20090731

Chegou agosto

Si, xa sei que cando esto escribo aínda faltan unhas cantas horas para que oficialmente entre o mes na península, e que cando se lea, é posible que sexa máis que evidente que chegou, mesmo nalgún caso, que pasou.
Tampouco me estou a referir a signos como o balbordo de anoite no local de enfronte, que poden referirse de igual xeito a outra época do ano, a un calquera deses días (esas noites, neste caso) nos que non ten por que, pero tampouco ten por que non, suceder algo especial (aínda que o balbordo poda dar lugar a outros comentarios noutro lugar).
Non, tampouco é polo día, que comezou con sol e unha certa calor bochornosa, pero que cambiou ata cubrirse e parecer unha tarde de outono. Pero si, algo é pola sensación de que este cambio de tempo, un máis nun verán cambiante, non é como os anteriores. Senón que, coa caída do tempo de luz, é o primeiro que nos conduce clara e indefectiblemente cara a un outono que ás veces alóngase ata ben entrado o inverno, e outras adiántase meténdose no pleno verán, máis que xustificando unha chaqueta.
Ó tempo, o mar na ría cunha superficie que pouco ten de calma, indica o mesmo: o verán deu os seus primeiros pasos para marchar.
Pero sobre todo, o que indica en Ribadeo que chegou agosto son pequenos detalles. Inconexos, pouco significan. Xuntos, marcan unha tendencia, un feito. Detalles como que hoxe houbera embarcacións abarloadas na rada dos bloques pola mañá, como se de domingueiros marinos que non se atreven a ir máis aló se tratase, e, como en cambio de turno, sen tempos vacíos, outras pola tarde, pedindo/puxando por un pouco de sitio e no mesmo lugar, repetindo o visto horas antes ás outras.
Ou que se viran ó tempo na ría xentes facendo windsurf de aprendizaxe ou remozamento de coñecementos previos e outras levando a remolque ós pequenos nalgún tipo de flotador grande, como anunciando os remolcadores que teñen forzas para facelo e os remolcados que non están aburridos dun veraneo que está a comezar
Ou que a herba estivera plantada, aquí e aló, de xente, con espazo entre ela, pero a menos dun tiro de pedra unha da outra...
Pequenos detalles fan un conxunto. A fin de semana co fin de xullo adiantou o mes. Chegou agosto.

As Grobas, de novo

Conferencia esta tarde na casa do Mar (20:30) sobre a escavación, dentro das Xornadas de Historia Local. Mágoa que poda dicir sobre achádegos (aínda que non se colara información sobre eles, haber algo hai), pero non sobre que se vai facer co castro... e é que a política é máis críptica que a ciencia, a pesares de estar feita, en democracia e en teoría, polo propio pobo (todos nós) para o pobo (nós mesmos...)

20090730

Da Muller


Daba conta que esta mañá se celebrou no concello a presentación dun libro sobre a muller. Tratábase dun libro de sinaturas a favor da paz de xénero, en contra da violencia de xénero.
Pouco que sinalar, quizáis a parte da propia nota do concello ligada arriba e de que só houbo dous homes no acto: o alcalde e Francisco Rivas.

Of_estival_on: On/off folleto




... a lembrar que son tomas do folleto por pares de páxinas, polo tanto, a última presenta as páxinas 8 e 1, a anterior, a 2 e 7, a 6 e 3 e a 4 e 5...

Unha nota sobre o Emma Cuervo


Con foto de Pancho, unha toma dos trofeos e o cartel anunciador deste ano. Unha actividade máis das múltiples que se organizan en Ribadeo, en particular durante o ano. Un ritmo que dificilmente permite seguilas e referilas. Queda nestes momentos a charla de onte sobre a Diadema de Ribadeo, ou o comezo do On/off, ou a semana náutica, entre outras que poden pasar máis desapercibidas, como dúas tan dispares como a presentación agora mesmo dun libro de sinaturas no concello ou unha exposición de puntillas...

20090729

Rogos e preguntas no último pleno (extensión do xa publicado)

Deixo a relación de rogos e preguntas de UPRi no último pleno. A lembrar que non estiven e polo tanto non puiden poñer ningunha das realizadas.
As que deixo foron pasadas direitamente como nota de prensa dende a UPRi:
"Rogos e preguntas, máis destacados, que formulou o noso Grupo no Pleno do pasado luns día 18 de maio de 2009 a través do seu Concellal Agustín Reymóndez Gancedo (Tino) e respostas dadas polo Alcalde:

Cuestión previa foi que como novidade o noso Grupo interveu en segundo lugar seguindo “a norma” imposta polo Partido Popular e aceptada polo Alcalde para rotar o turno de intervencións tanto nos Decretos como no apartado de Rogos e Preguntas, variouse por primeira vez na historia da Democracia (sempre se interviña de menor a maior representatividade), sería que se nos vía moito o traballo e non lle interesaba “ó goberno”...

1.P.: ¿Cando se van a rematar, despois de máis de tres anos paradas, as obras da Rúa Deputación-San Lázaro? Respostousenos que estaba pendente de adxudicar a obra e que tería que ser o novo Goberno da Xunta de Galicia quen a adxudicara...
2.P.: ¿Cál é a razón para que a día de hoxe a empresa concesionaria do Depósito de escombros e derrubos da construcción siga sen darse de alta como xestor autorizado para os devanditos residuos ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras? ¿Por qué se lle consinte un ano e medio despois seguir sen darse de alta? Díxosenos que presentara a solicitude pero que a Xunta aínda non lle contestara
3.R.: Mobiliario urbano da Rúa Calvo Sotelo se sitúe de forma que se poidan abrir as portas dos coches unha vez aparcados. O mesmo para o mobiliario da R/ Rosalía de Castro. No primeiro caso solventarase pintando de amarelo na marxe dereita e no segundo mirarase.
4.R.: Hai uns contenedores na Avda. De Galicia en fronte dun escaparate dun negocio de fotografía recentemente colocouse un contenedor máis de papel e cartón que estaba situado ó lado da cabina de teléfonos da Rúa Vilalba (case na esquina). Que se volva a súa situación orixinal e que se trasladen os outros na mesma Rúa a onde non haxa escaparates. Comprometeuse o Concellal de Medio Ambiente para solventalo.
5.R.: Agradecer la apertura de una oficina de turismo en la Playa de Las Catedrais, recordar que o noso Grupo foi o único que levaba no seu programa electoral tal instalación, esperemos que permaneza aberta no tempo, incluso as fins de semana. Solicitar ca oficina de Turismo da Praza de España no se peche durante a fin de semana. Estudiarase aínda que parece pouco probable que se abra ó público.
6.P.: ¿Cando se van a celebrar este ano as XIII Xornadas Ambientais? Este ano non tocan, xa dixeron que se celebrarían cada dous anos... unha forma de deixar morrer as Xornadas de Medio Ambiente decanas de España.
7.R.: Na rúa San Roque existen dous pasos de peóns próximos, solicitamos que se pinte un correctamente e se borre o outro. Mirarase e tratará de solventarse.
8.P.: Rotonda do LIDL ¿Cuándo se abre? Existiron algúns problemas e abrirase en breve.
9.R.: Se demande a Fomento segue as rotondas de saída da Autovía desde Outeiro, Dompiñor, Vilaselán e Vilavella pola mala imaxe que están a dar da nosa Vila cara ó exterior... Comprometéronse a solicitalo.
10.R.: Se retiren os carteis da ponte de FEVE do BNG das pasadas eleccións autonómicas. Mirarase...
11.P.: Vado en Rinlo. ¿Quen mandou emitir un novo informe? ¿Cales foron as razóns? ¿Existe lexislación Municipal para este tipo de asuntos? Contestóusenos que foi un erro de medición...Non o cree ninguén. O malo é cos veciños non saben a que aterse con estes gobernantes, en calquer asunto, o que hoxe está correcto mañá pode ser o contrario en función non se sabe moi ben de que ou de quén...
12.R: Volver a pintar la zona azul del mercado para evitar que aparque un solo coche en vez de dos. Aceptado.
13.P.:¿Cantos accesos a vivendas na zona rural se executaron co presuposto do 2008? Construíuse un soamente.... é cando menos curioso e chamativo...
14.R.: Que se limpe o Río de Vilaselán dende a ponte tanto cara ó mar como para o Sur de maleza para evitar danos pola crecida do Río. Aceptouse...
15.Quedaron sen resposta preguntas de plenos anteriores, que seguen sen contestársenos... que daremos conta delas en vindeiros días..."

