20090930

Podando en setembro

Está visto que o quencemento global altera o clima e trastoca as características estacionais. Pero podar en setembro, como se está a facer nos plátanos no camiño do cemiterio, paréceme moito, a menos que se quera facer como cando no xardín se tronzou as árbores (máis que podalas) e así se facilitou despois a súa substitución e a conversión no 'xardín indio', perdón, 'de indianos' que hai agora.
Foto? Próximamente.

Santa Rita, Rita, Rita, o que se dá, non se quita

Ou si? Coido que todos coñecemos o dito do título. Agora Fomento quere invalidalo a conto da non construcción do 'reforzo de ligazón' para os accesos á circunvalación ribadense. De novo unha institución pretende facer o que lle peta a ela sen consideración algunha polos administrados. De novo, sen explicacións. De novo, sen plantexarse que o que ten fronte a si son persoas, e de novo sen que o de 'ter razón' apareza por ningunha beira, nin técnica nin políticamente. Ribadeo queda sen componenda para a circunvalación, e os veciños, que xa se desfixeran mentalmente das terras (e entendo que legalmente tamén), e que polo tanto tiveron que variar as súas pretensións respecto a elas polo ben común que representaba unha obra de Fomento, agora teránse que desfacer dos cartos que lles foron entregados a cambio. Non importa que xa os teñan empregados en lugares de difícil retorno, que os perderan xogando á ruleta ou llos regalaran ás Irmáns da Caridade, mentras ven que ese ben común en aras ó que lles foi expropiado o correspondente terreo xa non é considerado como tal, por algunha razón que descoñecen.

E, mentras que do anterior nos enteramos pola prensa, unha nota de prensa do concello publicita que o tramos da rúa S. Francisco entre Deputación e Avda. de Galicia vai a ser amañado con 70 000€, redondeando, perto de 12Mpts. A distancia? Pouco máis de 50m, na rúa das cumbreiras numantinas, xa célebres pola súa resistencia á caída a pesares de xuízos e denuncias, legalidade ou altura (esperemos que ademáis non haxa que descontar 1 300€ para poñerlle un cartel ó estilo do plan(t)E).
A outra foto, a dunha tenda que ven a substituír ó icono que ra 'Almacenes la Innovación' para Ribadeo. Próxima apertura anunciada que é de prever que aínda se retrase algún tempo. pois no mesmo cartel na que a anuncian tamén piden persoal, e entendo que terán que darlle alomenos unha mínima formación.

20090929

Circo en Ribadeo


Este fin de semana pasadoestivo afincado un circo en Ribadeo. Como din comunmente nos anuncios, 'no lugar de sempre', ou sexa, detrás da estación de autobuses.
Un pouquiño máis centrada aparentemente, na praza do mercado, tamén foi a última edición da feira da horta (xa a VII edición) e o tempo de algo que debe pasar de xeito semellante en máis sitios, pero que non deixa de ser un pequeno circo. Refírome a un incidente entre Ramón López, concelleiro do PSOE, e o alcalde, a conto de que os organizadores do evento (A Sucadoira como parte máis activa, pero tamén o concello e outras institucións como aparece na cartelería) non permitiran instalarse a un produtor, por diferencias sobre a actuación do mesmo o pasado ano. En fin, só teño a versión do concello e o que saiu na COPE para dar nova dun incidente, que tras a súa saída na radio vai tomar unhas dimensións que non creo que sexan desexables para un incidente deste tipo.
Mentras, en Ribadeo, parece que se está a obviar a polémica pola área sanitaria da costa, despois de que o plan 'queres' (coas Comisións de Participación Cidadá, como a da área sanitaria de Cervo-Burela)parece morto e enterrado, e con el algunha posibilidade de supervisión das zonas hospitalarias. O traslado da cabeceira zonal de Burela (36km, 34min. segundo o cálculo nunha web de itinerarios) a Lugo (94km, 1h29min, escollendo en ambos casos itinerarios 'rápidos', aínda que haxa quen chegue en menos) parece, visto dende Ribadeo, unha cuestión de tempos. En canto á Mariña en xeral, tamén, pero máis agravado. E o tempo, algo cuantitativo, convírtese en calidade de atención e de vida, mesmo en oportunidade de vida, algo cualitativo, de calidade, que nos afecta a todos, pero polo que parece que só os próximos a Burela están a protestar máis aló de sinxelos comentarios.

20090928

Poder veciñal

27 de setembro. Lugo. Día do veciño. Preto de 1 500 persoas acudiron á festa da federación veciñal lucense. Moitas. Entre elas, acudiron políticos, periodistas, policías, ... que se enfrontaron ós veciños nun partido de fútbol e foron agasalladas con diversos premios. Houbo campeonatos de cartas, gaiteiros, música e danza... Unha mostra do poder da federación lucense. Gustaríame poder dicir que iso significa poder dos veciños. E si representa un poder mediático e económico da federación, representación dun poder de convicción cuantificable en votos. Pero en canto se arma tal batiburrillo de convivencia, é moi doado perder o norte precisamente cando se pode ir máis á presa. Unha de cal e outra de area. Apostemos porque perdan o norte o menor número de veces posible.

Curiosidades sobre as drogas

Vexo en 'Público': "(...) en los Estados Unidos, donde nada menos que un millón y medio de personas son encarceladas cada año por delitos relacionados con la droga: consumo o distribución de esquina (pues por alguna misteriosísima razón en los Estados Unidos, primer consumidor de drogas del mundo, nunca encuentran a los grandes narcotraficantes)". Curioso, verdade?
O tema das drogas, legais e ilegais, leva moito tempo debatíndose, unha a unha, nas diversas sociedades. E non se chega a un acordo. Si que se ve, non obstante, que a prohibición total dun segmento de droga non soe mellorar as cousas, senón crear mafias no seu entorno e peores condicións de consumo. E a liberalización tampouco soe ser unha panacea, convertindo ós mafiosos en persoas influíntes (en base ó seu poder económico) á luz do día. Na realidade, o de 'á luz do día' é o único que cambia neste punto.
Cousas da natureza humana.

20090927

O lacón do Ramón sabe mogollón


é a frase da que máis me lembro da obra de teatro de onte, 'Comendo pimentos de Padrón con Tarantino' intranscendente comedia que inaugurou o curto Ciclo de Teatro Daniel Cortezón deste 2009, que non ía doutra cousa que de comedia intrascendente e na que por iso se podía rir de xeito tonto tanto como poñerse a pensar na transcendencia dalgunha cousa particular da acción. Coido que máis que narración da historia, o que mellor define a obra é a frase que ocupa a parte de atrás da fiestra-díptico que se repartiu:

'Non vos tomedes a vida moi a peito, de tódalas maneiras, non sairedes vivos dela', atribuída a Bernard de Fontanelle.

