Amosando publicacións coa etiqueta casas de indianos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta casas de indianos. Amosar todas as publicacións

20220203

A casa do Óptico, hoxe.

    Por amaños na entrada da Galipedia, pedíronme hoxe fotos da Casa do Óptico, que tamén ten unha entrada anterior adicada no blog, dentro dunha serie sobre casas de indianos en Ribadeo. As fotos están feitas, e colgadas para o seu uso nos proxectos wikimedia, e déixoas tamén aquí para a súa lembranza.

Esquina NE

Fachada (fronte SSO)

Esquina SE

Entrada

Escaleira

Deixo tamén a ligazón á entrada da Casa do öptico na Galipedia.

20210118

A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia

A Torre, en novembro do ano pasado.

   Vai para oito anos que Diego Rodríguez Paz, ribadense na USC, publicou, como acta dun congreso sobre casas indianas, "A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia". Coido que tanto a esta obra como a outras referidas a Ribadeo (sen ir máis lonxe, dentro da arquitectura indiana, a diversas charlas e escritos de Ernesto Cruzado) deberan ter máis difusión. Por iso, a máis de terme referido a ela xa no 2016, en "Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno", pedinlle permiso para a súa publicación aquí. E aquí está. Na portada, a publicación de onde procede:

20200418

Ruta dos indianos

Recorre o Ribadeo Indiano da man do Tríptico na súa versión en castelán, a que dispoño agora. (imaxes ampliables)


20200411

Arquitectura indiana. Ribadeo

Unha lembranza de Ribadeo para os días de confinamento: as casas de Indianos.
Deixo como imaxe da entrada algo que coido foi o cartel anunciador dunha serie de actividades que incluía unha visita a diversos lugares do Ribadeo indiano, aló hai uns dez anos, actividades das que era impulsor Ernesto Cruzado, que coido tamén foi o deseñador do cartel non asinado que deixo abaixo, reproducido a partir dun folio fotocopiado. Coido que (case) todas as casas que aparecen reproducidas teñen a sú entrada:

20170714

Adecentamento do cantón

Hoxe, ó pasar polo parque, leveime unha agradable sorpresa. Cambiaran a cobertura do baixo da Torre dos Moreno no cantón. Non hai unha perspectiva na que cadre exacta a superposición, pero aproxímase abondo, como pode verse na foto.
Un pouco máis en detalle, obsérvase mellor a calidade percibida da reprodución:
 O cambio foi realizado moi recentemente; se non lembro mal, alguén se queixaba por escrito hai pouco, pode que esta mesma semana.
A mágoa é que non sexa a finalización da obra, senón unha foto. Coido que para o outro aínda haberá que esperar.
Por certo, no lateral, 'niquelado':

20170707

A nova anunciada: Venres de indianos

Venres 7 de xullo. si, San Fermín. E os indianos en Ribadeo, que se nas edicións pasadas se presenteou multitudinario, este ano espérase 'aínda máis.'
Embaixo quedan fotos do escaparate montado polo Hostal Presidente, a montaxe en preparación da r/San Roque, o cartel e o programa.











Imaxe e nota de prensa do concello:

20170329

Casas de indianos en Ribadeo

Casa do Óptico e cuartel vello, dúas casas de indianos

Hai case dez anos, despois dunha charla de Ernesto Cruzado, fun metendo algunha foto e datos de casas de indianos do núcleo urbano de Ribadeo. Chegou o momento de retomar o xa feito para actualizalo e amplialo, e como primeiro paso (que a cousa irá moi lenta), deixo ligazóns ás entradas xa feitas e tamén a un mapa de Openstreetmap. Algunhas das entradas xa teñen tamén un mapa interactivo incorporado, que tamén se irá ampliando.
XX.Casa de Panchita Acevedo (r/Trinidade, ó final) Situación (sinalando no nome da páxina que se abre aparece a sinal de situación)
XIX.Casa de D. Clemente (r/Amando Pérez, na Pza. de Abaixo) Situación
XVIII.Casa de Loriente (Casa de Lombardero, r/S. Francisco, fronte ó parque) Situación
XVII.Capela da orden terceira (r/Reinante, esq. Doutor Moreda) Situación
XVI.Mercado (Pza. do mercado) Situación
XV.Casa na Lodeira (estrada Vilaselán, A Lodeira) Situación
XIV.Casa de Sarmiento (fronte á pza. de San Roque) Situación
XIII.Balastrera (r/Carlos III) Situación
XII.Axudantía (r/S. Roque 12) Situación
IX.Casa de Andés (r/S. Roque) Situación
VIII.Casa de Docobo (r/S. Roque) Situación
VII.Casa de pisos (r/S.Roque) Situación
VI.A Calzada (r/S.Roque) Situación
V.Casa dos ananos (r/S. Roque) Situación
IV.Casa de Fernández (Tranvía, r/S. Roque) Situación
III.Casa de Sela (O Xardín) Situación
II.Casa do óptico (O Xardín) Situación
I.Cuartel vello (r/Benito Prieto Coussent con Manuela Barreiro Pico) Situación
Caso aparte merece a Torre dos Moreno (situación), á que lle teño adicada unha serie de entradas en diferentes momentos, e que a ben seguro seguirá sendo acreedora de máis atención.

