Amosando publicacións coa etiqueta Fotos Ribadeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos Ribadeo. Amosar todas as publicacións

20220203

A casa do Óptico, hoxe.

    Por amaños na entrada da Galipedia, pedíronme hoxe fotos da Casa do Óptico, que tamén ten unha entrada anterior adicada no blog, dentro dunha serie sobre casas de indianos en Ribadeo. As fotos están feitas, e colgadas para o seu uso nos proxectos wikimedia, e déixoas tamén aquí para a súa lembranza.

Esquina NE

Fachada (fronte SSO)

Esquina SE

Entrada

Escaleira

Deixo tamén a ligazón á entrada da Casa do öptico na Galipedia.

20210117

Tres anos? Non, moitos máis...

Foto de Suso Fernández

Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente aumentou (se ben o inverno do coronavirus non está nos índices máis altos de participación), a participación institucional hai tempo que non se deixa ver, parece que non hai tanta vixiancia da G.C. tras ter sucedido algunha vez que internamente non lles teñen transmitido a información do permiso, a distancia entre participantes tivo que aumentar polas normas da pandemia... pero o espírito continúa, e non ven de hai tres anos, senón de hai máis, aínda que non se concretar ata entón, e queda moito por facer, tanto na cabeza de moitos pensionistas como da sociedade en xeral ou dos gobernos en particular.

20200914

Fotografías en Commons

Hai tempo que as fotografías cargadas para Wikipedia e proxectos irmáns van a parar non a cada proxecto, senón case sempre a Commons. E sempre cunha licenza libre, do tipo Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional

Por unha casualidade, atopei un método sinxelo que permite o sistema Wikimedia para ver todas as fotos cargadas por min en Commons: https://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Special:ListFiles&dir=prev&user=Agremon&ilshowall

Que se complementas coas cargadas (en xeral, con anterioridade) na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Lista_de_imaxes&dir=prev&user=Agremon&ilshowall=

A primeira, segundo parece (eu non o lembro), foi esta, tomada no 2003 e colgada no 2004:


Que vos aproveite!

20200727

Mirasol, sen madeira


O comercial porto de Mirasol non ten acumulada madeira. Só algúns montóns de restos despois de varrida a explanada de ampliación da superficie feita en 2005. E despois das queixas pola invasión de mosquitos. Unha ampliación que no seu momento parecía pensada para a macronave que suscitou oposición e non se chegou facer. E que hoxe, despois de anos como almacén de madeira, vese despexada.

20200520

Pasando sobre dalgunha medida de fase

   Corto e pego abaixo o que remato de ver no Facebook do alcalde de Ribadeo (non está aínda nas novas da web do concello), e deixo antes algún apunte que tomei días pasados. Non para ir contra do goberno, que penso que non o está facendo tan mal dentro das posibilidades que ten a tódolos niveis, senón sinxelamente porque hai cousas que non entendo. Déixoas sen máis axustes posteriores:
   - Causa sorpresa que non se poda facer deporte en bici noutros concellos viciños, polas estradas ou polo monte, pero si se poda ir a un bar. Non sei se a iso se lle chama potenciar a economía. Pode ser 'merma selectiva de liberdade'? Apoio dun sistema económico determinado? (non 'sector'!). Á hora de propagación e contaxio, cal é peor?
   - Sigo: que non se poda ir de Ribadeo á Veiga mercar aquelo que só atopo alí e non aquí, pero que poda ir ata Quiroga, a case 200 km a tomar un café. A vertebración territorial ten que coincidir coa provincia ou coa zona sanitaria?
   - Podo ir tomar café a calquera hora, pero non a pasear. Ten a economía monetaria privilexios fronte ó benestar e saúde particular e social?
   - Evidentemente, non hai forza pública abonda para vixiar de xeito rigoroso tódalas medidas. De aí que, segundo teño entendido, a aplicación das multas foi progresiva, subindo de contía de xeito efectivo pasados uns días. Por iso, ten sentido unha medida como a petición de cita para tódalas praias de Galicia? Cantas entradas ten a praia de Reinante?
   - Entre a necesidade de facer cambios frecuentes de consellos e normativas para adaptarse o mellor posible á actualidade da pandemia, mesmo antes de que se comprendan as medidas en vigor nun momento dado; a diversidade do territorio, de Remourelle á madrileña Chamberí; a casuística de necesidades de servizos (e polo tanto de traballos) que implica que alguén poda viaxar sen trabas para traballar, pero teña que quedarse encerrado entre catro paredes fora desas horas; a importancia relativa diferente que cada un asignamos a cousas diferentes (hai quen prefire 'arriscarse a morrer' antes que ... ); os intereses sectoriais facendo presión, etc, as medidas non van a ser nunca a gusto de todos. Por iso hai que tentar melloralas. Melloralas, non destruir cun 'quítate daí, que me poño eu'.
   E agora, o texto do alcalde, co documento e unha fermosa foto da ponte dos Santos

