Polas redes sociais chegoume un vídeo que me chamou a atención como para velo -teño 'implantada' a autorestrición de vídeos-. Ó velo en Ribadeo, estaba pensando nas semellanzas do transporte rural e vilego por estrada -e por ferrocarril- na Mariña: moita máis densidade de poboación, pero ó final, problemas máis semellantes do que parece. O certo é que o vídeo é defensivo, con pouca información, con uso de figuras recoñecibles pero sen propostas alternativas (supoño que descoñecidas por eles, se existen) máis aló dunha defensa dun sistema que ten máis de defensivo que de resolutivo. Pero que, dentro do que cabe, funciona. Claro que cos cartos temos topado... e aí está o tema: recortes. Ou ó menos é así como o venden.
Ben, imos aló. O vídeo en si non é gran cousa, pero o sentemento pode selo.
O día 20 de xaneiro tivemos coñecemento a través das redes sociais
da sentenza do Tribunal Constitucional 134/2019, na que se declara
inconstitucional o proxecto de urbanización da illa de Valdecañas,
nun encoro da provincia de Cáceres. O proxecto, promovido pola Xunta
de Estremadura e unha empresa privada, ven a trancas e barrancas
dende 2005 polas reiteradas irregularidades e sentencias en contra.
Pese ao cal a empresa e a Xunta de Estremadura seguiron adiante.
O colectivo Por Nuestro Faro ven de notificarlle a sentenza ao
alcalde de Ribadeo, polas consecuencias que poda ter para os
proxectos que se levan desenvolvido na Illa Pancha e os que se están
a realizar na actualidade, coa anuencia e licenza do concello sen ter
en conta as condicións legais que esixe a normativa sobre a rede
Natura 2000.
O substancial desta sentencia -e
onde garda paralelismo co caso da Illa Pancha- é que se trata
dun proxecto de privatización de un espazo declarado Zona de
Especial Protección de Aves, e acollido as normas da Rede Natura
2000, onde non se tiveron en conta as disposicións legais europeas
asumidas e aprobadas polo estado español. Mesmo chegouse a unha
modificación da lexislación autonómica, sobrepasando as
competencias lexislativas como deixa moi claro o documento emitido
polo Tribunal Constitucional. Dentro da mesma sentencia é moi
destacado que as zonas afectadas pola Rede Natura 2000 non poden ser
urbanizadas e que a “utilización dos terreos con valores
ambientais que sexan obxecto da protección pola lexislación
aplicable será sempre sometida á preservación de ditos valores e
comprenderá de xeito único os actos de alteración do
estado natural dos terreos que aquela lexislación expresamente
autorice. Protección que acada aínda maior
intensidade, se cabe, no caso dos espazos naturais
especialmente protexidos e os incluídos na Rede Natura
2000”.
O parágrafo citado é moi interesante por coincidir plenamente cos
informes do Defensor del Pueblo, emitido o primeiro o 17 de febreiro
de 2017 e ratificado posteriormente en cinco informes máis ate o 10
de outubro de 2018. Informes que, como é sabido, foron obviados pola
Autoridade Portuaria e polo concello de Ribadeo, tanto no proxecto
inicial de apartamentos, como no da cafetería que se está
executando actualmente.
Hai outro punto no que coinciden ambos proxectos e que non queremos
deixar de suliñar. O mesmo que o proxecto estremeño ven de atrás,
dende 2005, o de Ribadeo ten o seu comezo xa no 2013, e o mesmo que
as autoridades estremeñas veñen apostando pola privatización da
illa, o concello de Ribadeo ven dende o comezo renunciando a facer un
uso público, cultural ou promocional e turístico do Faro e da Illa
Pancha en beneficio de un uso privativo. Uso que mesmo impide a
entrada da veciñanza e dos visitantes en contra das condicións
esixidas polo propio concello no intre da concesión da licenza de
actividade dos apartamentos o día 1 de decembro de 2017. Por se
houbese algunha dúbida sobre esta intención privatizadora do
concello, aí están as hemerotecas cas célebres declaracións do
Sr. Alcalde -ao diario El Pais do día 25 de abril de 2014- cando
afirmou que se trataba de “un premio para Ribadeo”.
No Colectivo por Nuestro Faro seguimos adiante procurando o ben do
pobo e da illa. Entre as accións da última tempada, entramos en
contacto coa organización Ecoloxistas en Acción, coa que estamos a
estudar o emprender as acción legais que consideremos acaídas tras
a revisión de todos os factores implicados.
Antes diso, resulta evidente que o concello de Ribadeo está
desenvolvendo unha dinámica que o ten levado a un calello sen saída,
con resultados moi negativos ata o momento. Nos próximos tempos
verase forzado a un cambio de rumbo que levará a recuperación do
equipamento público do faro da Illa Pancha para o servizo
comunitario. Como debeu ser dende que a Autoridade Portuaria anunciou
a sua intención de abrir os faros a outros usos distintos dos
tradicionais.
Por último, compre suliñar que hai xa semanas preguntamos ao Sr.
Alcalde para que se necesitaban dúas palas mecánicas non pequenas
na Illa Pancha se a obra que agora se executa era a simple reforma do
antigo garaxe para instalar unha cafetería. Preguntamos pero non
temos resposta. Parece que só preguntar non sirve de nada.
Collo hoxe os datos do SERGAS e atópome cunha sorpresa agradable: os casos contabilizados a 14 días baixaron... aínda que só sexa dous menos que os que contaba a fin de semana. Hoxe, polo momento, non hai nota de prensa do concello.
Cento e moitos. Os números báilanme aínda. En Vilalba, a residencia de anciáns de toda a vida é o hospital-asilo, coñecida como 'O Hospital'. Sufriu unha hecatombe. Agora xa non sei se seguirá sendo coñecida así de aquí en diante. En Ribadeo, semanas despois, outra residencia, tamén hospital asilo, abondo máis pequena, achegouse a unha situación semellante. E son só dous centros, que me tocan máis preto, entre un mar deles.
- Non importa a idade que teñamos, envellecemos. Todos. O de 'envelleceremos', xa depende.
Unha residencia non é a única opción para seguir envellecendo máis aló de certo punto. Mesmo, segundo que tramos de idade e lugares, é unha opción abondo minoritaria. Mais o falar de residencias e COVID19 é algo que manifesta o trato que a sociedade da a unha certa franxa de idade, exposto en carne viva nunha frase como "'granxas de vellos' atacables pola enfermidade de xeito doado" -si, xa sei, o de ‘granxas de vellos úsase tamén noutros contextos-. Mais hai outros aspectos, contando coas residencias ou non contando, que xa antes do coronavirus incidían na calidade de vida dos nosos maiores. Un dos máis punzantes é a soidade. Que pensa o maior da súa vida ós 80, 70, 90 anos? Que cambios espera? Que forma de vida? Esta última pregunta coido que é boa para facérnola a nós mesmos, a xente que non estamos en residencias de maiores porque, pensamos, 'aínda non somos maiores abondo para poñernos a pensar niso', ou sinxelamente porque a vellez aínda non forzou o noso decorrer diario. As residencias son só unha manifestación de que o trato a algúns maiores, convertido en acto de lucro, convértese á súa vez nunha lacra que contamina as relacións con todos os maiores. E non só con xente 'maior', senón que por extensión, 'coa xente'. Converter ós maiores en mercadoría contribúe a converternos ós non tan maiores tamén en simples suxeitos de trata. Só contribúe, que aí están outras manifestacións para facer real esa nosa conversión en obxectos.
- Que esperanzas de vida, en anos, pero sobre todo en faceres, lle queda a unha persoa maior? A pregunta vai a máis agora, cando se confirma que o COVID19 xa rebaixou un ano as expectativas de vida das persoas en España. COVID que tamén as illou máis desas necesarias relacións persoais que todos necesitamos.
