Onte comezaron os traballos de remodelación da primeira parte da rúa San Roque. A nota do concello:
OS PREPARATIVOS XA SE PODEN VER HOXE
Obras en San Roque
26/04/2018
O Concello inicia mañá as obras de remodelación da rúa San Roque. Os traballos, que se prolongarán ata os primeiros días do mes de xullo, supoñen un investimento de 450 000 euros procedentes de fondos propios. O primeiro tramo que se fará será o comprendido entre a capela de San Roque e a rúa Vilalba. Xa despois do verán as obras chegarán ao treito que entre a rúa Vilalba e Picarolas. O alcalde, Fernando Suárez, pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar e subliña que haberá modificacións no tráfico rodado durante as vindeiras semanas.
O rexedor anunciou que "despois dun longo trámite de licitación administrativa e de complexa tramitación burocrática, por fin mañá van dar comezo as obras da rúa de San Roque. Son obras de acondicionamento, de humanización, de mellora, de embelecemento, que nun importe de 450 000 euros, sufragados integramente con fondos propios, con fondos do Concello, van dotar dun novo pavimento tanto a calzada como a beirarrúa. Vaise aproveitar para substituír e modernizar todas estas acometidas, estas instalacións soterradas, que xa existen, pluviais, abastecemento, saneamento, subministro eléctrico, telefonía, etc…, e tamén imos aproveitar para colocar nova iluminación, novo mobiliario urbano, árbores e eliminación tamén de barreiras arquitectónicas".
Suárez Barcia explicou que "como é unha obra complexa, que afecta a un tramo importante do ámbito de Ribadeo tanto para a circulación de vehículos como ao tránsito de persoas, habémola facer en dúas fases. A primeira delas empezará mañá e imos actuar entre o treito que vai da capela de San Roque ata o encontro coa rúa Vilalba. Isto terá que estar rematado a principios de xullo, preparado para o Ribadeo Indiano. E despois do verán continuaremos co resto do treito ata chegar ao encontro coa rúa Picarolas".
O alcalde ribadense dixo que "estas obras supoñen unha aposta decidida pola humanización desta área, un espazo dos máis singulares como é a rúa de San Roque con esa arquitectura indiana e colonial, tan atractiva para Ribadeo. Como sempre que se levan a cabo obras no casco urbano seguro que ao facelas de xeito inevitable, por máis que o intentemos, habemos ocasionar incomodidades e molestias para os veciños e para os que teñen negocios, pero estou seguro que saberán comprender porque á volta de pouco tempo estarán vivindo ou terán os seus negocios nun dos mellores espazos públicos da nosa vila".
Fernando Suárez engadiu que "durante estes meses de obras, aínda que o acceso peonil tanto ás vivendas como aos locais comerciais queda sempre garantido, non vai ser así para o tráfico rodado. Polo tanto para organizar durante este tempo o tráfico, dado que a rúa San Roque é un enlace importante para comunicar unha parte con outra da vila, imos instalar unha serie de sinais informativas dos percorridos alternativos para a mobilidade do tráfico urbano".
20180428
20180427
Poñendo en tela de xuízo a xustiza
Foi un clamor. En toda España. Tamén en Ribadeo se notou.
Unhas 250 persoas démonos cita onte na praza oito de marzo de Ribadeo, apenas dez horas despois de ser dictada a sentencia do 'caso manada'. A protesta foi pola consideración de culpa achacada, non pola pena imposta. Coido que é algo a diferenciar: a pena depende das leis, a culpabilidade é o que se xulga. E non se trata dun linchamento, moitos meses despois de que ocorreran os feitos, senón dun sentimento de inxustiza documentada.

