Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

20250225

Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar

220225 Queremos Galego remate da manifestación na praza do obradoiro 23 de febreiro CC-BY-NC-SA Ana G. Liste. Collido de https://praza.gal/politica/clamor-masivo-por-un-galego-vital

Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar

     Vexo nun xornal, na súa portada, que milleiros de galegos ‘pedían’ onte, día de Rosalía, por unha lingua vital. No interior, a noticia empregaba outro verbo. Alí, os manifestantes (de novo sen número preciso), ‘reivindicaban’. As verbas cárgaas o diaño, aínda que poda ser máis evidente o que se decide dicir e o que se decide non dicir. Vexamos se non o dicionario da RAG.

    Alí, 'Pedir' é facer coñecer a alguén o que se desexa que dea, conceda ou faga, manifestar o desexo de, solicitar aos pais o permiso (para casar coa filla), desexar ou esperar obter algo de..., solicitar ou suplicar esmola... Os sinónimos van de pregar e rogar a mendigar. Habería que ver o significado concreto que tiña na mente o redactor do titular, que hai abano abondo, pero a deriva xeral do termo coido que está abondo clara.

    Imos polo outro termo. No dicionario da Real Academia Galega aparece 'Reivindicar' como pedir ou esixir unha cousa á que se cre ter dereito. Pode que clarifique máis o único sinónimo que aparece: reclamar. Xa non se trata da posibilidade de desexo, de concesións, de esperar obter, de solicitar, de suplicar, de mendigar. Non. Reclámase ou esíxese a aplicación dun dereito.

    Na práctica, a diferenza está en que os manifestantes non mendigaban, algo que enfocaba o primeiro titular a pesar da foto adxunta que indicaba algo do tamaño da manifestación. Non, os participantes eran conscientes dun dereito do que reclamaban a súa aplicación. Algo que só aparecía no titular do interior do xornal. Reclamábano aplicando a reclamación: o galego, reclamado como lingua vital, foi reclamado en galego, vitalizando a lingua. Claro que o xornal ó que me refiro non acostuma a usar o galego se non é moi por tras do emprego do castelán. Será entón a explicación do mal uso das palabras a súa pouca mestría en galego? Tras botar unha ollada ó dicionario da Real Academia Española, diría que non, que non hai lugar a confusión porque en castelán hai diferenzas semellantes entre as palabras...

    Antes de continuar, de novo o dicionario para recalar en 'vital': relativo ou pertencente á vida. Que é necesario para a vida. É dicir, esencial. Mais tamén pode ser ‘que demostra vitalidade’, é dicir, a característica do que ten moita actividade, de quen actúa con enerxía e decisión. Iso, polo de 'lingua vital'. Os manifestantes tíñano claro: o galego é unha lingua vital. Aínda que mirando as estatísticas poda dicirse que xa o ten sido máis e que leva camiño cara a deixar de selo.

    E aquí, a continuación: 'non só se defende a lingua tras dunha pancarta'. Esa cita, segundo o xornal, do conselleiro do ramo, quere orientar a unha visión na que 'os que van tras a pancarta' só defenderían a lingua dese xeito, mentres que quen non está detrás dela -como o conselleiro- tería toda unha gama de posibilidades que estaría usando. Sen entrar na cuestión de que defender implica un recoñecemento implícito de que está a ser atacado, polo momento, desa defensa pola súa parte, o que hai é -só e evidentemente- que non ía detrás da pancarta. O resto de feitos indicarían máis ben que está a favor de mínimos para o galego, non da súa ‘defensa’.

20250223

Celebración do día de Rosalía en Ribadeo 2025

    Este sábado 22 de febreiro a A.C. Francisco Lanza celebrou o día de Rosalía. Cun pouco de antelación para non coincidir coa manifestación en Santiago en defensa da lingua, arredor dun xantar en base ó caldo de gloria (inspirado no seu poema 'Miña casiña, meu lar') no material, e á confraternidade no que poderiamos chamar espiritual, desenvolvéronse unha serie de actividades, entre as que estiveron lectura de poesías polos máis pequenos, a estrea dunha peza musical de Eli García Bouso, acompañado por Toño Martínez, ou a interpretación de Farruco Graña acompañado dos anteriores, antes do xantar. E, despois, un pequeno recital libre, de poemas de Rosalía.

    Adxunta queda algunha foto, tres vídeos (ó non quedar gravado completo a peza de estrea, adxunto tamén a peza completa interpretada por Eli e a súa filla Mariña, nun vídeo que me pasou o autor), o cartón da celebración e o mantel, tamén ambos deseñados para a ocasión, este último co ramiño de heliotropo, a flor preferída de Rosalía, que nos atopamos ó chegar á mesa. [Unha nota: como complemento, achégase ó final unha foto de Pancho Campos da manifestación do día 23 pola lingua, en Santiago, xa na praza do Obradoiro].

    A tarxeta da comida:


    O mantel:
 

    Os vídeos:




    O día seguinte, en Santiago, 60 000 persoas...


20241031

Unha placa, unha memoria, en galego

    Remata de chegar a min a seguinte imaxe:

 

    O texto que a acompañaba era sinxelo: "Inaugurada hoxe na entrada ó cemiterio municipal  por iniciativa da Agrupación Cultural Francisco Lanza."

    A pesar da sinxeleza, coido que abonda para dar a nova dunha homenaxe ó galego encarnado nas persoas que o teñen usado e xa non poden facelo. 

--

Ampliación: https://www.ribadeando.com/2024/11/unha-placa-unha-memoria-en-galego-ii.html

20241027

Un podcast sobre ribadeando (xerado artificialmente e en inglés)

     Hoxe fixen un novo podcast como presentación de Ribadeando. Cabe dicir que foi un experimento (polo momento, debo tomalo como unha experiencia máis) do uso de outra ferramenta de IA, o NotebookLM de Google, que permite facer un podcast en base a documentos que se lle suban á plataforma. A única opción que ten hoxe por hoxe é o inglés norteamericano, co que as dúas voces xeradas, unha de muller e outre de home, falan do blog en inglés. Déixoo aquí só a modo de curiosidade, aínda que tentarei integrar este tipo de podcasts no blog cara ó futuro, na presunción de que se ben aínda está só en inglés, chegará un momento no que tamén integre o galego, digamos que un pouco ó rebufo do que se lles pode escoitar ás voces é un 'fantástico blog' que tenta potenciar esta fermosa lingua que é o galego (algo diso tamén din). Polo de agora, queda esta peza falando de xeito xeral...

