20230529

Resultados electorais municipais Ribadeo 2023 (III)

     Desglose dos votos deste 28 de maio de 2023 en Ribadeo. A táboa, provisional, feita con  datos subministrados polo BNG, está dividida por mesas (agrupadas nos colexios electorais de Turismo, Teatro, Monxas e parroquias), e logo a gráfica, por colexio electoral. Vese de xeito claro que o PP, obtendo o primeiro posto en todos os colexios, ten máis tirón nas parroquias, mentres o BNG o ten na vila.

    Nota a ter en conta: os diferentes colexios electorais teñen moi diferente censo.

[Nota: A correspondencia entre seccións censais e mesas: 
01-001 Of. Turismo
01-002 Teatro
01-003 Monxas
01-004 Covelas + Vilaousende
01-005 Vilaframil
01-006 Ove]


Resultados electorais municipais Ribadeo 2023 (II)

     A distribución de concelleiros electos nestas municipais 2023 en Ribadeo queda, en orde de obtención de cadeira (poño á súa beira o número que sae no método d'Hondt, e deixo en baixo a táboa):

1.- PP Daniel Vega Pérez                  2633

2.- BNG Pablo Vizoso Galdo             2150

3.- PP Begoña Sanjurjo Santar        1317

4.- BNG Mónica Freire Rancaño     1075

5.- PP Marta María Saiz García        878

6.- BNG Vicente castro Reigosa        717

7.- PP Montserrat Seijo Díaz             658

8.- PSOE Marta García Rey               584

9.- BNG Jorge Díaz Freije                  538

10.- PP Diego Dos Santos Rodríguez 527

11.- PP María Elena Sierra Pulpeiro 439

12.- BNG María Pilar Otero Cabarcos 430

13.- PP Francisco José Silvent Villalba 376

    O seguinte en entrar, de haber unha cadeira máis, sería, con 358 de puntuación d'Hondt, do BNG, Marcos A. Villamil. Tamén, de ter obtido o BNG 106 votos máis, entre outras posibilidades que non se deron.



 

Resultados electorais Vilalba Municipais 2023 (II)

     Os resultados das últimas eleccións municipais:

    Táboa de número de votos:

    Gráfica de número de votos:

Gráfica de concelleiros:

20230528

Resultados electorais municipais Ribadeo 2023 (I)

    Deixo as primeiras gráficas e táboas correspondentes ós resultados das eleccións de hoxe en Ribadeo, presentando a evolución do concello na democracia. Irei ampliando con máis detalles en próximos días.

1.Cálculo de concelleiros nestas eleccións. O último conseguido sería o 7º do PP, e o primeiro non conseguido, o 6º do BNG


2.Histórico de votos no século (táboa)

3. Histórico de votos na democracia (municipais, gráfico)
4. Histórico de número de concelleiros na democracia.

 

Resultados electorais municipais Vilalba 2023

Adxunto os resultados estras eleccións municipais en Vilalba en catro imaxes:

    Táboa de votos. Os votos están na primeira columna. As outras son o resultado de dividir para o cálculo de cadeiras plo método d'Hondt. A cifra en negro sen remarcar corresponde ó caculo do que sería o primeiro concelleiro sen cadeira dese partido, que primeiro obtería o PP (423), e logo , VA. Por outra banda, o último concellal electofoi o 5º do PSOE, o que aparece con menor número en vermello. Así, denon cambiar os votos ós últimos partidos, e sempre que os amosados sexan os datos definitivos, o PP obtería un 9º concelleiro con máis de 432 x 9 = 3888 votos (en realidade, 3887, polo redondeo), é dicir, con menos de 80 votos máis dos que logrou. A última columna é o número de concelleiros.

    Distribución dos votos válidos (a partidos)
    Distribución xeral de votos
    Cadeiras obtidas

    Ligazóns ás entradas da serie:

Resultados Vilalba (I)

Resultados Vilalba (II)

Resultados Vilalba (III)

Resultados Vilalba (IV)

Resultados Vilalba (V)

Unha curiosidade no día das eleccións

    Decátome de que as papeletas que temos recibido na casa nestas eleccións municipais 2023 non son exactamente iguais que as que se poden recoller nas propias mesas electorais. Aí van a 7 (dúas por partido, menos as do PG, que non recibín por correo) para comparar os mínimos cambios, que non as invalidan para votar [Non están recollidas as do tipo de PSdeG-PSOE que incluían unha lista de 'Monforte' e que, loxicamente, non son válidas]. Á esquerda, as enviadas por correo. Á dereita, as recollidas nas mesas:








 

20230525

Herbicidas perigosos en cantidade

    Deixo aquí a nota de prensa do Sindicato Labrego Galego sobre o uso de veleno para o mantemento do gasoduto de Nedgia, axustando que tamén presentaron alegacions a Comunidade de Montes de Piñeira, a de Obe e antigos membros da Plataforma de Afectados polo Gasoduto de Barreiros e Cervo. Da actuación dos concellos non se sabe nada.

A pretensión de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos está a ser contestada pola veciñanza da Mariña.

No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bon número de manifestacións de disconformidade con esta pretensión.

A empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy, ten solicitado do Concello de Ribadeo a exposición pública de anuncio dos traballos de control da vexetación na traza polo que descorre o gasoduto da Mariña entre o lugar de Porto de Arriba, no Concello de Ribadeo até Celeiro en Viveiro. Estes traballos inclúen a aplicación do herbicida sistémico TORDON™ Star da empresa Corteva Agriscience

O produto TORDON™ Star que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado é un herbicida mui tóxico, nomeadamente para organismos acuáticos; e causante de reaccións alérxicas na pel e danos nos ril. Sobre un dos seus componentes, o Plicoran ou derivados do mesmo, existen estudos que o catalogan como altamente canceríxeno.

Só por este motivo, resulta absurdo a aplicación dun produto desas características para o obxectivo que se persigue de controlar a vexetación espontánea na traza do gasoduto, cando se pode optar por prácticas máis seguras e respetuosas co medio e coa saúde da veciñanza como pode ser mesmamente a roza mecánica.