Unha aclaración relacionada con Amarante

Ó fío da entrada sobre o último pleno, recibín un correo electrónico tentando explicar algún punto do mesmo máis que o que eu o fixen. Básicamente, o correo dicía algo como o que ven a continuación (póñolle algunha ligazón e algunha outra cousa menor, como cambiar a redacción para que, de ir dirixida a min, vaia dirixida a todos os letores do blog):
--
A moción pola compra pública responsable aprobada no pleno forma parte dunha iniciativa, promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia e a organización galega de solidariedade Amarante, que ten como obxetivo lograr compromisos políticos esixindo responsabilidade social, ética e ambiental no uso dos recursos públicos diante da crise
A moción foi presentada no parlamento e nos concellos mais importantes de Galicia, incluindo o de Ribadeo por ter un grupo establecido desde que se creou a ong (ven a conto polo de "asociación foranea")
En Ribadeo levan dez anos traballando en campañas de sensibilización por un consumo responsable, en iniciativas de comercio xusto ou en proxectos como Xanela aberta ao sur, co que xa teñen viaxado mariñans a conocer movementos sociais en paises como Brasil ou Ecuador.
Se fas memoria seguro que lembras (como lembro eu) algunha conferencia na Casa das Letras como a da cordinadora para Africa de Via campesina, ou de membros do movemento sem terra do Brasil, ou se cadra lembras algunha proxeccion como o film "china blue" ou "oro negro", ou algunha accion de calle dentro da campaña roupa limpa, ou exposicións, ou se cadra coñeces unha tenda no cantón ('el bosque animado'), que é a única na bisbarra que oferta productos de comercio xusto, etc.
Como non tivo ocasión de estar no pleno, non sabe en que consistiu ise debate "rocambolesco", pero débese saber que, se ben e certo que a moción foi enviada desde Ourense (onde se coordina a area de consumo responsable) fíxoselle chegar a todos os grupos con representación no concello, tendo ademais a posibilidade de falar con eles persoalmente.
No caso do UPRI, quen me enviou a nota afirma que el mesmo se citou con Paco Rivas para falar da moción antes de levala a pleno e, o martes 7 de xullo envioulle ,via correo electrónico, unha copia da moción e a instancia presentada na alcaldía, algo ben doado de comprobar. (A lembrar que no pleno, Paco Rivas afirmou o primeiro e negou o segundo)
Nada mais, espero sirvan de algo as aclaracións. Gracias.
--
Só unha anotación miña máis: o de 'rocambolesco' é unha apreciación persoal, a raíz de que a discusión dese punto versou sobre que non chegou o escrito a tódolos grupos, non sabendo por outra parte ningún dos partidos (alomenos aparentemente) moi ben o que facer co escrito, e a pesares de todos dicir máis ou menos que estaban de acordo co texto. Reproduzo de novo o que puxen na entrada correspondente sobre o tema: "O punto seguinte, unha moción-tipo auspiciada por unha asociación foránea, a Coordinadora Amarante, para a compra pública responsable, suscitou un debate ás veces rocambolesco, pois despois de dicir que ía ser enviada a tódolos grupos para que se sumaran, non foi enviada á UPRi, que anunciou que polo tanto se abstiña, sendo apoiada polo PP."

Unha vista de domingo



Na rúa Calvo Sotelo, no centro de Ribadeo. A falta de ter a man cámara esta mañá, nun momento en que era literalmente imposible chegar ó contedores de plástico na praza de José María López (entre Pasarón y Lastra e San Miguel, ver captura de http://ribadeo.com/callejero) por estar sitiados os portacontenedores polos vehículos aparcados, deixo esta tomada hoxe mesmo.
Por certo, aínda así Ribadeo non chega á situación das Figueiras, onde se pode ver nalgunhas papeleiras un folio pegado no que pon 'por favor, no echar la basura'. Todo un progreso.

20090926

Unha exposición que se vai

Aínda quedan días, pero xa pasou o seu ecuador en Ribadeo, esta parte (hai 3) de 'A memoria do mar', que remata o día 28 a súa exposición na Oficina de Turismo.

Un impulso al mundo...

Remato de ver a derradeira entrada polo momento do blog im-pulso, que trata sobre a xuntanza do G-20 mantida en Pittsburg os días pasados, xuntanza que de paso obviaba a importancia da apertura de sisións da ONU. E deixo aquí a ligazón para acceder á entrada, pois, mentras que os medios 'normais' (prensa, tv, etc), se se mira entre liñas veñen a dicir o mesmo, case hai que ser criptógrafo para desentrañar o que no blog aparece en negro sobre branco, facendo uso de poucas verbas.

20090925

Seguindo rumbo: presentación do novo curso na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

Remato de chegar á casa despois da presentación, que se inicou ás oito da tarde. O salón de actos da Casa do Mar, a rebosar, non puido conter á xente. Soe suceder que neste acto esteña cheo a rebosar, pero nunca o estivo tanto como ista volta. Pode que houbera algo de morbo pola situación actual que atravesa o centro, pero tamén é certo que, en contra das novas aparecidas nalgún momento, a escola este ano chegou a 288 alumnos matriculados, máis que os 279 do ano pasado, polo que é lóxico que tamén houbera un pequeno incremento de xente expectante. Incremento pequeno, pero incremento estable.
Pode dicirse que a presentación tivo tres partes. A principal foron as palabras da concelleira de cultura, Mª Luz Álvarez Lastra, que logo deixou a David Ballester, director actual que presentou ós profesores, deu horarios de elección, etc, e a Hugo Gª Presno, xefe de estudos, quen deu as pautas para o fenómenos deste ano, a gripe A.
A concelleira tivo tamén dúas partes na súa charla, que realizou visiblemente enfadada. Nunha primeira fixo notar os datos reais en torno á escola, para clarificalos ante desinformacións que ten habido. Así, nomeou as cifras de matrícula que antes espuxen, o custo estimado actual duns 300 000€/curso, dos que se obterán uns 51 000€ de matrícula, contándose cuns 17 000 de subvención da Xunta e quedando pois para ser afrontados polo concello uns 230 - 240 000€, isto é, un 40 000 000 das antigas pesetas, un esforzo para un concello endebedado como o noso. Deixou claro que o profesorado actual é, dentro dunha orde, estable, quedando por cubrir só unhas poucas horas na actualidade, como un signo de que se está a manter a traxectoria do centro educativo en pos da calidade. Asemade, desvelou a ampliación de estudos da escola coa materia de gaita, realizada a petición da Sociedade de Amigos da Gaita.
Pasou despois ó comentario da situación das informacións relativas ó expediente de Lourenço, repetindo unha vez máis que o expedente non é para saltadlo e que non dirá nada novo ata que finalice, saia como saia o resultado. Non obstante, nunca como ata agora se me fixo tan patente que o final do curso pasado foi tenso e traballoso, comezando cedo no ano a bola de neve no que se convertiu todo o conxunto de datos que se está a tentar analizar no expediente. empregando outra imaxe, foi un tirar da madexa, en principio sinxelamente para que cadraran as cousas e logo, ó non logralo, derivando pouco a pouco para tentar comprender e orientar a situación. Esta parte, máis curta que a anterior pero que lle deu máis sentido despois das diversas novas de prensa e os tintes políticos que se tratou últimamente que tivera o proceso, desembocou nunha afirmación: a que desvelou/prometeu a concelleira no sentido que ela sería tamén directora da escola este ano, algo que foi reseñado tamén polo director do centro, David Ballester.
Non vai ser posiblemente un comezo de curso doado pola reorganización que supón a situación actual, pero o comezo do comezo foi rotundo.

As sentencias non se discuten

Verbas do alcalde. Opto entón por non discutir tampouco a sentencia correspondente, facendo a salvedade que que algo esteña dentro do marco da legalidade non significa nin que beneficie á maioría, nin que sexa desexable ou mesmo que sexa xusto, senón que ten o aval para seguir adiante sen trabas e hai que facerlle o sitio correspondente.

O sinalado desta fin de semana en Ribadeo


Corto e pego (e engado) do boletín de cultura:
no CINE TEATRO

VII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DANIEL CORTEZÓN

Sábado 26, ás 21.00 horas O ATURUXO DE MELPÓMENE presenta Comendo pimentos de Padrón con Tarantino, escrita e dirixida por Leandro Lamas. Unha comedia para maiores de 13 anos.

Domingo 27, ás 17.30 horas TRÉCOLA TEATRO coa obra Pinokia, orixinal de Fernando Dacosta e dirixida por María Díaz. Para público infantil.

Nota: En contra do que aparece na nosa programación trimestral a nosa Aula Municipal de Teatro non vai estar presente nesta edición debido a algúns actores estaren ausentes nestas datas. Desculpade as molestias.
... entrada de balde.
E, o domingo, feira de produtos da horta.

20090924

Fronte a fronte, ría de Ribadeo polo medio




















Coido que coas imáxenes, coñecendo a ría, da que pensar a dirección á que se dirixe o entorno.

20090923

Testemuña gráfica



Comentaba Hai algún tempo sobre a contaminación da ría. Hoxe deixo unha pequena testemuña gráfica, despois de ter pasado un día a comezos de verán cousa de 3/4 de hora na auga entre os Bloques e o peirao de Castropol, coa marea subindo pero máis pendente de que non se achegara ningunha motora nin moto de auga...
Diría que foi na beira asturiana, pero...
Ó mellor as fotos non son moi ilustrativas nin significativas, pero coido que indican algo que hai que tratar na ría.

Pleno por fases (II)

Despois da 'presentación' e da primeira parte, remato con esta entrada o pleno de 20090921.
A gratuidade dos libros de texto, moción do PSOE para apoiar a volta ó sistema de anos pasados, deixou o comentario de UPRi de que era mellor do que hai ieste curso, e o do BNG de que o actual só cobre ó 25% da xente, cun límite de emolumentos por persoa para poder percibilo de 7 203€. O PP posicionouse en contra, aclarando que o sistema anterior era de pŕestamo, non de propiedade, que non se podían subraiar, ... A moción saiu adiante, e eu, se poidera, sumaríame tamén á súa aprobación. Como comentario persoal, entendo que para aforrar a administración cousa dun 38% nesa partida, entre outras cousas fai cuadruplicar o gasto da comunidade en conxunto sobre o mesmo tema, o que non é nin moito menos eficiencia económica. En canto ó subraiado dos textos, eu mesmo lles mandei ós alumnos do ano pasado facer algunhas correccións no libro, co que os libros non son intocables, e hai moitos xeitos de estudar. A parte diso, o compartir libro implica unha responsabilidade social que non se ensina polo novo sistema, e coido que é demostrable que se o actual xeito implica máis protección relativamente para os máis pobres, o derogado non implicaba a súa desprotección. A máis, a mobilización das ANPAS para suplir o desaguisado vai no mesmo sentido que establecía o sistema anterior. E poderiamos continuar. Ou sexa, que para aforrar uns cartos a administración, Galicia vai gastar cousa de 4 veces máis (os libros eran por 4 anos) e sen melloras, senón máis ben ó contrario.
Pasouse logo a unha moción sobre sinalización turística, que saiu adiante con diversos comentarios, non estando claro cousas como que se poda facer sinalización dalgún tipo nos arcos das Catedrais, e tamén que a Deputación xa deixou iste ano 25 000€ para o punto de información turística daquela zona.
O punto seguinte, unha moción-tipo auspiciada por unha asociación foránea, a Coordinadora Amarante, para a compra pública responsable, suscitou un debate ás veces rocambolesco, pois despois de dicir que ía ser enviada a tódolos grupos para que se sumaran, non foi enviada á UPRi, que anunciou que polo tanto se abstiña, sendo apoiada polo PP.
O punto seguinte era unha moción a favor do sistema de axudas para libros de texo implantado iste curso. Estaba promovida polo PP, e tras unha explicación de UPRi, asistimos a unha votación na que votou favorablemente o PP e se abstivo a UPRi, sendo polo tanto desestimada.
Antes de entrar en rogos e preguntas, foron prantexados dous trámites de urxencia para senda mocións.
A primeira, polo PSOE, para revisión da normativa sobre a zona azul, a conto de que a xente foranea que aparca a determinadas horas na zona azul non pode conseguir os discos de horario e é multada. Falouse da posibilidade de poñer un sistema mixto, con parquímetro. Pero aprobándose por unanimidade a urxencia e a moción, quedou a cousa en que se revisaría, o que aproveitou o alcalde para aclarar ó final que tamén había que xuntarse para outras cousas, como a ordenanza sobre ruídos.
A outra moción, da UPRi, sobre a colocación das bandeiras no centro da sala, deu lugar á aclaración de que xa está a española no centro, e se están desprazadas do lugar de detrás do alcalde, como pretende UPRi, hai que mirar quen ten a preeminencia para estar detrás, o retrato do rei, que podería quedar oculto, ou as bandeiras. Novamente houbo unanimidade en considerar a urxencia e na súa aprobación.
O último punto, rogos e preguntas, xa comentei que por ista vez non o ía cubrir no blog, explicando o por que.

Pleno por fases

Despois dunha primeira entrada sobre o pleno do concello de Ribadeo de 20090921, e de ter xa publicado José Mª Rodríguez unha reseña extensa, continúo referindo algunhas cousas do mesmo.
O final do pleno foron as contestacións ás pregutnas de O Tesón.
A primeira, "(...) permitímonos suxerirlle o Concello, se o convenio que ten suscrito co propietario do dito Teatro o permite, e cando a situación económica do Concello o faga posible, se proceda a instalación dun sistema de ár acondicionado que faga mais cómoda a presencia nel", era unha suxerencia, que foi respostada polo alcalde dicindo que si o creía posible, pero cando o permitira a situación.
A segunda, "Tendo observado que o camión de obras do Concello adícase a levar enseres a fincas privadas en horario de tarde (por exemplo o día 14 de xuño, ás 15:50 horas e o día 21 de agosto ás 16:50 horas), solicitamos coñecer se dito camión ten asignada esa labor, e de ser así, con cargo a quen se fai o importe de eses servicios. E, como consecuencia, solicitamos saber se o Concello fai algún tipo de control sobor do uso do parque de maquinaria municipal", foi contestada dicindo que si se fai un control do parque, pero descoñecían isa situación. Expresou oralmente a solicitude de datos para aclarar o tema, sempre poñendo por diante que non deron orde tal.
Comezando dende o principio, aprobáronse as actas pendentes, e pasouse á primeira dación de contas, na que saíron diversas preguntas, entre elas os pagos á SGAE, os últimos por un total de 2700€ por dous meses, referidos por exemplo a actuación da banda de música, e non enetendín moi ben, pero pareceume que tamén pretenden (e están a facer) o cobro polas pezas tocadas en ensaios. Seguindo a liña expresada no blog moitas veces en xeral e tamén respecto a Ribadeo, onde o Tesón xa presentou algunha pregunta ó respecto, UPRi insitiu en facer algo, postura á que se uniu o alcalde, pero sen ter aínda as ideas claras sobre o tema.
No mesmo punto saíron a relocer as discrepancias entre intervención e secretaría sobre unha contratación, deixando claro o secretario que a interventora, ausente do pleno, sengundo el se tiña excedido nas súas funcións.
Asemade, voltou saír o monto da débeda, nos mesmos termos que nalgún pleno anterior, voltando a deixar claro que entre fins de 2007 e 2008 os pagos pendentes aumentaron , pero no 2008 faltaba por ingresar o cobro da Deputación, o que fai que a situación do concello fora mellor a final dese segundo período.
No mesmo punto, o PSOE sacou a colación a contratación a dedo da suplente da bibliotecaria, algo xa tradicional, que se fai sucesivamente segundo parece dende hai anos beneficiando á mesma persoa e que debera ser corrixido.
Pasuese asemade á compra de papel hixiénico fóra de Ribadeo, máis barato segundo a contestación, o mesmo que a reparación de maquinaria en Barres.
E, despois das festas, preguntouse por que a ocupación do parque pola pulpería resolveuse cunha porcentaxe das ventas. Porque, quen controla iso? Que porcentaxe foi? A resposta foi o descoñecemento manifesto e a deixación de funcións en mans da comisión (xa noutras entradas deixei patente que cria que o control do parque non era cousa da comisión, senón do concello).
Houbo outras preguntas sobre gastos diversos, dende propaganda (6 600€) a gastos de teléfono (segundo parece, cuha asunción de rebaixa de telefónica por cuestións técnicas do límite de consumo dos teléfonos do concello).
O punto 5º deixou como aprobadas por unanimidade as festas locais do próximo ano o 16 de agosto, luns, San Roque, e o 8 de setembro, mércores, Santa María.
E, no 6º, consumouse o comezar a dar licenzas de primeira ocupación a edificios afectados polas alturas de máis. co rápido que se fan no pleno istas cousas, será plan de esperar ó que recolla a acta correspondente para facer algo máis pormenorizado. Seguirá a ser certo que paga a pena vulnerar a lei? Coido que neste caso, ó igual que noutros, si.
Por hoxe remátase o tempo, haberá que seguir noutro momento.

20090922

Falando do pleno na Casa do Marqués de Sargadelos

Onte houbo pleno en Ribadeo. 12 persoas que foron minguando ó longo da sesión foi a asistencia a un pleno que durou de 20 h a 23 h e no que se puido ver un bonito anoitecer a traverso dos balcóns frontais do pazo. Foi tamén un pleno no que tres habituais faltaron: o portavoz do PP, a interventora (por baixa), e o asistente do secretario, estes dous últimos substituídos por outro persoal municipal.
Os puntos trataron de:
2.Dación de contas xeral do concello
3.Dación de contas do plan estratéxico rural de infrastruturas
4.Dación de contas do programa experimental de violencia de xénero
5.Festas locais para 2010
6.Licencizas de primeira ocupación
7.Moción pola gratuidade dos libros de texto (en apoio do sistema anterior)
8.Moción sobre sinalización turística
9.Moción sobre compra pública responsable
10.Moción en apoio do sistema actual de apoio á compra de libros de texto
Moción de urxencia para a revisión da ordeanza da zona azul
Moción de urxencia sobre a colocación da bandeiras
11.Rogos e preguntas
e dúas preguntas de O Tesón.
Noutro momento irei desgranando o contido, deixando agora só tres apreciacións:
* Coido que case é máis interesante a relación de puntos que o propio pleno, por ista volta en xeral moi distendido.
* Considero un atraso non facer públicos na web (ou doutro xeito de difusión xeral) os puntos da orde do día previstos para o pleno, o que coido que recabaría un maior interese para a cidadanía, e polo tanto redundaría no ben de todos.
* Debido á lonxitude do apartado de rogos e preguntas e a nimiedade (segundo os meus criterios) da maioría das mesmas (máis propias dunha charla informal nos corredores do pazo, ou en todo caso e para darlles pátina de formalidade, suxetos dun escrito interno, que de exposición nun pleno), alomenos por ista volta non recollerei unha soa das preguntas ou reclamacións do apartado. Tómese como protesta ante un botar para atrás ós veciños para a súa asistencia ós plenos e o seu seguemento da vida municipal, e unha rogatoria para que as preguntas sexan reguladas normativamente ou autoreguladas (preferible).

Sobre a neutralidade na rede

Moito se leva falado da 'neutralidade na rede'. Iso quere dicir, máis ou menos, que se deixe a rede como o que é, un vehículo, e que non se tente apropiar por ninguén para manexala segundo as súas preferencias, algo que se pode facer de moi distintos xeitos e que, en España, estase a facer, deixando uns contidos favorecidos, e outros, polo tanto, desfavorecidos.
Agora, o presidente dos EEUU quere promover activamente isa neutralidade.

20090921

Poboación de Ribadeo: detalle


... a lembrar que premendo co rato sobre a imaxe, pode ampliarse..




Recollido de http://www.ine.es
Ano 2008:
Provincia * Municipio * Unidade Poboacional * Poboación total * Varóns * Mulleres
27 Lugo * 051 Ribadeo * 000000 RIBADEO * 9854 * 4671 * 5183
27 Lugo * 051 Ribadeo * 080000 RIBADEO (STA. MARIA) * 6283 * 2931 * 3352
-
Poboación Superficie (km2) Densidade (hab/km2)
27051 Ribadeo 9 854 * 108,94 * 90,45
En fin, da pé a algunha curiosidade, como que as mulleres no concello sexan o 52,6%, mentras na vila son o 53,35% e na zona rural, 'só' o 51,27%
O a ver como a poboación da vila mendra mentras se estabiliza a do concello, diminuíndo polo tanto na zona rural, que queda para o 2008 en :
* Poboación total do rural * Varóns * Mulleres
* 3571 * 1740 * 1831
Está claro que as mulleres viven máis que os homes? Si, pero sen esquecer a compoñente emigratoria.
... e, para poñer a cousa en contraste, lembrar que na China, por cuestións socioeconómicas, estanse a producir cousa de 53 nacementos de varóns fronte a 47 de mulleres.

20090920

Do mar ó aire

Despois dunha semana case sen publicar, atópome con que a polémica pola grúa das Figueiras está case desaparecida da prensa (aínda que non da rúa), mentras se mira ó ár para promocionar o aeródromo de vilaframil, máis ou menos cos mesmo presupostos (de cartos e miras) que a comezos da década. O helicóptero do km0 representa máis qu eunha esperanza para o aeródromo, un tentempé provisional no camiño dunha agrupación privada que o mantén con só 20 socios e un uso que se pode dicir de pouco máis ou menos 1 aterraxe/despeque á semana. Infrautilizado? si, moito. Potenciable? si, tamén. O caso está no como e na relación público/privado dunha infrastrutura que ten amosado que necesita apoio público pero que é de carácter privado. E coidado cos quixotes, que na actualidade supoñen proxectos que consumen cartos que derruban ás persoas que aspiran a poñerse ó seu carón, a aproveitar o seu impulso, e xeran, quedan despois, simples bodrios a disposición, sen uso nin visión (de futuro)
E, no medio entre mar e aire, a terra. A comarca desta semana ven salpicada que queixas instrumentadas, de xeito que ó meu ver se pode dividir algo así (unha volta excluídos os anuncios comerciais e a sección 'axenda'):
portada: 100% propaganda/anuncios-noticia.
2ª: 50% anuncios-noticia
3ª: 75% queixas e apoios de partidos ou asociocións
4ª: 20% queixas de partidos ou asociacións
5ª: 5% anuncios-notica de partidos
O resto, sería 'comarca en estado puro'. O malo é que unha distribución semellante non é anecdótica no que coido é o principal medio de comunicación escrita ribadense. E que deixa moito lugar á confrontación e pouco á colaboración e á creación.
En total faría cousa de 30% dedicado a temas relacionados coa política pero dun xeito ou outro levados á prensa por xente relacionada cos mesmos.
Repito, é a miña opinión, e está visto que demostrado que non ten por que coincidir coa do resto da xente ... e por último, tamén se me pode achacar que, en certo xeito, isto é unha queixa (aínda que sexa de sentido ben diferente ás das porcentaxes da comarca)
Por certo, para reflexionar tamén sobre o anterior, unha entrada nun blog que non soo citar, o blog de Eduardo Punset, o do programa 'Redes', da 2.

20090918

Divide e vencerás: zonas na costa

Foi esta mesma semana. Unha previsión da Xunta. Dividir a costa en varias zonas (7) para que cada unha teña uns permisos de actuacións diferentes... coido que, máis división, máis facilidades para a incomprensión e o salto de mata, para rematar a costa galega construír nela (edificios, ...) e destruir nela (a propia costa...)

Polémica servida

Aínda na distancia, a desinformación parece ser a clave da polémica pola grúa-torre das Figueiras. Pode ter 80m de alto, pero só ten 60. Pode desarmarse, pero aínda non está aclarado se é provisional, mentras se fai outra estrutura ou un traballo concreto, ou definitiva. Así, mentras é dificultoso falar sobre ela, é moito máis doado quedar como parvo se non se fai... ou ser tildado de calquera cousa se, polo contrario, se opina.
Din que información é poder, e iso, a información, estase a negar á xente continuamente, mentras hai polo contrario sobreinformación de detalles, inflacción de información diversa que non ven a conto e desinformación con verdades a medias ou mentiras declaradas e fabricadas por outra beira. é o mundo no que vivimos.

