20091031

Ribadeo, preparándose para a lembranza dos defuntos.


Deixo á beira tres fotos desordeadas que presentan tres aspectos diferentes do día: as flores para honrar ós mortos, as vistas da ría dende o cemiterio, substitutas en Ribadeo da vista dos seres queridos que se van visitar, e a porta do cemiterio, entreaberta, amosando un aquel de entrar e non saír que non é para arrepiar, senón algo natural.
A primeira, no mercado, é de trafego diario, máis ben ata leda, por non ser o mercado de flores habitual. A segunda está tomada no límite dos territorios de predominio de vivos e de mortos. A terceira, é o territorio dos mortos, nos que hai que contemplar a historia queteñen, as súas circunstancias, que tan ben representa a paisaxe.

Apostillando a entrada sobre o estrangulamento económico dos concellos

Despois da entrada sobre a dependencia dineraria dos concellos respecto do urbanismo, atopo no mesmo xornal unha reportaxe sobre a futura nova normativa de urbanismo e unha entrevista, da que entresaco abaixo unha parte. E pregúntome se as dúas novas non son en parte, contraditorias.
"Todos os estudos anteriores incidían no problema da contaminación por fecais como o máis relevante. Pero coido que o problema medioambiental grave que ten Galicia é a ordeación do territorio. Ordear o territorio significa ter moi claro onde se constrúe, onde se pon cada un dos elementos necesarios para o desenrolo. Galicia, por problemas que non son novos, como as formas de asentamento e a dispersión dos núcleos, ten favorecido un modelo que explica esta cantidade de verquidos.
-Pero parece que este ordenamento desordenado aínda é alentado dende as Administracións.
-Foi favorecido polo 'desarrollismo' dos últimos anos, que non só non corrixiu a dispersión, senón que a aumentou. De aí que sexa moi difícil controlar centos de verquidos."

Chegou o estrangulamento

Si, chegou o estrangulamento económico dos concellos e o 'sálvese o que poda!'. Aínda así, hai concellos que están peor que outros.
Se este ano en moitos lugares a situación era mala, é previsible que para o próximo en xeral os concellos teñan máis débedas e menos recursos. E, coa necesidade, co estrangulamento económico, é máis doado ceder a tentacións sen futuro, a golpe dalgún tipo de lexislación. Á beira de Ribadeo, Barreiros espera como auga de maio unha variación legal da Xunta que xa non se pretende xeral, para toda Galicia, senón ex-profeso como excepción, como particularidade, para salvar a situación. E non se mira máis que a pela. Pénsase por exemplo que, unha vez levantadas as restriccións (as mesmas que non se contemplaron dende o concello para dar o visto bo inicial, as mesmas que eran doadas de saltar ata que chegou alguén con algo de sentidiño a postos de poder) os construtores xa non terán motivo para reclamar. Pénsase que esquecerán, agora que parece que o mercado pode voltar a animarse non tardando demasiado, que o tempo pasou coa inversión parada pola aposta feita pola ilegalidade. Pénsase que por ter antes falta de sentidiño agora os construtores terán lasitude na querencia de ganancias, pénsase... si, pénsase, pero no sentido de sempre, de 'non hai oujtra salida, imos por onde sempre', 'máis val vello coñecido que novo por coñecer' ... e polo tanto, seguen funcionando as limitacións laterais que se poñen ós burros, ós animais de carga, para que miren sempre para adiante, pero que non vexan o que lles ven polo lateral a modificar o seu futuro, mesmo de xeito inmediato.
Por certo, tirouse algunha cumbreira en Ribadeo? Vaise esquecendo o tema, pero coido que non se tirou.

20091030

Queres barullo? En Ribadeo háino

Un día calquera pódense atopar nos xornais diversas novas sobre Ribadeo. Algunha será claramente positiva, como que se amosaran ós alumnos ribadenses de medias diversos aspectos e características das rías por parte do instituto oceanográfico, desenvoltando a toma de mostras e unha imaxe da investigación correspondente, nun proceso que parece moi satisfactorio.
Algunha outra soe ser de tipo anuncio, como que o diretor do CETAL anime ós agricultores á producción de compost, como sucedu ista semana nun cursiño na Pedro Murias, que se detallou por isa nova, non polo propio cursiño en si.
E sempre hai máis novas, pero... son do tipo conflito:
A voltas coa futura nova liña de alta tensión: primeiro si, e logo non? Despois de non saberse nada dela, aparecen datos, ven a oposición veciñal, xustifícase a súa existencia pola Xunta e o concello por mor do polígono industrial, despois a nova Xunta parece como se non tivera noticia dela, agora o concello reclama a súa tramitación. E vai, e ven, e vai, ...
A convocatoria da xunta local de seguridade non é por unha idea peregrina, senón por necesidade a raíz da perpetración dunha serie de roubos, aínda que posiblemente se treten outros temas. Pero ó tempo, hai declaracións para facelo sen levantar alarma social, co que o efecto que produce é máis ben o contrario.
Se falamos da vivenda tutelada do concello, xurde o problema da calidade da comida e o seu custe e aproveitamento (coido lembrar que xa apareceu o tema nun pleno hai algún tempo).
Os cartos do concello? Xa non son polémicas sobre se empregalos aquí ou aló, cousa que sería normal. Agora trátase dos pagos feitos e como foron feitos. E con ameazas por medio de levar o tema o xulgado. Eu cría que a cousa era máis ben ó revés, ó xulgado cando se podía demostrar e mentras, recoller información sen que a xente implicada se decatara, pero non, parece que me equivoquei, que o importante é que se fale.
Área sanitaria? En espera do que saia no DOG e da próxima xuntanza da plataforma, as declaracións últimas do xerente provincial de atención primaria (de onte, parece) son 'alentadoras' ó conflito e á craridade: Haberá un xerente único, que non significa a supresión de ningunha área. É dicir, o hospital de Burela vai seguir sendo o hospital de Burela (...). O que pasa é que a estrutura de xestión dependerá dunha única persoa. Ou sexa, que o hospital non o tiran abaixo, pero a independencia mariñana esfumouse. Iso si, da 'zona' non fala.
Se é de limpeza nas rúas, a polémica está servida. O que non significa que mellore ou empeore.
Se é o PXOM, leva en revisión de alegacións dende hai máis dun ano, e 'espérase que se aprobe en non moito tempo', ou sexa, sen data polo momento.
Coido que isto non é un reflexo do Ribadeo de hoxe, pero cando se fai soar a auga, pode parecer un río e ter a imaxe, e actuar como si fora un río, e entón, teremos todo o malo do río sen o bó (iso si, tamén teremos algunha das cousas boas, como diversión)

20091029

Fotos do Ribadeo antigo

Pasáronme onte máis fotos do Ribadeo antigo. Preparei unha pequena presentación e colgueinas, co que pódese ver, xunto coas que xa estaban, en 'Publicado en Ribadeo'.

Secuenza de estibaxe en Ribadeo: un minuto

No vídeo adxunto, cousa de 1 minuto 10 segundos. Na estibaxe seguinte cronometrei 62 s, e hai que ter en conta que co sistema actual, no cambio de camión parece producirse un lixeiro retraso para o paquete seguinte.

Hai case un ano cargaba este outro vídeo:

Nel pode verse que coa outra grúa a secuenza é lixeiramente máis longa.

Plan E ando Ribadeo e a Mariña

Agasallo do goberno? Non, distribución diferente de cartos de todos, e endebedamento xeral para poder facer isa redistribución. Non nos enganemos co Plan E nin co 'novo' Plan E, ou ampliación do plan. Ambos son presentados como unha especie de agasallo, pero non. Que quede claro.
A Ribadeo correspóndenlle segundo os baremos usados 1 065 290 €, co que poderá sacarse unha pequena espiña orzamentaria, aparentemente. A consideración de apariencia é porque non son gastos de funcionamento, senón de obra. E, por ista volta, parece que o goberno quere dirixir o gasto nun sentido diferente do 'ladrillo' ó que dada a premura e pouca indicación con que se fixo a vez pasada, estaba abocado o vello plan E. Dista, parece diferente. Copio do artigo da Voz de onte: "As iniciativas que poderán financiarse con cargo ó novo fondo agrúpanse en tres apartados. Primiero, a sostibilidade económica, onde se engloban parques empresariais, científicos e tecnolóxicos, infraestruturas de innovación e despregue de redes de telecomunicacións. En segundo termo, a sostibilidade ambiental. Poderán financiarse inversións de eficiencia enerxética, de uso de enerxías renovables, de mobilidade urbana mantible e a posta en marcha de medios de transporte menos contaminantes. E por fin, o fondo recolle a sostibilidade social. Inclúese o gasto corrente de servizos e a inversión en centros de ocio, culturais, deportivos e sanitarios."
Ben, a vez pasada o concello nin pideu nin considerou aportacións sociais de ideas. Ista volta parece máis difícil gastar os cartos, e máis doado aínda que se malgasten. E, cando a mesma planificación do PXOM a última vez que saiu ó público non incluía nin unha definición de Ribadeo, o definir (e dixerir) de xeito rápido istas novidades por parte das institucións é para non ter moita confianza. Xa veremos o que pasa.
Planeando, planeando, podemos mirar un pouco a toda a Mariña. Enténdese ben a nova de hoxe do mesmo xornal que titula como que o Sergas fará unha inversión na área sanitaria de Lugo? O titular do artigo pode estar mal, pero o certo é que lendo a letra pequena, xa entra como área sanitaria de Lugo a Mariña.