20160226

AS FONTES DE WALLACE E A TORRE DOS MORENO, Artigo de Pancho Campos

En 1870, Napoleón III, viu que París despedía un olor nauseabundo debido o abandono dos servicios públicos. Paris necesitaba, principalmente, abastecemento de auga para que os seus cidadáns a converteran nunha cidade salubre, habitable e relucente. Grazas á colaboración de filántropos ricos como Sir Richard Wallace que decidiron gastar as súas fortunas en obras sociais, se deseñaron e facturaron unhas fontes de fundición, compostas de pedestal, catro cariátides e un copulino, que na Exposición Universal de Paris de 1889 déronse a coñecer como as fontes de auga de Sir Richard Wallace.
As fontes tiveron grande aceptación entre os alcaldes de grandes cidades polo seu elegante deseño e servicio, e foron encargadas tandadas delas para embelecer prazas e rúas de Barcelona, Montevideo e Londres (nota de Alvaro Anglada)
Na Rambla de Barcelona, atopamos aínda unha fonte daquela época, pola que xa non corre auga, composta dun pedestal prismático de base cadrada, catro cariátides de brazos alzados e un pináculo cuberto por pegadas estampadas a modo de tellas semellantes a escamas dun peixe, que é practicamente igual ó remate da Torre dos Moreno.

Primeira nova con ilustración da Torre dos Moreno (http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/06/bandera-catolica-e-ribadense-torre-dos.html)

Ben, perdón, digo que é igual na forma, pois xa quixera aquela fonte pintada de verde, asemellar en beleza as Manolas e o copulino de tellas roxas brilantes da Torre dos Moreno. ¿Como é que hai esta coincidencia de diseño entre as fontes de Wallace e o remate da Torre dos Moreno de Ribadeo? Arturo Mogo, dame a explicación. A Torre dos Moreno foi construída entre 1915 y 1916 polo arquitecto D. Julián García Núñez e o enxeñeiro D. Ángel Arberk co diñeiro que mandaban dende a emigración en Arxentina os irmáns D. Pedro e D. Juan Moreno Ulloa. O arquitecto García Núñez, nacera na Arxentina, e viñera a estudar a carreira a Barcelona. Por outra banda o enxeñeiro Arberk, era discípulo de Montaner, que a súa vez fora discípulo de Gaudí, o arquitecto que combinaba as formas neogóticas con elementos barrocos modernistas, ata crear liñas de calidade surrealista.
Ámbolos dous construtores, polo tanto, estaban influídos polo modernismo e polas orientacións e innovacións estético-simbólicas que imperaban nas escolas de arquitectura e enxeñería de Francia a finais do XIX e primeiros do XX, e que pasaran a escola catalana de Barcelona. Así, o deseño dunha rica Casa Indiana, como era a Torre dos Moreno, convertiuse para aqueles profesionais nun dos primeiros retos da arquitectura europea en fábrica de edificios de formigón armado, ó que lle deron ese toque exclusivista de estilo ecléctico con toques ornamentais modernistas.
Un verdadeiro pracer para os sentidos dos ribadenses que aínda a podemos contemplar en pé, e que con tanta estupefacción a miran os miles de persoas que nos visitan tódolos anos, vendo o seu estado tan ruinoso e a punto de caer.
Algúns ribadenses, xa vellos para pelear contra dunha administración sen apelativos (boeno si, con apelativos, pero que non poden ser expresados en horas de “horario infantil”) sabemos que o edificio vai a caer de todas-todas, pois recordamos aquello que dixo o ex-Alcalde D. Fernando Méndez Sanjulián en 1884, nos “Apuntes sobre Ribadeo”, falando do despilfarro dos centos de miles de reais que costara a malograda obra de construcción da inconclusa e desaparecida Colexiata de Sta. María Ribadeo: “si Rivadeo non volve en sí, que non volverá, seus días están contados”... ¡Vaia vostede a saber, si SanJulián era profeta!
Francisco José Campos Dorado

20150710

Sobre as casas de indianos e a Torre dos Moreno

Como aportación á festa indiana desta fin de semana, remato de tentar recoller os artigos relacionados coas casas de indianos e a torre dos Moreno que levo publicados no blog. Aí van varias ligazóns, resumidas e tendo en conta que aínda se completarán as listas con algunha máis que se me leva escapado hoxe:
A entradas sobre casas de indianos.
A entradas relacionadas coa torre dos Moreno.
Unha procura en Google-ribadeando sobre as casas de indianos.
As casas de indianos de Ribadeo na Galipedia.

