20220924

Onde están os pazos do pobo?

Onde están os pazos do pobo?

    Para poderse construír, e para vivir, a sociedade necesita espazos onde poder facelo. Espazos sociais, comúns e nos que toda a sociedade poda participar; logo, de libre acceso.

    Os espazos para construír a sociedade están a desaparecer. Tanto os físicos, prazas abertas en troques de ateigadas de terrazas de consumo, rúas de convivencia máis que de tráfico, mercados con múltiples postos diversos personalizados en troques de uniformidade hipermecadorial... como os moito máis recentes na rede, anónimos para ferir ó tempo que transparentes para a procura dos nosos datos. E mesmo, como consecuencia, tamén desaparecen do imaxinario colectivo, que máis e máis se vai centrando en mercantilizar a vida a partir de múltiples aspectos, un a un, ignorando ou desprezando outras posibles saídas e espazos non mercantilizados.

    Asumimos que o pobo non ten pazos, que os pazos son dunha minoría, ata que nos decatamos de cousas que mesmo coñecidas, son retalladas ofrecendo un aspecto aséptico, como as vellas estacións do metro moscovita, construídas pensando en ofrecer unha zona palaciana á xente do pobo e que, se non esquecidas, son lembradas como lugares bonitos e monumentais, sen outro significado; unha zona de comunicacións da que a comunicación que facilita pasa a ser transparente, e polo tanto, invisible, apartando o seu significado social. É só un caso case actual. Mais entendo que os auténticos 'pazos do pobo' non teñen por que ter a aparencia de 'pazos', senón que son máis ben espazos. Espazos libres nos que a xente podemos convivir, interactuar, divertirnos, tecer redes sociais, construír o común ó tempo que nos formamos como persoas. Espazos utilitarios que aínda sabemos que foron comúns, como as rúas libres de coches e con nenos xogando sen necesidade de ter os baixos dos edificios colonizados por tendas e o espazo correspondendo á imaxe que hoxe temos de 'peonil', ben diferente da ocupación das rúas hai non moitas xeracións. Espazos que se miramos un pouco a tempos non tan pasados, facémonos conscientes de que están en retroceso, mesmo en desaparición. Non se trata de arcadias ou utopías de tempos pasados, senón de lugares que lle foron quitando á sociedade, que nos foron alleados, que foron privatizando e pasando do acervo común á disposición de empresas e outros entes non autoxestionados polo pobo, pola xente. Un proceso que parte de hai tempo, recoñecido ao menos dende as 'enclosures' británicas, privatizacións de terras antes aproveitadas en común, e que, ó facerse desaparecer do servizo da comunidade, fixo que a xente se botara cara unha vida máis miserable nas cidades, subministrando man de obra totalmente dependente para a revolución industrial británica. Dende os espazos de subsistencia, como as terras comunais, ós espazos de discusión e formación de vida social (que non teñen por que ser diferentes lugares), cada vez máis actividades e 'cousas' teñen pasado a ser privadas, e polo tanto, en principio, a ser privados delas a non ser que se podan comprar a quen fora adxudicado como 'dono'  despois de ser alleadas á comunidade.

        O caso é que o alleamento vai turrando contra a comunidade, reducindo a rede social dunha comunidade construída ó longo do tempo e deixando só a posibilidade de interacción en comunidades máis cerradas, non construídas tanto a base de consenso como de liderazgo, onde se acepta o que se estableza como norma a cambio de pertencer, usando as normas como cemento da pertenza. Comunidades que, aínda con estruturas modernas, son máis tradicionais, ou mellor, tradicionalistas, 'feudais'. Que tratan de suplantar as antigas familias extensas e estendidas ou mesmo o máis reducido núcleo familiar actual, cambiar unha rede social forte por outra que só se presenta como forte. E, mentres, a sociedade tal como a coñecemos, descomponse. Mais a sociedade está feita por humanos, permítenos vivir como humanos e fainos tal como somos. Se se descompón... malo!

20220921

29 concentracións pola paz... ata o momento

     Encamiñámonos a celebrar mañá a concentración que fai o número 29 abogando pola paz en todo o mundo. Mágoa que hoxe mesmo o impulso da guerra se deixe sentir máis... Mañá, xoves, ás oito da tarde, concentración diante da casa do concello de Ribadeo.



20220920

Probas de navegación pola ría

    Unha foto desta mañá, dun barco grande de pasaxe na ría. A foto está tomada dense Santa Cruz, nun momento no que parecía ter algunha dificultade no tesón  (parou e puxo máquina a toda potencia, a xulgar pola escuma, saiu e logo diminueu máquina)...



Quo usque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?

Quo usque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?

("Ata cando abusarás da nosa paciencia, Catilina?", Primeira catilinaria)

     Día bo, ceos debuxados pero máis ben limpos, temperatura agradable, baixan os prezos dos consumibles enerxéticos... imos parar aí, que tamén hai cousas que non van tan ben no día a día.

    Collo as novas e chego a algo que non por sabido (ó mellor non 'sabido ó pé da letra', pero si na 'substancia da nova') deixa de impactarme, unha vez máis. En resume, o escrito ven dicir que tres persoas estadounidenses, só tres, 3, teñen máis propiedades que os 160 millóns máis pobres dos seus compatriotas, a metade máis pobre... É dicir, cada unha desas persoas ten máis que 50 millóns 'deses outros'!

     Miro e non vexo na noticia un dato tras do que ando dende hai tempo: se están ou non contabilizadas tamén as débedas, e canto representan as dos uns e as dos outros. Non, parece que non atenden a ese dato, que apostaría que tería un desenlace algo así: 'a débeda viva dos tres estadounidenses máis ricos non chega a unha centésima parte da débeda dos 160 millóns de estadounidenses máis pobres'. É dicir, unha resposta coa que a situación económica aínda estaría máis escorada que a que presenta a noticia da que comento o impacto.

    As implicacións dun desequilibrio tal son variadas. Por suposto, están as posibilidades de elección, dende comida a vestido pasando por teito onde resgardarse ou lugares ós que viaxar viaxar e tempo dispoñible para facelo, ou comodidades na viaxe. Iso xa leva consigo que a liberdade dispoñible non é igual para todos nun 'mundo libre'. Pero coido que a cousa vai máis aló. O uso dos cartos como capacidade de influencia sobre a sociedade, inclúe cousas como a posibilidade de financiamento de partidos políticos nas chamadas 'democracias' nunha escala que leva á vontade do partido a aliñarse coa vontade do doante multimillonario (aínda que esta palabra xa se quede pequena para esa xente), xunto con redes de amizade ou interese trazadas con persoas encargadas de xestionar a sociedade por mandato de todos que cadran por riba deses intereses comúns, ou mesmo a capacidade, derivada das dúas anteriores, de facer leis á súa medida, e non á medida da maioría. Convértense en plutocracias, palabra que non se usa moito, pero que volve con máis significado.