20241017

Nós e ti

Captura de pantalla do sistema de recollida de voces do Proxecto Nós. Lic. CC BY SA 3.0 de Mozilla Foundation

Nós e ti

    Non, o título non trata da antiga revista Nós, nin tampouco (aínda que algo si) do nós como conxunto galego, senón dun proxecto de promoción da intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, conxunto entre a Universidade de Compostela a través do CITIUS e a Xunta de Galicia co ILG, usando o sistema e repositorio commonvoice da Mozilla Foundation (os mantedores do navegador Firefox, entre outros programas libres de uso común).

    O proxecto Nós remata de pasar por Ribadeo recollendo voces. Sons necesarios para que a IA fale galego, poda traducir, ler un texto ou escribir a ditado. Na rede pódese procurar unha morea de información sobre o que están a facer, dende o que é o proxecto (https://huggingface.co/proxectonos) ó repositorio de voces galegas recollidas ata o momento (https://commonvoice.mozilla.org/gl/datasets), pasando polos aínda nacentes programas experimentais de tradución (https://tradutor.nos.gal/traducir/index), recoñecemento da fala (https://asr.nos.gal/), sintetizador de voz (https://tts.nos.gal/) ou o sistema de recollida de voces (https://commonvoice.mozilla.org/gl/speak ou en https://doagalego.nos.gal/). Sistema este último no que te podes rexistrar e gravar dende unhas poucas frases a horas de lectura, e que se se usara abondo, evitaría ter que facer encontros como o mantido en Ribadeo para potenciar a necesaria recollida de voces.

    Entendo que o proxecto solapa nalgures con outros existentes no país, como no caso da tradución co tradutor apertium (https://beta.apertium.org/index.glg.html#?dir=glg-eng&q=vuelapluma) que en Galicia levaba a Universidade de Vigo. Solapa a conto do xurdimento da IA, á que se lle supón que mellorará todos estes tipos de programas, unha vez feita a colleita de inxentes cantidades de datos diversos. De aí o novo proxecto e o paso da xente do Proxecto Nós por Ribadeo e outros lugares.

    O proxecto é de beneficio xeral. Xa, dende agora mesmo, calquera pode usar libremente os datos que se van almacenando na Fundación Mozilla, e esa apertura e liberdade, na estela do software libre, está demostrado que é un puntal máis non só para o seu rendemento actual ou próximo, senón tamén para o seu medre futuro. Claro que que un proxecto sexa de software libre e con apoio institucional non implica que sempre vaia funcionar ben; esperemos que desta volta siga a liña maioritaria de proxectos deste tipo e produza bos rendementos sociais e económicos.

    De xeito independente ó anterior, por outra banda, o incluír a propia voz nun proxecto común, a máis da creación e participación comunitaria, ten sempre algo de particular, de proxección propia cara ó futuro. Anímaste a participar?    

20241014

Retrocedendo, que é xerundio!

 

Retrocedendo, que é xerundio!

    Un ano máis, diversas análises que se van facendo de ano en ano e que neste 2024 viñeron a cristalizar hai pouco cos datos do IGE, manifestan nos seus informes un deterioro do galego. Poden verse os datos obtidos a partir da páxina https://www.ige.gal/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0206004. Entendámonos, as análises anteditas refírense ó retroceso no uso da lingua, pero, como se ten repetido moitas veces, o galego (lingua) como vehículo de transmisión é algo así como a proa do galego en sentido amplo: da identidade galega, do ‘espírito’, da demografía e ata en certo xeito, da economía galega entendendo como tal a que ten a cabeza impositiva en Galicia e non no paraíso fiscal madrileño, aínda que produza na terra dos mil ríos.

    A lingua non deixa de ser, en termos económicos, un capital, un recurso que máis ou menos pode cuantificarse cun valor. Ó fin, non se di que o principal activo económico do Reino Unido da Gran Bretaña é o inglés? Pois ben, a ‘empresa-galego’ tal parece que está nun decaemento imparable que leva directo á súa bancarrota, arrastrando consigo a parte (pode parecer pequena, pero polo momento non tanto, por moito que estea a encoller) da economía, e representando un aspecto negativo para o conxunto do desenvolvemento económico.

    Digo o anterior como lembranza e como o aviso dunha posta en valor que non se soe facer en relación á nosa lingua, nun mundo no que os cartos soen poñerse moitas veces como valor primeiro, non porque (eu) considere que así deba ser.

    O caso é que mesmo nunha situación de baixa non só continuada senón tamén acelerada, dende a institución ‘Xunta’ acalan a animosidade dicindo algo así como que o galego aínda é maioritario (‘O secretario xeral de Política Lingüística non ve “hexemonía do castelán”’), por moito que os números amosen outra realidade e como se esa afirmación fixera de motivo desestimante ou mesmo deslexitimador de cambios necesarios no manexo lingüístico.

    O caso é (tamén) que o galego está pasando a ser cousa de vellos en idade (en espírito, habería que fiar máis fino), tendo unha composición de usuarios (parlantes sobre todo, máis que escribintes) máis desequilibrada aínda da que se pode observar na pirámide de poboación. Un gráfico, por certo, que coido sería moi ilustrativo, non teño visto en ningures e non teño feito por unha mistura de medo e vagancia.

    Levo moito tempo pensando que debemos de enfrontar como sociedade ese retroceso,. Non só dende as institucións, senón que tamén nos toca a cada un de nós, galegofalantes, tentar non só de usalo nos intercambios diarios, senón de estendelo mediante a creación e a súa difusión, o impulso da ciencia ou da economía, en fin, mediante a nosa contribución individual e coordinada ó seu florecemento mil primaveras máis.