20090917

Chamando a atención

Nunha entrada rápida, dúas cousas: hoxe haberá unha charla sobre a mediática gripe A, esta tarde, ás 20:30 por Evaristo Lombardero.
E hoxe tamén será nova nos xornais a grúa de Gondán, nas Figueiras. Non puiden vela aínda, polo que non entro a valorala, pero polo que din, é para reflexionar.

20090915

De Ribadeo ó chan (perdón, ó ceo!)

As rotas km0 da Deputación están en marcha dende hai algún tempo, e parece asemade que teñen marcha, pero non por iso deixan de publicitarse. Por exemplo, a de helicóptero, con paseo sobre a ría de Ribadeo por 50€ 1/4 de hora, e empresa asturiana de por medio.
Mentras, o plan eólico e as súas idas e vidas provocan que se volte a falar de parques eólicos próximos. Alguén se lembra de cando, a comezos de século, o BNG repartiu unhas postais cunha montaxe indicando aeroxeradores sobre as catedrais? A situación pode voltar a ser semellante, pero xa (de novo) non se sabe ren de como se vai ou non (ou se se vai) facer. e nesas andamos, mentras pasa algo non igual, pero que o lembra, no plan acuícola. De novo embarullado neste principio de curso que é o máis embarullado (de novo, a mesma palabra) destes derradeiros anos. En particular en Ribadeo, onde hoxe volta a saír información sobre o expediente realizado ó antigo director de banda e escola. Ben, en realidade, non información sobre iso, senón sobre a petición da oposición para ter acceso a un expediente que aínda non finalizou, e iso en base a que o antigo director da unha versión dos feitos atacando ó equipo de goberno. Tendo en conta que a oposición parece que coñece a versión do ex e so indicacións do goberno municipal, a petición estaba servida. Outra cousa é que se lles poda dar. En fin, culebrón cara ó comezo de curso na escola.
E, fóra de Ribadeo, xa levan un tempo saíndo críticas sobre a premura de elección de obras para o plan E dos grandes carteis (lembremos, 1 300€/cartel). Aquí ofreceuse colaboración polos viciños para levar adiante a elección, pero a resposta aínda se estaría agardando ata agora se non houbera xa a seguridade de que non vai a darse.

20090914

O botellón non ten quen o defenda

Bo, si que ten, pero fan parecer como se non fora así.
Onte mesmo aparecía na portada e primeiras páxinas da Voz un dos típicos reportaxes dese periódico, onde, baixo un filtro de estudo equitativo se presentaba o botellón. Hai non moito tempo outro semellante presentaba o ruído. A diferencia entre ambos está clara: o botellón é presentada sen respaldo, mentres parece que todo o mundo pasa a pataca quente do por que, das causas, a outro grupo, ben sexan pais, sicólogos, políticos, ou o que sexa. No caso do ruído, preśentanse dúas posturas contrapostas e pé de igualdade: a dos sufridores e a dos locais. No caso do botellón, preséntanse as súas consecuencias de suciedade, ruído e perniciosidade do alcohol (a máis do feito de rematar moitas veces, cando hai cartos, nos locais nouturnos, dos que fai de caldo de cultivo de clientela). No outro caso, parece como se o ruído estivera lixeiramente relacionado cos locais, pero a relación nouturna non tivera máis consecuencias (nin mexos nas portas, vasos rotos ou consecuencias do alcohol).
É certo que todo estudo ten os seus límites, e a súa exposición nun diario, tamén. Pero as posibilidades de comparacións entre o seguemento e persecución dun fenómeno e doutro desaparecen. E mentras se persegue o botellón como malo en si, os anuncios de festas de alcohol, happy hour e semellantes son permitidos (a nivel local, pubs e demáis teñen un poder de anuncio considerable), ou o goberno anuncia a súa intención de permitir un maior horario de apertura de locais noutrunos en toda Galicia co motivo... do Xacobeo. Debe ser que na Coruña ou en Ribadeo os cartos dos peregrinos non se gastan abondo se non se abren os locais unha hora máis. As diferencias, unha vez máis, están claras.
E vese en moitos outros detalles. Así, hoxe aparece no mesmo diario unha entrevista a un condutor de noitebús. Trata do medo e dos incidentes que sufren. Pero nada se sabe (ou nada se di) de onde vai a xente. Entendámonos: non é a primeira vez que digo que o servizo de noitebús está considerado un éxito e aínda non sei por que. Porque vai moita xente? Está ó tempo subvencionado e sen outro tipo de control. O que se trataba era, dise, de diminuír os accidentes de tráfico, pero que eu saiba non hai ningún estudo serio para ver a súa incidencia, e mentras, ten seguido a medrar (e os accidentes, nalgunha época, tamén). Para min, a razón está clara: representa clientela (máis en cantidade, e máis en xuventude, máis no futuro) para os locais, moi por cima do que pode representar para o botellón... e así xa temos unha 'via de escape' para a xuventude, que deixará de importunar ós políticos pola falta de perspectivas. O 'panem et circenses' actual, mellorado, onde os 'circenses' en parte son os propios espectadores.

20090913

DOS PANFLETOS ILEGALES (y III)

(Parte I)
(Parte II)
Hasta hoy he dedicado dos entregas a explicar los antecedentes de los libros-panfleto editados por la Asociación Puente de los Santos, bajo la presidencia del Sr. Alcalde de Ribadeo. Vamos a comentar hoy el contenido de dichos libros.

En las entregas anteriores he tratado de poner en evidencia el interés, casi obsesivo, de la clase política asturiana por mantener en vilo el asunto Ría del Eo vs Ría de Ribadeo y la manipulación para sustraerlo de una simple cuestión topográfica.

¿Qué significado tiene, en este contexto, que a mediados de Mayo de 2.009, la Asociación Puente de los Santos y el CEDER Oscos-Eo editen los libros que aquí se comentan, teniendo en cuenta que uno de ellos se titula “La ría del Eo, etc”?. Evidentemente esta edición es continuidad de la política anterior y persigue consolidar en la administración pública la rebeldía ostentosa del presidente del gobierno regional asturiano y no solo eso sino llevar a las escuelas, a los profesores a los padres y a los alumnos la prueba documental de que firmes ellos en la defensa de los valores patrios aquí se va a decir y escribir Ría del Eo por melindres y que además se cuenta con el apoyo del alcalde de Ribadeo, por si hubiese alguna duda.

Veamos algunos textos y contenidos del libro-panfleto.

Como introducción señalemos que en la ría sólo desemboca el Eo. El Suarón, Monjardín, el Rio Grande y el Berbesa no existen. Sin comentarios.

Página 11, párrafo segundo: “…el mar se adentra separando Asturias (donde se conoce como Ría del Eo) de Galicia (llamada allí Ría de Ribadeo).

Comentario: Obsérvese la manipulación, se olvida la tradición cartográfica, se obvia el acuerdo de la CENG y se transmite el mensaje de que hay dos nombres para uso alternativo según los gustos o afinidades locales.

Página 12 y otras: “... berberechos, almejas, navajas, se cuentan por miles en pocos metros…”.

Comentario: No hay la más mínima referencia a los cambios habidos en las especies de moluscos y otras en los últimos años. Cómo veremos en otros apartados es una descripción “de libro” en el sentido de libresca. No hay ningún análisis concreto de la evolución y situación actual de la ría y de las espcies que sobreviven. En el momento actual es falsa la afirmación de que hay miles de ejemplares de las especies citadas “en pocos metros cuadrados”. La realidad es que sólo hay unos pocos ejemplares de dichas especies en varios miles de metros cuadrados. Lo sabemos todos, menos el autor, los editores y los políticos promotores.

Página 13: Párrafo segundo. Se enumeran las normas de protección de la ria, de rango autonómico, estatal e internacional, pero se omite la declaración de Espacio Natural Protexido en Réxime de Protección Xeral, de la Xunta de Galicia.

