Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta IA. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta IA. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20231030

Declaración sobre a transparencia na Lei de IA na UE

    Deixo en baixo a tradución da declaración sobre transparencia na lei de Intelixencia Artificial que prepara a UE baixo a presidencia de España, polo interese que ten esta lei no futuro da liberdade vital de cada quen.

    Traducido de xeito automático cunha lixeira revisión:

Declaración sobre a transparencia na Lei de IA

23 de outubro de 2023

    Os asinantes somos organizacións da sociedade civil que defendemos o interese público e representan usuarios do coñecemento e comunidades creativas.

    Alentámonos de que a Presidencia española estea considerando como adaptar o seu enfoque aos modelos de fundación con máis coidado, incluíndo un énfase na transparencia. Reiteramos que os dereitos de autor non son o único prisma a través do cal os requisitos de información e transparencia deben verse na Lei de IA.

    Responsabilidades xerais de transparencia dos datos de formación

    Unha maior apertura e transparencia no desenvolvemento de modelos de IA poden servir ao interese público e facilitar unha mellor compartición creando confianza entre creadores e usuarios. Como tal, en xeral admitimos unha maior transparencia en torno aos datos de adestramento dos sistemas de IA regulados, e non só nos datos de adestramento protexidos por dereitos de autor.

    Balance de dereitos de autor

    Tamén consideramos que se deben respectar as flexibilidades de dereitos de autor existentes para o uso de materiais con copyright como datos de formación. A Directiva de 2019 sobre dereitos de autor no mercado único dixital e, en concreto, as súas disposicións sobre excepcións á extracción de textos e datos con fins de investigación científica e para fins xerais, proporcionan un marco axeitado para a formación en IA. Ofrecen seguridade xurídica e logran o equilibrio adecuado entre os dereitos dos titulares de dereitos e as liberdades necesarias para estimular a investigación científica e fomentar a creatividade e a innovación.

    Aproximación proporcionada

    Apoiamos un enfoque proporcionado, realista e práctico para cumprir a obriga de transparencia, que suporía unha carga menos onerosa para os pequenos actores, incluídos os actores non comerciais e as pemes, así como os modelos desenvolvidos mediante FOSS, para non sufocar a innovación no desenvolvemento da IA. Unha obriga demasiado gravosa para estes actores pode crear barreiras importantes para a innovación e impulsar a concentración do mercado, o que levaría a que o desenvolvemento da IA só se producira nun número reducido de grandes operadores comerciais con bos recursos.

    Falta de claridade sobre a obriga de transparencia dos dereitos de autor

    Agradecemos a proposta de esixir aos desenvolvedores de IA que divulguen as políticas de cumprimento dos dereitos de autor seguidas durante a formación dos sistemas de IA regulados. Aínda nos preocupa a falta de claridade sobre o alcance e o contido da obriga de proporcionar un resumo detallado dos datos de formación. Non se debe esperar que os desenvolvedores de IA enumeren literalmente todos os elementos do contido da formación. Sostemos que tal nivel de detalle non é práctico, nin é necesario para implementar as exclusións e avaliar o cumprimento da excepción de minería de datos e textos de propósito xeral. Agradeceríamos máis aclaracións por parte dos colegisladores sobre esta obriga. Ademais, unha entidade independente e responsable, como a Oficina de IA prevista, debería desenvolver procesos para implementala.

Asinantes

COMMUNIA

Creative Commons

Wikimedia Europa

20240925

Na procura de equilibrio

    IA, intelixencia artificial: un desafío xa hoxe para o que consideramos 'intelixencia natural', 'a nosa'; para nós que consideramos que somos os donos desa intelixencia natural (aínda que tantas veces sexa suposta ou mitificada).

    En pouco tempo vimos como a chamada IA pasaba dunha posibilidade de ciencia ficción a superar en diversos quefaceres 'intelixentes' ás nosas máis preclaras intelixencias. E hai quen di que está próximo o día no que a IA empequnecerá en intelixencia xeral a calquera humano. A partir de aí, todos seríamos unha especie de subnormais fronte a esa nova intelixencia emerxente.

    Incapaces de imaxinar un só futuro, temos moitos a disposición na nosa imaxinación, aínda que non é seguro que ningún deles acade o respaldo da futura realidade. Chega con ver as ilustracións que, xeradas a comezos do século XX ou mesmo a mediados, tentaban de representar como sería a vida nestes momentos e comparalas coa realidade. Mais, con predicións fallidas incluídas, non se pode dicir que non haxa avisos de posibilidades da IA, tanto das boas (as operacións clínicas autónomas e máis precisas que co manexo humano do bisturí chegan como mostra), como sobre todo das malas (de quitar empregos á xente a expandir a posibilidade de enganos por internet, entre outras moitas posibilidades). E tampouco que non haxa avisos de que o principal perigo próximo no tempo está non tanto no descontrol das máquinas intelixentes, escapando da supervisión humana, senón do control desas máquinas e en xeral, desa tecnoloxía, por só un puñado de xente xa cun gran poder previo, que sería potenciado por elas.

    Se nos centramos nas posibilidades para o ben, pode experimentalas calquera obtendo en pouco tempo un plan de traballo para un curso, un diagnóstico, un plan de vacacións ou unha tradución. Polo momento, non deixa de ser unha nova ferramenta que hai que saber manexar para que entregue a saída que procuramos, mais o que se chama 'nivel de entrada' a esta tecnoloxía está cada día máis baixo, e cada día é máis doado o seu manexo. Claro que por outra parte chega un momento en que o aproveitamento da IA pola nosa parte hai que comparalo co aproveitamento noso (da nosa intelixencia ós nosos cartos, pero sobre todo dos nosos datos) por parte da IA e quen a controle, a modo desas situacións nas que na relación entre dúas persoas a dependencia cambia dunha á outra de xeito rápido polo uso que se fai da relación...

    Coido que a cuestión está en procurar o equilibrio. Saberemos facelo nun mundo xa previamente desequilibrado? Lograrémolo?

20240617

Moito lle queda por aprender á intelixencia artificial

Moito lle queda por aprender á intelixencia artificial

    Por sorte para nós!

    A chamada intelixencia artificial, IA (ou AI en inglés, pero non hai problema, 'ela' tamén pode expresarse e entender en galego) é o efecto que nos produce un conxunto de programas informáticos que manexan algoritmos avanzados e grandes bases de datos. Efecto que nós asemellamos á intelixencia. Ía dicir 'á nosa intelixencia', pero é moito dicir, por varias razóns nas que non entrarei.

    O caso é que a IA, como ferramenta aproveitada por humanos, pode usarse para desenvolver medicamentos ou apuntar e disparar un arma de xeito automático, pasando por apropiarse de máis datos nosos e usalos de xeito mellor ó servizo de grandes empresas ou gobernos, entre moitas outras posibilidades. O difícil, polo momento, é que nos poidamos aproveitar nós sen que 'de paso' haxa quen se aproveite diso mesmo para aproveitarse de nós. Por iso mesmo escoitamos falar dos perigos da IA. Por iso mesmo ten tanto interese para as multinacionais. Algo relacionado co por que non se escoita falar da IA libre, aínda que a comunidade libre non está á marxe do desenvolvemento da ferramenta

    As máquinas poden ser moito máis rápidas e ter menos erros ca nós facendo certas cousas que nós facemos a través do noso cerebro, ó igual que xa hai tempo que sabemos que poden desenvolver unha forza, unha potencia ou unha velocidade maior cas nosas. Por exemplo, a AI é capaz de verter sobre as redes sociais mentiras con aparencia de verdades, adaptadas a cada un de nós (a cada quen nas súas redes), de xeito continuo, ó ritmo que lle marque quen a manexe. Moito máis efectivo que unha soa persoa tecleando, moito máis. E, repito, e iso que aínda teñen moito que aprender, moitos datos por recoller e moito que mellorar ós programas. Se xa compoñen pinturas ou fotos que ganan premios en concursos por riba doutras obtidas por humanos, e que son indistinguibles por nós da realizadas polas persoas, imaxinemos o que pode pasar cando melloren algo máis as súas aptitudes. E algo máis. E máis...

    Ate o momento, seguimos a pensar que a característica máis xenuína da nosa raza, da humanidade, é a intelixencia. Algo que nos permite relacionarnos e empatizar con xente, ou pensar en abstracto, desenvolver a ciencia e a tecnoloxía, as artes ou captar a beleza dun xeito que cremos que os animais non poden acadar. E agora, algúns de nós están a desenvolver esa 'intelixencia', que poderá ser aplicada ás máquinas que xa son máis fortes ou veloces ca nós. Hai quen ve o problema de que as máquinas podan chegar a independizarse de nós e someternos. En realidade, non fai falta que chegue ese momento: quen sexa o amo da IA xa nos poderá enganar, dirixir, someter, dun xeito que aínda a pesar do estado actual das técnicas de engano, dirección da mente ou dependencia mental, non estamos afeitos a sufrir. Dun xeito que, se mesmo agora moitas veces non somos conscientes, será moito máis difícil de detectar por nós.

