20200929

Demografía

Demografía

    Esta tempada pasada teñen xurdido comentarios na bisbarra da Mariña de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboación, con movementos que virían afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmación das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e máis seguro? A resposta argumentativa, por parte dos locais, é clara: aquí. Natureza, pureza de aire, auga e terra, tranquilidade, falta de distancias... ou é que non se está a converter nun destino turístico por excelencia? Así, a atracción de xente á zona estaría cantada unha vez que foxen da aglomeración contaxiativa das cidades.
    Coido que no parágrafo anterior habería ao menos tres cousas a obxectar. Serían os números, as bondades e a contradición. Explícome.
    En canto ós números, botando man dos datos dispoñibles de xeito público, os máis actualizados son os co censo de electores, liberados con datos de comezos de cada mes, e dos que os últimos dispoñibles agora mesmo son os de agosto. Certo que non é o de residentes, que sería o propio, pero si unha indicación abondo fiable pola súa relación. Pois entre abril e agosto, nos concellos supostamente afectados, as variacións son comparables ás doutros anos. Hai tan só un par de días algún medio citou de xeito textual a algún alcalde falando de novas inscricións que suporían o 2,5 % da poboación, pero con aumentos de residentes de só o 0,3 %. As contas non casan moi ben sen moito esforzo, e ó final, o que conta, vóltase ó aumento do 0,3 %, normal nestes anos en época de verán. Polo momento, unha cousa é que se teña notado que chegou xente mesmo cando non estaba permitido, e outra que se afinque de xeito permanente.
    En canto ás bondades, cando se expoñen pola nosa parte, polos que queremos á nosa terra, tendemos a sobreponderalas, esquecendo de xeito correlativo as maldades, que tamén contan. Entre elas, o paulatino illamento da zona en transporte público ou a calidade mellorable de internet, que habería que contrapoñer na balanza ós pequenos recorridos necesarios para a vida diaria, considerados avantaxe se vives nun pobo e non nunha aldea, e non tes necesidade de usar os servizos asociados a unha poboación grande. Sen ir máis lonxe, estes días está en marcha unha campaña de sinaturas para tentar que se restableza o servizo de ferrocarril, na actualidade só un tren de ida e outro de volta no que é máis ben unha falta de servizo. E ben, aínda que no resto dos temas tamén se poderían contrapoñer pegas, coido que todos -locais e forasteiros- estamos de acordo en que a calidade de vida tende a ser mellor por estes lares. Pero en calquera caso, hai que lembrar que se a xente non se ten vido para aquí en masa xa antes da pandemia é por algo, sexa o sitio onde están os empregos (aínda coa posibilidade de teletraballo en aumento), a diferencia de soldo, ou mesmo en máis dun caso, non verse afogado por unha vida considerada demasiado tranquila.
    En canto ó último punto, a contradición, é máis difícil de acoller, pois é moito máis difuso que os anteriores. Resúmese en algo así como querer nada e gardar a roupa. En xeral, estamos encantados de ser lugar de acollida, de que aumente a poboación, esquecendo que iso significa... que a poboación aumenta! É dicir, que aumenta o número de xente e con iso, tenden a diminuír as bondades ás que se alude precisamente por ter baixa poboación.
    E un aparte. Que significa demográficamente? Coido que está por ver a influenza posible dun movemento así na pirámide demográfica dunha comarca (tres comarcas, segundo a Xunta) que leva perdido o 10 % da súa poboación nos últimos corenta anos, aínda sen a crise provocada pola evolución de Alcoa, motor industrial da zona.

PARADOXO DO GATOPARDISMO. Jorge Sampedro Reimúndez

Recriminación a Fraga na USC. Imaxe libre, collida da Galipedia.

