20220531

As árbores que se van poñer á beira da ría

    Días atras, xurdiu a polémica: árbores cortados á beira da ría, no cargadoiro! PP, por unha banda, e goberno municipal, por outra, á gresca. Só por tela máis á man, deixo a ligazón á nota de prensa do concello. E, sen entrar na discusión, paso á información, a ver cal foi / está a ser / será a substitución, segundo a nota de prensa, dun xeito gráfico, usando imaxes a partir de de Galipedia (licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0) e mapas a partir de de OpenStreetMap:

Forte de S. Damián: Retíranse eucaliptus, plántanse acivros


Cargadoiro: retíranse chopos, plántanse melaleucas.


S. Miguel: retíranse chopos, plántanse corimbias


Agora ó mellor hai algo máis de información para discutir.

20220529

A ría de Ribadeo e a administración

Esquema dos tesóns na ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo e a administración

    Sabido é que a ría 'volve chamarse' de xeito oficial só Ría de Ribadeo. Nome único. Mais tamén, sabido é que en Asturias diferentes administracións comezaron a usar un nome non oficial, e continuaron usándoo, a pesar do ditame emitido no seu momento en contra dese nome, e sen queixa das administracións ó oeste da ría. Asumido é tamén que desta volta ha pasar o mesmo, que haberá administracións que non acatarán a resolución, sen consecuencias para as administracións pero si para a xente, que será animada a revolverse co nome como bandeira en troques de revolverse en contra doutras xestións administrativas de maior impacto e que non melloran o día a día. Sabido tamén que onte, ou hoxe, mentres os diarios galegos se facían eco da noticia da resolución sobre o nome da ría de Ribadeo, nos asturianos observábase un mutismo desconcertante á primeira vista, como se a noticia non tivera lugar. Desconcertante e contraditorio co tratamento dado á nova cando se fixo cooficial o nome usado pola administracións asturiana, hai ben poucos meses.

    Tamén é asumido que volverá a polémica porque entidades asturianas están detrás crendo que lles interesa.

    Menos sabido ou recoñecido é que a resolución ven dada por un órgano político e non técnico, e que este aproveitou un fallo metodolóxico para darlle unha reviravolta 'parcial' á súa decisión de hai uns meses, volvendo á situación que se mantiña dende hai tres lustros, en liña á súa vez con toda a historia anterior. Unha reviravolta 'parcial' porque é unha estimación 'parcial' das alegacións presentadas por cinco entidades, a Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo, a Plataforma de marinos mercantes de Ribadeo, o Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia (a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo). 'Parcial' porque o di o texto da resolución, texto que despois de argumentar que as cinco alegacións van ó mesmo ("procede la acumulación de recursos presentados"), pasa a facer o desenvolvemento de razoamentos nunha única resolución e só nomea á Deputación Provincial de Lugo (non é de estrañar que nos medios as dúas primeiras entidades desaparezan). E parcial, sobre todo, porque ó dicir no mesmo texto que é parcial e só por un defecto de forma, está a dicir que en calquera momento, outro intento, co defecto de forma emendado, logrará o obxectivo mais favorecido institucionalmente, contra a historia que se poda argumentar.

    Tampouco é lembrado que a reclamación de cambio na legalidade do nome da ría de Ribadeo non é algo illado, senón que ven entroncado noutros feitos, dende o cambio de nome de Vega de Ribadeo a Vegadeo que se consumou hai cen anos á non contemplación do nome da ría nun nome xa tan longo como 'Reserva de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón'. Nome este último que, se se mira na web das reservas aparece como remato de citar, mais a meirande parte das veces amósase como 'Reserva da Biosfera Oscos-Eo', mesmo sen as Terras de Burón, e obviando non só (como na denominación oficial) que a cuarta parte do territorio ó que incumbe non verte as súas augas ó río Eo mais á ría de Ribadeo, senón tamén que o 'Eo' refírese ó río de xeito exclusivo, a máis de cambiar a orde dos nomes.

    Engano? Ningún. As administracións non se enganan, todo o máis, trabúcanse. O que si, hai administracións que ás veces parecen o auténtico 'ministerio de educación'. Transparencia administrativa? Con gafas adecuadas, total. Se non tes acceso a elas, ningunha. Dirección da administración? Como a voz do seu amo. Falta aí determinar quen é o amo, que para iso está a adminsitración.

20220528

Por Nuestro Faro responde ó grupo parlamentarIo do BNG. Nota de prensa 20220528

Por Nuestro Faro responde Ó grupo parlamentarIO dO BNG

Hai uns días, a AA VV Por Nuestro Faro dirixiuse ao BNG nacional para coñecer a súa postura como partido fronte á explotación privada de Illa Pancha, dado que participan activamente na defensa da Illa da Creba en Muros. No noso correo deixamos constancia da posición do Concello de Ribadeo como partidario da privatización de Illa Pancha e de que logo de mes e medio de dar a coñecer a resolución do TSXG, onde se di que a illa debe estar aberta ao público, aínda non sexa aplicada.