"Informando. Solicitude ao goberno en relación ás restricións de mobilidade derivadas da problemática de saúde pública ocasionada polo COVID-19 para os veciños do Occidente asturiano en relación con Ribadeo.

Ribadeo é unha vila que vive principalmente do sector terciario e é significativo o número de veciños e veciñas dos concellos próximos pertencentes tanto á Mariña Luguesa como en igual medida ao Occidente Asturiano, que se desprazaban a diario ata o noso municipio.

Temos que destacar que por sorte, dentro da gravidade desta situación, tanto a Provincia de Lugo como a Comunidade Autónoma Uniprovincial de Asturias non foron dos territorios estatais máis afectados polo COVID-19, atopándose ambos lugares dentro da mesma Fase 1 de desescalada, polo tanto cunha situación moi semellante a día de hoxe.

Solicitámoslle onte ao goberno do estado que, dentro da actuais restricións de movemento vixentes por mor do estado de alarma declarado en base á problemática de saúde pública ocasionada polo COVID-19, se permita o acceso ao municipio de Ribadeo á poboación do Occidente Asturiano que acuda a facer uso do comercio local como medida necesaria para a reactivación económica do Concello de Ribadeo.

Agardamos pois, que tomen de inmediato en consideración os argumentos que lles trasladamos, sabendo que ao propoñelos, estámolo a facer coa cabeza e co corazón, e co compromiso a partes iguais de protección contra a pandemia que sufrimos e de reactivación ponderada da nosa economía local e comarcal."




20200513

Normalizando? Día de mercado en Ribadeo



   Hoxe merquei no aparcadoiro, no lugar provisional do mercado semanal dos mércores en Ribadeo. Pouca xente (tamén era cedo), maioría de mascariñas, abrumadora entre os vendedores, pero non entre os clientes, sensación de aprendizaxe nunha situación que só se considera provisional a medias, e sentemento de que por algures hai que continuar cara a unha 'vida normal' -ó que se vaia achegando a ela-.
   A normalidade non é tal, pero a previsión de que o que veña en diante será en moitos sentidos diferente ó que deixamos atrás fai cambiar a mentalidade e considerar ó tempo como raro e asumido as colas con distancia ou as caixas limitando espazos de achegamento ós mostradores -que aínda se estaban a poñer-.
   Sí había interpretación de provisionalidade nalgún tema, como a distribución de espazos neste primeiro día no aparcadoiro ou o reparto de cartelería polo COVID19. 
   Polo demais, de retorno, a xente que ía cara o mercado parecía asumir que é un cambio de sitio e dalgunhas circunstancias, pero non de significación ou variación de costume de pasarse polo mercado dos mércores.
   Ribadeo. Día de mercado. Día que non é normal... só baixo os patróns ós que estábamos afeitos.

20200101

Ribadeo: vista parcial da mañá de ano novo

As rúas non estaba baleiras, pero menos aínda cheas, mentres o sol ía desterrando o frío do novo ano...












