20140831

Pensamentos lixeiros de agosto: medrando con cultura

Este verán Ribadeo rebosou actos. Imposible seguilos todos. De cultura ou deportes, para un ou outro gusto. O día de San Ramón (felicidades!), o 31 de agosto, Ribadeo xa nota algo o baleiro deixado pola xente que se foi, aínda a pesares de que comezaron unhas festas que alongan o seu nome por máis de dez días (que a festa non pare!, dirían).
Nesa calma que se vai facendo un lugar no pobo, descubrín un lugar ó que non accedera e non sei dende cando existe. É acolledor, atractivo, para desfrute dos pequenos introducíndose na lectura. Visitable tamén polos maiores, e sen rematar (as estanterías con libros 'de maiores' por tras dalgunha ilustración así o testemuñan): a sección de primeiros lectores da Biblioteca Púbica Municipal 'Viejo Pancho'



20140830

Os caramelos da Xunta ao 'neno Ribadeo' pedindo residencia

Corto e pego, cun pequeno comentario posterior, un artigo de J.Mª Rodríguez publicado hoxe no seu blog:
--

LOS CARAMELOS DE LA XUNTA DE GALICIA

Enseñarle un caramelo a un niño para ensañarse con él después demorándole la entrega mediante estrategias de entretenimiento me parece un acto de sadismo y de crueldad. Pues eso y no otra cosa es la actitud que la Consellería de Benestar de la Xunta está adoptando con el Concello de Ribadeo. Le enseña el cheque de los 500.000 euros que le tiene prometidos para la construcción de la residencia de ancianos, pero le dilata su entrega mediante estrategias administrativas, imponiéndole condiciones absurdas y repetitivas. Su juego consiste en exigir al Concejo cada cierto tiempo una serie de documentos, reiterativos algunos e inadecuados otros, relativos a ciertos aspectos o matices sobre la viabilidad y gestión de este proyecto. Documentos que, o ya fueron remitidos en anteriores ocasiones como requisitos imprescindibles para el otorgamiento por parte de la Concellería de Benestar de la preceptiva autorización para la construcción de la residencia, o bien corresponden a futuras situaciones que nada tienen que ver con la construcción de la residencia. Pues si la aportación mencionada está dedicada a la construcción de la residencia, a sólo eso debería referirse el Convenio que ha de regular ese dinero y no a otros aspectos, que nada tienen que ver con la obra a la que se destina este dinero y que, sin duda, serán objeto de futuras regulaciones. Y esta incomprensible actitud de la Concellería de Benestar de la Xunta de Galicia, que en el acerbo popular se conoce como “aguja de marear”, parece que es defendida por el Presidente del PP de Ribadeo, Sr. López Penabad que, en uno de sus recientes comentarios de prensa, atribuye estas exigencias “al papeleo continuo o anexos a veces repetitivos e incluso redundantes” de la Administración de la Xunta de Galicia.
Ignora el Sr. López Penabad, que el juego del caramelo protagonizado por la Consellería de Benestar no es otra cosa que un intento de obstaculizar la construcción de esta obra tan esperada, además de una flagrante ofensa a la dignidad de los vecinos de Ribadeo, verdaderos protagonistas de este proyecto social, tan necesario para Ribadeo.
--
Ben, coido que se a Xunta ve a Ribadeo como o neno do exemplo, a Xunta necesita gafas. Gafas, non filtros para non ver situacións, como ocorre con algún cambio de lei electoral.
Asemade, fago unha aposta: a que para xusto antes das municipais o 'problema' amáñase?

Pensamentos lixeiros para agosto: pensando en lonxe de Ribadeo

    A foto foi tomada esta mesma mañá de sábado ne Ribadeo, no porto de Mirasol. Un par de camións adicados o transporte internacional a tres mil quilómetros da súa casa, en Ucraína. Alí, cóntannos, hai unha guerra. E antes, un golpe de estado, e actuacións de grupos paramilitares de ultradereita, e expresidentes que a pouco de deixar o mando son acollidos na cadea, e abondo máis que se foi configurando como habitual dende que se formou este estado a partires da URSS, como o máis importante despois de Rusia.
    Coido que habería que dicir abondas cousas sobre a 'crise ucraína' despois das evidentes campañas de desinformación duns e outros, pero esta mañá, ó pasar por alí, o que se me ocorreu foi tentar poñerme no lugar dos camioneiros ante un conflito que o teñen que ter presente, no que están involucrados, e, ó tempo, a tres mil quilómetros. Unha conexión Ribadeo-Ucraína a traverso das súas cabezas. Intenteino, pero ninguén me poderá dicir nunca que o conseguira. Todo o máis, poderáseme dicir que seguramente nin me aproximei.