    Mentres, o que nos queda é aprender a usala tentando que nos use a nós o menos posible.

20231217

A eficacia do exército israelí

A eficacia do exército israelí

    O exército israelí, dende a guerra dos seis días (polo menos) foi a envexa doutros exércitos do mundo. Un país pequeno convertido nun xigante bélico. Dende o de Gaza, xa non tanto. E non por cousa dos crimes cometidos, que baten marcas día tras día, senón por outras razóns, relacionadas coa mecánica guerreira.

    Dende antigo, sabemos o que di Sun-Tzu no seu 'Arte da guerra', que a mellor guerra é a que non chega a comezar. Aí, o primeiro dos fallos do exército estrela (como dixen, non só pola estrela de David da insignia israelí). Non evitou, a pesar da intelixencia, a célebre intelixencia israelí, o ataque. Vaia eufemismo: non se refire á IA, intelixencia artificial, que tamén usan nese exército, senón á espionaxe común. E xa no ataque, non puido opoñelo, co que tería evitado 1200 mortes/asasinatos a máis dos feridos. E despois, non evitou tampouco os douscentos secuestros/reféns. Antes, durante e despois, os feitos dan fe de que na prevención, sexa dende a espionaxe, nos medios de contraataque inmediato ou do que sexa, o exército israelí non funcionou como se esperaba del. E iso levou a un líder/xefe de goberno, acusado de varios delitos, a unha saída de un paso adiante, 'eu máis: póñome diante e tras de min todos os decentes'. Polo demais, unha saída típica para manterse no poder.

    Naturalmente, o anterior, en resume e visto como unha guerra e non como un ataque terrorista. Estou a coller os feitos tal como os presenta o goberno israelí.

    Segunda parte, a 'ofensiva-masacre' sobre Gaza, segundo a ONU, máis mortos nun mes (10 000) que nun ano na guerra ruso-ucraína, sobre un territorio menor que o concello de Vilalba. Resulta que acurrunchan á poboación, bombardean, matan... e non dan rematado a 'guerra' (que así a chaman...) nin evitado pequenos ataques terroristas de Hamás dende a franxa de Gaza. Por certo, nesta 'guerra' non se oe falar de 'danos colaterais'. Pode que porque a súa cantiade pareza indicar que os 'danos colaterais', neste caso, sexan os obxectivos militares e non a poboación civil. E resulta que están a usar a IA para escoller obxectivos, porque nas anteriores guerras (todas as chamadas así polo exército israelí) se lles acababan os obxectivos rápido. O ter potencia de fogo é o que resulta: faise o traballo rápido e quedan sen ter que facer, teñen que procurar máis. Algo tamén común, iso de procurar máis traballo aos exércitos.

    Coido que deberan usar a IA para ter a paz e non un futuro onde a falta de saídas, de futuro, para a xente de Palestina os condena a tirar para adiante de calquera xeito, mesmo da forma que está usando Israel, o terrorismo, a guerra.

    E, no medio, crimes de guerra, (i)lexítima defensa contra un estado que como tal non atacou. Estou collendo información de fontes da ONU. Por certo, un estado non recoñecido -por iso o de 'Autoridade Palestina'-, un non estado dende o punto de vista de Israel, e a pesar dos acordos de Oslo. Mentres, nada de guerra asimétrica nin nimiedades: ese conflito é terrorismo sempre, guerra cando nos din.

    Ante a rección internacional, da que cabería moito que falar, non sei por que se me ven á cabeza o Nobel de Obama, recibido antes de que chegara algún mérito na presidencia novelada pola que se lle concedeu. Antes, porque mesmo o recibiu sen ter comezado o mandato. Pode que se me veña á cabeza porque en ningún dos dous casos a xente e o sentido común tivo moito que dicir fronte ó poder de cartos e intereses diversos.

    E así vai o mundo. Seguimos? Sahara, Iemen ou Ucraína están na lista, con tantos outros lugares, con persoas esperando dun exército (aínda que non sexa tan poderoso e eficaz), unha bomba, unha bala como alternativa a un futuro a construír en paz.

20241017

Nós e ti

Captura de pantalla do sistema de recollida de voces do Proxecto Nós. Lic. CC BY SA 3.0 de Mozilla Foundation

Nós e ti

    Non, o título non trata da antiga revista Nós, nin tampouco (aínda que algo si) do nós como conxunto galego, senón dun proxecto de promoción da intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, conxunto entre a Universidade de Compostela a través do CITIUS e a Xunta de Galicia co ILG, usando o sistema e repositorio commonvoice da Mozilla Foundation (os mantedores do navegador Firefox, entre outros programas libres de uso común).

    O proxecto Nós remata de pasar por Ribadeo recollendo voces. Sons necesarios para que a IA fale galego, poda traducir, ler un texto ou escribir a ditado. Na rede pódese procurar unha morea de información sobre o que están a facer, dende o que é o proxecto (https://huggingface.co/proxectonos) ó repositorio de voces galegas recollidas ata o momento (https://commonvoice.mozilla.org/gl/datasets), pasando polos aínda nacentes programas experimentais de tradución (https://tradutor.nos.gal/traducir/index), recoñecemento da fala (https://asr.nos.gal/), sintetizador de voz (https://tts.nos.gal/) ou o sistema de recollida de voces (https://commonvoice.mozilla.org/gl/speak ou en https://doagalego.nos.gal/). Sistema este último no que te podes rexistrar e gravar dende unhas poucas frases a horas de lectura, e que se se usara abondo, evitaría ter que facer encontros como o mantido en Ribadeo para potenciar a necesaria recollida de voces.

    Entendo que o proxecto solapa nalgures con outros existentes no país, como no caso da tradución co tradutor apertium (https://beta.apertium.org/index.glg.html#?dir=glg-eng&q=vuelapluma) que en Galicia levaba a Universidade de Vigo. Solapa a conto do xurdimento da IA, á que se lle supón que mellorará todos estes tipos de programas, unha vez feita a colleita de inxentes cantidades de datos diversos. De aí o novo proxecto e o paso da xente do Proxecto Nós por Ribadeo e outros lugares.

    O proxecto é de beneficio xeral. Xa, dende agora mesmo, calquera pode usar libremente os datos que se van almacenando na Fundación Mozilla, e esa apertura e liberdade, na estela do software libre, está demostrado que é un puntal máis non só para o seu rendemento actual ou próximo, senón tamén para o seu medre futuro. Claro que que un proxecto sexa de software libre e con apoio institucional non implica que sempre vaia funcionar ben; esperemos que desta volta siga a liña maioritaria de proxectos deste tipo e produza bos rendementos sociais e económicos.

    De xeito independente ó anterior, por outra banda, o incluír a propia voz nun proxecto común, a máis da creación e participación comunitaria, ten sempre algo de particular, de proxección propia cara ó futuro. Anímaste a participar?    

20170210

O comezo da historia de Ribadeo en internet

   O outro día pedíronme o correo electrónico  para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.
    Hai unha parte, anterior á web, que polo momento, considero perdida. Houbo algún intento de conexión, pero non teño datos nin sei se se poderán conseguir datos precisos. Mais, a partir da existencia do protocolo hipertexto (html) e da worlwide web (as célebres www), a cousa cambia coa recollida de datos por parte do 'internet archive'. Aí pódense ver diversas páxinas recollidas, copiadas e almacenadas, podendo recobrar algunha versión e tendo apuntado datas de recollida das páxinas por IA. E aí poden atoparse datos sobre a historia das páxinas web de Ribadeo. Sobre todo, se por ter participado nela, se sabe por onde comezar.
   Pensaba que o primeiro sitio tiña sido un sitio familiar feito por min, que chegou a ter unhas 100 páxinas con información sobre Ribadeo, a banda, literatura en galego... e que chegou a ser reseñado  (en 1997? 1998? non estou fixo, tería que poñerme a procurar) no El País precisamente por iso, pola referencia á lectura. E, certamente, algunha das súas páxinas son as primeiras recollidas no arquivo, no que aparecen no muestreo de 2 de decembro de 1998. Así pasa por exemplo coa páxina que lle pedín ó alcalde de aquela como presentación para cando se presentou en Ribadeo un autobús da Xunta para presentar/ensinar no pobo o que era internet. Ó non haber páxina, e estar avisado de que viría, quixen facer unha presentación do pobo nas miñas páxinas, que rematou chegándome a traverso de Paco Rivas o día anterior. Esa páxina en concreto está recollida por internet archive o 2 de decembro de 1998 (é dicir, o que se pode ver almacenado corresponde á versión dese momento), pero fedellando no seu código pódese ver que aparece a data de 18 de xuño de 1996 como a de creación da páxina. A páxina tiña a dirección http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm (o sitio non existe xa dende hai anos, pero esa é historia para outra vez) e pódese ver en internet archive en http://web.archive.org/web/19981202065913/http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm.