    Atribúeselle a George Orwell unha cita que di que a xente rica só é xente pobre con cartos. Cartos que, ó irse acumulando, van marcando diferencias. Primeiro, de xeito visible: poucos cartos marcan a diferencia entre fame e suficiencia alimentaria. Pero logo, pouco a pouco, de xeito cada vez mais invisible, as diferencias medran e medran, de xeito que se cortan os contactos e ás veces asemellamos ser diferentes especies vivindo sobre diferentes planetas. E iso conta nas decisións tomadas pola sociedade, nos recursos adicados a elas, na visión que se ten sobre as cousas e feitos, no xeito de vida... sobre o único planeta que habitamos.

    Mentres, os cidadáns de 'a pé', sufrindo moitas veces dificultades, esgotan a súa paciencia. Paciencia que se non ten saltado xa é por diferentes mecanismos de contención social, de efectos limitados e sobre os que podemos volver noutro momento.

    Así que, a sociedade, que en teoría detén o poder, pode preguntarse 'ata cando abusarán da nosa paciencia?', remedando o dito por Cicerón (que tiña o poder pero non o usaba máis que dun xeito limitado) a Catilina (que non o tiña, pero confabulaba para asegurarse de telo)? 

20220918

Galerías Ribadeo, na nova serie


     Deixo unha imaxe onde se ve ben claro: 'Galerías Ribadeo'. Pertence á nova serie 'Un asunto privado', dende hai pouco dispoñible en Amazon. De onde sae o invento das galerías Ribadeo? Supoño que dalgún guionista, pero non o comprobei. O primeiro capítulo non parece ser ningunha cousa do outro mundo, pero se alguén quere saber máis ou entrar nas 'Galerías Ribadeo', aí ten o apunte.

 

20220914

TORRE DE OS MORENO. Evaristo Lombardero Rico

TORRE DE OS MORENO

O día sete deste mes a páxina web do Concello de Ribadeo publica unha nota sobre un proxecto de obras na Torre dos Moreno.

De acordo con esta fonte informativa deuse “licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas” e "agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo”.

Según se desprende do texto trátase duns pequenos retoques e non existe un proxecto integral de restauración, non hai data de comezo das obras que queda ao albur dos propietarios (“xa pode empezar cando o desexe”, mais claro auga), non se coñece o investimento económico e non hai data de remate nen sequera aproximada.

Se temos en conta que segue sen publicarse o convenio asinado en 2019 entre o concello e a empresa (sic) propietaria da maioría do edificio, decatarémonos de que o Sr. alcalde ten un interese especial en disimular as condicións do devandito convenio. Resulta obvio que se o convenio estipulase unas condicións que comprometesen en firme aos propietarios a chegar a unha solución real do problema nun prazo razonable o concello sería o primeiro interesado en anuncialo.

Pola outra banda a empresa (sic) tardou doce anos en restaurar o Pazo de Trenor nas Figueiras, que tiña unhas condicións moitísimo mais favorabeis que a Torre de os Moreno. Mesmo leva dende 2014 actuando no edificio de Os Perecitos sen que se saiba para cando se pensa rematar.

Con estes alicerces hai que ser moi optimista para crer que realmente estamos diante dun proxecto de restauración da Torre dos Moreno e non de outro bluf electoral. Quedamos na agarda do que veña.

Evaristo Lombardero Rico

Nota: Evaristo Lombardero ten falado do mesmo tema na radio en días anteriores.

20220911

EL CASTRO DE A TORRE. José María Rodríguez Díaz (2008)

    José María expón aquí o estado de coñecemento sobre este castro, tmizado polos seus propios coñecementos.

Martes, 10 de junio de 2008

EL CASTRO DE A TORRE

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 10:04

Después de una obligada y larga interrupción en mis comentarios impuesta por las lluvias de mayo que me impidieron continuar esta labor de apear los castros y siguiendo la ruta de los catalogados por Patrimonio en el concejo de Ribadeo, de la que nos hemos ido ocupando hasta aquí, vamos a referirnos hoy, mediante una breve reseña, al castro conocido con el nombre de Castro de A Torre, ubicado en la parroquia de Vilausende. Un castro que, al igual que todos, fue el germen de los diversos núcleos de esta parroquia consolidados en el medioevo y que llegaron hasta nuestros días.

Se trata de un castro de interior, denominado de los de otero por su ubicación en la cima de una pronunciada colina que forma el terreno y que ofrece un punto estratégico de control del entorno con muy buenas condiciones naturales para la defensa del castro. Está situado en las proximidades del núcleo rural de A Torre, en Vilausende. Su forma es oval y por su superficie, de unas 5,5 Ha., es el de mayor tamaño de todos los catalogados en el concejo, aunque esta medición me parece exagerada. Está también considerado por los arqueólogos como el más antiguo de todos los de este concejo pues sitúan su fase de formación en la Edad del Bronce Final (s. VI a.C.), pasando luego por la de Hierro y la Época Romana. Una antigüedad opinable pero cuya datación un día podría confirmar la prueba del carbono 14. A juzgar por lo que a simple vista se observa en él su estado de conservación se puede catalogar como de regular. De la estructura que presumiblemente tuvo en el momento de su ocupación antigua sólo quedan hoy en su parte este y sureste varias líneas de murallas no muy pronunciadas que lo rodean a modo de defensas y en el lado noroeste y norte se aprecian dos fosos y tres murallas muy pronunciadas formadas por la roca excavada y coronadas con pared de piedra y tierra, proveniente del allanamiento del lugar de ocupación, llamado “a croa”. El resto de su estructura aparece muy mitigada debido a la acción del hombre que utilizó su tierra y sus piedras para otros fines. Al contrario de los que hasta ahora hemos visto, en este no se aprecia actualmente ninguna corriente de agua es sus proximidades, lo que no quiere decir que no la hubiera en la antigüedad. Es probable que sus moradores se sirvieran del agua de un regato que corre en la parte norte del castro, conocido por el nombre de Rego da Fraga. Su propiedad se encuentra hoy en manos privadas y su superficie dedicada al cultivo de eucaliptos.

Para acceder a él se toma la carretera que desde Porto sube hacia esta parroquia. Llegados a la altura del ‘pazo de Quintalonga’ se toma una pista a la derecha en dirección al núcleo de A Torre. Pasado el templo parroquial, el castro se encuentra después de este núcleo, en la parte izquierda de la pista, en un monte situado en una pronunciada colina.

El estudio de su topónimo no reviste especial dificultad pues su significado es suficientemente transparente y fácilmente comprensible para todos.

Este topónimo tiene su origen en el vocablo latino Tūrris ‘torre’. Una palabra muy común en todos los romances de occidente y con una presencia muy frecuente en la toponimia de nuestra geografía. Parece evidente que detrás de este nombre se esconde la existencia en ese núcleo o en sus proximidades de alguna torre o fortaleza que existió en la antigüedad que le dejó este nombre en herencia. ¿Tendrá acaso su origen en la torre lateral con la que ese castro defendía en la antigüedad su entrada principal, como era usual en casi todos los castros? ¿O será debido a la existencia de una torre en el ‘pazo de Quintalonga’ perteneciente a ese núcleo? En mi opinión, en una de estas dos circunstancias está, probablemente en la primera, la explicación más razonable del topónimo A Torre adjudicado a ese núcleo rural próximo al castro.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220909

LA RÍA DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Visión de José María do conflito sobre a ría e o seu nome inducido por cuestións políticas, seguido da pretendida daquela construción dunha macronave en Mirasol, ó tempo que, entre outras cousas, lembra algo incumprido, a constitución dunha comisión de coordinación para a xestión da ría.