20140829

Para unha plataforma cidadá de cara ás municipais en Ribadeo

Aínda que ando polo tema, non asumo ó 100% a seguinte 'reflexión persoal' (coido que ten algunha incorrección involuntaria) pero si no fundamental. Chegoume hoxe ó correo, e hoxe a distribúo:
"
Ola a todos. Escríbovos esta reflexión persoal co obxecto de animarvos a asistir ao nacemento da Plataforma Cidadá cara ás eleccións municipais de Ribadeo.

O vindeiro ano cúmprense catro anos do nacemento do 15M, un movemento que acadou a simpatía do 70% da poboación segundo as enquisas, ou sexa dunha maioría superior aos 2/3, que de ocupar as institucións podería mudar a Constitución por si mesma para poñela ao servizo da cidadanía.

Os consensos do 15M sobre transparencia, participación, loita contra a corrupción ou pola defensa dos servizos públicos e dos dereitos cidadáns foron doados de acadar. Porén, o debate nas asembleas foi continuo sobre se procedía ou non entrar na loita política polas institucións. 

Desde entón, algúns de nós demos o paso de non votar a comezar a votar, de non interesarnos pola política a presentarnos nunhas eleccións con partidos de esquerda transformadora coaligados en AGE acadando bos resultados. Nas pasadas europeas, unha segunda onda de indignación levou a Podemos ao Parlamento Europeo cuns bos resultados en todo o Estado. Uns e outros levaron a voz da indignación ás institucións, pero están lonxe de acadar o poder nelas.

As vindeiras eleccións municipais constitúen unha nova oportunidade, e ao noso sentir, cumpre seguir afondando no achegamento da fórmula de representación á cidadanía. O pasado luns un grupo de veciños (xente do común, algúns do Sindicato Labrego, outros do Tesón, de Amarante, da Plataforma pola Defensa da Ría, de Podemos Ribadeo, de Espazo Ecosocialista, de ANOVA, e outros de nada) decidimos apoiar o nacemento dunha Agrupación de Electores cara a obter o Concello de Ribadeo para que sexa xestionado directamente polos veciños. Será o martes 2 de setembro ás 20:30 no Cantón Bar.

(Sen que teña isto unha relevancia grande, dicir que esta opción é apoiada tanto polos grupos políticos que conforman AGE como pola dirección de Podemos, polo que de ir adiante a Plataforma, probablemente estas formacións non presentarán candidatura ás municipais no Concello de Ribadeo.)

Pensamos que a necesidade da transformación dos modos de gobernar Ribadeo é evidente:

- Hai que rachar co clientelismo: non pode ser que a cidadanía siga a pedir favores ao alcalde a cambio do voto. As decisións sobre o que se fai -quen recibe axudas, que pistas se amañan ou rozan, etc.- deben ser tomadas polos veciños de xeito transparente e empregando criterios claros e acordados por eles, e non depender da amizade que teñan co concelleiro de quenda.

- Hai que eliminar os niños da corrupción: a corrupción beneficia a quen decide e a quen suborna, a costa do interese de todos os veciños. Para loitar contra ela a transparencia é a única ferramenta. Só se son os mesmos veciños que gobernan Ribadeo se poñerán as medidas precisas para que non queden espazos escuros para á arbitrariedade. Recentes novas teñen demostrada a incapacidade ou falla de vontade do goberno actual para acabar con estas prácticas.

- Hai que dar protagonismo ás asociacións veciñais: A estratexia de comunicación do goberno diríxese aos medios (onde pode facer propaganda) e aos veciños individuais (onde pode aparecer o clientelismo). Cómpre un goberno que basee a comunicación no debate público, aberto e transparente, especialmente coas asociacións, que deberan ser o seu interlocutor principal no deseño das políticas e das propostas.