20090728

Máis porto

Foi a nova de onte: substitución das naves fastidiadas polo corremento de terras, e aumento de algunha outra máis. Aínda non se sabe nada de cómo vai ser a cousa, de se van poñelas no recheo último (si, no que dixeron que non ían poñer naves e logo que iso era papel mollado) ou noutro sitio, se van ser grandes ou pequenas, altas ou baixas. Coma sempre, a información irá chegando a contagotas, para iso son (en parte) os entes autónomos. E, como soe suceder, o primeiro que se anuncia é a cantidade: algo máis de 100 000 000 das antigas pesetas, 638 000€. A inversión, benvida. O que se fai con ela dirá se a benvida é definitiva ou non.
As fotos, dun cargueiro, o Steenbank, cargando pasta de celulosa, a semana pasada; o recheo, aínda con sal despois de ser variada a maioría dun dos montóns; e o fondeadeiro que usan diversas embarcacións fronte ós bloques.

20090727

Festival de bandas (III)

Sobre o programa:
David Ballester fai, se non me fallan as contas, o 6º director da BMR, Comenzando con Hernán Naval (moitas máis entradas, aquí, e unha biografía, aquí) e incluíndo tanto a Marcel Van Bree como a Mariano Rivas, directores en actuación completa. Seguiu José Luis Álvarez, Bernardo Méndez, e logo, Lourenço Cruz, con algunha dirección suelta dalgún que outro, como por exemplo, Marcos Rodríguez (grazas a 'anónimo').
En canto ás obras,
Ortigueira - Enrique García Rey, do que non din atopado unha biografía, pero si que ten obras como 'rapsodia galega nº 1' ou 'Churrusqueira', ou que dirixiu a Banda Artística de Merza.
African symphony - Van Mc Coy
Cordilleira dos Andes - Malando
Cotopaxi
Illimani
Coropuna
Retratos de España - Teodoro A. Barbarán
-
Na rúa do porto (outra actuación)
Banda galega - F. Pérez Seara
Dakota - Jacob de Haan
Concerto d'amore

Festival de bandas III
Festival de bandas II
Festival de bandas

Festival de bandas (II)

Moi Lentamente, outra entrada sobre o festival de bandas.

Dista, fotos...

Comezando pola de Suso López, músico ribadense e asemade presentador televisivo, facendo a introducción do festival.

Dúas fotos da banda da Union Musical de Ortigueira (unha delas, do trompeta que me permitiu facela co logotipo na atril móbil)
... e as dúas vistas do díptico, coma sempre, ampliables para poder leelo.
Coido que neste concerto a nova foi a presentación como director, e como director da ribadense, de David Ballester, que tivo unha aterraxe en pleno verán e con non moito tempo de preparación.
Por certo, que na entrada anterior sobre o concerto, non puxen comentario. Os vídeos son de dúas obras que coido que non cadran con ningún dereito de SGAE e cia (outra cousa é que o concello pague tamén por elas como xa ten feito), ó estar no terreo público. Unha é 'Na rúa do porto', un animado poutpourri popular do que todo soa como coñecido a calquera lugareño que a escoite. A outra, o himno galego, de Pascual Veiga, final do festival, ambas interpretadas pola Banda Municipal de Ribadeo, de Amadores da Música, e dirixidas por David Ballester.



Festival de bandas III
Festival de bandas II
Festival de bandas

Os trámites medioambientais avanzan ben

Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non non sei se haberá onde nadar no interior da ría, ... e, ó tempo que a auga se mercantiliza, tamén xurden dúbidas doutro tipo, porque, se os expedientes os ten que tratar unha autoridade independente, como pode dicir José ángel Pérez que os trámites van ben?
A política ten moitos vericuetos, como onte mesmo José Alonso Quelle reflectía noutro artigo de La Voz de Galicia, lembrando o 'día histórico' que para Ribadeo suporía no 2006 a visita de Méndez Romeu, Conselleiro naquél entón, quen, en presenza de Balbino Pérez, alcalde naquél entón, e da prensa, prometeu un novo xulgado para Ribadeo, de máis categoría e no mesmo edificio, remozado, no que está o actual. a lembranza ven a conto da negativa, unha vez máis, do Consello de Ministros, nun paquete de 135 novas sés. é a enésima vez que políticos de tódolos signos fallan na recuperación de algo perdido na década dos sesenta do pasado século: Lembro que a retahíla que tiña que aprender de memoria correspondente á provincia de Lugo (pobos con xulgado) incluía a Ribadeo, ó que seguían, rematando a orde alfabética, Vilalba (Villalba no recitado infantil) e Viveiro (Vivero), pobos que non os perderon.

Pasando de política, hoxe ten xuntanza unha das asociacións máis potentes do pobo, o Ribadeo CF, á espera do 58 Trofeo Enma Cuervo.
A foto, da fonte do parque rebosando auga antonte.

20090725

Un artigo sobre os meus gustos

Na 'Voz de Galicia":

Antonio Gregorio anima a nadar hasta el tesón de Figueras
El profesor ribadense y secretario de la asociación O Tesón, Antonio Gregorio, elige como rincón los tesones de la ría. En particular, prefiere el de Figueras, al que llega nadando desde Castropol. Asegura que pasear por este remanso de arena es un placer y aconseja nadar con una boya atada, para señalizar la presencia.

No día de Santiago...


... camiño a Santiago...
Pero estas cunchas, na beirarúa da estrada ó monte, exténdense ata o fin do 'Gregorio Sanz', ... e o camiño aparta abondo antes. Están aí dende hai polo menos dous meses. Crin que se corrixiría o entuerto, pero non, aí seguen...

tormenta toponímica sobre a ría de Ribadeo

(artigo publicado en 'La Comarca del Eo' de 20090725 por Victor Moro)

... a lembrar que se pode ampliar...

Outras anteriores do mesmo autor sobre o mesmo tema:

MIRANDO MÁS LEJOS

Firma: VÍCTOR MORO

Toponomicidio

PASARON varias décadas desde que algunas personas del occidente asturiano y sus municipios ribereños con la ría de Ribadeo pusieron en circulación un nuevo topónimo, que difundieron con amplitud en todas sus comunicaciones y propaganda turística con especial proyección en las páginas de Internet, ante la pasividad y laxitud oficial ribadense. Así surgió lo de «ría del Eo», que alcanzó fortuna en mapas erróneos y medios de comunicación y fue acogido calurosamente por el Gobierno del Principado, que ahora pretende oficializarlo, incluyéndolo en la toponimia de Vegadeo y Castropol.

Quien siga la cartografía española a través de los siglos y las cartas náuticas vigentes, conoce que la denominación geográfica legal, histórica y consuetudinaria del estuario que acoge al río Eo no es otro que el de ría de Ribadeo, ría que, como todas las de España, toma el nombre de la población más importante de su litoral. Pretender modificarla por un capricho provinciano no es posible legalmente, pues las facultades sobre toponimia transferidas a las comunidades autónomas alcanzan solamente al uso de la lengua vernácula cuando es aplicable, que no es el caso.

Al Gobierno gallego le corresponde la defensa de los derechos históricos de Ribadeo y no dudamos que lo hará previo dictamen de su Comisión de Toponimia, que cuenta con toda clase de antecedentes para confirmar, de una vez por todas, mediante comunicado oficial público, que la denominación correcta y única es ría de Ribadeo, oponiéndose, por infundada, a la pretensión asturiana.

Es lamentable que las relaciones entre ambos gobiernos autónomos se vean entorpecidas por estas diferencias pueriles. Bastante tienen con ocuparse de acciones conjuntas a favor del desarrollo social y económico de ambos territorios. Para eso sí que deben unir esfuerzos y abandonar guerritas idiomáticas estériles. Las comarcas asturianas del occidente hablan gallego. Si se quiere, un gallego con variantes y modismos propios, pero esencialmente gallego. Mas si a juicio del Gobierno asturiano es necesario yugular esta contaminación lingüística, pueden montar ikastolas para imponer el bable-astur. Con la inmersión de unas cuantas generaciones, problema resuelto.

La Voz de Galicia, 26/04/2005

tribuna libre

Falta sensatez en la ría de Ribadeo

VÍCTOR MORO

El semanario La Comarca del Eo, continuador de las tempranas publicaciones periódicas de la villa que se remontan al siglo XIX y que alcanzaron en su día el decanato de la prensa provincial y el vicedecanato de la española, sigue manteniéndome en contacto con mi patria ribadense. Bien es cierto que nuestro actual semanario no alcanza ni en continente ni en contenido a las publicaciones pretéritas, siguiendo así el tono crepuscular que caracteriza el devenir cultural, administrativo y político de la villa en franca pérdida de identidad, agobiada por un urbanismo desaforado falto de ordenación y transparencia que alcanza no sólo al núcleo urbano sino también a sus más hermosos parajes naturales, ría incluida. Todo sucumbe ante el progreso incontrolado y amenazador.

Ninguna otra villa gallega de sus características ha perdido tanto nivel funcional, administrativo y político como Ribadeo. En los años cuarenta tenía dos hospitales privados y cirujanos prestigiosos a donde acudían pacientes de los municipios gallegos y asturianos circundantes. Hoy no cuenta con la más mínima dotación hospitalaria e incluso carece de especialidades fundamentales. Su rango marítimo descendió al desaparecer la Comandancia de Marina y de poco sirve su creciente tráfico portuario con Aduana Principal de la Provincia, último vestigio de la Comandancia de Carabineros fulminada en 1936. La sección de Tráfico de la Guardia Civil también fue trasladada. El Juzgado de Instrucción fue eliminado y judicialmente depende de Mondoñedo, a donde se ha de acudir no sólo para dirimir pleitos, sino para rezar en penitencia por tanto abandono?

En esta sucesión de marginaciones se anuncia ahora la posibilidad de cambiar la toponimia de la ría por decisión del Gobierno asturiano, que pretende sustituir el substantivo Ribadeo, referido a la villa más importante de su ribera, por el de Eo, en alusión al río que en Vegadeo (antes Vega de Ribadeo) allí desemboca, olvidándose del Suarón, del arroyo de Berbesa que lo hace en la hermosa ensenada de La Linera o del Grande en Reme o de los regatos que bajan a las Aceñas o a la Villavieja desde Ove. Si de ríos se trata, por análoga incongruencia y para contento de localismos trasnochados, bien pudiéramos rebautizar la toponimia oficial como ría del Eo, del Suarón, del Fornelo, del Grande y de los "grandes expresos europeos", como diría mi querido Pepe Parga.

La contumacia del Gobierno asturiano en su afán de modificar la toponimia carece de todo argumento histórico o geográfico. Además no tiene competencia para hacerlo. Obedece exclusivamente a calenturientas ensoñaciones localistas de seudo intelectuales o politiquillos, que se cuentan con los dedos de una mano, a los que la sociedad ribadense nunca prestó atención ni concedió importancia, pero a los que va llegando el momento de responder contundentemente por parte del Ayuntamiento y de la Xunta de Galicia, fijando su posición definitiva sobre este diferendo, sin dejar lugar a dudas.

El Instituto Geográfico Nacional, máximo organismo sobre toponimia oficial, en su reconocido Mapa 1: 50.000, de obligada referencia, denomina al estuario donde desemboca el río Eo, como ría de Ribadeo. En un trabajo de Gonzalo Anes, director de la Real Academia de la Historia, asturiano de Trelles-Coaña, confirma que en las colecciones de mapas de la Academia hay una amplia muestra de aquella denominación y cita, en el mismo sentido, el Atlas Marítimo de España de Vicente Tofiño (1789) o el Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, de Sebastián Miñano, tomo III (1826), que al describir el río Eo señala su condición de divisoria asturgalaica "por espacio de tres leguas y media formando la ría de Ribadeo, a cuyo extremo está la villa de este nombre que es la primera de Galicia por aquella parte". Pascual Madoz, en su Diccionario, tomo XIII 1849, dice literalmente: "Al llegar al lugar y barca de Porto desemboca en la ría de Ribadeo".

En la Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1854), primer mapa de Galicia elaborado con métodos científicos, también se recoge el estuario donde desemboca el río como ría de Ribadeo y la misma denominación utiliza Otero Pedrayo en su Historia de Galiza, Editorial Nós, Tomo I pág. 145 (donde figura el mapa que ilustra esta página), al describir la rasa mariñana lucense. También el Servicio Geográfico del Ejército, en la Cartografía Militar de España, Mapa General 1: 50.000 L Ribadeo 9-3 (10) dice ría de Ribadeo.

Confirman lo anterior las cartas náuticas nacionales y extranjeras que siempre prestaron especial atención al portulano ribadense para mejor guiar la entrada en la ría entre Arnao y Las Carrallas. El Instituto Hidrográfico de la Marina sigue suministrando su carta 407 de la ría de Ribadeo y también está vigente la número 1096 del Almirantazgo Británico (Admiralty Charts), de reconocido prestigio y utilización por los marinos de todo el mundo. Los navegantes saben bien dónde está la ría de Ribadeo, pero ignoran la situación de la ría del Eo, hoy sólo en la imaginación calenturienta de unos pocos. Y la ignoran, pura y simplemente, porque no existe.

En La Comarca leo que el Gobierno gallego "no descarta denominar ría del Eo al estuario ribadense" y que el director general de Promoción Lingüística del Principado anunció en Vegadeo que en la "inminente revisión toponímica de Castropol y Vegadeo se hará oficial el topónimo ría del Eo". No creo que la Xunta de Galicia cometa el gravísimo error de admitir la modificación del topónimo ribadense, que viene avalado por la tradición y por la historia, pues todas las rías llevan el nombre de la población más importante de su ribera. Así, la ría es de Vigo y no del Verdugo; de Vilagarcía y no del Ulla; de A Coruña o de Ferrol y no del Mero o del Xubia; de Viveiro o Foz y no del Landro o Masma; de Avilés, Ribadesella o Bilbao y no del Alcores, del Nalón o del Nervión. Por todo ello creo totalmente innecesario el pronunciamiento de la Comisión de Toponimia de la Xunta, pues no puede ser otro que el de la confirmación de ría de Ribadeo. Cualquier otra denominación carecería de rigor legal, histórico y consuetudinario. Y si el Gobierno asturiano comete la tropelía anunciada, tanto Xunta como Ayuntamiento de Ribadeo, actuando al unísono, deben recurrir a las instancias correspondientes para evitar esta ingerencia inadmisible.

Esta "aldeanada" de ría del Eo creo que nace en Madrid en reuniones de los Amigos del Eo, en la nostalgia de la tierra lejana. Todo apunta que allí, entre algunos, se coció el fermento localista de la reivindicación que el Gobierno asturiano asumió como propia. En mi infancia y juventud ribadense la convivencia entre los pueblos de la ría era perfecta. Sólo se quebraba en los encuentros de fútbol entre Ribadeo y Vegadeo que ni el propio Escartín conseguía controlar. En los campeonatos del occidente asturiano nuestro paso por Vegadeo entrañaba peligro. Pero fuera de esto, el Instituto de Ribadeo forjó entre nosotros una amistad verdadera que se mantuvo siempre. Desde Tapia y Barres, pasando por Figueras, Castropol, Vegadeo y Puentenuevo acudían los jóvenes de la comarca cruzando la ría que, entonces, nadie consideraba del Eo. En la Escuela de Náutica y Comercio de Ribadeo, también desaparecida, se formaron capitanes de Ribadeo, Figueras, Castropol y occidente astur que tanto prestigio alcanzaron en las mejores navieras europeas. Sólo ahora cuando surgen reivindicaciones partidarias, hasta entonces irrelevantes, se rompe aquel clima de concordia. Las gentes de la ría constituíamos una unidad social y económica consciente de la suerte común en torno a la ría, que siempre unió y nunca separó, hasta que la política de campanario provocó una Resolución de Gobernación, fijando la linde entre Galicia y Asturias en la mediana de la ría, partida artificialmente en dos.

Esta actitud reivindicativa del Gobierno asturiano se manifestó también por su oposición a los rellenos portuarios en la ribera ribadense. Y no les faltaba razón, pues fueron realizadas sin respeto alguno al litoral ni a los canales que las fuertes corrientes modifican por obras cuya repercusión no se valora previamente. Pero donde el ridículo alcanza límites inenarrables es en la cuestión idiomática tras la que sospecharon una actitud colonizadora de la Xunta gallega.

Bien es sabido que con anterioridad al trazado de Nueva Planta de Felipe V, Galicia alcanzaba por Asturias hasta el Navia, por León hasta la comarca del Bierzo y por Zamora hasta Sanabria. Se trata de una realidad histórica contra la que nada pueden las imposiciones administrativas ni políticas. El habla, "A Fala", como dicen de la del occidente de Asturias, es del pueblo y es precisamente el pueblo quien la cultiva y mantiene como patrimonio propio. Y "A Fala" del occidente astur es gallego, con sus modismos y con sus variantes, pero esencialmente gallego, incluso más puro en algunos términos que el propio gallego normativo. Don Dámaso Alonso estudió el gallego de los Oscos, que aconsejo repasar para ilustración general. En la toponimia de la zona está presente el gallego frecuentemente: Figueras es para todos, gallegos y asturianos, "As Figueiras" y Vegadeo "A Veiga", sin que por ello nadie renuncie, antes al contrario, de su condición gallega o asturiana, que el hecho fronterizo refuerza todavía más.

Es necesario proyectar sensatez sobre los fervorines localistas y acatar la realidad idiomática, histórica y geográfica. En todo ello, a ambos gobiernos cabe una tarea común de entendimiento constructivo trabajando por el progreso cultural y económico de ambos territorios limítrofes. Ahí es donde deben volcar esfuerzos y por lo que hace a la Xunta de Galicia considerar la situación de Ribadeo necesitado de impulso oficial en el campo judicial, sanitario, marítimo y de localización industrial y comercial, aún hoy sin un polígono de asentamiento. Una reunión del Gobierno gallego en Ribadeo podría hacer realidad tantas esperanzas. No dudo que sería bien recibido.

El Correo Gallego, 23/04/2006

O día de Santiago, a praza de José Mª López


Hai tempo que quería tomar unha vista da praza de José Mª López (entre Pasarón y Lastra e San Miguel). Unha praciña medio perdida entre rúas, con fonte (agora, da traída, unha vez condeada a fonte natural), con escaleiras no medio, e, agora, ... con contedores.
No seu momento tomei por algo pasaxeiro a situación dos contedores no medio e medio da praza, pero mes tras mes, desque foron trasladados (dende o calexón, onde queimaron varios contedores), non se van...

E sería cousa de mellorar, 'humanizar' a praza, non si?

Un artigo xa vello?

Publicado en 2003 en 'La Vanguardia', este artigo de Manuel Castells, "Democracia en Finlandia", coido que está alomenos tan no candeleiro como cando se publicou. Apto para reflexionar un día de significado político e social como o de hoxe.

Festival de bandas (1)

un aperitivo...



Festival de bandas III
Festival de bandas II
Festival de bandas

Anuncios para estes días, de banda a festivalón, pasando pola historia


Sábado 25, día da patria galega, día de Galicia, día que comezou cos fogos iluminando a catedral, día dos castelos na area (Arealonga, San Miguel de Reinante, Barreiros), día da percebada (Rinlo), día do festival de bandas (Ribadeo, bandas de Ribadeo e Ortigueira, ver cartel) un dos días que marcan o culmen das festas do verán, ... precedido, onte, pola proxección/finalización do curso seguido na Pedro Murias, dunha 'película experimental' máis unha curta portuguesa (ver anuncio).
Despois, as VII xornadas de historia local, do 29 X ó 4 A, que prometen e soen dar (ver anteriores edicións [por exemplo] e programa para ista no cartel adxunto) e o festival on/off, do 30 X a 1 A, que este ano se chamará 'festivalón' (OFestivalON Five: la nueva cara del Festival Creativo de Curtas On&Off - www.ofestivalon.com) e do que deixo abaixo algunhas fotos que me pasaron correspondentes a anos pasados. Será a quinta edición, pero coido que mellor é procurar máis información na súa web.



20090724

Un tesón no ceo ... e unha reconstrucción na terra


Onte deixei colgado en Publicado en Ribadeo un estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial, que logo cristalizaría no que hoxe é a praia dos bloques (coido que é ilustrativo comparar o que dicía Asensio coa actualidade). Segue a ser unha praia de fango pero usada pola xente de Ribadeo de onde se parte para diversas actividades e deportes acuáticos.

Un tesón no ceo: onte pola tarde, dende os bloques había nubes que lembraban ós tesos, coas súas ondas de area representadas polas ondas de nubes no ceo.
E, na terra, tamén aparecen os tesóns: a area acumulada para formar a praia (o que é agora a herba) dos bloques, desaparece formando un profundo oco que medra e medra, deixando que se escorra a area cara ó limo do fondo ou cara ós tesóns próximos. A area quere recuperar o seu lugar habitual, e vese que o está a conseguir, despois de que os bancos construídos na beira das rochas esteñan tumbados, ou que as mesmas rochas que se botaron para conter a area baixan xa de altura.

Mentras, en Ribadeo hai obras diversas, mesmo con polémica: como dicía unha editorial dunha nova revista ribadense, 'Aquí', raro sería que en Ribadeo algo non fora polémica, incluído a formación dunha comisión de festas (á que se estaba a referir a editorial, redactada por un dos comisionistas dimisionarios deste ano).

