colaborar co financiamento importante para construír esta residencia e temos os terreos necesarios para poder levantar esta infraestrutura nas antigas vivendas dos profesores. De feito no último pleno celebrado no Concello eliminamos todos os posibles obstáculos que puidese haber neste sentido".
O alcalde ribadense indicou que "a conselleira Beatriz Mato volvía insistir no encontro desta mañá en que a Xunta só se podía comprometer a financiar o concerto dunha serie de prazas. É algo que non nos parece axeitado porque o concerto de prazas non lle da prioridade aos veciños e veciñas de Ribadeo. E poño como exemplo o caso de Viveiro, onde hai unha residencia pública que ten 150 prazas, pero para os de Viveiro só están ocupadas 10 a día de hoxe".
Para Fernando Suárez Barcia "sería terrible que quen as competencias en materia de benestar social, que é a Xunta, non puxera nada e se quedara parapetado nun concerto posible de prazas, deixando que o Concello se busque a vida para construír unha residencia que está cifrada nuns 2,3 millóns de euros. Foi nese momento cando nos pediu algo máis de prazo, pero o máximo que podemos asumir é o día 9 de setembro. Xa pechamos ese encontro que será ás 12 da mañá para que a Xunta nos dea finalmente unha resposta, si a ten, de poñer diñeiro enriba da mesa e corresponsabilizarse da construción da residencia e non deixar sos á Deputación e ao Concello, porque puidera ser inviable que entre estas dúas administracións se puidese levar adiante esa infraestrutura".
O rexedor de Ribadeo explicou que "aceptamos esa data, pero con condicións: primeiro, desde o Concello seguiremos a nosa folla de ruta no sentido de que xa estamos a redactar o proxecto, que precisará de autorización autonómica con independencia de si a Xunta pon ou non diñeiro, pero si que o ten que autorizar. Seguiremos traballando, nos vindeiros días rematarase a redacción dese proxecto e enviarase á Xunta para solicitar a autorización correspondente. E en segundo lugar, traballaremos para materializar coa Deputación de Lugo os compromisos económicos e forzar tamén para a Xunta para que, chegado o 9 de setembro, non lle quede máis remedio que poñer cartos enriba da mesa". E engadiu que "agora argumentan que neste 2013 non teñen diñeiro, pero lembreilles en nome da Corporación aquel principio de que si se quere pódese, e si queren colaborar con Ribadeo o que teñen que facer é un convenio plurianual que garanta desde o 2013 o apoio a esta demanda lexítima. Se non teñen moito diñeiro para este ano que poñan pouco e que poñan a diferenza no 2014, pero non queremos dilación e non queremos que este xaque desta partida de xadrez no que nos atopamos se converta nun xaque mate. Cremos que é de recibo que a Xunta se comprometa con Ribadeo ao igual que o está a facer con outros concellos da Mariña".
É dicir, con ou sen Xunta, a residencia está máis perto. Evidentemente, colaborando a Xunta, lograrase antes e poderiase comezar este mesmo ano, aínda que fóra a paso lento para coller velocidaded a construción o pŕoximo. Se non colabora, a unión amosada pola sociedade en Ribadeo fará complicado que a conselleira e outros representantes da Xunta se acheguen a Ribadeo, pero non botará embaixo totalmente o proxecto. A dilación ó día 9 de setembro implica o paso do verán e evitar, por exemplo, unha nova manifestación festiva, pero ó tempo, implica unha procura de xeito de colaboración por parte da Xunta para non defraudar a Ribadeo.
Etiquetas:
residencia
20130708
Actividades en Ribadeo
Ribadeo ten actividade. Máis se é fin de semana. E máis se é en pleno verán. Quedou amosado unha volta máis neas fin de semana.
Outra cousa é que as actividads sexan do mesmo cariz, coa mesma difusión ou coa mesma participación.
En Ribadeo, o venres houbo unha noite branca para o comercio, ata as 12 da noite, na que houbo por exemplo un desfile de modelos e música. Que alguén desfrutara ou non comprando iso xa é outra cuestión, pero xente, hóuboa (quizáis algunha por desfrutar da temperatura suave que contrastaba coa do resto da península).
Ó tempo, desenvoltouse unha xuntanza de O Formigueiro. Claro, non foi tan multitudinaria tratándose de seguir unha liña de cooperación e traballo alternativo.
Tamén ó tempo (un pouco despois que o anterior) houbo unha presentación dun libro no Cantón Bar. Xoan Hermida falou do seu '(Re)Construír a esquerda nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE'. Como foi no único acto dos tres que participei (a parte de usar a rúa e contar como persoa nesa xente que encheu Ribadeo na festa do comercio e de interesarme pola xuntanza do Formigueiro), dexio referenza un pouco máis ampla. Fala ben Xoán, gustoume a liña argumental, pero non me convenceu algunha cousa que dixo. Básicamente porque unha cousa é a teoría e outra a práctica, e non deixou de verse chocar ambas cando estimou que todos (os integrantes actuais dos partidos que compoñen a formación) debían de ser de AGE como mira cara a unha formación forte e non dividida en pequenos grupos, en troques de considerar que AGE debía de ser de todos (da xente), na procura dunha participación real (participación que tamén foi mentada, pero máis no sentido de axudar 'todos a unha' que de construír entre todos ou mesmo que de procurar a participación dea xente). Naturalmente, falou moito máis ó longo de hora e media, contando preguntas, co que o que poña aquí de memoria e tomando os puntos que valorei máis pode dar unha imaxe distorta da charla, seguida por algo máis dunha vintea de persoas.
Por certo, na fin de semana tamén houbo unhas horas, o domingo, nas que se puido tomar o sol...

participación,
política,
sociedade
20130706
Festival Internacional de Música clásica de Ribadeo
Pásame Ángel Alda a ligazón: http://www.fimcr.com/fimcr_2013
Do 12 ó 16 de agosto no Hernán Naval, Cecilia String Quartet (Caitlin Boyle, viola Rachel Desoer, violonchelo Min-Jeong Koh, violín Sarah Nematallah, violín), Jorge Blasco (piano) e Leopoldo Erice (piano). 11€ entrada individual, 50 abono.
Visitando a páxina, un histórico dos tres anos pasados.
Ribadeo, en agosto, música internacional.

20130705
Non importa: turismo destemporalizado
O concello hai tempo que leva dicindo que quere un turismo desestacionalizado. Coido que considerando os fines de semana, a desestacionalización vai por bo camiño. Agora preve un novo colapso na praia das Catedrais, que xa hai tempo que está recibindo abondos visitantes dentro deste mesmo ano. E isto, a pesares da temperie que fai que iste ano teña unha media de temperatura ata agora 0,44 ºC máis baixa que calquera outro ano do século, ou que xa esteñamos a piques sobrepasar a catidade de choiva caída tamén en todo o 2009 (con datos da Pedro Murias de onte mesmo). Así pois, alomenos, turismo destemperizado.
Non deixo gráficas de novo por ser semellantes ás anteriores que levo posto, segue a tendencia. Quen queira máis documento gráfico, Capón está colgando na rede (facebook) unha foto diaria de como amence o ceo en Ribadeo. Cóllolle a última, correspondente a onte (a de hoxe é da rúa mollada):

economía,
Meteoroloxía
20130704
O futuro económico de España
Un título moi rimbombante me quedou ... quizáis para compensar o cariz da entrada. Só ven a conto que me atopei días pasados cun dato que xa coñecía pero que me fixo pensar. Na actualidade, a débeda española, tanto privada como pública, anda rondando o 400% do PIB, é dicir, por cada euro que se produce en España, débense 4. Non entro na transferencia de débeda dos bancos ó estado de todos, decidida polo delegado gubernativo dos financieiros que temos por presidente do goberno, ou na saída de capitais que acadou o seu clímax o pasado ano, superando en monto ó subministrado á banca, ou a evasión de impostos, abondo máis importante que os recortes en sanidade e educación xuntos. Non, só quero chamar a atención dun detalle: o xuro medio da débeda anda polo 5%, e o 5% do 400% é o 20%. É dicir, só de intereses de débeda, hai que pagar 1 de cada 5 euros producidos en España, ou 3 de cada 5 euros dos exportados (tendo en conta ademáis que o ano pasado aínda importamos máis que exportamos, polo que segue aumentando a débeda). Naturalmente, a parte hai que devolver o principal dos préstamos ... e manter cos impostos os servizos e infrastruturas, e vivir, tendo en conta que a economía estase a contraer, e polo tanto, a porcentaxe que se levan os intereses tende a medrar.
En fin, a situación é máis complexa, claro, hai moitas máis variables, pero pensa que dalgún xeito, os próximos cartos que entren no teu peto verás que sofren unha tallada de 1/5, que se irá voando en parte cara a Alemaña ...