- Cómpre poñer en marcha a participación cidadá: Fai catro lexislaturas que os grupos políticos locais aprobaron por unanimidade a Carta de Aalborg da Axenda XXI Local, que promove a participación cidadá cara a un desenvolvemento sustentable dos concellos. Nada se fixo ao respecto, e nada podemos esperar xa destes representantes.

- Ribadeo precisa un proxecto de futuro: É rechamante a ausencia de proxecto -participado ou non- para Ribadeo das agrupacións políticas locais. Correr para saír na foto e poñerse na primeira liña da manifestación, como no caso da Residencia, non é propoñer nin liderar. Temos moitas propostas -10.000 persoas pensan máis ca 7- e xuntos podemos levalas adiante. Cómpre poñer a traballar os 8 millóns de euros anuais do orzamento municipal a prol da veciñanza ribadense.

Se pensas -coma nós, ou diferente!-, e queres participar, achégate este martes día 2 ás 20:30 ao Cantón Bar, onde celebraremos a xuntanza de lanzamento da Plataforma Cidadá. Todo está por decidir, e todos somos necesarios. Coméntao tamén cos teus achegados e difunde esta iniciativa veciñal.

PD: E, finalmente, se che apetece, pero sentes medo ou incomodidade polas consecuencias persoais que poida ter para ti participar nunha iniciativa cidadá tan sá e limpa coma esta, pensa que alí está a razón máis importante de todas para facelo: rachar co medo da xente a participar libremente en política. Por unha Galicia sen caciques."

Pensamentos lixeiros para agosto: lixo ou merda?

Din 'ao césar, o que é do César, a Deus, o que é de Deus'. Luns pola mañá. A primeira hora, verquidos no contedor do vidro de cascos con contido deixan a rúa máis ou menos como se ve. Unha veciña do edificio chama ó concelleiro encargado do lixo. Primeira hora da tarde: a rúa, como se ve. Ai, o concelleiro! Pois non, co concelleiro enviou limpar con auga a presión, e quedou limpo a iso da unha ou así (á unha e media estaba a rúa mollada e limpa, aínda que non dispoña de foto, vino). Pero... máis tarde seguiu o verquido, e o resultado é o que se ve.
Quizáis o concello debera de ter actuado sobre o verquedor, pero a limpeza fíxose. Claro que o resultado, invisible un par de horas despois, facía mesmo que a persoa que chamou para limpar pensar que non se limpara...
Voltando, a merda, para quen a produce, non si? E mentres, como nos imos aproximando?
Pouco a pouco, pero con constancia.

20140828

Pensamentos lixeiros para agosto: luz sobre Ribadeo (e temperatura!)

Mércores de calor. Tamén mércores de luz. As fotos, á tarde, sobre o parque dan testemuña. A gráfica de temperaturas dos últimos días dan tamén testemuña da temperatura.


A máxima temperatura de onte, mércores: 30,23ºC ás 14:10 UTM (12:10 hora oficial). A outra punta de altura semellante, 30,06ºC á mesma hora o día 25:

20140827

Constituído o Círculo Podemos de Ribadeo. Nota de prensa

Dende o pasado venres, Ribadeo conta cun Círculo Podemos. Somos conscientes de que non somos unha institución rematada, nin queremos sela: un lugar onde xente viva tenta afrontar problemas, propoñer solucións e axudar a implantalas non pode ser algo ríxido. Menos aínda ó comezo, cando está todo por facer e a xente que se vaia achegando aportará as súas ideas e traballo mesmo para definir a causa común.
Falta tempo para que se poda falar do Círculo Podemos Ribadeo dicindo algo máis aló de que é un grupo de xente que quere contribuír a mellorar unha situación que se percibe peor cada día.
Con esta nota de prensa non se trata de definirnos. Aínda non. Só de dicir: estamos e podemos.