Un día despois, o grupo parlamentario do BNG respondeunos defendendo a legalidad do Concello pero sen dar unha resposta directa con respecto á política do BNG, supoñemos que por falta de información obxectiva sobre o tema, polo que nos temos dirixido de novo ao grupo parlamentario para matizar a nosa pregunta, aportar explicacións e enviar documentación.
De xeito moi resumido tratamos de explicar a situación en 4 folios.

Aclaramos que:

«a nosa pregunta non concirne a suposta legalidade ou ilegalidade dos trámites administrativos seguidos polo Concello, […]. Particularmente quixéramos saber cal é a posición política do BNG respecto da privatización da Illa Pancha, se non considera que os dereitos dos veciños son vulnerados como o foron na Illa da Creba».

Lembramos que:

«O nacemento do colectivo POR NUESTRO FARO, […] foi determinado pola evidente usurpación dos dereitos dos veciños a favor dunha empresa privada e ahí entra en primeiro lugar a decisión política do Ministerio de Fomento e a decisión política de apoialo abertamente dende o primeiro momento do alcalde de Ribadeo do BNG.»

Expoñemos que:

«No caso da tramitación do proxecto da Illa Pancha hai numerosas e evidentes irregularidades denunciadas repetidamente polo noso colectivo, […] notificadas ao Concello de Ribadeo e á Autoridade Portuaria repetidamente, sen que estes organismos adoptasen medidas eficaces para cumprir a legalidade.»

E citamos dúas cuestións nas que está directamente implicado o Concello de Ribadeo.

A primeira: «A falla de Estudo de Impacto Ambiental (polo menos simplificado) que esixe a lei 21/2013 de Avaliación Ambiental para proxectos en Zona de Protección da Rede Natura 2000. [...] Diante das demoras e incumprimentos da Autoridade Portuaria, o Defensor del Pueblo ratifica cinco veces máis os seus prantexamentos ata o 10 de outubro de 2018.[...]A actitude do Concello de Ribadeo foi someterse ao criterio da Autoridade Portuaria cando a competencia para conceder as licenzas era exclusivamente súa e intransferíbel».

A segunda: «refírese ao acceso á illa polos veciños, visitantes e medios de auxilio, emerxencias, ambulancias etc.». «O día 23 de novembro de 2016 o Sr. Alcalde declarou aos medios que non se podería conceder a licenza de actividade se non se establecía o acceso libre á totalidade da illa e o día 1 de decembro de 2017 aprobouse a concesión da licenza de actividade ca condición expresa de que a porta estivese expedita para o público en xeral. A realidade é que a día de hoxe, 24 de maio de 2022, a porta de acceso segue pechada (agás algunhas horas en días de verán por acceso á cafetería)».

E, no que respecta á sentencia do TSXG, facemos fincapé en que:

«As sentenzas non lle dan nengún respaldo ás decisións políticas do Concello nin xustifican a súa omisión de suspender a licenza. Sinxelamente, deixan claro que o acceso debe ser libre e quitanlle a razón a empresa concesionaria, pero a decisión política do Concello de Ribadeo de eludir a aplicación da norma devandita é independente das sentenzas xudiciáis, e forma parte das súas competencias ineludibeis.»

En resumen, a suposta legalidade á que se acolle o alcalde de Ribadeo para xustificar o seu apoio político deliberado ao proxecto de privatización da Illa Pancha é doada de desmontar sen entrar noutros aspectos sumamente dubidosos como son o desdobre inicial de proxectos, a tramitación con lexislación equivocada, a fosa séptica sen legalizar dende agosto de 2018 verquendo á Ria de Ribadeo (Rede natura 2000), a acupación da zona non concesionada polos usuarios dos apartamentos, a falla de memoria económica e a contradicción neste punto entre o proxecto inicial e o que foi aprobado posteriormente. En fin, unha riola de irregularidades como mínimo discutibeis que o Concello de Ribadeo pasou por alto e segue a pasar ca disculpa (suposta) de que non son da súa competencia pero evitando verificación dos feitos reais.»

Covadonga Suárez, en representación da AA VV Por Nuestro Faro


20220527

Resolución sobre o nome da ría de Ribadeo

    Remato de recibir unha copia da resolución sobre o nome da ría de Ribadeo. A prensa xa dixo que o veredicto, polo momento, é que se chama ría de Ribadeo, senmáis. Pero coido que a lectura da resolución dá para algo máis. Aparecen as entidades que alegaron, incluída a Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo e a Plataforma de Marinos de Ribadeo, e parece que nas altas instancias estatais o non estar consituído como asociación no é óbvice para que teñan en conta a estrutura, como parece que pasa a outros niveis.

    Para non entorpecer a lectura, polo momento non fago máis comentarios. Mentres, incorporarei o dato á Galipedia... // [Nota posterior: o documento adxunto xa está cargado en commons.wikimedia.org: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Resoluci%C3%B3n_del_Ministerio_de_Transportes_-_24_de_Mayo_de_2022.pdf]








EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE

    Copio e axusto dunha nota que colgou Iván Rodríguez Lombardero para unha actividade de apoio ó ferrocarril que en Ribadeo terá lugar este domingo:

EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE

A vindeira semana (26/5 a 29/5) as plataformas de defensa do tren de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi realizarán unha viaxe reivindicativa na FEVE, desde Bilbao a Ferrol, de xoves a domingo.

