Amosando publicacións coa etiqueta sanidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sanidade. Amosar todas as publicacións

20250222

Os 300 baixo a choiva

    Pouco menos de 300 persoas nos xuntamos baixo a choiva na convocatoria pola defensa dos servizos de sanidade pública en Ribadeo, diantre do Centro de Saúde. Como se pode ver no vídeo do comezo do acto (o na foto, en baixo), o tempo non acompañou, a xente, si, e máis aínda pensando que os principais afectados de seguro tiveron dificultades para moverse cara á concentración, polo que fixo que faltou xente que querería estar... As verbas lidas por Raquel Ferreira e Pablo Vizoso, ó final.

    Unha foto da concentración: 



    O cartel chamando á concentración:

    Un vídeo curto dos primeiros momentos:


    O texto lido:

    Mentres, podía lerse no xornal unha nota do PP dicindo que eles cumpren...

    - Posterior: nota do BNG:

https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2025/02/WhatsApp-Image-2025-02-22-at-13.04.37-1536x1152.jpeg

Ribadeo, 22 de febreiro, 2025. A pesar do mal tempo na mañá deste sábado, en torno a medio milleiro de persoas acudiron á convocatoria do Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo para reclamar todos os servizos cos que o Centro de Saúde non conta.

Nesta concentración o BNG quixo facerse eco do deterioro da atención primaria que os e as ribadenses levan moitos meses padecendo. “Preocupa especialmente a ausencia prolongada do pediatra no noso Centro de Saúde, ao igual que a falta de matrona e as múltiples vacantes de medicina de familia que van producirse e que xa se están a padecer”.

Desde o BNG “temos claro que a situación actual da nosa sanidade débese a máis de 15 anos de recortes e deterioro por parte dos gobernos do Partido Popular”. Así o fixo saber o voceiro municipal Pablo Vizoso: “Temos un goberno do PP máis preocupado en criticar ao BNG por defender os dereitos dos e das ribadenses ca en garantir unha Atención Primaria digna. Un goberno do PP que ten a sanidade pública abandonada, cuns orzamentos ridículos para a Atención Primaria e co obxectivo claro de deteriorar os servizos públicos en beneficio da sanidade privada. De pouco serve levantar ladrillos novos, se non temos médicos e profesionais que nos atendan”.

Tras esta concentración cun grande éxito a concelleira Raquel Ferreira quixo agradecer a todos e todas as persoas asistentes que se concentraron nunha mañá chuviosa para defender os dereitos de todos e todas.

 

20250219

Pleno Ribadeo 20250218 extraordinario

Pleno en Ribadeo 20250218, extraordinario


    Onte celebrouse un pleno extraordinario, que, mirado dende certo punto de vista, tamén foi un extraordinario pleno para reflexionar sobre o xeito de facer política na actualidade e en particular dende o concello de Ribadeo.

    Vaia por diante que o audio, tomado dende a zona de público do Salón dos Alcaldes, ten un corte de medio minuto a partir do 44:22 por mor dunha confidencia que me fixeron no momento, quedou gravada e estimo non está contrastada aínda, polo que lle podería traer problemas a quen ma fixo.

    Estabamos de público un grupiño de xente en contra de que se instale o novo centro de saúde ás afóras de Ribadeo (ó final, un do grupo díxolle a unha concelleira que terían que poñer liña de autobuses ó centro de saúde), grupo que entre outras cousas fixo xa hai máis dun ano unha enquisa na que resultou claro a improcedencia do lugar, e xa comezado o pleno entrou outra persoa máis. Por parte dos concelleiros, estaba ausente Pablo Vizoso.

    O que poda comentar aquí pódese escoitar de primeira man no audio, mais aínda así deixo un par de notas como orientación.

    A primeira, algo que xa notei en audios anteriores referidos a algún pleno, sobre as respostas do alcalde: se lle falan de algo que se está a facer mal agora e corrixible, ou ben considera opinións o que son feitos ou ben (ou  tamén) ponse a falar de cousas que segundo el sucederon en mandatos anteriores e só adica un pouco de tempo á contestación propiamente dita, ás veces mesmo con argumentacións que testemuñano contrario do que está a dicir, como no caso da compra dun camión o ano pasado, antes da aprobación dos orzamentos, nos que non entrou, e a pagar este ano cunha modificación orzamentaria. Na contestación tamén é normal que remate afeando ó seu interlocutor a súa disposición, o seu desoñecemento, ou outras cousas, veña ou non a conto (esto último, o máis probable)

    Por outra banda, e en relación ó centro de saúde, motivo polo que estabamos alí, a aprobación unánime da tramitación da expropiación, aínda con discusión sobre a falta de médicos en Ribadeo. Nin goberno nin oposición se fixeron eco das preocupacións documentadas que se teñen manifestado. Tampouco saíu -non era o tempo- que 'de saída' o novo centro de saúde non está previsto que teña Raios X, co que se perde xa un servizo dos que viña prestando.

    Unha última cousa: a excepción dun erro, a convocatoria parece que foi un segredo (aínda que houbera unha nova na prensa que alertou sobre o tratamento do centro de saúde), pois non a vin aparecer nin nas notas do concello nin na sede electrónica, nin chegou de ningún outro xeito. Unha costume que sería cousa de erradicar, o de non saber ó detalle os puntos que se van tratar...

 


 



20241022

Continuemos a crear conciencia social. Pablo Mosquera

Continuemos a crear conciencia social

Un equipo do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) publicou dous novos estudos sobre a influencia da contaminación atmosférica e o efecto das ondas de calor na aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades e no aumento derivado de certos ingresos hospitalarios. As investigacións, lideradas dende a Unidade de Cambio Climático, Saúde e Medio Ambiente Urbano da Escuela Nacional de Sanidad (ENS) do ISCIII, que codirixen os investigadores Julio Díaz e Cristina Linares, publicáronse na revista Science of the Total Environment.
A contaminación, en especial a do aire, provoca cada ano non menos de 60 000 ingresos nos hospitais españois, en moitos casos de pacientes con patoloxías e cadros clínicos de gravidade. É a alerta que esta semana lanzou ós responsables sanitarios nacionais e autonómicos Julio Díaz, un dos maiores expertos españois e internacionais nos danos ocasionados á saúde polos tóxicos ambientais. Este científico usou unha das sesións do congreso que celebra a Sociedad Española de Calidade Asistencial (SECA) para avisar ós responsables políticos de que non lle están a prestar nin abonda atención nin os medios adecuados á enorme ameaza para a saúde que é a contaminación.
Dr. Cristóbal Belda Iniesta. Director do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII): 
"La biomonitorización humana (BMH) como herramienta para determinar la exposición a sustancias químicas y sus consecuencias sobre la salud, tanto en entornos experimentales como de vigilancia activa, es una prioridad científica del ISCIII, especialmente representada en términos experimentales y tecnológicos por el Centro Nacional de Sanidad Ambiental, que como centro de investigación del ISCIII, reúne las condiciones científicas y tecnológicas más adecuadas para determinar la exposición a sustancias químicas en el individuo, de forma integrada y, sobre todo, con una perspectiva estatal. Realización de estudios de vigilancia como instrumento clave para generar información sobre niveles de exposición y como herramienta para la toma de decisiones. La publicación de este estudio de exposición a sustancias químicas en población adulta española y agradecemos al ISCIII sus esfuerzos para ponerlo a disposición del público. El estudio constituye, sin duda, uno de los estudios más completos realizados en nuestro país de interpretación de concentración en la población española de sustancias químicas de extenso uso que se añaden a una amplia variedad de productos de consumo (plásticos, espumas, construcción, equipamientos electrónicos, ropa, muebles) y con presencia en alimentos. La integración de los condicionantes ambientales es clave en la definición de políticas públicas y en la toma de decisiones en diferentes sectores, destacando el de la Salud. Entendemos que la vigilancia en humanos de los impactos de la exposición a dichas sustancias constituye una herramienta necesaria para habilitar la adopción de medidas de gestión del riesgo de exposición de la población general a las sustancias químicas."
Participaron na nosa provincia de Lugo: Jesús Núñez Calvo, Gelasio Rodríguez Rodríguez, Ignacio José Cacharrón Prieto. Laboratorio: Laboratorios BIOMIG: Ester Varela e Miguel González.
A Xunta comproba se Alcoa amplou sen autorización a balsa de lodos. 
O Goberno autonómico fixo unha inspección e solicitou documentación á multinacional ó respeto.
Todo o que antecede é información actualizada relativa á relación de vertidos industriais de ALCOA e risco para a saúde na poboación da área sobre a que inflúe o proceso industrial contaminante da factoría aluminera.
Ate o de agora decanteime polo risco físico e químico que comporta a BALSA CON LODOS VERMELLOS e esa información que traduce que puidéronse ampliar as súas capacidades para dar acubillo a lodos sen permiso oficial da XUNTA DE GALICIA; a constante reivindicación para que se amplíe a antedita "bomba fisicoquímica", a clandestina e nouturna evacuación de lodos a outros vertedoiros. Sobre o particular o comité de empresa ni n está nin se lle espera, mesmo pode chegar a colisionar cos movementos ecoloxistas que sinalan o que está a pasar.
É verdade que o Instituto Carlos III realiza estudos sobre a contaminación atmosférica e dispón do mapa de tal estado por comunidades e vertidos como son FLÚOR e CADMIO, sen dúbida os máis perigosos no caso ALCOA.
É verdade que os últimos tempos, teño podido comprobar, o mesmo que outros compañeiros na zona de Morás-Lago, vertidos ás mareas, mesmo coa recén presenza de técnico na praia da Caosa, que representando á Xunta, tomaba mostras da augua mariña en pleno vertido.
É verdade que volvemos á típica situación laboral e sindical. Contencioso entre representantes dos traballadores que temen estar sendo enganados pola patronal e poderes públicos ós que resulta "gratuíto" opinar sobre las ventajas que ten calquera operación financieira que se faga con ALCOA e GARANTE A SÚA CONTINUIDADE. Por certo, moi ocurrentes, os que pediron unha xuntanza co Presidente do Goberno para tratar do problema... supoño que o ilustre patricio faralles caso e entre a súa axenda plena de envites xudiciais fará un espazo a esta cuestión sita nun lugar ó norte do norte que limita con Inglaterra mar por medio. Amén.
Como é preciso facer algo máis que protestar por este conduto, sigoa propor.
1. Instar á Valedora do Pobo de Galicia a visitarnos e sobre o terreo comprobar e escoitar o que pasa en materia de contaminación.
2. Crear foros para publicitar o que pasa e como se denuncia por parte das agrupacións ou asociacións ecoloxistas a vulneración do DEREITO CIDADÁN
3. Crear ambiente dende as comunidades educativas para que cada cidadán sexa un axente medio ambiental.
4. Pedir a presencia de expertos do Instituto Carlos III para que veñan a un foro de información e debate sobre a situación e riscos obxectivos na comarca.

 

20241003

ALCOA e os seus vertidos vulneran dereitos fundamentais. Pablo Mosquera


 ALCOA e os seus vertidos vulneran dereitos fundamentais

Pablo Mosquera

Teño motivos para sinalar que o problema de ALCOA limítase á relación entre os representantes sindicais dos traballadores relacionados coa fábrica de aluminio e a multinacional con sede lonxe do noso país -Estado-Nación-Comunidade-Rexión-Concellos-Habitantes dun territorio- Esta é a primeira cuestión de trasfondo ideolóxico que debemos corrixir e difundir entre a cidadanía galega e mariña.

Teño todos os motivos para denunciar que houbo e existe unha certa colisión entre o dereito a un emprego estable e cun salario digno e as contas de resultados dunha empresa que, por desgraza, se converteu nun “monocultivo económico” para un territorio con dereitos históricos por razóns ecolóxicas, culturais, consuetudinarias, marítimas. Tal realidade funcionou e segue funcionando como "xestión do medo". "Alcoa somos todos". "Sen Alcoa non hai futuro". "Mariña depende de Alcoa". Renuncio ao meu dereito a protexer a miña saúde para continuar tendo o traballo e os soldos que xera a fábrica de aluminio.

O dito antes foi manipulado, consentido e promovido pola empresa, os seus traballadores e todas as Institucións Políticas e Económicas que operan na Mariña Luguesa. E aínda hai: persoas, cidadáns, colectivos socioculturais, que non se senten representados por tal pensamento e decisión á hora de dimitir ou de elixir. Comecemos atacando un dos temas que non foi suficientemente debatido e divulgado.

O DEREITO HUMANO A UN CONTORNO SAN E EQUILIBRADO. A maioría dos autores que manteñen a existencia deste dereito atopan a súa formulación no Principio 1 da Declaración de Estocolmo sobre o Medio Humano de 1972. «O home ten o dereito fundamental á liberdade, á igualdade e ao goce dunhas condicións de vida adecuadas tal calidade que lles permite levar unha vida digna e gozar de benestar e ten a obriga solemne de protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións presentes e futuras.

Un segundo instrumento xurídico que incorpora o chamado "Dereito a un medio ambiente saudable e ecoloxicamente equilibrado" atópase no artigo 24 da Carta Africana dos Dereitos Humanos e dos Pobos de 1981.

O Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais de 1950 non ten unha disposición especial referida a este “Dereito Humano ao Medio Ambiente”, existen, non obstante, numerosas xurisprudencias e casos referidos ao tema que demostran que, en moitos sentenzas, a Comisión Europea de Dereitos Humanos tende a recoñecer este dereito.

O DEREITO AO MEDIO AMBIENTE É UN DEREITO HUMANO DE TERCEIRA XERACIÓN. Segundo Kiss e Shelton, hai aproximadamente corenta constitucións en todo o mundo que consagran ou teñen unha referencia xeral ao dereito humano ao medio ambiente. En xeral, estas constitucións consagran a idea da protección ambiental como un "dereito humano" e, en consecuencia, o seu cumprimento é responsabilidade dos Estados.

Así, como consecuencia do deterioro ecolóxico, as políticas de desenvolvemento insostibles, a contaminación e a desertización, moitos habitantes do mundo están a migrar e abandonar os seus lugares de residencia habitual para trasladarse a outros lugares, obrigados polo dano ambiental do seu hábitat.

Unha vez máis sobre o dereito á saúde e a identificación de riscos nun territorio determinado cunha poboación que os poderes públicos -Estado e Autonomía- deben protexer, non só asistir cando se declarou a enfermidade. O Sistema de Saúde ten un antes e un despois da enfermidade. O primeiro é EDUCAR PARA A SAÚDE; PREVIR AS CAUSAS DE ENFERMIDADE; IDENTIFICALAS E ELIMINALAS. -Plans de saúde, vixiancia continuada, eliminación integral dos elementos nocivos que sabemos son causantes-

A emisión de gases de efecto invernadoiro en Lugo é "máis que" a media de Galicia. O Observatorio Galego de Acción Climática indica que a cifra vén desencadeada pola actividade do sector primario e de Alcoa en San Ciprián. O último inventario do Ministerio para a Transición Ecolóxica confirma que Lugo, de feito, concentra o 20,9% das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia, con máis de 4 millóns de toneladas fronte ás case 19,5 que conforman o total galego.

O cambio climático provoca un aumento das mortes por calor e das infeccións transmitidas por vectores. Así mesmo, provoca un aumento de afeccións respiratorias como asma, rinosinusitis ou enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC). Tamén é a causa do aumento da incidencia de enfermidades alérxicas, enfermidades cardiovasculares e do número de infartos de miocardio.

E volvemos ao máis urxente. Co medo a que "se están a facer cambios no estanque de lodos vermellos". "Que se está a utilizar a táctica do feito consumado". "Que haxa silencios cómplices".

As investigacións realizadas indican que o lodo vermello presenta as seguintes características: 

- Irritante: Corresponde a residuos que ao aplicarse poden provocar irritacións cutáneas ou lesións oculares. 

- Provoca graves queimaduras na pel e danos oculares graves. 

- Provoca irritación da pel. 

- Provoca irritación ocular grave. 

- Toxicidade específica de órganos diana

- Toxicidade por aspiración: pode provocar irritación das vías respiratorias

- Pode provocar defectos xenéticos

- Carcinóxeno: Corresponde a residuos que inducen cancro ou aumentan a súa incidencia. 

- Mutacións: Corresponde a residuos que poden provocar unha mutación, é dicir, un cambio permanente na cantidade ou estrutura do material xenético dunha célula.

20240728

No mesmo lugar que o previsto para o Centro de Saúde...

    O lugar previsto polo concello para o Centro de Saúde de Ribadeo é contestado socialmente. Téñoo reseñado aquí. Hoxe atopo un folleto anunciando un circo con paiasos como insignia... no mesmo lugar. Non sei se o centro se chegará a construír alí ou non, pero dada a controversia, deixo o folleto para anunciar o circo como unha nota de cor e propaganda.



20240715

Adición ó móbil: demasiado tempo perdendo o tempo. Pablo Mosquera

Lic. CC BY NC 4.0 int. https://lachustilla.blogspot.com/2016/11/la-tecnologia-hoy-en-dia.html

Adición ó móbil: demasiado tempo perdendo o tempo

Pablo Mosquera

Pode ser a única iniciativa que aparece no BOE tras a súa presentación, presenza e debate na sede parlamentaria. Algúns dos que fixemos da nosa vida unha profesión que nada tiña que ver co oficio de político e todo o que ver co servizo público constante e dende unha política que só era temporal, descubrimos que entre insultos, acusacións, sobre accións, acusacións de ultras, de ultras rescatando espazos na dereita e na esquerda caducas, alguén conseguiu situar o problema desa enfermidade social que é a adicción ás máquinas que se fixeron donas do noso tempo para que perdamos o tempo que debemos adicar a cuestións vitais propias do humanismo. Algunhas máquinas marcan o ritmo e cada certo tempo obrígannos a adicar máis tempo ao seu dominio.

Se es consciente de que por un uso excesivo do teu móbil estás descoidando o teu traballo, os teus estudos, a túa familia, e tamén deixas de facer outras actividades divertidas porque non podes pasar o tempo sen miralo, podes ter móbil adicción

A adicción ao teléfono móbil coñécese como nomofobia e refírese a un patrón de comportamento compulsivo e problemático relacionado co uso excesivo e incontrolado do teléfono móbil. As persoas que padecen adicción ao móbil experimentan unha necesidade constante de estar conectados e de usar o seu teléfono de forma excesiva, mesmo en situacións inadecuadas ou daniñas. As persoas poden recorrer ao seu teléfono móbil para evitar enfrontarse á soidade, o aburrimento, o estrés ou a ansiedade. A persoa con adicción ao móbil prefire pasar tempo co dispositivo, en lugar de participar en actividades sociais, familiares, académicas ou laborais.

Consecuencias desta adicción: illamento social e desconexión das relacións sociais. Dificultades académicas ou laborais por mal rendemento. Problemas de sono, fatiga e somnolencia diurna. Impacto na saúde física, como dor de pescozo, dor de ombreiros, fatiga ocular. Riscos de accidentes por distraccións cos teléfonos móbiles. Problemas de saúde mental, como depresión, ansiedade e estrés, así como baixo estado de ánimo, autoestima e calidade de vida xeral.

Cada vez son máis os expertos en ciencias da saúde que se preocupan e se ocupan das adiccións, e así son polo menos dez as causantes das ENFERMIDADES SOCIAIS. Causa dentro da sociedade. Dependencia vinculada a comportamentos sociais. É necesario aumentar a "dose". Síndrome de abstinencia cando non pode acceder a ela. O tratamento non pode ser só individual, debe realizarse tanto no conxunto da sociedade como desde a condición social do propio paciente. Os dez que forman parte do problema nosolóxico: drogas, alcol, xogos de azar, sexo, compras, alimentación, traballo, pornografía, tecnoloxía, actividade física. Non esquezamos: condutas de risco e cirurxía plástica.

Todas estas condicións ocorren con "teléfonos móbiles". Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde (OMS), a adicción é unha enfermidade física e mental que crea unha dependencia ou necesidade dunha substancia, actividade ou relación. É unha enfermidade crónica, progresiva e ás veces mortal que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas, nos que interveñen factores biolóxicos, xenéticos, psicolóxicos e sociais.

As adiccións desenvólvense a través de episodios continuos de perda de control, distorsións do pensamento e negación absoluta da enfermidade. A persoa, ante o seu desexo de deixar ou abandonar o consumo de substancias ou comportamentos polas terribles consecuencias persoais, familiares e sociais que provoca, séntese incapaz de parar.

Pablo Mosquera Mata

 

20240701

Sobre Altri e a saúde

    Só unhas poucas verbas para facerme eco dunha nova que máis que nova é un documento sobre os efectos  da pretendida celulosa de Altri na Ulloa sobre a saúde. A nosa saúde, a de todos, por moito que afecte máis, naturalmente, á zona da Ulloa e río abaixo. Por certo, apoiado no único traballo que existe sobre o tema, que saíu do grupo de Sonia Villapol, de quen seguro que tes escoitado falar aínda que do traballo emncionado non se escoitara nada nos medios 'tradicionais'.

     A ligazón: https://praza.gal/opinion/proxecto-altri-e-asma-bronquial

Captura de pantalla do artigo mencionado.


20240629

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE. Pablo Mosquera

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE

Pablo Mosquera

A incertidume que vive a factoría de Alcoa afecta a todo o legado que deixa detrás súa, incluíndo a “balsa de barros vermellos”, un depósito onde teñen rematado durante cuatro décadas todos os residuos químicos e non químicos despois de limpar a bauxita para extraer alúmina. Esta alúmina introdúcese en cubas electrolíticas que a transforman en aluminio líquido que se leva ós fornos de fundición para crear aluminio primario.

O transporte destes lodos faise en camión por unha estrada local que acusa xa os anos de idas e vidas destes transportes e a súa carga. A zona está cuberta dunha capa de arxilla vermella que en días de vento soe expandirse por todo o lugar, contaminando as parcelas privadas a máis de ocasionar molestias nas mucosas. 

Agora, e en previsión dun aumento na produción, a idea é ampliar a balsa para aumentar o almacenamento. “Claro que hai auga nesa balsa de barros, pero é augua procedente da chuvia e de regatos que van a parar alí”. “Esa auga é bombeada a uns depósitos para ser tratada e enviada ó mar a través dun emisario”.

O comité de Alcoa San Cibrao ten informado de que a Consellería de Sanidade catalogou a balsa de barros vermellos (Depósito de barros rojos, DBR) dA Mariña como “residuo perigoso”, polo que agora urxe á compañía a facer inversións para su ampliación.

Nun comunicado, o comité insta a que, á espera do trámite medioambiental, Alcoa aprobe “de forma urxente” a inversión do proxecto de ampliación do DBR ate a cota de 104 metros, catro máis da actual. Esta solicitude do comité procura “comezar de inmediato coa contratación das empresas concesionarias da obra e o acopio de materiais e maquinaria”.

Asociación pola Defensa Ecoloxista de Galicia: “O complexo de San Cibrao é dos complexos químico-industriais máis contaminantes de Galiza e dos que maior pegada teñen sobre o clima polas emisións e os enormes consumos de enerxía que demanda. Consume máis de 3700 GWh/ano de electricidade, o que equivale aproximadamente ao 20% parte de todo o consumo eléctrico de Galiza, ao 65% do consumo eléctrico da provincia de Lugo, e ao total do consumo eléctrico das sete principais cidades galegas. Agora, perante a desaparición da súa principal fonte de enerxía, a central térmica das Pontes, e no marco da transición cara a unha economía descarbonizada, as necesidades enerxéticas de Alcoa terán que ser satisfeitas a partir de enerxías renovables, o cal volvería a condicionar por completo o deseño do futuro sistema enerxético galego e español. Cantos montes, chairas e vales máis teríamos que ocupar con parques eólicos e centrais hidroeléctricas para satisfacer o consumo inxente de enerxía de Alcoa?

No seu proceso de fabricación de alúmina e aluminio, emite compostos gasosos á atmosfera con efectos perniciosos sobre a saúde ambiental e humana, sendo unha das cinco industrias asentadas en Galiza que máis dióxido de carbono emite (1 098 000 tm CO2), entre outros contaminantes: CO 31 000 tm; SOx 3740 tm; NOx 165 tm; HF (fluoruros) 114 tm e 177 tm de partículas PM10, segundo o rexistro estatal PRTR1. Só na fabricación de aluminio emite á atmosfera: CO2 419000 tm; CO 20.600 tm, NOx 207 tm, SO2 3.630 tm, PFC 1,3 tm; Ni 130 kg; Flúor 111 tm , PM10 232 tm.

Non só os sindicatos deben loitar polos postos de traballo. Son ciudadanos residentes na área de influencia da contaminación industrial que verte Alcoa por tierra, mar e aire. Non teñen patente de corso para esixir présa no aumento das dimensións dunha balsa que ten ao menos dous graves problemas. Físico. A acumulación de barros que podan romper o continente e producir unha catástrofe non natural. Eu sempre poño como exemplo lembratorio o que pasou co camping de Biescas, que levaba tempo sendo un risco por esvaramento, anunciado sen o menor cambio para evitar o que sucedeu. Químico. Os compostos que verten ó medio ambiente a transformación da bauxita en alúmina e esta en aluminio.

Non logro aceptar que non se siga unha continuada vixiancia sobre o impacto do medio ambiente na saúde. A Asistencia Sanitaria é unha fonte inmensa de información epidemiolóxica. Pero a máis, os Departamentos que vixían a Saúde Pública dunha Comunidade e as súas comarcas, deben ter moi presente o efecto dos cambios medio ambientais nas enfermidades que se diagnostican e tamén nas causas de morte. Ese aumento do cancro de pulmón que por fin dará lugar a un programa de diagnóstico precoz, como se implantou ou de Próstata ou o de Colon. Aí está a resposta ás sospeitas sobre a relación entre enfermidades oncolóxicas e vertidos procedentes da factoría de ALCOA.

¿E que se pode facer desde a sociedade civil? Non só aqueles colectivos concienciados en defensa do dereito ó patrimonio ecolóxico. As asociacións cidadás deben instar ós Concellos a investigar e persoarse ante ALCOA e esixirlle una información continuada, pero tamén ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, tanto ou máis que ese comité de empresa formado por sindicalistas ós que só parece importarlles o seu emprego e salario mentres disfrutan de privilexios e esquecen os vertidos industriais que se poden ver ou percibir en canto se sae das nosas casas. ¡A súa conduta resulta egoísta!

Pablo Mosquera Mata

 

20240614

Nota de prensa. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE

O Centro de Saúde de Ribadeo na actualidade, no Google Maps

 

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE
 
        Como é sabido o Concello de Ribadeo e a Consellería de sanidade da Xunta de Galicia veñen presentando, dende hai mais de dous anos un proxecto de construir un novo Centro de Saúde en Ribadeo que podería ter algunas ventaxas con respecto ao actual e tamén algúns inconvintes. Por este motivo un grupo de veciños e veciñas tivemos unha serie de xuntanzas e intentamos analizar os pros e contras deste proxecto e imos exponer aquí un resumen do que levamos falado para coñecemento da veciñanza e que cada quen poida opinar como considere oportuno.
        En primeiro lugar debemos suliñar que non temos nengún inconvinte en que se constrúa un novo centro se sirve para mellorar o servizo actual, ¡faltaría mais¡ pero por ahí empezan as dúbidas. Non coñecemos - porque non se publicou – nengún informe técnico que especifique cales son as carencias do centro actual e porqué non se poderían suplir con unha reforma do mesmo, que sería moito mais barata.
        En segundo lugar, e esto é o que mais nos preocupa, preténdese construir o novo centro nun solar situado en fronte da estación de servizo, ou sexa a un km do centro actual e do miolo do casco urbano, o cal significa que a gran maioría dos usuarios e usuarías terían que desplazarse a pe ou en coche particular ou en taxi para recibir asistencia sanitaria.
        Para coñecer mellor estes detalles fixemos unha serie de estudos e aquí van os datos concretos que poden interesar á veciñanza: Cada día de luns a venres acuden ao centro de saúde unhas 600-700 persoas por diferentes motivos (análisis, consultas, trámites burocráticos, urxencias, etc). Somente para análisis son 50-60 persoas (non todos os días). Fixemos unha enquisa entre as persoas que acudían a facer análisis e un 75 % aproximadamente desplazanse a pe, mentras que un 25 % veñen en coche. Dos que van facer análisis, arredor dun 67 % son persoas de mais de 65 anos, moitos de eles con dificultades de desplazamento como calquera pode entender.  Outra cousa que fixemos foi ponernos diante da estación de servizo entre as 8:30 e 13 horas da mañana en seis días distintos de semana e contar os automoveis que pasaban dando como resultado que a media foron entre 7 e 14 coches, furgonetas ou camións por minuto nese tramo horario. Pode entenderse fácilmente o que esto significa se se engaden outros 400 ou 500 coches entrando e saíndo do aparcamento do centro de saúde que agora se pretende levar a esa zona da Cantalarrana. Serían entre 800 e 1000 vehículos movéndose por aquela curva con mala visibilidade e ca estación de servizo enfronte. Esto son números que calquera pode comprobar, aquí non hai demagoxia nen política de nengún tipo. E téñase en conta que estes datos foron recollidos no mes de marzo, a ver qué pasa no vran.
       Tamén debemos informar que o 21 de decembro de ano pasado tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde e outras persoas do concello e dado que non chegamos a convencernos uns e outros quedamos en que nos citarían para unha nova charla con presencia de un técnico da Consellería de Sanidade pero o tempo foi pasando e ninguén nos chamou para ese novo encontro.
       O último que sabemos é que no Pleno Municipal do dia 14 de maio tomouse o acordo de iniciar os trámites para recalificar  os terreos destinados a este novo centro de saúde en fronte da estación de servizo.
        Aquí deixamos esta información. Dende o noso ponto de vista sería un erro histórico levar o centro de Atención Primaria para Cantalarrana tendo como temos un servizo accesible e cómodo no centro do casco urbano, ao que poden acceder a pe a gran maioría dos veciños como todos sabemos. Que se pode mellorar xa o sabemos, como todo na vida.
       Non entramos nas promesas da Xunta de Galicia. Só suliñar que temos a impresión de que queren suprimir o servizo de radioloxía, o que suporía unha perda de prestacións e ter que desprazarse a Burela cando se precisase unha radiografía sinxela. E poñendo os pés na terra non podemos esquecer que a Consellería de Sanidade non é capaz de garantir a consulta de Pediatría dende hai moitos meses, como todo o mundo sabe. O único que propoñemos aos veciños é que se informen e pensen o que mais nos convén, a ver se nos van cambiar as orellas polo rabo.
        Pola nosa banda iniciaremos unha serie de accións informativas das que daremos conta oportunamente.

20240514

Esta tarde, pleno

    A comezos de ano (en ribadeando, o día 17 de xaneiro) un grupo de xente relacionada con MODEPEN demos a coñecer unha enquisa sobre o uso do centro de saúde de Ribadeo, a conto da pretensión de facer un novo centro de saúde ás afóras da vila. Antes, tiveramos unha entrevista co alcalde.

    Pois vben, hoxe, 14 de maio, hai un pleno que vai tratar non os datos ofrecidos, nin a falta de explicacións por parte da Xunta que foi ofrecida e disposta na xuntanza co alcalde, senón a recualificación de terreos no PXOM para facer o centro sen cambios. Asemade, tratarase da bandeira e escudo e Ribadeo, pero non se tratará do tema que estes días está dando tanto que falar en relación á sanidade en Ribadeo, a praza de pediatría no centro de saúde de Ribadeo:



20240311

¡Y SIGUE EL PERRINCHE! José María Rodríguez Díaz (2010)

    Por desgraza, a Área Sanitaria de Burela pasou a mellor vida non tanto tempo despois, con consecuencias de todos coñecidas en relación á prestación de servizo ós residentes mariñáns, e en contra da opinión de futuro (entendo que xustificada dun xeito crédulo) de José María...

Sábado, 03 de julio de 2010

¡Y SIGUE EL PERRINCHE!

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:55

¡Pues mira que no tenían por donde atacarle! Inversiones descomunales en el Gayás, los pluses obscenos de los altos cargos, las piscifactorías en zonas LIC, las legalizaciones en Barreiros con dinero público y, si quieren, las mismas carencias que tiene el hospital, como su ampliación, la acumulación de pacientes en las listas de espera o la demanda de más dotaciones y servicios, que a todo esto yo mismo me sumaría con gusto. Pero no; la tomaron con el área sanitaria. Se trataba de derribar al coloso y para eso todos los medios son buenos, sobre todo aquel al que la gente es más sensible: la salud. Pero en su obcecación no contaron con que la gente, aunque fácilmente manipulable, no es ciega ni sorda y sabe que para hacer oposición no vale todo. Sólo lo justo.

Va ya para un año que a alguien se le ocurrió que la única forma de movilizar a la gente de la Mariña contra el gobierno de Feijoo era darles por donde más les dolía: la sanidad. Con este fin crearon la Plataforma Pro Defensa del Hospital. Y tocaron el cornetín llamando a combate. La respuesta no se hizo esperar. Había llegado la hora de presentar batalla. Los jefes de filas y los comprometidos en la militancia empezaron a acudir al desfile, arrastrando con ellos a la tropa formada por algunas asociaciones incorporadas a veces con sólo la fraudulenta decisión personal de su presidente, y demás entes con intereses en la batalla. Y en la lucha siguen aún enfrascados, va ya para un año, sin el menor atisbo de cansancio. No voy a entrar en la guerra de cifras sobre el éxito de la manifestación del día 26 en Burela. Y no lo hago porque los argumentos y las razones no dependen de las mayorías.

Esta historia empezó hace un año con unas desatinadas declaraciones de la Sra. Conselleira de Sanidad, que la Plataforma aprovechó y utilizó como arma arrojadiza contra Feijoo. No importa que poco después, el día 4 de octubre del año pasado, el Sr. Feijoo proclamara ex cátedra, en voz alta y solemnemente, el día de la Festa da Faba en Lourenzá, que el área sanitaria del Hospital de Burela era inamovible. No basta, tampoco, que desde el Parlamento se confirmara formalmente la postura oficial del gobierno sobre la inamovilidad del área sanitaria del Hospital de Burela. La memoria de la Plataforma padece graves lagunas y no recuerda ni las palabras de Feijoo ni las explicaciones de la Cámara, Sólo las de la Conselleira. Menos aún les convencen las promesas de que el hospital será reforzado en personal, dotaciones y servicios, y que se sucedan los reiterados desmentidos del PP sobre la desaparición del área sanitaria, su verdadero caballo de batalla. Ni se sonrojan, siquiera, porque el PP haya sacado a luz pública la intención del anterior gobierno del bipartito de trasladar la gerencia del Hospital de Burela a Ferrol. La consigna es no escuchar el canto de sirena del PP y seguir adelante con la monserga, haciendo suyo el lema que Pablo de Tarso le recomendaba a Timoteo para expandir el mensaje: argue, obsecra, increpa, opportune et importune.

Y ahí siguen, inmunes al desaliento, tergiversando la verdad y manipulando la realidad como arma de confrontación política. No les preocupan los decretos de Zapatero sobre las jubilaciones y los despidos. Menos les preocupan los cinco millones de parados que se avecinan. Ni la bajada salarial de los trabajadores sanitarios. Zapatero no es el objetivo de esta guerra. El objetivo es generar alarma social contra Feijoo por haber cometido el pecado de desalojarles de las ubres de la Xunta.

Ni siquiera mencionan el proyecto del PP de que la gestión de los Centros de Salud, que dependían de Lugo, pasará ahora a depender de Burela, dotando así al Hospital da Costa de mayor protagonismo. Todo el esfuerzo del PP para convencerles es inútil. Porque pertenecen al grupo de aquellos que aures habent et non audient. La consigna no admite matices. Es luchar hasta el final. Todo vale para derribar al PP.

En todo caso, está de sobra comprobado que la eficacia de una buena gestión, de la sanidad en este caso, y en su ámbito puramente administrativo, tampoco depende, si se me apura, del lugar en donde radique la dirección. Lo que realmente importa es que sea eficaz. Como decía un líder político de infausta memoria, es igual gato blanco o gato negro, si caza ratones. Por lo que a mi toca, no me importaría que estuviera en Santiago o en Madrid si los servicios que ha de prestarme me satisfacen. Miren, sino, el funcionamiento de otras empresas modélicas dirigidas, sin embargo, desde lejanos despachos. Como tampoco se puede pretender que aquellos servicios de escasa utilización tengan que estar disponibles en todos los hospitales de Galicia. Sería un gasto inútil, irracional e incomprensible. En la administración sanitaria, como en todas las cosas, tiene que imponerse la racionalidad y el sentido común al margen de las ideologías e intereses de cada partido. Pero ya sabemos que la venganza y las pasiones políticas son actitudes irracionales.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20240117

Nota de prensa. Enquisa sobre asistencia ó centro de saúde de Ribadeo

 

Nota de prensa

Enquisa sobre asistencia ó centro de saúde de Ribadeo

    En días pasados, un grupo de voluntarios de MODEPEN – Ribadeo estivo a desenvolver unha enquisa entre os usuarios do centro de saúde de Ribadeo.

    O cuestionario, que ó final foi contestado por 162 persoas que acudiron ó centro de saúde entre mércores 10 de xaneiro, xoves 11 e venres 12, foi deseñado para recoller datos sobre diversas características dos asistentes. Entre elas figuraban a idade, sexo, departamento sanitario de asistencia, procedencia da vila ou do rural e, sobre todo, medio polo que se achegaban ás instlacións. A recollida de datos fíxose en dous días con asistencia a analíticas, mércores (mercado en Ribadeo, como se sabe, e maior afluencia de xente do rural ó pobo) e venres, e un sen ela, xoves. Nos dous primeiros recolleuse algo menos de un terzo do total cada día, e no último, algo máis. Polo demais, non houbo incidencias particulares, aínda que se recolleu tamén algún detalle extra en enquisas e momentos concretos, para o seu análise particular

    O seu deseño foi realizado para poder contrastar as afirmacións mantidas por cada parte na xuntanza que se tivo o pasado día 21 de decembro entre o alcalde e unha representación de MODEPEN. O que se falou alí estivo relacionado co futuro do emprazamento e condicións do Centro de Saúde, polo que se realizou esta enquisa para o estudo dos desprazamentos da xente que acode á súa atención sanitaria en Ribadeo, e así procurar o apoio da realidade en favor das diversas opcións que aínda son posibles para a renovación das actuais instalacións ou a construción dunhas novas afastadas do centro da vila.

    Déixase en baixo un resume dos resultados, entre os que destacan:

    - a relación 76 % de xente que acode a pé fronte a só o 24 % de xente que se achega en coche.

    - que a relación a anterior coincide abondo ben coa porcentaxe de asistencia de xente que reside na vila e no rural (estea ou non censada no lugar onde reside efectivamente!), porcentaxe que é dun 80 % para residentes na vila fronte a un 20 % de residentes no rural.

    Asemade, a conclusión:

    A xente que se despraza a pé veríase en xeral negativamente afectada pola localización que se pretende do centro de saúde nas aforas da vila (de feito na parroquia de Ove), dificultando o desprazamento a pé, mentres que á xente do rural seríalle indiferente, se ben en moitos casos a situación do Centro de Saúde nas aforas suporíalle o ter que mover o coche para facer xestións no pobo.

    É dicir, nun tema fundamental en relación ó acceso sanitario, non se aprecian para os usuarios avantaxes da construción dun novo centro de saúde fronte á estación de servizo á entrada de Ribadeo, en contraposición a unha ampliación do centro en funcionamento ou o uso dun lugar non moi afastado do actual para a construción dun novo. Todo dito, sen contar con que necesita unha variación do PXOM ou un orzamento adecuado, e sen que á súa vez, ambas cousas interfiran na dotación de persoal do centro, minguada dende hai tempo.

Resume dos resultados, táboa e gráficos, da enquisa sobre o transporte utilizado polos usuarios do Centro de Saúde de Ribadeo. 

 





20240101

Entrevista co alcalde sobre o novo centro de saúde de Ribadeo: comunicado de Modepen e lembranza miña


    Deixo primeiro o comunicado de MODEPEN sobre o tema e logo algunha nota escrita por min antes de que se fixera público o comunicado:

--

Comunicado de Modepen

Entrevista co alcalde sobre o novo centro de saúde

Ribadeo, 26 de decembro de 2023.

Tal como temos anunciado, o pasado 21 de decembro tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde. Polo concello estaban o Sr. Alcalde, o técnico municipal e outra persoa do grupo de goberno. Por MODEPEN seis representantes do grupo de pensionistas da Mariña. Pola nosa banda expuxemos o que xa temos publicado aqui e comentado nas nosas xuntanzas públicas que se celebran todos os sábados primeiros de mes no Cantón dos Moreno (a próxima será o 6 de xaneiro ás doce do mediodía).

En resume, a nosa idea é que a ubicación que se proxecta enfronte da estación de servizo está moi lonxe do centro do casco urbano e traguerá moitos inconvintes para a gran maioria dos usuarios se se chega a realizar nese ponto.

Lembramos que hoxendía mais do setenta por cento da poboación do concello de Ribadeo reside no casco urbano e esa tendência é acelerada nos últimos dez anos, de xeito que cando se chegue a realizar o proxecto a porcentaxe será mais de un 80 % con toda probabilidade. Asemade insistimos en que en Ribadeo hai hoxe mais de 3000 persoas maiores de 65 anos e esa tendencia tamén é crecente (datos do censo de 2022). Mesmo entendemos que en Ribadeo existen moitos espazos e solares onde pode construirse un novo centro anque non sexa idéntico ao que proxecta a Xunta de Galicia. Tamén prantexamos a posibilidade de reformar o centro actual, como temos comentado anteriormente. Pola banda do concello insistiron nos argumentos que xa están publicados sen que chegásemos a un acordo. Ao final quedouse en que virá un técnico da Xunta para seguir debatendo a cuestión.

Suliñar que mais alá do desacordo foi unha xuntanza cordial con exposición aberta de opinións póla duas bandas.

Cando téñamos a data da próxima xuntanza daremos conta dela publicamente. Namentras invitamos a todos os ribandenses, pensionistas ou non a asistir á convocatória pública do próximo dia seis de xaneiro onde se tratará o tema mais extensamente e poderán opinar as persoas que o desexen, sexan ou non membros de MODEPEN , sempre a micrófono aberto sen prexuicios ideolóxicos ou políticos.

MODEPEN A MARIÑA

--
Xoves 21 de decembro, Casa do Concello, Ribadeo     

    Comeza cedo o día. Un grupo de maiores pediu hai tempo unha cita co alcalde, e despois de repetila oralmente no medio dunha concentración co alcalde en pasando por alí, aos poucos días recibiu a convocatoria para o xoves 21 de decembro (o día que deixa paso á noite máis longa do ano) ás oito e media da mañá. Para Ribadeo, unha hora rara, visto o horario comercial e mesmo do concello. De feito, foi un funcionario municipal de paso quen nos facilitou a entrada logo de consultar, pois xusto á hora prevista non sabíamos ben que facer fronte á porta pechada.     

    A xuntanza comezou co alcalde, o arquitecto municipal e a concelleira delegada de atención cidadá, Montse Seijo, e seis maiores, entre os que se atopaban Evaristo Lombardero, Suso Fernández, Pepe Salvatierra ou eu mesmo. O obxectivo era expoñer o noso punto de vista sobre o lugar do novo previsto centro de maiores, aportando datos e criterios. Éramos conscientes (e seguimos a selo despois da xuntanza) de que se ben os prazos non apremian na teoría, o manexo de tempos esixen unha actuación que non se dilate no tempo: se antes da aprobación dos orzamentos sempre poderían dicirnos que aínda non hai nada aprobado, agora, cos orzamentos aprobados, sempre poden dicirnos que os cartos xa están dispostos, aínda que saibamos que se poden empregar aquí ou alí sen cambiar nin unha coma no xa aprobado.     

    De igual xeito que pasa coas consideracións anteriores, pode pasar con outras que afectan a usos típicos na política e administración. Por exemplo, dicir que un lugar é idóneo porque o din os técnicos ou porque foi elixido ‘de xeito unánime’; mesmo que se cambiou de opinión porque o mando correspondente foi convencido aínda que antes pensara o contrario. Todo normal, si, aínda que outras veces os políticos usen os argumentos de que os técnicos dan opinión, pero os políticos teñen que decidir por outros criterios, non só técnicos, ou que a unanimidade nun conxunto non é garantía de nada, ou que os cambios de opinión sempre son sospeitosos de que detrás deles haxa ‘algo’, sexa o que sexa.

    A cousa rematou asegurando unha nova xuntanza co técnico e decisor político do tema en Santiago, se ben sen data determinada. Motivo polo que apuntei en parágrafos anteriores a importancia do desenvolvemento temporal. É algo por outra banda natural, pois loxicamente aínda estaba sen facer a xestión pertinente por parte do alcalde.    

    Como dous días despois vexo que non hai referencia algunha á xuntanza, decidín deixar constancia dela, aínda que sexa de xeito sumario para evitar nesgos na medida do posible.    

20231214

MODEPEN ve graves inconvenientes para os usuarios na localización do novo centro de saúde de Ribadeo. Nota de prensa

 

1 km andando dende o centro de saúde actual ó previsto.

MODEPEN ve graves inconvenientes para os usuarios na localización do novo centro de saúde de Ribadeo

Nota de prensa

    O colectivo de pensionistas da Mariña de MODEPEN -Movemento de Pensionistas de Galicia- ven analizando dende hai varias semanas a ubicación do futuro Centro de Saúde que proxectan a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo. Como é sabido a localización elixida para ese proxecto sería nuns terreos enfronte da estación de servizo, ou sexa a un quilómetro do centro actual e do casco urbano e zona comercial de Ribadeo. Dende o noso punto de vista esa localización presenta graves inconvenientes para os usuarios e usuarias do devandito servizo.

    Fundamentalmente pola distancia e tamén polas dificultades de acceso ao mesmo, circunstancias especialmente gravosas para as persoas da terceira idade, como tamén para o resto da veciñanza. No concello de Ribadeo residen mais de 3000 persoas de mais de 65 anos e arredor de un 75-80 % teñen a sua vivenda habitual no casco urbano.

    Moitos deles temos que acudir a cotío aos servizos sanitarios por razóns obvias. Entre 60-70 persoas preséntanse a diario a facer análises e unhas 500 ou mais van ao centro por outros motivos.

    Por outra banda todos sabemos que no centro de casco urbano hai moitos espazos e solares baleiros que poderían servir para construír ou instalar un novo centro de saúde, sen necesidade de ter que desprazarse a un punto tan lonxano e tan incómodo ou mesmo perigoso como o que se proxecta. Folga suliñar que moitas persoas terían que desprazarse en automóbil dependendo de familiares, veciños ou taxis. Tampouco entendemos, nen coñecemos informes que acrediten as dificultades que podería ter a reforma e a modernización do centro actual, seguramente moito menos custosa que a construción de un novo equipamento.

    Por estes motivos temos solicitado unha entrevista co Sr. Alcalde ou persoa na que delegue dende o día 14 de Novembro pp sen recibir resposta ata o día de hoxe. Asemade damos conta de que no pleno do Concello do pasado día 4 de Decembro aprobouse unha partida de 250.000 euros dentro dos presupostos de 2024 para financiar a merca dos devanditos terreos enfronte da estación de servizo.

    Pola nosa banda seguiremos agardando a resposta do Sr. Alcalde e anunciamos que iniciaremos actividades sociais para informar á veciñanza deste proxecto e da importancia, para todos e todas, de que se busque unha nova ubicación do futuro centro de saúde de Ribadeo ou ben se acometa a reforma e modernización do actual

20230920

As Listas de Espera do SERGAS. Pancho Campos Dorado

 

As Listas de Espera do SERGAS

Pancho Campos Dorado

Vou a contar un caso persoal que me pasou cos servizos do SERGAS, pois é posible que a alguén lle poida interesar o relato se se atopa en circunstancias parecidas.

En febreiro do ano 2006, sufrín un amago de anxina de peito estando navegando nun petroleiro de produtos naquel momento. Chegados a descargar ó porto da Coruña mandáronme facer un recoñecemento urxente ao Hospital Modelo por conta do Seguro do barco.

Despois dunha proba de esforzo e un eco-cardiograma non atoparon ningunha anomalía, pero en vista da miña falta de vitalidade evidente, procederon a facerme ese mesmo día un cateterismo e atoparon que a coronaria dereita estaba atoada nun 99,9 % da súa sección, segundo expresaron no informe, e inmediatamente me puxeron un stent. Estaba a punto dunha morte súbita. Daquela librei polos pelos, e estiven ben de saúde até que un maldito cancro de amígdalas tamén me apareceu un ano máis tarde.

Operáronme no Hospital da Costa de Burela o día 27 de novembro de 2007 e despois dunha operación de doce horas, outra de seis horas, outra de 5 horas e dúas de dúas horas, en semanas sucesivas. Delas recordo o magnífico trato e traballo cirúrxico que fixeron comigo os otorrinolaringólogos daquela época, especialmente ao Dr. José Antonio Martínez, sen esquecer a atención case fraternal que me prodigou o equipo de enfermería de Burela en todo momento. Logo de dous largos meses, tiven que facer o postoperatorio de quimio e radioterapia. Foi no Oncolóxico da Coruña, onde estiven internado e onde me atenderon con profesionalidade exquisita durante outros case catro meses de tratamento.

Pois ben. A revisión cardíaca a causa do stent seguina facendo cada seis meses no Hospital Modelo da Coruña, xa que tanto a doutora como o equipo que fixo o implante tiñan os seus arquivos nos seus ordenadores, e o seguimento cardiovascular sempre foi moi exhaustivo e puntual. A visita e recoñecementos na Coruña pagueinos sempre do meu peto, dado que non teño ningún seguro privado de saúde como era o que tiña o barco cando enfermei e me deixaron alí. Só teño o Seguro da Seguridade Social.

Paralelamente ós recoñecementos da Coruña, tiña que facer cada ano unha proba de esforzo no Hospital da Costa de Burela, pero aquí os prazos pasaban de ser anuais a prorrogarse a máis de dous anos, o que me levou a denunciar as Listas de Espera de Cardioloxía no Xulgado de Garda de Mondoñedo, e tamén xa no ano 2011 denunciaba publicamente a DES-Administración do SERGAS (https://www.ribadeando.com/2021/11/a-des-administracion-do-sergas-pancho.html e La Comarca del Eo, 6-novembro-2011)

Así as cousas, este pasado ano o día 27 de decembro de 2022, na revisión cardíaca semestral que facía no Hospital Modelo da Coruña, nun eco-cardiograma eventual que se me fixo apareceu un Aneurisma na Aorta Abdominal de 50 mm aproximadamente. Un tamaño crítico dado que está no límite de poder ser operado abrindo o abdome a ceo aberto ou mediante intervención endoscópica e cateterismo (perdón polos erros nos termos técnicos pois só coñezo os vulgarismos que empregamos a xente común). Había que facer un TAC de inmediato para saber do tamaño exacto, facer unha próteses á medida e proceder á intervención quirúrxica que se precisara.

Inmediatamente de chegar a Ribadeo, o día 29 de decembro pásolle o informe da cardióloga a miña Médico de Cabeceira como era habitual e rutinario desde facía 16 anos. Á vista do risco que entrañaba o dito no informe, a doutora, procedeu a solicitar un TAC de forma urxente, o cal me foi feito o día 11 de xaneiro de 2023, no Hospital de Costa de Burela. Logo a propia doutora fixo petición o 16 de xaneiro de 2023 “vía rápida” a Anxioloxía e Cirurxía Vascular para o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Desde aquí darlle as máis expresivas grazas Dª Carmen Monterrey pola súa humanidade, dilixencia e atención que me facilitou.

No HULA, “estrañamente” (visto o caso agora, xa desde a distancia) danme cita para o 20 de Febreiro de 2023 para Cirurxía Vascular e Patoloxía Arterial. Aquí fanme unha auscultación e se me informa do procedemento da cirurxía endovascular dos aneurismas da aorta abdominal, en Cirurxía Maior Ambulatoria, en quirófano con ingreso en sala especial. Ou sexa demoraba o procedemento case dous meses desde o diagnóstico, até esta revisión. Estabamos en Febreiro, e a doutora falaba de operar antes do verano.

Son citado de novo no HULA o día 10 de Abril de 2023 para facer pola mañá análises de sangue, placas en Radioloxía e á tarde un completo e minucioso eco-cardiograma. No propio HULA danme cita para o 17 de Abril de 2023 para Consulta Preanestésica.

Debido a unha Folga de Médicos, a cita de Preanestesia posponse para o día 2 de Maio de 2023. A doutora anestesista comunícame do risco moderado-alto da intervención con anestesia xeral e as complicacións que poden xurdir, dado que se trata da aorta, un dos principais vasos sanguíneos do corpo humano e dáme instrucións para cambiar varios medicamentos días previos a operación.

O tempo da intervención seguiu dilatándose, pasou todo o mes de maio, tamén o de xuño, e despois de chamar repetidamente ó teléfono de Lista de Espera Vascular do HULA, para saber que pasaba coa miña operación, sempre moi amablemente e con voz pausada e moi educada, por suposto, me deron a escusa de que tiñan que chamar os médicos, que eles “non tiñan nada que ver coas demoras”, e moi “arteiramente” me dicían que firmei o 20 de Febreiro de 2023 para dar paso a intervención, polo que obviaban que dous meses antes de febreiro xa se fixera o diagnóstico. Así está a burocracia deste país galego rexido pola Xunta de Galicia do PP, que vai pasando as obrigas ao tellado dos demais, e o paciente cando se cansa de esperar, e vai incrementando a súa angustia ou o medo a ter unha peritonites mortal, como era o meu caso, acude sen demora á Sanidade Privada. Así funciona o negocio da Sanidade Privada subvencionada en grande medida con diñeiro de todos os galegos.

Eu non tiña medo ningún, pero cansado de esperar, o 12-xullo-2023, presentei unha denuncia nos Xulgado de Paz de Ribadeo, quen a súa vez a enviou ao Xulgado Decano de Lugo (sic). A denuncia ten por obxecto dar constancia de que non se está de acordo co tratamento administrativo e burócrata da sanidade galega rexida polo SERGAS, pero ademais, ten a valía de que a túa familia poida cobrar algunha indemnización do Estado, en caso de que tu morras pola neglixencia reflectida na propia denuncia. Facer valer os dereitos que temos como cidadáns e esixir responsabilidades as autoridades “competentes”. Por iso, galegos, denunciade sempre estas falcatruadas, para deixar aos teus algo no que poder agarrarse. Se non denuncias, quedas como un “probín” que se finou, sen máis. Ninguén che vai axudar a resolver os teus problemas.

Despois de ver que desde o Xulgado Decano de Lugo tampouco me daban ningunha explicación (até día de hoxe, nin me contestaron) fun directamente á Dirección Administrativa do HULA, onde fixen o luns, día 7-Agosto-2023, unha reclamación nunha Folla de Reclamacións e Suxestión do Servizo Galego de Saúde.

Por fin esta vez houbo sorte. Ao venres seguinte, día 12-agosto chamáronme e danme cita de ingreso para o domingo a tarde do día 20-agosto, para e ser intervido o luns 21 de agosto. Esa semana intermedia foi onde tiven que variar a medicación como xa me advertira tres meses antes a Médico Anestesista o día 2 de Maio.

A operación durou de oito da mañá a 1 da tarde, cinco horas. Parece que foi ben, pois ao día seguinte, 22 de agosto, a 1 da tarde mandáronme para a casa. Dorido, iso tamén. Quedan as revisións de outubro para ver se a próteses de 53 mm quedou no sitio ou se moveu. Xa veremos, espero que todo estea ben polo que me atinxe.

O caso é que tardaron oito meses desde o diagnóstico até a operación, unha demora impropia e de falta de dilixencia nas Listas de Espera. A política sanitaria non pode xogar impunemente coa vida das persoas. Pero xa vedes, incluso os Xulgados son cómplices das demoras, pois nin che contestan, nin toman resolución algunha, din que non teñen medios dabondo.

En fin, o meu consello é que denunciedes sempre. Galegos, temos que facer un Reino da Galiza igualitario para todos e posiblemente, aínda que non o saibamos, a algún falcatrueiro lle vamos a atanegar a cadeira na que está apoltroado, ou quizais, non serve para nada denunciar debido a que “está todo atado e ben atado”? Polo menos haberá que intentalo unha e outra vez, até dar no cravo.

20230509

Fin oficial da pandemia. Pablo Mosquera

Fin oficial da pandemia

A OMS indicou que rematou o estado de alerta sanitaria que declarou na agonía do inverno de 2019. Agora teremos dereito á información científica. Aínda que os primeiros brotes de datos epidemiolóxicos móvense en cifras moi pouco convincentes. Entre uns sete e vinte millóns de mortos pola pandemia.

Serei prudente. Espero ter un estudo a través da revista LANCET. Como antigo profesor asociado da Universidade Pública Vasca na disciplina de Saúde Pública, non é a miña intención pontificar sobre a orixe do virus causante nin o número total de mortes, enfermidades, secuelas crónicas e danos multidisciplinares. Pero si quero poñerlle título. A nosa civilización occidental comportouse como un Xigante con pés de barro.

Quero compartir co meu antigo compañeiro de OSAKIDETZA Rafael Bengoa que, premiado na Gala do 50 aniversario da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria, dixo: "Nunca houbo tanta desconexión entre políticos e profesionais da sanidade". Referiuse tanto á forma de abordar a cadea epidemiolóxica do COVID-19 como ás consecuencias que se están a vivir, sobre todo na atención primaria, que cómpre reforzar con urxencia, xa que hai que ter en conta como foi e será ese vínculo, ser a "porta de entrada ao Servizo Nacional de Saúde", de tal xeito que se xa estaba obrigado, coas esixencias da pandemia os problemas estruturais aumentaron.

Debemos prepararnos para novas pandemias. Hai que mellorar dotándoa de máis recursos humanos, investigación e formación continua do cadro de persoal, e iso é o que falta é un Plan de Recursos Humanos, unha mellora das condicións laborais nos equipos de saúde máis aló destas consultas telefónicas, así como reforzar o concepto de audiencia para o sistema de asistencia cunha visión de polo menos 10 anos por diante.

Pero dúas leccións son indispensables. Recoñecer mediante análise científica os erros cometidos na pandemia. Poñer dunha vez por todas unha liña divisoria entre o espazo da política e o da sociedade civil, neste caso saíndo e consultando con expertos en saúde.

Por último, ter en conta que o investimento no espazo sociosanitario é garantía de saúde, eficiencia no gasto -evitando secuelas irreparables- e riqueza por ser un nicho de emprego de calidade.

Moitas veces non se quere admitir que nunha Rexión de España a mellor empresa é o hospital coa súa rede de centros de saúde.

Pablo Mosquera

20230308

O deterioro da sanidade non é unha metáfora

O deterioro da sanidade non é unha metáfora

    'Toda una metáfora del deterioro de la sanidad pública en España'. Así comentaba días pasados o meu amigo Ángel Alda en Twitter a noticia de que un falso teito do centro de saúde de Ribadeo desplomárase pola noite debido á acumulación de cagadas de pomba sobre el. Subscribo as súas verbas, e engado que por desgraza o deterioro sanitario non é unha metáfora.

    No título do artigo non aparece a palabra 'público'. A razón do por que non a metín é porque diversos estudos amplían o efecto do deterioro da sanidade pública ó sinalar a súa influencia como culpable do deterioro da asistencia sanitaria privada. Culpable, sobre todo, no acceso. Canto máis deteriorada está a pública, menos facilidades ofrece a privada para ter acceso a ela, máis se convirte nun negocio.

    Nin en Galicia, nin noutras moitas zonas de España, na actualidade, o falar do deterioro da sanidade non é metáfora. É unha realidade. Mais o feito de que se viñera abaixo un dobre teito no centro de saúde ribadense é tamén unha metáfora dobre. Algo así como dicir que a sanidade non aguanta tantas cagadas ma súa estrutura, a súa falta de mantemento, o pasar do seu día a día de quen debera estar coidando dela. Cagadas que se van acumulando ata que un bo día a estrutura, con toda a súa boa vontade de aguante, non pode máis e se ven abaixo. E unha vez que se ven abaixo, pode ser por calquera punto. Moitas veces, coma neste caso, será de xeito que non cause grandes danos asistenciais porque non foi nun lugar central e se lle poden poñer paliativos. Noutros, non hai tanta sorte e créase un auténtico furado asistencial.

    Dixen  dobre. Porque en Ribadeo está previsto, como foi anunciado en medio de falta de persoal, e en medio de protestas pola situación sanitaria, un novo centro de saúde. Máis moderno, máis lonxe do centro do pobo. Polo momento, unha promesa, tamén de afastamento da sanidade do lugar central en Ribadeo. Unha nova promesa vendida con boas palabras de mellora, como sempre, á espera de que se cumpra -de novo- o refrán 'non hai mal que por ben non veña' nas dúas interpretacións. Dunha beira, a optimista, poñendo énfase en que do mal pode vir o ben (sempre hai quen pode obter tallada). Da outra, a pesimista, a chegada do mal con aparencia vendida de ben (e no caso sanitario, sobran exemplos...)

20230108

A pandemia que nunca se foi. Pablo Mosquera

A pandemia que nunca se foi

Sabémolo. Hai dúas nacións. A que pintan os que mandan. A que sofren os que obedecen. A que paga IRPF sen rechistar. A que tras virguerías contables ou financeiras escurre o vulto e paga o mínimo. O peor é que a esquerda xa non é tal. Agora só importa estar e gozar. Para iso páctase co diaño. Agrándanse as diferenzas entre pobos e persoas.

A mentira e a manipulación son ferramentas comúns á dereita e á esquerda. Xa ninguén se acorda daquel anuncio dos cen anos de honradez. A verdade faríanos libres. Por iso ténsella vixiada. A última fazaña. Miguel Sebastián, que non é sospeitoso de ser caste derechona dixo: "COVID 19, balance de decembro 2022: forte repunte". Supoño que de inmediato será proscrito. Se existise o Santo Oficio faríalle como a Galileo. Ou abxuras, ou queimamoste...

Sorpréndennos con datos que non proceden de China, proceden do outro xigante asiático: a India. E ademais lémbranos que no culto e tecnolóxico espazo de occidente o virus matou a máis de cinco millóns de persoas.

Pero introduce unha terrible disxuntiva. A libre circulación do virus sen restricións. A pesar das ocultacións voluntarias para evitar "o pánico e os seus efectos sobre a economía", pasamos dos 12,5 millóns de infectados en novembro aos 17,1 millóns de infectados en decembro. Os novos casos diarios, novas mortes por día -agora xa non se publicitan nos informativos- e a porcentaxe de vacinación con pauta completa, permite afirmar alto e claro que a pandemia non terminou.

E o máis importante para os que dedicamos unha parte das nosas vidas á saúde pública como profesionais -asistencia, docencia e investigación- o ritmo dos contagios ten moito que ver coas aglomeracións festivas, a climatoloxía que convida a compartir espazos pechados e a mutación no xenoma do axente causal. Que problema hai en volver recomendar as máscaras en espazos pechados?.

O noso sistema de asistencia sanitaria, sempre por estas datas que coinciden coa alza dos brotes gripais, tende a colapsarse. Co que a mortalidade por outras doenzas pode verse aumentada. Non esquezamos que hai clara relación entre o tempo que se tarda en atender determinadas patoloxías como os tumores e o prognóstico para coas devanditas entidades nosológicas.

    Pablo Mosquera Mata

20220808

Ribadeo e a sanidade

     O pasado xoves Ribadeo acollía unha vez máis unha concentración pola sanidade asistencial no pobo, e, por extensión, polo devir da sanidade galega. As fotos abaixo corresponden a esta semana, unha de Suso Fernández e o cartel de convocatoria feito polo BNG, unha máis, pero que tivo máis difusión por ser, esta vez en articular, repito, difundido polo BNG. O incremento de xente en relación a outras semanas anteriores é evidente. E a necesidade, tamén. O detonante do incremento desta semana? Que en Ribadeo quede 1 só medico en certos momentos, cando rexistra un aumento de poboación e incidencias.




20220801

Atención primaria. Pablo Mosquera

 Atención primaria

Non hai médicos! Os Centros de Saúde non poden cumprir a súa misión no sistema sanitario público.  Que está a pasar?  Ten solución...? Voume a pronunciar: mala planificación, mala coordinación, mala xerarquización da asistencia sanitaria, que debe ser integrada e integral.
En 1983 publiquei e entreguei en man a Ernest Lluch o traballo "Do Ambulatorio ao centro de Saúde". Algúns por experiencia docente, asistencial e de xestión, levabamos tempo definindo o espazo socio sanitario -hospital, centro de saúde, servizos sociais- por áreas do Mapa Sanitario, e no caso dos Centros de Saúde reclamando o equipo de saúde multidisciplinario como célula asistencial que resolvese máis e derivase menos; que usase os miemos protocolos e guías que os hospitais para enfermidades agudas e crónicas, para a indicación farmacolóxica e cunha especial dedicación como antenas de saúde pública no espazo territorial asignado.
Non hai médicos! Acábanse de dar conta no Goberno e así comunican ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que se fai preciso aumentar o número de prazas na Universidade para estudantes de Medicina. Sen rozar os plans de estudo alcanzarase unha cifra aproximada de 8877 prazas de estudantes -a Xunta de Galicia leva tempo pedindo que se lle permita aumentar un 10% a devandita capacidade nos seus campus universitarios- Na actualidade a nota de corte para ser estudante de Medicina móvese entre o 12 e o 13,5.
Tras os estudos hai que superar o MIR. En concreto para o 2023 Medicina Familiar e Comunitario oferta 2455 prazas. Estamos a valorar en cantidade e calidade o continxente que disporá o preciso para actuar como Médico de Atención Primaria.      
Pero retrocedamos para avanzar e resolver. En 1964 queda fundada e ao servizo dos cidadáns a Clínica Porta de Ferro. Elixía os mellores expedientes universitarios. Os profesores Segovia de Arana e Figueras Americh foron os seus directivos, dotando conceptos que a miña xeración aprendeu. Cada cama hospitalaria debía servir para asistencia, docencia e investigación. O último ano de residencia dos futuros internistas, o Xefe de Estudos Profesor Figueras mandábaos a Ambulatorios de rexións onde, tal como lles dicía, ían enfrontarse con problemas de saúde que de seguro máis adiante non volverían ver e iso nunha contorna da España máis rural, menos dotada de infraestruturas e con morbilidade e mortalidade impactada polas condicións de vida con enfermidades carenciais e infecciosas. Pero funcionaba eficientemente a comunicación entre os novos médicos xerais e o Hospital, para todos os efectos. E é que do mesmo xeito que en Barcelona, os mellores Hospitais da Seguridade Social, tiveron programas de formación ligados á asistencia non só no Hospital, tamén na súa contorna urbana e rural. Lográbase así unha conexión moi útil e xerárquica entre médico hospitalario e mñedico primario, convertendo a este último no que debería ser, o primeiro elo da cadea asistencial con medios, información e preparación para resolver de inmediato, mesmo a domicilio, as demandas da sociedade urbana ou rural. Estamos a sinalar un servizo público esencial que pagamos por impostos.
Non necesito irme tan lonxe no tempo. A miña estancia entre 2008 e 2012 en Jarrio -SESPA- faime testemuña da perfecta coordinación entre asistencia hospitalaria, asistencia primaria e asistencia social. Os residentes de medicamento de familia tiñan  no seu programa a presenza e gardas nos Centros de Saúde do Occidente de Asturias.
Evidente que nunca presenciei ou xestionei unha asistencia primaria por teléfono. Imaxínome o que dirían mestres como Pedro Pons, Jiménez Díaz, Pedro Zarco, Garda, e outros. Ao paciente hai que velo, e antes de pautarlle medicación saber a causa dos síntomas. Se o médico primario non funciona, o cidadán desesperado vai de forma imparable ás urxencias do hospital máis próximo e colapsa tal servizo.

Pablo Mosquera