Sábado, 07 de junio de 2008

LA RÍA DE RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 9:47

La Ría de Ribadeo sigue estando de máxima actualidad. Esta joya, compartida por gallegos y asturianos, se está convirtiendo en la noticia estrella de los comentarios y reclamaciones de la gente de esta comarca, tanto gallega como asturiana.

Nuestros vecinos, los asturianos, no conformes con el fallo del Consejo Superior Geográfico que la define como Ría de Ribadeo, vuelven a la carga reclamando otra denominación para la ría, mientras acusan a los gallegos de conquistadores y expansionistas. Y lo hacen a través del Parlamento de Asturias que estos días pasados admitió a trámite una proposición no de ley para reclamar ante el Ministerio de Fomento el cambio del nombre oficial de la “Ría de Ribadeo”, asignado por el citado Consejo. Es así como, un elemento integrador como la ría, llamada a unir en una a las comunidades humanas que se asientan en sus orillas, que comparten la misma lengua, la misma forma de vida e idiosincrasia, se está convirtiendo, por las ambiciones políticas de algunos, en elemento de desunión y separación entre ambas comunidades.

Y por si esto no fuera bastante, se introduce un nuevo elemento de confrontación entre los políticos de las dos autonomías. Se trata de la famosa nave gigante que Portos de Galicia pretende cimentar y levantar en el puerto de Ribadeo. Y digo “cimentar y levantar”, porque no se trata de una simple nave flotante como equivocadamente se le viene denominando en los mensajes asturianos, ni de una nave cualquiera pues su altura sobresale desde el muelle más de 36 metros, según nos enteramos ahora por la Consejera de Medio Ambiente del Principado, lo que equivaldría a un edificio de doce plantas.

El conflicto entre las dos comunidades está, pues, servido. La consejera de Medio Ambiente del Principado acusa a la Xunta de información equívoca y engañosa sobre la instalación de esta nave. Y reclama la creación de algo que se había acordado en las cumbres ínter autonómicas y que ya debía de estar funcionando: Una Comisión de Coordinación para la gestión de la ría de Ribadeo, como elemento de cohesión social, territorial y económico entre las dos comunidades, que ponga en marcha los acuerdos alcanzados en las cumbres inter autonómicas.

Y en Galicia, mientras tanto, ignorando la posición del concejo de Ribadeo en pleno y la unánime opinión del pueblo, la conselleira de la Xunta, Sra. Caride, se manifiesta a favor de este proyecto como algo muy positivo, para los intereses de CEASA. Y lo que aún es más sorprendente en las declaraciones de esta conselleira, que hasta ahora se había distinguido por su encarnizada defensa del medio ambiente y de los 500 metros del litoral, es que dice que esta nave no tendrá ningún efecto medioambiental en la ría, mientras que al mismo tiempo afirma, eso sí, que tendría un impacto estético muy importante. ¿Qué entiende, entonces, la Sra. Caride por impacto medioambiental? ¿No es medioambiental, acaso, el impacto que su cimentación en las aguas de la ría va a suponer en el movimiento de sus corrientes marítimas, así como en la nueva fisonomía de sus tesones y en el paisaje? ¿No es, acaso, medioambiental el grave impacto paisajístico que va a producir en el casco histórico de la villa de Ribadeo y en la ría?

Pero no acaban ahí las incongruencias verbales de esta conselleira. Como justificación y autodefensa de sus posiciones acusa al Gobierno del Principado nada menos que de autorizar las obras de ampliación de los Astilleros Gondán y los rellenos efectuados en el lado asturiano de la ría, sin que la Xunta llegara a ponerles reparos. Un grave desconocimiento de la realidad en una desafortunada justificación de su postura, pues, con ella la conselleira parece desconocer la realidad de la orilla asturiana de esta ría, que, al contrario que la orilla gallega, en la que proliferaron los rellenos, las escolleras y las naves, permanece cuidadosamente respetada hasta el presente.

La polémica no ha hecho más que empezar. La ría de Ribadeo, pasto de los intereses económicos de empresas privadas y de la falta de cuidado y apatía de nuestros políticos y gobernantes, va a seguir estando de actualidad mientras exista. Eso sí, seguirá siendo utilizada como disculpa para los brindis oficiales de los políticos, como se hizo hasta el presente. Menos mal que esta vez los vecinos de ambas orillas se unen en su defensa. Pues si no se le pone freno a estas actitudes estará destinada a acabar convertida en un río cenagoso como el Nervión.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Non é por a Ucraína, é por nós

Convocatoria da concentración pola paz de Ribadeo, para o xoves 15

Non é por a Ucraína, é por nós

    Non, non nos deixemos levar nin nos levemos nós mesmos a engano: en boa parte dos casos, diría que na grande maioría, das (poucas) concentracións que se fan contra a guerra hoxe en día, non é "pola agresión rusa", nin "pola guerra contra Ucraína", senón pola paz, pola paz en todos os lugares e contra todas as guerras, incluídas as guerras internas de máis dun estado contra parte da súa poboación. E, aínda que só sexa por lembranza do dito de "primeiro viñeron polos (...), logo polos (...), logo viñeron por min, e non quedaba ninguén para defenderme", dicir que as concentracións fanse por todos nós. Un nós amplo, que non exclúe a ninguén, mesmo nin á xente que decide atacar. Iso, aínda tendo en contra meses de propaganda bélica ‘na procura paz por apoio a unha das partes’. E non, non se trata de dicir que a Ucraína comezou a guerra, e non Rusia, como parece abandeirar certa xente, pero tampouco de comungar con rodas de muíño dicindo que os atacados foron, son e serán santos, e os atacantes, demos. Calquera pode rastrexar que Rusia comezou atacando, pero antes Ucraína (e a OTAN) incumpriu palabras dadas, que antes había un conflito ás beiras do río Don coas dúas partes implicadas, rusos e ucraínos, que Rusia ocupou Crimea, onde xa tiña unha base nese territorio adxudicado a Ucraína na división da URSS, ou que, mentres Rusia corta o subministro gasista a Europa por Polonia ou o Báltico, aínda pasa gas ruso a Ucraína, ou aínda, que Europa lega pagado, dende que comezou o ataque a Ucraína, máis cartos a Rusia do que lle leva costado a esta a guerra. Botóns de mostra, entre sorprendentes e hilarantes se non fora polo que implican, de feitos que se pretenden ocultar e descartar ou ben magnificar e manipular por riba, ou ó tempo que os desastres da guerra. E iso por non mentar o que supón a guerra e as medidas tomadas en consecuencia para outras cousas, como a emerxencia climática.

    Hai tempo xa que a concentración que sigo, a de Ribadeo, vai case para trinta xoves ás oito da tarde diante da casa do concello, ven diminuíndo en número de asistentes. Nas últimas, mesmo sobraba algún dedo para facer a contaxe. Pero segue a facerse, segue a lembranza de que hai guerra, de que non debera habela e de que a paz constrúese. A historia desa concentración comezou cunhas poucas deceas de persoas a partir dunha convocatoria anonimizada, chegou rápido ó par de centos de participantes, e logo sufríu unha caída longa ata hoxe, na que a asistencia vaise mantendo, ímonos mantendo, de xeito irregular: algunha vez falta alguén das persoas habituais, algunha outra ven alguén que non soe aparecer outras semanas.

    Nas primeiras convocatorias escoitábase falar moito sobre o ataque ruso. Pouco a pouco, foron predominando e quedando en solitario os chamamentos á procura activa da paz, das paces en tódalas guerras, famosas e visibilizadas ou non, guerras con décadas de existencia ou recentes, aquela que están no seu punto álxido ou as que continúan de xeito larvado, sexan entre estados ou internas dun estado contra parte do seu pobo...

    Non, non é por Ucraína, senón por nós, que debemos seguir a lembrar que a paz necesita un traballo para preparar o ambiente.

20220908

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'? (II). Evaristo Lombardero na Cope

    Onte deixei o que colixía eu sobre a nota do concello na que se fai referencia á 'rehabilitación' da Torre dos Moreno, titulándoo "Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?". Hoxe colgo a entrevista que a COPE lle fixo a Evaristo Lombardero onte mesmo, sobre o mesmo tema, na procura doutra opinión diferente da miña. Aparece presentado como portavoz de En Marea, e incide no descoñecemento do convenio Concello-Paisajes de Asturias pola cidadanía, nun novo caso de falta de transparencia.

    Entrevista de Evaristo Lombardero na COPE sobre a Torre dos Moreno, setembro de 2022.

20220907

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

    Dende hai xa abondos anos, sabemos que a Torre dos Moreno está a caerse en anacos. Tamén sabemos que debería, e temos esperanzas de que algún día sexa así, terse un plan de recuperación a aproveitamento dun edificio que sería apetecible para moitas cousas. É dicir, ter disposta a misión 'aproveitar a Torre dos Moreno'.

    Pero tamén sabemos, dende hai moitos anos, que o único para o que vai dando a historia é para relativamente pequenos (que soen anunciarse como grandes por requirir orzamentos non desprezables) amaños que eviten que o edificio se veña abaixo ou siga a caerse anaco tras anaco. É dicir, parafraseando o título dunha célebre película, sucesivas misións 'salvar a Torre dos Moreno'. No día de hoxe chega outra edición desa misión, a acometer pola empresa privada maioritaria da propiedade. Decatámonos por unha nota de prensa do concello que se titula 'Torre dos Moreno' e que inclúe o seguinte parágrafo a modo de resume:"A xunta de goberno concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno."

    Máis adiante na mesma nota, desenvolve un pouco o feito: "(...) logo de moitos anos, logo de moitos problemas, moitas horas dedicadas cos técnicos municipais, logo de ter todos os parabéns da Comisión de Patrimonio Histórico de Lugo e logo de ter que ir en cinco ocasións, por fin, onte demos a licenza de obra ao proxecto de execución para a Intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual. Tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o pésimo estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal". "(...) agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo. Agardamos que dentro de non moito, este edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do século XX, e por riba de todo, que coa súa rehabilitación poidamos asegurar a seguridade pública necesaria (...)."

    A dicir que na Xunta de Goberno do concello do día 6 acordáronse outras varias licenzas, e que é nese sentido, o da concesión de licenza, que xurde a noticia, xerada pola petición correspondente que tería que realizar no seu día a empresa Paisajes de Asturias. Unha petición, como observamos, doutra obra parcial para manter o edificio en pé, non para rehabilitalo de xeito íntegro.

    Outras apreciacións e comentarios do destaque da noticia poden ser as seguintes: houbo que ir cinco veces a Lugo, a Patrimonio. Non especifica a noticia quen, aínda que por como está redactada, parece desprenderse que serían viaxes, non só sinxelos envíos e voltas de papeis, e que o concello tería participado nesas viaxes á capital administrativa provincial. Estimo que debe ser ben un erro de redacción, ben de comprensión pola miña parte. O contrario sería un trato de favor, pois fronte a ese feito, para obras abondo máis pequenas, realizadas tamén de xeito privado, sei de quen tivo que enviar varias veces ó longo de varios anos proxectos e preguntas a Lugo, pero tamén consultar ós técnicos do concello, sen ter o apoio desa institución como axudante na capital. É dicir, de non entender mal, algo diferente de como o concello tería actuado neste caso despois de enaxenar por permuta a súa parte de propiedade.

    Tamén pode apreciarse que fala de 'materiais similares' para determinadas partes, aínda que 'iguais' para as cubertas. É dicir, vai ter o mesmo aspecto, pero non se trata dunha restauración, senón de 'reparación' e 'saneado'. Coas verbas usadas no texto, dunha rehabilitación.

    Asemade, cita a reposición das carpinterías exteriores. Por falta que lles fai non quedarán, e é de supoñer que con elas serán repostas as vidreiras.

    A empresa pode comezar cando queira, di a nota. Coido que as licenzas teñen un límite de tempo de execución, e, de non ser executadas en prazo, a licenza caduca. Evidentemente, se é a empresa quen decide, e non se lle forza a facer algo, farao cando queira, si, pero cos límites que estableza a licenza, e sen perder de vista que outras obras da mesma empresa da outra beira da ría estendéronse ben no tempo.

    Remata a nota facendo referencia á seguridade. Coido que deben terse superadas xa as dúas décadas de valados e redes no cantón. Esperemos que desta se acabe con esa ignominia, aínda que queden outras actuacións para o futuro.

    Por último, a nota incluía tamén unha imaxe, que deixo abaixo complementándoa con outra recabada nas redes sociais:




EN BUSCA DEL RÍO MERA. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Elucubracións de José María sobre un topónimo (hidrónimo), que, como pensamentos que son, dá por válidos ao non atopar argumentos en contra e si posiblidades a favor. O resultado?

Lunes, 16 de junio de 2008

EN BUSCA DEL RÍO MERA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:41

En un diploma de fecha 23 de agosto del año 775 el rey asturiano, don Silo, después de una incursión armada en Galicia y de haberse apoderado de ciertos territorios de este reino, dona a ciertos presbíteros un cillero de su propiedad ubicado entre los ríos Eo y Masma y entre el Alesancia y el Mera para que en él construyan un monasterio. Dice así el texto original: …ut darem eis locum orationis in cellario nostro que est inter Iube et Masoma, inter ribulum Alesancia et Mera, locum que dicitur Lucis... ‘… para darles un lugar de oración en nuestro celario que está situado entre el Eo y el Masma, entre el río Alesancia y el Mera, en un lugar llamado LUZ’.

