20060131

Outro mundo é posible: é factible e facémolo





Sabes quen é Pedro Casaldáliga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da 'teoloxía da liberación', a pobreza, a ocupación de fincas e demais. Non teño moi claro o comportamento de xente como el en relación á xerarquía, pero o tío loitou e caeme ben. Poisonte leín un artigo del de onde se pode sacar o título, algo así como a 'versión 2 da revolución altermundialista'. 'Esiximos e facemos outra democracia', 'a esperanza só se xustifica nos que camiñan', son outras dúas frases sacadas do artigo, que van moi ben por exemplo co feito de que sábado se celebrara a asamblea do Tesón cunha aprticipación mínima, pero aínda así, tirando apra adiante ó decidir asociarse con outras semellántes, neste caso polo tema do descanso nouturno e ante o ruído que invade ese espazo.
O anterior na liña do que eu penso: por eso, as árbores do parque de Ribadeo, que agora, en inverno, teñen diferente fisonomía que no verán, pero non todos: uns, folla perenne, botan ó mal tempo boa cara, e outros quédanse pelados, epro en todo caso, no verán voltarán rexurdir. As persoas tamén somos algo así, rexurdindo despois do pasado.
Hoxe, novas sobre a cumbre galaico-asturiana: 'parole, parole, ...' o que se pode leer sobre a ría: formarase unha comisión. No meu tempo de novo dicíase que cando queiras non facer nada, nomea unha comisión. Punto. Pero aquí, se non é a un prazo é a outro, van ter que tomar medidas. Esperemos que sexa a curto prazo.
A nivel máis achegado (máis achegado que Galicia-Asturias?) Balbino e Xosé Carlos seguen a darse castaña: non é nova. E agora van multar os cans pola merda no parque e en rúas. Coido que deberan multar a moita xente antes, por merda, por ruídos, por animais. Ou será que comezan polos cans para ensaiar e logo irán polas persoas?. Comezo a desbarrar despois de ver un mínimo das novas de hoxe. É momento de parar.
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data:

Fonte: La Comarca del Eo

Título: Lembrando feitos

Autor: Antonio Gregorio Montes

Descrición: Unha das moitas polémicas ás que deu orixe a figura de Hernán, esta vez despois do seu pasamento. Contestación a un escrito do grupo PP no governo municipal de Ribadeo en contra doutro anterior de Suso López.

Comentarios:


O primeiro ano tras as eleccións do 96 foi o da volta a insistencia da Deputación á saídas por diversos concellos, mal pagadas e con pasarrúas, das que se aceptou algunha para tratar de non quedar mal diante do Concello, e a pesar da ben coñecida postura en contra da directiva.

A finais do 96-principios do 97 Amadores publicou o libro conmemorativo do 5º aniversario. Buscando financiación no Concello, díxosenos que acudíramos a unhas axudas da Xunta, que previamente descartaramos por considerar que non cumpríamos as características esixidas. Aínda así, fixémolo. As axudas foron denegadas e só a intervención diante do Alcalde en favor da sociedade fixo posible a concesión dunha cantidade, tras facer mención no libro como colaboradores de entidades da Xunta que se nos dixo que ían axudar.

O primeiro verán post-eleccións foi tamén no que se deu unha situación particular cun concellal do Equipo de Goberno. Este coincidiu a pasar mentres se montaba o palco na Praza de Abaixo e quedou mirando botando pola lingua de xeito que houbo que frenar algunha xente que estaba facendo a montaxe para non chegar a unha pelexa para a que faltou ben pouco. Tres,... a modo de exemplo.

Por outra banda, en relación á Escola, podo falar desde fora, pola relación que tiña co director da banda e por ter fillos alumnos na Escola, pero creo que é un erro tratar de pedir a Amadores que certifique sobre a Escola Municipal como se fai no artigo do día 16, porque non pode nada máis que dar unha versión dende fóra. En fin. Dende o ano 96 o Concello perdeu varias veces a subvención concedida á Escola sinxelamente por non pedila en prazo. Asemade, certamente, cambiou o modo de contratación, co que se puxeron máis impedimentos a facela e complicou a organización e a calidade segundo o director naquel entón. En fin, non entendo como a alguén se lle ocorre preguntar que a ver que cambiou no ano 96, aínda que só sexa por lembrar que foi a partir de aí cando houbo xente que veu a necesidade de facer unha APA para a Escola de Música e as circunstancias de dito nacemento.

Dito o anterior, non me resisto a facer algún comentario a parte, sin entrar en que pasado un tempo poda ou non opinar máis ampliamente sobre os feitos reseñados máis arriba ou outros de dito periodo.

Ben, como dicía, tildar de “amiguiño” a Xesús (por certo, os amigos en confianza chámano Suso) coido que é descoñecer a unha persona coa cabeza moi despexada e con capacidade de elixir, entre outras cousas, ós seus amigos. Pode que non todo o mundo estea de acordo coas súas eleccións, como é natural, pero esa é outra historia.

E “Xesús”, entre outras cousas, no artigo deixa ben claro que o nome de “Hernán Naval” que lle da á Escola é para el (na realidade, non só para el) e non o oficial, polo que sentimentos a parte, a corrección sobre a “Escola de Música Hernán Naval” folga.

Por último, como actual Presidente da APA da Escola Municipal de Música (da que entrei a formar parte da directiva só a comezos deste ano) lembro que segundo os estatutos aínda vixentes, a APA non ten ningunha finalidade electoralista. Ó contrario, ten que velar polo bó funcionamento da Escola pública e non partidista que debe ser a Escola Municipal de Música. Por eso mesmo, e en previsión de feitos, pido deixar á Escola a parte de posibles pelexas políticas.

20060130

Comecemos ben o día: Ribadeo ten xardíns

Hoxe, luns, é cousa de comezar ben o día. A contemplación dun xardín, por exemplo, pode facer que nos sintamos ben, a parte de facernos a ilusión posible de que é noso. Este en concreto é privado, anexo ó caserón coñecido en Ribadeo como 'O Patín' (foto que estará cargada hoxe mesmo na entrada sinalada de Ribadeo na Galipedia, na galería de fotos de abaixo).
O certo é que o xardín xa sabía que estaba aí, pero cando me acheguei a ver se lle podía facer unha foto decateime de que certamente non o lembraba, pois é moito máis para disfrutalo do que eu conservaba na memoria.

20060129

4ºC, día con sol en Ribadeo: vése ben Manhattan



Un amigo vai aproveitar o día para sacar fotos. De seguro que lle van saír moi ben, pois co frío e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotografía.
A ver se o tempo aclara tamén as ideas do batiburrillo urbanístico: en Viveiro piden á Xunta a suspensión de licencias, que eles non poden exercer por pasar pouco tempo dende a anterior, e polo que parece, deféndeo o PP... en Ribadeo, en troques, comeza a aplicación da revisión das vivendas do casco vello, que aínda que a primeira vista está ben, para obrigar a cuidar as casas do mesmo, despois xa non está tan claro porque obriga a revisar todas as casas, aínda as recén reformadas, pagando polo método un bó pico, pois non é libre.
Para fundir o tema, os de Rinlo pasaron onte un tempo sen luz: xa se sabe, Ribadeo, terra sen luz no inverno dende vai tempo, e as melloras veñen lento.
Das fotos, pouco que dicir. Eu tituleinas 'derrubemes', 'ocoatapar' e 'ocotapado', que coido que son títulos abondo ilustrativos e que as identifican moi ben.
Unha é para comparar o derrubio que hou na carretera do faro un mes despois de producirse. Alguén nota a diferenza?
Outra é un oco na rúa Calvo Sotelo que pronto será tapado e aproveito para poñerlo porque pronto non será posible tomar esa foto: xa ten posto o cartel de construcción, aínda que non pareza na foto.
A terceira, na baixada a mirasol dende a carretera, o muro de formigón continúa nas novas edificiacións de xeito que parece Manhattan, aínda que non o sexa, nin cativo. O cartel contrasta: ven a dicir que é un adecentamento e facilitamento das labores do porto, e refírese á caseta que hai máis abaixo a medio construír para evitar que calquera coche pase pola zona do porto. As tres fotos falan de construción. Coido que tamén de destrución.
--
Unha lectura vella:
'Sonríe para hacer felices a los demás', feito por min para o libro do 5º cabodano da bsmr. ... non o dou posto de xeito.

Sonríe para hacer felices a los demás

Así rezaba o lema dun programa de corte relixioso fai cerca de trinta anos. Algo así pode ser tamén o lema de Amadores e a Banda: tocar para disfrute dos máis. Ó mellor non queda ben como lema, pero é unha realidade feita a base de traballo e esforzo diario. E colaboración, moita colaboración.


Igual que se celebra o cabodano do momento do parto, na banda celébrase o da presentación. Nembargantes, houbo unha xestación e tamén hai que lembrala. E en calquer caso, a moita xente: dende o primeiro momento, Choupo, e Tino, como os liantes do cotarro, pero tamén Ernesto, facendo desinteresadamente o lenzo que puxo o telón de fondo na presentación, César, sucesor del en moitas ocasións, del Río, cedendo instrumentos para o seu usufructo pola banda, Hernán, por suposto ... e moitos outros, como Pepe, co seu esforzo contínuo como pipa, que a parte de pagar as cuotas para manter económicamente a sociedade poñen o seu traballo e dan o que teñen para colaborar nesta empresa.


Tamén houbo os seus desencontros e miserias na vida destos anos. Non se trata

de esquecelos, que quen esquece está disposto a volver a cometer os mesmos erros, senon de superalos nesta celebración.


A andadura da banda, primeiro, Banda de Ribadeo, logo Banda Municipal de Ribadeo (BMR), non foi sinxela. Diferencias e dificultades de todo tipo foron pasándose mellor ou peor, ate chegar a hoxe en día. E así podemos atopar a esta agrupación herdeira de outras anteriores, pero ó tempo, netamente diferente a elas na súa concepción. Se nalgún momento se viu a banda como unha nova época doutra banda anterior, pronto quedou anulada dita visión, tanto pola variación de músicos (novamente o Choupo, esta vez como nexo e testimonio de outra época), como polo tipo de música, a voluntade fortemente discutida de non combinar a interpretación coa marcha e moitos outros pequenos detalles.