20090723

Un suisse chez les Européens. Unha historia de onte e de hoxe.

Recollo un apunte que tiña dende hai uns meses, e atópome co título do libro 'Un suízo en casa dos europeos' que apunto arriba. É de xaneiro do ano 1991, autor, Alexandre Pasche, Ed. Mentha, subtitulado "Récit vécu, comique et illustré" (relato vivido, cómico e ilustrado). Nel o autor, falando das súas vivencias en España (estamos a falar de cousa de hai 20 anos), apuntaba: "La movida empêche l'Espagne de dormir". Isto é, 'A movida impide durmir a España'. Canto cambiou o tema dende hai 20 anos? Vai cambiando lentamente, a costa de loitar día a día.

Aceite de cociña reciclado. Refrito de novas.

No verán non é raro obter un refrito de diversas cousas andando por Ribadeo, isto é, ribadeando. Podes escoitar o tema recurrente do tráfico, as obras (especialmente este ano), o tempo (non se voltou escoitar falar da predicción do tempo por parte dos comerciantes), etc.
Fíxome sorrir onte o aceite de cociña reciclado. Vin por primeira vez (non sei o tempo que leva) a propaganda de garaxe San Andrés no contedor de aceite das vivendas sociais. O patrocinio privado de actividades do sector público non é novo, e é algo aproveitable. Ás veces, fáime sorrir, como neste caso, noutras, paréceme unha complementación sá e beneficiosa para ambas partes, e ás veces non é máis que unha colonización das voluntades por parte de intereses privados. Hai que procurar que non sexa esto último.
Comezaron as obras na praza do mercado. Están levantando o chan todo, aínda que parece que oficialmente é para suprimir barreiras arquitectónicas.
E, mentras, o Principado segue a falar, e a prensa a recoller o falado, de Eo pro Ría de Ribadeo. De calquera xeito, iso de conflito lingüístico está superado por outros feitos: refusa facer estudo medioambiental das obras que afectan á ría. Non é nada novo, nin en Asturias nin en Galicia, pero segue a ser doloroso constatalo unha vez máis. Así, amarres en Castropol e aparacamento nas Figueiras seguirán adiante mási ou menos coa consigna de 'eu tamén', sen importar que o exemplo que se segue (máis ou menos o de Ribadeo) é bo ou non.
E, para finalizar coas novas de hoxe, un artigo na Voz de Galicia ven a poñer sobre o papel, de novo, a evacuación de papel de Navia. A xulgar polas trazas, a solución do tren de FeVE aínda non está madura, e Ribadeo seguirá a ser durante moito tempo porto para ENCE.
Máis? hoxe non chove (moito) ... e mentras se prepara a festa do Percebe en Rinlo, despois do concerto do 25 de xullo pola banda, e despois da presentación mañá venres dunha 'curta experimental' rodada onte no mercado, o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo ten páxina web. Por certo, que aparece como organizadora a 'Asociación EoClásica'. Non a coñecía. Parece nova. E o nome, tendente a embarullar as cousas. Asemade, en catro páxinas en total, aparece unha versión en inglés (non en galego) e os artistas, cunha familia predominando.

20090722

Unha enquisa para o galego

Leva retraso a cómputo de datos da enquisa sobre o galego no ensino. Moito. Tanto, que xa leva máis retraso (sobre as propias previsións do executivo) que a súa posta en marcha. Tanto, que se a enquisa ó final resulta favorable á postura de Feijóo e compañía, non se lles vai crer... Neste caso parece que se pode aplicar o refrán 'amor mercado, dao por vendido', pois parécese a un pacto para sacar adiante votos nas eleccións ('mercar votos') e agora, dun xeito parello a cando se mercou, pódese ver obrigado a 'vender' ... Algún día saberase, aínda que non ten por que ser este verán.

Evolución morfológica de "Tesos" o bancos de arenas en la ría del Eo

Un novo artigo publicado en 'Publicado en Ribadeo', que abre a liña de publicación de outros de I. Asensio Amor.
... refago a entrada para dicir que a estas alturas hai xa referencias de oito artigos.

Hoxe chove

... pode que por iso saia hoxe na prensa a nova/reportaxe do funcionamento da oficina turística das catedrais ... xunto co aparcamento anexo, xunto (noutro xornal) coa nova do peche das rías ó marisqueo debido á marea vermella (ver o comentario deixado por alguén sobre a percebada de Rinlo), o rescate feito días atrás tamén na praia das catedrais, ...
Mentras, pódense ler as palabras dun ministro: "hai que rebaixar os custes ás empresas, estáno a pasar mal". 1.Parece como se a xente desempregada non o estivera a pasar mal. 2.A expresión implica que a xente teremos que pagar máis polo que deixan de pagar as empresas.3. (... segue)

Policías en xullo

Verán. Afluencia de xente en Ribadeo. Necesidade de máis policía. Subvencións da Xunta para incrementar a plantilla. Algo máis de 7 000€ para o 75% do pago. O resto, do concello.
Máis datos: convocatoria do concello para tres prazas. Exame o 20 de xullo. O 20 de xullo? Si.
Para cando eran esas prazas de reforzo? Para o verán.
Pero... o 20 de xullo vai boa parte do verán fóra.
Si.
Comentario do alcalde: non hai provisión de cartos abondos. A Xunta debe conceder máis axuda. Cando di isto? O 20 de xullo.
Preséntase un candidato: quedan dúas prazas vacías. Pero, non hai necesidade de emprego? ... pois se alguén ten pensado facer unhas probas deste tipo, é de supoñer que ou ben logrou o posto noutras prazas ou ben tomou outro camiño unha vez comezado o verán. Non?
Os datos? Na Mariña-El Progreso de onte...

20090721

... e houbo asamblea

O domingo foi a asamblea de O Tesón. Xa está no seu blog a acta (provisional polo momento, mentras non se aprobe) levantada no acto,
Como a calquera acta, fáltalle algunha das cousas faladas de xeito máis rápido (xa me dixeron máis dunha). Pero queda clara a traxectoria da asociación ata o momento e no próximo futuro, principalmente en prol da consecución da participación nos veciños na vida do concello. Tanto insistindo pola regulamentación que o concello debe ter para adaptar normativa de rango superior como por parte dos veciños, coa concienciación pertinente para exercer esa participación nun terreo que nos afecta a todos.
Moitas veces levo falado no blog sobre cousas semellantes, e coido que, se ben o avance é a paso de caracol (lento, cunha compoñente errática que ás veces leva ó retroceso, ...), o feito é que se produce, e iso polas dúas compoñentes, tanto pola institucional como pola social. O que non quita que sempre haxa que tentar de presionar, de dicir que existen os veciños en máis ocasións que nas votacións de inicio de mandato, para seguir adiante nese camiño.
Na traxectoria de O Tesón, despois do paso do ecuador deste goberno municipal, e múltiples documentos razoados que foron enviados ó concello, queda o comezar a referilos un a un de xeito público (pola prensa) tamén comentados, pedindo unha resposta e deixando tempo para dala. Non se dixo na asamblea e non sei se se vai facer, pero o certo é que facéndoo de quince en quince días xa hai tema na práctica ata a próxima cita electoral local.

20090719

Exposición sobre a declaración de Rinlo como BIC

Pinta interesante, e é previsible que chegue pronto a Ribadeo. Polo momento, aí van díptico, invitación (en inglés, que a cousa vai máis aló de Ribadeo) e a nota dunha mesa redonda sobre o tema nun congreso este mesmo mes.
... a lembrar unha vez máis que pódese ampliar a imaxe clicando sobre ela...