Úneste?

Unha ligazón para mirar e xulgar a postura: http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/

20091028

Xa temos zona bookcrossing



Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano.
Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa e collida de libros. Como valor engadido, a raíz da presentación é posible que en breve se forme algún outro grupo de mantemento dunha zona bookcrossing.
Por certo, que me atopei cunha pequena historia do bookcrossing navegando por internet, unha especie de relación de actividades que se misturan con iste tipo de iniciativas, e unha relación de sitios oficiais e outros detalles do bc en Galicia. Ademáis, tendo en conta os datos dista última ligazón e o que xa coñecemos do noso caso, Ribadeo sería o sitio máis activo do bookcrossing galego neste último mes.
Como referencia dos fondos bibliográficos que se deixaron, unha lista dalgúns (abondo menos da metade), en galego e en castelán, misturados:

Con Leopoldo Calvo Sotelo, en Ribadeo
Aventura na mariña
Olladas de muller
El Desorden de Tu Nombre
Eloisa Esta Debajo De Un Almendro
La celestina
Tres sombreros de copa
El romancero español
Cántico
La Barraca
O reverso do espello (II)
O reverso do espello (I)
Pe das Burgas (II)
Pe das Burgas (I)
A trabe de ouro
A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas
Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego
Terra Brava
O mesón dos ermos
Tesouros novos e vellos
Fortunata y Jacinta (II)
Fortunata y Jacinta (I)
El árbol de la ciencia
O outro
Madame de Treymes
Rio de La Muerte
Las Diabólicas
Quien Mató a Zebedee?
El Diablo, Murrieta y El Coyote
Un Cadaver En El Armario
El Cazador de Pumas
Viajes Por Alaska
Daisy Miller
Ligeros Libertinajes Sabaticos
Tu Pasado Me Condena
No mires debajo de la cama
Gulliver - Viaje a Liliput
Relatos del Oeste Californiano
El Hotel Azul
Bailarei sobre a túa tumba
Agostino
Daisy Miller
Meniña de cristal
Hot Line - Historia de Una Obsesion
Madame de Treymes
El Castillo de Otranto
Firmin
Las ciudades invisibles

Por fin, Bookcrossing en Ribadeo

Dende hai tempo véñolle dando voltas a poñer en marcha un sitio de liberación e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento.
Hoxe mércores ás oito da tarde haberá un pequeno acto de presentación da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a información na web pode atoparse a partir de http://www.bookcrossing-spain.com) e que conta polo momento co apoio da AVV O Tesón e a colaboración do concello, e que espera contar co apoio de tódala xente de boa vontade. Calquera está invitado ó acto, feito en realidade máis que nada para que a xente se entere da existencia deste lugar, un sitio para deixar e coller libros na Oficina de Turismo de Ribadeo.
Alí serán deixados alomenos 50 libros esta tarde, despois de rexistralos na web e pegarlle pequenos letreiros indicando que son libros que non están tirados, senón que se deixan para o seu uso, para dinamizalos, para que sirvan o máis poisble, indicando o número de rexistro para seguirlles o rastro, etc. Se alguén trae máis libros, mellor: pouco a pouco iránse rexistrando para seguirlles mellor o rastro e que podan cumprir mellor a súa función.
A radio e a prensa (aquí, na Voz) fíxéronse eco da iniciativa, foi difundida pola lista de cultura do concello e agora sae no blog, pero coido que necesitará coidados durante un tempo para ter un subministro contínuo de libros, unha renovación que afaga a algunha xente a pasarse por alí para compartir. De momento, espero seguir deixando libros a razón de varios por semana durante varios meses, mesmo libros que na biblioteca municipal non saben xa onde poñer, de ateigada de fondos bibliográficos que está, ata que vexa unha renovación efectiva, sexa por que se traian e leven libros doutros lugares como Lugo ou Oviedo ou porque outras persoas, en conxunto, contribúan dun xeito regular.
Teño claro que poñer en marcha unha iniciativa deste tipo é doado, pero non o é tanto mantela ata que frutifique; en casos pode tardar moito tempo en facelo, e aínda nalgún, sinxelamente pode non frutificar.
En fin, pódense dicir moitas máis cousas para deixar unha imaxe nídia do bookcrossing, pero a mellor aprendizaxe ven de praticalo. De coller un libro e comezar a lelo, de, se se quere, comentalo na web ou dicir donde se deixa, de deixar algún libro que se vexa que non é probable que se volte a ler e que mesmo esteña ocupando un espazo que é necesario na casa para outras cousas, ...
Pois iso; a cousa irá medrando pouco a pouco, pero non chega con medrar o número de fondos; para que a iniciativa arranque necesita uso. E xa veremos como resulta.
(ver tamén a entrada posterior http://ribadeando.blogspot.com/2009/10/xa-temos-zona-bookcrossing.html)

20091027

Os funcionarios diferentes

Por indicacións dun amigo procuro unha nova desta fin de semana que non vira. Trata sobre unha sentenza xudicial que obriga á revisión do convenio dos funcionarios veigueños.
Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a comparación de situacións entre os casos de Ribadeo e da Veiga; en Ribadeo deuse por válida a subida e negociación tanto de contratados como de funcionarios, mentras que na Veiga non se negociaba a validez do 'vello convenio', senón a reclamación dun novo; en Ribadeo coido que hai unha nube sobre quen reclamou, pois con protestas de persoal, a reclamación foi levada por políticos, mentras na Veiga foi direitamente parte do persoal do concello. E non coñezo os termos nin dun convenio nin os doutro, salvo o que di a prensa, que se soe decantar a falar de cartos máis que doutras cousas, pero considerando iso, mentras que en Ribadeo parece que só se falaba de subidas, abondantes e discriminatorias (o fallo xudicial di que non é así), na Veiga parece que, con subas tamén abondantes, o que se botaba de falta no convenio era o falar de condicións laborais. Convenio o da Veiga que, por outra banda, non se rexeita, senón que se di que os funcionarios teñen dereito a revisalo a só un ano de funcionamento.
Diferenzas que non son doadas de aprezar pola opinión pública (léase 'por quen non esteña metido no allo') deben ser as que marcan os aparentemente diferentes finais que tiveron os xuízos, quizáis finais máis parellos do que parece a primeira vista. E tamén finais (máis ben, todo o proceso) que fan preguntarse o por que dous concellos limítrofes e de características non tan diferentes, fan convenios de xeito independente, multiplicando por todo o estado as negociacións e as diferencias minúsculas nalgúns casos, pero noutros tamén maiúsculas entre funcionarios semellantes. Non o entendo.

20091026

A cultura municipal ribadense no outono

Remato de recibir a 'Asxenda cultural' do concello correspondente ó que resta de ano. E así a poño, lembrando que as imaxes pódense ampliar premendo co rato sobre elas.
Coido que ten algún erro, pero pequeno, e como non o podo comprobar agora, así queda.





Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo


A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera momento. Que o impide? Pode que non sexa prático, non sei. A entrada principal non deixa ver se o é ou non, nin se ó ter dúas entradas abertas (a non ser que cerraran outra máis ó poñer a funcionar a verxa) compensa o aumento de persoal. En fin, temo que o descubramos algún día, igual que descubriremos algún día que o porto deixou de ser competitivo, e non porque se faga ou non unha nova macro nave anclada no leito da ría, senón por outras cousas como o mantemento dunha verxa que xa foi variada antes de ser usada.

Estaba o 'Frisian sky', non sei ben se ceo frisio ou frigio, como único visitante do porto.

E tamén unha das dúas pilas de sal que levan todo o ano adornando a explanada do último recheo, feito para 'ampliar o porto (a lembrar que reduxo a liña de atraque e a lama de auga dispoñible). A grúa do fondo fai que un se pregunte de novo sobre o motivo da nave que se queŕia facer.
E, en contraste con todo o anterior, o porto pesqueiro, despois de ser trasladado d ePorcillán a Mirasol e agora, á 'Dársena norte de Mirasol'. Os barcos son os que quedan, con dúas precisións: un barco repítese nas dúas fotos e outros teñen matrícula de fóra. O resto, o que máis que barcos sexan barcas, está máis á vista.
En ámbalas dúas fotos, como nunha do 'Frisian sky', deixei como fondo a grúa das Figueiras e o repetidor telefónico para contrastar.


20091025

O ascensor da Atalaia, onte


Pouco a pouco váise consolidando a estrutura e exterior do ascensor fronte á Ría de Ribadeo. Coido que a foto pode cdonsiderarse xa como unha vista definitiva. Atrás queda pois a Atalaia como mirador sen moita interferencia humana, e diante, a estrutura a manter no futuro. Seguiremos a preguntarnos o por que. O non facelo sería esquecer ese futuro do que estamos a intentar falar para Ribadeo.

Un vídeo de windsurf na ría de Ribadeo


Onte, sábado, entre Castropol e Os bloques.

Un video baixo a ponte dos Santos, Ría de Ribadeo


Atopeino despois de ver un dos meus. Coido que é un vídeo para fixarse en detalles, como o paso polo que parece ser os baixos dunha das pilastras (está feito en 2008). A súa realización, de www.elfarero.com.

20091024

Unha indireta para todo o mundo (Ribadeo incluído)

Repasando vellos xornais nos que tiña cousas separadas, atópome con algunha que non deixo de poñer no blog, do diario Público de 20090906, p. 6:
Unha viñeta:
Título: Diálogo social (exemplo de)
- Repetar os dereitos dos traballadores, si, pero...
- Non se decatan de como delocalizamos as nosas fábricas en países onde non se respetan nin os dereitos humanos?
- É que non saben nin pillar unha indireta?
Unha cita, en '¡Mil millóns de tronos!':
"Non podemos polo de agora, regular o que a xente con pasta pode ler, porque iso iría en contra do libre mercado, pero si podemos decidir o que os pobre poden ou non ler. O que deben e o que non deben saber."

Un erro informático, algún comentario en torno a Ribadeo e fotos para calmar e clamar

Di a Xunta, bo, os xestores actuais dela, que é un erro informático e non doutro tipo que Feijóo figure co seu soldo sen conxelar. Créoo. As desviacións de soldos diversos poden vir por moitos sitios moito máis difíciles de detectar e menor perxuízo eleitoral. Así, un erro informático pode converterse nun 'erro informativo', deixando de ser, sinxelamente, un erro de quen o cometeu, foran os xestores da Xunta ou fora o oficinista encargado de aporrear o teclado.
Mentras, parece que se quixera compartir cos veciños de Barreiros a solución do urbanismo nese concello, tan viciño a Ribadeo. Por iso de que 'cando as barbas do teu viciño...', boteille unha ollada curiosa á nova, e resulta que máis me pareceu unha construcción dunha rede caciquil de novo cruño, disimulada coa participación cidadá. Pasa que a administración, en troques de facer público un documento para o seu estudo e opinión xeral, o que fai é pasarllo á Federación Provincial, que llo pode pasar só ós seus asociados. En principio podería facelo tamén público, pero non é isa a política (que se espera) dunha entidade que ten xa establecidos tratos coa administración e que ten desenvolta a súa rede e espera incrementar a súa cota de poder incrementando a súa base con información que se podería chamar moi ben 'privilexiada'. Atopeime e comentei xa no blog, co bipartito, unha situación con certa semellanza na rama da hostalería: resulta que a federación hostaleira de Lugo conseguiu unha ampliación de horario o fin de ano pasado moi xenerosa de parte da Xunta, para os seus asociados; ó resto, morcilla. Así, dous establecementos semellantes, un á beira do outro, poideron ter horarios diferindo ata 3 horas a noite vella. Está visto que os novos tipos de caciquismo perpetúan a condición de cacique, aínda que varíe o perfil. Por certo, rematei de enterarme do tema do funcionamento 'de caciquismo piramidal' nas asociacións de veciños ó preguntar o tema do horario na Federación sen pertencer a unha organización federada. Xa polo tema do Queres da zona sanitaria se me prantexou unha sospeita, pero iste outro tema rematou de confirmarma. E prantexóuseme outra cousa: renovar o asociacionismo dende dentro ou tirar abaixo o que hai indo por libre? Diso podemos falar outro día.
Por certo, que falando da zona sanitaria, representantes de tódolos partidos parlamentares pediron á Xunta que manteña e desenvolva a nosa área sanitaria.
E as novas de Ribadeo? O alcalde pide máis gardería, pois xa voltou quedarse pequena. Ribadeo recibe sete millóns da Xunta de retorno para diversas obras. E 'A Mariña asturlucense, un territorio de cooperación', seminario que durante estes días foi desenvolto no Parador e ó que obviamente acudiron representantes políticos de toda a zona, e académicos de fóra dela, remata ista mañá, e cada quen saca a súa lección de paso que tenta achegar as ascuas á súa sardiña, interpretando os feitos. Hai novas na prensa, e aínda que unha xuntanza destas, con xente independente en teoría polo medio, sempre tenta ir na 'boa dirección', despois o tamiz político pode facer que sexa irrecoñecible o que alí se falou.
Completo iste batiburrillo con fotos.

A primeira, Ribadeo visto dende a ponte dos Santos ó atardecer. Parece que vai caer unha tormenta, ou alomenos choiva forte. Pero non, non caería despois: chove sen que sirva de moito a predicción meteorolóxica nin a nivel nacional nin a nivel galego. Case, diríase, como na política ribadense. Iso si, o Mondigo, ó fondo sempre cuberto e inescrutable, vixiando sobre o conxunto e a ponte, facendo beira da foto, pero tamén sempre presente, tendendo ligazóns co alén da ría. Amistosas? Iso xa depende.
A ponte, baixo dela, como un esquelete de ferro soportando o formigón, chantada na ría e ó tempo deixando á beira (neste caso, a galega) sobreiluminada a base de focalizar precisamente na mesma ponte. Pero, aínda que en fotos coma ista pareza o contrario, a ponte non é máis que un instrumento a usar, por máis matroteto que sexa e se vexa, e o importante é o que une e o que atravesa, as beiras e a propia ría de Ribadeo.



As dúas últimas, tomadas tamén dende Asturias, representan cousas opostas. O ceo da tarde sobre a zona de Ribadeo, cos seus claroscuros nos que a terra non é máis que unha silueta que contrasta contra o fondo, e a outra, un vertedoiro público non porque sexa usado polos viciños, senón porque foi empregado para restos dunha obra pública: aí está un cartel da ponte antes de facer a ampliación e o cono de vento correspondente. Poden verse na zona de esparcemento que hai nada máis deixar a ponte na parte asturiana, baixando cara á saída da ría.