Son opcións así escollidas, que configuran unha banda, repito novamente, diferente, pero que ten moi en conta, e disfruta das ventaxas que lle supón, a tradición musical en Ribadeo.


Noutro lugar se atopa un listado de músicos. Moitos deles, a maioría, seguen facendo a súa labor ensaio tras ensaio para que podamos escoitalos concerto tras concerto. Outros, como Enrique, Clara, Goyi, Charo ou eu mesmo, por diversas razóns estamos fora da formación, pero seguimos apoiando e disfrutando dela. Outros en fin, volven ocasionalmente, cando poden, á disciplina que manda a batuta.


A banda, dende o principio, foi unha familia, aínda que pola extensión actual variaran moitas cousas dende os comezos ate a actualidade. Esas e outras "moitas cousas" están incluídas tamén na historia: Olvidos de instrumentos por parte dos músicos para actuacións fora de Ribadeo (maiormente, clarinetes), necesidade dun servicio de orden que permitira ter a algunha actuación, como na Plaza Real barcelonesa, noites enteiras en autobús no medio dunha nevada ou polo contrario, actuacións cos ollos medio cerrados e sudando a gota gorda. Autobuses que se estropean e que fixeron chegar co tempo xusto ou aínda con retraso a algunha actuación, e coches particulares, sucedáneos de autobús, nos que o ambiente non deixaba de ter o mesmo calor que naquel.


Tamén, accidentes. Pequenas cousas polo momento, das que poden dar conta César ou Javi. Ou roturas inoportunas (¿cándo non son inoportunas as roturas?) de resortes ou mecanismos, amañados sobre a marcha polo "equipo técnico" da agrupación, a veces aínda con sofisticados instrumentos como gomas elásticas ou navallas.


Son montóns e montóns de anécdotas as que van conformando a cultura da banda, acompañando ás pezas tocadas, ó saber facer musical, a adicación, ... Esas cousas, que configuran a vida interna do conxunto, a que non se ve normalmente dende fora, van acompañadas doutros detalles que si se notan pola audiencia.


O que a banda saíra con carpetas deseñadas con coidado, aínda que baratas, a inclusión da manga corta de camisa no uniforme, carteis que son para coleccionar e que se poden ver en máis dun lugar como decoración de gusto, dípticos con información que tamén forma, saídas e recollidas do esceario en orde, a ilusión a flor de pel que rezuma nas actuacións, en particular na casa, ...


Tamén, as polémicas mantidas na prensa e na rúa, parte delas creadas cunha idea non musical, conforman xa a historia da banda e de Amadores. Ou a Academia de Música "Carlos Álvarez Fernández-Cid", ou os boletíns editados, ou ... a historia da banda é corta no tempo, pero dilatada en feitos. E segue.


20060128

Un artigo non publicado aínda. A 2ª entrada de hoxe.

Adxunto un artigo que tiña que ter saído hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra ración dun artigo sobre Hernán. Mañá, máis. Que? ... veralo.

Un tesón, unha ría, unha vida.

Remata de chegar ás miñas mans a proposta da Plataforma para a Defensa da Ría para o establecemento dun plan de protección. E preveo que sigan a chegar boas palabras e malos actos moito tempo máis. Nembargantes, como a situación ten que cambiar (ou cambiamos nós, que é outra posibilidade), paso a leelo e póñome en situación: a fin de mes está previsto un cumio galaico-astur e a Plataforma pretende entregar ás autoridades unha versión revisada da proposta que está a difundir agora. É dicir, o leelo e criticalo é parello a unha esmola para a ría. E quero a ría, ou sexa que de esmola, nada: contribución.

Pídese a declaración de espazo protexido, e unha comisión permanente e con participación cidadá para o seguemento e control da súa conservación. É dicir, leis, pero asegurando o seu cumprimento. Claro, do anterior se desprende que se debe renunciar a calquera recheo, e máis cando parece que a beira asturiana xa está farta de que sexa a parte galega quen faga recheo tras recheo.

Como as leis necesitan unha concreción despois de promulgadas, nas propostas inclúense medidas derivadas a curto e medio prazo. Por exempl, e fronte a presión urbanística que se deixa sentir na redacción do Plan xeral de ordanación urbana, propónse a ampliación ata 500m da prohibición de cosntruír, ou o saneamento de puntos concretos que lle fai falta, ou algunha medida para poñer en valor o propio que ten como espazo natural.

Son un total de 20 medidas para facer posible unha ría mantible no tempo como unha xoia que temos, sen emporcallar e sen facela desaparecer baixo recheos ou sinxelamente, sen facela desaparecer da vista.

É certo que o borrador presentado non fala moito dos tesóns, pero na actualidade e tras as derradeiras obras, a súa capacidade de recuperación é asombrosa, como se pode ver día tras día mesmo fronte a Mirasol, o que parece dicir que non corren perigo mentras a draga pase algunha tempada fóra da ría.

Vai sendo hora de que nos decatemos que a ría ten unha vida propia, que defende con tesón das agresións que sufre, pero que como calquera ser vivo pode enfermar debido a elas. Es eso está pasando. É hora de cuidar un espazo que polo momento sirvéunos a nós e non elixir o mal camiño de tentar de crecer económicamente a costa do medio ambiente, dun xeito desordenado e sen futuro. A ría é algo parello a unha galiña dos ovos de ouro: alguén se imaxina aunha galiña así estabulada nunha granxa con outras moitas semellantes?


--

Data: 2002

Fonte: do autor. Publicado en „La Comarca del Eo“

Título: Lacrimosa dies illa

Autor: Fernando Rodríguez Raño

Descrición: En lembranza de Hernán.

Comentarios:

LACRIMOSA DIES ILLA”

por Fuji

Lacrimosa dies illa....si, foiche ben certo, tamén de dor, carraxe,sorpresa... traxedia implacábel e irreparábel...

Pois aínda me levou o seu tempo atinarlle co título, non, tranquilos; nen é un tratado sobre a gaita de fol en inglés nen a “pachanga” que soará nas orquestras o vindeiro vrao....

É un fragmento (“Lacrimosa”) do texto latino que se usaba nas misas de defuntos (“Réquiem”)... Mozart o inimitábel (Wolfang Amadeus, Salzburgo 1756 – Viena 1791) deixounos en herdanza, entre outras moitas cousas, o que coñecemos coma o seu Réquiem (Réquiem en re menor para solistas, coro e orquestra KV 626; pero solistas sen medo escénico por suposto) ; música estremecedora donde as haxa; escrita por encargo; e, que por ironías da historia ( ou da vida vaian vostés a saber), trocouse na banda sonora do seu propio funeral....

... Eu tiña un amigo (sempre foi alén da amizade: mentor, pai, profesor, guía, psicólogo, confesor, educador, músico, director, poeta, escritor....) co que compartía certa afeción polo compositor salzsburgués. Tamén compartía cervexas cando cadraba, nicotina case sempre, alguns gostos literarios, e ata coche en certas ocasions... pero iso eche outra historia...

A cuestión é que coñecín a este amigo moitísimo antes que ó señor W.Amadeus.... e a este último coñecíno gracias ó meu amigo. Coma tamén coñecín o gosto pola literatura (musical e da outra) pola historia (musical e da outra); o gosto pola música (das verbas e da outra: facéndoa, escoitándoa ou sinxelamente léndoa); pola vida e intención dos compositores ( non botan vostés de menos os textos nos programas de man da Banda?); polo cine; os cafés cos amigos (e amigas),...E por moitas outras cousas a través do seu esforzo impagábel na educación de xeracións de músicos (algúns debémoslle o noso pasado, presente e futuro); de moi variado público de tódalas idades (miña nai non soubo quenes eran Sibelius e Shostakovich ata que apareceron nos atrís da Banda, eu tampouco); dos mesmos pais e compañeiros de músicos (non sempre estudar música tivo o recoñecemento social dos últimos seis meses ).....

Sí, educación no senso mais amplo desta verba. No senso da formación global do individuo reflectida coma suma dos pequenos detalles diarios, nos que poñía toda a súa intención e coidado. Ó mesmo tempo que era plenamente conscente da súa influenza no desenrolo de cada músico, non só coma músico senón (o que é mais importante) coma persoa...

Evolucionar, medrar e aprender; iso foi o que fixemos coa nosa Banda músicos, público e director até o 17 de Maio...E cometer erros por suposto, o longo de case dez anos, pero iso é a maneira mais importante de aprender cousas importantes. Todo isto a través da música; en ocasións da súa música; en ocasións da dos grandes mestres; en ocasións da mais comercial e coñecida.(como era aquilo do heterodoxo quefacer dos seus músicos...?). E, case sempre, con mais imaxinación que medios. Contra vento e marea, ou se se quere ser menos retórico: contra institucións e sectores da opinión pública se era necesario.

Mozart estivo presente varias veces nos atrís da Banda. Os mais veteranos lembrarán a súa expresiva “Música Fúnebre Masónica”, ou o “Ave verum Corpus”, até a Banda desfilou (de vez en cando non nos queda mais remedio) ó ritmo dunha marcha que pertence a “Frauta Máxica” do compositor. Máxicas tamén as nosas frautas na primeira obra do disco, póstumo coma o Réquiem, da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo que fai pouco saiu a rúa.

Aínda que o “Réquiem” lle pertenza en espírito e concepción ó mestre Amadeus non chegou a reflectilo na partitura por enteiro.. A morte sorprendeuno con nocturnidade e mala intención, detendo a súa pluma nos primeiros compases da “Lacrimosa”... Foi un aluno seu, (Franz Xavier Süsmayer) quen rematou a obra do seu mestre, atinadamente en opinión da crítica, aínda que os nostálxicos pensemos que Mozart só hai un. Escoiten, escoiten a Lacrimosa, ese salouco desgarrador que nace case inaudíbel e remata nun berro de profunda dor....

O feito de que non rematara a súa obra alimenta a lenda do Réquiem. Hai un romanticismo profundo nesa idea do discípulo tomando o relevo do mestre (establezan a comparación que lles pete). Pero a realidade histórica érquese aquí en asasina sen piedade dese romanticismo implícito na idea. Xusto no intre no que descubrimos os motivos que levaron a Süsmayer a tomalo relevo... Estes foron somentes económicos. O Réquiem constituiu un encargo, dun conde apenado pola morte da súa dona, feito no seu momento a Mozart...(viva o materialismo histérico!, perdón, histórico)...

...O que se nos asemella certo e inevitable, é que xamáis chegaremos a coñecer a opinión do xove Mozart sobre a súa própria obra mestra...

...Fernando Rodríguez Raño foi trombón primeiro e solista da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo baixo a batuta de Hernán Naval, trombón terceiro con Mariano Rivas e actualmente toca o que pode ou lle deixan...

O tempo en Ribadeo. 1ª entrada de hoxe.



Cun día como o de hoxe, o de onte, o desta tempada en Ribadeo, parece mentira que esté recalentándose o planeta.
xa estabamos fríos, non non deixa pois fríos que en Tapia o mesmo concello pretenda recurrir a nova normativa do principado para evitar a concentración de edificacións das costas. Nin que o proxecto de planta de asfaltos en Barres poda perxudicar a ribadeo e apra eso se esté a mover a asociación contraasfaltos, nin tampouco que Fitur pretenda vender unhas excelencias naturais e culturais que se están vendo ameazadas de xeito contínuo. Non, xa estamos fríos. Tan fríos como as árbores do Xardín de Sela tras o corte (que denunciara xa vai anos) e que os deixou secos, fríos. e o pasadizo? Unha vista que non sei canto durará, e se ben se mira, é curiosa. Ou non?
--

Data:20/9/96

Fonte: El Progreso

Título:ACUSAN A ANDINA DE MENTIR AL PLENO EN EL CASO HERNÁN

Autor: Pablo Villapol, a partir de nota de prensa do BNG

Descrición: Non sería a última vez que o fixera

Comentarios:

LA VIDA SIGUE IGUAL”

HERNÁN NAVAL

Tampouco o cartesiano pero apaixoado, o riguroso pero nunca dogmático Nikolaus Harnoncourt ia substraerse ás trangresións que dos severos corsés que tantas veces envolven os concertos clásicos se producen cada primeiro de ano no Musikverein de Viena. Harnoncourt, o pioneiro da interpretación de música barroca con instrumentos orixinais...Harnoncourt, unha referencia cando se menta a Monteverdi ou as cantatas de Bach....Harnoncourt, o Premio Erasmo de Humanidades (ai, as humanidades!) en 1980...Harnoncourt, osóbrio Harnoncourt...Non o dubidou: coa orquestra ás costas, sen batuta, dirixiu as palmas do encopetado público do Musikverein na Marcha Radetzky.

Tampouco enpregou batuta o director que estivo á fronte da Orquestra Sinfónica de Lugansk (Ucrania), orquestra de longo nome, tan longo como o alento do seu trompeta...O mestre ucraniano non utilizou batuta en todo o concerto. Abofé que non lle facía falta. Haberia que se referir a el, tópicamente, como un “ilustre colega” de Harnoncourt, pero o alemán deixou a compañía de teatro de marionetas na que traballaba cando tiña dezaoito anos, para se adicar a música.

Algúns celebramos que o concerto de ano novo da Filarmónica de Viena de 2001 destilase menos almíbar que outras veces, mesmo menos ternura “nestas datas tan sinaladas”. Harnoncourt rescatou os claroscuros, a nudez e os tintes dramáticos que tamén se agachan en moitas páxinas dos Strauss. Porque non todo vai ser banda sonora de Sissi...Escoitando o marcatto soviético infrinxido á Marcha Radetzsky estoutro día no Auditorio Municipal de Ribadeo lembrei que Radetzky foi un mariscal que pretendía bombardear Milán...

Os críticos musicais dos xornais madrileños lembraron istos días como nas axendas de concertos de decembro de case todo o estado engorda cada ano o número de convocatorias ao xeito vienés, en emulación do que fai a Orquestra Filarmónica de Viena cada 1 de xaneiro desde 1939. (O Mesias de Haendel e a Novena de Beethoven tamén se reiteran cada Nadal nos atris de moitos conxuntos europeos ibéricos e europeos). Se cadra o meu estimado concelleiro Manuel Valín sufriu un lapsus memorístico cando subministrou a este semanario a información sobre o concerto a ofrecer pola orquestra ucraniana apontando que “con este concerto, a delegación de Cultura quere achegar ó público ribadense o tradicional programa con valses e polcas”(La Comarca del Eo, 23/XII/00), incidindo na intención ao declarar despois do concerto, que cumprira o seu obxectivo (A Mariña/El Progreso, 27/XII/00). Esqueceu que tal era a pretensión da Banda Municipal até 1995, cando a súa concellalía programou un concerto dunha tal Strauss Festival Orchestra cun programa moi semellante ao que a Banda dera nos nadais de 1993 e 1994. Co cirio que montei, non sei como se esqueceu. Esqueceuse el e, como ninguén di nada, debeuse esquecer tododios. Todos, menos eu.

Cada ano por estas datas –“tan sinaladas”- a Festival Strauss Orchestra visita dúcias de vilas e cidades do estado. Enteira ou a cachos. Faio coma esas bandas de trinta que se dividen en dúas de quince para se repartir os itinerarios dos pasarruas e pasacorredoiras. Istos días mesmo toca en Madrid. Nos últimos anos, a carreira da Orchestra Strauss Festival é seguido por orquestras da antiga URSS. Co Muro de Berlín, no 90 caeu tamén o magnífico mundo musical dalén. Desde entón, as mellores cordas da vella Unión Soviética e dos paises do leste europeo copan boa parte dos atrís das orquestras ocidentais. E nos últimos anos, repetimos, como cachos do muro, orquestras reducidas daló veñen por aquí por relativamente pouco diñeiro. O ano 99, en Ribadeo, antes do Nadal, tocou unha de Kiev. Este que rematou, dúas. Ucranianas. A primeira, en novembro, tocou pezas de Franck Pourcel o dia que finou Franck Pourcel. Eu non aponto para ninguén. E a segunda tocou valses e polcas de Strauss, e até uns pasases de Shostakovich, dous días despois de que a Banda celebrase por oitavo ano consecutivo o seu Aquí como en Viena, cada no con menos Strauss e máis Shostakovich, que remedio.

Tras o último dos concertos dos ucranianos, o meu concellal declarou que a xente “saiu encantada”. Querido amigo: deberas saber que vox populi non quer dicer necesariamente vox Dei. Estou de acordo coa colaboración internacional, pero unha delegación de Cultura non é unha ONG. Acabas antes outorgándolle unha subvención a Médicos sen fronteiras, e coas trescentas mil dos que lle tocaron o réquiem a Frank Pourcel e as trescentas mil dos do director sen batuta pero con moito fervor dramatúrxico amañábamos o que ti sabes. Feliz ano.

20060127

Rosalía aílasoR

Quen non lembra aquela poesía na que Rosalía dí:
'Adiós, ríos/
adiós, fontes /
adiós, regatos pequenos/
adiós, vista dos meus ollos/
non sei cándo nos veremos'...
Rosalía poñía as verbas en boca de alguén que emigraba e daba un derradeiro adéus, pois non sabía se ía voltar. Os versos viñéronme á cabeza cun titular: 'Los promotores mariñanos opinan que la masificación no es posible' (a negriña é miña). E é o caso de que podemos aplicar as verbas de Rosalía á inversa, a unha terra que se vai alonxando de nós do mesmo xeito que o emigrante se alonxaba da súa terra. E non vai a cousa só polo urbanismo asoballador:
'Sogama cambiará de modelo para reducir al mínimo la incineración' ... Abaixo poño un artigo meu publicado vai un decenio en relación co tema. Pero de seguro que non cambiaron polo que eu escribira e fora publicado o 12/6/96.
Hoxe son novas as menores reservas de petróleo Repsol, que fixeron caer fortemente a súa cotización en bolsa ó anunciarse que estiveran sobrevaloradas. Para min a cousa está non en Repsol, senón en que é unha demostración máis de que estamos a esgotar os nosos recursos naturais, e, outra vez, vemos só economía monetaria.
E segue a ser nova a encíclica papal. Estáme entrando o remusguillo de leela; se chega o caso, xa darei conta do tema.
Remato con dúas citas, ambas tomadas dun artigo de Ramón Chao e aplicables á polítca mundia (como el o fixo), á política local (como sería desexable) e tamén a nivel de pensamento particular:
- Ninguén é abondo poderoso como para ser sempre o máis poderoso (Tucídides. Aplíquese a Bush ou a calquera alcalde, entre outras posibilidades)
- O problema da proliferación é que se se fixo unha excepción unha vez, non hai razón para que os demáis non faigan o mesmo (Principe Faisal. Aplíquese a que deixen por exemplo, ter a bomba atómica a Israel e outros queran tela, ou a que permitan abrir un establecemento nun lugar prohibido, ou construír nun lugar indebido, ...)
--

¿Que vas facer con este papel?

Imaxino que pasarás un rato leéndoo e logo o destinarás á basura, onde o máis probable e que quede por moito tempo. As cousas son así, e o periódico é efímero. Se pensamos na cantidade de basura que producimos e a comparamos, por exemplo, co noso propio peso, veremos que producimos e que levamos producido en xeral moita máis basura que o que somos na actualidade. Compréndese facil o problema das basuras: Non hai sitio para elas.

A realidade pode verse nembargantes como moito máis complexa. Noutros tempos non se producían basuras en grandes cantidades. Hoxe estamos nunha época na que a producción de bens materiais se acrecentou moito, pero tamén, ano a a no, a cantidade de basura. Aínda é grande a porcentaxe de personas que lembra, por exemplo, o comprar o azucre a granel. O prestixio do envase, e a posibilidade dunha ganancia maior fixeron que eso xa non se vexa. Por suposto, houbo outras causas como os alegatos á hixiene/sanidade, pero creo que non había moita mortandade por inxerir azucre en mal estado. Así as cousas, ¿cántos anos fai que non ves ofrecido azucre dese xeito?.

Por unha banda, fóronse impoñendo os envases, ate chegar ás veces a situacións esperpénticas, como a do perfume nun frasco pequeno, metido nunha bolsa de diseño, envasado nunha caixa, envolta en papel de regalo, metida nunha bolsa para transportalo. Pola outra, o afastamento dun modo de vida achegado á natureza fai que cada vez podamos aproveitar menos cousas. É dicir, aumentamos o problema e diminuímos a posibilidade de solución. Con elo xurde unha dificultade engadida cara á búsqueda de solucións: o aproveitamento dos nosos propios residuos cada vez se vai máis da nosa esfera personal para pasar a ser de solución comunitaria e allea (léase "societaria" ou, tamén, "empresarial").E iste comentario é a nivel privado, familiar, sen metérmonos no mundo da empresa, onde se consideran outros aspectos en diferente grao, como a primacía do compoñente económico.

Nestas estamos, tratando de solucionar o problema con regulacións diversas que normalmente non son mui ben acatadas, ou son "puenteadas" de diversos xeitos polas empresas. No caso dos particulares altérnanse momentos de acatamento pleno con outros de auto-disculpa plena. Aplicando o principio de "a grandes problemas, grandes remedios", trátanse de buscar solucións globais, como no caso de Galicia. Chócame, dende o meu punto de vista de inexperto en basuras e/ou merda que se busque unha solución na que a base é incinerar para producir enerxía, e ademais dun xeito centralizado, a través dunha empresa participada por unha eléctrica.

¿Por que? Queimar destrúe recursos que costou aproveitar, centralizar implica transportar e algo patrocinado (=> subvencionado) por unha institución pública váise a destinar para ... ¿solucionar un problema?

Pode que sexa algo lonxe da realidade pensar nesas obxeccións, ou noutras como a contaminación na mesma Cerceda (por certo, ¿cándo parará de "chover das Pontes" esa auga que deixa queimadas as plantas?). Eu mesmo penso que hai que deixar como boa a solución que os técnicos den por mellor. Pero hai veces que non me fío moito do resultado, como cando hai mezcla de política e economía. Ollo. Non estou a dicir que cheire mal esa unión, pero as cousas, claras, e, polo momento, eu non as vexo así. Ademais, cando o problema é complexo, como no tema das basuras, técnicamente pode haber ideas contrapostas nas que prime unha ou outra característica do proxecto, estando unhas e outras ben fundamentadas pero suplindo xubxectivamente lagoas no coñecemento profundo, científico do tema. Evidentemente, isto embrolla máis as cousas e as afasta da comprensión/decisión popular. Así, a xente non contamos con máis apoios nos que fundar a nosa decisión de rexetar ou apoiar o proxecto que os que dan os sentimentos ou, en todo caso de xeito posterior, o olfato, dando lugar a demagoxias de todo tipo, a máis do debate serio e consciente.

Mentras, ¿hai unha campaña seria para reducir o problema, para reducir a cantidade de basura?. Non a vexo. Eso me fai dudar aínda un pouquiño máis da liña que se pretende seguir para buscar unha solución.

20060126

Ribadeo is different


Calquera que vexa hoxe a prensa na mariña teráo claro: Ribadeo? is different! O lema do turismo español de vai xa 40 anos (curioso, os que pasou Franco, ordeno y mando...) vénlle ó dedo a Ribadeo: leva a palma, mentras que dos outros concellos van a fitur o alcalde ou algún concellal (o máximo, dúas persoas), aquí, alomenos catro políticos pasaron por alí. Custe de Fitur? 6000€ para cada concello, polo que di a prensa (entendo que viaxes a parte) e parece que da rendemento para a hostelería, pois nos 11 anos que levan asistindo os concellos á súa cita o turismo multiplicouse. Outra cousa é a xestión do turismo fóra do que é Fitur ou se se pode sacar máis partido. Hoxe non entro aí.
O rancio Ribadeo ten moitos contactos en Madrid, e se hai algún lugar da costa luguesa no que se decidan actuacións dende Madrid, eu diría que ése é Ribadeo.
E para rancio, pero noutro sentido, e vello, pero tamén bello no sentido castelán, o ascensor que se amosa, o da Torre dos Moreno, que está descuidado pero segue a impresionar á xente que alí se achega (que coido que seremos dous gatos e un pelagatos). Só unha lembranza histórica para indicar que data de vai 'só' 90 anos, moi ben levados.
Xa que nomeei antes á Mariña, outro dato: Prado Vilapol xa non ten rúa no Vicedo. Voltas que da a vida, non só Pinochet en Chile é ameazado pola xustiza, senón tamén os alcaldes máis próximos a nós.
E todo esto ocorre mentra dous rusos acusados de destrozar 11 coches unha noite en Ribadeo non comparecen no xulgado, ou a prensa se pregunta quen garante os servizos co boom urbanístico e o alcalde de Barreiros parece que insinúa ás urbanizacións que perforen pozos de auga para o seu abastecemento. Así vai o mundo.
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

-->
Data: 2/11/93 Fonte: La Voz de Galicia
Título: EDUARDO GUTIERREZ Y HERNÁN NAVAL INAUGURÁN LA RIBADENSE ESCOLA DE MÚSICA
Autor: Viveiro redacción
Descrición: reseña prensa sobor da criación dun centro de ensinanza en Ribadeo
Comentarios:

-->
EDUARDO GUTIERREZ Y HERNÁN NAVAL INAUGURÁN LA RIBADENSE ESCOLA DE MÚSICA
VIVEIRO Redacción
A partir de las ocho de la tarde de pasado mañana, jueves, se celebrará en la Casa do Mar de Ribadeo el acto inaugural y de apertura de curso de la Escola Municipal de Música. Eduardo Gutiérrez, el regidor local, y Hernán Naval, director del centro, pronunciarán sendos discursos.
Ambos se dirigirán a los alumnos matriculados en la Escola Municipal de Música y a los familiares de éstos “expresamente convidados” al evento por las autoridades locales.
Cuando concluyan los discursos, los estudiantes y sus acompañantes “accederán á pranta baixa da Casa do Mar, sé da escola, para se informar do horario de clases das distintas materias musicais que, desde ese día, se impartirán regularmente”, reza la nota informativa emitida por la dirección del centro.
La Escola Municipal de Música de Ribadeo iniciará pasado mañana su andadura. En este primer curso se han matriculado cerca de un centenar de alumnos, según las informaciones facilitadas por Hernán Naval.
Parte de las instalaciones de la Casa do Mar de Ribadeo han sido acondicionadas y equipadas con materiales para acoger el centro. Tres profesores, incluido el director, impartirán las diferentes asignaturas musicales. Concretamente, este año serán piano, violín, violoncello, instrumentos de viento – madera y viento – metal, coro y clases de introducción a la armonía, indicó el músico Naval Parapar.

20060125

Citas e fotos; ó fondo, Ribadeo.

    Comecemos polas fotos. A primeira, unha clásica: a saída da ría, máis ben a illa Pancha co faro e a casa. Para calquera que ande por Ribadeo, sobra comentario.
A segunda, tamén clásica, pero noutro sentido: na rúa 'Viejo Pancho', un caserón antigo que agora tamén se pode calificar de vello (non 'bello'), debido ó descuido de anos, de abondos anos para que xa constitúa un perigo pasar á súa beira, sen que ninguén se remangue e se poña mans á obra.
    A terceira, Pena Furada, outro clásico da ría. Así, un bocata clásico, entre os 'pans' naturais da ría, o 'magro' dun abandono no interior do pobo. Ás veces dáme polo pesimismo: así, véuseme á cabeza que dentro de pouco, todo pode ser 'magro': todo desatendido e destartalado.
Pode que sexa polas lecturas dalgún artigo que vin estes días. Por eso o das citas:
Comezo cunha para ter unha especie de autoxustificación para as seguintes: 'en estes tempos de impostura universal, dici-la verdade é un acto revolucionario'. Parece que o dixo George Orwell, segundo o cita Ignacio Ramonet. Despois desta cita de dous 'pesos pesados, sigo.
    'España elixiu un mal camiño: crecer económicamente a costa do medio ambiente, algo que a longo termo pasa factura'. Eso di o director do informe sobre o índice internacional de xestión ambiental.
    Máis?
    'O Ministerio de Medio Ambiente e Ecoloxistas en Acción denuncian que as cidades españolas superan os límites de contaminación fixados pola UE' ... o mesmo Ministerio.
    Quen quera saber máis, que mire aquí.
    Máis?
    'O dereito de propiedade non é ilimitado'; eso di J.A.Martín Pallín, do Tribunal Supremo, a conta do urbanismo que se practica en España.
    'Unha operación devastadora que só ten como obxectivo os cartos fáciles e rápidos que se reparten de xeito desigual entre entidades públicas e privadas', no que o mesmo citado se refire a 'unha nova especie de depredadores' que actúan mesmo co consentimento de 'irracionais conciudadanos' que permiten que actúen '... como auténticos cuatreros, chantaxeando a cidadáns...'. Sen máis comentarios ou citas por hoxe.
    ... Pero si un titular: o precio medio das vivendas na Mariña subiu un 50% nos tres anos pasados.

20060124

O estado non debe ser feudo dos que gañan


Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a pesares de ser Cavaco 'de dereitas' e este outro 'de esquerdas', os papeis están invertidos nas citas e a representatividade Aníbal é 'algo maior'. Eso, para os que non esteñan convencidos de que a elección a un cargo non implica unha patente de corso para facer 'o que me sae dos collós' (sic).
Ven ben a conto nun día como hoxe onde foi rexeitada a culpabilidade de Antonio, o marido de Sole, pola defensa dela fronte ó sr. alcalde (xa falei do tema outro día). Pois ben, polo que parece, ademáis, Balbino terá que pagar as costas, o que parece lóxico dado o veredicto.
Tamén nun día no que segue a falarse da viaxe a Perugia (It) de alcalde, secretario e funcionario para o tema do ascensor, no que non me meto direitamente, pero paga a pena comentar a defensa do alcalde: 'non foi feito con cartos do concello', como se uns cartos que son públicos, concedidos ó concello por unha acción da UE, poideran gastarse como se quixera. Así se comprende unha serie de inversións feitas ou previstas que parece que teñen o seu sentido en gastar cartos como sexa. Comentaba outro día: moverse por moverse, para dar impresión de movemento.
En canto á foto de hoxe, está feita non para observar a boa paisaxe que se intenta defender ante un PXOU 'economicista', senón para corroborar que a mesma foto podería ter sido feita vai case un ano. Poderá ser feita dentro dun ano? ... e é que me estou lembrando da cúpula de Sta. Cruz (estará amañada xa? A ver se estes días me dou unha volta por alí e podo poñer o telescopio no seu sitio, tras máis de dous anos retirado de uso pola rapidez do concello)
--

De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

-->
Data: 6/11/93
Fonte: El Progreso
Título: UN MATRIMONIO RUSO DARÁ CLASES EN LA ESCUELA DE MÚSICA DE RIBADEO
Autor: Alfonso Rodil
Descrición: Sobor da criacion da escola municipal de música de Ribadeo e os seus primeiros pasos.
Comentarios:

-->
El centro recién inaugurado comenzará sus clases el lunes
UN MATRIMONIO RUSO DARÁ CLASES EN LA ESCUELA DE MÚSICA DE RIBADEO
Ribadeo Alfonso Rodil
La Escola Municipal de Música de Ribadeo, que fue inaugurada anteayer por el alcalde y que comenzará a impartir clases el próximo lunes, cuenta en su plantilla de profesores con el matrimonio ruso, formado por Sarkissov Viguen y Gueniehta Tatiana, que se desplazarán todas las semanas desde Oviedo. El primero es violonchelista titular de la orquesta Virtuosos de Moscú, cuyos componentes residen actualmente en la capital de Asturias, mientras que su esposa es profesora de violín.
El matrimonio Sarkissov ya estuvo ayer en Ribadeo y realizó una primera toma de contacto con los alumnos matriculados en la escuela, que también cuenta en su plantilla de profesores con el director de la Banda de Música, Hernán Naval que es el director de la Escuela, y con la directora de la Coral Polifónica, Mari Carmen Rodríguez Cancelo.
El DOG publicó ayer el decreto de apertura y funcionamiento de la Escuela Municipal de Música de Ribadeo, que entra en vigor hoy.
Inauguración
La inauguración de este nuevo centro educativo se celebró en el salón de actos de la Casa del Mar en la noche del jueves y corrió a cargo del alcalde ribadense, Eduardo Gutierrez.
El regidor municipal destacó el significado cultural y educativo de esta iniciativa e hizo especial hincapié en el interés que tiene para la juventud: “Ampliamos de maneira substancial o abano de opcións para a xente nova, un aspecto que para o Goberno municipal constitue un ponto programático básico ó que leva adicado tempo e esforzo”.
Estamos desecando ese baleiro de ociosidade, de inanición que é as veces o caldo de cultivo para a percura de paraísos que non son tais”, manifestó Gutiérrez.
El alcalde también afirmó que “o actual é un bo ano para Ribadeo no que respecta á posta en marcha de centros de ensino” y citó a la reciente inauguración de la Escuela de Capacitación Agraria Pedro Murias y la próxima puesta en marcha de la Casa de Oficios.
Eduardo Gutiérrez agradeció la colaboración del Instituto Social de la Marina (ISM) por la cesión de la Casa del Mar, que alberga las instalaciones de la Escuela, y destacó la valía del profesorado.
Por su parte, el director de la Escuela de Música, Hernán Naval, afirmó que este centro “supón a estabilización e a regulación académica do estudo regular da música en Ribadeo, até agora só impulsado desde o asociacionismo popular pola entidade “Amadores da Música” a través da academia “Carlos Álvarez Fernández – Cid”.
Hernán Naval se refirió también a la tradición y afición por la música existente en la villa. “A afeizón musical dos ribadenses e mesmo a práctica musical vocal e instrumental, é aquí mayor que no común das vilas e concellos semellantes. Neste sentido, a existencia da Coral Polifónica desde hai lustros é un significativo exemplo. Mesmo un coro da terceira idade como é “Airiños de Ribadeo”, baixo a dirección de Gonzalo Montero Cruz, é algo sobresaínte”, afirmó.
La creación de la Escuela Municipal de Música de Ribadeo surgió a partir de la aprobación por parte del pleno de la creación de un Conservatorio de Música de Grado Elemental en enero del año 92 aunque su apertura se demoró por el comienzo del calendario de aplicación de la LOGSE en el pasado curso académico.

20060123

Rebelde en Ribadeo

Vin vai pouco un párrafo escrito do que me quedei coa miña versión particular: rebelde, non protestón. Coido que aprender ben a diferencia entre ambos termos é cousa importante para poboación de Ribadeo, que parece que na súa grande maioría non a advirte.
O protestón farfulla, pero non traballa en positivo. O rebelde fai que o desacato se convirta en algo positivo buscando outra vía. Os comentarios dos bares, en xeral, son en plan protestón, e pouco se pode aproveitar deles para mellorar. A rebeldía pode implicar protesta, pero vai máis aló. Quedaría outro terceiro termo, pasota, máis alonxado aínda do 'ideal'.
E ti, que és, pasota, protestón ou rebelde?
--
Coido que, co anterior, paga a pena poñer algo dun rebelde:

Data: 1999

Fonte: El Progreso

Título: O enfoque que temos é formar músicos amateur.

Autor: Pablo Villapol

Descrición: Entrevista previa á actuación en Noruega.

Comentarios:

Hernán Naval subdirector da asociación de escolas de música


O enfoque que temos é

formar músicos amateur”


RIBADEO PABLO VILLAPOL


Hernán Naval, ademais de moitas outras cousas musicalmente falando, é o subdirector da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música, coñecida polas súas siglas, Agemm. Agora, están preparando a súa actuación nun encontro europeo que se fará entre maio e xuño en Noruega.


  • ¿Dálle moito traballo o seu cargo na Agemm?

  • O peso organizativo cae na presidenta, Rosina Sobrido, e sen embargo neste momento estou eu en funcións de presidencia pola súa baixa maternal. Nós pretendemos aglutinar á mayoría das escolas de música públicas que hai en Galicia e unificar o concepto que se ten das escolas de música con respecto a unha actuación coordinada en plans de estudo, nova concepción pedagóxica musical, que se diferencie dos conservatorios, que entendemos como centros profisionais.

  • ¿Desmárcanse deles?

  • Fronte ós conservatorios as escolas teñen unha formación amateur cunha componente de centros culturais con dimensión vecinal, máis alá da labor docente. Tratamos de persuadir á administración autonómica de que cambie a súa política de axudas e estimación do labor que fan as escolas. Neste momento, as escolas son algo secundario para a administración e fai con elas unha política de subvencións de café para todos, sen mirar o traballo que fan. Non se pide unha política discriminatoria, pero é evidente que hai moitos centros que se fan chamar escolas de música e son simples coberturas de clases particulares de música ou de canteiras de bandas tradicionais que limitan a eso o seu traballo docente, cando unha escola ten que ter moitas outras dimensións abertas a todos tipos de música , de formación e con variedade de especialidades instrumentais.

  • ¿Cómo xurdiu a Big-Band?

  • Estamos integrados nunha entidade superior de carácter europeo que cada tres anos fai un festival internacional de xóvenes músicos amateurs. Para participar, a Agemm, decidiu nun primeiro momento que cada escola mandase unha agrupación, pero ó final optamos polo proxecto colectivo de creación duna Big-Band ó haber disponibles moitos instrumentistas de vento. Cando se nos confirmou un número de prazas moi superior ó previsto, decidiuse facer o coro, que pola disposición dos cantores preparados de cada escola, acabou sendo feminino.

  • ¿Qué tal se lle da a dirección desa formación?

  • Sempre fun un apaixoado desa música e dentro da propia banda de Ribadeo temos tocado algún tema. Para min o resultado é moi positivo e moi divertido.

De novo, Estratexia china en Ribadeo

Si, pero o título corresponde a outra estratexia china totalmente diferente: a dos individuos e familias particulares que están a inundar a nosa terra con comercios nos que se traballa arreo e que pouco a pouco van borrando do mapa as tendas tradicionais ás que fan competencia. Pois parece que chegaron a Ribadeo: Estase a montar unha nova tenda na Avda. de Galiza que (din) que vai ser un comercio chino, unha especie de 'todo a cen' sobre o que hai diversas espectativas.
Por certo, falando de todo a cen, o sábado Jaureguízar, na casa das letras, presentou un novo libro, 'Cabaret Voltaire', tamén con múltiples referencias a Ribadeo. Cando o lea, referenciareino. Faltan dúas fotos, a da tenda (que estrá en beve, espero) e a de Jaureguizar, que non estará, e para o que remito á súa páxina web.

20060122

Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo



As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de Suso.
Inconexa co anterior, unha cita que levo apuntada dende o fin de semana pasado, con cantautor Raimon (Raimon Pelegero), que seguro que coñecen quenes viviron o principio da transición en España: "Acábase a dictadura, pero a loita pola democracia non se remata nunca". E nesas estamos, esixindo máis democracia para facer unha sociedade mellor. Lector, súmaste? Así cumpriríase entre outras posibilidades, a terceira parte do título de hoxe: 'un novo Ribadeo'

20060121

A nova de Ribadeo hoxe estivo fóra

Esta foi a nova de hoxe en Ribadeo:

MANIFESTO DA CONSTITUCION DA “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR).

Un amplo número de entidades e asociacións veciñais de Galicia sensibilizadas dun xeito especial frente ao grave fenómeno de agresións acústicas que veñen padecendo milleiros de ciudadans do noso país, xuntaronse por medio dos seus representantes, no día de hoxe, para crear unha Plataforma que sirva para xuntar esforzos e que de xeito organizado poida presentarse ante a opinión pública e representar con coñecemento de causa ós afectados diante dos organismos con competencias na materia, fomentando a sensibilización solidaria da cidadanía ante este importante problema e encarreirando e sumando neste agudo conflicto as xustas demandas da sociedade ante os poderes públicos.

En efecto, os responsables das Administracións Públicas deben artellaren no mais breve plazo respostas que poñan solución a actual situación de impunidade na que se move un determinado segmento social, insensible á tortura á que someten día tras día e semana tras semana a numerosos cidadans a través das agresions acústicas que teñen a súa orixe en certos establecementos industriais que responden a unha tipoloxía variada, ainda que todos baixo o común denominador que os designa na linguaxe coloquial coma “locais de copas” e que desenvolven a súa actividade en horario nocturno de máxima sensibilidade acústica dotados de potentes sistemas de reproducción electrónica musical.

En efecto, atopámonos aquí cunha particular forma de violencia ou maltrato que atenta directamente contra os seguintes dereitos humanos dos cidadadans e que se protexen nos preceptos da Constitución que deseguido se indican:

1.- Dereito á integridade física e moral (artigo 15) e o dereito á intimidade persoal e familiar e inviolabilidade do domicilio (artigo 18). Son éstes uns dereitos que gozan dunha protección extraordinaria na propia Constitución, o que obriga aos poderes públicos a actuar en orde á súa máis rápida e eficaz defensa.
2.- Dereito á protección da saúde (artigo 43) e o dereito a disfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenrolo da persoa e o deber de conservarlo. (artigo 45).
3.- Dereito a unha vivenda digna (artigo 47.1).
4.- Dereito á protección á infancia (artigo 39.4).
5.- Dereito á protección contra a contaminación acústica (Decreto 320/2002 e Lei 7/1997 da Xunta de Galicia e Lei 37/2003 do Estado español).
6.- Dereito á protección polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Artigo 104).

Chamamos aquí a atención sobre as expresións “buscar a compatibilidade de dereitos” ou “trátase dun conflicto ou colisión de dereitos” tan utilizadas polos responsables políticos. NON HAI TAL “COMPATIBILIDADE DE DEREITOS” NIN “CONFLICTO DE DEREITOS”, por non ser equiparables os dereitos cidadans e os intereses dos xeneradores das agresións acústicas, en especial dos titulares de establecementos de ocio nocturno: os dereitos das víctimas nunca poden ser equiparables a os intereses dos agresores. NON PODE HABER COMPATIBILIDADE ONDE HAI PURA E SIMPLEMENTE VIOLACION DE DEREITOS HUMANS RECOÑECIDOS CONSTITUCIONALMENTE: Os veciños teñen todo o dereito a non soportar as inmisións acústicas que se producen nas súas vivendas. E estes veciños víctimas son cidadans de toda condición (vellos, nenos, sans, enfermos, traballadores que necesitan descansar, estudantes que precisan estudar...) que teñen dereito a non ser torturados no seu propio domicilio.

Xa que logo, argumentar (como fan algúns responsables políticos) sobre a necesidade de “compatibilizar” ou “conciliar” os dereitos dos veciños e os intereses dos titulares de establecementos de copas nocturnos -protagonistas dunha das principais fontes de contaminación acústica que se está a padecer na actualidade na nosa sociedade-, é sofistico e demagóxico e pode conducir a situacións propias da prevaricación omisiva.

Compre suliñar que o tan falado “dereito ao ocio” non é distinto ao “dereito ao descanso”: Son a mesma cousa: En efecto, trátase do dereito a dispoñer do tempo libre, do ocio, ben descansando, durmindo, lendo, facendo deporte, saíndo de copas, etc. Pero coa diferencia que o dereito ao descanso é unha necesidade esencial do ser humano merecente dunha privilexiada protección constitucional (artigo 18 da Constitución citado) que prevalece fronte outros posibles intereses (coma “saír de copas” ou o dereito á liberdade de empresa).

Ante esta inxusta situación os constituintes da “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR) fan un chamamento aos poderes públicos para que adopten decontado as medidas necesarias conducentes aos obxetivos que deseguido se expoñen sintéticamente:

1.- As normas urbanísticas (Leis do solo, Planos de Ordenación Urbanística, etc.), deben declarar a incompatibilidade de usos dos locais nocturnos de copas cos usos residenciais do solo.
Esta prohibición debe ser absoluta para as discotecas (a considerable dimensión deste tipo de industrias fai cáseque imposible evitar as molestias e danos que produce a súa actividade á vecindade: imposible insonorización; elevado número de clientes que, inevitablemente estarán na rúa de madrugada xerando ruído, tráfico, berros, filtración de cheiros, risco de accidentes de tráfico, vandalismo na rúa, etc.).
Para outro tipo de locais (pubs, bares con música, etc,), debe establecerse unha normativa de distancias entre eles (dependendendo do ancho das rúas, altura de edificios, etc.) que evite os prexudicias efectos aditivos da súa aglomeración: aumento das inmisión acústicas, aglomeracións por milleiros de persoas na rúa en horas de descanso da veciñanaza, etc. En todo caso, ademais, a súa ubicación non poderá ser nunca nos baixos de edificios adicados a vivendas ou en edificios beirantes a outros tamén de vivendas. Estes establecementos “de copas” deben espallarse pola ciudade, co que a súa actividade resultará mais doadamente controlable e non se producirá así a situación discriminatoria entre barrios que se produce na actualidade en relación ao padecimento das agresións acústicas. Os veciños que viven nestas zonas de aglomeración saben ben da picaresca e da dificultade de imputar aos infractores a cota de responsabilidade que lles poda corresponder na comisión de infraccións (distribución do exceso de ruído, elevación do ruído de fondo, etc.). Do contrario, si se admitira a aglomeración destes establecementos, neste caso deberán ubicarse en zonas non residenciais.

2.- En canto ás inmisións de ruídos, os límites máximos que veñen establecendo polo xeral as vixentes normativas (en especial, boa parte das ordenanzas municipais) de 22 horas a 8 horas son de 30 decibelios en dormitorios e de 35 decibelios no resto da vivenda resultan insuficientes para á protección da veciñanza contra as agresións acústicas. Non entendemos como moitas veces se establece que estes límites nocturnos para as zonas docentes deben ser de 25 decibelios (¿por qué? Si a esas horas de noite-mañanciña non hai clase). Recollendo ás conclusións formuladas no “Primer Congreso Nacional Contra el Ruído” (Zaragoza, abril 2004), manifestamos que tales límites nocturnos para a totalidade dunha vivenda deben ser fixados nun nivel máximo de inmisión acústicas permitidas de 24 decibelios -24 B (A)-.
Tanto as normas autonómicas coma municipais deben recoller esta disminución do límite máximo de inmisións acústicas en domicilios.

Entendemos ademais que o control da contaminación acústica (medicións, informes sobre condicións e aillamento acústico de locais e edificios, etc.) debe ser encargado a un corpo técnico de inspectores que se cree a nivel da Comunidade Autónoma, xa que está demostrado que a homologación de empresas privadas é unha das causas dos problemas de ruido pola falta de garantías en canto a súa obxetividade á hora de facelos estudos de impacto ambiental. Ademáis as Policías Locais non gozan de plena independencia, nin contan cos medios materiais e a formación adecuada no desenrolo da súa labor dentro de cada Concello.


3.- Os actuais horarios que rixen a actividade dos locais nocturnos agravan extraordinariamente o problema da contaminación acústica: Si ésta constitúe un gravísimo problema na actualidade, non ten sentido alongalo ata altas horas da madrugada. Mentras dure a situación actual de distribución espacial deste tipo de locais nas zonas residenciais, os seus horarios de actividade deber ser reducidos esencialmente, adiantando a súa hora de peche, pois “la fijación de un horario nocturno de cierre responde a la necesidad de preservar la tranquilidad o el sosiego de la mayor parte de la ciudadanía” (Tribunal Contituciónal).
Por elo esiximos a inmediata derogación da Orde da Consellería de Xustiza e Interior de 16 de xuño de 2005 (D.O.G. de 20 de xuño) que establece uns horarios de apertura de locais notoriamente excesivos e que deroga a anterior de 14 de febreiro de 2005 (D.O.G. de 18 de febreiro). Esta norma de 14 de febreiro tamén establecía uns horarios excesivamente amplos pero que semella que eran insuficientes para certos hosteleiros. O resultado foi que ¡¡¡catro meses¡¡¡ despois é subsituida pola vixente e inadmisible Orden de 16 de xuño e que acrecenta (ainda mais) os tempos de apertura nos devanditos establecementos (ou o que é o mesmo: O tempo de tortura dos afectados).
En calquer caso estimamos imprescindible o adiantamento do peche tanto sobre os horarios vixentes da Orde de 16 de xuño de 2005 como da súa antecedente Orde de 14 de febreiro de 2005, así coma a supresión da media hora de mais que a norma concede para as noites comprendidas de xoves a domingo (unha auténtica lei do funil: son precisamente eses os únicos días que abren boa parte dos establecementos, de xeito que o que sería excepción, resulta a regla)

4.- Temos que chamar tamén a atención sobre a figura das chamadas “Zonas Acústicas Saturadas” “ZAS” (mellor acaeríalles o nome -sen eufemismos- de “Zonas Acústicas Contaminadas” -ZAC-) que se están introducindo na normativa vía Ordenanzas Municipais.
Parece que -quizais con certas excepcións-, paradoxalmente, esta figura da ZAC pode contribuir mais a agravar e consolidar a indesexable situación que están a padecer na actualidade moitos barrios e poboacións que a solucionar os problemas que debera eliminar.
En efecto:
a longa tramitación que a dita declaración de ZAS implica, provoca non impide a instalación de novas industrias de ocio nocturno nas zonas afectadas dende que tal proxecto se fai público; ainda mais: provoca unha certa aceleración na apertura de novos establecimentos;
deste xeito chégase a declaración de ZAS (o que implicará a prohibición de novos negocios de copas) cando xa non queda baixo ningún por ocupar para as ditas actividades, o que provoca, de feito a consolidación da situación de “saturación” (=“contaminación”) acústica existente.