Convocatoria |
Recollido nas redes sociais |
20180425
Tres años de 'Por Nuestro Faro'
Para gustos se hicieron colores, para jardines flores, y para faros un catálogo de errores. El nuestro, travestido en hotel, el primero, el que pagó la novatada, el que no gurguta, que no da ni dineral, ni puestos de trabajo, y del que muchos no saben aún si está abierto o cerrado, tal es el trasiego que arrastra su éxito. Pues bien, el nuestro, o mejor, el que no es nuestro ahora mismo, parece necesitar ser noticia periódicamente -eso sí, cada vez menos- para restaurar la humillación de los jaleadores del primer día, que ahora enmudecieron y antaño creyeron en el proyecto por el que el gobierno español apostó con todo lujo de medios. La última noticia hace sonreír de medio lado y hasta arranca carcajadas, porque parece ser que el hotel de la isla Pancha se llevó un premio de interiorismo. ¿Sería éste el premio para Ribadeo que anunció el alcalde en 2015? Debe tener un interior de órdago, el que lo haya visto que nos lo cuente, pero ah, se me olvidaba, no se puede entrar en la isla a no ser que seas de fuera. Y pagando. El que encuentre un huesped, o dos, que los entreviste. Y seguro, seguro, que se encuentra a alguno. Bueno, da igual, es fantástico, nos alegramos, felicidades, Ribadeo será conocido aún más en el mundo mundial. Eso sí, pero estamos en 2018, y seguimos sin conocer la evaluación medioambiental completa que pidió el Defensor del Pueblo, seguimos sin saber -pero podemos deducir sin mucha calculadora- los beneficios brutales que financian ese interior de ensueño y propulsan la economía ribadense a lo más alto, y seguimos desconociendo la ley que permite poner las puertas de un hotel a las puertas de una isla.
Hace poco tuvimos constancia -no por ningún periódico gallego o de tirada nacional- de lo que está sucediendo con el faro de Xàbia. Sí, es curioso, los gurús de la información se arrancan el micrófono para gritar que hay un nuevo faro proyecto-embrión-prototipo-maqueta-ensoñación de algo que podrá ser, algún día, un fantástico hotel, pero nadie habla de los proyectos frustrados o del pueblo movilizado contra la privatización de su patrimonio. Y, sin embargo, existen muchos ejemplos. Sí, el proyecto del faro-hotel de Illa Pancha fue el conejillo de indias y “Por nuestro faro” la plataforma que se levantó contra un pacto que excluía al pueblo, porque no había ninguna razón para decir que sí a la explotación de lo público por un particular, aunque vinieran las instituciones apadrinando el proyecto y haciéndonos comulgar con el sueño de “El Dorado” que 3 años después resultó absolutamente falso. Ilusiones de cartón piedra en aras de un progreso de pacotilla y de un libre acceso megaprometido por el que aún estamos esperando.
Pues sí, entre otras protestas populares está la de Xàbia, que echó a andar con “Por nuestro faro” casi al unísono . Una movilización de un arranque, una dignidad y una organización apabullantes, con la que enseguida nos sentimos hermanados e identificados. Cuando en Ribadeo algunos ya creían en la panacea del hotelito, nosotros ya intuíamos el que sería el desatino más popular y ribadense de la década, arropado por Madrid, Xunta y Concello. Ya sólo la desinformación existente y el presentarnos el hecho consumado como algo inamovible era el mayor acicate para cualquier interrogante. Y el Defensor nos dio la respuesta y la razón.
“Que no pare la llum del Far de Xàbia” era una fuerza gemela. ¿El resultado? Hoy ya no hay hotel, ya no hay proyecto, ya no hay usurpación de un bien patrimonial envuelto en una nebulosa, hoy se ha remplazado por el proyecto público de un centro de interpretación de la Reserva Marina, que está a punto de ponerse en marcha. ¿El motivo? Un movimiento popular organizado al que se sumó un gobierno local comprometido con el pueblo al que representa. Algún día nuestro gobierno local deberá dar cuentas del porqué de un empecinemiento mercenariamente improductivo para Ribadeo que le llevó a alquilar su patrimonio más representativo sin ningún tipo de dilema moral.
