20200914

Fotografías en Commons

Hai tempo que as fotografías cargadas para Wikipedia e proxectos irmáns van a parar non a cada proxecto, senón case sempre a Commons. E sempre cunha licenza libre, do tipo Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional

Por unha casualidade, atopei un método sinxelo que permite o sistema Wikimedia para ver todas as fotos cargadas por min en Commons: https://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Special:ListFiles&dir=prev&user=Agremon&ilshowall

Que se complementas coas cargadas (en xeral, con anterioridade) na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Lista_de_imaxes&dir=prev&user=Agremon&ilshowall=

A primeira, segundo parece (eu non o lembro), foi esta, tomada no 2003 e colgada no 2004:


Que vos aproveite!

2 comentarios:

paloma dixo...

O café con leite da mañá estivo enfeitado por imaxes moi belas, as que van desde o abrente na Casa Escola Roríguez Murias á desembocadura río de Vilaselán, a Ría vista desde a Ponte dos Santos. Recantos tan descoñecidos para min coma a Ría de Abres, tamén coa súa illa particular, e Vilamartín Pequeno, lugar que condensa de seu as cores desta terra e somentes sabía del por boca de meu pai. Grazas polo ter arquivo.

agremon dixo...

Grazas pola túa atención, Paloma!