Por outra banda, a documentación exposta non aclara aspectos mui relevantes: método de aplicación, dose, superficie a tratar, etc. Asimesmo, os mapas a escala 1:10.000 non permiten determinar con exactitude as zonas nas que se pretende aplicar o herbicida. Isto é de singular gravidade xa que a zona a tratar atravesa terreos incluídos en espazos protexidos ligados ó medio acuático (Ría de Ribadeo, esteiro do Masma, río Ouro, etc) sobre os que precisamente este produto ten un impacto crítico segundo a ficha de seguridade do mesmo, e masas de auga superficial que a mesma ficha di que deben deixarse distancias de 5 metros, que non poden apreciarse na cartografía exposta.

As alegacións presentadas fan fincapé na necesidade de que non se conceda o permiso á actuación proposta mentres non se clarexen as dúbidas expostas sobre superficie total afectada e o tratamento proposto, así como unha cartografía co detalle necesario para localizalas.

Piden asimesmo que se reconsideren os traballos propostos e se desbote a aplicación de herbicida, optando polo tratamento mecánico da broza.

Faise tamén un chamado aos concellos polos que descorre a infraestrutura para que informen á veciñanza das pretensións desta empresa e se lle notifique de xeito individualizado a todas as persoas propietarias dos predios afectados e dos colindantes a realización dos traballos.

Acta do pleno urxente do concello de Ribadeo de 23 de maio

    Os plenos sucédense ó longo do ano de xeito periódico máis ou menos, os ordinarios, e de xeito aleatorio os extraordinarios. O do pasado martes foi obrigado por cuestións menores (substitutos nas mesas electorais e petición de continuación para dous obradoiros para os que remataba o prazo), pero foi.

ACTA DO PLENO 2023-0007 [ACTA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE. 23.05.2023]

Actas e relacións doutros plenos 

20230524

Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

 Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

A asociación Por Nuestro Faro contactou con Greenpeace para pedirlle que interveña na situación irregular da illa Pancha.

Lembremos que Ecoloxistas en Acción xa ten dado en 2022 a bandeira negra á illa Pancha pola carencia de garantías de protección medioambientais, no marco dun proceso irregular, pero neste caso temos decidido ir máis aló e, tras varios contactos telefónicos, temos enviado un escrito a Greenpeace para expoñer a situación.

No texto de dito escrito falámoslles das irregularidades e ocultismo na tramitación dos expedientes a partir do mesmo momento no que se produce a adxudicación dese espazo de forma directa sen concurso público, pero centrándonos sobre todo en «la falta de Estudio de Impacto Ambiental del proyecto que estaba ubicado en la Ría de Ribadeo, incluída en Red Natura 2000 por su declaración como zona ZEPA (art 7.2 de la ley 21/2013 de 9 de diciembre)». Na nosa comunicación explicamos as autorizacións sucesivas (licenzas de obra, de apertura, etc. …) expedidas polo Concello de Ribadeo ós proxectos alí autorizados sen ter esigido en ningún momento o estudo de impacto medioambiental obrigatorio por lei.

Para argumentar a nosa petición, apoiámonos nos informes do Defensor del Pueblo emitidos en 16/02/2017 e 10/02/2023 con motivo das nosas queixas, e que foron remitidos no seu momento por «la Oficina del Defensor al Ayuntamiento de Ribadeo y a la Autoridad Portuaria sin que estos organismos adoptasen ningún tipo de medidas para que se realizase la evaluación de impacto preceptiva».

«En resumen, nuestra comunicación con Geenpeace pretende resaltar el incumplimiento flagrante y sostenido por parte del Ayuntamiento de Ribadeo y la Autoridad Portuaria de la norma española y europea que exige estudios de impacto para realizar determinados proyectos en zonas afectadas por la Red Natura 2000, como es este caso.» 

Ante o inmovilismo persistente de ditas administracións, a nosa petición central a Greenpeace é que estuden o caso para denuncialas ante a Comisión Europea «por su incumplimiento sistemático de las normas mencionadas».

Por Nuestro Faro segurá informando ó pobo de Ribadeo da evolución da nosa petición e das nosas comunicacións con Greenpeace.


AVV Por Nuestro Faro


Sobre Lourenzo Fernández Prieto

    Tito, Colaborador do Blog e da AVV O Tesón, entre outras cousas máis relevantes, será investido o día 3 como Académico de Número da RAG. Deixo a continuación a nota de prensa da Academia:

O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresa o 3 de xuño na RAG como membro de número

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou, a partir das 12:00 horas. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dará lectura ao discurso titulado A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977, ao que lle dará resposta en nome da institución o coordinador da Sección de Historia, Ramón Villares. Lourenzo Fernández Prieto ocupará a vacante producida no ano 2020 polo pasamento da poeta Luz Pozo Garza.

A sesión de ingreso é de entrada libre ata completar a capacidade do teatro e poderá seguir tamén en directo dende academia.gal. O acto organízase co apoio económico da Deputación da Coruña.

Lourenzo Fernández Prieto centra a súa investigación en dúas grandes liñas: a historia agraria contemporánea e o estudo da guerra civil e do franquismo. Na primeira destaca pola perspectiva innovadora que aplicou no estudo das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, que se ocupa das relacións entre a agricultura e a ciencia agronómica e, de forma complementaria, da análise da historia do mundo agrario e a sociedade rural cun enfoque ambientalista. É coordinador do Grupo de historia agraria e política do mundo rural Histagra, e dirixiu tamén a Cátedra universitaria Juana de Vega de Estudos Agrarios.

En 2006 iniciou unha nova liña de traballo centrada no golpe de 1936, a guerra e a ditadura de Franco que afonda na memoria das persecucións, das vítimas e dos vitimarios. A través do proxecto interuniversitario Nomes e Voces, abriu unha serie de estudos que son unha referencia no campo da historiografía española e internacional do século XX.

Ao longo da súa carreira foi investigador principal de máis de vinte proxectos de investigación competitivos e outros tantos convenios relacionados cos seus campos de investigación. A relación con grupos e centros de investigación de institucións españolas, europeas e americanas é outra constante do labor de Lourenzo Fernández Prieto, membro de redes internacionais e profesor convidado das universidades de Princeton (Oates Fellow, Council of Humanities), Cidade de Nova York (Graduate Center) ou Cork (Department of Geography).

O académico electo é ademais vicepresidente da Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA) e foi director do Departamento de Historia da USC, onde se licenciou e doutorou con premio extraordinario. Como historiador, tamén colabora adoito en medios de comunicación, e publica semanalmente un artigo en La Voz de Galicia.