Está de moda dicir -e poñer atención a- cousas como 'somos o que comemos', 'somos o que lemos', etc. O queiramos ou non, moito máis representativa que frases como as anteriores, é esta: somos os nosos maiores. Porque aspiramos a ser os maiores doutros, estamos aprendendo dos nosos, imos detrás deles... e, en parte tamén porque non somos conscientes de que o somos, polo que seguiremos a nosa herdanza sen ter visión para desviármonos dela, de optar a mellorala.
Os datos varían, fanse vellos antes de ser publicados, porque corresponden a casos observados días atrás... Hai que ver a tendencia a longo prazo, e non sirven moito as predicións estatísticas individuais para un concello coas normas cambiantes, precisamente ditadas para tentar cambiar a forma das gráficas e con elo, as espectativas vitais. A liña de axuste é máis unha constatación que unha proxección. Unha constatación que se vai voltando máis complicada de representar só porque hai máis datos acumulados no tempo.
Fala o alcalde na última nota emitida con data de antonte (outra cousa é cando se colgou na web) "Estamos observando xa que logo, un descenso de casos neste gromo no
Hospital Asilo ao tempo que un incremento paseniño e continuado dos
contaxios no conxunto do Concello". Pois depende. Nos últimos días, si, e non tan paseniño. Pero en total, no concello, os 29 casos da primeira semana non foron superados aínda despois. Claro que incluían á xente do Hospital Asilo.
Seguen a baixar os casos positivos por covid19
no Hospital Asilo de Ribadeo. O último cribado realizado hai dous días
arroxa a cifra de 6 persoas contaxiadas, segundo ven de informar o
alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que "seguindo a estela das últimas notas de prensa
emitidas, debemos falar dunha situación agridoce na situación do
Hospital Asilo, aínda que a medida que o tempo vai pasando o número de
casos, no seu conxunto, seguen a baixar".
Suárez Barcia
confirmou que "actualmente xa non quedan usuarios desprazados ao Cegadi
(Centro Galego de Desenvolvemento Integral) pois as 2 persoas que
quedaban alí, das 19 que chegou a haber, xa retornaron a Ribadeo".
O
alcalde comentou esta tarde que "os responsables sanitarios do Hospital
da Costa indícannos que o cribado feito hai dous días deu como
resultado que os casos activos entre usuarios e persoal do Centro
ascenden a 6 persoas. Tamén nos din que actualmente hai 2 persoas que
permanecen no Hospital da Costa por mor do covid19. Polo tanto, no
momento de facer esta nota de prensa temos un total de 8 persoas
positivas en coronavirus. Sendo esta unha cifra importante, o certo é
que xa queda moi lonxe das 26 que chegou a haber no momento de maior
incidencia deste gromo".
Fernando Suárez contou que "con todo e
iso, debemos indicar que hai dous días faleceu una persoa que aínda non
dera negativo nas probas de inmunidade ao coronavirus. Tiña 92 anos de
idade e presentaba patoloxías previas".
O rexedor insistiu en que
"se segue valorando unha vez mais como moi positiva a actuación
coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por
parte da dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos
residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. E como sempre
indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á
que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo
pico de madurez deste gromo que se iniciou hai cinco semanas.
Seguirémolo a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por
nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas
en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo que
evite rumoroloxías ou situacións de confusión".
Sobre a
situación global que se vive en Ribadeo o alcalde sinalou que "segundo
os datos que vén de publicar a Consellaría de Sanidade no día de hoxe,
Ribadeo aparece con 24 casos nos últimos 14 días. Estamos observando xa
que logo, un descenso de casos neste gromo no Hospital Asilo ao tempo
que un incremento paseniño e continuado dos contaxios no conxunto do
Concello, polo que queremos insistir novamente na obrigada
concienciación nas actuacións individuais e colectivas, como persoas e
como sociedade, para cumprir a diario as recomendacións e as obrigas que
as autoridades sanitarias nos indican. De todos nós dependerá que a
cifra siga a subir nas vindeiras horas".
Foto del accidente en la calle Toledo. Me la envió mi amiga Vicky, vecina del barrio.
22 de enero de 2021
De vez en cuando en España parece que sufrimos ataques de esencialismo y recuperación de las viejas tradiciones. Y como nuestra historia es como es, nos acordamos, cuando el retorno viene en clave heroica, de Numancia, Sagunto o Baler. Y si viene en clave chunga recuperamos a Rinconete o al Lazarillo de Tormes. Creo que nos hemos aburrido del heroísmo de los duros meses del Confinamiento y conjuramos su recuerdo mediante los episodios actuales de asalto a las colas y los turnos de la vacunación. Mires donde mires, Bilbao, Murcia, Madrid o Ceuta, contemplas el divertido espectáculo del concejal, el alcalde, el director de centro residencial o el consejero convertidos en asaltajeringas. Deprimente y todo un síntoma de que a nosotros las películas de naufragios nos la sopla. Enseguida se nos olvida que el último en saltar del barco es el capitán.
Eso por no hablar del arranque de la campaña de vacunación que nos está poniendo en evidencia. Presidentes de Comunidad Autónoma que, prudentes ellos, calculan la posibilidad de la suspensión de suministros de vacunas y retienen parte del stock que les facilita el gobierno de la nación. Alguno hay, incluso, que prefiere esperar a conocer qué reacciones sufren los afortunados que reciben el pinchazo. No vaya a ser que los estudios previos no se hayan dado cuenta de los riesgos. Ignoramos qué cosa podrían hacer si esa hipótesis resultase cierta. En esas estamos. A ritmo de prudencia calculo que para el 2026 reciban la vacuna los niños que hoy se apretujan en las nuevas atracciones del parque infantil que han instalado en la plaza de Olavide. Y eso siempre que no se cuelen muchos alcaldes y paniaguados en el orden de prelación de la campaña que ya vemos que por ahí van los tiros. Incluso alguno como el finado Albert Rivera pide que la sociedad cambie el orden tradicional del salvamento en la mar y suba a las lanchas de salvamento a los capitanes del barco primero.
No es difícil entender que nuestros ciudadanos tengan, tengamos, lo que llaman fatiga pandémica. Yo lo llamaría de alguna forma más testicular. Vemos que los vascos tienen que abandonar las calles a las diez de la noche mientras los madrileños esperamos a las once y los de Valladolid y Burgos a las ocho. Que en Valencia las tiendas cierran a las seis y en Sevilla entre las tres y las cinco. No soy quien para poner en cuestión estas medidas. Creo en el estado federal y parece que la experiencia está contribuyendo a fortalecer, a esclarecer que decíamos antiguamente, en el ánimo de los españoles el sentido y el significado de lo Federal. O de otra cosa también muy conocida en nuestra historia como el cantonalismo.
La verdad es que somos unos ciudadanos muy resignados. La resignación se ha convertido en la principal virtud cívica de nuestro tiempo.
Comentaba la semana pasada sobre el asunto de las redes sociales. Sobre los riesgos de ser observados a través de ellas. Observados, manipulados y explotados comercialmente. Lo preocupante de WhatsApp no es tanto los cambios propuestos por el operador para la integración en Facebook sino todos los datos que de origen viene ya extrayendo de nuestras comunicaciones.
Escribir correos y hablar por teléfono con seguridad y privacidad nos ha costado el trabajo de muchas generaciones de usuarios exigentes y de gobernantes comprometidos a lo largo de siglos. Tengo los años suficientes como para haber sufrido los rigores de la censura postal y telefónica. Somos posiblemente las primeras generaciones en siglos que asumimos la confidencialidad y la seguridad en nuestras comunicaciones como parte de la normalidad. Y de repente nos encontramos con herramientas que van a sustituir a esas redes históricas del correo postal y del teléfono fijo y ya no tenemos seguridad en nada. A mi se me abren las venas y no sé cuál es la solución. Puede que sea mejor que exista un tejido empresarial diversificado de empresas proveedoras de sistemas de comunicaciones digitales que se controlen unas a otras. Y por supuesto, mejor que tuviésemos gobiernos y organismos multilaterales que se ocuparan de garantizar la confidencialidad. Mientras eso llega, recemos. Bueno, hay otra solución. El anacoretismo. Conozco a unos cuantos que la practican. Dicen que son felices.
Y ahora las despedidas. Mientras escribo, un edificio de la calle Toledo ha reventado y se ha llevado por delante la vida de cuatro personas. Alguno de ellos sacerdote residente en la comunidad parroquial que ha sufrido la tragedia y algún otro pobre peatón que circulaba por la calle. Soy un enamorado de esa esquina del barrio del mal suceso. El barrio de la Iglesia de la Paloma, último reducto de las tradiciones festivas madrileñas. Zarzueleras y verbeneras, todo lo que ustedes quieran, pero sobre todo solidarias. Barrio de transición entre el Madrid eclesiástico y cortesano que llega por la calle de San Francisco y el Madrid viejo de los mercados y los barrios bajos que fluye calle Toledo abajo hacia el Rastro y las Injurias, tan literario y popular. Esa cuña contiene el secreto del viejo Madrid mesocrático. Que pena. Pobres curas, pobres vecinos. Y bravo por los bomberos, tan devotos ellos de la Virgen de la Paloma.
Alguna vez me asalta una vieja pasión poética. Les dejo con unos versos de última hora.
Pensó que ya era el tiempo de conocer la primavera y se mudó a vivir en su balcón del sur.
Y por el amor que anhelaba volvió la cabeza a la edad fuerte y lloró desalentado en los setos del desierto.
En el balcón y en el seto su mirada encontró un libro escrito en una lengua rara.
Tuvo que aprender un nuevo idioma con el que apropiarse de la primavera.
Y del amor.
POSDATA
… Se fue el caimán...y llegó un señor que, casualmente, se parece mucho a mi padre.
Non o coñeces? É un pobo do Tirol, en Austria. Foi alí onde, hai case noventa anos, se desenvolveu a primeira experiencia de recreación dos cartos dende a aparición dos bancos. Precisamente foi o toparse de fronte cos bancos o que fixo parar unha experiencia exitosa. Unha experiencia que deu pé ó que, de ser levado pola igrexa, sería cualificado de pequeno milagre: mentres o mundo enteiro, e Austria en particular, estaba sumida na depresión económica, Wörgl se convertira en pouco tempo nun pequeno oasis. En pouco tempo, e tamén durante pouco tempo, pois en canto foi coñecido o seu éxito, tamén foi atacado e destruído.
Hai una película ('El milagro de Wörgl', en alemán con subtítulos en castelán) que dramatiza o feito con relativo acerto. Mais a idea é sinxela. Máis ou menos: os cartos son a testemuña dun acordo de confianza. E ese acordo pode ser renovado ou feito de novo en calquera lugar e grupo de xente, encamiñando a economía de dito grupo en consecuencia. Evidentemente, non é algo como 'fabricar cartos' (o que na película parece que sucede), senón facilitar o intercambio mediante un instrumento de testemuña de cambio. Mais é algo que, cara ó futuro, temos necesidade de experimentar, e, de feito, estáse xa a experimentar coas novas moedas tipo bitcoin e doutros xeitos. Mais, depende de quen leve a guía da experimentación (en Wörgl, un alcalde socialista), o resultado será diferente para a poboación.Se se deixa que quenes experimente sexan os bancos, atoparémonos con cousas semellantes ás que xa están sucedendo: se te queres mover, tes que pasar polo banco e deixar comisión.
Hai uns días o The Guardian titulaba unha información: "Wikipedia edits have massive impact on tourism, say economists. Adding a few paragraphs and photos can boost revenue by £100,000 for small cities". É dicir, 'as edicións de Wikipedia teñen un impacto masivo no turismo, din os economistas. Engadir uns poucos parágrafos e fotos pode lanzar as ganancias das pequenas vilas nuns 100 000 €". E entón lembrei a páxina de Ribadeo. E decidín facer un pequeno estudo: correlacionar as dimensións das páxinas de varios concellos en varias linguas europeas, tentando asemade ter datos de turismo neles.
É difícil de facer e cos datos dispoñibles só cheguei a aproximacións groseiras. Non é tan doado ver que vai antes, o mellor artigo na wikipedia correspondente (é dicir, na que fai máis impacto no turismo da localidade) ou o maior número de visitas turísticas. Nin tampouco é equivalente o que supón de promoción un artigo como o de Ribadeo en galego, castelán, francés, inglés ou alemán. Pero si que se nota unha certa correlación entre a bondade do artigo nunha lingua e o número de turistas, aínda que sexa algo difícil de separar doutras correlacións, como o número de falantes nesa lingua ou o número de visitantes dese país a España en conxunto. De calquera xeito, algo que se debera estimar para que as diversas entidades -públicas, pero tamén privadas- teñan un interese en que os artigos relacionados coa súa zona teñan información abonda, veraz e ben presentada. Porque non se trata de facer propaganda, senón de amosar posibilidades, facer un valor confiable da posta en valor da información.
A cousa pode ir máis aló. A Wikipedia é só unha posibilidade -se ben ideal para un artigo coma este- pola súa teima no punto de vista neutral e o uso xeralizado que se fai dela, directo ou mesmo indirecto -a través doutras páxinas web e sen ser conscientes deese valor-. Só unha posibilidade. Para desenvolver, que tamén na participación do común se beneficia o privado, porque nos beneficiamos todos.
É difícil saber dos orzamentos, máis aló das notas de prensa do concello (isto, no caso de Ribadeo). En Ribadeando procuro non perder de vista o tema, aínda que ás veces vaian cifras aproximadas. As fontes de datos, máis aló das notas de prensa, son a través de entidades pro transparencia, asociacións como okfn ou empresas como o caso da web https://presupuestos.gobierto.es ('a medio
camiño entre activismo e consultoría'). e procuro non despistarme e separar as novas de orzamentos das de corrupción (sen deixar de entrecruzalas como cando manifestei que o fraude fiscal a nivel España, prorateado a Ribadeo, daría para cubrir dúas veces o orzamento do concello)
Volvendo ó tema, o concello emitiu unha nota onte que reproduzo ó final, sobre os orzamentos 2021, onde se poden anotar algúns detalles a máis do monto total. E, antes, deixo dúas gráficas sobre a evolución dos orzamentos de Ribadeo na maior parte do século. Falta algún dato e outros son aproximados, mais na escala na que se presentan, eses detalles carecen de importancia. Si a ten que non se presentan desglosados, é dicir, inciando onde se gastan, cousa que pode chegar a ser máis interesante que a cifra de gasto total. Tampouco se teñen conta as variacións de poboación, para considerar o gasto per cápita, que no século leva baixado lixeiramente.
... pequeno aumento aparente
pequena diminución real...
A nota de prensa: "
O CAPÍTULO DE INVERSIÓNS SUPERA O MILLÓN E MEDIO DE EUROS
Orzamento municipal para 2021
19/01/2021
O orzamento municipal do Concello de Ribadeo
para 2021 ascende a máis de 9.800.000 euros, o que supón un incremento
do 8,25% con respecto ao de 2020. O concelleiro de Economía, Pablo
Vizoso, destacou que no presuposto, que se someterá a aprobación no
vindeiro pleno, establécese a exención das taxas pola ocupación de
terrazas como unha das medidas de apoio á hostalería, auméntase o fondo
para familias con necesidades e créase unha axuda específica para a
xestión do Hospital Asilo.
O edil ribadense dixo que "imos levar ao próximo pleno os orzamentos
para o exercicio 2021, que se incrementan ata os 9.849.823 euros, é
dicir máis de 750.000 euros con respecto ao ano anterior, o que supón un
8,25 % máis, e sen que se vexan incrementados os impostos e taxas que
son competencia do Concello".
Vizoso Galdo subliñou que "estes
orzamentos caracterízanse por manter o nivel elevado de actuacións e
servizos nas diferentes áreas que ven realizando o Concello de Ribadeo.
Recollen o incremento salarial do 0,9% establecido polo Estado para o
persoal, aínda que non se aplicará aos órganos de goberno que se
conxelarán. Establecen a exención das taxas pola ocupación de terrazas
para todo o exercicio, como unha das medidas de apoio á hostalaría. E
mantéñense as axudas para o tecido asociativo, coma nos exercicios
anteriores, para destinar a asociacións deportivas, culturais, clubs,
etc".
O concelleiro de Economía explicou que "se incrementa
notablemente o capitulo de inversión que supera o 1.500.000 euros, un
87% máis, e que é financiado na gran maioría fondos propios do Concello e
procedentes da Deputación de Lugo.Así recollen partidas para
actuacións que consideramos de vital importancia para Ribadeo como é o
caso da estrada da Estación de Feve e diversas actuacións noutras rúas.
Tamén se contemplan partidas importantes para o plan de camiños de
titularidade municipal, saneamentos, adquisición de terreos, a
reposición de tramos da rede de abastecemento de auga, de instalacións
deportivas, de locais socias para as parroquias,o arranxo da praza de
abastos e para melloras de eficiencia enerxética en alumeados públicos.
Este forte incremento da inversión enmárcase no proceso de reactivación
económica tocando diferentes áreas".
Pablo Vizoso indicou que "no
ámbito social auméntase o fondo para familias con necesidades e crease
unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo. E séguese
mantendo a débeda do Concello nun niveis baixos na procura dunha xestión
eficiente e do equilibrio orzamentario".
O edil nacionalista
engadiu que "ademais de todas estas medidas e accións contempladas, os
orzamentos vanse ver reforzados sobre todo no apoio ao comercio e a
hostalaría e tamén no ámbito social coas achegas de plan único
provincial da Deputación de Lugo, que xa está en marcha, e coas achegas
que poidan proceder das xestións do Concello con outras
administracións".
Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente aumentou (se ben o inverno do coronavirus non está nos índices máis altos de participación), a participación institucional hai tempo que non se deixa ver, parece que non hai tanta vixiancia da G.C. tras ter sucedido algunha vez que internamente non lles teñen transmitido a información do permiso, a distancia entre participantes tivo que aumentar polas normas da pandemia... pero o espírito continúa, e non ven de hai tres anos, senón de hai máis, aínda que non se concretar ata entón, e queda moito por facer, tanto na cabeza de moitos pensionistas como da sociedade en xeral ou dos gobernos en particular.
CC BY SA 4.0 por BFlores en https://commons.wikimedia.org
Din que wiki ven de wiki-wiki, en hawaiano algo así como 'rápido, rápido'. E rápido chegou o 20 cumpreanos dunha ferramenta que xa leva ao menos unha década sendo faro de coñecemento enciclopédico recoñecido a nivel mundial. Máis de 300 edicións, trescentas linguas, forman o entramado básico da wikienciclopedia grande que é Wikipedia, acompañada das súas irmáns menos coñecidas, dende wikimedia Commons, adicada de preferencia a arquivos gráficos, a Wikidata, unha grande base de datos que se pretende sexa pedra angular para Wikipedia no futuro, pasando por Wikibooks, cos seus libros colaborativos, ou Wikisource, poñendo a disposición documentos históricos escritos, entre outras wikis máis da familia Wikimedia. E, no que a nós respecta, a Galipedia, o nome coloquial da edición galega de Wikipedia, cos Galilibros, Galifontes, etc.
A Galipedia, un par de anos máis nova, fai fincapé no coñecemento sobre Galicia, sen esquecer o espazo ou a física de partículas. Pero os medios son os que son, os e as participantes como editores non somos máis que persoas que colaboramos, e máis ben poucas, e iso fai que haxa que elixir e que haxa aínda hoxe numerosas lagoas.
Mais Ribadeo non sae mal parada. Máis de dez mil palabras (a máis doutros documentos) no artigo principal, que contén varios centos de ligazóns, en particular a outros artigos sobre o concello. Así o amosa. Iso non quere dicir que xa estea o traballo feito. Nin moito menos. Sempre falta máis que o que se fixo, e só o actualizar é un traballo que leva o seu tempo.
Mentres, a Galipedia, e toda a constelación Wikimedia, seguen a cumprir a súa labor de facilitar o coñecemento dunhas persoas, de xeito voluntario, a todas (incluídas elas mesmas), e cada vez máis e mellor. Si, tamén en galego.
--O vídeo da mesa de celebración convocada por Wikimedia España, coa miña intervención (20210115 18:30 en diante) [en móbiles, pasar á 'version web']:
Lo mejor de estos días, y me quiero fijar en lo positivo, es la presencia de los vecinos en las tareas de rehabilitación de la ciudad de Madrid.
CATÁSTROFES Y CIUDADANÍA.
En el mismo día que los pronósticos meteorológicos anunciaban la Gran Nevada que acababa de nacer en América del Norte, las autoridades madrileñas se marcaban un baile, una especie de pavana, ojo corrector no me pongas pavada, con los Reyes Magos de Oriente.
Algo así como el Titanic en vísperas de naufragio. El espectáculo de la política o la política del espectáculo, ya no se como decir. Hoy el naufragio espectacular de la ciudad está a la vista de todos.
Perdonen que les hable de Madrid. Muchas veces parece que los madrileños fuésemos las estrellas invitadas de todo sarao. Es cansino. También es cierto que estamos hablando de una nevada inédita hasta para los muy mayores con capacidad de recordar. Nací en un mes de enero de hace casi setenta años. La leyenda familiar dice que mi madre llegó a la maternidad de Santa Cristina al borde del acontecimiento sin la compañía de mi padre que estaba en cama con una grave pulmonía. Nadie pudo ir a verla y alargaron la estancia hospitalaria hasta que las calles estuvieron operativas.
No es muy común el nombre de Filomena pero con tantos años alguna se ha cruzado en mi vida antes que la Filomena de la Gran Nevada.
Mi tía abuela Filomena era, como mi madre, natural del mismo Puerto de Pajares. Uno de los lugares con más precipitaciones de nieve de España. Fue la primera de la familia que vino a vivir a Madrid en los años treinta y la que animó a dos de sus muchas sobrinas a hacer lo mismo en los cuarenta. Vivía en la Ciudad Lineal y la llamábamos la tía del pueblo. No creas que era en homenaje a su lugar natal. Era la definición que mejor cuadraba a aquel barrio donde residía con su marido, un trabajador de los tranvías de Madrid que se quedó viudo con unos cuantos hijos a los que le tocó cuidar. Para nosotros eran nuestros primos. Vivían en una casita baja con una enorme, para la visión de un niño, claro, parcela en la que criaban gallinas y mantenían su huerto. Tenían perros, un enorme perro de lanas, y gatos. Para nosotros era una fiesta cada vez que teníamos que ir. Era lo más parecido a un pueblo que podía imaginar un niño de barrio. Era una mujer de carácter, de imponente presencia. Me enteré pasados los años que había quitado de su apellido compuesto García del Pulgar la parte digital. No se si para eliminar el origen noble o por huir de lo feo y vulgar del mismo. Durante la guerra dirigió un economato y no dudó en llevar pistola para mantener el orden.