Con motivo da constitución do Círculo Podemos Ribadeo, adxuntamos a acta correspondente e os estatutos de funcionamento.
Acta:
https://drive.google.com/file/d/0B1fwpUTquuVmTkcxMUZhSDlFd3c/edit?usp=sharing
Estatutos:
https://drive.google.com/file/d/0B1fwpUTquuVmT3NRYnNLV2dSQk0/edit?usp=sharing

Entrevista en Radio Burela, 27/08/14, dende 00:27:40 http://www.ustream.tv/recorded/51922310

Pensamentos lixeiros para agosto: un faro, un hotel

Destas que pasas polo concello con algo de tempo e miras. A de cousas que hai de información entre papeis soltos, desordenados, solapados, misturados, caducados... e descoñecidos pola cidadanía en xeral.
Onte atopeime un, xa caducado tempo hai, que me chamou a atención. Trátase da petición dunha empresa, 'Eiroba A Mariña, S.L.', ante Portos (Autoridade Ferrol/S.Cibrao) para que lle concedan o faro da Illa Pancha para o seu uso como hotel. O resultado non o sei, o escrito é este:
Por certo, que non se entende ben o que pon enriba (cousas da escritura e do reflexo do vidro por diante), pero aparece a data 2/5/14, anterior á propia data de redacción do aviso. No BOE aparece a fin de mes.
---
Aínda posterior (20150529): Faro, números, posibilidades... hotel?
Dous modelos
---
Actualización 20150526: As cousas da conversión do faro da illa Pancha en hotel, con polémica, hoxe.
Unha entrevista sobre o tema na sexta, en 'Mas vale tarde' (20150526)
---
Actualización: atopo hoxe, 20150426, na rede unha nova de El País de onte con este caso: "La reconversión hotelera de los faros", onde aparece "Ribadeo será el primer municipio español con un faro-hotel". Nela cítase a José Luis López Braña como promotor, un hotel con dúas suites de 40 m2 con 4 prazas cada unha, máis unha cafetería aberta ó público, coa pretensión de cobrar 150 €/noite, a cambio dun canon de 15 600 €/ano. Tamén aparece 1857 como data de construción da casa do faro vello, a que sería cedida para hotel (o faro novo seguiría tal cual, funcionando) ou que sería un turismo 'de élite', o que admite o mesmo alcalde ribadense.
A illa Pancha, no 2005, nunha foto que tamén subín á Galipedia.

---Algo máis, posterior, collido da rede:
Un estudo/proxecto para a illa:
http://ruc.udc.es/handle/2183/13776
No BOE:
http://www.boe.es/.../2014/05/30/pdfs/BOE-B-2014-19304.pdf
Petición en internet contra o hotel na illa (cando recollo isto, ían 455 asinantes, despois de pedir inicialmente tan só 200; no momento, animábase a polos 500):
https://secure.avaaz.org/es/petition/Consejo_de_Ministros_Impedir_el_uso_del_faro_de_Ribadeo_como_hotel/?pv=5&rc=tagging

20140826

Pensamentos lixeiros para agosto: Os actos do Centenario do nacemento de Dionisio Gamallo

Rematou a primeira parte dos actos previstos para a celebración do centenario de Dionisio Gamallo. A segunda será en setembro.

Era a miña intención gravar e colgar as gravacións dos actos no teatro e na biblioteca. Síntoo, as gravacións son pésimas, polo que non aconsello escoitalas (a que mellor está é a de música, e aínda así...), e ó gravar audio, non teño fotos propias (hai fotos na rede). De calquera xeito, por se alguén quere, á espera doutra gravación mellor:
Gravación 1: Acto no Cine-Teatro, incluídas verbas de Olivia Rodríguez-Tudela.
Gravación 2: Acto no cine-Teatro, dez minutos de Alonso Montero.
Gravación 3: Actuación diante da biblioteca Viejo Pancho.

