Amosando publicacións coa etiqueta torre dos Moreno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta torre dos Moreno. Amosar todas as publicacións

20240312

PAZO DO MARQUES DE SANTA CRUZ DE MARCENADO (Castropol). Pancho Campos Dorado

 

PAZO DO MARQUES DE SANTA CRUZ DE MARCENADO (Castropol)

Pancho Campos Dorado

O acceso ao pazo, está conformado por unha gran portada cuxo van de acceso presenta un arco de medio punto conformado por dovelas enriquecidas por un rosario de óvalos e a clave arrostrada con rostro humano. Os sálmeres apoian en impostas molduradas sobre columniñas de sección semicircular acaroadas (adosadas ao paramento), e o todo, flanqueado por dúas columnas de sección circular, tamén acaroadas ao paramento. Están asentadas sobre pedestais prismáticos rematados por astrágalos de medio bocel, e rematadas con capiteis xónicos. Os riles do arco son decorados con baixo relevos en forma de ramas florais.

Deste pazo eran titulares os Marqueses de Ferrera, e denominábase a Casa do Campo de Castropol. A Marquesa D.ª FRANCISCA DE NAVIA ARANGO MONTENEGRO Y LANTOIRA cásase con D. ÁLVARO JOSÉ DE NAVIA-OSORIO Y VIGIL DE LA RÚA (1684–1732), Fidalgo de Navia, III Vizconde del Puerto, e a partir de entón foi chamado o Pazo dos Marqueses de Marcenado, por ser tamén D. Álvaro o III Marqués de Marcenado (1717-1732).

Isto queda evidenciado nos brasóns das columnas xónicas da portada do pazo. Na columna esquerda, en pau, unha “M” coroada dos MONTENEGRO, sostida dunha torre da que saen tres lanzas dos LANTOIRA. Abaixo un escudo brasonado cunha banda, a banda dos NAVIA ARANGO do brasón terceiro do escudo dos marqueses de Ferrera, aínda que falta estar engulida en dragantes. Parece raro que este fora un erro dos canteiros, polo que podería darse a outras interpretacións, como veremos.

Armas dos Montenegro

Na columna destra, a “M” coroada dos MONTENEGRO, a torre superada de tres lanzas dos LANTOIRA, e abaixo un escudo brasonado cunha barra, posible dos NAVIA-VILLAAMIL de Navia, aínda que, como no caso anterior, faltan os dragantes.

Segundo o vemos nós, parecería que os brasóns, tanto o da banda como o da barra, se fixeron a posteriori de facer o pazo, dado que os brasón dos MONTENEGRO e LANTOIRA están feitos en baixo relevo evidente antes de montar as pedras da cachotería, e os escudos brasonados coa banda e coa barra, están gravados na pedra cando xa estaba asentada. Parécenos que foi así, por lóxica, posto que senón terían a mesma factura que os anteriormente mencionadas.

Armas dos Lantoira

O Marquesado de Ferrera é título de Castela, e foi concedido en 1697 polo rei Carlos II (1665-1700) fillo de Felipe IV, a D. JUAN ALONSO DE NAVIA Y ARANGO (Avilés 1659-1731) I Marqués de Ferrera.

Marquesado de Ferrera

Previamente D. Juan fora Vizconde de la Herrería, pois Felipe IV en 1631 e 1644 dita Reais Cédulas que ordenan ser previamente vizcondes antes de ser nomeados Condes ou Marqueses. Todo por cuestión fiscal, pois así estaban obrigados a pagar dúas veces os tributos de lanzas e de media anata.

Os tres Escudos de Armas que hai sobre a portada son, como veremos, claro reflexo dos que hai baixo o enterramento da Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo.

ESCUDO ESQUERDO

Escudo español, partido e cortado de dous, con seis cuarteis. Timbrado con casco de fidalgo cabaleiro, mirando á destra, viseira baixada e catro grilletas á vista, rematado cun gran penacho de plumas repartidas a destra e sinistra. Está sostido por unha voluta apergamiñada e por dous soportes de leóns lampasados que apoian as garras no contorno, un a cada flanco.

Primeiro cuartel: un castelo de tres torres e de cada unha delas sae unha lanza. Son armas dos LANTOIRA (En campo de sinople, un castelo de ouro, con tres torres e de cada unha delas sae unha lanza de sable. Tal e como se ven os esmaltes no primeiro cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial de Castropol).

Segundo cuartel: Unha árbore da que colga unha espada cargada ao longo, por un escudo elíptico burelado. O todo sinistrado dun crecente contornado (coas puntas cara á sinistra). Son armas dos DONLEBÚN (En campo de gules, unha árbore de ouro da que colga unha espada co puño de ouro e cargada, ao longo, por un escudo elíptico de borde de ouro e burelado de sable. Tal e como se ven esmaltes no terceiro cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial).

Terceiro cuartel: Unha “M” coroada. Son armas dos MONTENEGRO (En campo de azur unha “M” de ouro coroada de ouro. Tal e como se ven esmaltes no segundo cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial).

Cuarto cuartel: Dous lobos pasantes en pau. Son armas dos OSORIO ou OSSORIO. (En campo de ouro, dous lobos pasantes de gules, colocados en pau)

Quinto cuartel: Unha banda. Puidese atribuírse esta banda ás armas dos NAVIA, pero a banda non está engulida en dragantes (En campo de gules unha banda de sable engolada en dragantes dentados de sinople // Ou dos NAVIA de ANLEO (En campo de sinople unha banda de gules engulida en dragantes de ouro lampasados. Esmaltes dos NAVIA de ANLEO no retablo do altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo).

O brasón da banda soa sen engulir en dragantes, pode atribuírse as Armas dos GARCÍA DE LA VEGA (En campo de ouro unha banda de gules) // Tamén dos FERNÁNDEZ ROCES (En campo de gules unha banda de prata) // Tamén dos GONZALEZ da Casa de Luarca (En campo de ouro unha banda de gules).

Sexto cuartel: Unha árbore á que están arrimadas cinco lanzas, tres a destra e dúas a sinistra. Son armas dos LANZÓS (En campo de gules, un carballo ó que están arrimadas cinco lanzas de prata cos mangos de ouro, tres a destra e dúas a sinistra). Así aparece no escudo de 1674 do Pazo de Pividal ou de Miranda en Abres.

ESCUDO CENTRAL

Escudo español, semipartido de un rasgo e cortado de dous, con cinco cuarteis. Timbrado con casco mirando a destra (enterramento) ou a sinistra (no pazo), propio dun cabaleiro fidalgo, viseira baixada con catro grilletas á vista e cun gran penacho de plumas, tres a destra e tres a sinistra. O escudo do enterramento está sostido por dúas flores cerradas e por dous tenantes con figuras de anxos que o aguantan polo contorno, un a cada flanco. No escudo da portada o sostén está formado polo que parecen pétalos de flores ou linguas de auga dun mergullo (chapuzón), e os tenantes son anxos similares aos anteriormente descritos.

Primeiro cuartel: Unha barra engulida de dous dragantes lampasados. Parecen ser Armas do MARQUÉS DE SANTA CRUZ DE MARCENADO. Pero observando o conxunto dos brasón do escudo, vemos que todos os cuarteis son os mesmos que os do MARQUESADO DE FERRERA, colocados en distintos cuarteis, entendendo que o escudo é FERRERA.

Segundo cuartel: Un castelo con torre de homenaxe da que saen tres lanzas. Son armas dos LANTOIRA. Os esmaltes son iguais aos do escudo esquerdo do Retablo da Marquesa, descritos en artigo previo (en Ribadeando e tamén en La Comarca del Eo, 10 Febreiro 2024)

Terceiro cuartel: Seis corvos en dous paus de tres, mirando a sinistra (En campo de prata, seis corvos de sable, en dous paus de tres, mirando a sinistra). Son armas dos CUERVO, contornadas das dos ARANGO, pois en ARANGO os corvos miran á destra, tal e como se ven, no escudo do Marqués de Ferrera. Ambas armas proceden de Pravia, dos CUERVO Señores do val de ARANGO (Francisco Sarandeses, Heráldica de los apellidos Asturianos, Oviedo 1994, p.62). Tamén vemos os corvos dos CUERVO e dos ARANGO mirando a destra no cuarto cuartel do escudo de Armas de 1726 da Aduana Vella, de D. CARLOS MIGUEL ACEVEDO PARDO DE TABOADA (Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.43)

Cuarto cuartel: unha “M” coroada. Armas dos MONTENEGRO.

Quinto cuartel: En campaña. Un barco acostado de dous castelos (un a cada flanco) con tres torres aclaradas con saeteiras.