    Outras moitas páxinas do mesmo sitio aparecen tamén referenciadas nos seus datos internos en xuño de 1996, aínda que recollidas por internet archive por primeira vez a finais do 1998 ou xa no 1999. Así, a páxina xeral adicada a Ribadeo, que aparece en http://web.archive.org/web/19981205201602/http://personal.redestb.es/agremon/ribadeo.htm, foi recolida o 5 de decembro de 1998, mais foi creada o mesmo día que a xa citada.

    O sitio avisaba na súa páxina principal, cun banner móbil, 'ten conta que é unha páxina personal...'
algúns outros exemplos das súas páxinas son:
    De calquera xeito, pensaba. Porque ó ir ó outro sitio do que sabía a súa existencia por aquela época, atópome que a súa páxina máis antiga aparece no medio do html como algo anterior, do 2 de abril de 1996, aínda que recollida por primeira vez por IA o 11 de maio de 2000 e accesible no arquivo de internet acrchive a partir de 4 de decembro de 2000. A páxina é esta: http://web.archive.org/web/20001204150500/http://www.ribadeo.com/
    A ela chégase por unha redirección dende eonet (http://web.archive.org/web/20010618044007/http://www.disbumad.es/empresas/eonet) redirección de retardo 2 s, ambas páxinas de Antonio Andina:
    Posto en contacto con el, temos clara a orixe, antes da chegada do célebre autobús, e que ambos comezamos ó tempo. Non cadra unha diferenza de más dun mes entre que unha e outra páxina foran colgadas.
    Ese foi o comezo. A partir de aí, virían moitas cousas máis. Como, anos despois, o primeiro anuncio pagado en Google dende Ribadeo ou multitude de páxinas e blog, moitos deles efémeros.

20240731

Estereotipos e verdades en IA. O caso do turismo na Mariña

    Dende hai tempo veño facendo uso esporádico dalgúns sistemas de intelixencia artifical, experimentado con temas diversos. A súa mellora constante chámame a atención tanto como o inicialmente conseguido, e aínda que estimo, na miña pouca experiencia, que seguen a presentar evidentes limitacións e erros, cada vez dan máis sorpresas positivas. Hoxe mesmo, a conta dunha nova no xornal, decidín facerlle unha pregunta sinxela, sen refinar en iteracións sucesivas para mellorala, só para tomar a resposta como base de reflexión. Aí vai (O sistema IA usado foi ChatGPT 4o):

    Pregunta:

    Fala, en 500 palabras, das queixas polo turismo, os seus efectos e os seus abusos na Mariña lucense

    Resposta de ChatGPT:

A Mariña lucense, unha rexión costeira da provincia de Lugo en Galicia, España, é coñecida pola súa beleza natural, praias espectaculares, e tradicións culturais ricas. Non obstante, o turismo masivo nesta zona, especialmente en lugares icónicos como a Praia das Catedrais, xerou unha serie de queixas e preocupacións entre a poboación local, que ve como os seus recursos naturais e a calidade de vida se ven afectados.

Unha das principais queixas radica na sobrecarga dos recursos naturais. Durante a tempada alta, a afluencia masiva de turistas leva a un uso excesivo das praias, camiños costeiros, e outros espazos naturais. Isto provoca erosión, deterioro dos ecosistemas, e unha acumulación de residuos que as infraestruturas locais non sempre están preparadas para manexar. A Praia das Catedrais, por exemplo, experimentou unha tal afluencia que as autoridades locais tiveron que implementar un sistema de reservas para limitar o número de visitantes e protexer este espazo natural.

Outro punto de preocupación é a gentrificación e aumento dos prezos. Coa chegada de turistas, os prezos dos bens e servizos locais tenden a incrementarse, afectando especialmente aos residentes que viven na Mariña lucense todo o ano. Os alugueres, tanto a curto como a longo prazo, experimentan subas considerables debido á demanda turística, o que dificulta o acceso á vivenda para a poboación local. Este fenómeno agrávase coa proliferación de aloxamentos turísticos, que transforman vivendas residenciais en apartamentos de aluguer para vacacións, reducindo a dispoñibilidade de vivenda a prezos razoables para os habitantes permanentes.

A conxestión e o tráfico son outros dos problemas. En tempada alta, as pequenas vilas e estradas costeiras sofren un incremento drástico do tráfico, que non só xera incomodidades para os residentes, senón que tamén aumenta os niveis de contaminación e contribúe á deterioración das infraestruturas viarias. As áreas de aparcamento vense saturadas, e os visitantes adoitan deixar os seus vehículos en calquera lugar, obstruíndo vías e accesos.

Ademais, existe unha preocupación crecente polos efectos culturais e sociais do turismo masivo. A autenticidade das tradicións locais pode verse diluída ante a necesidade de adaptar a oferta cultural e gastronómica ás demandas dos turistas. Isto leva, en ocasións, á creación de experiencias culturais "prefabricadas" que, aínda que atraen aos visitantes, non reflicten a verdadeira esencia da cultura mariñá. Ademais, a presenza de turistas en grandes números pode alterar a vida cotiá das pequenas comunidades, reducindo a intimidade e a tranquilidade que as caracteriza.

A pesar de todos estes retos, o turismo tamén trae beneficios económicos significativos, proporcionando emprego e fomentando a actividade económica na rexión. Con todo, é evidente que se require unha xestión máis sostible e equilibrada para mitigar os efectos negativos. Iniciativas como a promoción do turismo fóra da tempada alta, a diversificación das actividades turísticas para aliviar a presión sobre os puntos máis populares, e a implementación de políticas de sustentabilidade son esenciais para garantir que o turismo na Mariña lucense sexa compatible coa preservación do medio ambiente e a calidade de vida dos seus habitantes.

En conclusión, o turismo na Mariña lucense representa un desafío complexo que esixe un enfoque integrado e consciente para equilibrar o desenvolvemento económico coa protección do patrimonio natural e cultural da rexión. A través da colaboración entre autoridades locais, empresarios e a comunidade, é posible avanzar cara a un modelo de turismo máis respectuoso e sostible.

20240227

De Galicia a Galiza e volta, sen saír dela

Collido de Wikimedia Commons. Feito por P.d_V. Lic. CC BY SA 4.0
 
De Galicia a Galiza e volta, sen saír dela

    2020. Fin do confinamento na casa. Primeiro día con catro horas para moverse por fóra, sempre dentro dos límites do concello. Coido que non foi o mesmo nun concello como Vilalba ou a Fonsagrada, de varios centos de quilómetros cadrados, que para un como Rábade ou Burela, que non chegan á decena. Pero é o que hai. E decido aproveitalo facendo deporte: a miña particular ‘Primeira volta ciclista ó concello de Ribadeo’. Teño estudado o mapa. Aproveito estradas e carreiros, achegándome ós límites, sen sobrepasalos. Despois de meses de confinamento, quedo canso pero satisfeito dos algo máis de 50 km cun perfil con costas abondo. Integrei os límites do concello, que xa coñecía, nunha unidade. No seu interior quedaba ‘Ribadeo’. Foi o que se me veu á cabeza ó rematar.

    É unha imaxe que, no entorno destas recentes eleccións ao Parlamento de Galicia, se me presentou varias veces. Algunhas, en referencia á ‘caravana electoral’. Pero sobre todo, o propio domingo 18 como pregunta de ate que punto os candidatos e candidatas coñecen e integran en si o ‘perímetro galego’, e con el, Galicia enteira.

    E é que en ciencia, hai a posibilidade de substituír as condicións no interior dun sistema por as condicións no seu contorno: son equivalentes, o que hai dentro ven determinado pola súa superficie e viceversa. Mais parece máis sinxelo coñecer a superficie que todo o interior. No caso da política, dubido moito que ningún dos candidatos destas eleccións, ou das pasadas, ou das outras máis, sexa capaz non de facer un informe detallado desa periferia galega que se corresponde co interior, senón tan só de dicir todos os concellos que a forman. É dicir, manteño que é difícil que coñezan o interior se non coñecen a superficie. E non, xa sei que non teñen por que sabelo, non se trata dun exame, as eleccións non o son, por moito que ás veces se comparen ambos termos. Pero sinxelamente, parece máis doado ‘ter comprendido a fronteira’ que comprender todo Galicia, e se unha pode tomarse como a representación da outra, o descoñecemento en xeral dunha tamén é o descoñecemento en xeral da outra.