El documento toma como referencia unos elementos permanentes, como eran los ríos, para fijar el lugar objeto de la donación. En este caso especifica el territorio enmarcándolo entre los ríos Eo y Masma. Pero no contento con esta especificación territorial, por ser demasiado amplia, lo concreta aún más acudiendo a otros dos elementos naturales para delimitar un territorio menos extenso, fijándolo entre los ríos Alesancia y el río Mera. A diferencia del río Alesancia, identificado hoy con el nombre de Río Grande, del río Mera no tenemos constancia en ningún documento conocido de la Edad Media. Es por eso que para poder identificarlo sólo nos queda la deducción lógica que nos hace pensar que se trata del río conocido con el nombre de Río da Capela, que nace en las proximidades de este núcleo rural de Pastoriza y vierte sus aguas en la ría de Ribadeo, a la altura de As Aceñas.

Las razones que apoyan esta conclusión parecen suficientemente seguras para respaldar esta tesis, sin que se conozcan otros argumentos en contra:

Primera: La segunda concreción territorial, hecha por el citado documento, hace suponer que el río Mera no ha de estar situado demasiado lejos del río Alesancia. De otra forma no se cumpliría el propósito de concreción del territorio que se pretende en el documento.

Segunda: La expresión…iuxta ripam Euue ‘en la orilla del Eo’, que utiliza el documento 260, del año 1214, perteneciente a la Colección Diplomática del Monasterio de Meira, sitúa la heredad de San Martín de Esperantón en la orilla del Eo, por lo que es en el río Eo en donde debe desembocar el río Mera que enmarca dicha heredad perteneciente al citado monasterio. Para mayor abundamiento el documento 123, de la misma Colección Diplomática, da cuenta de que Esperantón se encuentra en las proximidades de Ribadeo. Dice así: …illa mea hereditate quan habeo in territorio de Ribadeo, San Martín de Esperantón. ‘… aquella mi heredad que poseo en el territorio de Ribadeo, San Martín de Esperantón.’ Se está refiriendo con estas palabras a una heredad que tiene en el antiguo celario y que está situada en el territorio de Ribadeo. Dos precisiones que avalan esta tesis, pues el actual Río da Capela es el único de cierta entidad que desemboca en el Eo, entre el Río Grande y el Masma.

Tercera: El topónimo con el que hoy se conoce el río de A Capela no es ciertamente el nombre primitivo del río. La antigüedad de su nombre actual no va más allá de la del propio núcleo que le da su nombre, cuya existencia se supone que ha de ser relativamente reciente, sin duda muy posterior al año 775. De lo que se deduce que antes de la creación de este núcleo este río, llamado Río de A Capela, tenía otro nombre que no ha llegado hasta nosotros. Nos encontramos ante un “río sin nombre”, pues el nombre lo es del núcleo rural pero no del río.

¿Cuál era entonces el nombre con el que se denominaba a este río en el año 775, fecha del documento? Todas estas razones, a falta de otros argumentos más concluyentes a favor de otro candidato, hacen suponer que estamos ante el antiguo río Mera, que en la larga noche de la Edad Media perdió su nombre propio para adoptar el del núcleo en cuya proximidad nacía. Es el mismo proceso que siguió el río Alesancia, conocido hoy por el nombre de Río Grande.

¿Cuál es el origen y significado de este topónimo? Se trata de un hidrónimo derivado de la raíz indoeuropea *mer, de la que se deriva la palabra latina mare ‘mar’, ‘charco’ y otras variantes indoeuropeas y que luego pasó a dar nombre a muchos ríos, como el Mera, el Mero, etc. en Galicia.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220906

Paz, unha vez máis

     Coincide este xoves a xuntanza cos anceios de paz coa festa do oito en Ribadeo, razón pola que o grupo que se concentra pola paz diante do concello ribadense precisamente todos os xoves decidiu non facer unha convocatoria específica para o 8 de setembro. A ninguén se lle di que non vaia, faltaría máis, pero avísase de que por esa circunstancia a asistencia será, de xeito previsible, moi reducida. Un  feito que recolle o cartel de Suso.


 

CUANDO LA VERGÜENZA SE PIERDE. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Persoa sen vergoña: persoa inmune á corrupción e á inmoralidade. José María déixao claro e aplícao...

Sábado, 31 de mayo de 2008

CUANDO LA VERGÜENZA SE PIERDE

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:57

Para Aristóteles la vergüenza y el rubor son indicios seguros de la presencia del sentimiento ético en las personas. Para él sentir vergüenza es uno de los indicadores más inequívocos de que las personas no han perdido aún del todo la conciencia de lo moral. Y el rubor es la expresión de ese sentimiento de culpa que embarga a las personas cuando cometen acciones malas o inmorales. La vergüenza y el rubor son dos valores que reprimen en las personas el impulso de violar las leyes y frenan la corrupción. La ausencia de rubor y de vergüenza indica, por el contrario, que las personas se han vuelto inmunes a la corrupción y a la inmoralidad. Y cuando las personas carecen de esos sentimientos todo es posible.

Viene esto a cuento de ese famoso viaje que un grupo de 30 personas, políticos, funcionarios y empresarios de los concejos de Mondoñedo, Lourenzá, Viveiro y Ribadeo están realizando a Uruguay y que está siendo muy comentado entre la gente, que se pregunta: ¿Cuál es el verdadero objetivo de ese viaje? ¿Ha delegado la Xunta las relaciones comerciales y diplomáticas con ultramar en estos cuatro concejos? ¿O se trata, acaso, de un encubierto viaje de placer pagado con fondos públicos? ¿Qué explicación convincente van a dar a los contribuyentes sobre las gestiones realizadas durante una semana en ese país? ¿Está realmente justificado ese viaje o se trata de un caso más de corrupción en el uso del dinero público, como tantos otros perpetrados sin rubor ni vergüenza a los que hemos asistido en estos últimos tiempos?

Porque lo que ya a nadie sorprende a estas alturas es constatar que muchos de los políticos que se dedican a la gestión de lo público tanto en nuestros concejos como en otras administraciones, ni sienten vergüenza, ni se ruborizan frente a los actos corruptos que con frecuencia practican en la gestión. Es más, muchos de ellos son reincidentes e inmunes al arrepentimiento mientras se aprovechan del pasotismo de la gente que carga con todo lo que le echen encima.

Son esos gestores que no sienten vergüenza ni se ruborizan cuando, una vez ganadas las elecciones, vuelven la espalda a las promesas que hicieron a los ciudadanos. O cuando presentan documentos no fidedignos en vez de documentos oficiales para fijar los suculentos sueldos de las dedicaciones exclusivas de que se dotan a sí mismos en los concejos. No sienten vergüenza ni se ruborizan cuando se dedican a la práctica del nepotismo colocando a sus amigos en el concejo con suculentas retribuciones. No sienten vergüenza ni se ruborizan cuando perdonan a sus amigos las tasas que deben pagar a las arcas municipales como cualquier ciudadano. No sienten vergüenza ni se ruborizan cuando utilizan los recursos públicos a su capricho y antojo, sin criterios de prioridad, rentabilidad ni honestidad, manejando el dinero público como si fuera privado. O cuando se dedican a favorecer a sus padrinos políticos a costa de la legalidad urbanística, que algunos ejemplos tenemos de todo esto en el pasado reciente de Ribadeo. No sienten vergüenza ni se ruborizan cuando convocan concursos de obras que saben de antemano quien se las va a llevar. O cuando convocan concursos para la adjudicación de plazas municipales sabiendo ya previamente a quienes están destinadas. Es en esos momentos cuando la reacción frente a una gestión pública tan inmoral, por parte de los llamados servidores del pueblo, crea una profunda indignación entre los ciudadanos que sostienen los concejos con el dinero de sus impuestos.