Unha declaración de ZAS deberá implicar sempre medidas correctoras como:
a non concesión de mais licencias de locais con música na zona a declarar, dende que o proxecto se fai público;
a prohibición de subrogación das licenzas existentes;
a determinación dun límite máximo de inmisión acústica nas vivendas da ZAS de 24 decibelios;
o adiantamento dos horarios de peche: si a zona está acústicamente saturada, o lóxico e impedir que esta saturación se alongue ata altas horas da madrugada;
o establecemento de distancias mínimas entre locais con actividade musical.
E en definitiva, calquera outra medida que sexa necesaria para restablecer o nivel de ruido ós seus valores admisibles.

5.- A situación de padecemento que afecta a tantas poboacións galegas na actualidade a causa da masiva ubicación de locais de copas nocturnos con música en certas zonas non é unha catástrofe natural: hai unha causa perfectamente detectable que é a pasividade (incluso fomento nalgúns casos) das Administracións Públicas responsables fronte a unha situación dinámica que tende ao empeoramento -e non falamos de posibles, presuntas complicidades vencelladas a oscuros intereses ou das implicacións directas ou indirectas que poidera ou non haber na explotación deses locais por parte de algún político ou funcionario ou de persoas a aquél ou a éste achegados-.
Se ata aquí chegamos foi porque -por acción ou omisión- así o quixeron algúns. En efecto, o panorama actual ven caracterizado pola insolidariedade social, frívolamente propagada desde as instancias do poder político, fronte a uns padecementos que son danosos para a saúde; e que producen a desfeita da convivencia, do tecido social de barrios e poboacións enteiras e da súa calidade de vida ¿Qué é o que está a pasar con tantas zonas das nosas vilas e cidades sometidas a un trato tan degradante? Á vista está a súa progresiva desertización -ou non recuperación da poboación-, o desartellamentdo social con mudanzas constantes da veciñanza, o proceso de obsolescencia acelerada de moitos edificios por non ser rentable o seu mantemento en tales condicións, a desaparición de edificacións e lugares que conforman os sinais de indentidade dunha colectividade...

En definitiva, chegamos a unha situación que contribúe ao deterioro da democracia e ao desprestixio da “política”. Por eso afirmamos que a nosa loita contra ese novo tipo de incivismo acústico é unha loita polos dereitos fundamentais do ciudadán; é unha loita, en suma, en defensa da democracia e das liberdades a ela vencelladas.



Santiago de Compostela, a 21 de xaneiro de 2006.


ENTIDADES ASINANTES:

ASOCIACION VIGUESA CONTRA O RUIDO.
AA.VV. “O TESON” DE RIBADEO.
AA.VV. SIGÜEIRO “RESIDENCIAL” DE OROSO.
AA.VV. CRUCEIRO DE BANDOURRIO-RIVEIRA DE RIBEIRA.
PLATAFORMA VECINAL CONVIVENCIA DE BOIRO.
ASOCIACION COMPOSTELA SIN RUIDOS.
AA.VV. FONTE DO GALO-ZONA CENTRO DE VIGO.
AA.VV. CASCO VELLO DE VIGO.
FAAVV EDUARDO CHAO DE VIGO.
AA.VV. DE LA MARINA-ZONA CENTRO DE A CORUÑA.
AA.VV. DE LA ZAPATEIRA DE A CORUÑA.
FAAVV SALVADOR DE MADARIAGA DE A CORUÑA.
AA.VV. RAMON FERREIRO Y ZONA CENTRO DE LUGO.
AA.VV. DE PONTEVEDRA. (3)
FAAVV. CASTELAO DE PONTEVEDRA.
FAAVV. BOA VILA DE PONTEVEDRA.

20060118

Un resume que tomei, sobre goberno, sociedade e poder:

The wisdom of crowds - O saber das muchedumes.
Unha multitude pode ser máis intelixente (tomar mellores decisións) que cada un dos seus membros por separado se se dan tres condicións básicas: diversidade da multitude, compoentes de pensamento independente, sen manipulación, e existencia dun mecanismo fiable, democrático, de recollida de opinións. O básico, a interacción. ... con Ribadeo no pensamento.

Estratexia china (en Ribadeo?)

Vai este post non polo libro de Tsun-Tzu, 'O arte da guerra', senón por outra estratexia. De todos é sabida a usada polas tropas sublevadas na Batalla do Ebro: desgaste das tropas que tiñan cruzado o Ebro nun contraataque cando as podían ter botado de alí antes, pero resultaba máis rentable cara ó seu aplastamento aínda que contribuíra a máis penalidades e mortes dos soldados (coidado, é unha interpretación miña!). Fronte a esa estratexia guerreira temos outra, semellante, económica: a de China na actualidade mantendo o baixo salario dos seus mentras vai ocupando mercados e logrando un forte superávit. Aínda que difiren naturalmente en moitas cousas, o básico é que cando se remate o proceso o oponente estará KO.
Se miramos a Ribadeo, a estratexia política parece ser a contraria: dar paos desgastándose un mesmo e non mantendo a propia posición, senón cambiándoaó pouco de tela. Agora si que sería convinte o citar o libro do principio, para aconsellar a súa lectura antes de que a política de terra queimada produza demasidados danos para xente de a pé. ... pode que non esteña moi claro o que quero dicir, pero tamén é que non o quero dicir moi claro: o estudo do tema dá para enterarse máis e máis.

20060117

Pleno vacío en Ribadeo

Estes días, e ata a próxima semana, ando con pouco tempo... o que non me impediu onte ir ó pleno. Moitos temas tratados en clave, para que non se entendan dende fóra (eso parece), contestacións crispadas ou desdeñosas no mellor dos casos, ... como exemplo, un botón: as dúas preguntas de O Tesón, nunha foi negada información en base á lei cando coido que se deu información ós empresarios en circunstancias semellantes (teño que comprobalo), e noutra, a resposta prácticamente implica unha privatización da oficina de turismo, aínda que polo momento siga tendo atención por parte do Concello... As preguntas:

1.Dado o carácter público da Oficina de Turismo e o funcionamento no seu interior dunha oficina privada, solicitamos coñecer o convenio asinado entre ambas entidades, coas contraprestacións acordadas.

2.Dada a presentación do PXOM na Xunta e a supresión de datos na páxina web correspondente, e polo tanto, ignorancia das modificacións realizadas en temas diversos, como a ampliación na parte sur de Mirasol do peirao comercial ou a supresión da escolleira dos Bloques, por poñer dous exemplos na mesma zona, o mantemento do parque sen cambios ou o recollimento só parcial do recheo na parte norte de Mirasol, solicitamos coñecer as modificacións respecto ó xa presentado no seu día ós veciños.

Hai que ver tamén outras respostas e o tono empregado nelas. É unha mágoa que o pleno estivera case vacío de público (5 persoas, sen ningún periodista entre elas) estoume aficionando a ir, e realmente 'apréndese' moito. --

 De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

BREVE GUIA DE REFERENCIA CRONOLÓXICA NOS ANOS RIBADENSES

  • 1988 Iniciativa civil privada particular e vecinal para recuperar a Banda de Ribadeo.

  • 1989 Constitución dunha comisión xestora para criar unha Academia de Música. Iniciase a captación do socios cunha gran e masiva resposta social.

  • Comezan os contactos para conquerir director – profesor (La Comarca del Eo 28/5/89) Nota informativa sobre os contactos profisionais e acordo co mestre Hernán Naval para encargarse de dirección e docencia dunha academia privada para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a posterior criación dunha banda de música. Pártese de 0 é dicir a formación inicial dos futuros músicos e nula na mayoría dos casos. Para iso criarase unha academia de música.

  • Formación da sociedade Amadores da Música (la comarca; 10/9/89) entidade civil, privada e sin ánimo de lucro cuxos obxectivos son a creación e mantenimiento dunha academia privada de música e a criación e mantenimento dunha Banda de música, así como o cultivo da música entre os seus asociados.

  • Criación da academia de música ”Carlos Alvarez Fdez. – Cid” e posta en marcha da mesma (17/9/89; la comarca) que depende estatutariamente da asociación Amadores da Música que se manten con as cuotas dos seus asociados. O único requisito para receber clase nesta academia dalgún instrumento de banda era pagar unha cuota anual á asociación.

  • Primer curso académico 89/90 na Academia Carlos Cid (la comarca; 25/8/90). Educandos examinados no conservatorio de Viveiro. O ser o centro oficial de ensino máis proximo e para ir conquerindo as papeletas que acrediten a superación dos cursos oficiais e o nivel esixido.

  • Presentase o proxecto de futura banda de música e segundo curso na academia Carlos Cid 90/91

  • 1992 Presentación banda de ribadeo 25/1/92 director Hernán Naval.

  • Banda de Música e Concello de Ribadeo asignan un convenio de colaboración e a banda pasa a chamarse municipal. A academia Carlos Cid continua a funcionar e segue dependendo de Amadores...