Como divulgador é ademais autor, entre outros traballos, do estudo introdutorio do Diario da guerra de Francisco Fernández del Riego, editado este mesmo ano co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao intelectual de Lourenzá.

 

20230523

Que é a seguridade?

Que é a seguridade?

    Hai aínda poucos días unha xuntanza a nivel local con representación de políticos e funcionarios locais e forzas de seguridade estatais, certificou unha vez máis algo que máis ou menos subscribo, igual que moita outra xente: Ribadeo é un lugar seguro. Unha poboación relativamente pequena, con actividade abonda e sen grandes sobresaltos de seguridade.

    Como contraste á noticia oficial que daba fe da xuntanza, fin de semana antes de eleccións, hoxe mesmo puiden ver nos xornais varios casos relacionados coa 'falta de seguridade', a máis doutro observable en plena rúa céntrica.

    Esta noite pasada, de domingo a luns, a rotura dun vidro da porta principal dun coñecido e céntrico establecemento de hostalería foi o paso previo para entrar a saco e largarse co botín. Pasando por alí xa preto de media mañá, seguía o vidro roto e un veciño lembroume que este mesmo mes xa sufrira outro roubo. En ningún dos dous casos sei nin en canto se valorou o botín, nin en que consistiu nin en canto se valorarou o esnaquizado. Pero, evidentemente, haber, houbo perdas.

    Xunto co anterior, observable por calquera transeúnte, hoxe no xornal podía lerse que a noite anterior, de sábado a domingo de madrugada, outro establecemento de hostalería foi atracado, faltando aínda determinar o conxunto de danos sufrido, a máis do roubado. Asemade, a mesma noite, un ferido (varios dentes saltados, labio partido) nunha rúa diante dun local nocturno na que tamén varios coches resultaron afectados, acumulábase ó altercado que a madrugada do día 6, no mesmo lugar, deu como resultas o arrancamento dun labio por unha trabada dun dos contrincantes a outro. En ambos casos, con tumulto arredor. 

    Chegados aquí, despois de xuntar os feitos anteriores, cabe preguntarse se sigo subscribindo o dito, que estou de acordo coa seguridade no noso pobo. Máis aínda, cando as novas aclaran que no caso dos altercados, os avisos viñeron dos veciños, fartos do ruído e inconveniientes que sofren, e sei de que vai o tema despois de sufrir durante anos a movida na zona, ou por outra banda, teren entrado a roubar hai tempo no noso fogar.

    Hai unha pequena confusión entre dous significados diferentes de seguridade. Un, en trmos de probabilidade, viría dado en matemáticas por p = 1, total probabilidade. Ó outro, no sentido se 'sentirse a salvo', non podemos nunca asignarlle p = 1; nese sentido, ninguén estamos nunca totalmente a salvo. Somos mortais e morremos, e sempre pode ocorrer un suceso que dea remate á nosa vida. O de perder os bens, tamén, pero queda, coido, nun segundo plano fronte ó anterior.

    Ribadeo, e Galicia, son lugares máis ou menos seguros, sempre tendo en conta esa 'seguridade relativa', en relación a Colombia, Ucraína u Catania, por poñer exemplos relacionados con guerras ou mafia e cunha certa distancia de por medio.

    E poden insistir nas noticias na necesidade de máis seguridade: nunca -suliño, nunca- será abonda para todos, pola imposibilidade dese p =1 do que falaba. Pero sempre, precisamente por esa imposibilidade, se poderá pedir 'máis', maior eficiencia, outros métodos, cambio de prioridades para atender as necesidades de máis seguridade, o cumprimento da normativa existente... e aí comezan a distinguirse as preferencias, convicións, intereses, de cada quen. Por exemplo, é frecuente pedir máis policía pola inseguridade. Mais os lugares con máis policía non teñen por que ser -de feito, non soen ser- os máis seguros, ó detraer recursos doutros factores, como a educación, a planificación das zonas habitadas do territorio ou a igualdade de oportunidades, que os estudos amosan que teñen máis importancia na conflitividade e na inseguridade.

    E, fronte a unhas eleccións, por aí si que podería tomarse en conta nas intencións das futuras actuacións, dos programas, sexa a nivel local, autonómico ou estatal.

20230522

Día de pensar, pero non en propaganda

    Escribo para o día de antes das eleccións, aínda que apareza outro día. É dicir, para un día sinalado para reflexionar, meditar o voto, sen propaganda.

    Vano intento o destino dese día. A propaganda agóchase nos mínimos detalles, xa está difundida os días, meses, anos, anteriores e non se lle pode cerrar a porta ó que xa está dentro.

    Por outra parte, fálase do día de reflexión, de pensar sobre o voto. Mais, ó final, o voto é só un intento de representación de ideas. Así pois, por que non se lle chama o día de reflexión sobre a inxustiza e o xeito de superala? Ou o mesmo coa desigualdade e a forma de facer a sociedade máis igualitaria, ou da pobreza e o método para eliminala, da falta de empatía e cohesión social e os camiños para conseguilas, da felicidade e os pasos que nos achegaría a ela... Calquera deses nomes, concretando, estimo sería máis práctico.

    Pedín a representantes dos catro partidos que se presentan en Ribadeo ás municipais 2023 os seus programas de partido hai varios días. Ós poucos funos recibindo. En diferentes formatos, con distintas lonxitudes. Son consciente de que son heteroxéneos na súa presentación e iso pode causar aparentes desigualdades. Pero repito, isto non pretende ser propaganda, senón documento. Así pois, aquí quedarán, para telos presentes e non só poder velos, estudalos, meditalos antes das eleccións, senón tamén para poder seguir o seu cumprimento e/ou defensa ó longo do mandato, sexa cal sexa o resultado, e tamén para poder comparalos cos programas das eleccións pasadas, de 2019 (ou doutras eleccións). Déixoos na mesma orde que no índice de renovación de candidaturas, a que aparece no boletín oficial, PP, BNG, PSOE, PG:

 

Un novo fito no Paseo dos Soños á beira do río

     O sábado 3 de xuño, en Vilalba, terá lugar a colocación dun novo Hectómetro literario no Paseo dos Soños, o XVII, adicado ós irmáns Coira.