Particular mención merece a descrición do barco. Trátase dun barco de vela dun só mastro central (maior) arborado e aguantado en candela por dous estais acalabrotados (formados de varios cabos colchados), un cabo firme a un bauprés de proa con bastante inclinación, e outro a un palo macho de popa sobre o que ondea un pabellón a modo de insignia de dúas zarpas. A única vela cuadra do mastro maior, está aferrada e cargada por alto (sen arriar a verga). O centro da verga está cargada de un paxaro grande volante (unha gaivota ou un mascato coas ás abertas) mirando a destra. Esta campaña puidese ser expresión dun exvoto dun salvamento. Teñamos en conta que a campaña é de moi raro uso en heráldica e ocupa a terceira parte inferior do escudo. Falamos de salvamento, pois na bovedilla de popa parece desenrolarse unha escena de dous homes na auga, un procurando o salvamento do outro. O todo, como xa dixemos arriba, sinalan ao Marquesado de FERRERA.

ESCUDO DESTRO

Está timbrado cun casco de fidalgo mirando a sinistra, o que denota bastardía en heráldica, aínda que se pode dar o caso de ser por cortesía en caso de estar afrontado con outro escudo, como no caso de matrimonios entre fidalgos, cousa que estaría xustificada si o enfrontamos a calquera dos dous escudos antes descritos. Polo que tería que estar colocado na sinistra do portalón e non na destra, segundo ó noso criterio.

Ambos escudos, o do Enterramento e o do Pazo, presentan exactamente a mesma colocación dos brasóns, con diferenza no cuarto cuartel con armas distintas. Descríbese como un escudo medio partido de un rasgo e cortado de tres, con sete cuarteis, un en campaña.

Primeiro cuartel: Castelo sobre terrasado con tres ameas, de cada unha das cales sae unha lanza. Son armas dos LANTOIRA

Segundo cuartel: Xaquelado en dúas faixas: unha en xefe de dous ordes e 10 pezas (5x5) e outra baixa de tres ordes e 15 pezas (5x5x5).

Terceiro cuartel: Unha “M” coroada. Son armas dos MONTENEGRO

Cuarto cuartel: 1) No escudo do enterramento. Cuartel partido. Parte dereita: cinco vieiras en aspa ou sotuer. Armas dos DÓRIGA (En campo de gules, cinco veneras de ouro en sotuer). Parte esquerda: Tres faixas. Puideran ser armas dos BARCIA (En campo de prata tres faixas de azur) // Tamén armas dos MADERA de Avilés e Xixón (En campo de prata tres faixas de azur) (Sarandeses, ibídem, p.79 e p.229). 2) No escudo do pazo: Cuartel cuartelado en catro. 1 e 4) Tres faixas. Armas dos BARCIA ou dos MADERA. 2 e 3) Cinco armiños en aspa ou sotuer. Son armas dos FROLAZ ou FROILA. Este apelido é dos descendentes da familia BERMUDEZ DE TRABA, acaso a familia feudal máis antiga de España, poderosísima no Reino de Galiza, educadores de reis. O primeiro FROILA é fillo de D. GUTIERRE MENÉNDEZ que falece no ano 950, e estaba casado con SANTA ALDARA (ILDUARA, ILDARA), filla do conde D. Ero de Lugo e de D.ª Adosinda. Irmán de FROLAZ era SAN ROSENDO, monxe bieito no mosteiro de Caaveiro, e bispo de Dumio e de Mondoñedo. San Rosendo no ano 925 era bispo de Iria e de Compostela. Virrei da Galiza nomeado polo rei D. Sancho I (895-929) coroado en Santiago de Compostela o 16-abril-926 polo arcebispo Hermenexildo (Nós, nº707, 27-set-2022. “OS REIS E RAIÑAS DA GALIZA. 1000 ANOS DUN REINO DE SEU”). San Rosendo no ano 937 funda o Mosteiro de Celanova xunto co seu irmán FROILA que estaba casado con Dª SARRACINA. D. Froila e Dª Sarracina tiveron por fillo a D. RODRIGO FROILA, cuxo irmán foi o conde D. PELAIO GUTIÉRREZ, casado coa condesa Dª ELVIRA (Padre José Santiago Crespo del Pozo, Blasones y Linajes de Galicia, volume II, p.208)

Quinto cuartel: Unha banda. Pode ser brasón dos NAVIA, dos GARCÍA DE LA VEGA, dos FERNÁNDEZ ROCES ou dos GONZALEZ da Casa de Luarca; tal como comentamos arriba, e os esmaltes como no retablo do altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo (Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.168)

Sexto cuartel: Un lobo cebado (que leva algo nas fauces) cara a sinistra, embarcado nun bote a flote ou sobre a auga. Brasón descoñecido para nós.

Sétimo cuartel: En campaña. A destra un castelo, sinistrado de tres lanzas á destra e unha árbore sen copa; unha serie de tres lanzas e unha árbore sen copa, e doutra terceira serie de tres lanzas e unha árbore sen copa. Brasón descoñecido para nós.

Estes prezados escudos de Armas do Pazo dos MARQUESES DE FERRERA ou de SANTA CRUZ DE MARCENADO, presentan as variadas ramas dos seus enlaces familiares, e con sorpresa vemos que tamén forman parte desta familia de marqueses os ancestros dos MADERA, actuais donos do Pazo, e que o restauraron luxosamente para que non caera de vello como está pasando coa Casa dos VALLEDOR. E unha pena que tamén estando na súa man a reparación e disfrute da Torre dos Moreno de Ribadeo, non reciba o mesmo trato de favor para acabar de restaurala antes de que caia nun montón e, por desgracia, mate a alguén. Non digo máis nada. Ata outra.

20220914

TORRE DE OS MORENO. Evaristo Lombardero Rico

TORRE DE OS MORENO

O día sete deste mes a páxina web do Concello de Ribadeo publica unha nota sobre un proxecto de obras na Torre dos Moreno.

De acordo con esta fonte informativa deuse “licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas” e "agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo”.

Según se desprende do texto trátase duns pequenos retoques e non existe un proxecto integral de restauración, non hai data de comezo das obras que queda ao albur dos propietarios (“xa pode empezar cando o desexe”, mais claro auga), non se coñece o investimento económico e non hai data de remate nen sequera aproximada.

Se temos en conta que segue sen publicarse o convenio asinado en 2019 entre o concello e a empresa (sic) propietaria da maioría do edificio, decatarémonos de que o Sr. alcalde ten un interese especial en disimular as condicións do devandito convenio. Resulta obvio que se o convenio estipulase unas condicións que comprometesen en firme aos propietarios a chegar a unha solución real do problema nun prazo razonable o concello sería o primeiro interesado en anuncialo.

Pola outra banda a empresa (sic) tardou doce anos en restaurar o Pazo de Trenor nas Figueiras, que tiña unhas condicións moitísimo mais favorabeis que a Torre de os Moreno. Mesmo leva dende 2014 actuando no edificio de Os Perecitos sen que se saiba para cando se pensa rematar.

Con estes alicerces hai que ser moi optimista para crer que realmente estamos diante dun proxecto de restauración da Torre dos Moreno e non de outro bluf electoral. Quedamos na agarda do que veña.

Evaristo Lombardero Rico

Nota: Evaristo Lombardero ten falado do mesmo tema na radio en días anteriores.

20220908

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'? (II). Evaristo Lombardero na Cope

    Onte deixei o que colixía eu sobre a nota do concello na que se fai referencia á 'rehabilitación' da Torre dos Moreno, titulándoo "Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?". Hoxe colgo a entrevista que a COPE lle fixo a Evaristo Lombardero onte mesmo, sobre o mesmo tema, na procura doutra opinión diferente da miña. Aparece presentado como portavoz de En Marea, e incide no descoñecemento do convenio Concello-Paisajes de Asturias pola cidadanía, nun novo caso de falta de transparencia.

    Entrevista de Evaristo Lombardero na COPE sobre a Torre dos Moreno, setembro de 2022.

20220907

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

    Dende hai xa abondos anos, sabemos que a Torre dos Moreno está a caerse en anacos. Tamén sabemos que debería, e temos esperanzas de que algún día sexa así, terse un plan de recuperación a aproveitamento dun edificio que sería apetecible para moitas cousas. É dicir, ter disposta a misión 'aproveitar a Torre dos Moreno'.

