20071031
Banda
"
En apenas diez años, Ribadeo pasó de tener una magnífica banda de música (quizá la mejor de la provincia de Lugo) a quedarse sin banda de música, ni magnífica ni mísera. La contratación de Hernán Naval, destacado activista cultural del BNG, como organizador de la plantilla y primer director desencadenó en su momento un diluvio de críticas contra la corporación municipal entonces imperante, presidida por Eduardo Gutiérrez, nacionalista de la misma cuerda que el músico. Pero los espléndidos resultados conseguidos en poco tiempo se impusieron a las reticencias de quienes vieron en la incorporación de Naval a la nómina de funcionarios una decisión dictada por el compadreo político. A base de esfuerzo y dedicación sin tasa, Naval sacó adelante más de lo que se le pedía: una banda de alto rango, una eficaz escuela de música y un grupo de jazz-band, y divulgó el reverdecido ambiente musical de Ribadeo a través de publicaciones, programas de mano, revistas y folletos. La muerte del joven director, en forma de mazazo inopinado, abrió para la banda una crisis que la autoridad local trató de solventar con criterios más partidistas que técnicos. La calidad de la agrupación cayó en picado y no tardaron en producirse deserciones en algunos de los principales atriles. Salvo que acontezca un milagro, el final está cantado: desaparición por naufragio. Así pues, el nuevo Ayuntamiento ribadense tiene ante sí un desafío importante: reflotar la banda de música y devolverla a su antigua categoría.
"
Retrasos
Mentras aquí andamos con eses posibles retrasos, noutras zonas xa pensan en novos aumentos de velocidade (banda super ancha), na normalidade dos formatos ficheiros que se pasan duns a outros (o novo formato estándar mundial, open document, que se vai impoñendo a partir das administracións e que se fala de usar de xeito preferente tamén en Galicia, non soportado aínda polo arraigado e normalmente pirateado word de microsoft), ou sinxelamente preocupados na privacidade dos nosos datos e a ilegalidade de intrusións (aquí queda un sentencia do tribunal supremo, con orixe en a Coruña)
Por certo, onte houbo un escape na rede de gas nas obras que están a facerse en Ramón González. Houbo quen pasou asustada por alí.
E, un día despois de comentar a multa imposta a un local por permitir fumar, pode lerse na prensa que a UE pide que se endureza a lei 'antitabaco'. ... hai que comezar por aplicala ben, como pasa con outras.
20071030
Novas curiosas (unha segunda rápida)
'O Concello do Valadouro repartiu máis de dez mil euros de subvención entre os colectivos'. Vamos, que parece que repartira premios, e mal vamos se se considera así. Entre outras cousas, funciona o clientelismo?
'Sanidade multa con 360 euros a un bar de Barreiros por non tomar medidas co tabaco'. 360€ e anuncio para o bar. Xa estamos de novo coas multas que pode compensar pagar e que poden estar favorecendo xusto o contrario do que pretenden.
'Arriva ofrece aos concellos o seu apoio para ampliar o servizo na costa'. Eu pensei que o negocio de Arriva era como empresa de transporte, pero agora vexo que me equivoquei: parece que é como empresa na procura de subvencións e amaños varios para o transporte (mentras llo permitan os poderes públicos, vamos). Esta última nova e outros titulares relacionados poden dar lugar a interpretacións varias, pero coido que non é esta a máis descabellada.
A dificultade do cambio de hora
Este ano estame a costar a adaptación do cambio de hora. E eso que é para retrasar o horario, e non para adiantalo como na primavera. Faíme pensar sobre a dificultade de adaptación doutras costumes, por exemplo, as relacionadas coa ecoloxía. Cun fondo precisamente de mar de fondo, que se deixa oir, paso a considerar algo parello ó anterior: California como exemplo para Ribadeo. Neste caso, como mal exemplo, ó estilo do dito de 'cando vexas as barbas do teu viciño cortar, pon as túas a remollar. O que deu pé á unión da dificultade de cambio de costumes co exemplo de california para Ribadeo foi unha cita dun periódico noutro (Los Angeles Times en El País): 'He aquí el principal fracaso preventivo: las decisiones de planeamiento urbanístico que permitieron el desarrollo demográfico de esas zonas'. A cita ven a conta da explicación do por que da oleada de incendios que deixou asolada parte de California a pasada semana, pero da para pensar sobre o urbanismo na zona, despois das xornadas de Mondoñedo do outro día ou o debate na tvg de anoite, ou os reiterados avisos de que as novas vivendas de Barreiros non teñen asegurado o subministro de auga (ou a emisión posterior desa auga en condicións salubres). vamos, que somos animais de costumes ... que costa cambiar.
A foto, dun mirador vixía / gurugú ribadense, o da casa indiana da atalaia que complementa as fotos do aspecto tan diferente postas nos seu momento.
20071028
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - ...e 6
Esta última, como testemuña dunha vez que atopei o observatorio de aves pasablemente limpo.
Anteriores:
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - 5
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - 4
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - 3
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - 2
Serie 'A ría de Ribadeo en marea baixa' (2007/10/26) - 1
E, ó fondo, a ría
De segundas de hoxe comezo a publicación dunha serie de fotos tomadas dende o Parque do Mineral venres en marea viva baixa (sobre 11:30-11:40 hora oficial do horario de verán), nas que se pode apreciar o estado de colmatación que está a sufrir a ría de Ribadeo. Estas primeiras, dan fe da unión entre os tesóns da Vila Vella e de Mirasol. Ó fondo pódense ver pequenos bancos de area, e ó pé, a extensión da marisma (coido que non é cousa de chamala praia) de Os Bloques.
Foguetes para San Rosendo
Aínda que pareza que non teña moito que ver, o motivo de estar onte en Mondoñedo foron as xornadas sobre a Rede Natura (xa falarei algo delas). Alí, unha das intervencións deume pé a pensar nas relacións entre psicoloxía e socioloxía para levar a cabo os movementos de cambio de mentalidade e mesmo de normativa en relación á ecoloxía, pero tamén na participación veciñal, por exemplo. Na lentitude dos progresos que se logran e tamén en que os progresos lógranse aínda que pareza que non.
20071027
Doce Ribadeo
O caso é que coido que ningunha das tres que pecharon foi por motivos de fracaso da pastelería ou económico. Eijo, por xubilación, Santa Clara por enfermidade (din que peche temporal) e Linares por concentrarse noutros negocios.
Se xuntamos ademáis o peche por vacacións, debe quedar oco de negocio; resulta que agora mesmo xente de Ribadeo vai procurar o doce fora, aínda que en Foz mesmo haxa unha escola de hostalería onde formarse.
20071026
Complementos
Despois de poñer os artigos de Evaristo Lombardero sobre a ría de Ribadeo onte, repaso os apuntes do pleno e vexo que me quedou un detalle: só estaba un dos tres representantes socialistas no concello, Carlos. Coido que para o que se trataba que non ía ter importancia algunha (así o demostrou a votación), pero non deixa de ser unha curiosidade.
A complementos tamén van dirixidas diversas obras que nestes momentos se fan en Ribadeo: os badéns de pedra do paseo marítimo, xa máis que mediados, coinciden no tempo coa obra de remoce da rúa Ramón González, da praza do mercado (R/Dr. Moreda) ata a Avda. Rosalía de Castro. E digo a avenida e non san Roque porque a sinalización (semáforo incluído) colle un cacho do cruce.
As tres imaxes de oxe corresponde a algún tipo de propaganda. A primeira, a contraportada do folleto da exposición 'Nazón de Breogán', que non fun a ver no seu día, pero vin que o folleto traía cousas interesantes, e leíno. O peor, a introdución institucional e a presentación; o interior, para min, bo con poucas palabras. Pode que aínda no interior lle quede algo de orientación política, aínda que coido que sería dificultoso plantexalo como propaganda política...
O segundo e terceiro, dúas partes do folelto despregable sobre as vilas mariñeiras do 'Clube de municipios de excelencia turística da España Verde'. Este, auténtica propaganda coa información mínima para saber que se está en Ribadeo e non en Madrid, poñamos por caso.
20071025
A ría de Ribadeo e o seu nome
En cinco entregas, dende o mes de agosto ata este mesmo mes, Evaristo Lombardero ten publicado na Comarca un extenso comentario sobre o folleto editado en asturias en relación ó nome da ría de Ribadeo. Aquí están os cinco capítulos. Lembro que premendo sobre cada un deles pódese ver só e ampliar.
20071024
Así llas poñían a Fernando VII
O pleno, sen moita trascendencia, extraordinario, tivo puntos sen moita discusión. O segundo, a aprobación dunha nova fase do ARI, área de rehabilitación integral do centro histórico, para o que remataba o prazo. O terceiro, o trámite para liberar a Aquagest da xestión da nova depuradora (necesario para que a Xunta se faga cargo de todo, incluído a xestión posterior á construción e o mantemento, como pretende) que foi o que deu lugar a un pequeno debate por parte da UPRi pois implica que se vai a ter que pagar a Aquagest por un 'seguro de pago' que se tiña asinado no contrato, e se que vai repercutir nos veciños como servizo cobrado e non prestado (xa que se encargará a xunta). O cuarto, o comezo dunha investigación sobre se parte da esquina da Avenida Rosalía de Castro e a rúa Camilo Barcia Trelles (antiga estrada de Vilaselán) é de titularidade municipal ou non.
Non moito para un pleno do que me enterei por casualidade.
Por eso, e para distender, unha nova musical de fóra de Ribadeo: De Jamendo, plataforma de música libre, anuncian que teñen 5000 álbumes disponibles para descarga na súa web. A nova serve para acompañar o premio de Rubén Ruibal, Rubén Ruibal, Premio Nacional de teatro con 'Limpeza de sangue', que aínda non foi representada despois de ter gañado o correspondente premio galego. Polo que parece ten dificultades para a súa representación a pesar da calidade amosada. O motivo? ...
De segunda, unhas terceiras Xornadas de Patrimonio Tradicional da Mariña Central
Pasáronme na fin de semana nova destas xornadas, e o luns foi a súa presentación. Agora que parece que xa pasou o primeiro rebumbio, aí vai en JPG o programa (lembro que,premendo sobre a foto correspondente, pódese ver ela soa e voltando a premer, en máis tamaño).
O sitio, o IES de Foz, coa rama de hostelería, pode dar moito xogo.
Cambio de estilo
"Varios dos grandes problemas que hoxe afrontamos serán imposibles de resolver mentras os políticos non poidan, dun ou outro xeito, convencer á xente para que cambie os seus hábitos de vida". A cita pertence a Anthony Hiddens, o luns no El País. O tema, a contaminación ambiental e os problemas derivados, entre eles o cambio climático.
Eu substituiría o de 'poidan' por 'queiran', porque a vontade vai primeiro da actuación consciente.
Pero, centrémonos en Ribadeo: a frase é aplicable, poñamos por caso, ós construtores. Evitaríanse moitos problemas.
Falando doutro tema ribadense, lembreime dunha vella canción infantil castelá: 'Al coger la barca/ me dijo al barquero/ las niñas bonitas/ no pagan dinero/ Yo no soy bonita/ ni lo quiero ser/...' O motivo da lembranza, un encontro na ría de Ribadeo, ese nome case impronunciable en certas circunstancias de xuntanzas políticas como a que deu pé á miña memoria.
As aplicacións anteriores suceden mentras o Subdelegado de Costas lembrou onte a obra do ascensor da Atalaia en Foz (teño que poñer unha vela a ver se non se constrúe e o concello se evita outra fonte de gastos e problemas máis... quen é o santo pertinente para esta causa?), ou mentras o tema das piscifactorías parece que se enfría, ou o alcalde é recriminado por un xornal asturiano por falar en galego na súa terra (no acto institucional sobre a ría de Ribadeo e en xeral a Reserva da Biosfera do sábado, que din 'rebentou').
A foto, de a 'ría de Ribadeo'?
20071023
Outra embestida
Onte, na tertulia de Onda Cero, tratouse de dous temas: o teatral encontro no medio da ría da entrada de onte e o novo intento de legalización de edificios ilegais por parte de PSOE e UPRi (hoxe na prensa a mans do alcalde). Neste tema quedeime sen tempo para explicar e defender o mesmo que dixo a Asociación de veciños: primeiro restituir as ganancias recollidas coas obras ilícitas por parte dos construtores, logo, estudar a legalización. Por falta dese tempo, a cousa no debate quedou no que poderiamos chamar 'disquisicións políticas' sobre apoios e faltas de apoio ou cambios de chaqueta e pensamento dos diversos partidos no consistorio. Os outros que falaron foron Azucena González (un momento ó final) e Gervasio Cao (o que comezou e tivo máis tempo). Aproveito aquí para unha curta xustificación de base da postura: Se se veñen comentendo irrgularidades dende hai moito tempo, é porque se permiten, e hai que enviar unhamensaxe clara de que non se vanpermitir máis. O xeito que mellor entenderá a xente será a necesidade de reverquer calquera ganancia extra acadada coas irregularidades que se queren legalizar, e un pouquiño máis, pola dúbida de se está ou non ben calculada. Non se trata nin de poñer castigo, senón de xustiza. Pode ser certo que os compradores non teñan nada que ver (en algún caso fixo que si que sabían alomenos parte do que estaban a facer coa súa decisión de compra), pero os construtores teñen moito que ver, e quen lle lo permitiu, tamén. Polo tanto, non é cousa agora de autorizar ou 'permitir a quen llo permitiu'. E, caso de saír adiante no concello a autorización, queda a Xunta e o Xulgado.
As fotos están relacionadas: unha, marcas de edificación en San Roque, aínda facéndose e elevando altura. Outras dúas, o que queda dunha casa indiana, que é de supoñer (eso si, suposición non só miña) que foi arrasada hai uns anos para permitir o solar ante a posibilidade dun novo plan. O caso é que xa leva anos así, e perdeuse unha casa das do 'Parque indiano' (por certo, parece que desaparecido en combate polo momento) sen máis.
20071022
40 horas despois, con Molière por medio
Hai cousa de 40 horas, Touriño e Areces, Presidentes autonómicos, reuníanse no medio da ría de Ribadeo escenificando unha especie de obra de teatro, o teatro da vida, con base na proclamación de Reserva da Biosfera. Trinta horas despois, era o Teatro do Morcego o que interpretaba 'Le bourgeois gentilhomme' de Moliêre, unha obra clásica que resultou ben empastada (ó meu ver), e na que salvo por pequenas adaptacións, non se lle notou o paso do tempo. Curiosamente, as adaptacións quizais maiores podían pasar desapercibidas por integradas (como a recuperacón da música do tempo ou o teatral inicio con encendido de velas), pero algunha pequena, como a alusión á liberación de Palestina dun xeito que coido quería ser case subliminal (no medio dunha linguaxe incomprensible semellando turco). Tampouco pasou desapercibido (alomenos a min) o coidado da filtración no ángulo superior dereito do Hernán Naval, preto do esceario, que se 'representa' na pequena figura e que lembra que arriba, xusto encima, con diversa maquinaria hai un cuarto que leva anos xa coa porta tirada e entrada libre (posto varias veces en imaxe neste blog).
En fin, a actualidade do teatro ben realizado por séculos que teña dende a súa orixe contrasta co outro teatro lembrando ó 'carrus navalis' romano, que en parte se cree predecesor do carnaval / antroido actual: encontro no medio da ría en embarcacións privadas, con escolta pública, alquiler dunha embarcación asturiana para vir a Galicia e dar un par de discursos a xente con asistencia protocolaria tentando pedir para que se lles collera na foto nesa acción... en fin, esaxero un pouco, pero o antroido é así moitas veces: esaxeración da representación (sobrerepresentación) para tentar que se colla como verídica unha realidade que resulta absurda só porque é representación e sábese.
20071021
Unha referencia
20071020
Novidade?
20071019
Perdínme algo
Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense... A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á Aduana (máis ben parece que se lle tapara co novo por riba del), e haberá máis sobre o tema.
Mentras, parece que xa comezou de pleno o curso político, pois o PP pide dimisións pola entrega dunha furgoneta a un concellal que nin é do equipo de goberno (Balbino), e UPRi interpón un recurso para poder presetnar unha moción que se lle negou no último pleno.
Mentras, a reunión de Areces e Touriño no promete nada, aparentemente, para ribadeo nin para a súa ría, a pesares de que saíu na prensa hai varios días que Asturias pretendía protexer 15 especies de aves, pero polo menos a min pareceume máis un dicir por picar a Galicia como quen 'somos mellores' que outra cousa. Xa veremos.
A foto, a ría, xusta antes da ponte dpara cruzar á Veiga.
20071018
Concerto o sábado
Volve o clima que tan ben sabe crear o presidente norteamericano co anuncio dunha guerra mundial se Irán consegue a arma nuclear.
En Ribadeo andamos a outras cousas. Sábado xuntaránse os presidentes de Asturias e Galicia no noso pobo, a falar do tema da Reserva da biosfera, que tanto está a dar de si. E para eles haberá un miniconcerto que non ven anunciado nas actividades culturais:
Exposición de litografía de 11 artistas asturianos ata fin de mes na OMIC, con taller para escolares incluído. Saída de Pena Tallada a recorrer o Bosque de Redes, lugar protexido en Asturias, o domingo. E ese mesmo día, teatro de Molière por o Teatro do Morcego, no Hernán Naval. Vemos que non todas son culturais, e que predominan esta vez as que teñen relación con Asturias, por casualidade, coincidindo coa visita do presi do Principado, Areces.
O que me lembra dúas viñetas que traía onte a Voz na segunda páxina, de Chinto e Pinto: un na movida cantando aquelo de 'Asturias patria querida' pasaba á segunda voando por riba do cartel que indica a dirección de Asturias... Parece que tamén estivera feito pensando en Ribadeo.
Pero voltemos á visita de Touriño e Areces: congratularse en conxunto polo nomeamento da reserva da biosfera (algo así como o resume do previsto) non casa moi ben co que xa denunciou e segue a denunciar a plataforma da defensa da ría de Ribadeo, entre outras entidades: as obras irregulares nas pilastras da Ponte dos Santos, algo que considero demostrado despois dalgunha foto que puxen no blog e que se pode ver a vista núa en marea baixa. É dicir, que mentras está permitido só variar en altura, sen actuacións no fondo da ría, as pilastras si se modificaron para as actuacións que están tendo lugar máis arriba. As consecuencias son de supoñer: menor circulación de auga, maior aumento dos tesóns, cegado natural da ría incrementado, dificultades maiores no porto, etc.
20071017
Auga
Algo parello pasou hai cousa dunha semana, cando houbo un momento no que parte de Ribadeo recibiu auga turbia.
Pequenas obras e destrozos
Mentras, tamén hai outras desfeitas. Por fin sae na prensa o roubo de ordenadores no IES Gamallo Fierros, algún deles con datos do alumnado que poden causar trastorno, aínda que haxa copia escrita. Tiña nova do feito, pero non datos abondo, como que se levaran lambetadas, por exemplo.
Deixo tameń constancia dun premio a J. Luis Gegúndez, traballador do concello, pola súa actividade en prol da reinserción social e defensa da prevención do delito, outrogado pola asociación 'Concepción Arenal'.
E un remate que a Ribadeo tócalle polo universal. Se o outro día poñía a reseña do Premio Nobel da Paz, atópome onte con esta referencia sobre o de Medicina para reflexonar un pouco (incluídos os comentarios ó artigo)
En fin, as últimas novas vánse acumulando de xeito que haberá que pasar esta semana a facer dúas entradas algún día.
20071016
Xornadas de debate sobre a Rede Natura
Rede Natura A Debade
Días 26, 27 e 28 de outubro de 2007
Venres 26 de outubro de 2007.
17:00 h.: Inauguración exposición e visita guiada á mesma.
Reserva da Biosfera Terra do Miño. LIC Parga – Ladra – Támoga. O programa Life Natureza.
Dra. Dna. Laura Vázquez Janeiro
INLUDES – Diputación Provincial de Lugo
17:30 h.: Inauguración do curso.
18:00 h.: Acreditacións e entrega de materiais.
18:30 h.: 1ª Conferencia:
A Rede Natura 2000 en Galicia
D. Xosé Benito Reza Rodríguez
Director Xeral de Conservación da Naturaza. CMADS
19:25 h.: 2ª Conferencia:
A Importancia da Xea na Conservación da Naturaza.
Prof. Dr. D. Augusto Pérez – Alberti
Catedrático de Xeografía da USC
Sábado 27 de outubro de 2007.
10:00 h.: 3ª Conferencia:
Os Lugares de Importancia Comunitaria. Delimitación e Normas de Uso e Xestión.
Prof. Dr. D. Pablo Ramil Rego
Director do IBADER. Profesor Titular de Botánica (USC)
10:55 h.: 4ª Conferencia:
As Zonas de Especial Protección das Aves e a Importancia da Ornitofauna na Configuración da Rede Natura 2000.
Prof. Dr. D. Jesús Domínguez Conde.
Profesor Titular de Botánica (USC)
11:35 h.: Pausa.
12:00 h.: 5ª Conferencia:
Costa de Dexo, Historia dun Senlleiro Eapacio Natural
D. Carlos Vales
Director do CEIDA
16:30 h.: 6ª Conferencia:
O Meido Rural Galego; Novas Tendencias, Novos Retos.
Prof. Dr. D. Rafael Crecente Maseda
Profesor Titular de Enxeñería Agroforestal
17:30 – 19:30 h.: Táboa Redonda
Rede Natura A Debate
D. Carlos Vales (Director do CEIDA)
Dr. D. Pablo Ramil (Director do IBADER. Prof. Titular da USC)
D. Daniel Vispo (ADEGA)
Moderador: D. Manuel Valín (Xerente Fundación Comarcal A Mariña Central.
19:45 h.: Acto de Calusura e Entrega de Diplomas
Domingo 28 de outubro de 2007.
10:00 h.: Excursión pola Serra do Xistral.
Saída dende a Praza do Seminario Santa Catalina (Mondoñedo)
17:00 h.: Regreso a Mondoñedo.
Lugar de Celebración: Auditorio Municipal Pascual Veiga – Mondoñedo.
Matrícula gratuíta
Inscripción por orde de chegada da matrícula.
Información e Inscripción por correo ordinario, fax ou e-mail:
Excmo. Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Teléf. 982 52 40 03
Fax. 982 50 74 21
Fundación Comarcal A Mariña Central
Rúa Afonso VII, 31
27740 Mondoñedo (Lugo)
Telef. 982 52 40 37
Fax. 982 52 44 10
Dirección de e-mail: xornadas.arqueo@terra.es
REDE NATURA A DEBATE
Mondoñedo, 26, 27 e 28 de Outubro de 2007
Ficha de Inscripción:
Nome | Apelidos | |
DNI | Dirección | |
Poboación | CP | Provincia |
Telef. | | |
¿Alumno universitario? –en caso afirmativo indicar Universidade e Carreira- |
Ficha de inscripción para remitir a unha destas direccións ou n.º fax:
- Excmo. Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Teléf. 982 52 40 03
Fax. 982 50 74 21
- Fundación Comarcal A Mariña Central
Rúa Afonso VII, 31
27740 Mondoñedo (Lugo)
Telef. 982 52 40 37
Fax. 982 52 44 10
- Dirección de e-mail: xornadas.arqueo@terra.es
Remitir a esta última dirección de e-mail só os datos que se piden na ficha indicando en asunto: inscripción en curso red natura.