20090718

Só unha pequena reflexión, máis aló da mañá dun día calquera

Atópome no blog de 'motivaciónlimitada.com' unha imaxe cunha lenda: "O mellor xeito de predicir o futuro é creándoo". Será verdade?
Coido que se se puxera máis en práctica...

20090717

Xa algo vello, pero de actualidade: A Atalaia, onte e hoxe

Despois de falar co autor, aí vai publicado:
LA COMARCA DEL EO

RIBADEO. sábado, 30 de mayo de 2009

La Atalaya, ayer y hoy

Por José Emilio Amor García

Somos muchos los que guardamos innumerables y agradables recuerdos de la Atalaya de Ribadeo. En este momento siento nostalgia al acordarme de la ausencia de buenos amigos y amigas que en otrora disfrutamos juntos en ella con todo tipo de juegos y practicando deportes, llevando a sentirnos contentos simplemente con detectar en el horizonte los pesqueros rumbo a tierra, por las gaviotas en lo alto de la cola de su estela, el radicar continuo de los que allí pasamos la infancia y parte de la pubertad nos produjo arraigo de afecto y cariño que a la mayoría nos hizo conocer su historia, por los datos más o menos acertados de nuestros mayores.

Uno de ellos, no me resisto a seguir sin contarlo: subimos un grupo de compañeros desde la desaparecida playa de Cabanela para participar en uno de los partidos que se organizaban entre Cabanela y Porcillán, con abundante aforo de padres y mayores, dos de estos de diferente barrio en tertulia, disfrutando del partido, comentaban: Estamos en grande, sólo nos falta traer los regalos como hacían nuestros ancestros. Con el tiempo me di cuenta de que se referían al hermanamiento entre mareantes de dichos barrios, que se hacía en el siglo XVII.

Pero toca despertar de los sueños del pasado y librarse de pasiones para situarnos en el presente. Se lleva un tiempo con la obra del ascensor. Algunas opiniones expresan que será un bien para Ribadeo. El vulgo mezcla el tema con la residencia de la tercera edad. El tiempo hablará, aunque ya se puede comentar algo, si la amnesia no me traiciona, en la legislatura anterior se gastaron unos 135.000 euros para el alumbrado de la Atalaya. Me pregunto si el final de obra prevee la reposición de aquellos puntos de luz. De no ser así, si supondrá un despilfarro y falta de respeto al alumbrado que se consideró como mejora del entorno.

Como complemento a las obras del ascensor y bajada al mismo, en la parte alta de la Atalaya se excavó una zanja de 1,8 metros resultando bastante dudoso que fuese imprescindible realizar tal excavación, por requerirlo la obra, además elimina el uso costumbrista de estar en ella, así como la panorámica de perspectiva diferente que se veía desde la parte trasera del lado derecho de la capilla. Dicha excavación se realizó sin tomar medida preventiva que impidiese el posible deterioro de lo que es patrimonio de todos, como le ocurrió al paredón de detrás de la capilla, del cual cayó la mitad de su ancho con toda su altura en un largo de tres metros. Si este muro fuese construido con un perpiaño, abriría un hueco entre la zanja y el campo central del interior del muro, en donde puede verse cómo cedió el banco de piedra maciza de cantería que va pegado al muro, en el cual se notan las tres grietas motivadas al derrumbe tapadas con cemento, el muro se restauró sin dejarle la especie de tronerillas que poseía en su parte alta.

La pared de la capilla también cedió algo, como lo demuestra la caída de cal en su fachada lateral. El templo es el más antiguo de Ribadeo, no pertenece a puertos ni tampoco al Ayuntamiento, pero forma parte del patrimonio histórico de la villa. A esta capilla le tienen cariño gran parte de ciudadanos, que con sus donativos procuraron remodelar en lo posible, hace poco tiempo.

¿Qué dirán al ver el cal de la pared caído? ¿Y qué dirán si la pared cayera cómo le ocurrió al muro? Mi opinión no tiene por qué ser la más acertada, aunque veo lógico que se haga una bajada cómoda y bien hecha, no lo considero que fuese imprescindible el vaciado de la zanja, de 1,8 metros de fondo, sin sumarle el firme de muros. Con una adaptación del terreno más superficial seria suficienle, conservando más las vistas y forma de siempre.

Hay quien afirma que se va a pavimentar también el campo del centro, sin que esto se pueda contrastar con la vista. Sin embargo, en el campo de la parte baja, arrimado al paredón interior todo a lo largo hasta el callejón de los peligros, tiempo de cambios, que llaman desarrollo..., y bonito al cambio de zonas verdes naturales por el repisado de tierra y barro cuando no es hormigón y bloque de piedra. ¿Por qué no podría quedar bien el diseño de un parque en el campo central y en la parte baja contra la pared interna con plantas umbelíferas?

El paso de salida desde la Atalaya hacia el callejón queda mejor que estaba. Nunca se había tocado esa zona, pero por ser obra nueva, bien merecería la pena pisarlo de forma uniforme, aunque fuera con material más económico, en lugar de hacerlo al trote colocando de forma suelta los bloques de cantería entre los cuales quedan huecos de diversos tamaños rellenados con tierra. Lo llamaremos el paso de las jardineras. Lo mejor de esa parte de la obra, el recodo de bajada, el muro de seguridad en donde había peligro y las escaleras, que son cómodas. En lo estético el lugar no da para más.

Sin embarco, en el Callejón de los Peligros no se puede calificar de mejora a la nueva pavimentación con que se dotó por vanas razones. En la práctica, para barrerlo era mejor como estaba, en lugar del adoquín con que se pavimentó. Antes la bajada tenía un desnivel con uniformidad del 22% máximo, pasando a un 25% mínimo, una rampla con el 27% en el primer recodo y un desnivel máximo del 32% con rampa de 7 metros. Desconozco si este último porcentaje es permitido en obra nueva.

El hacer las ramplas, que acelera e incomoda el paso del viandante, fue querer salvar el nivel del pavimento con la horizontalidad de entrada a viviendas. El conseguirlo supondría levantar el pavimento anterior, al no hacerlo provocó dichas rampas, precisamente en donde más moho cría el callejón. El nivel del suelo sube más de 30 centímetros en el ángulo izquierdo de alguna puerta. Se adjudican y se ejecutan obras, no está claro lo que se exige de ellas, ni de qué forma se acepta su entrega.

Do polígono


Ver as obras do polígono industrial en marcha produce un certo efecto para quenes seguimos dende hai case tres décadas as idas e vidas do tema. Agora está en marcha, e aínda que pareza pequeno, é un paso adinate. Na foto superior esquerda vése a estrutura do acceso dende a glorieta á autovía, na da dereita, as obras entre autovía e vía do tren, e abaixo, a zona grande, por baixo da vía do tren, cara a Vilaselán.
En fin, de pronto unha vista cara ó futuro. O día de mañá, esperemos que unha parte do futuro.

20090716

Para cando unha Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica de Ribadeo (OMPCCA)?

Rebuscando outra cousa, atopo, agora ó inicio do verán, unha antiga entrada (de hai tres anos) que non perdeu valor, a conta do ruído que nestas datas se incrementa. A reler. Tendo en conta que houbo unha aprobación previa, e logo abandoouse, deixando como ordenanza a ordenanza tipo para Galicia, na que aparece por exemplo o lugar de aplicación con ... Mentras, como se non pasara nada, tampouco se contemplou unha zona acústicamente saturada no PXOM polo momento, ... e así seguimos.

Albiscando Ribadeo ...