Concretamente a galega fará un a viaxe desde Coruña o propio domingo (29)  saíndo ás 6:45 da mañá cara a Ferrol, co obxecto de coller alí o tren das 8:20. Desde alí partirán a Ribadeo para coincidir aquí coa comitiva que vén desde Bilbao contra as 11:30.

Tras unha roda de prensa e paseo até a Plaza de España, xantarán e e voltarán cara a Ferrol no convoi das 15:00.

As persoas que queirades participar podedes facelo libremente subindo ó primeiro tren cara a Ribadeo, que pasa por Viveiro contra as 10:10 AM, para voltar con eles cara á vosa vila no das 15:00.

Tamén a xente de Ribadeo pode participar agardando ás 11:30 á chegada a estación das comitivas, acompañando nos actos e mesmo subindo ó tren de volta ás 15:00 para retornar nalgúns dos trens da tarde (mirade os horarios). Non é obrigado, aínda que pode ser convinte, contactar coa organización se vides desde Ferrol ou a Coruña.

Da 13ª concentración pola paz

    25 persoas xuntáronse onte ás 20 h diante do concello de Ribadeo para lembrar que estamos en guerra (hai guerra e trasego de armas, entre outras cousas) e queremos a paz. Deixo unha foto de Suso:

    Mentres, hai xente que segue a sufrir pola guerra. Moita.


O martes, pleno

    Vai facéndose común que apareza a convocatoria ós plenos na sede electrónica de Ribadeo, non na páxina web. Aquí queda a convocatoria para o último día do mes, martes 31 de maio. Inclúe algunha alza de taxas e varias mocións, unha de cada grupo, incluída unha de apoio ás FFCC (non son ferrocarrís, non) coa (diría que máis ben contra) a lei de seguridade cidadá (a súa variación, a variación da 'lei mordaza').


 

 

Vai de economía

    Polo que parece, remata de publicarse o último informe ARDÁN, realizado pola Zona Franca de Vigo. Quizáis é o informe máis completo sobre o tecido económico galego entre os que se difunden. É longo e con múltiples apartados. Para botarlle unha ollada, fun á páxina web da zona Franca e collín algúns dos últimos datos que afectan á Mariña (informe de 2021, con datos en boa parte de 2019) dos que alí están en aberto, e tamén collín algún dato da portada da Mariña da Voz de Galicia para empresas concretas de Ribadeo. Aí vai, de xeito correspondente co que fixen outros anos:

    A lembrar que as empresas que tributan en Madrid (Alcoa España), para moitas cousas non contan, o mesmo que non contan para o pago de determinados impostos en Galicia, o que distorsiona algúns datos. Aínda así, coido que paga a pena.

    A primeira táboa que deixo ordea as comarcas galegas polo peso do seu Valor Engadido xerado en Bruto, destacando o peso da comarca coruñesa, con máis da metade do VEB de Galicia (61,31 %), con só o 15 % da poboación pero o 31 % do emprego. A Mariña, en conxunto (a sumas das tres comarcas ficticias) xera o 0,91 % do VEB, para unha poboación que é o 2,62 % da galega e 1,77 % do emprego. Naturalmente, esas diferentes proporcións nótanse nos ingresos medios da poboación, abondo maior na comarca coruñesa. Comparando, e coa salvedade expresada das empresas que tributan enMadrid, na comarca da Coruña o valor engadido por traballador sería case catro veces o da Mariña, o que remata implicando ingresos e riqueza económica tamén superiores. E a relación de número de empregos/número de habitantes da Coruña é tres veces a que corresponde á Mariña, o que fai comprender a dirección dos movementos de poboación.

    Dentro da Mariña, as porcentaxes VEB - poboación - emprego son:

Mariña     % VEB     %     poboación     %     emprego
Occidental 0,40 0,95 0,78
Central 0,38 1,07 0,66
Oriental 0,13 0,60 0,33

    É dicir, dentro da Mariña, a comarca oriental, na que está incluída Ribadeo, ten uns indicadores económicos, medidos cos patrós actuais habituais, peores que os das outras dúas comarcas, tanto en rendemento de valor engadido por traballador como en número de empregos fronte ó número de habitantes (e, de xeito consecuente, en rendemento por habitante). Non obstante, iso está a cambiar de xeito recente. Aínda que A Mariña ten aumentos de valor engadido menores que a media de Galicia, dentro da Mariña hai diferenzas grandes nesa variación, sendo abondo maior o incremento na Mariña Oriental que na Central ou Ocidental, como amosa a seguinte táboa.

    En canto ás empresas máis destacadas (grandes en concepto de vendas), entre as 75 primeiras mariñáns, de Ribadeo só hai catro (a terceira parte das que lle correspondería por poboación, de xeito correspondente cos peores indicadores da Mariña Oriental en relación á Central e Occidental, como foi mencionado antes):

- Posto 8: Fertieuropa, 11 949 503 € de facturación. Como referencia, no 2009 figuraba no informe ARDÁN con 16 millóns de € (e 1 empregado), e tamén era a primeira ribadense.

- 42: Lido Marine, 4 210 302 €, non aparecía no 2009 é pertencente a un grupo multinacional.

- 53: Gasóleos Abelleira, 3 748 138 €, figuraba con 3 millóns de € e 4 empregados.

- 63: Discosta Norte, 3 297 053 €, figuraba con 3 millóns de euros e 21 empregados.

    As tres primeiras por facturación da lista de 75, ABSA de Burela, Pescados Rubén, de Foz, e Lonxa de Celeiro, as tres adicadas ó sector pesqueiro, facturan cifras semellantes, e en conxunto 150 millóns de €, a distancia da cuarta, que pasa a ter a metade de facturación, Acciona Eólica, en O Valadouro. Ningunha delas está na Mariña Oriental, e cada unha das tres factura entre catro e cinco veces o que a primeira ribadense. Por outra banda, que sone ou non o nome dunha empresa nesa lista non é unha referencia: con 4 100 638 € de facturación, Porcelanas de Sargadelos está na posición 49. Sen contar con que haxa entramados societarios que aglutinen ou polo contrario, desagreguen facturación.

20220526

UNA LUZ EN EL HORIZONTE DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2008)

    José María transmite aquí o que sería unha nova falsa alarma sobre a residencia de maiores de Ribadeo. De calquera xeito, unha entrada optimista como poucas das que escribiu José María.

Domingo, 17 de febrero de 2008

UNA LUZ EN EL HORIZONTE DE RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 22:40

UNA LUZ EN EL HORIZONTE

Llevo ya varios años reclamando la atención de los gestores municipales sobre un tema que considero prioritario para el futuro de Ribadeo y su comarca. Una asignatura pendiente y una deuda que Ribadeo tiene contraída con todos esos ancianos y necesitados que dedicaron su vida al trabajo y a la sociedad en esos difíciles años de la posguerra cuando la lucha por la vida era tan dura y de la que ya muy pocos se acuerdan. Algunos de los anteriores alcaldes llegaron, incluso, a hacerse eco de esta necesidad en sus programas electorales. Pero esta no era más que una estrategia para conquistar el voto de los vecinos. Ese fue el caso del PSOE, en la campaña del 2003, cuando su candidato prometía a la gente un “centro para la tercera edad”, del que nunca más se acordó. Otras cuestiones más rentables reclamaban su atención. Eran promesas que, una vez alcanzadas las mieles del poder, nunca cumplió, porque nunca las consideró prioritarias sino sólo un cebo para la conquista del voto.

Pero la sorpresa nos llegó el día 30 de noviembre pasado de las manos del alcalde actual, Fernando Suárez, cuando anunciaba en la prensa que la Rectoral de Ove albergaría un geriátrico y un centro de alzheimer. Esta grata noticia era confirmada a los pocos días por la presencia del obispo de la diócesis, D. Manuel Sánchez Monje y el Vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, en el salón de plenos del ayuntamiento de Ribadeo a donde acudieron para la firma del correspondiente convenio para hacer realidad esta vieja aspiración de Ribadeo. Por fin, este importante y trascendental proyecto, tanto tiempo esperado, parece que promete salir adelante gracias al empuje del alcalde actual.

Estamos, pues, ante una importante noticia, de gran alcance y trascendencia para el futuro de Ribadeo y de la gente de esta comarca. Un proyecto que, aunque se encuentra en los comienzos de su andadura, ha supuesto un paso firme para la solución de este problema. Faltan aún muchos pasos para hacerlo realidad, pero ha quedado confirmada la promesa y la firme voluntad de la Xunta de darle continuidad hasta convertirlo en una realidad en muy corto espacio de tiempo. Esperemos que no le pase como al corredor de la costa o al tan añorado juzgado de Ribadeo.

Viene, pues, este convenio a llenar un gran vacío en las atenciones que nuestro concejo debe prestar a las personas ancianas o necesitadas. Todos sabemos que, aun habiendo prestado muchos y buenos servicios el viejo Hospital de Ribadeo, que acogió y sigue acogiendo a tanta gente necesitada, el crecimiento demográfico de nuestra villa y comarca supera con mucho, tanto las posibilidades de acogida de este Hospital como la profesionalidad de los servicios que se deben prestar según las exigencias actuales que esta asistencia requiere. Para cumplir su cometido con entera satisfacción y garantía son necesarias hoy unas modernas y más adecuadas instalaciones, así como una gerencia técnicamente cualificada para desempeñar con garantía la misión que estos centros tienen encomendada. El actual Hospital carece de capacidad y de modernas instalaciones a pesar de todas las bendiciones papales.

Sabemos que hay opiniones y criterios que disienten sobre la oportunidad de la ubicación de este centro en la rectoral de Ove. Pero, sin entrar a valorar la conveniencia de otras posibles y aún mejores ubicaciones, el hecho de ver este proyecto, por fin, planteado es suficiente garantía para poder esperar verlo convertido en una feliz realidad para muchas personas que potencialmente lo están necesitando o lo van a necesitar muy pronto. Y este destello de esperanza que se entrevé en el horizonte es algo muy positivo para nuestra comarca, independientemente de los colores políticos que se apunten el tanto.

Por fin parece que algo se empieza a mover en nuestro concejo. La Torre de los Morenos, la puesta en valor del castro de As Grobas, la recuperación del casco antiguo de Ribadeo, la construcción de nuevas viviendas sociales. Todos ellos proyectos importantes para Ribadeo que un gobierno en minoría se muestra capaz de sacar adelante. –

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Un día máis, paz

    Xoves de novo. Otro xoves de maio, mes das flores, mes da primavera, mes da esperanza. Mentres, segue a guerra. Hoxe, 26 de maio, nova concentración en Ribadeo para lembrar (e lembrarnos) que os seres humanos queremos a paz, para iso necesitamos construír a paz, xestionala. De aí que vivamos en sociedade.



20220525

Por Nuestro Faro denuncia a situación diante da sede nacional do BNG

A illa Pancha, no Sigpac

Por Nuestro Faro denuncia a situación diante da sede nacional do BNG

    O alcalde de Ribadeo afirmaba aló por novembro de 2016 ‘Isto non é Grecia, onde se privatizan as illas’. Por Nuestro Faro sabía que aquilo era un farol, como foi un farol anunciar o pasado 13 de abril que un contencioso dáballe a razón ao Concello para que se garantise o acceso libre a Illa Pancha, porque aínda estamos esperando a que faga cumprir a resolución do TSXG.

    A illa Pancha non é unha illa grega pero tampouco é a illa da Creba, defendida polos cidadáns contra a privatización, en Muros a principios deste mes. E tampouco o alcalde de Ribadeo é igual que os representantes do BNG, que o 9 de maio estiveron en Esteiro (Muros) levando a iniciativa da recuperación da illa coa presentación do caderno ‘A illa da Creba. Un baldío comunal’ editado por Galiza Sempre.

    Para apoiar a movilización social que reclama a illa como pública, hai tan só uns días os medios fixéronse eco do inicio da batalla legal pola recuperación da illa, coa presenza do responsable da Plataforma pola Recuperación dá Illa dá Creba, a deputada do BNG Rosana Pérez, e a representante de Galiza Nova e concejala do BNG en Muros, Maruxa Martínez.

    Por esta razón, a AA VV Por Nuestro Faro enviou hoxe un correo ao grupo parlamentario do BNG e á súa sé nacional para expresar que:

    “[...] Ao marxe das circunstancias particulares de cada caso, o sustancial é a privatización inxustificada dun ben común e, no caso da Illa Pancha, a través dunha serie de procedimentos flagrantemente opacos e ilegáis, como temos demostrado repetidamente, e así foi confirmado polos tribunáis e polos seis informes do Defensor del Pueblo.

    Desexaríamos ter algún tipo de información ou coñecemento da dirección ou organismo competente do BNG para coñecer a súa posición política no caso da Illa Pancha de Ribadeo, máxime tendo en conta que o goberno municipal deste concello pentence a ese partido e ven apoiando a privatización de forma activa dende o comezo do proceso. Folga suliñar que o noso grupo agradecería o apoio do BNG contra a privatización da Illa Pancha como no caso da Illa da Creba na Ría de Muros e Noia.”

Covadonga Suárez

Presidenta da AA VV Por Nuestro Faro

20220524

Crise da humanidade, crise de humanidade

Imaxe cortesía da NASA

 Crise da humanidade, crise de humanidade

    Estase a falar, e cada vez máis e de xeito máis incisivo, de crise. De crises. Crise de recursos, por escaseza sexa de petróleo ou de terras raras, desas que sabemos que usan nos móbiles pero non sabemos nin como se chaman, entre outras posibilidades. Crise de crecemento, tanto porque non se medra coa velocidade que se pretende como -sobre todo- pola imposibilidade de ter un medre ilimitado nun mundo finito. Crise climática, cun clima variando a partir dunha temperatura en ascenso e producindo unha temperie impredicible e extrema. Crise de contaminación, sexa de plásticos ou química, ou acústica e luminosa, producindo un desequilibrio nas condicións ambientais que non só inflúe na vida ó noso arredor, senón na nosa propia vida. Crise de desigualdade, con algunha persoa tendo máis -cada vez propiedades materiais, e, derivado, poder- posuíndo e dispoñendo máis que moitos millóns non xa de 'desherdados', senón de persoas que se ven cun certo nivel por riba desas outras 'desherdadas'. Crise sanitaria, derivada en parte das novas enfermidades que xorden a partir da presión sobre os ecosistemas, pero tamén da falta de apoio e resiliencia social afrontando os desafíos cun 'primeiro eu, e logo, xa se eso...' en troques da procura dunha acción conxunta e solidaria, moito máis efectiva a máis de igualitaria. Crise de orientación, con ideas transmitíndose en base a feitos falsos, as célebres fakes, cada vez máis difíciles de distinguir da realidade nas redes sociais. Crise de biodiversidade, extinguindo especies, dende as chamadas 'salvaxes' a esa outras que nos alimentan nos mares, e perdendo non só recursos alimentarios, senón tamén a posibilidade de reequilibrio global por substitución parcial e paulatina dunhas especies por outras. CRISE, así, con maiúsculas, suma de moitas outras (as mencionadas e algunha máis) que por separado xa representarían un desafío.