Conocí a otra Filomena muy relacionada con la nieve y las montañas. No en vano llevaba Arias de apellido. Si. Los Arias de Navacerrada, mesoneros, esquiadores de éxito y todavía hoy empresarios del invierno. Mis queridos amigos, los hijos de Filo, los hermanos Cuñat, han disfrutado estos días como los niños que un día aprendieron a esquiar antes que a andar.
Una de las cosas más sorprendentes de estos días, del debate público sobre la histórica nevada, es escuchar, en palabras de periodistas y hasta de políticos, una especie de moción de censura a las tesis de cambio climático. ¿Cómo va a ser cierto lo del calentamiento global con la que está cayendo y el frío que hace?
Mejor que hablen los expertos con sus propias palabras:
"¿Cómo combinan frío extremo y calor creciente? La conexión no es directa, pero es indudable. El calentamiento trae consigo un debilitamiento de la “corriente en chorro”, esa corriente de aire que se da en la estratosfera y permite separar las regiones polares de las templadas. Dicho debilitamiento favorece la formación de “vaguadas”, áreas anticiclónicas que se forman debido al ascenso de aire cálido y húmedo. De esta forma, grandes masas de aire frío provenientes del norte entran en contacto con masas de aire cálido y húmedo provenientes del sur. Por un lado se obtienen récords de bajas temperaturas provocados directamente por ese aire frío que cada vez llega a latitudes más sureñas y, por otro, se obtienen precipitaciones históricas, en forma de lluvia o de nieve."
Carlos Mataix, Cristina Monge, Fernando Valladares en El País.
Los acontecimientos extremos van a multiplicarse. Mejor que nos pongamos las pilas. Eso no quiere decir que nuestro país tenga que adaptar los mismos sistemas preventivos y paliativos de países que sufren estos incidentes con normalidad. Pero si merece la pena tener capacidad y mentalidad para responder de manera eficiente a estas catástrofes. Herramientas y movilización social. Empleo comunitario. Redes ciudadanas de emergencia. Y sobre todo liderazgo y no postureo. Justo lo contrario de lo que estamos viendo los madrileños. A seis días del fin de la nevada la ciudad sigue en gran medida paralizada. Esta mañana un consejero de la autonomía aconsejaba 'resignación'. Que gran palabra y que concepto tan precario.
En maldita hora se me ocurrió hacerme eco en Twitter de una noticia de la Sexta, la Secta como la llaman algunos, en la que se hablaba de graves problemas de gestión de suministros de comida para pacientes y personal del famoso hospital Zendal, asombro del mundo mundial. El mismo director del hospital y un antiguo concejal del PP de Madrid con el que mantengo cordiales relaciones, me negaron la noticia con todo respeto y educación. Pero una turba de usuarios de la red se dedicaron a reproches entre los cuales el más cariñoso era el de miserable. Yo decía que eran informaciones recogidas de un medio. Y, además, cuando pude asegurarme de que eran un bulo me apresuré a desmentirlo y a pedir disculpas. De los insultos, ninguno de mis amables comunicantes se ha apeado.
Me lleva este incidente, llámenlo anécdota si quieren, a pensar dos cosas. Primero, como somos capaces de tragar informaciones falsas con tal que coincidan con nuestra forma de entender la vida. Y segundo, la brutalidad de las reacciones de muchos a la hora de enfrentar el debate público, la necesidad de señalar al adversario, de marcarlo y demonizarlo. Muy triste y, sobre todo, muy poco saludable. Las sociedades mueren de eso.
Mucho nos queda por discurrir en torno a las redes sociales y cómo han cambiado las reglas de juego del debate político y social. Pero tendrá que ser otro día.
Cuidado con el hielo. El de abajo del suelo y el de las cornisas. No sabemos si es peor partirse por debajo o por arriba.
Hoxe por hoxe, despois do rescate á banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou ás autovías (tampouco...), o pagar por non deixar executar contratos que outras administracións tiñan concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar ás eléctricas se o mercado non respondía abondo (fai falta seguir?), atopámonos coas peticións de rescate a conta do coronavirus. Sexan liñas aéreas (máis grandes, e por iso as que reaccionaron antes ó ter os medios para facelo), hostalería, e logo, unha longa ristra (coido que o último rescate pedido que vin foi a conta das perruquerías), o mercado quere rescate e baixa de impostos. Algo que se diría contraditorio se se estima que isto é un xogo de suma cero. Pero iso é só se se botan as contas para toda a sociedade. Mentres que non sexa así, as contas non teñen por que ser cero. E quen pide non ten por que mirar de onde van saír os cartos, senón onde van chegar. E, se un sector é bonificado, haberá outros que se sintan discriminados, aínda que a suma correspondente a ese conxunto xa sexa positiva. Remata tratándose de ser 'máis positivo', o mesmo que coa acumulación de cartos: ter máis co viciño.
Ah, e non meto no cálculo as desviacións de diñeiro, amiguismos e corruptelas varias ás que nos teñen afeitos, do Rei abaixo, calquera con poder público ou privado que se preze de poder tratar de ti a ti a outro poder privado ou público. Parece que non temos amaño.
Así que, que fixemos para non ser rescatados? Ser persoas, pagar impostos, vivir unha vida normal, vender o noso traballo por un salario. Só iso? Que sinxelo!
A sociedade creouse e desenvolveuse a consecuencia de ir medrando unha rede social, estendida ata canta persoa formaba parte dela. E parece que ben cedo se rachou a aparencia de igualdade, pero aínda así, sempre foi o desexo e esperanza dunha parte maioritaria da xente, e algo gravado de xeito indeleble na mente das persoas ao menos dende o lema da revolución francesa: 'liberté, egalité, fraternité'. O que non quere dicir, nin moito menos, que se conseguira, claro, senón que se fixo cada vez máis patente cando había desigualdade. E así agora chócanos (por empregar unha verba sinxela e suave) o que unha persoa teña prerrogativas para non ser xulgada, mesmo aínda despois de pasadas as condicións que serían a explicación para dita prerrogativa. Chócanos, pero non damos loitado dun xeito eficiente para que non pase, para que as grandes empresas e os poderes que teñen detrás sexan un sumidoiro de cartos ás que non lles importa moito a ineficiencia -ou nós- mentres manexen as canles polas que eses cartos lles chegan. Ou para darnos organizado para defender o noso dereito a ser iguais. Mentres, o camiño doado é seguir o das grandes empresas. Sexa para darlles os nosos cartos, na procura de traballo ou tentando imitalas no saqueo dos demais. Ou é que ti non queres ser rescatado?
Que non, que non se cambia o sistema? Que é preferible seguir coas contradicións? Que o propio sistema non tenta ver alternativas, senón compoñendas no sentido de 'cambiar todo para que nada cambie'? ... Ah, vale.
BROTE DE CORONAVIRUS NO HOSPITAL ASILO DE RIBADEO (II)
Pasados
vinteun días dende que se declarou oficialmente o brote de Covid-19 no
Hospital Asilo de Ribadeo, trala notificación de 26 casos de infección
vs enfermedade e dúas persoas presuntamente
falecidas por esta causa (entre outras) o
concello de Ribadeo segue sen darse por enterado das diversas liñas
informativas que apuntan a un fallo nos accesos ao hospital por persoas
non autorizadas, que puideron transmitir a infección,
e reduce á “rumoroloxía” calquer pista que non concorde ca sua versión
dos feitos.