    “En resumo, Galicia é un lugar único co seu propio carácter e encanto.” foi unha das frases que me devolveu hoxe mesmo unha IA ó dicirlle que falara en galego de Galiza e Galicia. Déixoo aquí porque entendo que é relevante. Éo, ao menos, para min. Aínda que polo que sexa (pregunta mal formulada pode ser unha causa, nesgo na alimentación de datos da IA, outra) a resposta pouco incluía da diatriba entre as dúas grafías, superándoa e centrándose en sinalar o que ‘pensa’ que é Galicia: “En resumo, Galicia é un lugar único co seu propio carácter e encanto.” Non di moito, e dio todo. Coido que calquera candidato ou candidata (ben, por se acaso, imos deixalo e ‘case calquera’) asumiría a frase, por curta ou matizable que se lle antollase.

    Outra cousas é que as súas accións vaian manter e mellorar esa idea de Galicia. Poderemos confiar en que estean encantados con Galicia ou só en que o estean co escano?

20231011

Unha pregunta a ChatGPT: Historia da xente de Ribadeo

Alan Turing, pioneiro da IA

    Onte (10 de outubro) voltei a facer unha pequena tentativa con ChatGPT, para ver a súa evolución (e a miña no seu uso). Despois de tres tentativas que rexeitei, cheguei á cuarta, da que presento en baixo a miña proposta á IA e a súa resposta. Coido que podería facer unha análise do texto da pregunta e sobre todo da resposta, a máis dos evidentes erros e da influencia que pode ter unha ferramenta así para cousas dende facer propaganda de Ribadeo a esmendrellar a historia da vila e a súa percepción. Pero polo momento limítome a deixar esa posibilidade a quen estea a ler isto, a da lectura e sacar as propias conclusións:

- Escribe en galego a historia da xente de Ribadeo en menos de 2000 palabras

- ChatGPT

Na fermosa vila costeira de Ribadeo, na provincia de Lugo, Galicia, a vida transcorre tranquilamente ao compás do mar e das tradições. A historia desta comunidade é unha mestura de cultura mariñeira, calor familiar e adaptación aos tempos modernos. Nun ano como o 2023, os habitantes de Ribadeo reflexionan sobre o seu pasado e miran cara ao futuro co optimismo que sempre os caracterizou.

O mar sempre foi o sostén desta vila. Os barcos de pesca saían ao amencer, traxendo de volta a lonxa unha rica variedade de peixes, mariscos e percebes, estes últimos recollidos valentemente polos percebeiros nas perigosas rochas da costa. A vida no mar e a lonxa eran os motores económicos de Ribadeo durante xeracións.

As familias de Ribadeo eran sólidas e unidas. Os aEscribe en galego a historia da xente de Ribadeo en menos de 2000 palabrasnciáns compartían histórias dos vellos tempos e transmitían o seu coñecemento ás xeracións máis novas. As comidas en familia eran momentos sagrados, onde pratos tradicionais como o polbo á galega, o caldo galego e as empanadas enchían a mesa, e as risas e os contos abrillantaban as sobremesas.

As festas e celebracións tradicionais desempeñaban un papel fundamental na vida da comunidade. A Semana Santa e a Romaría de Santo Estevo eran ocasións nas que a vila se conxugaba coa súa cultura relixiosa e folclórica. A procesión da Romaría, que percorría as rúas coa imaxe de Santo Estevo, atraía a numerosos fieis e curiosos.

A vila de Ribadeo tiña un encanto histórico que a facía única. As casas de pedra con tellados de pizarra eran testemúñas dos séculos de historia. A Praza de España, cunha fermosa fonte no centro, era o punto de encontro para os veciños e visitantes. Ribadeo era un lugar onde o tempo parecía moverse máis devagar, onde as rúas adoquinadas contaban as histórias do pasado.

Non obstante, Ribadeo tamén tiña os seus desafíos. O sector pesqueiro estaba afrontando restricións cada vez máis estritas, e a sobrepesca estaba a afectar a captura. Os tempos estaban a cambiar, e os mozos de Ribadeo tiñan que decidir entre continuar coa tradición pesqueira ou buscar novas oportunidades noutros lugares.

A comunidade de Ribadeo non se deixou abater polos obstáculos. En lugar de renderse, decidiron diversificar a súa economía. O turismo foi un dos camiños elixidos para dar a coñecer a beleza natural da costa de Ribadeo ao mundo. A famosa Praia das Catedrais atraía visitantes de todas partes, deslumbrados polas esculturas naturais esculpidas pola erosión das ondas do mar.

A Romaría de Santo Estevo tamén viviu un renacemento en popularidade. A procesión anual atraía a máis peregrinos, que percorren unha ruta relixiosa e cultural. A tradición seguía viva en Ribadeo, unha vila que amaba compartir a súa cultura con quen a visitaba.

A tecnoloxía tamén chegou a Ribadeo. A conexión a Internet e os teléfonos móbiles abriron as portas á información e á comunicación co mundo. Os mozos podían agora estudar fóra e volver coñecedores do mundo, ou ben quedarse en Ribadeo e contribuír á súa comunidade de maneira nova e innovadora.

A pesca, aínda que cambiara, seguía sendo un dos pilares da economía local. Os pescadores seguían lanzándose ao mar e as rías en busca dunha boa captura, e a lonxa seguía sendo un lugar de encontro, onde se compartían historias e experiencias.

As tradicións seguían vivas en Ribadeo. As festas relixiosas e culturais enchían o calendario de eventos. Os grupos de gaitas e as escolas de danza mantiveron viva a música e a danza galega. A comunidade atopaba alegría nas súas raíces culturais, e a xente traballaba duro para preservalas.

Con todo, Ribadeo estaba a adaptarse ás novas realidades. A vila atraía visitantes e turistas de todo o mundo. Os restaurantes locais ofrecían pratos típicos galegos, e os bares servían viños e licores tradicionais. Ribadeo estaba a descubrir que, a pesar dos desafíos, podía atopar novas oportunidades na diversificación económica e no turismo.

A educación seguía sendo unha prioridade. A escola local ofrecía unha educación sólida e, a medida que avanzaba o novo milenio, actualizouse coas novas tecnoloxías. Os mozos de Ribadeo tiñan acceso ás mellores oportunidades educativas, tanto dentro como fóra da vila.

Os cambios tamén se reflexaban na paisaxe urbana. A vila estaba a restaurar o seu patrimonio histórico, mantendo vivas as casas de pedra e os edificios históricos. A Praza de España seguía a ser un lugar de encontro e un punto de referencia no corazón da vila.

Na actualidade, Ribadeo era un lugar de encontro para amantes da natureza, da cultura galega e do Camiño de Santiago do Norte, que pasaba pola vila. A beleza natural e a hospitalidade de Ribadeo atraían peregrinos e excursionistas de todo o mundo.

A economía local estaba a diversificarse aínda máis coa aparición de pequenos negocios e iniciativas emprendedoras. Os mozos de Ribadeo estaban a traer novas ideas e enerxía á súa vila, contribuíndo ao seu crecemento e vitalidade.

A comunidade tamén mantía o seu compromiso coa sostenibilidade e a protección do medio ambiente. A costa de Ribadeo era un tesouro natural que a xente de Ribadeo estaba comprometida a preservar. A Praia das Catedrais continuaba a ser un lugar de gran atractivo, cunha xestión responsable para protexer

20060307

Ría de Ribadeo?

    Ás veces, por estar nunha determinada posición, postura ou circunstancia, non xulgamos como é debido. Esto ocorre coas impresións que outros ou as cousas nos causan, e ás veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro día coa palabra educación e a palabra ensino en relación ó nome dos IES: en Google pódense atopar 353 000 entradas considerando ó correspondente IES 'Instituo de Educación secundaria' fronte a 105 000 como 'Instituto de enseñanza secundaria' (feita a procura en ambos casos en páxinas de España e en castelán), o que indica que máis das 3/4 partes dos centros adáptase ó nome institucional, pero case 1/4 non o fai. Eso levaríanos a discutir sobre o tema, e fareino noutro lugar. Pero hoxe, ó que ía é a que se facemos o mesmo con 'ría de Ribadeo' na web enteira atópanse menos de 10 000 páxinas, e se poñemos 'ría del Eo', chéganse ás 25 000. As relacións están aínda peor se se mira ría + Ribadeo ou ría + Eo, é dicir, sen considerar exactamente a orde. Se se quere que o nome da ría permaneza como ría de Ribadeo vai haber que traballar arreo, a parte de coñecer a contestación do Presidente da Xunta sobre o tema.
--
Unha cita sobre Hernán:

Data: 16/12/95

Fonte: la comarca del eo

Título: O BOLERO DE STRAUSS

Autor: HERNAN NAVAL

Descrición: Artigo que escribiu Hernán cando o Concello amañou un concerto para competir co „Aquí como en Viena“ da banda. A lembrar que á postre, entre outras cousas, os músicos visitantes non eran vieneses como se pretendeu nun principio, senón búlgaros.