Lo malo de estos espectáculos de corrupción es que producen un doble efecto: el alejamiento de la política de aquellos que desearían dedicar sus esfuerzos a construir una sociedad mejor; y el opuesto que es el de atraer a los sinvergüenzas que pretenden aprovecharse de los demás.

Pero no todos son corruptos. Puede que existan, todavía, gestores públicos que, sin duda, tienen la ética como bandera y que confieren dignidad a su función. Personas para quienes la vergüenza representa un límite infranqueable. Personas que hacen pensar que no está todo perdido. Personas como Nixon a quien la vergüenza obligó a renunciar a la presidencia de EE.UU. O como los japoneses que llegan a suicidarse por no poder soportar la vergüenza pública. Hablar, sin embargo, sobre su número trae a mi memoria aquella imagen bíblica del regateo que Lot mantuvo con Yaveh sobre el número de justos que podía haber en Sodoma. Si los había, eran muy pocos, porque, ante el silencio de Lot a su pregunta, Yaveh condenó a Sodoma a la destrucción. Y políticos justos y éticos entre nosotros quiero pensar que, sin duda, los hay. Pero, ¿más que en Sodoma?-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

XA EMPEZAMOS MAL. Pancho Campos Dorado

Da obra de Nijunab en https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Rowboats#/media/File:Buir_travel.jpeg, lic.CC BY-SA 4.0, transformada para a ocasión por min

XA EMPEZAMOS MAL

Pancho Campos Dorado

No número 5345 do querido semanario La Comarca del Eo, 3-setembro-2022, vemos en primeira páxina o título dun artigo que nos emociona, “Arqueólogos submarinos descobren na ría unha barca medieval de pasaxe de peregrinos”. Non cabe dúbida de que é un achádego histórico importante e moi digno de mención, pois segundo parece, fíxoselle a datación por 14C (carbono 14, radioactivo) e dá unha data comprendida entre os anos 1050 e 1260 da nosa era.

Este achádego é outro punto relevante para asegurar que na Alta Idade Media en Ribadeo seguía habendo tráfico marítimo e posiblemente tamén un gran comercio internacional do que carecemos polo momento de documentación arqueolóxica.

En este mesmo blog o 4 de xaneiro de 2022 (no semanario 'La Comarca del Eo'), escribía eu o artigo “O Ribadeo que non coñecemos” onde resaltaba que, “o equipo de buceo do arqueólogo comisario Miguel San Claudio, desvelounos que atoparon unha ánfora grega de 2600 anos de antigüidade (século VII a.C.) peza de cerámica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia máis antigo que se localizou na Costa Cantábrica, o que converte en única a Ría de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueología submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011)”.

Non cabe dúbida que a noticia da ánfora ten moita maior importancia que a “barca de pasaxe dos peregrinos”, noticia que carece de fundamento histórico -arqueolóxico algún.

Como é posible que alguén identifique como unha lancha de peregrinos un cacho de “costado e de pantoque” en forma de “L” dunha lancha de 727 centímetros, sendo o “brazo” vertical de 20 cm no exterior e de 19,5 cm a parte interior do brazo inferior da “L”? Imposible que tal identificación se poida facer cun marxe de acerto medianamente crible, excepto que haxa un cacho de “bordón de peregrino” adherido ó casco, ou unha sandalia da época, un sombreiro de ala ancha, roupa talar ou un zurrón con papeis, ou algunha inscrición que tal diga.

As noticias históricas son de relevancia cando non se “adoban” con sandeces e neste caso todo o que se di, por moitos institutos arqueolóxicos que están implicados e que non vou a enumerar, véxase parte final do artigo citado, firmen tal descubrimento e traten de acreditar tal afirmación, aproveitando de dar corpo relevante ás subvencións que a Xunta de Galicia ten a obriga de facer para pór en valor o noso patrimonio.

É molesto ver que ao delegado territorial da Xunta de Lugo, Javier Arias, se lle encha a boca de auga en baño de multitudes cando destaca que “este achado, descuberto grazas á campaña arqueolóxica que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a levar a cabo na ría de Ribadeo, é importantísimo xa que aporta probas do transporte usado na peregrinación a Compostela” (este señor non debe ter tempo nin de durmir con tanto traballo administrativo que ten a obriga de desenvolver). Non creo que sexan necesarias tantas aseveracións absurdas para que a Xunta teña que xustificar gastos Xacobeos en traballos arqueolóxicos subacuáticos, os cales deberan ser continuos durante todos os meses de augas claras na Ría e tódolos anos, antes de que un dragado leve consigo toda a riqueza histórica, que non cabe dubida, si hai no fondo da Ría de Ribadeo. Por certo, como di San Claudio, única no Norte da Península Ibérica.

Por outra banda, dinnos no citado artigo outras cousas moi estrañas, “a embarcación estaría composta, cando menos, por outra peza simétrica a esta que pecharía o vaso na outra banda. Tampouco se descarta a existencia dunha, ou máis pezas planas de madeira situadas no fondo da embarcación, que permitiran ampliar a manga e, polo tanto, a capacidade de carga”. Home, suponse, certamente, que ten que ter un plan a lancha suficientemente amplo, posto que se xuntamos dúas pezas iguais á relatada, faría unha cala de 39 cm. (19,5 x 2 =39 cm) que sería do tamaño dun cayuco ou dunha piragua, e xa me estraña que alguén teña capacidade para embarcar a 20 persoas ou a un cabalo en tal embarcación, como máis tarde se relata. E por certo tamén tiña que ter máis francobordo que 20 cm.

Por outra banda tamén se di, “o costado atopado finaliza nun extremo nunha zona maciza, non baleirada. O outro extremo remata coa estrutura aberta, estando os bordes cortados en bisel. Esta disposición pode significar que, adherida a este extremo, se puidera atopar un espello que pechase a embarcación, anque tampouco son estraños os casos de embarcacións deste tipo abertas para facilitar o embarque de carga, animais e pasaxeiros. Segundo isto, a embarcación terminaría nunha popa de sección cadrada, aberta, no senso de embarcacións moito máis primitivas no contexto da Europa Atlántica”.

Como sigan explicándose así, dentro de pouco, a popa desa embarcación vai ter rampla e será considerada o preludio dun ROLL-ON ou dun ROLL-OFF. Depende si ten embarque por popa ou por proa, que tamén puidera ser. Que cruz!!!