 
PARADOXO DO GATOPARDISMO
    Sempre mantiven que o Partido Popular, antes Alianza Popular, tería que terse chamado Partido Franquista esencialmente por ser un partido político fundado, á morte de 'a carnada', por sete dos seus ministros, ministros que estamparon as súas firmas, á beira da del, en arbitrarias sentenzas de morte; pero tamén por razón de que o seu caladeiro de votos atopábase entre os millóns de españois que tiñan colaborado, defendido e sustentado unha ditadura que nos provocou unha enorme brecha socioeconómica en relación aos países da nosa contorna. Brecha que, corenta e cinco anos logo da súa morte, aínda non superamos.
    Cando por fin a palmou 'o enxendro', fíxoo convencido de que 'todo quedaba atado e ben atado', e non era unha elucubración dun vello chocho, nin moito menos, era unha convicción baseada en irrefutables feitos. Toda a oligarquía franquista xa ocupaba e seguiría ocupando as máis altas responsabilidades empresariais (ségueno facendo a día de hoxe). O sistema financeiro quedaba en mans dos seus fieis colaboradores, algún dos cales, os March e os Barrié (branqueados agora con altruístas fundacións), foran os financiadores do seu sanguento golpe de estado. Os membros do Poder Xudicial franquista pasaban en bloque a presidir os Tribunais Superiores, a Asemblea Nacional, o Constitucional, os xulgados de Primeira Instancia e todas as Fiscalías. Os medios de comunicación (radio e televisión), quedaban en mans de entusiastas falanxistas, e a prensa escrita: ABC, El Alcázar, YA, La Vanguardia Española, etc... presidida e controlada polos encargados de redactar os discursos franquistas, os fervorosos panexíricos e ao final as sentidas necrolóxicas. O exército quedaba baixo o mando dos seus fascistas xerais e as forzas da orde pública mandadas e constituídas por aqueles que, a porrazos ou a tiros, perseguían aos demandantes de liberdades aos que, unha vez detidos, torturaban nas súas comisarías na procura de perigosos demócratas, sendo recompensados, por semellantes 'fazañas', con pensionadas medallas. Para rematar, a Igrexa Católica, apaixoada colaboradora do xenocidio, seguía trasladando, desde os púlpitos das súas cristiás igrexas, as súas reaccionarias e rencorosas proclamas que lles reportaban, iso si, xugosos concordatos. O odio que aquel golpe de estado inoculou na metade dos españois (moi ben reflectido no libro 'Uno de tantos. Cinco años a la sombra' -autobiografía que reflicte o calvario polo que os fascistas ribadenses, algúns convertidos en asasinos, fixeron pasar a D. Gregorio Sanz-) non acabou, desgraciadamente, coa morte de 'a sabandixa'. Hoxe, a pesar do perdón das vítimas ós seus verdugos, os herdeiros daqueles fascistas, que gobernan, lexislan, xulgan e forman opinión, seguen sementando o mesmo odio que os seus referentes sementaron naquelas terribles datas. Hoxe este partido, que fixo sobrados méritos para estar ilegalizado, segue negándolles aos descendientes das vítimas, o dereito que teñen a recuperar os seus restos. Hoxe o mal chamado Partido Popular segue sen condenar de facto o golpe de estado e a tétrica ditadura franquista (simularon facelo o 20/11/2002). Hoxe este partido, corrupto ata as cachas, segue negando a lexitimidade dun goberno elixido pola maioría da Cámara. Hoxe esta carcundia, que se acubilla baixo as ás da carroñera gaivota, segue utilizando políticamente os crimes de ETA, o atentado de Atocha, as armas de destrución masiva, os problemas territoriais... ata a terrible pandemia que nos asola. Non teñen escrúpulos, non teñen amor, non ten compaixón, non teñen vergoña. Seguen corroídos polo odio. Nunca perdoaron aos que perderon a súa facenda, a súa familia, a súa vida, loitando contra o fascismo. Nunca perdoaron aos que abogaban por elixir democráticamente a máis alta representación do Estado. Nunca perdoaron aos que perderon a guerra intentando gañar a liberdade. Si a facción máis dura desta dereita chegase ao poder volverían, sen dubidalo, a levarnos a aqueles terribles anos de purgas, de medo, de terror, de cárcere.
    A tan modélica e cacareada transición española (o paso da ditadura á democracia) cuxo máximo exponente produciuse o 18 de novembro de 1976 coa aprobación no Congreso da Lei para a Reforma Política, data que pasou a ser coñecida e conmemorada como 'a noite do harakiri das cortes franquistas', non foi máis que a burda plasmación do paradoxo do gatopardismo: 'se queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie'. Meu dito, meu feito.
Asdo: Jorge Sampedro Reimúndez