Comentarios:

O BOLERO DE STRAUSS


Hernán Naval


  1. A quen conta mentiras chámanlle polo nome dun bailábel: bolero. E xa se sabe qué historias narran os boleros: as de arrebatos paixoais, sempre viscerais, case nunca racionais. O problema, o conflicto de Manuel Valín coa Banda Municipal, polo feito de que estea dirixida por min, é de índole patolóxica, e a visceralidade derivada, a obsesión, lecouno desta volta a mentir pola rádio: é absolutamente falso que a Banda Municipal de Ribadeo fose convidada a participar na programación cultural de Outono do Concello de Ribadeo, como clarísimamente afirmou Valín en declaracións á Cope de Ribadeo o pasado xoves. Cando esta programación estaba decidida, parte do material publicitário da mesma xa en impresión e xa oferecida a Rolda de Prensa en que se fixo pública a Valín foille transmitida a contrariedade de quen isto asina polo feito de que o tradicional concerto de Nadal a base de música vienesa fundamentalmente, que nos dous anos anteriores ofrecera a Banda Municipal de Ribadeo por min dirixida, ia ser dado este ano, segundo a referida programación, polo Strauss Festival Orchester de Viena, directamente de Viena...Manuel Valín apresentou entón as rebaixas: se queríamos tocar un programa de bandas sonoras dentro da Semana de Cine que tamén figura na programación de marras. Non aceitamos, naturalmente. “A Banda si foi invitada a participar na programación cultural de Outono”, dixo Valín literalmente á Cope. Mentira!, digo eu agora: o que quixo foi amortiguar o efecto da afrenta que viña de perpetrar á Banda.

  2. – “Un luxo para Ribadeo”. “Non podemos permitirnos prescindir dela”. “Nunca pensei que lles fóra molestar”. “Pisarlles o concerto deles, para nada...”. Agora Valín apresúrase a negar calquer intención perversa ao contratar á que el própio, erróneamente, chama “Orquesta Johann Strauss de Viena” (saberá realmente a quen trae?) e á que califica de “atracción musical”, como se os vieneses fosen actuar na discoteca. “A intención”, di Valín, “é criar caldo de cultivo” musical entre os nenos de Ribadeo afeizoados a música, para que podan “ver algo distinto”; violines por clarinetes, será a diferencia, aparte, claro está, de que o fagan moito mellor – aínda que tal vez con menor ilusión e desde logo que máis interesadamente, económicamente falando – uns profisionais que uns afeizoados, aínda por riba dirixidos por un do Bloque, que tamén é desgracia coa que polo de agora ten que apandar o señor Concelleiro de Cultura e outras cousas. Moitas gracias, señor Valín, por non lle recoñecer a Banda Municipal de Ribadeo, á súa Asociación promotora, á Escola Municipal de Música, o mérito de ter criado ese “caldo de cultivo”, que agora lle enche a boca, alomenos desde 1992. Nunha cousa non minte Valín: efectivamente non vai conquerir pisarnos o concerto noso; xa di que “quen non está de máis que dean o seu concerto”... Nen de máis nen de menos: xa que da Strauss “non podemos prescindir” (quen será o malvado que o obriga? Será para xustificar que aínda non volvese a Sinfónica de Galiza nen trazas haxa?, ou será que non quedan orquestras no seu rastro cultural?) e xa que se trata de “ver algo distinto”, velaí vai a nosa aportación: Como aquí nen en Viena (marchas, valses, habaneras, fados...), o día 30 de decembro, á hora de costume, no local de costume. (O concerto noso, até este ano titulábase “Aquí como en Viena”, pero como os de Viena xa están aquí e trátase de “ver algo novo”...). Por certo, vai todo pola nosa conta: carteis, programas, gratificacións ao persoal de montaxe, etc. O Concello ten abondo con pagar aos vieneses, e, por aquello do morbo ribadense, non estaría de máis, nen de menos, saber canto...

  3. A Manuel Valín causáronlle “extrañeza” as informacións de prensa que dan conta do malestar na Banda e na Directiva da entidade que a promove polo affaire Strauss, un malestar con eles, que “non teñen nada contra a Banda”, á que queren axudar “en todas as oportunidades”, como fixeron co certame de Bandas de setembro, para o que comprometeron un “bo e importante apoio”. Lástima fora, concelleiro. Valín e asáltano os demos: “Hai un sector interesado... todo o mundo sabemos quenes son os que tratan de romper as boas relacións que poda haber entre Amadores da Música e o Concello”: agora vai resultar que á Strauss Festival Orchester non a fichouu él e que está formada por mercenarios nacionalistas cuxos cérebros grises fixeron picar a Valín. Todo, con tal de non recoñecer que meteu a pata até a ingle; e non é a primeria vez: convertiu nun fiasco organizativo o concerto da Banda do 25 de Xullo, e logo tivo que pedir perdón pola mesma emisora pola que agora defende as súas determinacións; pifiouna despois o Día de San Roque ao no dispoñer, como coordenador da Comisión de Festas, a instalación dun palco cuberto e suficiente para o correspondente concerto da Banda; mandouna despois a Mondoñedo para que un mércores a escoitaran unha dúcia de persoas (ou dúcia e media, vale). Xa resulta sospeitosa tanta gamba introducida: nen el podo ser tan ineficaz. Cando o locutor lle pregunta polo oferecimento do Concello á Banda de lle patrocinar a grabación dun disco, Valín en plan aparentemente surrealista, espeta: “Xa foi moi polémica a campaña eleitoral”. Certo: o primeiro día da campaña, en un local público dixo que cando gañaran eu sería enviado a Sibéria. O último día, nun mitin, devolveume a tranquilidade: “Non imos facer desaparecer a Banda nen imos facer desaparecer o seu director”. Alegreime de saber que non ia ir para a cámara de gas. Pero e sospeitosa tanta declaración de boas intencións: “Non temos nada en contra da Banda”. “Quixemos aclarar e dixemos que íbamos apoiar á Banda, é a Banda Municipal...”, ao seu pesar...Xa se sabe: excusatio non pedita...

  4. Sobre o tema do disco, algo colateral ao asunto cerne desta polémica (porque isto é unha polémica, subscitada por acción – ou omisión – polo señor Valín, e non, como el di para quitar ferro, “un mal entendido”). Deixo para mellor ocasión deixar constancia ponderada de a que persoa se debe a iniciativa de que a Banda gravase un compact-disc e do intre e do xeito en que se concibeu a idea, hoxe proxecto preferencial da Banda en conxunto e, singularmente, meu. Igoal non tardamos moito en teer que informar polo miúdo disto, perante o novo arrebato colaboracionista do Concello... Ocorre, polo de pronto, que máis unha vez “unha entidade privada”, realice a “grabación e diz mil copias” do ditoso disco. Ou non somos conscientes das nosas capacidades mediáticas, a carón das cales a operación de marketing Adagio Karajan constituiría, proporcionalmente, un xogo de nenos, ou Valín non ten idea de matemáticas, o que resulta preocupante a estas alturas. Non lle hei mirar a dentadura a este presunto cabalo agasallado, á espera de coñecer as condicións técnicas do marco-proxecto discográfico municipal. Agora ben, ao César...

  5. Igoal que sobre o disco e a súa paternidade haberá ocasión de volver falar nos médios de comunicación, sobre a cuestión desencadenante dsta xa longa declaración haberá máis que dicer en canto se achegue a data do concerto, dos concertos, pois témome que o señor concelleiro de Cultura, despois do que dixo o outro día na rádio, non vaia pedir desculpas á Banda como fixo cando pola súa incompetencia destragou o concerto do 25 de xullo pasado. Todos á espera pois, e advirto que nesta resposta procurei aterme ao contido do declarado hai días por Valín. Polo de agora, calo. Sobre as edificantes actitudes verbais do super-concelleiro verbo do director da Banda perante os seus alunos (xa dixen que o seu problema conmigo é de índole patolóxica), calo. Sobre a maniobra eleitoral con diñeiro público, calo. Sobre Barcelona, calo. Calo polo de agora. Xa se saberá, insisto, que se cadra o repentino agarimo de Valín e compañía á Banda é amor letal. Que tente, non vaia ser o demo. De momento que lea “Granxa de animais”, de Orwel, e que mire, el, ao espello, e a min que me deixe en territorio humano.