20150621

Bandera católica e a ribadense Torre dos Moreno

A un ano da celebración do centenario da Torre, unha lectura para un domingo: a portada de 'Bandera Católica' onde sae a primeira referencia á Torre dos Moreno. Estaba cargada en 'Publicado en Ribadeo' antes de verme obrigado a deixar o sitio; agora está no repositorio de Issuu, dun xeito tamén accesible para a descarga: http://issuu.com/agremon/docs/banderacatolica_19160901_1

E tamén a segunda páxina: http://issuu.com/agremon/docs/banderacatolica_19160901_2

20130910

A Torre dos Moreno, dende outro punto de vista

A Torre dos Moreno, edificio emblemático de Ribadeo, ten múltiples faces, moitas delas descoñecidas pola maioría de nós. Esta entrada é só unha pequena aportación máis á súa actualidade, contrastando partes xa tratadas con outras totalmente danadas, aínda en penoso estado.





20130412

Sobre as obras na Torre dos Moreno

Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante.
 Da fronte do edificio xa hai fotos anteriores no blog do transcurso das obras na torre, comezando a apuntalar ou completamente apuntalada a fachada principal, por exemplo. Cos detalle de decoración, coido que aínda non puxera ningunha. e coido que é preciso deixar constancia de que exceptuando pola cor, a aparencia das columnas é a mesma que tiñan con anterioridade á reparación.
 O último que se está a facer nesta lenta obra é a conservación (en realidade, reposición) da rotonda traseira, co aspecto que se pode ver nas fotos anterior e posterior deste parágrafo. Por certo, que seguindo cos 'xardíns colgantes de Ribadeo' (ou aquí, uns moito máis novos), pódese observar na foto de embaixo unha boa fronte floral na parte posterior da Torre.
Tamén lembrar que hai pouco deixei unha vella foto do ascensor da torre dos Moreno.

20130406

Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.

Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.

20120108

Que pasa coa herdanza dos Moreno? (III)

Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde e enténdese que a forza política maioritaria enteira. Os motivos, claro, económicos. Son a desculpa típica destes tempos, os cartos. A desculpa que fai que a Policía Local non faga as súas funcións senón as de ama de chaves do concello, ou que permite explicacións como "Se fose poñer uns miles de euros poderíase facer, pero estamos falando de unha inversión cuantiosa e agora o importante é aproveitar ao máximo os recursos, e por moi importante que sexa a Torre dos Moreno, máis o son os servizos sociais ou a educación", esquecéndose de que as competencias do concello non van pola educación ou os servizos sociais, a non ser que sexa duplicando competencias doutras entidades. Ou que a restauración da Torre, ata agora participada polo concello, esquece cousas tan elementais como os adornos das columnas exteriores, sinal de que a xestión anterior na parte que que lle toca ó concello non era tan boa. Ou que o custe de compra das columnas metálicas de reforzo supere xa o seu aluguer, abondando na responsabilidade do concello, ou ...
Engadindo tan só que da a impresión de que este é o destino do patrimonio de Ribadeo, destrución (sen explicación) e venda (por 'necesidades económicas'), polo momento paro.

20120105

Que pasa coa herdanza dos Moreno? (II)