Non quero esquecer unha puntualización máis o escribidor do artigo, que nos di nun principio, “trátase dunha peza lonxitudinal de madeira labrada en forma de “L” que estaba profundamente incrustada no sedimento e que é parte dunha barca medieval de pasaxe que tería a súa base en Ribadeo, aínda que non se descarta que pertencera á ribeira asturiana”. Mire vostede, non hai que descartar nada, ten soamente que repasar a Historia de Galiza, pois o Condado de Ribadeo chegaba ata o río Frexulfe, en Navia, até que no ano 1551 o Conde de Ribadeo e Conde Salinas vende as terras entre o Eo e o Navia, polo tanto no 1050 ou no 1260 todas as terras a ambos lados da ría son Terras de Ribadeo. Información máis precisa do asunto, pode atopala en “Escudos de armas do Concello de Ribadeo, p. 270, ou no artigo “O Conde de Salinas” (tamén en La Comarca del Eo, 11 decembro 2021). Incluso até que a administración franquista en 1958 dividiu a ría en dous, ámbalas dúas beiras foron sempre dominio da Galiza.

Sen máis, suxírolles que escriban información obxectiva e histórica, Ribadeo ten dabondo coa verdade e non precisa de inventarse cousas raras para ser todo un pobo con máis de dous milenios de HISTORIA VIVA que pouco a pouco irá xurdindo.

20220905

Un conto económico (de economía)

De Ingfbruno en https://en.wikipedia.org/wiki/Wall_Street#/media/File:USA-NYC-New_York_Stock_Exchange.JPG, lic.CC BY-SA 3.0

Un conto económico (de economía)

'Cantos economistas de Chicago fan falta para cambiar unha lámpada?

Ningún. Se a lámpada necesitara ser cambiada, o mercado xa o tería feito!'

    O chiste, tomado dunha obra de Raj Patel que o presenta como algo de coñecemento común entre os economistas de hai uns 15 anos nos EEUU, pode ilustrar -e de feito, úsase para iso- a crenza da existencia dun mercado omnipotente e omnisciente entre os economistas neoliberais, en particular os chamados 'Chicago boys'. Nese conto do super-mercado, o coñecemento total e o poder total virían dados da asunción de que o prezo dun ben, establecido de xeito libre, tería integrados xa en si todos os datos económicos actuais e previstos como futuros, condicionantes únicos, eles mesmos, dese prezo.

    Como información complementaria para o caso, a mesma persoa que enunciou esa hipótese, a 'hipótese dos mercados eficientes',  Eugene Fama, escribiu despois sobre a irrealidade de asumir a hipótese sen máis. A máis doutros moitos. Pero o mal estaba feito, e intereses de diversos tipos teñen mantido a vixencia da núa hipótese dentro das ideas vixentes sobre economía ata hoxe, dende un punto de partida no que se lle considerou unha simplificación milagreira das ideas económicas, en parte unha revolución / contrarrevolución ante o marxismo.

    Ese conto económico, reflectido no chiste, daría como resultado uns mercados que non necesitan nin economistas para funcionar, é dicir, que non necesitan 'nada' externo ó propio mercado, e polo tanto, o que nos digan os propios economistas sobre o mercado estaría de máis: o mercado sabería máis ca eles, sempre lles levaría avantaxe (e iso parece verse corroborado pola historia!). Mais os economistas seguen a falar, mesmo os que defenden a hipótese, que serían os que, en base ás súas propias ideas, máis constrinxida verían a súa capacidade de pontificar.

    E o resto da xente? Pois todos, incluídos os economistas, seriamos suxeitos prescindibles para o mercado unha vez establecido o sistema, 'sistema de mercado', non contaríamos (excepto como medio, autómatas en función do consumo, da inversión ou de traballo).

    Non estou a dicir nada novo, mais tamén sei que hai cousas que necesitan ser repetidas unha e outra vez se se pretende que a realidade non quede afogada nunha rede de silencios, nesgos, mentiras interesadas e inflación de información irrelevante co fin de manter (e desequilibrar máis, a ser posible) unhas determinadas relacións de poder.

    Así pois, a outro lugar con ese conto!

    Por certo, non se trata de cambiar un conto por outro, por exemplo, argumentando e contando que 'todo vai mellor se é regulado' (conto no que podemos entrar outro día) senón en deixarnos de contos e falar do noso futuro e presente común e en común, algo nada doado no sistema actual. Máis aínda se se quere acordar algo e poder aplicar o acordado. Complicado, mais para chegar hai que comezar por algures...

    Unha nota final: por suposto, folga dicir -xa o apuntei antes- que hai xente que mantén a validez da hipótese nunha ou outra das variantes nas que se expón (ou en todas).

20220901

A COSTA DO GOLF. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

A COSTA DO GOLF

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Así se acabará chamando a Costa do Sol pola proliferación de campos de golf, case tantos xa como de labranza. Para que se dean unha idea, dicirlles que a meirande parte dos vendedores ambulantes teñen diversos tipos de palos como produtos estrela. Lonxe fican como reclamo dos seus postos efémeros os bolsos falsificados e as falsas prendas de marca.

    Só a min se me ocorre visitar eses lares en agosto. A calor impide teimudamente facer unha vida normal, non digamos xa traballar. A cousa foi culpa dunha amiga que veranea alí desde hai 25 anos (moi perto da casa de María Teresa Campos) e que me ofreceu aloxamento de balde e, claro, “a caballo regalado no se le mira el diente”. Creo que foi a primeira vez na miña vida que tiven que mercar un abano, mais con esas temperaturas, un non ten ánimo nin de movelo, e moito menos de darlle un aquel flamenco.

    A Malaka fenicia e logo romana e árabe, entre o mar e a serra de Ronda e da Axarquía estará moi ben para vivir desde o outono á primavera, mais en época estival, mellor fuxir dela ou refuxiarse termicamente nalgún dos seus frescos e sombrizos monumentos como a inacabada catedral (construída sobre a antiga mesquita) á que, por lle faltar unha das torres, chaman “la manquita”.

    Aloxeime nun pequeno apartamento dun antigo casarón moi perto da arteria principal da cidade, a rúa Larios, con nome de marqués amante do alcol. A mala sorte quixo que se escarallara o aire acondicionado, tendo que intentar durmir coas xanelas abertas para que entrara o pouco fresco nocturno e o moito boureo dos días grandes de “feria”. Resultado: insomnio a domicilio.

    Subir a pé á alcazaba musulmá e á fortaleza de Gibralfaro baixo un sol abrasador foi como facer unha etapa do Tour de Francia ao cumio do Tourmalet. Desde o alto albíscase toda a cidade a rentes do Mediterráneo, coa praza de touros en primeiro plano e a costa de África intuída nunha lonxanía bretemosa de cadro impresionista.

    Non moi lonxe está a igrexa na que baptizaron a Picasso quen morrería no seu estudio de París cun pincel nunha man e na outra un cigarro noventa anos despois. Quen puidera facelo igual a esa idade mudando o pincel por un bolígrafo e o lenzo por un folio en branco! No seu museo malagueño de estilo renacentista están as obras que non quixo vender e as que mercou, despois da súa comercialización, outra vez. Na súa casa natal, non hai tanto para onde mirar.