Por ese motivo, tres años después seguimos preguntando, porque nuestras preguntas son lícitas, los ejemplos de una legalidad al servicio del pueblo existen, y todo -y a pesar de todo- sigue siendo posible.
Covadonga Suárez, colectivo “Por nuestro faro”
Publicado por
agremon
ás
4/25/2018 06:43:00 p.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Illa Pancha
25 de abril e unha pequena reflexión máis preto
25 de abril. O día que un povo se rebelou en paz. Unha lembranza para todos...
Lembranza de que hai que actuar para cambiar. De que a vida 'é loita'. E de que temos loitas cotiás, que temos que actuar.
Unha? Hai un par de días a sección de lug dun diario titulaba a súa portada a páxina enteira, así: 'A estación de Lugo gana un 38% de usuarios en só dous anos'. Mentres, hai poucos días, outr sección, esta para a Mariña, anunciaba a caída de viaxeiros no FeVe mariñán a menos da metade en pouco máis tempo. Claro que nesa cifra non podían estar incluídos aqueles que nin lles cobraron por non haber revisor, entre outras casuísticas, e difícil tamén ver neses números aqueles afectados pola supresión de viaxes. E mentres, a moitos daqueles que non usan normalmente o tren parécelles que non lles afecta, cando afecta a toda a sociedade, incluídas aquelas persoas que non colleron ese tren na vida. E é que o común aféctanos a todos. Aínda que ás veces esteñamos cegos e non vexamos a evidencia.

20180423
ESCUDO-NON ESCUDO HERÁLDICO DA CAPELA DA ATALAIA. Francisco José Campos Dorado
Esta preciosa capela é a máis ou unha das máis antigas de Ribadeo, que data posiblemente do tempo de Fernando II (rei 1157-1188), e está dedicada a devoción da Trindade, cuxa imaxe se atopa no ático do retablo do altar maior, e no centro está a imaxe da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.
Vulgarmente chámaselle Capela da Atalaia, por situarse neste pintoresco e estratéxico lugar de Ribadeo.
Pois ben. No centro do hastial do frontispicio, baixo o campanil e o lucernario, e sobre o arco oxival da portada de entrada, enriquecido de un cheurrón ou moldura en zig-zag, adorno similar a un festón con puntas en serie, atopamos unha pedra cadrada de cantería, que nada ten que ver coa fábrica da parede feita con pedra do país.
Esta pedra de cantería ten a súa historia e a súa lenda. Segundo o “Ribadeo Antiguo”, a inapreciable obra de Francisco Lanza, no capítulo XXII, Capillas, páx.253, atopamos referencia a esta pedra: “Por el patronato de la Iglesia de la Trinidad pleitearon en 1722 el Ayuntamiento y la Cofradía de la misma. Inició el pleito la Cofradía, al ver que el Ayuntamiento, con ocasión de estar revocando el templo por dentro y fuera y a la morisca (Nota: “a la morisca” parece ser que era como un “lavado de cara” pois refírese ao “alquinal” que é un velo de seda que como adorno usaban as damas moras), mandó colocar sobre la puerta principal el escudo de armas de Ribadeo; y ella fue quien lo ganó, a pesar de demostrar la parte contraria que el patronato le correspondía a la villa, como más bien consta en los libros consistoriales y antiguos, y por el cotexo de la piedra de armas que tenía ya la iglesia, con otros muy viejos que había en distintos edificios de la villa”. No Ribadeo Antiguo, Capítulo I, “El nombre y las Armas de Ribadeo”, páx.6, Paco Lanza, cóntanos a historia de que a Cofradía da Santísima Trindade queixouse o Bispo de Mondoñedo, de que se colocaran dous escudos de armas co brasón das armas de Ribadeo: “una llave sobre olas de mar” no frontis da capela, e que lles parecía que non correspondía este privilexio ó Concello.
O tribunal eclesiástico fallou o preito en 1723, ordenando que se recoñecesen como patróns os mordomos e ós confrades, “sopena de excomunión mayor lacte sentencia ipso facto...” “e de seis mil maravedís aplicados a disposición de S.I.”. Os escudos parece que foron arrancados da fachada.
Un deles levado para o matadoiro vello de Ribadeo, onde estaba o brasón coa chave inclinada e que “foi colocado ¿patas arriba?”
Ata aquí a historia que nos narra Francisco Lanza. Pero aquí tamén comeza a súa lenda. Parece ser que quen tiña que executar a sentencia e dar a orde de arrancar os escudos era un Xuíz Civil (posiblemente por ser Ribadeo Vila de Realengo, e non Vila de Abadengo, como anteriormente fora). Este xuíz non quería de ningún modo contradicir o bispo pero tampouco darlle a razón en contra do Concello de Ribadeo. Polo tanto tomou unha decisión salomónica. Nin razón para o Bispo nin para o Concello, polo que, o que mandou foi darlle a volta a pedra, ou sexa meter o brasón cara a dentro da parede, e deixar a pedra do escudo no sitio. Así sacáballe a razón o Concello, por non aparecer as Armas na parede da capela, e por outro lado tampouco lle daba a razón o Bispo, porque a pedra non se arrancaba da parede como el ordenaba. Por iso se ve unha pedra sen ningún sentido sobre o portón da entrada, a cal parece que debe ser o escudo heráldico coas Armas de Ribadeo ocultadas.
Pero ¿é isto verdade ou é unha lenda?. O caso sigue sendo embrollado, pois temos varias preguntas sen resposta. Segundo nos di Paco Lanza, colocáronse dous escudos, e ¿onde estaba o outro que gardara simetría con esta pedra central? Si estaba cada escudo, un a cada lado da porta, ¿porque entón, agora só hai unha pedra centrada sobre o portón?.
Fixándose un na obra de pedra da esquerda, segundo se mira a fachada principal, agora que está sen cales, vese como un oco cadrado tapiado, case a mesma altura que o escudo central, e a máis menos un metro do borde e a máis menos medio metro do tellado. ¿Estaría aí o outro dos escudos en liza, e así a sentenza cumpriuse a medias, por un lado, arrancouse un, e deixouse o outro co brasón ocultado, o que parece satisfixo ás partes?
Non hai maneira de sabelo de certo, a non ser que se saque a pedra e se mire a súa parte oculta. E por outro lado, ¿quen sabe a onde foi parar o escudo heráldico daquel matadoiro vello do que fala Paco Lanza, que non é o de abaixo da Rúa Nova, rúa na que eu me criei?
Ao mellor está enterrado en sabe deus que obras de recheo ou aterraplenado, pois xa sabemos que as Antigüidades de Ribadeo, están “perfectamente conservadas”... ¡¡en el fondo del mar Matarile, rile, rile!! Saudiños.
Publicado por
agremon
ás
4/23/2018 12:39:00 p.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
historia,
Pancho Campos
Un galeón anda solto.
En abril de 2013 foi presentado con todo despregue o galeón, descoberto a raíz dun dragado de novembro de 2011, e cualificado daquela como o mellor conservado do mundo(agora parece que está relativamente ben conservado, pero que non é como para levar o título, e que se ten deteriorado dende a súa descoberta). En maio de 2015 e xuño dese mesmo ano, facía entradas con el como tema. Daquela xa se constituira a asociación 'El galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo'. En 2016 National Geographic falaba del. E, agora, a Xunta prepara traballos previos, que comezarán mañá martes, para valorar o seu estado de cara a unha intervención maior en xuño.
O tema lémbrame ó do castro das Grobas, ó que agora, coido que menos dunha vez por ano, o que se lle fai é desbrozalo, pero a pesar da súa proximidade a Ribadeo e da súa potencialidade turística como enclave na costa, hai xa anos que non se lle fai nada máis.
Neste caso, a asociación dunha asociación, aínda que sexa para recadación de cartos, pode ser un alicerce para que 'as autoridades' fagan algo máis. E conta co apoio de ForSeaDiscovery.