Acceso á 1ª parte
O FUTURO DA TORRE DOS MORENO
Evaristo Lombardero Rico
Moito se leva escrito e debatido sobre o futuro da Torre do Moreno e mesmo puidera parecer que non queda nada por decir. Sin embargo nas últimas semanas veñen aparecendo novas moi preocupantes nos medios de comunicación.
En resumen penso que deben destacarse os datos seguintes:
1.- INTEMAC denuncia nun comunicado recente que as obras que se están executando non se axustan ás suas recomendacions (folga suliñar quen é INTEMAC, quen é Pepe Calavera e mesmo que leva 25 anos estudando o estado da torre). En consecuencia esta empresa deixa o seu papel como asesora do proxecto.
2.- Un dos últimos informes de INTEMAC, do ano 2009, prantexa a urxencia dunha rehabilitación integral do edificio, so pena de entrar en fase de declaración de estado de ruina, o que obligaría á sua demolición.
3.- En novembro de 2011 dimite Ernesto Cruzado como director das obras que se paralízan durante un tempo.
4.- O Sr. Alcalde de Ribadeo declara que o problema é un conflicto entre particulares de diverxencias económicas entre INTEMAC e PAISAJES DE ASTURIAS e que el non pode entrar no tema. Pero engade que as obras “están ben encauzadas, teñen todo legal e faranse correctamente”.
Dende o meu punto de vista aquí hai un problema moi grave que se resume nos puntos seguintes:
a) Unha empresa de prestixio mundial e gran coñecedora do problema que denuncia e execución dunhas obras e saese do proxecto.
b) Un alcalde que en primeiro lugar oculta información, en segundo lugar minimiza a gravedade do problema en terceiro lugar distorsiona os feitos insultando a INTEMAC (acusaa de moverse por intereses económicos) e en coarto lugar afirma que todo se vai facer correctamente, ou sexa está apoiando a execución actual sen control técnico de ningunha clase por parte do concello.
Acceso á 3ª parte

Que pasa coa herdanza dos Moreno?

    Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo.
    O último episodio, ata o momento, saltou coa paralización da obra en curso na torre, nova na prensa e comunicado de da empresa Intemac sobre o tema. O obra segue parada, a dirección de obra dimitida e a empresa consultora que levaba máis de dúas décadas facéndolle o seguimento, lavándose as mans de agora en diante. O edificio, apuntalado (o custe diario dos puntais coido que faría bo o telos mercado de comezo, seguro que saía a conta), o desconcerto, asegurado e o seu futuro dubidoso despois de insistirse nos informes unha e outra vez na urxencia da actuación. A nivel municipal parece que se deixa o mínimo movemento de anos anteriores en mans da parte privada, que antes non se movía e que co cambio de propiedade parece que está máis interesada en rendibilizar o capital invertido na compra, faltando por saber se eses intereses coinciden cos ribadenses.
    De calquera xeito, a historia da Torre é para outro momento, máis extensa, quizais por capítulos, pois é longa é ó tempo, está comezando nunha fase que podería ser terminal. Fariña doutro costal son as vidreiras da capela do cemiterio. Van xa 14 meses dende que se produciu o seu expolio, e aquí non se sabe nada. Por non saber, a xente ignora mesmo onde están os anacos que quedaron (por certo, deben estar no almacén do concello en Vilaselán). Lévanse escrito xa unha cantidade considerable de artigos sobre o tema, pero un ano despois continúa unha especie de pacto de silencio no Pazo de Ibáñez, e botando unhas contas para poñer todas as vidreiras por un montante que pode que chegue para repoñer unha soa ó estado orixinal (eu mesmo teño botado contas sobre o tema nun artigo anterior).
    Por parte da AVV O Tesón, despois da publicación en internet de 'As vidreiras da capela do cemiterio', puxémonos como obriga que non se esqueceran os feitos, que se aclararan e se buscaran responsabilidades, na procura de dous obxectivos. O primeiro, que se evitaran no futuro e no posible, novos expolios gratuítos, o que só se logrará se quen é responsable se fai sentir responsable de xeito público e dalgún xeito purga esa irresponsabilidade sendo consciente a cidadanía desa purga. O segundo, porque a aclaración de responsabilidade nos feitos axuda á aclaración de responsabilidade na restitución das vidreiras ó estado anterior, coa reposición dos anacos no encaixe, a feitura de novo dos xa irrecuperables ou a montaxe en marcos que non queden en ferruxe como lle pasou ós anteriores.
    A última actuación polo momento da asociación veciñal foi o plasmar tanto nas participacións de lotería como na felicitación do Nadal imaxes coas vidreiras, e na labor de lembranza continuamos.
    Agora mesmo parece haber unha oportunidade para 'valorizar' as vidreiras en tanto non se recuperan como é debido. Aí está un novo espazo que no futuro se pode adicar a exposicións, aínda que non polo momento non estea inaugurado oficialmente, o da fábrica de Alxinatos. Lugar que podería artellarse para a de exposición dos restos, cun marco de historia e fotografías de como estaban (ver o colgado en internet), algo que implica actuacións e estudos de calquera xeito moi convenientes, senón necesarias, pensando en facer unha reposición das vidreiras.     E que non é labor tampouco de hoxe para mañá, pero si unha acción para comezar.
    Unhas vidreiras de hai preto de noventa anos, cada unha con seiscentas pezas de vidro posiblemente realizadas por Luis Lertxundi na bilbaína Vidrieras de Arte, S.A., inxertadas nunha capela nun cemiterio construído a partires de 1922 para ser cedido por Juan Moreno y Ulloa ó concello, son un elemento artístico moito menos visible que a Torre dos Moreno pero tamén distintivo de Ribadeo. E non pode ser abandonado así como así na súa destrución. A mostra dos restos pode ser un primeiro paso para devolver ó pobo o que do pobo é.
    Hai algún tempo pedimos dende O tesón a exposición de ideas. Neste caso, a idea é unha exposición.
    Acceso á 2ª parte
    Acceso á 3ª parte