  • 1993 Criación dun centro oficial de ensinanza musical de titularidade municipal. Escola Municipal de Música. DOGA do 5 de novembro

  • 1994 Congreso de bandas, espectáculo nocturno d e imaxe e son, clausura do primerio curso na escola municipal de música,

  • 1995 madrid, barcelona,... I festival d ebandas; como aquí nen en viena; cambio de governo Lisboa

  • 1996 dimisión e outros, páxina en internet, timbres no concerto de fin de ano guitarras electricas o 17 de maio

  • 1997 V aniversario da banda, presentación da Contrabanda, gravación e edición e n solitario do primeiro Cd da banda. Proxecto de banda infantil e orquesta de corda da escola municipal de música. Oviedo

  • 1998 compatibilidade laboral

  • 1999 Aranjuez comezo de ensayos para expedición noruega big band

  • 2000 AGEMM vicepresidente, encontro de músicos europeos en noruega a escola perde unha subvención hernán naval senador banda da federación galega músicos da BSMR seleccionados hernan subdirector a contrabanda cede un piano dixital a escola de música e comeza o proceso de elaboración de seu traballo multimedia.

  • 2001 gravación de dous discos compactos pro parte da banda..... pasamento

    Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):  

    Hernán Naval, escritos e prensa VII

    Hernán Naval, escritos e prensa VI  

    Hernán Naval, escritos e prensa V  

    Hernán Naval, escritos e prensa IV  

    Hernán Naval, escritos e prensa III  

    Hernán Naval, escritos e prensa II  

    Hernán Naval, escritos e prensa I

    Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses

     

20060116

3000 visitas a Ribadeando, o meu (e noso) blog de Ribadeo

Esta fin de semana pasaron das tres visitas ó blog. Dende que vin as 2000 parece que anda a cousa a unha media de algo máis de 25/día. Pouco a pouco o blog vai logarndo un recoñecemento. Aspiro a que para o verán sexan perto das 50 diarias. Xa veremos.

De novo en Ribadeo

Sentemento difuso. Pode que sexa unha boa definición. De que? do sentemento que noto ante os anuncios diarios, repetidos unha e outra vez, de obras e novas cousas que emprende o Concello en Ribadeo. Porque cada cousa anunciada pode ser unha oportunidade, pero logo se leemos a 'letra pequena' resulta que non é máis que unha oportunidade perdida de facer algo oportuno. Dende o outro día sucedéronse (para que saíra no xornal a fin de semana, claro) avisos diversos. Collamos dous casos: A área das Catedrais vai, é anunciado por enésima vez, a sufrir unha inversión. E ben dito o de sufrir: construirase entre outras cousas un aparcamento apra 504 prazas de coches e 11 de autobuses (se non collín mal os datos), a parte de prazas para minusválidos. A información implica unha zona asfaltada a carón da praia, 'do outro lado da carretera', deixando só para uso en situacións de moita afluencia o actual aparcamento. O novo será con peaxe, e fálase de que tamén concurre a iniciativa privada. Por favor, misturar todo, axitrar, ... e logo xulgar.
A polémica do peiraou proibido parece que vai para solucionarse: Tiraranse galpóns e farase outra vái paralela á actual. Logo unha de dúas: ou ben non estaban usándose e logo a petición de máis espazo no peirao e a nova ampliación estaba de máis ou ben si estaban cheos e logo vaise construír máis, por exemplo no recheo. Unha solución como a de pasar unha vía por encima dos galpóns non foi considerada, que eu saiba, a pesare de ser algo parello proposto por min vai tempo. Moi bó rollo, pero a estrada do faro segue sen ter adxudicado dono. E sen separar, que son dúas cousas diferentes, derrumbe e mantemento de estrada.
Para deixar outro gusto (calquera sabe...) foron detidos mariñeiros rusos por fastidiar na noite do sábado 15 coches. Non só hai vándalos na nosa terra. (mal de moitos...)
Hoxe non van polo momento fotos nin traballo sobe Hernán. Xa veremos máis tarde. Mentras, despois de dous días sen actualizar, espero que preste o post de hoxe.

20060113

Antenas, controversias, camiños... mistura en Ribadeo



Nestes tempos que corren é necesario pór antenas. Antenas para comunicarse, pero tamén para enterarse. Non tódolos sitios son iguais, pero vai máis de 1 ano que por segunda vez se lle pediu ó Concello información por escrito sobre as antenas de Ribadeo (O Tesón), e aínda se está a esperar contestación. Non é o único caso. Estes días está a saír na prensa a petición doutra información por parte da Plataforma para a Defensa da Ría, e O Tesón ten máis casos. O alcalde di que se vaian pedir as cousas alí, que están a disposición. prece que á súa disposición só, pois a min ténseme negado información á que coido ter dereito (o tempo e pode que alguén máis o dirá) ou retrasado información (coido que non se podía estirar máis o prazo nalgún caso), ou subministrada de xeito parcial, ... O Concello de Ribadeo (a xestión del) é velo para creelo; é dicir, en moitas cosuas, incrible.
Mentras, séguese a pensar en Fitur como escaparate, non dos ruídos ou da situación política, senón das vistas e ambiente natural, sen pensar moito na protección do tema, co que é moi posible que dentro duns anos o que se anuncie sexa xa mentira e algo desfasado. E iníciase asemade un plan de asfaltado de camiños. a segunda foto que poño é precisamente dun camiño asfaltado do Concello... por debaixo do que se ve nalgúns tramos. Benvidas sexan cousas novas, pero sempre sen descuidar o xa existente.
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 4/9/98

Fonte: La Voz de Galicia

Título: DIALÉCTICA VERSUS POPULISMO

Autor: HERNÁN NAVAL PARAPAR

Descrición: Un punto clave neste artigo é a importancia dunha ampla e correcta educación musical.

Comentarios:

DIALÉCTICA VERSUS POPULISMO

Hernán Naval

Na densa e socialmente analítica biografía que do compositor alemán Hans Eisler ten escrito Albrecht Betz (Hans Eisler. Música dun tempo que se está a facer agora mesmo. Ed Tecnos. Madrid, 1994) o autor di que “a realidade foi para Eisler, no seu máis amplo sentido, a realidade política”. E para nós, que profesamos a paixón polo autor de Catorce xeitos de descreber a chúvia.

Cando hai seis anos andabamos a intensificar ensaios e atender a cuestións organizativas para apresentar ao público a Banda de Ribadeo (máis logo, Banda Municipal de Ribadeo) debuxamos un horizonte diáfano: iriamos co tempo, coa realidade daquela e de hoxe, asumindo e concebendo dialécticamente, un ideário.

Un ideário

En rematando o século unha banda amateur de nenos e xóvenes non se ha guiar, como cerne esquemático do seu facer público, por unha espécie de xornada laboral –que ten implicado explotación de menores- que comeza coas dianas e alboradas por bárrios e congostras, a domicílio, mesmo clientelares; as bembas do Trompeta, como as de Armstrong, cando chega a hora da procesión longa ou curta, prévia Marcha Real ao alzar, para de inmediato tocar a sesión vermouth, antes pezas da misa, e se a xente fala e do tiovivo ou do tinglado dos carros eléctricos ven boureo ou mesmo ladridos de pop polo aparello megafónico, mellor así na pífia do Sitio de Zaragoza ou da Leyenda...non repara ninguén máis que o irredutíbel. Á tarde, fútbol, volta ao terreo de xogo no descanso, antes doutro concerto que, xa postos, deberá chamarse sesión viños; e no sul, verbena...1998, agardando o embarque para o sécula XXI: en Galiza aínda hai Bandas, mesmo boas, que pratican cada verán este atavismo. Será antropolóxicamente interesante, pero culturalmente é, como mínimo, anodino, e moitas veces perxudicial para a instrucción musical dos protagonistas.

A educación


E velaquí: a educación. Un proxecto funisecular de Banda amater é educativo ou non é nada. A criación e posta en funcionamento a finais de 1993 da Escola Municipal de Música de Ribadeo, pública, hoxe con douscentos alunos, é lóxica consecuencia do conceito co que ano e médio antes se apresentara a Banda, aínda que semelle incoerente que primeiro houbese banda e logo se fixese a Escola. A Banda foi unha iniciativa civil afortunada pero limitada; a súa conceitualización como moderna Banda de concertos correspondeulle a quen asina esta nota, ergo, había que montar a Escola. Como garantía de futuro para a Banda. Para que a Banda medrase evolutivamente até se converter en Banda Sinfónica. Para que Ribadeo ofrecese a nenos, xóvenes e adultos a posibilidade de obter unha formación musical prática, mesmo alén da Banda (na Escola impártense todas as especialidades instrumentais, incluídas todas as de corda frotada; á Banda –Sinfónica- teñense incorporado violoncellos e contrabaixos). En 1993 governaba en Ribadeo o BNG.

Un alto custe

Este abrazo de modernidade e da educacion trouxo custes, mesmo persoais. Bater con quen queria que no canto de dúas procesións anuais de ineludíbel compromiso tocásemos sete, con quen leva a conta do número de paso-dobres que tocamos, con quen nos quería ver de cote no estádio...Como Eisler, houbemos combater, e combatemos, o “profesionalismo provinciano”, non só por razóns de gosto, senón porque o optimismo doctrinal imediato non chega ás cuestións básicas e as máis das veces produce só aborrimento” (Betz).

Pouca zarzuela

Convencidos do conceito, insistimos, e ao cabo logramos facer produtivas as contradicións sociais coas que topamos, o que é condición prévia da arte dialéctica. Oitenta músicos como sinal democrático de participación, de concitación social. Moito Shostakovich, que lle vai moito á Banda, e pouca zarzuela española; moita nova música para Banda, e apenas nengún refrito folclorista con só de fliscorno. Obxectar calquer cenário. Esixir siléncio cando tocamos.

Ollámonos con humildade, máis con satisfación, no CD que gravamos hai un ano. Teria sido moito máis fácil seguer o camiño populista, ou mesmo tirar polo camiño do médio, instalados no ensino estéril e no aborrido provincialismo. Pero como Eisler, capaz de descreber musicalmente o xeito de chover até de catorce maneiras distintas, estamos convencidos de que “tratar a un público novo como ao vello significa facelo xordo á arte nova”.