20191205

Aquí, como en Vigo

   Esta tarde agasalláronme co titular: aquí, como en Vigo. Remedando o concerto 'aquí, como en Viena', este Nadal Ribadeo 2019 competimos en iluminación con Vigo. En iluminación, que din que en luces non, que o de ter moitas luces ou poucas luces é outra cousa, que, outros sentidos aparte, hai zonas do pobo sen iluminar, e non se compite para quedar último. E tampouco ven moito a conto competir en iluminación mentres siga a haber cortes de luz en Ribadeo, pois aínda que siga sen callar de todo a iniciativa #cortesdeluzRibadeo para acumular datos para reclamar, periódicamente aparecen notas do concello ou do comercio con queixas, aínda que sen datos precisos.
    Aparte o anterior, hoxe foi en Ribadeo o momento 0 deste Nadal para o que aínda quedan tres semanas: a inauguración e posta en marcha do 'mercado do Nadal' e tamén da 'iluminación visible dende toda a Mariña e occidente astur'. Por iso deixo algunha foto da iluminación no centro de Ribadeo (incluído unha mala foto da semiseparatista en adornos Avda. de Galicia) e os actos do mercado. A foto da iluminación de rúas menos céntricas ou das parroquias queda para outro momento, ó igual que a valoración do mercado do Nadal que faigan o concello -que se espera positiva- ou ACISA -que, despois do mercadillo das festas patronais de Ribadeo 2019, pode ser máis aleatoria ou non ser-.
    Momento para felicitar o Nadal? Pois coido que non, por moita luz comercial tras o black friday ou venres negro, con vinte días para o Nadal implica estar felicitando máis dun mes ó ano, e coa que está a caer pola zona con Alcoa e cia.
Pero, voltemos ó tema: Aquí, como en Vigo!
    --Nota: Declaración institucional no Parlamento pedindo ver a noite en Galicia (2015)









20191201

Luces e sombras

Contrastes. Mentres unhas partes de Ribadeo van ser invadidas por luces que impedirán ver o ceo nouturno, estrelas ou nubes de chuvia, mesmo dificultando o tráfico, co ánimo de promover consumo, outras partes quedan aínda máis afogadas na oite ó haber máis luminosidade nos arredores pero a mesma megrura alí. Así ocorre, por exemplo, na calexa entre Virxe do Camiño e Avda. de Galicia, tramo da antiga vía do ferrocarril, como testemuñan as dúas imaxes seguintes, xa noite e anoitecendo:


Por contraste, deixo unha foto dun 'agasallo-anzó' presto a entrar en funcionamento iluminando (ou deslumbrando?) pousado na esquina entre Reinante e Villafranca, nas catro calles:
 


20191128

Dúas obras: campo de fútbol e Pintor Fierros

As obras do campo de fútbol de Ribadeo (estadio Pepe Barrera) e da rúa Pintor Fierros tocan ó seu fin. Deixo algunha foto para testemuñalo.
As dúas primeiras, do campo de fútbol co céspede levantado:





E o estado onte:








E, na rúa Pintor Fierros, despois do asfaltado coa sinalización dos furados deixados para alcantarillado:




E xa feitos os cadros, co detalle do bordillo.





Vista parcial, coas árbores plantadas e as beiras limpas de límites no tramo central.
 E un detalle: a auga que non se cola na superficie impermeabilizada da rúa.
Ambas obras, como se ve, están prácticamente listas.

20191029

Rueiro ribadense. De Porcillán ás catro calles

As novas placas de Sargadelos dan moito xogo. Na subida por Antonio Otero dende que se sae de Porcillán ata chegar á zona das catro calles, aparecen uns cantos abondo ilustrativos.
O mapa centrado na subida:
No comezo da rúa da muralla (é dicir, subindo á dereita) está o rótulo da antiga porta de Santo Domingo.
E xa en plena costa, á esquerda, aparece a casa Bengoechea:
Poucas desviacións hai na zona máis inclinada, polo que, despois de pasar a das escaleiras de Bengoechea, o seguinte rótulo é o que corresponde á antiga escola de náutica:
Dende a súa port de arco pode verse xa a entrada á travesía Fernando II o Santo e un grafitti poucas casas máis arriba, á altura dos tellados.
Pola travesía de Fernando III...
... chégase á praza dos catro canos:
Alí atopamos unha nova historia, o antigo cárcere.
Un pouco mái arriba, atopamos un escudo, xa no cruce que da comezo á rúa Viejo Pancho:
E no cruce, os letreiros de Antonio Otero,
Enxeñeiro Schulz
E Viejo Pâncho.
Seguindo pro Viejo Pancho arriba, chegamos á praciña de álvarez Miranda:
E, pouco máis arriba, o letreiro da existencia pasada da Porta da Auga debaixo do cartel conmemorativo da casa do Viejo Pancho:
O último cartel antes de chegar a Ubaldo Pasarón y Lastra é o da costiña do Pai Sarmiento:
Un paseo con historia contada a través de Sargadelos.