20140825

Pensamentos lixeiros para agosto: o doce aviso do fin do verán

Esta rematando o verán. Sabemos que moitas veces, setembro ven bo abondo e cúmprese que o fin do verán metereolóxico coincide máis ou menos co fin do verán astronómico (arredor do 21 de setembro), aínda sen ter que coincidir que faga bo tempo durante o mes de agosto, por exemplo. De calquera xeito, tamén sabemos que a finais de agosto soe 'refrescar o rostro', isto é, o aproveitamento da temperie xa non é o mesmo, nin pola temperatura nin pola lonxitude dos días. E temos ademáis un doce aviso: os froitos das silvas, as amoras, madurecen e dulcifícanse, sendo unha tentación nos múltipels lugares onde verdecen as silvas por Ribadeo adiante.
Neste caso, as silvas son do xardín do mineral, xa no límite coa subida de Mirasol, onde había fermosos racimos esta fin de semana:


20140823

Pensamentos lixeiros para agosto: unha exposición

Continuación de familia que expón unida...
Resulta que na exposición había unha petición: colgar fotos nunha rede social. Pois vai, aínda que non sexa direitamente na rede.














Desfrutaches? Porque diso se trata (tamén!)

Pensamentos lixeiros para agosto: familia que expón unida...

Voltou pola miña cabeza aquel dito de tempo hai, 'familia que reza unida, permanece unida', pero aplicado ó Ribadeo dos tempos modernos, unha actividade diferente do rezo e que, sen faltar a permanente unidade, desfruta unida.
A cousa vai pola expo dos vestidos das Nancy que se montou a xente Pinona [atención, Nancy, non Barbie! -con todas as diferenzas que leva consigo-]. Conste que aínda non pasei (espero facelo hoxe), pero as novas que chegan pola cartelería ou a rede son animantes e contaxiosas. Dan ánimo á visita e contaxian as ganas de vivir.
Máis, na propia exposición da vella Oficina de turismo, que este ano acolle a edición expositora da familia despois de ter feito en anos anteriores presentación de libro ou carteis de concertos.

20140822

Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

    Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe.


Barón de Porcillán
    Cando hai algún tempo Manuel Valín pediume a participación nesta homenaxe colectiva, por unha parte sentínme distinguido e por outra enxaulado, e tendo ambas as partes relacionadas, non me quedou outra que asentir.
    Non son, nin moito menos, especialista en Dionisio Gamallo, polo que para afrontar a situación, en primeiro lugar, lembrei os meus propios coñecementos sobre el, que xa baía escasos, e lembrei asemade que non se pode dicir que sexa ‘dionisíaco’. Nin nos sentidos do dicionario nin tampouco como seguidor ou forofo de Dionisio; miro a súa figura con certa distancia: unha persoa, e máis se é de ampla traxectoria coma el, sempre ten puntos que non son tan claros. É o  que fai extraordinarias ás persoas: que chegando a acadar metas sigan a ser humanas.     Neste sentido cheguei a algunha cousa que del escribe Daniel Cortezón:
p.304, l.14: ‘(...) por esas fechas, no obstante, ya está decidido a abandonar su aventura de lo que denominaba “quijotismo agrícola-ganadero” en el Instituto Laboral Rodríguez de Valcárcel, de Ribadeo (..)[referíndose ó escrito nunha Comarca de 13/12/1959 por Dionisio Gamallo]
    p.366, 1º punto e aparte: ‘En octubre de 1955 solicita el puesto de Director del Instituto Laboral de Ribadeo, y en su curriculum argumenta que: “A lo largo de muchos años he teorizado amor a mi pueblo. Como teorizar es cómodo, y tal vez frívolo, secretamente deseaba que la vida me proporcionase ocasión de poder demostrar que mis sentimientos no eran literatura. Esa ocasión de poner en práctica la buena ley de mis afirmaciones, surgió recientemente, a crearse en esa Villa un Instituto Laboral...”. Insiste afirmando que “aún teniendo que sacrificar personalmente conveniencias de varia índole (sociales, intelectuales, económicas), no dudé un momento en realizar lo que creía un deber, deber gozoso y compensador: pedí ir a Ribadeo, pleno de entusiasmo, con mi probada vocación hacia la rectitud y la justicia para darme un gran gustazo íntimo... de poder ser útil a los míos, a mi mucha familia ribadense y por lo tanto a mí mismo con con orgullo pertenezco a ella...”
    A recalar nos dous parágrafos anteriores e nalgunha cousa máis cheguei retomando o libro de Cortezón para documentarme de cara á elección de nome para o actual IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, elección para a que eu tiña presentada unha alternativa: IES ría de Ribadeo. Foi daquela cando me prantexei algo que dalgún xeito coido debo deixar dito aquí: Non sería mellor pensar en publicar a súa obra dun xeito sistemático e logo facerlle o recoñecemento debido?
No disco duro do ordenador gardo tamén unha serie de entradas en Facebook de arredor do 11 de novembro pasado, en plena discusión sobre o nome a asignarlle ó IES, que entre coña, querencia, feitos e visións, contribuíron a decatarme da ascendencia que ten Dionisio en Ribadeo.