20240704

A CAMBELA. José María Rodríguez Díaz (2010)

    Un estudo toponínimco no que por cuestións da recollida de datos pola miña parte, non estou seguro de que a verba 'Carrancán' sexa oun outra vocal final acentuada diferente do a que aparece.

Sábado, 16 de octubre de 2010

A CAMBELA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:29

Los muchos errores que plagan impunemente los mapas que describen nuestra geografía local están contribuyendo de forma muy considerable a deformar nuestra historia y nuestra cultura. Mapas sin apenas rigor científico alguno, confeccionados en las mesas de los despachos, sin apeonar del terreno, como sucede con el que sirve de base al Plan General de Urbanismo de Ribadeo o el del Plan de Ordenación del Litoral de Galicia en el ámbito del concejo de Ribadeo. Ambos están plagados de errores toponímicos y geográficos, hasta el punto de que su fiabilidad queda en entredicho.

Un buen ejemplo de ello son, tanto la denominación errónea de 'Casas de Abaixo' que en los citados mapas se da a la industria AROMAR, instalada en las proximidades de la playa de Rocas Blancas, como al topánimo 'A Casa de Cambelo' con el que se denomina a una de las casas que forman el barrio compuesto por las casas de A Chousa, O Carrancán y A Cambela, barrio denominado 'As Casas de Abaixo', en Vilaselán.

El topánimo correcto de este lugar es 'Casa da Cambela' y no 'Casa de Cambelo', como se refleja en los referidos mapas. Cambela es una palabra derivada de la raíz celta *Camb, que pasó al gallego como Camba o Comba, con el significado de 'cosa curvada', que en este caso alude a las características orográficas del perfil curvado y redondeado de la pequeña colina en la que se ubica la casa. Con el añadido del sufijo diminutivo de base orográfica -ela añadido a Camba forma el topánimo Cambela, 'terreno con forma de pequeña colina'.

Y así, bajo esta forma, está recogido este topánimo en toda la documentación medieval que hace referencia a esta casa. En un documento del año 1453, correspondiente a la Colección Diplomática de la Catedral de Mondoñedo, por el que el obispo don Alonso Segura acuerda unir a la mesa del cabildo de la catedral de Mondoñedo las rentas de una tercera parte sin dura de la iglesia de Vilaselán, se dice: "a qual carta leuou para garda do dito cabidoo et estando presentes Juan Ramos et Fernan Ramos et Juan Alonso de Canbela fligueses da dita iglesia de Vilaselán". Y así sigue apareciendo citado años más tarde en los múltiples documentos que componen el expediente de la única contribución, conocido como Catastro del Marqués de la Ensenada, elaborado en el año 1752, relativos a la parroquia de Vilaselán. En la respuesta al número quince del Interrogatorio de dicho Catastro, se puede leer, por ejemplo: "la concepción del diezmo correspondiente a las tierras que en las vegas de la torre de el Castillo, Chousa y Canvela pertenecen al convento de religiosas de Santa Clara". He aquí sólo dos testimonios de los muchos que se pueden encontrar en la literatura documental de la Edad Media y Moderna relativos a esta zona. El empleo indistinto de la b o la v carece de importancia dado que en esos tiempos su uso no estaba regulado por la normativa y se empleaba indistintamente cualquiera de las dos formas.

Es, pues, evidente que el nombre Cambela no se refiere ni a la casa ni a la familia que la habita, sino al conjunto del entorno geográfico en el que está ubicada y a la que pertenece la casa, es decir, a la forma redondeada de la suave colina que se forma entre las dos curvas del río.

A lo largo de la geografía de las cuatro provincias gallegas existen múltiples lugares con el apelativo de Camba correspondientes a parroquias, como las de Castro Caldelas, Leza o Rodeiro, o montes con este topánimo, relacionados siempre con la forma curvada de la orografía del terreno, como es el monte de Camba, situado en la entrada a Mondoñedo. Con este mismo significado aparece, también, en los diccionarios gallegos este nombre en su forma adjetiva, cambelo o cambeleiro, para designar con el a una persona con las piernas torcidas, o a algún otro objeto curvado, como las piezas que en forma de arco constituyen la rueda del carro. O el nombre de gambito ( con normal evolución de la c- que se transforma en g- como en lacus > lago o ecclesia > iglesia), como se denomina al palo curvado que se utilizaba para colgar los cerdos después de muertos para extraerles las entrañas. O la variante combado, (con disimilación vocálica de la -a- por -o- para romper la cacofonía), adjetivo con el que se designa cualquier objeto curvado.

Designar, pues, con el nombre de Cambelo a la casa o a las personas que habitaban la casa, no es más que personificar un nombre que, en realidad, le viene dado por el entorno en el que está ubicada la casa, que no es otro que el de A Cambela.

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20240517

Un 17 de maio, o galego non quita o saio

Xela Arias e Luísa Villalta, en imaxes collidas de Wikimedia Commons, lic. CC BY SA 3.0 e 4.0 respectivamente, realizadas por Santos Díez e Eduardo Castro Bal, e Dende

    Parafraseando o de 'ate o corenta de maio non quites o saio', non está o galego para, a 17 de maio de 2024, quitarse o saio. Por moito que unha nova poeta (nova por ser a nova homenaxeada, pero tamén por ter pasado aínda nova), Luísa Villalta, apareza como un incremento de valor da lingua, por moito que en Ribadeo se lembre neste día o pasamento de Hernán Naval, por moito que en Pontedeume se faga un roteiro celebrando a escritores relacionados coa vila, por moito que se celebren diversas feiras do libro (en teoría, do libro galego'), por moito máis, a debilidade relativa da nosa lingua vai facéndose máis e máis patente a medida que pasa o tempo. E aínda que hai culpables, si, nun día de celebración, coido que o momento de mirar adiante, organizármonos, traballar, producir e vivir en galego, e facer que a nosa lingua siga tendo pegada, tendo futuro, tendo 'mil primaveras máis'.

    E abaixo, para remarcar o día, deixo unha gravación feita por unha amiga para o día das Letras Galegas commemorativo de Xela Arias:

Poemas Xela Arias 2 from lingualiza on Vimeo.