 

Pola paz, maio de 2023

    Unha vez máis, onte houbo xuntanza pola paz en Ribadeo. Esta vez, adiantada por mor da cita electoral do próximo fin de semana, e con algún despistado coma min ó que se lle pasou a convocatoria, polo que non deixo máis que o cartel e a foto de Suso Fernández como testemuña.




Recuncho da lectura: A arte de trobar


    Recuncho da lectura: A arte de trobar

    A arte de trobar. Santiago Lopo. Xerais Narrativa. ISBN 9878491212737, Vigo 2017.

    Da historia á imaxinación, da lectura á comprensión e estima. Unha obra suave na que un argumento de base histórico é explicativo para a nosa cultura actual. Novela ambientada arredor da persecución cátara nos tempos da segunda voda de Fernando III. Ten unha trama sinxela e unha posta en escena rica en referencias que leva de xeito doado ata o remate, tendo sempre a Galicia e o galego como punto de contraste e aplicación de feitos.

    Para o club de lectura do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

20230521

Onde era e é o final dunha vida. Pablo Mosquera

Onde era e é o final dunha vida

Hai uns días tiven unha chamada da Facultade de Humanidades do Campus Universitario de Lugo. Hai un libro e unha visita pendente. Todo pola lembranza daquel cabaleiro e amigo AVENTADO que quixo quedar con nós para sempre, dende a Rectoral de San Martiño ata o cultural Sargadelos onde tivo unha magnífica exposición da súa obra pictórica "El Quijote y los Derechos Humanos". Juan Queralt, cuxas cinzas entre versos e música repousan nas augas do vello encoro construído para arrefriar os primeiros fornos de fundición da Península Ibérica.

As Humanidades aínda son un espazo case metaverso para algúns de nós. Esta vez teño dúas preguntas que me producen inquedanza intelectual. Ambas sobre o final da vida, antes e agora. Medramos como mariñáns nunha sociedade que mantivo os nosos maiores nas súas casas ata o final. Do mesmo xeito que cando isto ocorreu os seus restos repousaron nun panteón do cemiterio que corresponde á parroquia e ó que podemos acudir para lembralos ou para repasar aquelas sagas familiares que en tales lugares están representadas entre as pedras ou mármores dos mausoleos. O máis bonito, polo menos para min, está en Mondoñedo.

Hoxe case non é así. E os nosos sucesores non poderán facer tales visitas. Os anciáns son ingresados ​​en residencias e a cremación é o método empregado para eliminar os restos humanos que eran corpos familiares. O debate non está aquí nin se espera. As residencias son un espazo sociosanitario para atender os últimos anos do noso pobo despois dunha vida que de seguro sentou as bases da nosa. A cremación é unha fórmula que tras un curto período nun tanatorio fai desaparecer o corpo do falecido, converténdoo en po que as xeracións vindeiras nunca poderán lembrar, xa que ata fotografías antigas foron usurpadas por aquelas imaxes temporais na memoria dun teléfono, do que máis cedo que tarde nos desfaremos.

Boto de menos foros para a reflexión. Boto de menos preguntarlle á xente onde quere vivir. Boto de menos o respecto como núcleo fundamental da convivencia interxeracional. Boto de menos saber calar, saber escoitar e saber falar, en tertulias cos nosos maiores. Boto de menos a tradición oral. Boto de menos investigacións sociolóxicas sobre o noso pasado que vaian por camiños diferentes que esa memoria histórica ou democrática. Boto de menos as aulas de adultos para dar unha segunda oportunidade aos que teñen tempo para aprender e así evitar a soidade. Boto de menos os vellos oficios que os veteranos deberían ensinar aos novos aprendices. Boto de menos o espírito de sacrificio que tiñan os nosos maiores e que agora é visión a curto prazo e ensimismamento cun Smartphone. Boto de menos as humanidades como centro de coñecemento con respostas a moitos dos problemas actuais. E é que unha parte moi importante das solucións están na historia. Polo menos para non repetir os graves erros.

Se teño que ilustrar o anterior, prefiro esa visita ao Complexo Regal Xunqueira. Alfredo Llano e máis eu fomos testemuñas dunha conversa entre obras de arte, que mantiveron os dous premios nacionais de artesanía. Juan Queralt e Sito Otero Regal. Todos AVENTADOS.

Pablo Mosquera

Unha viaxe en tren

Unha viaxe en tren

    18:19, saída de Foz. En realidade, saída da estación de Foz, situada a 1,5 km ou 2 da casa do concello (segundo elixas máis ou menos seguridade peonil), a unha certa distancia do lugar máis preto onde esperar tomando un café. A hedra que cubre parte da estación vese compensada cunha impecable plataforma con bancos e marquesiña para esperar sentado. Non hai posibilidade de confusión: á esquecida estación súmaselle que a vía xusto por diante dela vese totalmente oxidada (a máis de cortada, como se pode apreciar na foto), o que non pasa coa que vai por diante do lugar preparado.

    Despois de estar un mes sen servizo (por obras na estrada á entrada de Burela, substituído o tren por un bus que non paraba onde as estacións, entre outras diferencias), e só na espera naquel lugar, ó observar un pequeno retardo despois de ter tido algunha sorpresa con FEVE, pregúntome se tería pasado algo na liña que non soubera. Chamo ó número que vexo indicado e comunícanme que non pasa nada máis que que o tren leva 12 minutos de retardo no seu camiño. Ben, se só son 12 minutos... E si, moi aproximadamente, 12 minutos foi a tardanza total dende a hora no listado de pasos.

    Un convoi de dous vagóns automotores con perfil moderno achegouse. Entro a nivel da plataforma a un interior cunha ocupación dun terzo ou un cuarto de lugares, mais abigarrada, onde se misturan xente cualificalbe como locales, como eu mesmo, outra xente de viaxe, turistas, estranxeiros afincados... xente que, ata chegar a Ribadeo, inrementarase con algunha diferenza máis.

     Xa en marcha, ó pouco abandoo a lectura. A paisaxe cautívame unha vez máis. As casas de Mourente ou sobre a ría de Foz, a placidez dunha tarde límpida na que se goza dunha boa temperatura e sen o forte vento de días atrás, o decorrer dos campos, camiños, veredas, montes, árbores e o mar ó fondo co ceo lixeiramente variante súmase ó avance en relativamente rápido pero calmo traqueteo. E así, a observación de beleza pasa a sentemento de sosego, inundando os tranquilos vagóns cun sentir prácido.