Comentario: El autor se ha molestado muy poco en buscar información sobre el particular, fácilmente accesible en la red. El alcalde de Ribadeo no se ha preocupado lo más mínimo de asesorarse para revisar el texto.

Otro comentario: La inclusión de la ria en la Red Natura 2.000 no se debe sólo a la declaración de Zona ZEPA, sino también a otros criterios (praderas de Zostera Noltii, formaciones dunares submarinas, etc). De todo ésto no se menciona una palabra en el libro-panfleto que comentamos. En mi modesta opinión, si los técnicos de la UE consideraron relevantes estos elementos, debería resaltarse en un libro dirigido a las escuelas. Lo cual nos conduce a otra cuestión: ¿Quién y con que criterios encargó este libro?. ¿Cuáles fueron las directrices generales del encargo? ¿Un libro de fotos? ¿Un libro que analiza la problemática real de la ría? ¿O un libro de propaganda?. Este es el nudo gordiano de la cuestión para quien lo quiera entender y haya tenido la paciencia de llegar hasta aquí.

Página 13: La introducción está datada en octubre de 2.008, ocho meses después del acuerdo de la CENG. No nos vayan a salir con que el libro fue redactado antes de dicho acuerdo.

Pagina 15, edición en lengua gallega, línea 16 y 17: “… a ría e esteiro do Eo…”. Es decir no se ha respetado la fórmula “ría de Ribadeo”.

Página 18, “De la erosión y sedimentación”, se describen los fenómenos de erosión y sedimentación sin citar ninguno de los rios antes mencionados, además del Eo. Se olvidan las grandes avenidas del Suarón y sus más que probables efectos erosivos y sedimentarios.

Página 32: Dedica 20 líneas a describir el molino de mareas de A Lieira y menciona un proyecto de restauración del mismo. A continuación aparece el siguiente párrafo: “Existen ruinas de otro molino en la ensenada de a Vilavella, en la costa lucense”.

Comentario: El autor no se ha molestado lo más mínimo en documentarse sobre la situación del molino de As Aceñas, que no está ni estuvo nunca en A Vilavella. El Sr. Alcalde de Ribadeo no se ha molestado lo más mínimo en revisar o encargar que se revisara el texto, siempre aceptando la versión más favorable. Por cierto, el molino de As Aceñas también tiene un proyecto de restauración.

(Página 102, versión en lengua gallega: “…a ría e esteiro do Eo…”. Ya comentado más arriba.)

De todos modos, los detalles concretos antes mencionados, desde mi punto de vista, no constituyen la principal carencia de este libro, sino el hecho de que se dedican docenas de páginas y centenares de fotografías (la calidad del material y la presentación son magníficas, no se ahorrado un duro, como corresponde) a describir las corrientes, las mareas, la erosión , la sedimentación, las aves, los moluscos, las plantas etc, pero el hombre no aparece por ninguna parte. No hay ni una sola linea, excepto una alusión colateral en la página 134, que haga referencia a las actividades antrópicas, su afán depredador, los daños causados, el puente, la escollera, los rellenos, los emisarios rotos, la contaminación química, los revoltijos de hierros, los cambios en los canales y tesones provocados por las obras, etc. etc. etc. Este es un libro que presenta una ría de que no existe, una ría de ficción y que pretende llevar a las escuelas una imagen falseada y manipulada a mayor gloria de los promotores.

Lo mejor que se podia hacer con estos libros-panfleto sería retirarlos de la circulación y de paso aclarar la reata de beneficos que han ido dejando por el camino.

Evaristo Lombardero Rico

20090912

A xente nova

Pensaba esta noite, mentras de novo o barullo do local de enfrente non me deixaba durmir, nas actividades e espazos para a xente nova en Ribadeo. E haber, vai habendo actividades abondas. Pero sen espazos adicados, e sen unha continuidade que permita unha mentalización e un aproveitamento formativo idóneo.
Dende cando é así? Pois dende que lembro. E a Casa da Xuventude? ... pois eu diría máis ben que é unha casa da informática para todo tempo (conste que a xuventude tamén a aproveita), coa maioría de espazo usado como sá de usos múltiples e en xeral desaproveitado. Falta unha promoción de actividades contínua, o que creín que sería cando escoitei que se ía facer. Saltóume entón á cabeza unha que coñezo, a casa da xuventude de Vilalba, abondo anterior e con desenvolvemento xuvenil contínuo. Hai outros moitos exemplos, pero non sería necesario ir máis lonxe para atopalos.
Por suposto, a dificultade non é pequena coa falta de participación da xente: participan nas actividades do concello para nenos os madrileñós que os locais. É unha labor de día a día e a longo prazo. Pero necesaria.
Por certo, quen meteu no contedor xeral (verde) unha bolsa grande chea de vidro entre a recollida de lixo e a apertura dos comercios?

Os monumentos de Balbino

Vexo hoxe como se pregunta un xornal se o ascensor da Atalaia será un novo monumento en Ribadeo, lembrando as verbas do ex-alcalde no 2006. Lémbrome do castro balbinense á beira de turismo, vexo as fotos sucesivas de construcción do ascensor e teño a resposta: monumento si, pero non ó pobo de Ribadeo, senón en todo caso á estupidez humana. E aínda non toca mantelo.
E si, é certo que ó ir separado do talud non toca a muralla... o que non impideu que coas obras de limpeza pertinentes se caera outro anaco.

20090911

Apariencias e realidade

Como se ve na foto, as celebracións poden parar e pasar. O concello aí seguirá, xunto co símbolo da Torre dos Moreno ou o vello escudo da Aduana. Xunto con Ribadeo.
Din que as apariencias enganan. Non obstante, as apariencias son os datos que temos das cousas en primeira instancia; é dicir, ata certo punto, todo son apariencias.
O concello de Ribadeo ten na súa web a nota de prensa de onte sobre o sistema comunitario de xestión e auditoría medio ambientales EMAS: foille revalidado o certificado. Teño a idea de que os certificados correspondentes danse respectando uns certos criterios, pero non implican máis aló de que o camiño é correcto, aínda que queden libres unha serie de flecos por rematar.
Así, calquera que pasee por Ribadeo verá cousas que non cadran co 'certificado'. Hoxe mesmo, na prensa, a carón da nova do EMAS (as siglas do sistema comunitario de xestión e auditoría medio ambientales) aparecen as queixas por levar un solar da Avda. de Galicia (o primeiro libre segundo se sae do centro) moito tempo (coido que cousa de dous anos, por aí andará algunha foto no blog) con escombro e mal pechado. De igual xeito, non corresponde co maltrato contínuo do parque, por poñer dous exemplos.
Din que Xesús dixo algo así como que 'quen sexa perfecto, que lance a primeira pedra', nun caso de lapidación. Non houbo ninguén que se considerara perfecto e o acusado (a acusada) saiu dalí despois das verbas de Xesús ''eles marcharon, e eu non te acuso'. Sen quedar claro se Xesús consideraba ou non o feito como falta, sinxelamente reconviña o tema para que despois do susto ante a lapidación, a vida continuara do mellor xeito posible. Coido que en Ribadeo, a pesares do anuncio e a satisfacción pola non lapidación que suporía a perda do certificado (ó fin, un papel) queda moito que facer, e non dubido que o concello andará detrás de que as cousas vaian ben. Pero así como a biblia céntrase na postura de Xesús, e non sabemos que foi despois da muller, aquí si que saberemos no futuro como continúa a historia, polo que convén á institución receptora do papeliño, o concello, seguir encarando as cousas o mellor posible. Por ben de todos.