    Pero tamén sabemos, dende hai moitos anos, que o único para o que vai dando a historia é para relativamente pequenos (que soen anunciarse como grandes por requirir orzamentos non desprezables) amaños que eviten que o edificio se veña abaixo ou siga a caerse anaco tras anaco. É dicir, parafraseando o título dunha célebre película, sucesivas misións 'salvar a Torre dos Moreno'. No día de hoxe chega outra edición desa misión, a acometer pola empresa privada maioritaria da propiedade. Decatámonos por unha nota de prensa do concello que se titula 'Torre dos Moreno' e que inclúe o seguinte parágrafo a modo de resume:"A xunta de goberno concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno."

    Máis adiante na mesma nota, desenvolve un pouco o feito: "(...) logo de moitos anos, logo de moitos problemas, moitas horas dedicadas cos técnicos municipais, logo de ter todos os parabéns da Comisión de Patrimonio Histórico de Lugo e logo de ter que ir en cinco ocasións, por fin, onte demos a licenza de obra ao proxecto de execución para a Intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual. Tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o pésimo estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal". "(...) agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo. Agardamos que dentro de non moito, este edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do século XX, e por riba de todo, que coa súa rehabilitación poidamos asegurar a seguridade pública necesaria (...)."

    A dicir que na Xunta de Goberno do concello do día 6 acordáronse outras varias licenzas, e que é nese sentido, o da concesión de licenza, que xurde a noticia, xerada pola petición correspondente que tería que realizar no seu día a empresa Paisajes de Asturias. Unha petición, como observamos, doutra obra parcial para manter o edificio en pé, non para rehabilitalo de xeito íntegro.

    Outras apreciacións e comentarios do destaque da noticia poden ser as seguintes: houbo que ir cinco veces a Lugo, a Patrimonio. Non especifica a noticia quen, aínda que por como está redactada, parece desprenderse que serían viaxes, non só sinxelos envíos e voltas de papeis, e que o concello tería participado nesas viaxes á capital administrativa provincial. Estimo que debe ser ben un erro de redacción, ben de comprensión pola miña parte. O contrario sería un trato de favor, pois fronte a ese feito, para obras abondo máis pequenas, realizadas tamén de xeito privado, sei de quen tivo que enviar varias veces ó longo de varios anos proxectos e preguntas a Lugo, pero tamén consultar ós técnicos do concello, sen ter o apoio desa institución como axudante na capital. É dicir, de non entender mal, algo diferente de como o concello tería actuado neste caso despois de enaxenar por permuta a súa parte de propiedade.

    Tamén pode apreciarse que fala de 'materiais similares' para determinadas partes, aínda que 'iguais' para as cubertas. É dicir, vai ter o mesmo aspecto, pero non se trata dunha restauración, senón de 'reparación' e 'saneado'. Coas verbas usadas no texto, dunha rehabilitación.

    Asemade, cita a reposición das carpinterías exteriores. Por falta que lles fai non quedarán, e é de supoñer que con elas serán repostas as vidreiras.

    A empresa pode comezar cando queira, di a nota. Coido que as licenzas teñen un límite de tempo de execución, e, de non ser executadas en prazo, a licenza caduca. Evidentemente, se é a empresa quen decide, e non se lle forza a facer algo, farao cando queira, si, pero cos límites que estableza a licenza, e sen perder de vista que outras obras da mesma empresa da outra beira da ría estendéronse ben no tempo.

    Remata a nota facendo referencia á seguridade. Coido que deben terse superadas xa as dúas décadas de valados e redes no cantón. Esperemos que desta se acabe con esa ignominia, aínda que queden outras actuacións para o futuro.

    Por último, a nota incluía tamén unha imaxe, que deixo abaixo complementándoa con outra recabada nas redes sociais:




20220607

EPPUR SI MUOVE. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Deixa aquí José María unha pequena avaliación do goberno municipal menos dun ano despois da súa alzada ó poder. Laudatoria en principio, pero con interrogantes. Tempo despois de escribila puido reflexionar sobre algúns dos feitos que lauda e tamén sobre algunhas das cuestións que propón.

Domingo, 24 de febrero de 2008

EPPUR SI MUOVE

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 7:36

El conflicto entre Galileo y el Vaticano, entre la razón científica y la tradición, se decantó a favor del segundo. Eran tiempos en los que la tradición y el magisterio de la Iglesia de Roma, madre y maestra de Europa, tenía subyugada a la razón y a la ciencia. Y la evidencia científica del padre de la ciencia tuvo que sucumbir ante la autoridad del papa Urbano VIII. Lo que no impidió que Galileo, después de aceptar a la fuerza los criterios que la Iglesia le imponía invitándole a desdecirse de sus evidencias científicas sobre el movimiento de la Tierra, pronunciara aquella famosa frase: “y a pesar de todo se mueve”. Tendrían que pasar cinco siglos para que la Iglesia reconociera a duras penas su error.

Hace apenas unos meses nadie apostaba un duro por la continuidad del gobierno del BNG al frente del concejo de Ribadeo. ¿Un gobierno en tan exigua minoría, compuesto por cuatro concejales, sería capaz de encararse con las tareas del gobierno municipal? ¿Sería capaz de sacar adelante las exigencias que demanda un concejo de esta categoría? Los pronósticos de los analistas y las opiniones del pueblo lo ponían en duda. Un gobierno en minoría no podría salir adelante. La sombra de la moción censura planeaba –y todavía planea- sobre él. Gobernar en minoría y con la hostilidad manifiesta de ciertos paniaguados que añoran a su mecenas, hoy en la oposición, no es cosa fácil. El gobierno del PSOE, bastante mejor retribuido que este y con mayores apoyos del personal, no tuvo agallas para tanto en la pasada legislatura.

Pero contra todo pronóstico y a pesar de todas las dificultades que se derivan de la precariedad de estar gobernando con sólo cuatro concejales se puede afirmar, como Galileo, que, a pesar de eso, algo se mueve en el concejo de Ribadeo. Veamos, si no.

El PXOM sigue su marcha en silencio. En breve se procederá a su aprobación inicial. Empieza a recorrer el camino que ha de llevarlo, sin duda, hasta la aprobación definitiva, una vez eliminadas de su redacción las anteriores pretensiones especulativas.

Las gestiones para el tan deseado geriátrico, que tanto necesita esta comarca, parece que van tomando forma. Los compromisos entre el obispado y la Xunta de Galicia están firmados. Su puesta en marcha se ve cada vez más cercana.

La recuperación de los edificios en ruinas del casco viejo de Ribadeo ya se ha puesto en marcha con la aplicación del decreto que Vacas nunca se atrevió a ejecutar.

Los que creemos en la importancia cultural y valor turístico que representa el castro de As Grobas para Ribadeo vemos esperanzados su pronta puesta en valor.

La recuperación de la Torre de los Moreno no es ajena a la preocupación de este gobierno, a juzgar por el interés de la Xunta en estudiar su posible recuperación.

Las nuevas viviendas sociales, aunque insuficientes en número, es un proyecto consolidado y se espera que se convierta pronto en realidad. Aunque algunos, como la UPRI, lo ponen en duda. Y no falta quien, como un tal Pichi, hombre sin rostro y con mucha cara, a quien parece que no le gusta el latín -no sabe lo que se pierde– ni tampoco las viviendas sociales, preferiría vender el solar para, como Judas, dar el dinero a los pobres.

Pero a pesar de que es evidente que algo se mueve en el gobierno local son muchos los retos que tienen pendientes de acometer. Al abordarlos deberá tener en cuenta el alcalde la sensibilidad de los vecinos a la hora de tomar algunas de sus decisiones, para hacer verdad el lema electoral de su partido: “Contigo, Galicia decide”. Ante las pretensiones de CEASA de construir un enorme galpón en el puerto de Mirasol ¿qué postura va a tomar el alcalde? ¿Va a defender a la ría o a la empresa? ¿Va a permitir, como lo hiciera su ínclito predecesor dando la espalda al pueblo, que se siga deteriorando el mejor patrimonio de Ribadeo? La ría de Ribadeo, que es más importante que cualquier empresa coyuntural, aunque ésta se llame ENCE, debe ser respetada por encima de todo. Para decidir sobre ésta y otras cuestiones el pueblo debería ser convocado y consultado. ¿No es convocado para pedirle el voto en las elecciones?

La tesorería del concejo lleva años enormemente endeudada por la irresponsabilidad de pasados gestores que la sometieron a un expolio continuo para dedicarse a potenciar una falsa imagen de eficacia y tratar así de perpetuarse en el poder a través de los votos. Una conducta que dejó al concejo sin fondos para poder hacer frente a importantes y necesarios servicios que necesita. ¿Va a continuar este gobierno por el mismo camino de despilfarro o va a tratar de reconducir la situación?

Sabemos que no es tarea fácil lidiar los cabestros que otros toreros fueron dejando en esta fiesta. Ahí está, por ejemplo, el eterno problema del ruido nocturno que altera la normal convivencia y los derechos y libertades de los ciudadanos que lo sufren. ¿Qué piensa hacer el alcalde a este respecto? ¿Piensa cumplir la sentencia que obliga al concejo a suprimir el ruido? ¿Prefiere, acaso, limitar el derecho al descanso que tienen los ciudadanos para no perder los votos de la juventud?

Et sic de caeteris. Los retos son muchos y muchas las soluciones posibles. ¿Va a prevalecer la honestidad en la gestión sobre la conveniencia política?.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220302

Sobre Víctor Madera, o propietario da Torre dos Moreno

    Víctor Madera, patrón de Paisajes de Asturias, propietaria da Torre dos Moreno en Ribadeo, é o tema dun artigo do último número en papel de El Salto. Non é a primeira vez que se fala del en ribadeando; agora, deixo a tradución ó galego de dito artigo, licenciado como CC-BY-SA.

Víctor Madra: Helios y Atenea en la Castellana

O magnate asturiano Víctor Madera, rico gracias ó sangrado da sanidade pública, orquesta dende Luxemburgo unha fortuna regada de fincas e mansións. 

Felicia Barrio


    Non sabía que, durante la Guerra Civil, ó Paseo de la Castellana de Madrid lle chamaran la Avenida de la Unión Proletaria. Para atopar ó proletariado hoxe nesta rúa hai que vir ás 11:30h. Unha lexión deles afánase na reconstrución de Castellana 14. Fronte a eles, outro destacamento desfila con sacos de obra pola porta do número 23. Fai esquina con Zurbarán e no seu primeiro andar está a oficina madrileña de Víctor Madera (Oviedo, 1961), un ganador, o máis sagaz do lucrativo proceso de consolidación do negocio da sanidade privada en España.

    Todo ten explicación na cabeza dos seus asesores fiscais, Todo ten explicación para que a súa empresa principal, HCI SA, o gran contedor do seu patrimonio, estea en Luxemburgo. Para que o seu enderezo profesional sexa unha mansión ó suroeste de Londres, en Virginia Water (Surrey), unha das urbes máis pijas do Reino Unido. El vive nunha casa de base circular e estanque circular no centro xeodésico de La Moraleja.

    Porque Madera, Presidente de Quirón, considérase a si mesmo un inversor emocional. HCI SA acumula 597 millóns de euros -o seu último balance é de 2019- gracias a uns ataques de emotividade, ben canalizados cara ó enrequecimento persoal. Súfreos dende hai 30 anos e téñeno levado a liderar un proceso de concentración hospitalaria nunca visto que desembocou na creación do actual Quirón Salud. A historia de como o logrou tense escrito varias veces e segue a vella fórmula que ten fabricado tantas e tantas fortunas coñecidas, varias das maiores do país: o legrado do común.

    Madera entendeu o primeiro como a política rexional sanitaria nutre de xeito permanente a sanidade privada grazas á derivación das listas de espera e outros sangrados. Viuno preto na Cruz Vermella e no Grupo Recoletas. Ate a súa xogada de mestre, o negocio hospitalario privado era cousa dalgunhas familias con poder local en Catalunya, Andalucía, Canarias ou Galicia; mutuas e a Igrexa católica. Esta mesma partida tamén a xogaron outros, como a familia Gallardo (Vithas), La Caixa e as vellas caixas dirixidas por políticos valencianos e madrileños en torno a Ribera Salud.

    No gran lago público había peixes para todos. Madera deseguida deu vida a IDC Salud, eixo das súas operacións especulativas xunto ó fondo CVC, que en apenas dez anos desembocou en Quirón Salud. O punto de partida foi a venda de Quirón (55 hospitais) ó meirande grupo sanitario alemán, Fresenius Helios, no que quedou como presidente en España e accionista. 

    Agora Madera xa ten deixado atrás aquela axitación empresarial. As súas catro fillas como catro soles herdarán outra cousa. Algo que ten máis que ver coa súa mansión de La Moraleja, unha casa de verán en Castropol e a mellor finca de caza de Extremadura. Xunto á súa esposa, Obdulia Fernández, dende esa oficina do primeiro andar de Castellana 23, onde o sol de inverno reflíctese xeneroso polas mañáns, leva anos mercando propiedades suntuosas en Asturias, Menorca, Formentera, Reino Unido, Torrejón El Rubio... 

    En cinco anos, unha das empresas que domicilia aquí, Paisajes de Asturias SL, cuadruplicou o seu patrimonio até 216 millóns. Nese tempo, Obdulia ten copado pouco a pouco o seu capital, ata o 84% actual, e ten unha das carteiras inmobiliarias máis exquisitas do país, engordada con palacetes indianos e outros caseróns señoriais que algún día competirán con Paradores Nacionales. 

    Paisajes de Asturias comparte piso con Bosetia investments SL, que suma outros 116 millóns en inmobles. Bosetia é unha desas empresas que se compran e xa. Foi creada en 2017 por Afiens Legal, o despacho de compañías durmintes de Lorena Salamanca Cuevas, e pasou deseguida ás súas mans para comprar a clínica Planas á familia balear Planas Palou. En resume, contén o hospital PalmaPlanas, alugado a Quirón, e a residencia para maiores de 55 anos Can Granada, ambos en Palma, que lle embebe clientela. En Baleares, Madera esténdese asemade por Ibiza, Formentera, e sobre todo, Menorca -Encantos de Menorca SL- onde medios locais o identifican como propietario do 1,5 % da illa, pois en pouco tempo ten adquirido milleiros de hectáreas e espazos e edificios singulares. No Reino Unido, ademais, a súa firma HCH Wooden Limited inviste outros 90,3 millóns. 

    Así 'fíxase e da esplendor' a un patrimonio construído sobre a especulación dentro dun dos terreos más sensibles, a saúde, onde políticos e políticas sen escrúpulos poñen o listón ó empresarios do ramo. 

    De Blackstone a Blackrock, pasando por Nicolás Osuna, José Lladó, as irmás Álvarez, Borja Prado... e Madera. Son xa toda unha experta en poñerlle ollos, nariz e boca a ese mundo alleo que pobra a efémera Avenida de la Unión Proletaria. Se mañá vas ó número 23, verás como o seu frontón encoméndase a Atenea, que loce un casco e unha éxida divinos, lista para a batalla, Toda unha alegoría da guerra de clases, onde a deusa ten tomado partido, branco e en botella, polo único bando hoxe consciente da súa existencia. O bando que, como di o vello Warren Buffet, 'ímola gañando'

20211103

Un manancial no cantón dos irmáns Moreno

   Un manancial no cantón dos Moreno? Co valado, é difícil sabelo... pero hai información, polo rego que se ve correr por baixo dos soportais e as mesas da cafetería. E, se se mira polo pouco espazo que deixa o destartalado valado, atoparase que a auga sae do baixo que no seu día albergou un banco.

   Miragre en Ribadeo, un novo manancial? Máis ben, todo o contrario. O normal deterioro polo paso tempo fai os seus estragos, cada vez máis visibles, nun dos edificios emblemáticos de Ribadeo, a Torre dos Moreno (como dicía Amadeo Arango -téñoo escoitado a máis xente, pero non coa mesma ilusión nin a mesma cantidade de veces-, torre 'dos Moreno' e non 'dos Morenos'). E desta, parece que a auga baixa despois de colarse por calquera recuncho dende a azotea, os tellados ou calquera dos múltiples ocos xa sen protección...

   Para testemuña, o vídeo:



20191110

Nota de prensa En Marea

Ribadeo, 6 de novembro, 2019.
O pasado día 4 de novembro rexistramos no concello de Ribadeo o Recurso de Reposición que anunciamos a semana pasada.

O motivo do recurso é que o concello non deu resposta ás preguntas e á petición que tíñamos presentado o día 27 de setembro. O contido destas preguntas xa o temos publicado pero non estará de mais recordalo. Concretamente as preguntas facían referencia á tramitación das xestións que levaron á permuta da parte da Torre de os Moreno da que era titular o concello de Ribadeo (o 21 %), ca empresa Paisajes de Asturias, a cambio de un edificio pendente de restaurar na Praza de Abaixo. A petición era que se publicase o texto íntegro do convenio acordado con esta empresa.

A resposta do concello chegounos a mediados do mes de outubro e nela figuran as actas de duas sesión da Xunta de Goberno (que polo demais xa coñecíamos e son documento público) pero ningunha resposta ás nosas preguntas nen referencia algunha ao misterioso convenio.