20091022

De novo, o Ribadeo que queremos

Onte houbo unha tertulia na Casa da Xuventude que levaba por título 'o Ribadeo que non queremos' e que eu considerei no seu momento na liña da declaración 'O Ribadeo que queremos'. Poño máis abaixo o escrito de Pancho Campos, ausente, enviado para ser lido na xuntanza e que só foi lido nunha parte mínima, a que considero menos comprometida. A parte diso, a xuntanza transcorreu por camiños trillados, de denuncia de diversas cousas, na que estabamos todos de acordo, pero que considero non son tanto dunha xuntanza como dunha comunicación ó concello, a outras nas que, estando asemade de acordo en xeral, coido que necesitan un tratamento diferente, unha aposta polo intercambio de ideas entre concello e sociedade que hai que desenvoltar previamente, etc. E así, despois de estar un cacho co tema do ascensor da Atalaia, quedou sen resolver por que non se actuou cun rexeitamento popular forte ou por que Cultura aceptou que se fixera cando a metros de distancia unha obra quedou parada por ter un impacto moitísimo menor. Visto dende fóra da asociación convocante, a Atalaia, coido que tamén semanifestou algunha contradicción, como cando se dixo que o goberno municipal non recibía en xeral ás asociacións e dita asociación non se presentou á última mesa de asociacións por convicción propia. Aínda que todos estivemos de acordo, polo menos mentras eu estiven alí, nas ideas xerais. Como que o o plan de urbanismo vai sen unha soa liña de definición do Ribadeo do futuro como guía de todo o mamotreto de leis, disposicións, planos e demáis; da necesidade da normativa de participación (non entramos no debate, posiblemente voltariamos a diferir en torno á actualización dun documento a falta de aprobación definitiva de hai case vinte anos en relación a un documento de nova planta); da necesidade de mobilización popular e da falta de impulso da mesma dende os sucesivos gobernos municipais, etc. En cambio, botei en falta cousas como que non se falara máis da ría ou que o retrasado e pequeno polígono industrial non se deixara en paz despois de un goberno municipal o comezara efectivamente despois de máis de trinta anos, en troques de seguir a botarlle en cara a súa pequenez (que, repito, é certa), o non tratar máis que temas urbanos (explicable por non haber representación do rural) ou mesmo que se insistira na porquería das rúas e non se quixera entrar no por que da diferenza doutros lugares nos que hai abondo menos papeleras pero non se tiran papeis no chan, que pode dar lugar a unha solución máis abordable, sabido cousas que non é máis limpo quen máis limpa, senón quen menos lixo produce.
En fin, é unha visión do tema, que quizáis non corresponde totalmente coa relatada pola Atalaia ó terme ido o primeiro da xuntanza, que sei continuou preto dunha hora máis.
Paso ó escrito de Pancho Campos:
O RIBADEO QUE QUEREMOS
Para un ribadense como eu, desenrolar este tema en total liberdade de pensamento, condúceme unha e outra vez a idea de ver de forma subxetiva a súa realidade, esto é, que vexo a Ribadeo non como un extraño que ve un pobo con un conxunto de casas máis ou menos bonitas nas que vive xente, senón que eu vexo-o como algo tan vivo e íntimo que condiciona a miña forma de pensar e de sentir. Unhas veces vexoo baixo a idea chauvinista de un francés, de que non hai nada mellor que o noso; outras disfrutoo co mesmo sentido de apego as tradicions que un británico, celebrando as nosas festas, rememorando eventos relixiosos en procesións e particiapando nos actos públicos de música e de espalecemento cidadan como na Xira, todo esto adobado de tanto o máis orgullo que un alemán e con o aprecio as costumes da nosa xente como a que lle dan os xaponeses.
Por tanto facer un análisis obxetivo de Ribadeo, e velo simplemente como un obxeto de mantenemento e mellora, para min é moi difícil. De todas formas como ese é o obxeto da tertulia, vou intentalo, pois como se suele decir: “solo podes comprometerte con aquelo que queres”.

Decía Ortega, “un pobo está composto de elementos antagónicos que para manterse xuntos necesitan unha tarefa común”. ¡Que gran verdade! Centos de familias xuntas que conviven en un espacio común.... en paz, en armonía...e que pensan de tan diferente forma....
Temos que fomentar a solidariedade día a día para convivir xuntos, non é posible estar tirándose os trastos as cabeza e exercitar o aplauso.
Cando unha xente pensa que porque ela ten que traballar, os demais temos que soportar os boureos e a súa falta de escrúpulos, equivócase. Por encima da súa necesidade de traballar está a obriga do respeto os demais.
Todos temos que traballar. E o meu traballo non debe de impedir que tú realices o teu. Todas as leises falan de liberdade para uns e outros, baixo o prisma do respeto mútuo. Si alguén se salta as normas está exercendo unha “actividade mafiosa que pensa que está por derriba do ben e do mal”.
Esto é moi peligroso para a convivenza, pois estase a romper o principio máis sagrado da convivenza:. o Respeto mutuo as libertades personales...aquelas das que un dispón para coexistir coas do outro, sinon, non existe convivencia, existe subiugación, vasallaxe, dictadura.... As sociedades máis respetuosas son as máis evolucionadas. Véxanse os países nórdicos, donde o respeto polo vecindad e sagrado.
Por outra banda, veremos que en un pobo sano que vive en paz, as asociacions lucrativas deberán ser entidades morales e respetuosas cos conveciños, pois están formadas por xentes de carne e oso. Cando non hai Respeto polos conveciños as pasións saltan a calle e fanse crónicas, énchense os aires de maleficios (pois todo o mundo ruxe endemoniado) e respíranse ráfagas de odio en ambientes de Xuicio Final. Non, non queremos esto en Ribadeo, non é de recibo chegar a extremos de belicidade que moitas veces, nas noites máis morniñas e fermosas do estío, se transforman as catro da maña en pórticos do inferno; con ruidos, pelexas, borracheras, vomitonas, vasos rotos, destrución do mobiliario urbán, árboliños, papeleras, contenedores, incluso algún que outro incendio.... No. Non queremos esto: ¡a barbarie do alcohol!
Para esto, hai que educar a poboación e debemos escoitar as madres dos rapaces, que non queren que se vaian os seus fillos de fin de semana, e que vivan expostos os peligros da carretera que todos coñecemos.
E un error aplicar a Política simplesmente a labor social, para organizar a amistade dos homes, a súa libertade mutua, o amor, a diversión... Esto débese conseguir mediante a Educación Familiar, Escolar e Cidadana.
Alguén podería pensar que a Relixión, sería unha vía de escape... ¡grave error! pois a sociedade relixiosa promete salvarnos e darnos o ceo, sempre e cuando obedezcamos o que dicte o seu poder soberano e fáctico, e nos dispoñamos a perder de inmediato, as nosas “libertades mundanas” o noso “libre albedrio” en aras de conseguir algo totalmente hipotético e diverso....que depende do lugar xeográfico no que te atopes, de poder verte coas “Urís” ou con “San Pedro”
Para que a poboación permaneza no Ribadeo que queremos, é necesaria a autónomía, non podemos seguir vivindo a expensas de bienes de servicios varios, queremos que en Ribadeo se xenere riqueza propia e para eso debemos poñer en valor o noso ben máis preciado: a Ría de Ribadeo, principal motor comercial e industrial do noso pobo, principal autopista do Atlántico que deberá ser lugar de unión cos pobos da ribeira asturiana. Debemos aprender a contar os uns cos outros e apartar o ruín afán de hostilidade de aqueles poucos que pensan que colaboración mutua, significa espolio unilateral de patrimonio, e dobregamento a caprichos espúreos, saltándose as leises que faga falta con tal de non impere a legalidade e non dar o brazo a torcer... esa constante propaganda... en púlpitos diversos:
Malditos aqueles de bigotillo incipiente...
que vendidos os cartos de pegañentas dádivas ...
prefiren antes o desleal chupe e que tú nada fagas...
a que non haxa chupe e que o faga o de enfrente....
¿Como é posible que faga un ano, Portos de Galiza, o Seprona e Medio Ambiente lle meteran unha multa exemplarizante a uns rapaces de Ribadeo por bañarse e xugar con un delfin na dársena de Porcillan... coa excusa de que estresaban o animal ... de que non se podía nadar e bucear na Ria de Ribadeo....de etc. etc. ¡1500 € de multa...total nada para economía de unhos rapaces...!
¿que pasa entonces coas “fuerzas vivas” do Principado de Asturias que se esta´a espoliar un pecio histórico de tódolos veciños da Ría de Ribadeo coñecido desde fai moitos anos.... buceando con botellas, levantando cañons e balas de cañón sin ton ni son, como vimos polos telediarios da T1, e aqui non pasa nada? ¿quen está pagando a labor penalizada de “andar o raque”...que máis se precisa para meter a esta xente na carcel? pois o barco hundido.. posiblemente, que non é seguro do Galgo de Andalucía pois foron tres os afundidos.... é solo se sabe o nome e asentamento fixo do San Francisco, do outro tamén o sabemos pero si o decimos “vanlo ir a dar de alta nos descubrimentos de tesouros Asturias....” ¡de risa....e de pena...! Con esta veciñanza e coa que temos que convivir... logo quéixanse si algún día lles damos de lado... ¡é que somos moi señoritos...! manda truco...!
Antes que os apasionamientos desventurados preferimos a educación da opiníon pública. Temos unha grande historia que pouco a pouco, vamos descubrindo. Ribadeo é un pobo que responde en bloque, precisamente por haber sido unha cidade amurallada. ¡En extramuros non se coñece a angustia do asedio!
Gustaríame expoñer a miña forma de ver a Economía que nos atañe como pobo, pois para min estamos asistindo a un grave error político-económico, que como decía Juan Ortega en “El Sol, 24 de febreiro de 1918: “salvar economicamente a un pobo desde o Ministerio de Facenda sempre é unha medida fallida, necesítanse ós ambiciosos empuxados pola sede do ouro, para que o pobo non sexa mendigo..... Foi un error do século XIX facer do apasionamiento político, un deber, por eso pasou a vida social as mans do que mellor sabía facer o león, o toro, a hiena nas asambleas públicas e cos seus alaridos, acertaban a encender os instintos pasionales da muchedumbre.....”
Ribadeo precisa do Polígono Industrial con urxencia si quer sobrevivir... necesita poñer en valor os séu Porto Comercial, para eso precisa peraltar (levantar) a Ponte dos Santos al menos dez ou quince metros para darlle entrada a barcos de 6000 a 7000 Tm. Xa estaban entrando barquiños de 6000 Tm e agora estamos conformándonos con barquiños de altura de 2000 Tm. A desidia administrativa non se pode seguir perdendo o tempo e a pouca economía en facer “ascensores” nos acantilados e non decir nada do movemento do Porto.
Pancho Campos
Ribadeo, 22 outubro 2009