Armada: Armada de socorro de Irlanda, posterior á Escuadra Invencible
Chegada a Ribadeo: 13 de novembro de 1597
Cargado de: Infantería e cabalos
Eslora: 34 m
Peso da carga admitida: 1000 tm
Construcción: Nápoles
Armador: Giacomo di Polo
Derradeira viaxe: De Cornualles a Ribadeo, sendo atacado no golfo de Vizcaia por dous buques holandeses e outro inglés, segundo o caderno de bitácora.
Arqueólog: Miguel San Claudio
O tema lémbrame ó do castro das Grobas, ó que agora, coido que menos dunha vez por ano, o que se lle fai é desbrozalo, pero a pesar da súa proximidade a Ribadeo e da súa potencialidade turística como enclave na costa, hai xa anos que non se lle fai nada máis.
Neste caso, a asociación dunha asociación, aínda que sexa para recadación de cartos, pode ser un alicerce para que 'as autoridades' fagan algo máis. E conta co apoio de ForSeaDiscovery.
Ficha
Nome: Santiago (S. Giacomo)Armada: Armada de socorro de Irlanda, posterior á Escuadra Invencible
Chegada a Ribadeo: 13 de novembro de 1597
Cargado de: Infantería e cabalos
Eslora: 34 m
Peso da carga admitida: 1000 tm
Construcción: Nápoles
Armador: Giacomo di Polo
Derradeira viaxe: De Cornualles a Ribadeo, sendo atacado no golfo de Vizcaia por dous buques holandeses e outro inglés, segundo o caderno de bitácora.
Arqueólog: Miguel San Claudio
(imaxe collida dunha publicación anterior no blog), representando o tramo final da ría de Ribadeo -N cara á esquerda- coa Illa Pancha ben visible, e o forte de S. Damián. |
Publicado por
agremon
ás
4/23/2018 08:05:00 a.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
castro das Grobas,
historia
20180422
Un muro a borrar?
Hai xa varias décadas que coñecín a Funfrín. Así era o alcume de Fernando, das Figueiras, e así, o coñecín eu, sen apelidos.
Hai máis dunha década que deixou este mundo. Non sei a data exacta, pero para estas verbas, pouco importa.
O que si importa, o que me fai poñer estas letras, é que algunhas das súas verbas, de queixa, protesta e acusación, quedaron pintadas en pedra. Na pedra do muro da súa finca, a que rodea a que foi a súa casa nas Figueiras. Calquera que as lea e que saiba que levan dez anos escritas pensará na razón pola que nese tempo non se retiraron. A dicir verdade, non sei nin a súa versión dos feitos ós que se refiren, e tampouco podo explicarme que perduran despois dunha década máis que por motivo de ser consideradas insignificantes. De calquera xeito, para min, un misterio.
Algunhas das pintadas:

4/22/2018 06:03:00 p.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
historia
20180420
A nova da semana? As Catedrais, claro!
Cando se move algo nas catedrais, as miradas apuntan cara ó areal dos arcos. E é que aínda que a participación non sexa fomentada (pedida si, pero non articulada), a conversión dos arcos en icono de Ribadeo leva consigo esa desviación de miradas cando o icono se ve afectado.
Hai tempo que se sabe e se ten publicado (a última de xeito oficial, no PEC) sobre os efectos negativos que o paso de milleiros de persoas ten sobre a capa límite na beira superior das catedrais. Tivo que ser un desprendemento mortal no interior dunha cova o que 'animara' a decretar a prohibición de paso pola zona. Agora, non sei se farán unha pasarela elevada para permitir vexetación en baixo dela ou non, pero a aceleración de efectos erosivos debido á desaparición da capa de manto vexetal na beira do cantil terá efectos ata que a zona se veña abaixo... Ou sexa, un efecto non só actual, senón tamén 'en diferido'.
