20090708
Duas novidades ... e máis
... pequenas: 'La Gatomaquia' e obras.
A gatomaquia, como celebración do cen cabodano da visita de 'La Barraca' a estas terras, e as obras, comezadas esta semana na Avda. de Luarca (FP, CP Gregorio Sanz, ...)
Asemade, anda remexéndose o tema da falta de bandeira azul no porto deportivo este ano. Copio o que aparece na Voz:
"O porto deportivo de Ribadeo non loce este ano a bandeira azul da Asociación de Educación Ambiental do Consumidor (Adeac) por tres razóns: o incumprimento de varios criterios da bandeira azul detectados na tempada de baños 2008, reflectidos nunha inspección e que foron valorados negativamente polo xurado que outorgou os distintivos de 2009; a inexistencia de recollida de augas de sentina, e a insuficiente información medioambiental e actividades de educación ambiental e uso dos contedores de recollida de residuos perigosos."
O anterior compleméntase cunha especie de réplica do anterior presidente do club náutico á actual dirección.
E outro revoltixo é o que formou Balbino, o ex-alcalde, ó dicir que se se provisionaba o seu soldo sería porque o concelo tiña claro que ía perder o pleito, pois faltoulle tempo a Andina, o artífice de que no seu momento se lles quitara o soldo a alcalde e primeiro tenente de alcalde (o actual alcalde) para facer que se retirara tal provisión, cunha explicación convincente: pode facerse a provisión no orzamento 2009, contablemente non pasa nada por facelo, pero se se vai a interpretar como o fai Balbino, pois non, porque non é unha interpretación correcta. A vez que saíu iste tema no blog.
Publicado por
agremon
ás
7/08/2009 09:27:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
orzamentos,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario