Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta aventados. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta aventados. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20170426

Os Aventados: 20 anos cazando o vento da cultura

Di o tango de Carlitos Gardel, interpretado por Eugenio Del Valle que "veinte años no son nada...". Pero dende 1997 teñen pasado unhas cuantas primaveras e moitos compañeiros/as de singladura na procura do Vélaro de Ouro, que para nós sempre será o patrimonio histórico-cultural-ecolóxico da nosa fermosa Britonia.
Aqueles Aventados que viñeron de Euskadi: O poeta Gregorio San Juán; o novelista Amado Gómez Ugarte; o director de cine Kepa Sojo; o historiador Antón Sáez de Santa María. A ceramista de Cantabria, Ana Bedia. O pintor Felipe Criado. O escultor Quique Guerra. O mariñeiro Alberto Pillado. Manuel Pérez Outeda; Pedro San José; Jesús Murados; Modesto Rivera; o Mestre -Don Francisco Rivera Casás-. Todos deixaron a súa impronta dende o faro da Atalaia ás Reais Fábricas de Sargadelos.
Temos Aventados dende a Ría de Ribadeo ata o faro de A Estaca de Bares, pasando por Mondoñedo e Lugo. Ceramistas, pintores, escultores, profesores, enxeñeiros, poetas, historiadores, fotógrafos, dibuxantes, cronistas, músicos, capitáns de buque, escritores, camiñantes, mariñeiros, xentes de chuvia e calma, comprometidos co país, rebeldes fronte ás inxusticias, dispostos a cambiar o mundo coa palabra e o voto. Dispoñeemos de cónsules de A Mariña en Madrid, Alcalá de Henares, El Escorial, Barcelona, nos catro puntos cardinais da sinal da cruz, e no lume de San Telmo a proa, ou nas adegas de popa preparadas para a creatividade, coas amuras listas para cacear no medio do océano da vida.
Pintores como Guerreiro que dan vida a estacións emocionadas polas despedidas. Fotógrafos como Fabián Reino, que como Robert Capa, inmoviliza cada instante da vida en Mondoñedo. Ceramistas como Sito Otero Regal, Picassiano capaz de recrear nun mural a entrada dun cabalo nuna cacharrería. Poetas como Paco Rivas, que transforman cada gota do salseiro Cantábrico na estrofa dun poema. Investigadores como o Cronista Oficial de Viveiro,- Carlos Nuevo Cal- capaz de saber e compartir, como ninguén, a vida e o espírito de Maruja Mallo, aquela galega universal que namorou á xeneración do 27. E para non perdernos, capitáns de mil singladuras entre portos e tempestades, como Andrés Díaz Ferro -digno sucesor do seu pai El Rubito-.
Como di Vicente Miguez dos "Chitones" de Celeiro, vivimos inmersos nun mar de cultura e, coidados, queridos, protexidos poas fillas da mar, as nosas damas Dulcineas. Mary Boix, dende Morás. Chus López Laje, dende Foz e Mondoñedo. Chefa Penabad e Esperanza Pérez Camba dende San Xoán de Covas. Mari Cruz Otero contarallo ós seus alumnos e Federico Mon, fará de imparcial escribano para Cervo-Sargadelos.
E darán fe cos seus apuntes para a paisaxe, Roque Fanego, Pablo Livio, Hipólito Xeada, Juanel. Mentres a crónica faráa Suso de Foz, coa música de fondo que interpretan Lino Rico, David Catá, Carmen Lillo e Maika Alonso.
Non volo perdades. Este sábado último de abril, cumprimos catro lustros cazando a ese Nordeste tan de aquí... E se alguén se indispóne, temos ó Galeno Aventado Dr. Gordo Fraile, coa súa alma dividida entre La Rioja española e o seu Santiago de Chile.
Aventados, nunha actividade no museo do mar de S. Cibrao

20231203

Estaca de Bares e o seu Torreiro. Pablo Mosquera

Estaca de Bares e o seu Torreiro

Eugenio, nunha imaxe do seu blog.


Eugenio Linares Guallart. Asturgalaico. Funcionario e vixía. Navegador e explorador. Compositor e intérprete. Abducido polo mar e polo vento. Autor dunha obra precisa e necesaria para viaxeiros do norte.
"ESTACA: un paseo por sus piedras. Relatos y canciones." Unha descrición ó seu xeito dun lugar máxico ao norte do norte. Un punto crucial onde se cruzan os mares. Cheo de historias e historias. O FARO MÁIS Ó NORTE DA PENÍNSULA IBÉRICA. O límite máis próximo con Inglaterra mar por medio.
A obra literaria é un caderno para o viaxeiro. Ao estilo do que fixo don Jorgito El Inglés acompañado de Antonio da Traba no século XIX. Un compendio que describe orixes e presenzas. Paisaxe e paisanaxe. Testemuñas e connivencia. Feitos casuais e causais. De terra a mar ou de mar a terra como facían os mariñeiros de tan diversas orixes, ben de paso ou para quedarse nese lugar que vixía a Illa do Mosteiro que recibía décimos e primicias baleeiras.
E algo moi singular que fai do libro un instrumento indispensable. Cal é a orixe do topónimo que dá nome ao lugar? Eugenio mostra unha teoría baseada nos achados de pedra que observaban os navegantes cando se achegaban pola costa.
Hai moitos xeitos de gozar da soidade. Sen dúbida, O Torreiro de Bares fíxoo durante máis de catro décadas. Compartiuno cos seus fillos e os seus amigos, entre os que me atopo -irmáns aventados- pero é que os soñadores nunca están sós. Sempre teñen a nosa nai a mar e o noso pai o vento. E moito menos presenciar o maior espectáculo do mundo. Unha tormenta ao final da liña do cavo. Este personaxe non precisa que lle den un certificado de natureza como escritor. O mar, a súa contribución aos descubrimentos de tantos visitantes do mundo antigo, a Santa Compaña que celebra as vésperas na Igrexa Vella na fermosa praia da Concha unxironno cabaleiro gardián do Camelot Templario.
Curiosa mestura. Non só traballo descritivo. A creatividade de Eugenio permítelle unha serie de RELATOS onde a imaxinación recibiu as musas daqueles trasnos que habitan tal lugar -un día de vento- -A néboa- entre outros. E de "postre" esas cancións que o noso amigo toca á guitarra coa súa voz rouca. Quedo coma sempre con "La rumbita de la Estaca de Bares".
O día quince de decembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca do Barqueiro, gozaremos a modo tertuliano coa inspiración que nos produce o libro e que os amantes daquelas catedrais do mar que seguen a ser os faros, cos seus habitantes, merécennos.
Aproveitemos e é a intención de Os Aventados, con motivo deste traballo, reflexionar sobre o presente e o futuro dos faros, creando un foro que evite a explotación contra a natureza -caso da Illa Pancha-.

Pablo Mosquera

+
Sábado 9, 12:30, MUSEO PROVINCIAL DO MAR EN SAN CIBRAO.Presentación con Eugenio Linares Guallart, Pablo Mosquera (de Os Aventados) e Román Ventoso, varias décadas Farero en Punta Atalaya.

20151013

Dúas vistas dunha viaxe

A pasada fin de semana, a AVV O Tesón realizou a súa viaxe social. Con dúas inclinacións moi diferentes, embaixo van un artigo e unha nota de prensa sobre esta viaxe.
Pablo Mosquera Mata escribiu o seguinte artigo, publicado en diferentes medios:
"O Tesón en Sargadelos
La sociedad civil necesita del sustrato cultural para saber de dónde viene y refrendar sus derechos fundamentales y sociales como espacio del ejercicio real de la ciudadanía, máxime si alumbran tentaciones perversas para imponer conductas indecentes como algo natural. Hay muchas frases de rabiosa actualidad. Me quedo con la que pronunció el Cardenal Bergoglio, Jesuita Argentino, hoy Papa Francisco: "A la gente la empobrecen para que luego vote por quienes los hundieron en la pobreza". Ya sé que hoy la pobreza es hambre, pero no por ello es menos grave la pobreza del conocimiento para decidir como seres humanos dignos y libres.
No Museo do Mar
Viene a cuento del magnífico encuentro que mantuvimos en Islas San Cyprianus con dirigentes de la Asociación Cultural -como nosotros Britonienses- O Tesón. Desde a Praza dos Campos, antiguo puerto de las Reales Fábricas de Sargadelos, visita al Museo Provincial del Mar, dónde la sombra del Maestro nos guió para repasar los antecedentes históricos de un pequeño lugar de la costa más al norte en la Península Ibérica que, por su cualificación en el mundo antiguo, Edad Media, Renacimiento, Ilustración y Edad Contemporánea, se ganó figurar en toda la ingente documentación que conforman: Cartas de Navegación, Derroteros, Isolarios, Descripción de insignes viajeros, historiografía o fuentes del derecho positivo en pleitos con la Iglesia o entre Comunidades.
O Tesón nos honró con su presencia e interés por el patrimonio histórico de nuestro Concello de Cervo, cuyo corazón latente es Sargadelos, tanto la aventura de Ibáñez, como el sueño de Seoane e Isaac. Fuimos sorprendidos con el conocimiento de Manuel Miranda, Presidente de Mariña Patrimonio, que desde La Atalaya con Os Farillóns como testigos, nos ilustró sobre la importancia del Castro y sus relaciones por mar, con otros pueblos que fueron forjando nuestra cultura.
A mis amigos de Ribadeo, les preocupa y les ocupa el conocimiento, defensa y divulgación de nuestra identidad como viejo pueblo. Les gusta vivir como gallegos y en gallego. Tienen un sueño que compartimos. Hacer de la cultura una inversión productiva, frente a la zafiedad y el egoísmo. La cultura nos identifica y nos da herramientas para ejercer la libertad.
Como sucedió en Sargadelos, habrá que pelear por el espacio de la Ilustración."
E, a nota de prensa de O Tesón sobre o conxunto da viaxe:
"Nota de prensa
20151012
O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a viaxe veciñal da AVV O Tesón. Este 2005, aproveitando a hospitalidade de Mariña Patrimonio da man de Manuel Miranda, e dos Aventados, por Pablo Mosquera, o paseo de desfrute e coñecemento dos nosos veciños foi por terras mariñáns, dende Burela a San Cibrao, rematando en Sargadelos.
A unión da rasa cantábrica coas terras de granito que constitúen o manto da maioría de Galicia foi visitado en terreos do porto de Burela como inicio da viaxe, guiados por Manuel Miranda.
Foi despois a quenda do castro de Burela, xunto coas formacións que aínda o distinguen, tras moitos séculos de ser abandoado, dando testemuña un pasado que é de todos.
Chegando a S. Cibrao, a visita ó Museo do Mar deu lugar a unha profunda ilustración histórica de Pablo Mosquera. Algo que, se ben tratou de San Cibrao, a súa historia e a captura das baleas, ben poidera ser levado a outras partes de Galicia, ou sinxelamente, á súa historia. Despois, a visita á Atalaia, a máis de ollar os Farallóns e os restos dun castro maltratado ata que foi defendido, propiciou que algún dos participantes fora incluído na gravación da lectura do Quijote na que están inmersos Os Aventados.
O descanso que supuxo a hora de comer tamén acompañou o desfrute propio e da compañia con información e discusión sobre presente, funcionamento e futuro das sociedades que estabamos presentes, Aventados, Mariña Patrimonio e O Tesón.
Para finalizar, fumos titorados nunha visita ó entorno de Sargadelos e as súas instalacións, despedíndonos así nun centro de cultura e industria que forma parte da historia de Galicia.
Un ano máis, quen foi, volveu con un día desfrutado e aproveitado en coñecer a nosa terra e trabar relacións con xente que a sinte con coñecemento dela.
Vídeos gravados lendo o Quijote:
https://www.youtube.com/watch?v=XWIan0A4nvw
https://www.youtube.com/watch?v=QHTrLwpJ0-4"

20100522

Da presentación do libro de Pablo Mosquera


Onte tivo lugar a presentación do libro de Pablo Mosquera na Casa das Letras.
Deixo a continuación unha copia da entrada no blog de O Tesón:
A coincidencia do acto con outros catro eventos non facilitou a asistencia de xente, que se manifestou en vinte persoas como público. Como estaba previsto, falaron A. Gregorio presentando ó autor, J.Mª Rodriguez introducindo o libro e o propio autor con verbas sobre diversos temas relacionados co libro, incluída a idea da súa realización. A falta da gravación do acto, que se fastidiou, a continuación inclúense as verbas dos dous primeiros (que sufriron algunha variación no acto)
--
Boas tardes.
Os contactos entre O Tesón e Pablo Mosquera, e por extensión, os Aventados, fan posible este acto de hoxe nesta casa da cultura que se nos brindou e que é a Casa das Letras.
Temos na mesa a José Mª Rodríguez, que fará a presentación e ó autor, Pablo Mosquera, que falará da Mariña, do que fala o libro “Senderos para el Viajero”. Ambos son coñecidos abondo como para non necesitar presentación previa, pero cabe dicir que unha pequena visita a internet, onde me atopei cun medio millón de ocorrencias de 'Pablo Mosquera', fíxome variar a miña cómoda postura inicial de escudarme no coñecemento previo por parte do público para tentar facer un pequeno desbroce informativo.
Co permiso de José Mª, e como a presentación esta volta corresponde a un libro de Pablo, só direi del a lembranza do seu último libro polo momento, 'Sobre os castros de Ribadeo', presentado hai non tanto tempo neste mesmo lugar.
En canto a Pablo, xa dixen que o que me fixera cambiar de idea sobre a presentación foi a cantidade de información e desinformación na rede. Así, atopeime cun Pablo Mosquera campeón galego coido que de tenis. A cousa sería para para engadir ó curriculum, pero resulta que era na categoría alevín no ano 2004, co que non cadran as contas. E vinme na necesidade de aclaralo, mesmo cando a solapa do libro que hoxe se presenta contén unha relación parcial de feitos relacionados con el.
A quen temos aquí é a Pablo Alejandro Mosquera Mata, de alcume 'Bígaro'. Nalgunha biografía din que é político, escritor e articulista. Non obstante, de profesión, é médico, especialista en saúde laboral, e no seu ámbito profesional ten desenvolvido diversos cargos, entre os que destacan a dirección de Hospital en Vitoria, Burela e Jarrio. E na súa profesión segue.
En política, foi parlamentario vasco por Álava cinco mandatos, e parlamentario foral alavés en tres, tendo impulsado e creado un partido, Unidad Alavesa, do que foi presidente. Do seu paso pola política queda asemade a súa membresía como parte do Goberno Foral de Álava. Abandoou a política activa hai xa perto dunha década para virse dende o País Vasco a Galicia, ou máis en concreto, á Mariña.
En canto ó seu aspecto literario, a parte doutras obras como 'Entre líneas', ten colaborado con numerosos diarios e revistas, sendo ademáis tertuliano en varios medios. Calquera pode telo escoitado de xeito recente en Onda Cero ou leído na Voz de Galicia, o mesmo que pode ter accedido a centeares de artigos seus noutros medios, como El País ou El Progreso, o mesmo que en diarios de ámbeto vasco.
Pero quizáis sexan outros intereses os que nos aproximen máis ó actual libro: retomando ó chegar a súa terra o interese asociativo que o levou a participar na fundación do Foro de Ermua, de igual xeito ten hoxe entre mans ós Aventados, asociación cultural que é con diferencia na actualidade a que máis se está a mover na Mariña, e que non por casualidade terá mañá un dos seus numerosos actos, esta vez en función do poeta Miguel Hernández, ó tempo que hoxe mesmo é o propio Pablo e Alfonso Otero Regal saen nos papeis a conto doutra actividade da asociación mantida mércores en Viveiro. Un só detalle define quizáis esta asociación tan vencellada a Pablo: non hai moito, declarou que é doado ser un 'aventado': chega con ser alguén que ama á súa terra. Ista, na que estamos.
E co citado detalle, coido que queda algo clarificada a traxectoria vital de Pablo, e encarriladas as verbas xusto abondo para ceder a palabra a José Mª e comezar, agora si, a presentación do libro.
--
La cosmología aristotélica, inspirada en Ptolomeo, sobre los cuatro elementos del cosmos, tierra, aire, agua y fuego, no se acabó con Galileo, sino que pervive en el grupo de los Aventados de San Ciprián. Su cabeza visible, Pablo Mosquera, que nos honra aquí con su presencia, se encarga de recordárnoslo a través de este precioso libro que hoy pone a nuestro alcance. Un libro en el que el autor, como buen aventado, rinde tributo a los cuatro elementos que, según Ptolomeo, componen el mundo físico en el que vivimos y del que somos parte. Un mundo que Pablo se encarga de descubrirnos a lo largo de las páginas de este libro. Un libro en el que su autor nos revela bellezas ocultas, en situaciones y cosas, que a los demás se nos esconden.
Nos habla del viento cuando lo oye azotando en la noche los blancos mantos de la Santa Campaña en su recorrido nocturno por las costas del litoral mariñano, por tierras de San Andrés de Teixido o celebrando sus aquelarres en Os Farallóns de San Ciprián, invitada por la Maruxaina.
Nos habla del agua cuando nos cuenta los naufragios de tantos caminantes incógnitos y desconocidos peregrinos que las aguas engulleron en los muchos y trágicos siniestros sufridos en nuestra mar bravía a lo largo de nuestras costas.
Nos habla del fuego cuando con imaginación nos va relatando los destellos luminosos de los hermosos faros que, sin otros indicadores ni señales de tráfico que los guiasen, iluminaban los caminos de las naves que cruzaban el mar frente a nuestras costas.
Se ocupa de la tierra cuando, guiando los pasos de los peregrinos, les va descubriendo los bellos parajes que se esconden detrás de cada recodo de nuestras costas, desde Ribadeo hasta San Andrés de Teixido.
De todo esto y de mucho más nos habla el autor en la primera parte de su bello libro, escrito con una hermosa prosa, imaginativa y cunqueiriana, con la que va guiando a los viajeros y peregrinos hacia los lugares más señeros de nuestra costa britona. A través de estas páginas, siempre nuevas por su contenido poético y su frescura, nos va descubriendo bellezas y cosas que a los demás mortales se nos ocultan.
Yo me imagino a Pablo, sentado a la vera del campo santo de Vares, contemplando la isla Coelleira. Y en ella, esa reliquia de nuestra antigua cultura britona que, allá por el año 540, acogió al primer barco de los britones llegado a nuestras costas, y en donde levantaron el primer monasterio para albergar a Mailoc que llegaba con sus monjes britones para combatir los restos del priscilianismo y las incipientes herejías arrianas importadas por los suevos. Desde ese bastión de la Coelleira saltarían más tarde los monjes, con su abad al frente, hasta San Martín para fundar el gran Monasterio de Máximo, en donde quedó establecida la sede de nuestra diócesis britona, que después de su breve paso por Ribadeo, quedaría establecida para siempre en Vallibria, la actual Mondoñedo. Testimonio de los lazos que unían a esos dos monasterios britones y de esa herencia pasada compartida es la relación de dependencia que ambos monasterios, el de San Martín y el de l Coelleira, mantuvieron a lo largo de los siglos de existencia hasta el siglo XVIII, en la baja Edad Media.
Luego nos va exponiendo el autor, con numerosos y exhaustivos datos y fechas, los avatares vividos por los peregrinos desde el siglo X en su caminar hacia Compostela, guiados por la Via Láctea, que nosotros llamamos el Carro de Santiago. Y llevando de la mano a estos modernos peregrinos, que caminan movidos por una espiritualidad sin religión, en busca de la paz interior y del encuentro con la Trascendencia, el autor los conduce por los caminos de nuestra historia y los recovecos de nuestros paisajes, mientras les va recordando la intensa actividad ballenera habida en los puertos de la mariña. Todo ello adornado con hermosas leyendas que hablan de famosos acontecimientos pasados.
La historia del Marqués de Sargadelos le sirve al autor para dar a conocer al visitante que recorre nuestras tierras mariñanas el primer florecer de la industria de nuestra tierra gallega: la transformación del hierro, del caolín o del lino, la importación y exportación de nuestros productos textiles y agrarios, todo ello bajo el impulso hechicero y prodigioso de la figura del ribadense Antonio Raimundo Ibáñez, 2º regidor del concejo de Ribadeo.
Y no falta tampoco, como no podía ser menos, un recuerdo a la gran labor evangelizadora del hereje Prisciliano a lo largo de la Gallaecia. Un apóstol que, predicando pobreza y austeridad, criticó enérgicamente todo contubernio entre el poder civil y el religioso por lo que tuvo grandes enemigos que lograron su ajusticiamiento en Tréveris, desde donde fue traído y enterrado en algún lugar de la Gallaecia. De todos es conocido el “rum-rum” que circula entre muchos y destacados escritores que atribuyen a la tumba de Prisciliano el origen de las peregrinaciones a Compostela. Un Prisciliano, apóstol de la Gallaecia, de cuya labor misionera dan testimonio tantas ermitas y santuarios escondidos en las zonas agrestes de nuestras montañas, como Santo Estevo do Ermo, y en recodos ocultos de nuestras costas, como San Andrés de Teixido y tantos otros lugares que florecieron en nuestro antiguo reino de la Gallaecia, que abarcaba desde el Atlántico, ocupando toda la tierra de la orilla norte del Duero hasta las Vacongadas.
En resumen, el lector encontrará en este libro el canto de un gallego a su tierra y a sus tradiciones. Un recuerdo a las raíces que lo fueron formando y lo sosotienen y de las que aún se alimenta la Galicia actual.
Y termino felicitando a Pablo Mosquera por su aportación al mundo de la cultura con la aparición de este libro que viene a llenar un vacío en nuestra cultura comarcal y que, sin duda, colmará de placer a todos los que se paren a leerlo, como me ha ocurrido a mi mismo. Como dice Flavio Josefo en sus Antigüedades “importa tanto acertar con un estilo literario que haga placentero lo que se relata, como atenerse a la realidad de los hechos”. Y estas dos cualidades que, según Flavio Josefo debe tener un historiador, las encontrareis en este libro, escrito con un lenguaje culto, pero al mismo tiempo sencillo.
Felicidades al autor por este regalo.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20230220

Deputación Lucense: embustes publicitados. Pablo Mosquera Mata

Deputación Lucense: embustes publicitados

É necesario un cambio de ciclo. O problema non é ideolóxico. O problema ten un triángulo con tres vértices: Orgullo-despotismo-ignorancia. Pero que importa, se para ser membro dunha corporación política non se examina a ninguén, nin se verifica mediante a auditoría final do mandato que fixo cada un ou cada quen. Calquera pode dicir, presumir, asegurar ou mostrar carné, todo para xustificar onde importa que un pertence a esta ou a outra militancia política nas coordenadas clásicas caducas entre a dereita conservadora e a esquerda progresista. Estamos ante un sofisma que se disolvería como un terrón de azucre se sometemos ao pibe ou á chamaca nunha tertulia ou exame á análise científica e cultural do coñecemento que obxectiva tal pretensión de ser ou de estar.

Na Euskadi que padecín e onde case me asasinaron varias veces, todos os nacionalistas eran progresistas; e todos os constitucionalistas eramos do PP-conservadores-inimigos do pobo vasco. Amén.

Algúns deben ter moito medo á verdade da xente. E así sacan a botafumeiro aos medios escritos. Notaches que levamos varios meses sufrindo páxinas enteiras de autoexageración promovida polo Goberno da Deputación de Lugo? Pero, dúas preguntas inocentes. Canto custan e de onde saen os cartos para pagar tal ataque de narcisismo? Chama a atención que a oposición aos mandaríns non lle faga gran cousa. A ver se vai ser certo o que me dixo un xefe dun partido político de Cervo algún día. “Máis vale que non nos metamos cos que mandan, porque despois imos necesitar nós quen nos axude.” ¡Colle castaña!

Pero por alusións. 

1. Na propaganda dos cartos concedidos “xenerosamente” ao Concello de Cervo inclúen a Asociación Cultural “OS AVENTADOS”. Non hai tal. Ademais, foi con resentimento. Nalgunha ocasión concedeunos unha cantidade pero despois fíxose todo o posible e o imposible para que non puidésemos cobrala. É máis, cando vin o manexo que se traía dende a Concellería de Cultura á Intervención, solicitei varias veces instrucións para adaptar as facturas ao seu criterio. Cada vez contábanme unha película diferente. Canseime de tantas viaxes a Lugo e á función pública no Pazo situado en San Marcos e pedín entrevistas á Deputada de Cultura e á Intervención. Aínda estou esperando unha resposta. 

2. Gustaríame saber se cos cartos non entregados a asociacións culturais como Os Aventados organizaron outros eventos ou desviaron os devanditos fondos para outros fins. 

3. A metodoloxía imposta polos convocantes das subvencións á cultura é de tal complexidade que moitos renunciamos a pedir calquera cousa xa que entre o chiste das facturas e o máster que hai que facer para chegar ao coñecemento en liña do proceso en Contacto coa Deputación de Lugo, declarámonos insubmisos e en dereito a facer campaña contra estes mandaríns pailáns vestidos de domingo mellor con asento quente no antigo Hospital e despois Instituto da Cidade de Murallas. Pero por favor. Non nos insulten cos seus embustes publicitarios.

Pablo Mosquera Mata

20190415

15 de abril

Esperanza Pérez Camba, recitando unha poesía propia no acto da República en S. Cibrao.

Onte foi a comida anual de Os Aventados. Como é tradicional, celebrouse unha entrega de premios, que logo referirei. Pero, antes, houbo unha homenaxe á xente que defendeu a República. Porque onte, 14 de abril, foi o aniversario da proclamación da II República Española.
A ese acto, a entrega de flores ó mar en San Cibrao co Himno de Riego (que foi acompañada por algún particular co afundir simbólicamente un real, 25 céntimos das antigas pesetas, no mar) non foi o único celebrado na contorna, nin moito menos. Por exemplo, en Ribadeo, consuminuse a noite do día 13 unha cea con abondos anos de tradición co mesmo motivo.
Isto, no 2019, en espera paciente de que a monarquía volva deixar de selo oficialmente neste estado no que vivimos no que desprestixiada, xa está. Isto, na fin de semana na que comeza a campaña para as eleccións xerais do Reino de España no medio dun desprestixio da política no que tentan cazar as ultradereitas ultramontanas. E isto nun día no que contrasta coa festividade relixiosa, Domingo de Ramos, que da comezo á Semana Santa, hoxe centrada nos movementos económicos e non espirituais. E é que parece que neste tempo nada é o que é.
Por iso, como alternativa social a unha política que pasou por mellores tempos (pero que teremos que reconstruír entre todos se queremos ter futuro) remato cuns premios humildes, os entregados na comida dos Aventados.
En positivo,
Árdelle o eixo:
Tripulantes do Pesca II e tripulante da lancha de salvamento marítimo
Labor social:
Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña
Toda unha vida:
Andrés Díaz Ferro, práctico e capitán da Marina Mercante
Labor social:
Vicente Míguez Salgueiro, profesor e activista social
Baleeiro de San Cibrao:
Andrés Díaz Ferro
Aventado de Honra:
Román Ventoso ,torreiro do Faro de Puntra Atalaia
Premios á Calidade:
Mesón La Ría de Viveiro
Ceferino Expósito Rodríguez (Pub Brunos - S. Cibrao)
O Burelo Foz S.L.
En negativo,
Árdelle o carro:
Augas de Galicia (que quedou en mans da asociación ó non pasar recollelo)

20160102

Faros, artigo de Pablo Mosquera

Pásame Pablo Mosquera o texto e imaxe seguintes, cunha introdución:
A defensa dos faros é un dos obxectivos que nos temos proposto, ao menos tres colectivos: Os Aventados, O Tesón, Seminario de Estudos Terra de Viveiro

Los que nos hemos criado en la costa más al norte de la Hispania Romana sabemos de la importancia que tuvieron las enfilaciones para los mareantes. Saber dónde estaban, conocer lo que la mar ocultaba en sus fondos, manejar aquellos, hermosos y simples, instrumentos para navegar, pero sobre todo, tener referencias desde tierra a la mar: Quizá por eso, las primeras cartas marinas se dibujan de mar a tierra. 
 Las gentes de la costa necesitan vivir de la mar y por eso se preocupan y ocupan de iluminar la franja marina. Los puntos más salientes y elevados son vigías permanentes en los que a la falta de luz solar responden con hogueras o fogatas, tal como refiere en su introito Pedro Vinué Beltrán, en su obra Alumbrado Marítimo de 1898, dónde apunta directrices para el conocimiento de los aspirantes a ingresar en el Cuerpo de Torreros de Faros. 
 Los Faros de: costa, puerto y enfilación, se clasifican en seis órdenes, en razón del alcance que ofrece sus aparatos lenticulares capaces de lanzar un haz de destellos lumínicos hacia la mar. 
 Previamente, en 1858, se hace realidad el Plan General para el balizamiento de las costas y puertos de España e islas adyacentes, aprobado por Orden del 30 de Junio de ese mismo año, tras el trabajo de la Comisión creada por Real Orden en septiembre de 1854, y que desde las Cortes impone dicterios al Ministerio de Fomento. En tal disposición se hace mención de una magnífica obra -un clásico de la navegación- "Guía de los marinos o descripción de todos los faros" publicada en 1829 gracias al trabajo de Coulier. También se menciona, como causal, las llamadas de atención que desde Francia e Inglaterra se hacían al reino de España, dada la ingente cantidad de accidentes provocados por la peligrosidad de nuestras costas- especialmente las gallegas- para el tráfico de buques, y así en 1847 la Corona de España, reacciona y promueve lo que antecede. 
En el trabajo publicado en 1859, por la Dirección de Hidrografía, bajo el título Faros de las Costas de España, se describen los vigías existentes en la costa norte desde Cabo de la Higuera en Fuenterrabía, y al llegar a la Galicia Cantábrica, sólo hay dos torres; Isla Pancha y Estaca de Bares. 
Si algo caracteriza el inigualable paisaje gallego son sus faros, por su emplazamiento, su historia que se puede repasar leyendo el cuaderno diario del Torrero, y desde luego el conjunto mágico que forman, desde la mar o desde tierra, unos edificios singulares con la torre que se comunica con la noche del marino. 
Debería ser indisponible su uso privado. Son patrimonio de la humanidad. 

O seguinte mapa, de 1847, o 'Plan xeral para o alumeado marítimo', no que se ve o proxecto para Illa Pancha, pode ampliarse premendo:

20160609

E mañá venres, táboa redonda aberta a toda a cidadanía: Faros, patrimonio da humanidade

A falta de poñer aquí mesmo unha presentación-resume relacionada coa illa Pancha, deixo a convocatoria do acto 'Faros, patrimonio da humanidade', que terá lugar mañá ás 20 horas na Casa das Letras de Ribadeo (e que terá continuidade en Viveiro máis adiante)

Faros: Patrimonio de la humanidad


Objetivo.
1. Crear y movilizar, la conciencia social de los ciudadanos, sobre sus derechos. En democracia, los partidos políticos son tan sólo intermediarios entre el poder popular y el poder de las Instituciones Públicas. Los Gobiernos administran y los ciudadanos siguen siendo los depositarios del poder, los derechos y el patrimonio.
2. Galicia no puede ser objeto economicista de un modelo capitalista, capaz de vender lo que pertenece al pueblo.
3. Democracia, no es sólo votar cada cuatro años. Es participar. Ser consultado.
4. A Mariña, antigua provincia de Mondoñedo, cuenta con la costa más al norte de la península Ibérica. Su paisaje, sus elementos naturales, sus edificios históricos, son santo y seña de identidad y un preciado valor sobre el que no caben actuaciones mercantilistas.
5. Los faros son auténticas "catedrales de la costa". Su emplazamiento, arquitectura, historia o leyendas, relación con la mar, estética desde tierra, aire o mar, conforman un conjunto de hechos a los que no se puede aplicar "gestión" privatizadora, a inventario de un turismo arbitrario, basado en pelotazos y carente de respeto con la cultura y nuestras tradiciones marineras.
Método.
Mesa redonda mediante la fórmula de un moderador-provocador que pone sobre "la mesa" una serie de preguntas a los participantes y abre el debate entre tales y el público asistente. Al final, se elaboran conclusiones que se hacen públicas.
Se procurará, ser concisos, para que haya muchas intervenciones y se genere un ambiente de máximo interés por el asunto en defensa de nuestros faros, lo que no significa que seamos reaccionarios y dejemos caer unas señales marítimas que por avances tecnológicos, han sido superadas; pero que pueden y deben ser el continente de actuaciones socio culturales que formen parte de la oferta cultural a la ciudadanía.
Cuestionario.
¿Desde la historia, podemos considerar a los faros como edificios singulares integrados en el paisaje de la Galicia costera?
¿Qué relación identitaria hay entre Illa Pancha y la Ría de Ribadeo?
¿Qué formulas deben adoptarse para decidir el uso, disfrute y adecuación de los faros teniendo en cuenta los cambios que se han producido en los procedimientos de comunicación para la navegación marítima?
¿Qué está pasando con el faro de Illa Pancha?
¿Es el Ministerio de Fomento dueño del Faro de Illa Pancha y disponible para decidir su futuro en el marco de la hostelería?.
¿ Cómo es posible que Medio Ambiente y la Delegación de Costas puedan permitir determinadas actuaciones en Illa Pancha?.
¿Hay alguna relación economicista entre el fenómeno de Auguas Santas- Las Catedrales- y lo que se pretende hacer en el faro de Isla Pancha?. ¿Puede tratarse de una acción privatizadora de un espacio patrimonio de la humanidad?.
Constitución de la mesa redonda.
Antonio Gregorio. Profesor. Activista de O Tesón.
Xoán Guerreiro Vázquez. Licenciado en Bellas Artes. Artista plástico perteneciente al movimiento denominado de la "pintura realista".
Una representante de la ciudadanía, aun por determinar, será una dama comprometida en la defensa de los derechos de Galicia como pueblo y Comunidad con Derechos Históricos.
Moderador:
Pablo Mosquera. Médico. Escritor. Coordinador de el colectivo cultural Os Aventados.
Cita.
Viernes 10 de junio del presente 2016, en La Casa de las Letras de Ribadeo, a las 20 horas. Abierto a todo el público.

20161121

Naufragios y faros. Artigo de Pablo Mosquera



Hubo un tiempo en que el oficio de mareante representaba un destino con dos temibles citas: el medio marino: salado y húmedo, capaz de provocar un envejecimiento prematuro en hombres que se hacían a la mar con edades muy tempranas; temibles cambios de mar bella a temporales capaces de estrellar los buques contra arrecifes, en una historia interminablemente dramática.
Viernes lluvioso y ventoso. Emprendemos viaje a la punta marina más al norte. Llegamos al mágico lugar de Bares. Nos espera nuestro amigo Eugenio Linares Guallart. Me anunció que había escrito un libro dónde se recogen sus descubrimientos arqueológicos. Y es que, este ovetense, con más de treinta años en el majestuoso Faro para La Estaca de Bares, es un personaje de novela.
Con las últimas y tenues luces del atardecer otoñal, subimos por la escalera que fundieron en Sargadelos. Mis acompañantes, Aventados, un sanciprianés viajero con probados dotes para el teatro, y un hijo de la ciudad del Landro, pescador y cazador, amante de la historia del tango. Nos juntamos en ese lugar que está sólo al alcance de unos pocos mortales. La linterna del Faro más al norte de la Península Ibérica, justo donde se cruzan las almas de los pecios y marinos que naufragaron entre Atlántico y Cantábrico. Luego, Eugenio, cargado de nostalgia, se detiene ante los modernos instrumentos que permiten saber todo lo que está pasando en esa autopista infinita que es la mar. "¿Qué va a ser de los faros?. Mientras la luz que hemos visitado alcanza 30 millas, esta señal por satélite alcanza más de doscientas."
Nos reunimos en torno a una mesa de una estancia con gruesas paredes graníticas. Buen vino, excelente queso de Arzúa, y desde luego chorizos del país. Todo lo necesario para una tertulia entre gentes "antiguas", por seguir siendo alcaides del patrimonio de la humanidad, en este caso, una Catedral de la costa. Un faro construido en el siglo XIX, pero causalmente, ya que hubo, antes, otros tres faros del mundo antiguo, para orientación de mareantes: griegos, fenicios, romanos, normandos...
Estamos pisando un lugar sagrado. Desde los muros de un Castro celta romanizado, hasta una villa romana, y desde luego, el puerto de refugio de toda suerte de naves, en su discurrir por la mar. Cerca, a nuestra vista, la isla de la Coelleira, aquella con Monasterio que cobraba diezmos y primicias a los balleneros de Bares. Aquella desde la que, en noches de plenilunio, la Santa Compaña de los Templarios, se desplaza hasta la Igresia Bella en la playa de la Concha, para cantar salmos a los enterrados tras una cruenta batalla.
Hace su aparición una guitarra con historia cubana. Eugenio nos hace partícipes de sus composiciones, para la soledad o para la compañía, en torno al animal fuego. Todos cantamos, al viejo estilo de aquellos personajes de la tripulación del capitán Flint o Jhon Silver El Largo. Estamos a punto de embarcarnos hacia la Isla del Tesoro.
Un tesoro que consiste en la defensa de nuestros faros, Santo Grial en la historia de la navegación. De esto, les prometo que hablaremos este miércoles 23 de noviembre, en el centro Social de ABANCA de Viveiro. Sin faros, no volverán a existir personajes como Eugenio El Torrero de Bares... Tito de Erundina o Eugenio Del Valle.

20181111

Da presentación do libro Islas san Cyprianus: orgullo y patrimonio

Escudo de Laracha, con balea. CC-by-sa 4.0. Autor, SanchoPanzaXXI, collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Escudo_de_Laracha.svg

1.Algunhas cousas collidas ó vóo na presentación do libro Islas de San Ciprianus: orgullo y patrimonio, do que dixo o seu autor, Pablo Mosquera:
-'Son un produto do sector público'
-Sobre San Martiño de Mondoñedo: servir para o culto, servir para a cultura
a costeira da balea estendíase do Samaín á primavera, con fontes acreditadas dende o século IX
-Pola nosa costa non hai heráldica con baleas, como no País Vasco. Excepción: Caión, a Laracha.
-A escaleira do faro de Estaca de Bares, feita en Sargadelos. 
contra ilustración, reacción (como algo histórico, aínda que para ilustrar o caso de Raimundo Ibáñez)
-A industria de Sargadelos como promotora de intercambios no Cantábrico.
-1875: cae Sargadelos, hai hambruna, emigración...
-Ruth Matilda Anderson: retratos sen nome e apelidos, pero con callos nas mans, e grazas a ela, con imaxe na historia.
-Galerna do 61: 30 mortos en Celeiro. Barcos mercados de segunda man ós vascos e orixe do programa de renovación da flota.

2.Apuntes / Guión para a presentación do libro de Pablo Mosquera “Islas de San Cyprianus: orgullo y patrimonio”(A. Gregorio)
 Algo previo:
* A presentación ha ser do libro ou do autor? Coido que máis do autor, pero, como a presentación foi un encargo, mais a lectura, un pracer, vou deixarme levar e farei un mix, dicindo algo tamén sobre o libro.
* Galego ou castelán? Xa elixín. Entre nós soemos falar en galego, e o libro ten intervencións alleas a Pablo, todas en galego.
 Quen é o autor? Pablo Alejandro Mosquera Mata. Bígaro. Podo ler a súa entrada na Galipedia, que comecei eu, mais iso pódeo facer calquera cando queira.
 É alguén que fai bandeira da reivindicación da Provincia de Mondoñedo. Mariñano, mindoniense, consciente da diócese de Britonia (que lle descubriu José María Rodríguez). Pueblerino cidadán do mundo. Emigrado como estudante, retornado como experto e con remate profesional como sinxelo médico de familia a Cervo, retorno ás orixes completando un ciclo vital e emocional. Para min, non sei ben por que, non lle queda lonxe a figura de Prisciliano, aquel que hai quen di que pode estar oculto nun cadaleito en Santiago pero é descoñecido para case todo o mundo aínda sendo moi visible (se é certa a lenda)
 No libro, hai unha referencia de Carlos Nuevo Cal a Macondo. San Cibrao, e por extensión, a Mariña e a provincia de Mondoñedo serían ese Macondo de realismo máxico para Pablo, realismo documentado, máxico por imaxinación.
Médico e escritor, ten levado unha vida densa que foi dando lugar a sucesivos libros coa expresión da sociedade e da realidade de san Cibrao e mariñá. Dirixiu 5 hospitais, ganou 4 oposicións (desto entereime procurando datos), xogou ó fútbol (conste que eu nunca vin tal) ...
 Dáme certa envexa a súa conciencia de pertenza. Eu, síntome pero en comparación con Pablo non actúo de xeito consciente, con memoria privilexiada da xente, dos lugares, unha memoria e unha vida rica en lembranzas.
 Apreza os museos, pero non está ancorado no pasado, senón en hoxe. Cos pés na terra, na terra mariñá. Coa cabeza no ar, no ar que ven do mar.
 Pablo é capaz entre outras moitas cousas, de ser tertuliano, escritor, médico, amigo, político, guía do museo do mar ou guía dos Aventados. Pode que a clave, ao menos en parte, sexa o título do último artigo que ten publicado, “Escoitando sempre se aprende”. E logo, pensando.
 Na ‘Sonrisa Etrusca’, José Luis Sampedro fala dunha persoa maior que era sonsacada por un estudante para un estudo etnográfico. O estudante sabía que o home inventaba historias, pero non lle importaba: nas historias que inventaba ía tamén o seu ser, pasaban a ser reais. Algo así sucede con este libro, polo demais, documentado como se pode ver nas referencias ou sentir nas historias.
 E entón, o libro?
 O libro é a súa terra, as súas xentes, o mar, a saúde que non pode esquecer, sentado na historia que quere lembrar, de Prisciliano ó Casón, De Erundina a Rivera Casás, da Maruxaina a Ibáñez... como base de todo o demais.
 E Ribadeo? Si, tamén está no libro. Por xeografía. Por por xente. Por mar. Por terra. Por historia. Por Pablo

20190701

Feira do libro Ribadeo 2019: Letras no campo

Axustar que o domingo, na mesa redonda, estaremos Pablo Mosquera, da Asociación Cultural Os Aventados, Dores Abel, da A.C. Paco Lanza, alguén representando a A Pomba do Arco e Antonio Gregorio pola AVV O Tesón.


A feira do libro, na nota do concello.
Posterior:
Inauguración.

20180528

Celebración do aniversario de José Mª Rodríguez Díaz

AVV O Tesón
20190528
Nota de prensa
Celebración do aniversario de
José Mª Rodríguez Díaz
Conforme foi anunciado, o próximo sábado 2 de xuño, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro ‘José Mª Rodríguez Díaz, in memoriam’, que recolle dúas obras súas, ‘Semblanza de un guerrillero: Luís María Trigo Chao (“El Guardarríos”)’ e ‘Don Secundino Martínez Montenegro (“O Cura Vello”, de Ribadeo)’ xunto con textos introdutorios á súa vida e unha relación de artigos dos seus últimos anos.
Na presentación haberá unha mesa redonda sobre a figura de José María, na que participarán Marta Rodríguez Sampedro, a súa filla, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, José Antonio Ares Taboada, veciño da comisión da Residencia de maiores, Pancho Campos Dorado, presidente de O Tesón, e Pablo Mosquera Mata, presidente dos Aventados.

20130405

Disquisicións de mañá

A estas horas da mañá, o vento zoando anuncia outro día desapacible, concordando non só coa negrura que se observa, e polo tanto, coas nubes que invisibilizan as estrelas, senón tamén co termómetro na zona fría e cos prognósticos feitos estes útlimos días e aventados nos medios. Frío, vento, choiva, acompañarán de novo o decorrer diario de Ribadeo e as súas xentes, na tónica de este aínda inverno meteorolóxico, que xa non astronómico.
Mentras pían algúns paxaros que se atreven contra o vento, parece que diminúe o vendaval, sen lograr que as nubes deixen pasar os primeiros raios.
Imaxinación e literatura poden pintar a negrura diaria da temperie e quitar un pouco da zozobra social que impregna as persoas inmersas na crise que con diversos calificativos sufrimos. Imaxinación e literatura, as mesmas que durante tanto tempo ocultaron a situación de desposesión material, espiritual ou de dereitos, e que o seguen tentando a pesares da proliferación atacante que non deixa centrarse nun caso pois brotan outros como cogomelos en sazón, desviando a mente do importante e da estrutura xeral, case perdida na merda. Mellor unha boa novela e imaxinar a realidade? Os universos paralelos poden ser un bo refuxio temporal se se sabe a que realidade hai que regresar e cla é a que necesitas reformar. Condicións que hai que encher antes de marchar onde hai que regresar.
Deixo aquí, e regreso ...

20100511

Nota de prensa de O Tesón sobre a presentación dun libro de Pablo Mosquera


AVV O Tesón
Nota de Prensa
Presentación libro Pablo Mosquera

Co gallo da recente aparición do libro de Pablo Mosquera 'Senderos para el viajero', a Asociación de veciños O Tesón, en colaboración coa Asoc. Os Aventados e coa Casa das Letras de Ribadeo, propicia un acto de presentación do mesmo o venres 21 de maio ás 20:30 horas.
No acto, que terá lugar no salón multiusos da Casa das Letras de Ribadeo, tomarán a Palabra o autor, Pablo Mosquera, que falará sobre as interioridades do libro, así como José Mª Rodriguez Díaz, que previamente encadrará o tema, e o moderador do acto.
A entrada é libre e gratuíta, coa única limitación do espazo dispoñible.
Ribadeo, 11 de maio de 2010.
P.S.: Acompáñase imaxe da portada do libro en ficheiro adxunto.
Ligazón á nota orixinal.

20180603

Presentación do libro e mesa redonda: José María Rodríguez Díaz

Presentación do libro e mesa redonda: José María Rodríguez Díaz
 
    Onte domingo no salón de actos da Casa do Mar tivo lugar a mesa redonda e presentación do libro 'José María Rodríguez Díaz, In memoriam'. A poucos metros, no mesmo edificio no que traballou durante anos no Instituto Social da Mariña.
    O acto desenvolveuse como estaba previsto: fun presentando ós participantes na mesa, ó alcalde de Ribadeo, a José Antonio Ares, unha das dúas persoas que acoderon a José María  e coas que comezou o proceso para lograr a residencia, participante na plataforma veciñal e na comisión oficial, a Pablo Mosquera, presidente dos Aventados e colaborador con José María en diversas ocasións, a título persoal ou a traverso das asociacións, a Pancho Campos, presidente de O Tesón, sociedade na que José María deixou impronta, pasando boa parte dos seus últimos anos na directiva, e a Marta Rodríguez, que como filla de José María non necesitaría doutras credenciais para estar na mesa. Interviu tamén, de xeito extraordinario Sabela Martínez, filla de Antón Aneiros, gran amigo de José María.
    Cincoenta persoas atenderon ó acto, no que se resaltaron aspectos diversos da persoa que foi José María. Non se tratou dunha homenaxe, de honralo, que era honrado xa de por si, senón dun acto de lembranza, de cariño e de recoñecemento un ano despois do seu pasamento co motivo da presentación dunha obra inédita, que inclúe dous libros, sobre 'o gardarríos' e a 'versión Ribadeo' que el deixou preparada da súa obra sobre 'O cura vello', xunto con aproximacións a José María de diversas persoas e un listado de artigos publicados por el xa no século XXI.
    Na mesa redonda destacáronse cousas como a súa adicación ó interese público, amosada unha e outra vez, ó tempo historia interminable e interminada da súa vida, prolongada en diversos detalles como se viu na mesa, e no caso particular da residencia de anciáns ribadense, interminable dende hai xa abondos anos, e non rematada pero próxima a estalo na actualidade. Saíu a colación a cita de Platón 'necesitamos que os nosos dirixentes sexan cultos e decentes', algo ó que José María empurrou suavemente ós políticos, ó tempo que lles amosou o camiño como dirixente veciñal, como un home incómodo, e máis incómodo por ser máis culto. Tamén, a residencia de maiores como dereito, non como doazón xenerosa dalgún poder; dereito que houbo que lembrar por medio mesmo dunha manifestación á que se convocou ó pobo de Ribadeo. Quedou claro que José María devolveu á sociedade o que a sociedade lle deu: estudos diversos, si, cunha base sólida, pero tamén un ímpetu que dentro das súas forzas convertiu en social. E lembrouse tamén que, de estar entre nós, seguiría a 'poñernos deberes' para facer un mundo mellor.
    O acto, de algo máis dunha hora, cerrouse coa foto de todos os participantes que o quixeron, incluídos na mesa e na sala de butacas.
    O libro xa está a venda, e coincide que en tres semanas haberá unha xornada sobre Luís Trigo, 'o gardarríos' en Mondoñedo no que a bon seguro José María terá participación.
De esquerda a dereita na foto, José Antonio Ares, Pancho Campos, Fernando suárez, Marta Rodríguez e Pablo Mosquera.

Parte da sala durante o acto.

 Obras de José Mª Rodríguez

20161115

Esos faros tan nuestros. Pablo Mosquera Mata



Determinados monumentos religiosos o civiles, siempre serán patrimonio de la humanidad. La Administración, civil o religiosa, responde ante el pueblo de su conservación y traslado a las próximas generaciones. Ni la Iglesia es dueña de las Catedrales, ni el Ministerio de Fomento es dueño de los faros.
Mi segundo libro -agotado- se titula "Caminando entre faros". Lo escribí tras la "Negra Sombra" del chapapote en aquel noviembre del 2002, cuando un viejo petrolero, mandado por un viejo lobo de mar, sufrió una vía de agua, así como órdenes y contra órdenes, desde tierra, por la autoridad incompetente. Tras aquella nefasta agresión a nuestra costa -patrimonio de la humanidad- muchos volvimos a sentir la presencia de esos maravillosos vigías situados en lugares mágicos, estratégicos para el marino, columnas al más puro estilo del encargo que desde el Olimpo le hicieron a Hércules; y desde luego, Catedrales de la mar, ya que produce el mismo efecto, en el viajero, avistar la Catedral de Compostela que avistar el Faro de Finisterre o el de La Estaca de Bares.
Si alguien quiere saber de faros gallegos, le recomiendo "Faros de Galicia". Una magnífica obra publicada por la Fundación Caixa Galicia, cuyos autores: Jesús Ángel Sánchez García (escritor), José Luis Vázquez-Iglesias (fotógrafo) y José Manuel Yáñez Rodríguez (cartógrafo y dibujante), nos describen exhaustivamente, por tierra, mar y aire, la historia y presencia inmortal de nuestros 28 vigías de la costa coruñesa, 6 de la pontevedresa y 4 de la Mindoniense-Lucense. Pero también, hay espacio para balizas, señales de otro orden y antiguos faros superados por los modernos a consecuencia, en algunos casos, de graves accidentes marítimos -Cabo Vilano-
Los faros son un tratado de arquitectura tradicional gallega, una muestra de la conjunción entre atalayas e ingeniería, pero siempre, la respuesta a una forma de vivir pendientes de las vicisitudes de la mar. En cada faro hay un "ángel de la guarda", en cada faro hay un haz de luces para la esperanza, en cada faro se perciben las sombras y las huellas de familias, como la de Román Ventoso o Daniel y Marisa, que compatibilizan hogar con servicio público.
El próximo miércoles 23 de noviembre, en la ciudad de Viveiro, en el centro social para mayores de ABANCA, con el título "La Ruta de los Faros", Os Aventados, organizamos una tertulia abierta a todo el público, con la participación de Roque Antonio Fanego- artista plástico y poeta- ; Antonio Gregorio -profesor en IES de Ribadeo y miembro del colectivo cultural O Tesón- Eugenio Linares Guallart -Torrero de Bares y escritor-, que será moderada por Pablo Mosquera "Bígaro".
Nos enfrentamos con dos noticias. La buena: se han incrementado las medidas de seguridad y comunicación entre las costas y los buques, la luz del faro la han sustituido por el GPS. La mala: alguien parece tener la tentación de vender los faros a la iniciativa hotelera, promoviendo cambios en sus históricas estructuras y convirtiendo su espacio en recintos privados. El pueblo, dueño y señor del patrimonio histórico, artístico y cultural, algo tendrá que decir. ¡Verdad!.

20200327

Non é un venres calquera. por Pablo Mosquera

Don Ramón, ante unha librería

   Como todas as mañás e seguindo o que aprendín, primeiro que fago é comprobar desde a miña terraza como está a mar e de onde vén o vento. Facíao sendo un neno naquel Miramar, acompañando ao meu tío Manolo de Rego. Entón non había muro na Anxuela e a vista alcanzaba ata os salseiros nos Farillóns.
   Hai vento mareiro e maruxia. Marzo é un mes caprichoso. Con boas mareas -marcelinas- que devolven as areas ás nosas praias de mica e caolín. Nótase ese cheiro característico do iodo que nos perfuma a pel curtida desde unha infancia sempre ao aire libre.
   Pero, que dixen? Téñennos confiscado o aire libre, os paseos polas praias, a cita cos amigos nas cantinas portuarias, o faladoiro no Coto e no Lugar. Ou acudir libremente a eses recunchos máxicos dunha cidade horizontal: desde a Alameda dos Remedios, pola rúa do Bispo Sarmiento ata a escultura que realizou o meu amigo Juan Puchades, ao gran Álvaro Cunqueiro. Para logo cursar visita a Os Muiños e degustar viño e faladoiro na Taberna do Valeco. Así é a inmortal Mondoñedo.
   Tampouco poderei ir a Vila do Landro. E ó peor, debo renunciar a esa tarde-noite en que co meu amigo Aventado, Eugenio Do Val, facemos a "peregrinación" por Galdo, botando un cantarín en "Casa Eladio" mentres saboreamos eses incomparables torreznos. Para logo visitar ao noso querido Enrique do Asador, onde o faladoiro acada niveis moi elevados con debates sobre a fiscalidade e a produtividade ou as inxustas formas de tratar á pequena empresa familiar. Como de costume poder saudar a Juan Carlos Neira, Salvador Serantes e aquel gran porteiro do meu S.D. Compostela xuvenil, Domingo, fiel ao clube do Bernabéu.
   Non podo achegarme a esa Vila Mariñeira de Foz, onde o gran Suso dirixe un diario faladoiro composto por artistas Aventados. Nin podo visitar a Anxo Rivas, que desde Foz, cumpre a misión de informar, entreter, facer compañía ás nosas xentes, incluídas as tripulacións de baixura. Sempre a radio como compañeira...
   Chamarei aos meus amigos-irmáns. Sito Otero Regal, que non sabe parar. Que segue creando beleza con terras, auga e lume, á sombra de Valdeflores. Ou Carlos Novo Cal, con quen comparto tantas vicisitudes, utopías e pensamentos para facer unha Galicia, libre, xenerosa, autosuficiente. Por certo, dáme noticias de Madrid, grazas ao contacto que mantén e coida cos descendientes de Maruja Mallo. E é que o noso Cronista nunca foi oportunista dunha data. Sabe render culto á máis nobre e leal, causa. A amizade.
   Pero este venres é diferente. Día sinalado para recordar ao Teatro. E aprovéitoo para repasar o groso tomo que me regalou Don Manuel Fraga coas obras completas de Valle Inclán. Títulos para soñar cun mundo mellor. E poñernos en paz connosco mesmos: "Tirano Bandeiras". "Tablado de marionetas para educación de príncipes". "Memorias del Marqués de Bradomín -Sonatas de estío, primavera, outoño e invierno-". "Retablo de la avaricia, lujuria y muerte". "Gerifaltes de antaño. La España tradicional"... y desde luego, con esperanza, "Cuento de abril".
   Cando todo acabe, prometo regalarlle aos meus amigos, o poema de Kipling: "Home". É un dogma para o comportamento desde sempre e para sempre. E mentres tanto, quede constancia que aos recordos e aos soños non os poden confinar...

20230521

Onde era e é o final dunha vida. Pablo Mosquera

Onde era e é o final dunha vida

Hai uns días tiven unha chamada da Facultade de Humanidades do Campus Universitario de Lugo. Hai un libro e unha visita pendente. Todo pola lembranza daquel cabaleiro e amigo AVENTADO que quixo quedar con nós para sempre, dende a Rectoral de San Martiño ata o cultural Sargadelos onde tivo unha magnífica exposición da súa obra pictórica "El Quijote y los Derechos Humanos". Juan Queralt, cuxas cinzas entre versos e música repousan nas augas do vello encoro construído para arrefriar os primeiros fornos de fundición da Península Ibérica.

As Humanidades aínda son un espazo case metaverso para algúns de nós. Esta vez teño dúas preguntas que me producen inquedanza intelectual. Ambas sobre o final da vida, antes e agora. Medramos como mariñáns nunha sociedade que mantivo os nosos maiores nas súas casas ata o final. Do mesmo xeito que cando isto ocorreu os seus restos repousaron nun panteón do cemiterio que corresponde á parroquia e ó que podemos acudir para lembralos ou para repasar aquelas sagas familiares que en tales lugares están representadas entre as pedras ou mármores dos mausoleos. O máis bonito, polo menos para min, está en Mondoñedo.

Hoxe case non é así. E os nosos sucesores non poderán facer tales visitas. Os anciáns son ingresados ​​en residencias e a cremación é o método empregado para eliminar os restos humanos que eran corpos familiares. O debate non está aquí nin se espera. As residencias son un espazo sociosanitario para atender os últimos anos do noso pobo despois dunha vida que de seguro sentou as bases da nosa. A cremación é unha fórmula que tras un curto período nun tanatorio fai desaparecer o corpo do falecido, converténdoo en po que as xeracións vindeiras nunca poderán lembrar, xa que ata fotografías antigas foron usurpadas por aquelas imaxes temporais na memoria dun teléfono, do que máis cedo que tarde nos desfaremos.

Boto de menos foros para a reflexión. Boto de menos preguntarlle á xente onde quere vivir. Boto de menos o respecto como núcleo fundamental da convivencia interxeracional. Boto de menos saber calar, saber escoitar e saber falar, en tertulias cos nosos maiores. Boto de menos a tradición oral. Boto de menos investigacións sociolóxicas sobre o noso pasado que vaian por camiños diferentes que esa memoria histórica ou democrática. Boto de menos as aulas de adultos para dar unha segunda oportunidade aos que teñen tempo para aprender e así evitar a soidade. Boto de menos os vellos oficios que os veteranos deberían ensinar aos novos aprendices. Boto de menos o espírito de sacrificio que tiñan os nosos maiores e que agora é visión a curto prazo e ensimismamento cun Smartphone. Boto de menos as humanidades como centro de coñecemento con respostas a moitos dos problemas actuais. E é que unha parte moi importante das solucións están na historia. Polo menos para non repetir os graves erros.

Se teño que ilustrar o anterior, prefiro esa visita ao Complexo Regal Xunqueira. Alfredo Llano e máis eu fomos testemuñas dunha conversa entre obras de arte, que mantiveron os dous premios nacionais de artesanía. Juan Queralt e Sito Otero Regal. Todos AVENTADOS.

Pablo Mosquera

20190708

O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura

Onte tivo lugar a mesa redonda "O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura", celebrada na antiga oficna de turismo dentro dos actos da feira do libro 2019, en Ribadeo, 'Letras no campo'. Nela participamos Neves Paz como coordinaodra, e a representante da A.C. Francisco Lanza, Dores García Abel, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata, e de O Tesón, Antonio Gregorio Montes. Esa mesma orde foi a de constitución das diferentes sociedades, respectivamente, 1971, 1974, 1996 e 2003, pasando a falar en orde inverso diante dun escaso público, que si participou interactuando na rolda de preguntas, que tivo que ser rematada polo peche da feira.
A totalidade da mesa redonda está recollida nun episodio do podcast ribadeando, e é difícil de resumir, pois cada quen enfocou o tema de xeito moi diferente. Alí saiu a historia de diversas publicacións, os problemas da edición, en particular la actualidade, co sistema privado de ISBN e o empuxar ás asociacións a convertirse en empresas ou facelo fóra da lei, a mercantilización da cultura e a navegación das asociacións por tanto por un mundo no que non sabemos movernos, pode que porque non nos guste o sistema, o por que de abuso de temas que se querería deixar, a existencia de catro cronistas na Mariña e a súa relación coa cultura, a poboación envellecida que vai mermando, a reclamación de actuación das institucións, a asunción dos cambios legais por parte das asociacións, as subvencións e a súa implicación, a distribución das publicacións, a petición de achegamento institucinal á Mariña, ... e moitos outros temas, entre a desilusión e a emoción, mais tratados con serenidade.

Reflexións posteriores.

20210725

A Prisciliano poño como testemuña. Pablo Mosquera

 A Prisciliano poño como testemuña

Non importa retroceder ata o século IV. Non comparto que o sinalasen como herexe e lograsen facer abxurar aos seus moitos seguidores. Non importa que ata o seu cadáver decapitado en Tréveris, tras unha celada disfrazada de Sínodo, tivese que regresar á súa Galicia de forma clandestina, oculta, entre as sombras da noite e guiándose polas estrelas. Importa o que dixo Don Miguel de Unamuno en sé catedralicia compostelá. "O sepulcro de Santiago o é de toda España, pero quizais repouse nel Prisciliano". Ou como o describe Sánchez Dragó: "Prisciliano parece un druída. Paréceo polo seu aristocrático modo de filosofar, pola súa devoción á natureza, polas súas metáforas e adxectivos, polo seu estoicismo non exento de impulsividade, pola súa vida cotiá e polo seu distanciamento que en todo instante o rodea".
Cando isto escribo celebro o día da Patria Galega. Unha nai terra arrasada por un pequeno ser que chaman virus. Esta vez nin respectou a costa norte, a que limita con Inglaterra mar por medio. Esa costa con praias de mica e caolín. Ese recuncho que rende culto ao legado que nos deixou Cunqueiro cos seus personaxes en torno a Merlín e Arturo, ou ese bravo Simbad. Pode ser a maldición dalgún trasgo enfurecido ao escoitar berros astures no canto de aturuxos enxebres. Ata me confesan que viron á procesión de ánimas pararse ante a fonte vella de Mondoñedo e en latín reclamar: "nunca máis cambie a empanada feita con millo e xouba polo bolo preñado".
Menos mal que os meus curmáns xudeu arxentinos que viñeron coñecer Britonia, tiveron a oportunidade de sorprenderse cos nosos museos e gastronomía, e moi en especial coa explicación doutro irmán que pensa en Xerusalén. Sito Otero Regal, o mellor dos guías que perde o vivir polos viaxeiros, dentro dese marabilloso marco artístico integral que gozamos os seus amigos en Regal Xunqueira. Non me estrañaría nada que nunha desas noites de insomnio creativo o fillo de SIÓN -NOIS , dedicase un mural aos tempos de pandemia que se converteron, como o amor para Napoleón: o descanso do guerreiro; o escollo do soberano; o entretemento para o ocioso...
O noso idioma, costumes, sabor e cheiro a mar. Eses tellados feitos con lousas de pizarra, polos que escorrega a choiva, mentres constrúe espellos máxicos polas rúas de Viveiro, reflectindo a sinfonía de galerías, esas que tanto gustan ao redor do románico de Santa María do Campo ao meu outro irmán Carlos Novo Cal. Por certo que aventados soñadores namorados desta Galicia brava e traballadora, deberiamos conxurarnos coa música de Lino Rico e a voz para un tango canyengue, interpretado por Eugenio Del Valle -Cambalache-, e así rematar coa maldición, pois de seguro e dadas as circunstancias, creo máis en métodos esotéricos Celtas que nas disposicións do DOGA.
A sabedoría que atesouraron os monacatos galaicos, por estas datas, permitirían saber as causas obxectivas polas que a antiga provincia de Mondoñedo está con cifras "vermellas" de contaxios polo virus. Nada que ver coa tolemia do monacato que practicaron Justiniano, Saturio, Prudencio, Millán, Fructuoso, Martín de Dumio e Valerio. Foron sospeitosas reunións de veciños, verbenas a modo de proba, manifestacións reivindicativas, mobilidade entre terras e xentes do mosaico peninsular, causa para soportar e sufrir unha pandemia Mariñá, sen ter a quen reclamar, e cunha "xustiza" cega e xorda, incapaz de actuar de oficio, como fan outras veces con menos impacto nos dereitos fundamentais entre a saúde e a vida.