20200926

Electores en Ribadeo (II)

Como xa avisara en 'Electores en Ribadeo', dinlle unha pequena volta na procura de máis datos e máis indicacións. O resultado, a serie de datos oficial dende xaneiro de 2002, (ata agosto, un mes máis que a táboa colgada na web do concello nestes momentos), case 230 datos que compuxen en tres gráficos diferentes:

O primeiro, a serie enteira

O segundo, a comparación das series anuais, destacando a de 2020

O terceiro, a comparación só dos meses abril-agosto, os afectados pola pandemia na actualidade

Vaiamos polo primeiro:

Lembrando sempre que se trata de electores, e non de veciños, vese ás claras un aumento ó longo da primeira década do século, cunha diminución máis lenta ata metade da segunda década e logo, con irregularidades, unha meseta. Nunha gráfica de tanto tempo é difícil observar tendencias pequenas duns cantos meses, polo quje pasamos á segunda gráfica, comparativa ano a ano.

Está destacada en azul groso a liña correspondente a 2020, que só chega ata o mes 8, ata o primeiro de agosto. Dende o mínimo de febreiro (20200201), aumentou 43 persoas o censo en Ribadeo ata agosto (20200801), o que non parece moi representativo aínda que na gráfica se vexa que a liña tira cara arriba, pois a representación está magnificada para unha variación máxima de 600 electores (entre 7700 e 8300), precisamente para dar máis relevancia ás variacións.

Collendo os meses da pandemia, abril á actualidade (agosto, que a última cifra dispoñible), pois en marzo non había pandemia e a xente non podía andar cambiando oficialmente de residencia, queda a terceira gráfica:

Nesta gráfica -na que tamén está destacada en azul máis groso a liña de 2020- apréciase que a tendencia entre abril e agosto é, en xeral, a aumentar o censo de electores, sendo franca minoría os anos que a tendencia é a contraria. Nese sentido, a liña de 2020 estaría na normalidade, non sendo con diferencia o ano de máis aumento, pero tampouco diminuíndo, desmentindo así un aumento de poboación en Ribadeo por trasvase dende as cidades pola pandemia.

O que pase no futuro, a tendencia que poidera parecer lóxica de desparramamento da poboación na procura de entidades máis pequenas ou outras... iso, está por vir e catro períodos mensuais non son abondo para xulgar algo que pode estar a nacer.

20200925

EN LA SEGUNDA OLA Y YO ME HE DEJADO LA TABLA DE SURF EN RIBADEO. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

 

He rezado a los dioses lares que amparan a los madrileños desde la cumbre de la Maliciosa

