20081231

Despedir o ano correndo, algo máis sobre a San Silvestre 2008 de Ribadeo



    Unhas poucas verbas para deixar algunha información sobre a carreira que comezará (... e finalizará esta tarde).
    O Recorrido, as distancias aproximadas en m (pronto, tamén as alturas), os organizadores esta mañá no concello, e unha ligazón, http://sdribadeo.info/ para ver os resultados.
Saída 0
Fonte 240
S. Francisco 452
Mercado 513
Mercado 640
Xardín 1098
Rosalía de Castro 1610
Rosalía de Castro 2128
Auxiliar autovía 2331
Auxiliar autovía 2401
Desviación 2478
Desviación 2585
Desviación 2771
Estrada faro 2957
Residencia 3066
Baixo ponte 3309
Capela S. Miguel 3452
Calvo Sotelo 3636
Calvo Sotelo 3739
R. S. Miguel 3789
Costa de Conchita 3940
Fonte vella 4049
Viejo Pancho 4119
Catro calles 4147
Amando Pérez 4309
Mercado 4420
Villafranca 4548
Catro calles 4710
Pza. España 4779
Cantón 4806
Meta Concello 4874

Fin de ciclo

Noutro momento falarei do que significa o 31 de decembro en xeral e para min. Agora só prestar atención a un par de novas, unha delas que hoxe volve unha nova edición da carreira de san Silvestre (polo santoral de hoxe) de Ribadeo, con recorrido semellante a outros anos pasados.
A outra, algo que marca tamén unha 'sesión fin de ciclo', para min máis sinalada que a de fin de ano: unha nai denuncia (en Ribadeo) á Garda Civil que lle venderon bebidas alcohólicas á súa filla menor de idade. Non vai evitar que na noite próxima se consuma alcohol de máis, pero si marca un paso (importante) cara ó futuro. E, tal como están as cousas hoxe en día, e dada a presión de grupo (unha cousa da que se fala moito respecto da xente nova, pero que ocorre en tódalas idades), un pouco máis e case se pode considerar unha heroe.

20081230

A voltas co plan sectorial


... agora resulta que todo o mundo, incluído o alcalde (grupo de goberno) alegará ó plan que antes defendía (ou iso dicía). Será 'só' cousa de que hubera unha manifestación diante do concello o sábado? (a parte de que houbera pouca información e que os cartos sexan poucos?)
A foto, un dos lugares que sufriría modificación co plan de vivenda (a parte baixa).

Se eres legal, comparte

Collo do blog de Fernando unha campaña que anda pola rede. Que vos aproveite.
Había unha imaxe, pero foi retirada da rede, e ... era "siereslegalcomparteizdagi0" en formato gif.
A ligazón que dirixía a ela: Se eres legal, comparte.

20081229

José Luis Trashorras Méndez


Non se me dan ben as necrolóxicas.
Coido que se pode dicir del que era unha boa persoa.
Pero así non se lle fai xustiza para ter unha semblanza, necesaria para a súa lembranza ata o 28 de decembro de 2008 dende o seu nacemento en Meira. Fomos compañeiros varios anos no IES Porta da Auga, ata a súa xubilación no 2004, provinte do C.P.Gregorio Sanz (do que saiu no 1987 para dirixir en Comisión de servizos o daquela recén criado Centro de Adultos) e doutros centros máis pequenos en lugares diversos da xeografía galega.
Ten publicado "El Camino de Santiago", con D.L. no 2004, obra en verso e en castelán (como corresponde á súa especialidade) sobre o tema.
Tiña 64 anos.
Foi alcalde de Ribadeo dende marzo de 1985 ata o 1987 con maioría absoluta de AP, e en recoñecemento a ese feito as bandeiras están a media asta no concello. Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario 'diadema de Ribadeo', que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura.
En Ribadeo, ten sido pregoeiro do antroido (ver o seu pregón no ano 1998) e tamén das festas patroais no ano 2000. Asemade, no 2001, e xa como fillo predilecto de Meira, foi o pregoeiro na súa terra.
Ten participado no Consello da Caixa Rural Provincial, sendo secretario Xeral da Caixa Rural Galega.
A imaxe á beira é un pequeno artigo seu para a revista escolar 'Xerfa' para honrar a compañeiros no IES xubilados no 2002, xubilación que cando lle tocou a el o turno puido desfrutar pouco tempo.

20081228

Ante as eleccións, reflexión

Andamos coa preparación das eleccións, e a bondade/maldade de coincidencia galegas/vascas...Ante as eleccións, reflexión, e non só dos electores, senón dos electibles. Coido que unha cita de Obama (neste artigo) vai ben a conto: "Hai que opoñerse á idea de que é aceptable dicir ou facer o que sexa para gañar unha elección ... Iso é exactamente o que está equivocado na nosa política".
O que me lembra que tamén iso está errado na nosa política, mesmo municipal: estiven procurando a referencia no blog dun encontro/desencontro meu co anterior alcalde, pero polo momento non din con ela e aínda que me lembro perfectamente, prefiro deixar o exemplo para outro momento coa referencia a man.

Haec est domus paupertatis


Preparando o ano novo, máis que os villancicos coido que sería intelixente mirar ó pasado. A porta de entrada ó convento de Sta. Clara, de cara ó ano que entra, en plena crise, pode dar que pensar. Máis se se le a nota que aparece na porta e que máis ou menos, indica que as vésperas de festivos estará en funcionamento o torno para poder facer comparavenda de larpeiradas.
O significado das verbas: 'Ista é a casa da pobreza'

28 D, o día dos iñocentes. De comentarios

Como xa teño dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios anónimos de diverso tipo. Hai algúns que poño, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuestión das recibidas. Atopeime hai poucos días coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicación despois, e, cun pouco de tempo, decidín facer unha entrada a raíz de ambos, aínda que todo comentario pode rematar sendo sacado de contexto:
*Idea proposta: Que cerren todos os pubs, bares e discotecas (Futura, Skape) de Ribadeo. Os sábados a movida que se desplace a Foz, Burela ou a Navia. ¿Cantas personas engordarían o paro en Ribadeo?
Resposta: nin idea, aínda que se de levar dun sitio a outro se tratara, o balance de emprego total (conxunto Ribadeo + onde fóra) sería evidentemente positivo, pois habería que sumar os gastos de transporte ó mesmo emprego noutro lugar. Supoño que quen propón a idea terá sacadas as contas correspondentes. A min chégame con que se cumpra a lei, algo que por certo incrementaría a lista de ocupados en Ribadeo (a remarcar) polas reformas a facer nos locais, así como incrementaría a seguridade dos mesmos, por poñer dous exemplos de melloras non relacionadas en principio co ruído; e, se se tivera feita a tempo, podería servir ademáis de inicio para que empresas de Ribadeo tiveran traballo fóra. Pero sobre todo, coido que non se trata de levar ó lixo a outro sitio, senón de producilo na menor cantidade posible. E de ter conta que hai actividades que poden producir moito emprego, como a guerra, pero non creo que sexa cousa por elo de dicir que a guerra é boa, que hai que potenciala.
*¿Como disfrutabades cando ti eras novo? ¿Erais todos uns santos que disfrutabais das noites sen molestar á xente?
Resposta: seguro que coñeces a máis dunha persoa que te pode dar información daquela época e da que te fiarás máis que se o digo eu. En canto ós santos, tamén son persoas, igual que os máis. Iso si, quizáis con mellor vontade e máis aguante que a grande maioría. E santo non son, e erros teño moitos, pero aguantar xa levo aguantado e mesmo teño dado probas de boa vontade, como tardar nove anos en poñer un pleito, ou facelo ó concello por non aplicar a lei en troques de ós locais por incumplila, ofrecer non queixarme por riba do nivel de ruídos permitido (ata chegar a outro certo nivel) ou avisar antes á xente dos perxuízos que lle podían traer as súas accións, a pesares de que na teoría terían que telos sabidos. Mesmo teño adiantado xa hai anos da necesaria reconversión do sector en Ribadeo, adiantando que de non facela a tempo despois posiblemente sería peor. Non se trata de procurar chivos expiatorios, senón de facer as cousas o mellor posible.
*Na cidade molesta o ruido da empresa de recollida de lixo as 3 da mañá, as ambulancias as tantas, xente pola calle berrando. Pero para que naide che moleste, ó mellor é ir vivir ás foras da cidade ou do pobo, e disfrutar da tranquilidade.
Resposta: non vou dar explicacións de cousas persoais, pero si podo dicir que se en xeral non me molesta demasiado a recollida de lixo quizais teña que ver con que xa estou de pé cando pasa. E sobre xente na rúa berrando, coido que Ribadeo pode resistir a comparación con abondos lugares (aínda que por suposto, sempre os haxa peores, aínda moito peores)
*moitas gracias por non publicar o meu comentario.
Resposta: é de supoñer que é unha ironía; supoño que non sente mal que así a tome.
*Poño anónimo porque non estou rexistrado.
Resposta: O rexistro é doado de facer, de xeito que quen pon anónimo é porque dun xeito ou outro quere permanecer anónimo. Mesmo hai xente que se rexistra pero que permanece anónimo despois de rexistrado, e o único que permete é saber que dous comentarios proveñen da mesma orixe, o que da indicacións suplementarias para permitir a publicación ou non.
*Pero coñezote bastante ben
Resposta: un anónimo nunca se sabe se o coñece a un ou non. El/ti, anónimo, saberá. Ó mellor me saúda cun sorriso cando nos vemos pola rúa. Ó mellor non, e o fai a cara de can. Por iso mesmo en xeral non presto moita atención ós anónimos: porque non son ninguén. E Ribadeo está cheo de xente, a parte dos anónimos.
*porque son de Ribadeo, e non teño ningún bar. ¿Porque non publicas o comentario? ¿que che doe?
Resposta: non me doe nada (perdón, si me doe, que a idade vaise notando, pero polo momento son cousas menores). Se non publico todos os comentarios é por varias razóns, segundo categorías, pero nunca por ser ou non de Ribadeo ou ter ou non un bar. Respecto a unha das categorías de comentarios, na que entrarían bastante ben (excepto algunha parte pequena) os dous comentarios comezo desta entrada, ver ó final. Hai outros comentarios que necesitan resposta inmediata, e non sempre podo facelo. Outros que son insultantes, e isos xa nin remato de lelos. Outros que xa están contestados en entradas anteriores, etc.
*Ó mellor, o illamento teno que poñer vostede na sua cabeza, así non lle molestaría o ruído.
Resposta: coido que pasarse non ven a conto. Eu prefiro non illarme: son parte do mundo, da xente, de Ribadeo, igual que moitos dos anónimos (algún anónimo haberá de fóra). En canto á casa, xa fun metendo illamento e procurando manter cerradas as entradas de ruído. Coido que é máis do que fixeron algúns locais.
*¿Que pasa si o teu veciño está vendo a televisión hasta as tantas e ti non podes dormir? ¿Chamas a garda civil? Estos non che fan caso ningún. ¿Denuncias?-->Xuizos, procuradores, abogados, morea de cartos. SOLUCIÓN: Vivir nun pueblo nunha casa.
Resposta: a relación cos veciños, ó igual que outras relacións que poda ter non son tema que trate no blog. Téñollo amosado a máis dun comentarista. Si que podo dicir que en calquera conflicto, o máis doado soe ser a retirada: iso é tamén doado de aprender. Algo parello pasa con tirar a pedra e tentar ocultar a man. Pero doado non é equivalente a mellor. Mesmo pode dar mellor resultado nalgún sentido, pero non en xeral para as persoas.
*Chama a PELTOR (fabricante de EPI (equipos de protección individual) e merca uns cascos, son moi útiles.
Resposta: non o dubido. Por exemplo os D'js úsanos. Coido que para durmir non son tan útiles. E úsanse en xeral por ruídos relacionados co ambiente de traballo propio, sen impoñerllos ós demáis. En canto a PELTOR, segundo parece, hai fabricantes mellores (conste que non o comprobei, pero se pode servir a información que me transmitiron ...).
*Esto é o mesmo que aquel veciño de Navia: Foi facer unha casa ó lado dun establo, e despois denunciou ó gandeiro porque estaba cerca da súa casa, e as vacas cheiraba.
Resposta: Non, non é o mesmo. Entre outras cousas, polo orde temporal, pois cando comezou a medrar o ruído eu xa levaba aquí máis de dez anos. E non sei se o gandeiro estaba a incumprir ou non unha normativa para a que obtivo unha licenza. Aquí os incumprimentos son moitos e de moitos anos. E, se houbo cambio de condicións legais, como ocorre de contínuo con outras cousas, dende os impostos á obrigatoriedade do cinturón de conducir, deuse un periodo de adaptación, ampliouse... e incumpriuse.
Pero ... coido que con isto, visto o tempo que hai que empregar para responder cousas que penso que en xeral son evidentes a quen pon un pouco de interese nelas, queda respostado o por que non publico algún tipo de comentarios. De calquera xeito, como a xente me coñece, sempre podemos falar. E para quen non quera escoitar máis que o que el di, escriba eu ou fale o que sexa, vai ser o mesmo.
En fin, bo día dos iñocentes.

20081227

Plan sectorial e manifestación

Despois da entrada sobre o tema, deixo unha ligazón sobre a manifestación desta mañá e algún comentario máis. Xa veremos tamén o que sae na prensa. Porque hoxe saiu por exemplo, isto. E paréceme pouco adecuado que un alcalde tente substituír un apoio ós necesitados de pisos (aínda que poida que nonesteña moi ben deseñado) por outro que prime a obra construída sen plan máis que de beneficios inmediatos.

Moitas persoas son demasiado educadas como para falar coa boca chea, pero non se preocupan por facelo coa cabeza agachada

Parafraseado a partir de "Modales". Coido que o orixinal, 'coa cabeza oca' non é tan malo como o cambio, coa cabeza sumisa a ideas a partir de intereses doutros.

O porto de Ribadeo, de novo

    O día 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade é abondo eficiente, pero iso non evita que poda saír algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltaría a tomar o tema máis adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalación de Mirasol despois, aquí vai o novo post. 
    Con anterioridade teño deixado moitas outras entradas, como iste ou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, ... e moitas máis (ver os arquivos de xuño, xullo, agosto, setembro, anteriores, ... destacando quizais en particular ista ou ista outra sobre mencións do tema na prensa). 
    Despois de todos eles, de cara ó pasado non teño moito máis que dicir. Sobra o que, como en xeral a quelquera que pense un pouco no futuro de Ribadeo, o porto ten importancia nese futuro, igual que a tivo no pasado. Sobra tamén o dicir que o porto non pode manterse no século XXI como a comezos do xéculo XX, pero tamén cabe dicir que houbo decisións de fóra de Ribadeo que tiveron abonda máis importancia que a manifestación, que se un barco de 120 m para xirar xa invade a zona que non é de portos (e queda encallado), algo falla xa na situación e/ou nos estatutos do porto tal como están an actualidade, que no balance de empregos está abondo obscuro que se se construíra unha gran nave a cousa fóra saír positiva, que o recheo anterior ou o anterior máis teñan servido para algo máis que para solo barato, ... e non se pode dicir que a causa da manifestación Gondán xa non finaliza os barcos aquí, porque non é isa a causa. Nin tampouco que o transporte de pasta de papel se vaia definitivamente para Xixón (ou non, que carga de papel noutros portos ten habido), pois xa teño comentado a táboa de tempos e non coincide con que a culpable sexa a manifestación.
    Ou sexa, aconsello mirar as entradas anteriores, ou en Technorati abaixo, ou en google, para discusións que xa se tiveron.
    Respecto a cousas novas do porto, aí están os derrumbes, a circunvalación e tamén sinxelamente o xeito de facer as cousas ou outras alternativas. O artigo de Pancho (o que reseño antes co nº 5) apunta algunha suxerencia, a parte do tema que se intentou soslaiar varias veces con éxito do porto exterior. En canto ós derrumbes, manifestan unha vez máis algo evidente: en xeral o porto fóise facendo sobre ideas puntuais de xeito rápido, necesitando dende hai tempo dun plan xeral estudado e consensuado. Algo que non se deu e no que se insistiu durante o proceso que tivo lugar contra a nave. Os derrumbes parece que costou pouco traballo evitalos no futuro. Pero sucederon. E que non costara moito non foi causa de que se tomaran as medidas oportunas para evitalos. A ver se aprendemos e aparece tomada en considerción a idea do plan para o porto, non para unha ampliación, recheo, circunvalación ou nave, senón para todo o porto.
    En canto á circunvalación, a auga case pasada, pouco hai que dicir. No parece que vaia quedar mal como vía, en canto a amplitude e prestacións de comunicación.
    Si que vai ser a confirmación dun pequeno muro fronte á ría, alonxándoa máis da xente de Ribadeo en canto se peche o porto. Costa traballo crer que ó final se vai cerrar, poñendo dúas persoas nos dous extremos onde están previstas as portas, despois de anular xa una recén feita, outra sinal máis de improvisación sobre a marcha.
    A conta dun estudo escolar sobre varios aspectos da ría, tiven información de que algunha vez se ten feito a medida 'oficial' das mareas. A falta de recibir máis información, e con isto remato por esta vez, coido que debera facerse xa de novo, e dun xeito máis amplo do que se ten feito, xunto coa actualización da sondaxe da ría. Facer estudos previos custa menos que meterse a obras e pode evitar algunha cousa que algunhas obras non fan máis que empeorar, e volvo a mencionar o que quedara varado o barco hai pouco tempo.

20081226

Mañá hai convocada unha manifestación

Avisáronme de que mañá sábado hai convocada unha manifestación. Ás 11 diante do concello. Trátase de protestar polo "Plan Sectorial Galego de Solo Residencial ", polo que o concello sacou unha nota de prensa o día 18, e mantivo unha xuntanza informativa coido que o día anterior.
Certo é que o prazo para alegacións non é moi aló (termina mañá), e que hai que ver os detalles máis do que eu os teño visto, para evitar pronunciamentos en balde. Por exemplo, fálase na nota de prensa de 30 000 m2 para 105 vivendas, o que representaría ... 280 m2 por vivenda, o que evidentemente está mal. Tamén se fala de reservar 4 500 m2 de zonas verdes, o que representa algo así como 42 por cada vivenda. Esas medidas corresponde aproximadamente de xeito exacto ó que estaría encadrado na zona entre Antonio Otero e Ibáñez, co que en principio non sería nada nvo.
Pero o que si da algo para pensar é o que pon que as vivendas protexidas estarían ó alcance de caquera que non chegue ós 4 000 €/mes. Non entendo moi ben que, por exemplo, alguén que esteña nos 3 000 €/mes teña dereito a unha vivenda protexida. De xeito parello, e segundo as informacións do concello, hai disposto para o tema cousa de 3,5M€, o que fai un importe de 33 000 €/vivenda, coido que "algo" inferior ó necesario. E como se trata de expropiacións se non se vende de boa fe, aí está un importante asunto, aínda que supoño que só será unha cantidade inicial ou para facer só un dos temas previstos.
Polo demáis, consolidar a vivenda no centro é loable, e nese sentido, coido que a moita poboación que non está dentro da área configurada polas rúas ditas lle gustaría que a súa zona entrase no plan.

Un par de fotos ou máis

    Entre unhas cantas máis, coido que istas son abondo ilustrativas de como está a quedar a circunvalación de Mirasol e o illamento que non se vai parar do porto. Ribadeo xa ten o aquel de ter os ribadenses, hai moito, dadas as costas ó mar. Agora non é que lle vaia dar as costas, senón que van a impedir cousas como a que aparece na última foto, collida en Mirasol sur, permitindo cousas como o uso do último recheo que se ve na imaxe.

Música ribadense

Despois de estar a escoitar villancicoscase de 9 a 9, coido que apetece unha variación. Enerome de casualidade de que Chenchu está a cargar algún vídeo da Contrabanda., como estes dous (e 2).

Ruído no Nadal

Parece que as festas motivan. No que vai de semana entereime dun novo caso xudicial sobre ruído producido por locais en Burela e mesmo en Antas de Ulla. Polo que sei, despois de que me chamaran, o de Antas é moito menos do que ocorre en Burela ou aquí, pero abonda aínda que está a comezar (a orixe so ten cousa dun ano).

20081225

Comunicado de O Tesón

Sobre asociacionismo

A AVV O Tesón ten xa tras de si un camiño recorrido. Dende o ano 2003 andando cara as eleccións, que foi fundada, é xa por desgraza con diferencia de tempo a avv máis lonxeva do núcleo urbano de Ribadeo. Por desgraza porque ten habido outras que foron suspiro dun día, aínda que realizaran nese momento unha boa labor: así, temos algunha testemuña como a doación de libros conseguidos da Xunta ó daquela recén formado Centro de FP de Ribadeo, actuais IES e CIFP Porta da Auga, feita por unha asociación anterior.

Sendo conscientes de que o feito é pouco máis que unha gota de auga nun océano, coido que calquera que teña participado na asociación pode amosarse moderadamente satisfeito do conseguido neste tempo e da traxectoria seguida. Satisfacción moderada que non logra ocultar o ter asemade un sentimento de que se podía ter feito máis, pode que moito mais.

O anterior, o tempo pasado e os feitos, non impiden que a nosa asociación siga a ser unha grande descoñecida, e peor aínda, que a consecuencia do descoñecemento da labor asociativa, moita xente teña unha sensación de indefensión fronte a entidades e forzas que sobrepasan con moito o poder un sinxelo cidadán. E que, por ese propio descoñecemento, non vexa as avantaxes de asociarse ou de apoiar ás asociacións.

Somos conscientes dese descoñecemento, que non é único, senón máis ben a norma en relación coas asociacións de viciños. E iso, tanto dentro das propias organizacións como fóra delas, na sociedade en xeral, o que leva por unha banda ós asociados a non aproveitar nin defender a asociación, e por outra, a asociados e non asociados a pedir as asociacións cousas que non lles poden dar. Tan conscientes delo por tanto como das nosas limitacións e necesidades, compartidas en maior ou menor grao con tantas outras asociacións.

Nesa consciencia inclúese que as notas de prensa que dan ás veces lugar a novas nos medio de comunicación non son máis que un mínimo de información focalizada no tema do momento, que ten que ser ampliado por outros medios. Medios que inclúen internet, un lugar cada vez máis usado, pero aínda cunha influencia relativa en Ribadeo. Que inclúen asambleas ás que son chamados os socios pero que se manifestan insuficientes para atraelos e comunicar con eles, quedando en moi minoritarias. Dese xeito, chégase á necesidade de máis comunicación por calquera medio. E chegamos asemade a unha decisión de aumentar a comunicación na que nos obrigamos a manter, de xeito periódico pero non agobiante, cada bimestre ou trimestre, unha comunicación que de conta dos pasos dados pola asociación en diversos temas.

Este escrito é un primeiro comunicado xenérico para manifestar a nosa postura: nunha das nosas principais teimas, estamos pedindo maior comunicación e transparencia ás institucións, e, polo tanto, non só debemos ser nós transparentes como asociación, senón tamén debemos de tentar crear unha demanda de comunicación e transparencia entre os asociados e en xeral, na sociedade. Sen o uso da comunicación, sen analizar o goberno a traverso da transparencia, non serven de nada nin a unha nin a outra. É un dos nosos maiores retos, que implica, dalgunha forma, o asumir unha responsabilidade cada un de nós, cada cidadán, no goberno da sociedade na que vivimos. É tamén un xeito de desexar nestas festas un futuro mellor para todos. Bo Nadal.

Armóuse o belén!


... por algo foi noiteboa.

Bo Nadal co belén de Vilaselán.

A notar que o neno-Deus aínda non está presente (aínda non nacera) e os reis están a comezar o seu camiño. Vese asemade que o Belén está chantado dentro doutro mundo, aínda que se tente adornar como facendo un a parte.

20081224

Sobre algún "agasallo de Nadal"

Coido que pode ser interesante... o mesmo que este outro.

Mercado de Nadal

Hoxe haberá mercado de Nadal. E non me refiro ás entradas para o partido / propaganda de A Coruña entre Galicia e Portugal, que serán sinxelamente repartidas, senón ó mercado dos mércores. Parece que ante o que pode ser un día forte de emrcado os comerciantes abandoarán hoxe a folga. Parece ser tamén que se lles cobrará todo o mes como corresponde. Non teño idea de se se lles cobra por adiantado ou ó finalizar, pero si preveo que como se lles cobre ó finalizar, os problemas non fixeron máis que comezar.
Os argumentos son craros: as taxas cóbranse, porque se non, calquera podería dicir o mesmo e pasar a non pagar en xeral as taxas. E o concello está tan afeito a que se paguen como os cidadáns a pagalas, mesmo en aumentos grandes, moito por riba do IPC (como sucedeu o pasado ano para compensar atrasos 'históricos') e mesmo cando contraveñen convenios anteriores do concello ós que deberan estar submetidas (como o caso das correspondentes á Escola de Música para o colectivo de músicos). E así como vexo normal que se apliquen as taxas, non vexo motivo para que calquera delas poda ser tratada polos políticos como 'taxa acordeón', aumentando bruscamente ou exprimindo o custe a vontade do músico que anda a tocar.
En fin, supoño que hoxe estará concurrido o mercado, aínda que sexa para algunha xente só para curiosear.
Por certo, dicir boa Noiteboa parece unha reduncia, pero é un desexo. Polo menos, o meu. Esperemos que tamén o 'Lero', accidentado onte ó ser golpeado por un coche á saída do aparcamento do Gadis, poda dicir que pasou unha boa noite.

20081223

Algunha foto


Na rúa peonil Rodríguez Murias comezou a moverse o solar xusto fronte á rúa Calvo Sotelo, despois de pasar moito tempo en malas condicións. Agora está limpo e disposto para construír, co que é de supoñer que pronto se verá aí un novo edificio, de fachada parella ó que caeu, se nos fiamos das fotos que aparecen de anuncio. Por tras del agora vése a traseira dos edificios do mercado/ Doutor Moreda. No futuro, no medio, haberá outro edificio que xa está a construírse entre o calexón que da a Doutor Moreda e a rúa Ramón González.

Un repaso tamén o necesita o tellado da casa baixa da rúa Buenos Aires que hai non moito albergaba unha tasca e que se ve na imaxe. De non mediar amaño, pronto estará entre as casas que o concello ten para reparar.

As outras fotos son do Rego de Vilaselán ó seu paso polas estradas en campoxurado. Hai moito tempo que non se vía coas beiras tan limpas, podendo distinguir ben ambas pontes. As fotos están dispostas seguindo o curso do rego segundo ven da zona do Voar, despois de pasar por baixo da construcción. A primeira, chegando á ponte sobre a estrada vella, que quedou cortada cando se fixo a estrada da ponte dos Santos, vendo o río sen canle algunha. A segunda, na zona entre isa ponte (a que se ve ó final) e a ponte sobre a estrada nova que veu substituír a aquela, xa cun muro de formigón pola beira, que continúa na terceira con pedra. A terceira, dende aquela ponte cara ó norte, camiño da desembocadura.














20081222

Aclaración: a historia do blog

    De cando en cando, a falta de novas (hoxe, por exemplo, á espera de que o gordo toque en Ribadeo) ou un pouco por pasotismo, collo cousas do propio blog. O outro día, en 'Temperatura ambiente' atopei un comentario pedíndome explicacións sobre o nome do blog, que califica de desafortunado despois de aminorar un 'pretencioso' inicial. Amablemente, 'El Ángel de Olavide' deu unha resposta, pero eu mesmo dilatei o dala ata chegar a un día como hoxe, en espera do Nadal, despois dun fin de semana onde xa se notou a xente que ven pasar as vacacións.
    Chego así ó que non é unha explicación, senón unhas pinceladas históricas sobre o blog.
    Resulta que o blog ten pouco tempo relativamente: dende agosto de 2005. Substitúe a un blog anterior e a unha web aínda anterior na que xa comezara a poñer cousas sobre Ribadeo. En concreto, sobre a banda, ou unha páxina de presentación do concello, pedida á alcaldía (daquela, ostentanda polo PP, con P. Rivas de tenente de alcalde), co motivo da primeira visita a Ribadeo do autocar de promoción de internet, que comezou a súa andaina precisamente aquí. Dita presentación ó final, fóime entregada por Francisco Rivas, e, se mal non lembro, feita por el mismo en nome do alcalde de entón, José Carlos Rodriguez Andina. Por certo, a web foi a primeira, que eu saiba, de Ribadeo e dos seus contornos. Ambos lugares son visibles a día de hoxe, abandonados dende hai tempo.
    Por outra banda, o blog actual, iste, vése acompañado doutros blog e wiki que manteño adicados a outras cousas. O nome inicial foi o mesmo que o que leva na URL: Ribadeando. Xurdiu polo libro "Ribadeando. 2004: Ribadeo de 1-X a 31-D", 'fabricado' a base de artigos publicados durante 2004 no que, andando o ano, se convertiu nunha especie de encargo para ser publicado polo Tesón. Chegado o momento, fun eu mesmo o que o publicou (por certo, aínda queda algún exemplar).
    O certo é que o método de publicación mensual, base do libro, gustoume pero non me chegou a encher, e decidín probar outros métodos, quedando o actual ribadeando como unha especie de proba contínua. Ribadeando comezou como nome, pero ó pouco tentei cambialo porque nos buscadores non indicaba algo fundamental do que pretendía no blog: falar sobre todo, de Ribadeo (aínda que non fóra de xeito unánime). Resulta que no mesmo sitio onde teño aloxado o blog xa había outro co nome de Ribadeo no enderezo (o seu nome é 'La Vida'), http://ribadeo.blogspot.com/, aínda que se pode ver que pouco usado (a estas alturas ten só unha entrada), e noutros lugares, asemade había outros blog co nome de Ribadeo,o que facía complicado o cambio. Precisamente, non pretendía eu tanto como o concello, daquela xa coa web ribadeo.org e hoxe por fin redirixido á nova páxina www.ribadeo.org, nin como unha páxina que ata o momento foi máis comprensiva de Ribadeo que mesmo a do concello, www.ribadeo.com, páxina que ademáis está acompañada doutras con denominacións parellas tamén adicadas a Ribadeo. 
    Asemade, teño feito no mesmo blog algún rastreo de sitios adicados a Ribadeo ou feitos por ribadenses na rede, usables para comparar adicacións, como o que aparece en 'Suso e o litoral', despois de ser publicado no libro das festas. Así as cousas, decidín engadirlle a coletilla 'o blog de Ribadeo', que pode ser pretenciosa como o é a ilusión de todo aquél que ten unha, antes de chegar a ela. E un blog sen límite de tempo, por natureza, difícilmente chegará a colmar as pretensións do autor. 
    Pero o caso é que máis mal ou máis ben sigo con isa pretensión: que o blog sexa adicado sobre todo a Ribadeo (repito o que se pode ver no frontispicio: non de xeito exclusivo). Conste que é canso, e non descarto, despois de xa máis de tres anos, que calquera día haxa unha pausa e que sexa a pausa final. Pero, mentras, tentarei que haxa unha correspondencia entre o título e un blog de Ribadeo, que despois de ter o título e ser cando se comezou o único adicado á tarefa, viuse acompañado por outros que teñen a miña visita puntual e a ligazón á beira. Iso, a parte de que haxa outros máis asemade adicados a Ribadeo e que non coñezo. 
    De calquera xeito, grazas por ter chegado ata aquí. Tanto seguindo o blog como ista entrada en particular.

20081221

Un xuíz ordea retirar as licenzas a catro pubs de Cariño por exceso de ruído

Unha volta máis, váise actuando contra o ruído, aínda que Ribadeo vaia con retraso en tomar medidas... como se pode ver moitas noites.

Aventura da Mariña

Aventura da Mariña é un libro novo de Eduardo Baamonde pagado polas fundacións comarcais das tres Mariña nas que hai algúns anos se dividiu a nosa Mariña. Tenta de poñer en resalte para os nenos as bondades e cousas salientables da terra, acompañado de imáxenes como as que se ven da portada e a contraportada. Non se vende, pero supoño que se quedan , en calquera das oficinas das Mariña terán a ben proporcionalos.

O folleto do festival de Nadal da EMMD



Por ista volta, un pouco dobrado...

20081220

BMMR e Amadores da Música



Recibín hai poucos días o calendario da banda e o listado de actuacións previstas xunto coa presentación da nova directiva (bilingüe). Coido que é extensible, ao menos como propaganda, a todos.

... bo Nadal


a todas as xentes.
Sen discriminación de vontade: ás de voa vontade, por dereito, e ás de non tan boa, por fe nas persoas.
A imaxe, unha montaxe no taboeiro de anuncios do IES Porta da Auga.

20081219

De cara ó Nadal


Antonte, inicio do reparto de árbores de Nadal entre os comercios. Onte, actuacións fin de trimestre nun colexio. Hoxe, na escola municipal de música e danza. Hoxe rematan as clases nos centros de ensino antes do Nadal. Anuncian para o mércores 30 na Capela da Orde Terceira, ás 20.30 horas un concerto do grupo de música de cámara de Ribadeo ARCO-VENTO con obras de Mendelsson, Brahms, Häendel, .... Tamén, o concerto de Nadal da banda para o día 2 ás 20:30. Mesmo como agasallo, a rúa Calvo Sotelo rematada por sitas datas (é de esperar que non pase como no xardín e non a abran ata as eleccións convocadas onte para marzo). Tamén parece unha especie de agasallo que a Xunta por fin anuncie a disponibilidade de cartos para facer algo consistente a Reserva da Biosfera na zona do Eo. Estamos xa no Nadal.
Quizais sexa isa a nova da fin de semana, a preparación para unhas datas un pouco raras que significan o camio de ciclo anual. Un pouco raras nas que se convoca de novo ós políticos para facer piña para unha solución para o mercado, que tocaría de novo o día 24 e o 31, dous dos 'días raros' destas datas. E si, despois de encastillarse cada quen nas súas posicións, mercaderes e alcalde, e recibir os comentarios da oposición o outro día, a xuntanza política está convocada para luns.
Esta semana nas rúas de Ribadeo apareceu en diversos lugares un comunicado do alcalde coa convocatoria ós viciños para contribuír á homenaxe a Calvo Sotelo. Cando quixen sacarlle foto para as páxinas de Ribadeo-historia atopei que uns cantos cartes foran retirados. Parece mesmo que de xeito sistemático, aínda que despois poiden ver algún aínda colocado. Claro que tampouco se colocan grandes cantidades destes pasquines.

20081218

... a oposición terá que tomar as riendas


Verbas que saen hoxe no periódico e que manifestan a unión dos tres partidos que non están no goberno en Ribadeo. O Tema: o enfrontamento sobre o mercado semanal.
Na rúa, quizais nestes momentos a pregunta é cánto vai durar o enfrontamento, non como se vai solucionar. Pero o caso é que de pronto dura ... porque está sen solucionar.
A foto, da fonte no xardín de Sela/de indianos, esa obra que aparentemente leva finalizada xa algún tempo pero na que non se pode entrar, e mentras, a fonte segue a cambiar de aspecto a paso de tartaruga. As poucas plantas que se ven, en maceta. A foto, tomada onte á tardiña.

20081217

Nota de prensa da AVV O Tesón (20081216)

Despois de presentar hoxe martes no concello dous escritos sobre a asignación de fondos e sobre a normativa do hospital asilo, e debido á importancia que revisten esta vez, queremos dar nota dos mesmos á sociedade de Ribadeo, polo que se transcribe a continuación a parte fundamental de ambos.

Ademáis, en relación ós fondos estatais, resaltamos que de xeito doado, o fondo estatal de promoción local pode ser outra ocasión perdida máis para Ribadeo, e non comprendemos o secretismo que destilou a nota de prensa sobre a xuntanza de portavoces na que se acordou o reparto e deuse nota á sociedade nada máis de que se habían repartido fondo, sen máis.

En Relación ó regulamento do hospital-asilo, se ben non pedimos a súa retirada, remarcamos que as variacións que necesita son profundas.

//

Que recentemente foron asignados fondos ós concellos para o seu uso na promoción de emprego (Fondo Estatal de Promoción Local),

Que temos novas dunha xuntanza entre partidos políticos na que se decidiu sobre esos fondos sen, que nós saivamos, consultas previas de ningún tipo ós axentes sociais, e realizada despois de ser notificada a xuntanza da Mesa de Asociacións na que se ofreceu axuda,

Que cremos que as asociacións podemos participar activamente aportando ideas e facendo notar deficiencias,

Polo que

Protestamos enérxicamente por non contar coas asociacións de veciños para a decisión sobre os fondos

E solicitamos sexan incorporados para dita intervención

A renovación/uniformización da rúa Antonio Otero diante da Casa da Xuventude, para que quede co mesmo aspecto que o tramo aínda en obras na actualidade. Para este tramo só habería que aplicar de eito proporcional o orzamento correspndente ó tramo en relziación.

A restitución de solos nas rúas de baixada entre s. Miguel e Porcillán para evitar os resbalóns, case inevitables na actualidade a pouco de humidade que haxa, e ós que igualmente hai que aplicarlles orzamenteos como noutras zonas de xeito proporcional á cantidade de chan a renovar. Igualmente pasa con solos de rúas de circulación rodada noutros lugares do pobo, como en Lazúrtegui-Carlos III.

O adecentamento e sinalización da zona da antiga casa de baños, á que se lle pode obter un rendemento turístico, con orzamento de xito case único en man de obra.

A reparación da Casa da Ría,

O repaso das beirarúas de toda a poboación, en particular pola zona escolar, na que numerosas baldosas están soltas e ó encharcarse e seren pisadas constitúen auténticas zonas de baño para ostranseúntes,

O recheo dos rexistros de alcantarillado da zona IES Gamallo Fierros-via FEVE, que supoñen un perigo ó atoparse moitos deles con forte desnivel,

Así como o retoque de mantemento e adecuación de acceso de inmobles públicos que o necesitan, como a biblioteca Viejo Pancho,

Actuacións todas ellas para as que brindamos o noso apoio e colaboración.

//

Que no pasado pleno de 17 de novembro de 2008 tivo lugar a aprobación preliminar do RRI do Hospital-asilo de Ribadeo (hospital-residencia San Sebastián e San Lázaro),

Que unha vez revisado por membros da asociación, atópanse diversas necesidades que fan convinte a súa adaptación,

Polo que solicita sexan incluídas as seguintes variacións:

Revisión lingüística en xeral, tanto para evitar faltas ou verbas inadecuadas como sentidos equívocos en frases ou mesmo adecuacións á legalidade e condicións vixentes.

Art.. 2.- Fai falla unha definición de 'servizo básico' e 'servizo complementario', en particular no tocante á obriga de ditos servizos, pois tal como está, por exemplo, terían mesma obriga e servidume por ámbalasdúas partes o servizo relixioso que a atención especializada. Por outra banda, non están distinguidos os servizos para residente independente e dependente, mentras que si o están no prezo.

Neste mesmo artigo, sería necesario engadir que o centro elaborará un protocolo de prestación dos servizos, feito público anualmente coas reformas pertinentes, aprobadas polo pleno do concello ou a institución na que delegue, para tentar incrementar pouco a pouco a calidade dos mesmos servizos e evitar que a sua prestación sexa condicionada á entidade ou persoa que esteña de encargado no momento ou sinxelamente decaia a calidade de servizo ó non ter unha referencia.

Asemade, a prestación de servizos debe ter a posibilidade de ser supervisada por algún tipo de organismo no que podan participar os mesmos internos, organismo de xestión que non só redundaría no mellor funcionamento da institución senón tamén na mellor percepción da calidade de vida dos residentes.

Art.. 3.- De novo, o detalle dos servizos deixa a porta aberta a que os complementarios sexan de pago tamén complementario, a pesares de que na ordenanza de prezos se diga 'todos os servizos'.

Art.. 8.- O horario de saídas, se remata, ten tamén que comezar.

Art.. 10.- Engadido dun apartado co dereito á convivencia marital no caso de matrimonios un parellas de feito.

Art.. 11.- Engadir a posibilidade de dirimir a contenda mediante un tipo de recurso arbitral, tendendo a evitar arbitrariedades.

Nas estipulacións do contrato:

3ª: Mentras non esteña incapacitado o residente, e debido ó establecido sobre confidencialidade de datos, non ten por que dárselle ningunha referencia a ningún titor, a menos que o permita o residente, e de xeito independente de que teña ou on medios. Neste mesmo punto, tampouco están claras a consideración do que é débeda, aporte do concello, condicións para o aporte, etc, en circunstancias diferentes ou mesmo en relación coa postura que poda manter a familia respecto do aporte pecuniario debido.

4ª: Se non hai antes definición concreta de artigos de uso no réxime da residencia, tampouco quedan definidos cales ten que aportar o 'familiar responsable' (concepto que xa está especificado antes que debe ser redefinido)

5ª: Síntese como necesaria a referencia a un protocolo de actuación para evitar problemas sobre a percepción de existencia de 'problemas mentais'

7ª: É necesaria unha definición de condicións de 'reserva de praza' para evitar arbitrariedades.

A parte, debe especificarse tanto no contrato como no regulamento que o persoal deberá ser cualificado e ter a formación adecuada.

Ademais, dados os antecedentes no manexo da facenda do hospital, as doacións recibidas con anterioridade, e a indefinición actual de réxime da facenda, sería necesario establecer un documento contendo a definición da situación economica de partida e o réxime económico a observar, de cara a poder presentar no futuro unha contabilidade clara e con base. Definición que se debe acompañar dun protocolo sobre xestión de débedas, ó estar implicadas en principio diferentes persoas con diferentes compromisos, dereitos e deberes.


Asociación de Veciños O Tesón
Aptdo. 92
Ribadeo

Unha carta ó director rexeitada

Remato de recibir hoxe, o día do rexeitamento da eurocámara á ampliación a 65 horas de traballo semanais, a contestación dunha carta ó Director de El País, enviada por min o 2/12/2008, é dicir, hai 15 días. A resposta é que non teñen espazo. Como no blog si que o hai, póñoa tal cual, mesmo en castelán, e con ligazón ó artigo referido.
"
A raíz del artículo de Margot Wallström en El País del pasado viernes 28/11, hay que decir que no dudo del deseo de comunicación de las instituciones europeas. Sin embargo, dos párrafos del artículo me han llamado poderosamente la atención.
En el primero cita la negativa en los últimos referendos europeos como una indicación de la falta de apego por Europa. Algo que me recuerda al Bush de los mejores tiempos diciendo cosas como quien está contra lo que yo digo está contra los EEUU. Pues no. Precisamente el ejercicio de la crítica sobre decisiones comunitarias puede ser una manifestación de querencia por Europa mayor que la simple aprobación sin discusión de algo propuesto en la lejanía.
En el segundo, alude al confuso y burocrático entramado institucional europeo como un hándicap negativo a vencer por la comunicación institucional. Pienso que sería mucho más práctico la simplicidad y la transparecia, y no sólo para comunicar propaganda, sino sobre todo para integrar y dar oportunidad de participar a los europeos. Al fin, es la gente la que somos Europa, por mucho que nos asentemos en un territorio del mismo nombre.
Un saludo,
"

De novo, mércores


De novo, sen mercado: así o anunciaron os vendedores, a pesares de que o concello di que si hai xente disposta a instalarse. O que me parece claro é o que xa dixen sobre o tema: se veñen comerciantes e non se poñen, dubido que haxa outros que si o faga, pois non é unha folga de traballadores móbiles sen recursos propios, e polo tanto poden perder máis que nunha folga normal de traballadores por conta allea. De calquera xeito, hoxe está a chover, o que complicará máis a cousa, a parte de que a xente, avisada, tampouco encherá o lugar. E a protección que reclamou o alcalde? Pode que veña, pero dubido que esteña toda a mañá dende primeira hora lista, e iso sería peor. En breve saberase se se pon alguén ou non. Posiblemente tarde máis en saberse se Ribadeo se queda sen mercado no futuro, cousa que esperemos que non ocorra.
Mentras, a web do concello parece seguir de folga de novas (a iste paso, aínda hei resucitar o blog de novas do concello, aínda que nese caso improbable, habería que facer unha reflexión previa e lixeiro cambio de orientación). Por iso non temos a traverso dela noticias nin da folga de comerciantes nin da inclusión de Ribadeo no grupo de núcleos de núcleos piloto de sostebilidade de Galicia. Respecto a isto último, o que parece que vai supoñer polo momento vai ser o ver a piscina co tellado sementado de paneis solares. No futuro, máis, pero irase sentindo pouco a pouco o efecto dos 200 000€ en tres anos, valor da subvención.
A falta de fotos da última volta dada á fonte do xardín, ó inicio da obra dun edificio fronte ó vello cine teatro (si, esa valla que varias veces retratei), do case final da rúa Calvo Sotelo, ... deixo unha foto con xerfa saltando por riba das rochas, auga que oculta neste caso a Illa Pancha, mentras deixa libre a punta da Cruz, á dereita.
Claro que, en xeral, as fotos que saco non poden competir con ojutras, como as que me enviaron hoxe do temporal de marzo deste ano no Cantábrico, das que poñerei algunha en entrada aparte (non hai ningunha de Ribadeo)

20081216

Un contraste

    Ocórrese ler a prensa para ver que traen de Ribadeo mentras a nova páxina do concello segue sen novas dende o 10. E a nova que trae é que os comerciantes van contribuír a pagar unha ambulancia para o Sáhara. E tamén que xa se vai poder contribuír á homenaxe a Calvo Sotelo. Ó premer na Voz de Galicia sobre a noticia, e debido ós vericuetos dos algoritmos de promoción de anuncios relacionados coas novas, atópome o que se ve na pantalla: a nova acompañada dun chamativo anuncio dinámico sobre a crise, de outro sobre contas bancarias e dun terceiro da Deputación Provincial, tamén dinámico, para anunciar ... os fondos estatais para os concellos. Coido que a presentación das novas ás veces é contraproducente.

Contradiccións ... de fóra

Desde que "Brasil precisa 13 siglos para regular a Amazonia", ata "O roscón de Reis, contra o Parlamento Europeo", pasando por o máis triste abandono dos traballadores da UE, hoxe ven na prensa un paquete de novas que me gustaría que non foran máis que o típico engano do 28 de decembro, dos inocentes. Pero resulta que os inocentes parecemos nós: "A estafa de Madoff saca as cores ó regulador estadounidense" (deben estar xa sen cores...)

20081215

Temperatura ambiente



Onte choveu, pero non moito. Houbo vento a rachas, aínda que non tanto como outras veces. Temporal? si, 'o normal'. Quizáis a meteoroloxía de onte veu definida polo que debe ser a tempreatura mínima este inverno ata o momento na Pedro Murias: 3,6ºC ás 9:30 da mañá do domingo. Hoxe xa parece que a cousa vai mellorando en canto a temperatura.
En canto a novas, este fin de semana tamén foi frío en Ribadeo, sen novas. Tanto, que a web do concello segue coa novidade da nota de prensa do mércores.
Por iso collo novas máis alonxadas, e deixo para quen queira un artigo de Moisés Naím, 'Las sorpresas de 2008', que trata de lembrar a historia recente deste ano cas contradiccións que en boa parte dos casos non sairán nos resúmenes de prensa que os xornais publican a fin de ano.
Mentras, seguen a caldear o ambiente as revoltas estudiantís en Grecia. En principio, contra o plan Bolonia, pero comezadas na súa fase forte pola morte dun estudante a mans da policía e con temas como a precariedade do emprego e os baixos salarios de fondo. Non é estrano que haxa quen pense que outros países, España entre eles, podan seguir a senda grega. Tampouco o é que se tente desprestixiar unha protesta a base de dicir que é violenta. Por suposto, ten episodios violentos: aí está a morte do estudante, non precisamente a man dos protestadores. De feito, se é protesta, é porque non se axusta a non protestar... e a convir que todo vai como un paseo sobre campos de margaridas. Cúlpase ós anarquistas. E pode que leven a voz cantante nas ideas que soportan a protesta: 'rematar coa desinformación', 'centrar a información a traverso de internet e sms', ... mesmo poemas, "Se eu non incendio, se ti non incendias, se non incendiamos, ¿como facer luz das tebras? (ver)
As fotos, tomadas só con minutos de diferencia,a Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo e sobre a cámara e a Punta da Cruz, esquina asturiana da saída da ría de Ribadeo, notándose o temporal

20081214

Temporal. Vídeo na entrada da ría de Ribadeo (2)

Outro vídeo, este máis curto, tomado cara á ponte da Illa Pancha, dende o interior da ría

Temporal. Vídeo na entrada da ría de Ribadeo

Bo día hoxe para ver a auga movida á entrada da ría (coa illa Pancha ó fondo, a perto de 1km). Ademáis de coincidir Lúa chea anteanoite (a máis próxima á Terra, a máis grande do ano), hoxe houbo temporal. Irán saíndo fotos e videos. Iste e un máis:

20081213

4 minutos: apagón de BEGASA en Ribadeo


4 minutos foi o que lle tocou ó apagón de hoxe: de 13:48 a 13:52 polo meu reloxo.
Un máis a incrementar á lista. E que logo diga a empresa que está moi por riba dos niveis que lle permiten...
A foto, do ceo no momento en que estaba habendo o apagón: como se pode ver, un tempo "horrible" ó que botarlle a culpa.
Sobre o mesmo tema: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, ... e a iste paso, tamén continuará.

lotería de O Tesón no Nadal 2008



Ó día seguinte

Ó día seguinte de que poña unha vez máis a foto da aduana, parece que o concello está disposto a intervir. O urbanismo vai algo adiante, e así o manifesta que aínda que sexa con moita calma, a revisión das alegacións vaia adiante. Claro que, podería ser neste caso doutro xeito? Asegura iso que se vaia aprobar ou que as revisións non se fagan por intereses partidarios? Aínda está presente esta mesma semana unha xuntanza de edís ribadenses para invertir 1 700 000 € sen pedir opinión ós cidadáns, comprometéndose entre eles e non especificando ó pobo que se vai facer, mesmo sendo despois da oferta de colaboración da Mesa de Asociacións.
Por certo, falando de lagoas de información, espero non equivocarme de cara ó futuro ó dicir que a nova páxina do concello comeza (só comeza) a ter desfases na propia información que emite o concello: a última nota de prensa colgada, agora mesmo, día 13 pola mañá, é do día 10.

E mentras, espérase como fondo que o mércores prosiga a folga de comerciantes no mercado. Parce que o alcalde esixiu á Delegación do Goberno protección para os comerciantes que quixeran poñerse. Pero o mercado non é unha fábrica onde cada un entra e sae co posto e está dentro de catro paredes. A situación é moi diferente. E, sen entrar na legalidade ou o abuso da normativa e da súa aplicación, unha medida de protección como a que pediu o alcalde está chamada a pouca cousa.
A foto, dun amaño máis que necesita Ribadeo: o rexistro que segue a aparecer como torre en Porcillán, no medio do porto deportivo, coido que sen tapa dende hai tempo. Valla dicir que é doado lembrar cando as pedras do paseo marítimo non estaban cubertas nin por verdín e xa estaba patente a torreta; por suposto, abondo anterior ó recheo dos 90 e ós espolóns que ten á vista cara á ría.

Panorámica de Ribadeo a contraluz

Para un sábado pola mañá, é una foto que coido idónea: a negrura do pobo e o esplendor de posibilidades no ceo. Tocándose, pero en principio inalcanzables se non se pon esforzo. E mentras non se poña, a choiva que cae só chega para amortecer un pouco o barullo da noite e os berros na rúa vacía ó mencer.

20081212

Urbanismo? ... para que?



Vexo no El Pais un artigo de Xerardo Estévez sobre urbanismo, reincidindo sobre a articulación de Galicia como territorio a conta dun congreso de urbanismo. E lembro cousas como que a cirunvalación de Mirasol non esteña contemplada no plan aprobado abondo despois de que comezaran os movementos para cerar o porto. Tamén, dúas fotos ou tres que tomei o outo día sobre o estado de conservación de edificios, na liña de 'Ribadeo falls': a aduana vella, que sege co 'se vende' mentres 'se cae', unha casa perto dela que foi nova hai pouco polo derrumbe que sufriu sobre a rúa da muralla. Por certo, as fotos están sacadas prácticamente baixo un balcón da Torre vella que leva derruido case dende o de 'Ribadeo falls' (e que foi reseñado alí)

A río revolto...

Sóese dicir aquelo de 'a río revolto, ganancia de pescadores'. E certamente, Ribadeo ten ríos, pero polo menos ata o momento, nestes lares a pesca de río (feita por afeizoados) deixou sempre moito menos pescado que a do mar (realizada sobre todo por profesionais).
Venme á cabeza a imaxe cando vexo un novo jaleo interpolíticos a conta do mercado. Resulta que todos máis ou menos coinciden en que hai que aplicar o ordenanza para os postos do mercado, pero... como todos teñen que falar (non saír na prensa, ou facelo máis tarde cunha posición máis meditada parece ser terrible), xa se monta. E así, nacen acusacións falsas ou que habería que matizar (o mesmo qeu as defensas correspondentes), aparecen mediadores ou, dando a volta a un comentario que fixen o outro día no blog, hai quen parece que pide que non se aplique a lei porque non se aplica noutras circunstancias. Mentres, o alcalde non parece que teña problema en reunirse cos afectados, pero o caso é que non se reúne. E, no medio, os afectados non deixan de ver afectados os seus intereses mentres os habituais do mercado están a velas vir.
Así, neste caso, unha volta identificado o 'río revolto', quen son os 'pescadores'?

20081211

Declaración universal dos dereitos humáns

En galego, nunha web da ONU, cunha curiosa traducción: 'Declaración Universal dos Dereitos das Persoas'. 60 anos despois da súa proclama...

Rebelíón no mercado

Polo momento, parece que non vai haber mercado. Onte había unha situcación curiosa, con furgonetas pero sen postos. E o alcalde dicindo que hai máis xente que quera vir que postos. Dado como está de cheo normalmente, non sería estrano. Pero o caso é que onte non houbo e polo momento funciona o que ninguén se quera meter en líos instalando un posto.
Como soe ocorrer neste tipo de conflitos, a cousa xa ven de antes, e a normativa foi aprobada co PP e sendo o portavoz de UPRI concelleiro do grupo de goberno. Ademáis, resulta que se aplica a normativa (agora) mentras noutros temas parece pasarse abondo máis da normativa correspondente.

A circunvalacion de Mirasol


Facía xa tempo que non baixaba tentando de bordear Mirasol: cousa dunha semana. E atopeime co que presento.
As fotos son da fin de semana, co que a día de hoxe, a circunvalación está limpa para serlle posto o piso en canto se lle faigan sumidoiros e se lle poña a corrente eléctrica. Ademáis, nótase abondo ben o que vai quedar 'reservado' para o porto e o que vai quedar de circunvalación: xa está feita a separación, só queda levantar a parte de arriba da valla, que por certo, parece vai ser de diferente modelo que a que xa se puxo hai uns meses.


Coido que na actualidade pode servir algo así como de 'visita turística' para os ribadenses; pode que, aparte da lembranza, sirva para aprender algo máis sobre o noso Ribadeo.
Asemade, tamén se nota o que se desprendeu na última fase, na zona de adosados, que terán (supoño) que reforzar dalgún xeito para evitar unha inseguridade que agora parece patente.





20081210

David Antonio López Álvarez

Ribadense. Ten exposto moitas veces ó longo do viciño mundo mundial, ten estado en conversas para crear unha sección de museo destinada á súa colección, mesmo coido que un museo enteiro, ten... exposto por última volta en Ribadeo hai moitos anos na Feira da Ciencia, se mal non me lembro. Non ten unha colección de obras pictóricas ou escultóricas, senón de cunchas, insectos, escaravellos, ... e está sendo aproveitado fóra de Ribadeo e non aquí. Coñézoa, e a súa exposición daría para un museo enteiro. De feito que eu saiba, hai tamén tempo que non se expón todo o conxunto por falta de sitio nos lugares que lla piden. Daría para 'dinamizar' outro tipo de turismo en Ribadeo.
Mentras, quédase sen sitio para tela almacenada.

Folga

Hoxe toca folga. De comerciantes no mercado.
Despois do 'éxito do mercado de Nadal', os comerciantes rebótanse polas subas aplicadas ós postos dos mércores.
Non entendo moi ben, pero mesmo despois dalgún comentario recibido no blog sobre o mercado de Nadal, o certo é que había xente (aínda que fora moita 'de miranda'), e que o desenvolvemento do mesmo puido dinamizar eses días Ribadeo. Non embargantes, parece que a postura fronte ó día a día é diferente e o outro mercado, o de sempre, non está tan atendido. Polo menos, produce máis conflitos. O que me resulta chocante é que os comerciantes veñan para non montar os bártulos hoxe, tal como parece que están dispostos a facer para protestar dunha suba que inclúe suba por espacio ocupado e unha mellor medición dos espazos. Din que noutros lugares da Mariña os prezos son aínda máis baixos do que eran en Ribadeo... Pode ser, pero verémolo.

20081209

O porto de Ribadeo e a súa actividade

    Deixo a película dunha secuencia de carga de pasta de papel no peirao de Mirasol. Coido que é unha actividade importante, e despois da manifestación 'ría si, nave non', debemos axeitarnos a contribuír dalgún xeito á mellora sen impactos negativos da actividade económica. En caso contrario, voltaremos a afrontar dentro dalgún tempo outro recheo, nave, ... que irán nun sentido que non queiramos: Os que non somos empresarios tamén podemos contribuír ó desenvolvemento económico de Ribadeo, aínda que non sexa cos mesmos criterios da economía que se trata de impoñer moitas veces como únicos.
 

A casa de baños, análise fotográfica actual






Despois de 'Tres fotos de Ribadeo', quedábame o descobrir se se podía entrar na zona da antiga casa de baños ou non. Pois si, cúmprese a lei e o resultado son as fotos que acompañan.
A entrada, pola pasarela máis pegada á beira do peirao, permite ver a antiga praia, á que se chega despois de sortear un desprendimento pequeno con maleza.
No fondo, a 'piscina' resulta unha curiosidade tal como está o entorno, e máis con auga chorreando a feixes dende o cantil como era o caso.
A vista dende o recuncho, agora limitado polo restaurante, é diferente pola orientación da ponte. E, para rematar, a cova (non sae nestas fotos) e sobre ela os restos dunha tentativa de facer unha pasarela entre as escaleiras dunha beira e a baixada ás gradas do pé da ponte (hoxe o paso está mal mentras non se remate a revisión das columnas), pasarela marcada na foto do sixpac de abaixo.