  6. E finalmente , todo isto dígoo eu, Hernán Naval, director da Banda Municipal de Ribadeo a pesar de Valín. En nome de ninguén falo, nada máis que no meu próprio. Só eu responsabilízome do dito e das súas consecuencias. A músicos e directivos que os deixe Valín en merecida paz.

20200328

Diario de un confinado en la plaza de Olavide. CONFINADOS PERO CON INTERNET. Ángel Alda

"Miércoles, 25 de marzo 2020
Iba yo a comprar el pan y me encontraba con fulano o con mengana. Pero no lo contaba en ningún diario, ni público ni secreto. Hoy no voy a ninguna parte y mis no historias aparecen en el mejor medio digital de prensa de barrio de Madrid. Y así todo. Nos han echado de la realidad física pero nos han regalado una contrarrealidad virtual llena de series de televisión con psiquiatras que son detectives y detectives que son psiquiatras.
Hace muchos años, como veinte, que hubo una polémica sobre si el mundo del futuro, el de hoy para entendernos, iba a ser construido de bricks, es decir ladrillos, o de bits, es decir datos. Aquello quedó en tablas hasta que un bicho sin vida, puro código, llamado coronavirus ha venido a desempatar. Nos imaginábamos el futuro al modo Blade Runner, con humanos y criaturas robóticas compartiendo unas calles ruidosas llenas de chiringuitos y nos encontramos con unas calles desaparecidas y los robots compartiendo con nosotros los primitivos y aburridos hogares de ladrillo. Unos robots en forma de pequeños ladrillos llamados smartphones y otros de limpieza redondos y silenciosos pensados para casas con sus habitantes trabajando fuera de ellas. Hoy tenemos que pactar convivencias con máquinas que nos odian. Y a las que terminaremos odiando pues nos roban la vida plena. Unas, los teléfonos móviles, nos roban horas y capacidad de entender y otras, los rumbas nos rompen las espinillas.
No se si saldremos adelante a pesar de la IA de Netflix o de HBO. Ellas se empeñan en recomendarnos productos degradantes mientras por el WhatsApp nuestros amigos nos recomiendan exquisitos programas culturales, visitas a museos o cursos de macramé. No se quién ganará. Si las grandes operadoras de inteligencia artificial o nuestros mejores amigos queriéndonos rescatar de la incuria o del analfabetismo.
Mientras las reuniones de vecinos de las ocho se van pareciendo más a las asambleas del franquismo. Siempre terminan en encierro. Cuidado con los guardias de la porra.
Mientras no tengamos calle por lo menos aprovechemos el sol. Cuando sale que esa es otra.
Hasta mañana
Ángel"

20150113

Podemos deixar de ser dependentes.

Teño algún coñecido que insiste na vella provincia de Mondoñedo para afirmar a Mariña como entidade, lonxe do centralismo lugués. Hoxe a prensa lembroumo, con titulares como que os mariñáns peregrinamos a Lugo en pos de xustiza, a non menor peregrinación ó Hula para cuestións sanitarias, a conto de que queren que apoiemos que non se teña que ir á Coruña, ou sinxelamente con algo lóxico dada a actual estrutura vertical que mantén o estado para outras cousas: o comisario de Viveiro vai a Lugo para a conmemoración do 191 aniversario da Policía Nacional.
Alguén dirá que Lugo é a capital da provincia para algo. E si,  para algo é. Pero:
En relación ós xulgados, quitáronselle competencias á Mariña. E non creo ter necesidade de lembrar que Ribadeo leva sen un xulgado decente dende o 65 do pasado século, a recollida de sinaturas polo Tesón, e toda a historia para tentar conseguilo de xeito asociativo, despois de tirar a toalla na práctica dende as instancias políticas.
En relación ó Hula, parece que tampouco se pode ter un hospital completo na Mariña, que hai que lembrar que é a única zona vai aguantando o retroceso de poboación na provincia.
Si, o da viaxe do comisario xa sei que parece o dos vellos xornais ou semanarios que, como se pode observar nos vellos exemplares de La Comarca, daban nota dos viaxeiros partintes e arrivantes, pero o caso é que segue a haber unha comisaría en Viveiro, que, se se vai a Lugo, parece que quedará sen celebración 'adecuada'. Ou non?
Podemos deixar de ser dependentes: fómolo cando había menos medios, e estamos pagando un extra por vivir nunha comarca afastada do centro pero que contribúe por riba da media á construción provincial, en maior medida que o facía antes. Eficiencia, si. Equidade, tamén.
--
Algunha ligazón sobre o xulgado:
http://ribadeando.blogspot.com/2011/01/entregaronse-as-sinaturas-para-que-o.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/08/o-ultimo-intento-no-senado-para-traer.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/05/un-xulgadino.html
http://ribadeando.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-da-avv-o.html
Sobre o hospital:
http://ribadeando.blogspot.com/2013/03/unha-curiosidade-sobre-o-hospital-da.html
http://ribadeando.blogspot.com/2013/07/sanidade-na-marina-triunfalismo-e-verbas.html
http://ribadeando.blogspot.com/2013/02/que-non-ia-suceder-pois-sucedeu-nota-de.html
http://ribadeando.blogspot.com/2012/03/cachondeo-conta-da-sanidade-quen-cura.html
http://ribadeando.blogspot.com/2009/12/un-artigo-sobre-sanidade-que-pasa-na.html
http://ribadeando.blogspot.com/2011/03/dous-anos-de-diferencia-duas-veces-o.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/sanidade

20090321

EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION

(recollida con retraso)
EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION
Dende o mércores, 18 de marzo, está exposto ao público, na delegación de Industria de Lugo, o proxecto de Subestación Eléctrica e o tendido da liña de outa tensión que vimos comentando nas últimas semanas.
Hoxe sábado, ás 8,30 do serán haberá unha presentación e exposición pública do proxecto nos locais da Comunidade de Montes, en Santa Cruz. Poderanse ver todalas casas, camiños, fincas, montes, etc .afectados e a exposición estará aberta ao público gratuitamente. Calquera que esteña interesado, pode acudir sen ningún compromiso nen obligación, de maneira que non é preciso ser socio nen afectado para acudir.
As primeiras impresións do proxecto podense resumir nos puntos seguintes:
1.- Hai unha clarísima manipulación das liñas para beneficiar a unha persona determinada, alonxando o tendido da sua casa a arrimando a outras, ao mesmo tempo que se fai un gran ángulo que afecta especialmente a algunhas propiedades.
2.- A subestación fica a uns 300 metros de Reverte e ocupa 3500 m2 do monte comunal de Piñeira. Non se entende porque non se desplazou outros 300 ou 400 metros hacia o interior do monte, onde non perjudicaría a ninguén.
Ainda mais, a liña que chega á subestación obligará a expropiar cinco hectáreas de monte comunal (25 metros a cada lado, ao longo de un km). Resulta obvio que canto mais arriba se puxese menor sería o terreo expropiado.
Débese suliñar que no concello non está exposto o plano do proxecto, como deu a entender o alcalde nuhas declaracións, senón a notificación onde se informa de que o plano está exposto en Lugo. Como vemos o Sr. Alcalde segue confundindo aos veciños para darlle todo tipo de facilidades a BEGASA e non cumple a sua promesa de que o proxecto ia exposto no concello de Ribadeo.
Evaristo Lombardero Rico

20241027

Un podcast sobre ribadeando (xerado artificialmente e en inglés)

     Hoxe fixen un novo podcast como presentación de Ribadeando. Cabe dicir que foi un experimento (polo momento, debo tomalo como unha experiencia máis) do uso de outra ferramenta de IA, o NotebookLM de Google, que permite facer un podcast en base a documentos que se lle suban á plataforma. A única opción que ten hoxe por hoxe é o inglés norteamericano, co que as dúas voces xeradas, unha de muller e outre de home, falan do blog en inglés. Déixoo aquí só a modo de curiosidade, aínda que tentarei integrar este tipo de podcasts no blog cara ó futuro, na presunción de que se ben aínda está só en inglés, chegará un momento no que tamén integre o galego, digamos que un pouco ó rebufo do que se lles pode escoitar ás voces é un 'fantástico blog' que tenta potenciar esta fermosa lingua que é o galego (algo diso tamén din). Polo de agora, queda esta peza falando de xeito xeral...

20220501

Refraneiro galego sobre maio

    Deixo en baixo algúns refráns galegos sobre o mes de maio que está a comezar. Un mes que, neste ano, xunta o seu comezo ó xa tradicional día do traballo (ou era dos traballadores?), que pouca festa parece ser, co día da nai, festa hoxe encumiada polo comercio pero cunha orixe nada comercial.