20240419

O Xabarín, cazado (El xabarín, cazado)

 

Logotipo do programa, no Dominio Público

O Xabarín, cazado (El Xabarín, cazado)

    Trinta anos. Ás seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai 30 anos, comezou a emitirse na TVG o Xabarín Club. Coido que é unha data para a historia en Galicia. Unha data na que a TVG se converteu nun vehículo de revitalización do galego, nun polo de atracción para as futuras xeracións de galegos, ó tempo que fixo patente a posibilidade de que o galego levantara voo.

    Tempo hai diso, máis dunha xeración das antigas e cousa dunha das modernas, e aquela esperanza vese agora como ferida case de morte. Dende aquela, a TVG pasou a ser medio de propaganda por riba da difusión de novas ou o entretemento. Pasou a ter durante anos o persoal en protesta, por moito que o mesmo medio e outros, regados con cartos de propaganda e que seguen a difundirse en castelán, agochen un e outro día a nova da loita laboral e de dereitos que nos inclúe e inflúe. Dende aquela, a proporción de galegofalantes seguiu a caer, empurrada por unha esmagante maioría de comunicacións e estudos en castelán. Algo axudado dende algunhas -moitas- empresas que en casos sinalados mesmo teñen mal visto o falar dos empregados cos clientes na nosa lingua. Axudado tamén pola despreocupación de integrar a unha inmigración que xa é en gran parte castelán falante. E axudado pola eliminación do que quizais foi o programa de máis impacto da TVG, o Xabarín, xunto co conxunto de ligazóns que representaba o Xabarín Club. Un conxunto que parece seguir a secuela daqueles lemas da posguerra que en pasquíns proclamaban cousas como 'Si eres español, habla español', como se só houbera un xeito, ditado (de ditadura) en castelán.

    Unha imaxe para que se entenda: o porco bravo é un animal gregario, que se reproduce e adáptase ben na actualidade, invadindo coa súa presenza lugares nos que non estabamos afeitos a velo durante moitas xeracións. Lugares que por iso consideramos ‘nosos’. De aí que se combata, se cace e tente eliminar, non vaia ser que coma terreo de por si e desprace ós que nos consideramos humanos e polo tanto, ‘o máis do máis’ como ‘reis da creación’. Algo así deberon pensar algunhas persoas fronte ó Xabarín, visto como un programa que estaba facendo pobo, que estaba a deixar pegada en lugares onde o galego xa non se sentía, que se estaba a reproducir e ameazaba co seu éxito á lingua dominante. E o Xabarín foi cazado. Os seus 'fillos', algúns, van polo carreiro que marcou; outros, moitas veces sen decatarse, van por unha senda que lles trazan.

    Como nota final, pregúntome: e, será necesario traducir o artigo?


20230612

Recuncho da lectura: Terapias de parella

 

Terapias de parella

    O outro día, pasando por Santiago, topei coa SELIC. Si, unha feira do libro, aínda que cunha orientación que entendo máis cálida ca outras, quizais máis cara á lectura.

    Unha carpa de beiras transparentes na Quintana de Mortos daba acubillo á exposición de libros, en andeis agrupados por expositores, a máis dun pequeno espazo para presentacións e actividades en xeral. A súa disposición chamoume a atención, e non resistín a facer unha pequena escapada no seu interior, para ver o que era aquelo máis que para curiosear en libros. Xusto á entrada, por onde accedín, estaban os andeis da propia SELIC e chamáronme a atención aqueles pequenos volumes de colección. Detínme o mínimo imprescindible mais a persoa que estaba ó cargo achegouse e díxome que podía coller un, sempre e cando enchera unha enquisa que viña no programa, que me pasou. Dito e feito, a enquisa consistía en escribir unha palabra que tivera 'l' e que asociara coa lectura -que mellor que 'liberdade'?, pensei; foi logo cando me decatei de que é unha das que aparece na portada do programa- o nome e o lugar de onde proviña. E collín un dos libriños, Terapias de parella. Non creo que chegaran a dous minutos máis o que pasei na SELIC 2023. Abondo para causarme unha boa sensación cos eus estantes-librería por stands e o seu desenfado de proximidade como gancho.

    Foi despois, de volta á casa, cando lin o curto Terapias de parella (non ten ISBN, pero si Depósto Legal, C 1024/2018, pois aínda que na edición, o 'C' non aparece, supóñollo ó ser editado e producido en Santiago), antoloxía de seis contos feita por Pepe Sendón que comeza cunha sinxela pero reveladoramente entrañable trama de Chejov, 'Un calendario vivo', de escasas seiscentas palabras -vez e media este escrito- e que é unha perla que anima a seguir na lectura. Os seguintes contos, todos curtos, de dimensións parellas, todos sobre o tema baixo o título, de Kate Chopin, Colette, Guy de Maupassant, Robert Barr e Marcel Proust non desmerecen o primeiro, cada un no seu estilo, xa sexa iluminando a intelixencia ou extraendo un sorriso, facendo que enfoquemos as relacións entre sexos de máis maneiras que contos presentes. Velaí a riqueza que a liberdade da lectura nos dá.

    Unha nota: A Selic 2023 (http://selic.gal) está tendo lugar aínda cando isto escribo. Desenvólvese entre o 9 de o 18 de xuño, e a máis da mostra de libros, aglutina actividades como varios paseos literarios, na procura de plantas, maxia ou escultura, en ou fóra de Compostela, con lecturas dramatizadas, charlas, sinaturas ou contacontos -moitas deles gravadas e dispoñibles na súa web-, sen faltar por suposto algunhas notas musicais ou talleres para os máis pequenos.

20230518

Pasou o día das letras galegas

Pasou o día das letras galegas

    Si, foi onte, lembras? O día onde os discursos máis ou menos en galego encheron as novas comentadas máis dunha vez en castelán. Si, en Galicia e en medios galegos, que tentei mergullarme nalgún estatal (por ser madrileño, din) e nin unha liña aparecía adicada ó feito do día nesa apartada e esquecida punta noroeste que somos na referencia xeográfica. Contraste con outras datas, a falta de equivalentes na lingua, que poideran considerarse da categoría, como a Diada ou o Aberri Eguna. Pero xa estamos afeitos.

    Hoxe é 18 de maio, e, que temos no xornal?. Miro un 'galego 100 %', din, e atópome con 48 páxinas das que adican á nova de onte media páxina en galego, xunto con unha columna ó final e un comentario de exactamente sete liñas noutra columna de comentarios de cine, en relación a unha película que botan esta noite pola galega. Tamén hai algún anuncio en galego, que non se diga que as subvencións non se usan para promover a lingua.

    Escapáraseme outro cadro de texto en galego, media páxina que tenta condensar un paseo cunha alcaldesa que, que casualidade, é do BNG. Siglas que por certo, a pesar do dito, aparecen abondas liñas máis abaixo de ser citados os dous 'grandes partidos'.

    E mañá? Mañá desaparecerá o comentario do transcurso ó día das letras. Dos outros, non sei...

A que así parece que o negro galego é máis negro e ocupa case todo o espazo?

20230517

Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas

Hernán, en debuxo propio, e del Riego, de foto en dominio público.

Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas

    Comecei a matinar nisto do Recuncho da Lectura hai cousa duns meses. Daquela a plataforma que estaba a usar para comentar lecturas en internet, Goodreads, do grupo Alphabet (Google) comezou a non deixarme meter máis libros novos. E como pouco se ocupa dos libros en galego... xa teño varios lidos e sen comentar. Non é que sexa especialmente dado a comentar os libros que leo, pero vexo unha discriminación o non poder facelo. Sei que en algún momento chegarán eses títulos á plataforma e poderei comentalos, pero trátase tamén da autonomía. Miña, e por suposto, da lingua e de todos. Por un tempo amañei a cousa solicitando al alguén que tiña permiso que colgara eses libros en internet, pero hoxe por hoxe, a plataforma nin permite facer comentarios encabezados por un título sobre libros que non esté xa cargados, co que o proceso vai dificultándose. Por iso, como alternativa, aínda que sexa moi secundaria en importancia en relación coa difusión que podía ter na plataforma, deixarei aquí comentarios -sucintos, como viña a facer en Goodreads- sobre algún libro que vou lendo en galego. O nome ven dun 'Recuncho da lectura' (aquí, en Internet Archive no 1998) que mantiven literalmente o século pasado na miña primeira páxina web, adicado tamén á lectura en galego. Unha nota final a esta introdución: se é o funcionamento de Goodreads o que me impulsa a facer esta entrada e outras que é previsible que veñan despois, nestes momentos, o blog tamén está sobre unha plataforma de Alphabet, Blogger.

-   A gran novela galega, de César Cequeliños. Morgante edicións, 2023, ISBN9788419040077. Unha pequena e divertida sátira do que non se soe ver que fai quen dirixe os directores a industria da cultura galega. Pode que intranscendente literariamente, pero a súa referencia á estrutura da mecánica literaria en Galicia e a súa linguaxe coloquial fan dela unha obra que non apetece deixar ata que chega o final.

-    E agora pasa un tren, un libro da vella colección Mandaio de Biblos, de Lito Caramés, 2005, ISBN8493412643. Non me gustou, pero aí está. É un batido de relatos curtos relacionado co tren (ás veces, moi  moi pouco), dos que algún daría para algo máis desenvolto.

-    Flores de ferro. ISBN: 978-84-9151-491-6. Ed. Galaxia. O último libro tratado no club de lectura do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Electriza pouco a pouco sen chegar a electrocutar. Non fala dos tempos da guerra, fala de xente que viviu nun tempo así. Que sobreviviu. E do mundo que quedou con esa supervivencia. Gustoume moito, aínda que polo medio se coe algunha pequena incongruencia, como o cálculo do tempo en chegar a Briana, e aínda que a resolución da historia e o seu desenvolvemento acalen a apetencia por un uso da lingua máis rico, pero que non se bota de menos.

    Xunto con ambas reseñas, as lembranzas. A primeira para Rosalía, na orixe da elección da data do 17 de maio, coa difusión de 'Cantares Galegos'.

    A segunda, para Francisco Fernández del Riego, a quen está adicado o día este 2023.

    E a terceira lembranza, para Hernán Naval, quen rexistrou unha noite como a pasada de hai xa 22 anos o seu pasamento.

    --

    Despois de rematar e publicar chego a outra cousa que engado. Hoxe cumpriríanse os sesenta anos do que está definido no texto que collo como primeiro acto galeguista da postguerra en Ribadeo. Realizado nun recreo do sexto curso na Academia en 1963, léronse poemas de Rosalía e un texto sobre ela, con asistencia de toda a clase, e duración dunha media hora. Non se sabe se a dirección da Academia non se enterou ou non se quixo enterar. Na mesa estaban tres persoas; dúas xa non están, Álvaro Lamas e Montserrat Miró, e a terceira sería quen o escribiu hoxe no Facebook, Evaristo Lombardero.

 

20230312

8 de marzo noutra clave

Captura de pantalla de https://gl.wikipedia.org; lic. CC BY SA 3.0

8 de marzo noutra clave

    Pasou outro oito de marzo coa bandeira da igualdade, reivindicando e celebrando en clave de xénero. E moito se podería dicir delo. Mais o 8M pode ter outras connotacións, se se quere máis humildes ou menos coñecidas, pero que ven ben non esquecer. Por exemplo, o ser a data na que se comezou a Galipedia, a Wikipedia en galego, https://gl.wikipedia.org, unha entidade que o pasado 8 de marzo cumpriu 20 anos.