    En Málaga está o primeiro cemiterio protestante de España, se cadra pola abondosa presenza de románticos ingleses abraiados polo pintoresquismo andaluz no século XIX. Jorge Guillén repousa aí, non por protestante, mais se cadra, por “protestón”. En época andalusí, os cristiáns eran soterrados con nocturnidade e aleivosía na praia da Malagueta, cuxa area disque foi traída polos ventos desde as costas magrebís.

    A alameda urbana (ateigada de verdes cotorras arxentinas, ruidosas e invasivas) foille gañada ao mar e o obelisco no que están os restos mortais do heroe liberal Torrijos aínda é hoxe de soberanía francesa. Da súa custodia encárgase o consulado da República na cidade. Non moi lonxe están as antigas atarazanas musulmás (estaleiros de ribeira), hoxe reconvertidas en mercado central de férreo estilo neomudéxar. Aos pés da muralla árabe descubriuse en 1951 o teatro romano, moi perto do modernista no que se celebra o festival internacional de cinema. Construíndo un aparcadoiro subterráneo, a liña do novo metro ou rehabilitando unha librería atopáronse tamén varios treitos dos antigos muros medievais, entre os cales, procesionando hai séculos en Semana Santa a altas horas da madrugada, dúas irmandades de confrades remataron, non se sabe moi ben por que, como o rosario da aurora, segundo di a tradición popular e o refrán.

    Un dos seus cafés míticos é o Central, desde onde “urbe et orbi” se pide o café de ata dez xeitos diferentes. Tamén é un clásico a taberna El Pimpi, un longo túnel de ambiente taurino ateigado de bocois de moscatel ou Málaga Virgen asinados por todos os famosos que por alí pasaron. Por non falar do bar “La casa del guardia” na que só se atende na barra, sobre a que se fan as contas dos clientes con xiz.

    Trece chemineas fabrís (das 300 que chegou a haber) mantéñense ergueitas como palmeiras ao longo co cauce do río (regato en verán) Guadalmina. Sentado nun banco do paseo marítimo pasa case desapercibida a estatua de Hans Christian Andersen, outro nórdico namorado da cidade como hoxe os milleiros de turistas estranxeiros que ateigan as súas rúas a todas horas de luns a domingo. Tamén é discreto o semáforo que este verán lle adicaron a Chiquito de la Calzada para cruzala cos seus movementos de “fistro de la pradera”. Pola rúa atopeime con outro humorista: Ángel Garó, acompañado do presentador José Manuel Parada. Tamén me pareceu albiscar a Juan Luis Cebrián, antigo director de El País, mais iso xa non o podo asegurar.

    Mijas (a Mixa andalusí) cos seus burro-taxis conta cun museo do carro e con outro de miniaturismo no que se pode ver a Derradeira Cea de Leonardo da Vinci pintada nun gran de arroz. Desde o século XIX conta cunha importante comunidade de orixe británica asentada por mor da minería e hoxe polo turismo. Á entrada da localidade hai unha rotonda adicada ao pobo navarro coa bandeira foral das cadeas no seu centro. Gostaría de saber o motivo deste curioso irmandamento.

    O antigo concello é agora un museo etnográfico onde tamén se lle rende homenaxe ao derradeiro alcalde republicano da vila que ficou trinta anos agochado detrás dun muro da súa vivenda durante a ditadura. A súa resistencia e a súa resiliencia inspiraron o impactante filme “La trinchera infinita”. Ao pé da súa praza de touros (a única ovalada de España), o son das chicharras é tan persistente como o dunha desbrozadora. No parque próximo, os columpios teñen cinto de seguridade. Velaí deixo a idea para algún alcalde.

    En Marbella a maior atracción turística para os do bando (ou banda) nacional é facer unha foto diante do busto do infausto Xoán Carlos I. Unha das entradas á cidade é pola avenida do Trapiche, que ben puidera chamarse do “trapicheo”. Porto Banús segue ateigado de iates, coches e tendas de luxo onde, en pleno agosto, locen nas súas vitrinas abrigos de pel a 20000 euros. Á beira da praia, toman o sol múltiples esculturas de Dalí, que semellan medio derretidas como os reloxios dos seus lenzos. No século XIX creáronse aquí os primeiros altos fornos do país. A súa temperatura non sería moito maior da que hai, por estas datas, nas súas rúas.

    A serrana Ronda (a Arunda celtíbera) está curtada polo desfiladeiro do río Guadalevín, que separa a zona vella da nova, unidas por unha impresionante ponte. Popularrmente coñécese como “El tajo del pequeño Tajo”. As súas casas penduradas desafiando a lei da gravidade están irmandadas coas de Cuenca. A pétrea praza de touros de touradas “goyescas” disque está orientada cara a Antequera, desde a cal, segundo o dito popular, sae o sol por onde lle peta. Na “Posada de las ánimas” descansaba Cervantes cando era recadador de impostos pola bisbarra, esa mesma na que proliferaran os bandoleiros ao xeito do televisivo Curro Giménez e que, hoxe, mesmo contan cun museo. O seu “Palacio del rey moro”, presume dos baños árabes mellor conservados da Península, entre os que se pavonean as parellas de engreídos pavos reais seguidos das súas crías. De ronda e de rondas por Ronda non me resisto a recomendar a céntrica terraza panorámica do hotel Catalonia.

    Na serra que a rodea, as oliveiras e aciñeiras amósanse en formación perfecta como o exército norcoreano entre outros tantos milleiros de pelouros chantados na terra como menhires apuntando ao ceo ou meteoritos caídos del. No pintoresco Setenil de las Bodegas, os seus habitantes e máis elas seguen a emprazárense nas inmensas covas prehistóricas como xa facían hai case sete mil anos os seus antepasados.

    Como curiosidade de Estepona dicir que as árbores dos seus parques están apadriñadas por oriúndos ou turistas habituais e nas casas de cada rúa os meceteiros son dunha soa cor, diferente segundo a vía pola que se transite.

    Fuengirola naceu arredor da fonte que alimenta o río do mesmo nome. Chamoume a atención que a súa bandeira municipal fose igual que a da Arxentina, mais sen sol no centro e cunha estrela no ángulo inferior dereito. Decorados con fotos do lugar están todos os colectores do lixo. Promoción turística de reciclaxe e de balde da que tamén poderían tomar boa nota moitos alcaldes.

    Na branca e impoluta Frigiliana, atenden a oficina de turismo uns monicreques que explican polo miúdo os seus atractivos. Iso si, meténdolles antes unhas cantas moedas. Moralexa: aforro en persoal para as arcas municipais.

    En toda a Costa do Sol chamoume a atención non só a cantidade de árabes de alto poder adquisitivo grazas aos petrodólares, mais tamén os moitos magrebís emigrados a Europa facendo turismo de clase media, afortunadamente como calquera. Máis afeitos á calor ca min e máis amantes dela, suaban bastante menos aínda levando enriba ben máis prendas. Para que se fagan unha idea, resultábame imposíbel limpar os lentes de sol. Era intentar botar o bafo e evaporarse este de inmediato sobre os cristais antes de poderlles pasar o pano. Fáganme caso: Raffaella Carrà trabucábase cando cantaba aquilo de “Para hacer bien el amor hay que venir al sur”.