    EN LA SEGUNDA OLA Y YO ME HE DEJADO LA TABLA DE SURF EN RIBADEO
    Me pilla la vuelta a Madrid tratando de enterarme a que ZBS pertenezco ya que se han puesto en marcha restricciones de movimientos como todo el mundo ya sabe. Se lo explico. Resulta que la ciudad está dividida en áreas sanitarias y estas a su vez en zonas básicas de salud. De ahí lo de ZBS. Ni los propios médicos saben precisar localmente en que área trabajan. Menos los ciudadanos. Una acera de una calle puede ser de una zona y la otra de una distinta. A veces incluso dos zonas comparten un mismo Centro de Salud.
    Resultado. Un caos de las mismas proporciones que los barullos expresivos de la presidenta Ayuso. Nadie espera que esto funcione. Pero el caso es que necesitamos que funcione. Como aguja de marear: quédese en su casa viva donde viva y limítese a moverse lo imprescindible. Trabajar por ejemplo. Ir al médico solo en caso de urgencia. De hecho están suspendiendo consultas e intervenciones programadas.
    Todo lo que puede terminar mal termina peor. Eso dicta la famosa ley de Murphy que ideó uno de los grandes filósofos contemporáneos, a la altura de un Miguel Gila o de unos Faemino y Cansado, un tal Bloch.
    Acabamos de entrar en la segunda ola del covid 19 como todo el mundo finge ignorar. Los más precavidos se refugiarán en sus nidos invernales. Los aventureros enfrentarán el riesgo a cara descubierta. Los escépticos callarán durante un rato. Y los gobiernos celebrarán cumbres bajo una nube de banderas.
    Los médicos, las enfermeras y los servidores públicos harán de tripas corazón. Y al pueblo llano nos echarán la culpa de todo por nuestra mala cabeza. Por habernos relajado y disfrutado de nuestras vacaciones de verano.
    Vamos sumando kilómetros en la senda que nos conduce al desorden termodinámico de la entropía pero eso es buena noticia. Del desorden emergerá un nuevo orden y si el evangelio tiene razón los últimos serán los primeros.
    Yo cumplí todas mis expectativas anunciadas en el Diario de un Confinado. Disfruté de las playas, del pulpo de Villlaronta, del rodaballo de Casa Vicente y de los tomates del mercado de los domingos. Y de la empanada de Torviso. Viajamos menos, eso sí. El sitio más lejano al que llegamos creo que fue Lugones, cerca de Oviedo.
    También estuve con amigos y familia. Y a veces sin mascarilla. Error de los errores como ahora nos dicen. Que malos y que inútiles somos. Tenemos que vivir como cartujos.
    Aquellos, pobres de ellos, que compartan habitación, que trabajen en el mismo andamio o cocina y que tengan que compartir andenes o vagones atestados de metro van a pagar dos precios. Primero el de sufrir la pandemia con especial fuerza y segundo el de recibir el reproche social y el castigo correspondiente en forma de confinamiento adelantado con respecto al de su entorno.
    Cosas de esta vida injusta y demagógica.
    No tengo ganas de comentar la jugada. Mi estupor se ha ido convirtiendo en cabreo y posteriormente en asco. Pero del asco sale uno rápido. No hay más remedio. Cada uno que se invente la forma de superarlo.
    Sigo soñando. A ráfagas. A hurtadillas.
    El último sueño, del que solo recuerdo una pequeña parte, fue muy curioso. Lo cuento.
    Señora con dos perros. Uno de los perros la arrastra hacia un lado. El otro se empeña en atornillarse al suelo. Detrás una camilla de ambulancia con el rey Juan Carlos tocando una especie de zambomba y gritando arrepentidos los quiere Franco.
    Seguiremos soñando.
    Un beso especial para Espe y Joaquín.
    Y a los demás el beso reglamentario.
    Ángel

Electores en Ribadeo

A raíz do confinamento transmitiuse por Ribadeo de boca a orella que aumentaran os empadronamentos de xeito significativo. Por casualidade, puiden enterarme de fonte fiable e recibín un desmentido, refusando poñer nada no blog entón. Mais, mirando o tema da convocatoria do pleno que se celebrou onte, xoves 24 de setembro, atopei un documento relacionado coa poboación enpadroada en Ribadeo que confirma o desmentido, a poboación de electores nos últimos 12 meses (cerrada en xullo 2020). Aí vai:

Flutuacións estatísticas aparte, nótase unha lixeira tendencia ó aumento, tamén antes do coronavirus, que achaco ó aumento da idade media da poboación, algo que procurarei comprobar nos próximos días.
--

Nota posterior: continúa en Electores en Ribadeo (II)

Do pleno aprazado

Unha curiosidade. Así é como o considero. Resulta que antonte estaba convocado un pleno que ó final, por prevención anti-Covid, celebrouse onte. A nova no xornal en papel sae hoxe, dicindo que se pospuxo, non que se celbrara xa onte... por certo, primeira noticia que tiven de que estaba convocado.