    Da Wikipedia en xeral e da Galipedia en particular, tamén poden dicirse moitas cousas. Unha das últimas que viñeron a incorporarse a esa lista é a que apareceu case o mesmo día 8 nunha noticia sobre unha pretendida clasificación internacional das linguas xestionada por institucións francesas. A clasificación abrangue esta edición algo máis de 600 linguas, entendendo que estarían máis ou menos as máis relevantes. Pode consultarse en https://www.calameo.com/read/0053751144b5e886a29e9. Resulta que o galego estaría nun posto 37 entre os milleiros de linguas faladas pola humanidade hoxe . Coido que habería moito que argumentar ó estudo clasificatorio e ó posto do galego nel, cando o catalán está no posto 12, o asturiano no 50 e o eúscaro xusto por detrás do galego, posto 38. Mais polo que traio esa noticia aquí é porque algúns dos criterios considerados para a clasificación son a presenza da lingua correspondente en internet en xeral, e na Wikipedia, en particular.

    Así eses 20 anos que xa cumpriu a Galipedia, con case 200 000 artigos que teñen feito dela xa dende hai anos, a maior enciclopedia en galego que ten existido, alumean unha traxectoria de soporte lingüístico e de coñecemento recoñecido a nivel mundial, pero moitas veces ignorado na propia terra. Así, non é raro atopar quen descoñece a existencia da Galipedia ou quen non a considera para o seu uso, cando se ben ten menos artigos que a versión en castelán, que, á súa volta, ten menos que a versión en inglés, tamén hai temáticas concretas que trata en máis profundidade que ambas, e outras moitas que, aínda que non teña entradas en tanta cantidade e tan desenvoltas como elas, son abondo explicativas e útis para o seu uso diario. Por suposto, sobre a calidade dos artigos, que na versión inglesa vai quince anos que diversos estudos indicaron que superou a daquela icónica Enciclopedia Britannica, e que segue a mellorar, non vou falar máis.

    E, lembrando de novo a celebración coincidente no tempo do día da muller, dicir que na Galipedia (e en xeral na Wikipedia) tense detectado dende hai tempo unha fenda de xénero, tanto en relación ás persoas que editan como no número de artigos agrupados por xénero ou na profundidade con que son tratados. Algo que está a corrixirse, pero aínda queda ... moito.

20221014

Cruz de Ferro

 


Cruz de Ferro

    Subindo á Cruz de Ferro (de Fierro, din os lugareños) dende Molinaseca, coincidín con tres ciclistas de retorno á súa casa, despois de recuncar en Santiago. Os catro nos atopamos, de fronte, cunha morea de persoas que ían en sentido contrario. Só tres, mais eu, de volta. Os tres asinaron, a modo de cruño e testemuña, un bocexo que fixen da pedreira cumiada coa cruz conmemorativa. Un deles era galés, e deixou coa sinatura a pegada da súa lingua, esbozando un amplo sorriso cando mo explicou e eu lle retruquei que era galego. Unha fraternidade pasaxeira no cumio do camiño francés a Santiago (ou mellor, no retorno de Santigo polo camiño francés).

    Ese punto, neste caso de unión e intercambio, marca tamén outras diversas fronteiras.

    Bierzo e Maragatería sería a que quizáis sae máis nos papeis e é tamén máis coñecida en Galicia. Pero hai outras, con ou sen relación co camiño de Santiago ou coas comarcas, que non son menos simbólicas. Simbólicas porque non hai sinal ou marca física, que moitas veces é a menos importante.

    Unha delas é o límite entre as augas do sistema do Douro e do Miño - Sil. A auga escorre un pouco máis aló para Porto, un pouco acó para os pés de santa Tegra polo Sil e logo polo Miño, producindo enerxía que en parte volverá a exportarse máis aló dese límite, á "meseta".

    O nome en si é outra fronteira. Cruz de ferro, pon na capela sufragada polo Centro Galego de Ponferrada. Cruz de fierro, en algún cartel e en arcaísmo conservado en terras leonesas, contrastando co castelán “Cruz de hierro”.

    Pode considerarse ese contraste a antesala doutro: na subida dende o Bierzo aínda se pode ver o “Bierzo Provincia” escrito en diversos lugares, mentres despois, na outra ladeira, comeza a parecer unha raia nos carteis que indican “Castilla y León”, querendo suprimir a Castela e deixando só a León. Unha diferencia ben indicativa dun pensamento de pertenza.

    O cambio de inclinación das pendentes é outra marca de paso da talladura do Sil á (ó meu ver) mal chamada “meseta” ou “submeseta norte”. Unha diferenza que se acusa a ollo nu, pero máis subindo en bicicleta.

    E poderiamos continuar. Por exemplo, co réxime de chuvias...

    Así, non pode considerarse a Cruz de ferro un punto ao menos tan simbólico como o Cebreiro? Non?

20220626

En cristiano!

 

En cristiano!

    É indiferente ser católico ou ateo. Quen non se atopou algunha vez (ou fixo que outra persoa se atopara) con iso de 'en cristiano!' para referirse a que fale na lingua 'cristiana', asimilándoa ó castelán, como se non falar castelán significara ser 'infiel' a algo, a unha idea, a unha crenza, a un vínculo?

    Nunha situación onde a non ser que sexas habitual, en calquera comercio ou establecemento hostaleiro diríxense a ti por defecto na lingua de Castela, é natural que a proposta de uso de linguas minorizadas atope 'dificultades metódicas' no Parlamento.

    Tamén o é que, despois de usar millóns de euros das institucións para promover medios en castelán en Galicia, o día das letras galegas aparezan unhas cantas novas en galego neses mesmos xornais, sempre en minoría, a modo de agasallo condescendente.

    Non deixa de ser natural, no sentido do peixe que se morde a cola, que alguén me diga que por que non escribo en castelán (xeralmente, 'español') porque chegaría a máis xente, ó mesmo tempo que pensa que o galego non sirve para nada porque non te uso.

    Non é raro que os egresados das escolas usen de xeito maioritario o castelán cando dende as primeiras etapas educativas hai un tope normativo para os contidos en galego, pero non para os contidos en castelán. Tampouco o é que se unha materia se ten que dar nunha lingua nun nivel, e noutra noutro, saia prexudicado o alumnado, pero beneficiada a lingua hexemónica.

    A quen lle parece raro que mesmo nos centros educativos galegos se use máis a Wikipedia en castelán que a Galipedia, mesmo en temáticas nas que a versión galega da Wikipedia ten máis e mellor contido que a versión castelá e a pesar do esforzo da pequena comunidade galipedista?