Como por un furado na parede, enfocando só unha cousa cada vez, inconexa coa outra que, non obstante, está xusto á beira. Ás veces, iso é o que parece o ler a prensa. Ou mesmo iste blog. Aínda que tente de presentar unha perspectiva global, ou mellor, de dispor as cousas para que cada quen se faga isa perspectiva.
Hoxe por exemplo. Vexo os titulares de hoxe e algún de onte, e mesmo algunha nota que non vexo na prensa...
J.C. Andina xa é Xefe Territorial de Cultura. Pero non deixa de ser portavoz do PP en Ribadeo. Si deixa de ser profesor. Mentras, aclara de novo que non se presentará ás eleccións. No PP de Ribadeo séguese sen sucesor. Acaparación de postos por ansia de poder? Se é certo que non se presenta ás leccións próximas, non o parece...
'Ramón Villares pon a Ibáñez como modelo frente á crise', di o titula de La Voz. Lendo o artigo (ou asistindo ás xornadas sobre o Marqués), máis ben o que sucede é que Ibáñez tiña valores, un rango de valores que agora 'non están de moda' e cuxa ausencia contribuiu a precipitar a crise. Pero... chorar por valores non é practicalos, nin dar exemplo con eles. A exposición era explicativa, non práctica...
Saíron á prensa preguntas do apartado de rogos e preguntas do pleno. Entre elas, unha sobre as ras que apareceron no estanque (que non fonte aínda) do chamado Parque de Indianos. Parece que molestan. Non sei se lles aplicaron o sonómetro e fixeron a correspondente denuncia, pero dado que o alcalde tomou nota e dixo que ía poñerse á tarefa, ó mellor é cousa de que fale tamén eu con Duarte para ver se o alcalde di o mesmo cos ruídos da zona onde vivo. O que se perde un por non estar todo o pleno!
Váise sancionar con 2 000€ ós propietarios da Aduana Vella, a que se alza sobre Porcillán, e dunha casa na praza de Abaixo. Di o alcalde que podía poñer ata 6 000€, pero prefiriu poñer multas máis baixas. En calquera caso, coido que non teñen a mesma importancia as obras nun caso e noutro, e a contía é igual. Cobraránse as multas? Esperemos que si. E sobre todo, que sirvan para os efectos correspondentes, sen ter que aplicalas mes a mes, con máis difícil cobro.
O alcalde di que se está a avanzar moito na recuperación do casco vello. E é certo. Como tamén, que queda moito por facer, e que non todo o que se está a facer é de recibo. Dous casos ben distintos: a beira da Capela do Carme na Atalaia ou o ascensor (casos que xa saíron no blog e seguirán a saír), e a renovación da r/ Calvo Sotelo, sen entregar, pero usada. Con sinal de dirección prohibida, pero con aparcamentos accesibles a traverso desa sinal, con valla á entrada pero valla tamén separada do seu sitio boa parte do tempo, ...
E ista tarde, proliferación de actos a elixir. 1.Pregón das festas do Carme (ver). 2.Ás 18, na Casa do Mar, charla para a constitución dun grupo de vixiancia de medusas. 3.Paseo - denuncia para a recuperación do patrimonio ribadense.
As fotos, encuadres do estado actual das Grobas, onde non foi enterrado o xa feito, senón valado, onde non foi retirada a terra e pedras sacadas, senón estradas, e onde a vexetación medra a un ritmo importante e tenta ameazar o xa feito, mentras se espera un inform edefinitivo.
E... felicidades ás Carmes!

20090715

mindoniense.com

Está próximo: unha referencia interesante ante comentarios diversos nos blog.
Mindoniense.com

Orzamento habemus!


Antes de pasar ó orzamento: aló polas oito e media óese no pleno un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dalía a aun par de minutos, entra no salón de plenos un rapaz coñecido en Ribadeo, atravesa o salón, diríxese ante a mirada de todos a un balcón que estaba aberto (o sinalado pola cruz na toma do sixpac), colle o balón e volta saír. É entón cando todo o mundo comprende (mesmo quen non se decatara do ruído anterior) e o pleno continúa.

Chegouse ó pleno do luns sen ter asegurada a aprobación. Gastos presupostados: 8 690 000€; Ingresos 9 300 000€: un orzamento con superávit apra reducir a débeda. De cánto estamos a falar? Polos números que alí se manexaron, duns 5 000 000€
[Contas sobre a débeda: a un 3% anual, xuro abondo pequeno, son 150 000€/ano de xuro, aparte amortizacións, claro. Ou sexa, 25 000 000 das antigas pesetas. Ou 15€/ano por habitante de Ribadeo, 2 500 pts...]
Falouse do custe da homenaxe a calvo Sotelo, algo que polo momento non sabía, e mentras que no orzamento van 97 100€, o lider da oposición (PP) falou de 107 000€. Aí estaría incluído todo, mesmo o libro, pero non se especificou canto tiña que poñer ó final o concello.
O debate, con varias roldas de preguntas e respostas, non foi sinxelo, pero tampouco complicado. Esplícome: os grupos expuxeron na primeria rolda as súas argumentacións, e logo foi a cousa repetida. por parte do goberno, houbo contestación, e logo, máis que repetición, case súplica de aprobación. Déuse o caso, pouco antes do final do punto, dunha intentona do alcalde para que os grupos declararan o seu voto sen facer a votación, algo que non foi adiante...
Por que foron as discusións? Hai moitas variantes no seu inicio. Saíron temas como que o PP queixábase de que aínda que o BNG aceptara introducir a maioría das súas propostas (5 de 6), a que quedaba era importante, o PSOE coido que tivo un representante que dixo algo así como que o aceptado das súas propostas foi algo así como o chocolate do loro, UPRi queixouse de que a eles non lles aceptaran propostas mentras que ós demáis lles aceptaran case todo, ... A discusión principal, pola importancia dos votos do PP e sere reclamdo por este partido, foi a subvención de accesos ás vivendas no rural, estimado nun paquete de 33 000€ que ó final quedou sen ir adiante, aínda con series de razoamentos por parte do portavoz do PP, Andina, no que se lle recoñeceu unhas táboas no parqué que non teñen os outros membros do pleno; táboas que non fixeron descompoñer ó alcalde pero si vérselle angustiado, dando a razón a todos en parte, pero non dando o brazo a torcer na súa ampla resposta.
Angustia? Por que? Polo que parece, se non se aprobaban os orzamentos, non se podía dispor de cartos para acompañar diversos gastos financiados de xeito maioritariamente (ou alomenos, importante) externamente. É dicir, estabanse a xogar máis euros dos nove millóns do orzamento... Algo que pesou moito sobre todos os grupos, e que coido que foi o motivo de que PSOE e PP se abstiveran, ante a perspectiva de que se lle achacaran as culpas desa perda (alque que foi polo demáis traído e levado moitas veces no pleno, uns botando a culpa e outros quitándoa de cima e inclupando ós primeiros). En fin, as negociacións hai que contemplalas como cesión entre partes, como alí se dixo, aínda que parece que por ista o ganador nas conversas foi o equipo de goberno (representando a Ribadeo...)
Non se falou do custe que vai supor o dinamizar este verán a casa da Ría, pero si da instalación de paneis solares na piscina, ou da distribución de subvencións ós centros educativos ribadenses. Falouse de se o plan E suplía ou complementaba a inversión orzamentaria. Tamén, de se o orzamento actual (e o anterior) implicaba unha diminución ou un aumento de débeda (duro debate con UPRi, no que interviu a Interventora e non quedou en bo lugar a Interventora anterior a pesares da suavidade de trato ds aúa colega, e da que o menos que se dixo foi algo así como que eran datos parciais o informe que dera a UPRi). O imputar unha entrada por multas urbanísticas o ano pasado de 1 000 000€, cobrándose só na realidade o 8,5% (pero queda aí, non podéndose voltar a imputar isa cantidade iste ano... e se se chegan a cobrar por via xudicial ou non, a conta xa está feita). Aparece unha burocracia de datas de presentación e discusión sobre se iso significa que as cousas estánse a facer mellor ou peor (en 2007 os orzamentos presentáronse en novembro, en 2008 en agosto a finais e en 2008 en xullo), gastos de aquí e da aló, diminucións pírricas e sen sentido ou ben estudadas, ... a eficiencia no gasto? Diso non houbo debate. O Ribadeo que queremos (algo que leva coleando xa uns cantos anos e non se decide polo que parece) tamén brilou pola súa indefinición.
Saíu a relocer tamén os 17 000€ para equilibrar soldos municipais (citándose o desequilibrio de soldos do convenio anterior e a 'igualación por arriba' que supuña para os empregados municipais ista cantidade) e o catálogo de postos de traballo, encargado co beneplácito sindical pero sen aplicar por disconformidade dos sindicatos co resultado.
Todos os grupos tentaron de aproveitar en diversas versións un comentario dun deles no que se acusaba ó goberno municipal de 'non buscar ingresos noutras administracións'...
O pleno foi transcorrendo sen avanzar en posturas sobre algo que xa discutiran os grupos municipais varias veces. Por un comentario que me fixeron, poderíase dicir que as posturas de cada grupo si estaban decididas con anterioridade ó pleno, pero mantiveron en vilo ó alcalde ata o último momento, no que visiblemente respirou, a parte de dar as grazas polo que significa a aprobación dos orzamentos, mesmo sendo sacados adiante con catro votos (vamos, que a oposición sempre pode dicir 'nos non votamos iso'...)
O apartado final, de rogos e preguntas, non podo referilo por non ter estado nin pedir referencias...