Pero claro, houbo unha convocatoria (polas circunstancias, varias) en tempo e forma, pero de acceso público na práctica só para avisados, mediante a web da 'sede electrónica' de Ribadeo. A secuencia de documentos, máis ou menos, sería ista: convocatoria, postergación, reconvocatoria. Non sei se para a reconvocatoria sería necesario o mesmo período de adianto do aviso respecto ó pleno. En calquera caso, poden consultarse as datas nos documentos:


Quizáis alguén observou que falta a convocatoria, da que non tivera noticia.Se alguén sabe onde está colgada na web... eu, non sei se está colgada. ver, non a vin. Non é nin a primeira nin a segunda vez que non me entero da convocatoria dun pleno. E, vista a convocatoria, se poidera, coido que tería aproveitado para ver como se desenvolvía algún punto.


20200923

Ribadeo está na Terra, non? Pois está chamado á acción o sábado

 Amigos da Terra únese á convocatoria mundial:


 O vindeiro 25 de setembro, 25S, levarase unha nova convocatoria mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galicia, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro. Concretamente Amigos da Terra participará nas seguintes actividades:

  • Conversa sobre como comunicar o Cambio Climático / xoves 24 / 20 h / online.

Verdegaia organiza a presentación en  streaming de O Libro do Clima publicado por Catro Ventos editora e na que Patricia Iglesias, membro de Amigos da Terra, debaterá xunto con Miguel Pardellas, membro de Verdegaia e educador ambiental,  sobre a maneira en que podemos comunicar o cambio climático e incidir socialmente na comprensión do mesmo.  Máis información aquí>>

  • Voluntario forestal contra a Emerxencia Climática /domingo 27 / 10:30 / Tourón (Melón).

Continuamos cas labores de mantemento das zonas restauradas desta  aldea ourensana afectada pola vaga de lumes que devastaron milleiros de hectáreas en Galiza no 2017.  Dende entón estamos a levar accións de restauración, plantación e conservación do monte autóctono  para chamar a atención sobre a problemática dos incendios forestais, como os que están asolagando a provincia este verán. Estes son consecuencia da nefasta xestión forestal e o abandono do noso rural, que se ven agravados polos efectos do cambio climático. Máis información aquí>>

 

A pandemia da COVID-19 fixo tremer as bases do noso sistema. Evidenciáronse as debilidades e contradicións dunha economía depredadora que se atopa ao límite do colapso; dun sistema neoliberal que precariza os servizos públicos e crea grandes desigualdades; dunha globalización que se sostén sobre a explotación do territorio e as persoas, e que globaliza tamén a catástrofe, en forma de pandemia, de cambio climático ou de inestabilidade económica. O virus non é causa, senón consecuencia dunha crise sistémica profunda, e supón un cambio de contexto que apenas empezamos a comprender. Necesitamos actuar, reivindicar Xustiza Climática para sair destas crisis, realizando accións en diferentes lugares do mundo e concretamente en Galicia levaranse todas estas actividades.

Estas actividades englóbanse dentro da Escola de Activismo da convocatoria de Iniciativa Xove.

O mapa das accións: https://fridaysforfuture.org/action-map/map/

Exposición sobre a obra de Suárez Couto

Xa vai para dez días que abriron a exposición de debuxos de Amando Suárez Couto (1894-1981) na oficina de Turismo de Ribadeo. Non é o mesmo ver os orixinais que as reproducións, e menos aínda que as fotos das reproducións nun blog en internet. Mais, como sei que hai xente que quixera velos e vai estar fóra, aquí quedan, se pode aproveitar a alguén máis esta exposición organizada por la veterana Sociedade de Socorros Mutuos, SSM A Concordia.

As imaxes non seguen exactamente o mesmo rde que na exposición, e faltan varias (4) que caeran ó despegarse do soporte.