A nota de prensa do concello:
BARCIA AGARDA MAIS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN NO AREAL
Novas medidas nas Catedrais
18/04/2018
O Concello mantén un diálogo fluído e aberto coa Xunta de Galicia para que a praia de As Catedrais siga a ser visitable, pero sobre todo para que siga a ser un lugar seguro. Ao alcalde ribadense, Fernando Suárez, parécenlle ben as últimas medidas informativas, recomendatorias e prohibitivas que está a implantar a Xunta no areal.
O alcalde ribadense declarou que "estamos a manter un diálogo fluído, sincero e aberto para que o areal siga a ser visitable pero, por riba disto, siga sendo seguro".
Suárez Barcia lembrou que "este entorno está cualificado como monumento natural, e espazo protexido da Rede Natura 2000, polo que a conservación, a xestión e a planificación son competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Máis con todo, como sempre dixemos, queremos colaborar e estamos a facelo para promover unha xestión racional deste espazo, tanto do monumento natural en si como do ámbito adxacente da súa contorna".
O rexedor sinalou que "neste senso estas medidas informativas, recomendatorias e nalgúns casos prohibitivas parécennos ben porque son adoptadas precisamente para iso, para que siga a ser visitable pero que sexa o máis seguro posible dentro do que é un espazo natural tan singular como este".
Fernando Suárez confía "en seguir traballando con esta disposición como o estamos a facer entre a Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente e máis o Concello, e confiamos tamén que en vindeiras datas poidamos seguir avanzando na implementación de medidas e na aprobación de instrumentos de ordenación para lograr que As Catedrais sigan a ser un lugar que nos enorgulleza a todos e a todas".
20180419
Unha exposición de ovos
Non é o primeiro ano que no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo organiza unha exposición de ovos con motivo literario: representar unha obra literaria de xeito comprensivo (unha escea, un persoaxe, ...). Este ano está rematándose de montar, e será visitable tamén a próxima semana na entrada do IES:
20180418
Derrumbe(s) con máis dunha década por medio
Fotos do derrumbe de onte, dende a ponte dos Santos e dende a beira da estrada ó faro. Vese claramente o lugar, xunta ó albergue de peregrinos.
Un ano despois das fotos, no día dos inocentes do 2006, comentei que seguía o valado, pero doce anos despois non é doado rememorar aquel ano de paso restrinxido cara ó faro.
A estabilización do terraplén e da calzada durou ata o momento, máis parece que vai sendo hora de reforzala. Non porque estivera mal feita nin porque caducara, senón porque o actual derrumbe, lateral, nunha zona non tratada con anterioridade, ameaza esa parte do talud saneado daquela, podéndose aprezar que baixo o manto de saneamento hai unha zona da beira sen nada detrás.
dende entón lévanse producido outros derrumbes, como o Derrumbe da atalaia, do que parece que costa xa traballo lembrarse.En fin, cousas da natureza, ás veces intervida polos humanos, pero actuando sempre.
--
Onte houbo un novo derrumbe na zona na que o 30 de decembro de 2005 outro anterior provocara o corte da estrada do faro, como se ve nas fotos daquela (publicadas en 'unha primicia en visual'):Un ano despois das fotos, no día dos inocentes do 2006, comentei que seguía o valado, pero doce anos despois non é doado rememorar aquel ano de paso restrinxido cara ó faro.
A estabilización do terraplén e da calzada durou ata o momento, máis parece que vai sendo hora de reforzala. Non porque estivera mal feita nin porque caducara, senón porque o actual derrumbe, lateral, nunha zona non tratada con anterioridade, ameaza esa parte do talud saneado daquela, podéndose aprezar que baixo o manto de saneamento hai unha zona da beira sen nada detrás.
dende entón lévanse producido outros derrumbes, como o Derrumbe da atalaia, do que parece que costa xa traballo lembrarse.En fin, cousas da natureza, ás veces intervida polos humanos, pero actuando sempre.
Publicado por
agremon
ás
4/18/2018 10:00:00 a.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
fotos,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Medio
20180417
Pouco a pouco, Ribadeo móvese
Adxunto fotos e lema transmitidos en Facebook por Suso Fernández.