Na resposta do concello tampouco se nos ofrece a via do Recurso de Reposición, que é o trámite administrativo previsto na lexislación vixente antes de recurrir a outras vías posibeis.

Debemos lembrar aos lectores que o dereito á información é un punto básico de calquer democracia que o goberno do BNG de Ribadeo limita ou reduce sistemáticamente, como neste caso no que un convenio con unha empresa privada para cederlle unha parte sustancial do patrimonio municipal esta sendo secuestrado dende hai meses sen que se seipa cal foi a valoración económica da permuta, cal é prazo de execución, cales son as obras previstas e outro moitos aspectos que obviamente descoñecen os veciños e veciñas pola ocultación do equipo de goberno. Postura negacionista onde as haxa que tende a reducir a calidade da democracia e impedir a participación vecinal.

En conclusión agardaremos a resposta do Recurso de Reposición se a hai e decidiremos en consecuencia.

20191009

Nota de prensa sobre a Torre dos Moreno. En Marea Ribadeo

Torre dos Moreno. Imaxe do sigpac.

O pasado 13 de setembro o Concello de Ribadeo e máis a empresa Paisajes de Asturias formalizaron, na notaria o convenio de cesion da parte da Torre dos Moreno de propiedade municipal a cambio dun edificio restaurado na Praza de Abaixo. Según o Concello a operación será moi favorable para os intereses dos ribadenses que ganaremos mais de cen mil euros, tanto que perderá Paisajes de Asturias, naturalmente. O paso previo foi o acordo da Xunta de Goberno do 8 de Maio de 2019, que autorizaba ao alcalde para tal cometido.
Hai 15 días, o colectivo En Marea de Ribadeo rexistraba no concello un escrito con dúas preguntas e unha petición. As preguntas eran por qué non se fixo pública a Xunta de Goberno do 8 de maio como ordeaba a sentenza do TC de 26-9-2013, e cal era o prezo final da tasación . A petición era que se publicase o texto íntegro do convenio que non figuraba nas actas nen nos documentos públicos do Concello. Ata hoxe non recibimos resposta.
De seguido exporemos os antecedentes máis significativos sen deixar de suliñar a vaga de oscurantismo que envolve todo este proceso.
As primeiras obras de consolidación e aseguramento proceden da segunda metade da decada dos noventa, trala colaboura desinteresada de José Calavera (INTEMAC) e o arquitecto local Ernesto Cruzado. Posteriormente seguen outras obras e medidas de protección, maioritariamente financiadas con cartos publicos. Os custos estimados destas obras poden chegar aos seiscentos mil euros. ¿Intentaron o Concello de Ribadeo e outras administracions recuperar eses fondos publicos no proceso de privatización? Unha pregunta con moito meigallo pendente de resposta.
A comezos de 2011 publicitouse que Paisajes de Asturias chegara a facerse co 60 % da propiedade e que o Concello tiña boas relacions con esta empresa a xuzgar polas froles que lle dedicaba o Sr. alcalde nos medios de comunicación.
A comezos de 2012 INTEMAC emite un comunicado no que declara que as obras que se están a realizar non se axustan as suas recomendacións, e Paisajes de Asturias decide prescindir dos servicios de INTEMAC e dun especialista de renome internacional como José Calavera. O Sr. Alcalde de Ribadeo declara que a causa da ruptura son problemas económicos pero algo máis debia saber porque afirma nos medios que as obras se están facendo correctamente, polo tanto apoia a Paisajes de Asturias.
Un fito clave en todo este proceso é o acordo do Pleno Municipal do dia 1 de Xullo de 2015 polo que delega a súa competencia na Xunta de Goberno para tramitar o convenio con Paisajes, evitando, xa que logo, a publicidade propia dos plenos e facilitando o secretismo.
Ainda queda no aire o 18% da propiedade privada dispersa por Arxentina, sen que se saiba se Paisaxes se vai meter en obras mentras non se resolva o problema, nen se o convenio secreto di algo, ou simplemente omite este oscurísimo detalle.
Esto e o que hai en liñas xeráis. Calquera pode decatarse de que hai demasiados puntos grises ou máis ben negros ao longo deste proceso de case dez anos, do que suliñamos o segredo do convenio -que non coñecen nen os mesmos concellais- e a estrana operación que esquece os fondos públicos investidos na restauración do edificio ao longo de vinte anos.
Polo demáis, como é sabido, Paisajes de Asturias en máis de doce anos non inciou ningunha actividade nin rematou ningunha obra agás a casa familiar en Castropol. E nesas condicións, baixo segredo, e sen proxecto técnico coñecido, o Sr. alcalde de Ribadeo desfaise da Torre dos Moreno.

20190701

Cidade horizontal. Pablo Mosquera

Cidade horizontal.

O BOE do 25 de xuño de 2002 publica o Real Decreto 591/2002 de 24 de xuño, polo que se concede o título de Marqués da Ría de Ribadeo, con Grandeza de España, a Don Leopoldo Calvo-Sotelo e Bustelo. Os seus restos mortais repousan desde o 5 de maio do 2008 no cemiterio de Ribadeo, de onde era a súa nai. Debemos lembrar que Calvo-Sotelo non perdoaba as súas vacacións estivais en Ribadeo e as súas singraduras no seu bote -Juanín- de vela latina ata Augas Santas, debéndose a el e á súa familia a celebridade que adquiriu tal areal.

Estar en Ribadeo é lembrarme dos médicos amigos. Manolo Moreda que foi compañeiro de bachillerato e posteriormente reencontrámonos en Madrid. O seu pai Xusto Moreda era un magnífico cirurxán que xunto a Cabanela en Mondoñedo, dispuxeron daqueles sanatorios cirúrxicos onde se atendían cadros graves, evitando as terribles condicións terrestres para chegar ata Lugo. Por certo. A miña sorpresa foi mayúscula. Somos requiridos tres Mosquera. Inspectores Médicos e Directores de Hospitais, polo INP central en Madrid. Pregúntasenos se é necesario construír o Hospital da Costa. Evidente que coincidimos os tres. Era necesario e urxente. Pero tiñan serias dúbidas, xa que un ilustre galeno da Mariña -veraneante- con altos cargos en Lugo, afirmaba que cos sanatorios lucenses era máis que suficiente, a máis diso manter o costume para acudir á cidade das Murallas para que fosen atendidos todos os asuntos e moi en especial aqueles relacionados coa saúde.
Os Moreda foron os sucesores daqueles galenos que exercían a ciencia e arte en 1900. Amado Pérez, Marcelino Vior, José Díaz, Manuel Branco, Antonio Fernández, Modesto Lage e Juan do Rego.
Na cidade que dá nome a Ría onde se atopan a mar e o río que nace en Fonteo e separa Galicia do Occidente de Asturias, chaman a atención dous edificios moi próximos un do outro. O primeiro, Pazo do Marqués de Sargadelos e Conde de Orbaiceta, na actualidade casa do Concello; e a Torre dos Moreno. Unha casa de Indianos construída en 1915 e que representa o éxito duns emigrantes ao Novo Mundo.
Todos os anos coa chegada do verán Ribadeo viste aos seus veciños e visitantes con aquelas elegantes roupas de liño branco con chapeus e pamelas, que recordan tempos de emigración alén do mundo. Un amigo, na sobremesa de tal efeméride, sorpréndeme cunha fermosa e romántica teoría. "Os emigrantes eran como aqueles cabaleiros que se puxeron a buscar o Santo Grial, e cuxos segredos desvela Joseph Campbell -investigador estadounidense- na súa Historia do Grial". "Aos galegos e astures chegoulles o mito de como facerse rico e cambiar o destino, razóns para emprender a viaxe. Algúns o conseguen e déixannos a pegada do seu éxito. Outros quedan no anonimato ou nesas longas listas de pasaxeiros para aqueles barcos nos que a travesía facíase interminable, entre o hacinamiento e o temor ao descoñecido".

20190604

Indianos. Por José María Rodríguez Díaz

(Texto publicado no blog de José Mª e A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015)

Indianos


- E logo pra onde vas tan á présa, Xan, ¿Tes algo de novo?, preguntoulle Xan ó veciño vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro.
- Non, oh. E que me vou pra América, respondeulle o veciño.
- Manda carallo, e eu en zocas, comentou Xan polo baixiño.