O
tema é preocupante porque se non se recoñecen os feitos, tal como foron,
e non se adoptan a medidas pertinentes para evitar contactos de outo
risco, poderemos atoparnos con situacións
similares nos próximos meses.
Pasemos revista brevemente aos antecedentes deste brote:
1.-
O día 17 de setembro de 2020 a Consellería de Sanidade e mais a de
Servizos Sociais da Xunta de Galicia asinaron un protocolo, publicado en
forma de resolución, para a prevención
da infección e control da mesma nos centros da terceira idade.
Neste
protocolo queda perfectamente especificado que persoas poden acceder
aos centros da terceira idade en Galicia e que medidas deben adoptarse
para previr os contaxios. Inclúese
polo tanto aos usuarios, familiares, persoal asistencial, persoal
sanitario, etc.
2.-
O dia 21 ou 22 de decembro declarouse un caso de infección dunha
persoa que tiña acceso reiterado ao hospital asilo sen formar parte de
ningún deses grupos incluídos no protocolo
devandito. Presuntamente esta persoa, de ampla movilidade, puido ser o
caso índice ou transmisor do brote que comentamos. Xa dixemos que non se
trata de culpabilizar nin sinalar co dedo a ninguén, simplemente
explicar as cousas como foron para corrixir os
erros e que non se repitan.
3.-
Os informes do Concello de Ribadeo, publicados repetidamente na páxina
web non recoñecen a existencia deste caso inicial e polo tanto ocultan
que no Hospital Asilo non se estaba cumplindo
a resolución das consellerías anteriormente comentada. Dito de outro
xeito: O concello de Ribadeo, único responsable da xestión do Hospital
Asilo, non levaba un control estrito de entradas e salidas neste centro.
De ahí que os feitos coñecidos por todo Ribadeo, a través de varios testigos presenciais, sexan tildados polo Sr. Alcalde de “rumoroloxía”
4.-
Como xa temos dito, do que se trata, dende o punto de vista práctico, é
de conseguir que se apliquen tódalas medidas preventivas posibeis, e no
caso concreto das residencias da terceira idade que se cumpla rigorosamente o protocolo establecido pola Xunta de
Galicia para estes casos,que o concello de Ribadeo esqueceu dando pé a este brote que
comentamos. Para eso, dado que a información oficial non funciona ou é
tendenciosa é imprescindible que os veciños tomemos a dianteira e nos
organicemos co gallo de conquerir o mellor futuro
para todos.
Outro exemplo é o caso da nova residencia da terceira idade, onde a empresa CLECE(de Florentino Pérez) foi substituída o día 31 de decembro por
outra empresa descoñecida en Ribadeo, operación
comercial que o concello tamén oculta aos usuarios, familiares e
veciños. Como non sabemos cales son as causas desa operación, nin as
condicións dese novo contrato, nin quen negociou
ese convenio e o concello non no lo quere dicir, temos que organizarnos,
preocuparnos por conseguir información e esixir a garantía de que esa
nova empresa estea capacitada para cumprir a misión e o vaia facer ca
máxima seguridade para todos e todas. Iso é
o que entendemos por información e participación democrática.
Cando parecía que as cousas retornaban á súa canle, despois dunha semana da entrada anterior sobre o tema, veu a nova: dous mortos. E é que (ver o gráfico) tal parece que o brote está controlado, así o indica a liña de tendencia, coa ralentización da aparición de novos casos. Segue sen dicirse nada de xeito oficial sobre a orixe do brote ou o seu esparcemento. Deixo as dúas últimas notas de prensa do concello abaixo.
Datos coa liña de tendencia.
O RESTO DO ENFERMOS EVOLUCIONAN CON NORMALIDADE
Volta ao Hospital Asilo
09/01/2021
Volven ao Hospital Asilo, despois de superar o
covid-19, catro dos usuarios que foran trasladados ao Cegadi en Santiago
de Compostela, segundo deu a coñecer este sábado o alcalde, Fernando
Suárez. Estas persoas superaron a doenza, deron negativo nos controis
de PCRs e teñen inmunidade xerada contra o coronavirus.
O rexedor dixo que "tal e como se veu indicando nestes últimos días,
queremos sinalar con toda a precaución e prudencia necesarias que o
tempo está a xogar a favor de ir recuperando a normalidade. Camiño das 3
semanas desde que se detectaron os primeiros casos de positivos en
coronavirus a situación é a seguinte: entre antonte e hoxe 4 persoas que
estaban desprazadas no Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento
Integral) volven para o Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro,
unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de PCRs e
que nos tests de anticorpos revelasen que teñen inmunidade xerada contra
o covid19".
Suárez Barcia comentou que "o resto de persoas
usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre
permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e manteñen,
en termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatoloxía, a pesares de
que moitas delas teñen unha idade moi avanzada e presentaban xa
patoloxías previas. En canto ao persoal e á relixiosa, tamén se atopan
en proceso de recuperación".
O alcalde contou que "ademais,
segundo nos manifestan responsables do Cegadi, outras persoas están
superando tamén esta doenza aínda que seguirán alí uns días máis dado
que a súa recuperación física xeral recoméndao. Así temos que: os 4
traballadores afectados están nos seus domicilios gardando a corentena
necesaria e cos protocolos pertinentes. En canto aos usuarios, e ao
longo deste gromo producido hai días,19 deles foron trasladados ao
Cegadi. 4 deles superaron a doenza e xa foron trasladados a Ribadeo polo
que o número actual que aínda segue alí é de 15 persoas. Outros 3
usuarios diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das
autoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu
elevado nivel de dependencia previo ao contaxio vírico. Tamén se atopa
nesta situación, desde o primeiro día detectado, a relixiosa afectada de
covid19. Para todas estas persoas están habilitados igualmente os
protocolos de atención, coidado e protección indicados polos servizos
sanitarios e sociais".
Fernando Suárez seguiu a relatar que
"tamén se atopa 1 persoa usuaria no Hospital da Costa en Burela,
indicándose que cando supere a situación hospitalaria será derivada
segundo o seu grao de dependencia ben ao Cegadi ou ben ao Hospital
Asilo de Ribadeo".
O rexedor insistiu en que "se segue valorando
como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e
Planes de Continxencia por parte da dirección do centro e do seu
persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise
sanitaria. Igualmente se continúa a valorar moi positivamente a
actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e
das do Cegadi por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas,
logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é
que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e
hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo
vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica
para o resto de persoas que viñeron dando negativo en todo este tempo e
que actualmente suman 22 entre usuarios y persoal, aos que agora hai que
sumar as 4 persoas que retornan por estar curadas facendo un total de
26".
E engadiu que "como sempre indicamos, manteremos informada á
cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar,
coa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que
se iniciou hai unhas tres semanas. Seguirémolo a facer a medida que
vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada
polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian
facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza
necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".
ESTE MÉRCORES FARASE UN NOVO CRIBADO XERAL NO CENTRO
Situación no Hospital Asilo
11/01/2021
Dous residentes do Hospital Asilo, que foron
trasladados a Santiago hai días, faleceron nas últimas horas. Trátase de
persoas de avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopan nun estado moi
fráxil e con patoloxías previas ao coronavirus, segundo ven de informar
o alcalde, Fernando Suárez. Tres usuarios mais retornan a Ribadeo
despois de superar o covid e de ter xerado inmunidade contra este virus.
O rexedor sinalou que "segundo puidemos ir sabendo, temos dous tipos
de noticias que fan que esta nota de prensa teña un carácter agridoce.