    O interior, agradable, invita a descansar e contemplar.

     A paisaxe vai deixándose sentir máis que pasando, os lugares habitados, con fogares aquí e aló transmiten unha calma habitada, máis vital, mentres as zonas sen poboación acollen a visita dos ollos de xeito completamente diferente.

    Gústame o tren. Pode que porque me gusta a terra que atravesa, esta terra nosa. Esta rasa cantábrica que festonea entre o mar e as montañas da Mariña que desemboca en Asturias, a Galicia máis próxima que teño.

    Chegamos a Ribadeo. Alédame que a estación, aínda que teña pasado por mellores tempos, non admita comparación co abondono que sufre a de Foz. Un remate adecuado a unha viaxe sentida.


20230518

Pasou o día das letras galegas

Pasou o día das letras galegas

    Si, foi onte, lembras? O día onde os discursos máis ou menos en galego encheron as novas comentadas máis dunha vez en castelán. Si, en Galicia e en medios galegos, que tentei mergullarme nalgún estatal (por ser madrileño, din) e nin unha liña aparecía adicada ó feito do día nesa apartada e esquecida punta noroeste que somos na referencia xeográfica. Contraste con outras datas, a falta de equivalentes na lingua, que poideran considerarse da categoría, como a Diada ou o Aberri Eguna. Pero xa estamos afeitos.

    Hoxe é 18 de maio, e, que temos no xornal?. Miro un 'galego 100 %', din, e atópome con 48 páxinas das que adican á nova de onte media páxina en galego, xunto con unha columna ó final e un comentario de exactamente sete liñas noutra columna de comentarios de cine, en relación a unha película que botan esta noite pola galega. Tamén hai algún anuncio en galego, que non se diga que as subvencións non se usan para promover a lingua.

    Escapáraseme outro cadro de texto en galego, media páxina que tenta condensar un paseo cunha alcaldesa que, que casualidade, é do BNG. Siglas que por certo, a pesar do dito, aparecen abondas liñas máis abaixo de ser citados os dous 'grandes partidos'.

    E mañá? Mañá desaparecerá o comentario do transcurso ó día das letras. Dos outros, non sei...

A que así parece que o negro galego é máis negro e ocupa case todo o espazo?

20230517

Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas

Hernán, en debuxo propio, e del Riego, de foto en dominio público.

Letras galegas 2023. O recuncho da lectura e tres lembranzas

    Comecei a matinar nisto do Recuncho da Lectura hai cousa duns meses. Daquela a plataforma que estaba a usar para comentar lecturas en internet, Goodreads, do grupo Alphabet (Google) comezou a non deixarme meter máis libros novos. E como pouco se ocupa dos libros en galego... xa teño varios lidos e sen comentar. Non é que sexa especialmente dado a comentar os libros que leo, pero vexo unha discriminación o non poder facelo. Sei que en algún momento chegarán eses títulos á plataforma e poderei comentalos, pero trátase tamén da autonomía. Miña, e por suposto, da lingua e de todos. Por un tempo amañei a cousa solicitando al alguén que tiña permiso que colgara eses libros en internet, pero hoxe por hoxe, a plataforma nin permite facer comentarios encabezados por un título sobre libros que non esté xa cargados, co que o proceso vai dificultándose. Por iso, como alternativa, aínda que sexa moi secundaria en importancia en relación coa difusión que podía ter na plataforma, deixarei aquí comentarios -sucintos, como viña a facer en Goodreads- sobre algún libro que vou lendo en galego. O nome ven dun 'Recuncho da lectura' (aquí, en Internet Archive no 1998) que mantiven literalmente o século pasado na miña primeira páxina web, adicado tamén á lectura en galego. Unha nota final a esta introdución: se é o funcionamento de Goodreads o que me impulsa a facer esta entrada e outras que é previsible que veñan despois, nestes momentos, o blog tamén está sobre unha plataforma de Alphabet, Blogger.

-   A gran novela galega, de César Cequeliños. Morgante edicións, 2023, ISBN9788419040077. Unha pequena e divertida sátira do que non se soe ver que fai quen dirixe os directores a industria da cultura galega. Pode que intranscendente literariamente, pero a súa referencia á estrutura da mecánica literaria en Galicia e a súa linguaxe coloquial fan dela unha obra que non apetece deixar ata que chega o final.

-    E agora pasa un tren, un libro da vella colección Mandaio de Biblos, de Lito Caramés, 2005, ISBN8493412643. Non me gustou, pero aí está. É un batido de relatos curtos relacionado co tren (ás veces, moi  moi pouco), dos que algún daría para algo máis desenvolto.

-    Flores de ferro. ISBN: 978-84-9151-491-6. Ed. Galaxia. O último libro tratado no club de lectura do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Electriza pouco a pouco sen chegar a electrocutar. Non fala dos tempos da guerra, fala de xente que viviu nun tempo así. Que sobreviviu. E do mundo que quedou con esa supervivencia. Gustoume moito, aínda que polo medio se coe algunha pequena incongruencia, como o cálculo do tempo en chegar a Briana, e aínda que a resolución da historia e o seu desenvolvemento acalen a apetencia por un uso da lingua máis rico, pero que non se bota de menos.

    Xunto con ambas reseñas, as lembranzas. A primeira para Rosalía, na orixe da elección da data do 17 de maio, coa difusión de 'Cantares Galegos'.

    A segunda, para Francisco Fernández del Riego, a quen está adicado o día este 2023.

    E a terceira lembranza, para Hernán Naval, quen rexistrou unha noite como a pasada de hai xa 22 anos o seu pasamento.

    --

    Despois de rematar e publicar chego a outra cousa que engado. Hoxe cumpriríanse os sesenta anos do que está definido no texto que collo como primeiro acto galeguista da postguerra en Ribadeo. Realizado nun recreo do sexto curso na Academia en 1963, léronse poemas de Rosalía e un texto sobre ela, con asistencia de toda a clase, e duración dunha media hora. Non se sabe se a dirección da Academia non se enterou ou non se quixo enterar. Na mesa estaban tres persoas; dúas xa non están, Álvaro Lamas e Montserrat Miró, e a terceira sería quen o escribiu hoxe no Facebook, Evaristo Lombardero.