    E con tendencia a empeorar.

    Os desafíos esixen cambios. Os desafíos a escala humana esixen cambios a escala humana. Os desafíos a escala dunha sociedade, esixen cambios sociais. Unha reconstitución social, primeiro, na estrutura humana, unha nova organización para afrontar as crises. Adaptación social e persoal, demográfica e de xeito de vida... Non se trata de ter un 'gabinete de crise' que se poña ó traballo, senón de todos nós, pois todos estamos implicados. E é que, ó final, as crises da humanidade son -ao menos, tamén- crises de humanidade, afectan ó que de humanidade temos cada un de nós.

    Para superar as crises fálase de resiliencia. Pero iso, a nivel social, ven dado polas relacións que mantemos, relacións sociais humanas. E, se temos relacións trufadas de cousas como desigualdade, é o primeiro que temos que afrontar: construír relacións humanas para podernos permitir os seus beneficios.

    As fakes, a dinámica capitalista, a procura de poder, non axudan. E iso, sexa Ribadeo, Galicia ou o mundo mundial. E mesmo sendo prexudiciais os extremos. Así, por exemplo, a falta de difusión de ideas que se pode dar, propiciada por un sistema social determinado, cerrado, é equivalente en resultado ó predominio da difusión de ideas falseadas, 'inspiradas' e 'interesadas' que se está a dar nun sistema no que o uso da liberdade vén dado polo poder, non por limitacións legais.

    Por certo, nunha situación de crise, o tirarse dos cabelos non sirve de nada máis que de agravante. Fai falta tranquilidade para poder pensar, traballar e aplicar posibles solucións. Se as hai.

20220523

Festa das Cruces 2022

    Adxunto información sobre a festa das cruces que se celebrará este ano o domingo (5X), non o luns:

A comida, a 30 €, constará de 

1º plato
Entremeses (empanada, xamón, mexilóns, calamares e croquetas)
2º Plato
Churrasco mixto (tenreira e cocho)
Postre
Café
Chupitos (coa reserva)

20220520

De cinco meses a cinco días

    Publico este post máis que nada pola sorpresa. Un documento ("ACONDICIONAMENTO E RENOVACIÓN DO BARRIO DA PEGA E DA RÚA RÍO DE AMALLÓ") pasa cinco meses no concello sen moito movemento, e, de pronto, danse cinco días -naturais, que inclúen un sábado e un domingo- para que a xente o vexa e alegue. Ou non entendín e algo se me escapa, ou coido que, sendo un tema que o concello manexa, ou debera manexar abondo mellor que a xente, máis ben os tempos deberan ser ó revés, non trinta veces menores para a xente que para o concello, senón trinta veces menores para o concello que para a xente.

    Ó que ía. A documentación, primeiro, os cinco días de exposición e alegación ('exame e reclamacións'):

    E logo, a ligazón ó proxecto, só 290 páxinas. Se te interesa, le rápido.


PLENO MUNICIPAL. José María Rodríguez (2008)

    Refírese aquí José María ó pleno celebrado o mesmo 9 de febreiro de 2008.

Sábado, 09 de febrero de 2008

PLENO MUNICIPAL

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:29

Un pleno extraordinario, breve en su duración, que, por el escaso público asistente, demostró una vez más el divorcio entre los ciudadanos y los gestores de sus intereses, entre el pueblo y los políticos.

Los pocos puntos que en él se trataron y su propia naturaleza propiciaron un desarrollo suave y tranquilo, como viene siendo habitual desde que lo preside el nuevo alcalde, con diferente talante al anterior.

Después de la aprobación por unanimidad del acta anterior, se pasó a tratar los restantes puntos del orden del día.

Seguidamente se aprobó el expediente extraordinario de crédito para hacer frente a la adquisición de los terrenos que el concejo ha de poner a disposición de la Xunta para la ubicación de la nueva depuradora de aguas del concejo. Asciende el importe de la adquisición, al parecer, a unos 105 000 euros que el concejo deberá aportar. La aprobación de este punto fue unánime, no sin que el concejal de la UPRI, Sr. Rivas, hiciese hincapié en la conveniencia de ahorro de gastos innecesarios por parte del concejo para poder hacer frente a estos y a otros servicios.

Se pasó así al punto siguiente estrechamente relacionado por su materia con el anterior. El expediente de expropiación de los terrenos necesarios para la ubicación de la Depuradora de Aguas Residuales (EDAR), que se ubicará en una zona muy próxima a la actual. Abierto el debate, el Sr. Rivas defendió con calor la conveniencia de seguir negociando con los propietarios el precio de adquisición de los terrenos, procurando evitar acudir a medios coercitivos, como es la expropiación, e invitando al gobierno a tener en cuenta en su oferta el precio de otros terrenos que se negociaron en las proximidades de esa zona. En ese mismo sentido abundaron los restantes partidos de la oposición, llegando a proponer el PP la oferta de siete euros metro. Cierra el debate el alcalde haciéndose eco de los pronunciamientos de la oposición y renovando su oferta de diálogo a los propietarios de los terrenos, pero sin comprometer los intereses públicos. Con la abstención de los dos concejales de la UPRI, se aprueba el punto propuesto.

Como es sabido por todos, los gastos de la construcción de la mencionada depuradora, una exigencia de la UE, y su explotación por un período de 20 años -un gasto presupuestado en 20 590 00 euros - correrá a cargo de la Xunta de Galicia a través de su organismo autónomo Augas de Galicia. El plazo de ejecución de esta obra se estima en un año.

El punto siguiente, relativo al servicio de agua de la traída municipal de Ribadeo para dar servicio a varios núcleos del concejo de Trabada, fue aprobado, sin debate alguno, por unanimidad.

Seguidamente le fue comunicada al pleno la renuncia a su acta de concejal del edil socialista Carlos Pérez Méndez y su sustitución por el siguiente de la lista del PSOE, Ramón López Pérez, que así se reincorpora al consistorio, del que ya había formado parte antes de que el PSOE perdiera la alcaldía, para volver a participar en la política municipal, esta vez desde la oposición.

Y como punto final, se procedió a la lectura de la relación de los miembros de las mesas electorales que habrán de estar presentes en ellas en las elecciones generales del 9 marzo.

No hubo el habitual espacio de Ruegos y Preguntas que, a veces, es el punto más dinámico y esperado por todo el público asistente. Un pleno, pues, de situaciones de trámite que toda la Corporación asumió como necesarias para el concejo.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220519

Unha primavera para Hernán

Unha primavera para Hernán

    Van xa 21 anos dende que Hernán, Hernán Naval Parapar, para máis dun ‘o Mestre’, nos deixou, despedíndose nunhas letras galegas que levaba no corazón. Paso pola páxina da Galipedia onde o seu nome dá acubillo a unha entrada que se podería ampliar moito máis e que seguro que se tería ampliado se non nos tivera deixado antes de cumprir as catro décadas sobre esta terra nosa que animou a súa vida.

    Estamos na primavera, e, ó tempo que esperamos con ilusión ver florecer a nosa lingua, celebramos a súa existencia, aínda que non poidamos celebrar moito máis. Mais a primavera é tempo no que, xunto coas flores, medra a ilusión, as ganas de vivir, o impulso de proxección cara ó futuro. Venme á cabeza unha obra de teatro que vin unha primavera e que trata precisamente desa proxección ilusionante deste tempo: Unha primavera para Aldara. Non sei por que, se non é precisamente por esa ilusión vital da que trata a obra, plasmada nun tema e tempo abondo afastados deste aquí e agora. Translitero o seu título ó destas letras que estou a escribir. Sei que quen coñeceu a Hernán e traballou con el, máis ou menos ten a idea de que o legado que deixou, sexa música ou sexan verbas e ideas, ten un potencial que non está a ser desenvolto. E non o está a ser en boa parte por descoñecemento dese legado.

    Hai moitos anos xa que Fernando Rodríguez fixo un traballo de recompilación do que teño deixado en Ribadeando o que serían as fichas de todo o material que recompilou. Anos despois, viu a luz un libro titulado cunha sentenza icónica de Hernán, identitaria dun momento da súa vida: ‘Vou canso de todo menos da música’. Coordinado por Suso López, contando con colaboracións de Chenchu a Aurora, pasando por Vanessa ou o mesmo Fernando, recolleu unha mostra de artigos, ó tempo que unha exposición retraía imaxes, e, ó seu través, tamén ideas, de volta ata os nosos días. Pero nin eses traballos, nin outros como o xerme do ‘Arquivo Dixital Hernán Naval’ ou as cen entradas que baixo o epígrafe Hernán Naval poden verse no blog Ribadeando, teñen conseguido polo momento esa primavera á que remato de referirme. Renacemento que require quizais unha publicación exhaustiva da súa obra, a modo de ‘obras completas’, e que entendo que podería facerse a partir de todo o recompilado por Fuji.

    Chegará o tempo? Coido que que chegue ou non, está nas nosas mans. Mentres, dispoñemos da nosa limitada memoria.

20220518

E mañá? Si, mañá tamén, pola paz

    Mañá, 19 de maio, volve ser xoves. É dicir, volve estar convocada concentración pola paz en Ribadeo. Nn 'pola paz en Ribadeo' (que tamén!) senón 'pola paz', en Ribadeo, diante da Casa do Concello.

    Unha semana máis, vemos que a guerra segue xerando mentiras, pero sobre todo, sufrimento. O mero feito de concienciarnos á é unha forma de, pouco a pouco, conseguir facer a paz. Algo que todos sabemos moi necesario. Para os implicados directos, que son os que máis sofren, pero tamén para calquera outra persoa e para o planeta, que estamos destruíndo a un ritmo ó que axuda a guerra.

    Mañá xoves, ás oito da tarde, estaremos diante do concello, na décimo segunda concentración dende que se iniciou a invasión de Ucraína. Cun simbólico papel en branco onde escribir o futuro comuú.

