20071018
Concerto o sábado
Volve o clima que tan ben sabe crear o presidente norteamericano co anuncio dunha guerra mundial se Irán consegue a arma nuclear.
En Ribadeo andamos a outras cousas. Sábado xuntaránse os presidentes de Asturias e Galicia no noso pobo, a falar do tema da Reserva da biosfera, que tanto está a dar de si. E para eles haberá un miniconcerto que non ven anunciado nas actividades culturais:
Exposición de litografía de 11 artistas asturianos ata fin de mes na OMIC, con taller para escolares incluído. Saída de Pena Tallada a recorrer o Bosque de Redes, lugar protexido en Asturias, o domingo. E ese mesmo día, teatro de Molière por o Teatro do Morcego, no Hernán Naval. Vemos que non todas son culturais, e que predominan esta vez as que teñen relación con Asturias, por casualidade, coincidindo coa visita do presi do Principado, Areces.
O que me lembra dúas viñetas que traía onte a Voz na segunda páxina, de Chinto e Pinto: un na movida cantando aquelo de 'Asturias patria querida' pasaba á segunda voando por riba do cartel que indica a dirección de Asturias... Parece que tamén estivera feito pensando en Ribadeo.
Pero voltemos á visita de Touriño e Areces: congratularse en conxunto polo nomeamento da reserva da biosfera (algo así como o resume do previsto) non casa moi ben co que xa denunciou e segue a denunciar a plataforma da defensa da ría de Ribadeo, entre outras entidades: as obras irregulares nas pilastras da Ponte dos Santos, algo que considero demostrado despois dalgunha foto que puxen no blog e que se pode ver a vista núa en marea baixa. É dicir, que mentras está permitido só variar en altura, sen actuacións no fondo da ría, as pilastras si se modificaron para as actuacións que están tendo lugar máis arriba. As consecuencias son de supoñer: menor circulación de auga, maior aumento dos tesóns, cegado natural da ría incrementado, dificultades maiores no porto, etc.
Publicado por
agremon
ás
10/18/2007 07:44:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
cultura,
Fotos ría de Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario