20230320

¿QUÉ HACER EL UNO DE MARZO? José María Rodríguez Díaz (2009)

    Unha entrada na que José María desata os seus pensamentos con dúas características. A primeira, home de regras e consecuencias, non pon en dúbida o sistema acatándoo e desviando os males que ve ás persoas e estruturas menores que son os partidos, e a segunda, aínda que non parece querer, escápanselle as súas preferencias aínda por riba das indicacións xerais. Sen estar de acordo nalgunha das cousas que di, unha lectura para antes dunhas eleccións que veñen este mesmo ano por partida dobre.

Sábado, 14 de febrero de 2009

¿QUÉ HACER EL UNO DE MARZO?

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 12:19

Se acercan las elecciones de marzo. Frente a esta convocatoria los ciudadanos tienen diversas opciones para elegir: votar a un determinado partido, abstenerse de acudir a las urnas, provocar un voto nulo o votar en blanco. Definirse por una de ellas es algo que pertenece al ámbito de lo personal.

Pero hay momentos en los que uno se ve obligado a abandonar las cómodas posiciones de privacidad en las que mantiene sus opciones personales. Y eso a riesgo de exponerse a las críticas interesadas de algunos y a las manifestaciones hostiles de otros.

En esta larga campaña electoral los principales partidos políticos que concurren en la contienda se encuentran enfrascados en su lucha por convencer a los electores para hacerse con el poder. Su política propagandística se esfuerza en ocultar bajo las alfombras de sus despachos la basura y la corrupción en la que, con pequeños y distintos matices todos están envueltos, hasta pasadas las elecciones, para sorprendernos después otra vez con el aire irrespirable de sus miserias de siempre.

La gran corrupción existente en los principales partidos que se presentan es la prueba evidente de que todos están infectados por el mismo virus, sin que ninguno de ellos merezca ni el respeto ni el voto de la ciudadanía.

Por eso, la amarga convicción que nos invade de que todos conculcan por igual los principios de honestidad e de ética que debe acompañar a la democracia, coloca a los ciudadanos ante una difícil disyuntiva a la hora de votar. ¿Qué hacer? Sólo nos queda como respuesta la rebeldía y el desprecio a esa “casta” corrupta para erradicar la partitocracia y la oligarquía y regenerar la democracia que nos están usurpado. Para quien no ande sobrado de tragaderas los numerosos casos de corrupción acumulados durante los últimos años nos ponen en una delicada situación.

La gran pregunta que nos hacemos es cómo ejercer esa rebeldía contra esos partidos que nos inundan de ineficacia y corrupción, contra los que se suben clandestinamente los sueldos, contra los que derrochan nuestros recursos en lujosos coches y sillas en estos tiempos de crisis y paro, contra los autores de las megalómanas inversiones en el Escorial gallego del Gaiás a costa del sudor popular, contra los que engañan a las personas dependientes con promesas incumplidas, contra los que se rodean de asesores enchufados a costa del dinero de todos, contra el adoctrinamiento ideológico al que someten a la población, contra los que montan chiringuitos con reserva de derecho de admisión para sus “hooligans”, contra el favoritismo y el clientelismo de los cacharros y baltares de hoy, contra los que corren tras los votos de América temiendo no encontrarlos aquí, contra los que se empeñan en imponer el gallego lo mismo que antes hicieran los que impusieron el castellano, contra los que se dedican a arruinar la nación con suntuosos derroches poniendo en peligro nuestras pensiones futuras, contra tanta mierda que nos envuelve todos los días, contra esos mismos partidos que cuando pudieron cambiar la ley electoral no lo hicieron, cuando pudieron aprobar las listas abiertas no quisieron, cuando tuvieron la oportunidad de implantar una justicia independiente no lo intentaron y cuando pudieron acabar con los privilegiios electorales de las minorías nacionalistas se negaron a ello. Continuar con la relación de situaciones de corrupción sería inacabable. Y ante todo esto uno se pregunta ¿qué hacer cuando el uno de marzo de abran las urnas?

Y como aquí, al igual que en Sodoma, también puede quedar algún justo, no faltará quien se decida por el voto útil para poner resignadamente nuestro destino en manos de uno de esos partidos que parezca menos corrupto.

La abstención activa, contra la que por distintos motivos todos los partidos luchan, es una gran tentación en la que, según las estadísticas, muchos van a caer. Pero renunciar a una conquista tan duramente lograda, como es el derecho al voto, como hacen los que no votan por desidia o desinterés, no parece cívico. Como tampoco lo es delegar tus derechos en otros para que decidan por ti. La abstención es un “cajón de sastre” que practican todos los cómodos, los apolíticos y los conformistas a los que tanto les da quien gane o quien pierda. El voto, en esta democracia de mínimos que nos envuelve y degrada, es el único poder que nos queda.

Votar en blanco es otra opción posible para demostrar con ella, por una parte, nuestro compromiso cívico y responsable y nuestra actitud crítica con el sistema; y por otra, nuestro rechazo y desprecio a las opciones que nos ofrece una casta política corrupta e ineficiente. El voto en blanco es la única manera civilizada que tenemos para decir: “¡Basta ya!” a quienes no merecen nuestro respeto por su comportamiento corrupto, insolidario, arrogante y antidemocrático. Es el nuevo “Nunca mais” de quienes rechazamos la decadencia y el hedor de esta clase política.

Otra opción posible es votar a aquellos partidos limpios, como Unión Progreso y Democracia (UPD), que nos ofrecen la utopía de una España habitable. Son partidos pequeños y sin opciones reales de tocar el poder. Pero son embriones de esperanza en el estercolero de la política que nos invade, que brillan por su valentía, coraje y decencia. Votarlos es una digna manera de revelarse frente al abuso y la indecencia de esa clase política que, en estos tiempos de crisis, se dedica a blindarse frente a los previsibles vaivenes de la fortuna mientras ponen en peligro a millones de familias y el futuro de nuestras pensiones.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230319

O venres houbo un pleno extraordinario urxente

Convocatoria do pleno

 O venres houbo un pleno extraordinario urxente

    O venres 17 de marzo houbo un pleno extraordinario urxente no concello de Ribadeo, despois da proposta presentada polo concello para darlla á Xunta de Galicia. Cunha característica diferencial en relación a outros: sendo vía Zoom, foi gravado e colgado en Youtube, e está accesible. De feito, déixoo colgado en baixo. Sendo urxente, o primeiro punto foi tratar precisamente esa urxencia. E o feito de que a diferencia dos outros, estea colgado na rede, debera dar un alicerce para velo (dura 53 minutos). Por iso me estraña que a estas alturas, máis de 50 horas despois, non teña máis que 272 reproducións (das que con total seguridade, a maioría serán duns poucos minutos) e ningún comentario. Comentario que tampouco farei aquí, tendo a oportunidade todo o mundo de velo en diferido e valorar o que se di nel, a súa oportunidade, ver que partidos teñen os concelleiros nun mesmo lugar, etc, incluída a unanimidade da votación (nota de prensa do concello). Boa visión!



ESTAMPADO MONTESINOS. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

 ESTAMPADO MONTESINOS

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Tras medio século adicado á moda, o modisto valenciano Francis Montesinos xa ten un estilo propio, marca da casa e dos seus gustos máis íntimos: a paixón polos estampados (nomeadamente florais) e pola cor. Nunha entrevista concedida no verán a este xornal, afirmaba que todo comezara por culpa da súa nai, unha muller máis que moderna para a súa época e que lle deu unha volta á tenda de arranxos e roupa dos avós do deseñador en Valencia. Montesinos confesa ser máis de tesoiras que de fíos, máis de deseñar patróns que da súa posterior confección ou que de, simplemente, coser un botón.

    Non obstante, como todo artista é polifacético, tocando nos seus anos mozos nun grupo de pop, pintando cadros realistas, realizando collages ou coloreando louza. Arestora está centrado en prendas para atrezzo teatral e de ballet e en vestimentas de deseño para cans, así como na súa colección persoal de pavos reais (algún mesmo albino), tanto disecados como vivos, asunto este que non deixa de ser controvertido.

    En 2020, en medio da pandemia, atreveuse a organizar unha exposición de toda a súa traxectoria desde os vinte anos no MUVIM, agora que vive afastado do mundanal ruído en Llíria entre a súa espléndida biblioteca ateigada de volumes sobre moda, para el a arte total que todo o absorbe e incorpora.

20230318

Pensan que poden prescindir de nós

Pensan que poden prescindir de nós


    Remato de ver unha nova sobre outro caso máis de policía infiltrada. Esta vez unha funcionaria que se meteu en movementos ecoloxistas e sociais madrileños. Os anteriores casos difundidos, en Cataluña, ían máis polo independentismo, creo lembrar. O que non lembro que se dera nunca é de casos de policías infiltrados, poñamos, na patronal. Ou entre os políticos (de xeito externo, claro, non como infiltrados duns contra os outros). E iso que a corrupción destapada, a xulgar polos medios, é abondo maior nestes últimos colectivos. 

    Parece haber unha diferencia cualitativa entre organizacións. É dicir, unha diferencia "relativa ou pertencente á calidade ou características de algo ou alguén", segundo a RAG. É dicir, segundo a mesma institución, cando se ten en conta a "propiedade ou maneira de ser dunha cousa pola que ten ou pola que se lle dá determinado valor". Acabáramos! O quid da cuestión estriba no seu valor, nas "calidades obxectivas que fan que unha cousa sexa digna de aprecio". E claro, é moi diferente o aprecio que se lles dá ós ecoloxistas que ós integrantes da patronal, nonsi?

    Podería pensarse que esa 'valoración diferencial' quédase en aspectos como os citados, de consideración á infiltración policial. Mais parece ser máis ben ó revés, que os casos como a infiltración policial en determinados conxuntos sociais e non en outros, son consecuencia desa valoración diferencial a nivel xeral. Diferencial que diríase está a agrandarse. Como se non, se pode explicar que cada vez a corrupción sexa máis visible e teña máis difusión? Sen percibir un aumento de consecuencias para corrompedores e corruptos, cada vez con máis soporte supostamente legal. E ó tempo que o mecanismo de redistribución vía impostos trúfase de métodos regresivos como tipos reais máis baixos para ganancias máis altas ou rescate de grandes fortunas mentres se afogan os servizos sociais.

    Pode que a clave sexa que na actualidade pensan que poden prescindir de nós, e permitirse por iso calquera cousa que se lles ocorra. Dende impedir que desapareza a lei mordaza para ter todo atado e ben atado e seguir actuando como matóns ou acosadores a conceder millóns e axudas e avais dos que non importa o retorno -pagámolos todos- nunha especie de fondo perdido de axuda social á riqueza particular. Pasando por cousas como contratos nos que unha única consulta médica valórase máis ca unha hora de traballo dun médico equivalente da seguridade social, xustificándose con que hai que desatascar a sanidade pública...

    E por que pensan que poden prescindir de nós? Pode que porque a diferenza de riqueza e poder asociado non deixa de medrar, dende esa ‘altura’ non nos ven xa como iguais, e polo tanto non só sen as mesmas posibilidades, senón tamén sen os mesmos dereitos. Coido que é mellor que canto antes recoñezamos que esas bases da democracia son papel mollado por convicción para quen pensa que non contamos. Lémbraste daquelo de ‘gustábanme as películas de vaqueiros, ata que me decatei de que nós eramos os indios’?
 
    Nota final: 
    Por certo que iso de crer que se pode prescindir dos outros, de non consideralos iguais, xa puiden observar algunha vez como se ensinaba. É dicir, pode transmitirse e estenderse. E está en proceso de facelo.

20230317

Celeiro: entre o exemplo e a sa envidia. Pablo Mosquera Mata

 Celeiro: entre o exemplo e a sana envidia

Ser mariñán é un xeito muy específico de exercer o orgullo como galego. A Mariña forma un triángulo con vértices na Illa Pancha, Estaca de Bares e a Catedral de Mondoñedo. Para Cunqueiro era O Reino da Chuvia. Para os defensores do patrimonio integral, provincia de Mondoñedo e Diócese de Britonia con esa primeira sé en San Martiño.

 A cidade do Landro onde naceu Maruja Mallo, ten un porto que baña o mar, dando entrada e saída á flota pesqueira máis importante da nosa Galicia norteña, esa que limita con Inglaterra mar por medio; a que ten sido escola de mareantes e bravos patróns. Porto Celeiro; un lugar para escoitar e aprender dos veteráns como Laureano, Ramón, Parrocha, Tino, Antón. Fixéronse á mar sendo aínda nenos, teñen toda a autoridade da experiencia, esa que non figura nas enciclopedias, pero vivida intensa e extensa en cuberta e amuras entre barcos de madeira que gobernaban mans firmes como o ferro.

Gústame oírlles contar as súas historias nesas cantinas que miran á mar. Que cando se levanta vento mareiro trae area das nosas praias con perfume de algas. Gústame degustar un viño tinto mentres me ensinan como eran as singladuras, en cada costeira. Aínda se saben de memoria as coordenadas para atopar merluza ou bonito. Cada palabra, cada manobra, cada tripulación dan para unha novela ou un tratado como o que fixo Vicente Miguez e así degustalo nas aulas universitarias.

Teño envidia. Sa e cargada coa humildade de quen, coma min, admíraos e quere aprender. Son afortunado pola oportunidade que me brinda o tempo e o destino. Lamento que cando regreso ó meu porto, unha cheminea fumegante case me impida ver no horizonte marino ós Farallóns. É o símbolo negativo de como un pobo mariñeiro se ten convertido nunha factoría industrial que fede a fluor.

Pablo Mosquera Mata

20230316

MISCELÁNEA DE TEMAS RIBADENSES. José María Rodríguez Díaz (2009)

    Unha auténtica miscelánea de repaso de varios temas encamiñando a metade do mandato local, algún cerrado pouco despois e outros con continuidade manifesta longo tempo.

Viernes, 06 de febrero de 2009

MISCELÁNEA DE TEMAS RIBADENSES

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:21

Después de un prolongado paréntesis en el que la vida municipal disfrutó de un ambiente de cierto sosiego, los problemas locales empiezan de nuevo a elevar la temperatura política en Ribadeo. Emulando otros tiempos pasados de los que no quiero acordarme, estamos entrando otra vez en una nueva dinámica de tirantez y tensión que se hace presente, no sólo en el ámbito de las distintas fuerzas políticas de la localidad, sino también, lo que es mas grave por ser cada vez más frecuente, entre algunos sectores de la vecindad de este concejo que, descontentos con algunas actitudes del gobierno local, censuran su oscurantismo y opacidad.

Un breve recorrido por algunos de esos problemas que están actualmente agitando los aires de la localidad nos da cuenta de esta realidad.

Uno de ellos, y no de poca importancia por su trascendencia, se refiere a la labor funcionarial de la propia administración local. Con todo el respeto debido a la gran mayoría de los funcionarios que, de forma responsable y modélica, prestan sus servicios a los ciudadanos, no faltan algunos irresponsables que actúan con total dejación de funciones en sus cometidos, incumpliendo sus obligaciones y obstaculizando el servicio que deben prestar a los ciudadanos y, lo que aún es más grave, tratando de forma despectiva y provocadora a la población a quien deben servir. Deplorables actuaciones que hablan claramente de un grave déficit en el control sobre estas situaciones que debe ejercer quien ostenta la jefatura de personal. Y aunque el alcalde ha demostrado suficiente carácter para enfrentarse a otras difíciles situaciones a las que se ha enfrentado en su acción de gobierno en los últimos tiempos, no demuestra la misma voluntad para enfrentarse con eficacia los retos que supone la jefatura de personal. La consecuencia de esa falta de liderazgo es que sigue habiendo personas bajo sus órdenes que actúan con absoluto menosprecio hacia los ciudadanos. Un problema pendiente de resolver y al que el alcalde deberá enfrentarse imponiendo programas de reciclaje y otros medios más coercitivos.

Pero, sin ser este un problema menor, hay otros temas que, aunque sometidos al silencio de los descontentos, están alentando el disgusto de los ciudadanos. Es lo que pasó con el famoso Plan Sectorial del Suelo Residencial que, por la falta de información y diálogo, provocó la innecesaria protesta de un centenar de afectados. Un grave error de táctica de la administración, que dio al traste con su proyecto.

La continuidad del mercado de los miércoles en Ribadeo, en serio peligro de desaparición, es otra lamentable situación, frente a la que la historia exigirá responsables. No se comprende que un tema tan importante para la villa y de tan fácil solución mediante el consenso y el diálogo, no haya sabido despertar la sensibilidad suficiente entre los responsables políticos, que están demostrando su incapacidad y falta de interés para solucionarlo. Se impone dejar a un lado los intereses partidistas, la animosidad personal y la tozudez. Para solucionarlo, basta aplicar el sentido común y la razón. Es evidente que los impuestos han de guardar la proporción debida con los ingresos obtenidos. ¿Conoce la administración local los ingresos que obtienen los vendedores ambulantes en el ejercicio de su actividad mercantil en los mercados de Ribadeo? Tratar de imponer un impuesto sin conocer este extremo es hacer un brindis al sol, pues si el impuesto ha de estar proporcionado a las ganancias obtenidas es necesario conocer este extremo. De otra forma nos encontramos ante un impuesto arbitrario.

Y por si estos retos no fueran bastante, surge estos días, también, un nuevo problema relacionado con la línea de alta tensión que ha de atravesar el concejo hasta Reverte para alimentar las deficiencias eléctricas de esta comarca. Los vecinos afectados están nerviosos por los desconocidos efectos que la presencia del tendido de alta tensión les pueda ocasionar. Y no les falta razón. Nadie puede garantizar a día de hoy la inocuidad de este elemento. Pero lo que a estas alturas no se comprende es la pasividad de las administraciones ante los temores de los afectados, tratando de ocultar lo que es evidente. La falta de información y el oscurantismo en el que las administraciones tratan de mantener a la gente significa caer en los mismos defectos que critican en otros cuando ellos están en la oposición. Y mientras en sus programas proclaman la transparencia, no dudan en ocultarle al pueblo, en nombre de una falsa eficacia, lo que el pueblo tiene derecho a conocer.

Ante estos casos que estamos viviendo sólo cabe concluir que algo está fallando en el sistema. Por si la crisis no fuera bastante para desanimar a la gente, son las actitudes de los gestores de todos los ámbitos políticos las que están contribuyendo al desgaste de la adhesión ciudadana a esta forma de gobierno oligarca, que muchos confunden con democracia. Una forma de actuar que acaba despertando en la gente aquellos sentimientos que tenía Cervantes cuando, indignado por la publicación del falso Quijote de Avellaneda, nos dice en el prólogo de la segunda parte de su obra maestra: “los agravios despiertan la cólera en los más humildes pechos”.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230313

SUPERAR EL INDIVIDUALISMO. José María Rodríguez Díaz (2009)

    Coido que a esta entrada se lle podería tildar de didáctica cidadá. Le e ve por que.

Sábado, 31 de enero de 2009

SUPERAR EL INDIVIDUALISMO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 10:28

La autosuficiencia y la seguridad que nos proporciona el estado de bienestar actual nos hace cada vez menos dependientes de los demás, favoreciendo en nosotros las posturas individualistas. La implicación de las personas en la lucha por la consecución de metas comunes, tan fuertemente arraigada en la gente en tiempos pasados, no tan opulentos como los actuales, en los que se unían espontáneamente ante las necesidades que surgían, es cada vez menos frecuente. Y es así como la vida de la comunidad se empobrece y se convierte en objetivo fácil de los depredadores que se aprovechan de ella.

Frente a esa pérdida de valores sociales han tenido que surgir grupos de personas que se organizan, bajo la forma de asociaciones, para encararse a los nuevos retos a los que se ha de enfrentar la comunidad. Y así, los tiempos recientes vieron nacer todo tipo de asociaciones, culturales o de recreo, deportivas o ecologistas para dar respuesta a las necesidades específicas de estas actividades. Para dar respuesta a las necesidades generales que surgen en las comunidades humanas se crearon las llamadas asociaciones de vecinos.

La asociación de vecinos O Tesón es una de las que nacieron en el ámbito de la villa de Ribadeo con la finalidad de servir y defender los intereses de sus socios y vecinos. Desde su creación en el año 2003 fue pasando por diversos avatares, trabajando siempre, con más o menos acierto, en la busca de soluciones a los problemas que surgen, no sólo en la vida de sus asociados sino en toda la comunidad ribadense. El limitado espacio de este comentario no permite hacer una referencia exhaustiva a toda la labor desarrollada por ella. Se encuentra minuciosamente detallada en las actas de la asociación. Pero, sí, cabe reflejar hoy aquí los dos mayores obstáculos a los que hubo de enfrentarse desde el momento de su creación. En primer lugar, aun siendo elevado su número, el escaso el nivel de participación que tienen sus socios en su funcionamiento diario; y en segundo lugar, el limitado eco que sus propuestas y reivindicaciones tuvieron ante los distintos gobiernos locales. Son estas las dos mayores carencias con las que se encuentra la asociación y que sigue luchando por poder superar.

Para enfrentarse al primer reto, la participación de los socios en las tareas de la asociación, se tratará de despertar en los socios la inquietud de quienes se encuentren en disposición de aceptar el sacrificio que impone el implicarse en las tareas de dirección, asistencia a las asambleas, colaboración en grupos de trabajo, etc. Pues reducir la actividad de los socios únicamente a la defensa de los intereses personales de cada uno, por muy justo y loable que sea, no está exento de cierto egoísmo. Por otra parte, limitar la participación al solo hecho de abonar la cuota no parece suficiente compromiso con la comunidad. El fin del asociacionismo es poner el esfuerzo de cada uno en la defensa de los problemas comunes y en la búsqueda de soluciones. Y resaltar, finalmente, que la participación en la actividad de una asociación de vecinos constituye una verdadera escuela de formación ciudadana, pues estas actuaciones acaban despertando en las personas su preocupación por el bien de la comunidad.

Enfrentarse al segundo problema, la participación en las decisiones del gobierno local, significa insistir en nuestra oferta de contribuir con nuestra opinión y colaboración a la gestión que al gobierno de turno le incumbe desarrollar en beneficio de los vecinos. Pues el conocimiento de los distintos puntos de vista de los vecinos sobre la vida municipal es de vital importancia para una buena gestión. Para alcanzar esta meta, la asociación O Tesón lleva tiempo demandando la elaboración de una Ordenanza de Participación Ciudadana en la que se recoja y especifique el marco de colaboración con el gobierno local. Lo hacemos con la esperanza de que los partidos políticos de Ribadeo, al igual que se está haciendo en otros muchos concejos, le presten la atención necesaria para sacarla adelante, en la seguridad de que estarán prestando el mejor servicio a la comunidad de vecinos.

Estos son los dos retos a los que esta asociación va a dirigir sus esfuerzos en el futuro inmediato, sin que ello suponga el abandono de otros temas de la vida local de los que ya se sigue ocupando en estos momentos.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230312

8 de marzo noutra clave

Captura de pantalla de https://gl.wikipedia.org; lic. CC BY SA 3.0

8 de marzo noutra clave

    Pasou outro oito de marzo coa bandeira da igualdade, reivindicando e celebrando en clave de xénero. E moito se podería dicir delo. Mais o 8M pode ter outras connotacións, se se quere máis humildes ou menos coñecidas, pero que ven ben non esquecer. Por exemplo, o ser a data na que se comezou a Galipedia, a Wikipedia en galego, https://gl.wikipedia.org, unha entidade que o pasado 8 de marzo cumpriu 20 anos.

    Da Wikipedia en xeral e da Galipedia en particular, tamén poden dicirse moitas cousas. Unha das últimas que viñeron a incorporarse a esa lista é a que apareceu case o mesmo día 8 nunha noticia sobre unha pretendida clasificación internacional das linguas xestionada por institucións francesas. A clasificación abrangue esta edición algo máis de 600 linguas, entendendo que estarían máis ou menos as máis relevantes. Pode consultarse en https://www.calameo.com/read/0053751144b5e886a29e9. Resulta que o galego estaría nun posto 37 entre os milleiros de linguas faladas pola humanidade hoxe . Coido que habería moito que argumentar ó estudo clasificatorio e ó posto do galego nel, cando o catalán está no posto 12, o asturiano no 50 e o eúscaro xusto por detrás do galego, posto 38. Mais polo que traio esa noticia aquí é porque algúns dos criterios considerados para a clasificación son a presenza da lingua correspondente en internet en xeral, e na Wikipedia, en particular.

    Así eses 20 anos que xa cumpriu a Galipedia, con case 200 000 artigos que teñen feito dela xa dende hai anos, a maior enciclopedia en galego que ten existido, alumean unha traxectoria de soporte lingüístico e de coñecemento recoñecido a nivel mundial, pero moitas veces ignorado na propia terra. Así, non é raro atopar quen descoñece a existencia da Galipedia ou quen non a considera para o seu uso, cando se ben ten menos artigos que a versión en castelán, que, á súa volta, ten menos que a versión en inglés, tamén hai temáticas concretas que trata en máis profundidade que ambas, e outras moitas que, aínda que non teña entradas en tanta cantidade e tan desenvoltas como elas, son abondo explicativas e útis para o seu uso diario. Por suposto, sobre a calidade dos artigos, que na versión inglesa vai quince anos que diversos estudos indicaron que superou a daquela icónica Enciclopedia Britannica, e que segue a mellorar, non vou falar máis.

    E, lembrando de novo a celebración coincidente no tempo do día da muller, dicir que na Galipedia (e en xeral na Wikipedia) tense detectado dende hai tempo unha fenda de xénero, tanto en relación ás persoas que editan como no número de artigos agrupados por xénero ou na profundidade con que son tratados. Algo que está a corrixirse, pero aínda queda ... moito.

Actas de plenos do concello de Ribadeo (2022 e algún anterior)

    Adxunto as ligazóns para acceder ás actas dos últimos plenos colgados na rede (aínda que algún é de 2017, e algún xa o teño ligado noutro lugar). Os anteriores poden rastrexarse aquí ou aquí, ou...

ACTA DO PLENO 2022-0008 [Acta Pleno Ordinario 9.11.2022]

ACTA DO PLENO 2022-0009 [ACTA DA SESION PLENO EXTRAORDINARIO 28.11.2022.]

ACTA DO PLENO 2022-0006 [ACTA PLENO ORDINARIO. 3 DE OUTUBRO DE 2022]

ACTA DO PLENO 2022-0005 [ACTA PLENO ORDINARIO 14.07.2022]  

ACTA DO PLENO 2022-0004 [ACTA PLENO ORDINARIO 31 DE MAIO DE 2022]

ACTA DO PLENO 2022-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 5 ABRIL 2022]

ACTA DO PLENO 2022-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 07 ABRIL 2022]

ACTA DO PLENO 2018-0001 [ACTA PLENO ORDINARIO 23.01.2018]   

ACTA DO PLENO 2017-0008 [ACTA PLENO 29.11.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0009 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 19.12.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0007 [ACTA PLENO]  

 

20230311

De novo, das eleccións municipais en Vilalba

    Despois de ter publicado unha primeira entrega, seguín na procura de datos das eleccións ó concello de Vilalba, atopando os correspondentes ás dúas primeiras celebradas tras a Constitución en datoselecciones.com, co que a táboa e as gráficas quedan como segue.

    Notas:

    -Sigo agrupando na mesma liña partidos ou agrupacións deles que considero continuidade uns dos outros, como no caso AP/PP

    -No número de concelleiro, poño a marca dos anos na liña de 8,5, que sinala maioría absoluta (9).




 

LEVANTINAMENTE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

Collage sobre a vila de Valencia feito en Wikimedia Commons. Lic. CC BY SA 4.0
 

LEVANTINAMENTE

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Voltei aproveitando o entroido á cidade de Valencia vinte anos despois, os mesmos que non son nada segundo un tango. Segue co seu sempiterno aquel levantino e mesmo levantisco, tan mediterraneamente. No avión fun lendo a Juan José Millás, un dos meus escritores valencianos fetiche, con permiso do meu idolatrado Manuel Vicent e do inmenso Blasco Ibáñez, outros dous valencianísimos, tanto como o lumínico pintor Sorolla ou o Miquelet, o viravento da torre da catedral a cuxos pés se reunían (e aínda reúnen) todos os xoves os membros do Tribunal de les Aigües para resolveren litixios de regadíos. Do seu impresionante interior, o que máis me chamou a atención foi que os confesionarios son como despachos, simples escritorios de oficina con lámpadas de mesa incluídas.

    O edificio relixioso compite coa basílica máis querida para os habitantes da cidade: a da Verge dels Desamparats ou, como eles a nomean, “la Mare de Déu”. De aí que haxa tantas mulleres chamadas Amparo por estes lares ás beiras do Turia, ese río furioso nas súas enchentes que tivo que ser canalizado para que o seu cauce circunvalara a urbe, acondicionando o antigo con parques, xardíns, campos de fútbol, pistas de baloncesto, carrís-bici, sendas peonís e coas crustáceas arquitecturas de Calatrava na Ciutat de les Arts i de les Ciències, tan fermosas como ruinosas, co seu aspecto de insecto fosilizado xigantesco (como o da cascuda kafkiana metamorfoseada) ou de esqueleto de cetáceo como o da balea Moby Dick.

    No que atinxe ao poder civil, destacar a gótica lonxa da seda e consulado do mar, cun bosque de columnas que ben podería ser o palmeiral de Elxe, sen esquecer os mercados modernistas que hoxe non son de abastos, mais de lecer para parolar, comer e beber. A iso me adiquei tamén entre paellas (con caracois e degustadas ao xeito tradicional, é dicir, na propia paelleira) na praia da Malvarrosa (cos seus solpores sorollistas tan malvas e tan rosáceos), fideuás na praza da catedral, horchatas no Mercat Central e Aigua de València a base de zume de laranxa (da horta levantina) e champaña baixo a cuberta acristalada da Plaça Redona (igual de redonda que a de touros) ao anoitecer, se cadra, “haciendo castillos en el aire”, ou como se di en francés “faire des chàteaux à Valence”.

    Nun ambiente xa pre-falleiro, o entroido, para sorpresa miña, é inexistente. Os postos dos diferentes artesáns xa estaban a recadar para as noites da “plantá”, da “cremá” e da “mascletá”, nas que as fallas primeiro se chantan, logo se queiman e finalmente estoupan. Os ninots indultados de semellante destino aciago son levados ao museo, onde se expoñen desde os anos 20 do século pasado até hoxe, excepción feita do trienio guerracivilista. Precisamente nesa época foi requisado, incautado e rapinado o luxoso chalé que Blasco Ibáñez tiña á beira do mar e no que tantas novelas creou cando non se adicaba a pasear pola area con Sorolla despois de que este cansara de pintar ao natural. Arestora é un museo cun interior insulso e impersoal, sen nada que ver practicamente coa vivenda orixinal.

    Non moi lonxe está o barrio mariñeiro do Cabanyal co que a expeculación urbanística quixo rematar. É unha mestura de edificacións señoriais e marxinais, moitas delas afortunadamente rehabilitadas. Esta zona é o nexo de unión (ou de separación) do resto da cidade co mar. Paseando polas súas rectilíneas rúas e cuadriculadas agrupacións de casas vin, por primeira vez na miña vida, un cadáver tirado no chan, rodeado por unha cinta de “Non pasar” e cuberto cunha saba térmica como de papel de aluminio, mentres os policías e os sanitarios (sen amosar ningún tipo de pánico) facían profesional e asepticamente o seu rutineiro traballo como nun CSI televisivo hispánico.

    As rúas do casco histórico (onde me aloxei nun coqueto hotel xusto enfronte das Corts Valencianes e que tiña o jacuzzi no cuarto ao pé da cama e non no baño) están ateigadas de edificacións modernistas e racionalistas en perfecta combinación. Entre elas, destacan como reliquias as medievais Torres dels Serrans coroadas pola “senyera del Regne de València”, porta de entrada da antiga muralla, as termas romanas subterráneas da Almoina, as Reais Atarazanas (antigos estaleiros de ribeira e logo almacéns, cines e salas de exposicións) o “Molì del arròs” (actual museo arroceiro) ou a estación do ferrocarril (ao xeito da bilbaína ou da portuense) e, por todas partes, fachadas e escaparates con colorida e moruna cerámica de Manises e manierista porcelana de Lladró, con senllos museos a escasos kilómetros da capital. Algunha peza houbo que mercar.

    Sempre sostiven que sociopolítica e lingüisticamente, a Galiza tiña máis que ver coa Comunidade Valenciana (ou con Navarra) que con Euskadi ou Cataluña. O valencianismo aseméllase ao galeguismo, o nacionalismo ten unha porcentaxe de voto semellante nos dous territorios e sempre é de cerna progresista, o sentimento de identidade maioritario combina a pertenza á terra propia e ao estado no que se incrusta e a situación da lingua autóctona é igual de precaria. Intentei sempre expresarme en “valenciano” (que non é máis que o xeito de falar catalán en Valencia) e cóntanse cos dedos dunha man os que nese mesmo idioma me respostaron.

    Malia todo, hai diferenzas rechamantes que fan singulares aos seus habitantes. Se cadra, por influencia do turismo europeo, acostuman a almorzar abondosamente, tanto dóce como salgado, comezando os viños cedo a media mañá e xantando antes que noutros lugares de España. Niso precisamente estaba eu nas ateigadas terrazas a carón da praia cando fixo a súa aparición estelar un inmigrante andino que tocaba marabillosamente a frauta con melodías da súa terra mentres, ao ritmo destas, se acoplou un chisco despois un futbolista afeccionado (e xa en idade de estar xubilado) que amosaba as súas habelencias balompédicas ao mesmo tempo que as súas eivas mentais. O espectáculo do improvisado dúo foi inaudito. Semellaba que ambos os dous estaban “a la luna de Valencia”, mais baixo un morno, mareiro e grandioso sol de inverno sen competencia.

EL USO DE LOS ESPACIOS PÚBLICOS. José María Rodríguez Díaz (2009)

    José María trae a colación un tema que, lido case decenio e medio despois, desperta na cabeza ao menos dúas ideas máis. A primeira, agora xa non hai portestas polo que di tanto por causa do pasotismo como porque lévase tempo viviendo con esa costume e a mente xa non sabe ben remprazala. A segunda, o descoñecemento das rendibilidades reais de inversións diversas, que se soen cerrar un 'éxito' tamén é xa unha costume, neste caso máis 'ancenstral'.

Viernes, 23 de enero de 2009

EL USO DE LOS ESPACIOS PÚBLICOS

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:39

Los sucesivos alcaldes que han gobernado Ribadeo en los últimos tiempos no tuvieron la suficiente visión de futuro para dotar a la villa de espacios públicos adecuados para la ubicación de los artilugios propios de los festejos y de otros servicios que ocasionalmente es necesario ofrecer a los ribadenses. Carecieron de visión y de capacidad para hacerlo. Y así, nos encontramos ahora faltos de espacios apropiados para cubrir estas necesidades sociales y obligados a ocupar otros lugares destinados a fines distintos, con la consiguiente molestia para los vecinos y para la imagen de la villa.

Y esta es la razón por la que, cada vez con más frecuencia y por cualquier motivo, se ven obligados ahora a instalar carpas, tenderetes y otros armatostes en los paseos del parque, destinados al disfrute de los vecinos, con las consiguientes molestias que esta ocupación ocasiona a la gente, que permanece callada por su ancestral pasotismo y miedo a manifestar su malestar. Y por si este trastorno no fuera bastante, la instalación de estas carpas en el parque conlleva un grave deterioro en el césped de los jardines, que están ofreciendo a los nativos y visitantes una desoladora imagen de descuido y de abandono.

Es preciso reclamar un esfuerzo a las autoridades locales para que se decidan a gestionar una alternativa más apropiada para la ubicación de estas grandes estructuras, menos lesiva para los vecinos, a fin de que los residentes y visitantes puedan disfrutar con mayor tranquilidad de los espacios de un parque mejor cuidado. Porque no estamos ante una ocupación ocasional de ese espacio, que todo el mundo comprendería y podría soportar, sino que es algo que se está produciendo con demasiada frecuencia y, a veces, por nimiedades incomprensibles, como fue la que seguidamente comento.

Con el slogan “Comercio Galego Vivo” el día 11 de enero se montó una carpa en el parque con atracciones varias, como juegos, actuaciones de títeres y otros artilugios lúdicos dirigidos al entretenimiento de los niños, con el fin, según se decía, de promocionar el comercio en la villa. Se pretendía con ello que los papás, dejando a sus pequeños entretenidos con los juegos, quedaran libres para poder dedicarse a visitar los comercios de la villa para hacer sus compras. En vista de la concurrencia me parece dudoso que se cumpliera el pronóstico del Delegado Provincial de Innovación e Industria, Ramón Cortés, que pretendía de esta forma “darlle un pulo ó pequeno comercio, mais neste tempo de crise, evitando que a xente marche a outros sitios a mercar”. Ignoro si la iniciativa fue suficientemente rentable y si compensó el gasto ocasionado. Pero, en todo caso, como dice el secretario general de los empresarios, “lo sensato, en estos tiempos de crisis, es asegurarse de que cada euro que se gaste tenga un impacto efectivo en la actividad económica”. Un consejo que mucho me temo que aquí no se siguió. Y es precisamente ahora, en estos momentos de crisis, cuando se debe poner más cuidado en una administración más escrupulosa del dinero público, pues el dinero público no es de quien lo administra sino de quienes pagamos los impuestos.

Pensar que esta última reforma que se ha hecho del parque ha sido la más acertada y definitiva es, a todas luces, una simpleza. Un buen estudio de conjunto está aún por hacer. Es necesario, hoy más que nunca, a causa de los nuevos espacios peatonales que se han establecido en la villa, un nuevo estudio de la circulación en los entornos del parque y del futuro destino de la calle que lo atraviesa partiéndolo en dos. ¿Qué misión le reserva el futuro a la calle frente al Cantón, recientemente modificada, fruto de unas decisiones precipitadas sobre un espacio que hoy nadie sabe bien a qué dedicar, porque ni es Cantón, ni es parque, ni es calle, ni se sabe muy bien para qué sirve.? El parque merece ser cuidado y embellecido porque, como pasa en todas las ciudades cuidadas, está llamado a ser el mejor adorno de nuestra villa. De poco vale preocuparse por el decoro de sus calles y plazas, por el cuidado de sus edificios y monumentos si se abandona su parque.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230309

Pasou o 8M

    Ano tras ano, parece que o 8M, o oito de marzo, tende a superarse como festa do empoderamento da feminidade, aínda con dificultades conxunturais por medio. Mais non deixa de ser unha celebración que hoxe pode verse con certa mutación dende as súas orixes relacionada co movemento obreiro. En Ribadeo, a manifestación convocada coido que pode cualificarse de éxito rotundo, e non foi o único lugar no que tal sucedeu. Tampouco foi o único acto encadrado nas celebracións do 8M na vila, o que non implica que, dende unha perspectiva contínua, ou ó menos, anual, non deixe de ser algo puntual en troques de algo permanente.

    Nese sentido hai outras actividades e manifestacións menores que fan esa función de permanencia, de continuidade no empoderamento feminino, de xeito máis consistente. Traio aquí es fotos dunha iniciativa en Ribadeo que a máis de un e unha lle pasará desapercibido, pero que está chamada a ter en xeral unha permanencia de impacto abondo superior á da manifestación que, repito, considero que foi un éxito. Trátase de algo tan sinxelo como roturar nuns poucos pasos de peńs os nomes dunhas cantas mulleres que poden considerarse senlleiras nalgún sentido, aclarado baixo o seu nome no rótulo correspondente. Lugares de paso que fan que se pise unha e outra vez o nome, sitios algúns nos que a permanencia da pintura será pequena, pero lugares todos que darán información, sacarán á luz a mulleres que non merecen ser anónimas, que empoderarán a unha nova xeración feminina e enfocarán ós posibles 'teitos de vidro' que hai para as mulleres na actualidade, na procura da súa superación.

    En baixo quedan fotos de diversos pasos de peóns rotulados con nomes de muller. E, un pouco máis abaixo, unha foto e un vídeo da manifestación do 8M en Ribadeo, obra de G. Gómez.











(Exeria)








20230308

Ribadeo, 8M

     Un ano máis, chega o 8M cargado de boas intencións, loita e reivindicacións. Desta volta, Ribadeo acolle a manifestación da Mariña. Velaeiquí algo sobre este día e esta idea.

Cartel anunciador
    O anterior, o cartel anunciador. A continuación, o manifesto e instruccións para a manifestación:

FEMINISMO DÍA A DÍA: POLOS NOSOS DEREITOS POLAS NOSAS VIDAS!

#Ribadeo, 8 de #marzo as 20:00h. Aparcadoiro público ao carón do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Inundaremos as rúas de #feminismo porque é imprescindible e urxente. Non permitiremos que a desigualdade sexa a música de fondo nas nosas vidas.

Estas son as nosas #reivindicacións:

🟢 Vidas libres de violencias machistas, estamos fartas da cultura da violación que nos carga de culpa e da masculinidade heteronormativa que nos agrede e asasina.

🟣 Dereitos sexuais e reprodutivos garantidos e un sistema de saúde con perspectiva de xénero e sen violencia obstétrica.

🟢 Valoración social do noso ciclo de vida, desde a infancia ata a vellez.

🟣 Dereitos para maternar con dignidade, ampliación e universalización dos permisos de nacemento.

🟢 Vidas con autonomía económica, empregos, salarios e pensións equitativas e xustas.

🟣 Vidas plenas, onde a diversidade dos corpos estea por riba das ditaduras estéticas.

🟢 Vidas completas, onde a corresponsabilidade integral e real nos coidados sexa piar no desenvolvemento económico e social.

🟣 Programas de coeducación, de acompañamento emocional e de desenvolvemento afectivo-sexual en todas as etapas educativas.

🟢 Vilas e cidades inclusivas e sen barreiras desde unha perspectiva integral, que incorporen as necesidades do ámbito social, dos coidados así como de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.

🟣 Un sistema xudicial que basee a súa actuación nos principios de seguridade e protección e no que a formación en xénero se incorpore de forma obrigada para garantir a correcta interpretación e aplicación da xustiza.

📣🥁💪🏾Alentamos a todas as #mulleres a acudir á manifestación para encher as rúas de Ribadeo de reivindicacións feministas así mesmo, pedimos que se respecte o espazo non mixto de mulleres na cabeceira da manifestación xa que os homes que queiran apoiar a causa deben facelo desde un lugar secundario, nunca como protagonistas.

Observatorio Mariña Pola Igualdade. Meigas Bravason. @comitelila IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. CIFP Porta da Auga. Secretaría das Mulleres Confederación Intersindical Galega - CIG. CIG-A Mariña. Modepen. Sindicato Labrego Galego. Sindicato Labrego na Mariña.

Disposición da manifestación do 8M en Ribadeo onde se respectará o bloque non mixto da cabeceira.

 
Disposición da concentración final diante do Concello de Ribadeo para a lectura do manifesto.

    E por último, os actos do concello para estes días:

O deterioro da sanidade non é unha metáfora

O deterioro da sanidade non é unha metáfora

    'Toda una metáfora del deterioro de la sanidad pública en España'. Así comentaba días pasados o meu amigo Ángel Alda en Twitter a noticia de que un falso teito do centro de saúde de Ribadeo desplomárase pola noite debido á acumulación de cagadas de pomba sobre el. Subscribo as súas verbas, e engado que por desgraza o deterioro sanitario non é unha metáfora.

    No título do artigo non aparece a palabra 'público'. A razón do por que non a metín é porque diversos estudos amplían o efecto do deterioro da sanidade pública ó sinalar a súa influencia como culpable do deterioro da asistencia sanitaria privada. Culpable, sobre todo, no acceso. Canto máis deteriorada está a pública, menos facilidades ofrece a privada para ter acceso a ela, máis se convirte nun negocio.

    Nin en Galicia, nin noutras moitas zonas de España, na actualidade, o falar do deterioro da sanidade non é metáfora. É unha realidade. Mais o feito de que se viñera abaixo un dobre teito no centro de saúde ribadense é tamén unha metáfora dobre. Algo así como dicir que a sanidade non aguanta tantas cagadas ma súa estrutura, a súa falta de mantemento, o pasar do seu día a día de quen debera estar coidando dela. Cagadas que se van acumulando ata que un bo día a estrutura, con toda a súa boa vontade de aguante, non pode máis e se ven abaixo. E unha vez que se ven abaixo, pode ser por calquera punto. Moitas veces, coma neste caso, será de xeito que non cause grandes danos asistenciais porque non foi nun lugar central e se lle poden poñer paliativos. Noutros, non hai tanta sorte e créase un auténtico furado asistencial.

    Dixen  dobre. Porque en Ribadeo está previsto, como foi anunciado en medio de falta de persoal, e en medio de protestas pola situación sanitaria, un novo centro de saúde. Máis moderno, máis lonxe do centro do pobo. Polo momento, unha promesa, tamén de afastamento da sanidade do lugar central en Ribadeo. Unha nova promesa vendida con boas palabras de mellora, como sempre, á espera de que se cumpra -de novo- o refrán 'non hai mal que por ben non veña' nas dúas interpretacións. Dunha beira, a optimista, poñendo énfase en que do mal pode vir o ben (sempre hai quen pode obter tallada). Da outra, a pesimista, a chegada do mal con aparencia vendida de ben (e no caso sanitario, sobran exemplos...)

20230307

Nota de prensa: Por Nuestro Faro pide ó alcalde que aplique a lei

 

A illa Pancha, a vista de satélite

Por Nuestro Faro pide Ó alcalde que aplique a leI

Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as resolucións concluíntes de esa institución.

A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.

 O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :


« Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao expediente.

O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que multiplicaría os impactos do proxecto inicial.

Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art. 7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro. »

Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de Ribadeo, que “os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva; e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no outorgamento de licenzas como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a lexislación urbanística”.

O Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio».

Agora Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de Impacto que esixe a lexislación devandita.

En consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei, rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos apartamentos e da cafetería da Illa Pancha. »


A VV Por Nuestro Faro

20230306

Xuño de 1987. Eleccións locais en Vilalba

    Como réplica chairega a unha entrada de igual nome sobre Ribadeo, deixo aquí os datos -táboas e gráficos- correspondentes ás eleccións municipais en Vilalba dende o ano 1987, incluído, podendo así comparar a evolución política de ambos concellos fronte ás novas eleccións do próximo 28 de maio de 2023.


    Notas: 

-para non liar a lectura, BNG considérase sucesor de AN, e PP sucesor de AP.

-os datos están sacados de http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/elecciones/locales


20230305

Xuño de 1987. Eleccións locais en Ribadeo

    Aproveitando unha copia do BOE cos resultados das eleccións locais do 1987, do que deixo un par de mostras que inclúen a Ribadeo, Monforte, Viveiro ou Vilalba, retomo como preludio electoral as gráficas correspondentes ós votos e concelleiros obtidos dende as municipais de 1979, as primeiras baixo a Constitución actual (aínda sen as reformas que tivo)


 

    Como as cores poden resultar confusas, lembro como punto de partida que os tres partidos máis votados nas últimas eleccións locais en Ribadeo foron, BNG, PP e PSOE, por esta orde.

    Nota: os datos estás sacados de http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/elecciones/locales

EL PLENO DE LA OPOSICIÓN. José María Rodríguez Díaz (2009)

    Comentario do José María do pleno que en Ribadeando apareceu comentado por min de xeito escueto baixo o título de Granizada.

Martes, 20 de enero de 2009

EL PLENO DE LA OPOSICIÓN

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 13:31

Sucedió lo que todos esperaban. Y aunque los temas estrella pendientes, como el tendido eléctrico para la subestación de Reverte, la nueva regulación de los ruidos y el tan manido tema de los vendedores ambulantes no llegaron a figurar en la convocatoria, fue un largo pleno, de tres horas de duración, dominado por la tensión y la polémica sobre el apasionado tema del Plan Sectorial propuesto por la Xunta para la edificación de viviendas en el casco antiguo de la villa de Ribadeo. El magnífico salón de plenos, contra lo que viene siendo habitual, estaba esta vez abarrotado de público. Más de cien vecinos interesados en la aprobación o rechazo del Plan Sectorial. No era, pues, el interés por el bien común lo que había congregado a tanta gente en el consistorio. Era la defensa de sus intereses privados, personificados en la defensa de su huerta particular. Y, superado este peligro, no volverán a pisar el salón de plenos, demostrando así que su desinterés por lo público acaba, y nunca mejor dicho, en la cancilla de su jardín. Un comportamiento más que nos demuestra que, salvo alguna rara excepción, no es la defensa del bien común lo que suele movilizar a la gente, sino el interés personal. Una carencia en nuestra cultura social, de difícil superación.

Después de comenzar la sesión con la lectura y aprobación unánime del acta anterior, se pasó al segundo punto sobre las resoluciones adoptadas por la alcaldía en el período ínter plenario. Como ya es costumbre en él, el concejal Sr. Rivas dio comienzo una larga serie de preguntas interesándose por el contenido de esas resoluciones, preguntas que fueron contestadas por el alcalde intentando aclararle sus dudas.

Pasaron a ocuparse seguidamente del tercer punto, sobre la modificación del proyecto del Área de Rehabilitación Integral de Rinlo. Una actuación apoyada por el alcalde, que la Xunta no sólo acepta, sino que pretende modificar con algunas mejoras. Es tal el entorno de este bello y tradicional rincón marinero que todo lo que se haga por la conservación de su tipismo es poco. La propuesta fue aprobada por todos.

Se dio cuenta en el punto siguiente de unas siete licencias de primera ocupación concedidas, con el beneplácito de todos los grupos.

El punto cinco del orden del día sobre la aprobación de las cuentas generales del ejercicio de 2007 quedó aprobado por once votos y la abstención de UPRI.

En el punto seis se trataron las alegaciones y aprobación definitiva de las tasas e impuestos para el ejercicio actual. Punto que, igual que el anterior, quedó aprobado con once votos a favor y la abstención de los dos votos de UPRI.

El siguiente punto versó sobre las alegaciones, modificación y aprobación definitiva del Reglamento de Régimen Interior del Hospital-Asilo de Ribadeo. Con la aceptación de alguna de las alegaciones presentadas por algunas asociaciones de vecinos quedó el Reglamento aprobado por once votos a favor y la abstención de UPRI. Se regula así la situación legal de este centro y queda así expedito el camino para que la Xunta de Galicia pueda participar en la viabilidad económica de este establecimiento.

Y así se llegó al punto octavo, la verdadera patata caliente de este pleno: el tan esperado debate sobre el Plan Sectorial de Solo Residencial de Ribadeo, por el que, como ya saben los lectores, la Xunta pretende, mediante expropiación, despojar de sus propiedades a ciertos vecinos del casco antiguo de Ribadeo para construir en sus fincas más de cien viviendas, de protección oficial casi todas. Este era el tema que congregó a tanta gente en el salón de plenos. Y aquí sucedió lo nunca visto hasta ahora: todos los grupos de la oposición se posicionaron unidos contra este proyecto supramunicipal de la Xunta y de la posición mantenida por el alcalde. Y no sin que antes, a través de numerosas intervenciones para justificar su postura, que renuncio a relatar en este comentario por su excesiva extensión, los portavoces de los grupos políticos explicaran las respectivas posiciones mantenidas por ellos ante este proyecto. Fue el Sr. Rodríguez Andina el encargado de defender la moción presentada en contra de este proyecto por los tres portavoces. Y ello en base a la marginación que se somete a los propietarios de las parcelas, al ridículo precio ofrecido por sus propiedades, la discriminación que se somete a otros propietarios a quienes Patrimonio les prohibió ciertas actuaciones y el rechazo al horroroso feísmo que supone la construcción de “bloques” de viviendas en el casco antiguo de esta villa. Acorralado el equipo de gobierno, en minoría, acaba sumándose a las propuestas de los autores de la moción, quienes prometen proponer a la Xunta otros espacios alternativos más apropiados, según ellos, para llevar adelante este Plan Sectorial, sin tener que rechazarlo. Un triunfo del sentido común sobre las actuaciones impositivas de ciertos despachos de la Xunta que, sin tener en cuenta la voluntad de los vecinos tratan de imponerles sus puntos de vista. La oposición que este Plan sufre en Ribadeo no es más que un pequeño grano de arena comparado con las protestas que se levantan en toda Galicia.

Llegados así al punto final de Ruegos y Preguntas, se dio comienzo a muchas y largas intervenciones sobre pequeños detalles de la vida de nuestro concejo a cargo de varios concejales de la oposición, entre los que, como siempre, el Sr. Rivas destacó por gran número de preguntas y ruegos formulados.

Levantada ya la sesión, contestó el alcalde a cuatro preguntas formuladas por la Asociación de Vecinos O Tesón. A la primera, muestra su buena disposición y talante para redactar y aprobar un Reglamento de participación ciudadana, algo muy esperado por esta asociación. Contesta a la segunda sobre las obras de los parques manifestando su esperanza en su pronta finalización y apertura. Preguntado sobre la ubicación de las carpas en el parque, se muestra dispuesto a aceptar otra ubicación distinta, siempre que se pueda encontrar una adecuada. Y finalmente, confirma que la ubicación del mercado continuará en su lugar tradicional, sin descartar su posible ampliación por las calles Ramón González y Reinante.

Y así terminó un Pleno que, contra lo que suele ser habitual, esta vez tuvo por protagonista a la oposición.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.