Un servizo menos servizo: outra falta para Ribadeo

A nova de que se suspenden o autobús de mediodía (14:15) a Lugo e queda só para os festivos o da tarde (18:20) á Coruña non é boa para Ribadeo.
Tradicionalmente non se pode dicir que Ribadeo sexa un pobo ben comunicado, e isto agrava as cousas. Si é certo que unha empresa como Arriva, (a máis sinais identificativas, empresa que mercou a IASA (antes Ideal Auto) que á súa vez mercara a 'empresa Ribadeo' que marcara na súa historia un fito continuado de comunicación en e con Ribadeo) necesita ganancias como razón de ser, pero tamén é un servizo público que, neste caso, a parte de reducir posibilidades sobre as que xa había, impulsa o uso do coche privado como única opción, introducindo un factor de discriminación da xente que non ten carnet, non conduce, non ten coche particular ou sinxelamente opta por contaminar menos.
E parece que o caso non é illado, pois dende que entrou Arriva na xestión do transporte en autobús na zona, non é a primeira vez que suprime ou varía servizos supoñendo un deterioro das posibilidades das persoas da zona (véxase nas hemerotecas os tiras e frouxas pola variación de horarios e supresión de transportes na liña que atende o hospital da costa).
Que quen usa o autobús neste época despilfarradora de gasolina en coches particulares? Máis xente da que parece, e máis que o usaremos de cara ó futuro, se é que nos deixan.

Nota de prensa da Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña

recén recibida, paso a poñela como complemento á entrada que da relación das dúas xuntanzas sobre a área sanitaria mantidas luns:

Dende a Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña, queremos denunciar a manipulación que dende a Consellería de Sanidade se está a facer cos cidadáns desta comarca; polo que queremos aclarar os distintos conceptos que se están a manexar:

ÁREA SANITARIA NORTE: formada polos 14 concellos da Mariña.

XESTIÓN INTEGRADA: coordinación da ATENCIÓN PRIMARIA E HOPITALIZADA( Hospital da Costa) dende a mesma Dirección.

XERENCIA DE ÁREA ÚNICA PROVINCIAL: que faría que os hospitais de Monforte e Burela, dependesen tanto en recursos económicos, de persoal, como asistencial dunha dirección en Lugo.

O que reivindicamos dende esta plataforma é que os presupostos que corresponden “ A SANIDADE DA MARIÑA”, sexan administrados dende a Dirección do centro e nunca dependendo do hospital de Lugo, o que faría que se perdesen recursos para o noso hospital e centros de saúde.

Esta plataforma fai extensiva a invitación a tódalas agrupacións que queiran participar nela, se unan e acudan a próxima xuntanza que se vai a celebrar o próximo día 2 de novembro as 20,30h no salón de conferencias de Burela.

20091021

Xuntanzas sobre a Área Sanitaria da Mariña (Burela, 20091019)

Conforme ó prometido nun post anterior ('Por vía dos feitos, hospital desfeito'), inclúo a continuación unha nota que me pasaron sobre as xuntanzas sobre a zona sanitaria mantidas o luns 19 en Burela, tendo en conta que variei unhas cantas cousas de como viñan escritas segundo a miña percepción e para axudar á letura, o que aclaro por se non entendín algunha cousa como é debido.

Notas tomadas na Reunión convocada polo SERGAS no HOSPITAL DA COSTA de Burela
Luns, 19 de Outubro 2009 ás 19:00 horas, en segunda convocatoria
A Xuntanza comenzou presidida por D. Carlos López Somoza, Xerente do Hospital e por D. José Ramón Fernandez, Secretario Provincial do SERGAS.
Asistiron os alcaldes de Burela e de Viveiro, así como distintas asociacións de veciños da Mariña: Ribadeo, Foz, Burela, etc (non houbo presentación previa, só se lle deron os nomes a Secretaria do Acto, que é de supor levantou acta do evento)
Asemade, asistiron representantes dos sindicatos: UGT, CCOO e CIG. É dicir, non é exactamente unha continuación das xuntanzas do programa 'Queres', senón algo circunstancial, cinguido o momento, polo que dito programa como tal a día de hoxe está 'morto'
En primeiro lugar explicouse de que a Área de Xestión está integrada por un Primeiro Nivel de Área Especializada e un Segundo Nivel de Area Primaria. É dicir, a Atención Primaria por parte do médico de cabeceira e do PAC do lugar, por exemplo de Ribadeo, en donde o médico de cabeceira fai unha valoración da enfermedade, mediante a súa propia consulta e tamén pedindo análisis de sangre, algunha radiografía, etc, cousas que se fan en Ribadeo sen desprazarse a ningures. Logo, en caso de que o médico de cabeceira non vexa a cousa clara, fai un volante, e manda o paciente ó Especialista a Burela, Área Especializada.
En estes momentos Burela, só remite a outros hospitales do SERGAS, en caso de enfermos mentales e de certas probas que pertenzendo á sanidade pública non hay en Burela (como no caso de ter que facer un cateterismo, que mandan o paciente para o Juan Canalejo da Coruña ou para outro en donde teñen os medios e especialistas para facelo).
Incidiron en que queren poñer como eixe do sistema o Paciente, e a dirección do SERGAS 'horizontal', máis distribuída, pois según dixo o Xerente do Hospital, agora está “vertical”, máis concentrada, e é moi ineficiente. Así, coa nova normativa, do 2008, agora pretenden que a Xestión das Consultas sexa por Procesos. Isto é: Primaria-Especializada-Primaria, facendo algo ó que lle puxeron o nome de: “rutas existenciais”, cunha resolución rápida en un porcentaxe do 15% (P-E-P), e con unha resolución de longo tempo de un 75% dos pacientes, cunha ruta tipo:
1)Consultas de valoración (praxis do médico de cabeceira, análisis clínicos, ecografías, radiografías, etc.etc.)
2)Ver as Probas e Resultados – Dar tratamento
3)Ver a resposta ó tratamento
4)Dar ó paciente de alta na Especializada, e volvelo a reenviar a atención Primaria, considerado o nivel ou 'estado natural'
¿Qué cambia con este plan? Ata aquí, con todo o que se dixo, non hai nada novo, excepto a nomenclatura, pois para o paciente é exactamente igual a todo o sistema que se segue actualmente.
Por outra banda, e aquí sí que está o QUIZ da cuestión, parece ser que para poder realizar toda esta parafernalia, pretenden facer unha Xerencia Única da Area Sanitaria Cervo-Burela e Lugo.

Xuntanza da “Plataforma” na antiga biblioteca de Burela
Luns, 19 de Outubro 2009 ás 20:00 horas en primeira e única convocatoria
A maior parte dos asistentes foron dende a xuntanza co SERGAS.
Fíxose un pequeno resume do que alí acontecera e a xente amosouse moi preocupada por lo anunciado sistema de Xestión Única.
Pretendeuse facer unha cabeza xestora ou Directiva da Plataforma, con nomes e apelidos, asociacións, alcaldías, etc, pero coas excepcións de quenes ían a título persoal, ninguén tiña autoridade para dispor unha asociación formal das entidades que representaba.

Notas xerais:
En termos xerais, as pretensións da administración significan a centralización do sistema en Lugo, e máis despois de poñer en marcha o novo Hopital.
Aínda que non desapareza o nome de Área Hospitalaria de Burela, os especialistas pasarán a maior parte do tempo en Lugo, pois o hoxe Hospital de Burela quedará como unha especie de “Gran Ambulatorio de Burela” ... e perderá as unhas e outras especialidades en favor de Lugo, obrigando pouco a pouco a depender á Mariña de Lugo no que á Sanidade se refire.

0,6% ou 'Vivir en gallego: ¿es un derecho o un deber?'