  

A presentación de 'Ciencia e conciencia. Historia social'

    Onte, día das letras galega, no marco de Letras no campo, a feira do libro de Ribadeo desta primavera, foi presentado o libro de Fernando Villapol Parapar 'Ciencia e conciencia. Historia social'. Poño o segundo apelido a pesar de que o coñecido artista non o necesitaría a causa da mención do presentador, Francisco José Campos Dorado, do extremo da importancia dos segundos apelidos.

    A mesa de presentación estivo constituída, a máis dos xa citados, por Xosé Brais, en representación da Deputación Provincial, editora do traballo xenealóxico. Deixo o audio en podcast e algunhas imaxes. A primeira delas, a portada do libro, coa escultura representando unha neurona, en relación non só co título do libro, senón co traballo da filla do autor, Sonia Villapol, nomeada neurocientífica. A segunda, un momento da presentación na antiga oficina de turismo de Ribadeo. A terceira, o autor dando un paseo por Ribadeo. 

    En relación ó podcast, dicir que primeiro falou X. Brais como representante da Deputación de Lugo, pasando logo a Pancho Campos, que fixo de mestre de cerimonia expoñendo diversas características do escudo dos Villapol, entre outras cousas. En baixo queda o texto que usou como esquema e a imaxe do escudo que usou. Por último, o autor desgranou, nunha intervención curta, diferentes aspectos do libro e anécdotas relacionadas, como a que lle podería acarrear un alcume longo, no formato dos nomes dos autóctonos norteamericanos, o de 'escultor que escribe versos en mármore'.

Portada do libro, cunha escultura representando unha neurona.

Momento da presentación

O autor, en Ribadeo

Actas de plenos

A máis de comentarios diversos dos plenos reseñados e doutros plenos, deixo aquí as catas que aparecen neste momento dispoñibles nas web mantidas polo concello (non están todos na mesma).

 Do que vai de 2022:

ACTA DO PLENO 2022-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 07 ABRIL 2022] PLN/2022/3

ACTA DO PLENO 2022-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 5 ABRIL 2022] PLN/2022/2

ACTA DO PLENO 2022-0001 [Acta Pleno Ordinario 28.01.2022]

De 2021:

ACTA DO PLENO 2021-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 16 DE DECEMBRO DE 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0012 [ACTA PLENO ORDINARIO 30.11.2021]

ACTA DO PLENO 2021-0011 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO A INSTANCIA PARTIDO POPULAR 05.10.2021] 

ACTA DO PLENO 2021-0010 [ACTA SESION PLENO ORDINARIA DE 5 DE OUTUBRO DE 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0009 [ACTA SESION EXTRAORINARIA URXENTE. 13.08.2021]

ACTA DO PLENO 2021-0008 [ACTA PLENO ORDINARIO.28.07.2021. POR VIDEOCONFERENCIA]

ACTA DO PLENO 2021-0007 [ACTA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE 17 XUÑO 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0006 [ACTA SESION ORDINARIA 31 MAIO 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0005 [ACTA SESION PLENO EXTRAORDINARIO 13.05.2021. 2ª SESION]

ACTA DO PLENO 2021-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 13.05.2021. 1ª SESION]

ACTA DO PLENO 2021-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 29.03.3021]

Pleno de 26 de xaneiro de 2021  ACTA DO PLENO 2021-0002 [ACTA SESION ORDINARIA PLENO 26.01.2021. POR VIDEOCONFERENCIA]

ACTA DO PLENO 2021-0001 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 26.02.2021]

As restantes xa estaban con anterioridade agrupados nunha entrada (Ligando as actas dos plenos de Ribadeo):

2020

ACTA DO PLENO 2020-0009 [ACTA PLENO ORDINARIO. 24.11.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0008 [ACTA SESION ORDINARIA PLENO 24.09.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0007 [ACTA PLENO ORDINARIO 28 DE XULLO DE 2020] 

ACTA DO PLENO 2020-0006 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 09.06.2020. 2ª SESION]

ACTA DO PLENO 2020-0005 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 09.06.2020] 

ACTA DO PLENO 2020-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 13.06.2020. ELECCION MEMBROS MESAS ELECTORAIS]

ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 07.03.2020

ACTA DO PLENO 2020-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE. 19.02.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 06.02.2020]

2019

ACTA DO PLENO 2019-0014 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 30.12.2019]

ACTA DO PLENO 2019-0013 [ACTA PLENO ORDINARIO 05.11.2019]

 

2018

ACTA DO PLENO 2018-0001 [ACTA PLENO ORDINARIO 23.01.2018]   

2017

ACTA DO PLENO 2017-0009 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 19.12.2017] 

ACTA DO PLENO 2017-0008 [ACTA PLENO 29.11.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0007 [ACTA PLENO]

ACTA DO PLENO 2017-0002 [ACTA PLENO ORDINARIO 23.03.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0001 [Acta Pleno Ordinario 24.01.2017]

2016

Pleno Ordinario 8 de novembro de 2016

2015 

 2014

 2013

 2012

 2011

2010

 2009

 2008

 2007