    Celebremos maio, mes das flores, no sentido que queiramos. Cos refráns, collidos entre os da Galipedia, (hai abondos máis) temos motivos de celebración:

  • A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano.
  • A auga de maio inda carga o carro.
  • A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón.
  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
  • A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
  • A ovella do probe no maio morre.
  • A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
  • A porca de maio vale máis no principio que no cabo.
  • A sardiña no maio que a parta un raio.
  • A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan.
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
  • Abril a lan carda, e maio leva a fama.
  • Abril chove pras xentes, e maio prás bestas.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
  • Abril, déixame dormir, que en maio de meu me caio.
  • Abril e maio son a chave de todo o ano.
  • Abril e maio son as chaves do ano.
  • Abril esfola, pero maio amola.
  • Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano.
  • Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo.
  • Abril, pendoril; maio, engraio; e San Xoan, segaio.
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
  • Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado.
  • ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.
  • Are quen arou, que maio xa pasou.
  • Are quen arou, que maio xa pasou.
  • Are quen arou que xa maio entrou.
  • As avenidas da Ascensión, sonadas son.
  • As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
  • Ata o corenta de maio a vella non quita o saio.
  • Ata o corenta de maio non quíte-lo saio.
  • Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poñer.
  • Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano.
  • Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano.
  • Auga de maio, crece o pelo un palmo.
  • Auga de maio, mata o porco dun ano.

  • Auga de maio, pan pra todo o ano.
  • Auga de maio, quítame a sarna que traio.
  • Auga de maio, trai bo ano.
  • Auga de maio, trai mal ano.
  • Auga en maio detrás do arado.
  • Auga en maio mata a porca dun ano.
  • Auga en maio, pan para o ano.
  • Auga en maio mata o porco dun ano.
  • Auga en maio quita a sarna de todo o ano.
  • Auga entre maio e xuño vale máis cós bois e o xugo.
  • Ben veñas maio, o millor mes de todo o ano.
  • Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio non me ve-lo pelo.
  • Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir.
  • Caia auga e veña maio, que xa temos pan pro ano.
  • Cando en maio hai lama, inda algo se gana.
  • Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
  • Cando marzo maiea, maio marcea.
  • Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos.
  • Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio.
  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
  • Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau.
  • Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
  • Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.
  • Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
  • Chova pra min abril e maio, e pra ti todo ano.
  • Chova pra vós na roda do ano, e pra min en abril e maio.
  • Chuvia, de abril; recío, de maio.

20240221

Falar

Falando. Foto de Bernd Schwabe in Hannover, collida de Wikimedia Commons.
 Falar

    De antigo, falar foi o xeito máis normal de comunicarse dos humanos. Falar de xeito directo, sen intermediarios. Ista última precisión é importante: se hai intermediarios, pérdese o control da conversa de extremo a extremo. Ese control foise perdendo pouco a pouco precisamente pola intermediación. Comezou coa escrita, na que o medio, o papel, podía quedar noutras mans e polo tanto, desaparecer, borrarse de xeito intencionado, variar o escrito...

    Ter intermediarios non ten por que ser malo. Pode facilitar a comunicación facela máis persistente, permitir o seu rexistro, etc. O caso é que si, implica unha perda de control. Co teléfono a cousa non foi a mellor. Non só a mensaxe podía quedar (nos primeiros tempos) na cabeza das telefonistas, senón que, dese xeito, quedou demostrado que co novo medio, aínda sen técnicas avanzadas, podía ser interferido e intervido, cruzarse conversas, filtrarse información, ou sinxelamente, impedir a conversa por desconexión. É dicir, destruír a comunicación e illar á persoa.

    Evidentemente, dende a automatización do proceso mediante internet, a comunicación diversificouse de múltiples xeitos e a través de múltiples canles. E as conversas poden ser mediatizadas, extraídas do seu contido, cesadas, imitadas ou deturpadas de moitos máis xeitos. É dicir, de novo, máis facilidade para destruír a comunicación ou illar á persoa.

    Agora mesmo, un caso particular: remato de ler que a conta en X da viúva de Navalny, o opositor ruso morto nunha cárcere dentro do círculo polar, foi inhabilitada durante varias horas, aínda que volveu a estar dispoñible máis tarde. Por? Polo que di a compañía, ‘por un erro’. E xa está. O erro pode ser unha decisión errónea ou ou erro de conexión, entre outras posibilidades. E o esnaquizamento da comunicación sufrido nese tempo? Ah! O caso é que está ‘xustificado’ que unha persoa perda a conexión sen máis. A min mesmo, xa teño apuntado que Facebook tenme secuestrado os meus datos, sen darme oportunidade de retiralos da rede ou de avisar ós meus contactos de que xa non teño acceso a esa rede social, se non paso polo aro que me pon. En teoría, sería algo moi doado de amañar: aí está a lei de protección de datos e a axencia correspondente. Na práctica, máis dun trimestre despois, sigo sen solución, tras usar paliativos como intensificar a miña comunicación nunha rede libre, Mastodon, comunicalo á xente da que teño contacto por Telegram, etc.

    Por iso, o bo da independencia, da existencia de múltiples canles e da apertura de comunicacións non dependentes de compañías, sen relación de dependencia con empresas e robustos fronte a ataques, é que sempre tes liberdade, un pequeno burato para moverte cando non tes poder e tentan esmagarte. Nin as compañías de medios (que elaboran e dirixen a mensaxe) nin as de redes sociais (que os usan e manexan ó seu antollo sen límites a pesar das leis) che deixan ese burato a non ser por despiste, tamén, ‘por erro’. Algo que está a empeorar pola introdución das mal chamadas IA, que dificultan a identificación da realidade separándoa da ilusión mentireira fabricada de xeito instantáneo, mesmo en vídeo.

    Mentres, o falar de xeito directo, tranquilo, pensado, vendo todas as reaccións producidas na linguaxe corporal... estase a facer máis raro. Por certo, ‘isto’, esta comunicación, non é ‘exactamente’ falar...