    Ben, sempre, dende que souben da súa existencia, tiven curiosidade por Dionisio Gamallo Fierros, o que me levou a tentar saber algo máis (só algo máis) sobre el, quizáis as primeiras veces da man de Amadeo Arango. A publicación do libro de Daniel Cortezón sobre Dionisio Gamallo en 2005 marcou nese coñecemento un tanto de independencia e ata de suficiencia despois de ter lido boa parte dos artigos que pillara polo pasamento de Dionisio. Suficiencia que logo se tornou espellismo, como paso a ver a continuación.
    Así as cousas, o 20 de setembro de 2009 fun quen de atreverme a crear a entrada ‘Dionisio Gamallo Fierros’ na Galipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Dionisio_Gamallo_Fierros) e máis tarde, o 16 de abril de 2010, a entrada equivalente na wikipedia en español. Ambas deberan ser melloradas e aproveito para apelar a quen ten máis coñecementos ca min sobre o tema para solicitarlles a súa colaboración. O caso é que, no medio de ambas, a miña ignorancia manifesta xogoume unha mala pasada, coa confusión do varón de Porcillán cun suposto Barón de Porcillán que tiven que corrixir en canto comprobei o meu erro. Por sorte, foi cousa de pouco tempo o decatarme e facer a variación.
    Pensando en Dionisio e o meu erro, verse agrazado cun título nobiliario pode non ser moito cando o que se espera é outra cousa. No seu caso, Varón de Porcillán, segundo as súas propias verbas que encabezan o libro de Daniel Cortezón, non creo que cambiara o título. Ó fin, recollo a cita de Carlos Álvarez-Lebredo no pregón das festas do 96, referido a Amando Suárez Couto e citando a Dionisio: ‘E é que, como escribiu Dionisio Gamallo en vida do noso pintor: ” A Amando le va bien su nombre. Ha pasado y pasa la vida amando”.’ Pasou a vida Dionisio como varón ou como barón?
    Cando comezo a tomar notas para escribir isto, navegando na rede, atópome na entrada de Gamallo na Galipedia:
-
Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e falecido en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego.

1 Traxectoria

1.1 Formación e primeiras publicacións

Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. Posteriormente rematou Filosofía e Letras en 1941 na Universidade de Valladolid.
Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.
A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, profesor e director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.

1.2 Mundo académico

Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servicio de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado académico da Real Academia Galega. Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro da Real Academia Española.

2 Obra

A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada. Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).

3 Recoñecementos e galardóns

Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:
  • Premio Anual de Literatura Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña (1943) por Galicia a través de sus poetas.
  • Primeiro premio de poesía castelá nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1945) polo poema "Piedra viva".
  • Premio do Certame do Centro Galego da Habana (1951) por Seda en el cardo (vida y obras de Curros Enríquez).
  • Primeiro premio no Certame José Martí patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid (1953).
  • Premio ó Xornalismo (1971) da Deputación Provincial da Coruña.
Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.
Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

4 Véxase tamén

4.1 Bibliografía

-
Asemade, podíase ler na Galipedia, no artigo correspondente a ‘La Comarca del Eo’: ‘Entre outras cousas, no semanario publicouse o primeiro eloxio público a Castelao en Galicia tras o estoupido da Guerra Civil española, nun artigo de Dionisio Gamallo Fierros.
E ben, Dionisio Gamallo está na Galipedia, na wikipedia en español e na wikipedia en vasco, e tamén no nome do IES de Ribadeo, ou nun monolito no parque. E ti, que tes de Dionisio?