Resulta que... ante o éxito dos pensionistas en mobilizarse (organizados pouco a pouco no 'Movemento en Defensa das Pensións Públicas', agora chama á mobilización todo o mundo (léase partidos, sindicatos) querendo subirse á onda. Iso si, non soen xuntarse co movemento, senón agregar a 'súa' manifestación outro día, noutro lugar... A iso chámaselle 'oportunidade', e é sinal de vitoria básica e de loita por controlar e reconducir isa vitoria. Lembro que me comentarion que na primeira manifestación en Ribadeo, saiu por casualidade o alcalde e preguntou que era aquelo. Despois, viu a foto e a nota de prensa. Onte tamén houbo nota de prensa:
É A SEGUNDA QUE SE CELEBRA EN 24 HORAS
Concentración dos pensionistas
16/04/2018
Unha protesta que é por todos, pois todos aspiramos a chegar a esa idade de xubilación.
O futuro? veremos. Omovemento é victorioso. A xestión da victoria están tentando arrebatarlla.
Resulta que... ante o éxito dos pensionistas en mobilizarse (organizados pouco a pouco no 'Movemento en Defensa das Pensións Públicas', agora chama á mobilización todo o mundo (léase partidos, sindicatos) querendo subirse á onda. Iso si, non soen xuntarse co movemento, senón agregar a 'súa' manifestación outro día, noutro lugar... A iso chámaselle 'oportunidade', e é sinal de vitoria básica e de loita por controlar e reconducir isa vitoria. Lembro que me comentarion que na primeira manifestación en Ribadeo, saiu por casualidade o alcalde e preguntou que era aquelo. Despois, viu a foto e a nota de prensa. Onte tamén houbo nota de prensa:
É A SEGUNDA QUE SE CELEBRA EN 24 HORAS
Concentración dos pensionistas
16/04/2018
Ducias de pensionistas se concentraron esta mañá, ás doce, ás portas do Concello de Ribadeo en demanda dunhas pensións dignas. Dúas pancantas grandes e varias pequenas nas que se podían ler mensaxes como "SOS. Pensións públicas si, privadas non" ou "Pensións dignas xa" protagonizaron a movilización. A carón dos pensionistas estivo o alcalde ribadense, Fernando Suárez.
Se se compara coa foto correspondente á segunda semana de manifestación (abaixo, tamén foto de Suso do 20180221), na que xa aumentara a xente de xeito considerable, pode colixirse a evolución positiva da protesta. Unha protesta que é por todos, pois todos aspiramos a chegar a esa idade de xubilación.
O futuro? veremos. Omovemento é victorioso. A xestión da victoria están tentando arrebatarlla.
Publicado por
agremon
ás
4/17/2018 08:36:00 a.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
economía,
pensións,
Suso Fernández
20180415
Non importa non habelo podido publicar a tempo. Hai cousas ás que non se lle pasa o momento
Dous días despois da nota que adxunto, do concello, sigo a pensar o mesmo: é unha moi boa nova. Un paso máis no traballo comezado dende a Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo por José Mª Rodríguez e que aínda non rematou (como tampouco a actividade da Plataforma).
Novas
BARCIA: "POR DÍAS COMA ESTE VALE A PENA LOITAR"
Residencia de maiores
13/04/2018
O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de boa nova o convenio asinado entre Concello e Deputación para a posta en marcha da residencia de maiores, que hoxe foi refrendado na xunta de goberno da institución provincial. O rexedor asegura que por días como este está orgulloso de estar en política e que por días como este vale a pena loitar. Engade que o traballo debe seguir a partires de agora, e que entre os asuntos pendentes está a petición do permiso de inicio de actividade á Xunta, que agarda que sexa concedido sen problema.
Suárez Barcia declarou que "é unha moi boa noticia para Ribadeo, e emocióname dicir que hoxe é un destes días nos que un se sinte orgulloso de estar en política, e é un destes días polos que un sinte que vale a pena loitar a pesar dos problemas que moitas veces poidamos ter".