    Non é insólito que unha nova lei do audiovisual titorada permita que unha porcentaxe de emisións -pequena- que debe facerse en linguas cooficiais se faga na lingua cooficial que quera a compañía que comercializa a producción, producíndose así un trato de favor relativo á segunda lingua máis falada e e desfavor para o resto.

    E, se xuntamos os feitos anteriores, mais outras como a prohibición durante tempo de falar galego en instancias oficiais ou privadas (coido que destas, aínda hoxe en algures) non debemos estrañarnos de que circule pola rede iso de 'Se queren que fale galego, que non mo impoñan' (en realidade, 'Si quieren que hable gallego, que no me lo impongan'). Tampouco de que o galego esté en desuso crecente... Está claro que a culpa teríaa a imposicón.

20220516

Os tempos son variados / dos bardos, das idades

Portada do libriño facsímile editado pola Deputación Provincial de Lugo

Os tempos son variados / dos bardos, das idades

    Lingua e xente. Coido que recorrer ó Himno galego o día da lingua non ten nada de especial, como tampouco o facelo no 'día de Galicia'. Escribo xusto antes dun 17 de maio, día das letras galegas, e non é complicado observar que o himno ten letra e que hai unha relación. Precisamente que se achegue o día das letras facilitou que, ó pasar pola feira do libro, me fixera cun exemplar facsimilar do impreso para celebrar o día de Galiza de 1935 en Lugo. Ía dicir que a Deputación Provincial, cunha caseta na feira, mo obsequiou, o cal é certo, pero coido que máis certo é dicir que o collín da caseta porque estaba para coller despois de quedar restos de edición dende o 2010 no que foi editado. Restos que polo que parece non se dan esgotado.

    Ó folleto, de 16 páxinas de interior, foille engadida información sobre a edición facsímile e un escrito de Antón Bao Abelleira, daquela Vicepresidente da Deputación de Lugo. Non é a primeira vez que o vexo, pero si a primeira que o collo e leo. E que penso nel coñecendo o contido. Diso van estas letras. Sen tentar facer un 'spoiler', que coido que as 14 páxinas numeradas (máis anuncios da época, verbas do Vicepresidente, información de edición e portada) merecen a atención para ser coñecidas de primeira man. E, nese sentido, espero que no futuro a Deputación teña a ben facer unha nova edición, quizais sen a intervención do Vicepresidente, aínda que entendo que foi o impulsor da edición de 2010, ou polo contrario, cunha introdución e/ou un estudo moito máis amplo.

    O folleto inclúe o programa da banda, ó comezo, e o himno ó final. Produto dun tempo no que a escrita non estaba normalizada, nin por ser 'normal' escribir en galego, nin por ter un intercambio escrito fluído chegando a un consenso de norma de uso, nin por terse ditado unha 'normativa oficial' da escrita, no primeiro aparece como Himno mentres no final o fai como Hino.

    Os textos, curtos, levan a sinatura de Ramón Otero Pedrayo, A. Villar Ponte, Manoel Murguía (xa non na terra dos vivos polo 1935 do folleto) e X. Álvarez Gallego. E, aínda o seu escaso tamaño, só podo comentar aquí algún feito das ideas, comentarios e citas que aparecen.

    Fala Otero Pedrayo do 'Estilo ardente e refleisivo da nosa Raza, as esencias eternas da Galiza'. Aínda non chegaran os tempos da unha única raza, a humana, mentres aínda hai quen segue a loitar polas esencias eternas máis que por unha Galicia inclusiva, sabendo e apreciando o noso, pero tamén o dos demais.

    Fala tamén Pedrayo de que 'A festa da Galiza abrangue o pasado i-o futuro', non podendo estar máis de acordo, e incluíndo a necesaria perspectiva para non só coñecer e celebrar, senón valorar, aprender e prever.

    Don Antón tamén menciona 'exixencias raciais' e 'imperativos da terra', nun signo de unión con Pedrayo nas ideas do tempo. Mais parece máis pesimista, aínda que sexa a modo de aviso. Fala de 'terra morta espiritualmente na que roian os vermes da caciqueira' ou de 'territorio con habitantes, pero nunca un pais con alma', dando a solución na autonomía. Algo que, despois de máis de corenta anos de aplicación do estatuto autonómico segue sendo en parte actualidade máis que futuro descartado. Claro que non cumpre moi ben o 'Arrechegando a responsabilidade de goberno e do Parlamento o pobo'... Segue vixente a desvalorización da nosa cultura, do noso, que leva, 'que cabería agardar, se non escravitude material e moral, pobreza e cobardía?'

    Un libriño moi pequeno sobre o que cabe falar moito.

--

Por xentileza da Deputación Provincial de Lugo, deixo colgado o folleto Día de Galiza, Lugo 1935 en internet.

20220513

Feira do libro 2022

    Recupérase a feira do libro de Ribadeo, nun fin de semana cheo de acontecementos:


    E tamén, entre outras, exposición, concerto da banda polo día das letras galegas...





20220426

FONTINCOVO. José María Rodríguez Díaz (2008)

 

Lunes, 04 de febrero de 2008

FONTINCOVO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 23:11

Cuando una lengua se pierde u olvida con el paso del tiempo los nombres terminan por oscurecerse y fosilizarse, reduciéndose a simples nombres propios, carentes de sentido, pero que no por ello dejan de ser testigos de un pasado lejano que nos descubre las características de los pueblos que en la antigüedad poblaron nuestra comarca.

La pregunta de un amigo me llevó a ocuparme, no hace aún mucho tiempo y en este mismo semanario [foi publicado tamén na Comarca del Eo], del topánimo río Sarnés, en tierras de la parroquia de Ove. Un riachuelo que en tiempos antiguos pudo haber sido río, tal como se le denomina en documentos antiguos, y que está situado entre el conocido con el nombre de río de Ramos y el de Fontincovo, muy próximo ya al núcleo rural de Vilaela. Algunas personas que leen los comentarios que esporádicamente vengo publicando en este semanario sobre toponimia me preguntaron sobre el origen y significado del topónimo Fontincovo, citado en mi anterior comentario. Satisfacer su curiosidad en la medida en que me sea posible es un reto que asumo.