20090910

Voltando á realidade despois das festas

O xornal de hoxe parece unha recapitulación. Non só das festas, senón de todo o curso anterior. As taxas no mercado non influíron na presenza de ambulantes (algo que xa se ve, patente, de mércores a mércores). A recuperación da propiedade pública da Torre dos Moreno avanza moi lentamente, pero non se perde o norte para lograr a maioría e optar así ás axudas da Xunta para o edificio. Todos sabemos que vai moi lentamente, pero que todas as corporacións o teñen en mente. A cuestión non é isa, é se se chegará a bo fin algún día antes de que as actuacións cheguen demasiado tarde.
Pero a que se perfila como cuestión que rondará tempo é a xestión das festas, distas pasadas e das futuras. Por unha banda está a xestión das xa idas, cunha comisión que se pode dicir continuista nos seus membros, e á que hai que achacar cousas como o equilibrio orzamentario, pero tamén a outras como a enésima ocupación do parque, mesmo co espectáculo de tendas de campaña no verde ou no paseo, nun xeito difícil de dixerir pero cuxa xestión non se debe achacar á comisión, senón ó concello. Por outra, a xestión futura, á que se ofrecen hostaleiros que prometen mellores e maiores festas, fóra do parque, e parece que xa reclaman / quéixanse pola falta de maiores horarios de apertura para os seus negocios, cando os horarios xa foron sobrepasados, nas festas e noutros momentos.
É evidente que poñer nunha balanza unha comisión fronte á outra posible non vai ser doado por moitas razóns. A primeira, porque a que se oferta aínda non fixo máis que prometer, e xa se sabe do refraneiro o que di, incluído aquelo de máis val malo coñecido que bo por coñecer. A segunda, porque non é doado atender a uns criterios uniformes en ambas, coa defensa dun modelo que se podería chamar público fronte a outro chamable 'privado'. O 'público' tamén necesitaría doutro apoio entre a xente, que nun pobo ó que lle costa moverse non é doado de conseguir, tendo que cinguirse a unha liña posibilista, mentres o 'privado' ten enfronte a acusación que contribuíu a que saíran a comisión das pasadas festas (aparte da súa propia marcha): o propio interese, algo que ten dado lugar a lembranzas doutros lugares onde as festas foron financiadas por xente con cartos e intereses pero que estaban perxudicando ó pobo en conxunto.
Non me estranaría que alguén fixera unha enquisa simplona preguntando sobre se a xente prefire unha ou outra comisión. Atender a un resultado tal sen un debate previo de ao menos os puntos anteriores, sería un erro, por falta de avaliación de cousas máis profundas, do que é a base dunha festa comunitaria, e podería levar a unhas festas que o pobo non quere, por unha ou por outra versión.
De calquera xeito, vólvese a unha cuestión repetida moitas veces no blog: a participación comunitaria nas cousas do pobo, en troques de deixar a xestión en mans delegadas e despreocuparse do tema. Mentres esa mentalidade non varíe, este tipo de problemas seguirá presente.

20090909

Los Navarret y el Mar - Primi Nécega

Los Navarret y el Mar
Primi Nécega 

    En Ribadeo todos conocen a la familia Navarret, que arribó procedente de Santander. La vieja historia comienza a principios del siglo XX, cuando el abuelo Gustavo, marinero de profesión, se embarcó en la aventura de probar fortuna en tierras gallegas. Y un buen día, con su esposa, que también era santanderina, y sus seis hijos llegó al puerto de Ribadeo a bordo de aquellos barcos de cabotaje que por aquel entonces navegaban por toda la costa como medio de transporte.
    Sus hijos se fueron acomodando, se hicieron hombres, Uno de ellos se casó con ‘Pura da Crixa’, de cuyo matrimonio nacieron cinco hijos, entre ellos Pepe, al que yo conocí hace años aquí en Ribadeo, que será más o menos protagonista de esta cuartilla.
    Me contaba su infancia en Porcillán, rodeado de mar, barcas y trabajos: «Fuimos a la escuela. El maestro era un señor llamado don Antonio, bastante serio pero no malo. Más tarde, marchamos para la calle nueva, hoy Trinidad, casi enfrente de la casa de Panchita Acevedo. Era un caserón grande, teníamos de maestro a José Novo, padre del que fue médico en esa misma calle, Manolo Novo. Allí, como eran tiempos de la República, nos daban el desayuno, leche, café, chocolate y unos bollos calentitos, del horno de la casa de Gayol. Pero esto duró un año escaso, al entrar un nuevo gobierno se cerró esta escuela y nos trasladaron a Porcillán, en la casa de la Aduana –nueva entonces- donde teníamos tres profesores: José, Joaquín y para las niñas, Rosa. A los doce años, mi hermano Justo y yo salimos de la escuela para ayudar a nuestro padre, la trainera ya no existía, teníamos otra embarcación pequeña llamada ‘Sotileza’, en homenaje a un escritor santanderino que mi padre leía, llamado José M. de Pereda.
    Pero llegaron los tiempos de la guerra y nuestro padre como tantos fue preso. Entonces fue grande la lucha, para nosotros –me decía Pepe recordando... y con sus ojos fijos en la ría seguía diciendo- no quiero contar penas... ¡para que!. Te diré que un día mi hermano y yo, con 17 años, fuimos al banco que entonces había en Ribadeo a pedir un préstamo para comprar un aparejo nuevo, que no teníamos ninguno. Entramos y pedimos hablar con el director, que nos atendió enseguida, pero al ver que allí no teníamos cuenta ni libreta, muy educadamente nos dijo que sin aval... nada. Y dicho aval, todavía lo recuerdo hoy. Salimos de aquella oficina pensando, vaya, ni siquiera creía que lo devolveríamos en la primera marea. Salimos de allí tristes, a mí me daba ganas de llorar, qué haremos ahora, pensábamos. Pero lo que son las cosas, por el camino nos encontramos a un amigo de nuestro padre y nos preguntó qué nos pasaba. Existen los milagros, amiga mía, aquel señor bueno y honrado volvió con nosotros al banco y allí nos dieron el dinero que necesitábamos. Quieres ver que a las dos semanas se lo devolvimos todo. Un día volvió nuestro padre, muy enfermo y triste. Nosotros habíamos vendido la ‘Sotileza’ y compramos otra más grande que se llamaba ‘La Tierruca’, otro libro de Pereda, como homenaje a nuestro padre, que era un gran lector de los libros de este escritor y su único consuelo antes de morir eran estos libros que le traíamos de la biblioteca».
    En el aspecto personal, él continúa contando que «yo ya estaba casado, con la novia de mi vida, Carmiña. Tuvimos cinco hijos, cuatro varones y una mujer, a los que siempre di estudios, pero que también trabajaron y siguen trabajando en el mar, antes a mi lado con mis enseñanzas, y ahora son ellos los que mandan. Mis hijos, como otros pudieron hacer sus carreras y oficios en tierra, pero ahí les tienes, en la última embarcación que en el 62 compramos y fue construida en Foz, en el astillero de Santiago.
    Bueno, le pregunto a Pepe Navarret, y lo del nombre del barco, cómo fue: «Pues verás, nosotros queríamos ponerle el nombre de otro libro de Pereda, pero cuando fuimos a la Ayudantía para inscribirla, estaba un funcionario que trabajaba allí entonces y que se llamaba Gago y nos dijo: ‘Bueno, xa está ben de tanto Pereda, chamádelle Navarret para que así os lembren sempre os de poraquí’». Y así Pepe, emocionado se me queda mirando y me dice: «por unha vez, ese Gago tiña razón, e Navarret se chamou».
    Y así fue la historia de este ribadense que desde muy pequeño navegó sobre un madero o una tabla, era igual. Hoy sus hijos salen a la mar, a la pesca de bajura y felices sonríen desde el puente del Navarret, que cual reliquia se cimbrea en Porcillán, como recuerdo de aquel antiguo puerto de pesca que en otros tiempos existió en Ribadeo.