A segunda parte do título, que manteño en castelán, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21/10/2009, e o de 0,6% ... iso é máis longo de explicar.
Resulta que boteille unha ollada ó artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castelán), "De hecho, lo que ya no es posible en muchas esferas oficiales es vivir en castellano, pues es esa -y no la gallega- la lengua que ha desaparecido oficialmente de nuestras Administraciones públicas, de nuestras universidades o de los medios de comunicación públicos gallegos.". Só por un pouco de humor negro (non sería estrano que alguén o tildara de masoquismo) púxenme a rastrexar no mesmo xornal os artigos en castelán e en galego, pois ó fin, entendo que é algo de uso público e subvencionado pola Xunta de máis dun xeito.
Pois ben, se temos en conta o corpo principal do xornal, isto é, sen separatas especiais de promoción de ningún tipo nin tampouco as páxinas que son diferentes por zonas, queda a numeración da páxina 1 á 64. Se non temos en conta en ningún caso os anuncios que van en páxinas con artigos, noticias, etc, queda en todo o xornal un conxunto dun artigo, unha carta e dúas viñetas en galego. Un, o artigo de Marina Mayoral, a outra, unha carta de Xosé Lois Bernal, 'Farruco', que non atopo en internet, e a viñeta de Pinto e Chinto (que ten "1" [unha] verba en galego) e a de Xaquín Marín, (visible hoxe na web do xornal pero non por separado), e que ten unha oración enteira en lingua galega. Botando contas, e sempre deixando fóra o espazo dos anuncios, sáeme algo así como un total dun 80% dunha páxina en galego, o que ven a significar cousa do 1,25% do periódico de hoxe. Claro que, se deixamos fóra o espazo das imaxes, queda arredor dun 40% dunha páxina, é dicir, pode que algo máis do 0,6% da totalidade do xornal. Se consideramos o número de verbas, de novo temos unha porcentaxe aproximada do 0,6%, ou sexa, 1 parte de cada 160. A resinar tamén que os dous artigos e a viñeta de Xaquín están en páxina par, como é sabido menos valorada. O resto? Non é inglés, non: é castelán. (Bo, en realidade, hai unha excepción máis, unhas verbas crucilladas...)
Conclúo que R. Blanco Valdés, o autor do artigo reseñado ó comezo, está tentando tomarnos o pelo, como se fora o día dos inocentes. Si, unha inocentada debe ser. As porcentaxes son tais que deixan a foto do artigo de hai dous días (a relacionada coa Voz de Galicia), sobre a manifestación de Santiago en prol do galego, como pro-castelanista, polo que descarto tanto falta de información (ó fin, é unha persoa que escribe no mesmo xornal que estou a analizar) como a 'mala leche' (é tan evidente que nese caso o calificativo veríase superado polo tamaño de letra de outros adxetivos dos que 'tonto', soaría cursi de tan suave).

Cousas de Ribadeo

Mentres parece que no club náutico as cousas comezan de novo a encresparse entre tendencias que optan ó poder e quen o mantén agora, atopamos que un partido, o PSOE, fai propaganda ('comunicación', 'publicación') das axudas da Deputación Provincial a diversas asociacións do concello. A min paréceme lóxico que se diga en que se usan os cartos, dando explicacións. O de actuar de voceiros a nivel local con información non difundida antes a nivel xeral (logo, información privilexiada?) como querendo dicir da súa intervención no proceso, paréceme algo equivocado. Equivocado por varias cousas que non aparecen totalmente explícitas, pero si no substrato da noticia, dende a apropiación de decisións ata a arrogación de caciquismo.
Mentres, o concello, de man do alcalde, está negociando sobre a variante (e nesta outra nota de prensa). Neste caso é o BNG/alcalde o que publicita movementos xerados por el, mentres que a contraparte da negociación, que nega o acceso terceiro a Ribadeo, da estrutura burocrática do estado, controlado polo PSOE, non o anuncia. Normal? Si, claro; remítome ó parágrafo anterior. Tamén se anuncia unha exposición de banda deseñada galega na OMIC, comezando hoxe.
Por certo, en relación a "o Ribadeo que queremos" (ou aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, mañá ás 5 da tarde terá lugar na Casa da Xuventude unha tertulia sobre o tema 'O Ribadeo que non queremos' (ver o blog de Atalaia)

Por vía dos feitos, hospital desfeito.

Ter razón é o máis antipático que hai. A frase está atribuída a Unamuno segundo unha carta de 1908. Non ten por que ser así, opino, pero o caso é que cando se mantén a opinión razonada en contra de poderosas influenzas externas, gánase un moitas antipatías.
E voltamos ó tema do hospital. Aínda sen publicar o resume de Pancho das xuntanzas do outro día sobre a zona sanitaria da costa, a que afecta a Ribadeo, pouco a pouco váise desgranando na prensa algo máis que a toma de posturas: os feitos. Así, hoxe a prensa da nova (consecuencia do tratamento de onte sobre os orzamentos galegos para o próximo ano) de que o Hospital da Costa en Burela quédase sen a anunciada ampliación, alomenos polo momento.

20091020

Atopa o teu camiño

Ben, en realidade o lema da Xunta di 'encontra o teu camiño', e iso na versión galega do lema trilingüe para o Xacobeo. Non obstante, coido que é un lema que sería de aplicación xeral, para toda Galicia, por exemplo.
Así, din as teorías económicas capitalistas (ó fin, o sistema no que estamos metidos, por moitas desviacións de beneficios 'legais' que teñamos nestes momentos) que os bens teñen unha regulación de prezos vía mercado que ven dada polo xogo oferta-demanda. Dado o aumento de prezo das consultas médicas daqueles especialistas que, ou ben non entran no sistema de seguro, ou ben teñen que ser procurados fóra del polas condicións de subministro do servizo, coido que sería de lóxica o aumentar o número de médicos. Véxase a prensa e verase que a cousa non funciona así esta tempada en Galicia. As consideracións son dende cousas de poder a orzamentarias, pero non tanto sociais, alomenos ó que parece pola prensa.
A nivel máis próximo a Ribadeo, e dentro da área sanitaria, o proceso de 'racionalización' segue uns criterios que tamén parecen algo lonxe da demanda social. Onte en Burela houbo dúas xuntanzas, unha, convocada de xeito oficial para o antigo Queres pero que agora non é tal, e outra, da plataforma sanitaria, oficiosa pois non ten unha estrutura formalizada legalmente. Sairán novas na prensa de ambas (polo momento só vin da segunda), e un representante de O Tesón estivo nas dúas. O resultado: mentras que os segundos nn se fían mentras non vexan por escrito as promesas realizadas sobre a non delocalización de servizos a Lugo despois de asegurar o contrario, na primeira xuntanza empregouse nova nomenclatura para unha especie de aparente solución intermedia: tachán! a área sanitaria de Lugo e Burela. Coido que a calquera que esteña a ler non se lle escaparań algúns matices que se colan indefectiblemente entre as verbas que intentan ocultalos: a 'racionalización' de servizos, as 'rutas existenciais' (si, polo que parece esa é nova nomenclatura para meter gato por lebre) non poden ocultar a súa parada en Lugo. Escoitarase falar do tema máis, por desgraza. E falaremos tamén aquí del.
E algo polo estilo, o de atopar o camiño, pasa a menos de media centea de horas da manifestación en prol do galego: mentras que dende Londres Feijóo anunciaba o seu respeto polo galego o mesmo día da manifestación, hoxe a prensa é crara: a protesta do galego agranda a brecha entre goberno e oposición (é dicir, non queredes o que hai? pois enfadámonos!), ó fin é o cabo, parece que a interpretación dos votos corresponde ó ganador nas eleccións. Cousas que xa se sabía de hai tempo en Ribadeo, iso de ir cos da feira e voltar cos do mercado en 48 horas (véxase o recheo e a manifestación previa), ou a declaración de que os votos son dos elixidos (xa falei máis dunha vez do tema en relación a cousas de Ribadeo).
Ah! iso si, o galego máis guapo é de Ribadeo.

20091019

Cánto levan escoitado estas pedras de Santiago

Tomo prestada a expresión do título para comezar este artigo sobre unha manifestación en prol da potenciación do galego.
Onte en Santiago houbo una manifestación abondo numerosa na que compartín lugar con outra xente coa quecompartía máis ou menos ideas ou coa que non compartía formas, por exemplo nas frases coreadas que, camiñando ó seu carón, me lembraron aquelo que se dicía hai tempo de 'compañeiros de viaxe'.