Fontincovo es una palabra compuesta por dos raíces claramente derivadas del latín, idioma que dio origen a nuestro romance. Fontin es un sustantivo que, unido al adjetivo covus da forma a este nombre. Estamos, pues, ante un nombre compuesto formado por dos elementos: Fontín y covus. La primera parte, Fontín, tiene su origen en el latín Fontem 'fuente', 'manantial de agua que brota de la tierra'. Un nombre común que, en nuestro caso, se convierte en nombre propio acrecentado con un complemento adjetival, covus, que nos define su carácter geográfico y que analizaremos seguidamente. Fontín es, pues, un sustantivo formado por el diminutivo romance terminado en la variante -in, terminación característica del gallego oriental correspondiente a la forma dialectal de esta comarca galaico-asturiana, en vez de -iño que sería la forma predominante en el resto de Galicia.

El segundo elemento, -covo, que interviene en la formación de esta palabra procede del latín *covus/cavus 'hueco', 'cóncavo', 'profundo'. De estas dos formas la segunda variante es la normal; la primera forma, propia del latín arcaico, cayó en desuso en el latín clásico, aunque se conserva en los romances peninsulares en derivados como cova, cueva, etc. En gallego sigue utilizándose como adjetivo covo/cavo, 'hueco', 'profundo', como Ricovo, afluente del Sil o, ya más cercano a nosotros, Riocovo, afluente del río Masma.

Fontincovo es, pues, en su sentido original, el nombre de una fuente profunda y cóncava que prestá su nombre al río que allí nace y que vierte sus aguas en el río de Vilela.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220114

Combatendo a desinformación. Informe sobre o galego en Asturias.

    Par que informar se se logra vender máis desinformando? Esa parece ser a liña dalgúns medios supostamente informativos. Liña que se ve de xeito claro en cuestións que controlamos máis de preto ou das que podemos procurar información máis doada.

    Estes días levantouse unha polémica sobre a 'petición de oficialidade' do galego en Asturias. A cousa ven do informe que deixo abaixo, "Informe da Real Academia Galega sobre o galego de Asturias e a súa oficialidade na reforma do Estatuto de Autonomía do Principado", e que parécese ó que din os medios polemistas como o ovo ós gusanos que comeu a galiña para poder facelo. Por iso, polo momento, non comento máis. Só deixo o informe abaixo, como dixen, para ler aquí mesmo ou descargar, a máis da ligazón anterior da Real Academia Galega, noutro par de sitios onde está cargado.  

    Informe sobre o galego de Asturias e a súa cooficialidade (en Issuu).

    Informe en Slideshare.

20211008

Ten sentido falar de 'rei corrupto'?

Ten sentido falar de 'rei corrupto'?

   Hai pouco tempo, despois de ler un titular sobre 'a última do emérito', viume a cabeza un concurso para impulsar a estima da figura do rei entre a xente noviña: 'Qué es un rey para ti?'. E, de xeito inmediato, unha resposta acorde cos últimos tempos da monarquía: un tipo de corrupto. Hei dicir que deseguida se me foi a idea da cabeza, non tanto por autocensura -que non digo que non houbera tamén algo diso- como por razoamento: non o tiña razoado, foi algo súpeto e podía non ser así. Ten sentido falar de 'rei corrupto'?

   Ou sexa, vaiamos por partes.

   Para que quede claro de onde veu o tema, o de 'Que é un Rei para ti?' é un concurso adicado a promove a figura real entre os pícaros, concurso que se decide por unha redacción que se fai en niveis do ensino obrigatorio, e cun premio do que a parte fundamental é a visita ó rei.

   Pasemos ó título da entrada ou á resposta repentina que se me veu á cabeza. Se miramos no dicionario da RAG (non por casualidade 'Real' Academia Galega), teremos a definición de xefe soberano que herda. Soberano úsase ademais como equivalente a rei, e nas acepcións indica -dun xeito algo redundante- que é alguén ou algo que exerce a autoridade suprema, que non está subordinado ou sometido a ninguén. Ou sexa, xefe por herdanza que non ten que rendir contas nin a Deus. Algo diso recolle a constitución española cando di no artigo 56.3 que 'a persoa do rei é inviolable' e ademais, 'non está suxeita a responsabilidade'. Traducido a linguaxe normal é algo así como que o rei pode ser irresponsable e nin por esas poderlle chistar ninguén. Pola constitución, pode haber outro tipo de axustes legais, pero polo visto durante anos, esa interpretación campa polos seus respectos.

   En canto a 'corrupto', o dicionario di que é algo que se botou a perder, mesmo moralmente, que alterou a súa natureza ou que perdeu a súa forma orixinal. Para o caso que nos ocupa, a natureza  pode dicirse que cambiou no caso da abdicación, pero curiosamente séguese a tratar de 'rei emérito', co que o cambio real debeu ser pequeno, e ségueselle a tratar como antes, logo o cambio de natureza foi un espellismo. En canto ó de botado a perder... pérdese algo que se ten, pero se nunca se tivo responsabilidade, entón non ten por que importar a perda. 

   É dicir, definicións en man, non parece que se lle poda chamar corrupto ó rei, se non é responsable de si mesmo.

   Poderíamos distinguir entre 'cargo' e 'persoa', o cargo de ser rei e a persoa que é rei. O cargo nace máis ou menos definido, e ata que non desapareza ou se cambie a definición, non hai máis que falar. Unha persoa pode corromperse, pero para o rei, polo seu cargo, sen responsabilidade, é indiferente a corrupción -como por outra parte se está a demostrar día tras día-. Logo non, estaba equivocado, ó rei non se lle pode chamar corrupto.

   Coido que estou na liña de votación correcta, que diría Mario Vargas Llosa, pois o que se anda a decidir non é se o rei é corrupto ou non, senón se se pode facer algo con iso. E están a decidir que non, que non se pode. Facer nada. Saqueime un peso de encima.