A(tletismo) e B(illarda)

As festas foron o tempo. Os deportes minoritarios deixáronse ver, despois do éxito do piragüismo no verán.
Na billarda houbo un varapau dos Billardeiros musicais (nome que indica onde está a súa base de amizade) segundo se pode seguir no blog do Varal en varias entradas (por exemplo 1 e 2), narrado dun xeito totalmente non convencional.
No atletismo, o desenvolvemento da carreira de Sta. Cruz, 2ª edición este ano, aparece na crónica da páxina do clube de atletismo de Ribadeo coido que dando unha idea moi boa do que foi a carreira, o mesmo que as listas de participación e de resultados. As fotos dan asemade idea da animación e dureza da carreira, aínda que non se chegou ós 28m45s do pasado ano, senón só ós 29m11s, e os 115 participantes na chegada da primeira edición quedaron en 105, manifestando a dureza dun recorrido que deixa un bo sabor de boca cando se fai paseando. Coido que as marcas neste caso só significan que foron outra edición diferente, e as comparacións de superación con diferente clima non teñen moito sentido.

20090908

A Freixa


A Freixa foi o agasallo da Banda Municipal de Ribadeo ós asistentes ó concerto da patroa, na Praza da Música.
Concerto dado entre a sirena de cambio dos coches eléctricos e o marmurio de moita xente, nunha actuación que non parecía estar dada en Ribadeo a causa precisamente diso, do ruído de fondo das conversas que se estaban a dar alí.

Construcción en Ribadeo


Dunha noticia na Voz saco os seguintes datos sobre vivendas visadas en Ribadeo no que vai dende o 2000 (entendo que incluído, pero a variación sería relativamente pequena, unha diminución só un pouco máis suave do que amosa a gráfica das medias que deixo á beira):
anos 2000-2006 vivendas visadas:2400 meses transcorridos:84 vivendas/mes:28,57
ano 2007 vivendas visadas:71 meses transcorridos:12 vivendas/mes:5,92
ano 2008 vivendas visadas:27 meses transcorridos:12 vivendas/mes:2,25
ano 2009 vivendas visadas:10 meses transcorridos:6 vivendas/mes:1,67
De xeito natural, os ingresos correspondentes son asemade relativos ás cifras anteriores.
Mentras, o PXOM vai a paso de cosco: en agosto, 0 xuntanzas sobre. Por así dicilo, vacacións de PXOM.

Máis datos para o magnífico agosto de Ribadeo turismo

... e para todo o verán. O Parador Nacional, segundo a Voz, tivo sen ocupar menos de unha de cada vinte habitacións dispoñibles ó longo do verán (95,1% de ocupación). Considerando cancelacións e demáis, pleno no verán. Como dixen no seu momento, a finais de xullo, evidentemente a alguén lle poideron ir mal as cousas no sector turístico, e xente non é o mesmo que cartos, pero non parece que en xeral as cousas foran tan mal como dicían.

San Sebastián, San Lázaro, San Roque, Santa María...

A conto dunha cousa que puxen onte sobre o padroazgo de Ribadeo, falei con varias persoas e resulta que debo de estar equivocado: Santa Maria, Santa María do Campo (por estar fóra de murallas en principio), si é patroa de Ribadeo. Máis ben copatroa, con San Sebastián (digamos o 'primus inter pares' e o primeiro do que se ten noticia neste asunto, se ben agora non se celebra) e San Lázaro (o hospital asilo leva o nome de San Sebastián e San Lázaro), a máis de San Roque, o compañeiro patrón que se celebra na actualidade.
Ou sexa, no día da patroa, unha lembranza para os copatróns...
(noutro momento ó mellor me meto coa historia dos sucesivos padroazgos, que debe ser curiosa).

20090907

Benito Prieto Coussent

Na rede atopeime ista biografía (e o sitio asociado), que procurei despois de ver unha entrada no blog de Atalaia. Coido que aínda que a moita xente non lle dirá nada de principio, despois de ver algunha das súas obras na rede pode cambiar algo a cousa.

Rarezas? destes días...


Despois da entrada de onte, coido que estes días dan gráficamente unha colección non desdeñable do que algunha xente denominaría rarezas, outra curiosidade, outra ...


















O díptico anunciando o I Centenario da Consagración da Imaxe de Santa María do Campo pode parecer curioso, pero indica un centenario que coido que non debera pasar inadvertido en Ribadeo, e estáo a facer.

O cartel na fachada da igrexa leva xa algún tempo alí (cousa dun mes longo), pero non vin ningunha noticia de prensa nin comentario na Comarca atya agora. Será a consagración do centenario un dos motivos polos que se celebran as patronais iste día, non sendo Sta. María do Campo patroa 'oficial' de Ribadeo? (na realidade, parece que hai ata 4 copatróns, sendo a santa a derradeira en chegar ó padroazgo) A saber.

Unha curiosidade que cacei o sábado, completando unha entrada anterior (A ría de Ribadeo en Baixa ): a cima do tesón de Mirasol, a punto de cubrirse. Pódese identificar a súa posición actual de xeito exacto en relación á punta sur de Mirasol e á metade do saínte do peirao Castropoleño, a uns 170m da punta de Mirasol.

20090906

5 de setembro


Despois de ver un artigo de Eduardo Gutiérrez na Comarca, coincidiume pasar polo parque coa cámara, e tomei algunha imaxe referida con temas do artigo. A ocupación dun sitio céntrico e senlleiro de xeito repetido como puxen xa moitas veces no blog, ten os seus máis e os seus menos.

Estamos nas patronais. A tenda en pleno verde do parque-Pza. España, tamén (e outras próximas).










O paseo ocupado unha vez máis, tamén.
Os tenderetes preto das mesas que desprazaron ós taxis para adecentar o sitio, tamén.
O paseo perforado para suxetar os ventos da caseta, tamén.

O ruído a todo trapo, tamén (e moitas outras veces)
O lavarse espido nunha fonte, tamén (aínda que non fóra no parque onde o vin)
O facer ritos relixiosos musulmanes en pleno parque orientados cara á Meca (máis ou menos), tamén.
En fin, a trainera, tamén está nas patronais, pero non parece formar parte dela, senón da lembranza dalgúns ribadenses xa maiores, que mirarán con curiosidade cando menos cando unha embarcación deste tipo aparece por Ribadeo, como aconteceu no mesmo día que tomaba as outras fotos e que como se pode ver dan pé a outros tipos de curiosidade.

20090905

A iluminación das festas patronais Ribadeo 2009


Coa Comarca nas mans, a punto estiven de comentar cousas 'máis profundas', pero, en festas, como primeira do día, non vai. En todo caso noutor momento.
As fotos, dos modelos de iluminación nas patronais deste ano. Coido que non se me escapou ningún dos usuais nas rúas.
Onte, á noite, o Mago Antón; mágoa que non se poidera oír e ver de xeito adecuado se non se estaba preto.
E un comentario que coido lóxico ó non aparecer no programa das festas. Esta tarde, ás 17:30, carreira de Santa Cruz.

20090904

A fonte cavada


Ano 1778, inscrición no frontispicio da fonte. Un dos lugares máis recollidos e esquecidos de Ribadeo, a poucos pasos do centro, encaixonada entre casas, ou máis ben cabería dicir protexida por elas. A obra recente na rúa que a ela leva deixouna como un atractivo que ten, pero que só usan en xeral os veciños.
Hoxe por hoxe, a praza de acceso, a 'rinconada', e a fonte forman un só conxunto a desfrutrar.
A fonte propiamente ten dous canos, pero non é nada máis que unha fronte que canaliza a auga que se pode ver xurdir no interior dunha cova/soto de casa que hai detrás. Neal vése a canalización feita de antigo, así como algún retoque de non hai moito tempo.














A cova ten bancos, luz e comodidade abonda como para estar alí un bo cacho de desfrute, e alomenos por agora, de soidade.
As fotos da rúa (a 'rinconada') amosan ás claras o por que non é moi frecuentada, despois do advenimento da 'traída' de auga a Ribadeo. Unha inclinación e estreitez que mesmo fai dificultosa a súa limpeza, tendendo o lixo a esvarar cara á propia fonte.