O alcalde dixo que "este convenio entre a Deputación e o Concello de Ribadeo, que agora tamén a parte do Concello ven de ser refrendado pola xunta de goberno da Deputación de Lugo, ten ao noso xuízo, o mellor da política e o mellor da xestión que poida existir".
O rexedor ribadense engadiu que "ten o mellor da xestión porque ten as achegas dos mellores técnicos, tanto do Concello como da Deputación, en todo este proceso de varios meses de traballo duro e discreto. Ten ao mesmo tempo o mellor da política porque, aínda que os gobernos dunha e doutra institución non somos da mesma cor política, si que soubemos deixar as diferenzas a un lado, que non hai moitas, e apostar dentro da legalidade por poder ter o mellor servizo, os mellores prezos, as mellores calidades, e as mellores garantías para os futuros usuarios e usuarias desta nova residencia, que non son outros que os nosos paisanos tanto os do noso concello prioritariamente como despois os da comarca e, se quedan prazas libres, os da provincia".
Fernando Suárez quixo "deixar claro que a formación política da que formamos parte o goberno municipal de Ribadeo tamén apostou e aposta claramente en favor deste xeito de facer política. Isto non é nin máis nin menos que poñer os instrumentos públicos que existen para facer política a favor da xente, porque a ela nos debemos e a ela debemos servir".
O alcalde comentou que "agora nos vindeiros días temos que seguir traballando para cumprimentar a documentación que falta como a ordenanza económica, o regulamento de xestión, de acceso, etc… Ao mesmo tempo isto é necesario para pedirlle á Xunta o permiso de inicio de actividade, un papeliño sen máis, pero que confiamos non ter problema algún, xa que se desde o inicio de todo este proceso, desde hai varios anos, a Xunta non puxo un peso en toda esta acción polo menos que non poña máis paus nas rodas ao que é o noso soño colectivo, noso da unanimidade da Corporación e da unanimidade da xente de Ribadeo, que é a nova residencia para maiores".
-
Que si, que sempre se pode facer mellor... e peor!

4/15/2018 09:02:00 p.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
residencia
20180412
Festival de Swing 2018
PROGRAMA:
venres 13 abril:
21:30 recepción na sala Rosalar Ribadeo
22:00 taster de baile rock'n'roll
23:00 concerto da bigband The Swingtonized BAND
01:00 festa swing na sala Rosalar Ribadeo
sábado 14 abril:
10:30 recepción no Teatro de Ribadeo
12:45 - 14:14 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo.
14:30 xantar
18:15 - 19:15 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo
22:30 concerto de Viajeros del Swing no Teatro (organiza Concello de Ribadeo. Prezo 4 €)
00:30 festa swing na discoteca Molino ribadeo
domingo 15 abril:
12:30 vermú swing e Feira de Pasos no Cantón (na praza de abastos, se chove)
14:30 entrega de premios
Publicado por
agremon
ás
4/12/2018 07:46:00 p.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Música
Placas en Porcillán
Hai xa meses que o blog comezou a conter fotos das novas placas descritivas de Sargadelos, que describen trinta lugares do rueiro de Ribadeo. Dende aquela, publicouse un folleto recollendo o seu contido, mais coido non da unha idea adecuada da beleza das placas, polo que sigo recollendo fotos ata completar o conxunto. Hoxe tocoulle a Porcillán, que a máis da da aduana, ten dúas placas:
Máis das novas placas descritivas:
Placas de Sargadelos, Máis placas de Sargadelos informativas, Letreiros para coñecer Ribadeo, Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo, Nota do concello: Arte e historia. Rúas e Sargadelos

4/12/2018 08:03:00 a.m.
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
fotos,
Fotos Ribadeo,
historia
20180410
En loita polas pensións, sección Ribadeo
Publicado no muro de Facebook do Movemento en Defensa das Pensións Públicas, Ribadeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)