Dúas das persoas que levaban xa días trasladadas ao Cegadi (Centro
Galego de Desenvolvemento Integral) faleceron nestas últimas horas. En
ambos os dous casos trátase de persoas de moi avanzada idade, unha de 99
e outra de 91 anos, que se atopaban nun estado moi fráxil e con
patoloxías xa previas ao contaxio por Covid19. Como estaban nun estado
de atención delicado, non se lles chegou a facer as PCR para saber se xa
chegaran a superar a doenza do coronavirus, (tal e como se lles fixo a
outras persoas que ingresaron ao mesmo tempo no Cegadi). Con todo, é de
supoñer que nas estatísticas oficiais aparecerán como falecemento por
coronavirus".
Fernando Suárez subliñou que "por outra banda, e
segundo nos indican os responsables do Cegadi, nas vindeiras horas serán
trasladadas ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro 3 persoas
máis, unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de
PCRs e que nos tests de anticorpos revelasen que teñen inmunidade xerada
contra o Covid19. Igualmente soubemos que, segundo as autoridades
sanitarias do Hospital da Costa, prevese que este mércores se faga un
novo cribado xeral no Hospital Asilo para comprobar de novo a progresión
ou estabilización deste gromo".
O alcalde dixo que "o resto de
persoas usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre
permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e manteñen,
en termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatoloxía, a pesares de
que moitas delas teñen unha idade moi avanzada e presentaban xa
patoloxías previas.En canto ao persoal e á relixiosa, tamén se atopan en
proceso de recuperación. Así temos que: os 4 traballadores afectados
están nos seus domicilios gardando a corentena necesaria e cos
protocolos pertinentes; en canto aos usuarios, e ao longo deste gromo
producido hai días, dos 19 que foron trasladados ao Cegadi, 7 deles
superaron a doenza e xa foron ou van ser trasladados a Ribadeo polo que o
número de persoas que alí seguirá vese reducido a 10; outros 3 usuarios
diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das
autoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu
elevado nivel de dependencia previo ao contaxio vírico. Tamén se atopa
nesta situación, desde o primeiro día detectado, a relixiosa afectada de
covid19. Para todas estas persoas están habilitados igualmente os
protocolos de atención, coidado e protección indicados polos servizos
sanitarios e sociais. A día de hoxe tamén se atopa 1 persoa usuaria no
Hospital da Costa en Burela, indicándose que cando supere a situación
hospitalaria será derivada segundo o seu grao de dependencia ben ao
Cegadi ou ben ao Hospital Asilo de Ribadeo".
Suárez Barcia
engadiu que "se segue valorando como moi positiva a actuación coordinada
na aplicación dos Protocolos e Plans de Continxencia por parte da
dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes
á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se continúa a
valorar moi positivamente a actuación coordinada das autoridades
sanitarias do Hospital da Costa e das do Cegadi por ir desprazando a
Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos
estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas
mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o
segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi
importante o risco de transmisión vírica para o resto de persoas que
viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente sumando os
que sempre deron negativo e os que viñeron do Cegadi coa doenza superada
ascenden 29 persoas entre usuarios e persoal. Como sempre indicamos,
manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos
teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de
madurez deste gromo que se iniciou hai máis de tres semanas. Seguirémolo
a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou
ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto
nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a
confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".
Xa estou afeito -teño presentado queixa no seu momento, a contestación 'debeu perderse'- a que o B Santander presente na súa web en castelán, inglés e catalán, deixando na cuneta o galego. O B Santander e diversas empresas máis.Pero remato de atoparme, para ver unha cousa na CRTVG, que a aceptación de 'cookies' está en castelán. Incongruencias dunha televisión 'galega' que matou ó Xabarín.
Teño a idea, dende que lembro, de que a frase 'menos mal que nos queda Portugal' non era desprezativa para os nosos veciños, senón todo o contrario, que significaba para nós o alivio dun socorro seguro se facía falta no último momento, e cos medios limitados que tiñan. Abondo máis adiante na miña vida atopeime coa interpretación do dito coa consideración de Portugal como o vagón de cola de Europa que permitía que España non ocupara ese lugar en tantas e tantas cousas. E ata co disco do mesmo título de Siniestro Total, que aló por 1984, xa a piques de entrar na (daquela) Comunidade Europea, recollían ó seu xeito o dito.
Mais xa naquel 84 Portugal nos adiantara na chegada á democracia, e cunha entrada que en perspectiva coido que se pode cualificar como máis limpa ca nosa, ao menos no sentido de rachar co anterior. Con iso, para min, a frase cada vez tiña máis sentido en termos de posibilidades de apoio. Que tiveran menos cartos non significaba moito. Significaba máis, en negativo, que os seus Mercedes foran acaparados por pouca xente. Ou, en positivo, que foran capaces de manter os ubicuos mosaicos.
Tempo pasou dende aqueles anos, e dende Galicia puidemos ver como o desenvolvemento relativo do norte portugués foi maior que o noso, aínda que en renda per capita podan seguir por baixo. Ou tamén, falar do tirón organizado do aeroporto do Porto, que fai que moitos galegos o usen en detrimento dos 'nosos'. E aínda, do desenvolvemento en investigación, cun tirón que contrasta co que se está a facer en Galicia... Por suposto, nestes anos, en Portugal, non todo son cousas boas. Como botón de mostra, hai dous veráns puidemos contemplar como os incendios no centro de Portugal non tiñan fronte a eles estratexia e medios de loita convintes... polo demais, parello ó que pasa canda nós.
Tamén puiden atopar entre un e outro tempo portugueses que non tiñan ben considerados ós galegos (ou a Galicia, ou ó galego) e xente en Galicia que tampouco tiñan ben considerados ós portugueses (ou a Portugal, ou ó portugués). Lembro por exemplo hai perto de dez anos unha conversa cunha portuguesa nun autobús na que me dixo algo como que a ela gustáballe falar castelán e non quería falar galego, que non era nada máis que un mal portugués. Para non ter un conflito internacional tentei calmar os ánimos e aí quedou a cousa.
Mentres parece que Porto estivera abondo máis lonxe que de Valladolid para moitas cousas, coido que dicir que Galicia e Portugal teñen unha irmandade sentida non é algo baleiro de sentido. E que o achegamento entre ambas beiras da liña debe ir máis aló de se apuntarnos á 'hora de Portugal' ou non, ou de loitar por un mercado de pasaxeiros aeroportuarios ou cooperar, é algo a normalizar, non é ilóxico. Mais a realidade non vexo que camiñe nese sentido se non é nalgunha situación forzada. Verei ben ou é que me teño que graduar a vista?
Manteño desde o comezo -marzo 2020- que coñecemos a denominada, en
epidemiología, CADEA da enfermidade. Reservorio do axente causal.
Características do virus. Mecanismo de transmisión. Suxeitos infectados e
infecciosos, silentes e con clínica. Cadro clínico. Complicacións.
Prevención. Tratamento. Secuelas. Pero o máis grave é: oleadas habituais
coas que cursan estas enfermidades infecto contagiosas. Morbilidade.
Mortalidade. Ademais, púxose de manifesto que incide como unha ENFERMIDADE SOCIAL. E
así causas, tratamento e prevención, deben aplicarse no espazo colectivo
da sociedade. Cunha grave determinación. A colisión entre dereito á
saúde e modelo económico. E engado, desde o punto de vista sociolóxico:
división conductual nas cohortes poblacionais. Efectos no sistema de
liberdades, información, sociabilidade e capacidade do modelo socio
sanitario do que nos dotamos para enfrontar o fenómeno. Desde a perspectiva historicista non será a primeira vez que un
modelo de civilización desaparece, escapa migratoriamente, ou é
conquistada por outros máis fortes ou sinxelamente máis disciplinados. E a
gran novidade para os que pertencemos a unha xeración de sanitarios que
coñeceu as unidades hospitalarias para enfermidades infecciosas, ou nos
tocou enfrontarnos a brotes epidémicos de: Tifus, Rabia, Hidatidose,
Paludismo, Lepra, Tuberculose, Sífilis, Meninxite, Poliomielite,
Viruela, VIH, e desde logo Gripes... o sistema case se esqueceu de
tales... Cometéronse graves erros e algunha que outra irregularidade. Non é a
miña intención sinalar culpables. Si arrimar o ombreiro por si cada un
de nós facemos o que podemos e debemos na nosa contorna e así amosamos
conciencia e mobilizamos responsabilidades colectivas de abaixo cara
arriba.