 

20230516

EL CONFLICTO DEL MERCADO DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2009)

    A folga de vendedores ambulantes no mercado dos mércores, un problema hoxe xa esquecido, pero que tivo unha boa tempada a Ribadeo en vilo polo seu futuro, tivo en José María un defensor ben achegado á postura dos mercaderes e contra o concello..

Sábado, 14 de marzo de 2009

EL CONFLICTO DEL MERCADO DE RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:55

El conflicto del mercado de Ribadeo sigue ahí enquistado y sin trazas de solución. Sobre él circulan muchas y muy controvertidas opiniones y comentarios, tanto en la prensa como a pie de calle. Gente que justifica la postura del alcalde y gente que apoya a los vendedores. Los análisis que se hacen de la situación no gozan, casi nunca, ni de la imparcialidad necesaria para un juicio objetivo ni de la información suficiente para opinar sobre ella. Y mientras tanto las partes en conflicto siguen enconadas en sus posiciones, sin dar el brazo a torcer. Los unos, los vendedores, porque no pueden pagar esos impuestos y los otros, los políticos, porque no quieren modificarlos. La manzana de la discordia que impide alcanzar la solución del conflicto es, como siempre, el dinero. Un valor que no debiera poner en peligro un mercado de tanta trascendencia social y económica para Ribadeo y menos en estos tiempos de crisis.

El pueblo, uno de los tres protagonistas con intereses en este evento, que hasta ahora había permanecido callado, ha manifestado con claridad su postura, apoyando a los vendedores con su amplia presencia en la manifestación celebrada el pasado miércoles en las calles de la villa. La presencia de los trescientos manifestantes que aproximadamente acudieron a ella habla claramente del apoyo mayoritario del pueblo a las reivindicaciones de los ambulantes y, sobre todo, a la continuidad de un mercado histórico, tan importante para esta villa.

La ausencia de autorización de la Subdelegación del Gobierno para la manifestación, solicitada con suficiente antelación por los ambulantes para poder defender sus derechos dentro de la legalidad, no tiene otra explicación que no sea el intento de restar protagonismo a este acto de protesta al que todos los ciudadanos tienen derecho. Una protesta que se intentó desvirtuar con una numerosa presencia de fuerza pública, policía local y guardia civil, bajo el pretexto del miedo a posibles alteraciones del orden y coacciones que en ningún caso se dieron y que no cabía esperar. Unos supuestos temores que quedaron desvirtuados por el comportamiento ejemplar de los manifestantes que hicieron el recorrido pacíficamente, como todas las que estamos acostumbrados a ver en Ribadeo.

Han sido varios los intentos hechos por unos y por otros para solucionar este enquistado conflicto, pero ninguno ha podido ser asumido por los afectados. El tema de fondo ha sido ignorado. Los impuestos parece que no son asumibles. Cada impuesto ha de ser debidamente proporcionado a los rendimientos de la actividad de que se trate. Y en este punto son muchas las leyendas que circulan sobre los posibles beneficios que los vendedores perciben por su actividad, que nada tienen que ver con la cruda realidad. Ni siquiera se toman en cuenta las situaciones paralelas que se están dando en otros concejos limítrofes, en los que este colectivo de vendedores ejerce su actividad mercantil, por la que paga unos impuestos mucho más reducidos.

Se escuda el alcalde para justificar su actitud en el temor de que otros colectivos podrían, también, reclamar una bajada de impuestos. Una falacia sutil del alcalde, pues los rendimientos de la actividad de los vendedores nada tienen que ver con los rendimientos de otras actividades. Tampoco se puede culpar de esta triste situación a la crisis si no es, en todo caso, para bajar los impuestos, como se está demandando en otras esferas políticas a nivel nacional.

“Ad imposibilia nemo tenetur”, dice una máxima de derecho que debiera hacer reflexionar a los actores responsables de este problema. Nadie está obligado a soportar una prestación imposible. Por eso, llegados a este punto, sin que se atisben horizontes de solución, creo que es el momento de reflexionar sobre la verdadera causa del enconamiento de este problema. Quizás ha llegado el momento de hacer tabula rasa de esta situación y partir de cero para pensar en una nueva ordenación del mercado y de sus tasas, satisfactoria para todos. Empezar de nuevo a construir las bases de esta actividad, que tiene caracteres muy específicos y sus propias singularidades. Fijar los espacios, racionalizar los impuestos y controlar adecuadamente su funcionamiento para hacerlo viable.

Proseguir con estas actitudes de empecinamiento significa poner en peligro la existencia de uno de los acontecimientos más importantes e históricos de esta villa. Y, como dice Cervantes en su obra maestra, en el episodio de la aventura de las galeras: “Las esperanzas dudosas han de hacer a los hombres atrevidos, pero no temerarios”.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230515

PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

 


PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO

Pancho Campos Dorado

O termo Prehistoria expresa aquela parte da Historia que abarca estudos do período da vida humana anteriores a aparición de fontes escritas. Cronoloxicamente a Prehistoria supón o 99% do transcurso da Historia do Home sobre a Terra. (1) Dun total preto de catro millóns de anos que levan os homínidos sobre a terra, solo hai documentos escritos de fai 5000 anos, en escritura cuneiforme sobre arxila, anteriores aos xeroglíficos exipcios, polo que o home viviu en culturas ágrafas e a escritura aparece cando xa existe un home moderno cunha avanzada civilización establecida.

Practicamente todo o que se coñece da forma de vida do home prehistórico está relacionado coa Arqueoloxía. Polas súas ferramentas de pedra e de óso intúese a súa forma primitiva de vivir, a súa evolución, o seu coñecemento cognitivo; en que época chegou a dominar o lume e os materiais dos que se valeu para o desenrolo do seu vivir diario.

A poboación máis antiga que se coñece de Ribadeo, aparece nitidamente no xacemento arqueolóxico de Louselas do Paleolítico Inferior, onde se fixeron achados, entre os anos 1980-2000 de raspadeiras, raedeiras, bifaces e fendedores, datados en 480 000 anos de antigüidade, algo totalmente esquecido para o pobo de Ribadeo, pois a administración patrimonial da Xunta mandou as pezas atopadas para o Museo Arqueolóxico de Vilalba e nós, ribadenses, quedamos co terreo baleirado de restos e cunha Memoria Louselas (Ribadeo) do que foi aquilo, que publicou o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV Nº6). Por non ter non temos nin sequera unha sinalización do lugar, nin por parte autonómica nin municipal do que é a súa contorna para poder mostralo aos miles de visitantes que temos o ano.