      Unha pequena anécdota que amosa que marchar pra América en tempos pasados formaba parte da rutina diaria na vida da xente en Galicia. A partir do seu descubrimento por Colón foi o impulso patriótico e aventureiro dos españois o que motivou a súa marcha masiva ás Indias, recentemente descubertas. Estimulados polas lendas e xestas dos primeiros emigrantes, enseguida se desatou o desprazamento masivo dunha avalancha de aventureiros e cobizosos que emprenderon o camiño da aventura cara a terras afastadas e descoñecidas en busca de ouro, riquezas e novas oportunidades político militares. Eran os primeiros tempos do descubrimento de América que, coa chegada a España de tanta riqueza traída polos primeiros colonizadores, contribuíu ó nacemento do Século de Ouro e á expansión do chamado Imperio Español. Pro a esta gloriosa época de desenvolvemento e riqueza seguiron outras nas que o noso país se atopou afundido na pobreza e na miseria. Tempos como os dos sécalos XVIII e XIX nos que a fame se estendeu por toda Galicia, como se reflicte nunha acta plenaria do Concello de Ribadeo, do ano 1739,  na que se di que “algunos labradores se vieron obligados a comer hierba”. Un dato que, sen ter que interpretalo literalmente, é dabondo demostrativo da miseria económica na que a sociedade galega vivía. Épocas nas que a necesidade e o espírito de supervivencia empurrou a moitos españois, especialmente en Galicia, a marchar a facer as Américas, como vulgarmente se dicía, e a atravesar o Atlántico pra buscar o seu futuro en terras iberoamericanas, como Brasil, Cuba, Arxentina, Uruguai, Chile, Venezuela ou México. Ata tal punto afectou ó noso país esta masiva emigración que pode dicirse que non hai familia en Galicia que non sufrise o impacto da emigración con algúns dos seus antepasados en América, especialmente nos séculos XIX e XX.
      Homes e mulleres que, empurrados pola necesidade de supervivencia e pra mellorar a economía familiar, deixaron os seus pobos para fuxir da fame, marchando cunha vella maleta na man, chea de esperanzas, ilusións e recordos. Moitos deles acadaron riqueza e prosperidade en ultramar, se ben non todos tiveron a mesma fortuna. Pro aínda que foron moitos os que, co seu esforzo e traballo, e axudados pola sorte, lograron amasar verdadeiras fortunas tras das que se agochaban, ás veces, duras e escuras historias, a maior parte dos que marcharon non atoparon mellor destino en América que a mesma pobreza da que fuxiran. Foron moitos os que se viron obligados a renunciar ós seus soños de poder tornar un día ricos á súa terra natal á que uns volveron coas mans baleiras, mentres que outros fundaron a súa familia nesas terras, deixando aquí os seus antepasados.
      Os poucos que lograron amasar coas súas industrias ou negocios grandes fortunas, cuxa limpeza de orixe era con frecuencia posta en cuestión polo pobo, decidiron volver anos máis tarde á súa terra de orixe convertidos en prestixiosos e ricos personaxes ós cales o pobo denominaba co nome de Indianos. Tal foi o caso de Bernardo de Guimarán, coñecido popularmente nesta vila de Ribadeo polo nome de "o Indiano". Fortunas que contribuíron a enaltecer non só as súas vidas, senón a fomentar a educación e o benestar das nosas xeracións posteriores e que aínda perduran hoxe no noso ámbito, sen que moitos se decaten de que son produto do froito da suor dos nosos devanceiros emigrantes.
      O obxectivo do emigrante era retornar un día a súa terra natal pra ocupar un lugar sobresaínte no seu pobo de orixe e adquirir coa súa riqueza algún título de nobreza, aumentar o seu status social comprando ou restaurando antigas casas grandes ou pazos ou mesmo construíndoos de nova planta en vistoso e rechamante estilo colonial, decoradas con palmeiras e outras árbores tropicais exóticas nos seus xardíns, símbolo das súas aventuras en terras tropicais. Edificios que chegaron a ser coñecidos entre nosoutros co nome de "casas grandes" ou "casas de Indianos. Construcións que destacaban pola súa altura e traza, deseñadas cunha arquitectura cosmopolita que se insería destacando de forma rechamante entre as edificacións tradicionais circundantes, para salientar así o triunfo e o éxito do seu propietario en terras afastadas e onde retirarse a vivir das rendas acadadas cos seus negocios en América. Obras que serviron pra achegar ós habitantes da súa vila natal o mundo moderno e cosmopolita que coñeceran nas súas estadías na América e que souberon plasmar en edificios dunha arquitectura singular. Exemplos preclaros destes pazos existen en case tódolos pobos e aldeas de Galicia. En Ribadeo temos como exemplo eminente o famoso edificio coñecido polo nome de Torre dos Moreno ou o palacete Peñalba, na veciña Figueiras. O sinal máis destacado e relevante do emigrante con éxito foi a súa influencia social, o seu mecenado en institucións benéficas ou culturais subvencionando a construción de escolas, igrexas e capelas, casas consistoriais, estradas, hospitais ou asilos, traídas de auga e de luz eléctrica, etc., é dicir, todo o que significaba desenrolo, cultura e progreso para o seu pobo. Un exemplo notable da súa contribución ó desenvolvemento da nosa bisbarra foi a fundación Pedro Murias, en Vilaframil, adicada ó desenvolvemento agrícola, que tanta importancia tivo na formación de moitas xeracións posteriores da Mariña lucense.
      Coa volta á súa terra natal, os indianos trouxeron os costumes de vida, os ritmos e músicas deses países e ata o estilo na súa forma de vestir das terras caribeñas, adquiridas nos seus países de emigración. Foi a herdanza achegada por eles ós seus lugares de orixe e da que Ribadeo, coa súa gran concentración de casas indianas, sobre todo na rúa San Roque, se comprace de ser o principal expoñente de toda Galicia cunha bela herdanza de edificios dunha arquitectura singular. Fermosos edificios de estilo colonial e entre os que destaca a Torre dos Moreno, admirada por todos os que visitan a nosa vila pola súa orixinalidade e beleza, e que chegou a constituírse no símbolo identificador da nosa vila de Ribadeo en todo o mundo.
E é de resaltar, así mesmo, o relevante papel dos emigrantes galegos no enxalzamento do noso país en terras de América. Coas súas iniciativas sociais e culturais foi relevante a súa contribución ó coñecemento de Galicia nesas terras tan afastadas entón. As creacións dos Círculos ou Casas de Galicia, as fundacións de Hospitais e Centros Sanitarios, os Círculos Culturais e demais creacións dirixidas á axuda, socorro e formación dos seus compatriotas emigrantes desempeñaron un rol social moi importante, contribuíndo, ó mesmo tempo, ó enxalzamento do nome da nosa terra, facendo a Galicia universal, ata o punto de que chamaban galego a calquera español. E non menos importante, tampouco, foi o papel desempeñado polos políticos e escritores galegos neses países, especialmente en Arxentina, México ou Cuba, cando, en tempos politicamente difíciles en España, tiveron que emigrar en busca de acollida e refuxio en terras afastadas. Alí loitaron con éxito pola conservación dos nosos dereitos como pobo, da nosa lingua e literatura, da nosa cultura e de todo o que en Galicia era perseguido coa pretensión de homologarnos a Castela.
      De aí o acerto e a importancia desta festa indiana que os ribadenses de hoxe adican ó recordo de todos aqueles fillos de Ribadeo, que co seu traballo e esforzo, tanto contribuíron a enxalzar a beleza e o nome do seu pobo natal. Unha feliz idea a desta celebración que invita a tódolos ribadenses a participar nela. En converterse por un día en cabaleiros e damas que percorren as rúas da vila lucindo as súas mellores galas e atavíos característicos dos países do Caribe e recuperados dos vellos baúis traídos polos seus emigrantes devanceiros e que aínda dormen pechados nos faiados das súas vivendas. As señoras coa súa pel branquexada e lucindo os seus brancos traxes adornados con encaixes, os seus amplos sombreiros decorados con flores, os seus guantes e abanicos e as súas exóticas xoias resaltando a súa beleza. Os cabaleiros paseando polas rúas da vila coas súas levitas e traxes brancos folgados, os seus chalecos e guayaberas e os seus sombreiros panameños, cos seus guantes brancos empuñando cerimoniosos os seus bastóns.
      E para rematar estas reflexións, un sentidiño recordo á memoria de tantos e tantos que viron frustrados os seus soños, esperanzas e ilusións e deixaron as súas vidas en terras estrañas despois de cruzar o Atlántico sen poder converter en realidade os seus anhelos e soños de retornar dignamente á súa terra para axudar ás súas familias e descansar os seus derradeiros días preto dos seus e enterrar os seus osos na terra na que naceran.