20110722

A Torre dos Moreno

Onte tiven o pracer de asistir a unha das charlas sobre a Torre dos Moreno, no marco do curso que sinalo abaixo. A charla correspondía a Ernesto Cruzado, que no seu momento, e a conta doutra cousa semellante, me facilitara a serie de entradas sobre a arquitectura de indianos en Ribadeo.
Coido que é mellor non poñer un resume, como axeito facer noutras ocasións, porque a cantidade de datos puntuais é relevante dentro do conxunto. As fotos con planos, táboas e demais que constituíron a presentación de fondo serían desexables para unha publicación. Coido que coa súa intervención abondaba para presentar unha visión ampla de diferentes aspectos, arquitectónicos sobre todo pero tamén sociais ou sinxelamente históricos, e que a publicación chegaría a tempo para unha intervención a fondo que a Torre necesita (a próxima intervención, 600 000 €, queda moi lonxe dos 6-7 M€ dos que falou Ernesto como calculados por el)

Comezou no Cine Teatro  o curso de verán A torre dos Moreno e a arte do seu tempo, organizado pola USC.
O programa , do que podedes participar aínda que non esteades matriculados, é o seguinte:
Mércores: 16.30 h ARQUITECTURA DE INDIANOS EN GALIZA.Antonio Garrido
                  18.30 h TEMPOS DE FORMALISMO E IDENTIDADE. A CREACIÓN DUNHA PINTURA GALEGA. José M. López
Xoves: 10.00 h EN POS DUNHA ARQUITECTURA GALEGA: REXIONALISMO E ARQUITECTURA.Felipe Senén
             11..30 h OS IRMÁNS MOREN ULLOA COMO COLECCIONISTAS: DIONISIO FIERROS E A APARICIÓN DE GALIZA COMO TEMA PICTÓRICO.Diego R. Paz
            13.00 h BASES PARA A RESTAURACIÓN DA TORRE DOS MORENO.Ernesto Cruzado, arquitecto.
            16.30 h ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PERCORRIDO GUIADO POLA ARQUITECTURA INDIANA DE RIBADEO. VISITA Á TORRE DOS MORENO.
Venres: 10.00 h BEN INVENTARIADO, BEN CATALOGADO,BEN DE INTERESE CULTURAL.DISTINTOS MODOS DE DECLARACIÓN DE BENS NA LEI DE PATRIMONIO.Begoña Fernández
             12.00 h DO REXIONALISMO AO NACIONALISMO: O CONTEXTO SOCIO POLÍTICO DOS MORENO. Ramón Villares
             16.00 h TIPOLOXÍAS DAS ESCOLAS DE INDIAS NA MARIÑA LUCENSE.Carme López
             18.00 H ACADEMICISMO, ART NOUVEAU E REXIONALISMO: TENDENCIAS DA ESCULTRA GALETA DA RESTAURACIÓN A REPÚBLICA. Juan Monterrosos Montero.
             20.00 Clausura
             21.00 Concerto da CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO
Addenda:
Estrutura de propiedade da torre dos Moreno, a traverso do tempo, en foto tomada por Moisés Gómez Vázquez da presentación de Ernesto Cruzado Estévez na charla citada. O fondo, dunha das vidreiras da torre.

20110307

Sobre o apuntalamento do Torre dos Moreno

Últimamente sucédense as novas sobre a Torre. En particular, en relación ós cambios de man da propiedade, da que se espera que en breve quede en só dúas mans, Paisajes de Asturias e o Concello de Ribadeo, e o apuntalamento. Coido que ir ó anuncio oficial do apuntalamento pode deparar algunha sorpresa. Quedan colgadas en Publicado en Ribadeo as páxinas correspondentes do BOP de 23 de febreiro nas que se da conta de dúas cousas no mesmo boletín: o anuncio da resolución de execución e o anuncio de adxudicación, con orzamentos ben diferentes.
Algunhas das últimas novas no blog sobre a Torre:
Máis do apuntalamento
Apuntalamento
Venda dun 10 %
Venda do 50 %
Anuncio do apuntalamento
Algún dato