Por outra banda, tamén hai importantes xacementos arqueolóxicos da Cultura Castrexa dos celtas da Idade do Ferro, e da romanización, repartidos en nove castros, catro de litoral: As Grobas (Vilaselán); Fornelos (Piñeira); Meirengos e os Castros (A Devesa); e cinco castros de interior: A Coroa ou a Aira da Croa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As Cárcobas (Ove), cuxa situación e toponimia nos explicou nun pequeno libriño, “Sobre os Castros de Ribadeo” o noso inesquecible veciño José María Rodríguez Díaz. Pero é posible que haxa máis xacementos e todos eles esquecidos pola administración da Xunta da Galiza, e polos presupostos municipais, en onde nunca aparece unha pequena partida para descubrir ou, ao menos, sinalizar algúns deles, sequera para facer unha Ruta dos Castros, unha gran ruta turística para os nosos visitantes e veraneantes, incluso para nós veciños de Ribadeo ou para facilitar o camiño a aqueles academicamente preparados que fan investigacións castrexas.

Porén, os materiais arqueolóxicos máis importantes que transcenden incluso a nosa propia Historia particular, están no fondo da Ría de Ribadeo. Son pezas que proveñen das civilizacións avanzadas do Mediterráneo, as máis delas, pezas de cerámica, armas brancas e de fogo, adornos con todo tipo de filigrana, e de distintos materiais, ouro, ferro, madeira... pezas imprescindibles para reconstruír e datar acontecementos non solo da nosa propia Historia, senón da evolución do Comercio Marítimo de Europa.

Pero en Ribadeo, vamos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por “As Desfeitas”. Vemos na prensa, case tódalas semanas, que se destrúen mámoas, antigos elementos estruturais de poboación en espazos patrimoniais dentro do ámbito forestal, sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, moitas veces ignorantes do que hai, pois Patrimonio nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, fixeron unha delimitación visible das zonas de excepción catalogadas como patrimonio da Galiza, e tampouco puxeron a ninguén a vixiar estas prezadas zonas cando se vai a traballar preto delas, para parar tal ou cal desfeita. Moitas veces ó contrario, a administración pechou os ollos e deixaron facer a desfeita impunemente.

A Ría de Ribadeo estase destruíndo día a día coa colmatación de area que a está deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Efectivamente. Pero NON SE PODE DRAGAR a Ría sen ter antes mirado o que se está dragando, pois sería un atentado manifesto o patrimonio subacuático cara aos restos arqueolóxicos que son testemuñas únicas e moi importantes para saber de como evolucionou o comercio marítimo na Galiza e en Europa.

Xa no ano 2011 desde a Asociación de Veciños “O Tesón” facíamos fincapé deste despropósito de dragar a ría sen ter rescatado primeiro os bens que por aquel entonces xa estaban inventariados. A contestación de “Cultura da Xunta de Galiza” foi que “un arqueólogo supervisaba os traballos” (A Mariña, El Progreso, mércores 16 novembro 2011). Punto, así nos vai doce anos despois sen solucións efectivas de ningún tipo.

No fondo da Ría de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que unha vez ao descuberto, estudalos será cuestión de dedicarlles unha vida enteira, pero ¿e mellor deixalos onde están, e que vaian desaparecendo pouco a pouco en dragados incontrolados?. Aínda non se convenceu a Xunta, Portos de Galiza ou mesmo o Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleras e diques que se foron facendo en “obras inciviles” son unha ruína ambiental totalmente en contra do noso ecosistema, totalmente en contra do Porto Comercial de Ribadeo? Estarán facendoo adrede para revalorizar os portos limítrofes e deixar a Ribadeo ao marxe do comercio marítimo? Non é de extrañar, pois xa acabaron con tódolos barcos de pesca de altura e de baixura, que nada menos chegou a ter 350 homes apuntados no Pósito de Pescadores. Estará pasando o que mesmo que pasa co Xulgado de Primeira Instancia, que non ven por estar mellor en Mondoñedo, Viveiro ou en Lugo?

Como se vai poder manter a profundidade do canal ao Porto de Ribadeo, sen destruír a riqueza da ría? Primeiramente, tería que irse cambiando a estrutura en viga da Ponte dos Santos, por unha ponte en arco ou unha ponte colgante ou atirantada que evite a construción de pilastras centrais, para ampliar a súa luz e a súa altura, creando un gálibo de navegación apropiado e adaptado aos tipos de barcos mercantes modernos, de máis calado e de máis guinda ou altura de topes (air gap); un gálibo que non debera de ser menor de 45 m ou 50 metros de altura que incluso permita entrar a barcos de vela arbolados que navegan ao largo de todo o ano, e principalmente nas regatas máis importantes do Atlántico.

A Ría de Ribadeo e o Porto de Porcillán foron desde sempre o gran refuxio seguro, durante toda a roda do ano, para os barcos mercantes e de guerra nas fortes galernas do Cantábrico, tanto para aqueles grandes veleiros desde a alta Idade Media, como para os pequenos e medianos barcos de cabotaxe de todos os tempos. Teñamos en conta que o tráfico marítimo, foi o gran motor da economía de Ribadeo, e a Ponte dos Santos é un atranco, un estorbo artificial que parece posto a propósito para destruír a Ría, para destruír a hexemonía marítima milenaria de Ribadeo. Aqueles vellos mariñeiros dos anos 1960 e 70 cando se estaba proxectando a ponte e o primeiro “paseo marítimo” que destruíu a dársena e praia de Cabanela, xa o dicían: “A Ría de Ribadeo non é o Duero, aquí hai marea cada seis horas”. Non fixeron caso, e a colmatación de area é incontrolable hoxe en día, pois aínda que se chegara a dragar cada catro ou cinco anos, sería como querer quitar cunha culleriña do café o arrastre de area que pode meter a forza do mar nunha marea.