1. Non sexamos ilusos, no mellor dos casos, os efectos da vacinación tardarán seis meses. 2. Non nos deixemos manipular coa euforia pola presenza de vacinas no
mercado. Mentres actúan e se fornecen, a CADEA persiste coa súa
morbilidade e mortalidade. 3. Temos un sistema asistencial moi poderoso. Pero limitado en recursos.
Tanto que pode colapsarse. Tanto que pode ter que elixir, por plétoras
de enfermos habituais e pandémicos, a quen atende nunha escala que
comeza en urxencias, continúa nas unidades habituais de atención e, ó
peor, nas tan levadas e traídas UCIs. 4. Non temos dereito a sobrecargar aos sanitarios. Polo perigo que
soportan como primeira liña que se infecta. Pola limitación das forzas
físicas e psíquicas ante a avalancha. Pola desmoralización que sofren ao
ver, mentres loitan contra a enfermidade, a sociedade esixe e práctica
condutas egoístas, incluso incrédulas.
5. Mentres non se descubra un fármaco que destrúa ao axente causal, a
primeira ferramenta que dispoñemos é a de evitar o contaxio, para o que
non hai máis remedio que recorrer ao vello ILLAMENTO, dos infectados,
dos susceptibles para infectarse.
6. Comprendo que determinados sectores da economía sofren destrución.
Pero aínda así hai que preguntar que o é irreversible. O modelo económico
ou a morte? E dígoo por escoitar nas nosas rúas: "Non teño nada que
perder... estannos matando de fame".
7. Nada volverá ser igual. Faríannos un favor os que mandan se deixasen
de intervir, e fosen os expertos en saúde pública quenes tomasen o mando.
Investisen, con carácter de prioridad absoluta, os recursos necesarios
en investigar para dar co remedio. Pensemos o que se logrou nun tempo
record en laboratorios que buscaron unha vacuna.
8. Non preguntemos que está facendo o país por nós; preguntemos que
debemos facer cada un de nós polo país -discurso de JFK- E auto
confinemos os nosos movementos, xa que a movilidad e os contactos
humanos son o núcleo intangible da enfermidade e a súa transmisión.
9. Como sempre. As vacunas foron un dos grandes descubrimentos da
humanidade para modificar as horribles "pestes". VACUNÉMONOS, e
prediquemos coa nosa iniciativa.
10. As enfermidades do terceiro mundo, en calquera momento poden
abordelar o noso. O peor que nos pode pasar é, ignoralo por prepotencia
de civilización superior, e convertelo en arma arreboladiza, máis aló do
voto, para castigar, desgastar e expulsar aos que gobernan. Debemos
esixir que ante un gravísimo problema de estado, se apliquen GRANDES
ACORDOS DE ESTADO.
Os discursos de reis son pezas literarias e sociais de primeiro orde. Pode que a súa edición nun libro quedara moi repetitiva, mais coido que sería convinte para trazar unha historia de Ribadeo. Aquí queda o deste ano, e abaixo, un pequeno vídeo da cola para ver ós reis:
"Moi boas noites, benqueridos amigos e amigas, nenas nenos, maiores
e pequenos: Non sen dificultades chegamos a esta fermosa vila de
Ribadeo.
Estamos a vivir
uns momentos moi difíciles en todo o mundo e sentimos moitísimo non
poder facer este ano unha cabalgata multitudinaria polas rúas da
vila, como desexabamos nós e vós. Pero sabemos que entenderedes as
razón.
Non vos
preocupedes, como sentimos que estamos nos vosos corazóns, como
vemos coa nosa mirada máxica as vosas cheas de luz e ilusión e como
adiviñamos que nos vosos peitos aniñan os mellores sentimentos,
aquí estamos un ano máis con todos vosoutros, aínda que sexa deste
xeito tan singular. Tamén nosoutros sentimos por todos vós un
enorme cariño, e agradecémosvos que sexades tan comprensivos.
Grazas por escoitar as nosas palabras, emocionadas por tantas
atencións.
Este é un ano
moi especial no que tivestes que aprender a comportarvos dunha
maneira distinta, a andar con máscaras, a relacionarvos pouco e con
coidado coas amigas e amigos, a estar moito tempo, encerrados nas
casas... por todo iso, e porque sabemos que fostes bos, seremos
xenerosos, todo o xenerosos que permiten estas circunstancias, pero
seguro que chega de sobra para que sexades felices. Así que estade
tranquilos, o día de Reis, cando espertedes, os nosos agasallos estarán nas vosas
casas. Xogade con eles, compartídeos coa vosa familia, e, con
prudencia, tamén cos amigos, se é
posible.
Porque hoxe, pese
a todo, benqueridos nenos e nenas, é o voso día, a vosa festa;
nesta noite e mañá todo ten que ser alegría e xogo, entusiasmo e
felicidade. Vós sodes o mellor exemplo de que entre todos sairemos
adiante. Nas vosas man está o futuro.
Obedecede aos
vosos pais, sede cariñosos con eles e máis coas avoas e avós e co
resto da familia. Necesitan máis que nunca da vosa presencia, dos
vosos aloumiños. Eles dedican as súas vidas a vosoutros,
agradecédellelo. Ben sabedes que a maior felicidade é facer felices
aos demais.
Tamén queremos
mandarvos unha mensaxe a vós, nais e pais. O primeiro de todo que
xoguedes cos vosos fillos e fillas, que lles deades protección e
cariño. As vosas criaturas son, xunto coas persoas maiores, as máis
vulnerables da sociedade e necesitan de vós máis que nunca. Por
iso, pedímosvos que teñades moito coidado nas vosas relacións.
Sede prudentes nos vosos comportamentos. Non vos expoñades
inxustificadamente. Cumpride as normas aconselladas polas autoridades
e expertos sanitarios, non fagades inútil todo o labor e sacrificio
de tantas persoas que estiveron e están a traballar arreo pola saúde
e benestar dos demais, persoas a quen nunca compensaremos dabondo
pola súa entrega e a quen mandamos desde aquí o noso máis
agarimoso agradecemento, Dade exemplos aos vosos fillos e fillas de
moderación nos vosos comportamentos, e solidariedade, empatía e
compromiso cos máis débiles e necesitados.
Finalmente,
queremos mandar tamén unha mensaxe á clase política: practicade a
convivencia serena fronte á crispación. Aparcade diferencias,
vellos rancores e remade todos na mesma dirección Loitade xuntos
para que esta pandemia fomente un maior acercamento emocional entre
os seres humanos. Procurade non radicalizar aínda máis o nivel de
malestar e inquedanzas en que vivimos, porque o efecto na sociedade
podería ser moi daniño e pernicioso.
E agora, queridos
amiguiños e amiguiñas, ceade axiña, deitádevos en paz na cama,
cerrade con forza os ollos, durmide placidamente toda a noite, que
mañá, ben cediño, teredes os nosos xoguetes nas vosas casas.
Convidámosvos a
todas e todos a traballar, como a ta agora, para que Ribadeo sexa
cada día un lugar máis agradable e acolledor.
Cun poema
-dedicado ás parroquias e
escrito por Baltasar e Gaspar para distraer a longa viaxe desde
Oriente-, acabamos o noso discurso.