 

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20180706

A torre dos Moreno e o concello: documentos

Comoqueira que estes días están a verse na prensa diversas novas sobre o futuro da Torre dos Moreno, deixo aquí un brevísimo resume do pasado e as notas que o concello puxo a disposición o día 4 de xullo a raíz da xunta mantida o día 3, deixando o dar a miña opinión para outro momento:
A.Resume:
Dende hai varios anos, Paisajes de Asturias ten mercado pouco a pouco a maioría da propiedade. Hoxe, o concello ten unha parte minoritaria que ademais estivo documentada de xeito deficiente, e outra parte, a máis pequena segue en mans de descendentes de emigrantes dispersos por sudamérica. A Torre necesita de conservación e hai xa máis unha década que se comezou con algún traballo para atallar as necesidades máis urxentes cara a evitar a súa caída. Os custes xuntáronse ás técnicas necesarias para unha rehabilitación integral como impedimento para facer posible o futuro da torre. O concello comezou un proceso para poñer en claro a súa propiedade e, no medio, pasou o centenario da Torre dos Moreno sen celebración.No medio tamén, novas coma esta do 2011 do El País: "La incierta vida de la Torre dos Moreno. Una firma asturiana se hace con la mayoría del inmueble de Ribadeo y planea rehabilitarlo antes de 2015" (pola metade do orzamento previsto polo arquitecto encargado das rehabilitacións previas, Ernesto Cruzado)
B1.Nota de prensa do concello.

A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO É MOI COSTOSA
Torre dos Moreno
04/07/2018
O Concello segue a dar pasos para a busca dunha solución definitiva para a Torre dos Moreno. A proposta adoptada nas últimas horas pola xunta de goberno, e explicada aos voceiros municipais, consiste na permuta da parte da propiedade municipal (o 21,25%) por unha edificación situada na praza de Abaixo, a carón do Cine Colón. Dito inmoble entregaríase ao Concello rehabilitado e a el trasladaríase o xulgado de paz de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que "onte demos varios pasos para a busca dunha solución definitiva, legal, posible e segura para a pervivencia da Torre dos Moreno, como un dos emblemas mais salientables de Ribadeo e con unha seguridade e un ornato público que disipen os problemas de seguridade que pode ter a futuro de persistir nesta situación de semi ruina".
Para o rexedor "hai ter en conta que o Concello só é propietario dunha parte minoritaria da Torre dos Moreno, un 21,25%, correspondendo a parte maioritaria, un 60%, á empresa Paisajes de Asturias. Desde hai anos estivemos traballando nunha saída razoable con esta titular maioritaria, polo que despois dun complexo expediente instruído e informado nos últimos meses coas aportacións dos técnicos e xurídicos municipais, a xunta de goberno aprobou unha serie de medidas encamiñadas a dar a mellor saída posible a este reto que temos desde hai anos".
Suárez Barcia relatou que "a proposta adoptada, que onte foi explicada tamén aos voceiros municipais polos técnicos do Concello, supón varias situacións. Por unha banda, a permuta da parte da propiedade municipal por un inmoble situado na Praza de Abaixo, a Carón do antigo Cine Colón. Este inmoble entregaríase ao Concello rehabilitado e a el preténdese trasladar o Xulgado de Paz de Ribadeo, despois que non fructificase acordo algún coa Xunta de Galicia para que nos axudase a rehabilitar o actual, tal e como nos demandan desde hai tempo os sindicatos de funcionarios da administración galega. Esta permuta conta co informe favorable dos técnicos e xurídicos municipais posto que o importe entre o aportado e o recibido é favorable ao interese público municipal".
E engadiu: "e por outra banda, darase conta á Xunta de Galicia por se, en atención á Lei de Patrimonio de Galicia, esta quere exercer os seus dereitos de tanteo e retracto por se quere asumir a parte da propiedade municipal, dado que ela (a Xunta) si que ten infinitamente mais recursos económicos e competencias legais para facerlle fronte á conservación e uso desde edificio. Outras posibles saídas como a adquisición total da Torre dos Moreno ou mesmo a colaboración na súa rehabilitación integral coa nosa porcentaxe de participación foron sendo descartadas por motivacións de desproporción económica e por cuestións de legalidade".
O alcalde ribadense subliñou: "hai que ter en conta que unha valoración aproximada do custo de rehabilitación integral suporía uns 5 millóns de euros, o cal sería comprometer toda a inversión municipal durante moitos anos para funcións que non son propias para un Concello nin útiles para os veciños. A opción de participación na rehabilitación na parte que nos correspondería (21,25%) superaría o 1.000.000 euros e supoñería investir fondos públicos a un ben de natureza maioritariamente privada cando a porcentaxe do Concello son partes proindivisas de todo o edificio, polo que tampouco se podería obter ningún rendemento destas inversións (polo menos nun período razoable de tempo, e estando a expensas das condicións da parte propietaria maioritaria)".
Fernando Suárez dixo: "estamos seguros que calquera das saídas que se poidan propoñer, xerarán debate e controversia, ideas de todo tipo, etc, etc. Pero aquelas persoas que temos a representación pública dos veciños temos que atender sempre a garantir o mellor interese público, xunto coa salvagarda da seguridade pública, algo que a día de hoxe non está garantida. Queremos polo tanto que iso mude e que a Torre dos Moreno poida estar rehabilitada e segura nun curto período de tempo".
Esta nota de prensa ía acompañada en teoría, na web de dous documentos:
B2.Certificación do acordo da Xunta de Goberno

B3.Proposta da alcaldía (maio 2018)
O segundo documento dispón dunha ligazón na web, http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2805&lg=gal que non está operativa, e polo tanto non se pode descargar, pero que espero que pase a estalo nalgún momento. Tentando procurala pola rede, non aparece tampouco. Se a logro, poñereina aquí...
--
O acordo, noutras plataformas:

Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703) by Antonio Gregorio on Scribd


20180405

Centenarios

O edificio da Torre dos Moreno segue en pé. E xa ten cen anos. Celebración polo seu cumpre? Non tivo.
O desaparecido tren a Vilaodriz xa os cumpriu hai tempo. Non lembro tampouco celebración.
Agora tócalle o turno a un proxecto fallido, agora que estmos en loita pola conservación do tren pola cornixa cantábrica. Este ano fará cen da súa proposta... e 'subasta'. Daquela, quedou a terra sen un instrumento que lle tería dado un pulo considerable. Agora, está a piques de quedar sen outro, tamén do ferrocarril.
Por certo, a proposta da liña a Ponferrada foi recollida no 2016 por Ciudadanos, pero pasou desapercibida.


20180312

Revisando a fin de semana en Ribadeo: Catedrais e Rueiro

   Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a dúa novas pequenas pero que me chamaron a atención e diversos motivos e por iso paso a comentar.
    A primeira, un artigo  (1/3 de páxina) na Comarca, 'comentarios al plan de protección de As Catedrais', do 'Grupo Municipal del PP de Ribadeo'. En castelán. Di que no plan 'se observan cosas muy raras', xa no primeiro parágrafo. Entendo que se refire ó 'Plan especial de As catedrais' que teño comentado varias veces de xeito parcial, por partes, e sen rematar, de forma abondo máis extensa que a que aparece na Comarca e... en tempo. E é que, publicada a aprobación inicial no DOG de 16 de novembro de 2017, daba un prazo de dous meses para formular alegacións. Prazo que rematou hai case dous meses, polo tanto. E que aparece no segundo parágrafo como unha contradición en contra do plan...
    A segunda, que por fin está a dispoisición o libro ('folletos turísticos') 'Roteiro pola historia de Ribadeo', que ven a ser o prometido hai meses coas novas placas de Sargadelos das que levo exposto fotografías e falado tamén varias veces nestes últimos tempos no blog (Máis placas de Sargadelos informativas, Letreiros para coñecer Ribadeo, Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo, Nota do concello: Arte e historia. Rúas e Sargadelos). Pois iso, por fin saíu á rúa e pódese adquirir por 1,5 € na oficina de turismo, segundo a nota do concello. A nota chamou a miña atención por varias cousas. Unha, que segue sen ser público o custe das placas, ó que xa me teño referido. Outra, que non se fala nada do retraso sobre o tempo de publicación falado. Outra, o aproveitamento da petición / anuncio tras ser recollida, de museo de Ribadeo como pobo, obviando/esquecendo as rutas xa establecidas de indianos, de comerciantes... Indicación non obstante que estimo moi válida nun pobo como Ribadeo. Aparece ademáis, en nota de prensa, a figura de Carlos Longarela, arquitecto do ARI e autor da parte gráfica, dato para min descoñecido ata o de agora, aínda tras ser coñecido que o autor dos textos é Eduardo Gutiérrez, cronista oficial e exalcalde (entrada na Galipedia).
    Deixo a foto, tamaño orixinal na web do concello, e a continuación a longa nota de prensa:

A PRIMEIRA TIRADA É DE 1.200 EXEMPLARES
Roteiro pola historia de Ribadeo
10/03/2018
No salón de plenos do Concello presentáronse esta mañá os folletos turísticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das máis de 30 placas de Sargadelos colocadas en rúas, prazas e lugares de Ribadeo. Están editados en catro idiomas: inglés, francés, español e galego e estarán á venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que "isto é algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aquí moitos séculos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeracións que van vindo non saben nada do que outras deixaron atrás. Para iso quixemos abusar da experiencia, da historiografía e da sabedoría do cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, para pedirlle que o seu coñecemento fose botando luz enriba de pasaxes históricos en diferentes rúas e espazos da vila. Para iso tamén nos apoiamos en Carlos Longarela, arquitecto que nos ratos libres, porque no ámbito do día a día tempo pouco tempo, pero fóra de horas foi facendo os debuxos, moitas veces con orientación do propio cronista oficial. E todo iso metémolo nunha máquina moi potente e moi bonita, que é Sargadelos, onde lle deron o deseño final, e o resultado das placas está aí para ver desde hai un par de meses, penso que con moi boa acollida".
Suárez Barcia sinalou que "aparte diso, que é o que máis perpetuamente vai quedar nos espazos públicos, quixemos tamén difundir esta mensaxe en varias linguas, porque sabemos que Ribadeo cada día é máis turístico, cada vez ven máis xente de fóra que se interesa e gústalle isto que está vendo polas rúas e queremos que teña a oportunidade indo á oficina de turismo e mercando un libriño no que figuran todas estas placas cos debuxos, cos textos e nalgúns casos cunha explicación máis grande. Quixémolo facer en francés, en inglés, en castelán e en galego".
O alcalde explicou que "fixemos unha primeira edición de 300 folletos en cada idioma e estamos convencidos de que dentro de pouco teremos que facer novas edicións. Desde mañá mesmo están a disposición de calquera que se achegue á oficina de turismo de Ribadeo ao prezo de 1,50 euros, polo que realmente non lle gañamos nada, pero o que pretendemos é difundir a historia local".
O cronista oficial, Eduardo Gutiérrez indicou que "na publicación que se presenta hoxe, cun pequeno engadido sobre a que recollen as placas, destácanse trinta e tres lugares vencellados á historia de Ribadeo en diferentes épocas: a medieval, onde se pode seguir o itinerario da muralla reparando na indicación das portas e dos restos que quedan; tamén se sinala a ubicación da Colexiata, onde antes estivo a igrexa parroquial. Sublíñanse igualmente edificios vencellados á aboenza liberal da vila, á súa tradición comercial, cunha clase acomodada e culta, que ergueu a Escola de Náutica, o Teatro e o Círculo de Recreo, as casas armadoras e de banca, que naceron do porto entendido como lugar estratexicamente situado, como fondeadeiro e abeiro, porque non acadou unhas instalacións portuarias que merecesen tal nome. Con todo, da súa importancia dá proba o Forte de San Damián, do século XVIII. E xa no XIX o cargadoiro de mineral de ferro, ao tempo que abrollaban obras e dotacións da man dos indianos enriquecidos en América: a Praza de Abastos, o Cemiterio, a torre dos irmáns Moreno, etc. Tamén se lembran singularidades como os lavadoiros, tal o sonado Pipelo, que durou perto de catrocentos anos".
Na súa intervención Gutiérrez manifestou que "mais dese pouso ilustrado e liberal do século XIX destacan a Sociedade Filantrópico-Dramática de 1835, que ergueu o Teatro, a Sociedade de Fomento que promoveu a Escola de Nautica e o sucesivo Colexio de San Luis. Aparte disto cómpre destacar o escintilante Círculo de Recreo, fundado en 1851. Xa noutra ocasión sinalamos como clarificadora a anécdota que recolle un cronista local, segundo a cal cando en 1858 a raíña Isabel II visitou Lugo, as autoridades provinciais solicitaron en depósito do Círculo os mobles para decorar as estancias onde se aloxaría a raíña, que era nada menos que o Pazo Episcopal".
O cronista oficial rematou salientando: "a boa acollida que tivo a instalación das placas que conforman o roteiro pola historia de Ribadeo, son unha incitación e un estímulo a prol dun Museo, que trasladamos á Alcaldía para o seu estudo e consideración, coa petición de que acolla a idea co mesmo interese e dedicación que puxo na confección das placas. O concepto de Museo ao uso cambiou efectivamente e hai cidades que inclúen nel rutas deste tipo, aparte de varias sedes. Certo que aquí comezamos co último, que xulgamos unha boa medida para avaliar a opinión pública, cuxa colaboración se requeriría tanto no acopio de materiais, como noutros aspectos, co obxecto de facer o proxecto viable. Estimado señor Alcalde: isto é unha celada, que rogamos disimule acolléndonos á existencia delas na muralla, con outros fins, pero igualmente solapados. Aínda que, ben mirado, isto ten pouco de trapela, no sentido literal de encerro. É apenas unha suxestión. E, desde logo, cordial".
E o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo que "ter a ocasión de ter nas nosas mans estas breves reseñas históricas é sempre unha boa nova porque dan pulo á nosa actividade cotián. Non se trata de mirar para atrás con ton fachendoso, senón de facelo para sentírmonos orgullosos do que fomos e do que podemos seguir sendo, pero para trazar ben o camiño é indispensable coñecer de onde vimos. Trátase de poñer en valor, pero non só pensando na xente que vén de fóra, que está moi ben que veña, senón en nós mesmos; todos os cidadáns e as cidadás de Ribadeo é bo que saiban da súa historia, os que acabamos recalando nestas terras é bo que establezamos ese vínculo co que foi Ribadeo para facelo noso e proxectar cara o futuro todas as nosas ideas e os nosos proxectos. E nese sentido é fundamental que de cando en vez nos paremos e poñamos negro sobre branco, neste caso habería que dicir ton azul, que é o propio de Sargadelos, sobre branco, eses fitos históricos dunha vila centenaria como é Ribadeo".

20180124

Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2 000 000 € de recadación esperados por contribución/impostos de bens inmobles, 200 € por ribadense ou por inmoble... 1 € de imposto por cada 150 € de valor catastral.
Algo tratado onte no pleno, no que se decidiu manter a presión fiscal e non aumentala como se tende no estado. Como? Mentres que aumenta a valoración catastral (manexada por entidade estatal), diminúe o coeficiente aplicado polo concello -como estaba previsto (ou aquí)- para o cálculo da taxa correspondente.
O número de inmobles vai aumentando: en principio, despois dos anos de construción, lonxe xa do bosque de grúas que chegou a tentar poboar Ribadeo, por regularizacións.
E a distribución de inmobles, como é? Ah! diso non se tratou onte!
Proxecto de BIC para a zona da Torre dos Moreno en 1995. IBI importante, e centenario, xa.

20180111

Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo

Hai case un mes foi anunciado polo concello que se ían poñer 32 placas de Sargadelos ilustrativas de diversos lugares da vila. O día 16 o concello emitiu unha nova nota de prensa coa inuauguración do novo viario, a posta da primeira placa, na rúa Ibáñez. Anunciose daquela que en poucos días estrían postas as placas e a disposición folletos explicativos na oficina de turismo. Os poucos días aumentaron algo, pero hoxe por hoxe xa hai abonda placas colocadas e en breve estarán os folletos.
Mentres que iso ocorre, o ter os folletos a disposición, un resume en fotos dalgunhas das placas:
A primeira, no Pazo do concello, Pazo de Ibáñez.

Outra, fronte á torre dos Moreno, 'Edificio dos irmáns Moreno', acompañando ó caseto de regulación do mexadoiro de King Kong.

O edificio do xulgado de paz acolle entre pintura descascarillada a placa da antiga casa do concello.
O Campo tamén ten a súa placa:
E a porta da Vila, no 23 de Amando Pérez:
A praza de abastos:
Rúa San Roque:
A prota da Auga, na casa do Viejo Pancho, a rúa do seu nome (Viejo Pancho), xixeiramente desprazada en relación coa marca no chan que da conta da existencia da porta:

Ou a escola náutica, na actual biblioteca municipal, á beira da casa do Patín, na r/ Antonio Otero:

... seguirá!
Pero mentres, remato coa foto que ilustraba a segunda nota de prensa do concello en decembro, imaxe da 'inauguración':