Entre 30 000 e 40 000 persoas (menos que a media, mesmo que calquera das estimacións 1-2-3-4 que levo visto, pero que calculei a ollo alí e logo constatei de xeito aproximado con medidas sobre o mapa e densidade estimada) é o número de persoas que calculo que acudiu á manifestación do domingo en Santiago organizada por Queremos Galego e secundada por todos os partidos políticos (excepto UPyD, PP e os extraparlamentares da ultradereita) e moitas organizacións de diverso tipo, a parte de particulares dende o PP, incluíndo a outros grupos dende a CNT (con bandeira) ós republicanos (asemade con bandeiras presentes) ou como testemuña dun grupo que non podía estar como conxunto (por exemplo, alguén coñecía á asociación 'couto mixto' de Bruxelas? - que por certo, tivo un pequeno acto onte alí, en Bruxelas, como apoio). Cabe dicir que tanto por cantidade de xente como por organización, as asociacións relacionadas co BNG tiñan un posto destacado, pero non único.
[Por certo, sobre cómputo de manifestacións, ver aquí, e ter en conta o que se di sobre o éxito das manifestacións a metade do artigo]
Algún cartel no camiño, como o que lembraba a postura do 'bilingüismo amable' defendida pola Voz, con menos do 5% de galego nas súas páxinas, lebraban algunhas das sinrazóns dunha polémica que non vai deixar de selo despois da manifestación. Carteis que contrastaban con algunhas situacións dentro da propia marcha, como a que xuntou no obxectivo o cartel de man reclamando dereitos co 'El País' en castelán como medio de información a falta de unha rede de medios en galego 'como Deus manda'.
E, no medio da foto, unha lembranza do futuro, o que se apuntaron numerosas familias levando ós pícaros e que me lembraron, non sei ben por que, unha manifestación mantida hai xa moitos anos en Ribadeo para a consecución do ambulatorio.
Por suposto, non faltaron símbolos de diferente tipo, dende as bandeiras cunha estrela ata as bandeiras co escudo como símbolo de Galicia enteira, as republicanas ou de outras simboloxías, dende o logo de 'queremos galego' ata carteis máis ou menos extremos ou conscientemente ferintes para os seus opoñentes.
A marcha comezou no parque para facer algún zig-zag antes de chegar á Quintana. Aínda así, cando estaban saíndo os últimos, os primeiros cha chegaran.
Non todo o mundo se deu chegado a escoitar a arenga final na praza, a pesares de que foi repetida.
Despois, na comida do grupo tiven máis sensación de agrupamento de ideas que na propia manifestación, aínda que me foi evidente en todo momento a diferencia de xeitos de defensa da lingua ou de promoción, que tamén na preeminencia dunha ou outra idea coido que había diferencias.
Nun momento dado, lembrei naqueles primeiros tempos nos que a televisión chegou á casa, á miña avoa preguntando estranada: e, por que non falan coma nós? Non era o caso onte en Compostela, onde todo o mundo tiña craro que hai xente que fala diferentes linguas, pero, coa Quintana Chea e xente esperando entrar, seguro que moitos dos presentes se preguntaban por que tiñamos que estar alí para seguir a considerar unha lingua como ata agora. Pode que non varíe gran cousa a consideración de futuros cambios lexislativos, normativos ou sinxelamente de aplicación legal, pero si que onte dilataronse algo os horizontes cos que percibimos o futuro da lingua galega.

20091018

A muralla de Lugo nunha visión particular


Todos coñecemos a muralla de lugo. O reflexo do Sol nas fiestras tras de min produxo este efecto almenado.

Pintadas


Coido que as pintadas a istas alturas xa están moi vistas, e por desgraza (iso creo) no producen xa unha sensación de forte rexeitamento. Pero segue a sorprender que se fagan nunha parede inmaculada, como a do auditorio recén pintado ('plan E), parede que por outra parte, pola súa propia textura pode facer que sexa atractivo ser o primeiro ou primeira en deixar alí a pegada.
O que si está claro é que neste caso non se produxo o efecto 'vidros rotos' de imitación, ó ser parede recén pintada.
Case é un mito nunha cidade un local adicado en exclusiva a servir mexilóns no que a xente tiraba as cunchas ó chan. Cambio o local de donos, sendo a copropietaria xermana, limpa e obstinada. Contan que con pouca ou moita afluenza de xente, despois de deixar o mostrador ben servido de visibles recipientes para as cunchas, cada volta que alguén tiraba unha cuncha (si, 'unha cuncha') saía e limpábaa. E contan que dise xeito, ó cabo dun tempo e dun esforzo grande, logrou que o chan do establecemento continuara limpo de cunchas... e de clientes. Non sei se é verdade a historia, pero cando fun eu, así continuaba o chan e continuaban os clientes.
Dígoo tamén nun momento no que estou escoitando a recollida de vidro na rúa e no que sei que ó baixar, vou atopar mexadas no garaxe. Fai falla tesón para rematar con istas cousas, tendo ademáis presente que se non se pon atención, podern recomezar en calquer momento: a educación, xeración tras xeración, ten compoñentes así.

20091016

Ímola vacunar. -De que? -Non o sabemos, aínda non nos chegaron as promocións.

Choca o título? Pode que non choquen as verdades do último artigo de Im-pulso sobre o tema da manipulación da idea sanitaria.

Do concello de Ribadeo: axenda cultural, exposición, axudas

Onte foron presentadas polo concello a axenda cultural de Ribadeo para o que queda de ano e as axudas para rehabilitación de vivendas en Rinlo e Ribadeo, ambas cousas interesantes que se poden atopar na web do concello.
Mentres, dende hoxe, na OMIC (Of. de Turismo) e ata o 31 de outubro, de 10 a 20:30h, pódese contemplar unha Exposición de banda deseñada galega, a correspondente ó último Salón do Cómic de Barcelona.

Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos

    Nestes días asistín a dúas tertulias con temas relacionados, sobre a segregación escolar (básicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo.
    A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposición de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que a verdade, pensaba que ía a ter outra estrutura. Un resume dela pode verse na web da Atalaia, asociación que a organizaba, e as verbas por Pancho están ó final deste artigo, xunto cunha lista e unha foto das alumnas da escola de dna. Concha. Como comentario xeral pola miña parte, apunto que foi distendida e estábase ben, se ben se divagou moito en relación ó tema previsto.
    A participación na charla ribadense foi maior que na celebrada en Foz o venres, que estaba convocada en teoría para toda a Mariña polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. De calquera xeito, sorprendeume en ambos casos a escasa asistencia.
    O tema da segregación escolar foi tratado por Ana Sánchez Bello (ver un artigo seu na liña da súa argumentación o fin de semana pasado) e, dende o punto de vista legal, foi feita unha introducción o tema por Dores Fernández Abel antes dunha discutida tertulia. Saíron os temas da implicación tipo de vida - tipo de relacións- tipo de sociedade, características diferenciadoras da escola segregada e coeducativa, a ruptura de estereotipos ou o seu aproveitamento polos grupos dominantes, implicando un maior número de conflitos e competición máis dura, a análise de estatísticas sesgadas ou contaminadas por factores alleos á segregación/coeducación, etc. Posteriormente, na tertulia xurdiu asemade, sempre de xeito relacionado ó principal, a temática da hiperprotección dos menores, o efecto do medo como muro anti-cambio, a emoción social de dourar a historia anterior vivida (ó estilo da magnificación das 'Coplas a la muerte de su padre' de Jorge Manrique) e mesmo a educación como cuestión política.
--
As Mulleres de Ribadeo