A día de hoxe, xa non cabe ningunha dúbida de que en Porcillán, fondeadoiro e Porto de Ribadeo por excelencia, xa comerciaban os gregos e fenicios desde antes que chegaran os romanos as nosas costas. Simplemente vendo as pezas que se están atopando nas pouquiñas mostras arqueolóxicas que se fan na Ría, serven para demostrar que este comercio internacional a gran distancia xa existía un milenio antes da nosa era. E faltan de supervisar centos de metros cadrados de superficie do pracer da Ría, para detectar pezas metálicas que se atopan a pouca e media profundidade e decenas de metros cúbicos de area para cribar as decenas de pezas de cerámica, bronce, cristal, vidro e moi posiblemente xoias de ouro fino repuxado ou con engarces variados, que tamén haberá nos preciosos e prezados fondos da Ría de Ribadeo.

De momento o equipo de buceo do arqueólogo comisario Miguel San Claudio, desvelábanos que atoparon unha ánfora grega de 2600 anos de antigüidade (século VII a.C.) peza de cerámica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia máis antigo que se localizou na Costa Cantábrica, o que converte en única a Ría de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueología submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011).

A diferenza de criterio entre “Cultura” da Xunta de Galiza e Castela, é que cando se estaba facendo a trincheira daquela liña de ferrocarril no corredor da Bureba tan necesaria entre a conca do Ebro e o río Douro, atopouse o xacemento arqueolóxico de Atapuerca, e inmediatamente se pararon as obras de escavación e se desviou o trazado do ferrocarril pois aquel tesouro humano representaba un achádego importantísimo, unha historia e vida para o seu entorno e o de toda a humanidade. Levan estudando o xacemento desde fai máis dun século, e ao seu redor se fixeron salas de exposicións, museos, escolas de capacitación e estudo, e tódolos anos reciben miles de visitantes.

Aquí temos algo parecido, salvando as distancias, para saber do comercio marítimo da antigüidade de Galiza e de Europa, dos tipos de barcos e dos seus secretos de construción, fábrica e armamento que Cesáreo Fernández Duro xa expoñía en 1880 en “A la Mar Madera”, pero as mentes académicas que pararon a trincheira ferroviaria de Atapuerca, na Ría de Ribadeo brillan pola súa ausencia, e queren dragar a toda costa e destruír toda unha riqueza patrimonial que se sabe de certo que existe. Unha vergoña institucionalizada nas disposicións da Xunta e de Portos da Galiza, e que non debe de tolerarse.

Nós non podemos facer nada inmediato para evitalo, solo patalexar ou escribir algún artigo como este para seguir alertando da pasividade e indiferenza con que se trata desde as administracións este delicado tema que unha vez destruído non ten volta de folla.

Pero, aínda que son ateo convencido, grazas a Deus, como recoñecía Oriana Fallaci, voulle pedir a Divindade do Cosmos por medio da Virxe do Carme Patroa de todos nós, os mariñeiros, que faga algo, que non permita tamañas falcatruadas sen que teñan consecuencias para quen as permita. Amén.

--

1 La Prehistoria y su Metodología, Ana Fernández Vega, Sergio Ripoll López, Amparo Hernando Grande, Francisco Javier Muñoz Ibañez, José Manuel Quesada López, José Manuel Maíllo Fernández y Jesús Jordá Pardo. Segunda Edición 2014, Editorial Universitaria Ramón Areces, UNED. Páx. 11.

20230513

Ter pobres non sae a conto

Ter pobres non sae a conto

    Non, non sae a conto.

    'Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]' é unha coñecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo como que sen os demais non somos nós, en moi diferentes versións, intensidades e aplicacións, mentres a segunda é escatimada como accesoria. Mais, sexa cal sexa o uso que se faga da parte coñecida, esa segunda que puxen entre corchetes remacha que as circunstancias son esenciais para nós, que non é só que sexan algo que temos asociado, senón que dependemos delas.

    Non fai falta un pensamento filosófico profundo ou enrevesado para comprender que as circunstancias da vida nos afectan. E entre esas circunstancias, están os demais, coas súas propias circunstancias. Os seres humanos comprendemos isto dende moitos moitos milenios atrás, o que fixo posible a sociedade, co desenvolvemento da empatía e os mecanismos de relación. Coa chegada de sociedades máis e máis complexas, e a formación de subgrupos no seu interior, parte do mantemento mutuo, base das relacións humanas, foise institucionalizado e esvaecéndose a súa sinal no radar persoal de cada un, esquecendo cousas como que somos iguais aínda que sexamos diferentes, e viceversa. Así, hoxe, deberes e culpas distribúense institucionalmente, rematando nun 'ninguén' no que non estariamos cando nos afecta negativamente ('ninguén' é culpable e se fai cargo da corrupción, 'ninguén' ten por que axudar a manter a vila limpa) ou nun 'todos' inclusivo tamén de nós cando podemos aproveitarnos (todos temos tantos dereitos como quen máis).

    Así, as circunstancias poden variar moito dunha a outra persoa. Circunstancias que como na lotería da vida, poden, por exemplo, levarte á pobreza ou facilitarte a riqueza. 

    Os bancos sempre son rescatados,aínda que ti sexas desafiuzado, Sempre hai cartos para guerra aínda que a falta de educación fomente a inseguridade e condene á sociedade a un endurecemento da loita dos seus membros pola vida. A igrexa quéixase de recibir poucos cartos mentres nos hospitais hai curas e faltan médicos. Circunstancias que, como apuntaba Ortega, se non as salvamos, non nos salvamos. Circunstancias que veñen debuxadas por prioridades. Nós, a nós mesmos, sempre nos consideramos prioritarios. Mais, cabe pensar, e se a prioridade non es ti?

    Ven o título a conto dun estudo onde se amosa que a pobreza custa millóns á sociedade en conxunto, e polo tanto custa riqueza a cada un, mesmos á xente rica. En España, cada ano, a pobreza infantil custaría á sociedade uns 63 000 millóns de euros. Non é nada novo: xa hai un par de decenios que Amartya Sen obtivo o Nobel de economía por amosar, tamén décadas antes, o mellor funcionamento económico das sociedades máis igualitarias, nas que o valor persoal está potenciado e potencia o conxunto dun xeito máis eficiente.

    Estamos en eleccións. O ben común necesita políticas eficientes. Eficiencia que non vai da man da desigualdade, nin do 'sálvese quen poda', senón ó revés, da igualdade e do botar unha man polos máis. Dino os filósofos, e tamén os economistas. Traballaremos para que o pensen os políticos e obren en consecuencia?