20130702
Pleno extraordinario de 20130628
O pleno durou de oito a nove da noite, e tivo só dúas persoas de público. Se foi así quizáis o por que haxa que procuralo en que todo viña xa 'atado e ben atado' entre os partidos, quizáis no pouco interese dos puntos (agora poderá verse), quizáis en que a xente non sabía de que se ía tratar ou que houbera pleno , ...
O caso é que foi un pleno absolutamente calmo e, a pesares de ser extraordinario, de telo podido permitir o regulamento, haberíaselle engadido outro punto, que así, por urxencia, deu lugar a outro pleno tamén extraordinario despois: tratábase dun convenio do estilo dos que foron votados neste que reseño.
Unha dación de contas ó comezo deu lugar a unha frase: 'nunca as partidas atrasadas foron tan pequenas'. Haina que tomar con precaución, pois como sinalou a oposición, algo tiveron que ver as normas gubernativas, e ademías, ise nunca coido que ten un recorrido temporal de non máis aló de un par de décadas, se ben a diferenza con tempos non tan alonxados resólvese moi ben a favor dos actuais nestes aspecto de débedas do concello.
Aprobouse unha modificación de crédito de 25 000 €, e falouse das dificultades para o cobro dos avais da rescisión do contrato de obras do pavillón, sen problemas no caso de NGB, pero si no caso do BBVA.
Pasouse logo ó potenciado como punto estrela do pleno: a recalificación de terreos das antigas casas dos profesores da r/Paco Lanza, que en pleno de 15 de setembro de 2008 foran amañados para alí poder facerse unha Galescola. 1202 m2 que non chegaro a ningures, pois nin se chegou a facer o convenio correspondente para a construción. Así, aprobouse por unanimidade a modificación dos usos do terreo, tras un curto intercambio entre o portavoz do PP (Valín), e o alcalde. No intercambio saiu á palestra que o 8 de xullo a comisión pro residencia será recibida pola conselleira. Manifestouno Valín, en consoancia con que logo nos xornais o xefe de filas do PP en Ribadeo, Suso, se arrogase os méritos de que tiveran concedida unha entrevista que leva retraso sobre unha promesa xa feita con anterioridade e que non se anunciou ata que tanto alcalde como presidente da plataforma veciñal o denunciaron públicamente (por certo, este último foi ameazado de xeito público por o xefe de filas do PP ribadense a conto de dita denuncia). E repetiu logo o anuncio o alcalde, que explicou que recibiu a mesma mañá unha chamada da consellería para concertar unha cita que, repito, a mesma conselleira se comprometera a realizar na xa ida primaveira.
Ben, o cambio de uso saiu adiante para que non quede o ter unha residencia por falta de sitio.
Pasou logo o pleno ós convenios urbanísticos, que se discutiron en conxunto aínda que a aprobación fóra por separado. O representante do PSOE explicou a súa abstención en base a que non considera os convenios instrumento adecuado co perigo de que o plan urbanístico constitúa unha suma de convenios. UPRi anunciou o voto a favor, pero incidindo no dito polo representante do PSOE, e o portavoz do PP anunciou a liberdade de voto, Explicando Campo Braña que non consideraba que houbera transparencia na xestión do plan, con caldas por resposta ás alegacións, o que, ó seu xuízo, o convirte en cousa de catro políticos e non do pobo. A resposta a Campo veu do alcalde, dicindo que ningúen impuxera criterios, que os convenios son unha fracción pequena do plan, co interese público por diante e co informe positivo dos técnicos, supeditados ademáis a instancias de orde superior. Engadiu o secretario que legalmente non fai falta notificación ós interesados nas alegacións, e que como método, é mellor non dar notificación, pois se se da e por exemplo falta unha por dar, hai servido un xaleo. Ademáis, cada persoa pode vir preguntar ... [Engado eu que o caso é que lle contesten, e que aínda que esteña permitido por lei, é evidente que non é precisamente un exercicio de transparencia adminsitrativa]
Á hora de votar sae da sá Horacio Cupeiro nos convenios de Pintor Fierros (10 favor, 0 contra, 2 abst) e de r/Daniel Cortezón (10 favor, 0 contra, 2 abst), voltando para o de Avda. de Galicia/virxe do Camiño (11 favor, 0 contra, 2 abst).
Etiquetas:
plenos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)