A tertulia e unha reunión de persoas que se xuntan con certa habitualidade para discorrer sobre algunha materia en unha conversa amigable.
Hoxe o tema da tertulia versa sobre as Mulleres de Ribadeo. O tema semexa sinxelo, pois de principio parece que facendo unha lista das mulleres máis relevantes da historia do noso pobo, nos levaría a falar de como viviron, que circunstancias historicas percorreron na vida do pobo, etc.
O caso é, que cando buscamos nos libros da nosa historia local, atopamos referencias o comercio, e os comerciantes; o condado, e os séus condes; a igrexa e os seus curas; as escuelas e os seus mestres; os periódicos e os seus donos e fundadores; as cofradías e os gremios.... Todo esto está en masculino. Non hai ningunha referencia o feminino. As mulleres. O traballo e a vida que levaban as mulleres.
En efecto, non hai esta referencia, porque a doctrina social nunca foi favorable a condición da muller. Salvo raras excepcions históricas de raiñas, como Cleopatra, Isabel a Católica ou de Isabel II, pouco se sabe da vida social das mulleres, a traverso dos séculos, como non sexa por mera expeculación historiográfica, da laboura que estaban a facer, a sombra de cónxuxes de “ilustres nomes”.
Falar da laboura das Mulleres de Ribadeo, polas que hoxe nos reunimos en esta tertulia, e falar do problema de marxinalidade a que a muller estivo sometida desde sempre, porque o home non consideraba que a muller necesitaba ese espacio de recoñecemento público a sua labor social.
Si nos remontamos a vida nos castros celtas, mentras o home cazaba e pescaba para traer de comer, era na muller na que recaía o cuidado dos fillos e da casa, da familia e da vila. A súa labor era esencial, para o desenvolvemento da tribu, pois non cabe duda de que a muller axudaba a facer, ou facía ela sola, a roupa e o calzado, coidaba o gando e seguro que mariscaba...pois hai restos de cunchas en tódolos castros, uns como ornamentos funerarios e outros como restos da comida.
Na edade media, a labor da muller está totalmente a sombra do home.
Si falamos do mundo militar o home era o guerreiro e a muller solo se consideraba o “descanso do guerreiro”. Si era no mundo clerical, nin que dicir ten, que a institución relixiosa sempre a tivo marxinada, e ata o día de hoxe do século XXI, nunca a admitiu a altura do home.
Para as relixions monoteistas: xudaismo, cristianismo e islamismo, que son patriarcales por antonomasia, considérana inferior o home: “a muller é un ser impuro... contén o xermen do mal e do vicio...” no século XVII o escritor ingles John Milton dice: “a muller e un fermoso defecto da natureza”.
Polo que, no medievo a muller do rural e do úrbano, sigue como na época dos castros, traballando na casa e pola casa, e si pode ser sin sair da casa.
Temos que chegar ao século XIX, ano de 1830, onde o Partido Liberal Británico, dominado polas familias aristocráticas: Grey, Melbourne, Russell e Palmerson, tiveron a idea de ganarlle poder a Coroa Real, democratizando o pais, para eso necesitaban apoiarse nos obreiros das cidades, canalizando o séu poder mediante sufraxio universal, ou sexa que para acadar, ser representante do poder público do pobo, fose necesario gaña-lo cargo mediante un sistema de eleccions. Esto tiña moitas excepcións, pois o voto cidadan foi en un principio corporativo, esto é, era o voto de traballadores de certas fábricas, de certas clases burguesas industriales e de latifundistas ou terratenentes... nacía o caciquismo e o clientelismo....pero aínda así, ¡ningunha muller podía votar!
Estas teñen que esperar ata o ano de 1837, cando en Sheffield (Inglaterra) a muller consegue o voto. Pero esto é unha data excepcional, pois a muller seguía marxinada en todo o mundo. En 1912 moitas “sufraguistas inglesas” foron asesinadas a tiros.
A primeira guerra mundial, foi determinante para o cambio de actitude, na forma de ver o traballo das mulleres, e os gobernos empezan a derogar as leises que lles supoñian limitacions, pois gracias a elas, os feridos eran cuidados nos hospitais, elas eran as mellores administrativas e secretarias, e a partires da segunda guerra mundial, a muller incorpórase o exercito, e para mediados do secúlo XX practicamente tódolos paises civilizados, lles habían recoñecido o sufraxio universal.
Pero o sufraxio, aínda que foi un gran trunfo para as mulleres, non era a única meta que elas pretendían. Querían acadar os mesmos dereitos que os homes, esto é: dereitos xurídicos, económicos e poder acceder os mesmos puestos de traballo ca eles, en igualdade de condicións e remuneración. Parece ser que, a lo menos teóricamente, a lexislación actual dos países occidentalizados, cubren estas lexítimas aspiracions da muller, pero prácticamente está lonxe aínda de cumprirse a igualdade.
No único en que a muller está a idéntica altura do home, é nas responsabilidades e obrigas que lle son esixidas. Pero non na remuneración. Sempre lle pagan menos que o home, alegandoselle mil disculpas, que moitas veces as obriga a verse irremediablemente encadenadas as “labouras do fogar” por non quererse dobregar as pretensións “machistas”.
O afán de liberdade da muller, de non verse sempre suxeita o que o home lle queira dar, que por desgracia, moitas veces a mantiña marxinada, pois este utilizaba o seu poder económico para mantela calada, pois ela sabía da obriga de darlle de comer os seus fillos, pero como decíamos, este afán de libertade e independencia, foi o que levou a muller a traballar fora da casa.
Empézanse a ver, mulleres xornaleiras: nas fábricas, nos portos de pesca e de mercancías... e na nosa vila de Ribadeo, finales do XIX primeiros do XX, atopamos as mulleres “portadeiras” do muelle, que cargaban e descargaban as barcazas, arremangadas as faldas e metidas na auga moitas horas, facendo unha cadea humana pola rampa de Porcillan.... atopamolas adicadas as conservas e salazóns de pescado, nas fábricas de Bravo (de bocarte e chicharro), de Pelaez (de chicharro), da Vilavella ou de Gayol, de García e de Lens (sardiña, palometa e bonito) e a Trocha (anchoa envasada e raia seca).
Xa nos anos 60 atopamos a fábrica de gabardinas de Llaú que da traballo directo e indirecto a moitas mulleres.
Pero a muller non se conforma con gañar un xornal de simple peón... e empeza a estudar. Para eso, nun principio ampárase na ley de Instrucción Primaria promulgada o 2 de Xuño de 1868, sendo ministro de Gobernación, de Hacienda e de Ultramar Antonio Cánovas del Castillo baixo o reinado de Isabel II, e en cuio primeiro artículo decíase: “Habrá escuelas públicas de instrucción primaria tanto para niños como para niñas en todos los pueblos de la monarquía que lleguen a 500 habitantes”.
Gracias a esta ley, moitas mulleres estudaron a educación básica, e máis tarde accederon o ensino superior, formándose como mestras, abogados... pero moitas carreiras lles estaban aínda vedadas...
De estas primeiras mulleres que estudaron para Mestras de Ensinanza Primaria Elemental e Superior foi María Concepción Lopez y Gonzalez, tía de miña avoa, , que estuda 1º curso en 1891-1892, 2º en 1892-1893, Reválida e 3º da Ensinanza Superior 1893-1894.
A tía Concha, era natural de Santa María de Bretoña, empadronada en Pastoriza. Casada con José Prieto Pacio de Pastoriza, de profesión agrimensor que morre en Xullo de 1915. Por aquel entonces ela estaba de mestra en Abadín, ata 1923, ano en que foi trasladada a Ribadeo. Contaba xa con casi 48 anos de idade cando chega a Ribadeo. Aqui vive na calle Trinidade, perto de onde ten a escola. Está dando clase cando estalla a Guerra Civil, xa tiña 61 anos e é suspendida de empleo e sueldo como tantos outros mestres da Republica Española.
Volve ser confirmada no seu cargo, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de 24 de Febreiro de 1940. Contaba con máis de 65 anos e retirárona, casi de inmediato. Aínda en 12 de Novembro de 1942 está reclamando os haberes, pois non lle pagaban nada e foi para a casa da súa sobriña de San Miguel de Reinante, Remedios López Huerta, miña avoa. E en 1948, con 73 anos, morre no Hospital de San Pablo de Mondoñedo.
Hoxe temos que decir que hai mulleres que viven en Ribadeo, de recoñecida sona popular veciñal, pero que non están en valor, pois son coñecidas só por nosco, que convivimos xuntos.... e as que sin duda queremos.... pero non é dabondo... debérase de recoñecer a súa valía de forma pública...
Hoxe a muller accedeu a todos os niveis da sociedade, xa non precisa de aquelo que dice: “detrás de un gran home hai unha gran muller”, caso de Ramón Gonzalez e a súa dona Dª Corona. Hoxe é ela a gran muller que ten detrás un home....e non precisamente grande...como ela tiña que ser.
Mulleres de Ribadeo, temos as traballadoras do mundo rural e do urbano, do comercio, da enseñanza, da administración pública e privada, e da industria como dicíamos antes, xurden no mundo da cultura popular como foron as compoñentes do grupo “Saudade”, as cantoras da Polifónica, as escritoras como Mary-Lola Perez Basanta (Ribadeo: Biografía de un Recuerdo), as poetas como Primi Nécega (Despertar) e hoxe en primicia dígovos que temos outra poeta escondida, Isabel Rodriguez, máis popularmente coñecida como Isabel da Crixa, que ten editado de forma familiar, un libriño de versos en castelán, titulado “Sentimentos de Isabel” e con un deles quixera rematar e concluir:

“Mientras contemplo unas rosas
pienso...
cuantas cosas hermosas poseemos
sin saberlas apreciar
Indefensas
las rosas
a nadie hacen mal
si se lo hicieran a ellas...
quién lo paga... es el rosal”


Polo que tomando a enseñanza desta estrofa de Isabel, vemos que sin non apreciamos o que temos...as mulleres...as rosas... ¡quen o pagará será o pobo...o rosal!
pancho campos
Ribadeo, 15 outubro 2009