20151014

Ence e Ribadeo, oito anos

    Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto de Mirasol de tal xeito que Mirasol 'fose competitivo' co Musel, ó que se enfrentou unha manifestación memorable de mans de O Tesón. Ou, por aquelas datas tamén estaba de cando en vez o candeleiro dun 'porto seco' no polígono industrial, aínda sen actividade, ou mesmo falouse dun ramal de Feve a Mirasol. E claro, a presión cos intereses económicos, a baixada de taxas portuarias a Ence (a menos da metade do que viñan sendo, o que fai pensar se portos se lucraba sen recaer en Ribadeo a parte correspondente ou se, como o caso doutras grandes empresas, sinxelamente foi o resultado dunha extorsión amigable que pagamos todos) ou a lembranza de que a maioría de movemento de Mirasol o efectúa a empresa madereira e que é un impacto económico grande.
    Hoxe todo aquelo parece estar esquecido, e polo contrario,despois dunha inversión forte en comezar a construción do ramal de Feve en Navia, e a súa posterior paralización, agora afírmase que se descarta o tema por non ser competitivo.
    Collo unha parte 'xustificativa' da nota de prensa da compañía: "Pasados siete años desde la firma del convenio, y pese a los esfuerzos del Principado, y por no haberse acabado las infraestructuras ferroviarias necesarias de conexión, hemos encontrado soluciones más eficientes, sobre todo cuando Renfe nos manifestó hace dos años que no podía mantener los precios de referencia". O convenio significaba 10 000 000 € cun Principado colaborador e unha promesa de prezos baixos de Feve que agora Renfe, que absorbeu a Feve, non mantén. Solucións máis eficientes... Segue sen falarse nada do medio ambiente.
    Repito embaixo a 'Carta ó alcalde de Navia' que publiquei hai máis de cinco anos:
"Sr. Alcalde:
Han pasado ya bastantes días desde que vd, en declaraciones a 'La Nueva España' apuntase textualmente que “En El Musel se puede trabajar con barcos de 50 000 toneladas y en Ribadeo no. En Ribadeo sólo pueden trabajar barcos de 3 000 toneladas. Y la empresa no creo que haga un porte de 3 000 toneladas cuando puede hacerlo de entre 50 000 y 100 000 desde El Musel” (20100211, “El alcalde de Navia advierte de que Ribadeo no puede competir con la capacidad de El Musel”).
Después de extrañarme de no ver en todo este tiempo una réplica a sus palabras, ni de empresas, ni de instituciones, ni de personas particulares más implicadas que yo en el tema, me decido a hacer algunos comentarios aclaratorios con la esperanza de que puedan contribuír a ver más claro que está pasando con el transporte de la producción y los insumos de ENCE.
Así, me llama la atención de que vd pare el tamaño de los buques en las 100 000 tm. Según sus comentarios, parece que a mayor tamaño, más conveniencia para el transporte. Por esa vía se puede interpretar que vd metería toda la producción anual da la factoría en un solo buque y se quedaría tan feliz. Pero es evidente que la inconveniencia de tal cargo está fuera de toda duda.
En primer lugar, con la capacidad de producción de la papelera naviega, 100 000 tm implica como poco la producción total de unos dos meses y medio. Y de ahí para arriba. No soy economista ni siquiera empresario, pero me parece que sumar a los pagos diferidos de las mercancías un plus de dos meses y medio de paro previa carga, con los costes de almacenamiento asociados, implica una carga financiera para cualquier empresa, algo de lo que se querría deshacer cuanto antes cualquier persona al frente de la misma.
Después, y aunque sea algo asociado con lo tratado en el primer punto, está la cuestión logística: el almacenamiento de esa cantidad de mercancía conlleva unos cuantos problemas, pues entre 50 000 y 100 000 m3 no se pueden meter en un bolsillo, viniendo a representar un bloque de unos 20 m de alto sobre el terreno de juego de un campo de futbol. Por supuesto, a parte de resguardarlos de fenómenos meteorológicos, o aún preservar su limpieza durante un tiempo. Es evidente que se puede hacer, pero que el hacerlo implica costes suplementarios.
Sume a lo anterior el ascenso irrefrenable del llamado 'just in time', esto es, la demanda por parte de las empresas a sus suministradores de que la mercancía les llegue justo a tiempo, sin necesidad de almacenamiento, con las maniobras y los gastos asociados, sin mantenimiento más que de un mínimo stock de seguridad. Es decir, siguiendo una idea económica semejante a la de reducción de costes para la salida de mercancía que le comentaba en párrafos anteriores. Los mecanismos económicos lo propician tanto para la oferta como para la demanda.
Para acabar con el comentario, decir que si, tiene vd razón al decir que en Ribadeo los buques que normalmente se atienden están entre unas 3 500 tm y 5 000 tm, para los que existen instalaciones, servicios y calado suficientes en la actualidad, a parte de los compromisos que se puedan adquirir de cara al futuro. Pero el caso es que estos tonelajes no son tanto una limitación de las instalaciones portuarias de Ribadeo, sino de las limitaciones de calado de puertos fluviales europeos, destino de la mercancía. Es decir, que no sólo por limitaciones económicas, financieras o de logística, la competencia de barcos grandes no viene mucho a cuento, sino que tampoco se comprende en le marco de las limitaciones físicas en el otro extremo de la línea de transporte.
Quedaría así en el aire la pregunta de si el comentario por vd vertido responde a outras razones o se trata de un error. Que hoy en día las relaciones política – economía son muchas es sabido, así como también se sabe que muchas veces se las confunde con las de Política – Economía, con mayúsculas y aceptando las definiciones comunes y nobles de ambas. Que hay o puede haber otras razones e influencias diferentes es también innegable (creo que la respuesta está en otro párrafo citado en el mismo artículo, “una solución asturiana a una empresa ubicada en Asturias”), desde los intereses de las familias de los transportistas que actualmente desplazan la carga hasta Ribadeo (a razón de un camión cada cinco minutos o menos, como se puede ver en un vídeo en internet colgado por mi mismo en youtube, http://www.youtube.com/watch?v=aTeMc_C31jI) a -por supuesto- el abono correspondiente al uso del puerto de Ribadeo o los beneficios del flujo de dinero para la zona. Por supuesto, se pueden también evaluar, y me extraña que no se haya sabido de sus cálculos en este sentido, pues creo que al menos en aspectos económicos y sociales los beneficios para Navia no son menores que los de llevar la pasta a Gijón.
Y ya digo, no se trata ahora de poner en la balanza la historia, el tráfico soportado en tiempos por Ribadeo y el soportar por parte de los transportistas una travesía urbana que entorpecía el servicio, o el logro de la reivindicación de la circunvalación ribadense principalmente para servir al puerto. No, pues aún teniendo toda la consideración posible hacia el pasado y la convivencia de años, precisamente cabe ajustar que sobre lo que vd se pronunció no es sobre el pasado, sino sobre el futuro.
Atte."
    Máis en Ribadeando sobre Ence-Feve-Mirasol:
Diversas novas e un comentario (agosto 2008)
Sobre manifestación ría si-nave non
Apoios extra despois da manifestación (Agosto 2008)
Comunicando a Mariña con... (marzo 2011), con foto con previsión errada
Ribadeo e a súa nave no porto de Mirasol (maio 2008)
De realidade e ENCE (novembro 2010)
Ence que ven e vai (xuño 2010)
E abondos máis, algúns en 'ría si, nave non'

20250131

O ataque á sociedade

 

O ataque á sociedade

    Os seres humanos somos sociais. De feito, temos convertido a sociedade nun piar fundamental dos que son baseamento da nosa vida, e somos conscientes de que a desaparición da sociedade causaría que o noso estilo de vida fose de novo semellante ó de calquera outro animal, retrotraéndonos milleiros e milleiros de anos na nosa evolución.

    A sociedade é unha asociación. De feito, son sinónimos. Iso, aínda que ás veces o noso comportamento pareza ter esquecido que a sociedade necesita mantemento por parte dos socios, como calquera asociación por parte dos asociados.

    No parque infantil no centro de Ribadeo había -poderíase dicir que segue a habela- unha casetiña con libros, a modo de biblioteca libre para os pequenos. No seu momento, considereino unha grande idea, e visto o uso que se lle comezou a dar por parte dos usuarios do parque, parece que non fun o único en consideralo así. Mais pouco a pouco, o descoido primeiro, e logo o maltrato desa humilde instalación, deixou a caseta sen porta, sen libros e sen vida. Pola súa construción, podería ter durado sen mantemento abondo tempo máis, pero vese que o pulo na súa construción polas autoridades deseguido se converteu en esquecemento, e aínda que o uso continuou a ser frecuente ata o total deterioro, tamén é evidente que houbo persoas que non consideraron que unha instalación así había que coidala, e que máis ben fixeron o contrario. Non é necesario que sexa moita xente, abonda con moi pouca para botar en baixo servizos dos que nos beneficiamos todos e dos que esquecemos que hai que manter entre todos, non só 'as autoridades' ou 'as institucións'.

    Manter entre todos significa poñer vontade e actuar en consecuencia. Non só en cartos a través dos impostos, que tamén, senón no coidado e defensa do que é de todos. Se se esquece iso, uns polos outros irémonos levando por diante a sociedade, anaco a anaco. E, no camiño, a nós mesmos, ó que somos. Pode que aínda pensemos nese proceso cara ó individualismo como un ‘ser máis nós’, esquecendo tanto aquela frase célebre de que somos o que somos en boa parte grazas ó noso entorno (‘yo soy yo y mi circunstancia’) como as múltiples manifestacións na vida diaria da nosa interdependencia dende o nacemento ate despois da morte.

    As veces, fálase da ‘traxedia dos comúns’ como se o común estivera destinado a ser peor solución que o mercado, diñeiro e finanzas, como se o común estivera destinado ó maltrato. Esquécese nesa situación que o común ten sido tradicionalmente unha fonte de vida e riqueza para a comunidade ó seu arredor. E está demostrado que só cando hai inxerencias externas, cando o común se deixa en mans alleas e pasa a ser controlado dende fóra, por quen ten outros intereses non baseados na comunidade, remata sendo destruído, con prexuízo para todos os implicados. O último exemplo disto? Aí temos as redes sociais privativas. E do outro? O maior pao ás empresas e dominación dos EUA en intelixencia artificial remata de ser dado pola apertura de código dunha IA china, na procura de formar unha comunidade ó seu arredor.

    E mentres, a pequena biblioteca no parque de Ribadeo?

20210204

Levando a conta do coronavirus en Galicia

Un dos gráficos do informe de hoxe

 

   Estes días estou vendo a necesidade que ten a xente de estatísticas claras e comprensibles sobre a evolución do coronavirus no seu entorno. Non grandes teorías ou discusións, non cousas incomprensibles con grandes números, senón algo 'á man'. Un deses lugares atopeino 'da man' dun amigo, José A. Carpente, que leva dende hai varios meses facendo un resume diario da evolución en Ferrolterra, ampliada despois ás cidades galegas. Números, táboas, pero tamén gráficos e claridade. Fai un informe diario; o que presento é o de hoxe, 4 de febreiro. E, se non es de Ferrolterra, sempre podes comparar o que sucede nas maiores cidades de Galicia co que sabes da evolución xeral ou no teu concello:

IA ferrolterra e cidades 4 feb de J.A.Carpente Sardiña