15 de xullo

Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns.
Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, ... sen esquecer, a nivel mundial o que representou a toma da Bastilla, da que onte se fixeron 220 anos, ou a nivel Galicia de novo as tratoradas (que onte chegaron asemade a Ribadeo). En fin, quen queira seguir co tema cultural e festivo, ten noutra nota do concello de hai uns días temática abondo. Para esta semana en concreto, segundo o correo de difusión dos actos culturais, o de Ibáñez:
Programa de hoxe:
09.30 : O comercio de Ribadeo nos tempos de Ibáñez. Aingeru Zabala (Univ. de Deusto)
10.30 : A memoria perdida dos afrancesados galegos (1808-1810). X.R. Barreiro. (R.A.G)
12.00: Os homes de empresa e comercio : a chamada da terra . R. Villares (CCG)
13.00 : Debate
16.00 : Visita guiada ao porto e á parte vella de Ribadeo máis ligada ao comercio marítimo. (unha visita máis, que esta tempada estanse a prodigar)
O xoves ás 19.30 horas, no Cine Teatro , terá lugar o pregón das festas do Carme no que intervirá o grupo de clarinetes da EMMD.
... E "Incisións": 26 gravados de artistas lucenses e as súas pranchas…unha exposición que non debedes deixar de ver comisariada por Ignacio López e organizada polo Museo Provincial de Lugo .
No forte San Damián, desde este venres, 17 de xullo , ao 17 de agosto.
De martes a domingo, de 11.30 a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.00 horas.
Voltemos ó pleno, comezando por algo que a prensa non recolle polo momento, a contestación ás preguntas das asociacións. Como marchei algo despois das 11 da noite, cando quedaban tres persoas como público no salon de plenos, e a resposta por parte da alcaldía ou concelleiros implicados dase despois de rematar a acta do pleno, teño só unha aproximación á resposta ó Tesón (información que me pasaron), que poño a continuación (a resposta ás da Atalaia non ma pasaron):
1.Dado o crecente uso das novas tecnoloxías, os erros observados na información subministrada (tanto na web do concello como noutras que afectan a Ribadeo) e a necesidade de achegar administración e administrados, solicitamos coñecer o plan de desenvolvemento da web do concello, o protocolo de corrección de erros na información da mesma e os pasos que se teñen pensado da no futuro para a introducción na administración electrónica.
R: ... poñeranse en marcha as cousas. Máis adiante. A lembrar que é unha resposta dada en abondas outras ocasións, a maioría delas sen ver aínda cando é ise 'máis adiante'. Haberá que facer unha relación, pode que aproveitando que esta fin de semana é a asamblea de O Tesón.
2.Dado o tamaño e manufactura dos carteis correspondentes ó Plan E, mesmo para obras relativamente pequenas, solicitamos coñecer cal é o custe de cada un e o número deles instalado.
R: As dimensións veñen diseñadas polo goberno. O custo é de 1 300€. Páganos as empresas adxudicatarias, non o concello. ... a ver, que era requerimento do goberno xa o sabiamos. Preguntabamos o prezo, pois 1 300€ por cartel son moitos euros multimplicados polas obras de Ribadeo (xa non digamos de toda España), e parece unha especie de re-tomadura do pelo. Certamente, non é cousa do goberno municipal 'de primeiras', pero si é cousa de toda a cidadanía ver en que se gastan os cartos de todos. Neste caso, gástanse en propaganda.
Ben, recomecemos o pleno. O punto primeiro, acta anterior, foi aprobado por unanimidade. Comezou o punto segundo, sobre facturas pagadas, sen a presenza inicial da interventora. Abondantes preguntas e respostas como preparando a máquina para o tema dos presupostos. E nesas preguntas e respostas sempre hai cousas curiosas. Por exemplo, que no concello a paga por produtividade repártese de xeito linear, algo que suscita o reparo da interventora e que coido que desvirtúa o seu sentido inicial. É algo que se fai así 'dende sempre'. Ou os 2320€ do especial sobre Ribadeo na Voz de Galicia; algo que fan tódolos concellos para non quedarse atrás uns dos outros, pero do que un se pregunta a utilidade e non pode deixar de relacionar cos montós de periódicos que os venres están a disposición de quen os queira coller na entrada do concello (cousa rara que ninguén o relacionara no pleno), ou dos 'Ribadeo Muller' que aínda están á vista de todos, empaquetados, no gardarroupa do Hernán Naval (na foto)
O punto terceiro trataba do Xuíz de Paz. Parece que temos Xuíz de Paz suplente (coido lembrar que é Victor Manuel Sanjurjo Láncara, 'Choupín'), pero non titular. O concello inhíbese por unanimidade e será designado direitamente polo TSXG.

No punto 4º, a petición a Paradores dun anaco de parcela (do aparcamento) de 38m2 para ampliar a calzada na zona da r/Alza, na zona que aparece na toma do sixpac. Algo que xa se pediu pero non obtivo resposta polo momento.
Os puntos 5 e 6 foron relativos á axuda no fogar. Un, a aprobación inicial do servizo, que se fixo coa abstención da UPRi, e outro, tamén con ela, a aprobación inicial do prezo. A continuación foi a aprobación do convenio de xantar na casa e o xantar sobre rodas, que parece que polo novo sistema da Xunta vai representar un menor custe para usuarios e tamén para concello. Iste punto foi aprobado por unanimidade, pero pediuse un seguemento, a parte da enquisa de satisfacción que xa hai, para asegurar o axeitado dos menús. O derradeiro punto antes do orzamento foi a aprobación dunha serie de licenzas de primeira ocupación, o que se fixo por unanimidade.
... queda o punto sobre os orzamentos...